Quintela23 2 (2)

Page 1

w w w. q u i n t e l a d e l e i r a d o . e s

QUINTELA DE LEIRADO Número 23

Boletín de información e actualidade municipal

Inverno 2014/15

Correo electrónico: admin@quinteladeleirado.es Obras necesarias

A reforma de estradas e camiños é unha constante nos planos de obras do Concello. As últimas actuacións incidiron nas zonas con desgaste polo tránsito de vehículos e o efecto das condicións climatolóxicas.

Eficiencia enerxética

Mellorar a iluminación pública e reducir o custe da factura eléctrica. Ese é o obxectivo do programa de eficiencia enerxética que permitíu a renovación de boa parte das luminarias do alumeado municipal.

Concello lúdico

O Concello promoveu diferentes actividades lúdicas durante o verán, para o disfrute de tódolos veciños. As piscinas foron o centro dalgúns dos actos máis concurridos, como a “pool party” e a “festa dulce”.

◆ Bens correntes, persoal e investimentos, principais partidas de gastos. ◆ O Concello avanza no plan de mellora da eficiencia no alumeado. ◆ A páxina web, outra forma de achegar a Administración aos cidadáns. ◆ O Concello colabora coa Deputación en programas de dinamización social.


Quintela de Leirado nº 23

Quintela de Leirado é un concello que segue medrando na dotación de servizos e de infraestruturas públicas para que os cidadáns que aquí residen disfruten dunha boa calidade de vida e se sintan orgullosos. Este é un lugar para vivir e para disfrutar tamén da

natureza e do medio ambiente en calquera época do ano. Dende as piscinas municipais pode contemplarse unha das mellores paisaxes do val do Deva e da Serra do Aguillón, coroada polo Penagache, pero a pé ou en bicicleta tamén podemos atopar camiños centenarios e cheos de historia que nos levan a carón de rios e regatos para gozar dunha natureza privilexiada. Disfrutemos do que temos e axudemos a conservalo para as futuras xeracións.

Páxina 2


Quintela de Leirado

Núñez Feijoo salientou que a aposta dos concellos polo asociacionismo "significa unha aposta pola eficiencia, por acabar coas duplicidades e por mellorar a calidade e a cobertura dos servizos, con menos presuposto".

Novo galardón

para a Mancomunidade Terra de Celanova José Antonio Pérez Cortés recibíu do presidente da Xunta o premio que recoñece unha xestión modélica a tódolos niveis José Antonio Pérez Cortés recibíu do presidente Núñez Feijóo o Premio Coopera, que recoñece o esforzo da Mancomunidade Terra de Celanova para consolidar unha boa rede de servizos e mellorar a xestión dos recursos en beneficio dos cidadáns. O galardón foi compartido co Consorcio Local da Conca do Lérez e a Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte. O alcalde de Quintela de Leirado e presidente da Mancomunidade agradeceu a distinción e asegurou que “imos continuar na mesma liña, co compromiso de que os cidadáns dos concellos que forman parte da Terra de Celanova disfruten dunha mellor calidade de vida, dentro das competencias que temos compartidas”. Segundo manifestou Núñez Feijóo, estes garladóns poñen o foco sobre aquelas iniciativas locais de xestión compartida de servizos que están a ser un referente do asociacionismo municipal na nosa comunidade e, ao mesmo tempo, ratifican a verdadeira disposición dos concellos galegos a traballar conxuntamente e dar continuidade a un novo modelo de xestión local baseado na cooperación.

O alcalde de Celanova e as alcaldesas de Cartelle e Ramirás acompañaron a José Antonio a Santiago para recoller o premio que ensalza, unha vez máis, o traballo que desenvolve a Mancomunidade Terra de Celanova a prol da cooperación intermunicipal.

Páxina 3


Quintela de Leirado

DOTACIÓN DE MÁIS INFRAESTRUTURAS, A OBRAS DE REXENERACIÓN DE PISTAS, ESTRADAS E CAMIÑOS, OUTRA DAS PRIORIDADES DO CONCELLO DE QUINTELA DE LEIRADO EN 2014 A conservación en bo estado da rede viaria local segue sendo unha das prioridades do Goberno municipal de Quintela de Leirado. A colaboración da Deputación Provincial de Ourense e o Plan MARCO, xestionado pola Xunta e dotado con fondos da Unión Europea, foron claves no acondicionamento das principais vías de comunicación. Nestes últimos meses tamén se levaron a cabo obras de mellora da eficiencia enerxética na rede do alumeado público municipal.

Plan de Obras da Deputación para a rexeneración da rede viaria O Plan BASE, que comparten a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Quintela de Leirado, investíu 50.000 euros na mellora da capa de rodadura da estrada que comunica o noso municipio con Gomesende, e a principal vía de comunicación para os veciños e veciñas da parroquia de Redemuíños. Esta actuación levouse a cabo en case 2 quilómetros desta vía, reparando os desperfectos causados pola adversa climatoloxía do inverno anterior e o deterioro normal que provoca o tránsito de vehículos de todo tipo. En 2015, o Plan BASE destinará a Quintela de Leirado outros 53.000 euros, aportados tamén pola Deputación e o Concello, que se empregarán na reforma de pistas e camiños en varios núcleos do municipio.

O Plan MARCO, outra axuda para mellorar infraestruturas locais O Plan MARCO executado en 2014 permitíu a rexeneración da calzada de varios camiños en

Páxina 4

Mociños, a subida a Camporreal e Chedas, de Portela a Verea, Cimadevila de Quintela e Corredoira de Redemuíños. O investimento total foi de 27.329, 67 euros, dos que 22.586,5 corresponden á aportación da Unión Europea a través dos fondos FEDER (Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional). Este programa, xestionado en Galicia polo Plan AGADER e que conta tamén coa participación do Goberno do Estado, destinará a unha nova actuación en Quintela de Leirado outros 52.239,33 euros. Está prevista que con cargo a esta

En Cabanelas, na imaxe da dereita, a renovación integral dos camiños realizouse con formigón para facilitar o tránsito de persoas e vehículos.

partida se executen nos primeiros meses de 2015 os proxectos de reforma do camiño de Forxán a Labandeira, o camiño de Verea, a mellora da seguridade vial na travesía de Leirado, coa instalación de pasos de peóns elevados, e a renovación do camiño de Regueiro. ■

O apoio da Deputación Provincial de Ourense a Quintela de Leirado e á Mancomunidade Terra de Celanova é permanente e repercute nunha mellora das infraestruturas básicas e de moitos dos servizos que disfrutan os nosos veciños e veciñas.


Quintela de Leirado

PROL DA MODERNIZACIÓN E DO PROGRESO O Plan MARCO dos anos 2013 e 2014 serviron para mellorar as infraestruturas viarias do municipio. Esta actuación compleméntase coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense a través dos seus Plans de Obras anuais.

Mellora da eficiencia enerxética coa renovación de 142 puntos de luz A instalación de luminarias de menor consumo supón xa un aforro do 42% da factura do alumeado público que ten que pagar o Concello de Quintela de Leirado. Nos últimos meses acometeuse unha nova fase do proxecto compartido co INEGA (Instituto da Enerxía de Galicia), que supuxo a renovación de 142 puntos de luz. A reforma do alumeado público realizouse en toda a parroquia de Mociños e na de Redemuíños, beneficiando a Rio Abaixo, Outeiro, Alcouce, Corredoira, Reguengo, Cimadevila, Ataínde e Fraguas. No resto do concello, xa se completou en fases anteriores e só quedan para culminar a renovación total da iluminación pública pequenos núcleos.

Rexeneración da capa de rodadura en Mociños O Concello de Quintela de Leirado dedica unha atención preferente á conservación das principais estradas, pistas e camiños, fundamental para dispór dunha boa seguridade vial e para a comodidade dos cidadáns e a prestación de servizos básicos, como a recollida de lixo, a prevención de incendios, etc. Os principais programas de obras destináronse nos últimos meses a estas infraestruturas.

Estrada de Redemuíños a Gomesende

Páxina 5


Quintela de Leirado

Iniciativas de fomento do emprego

Éxito do PP As últimas eleccións ao Parlamento Europeo (25 de maio) serviron para confirmar a hexemonía do Partido Popular en Quintela de Leirado. Votaron 370 persoas, sobre un censo de 594 (a participación foi do 62,29%). A candidatura encabezada por Miguel Arias Cañete acadou o 80 por cento dos votos, a notable distancia do PSdeG-PSOE, que volveu ser a segunda forza política, co 13,9%. As restantes candidaturas acadaron un resultado meramente testemuñal: AGE (11 votos), UPyD (3), PIRATAS (2), MOVEMENTO RED (2), e con só un voto, PODEMOS, Pacma e C´s. Houbo un voto en branco e tres nulos. Estas son as eleccións con menor participación, e, nesta ocasión, aconteceu o mesmo que nas anteriores, en 2009. ■

O Concello de Quintela de Leirado participa no programa "Adaptabilidade e emprego" da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, contando cunha subvención de 15.000 euros para a contratación de dous traballadores por un período de sete meses, con xornadas laborables, de lúns a venres, de seis horas de duración. Este programa supón unha oportunidade laboral para as persoas que perciben o RISGA (Renda de Integración Social de Galicia), realizando distintas tarefas de mantemento das infraestruturas municipais, incluindo áreas recreativas, zonas verdes, etc.

O alcalde de Quintela de Leirado e presidente da Mancomunidade, José Antonio Pérez, participou en Celanova na inauguración do centro terapéutico, educativo e comunitario "A Chaira de Amoroz". Está especialmente dirixido ás persoas con discapacidade física e psíquica das Terras de Celanova, así como doutras comarcas próximas.

Orzamento municipal de 2015: prioridade ás obras e aos servizos básicos O Concello de Quintela de Leirado é un dos mellor saneados da provincia de Ourense, unha circunstancia clave de cara ao futuro e que reflicte unha boa xestión económica e administrativa por parte do Goberno local. Para 2015, o Concello aprobou un orzamento de algo máis de 638 mil euros, sendo os capítulos máis relevantes, pola súa cuantía económica, os de bens correntes, persoal e investimentos reais.

Páxina 6

ESTADO DE GASTOS Gastos de persoal

(Ano 2015) €

ESTADO DE INGRESOS

208.157,57 Impostos directos

Bens correntes e servizos 167.281,52 Impostos indirectos Gastos financeiros Transferencias correntes Investimentos reais Transferencias de capital

(Ano 2015) €

86.149,78 3.000,00

9.001,26 Taxas e outros ingresos

159.353,33

73.900,00 Transferencias correntes

284.543,16

156.014,18 Ingresos patrimoniais 6.000,00 Transferencias de capital

3.711,40 101.938,88

Activos financeiros

0,00 Activos financeiros

0,00

Pasivos financeiros

18.342,02 Pasivos financeiros

0,00

TOTAL GASTOS

638.696,55 TOTAL INGRESOS

638.696,55


Quintela de Leirado

Palabra de alcalde

José Antonio Pérez Cortés:

“É necesario mellorar e consolidar os servizos que nos piden os cidadáns” Na última fase do actual mandato, o alcalde de Quintela de Leirado considera que, a pesar das dificultades, cumpríronse a maior parte dos obxectivos do Goberno municipal. Destaca que se realizaron moitas obras en infraestruturas e proxectos de promoción do emprego, e que a Administración local está máis cerca dos nosos veciños e veciñas. P.- ¿Qué opinión ten do actual

mandato, que xa está chegando á fase final? José Antonio.- Na miña opinión e na de moitos veciños, fixéronse obras importantes, a pesar das dificultades provocadas pola crise, xa que as aportacións da Xunta e do Goberno foron menores, o que obrigou a manter os servizos e acometer novos proxectos con orzamentos máis axustados. Aínda así, cumpríronse a maior parte dos obxectivos, centrados en conservar e mellorar as prestacións que reciben os nosos cidadáns, tanto a nivel de infraestruturas como de servizos públicos. Tamén se puxeron en marcha outras iniciativas de promoción do emprego a través da Mancomunidade que están a dar froitos positivos, tendo en conta que varias persoas desempregadas teñen agora mellor formación e máis posibilidades de acceder ao mercado laboral. P.- ¿Cal é a incidencia da crise que padecemos sobre as persoas do noso concello? José Antonio.- Algúns pensan

que a crise non se vive igual no medio rural que nas cidades, xa que aquí hai máis pensionistas e outros recursos de alimentación, como o traballo na horta e o coidado de animais, pero resulta duro cando algúns veciños acuden ao Concello a pedir traballo ou axuda para manter ás súas familias. Tratamos de axudalos dentro das nosas posibilidades, a través de programas formativos ou facilitándolles emprego a través de brigadas de obras ou forestais.

"O obxectivo prioritario e que centra a acción do Goberno municipal é acadar a plena satisfacción de tódolos veciños e veciñas, cun compromiso de axuda e traballo permanente que solucionen os seus problemas e resolvan as súas dúbidas. Os cidadáns deben sentir sempre o apoio do Concello e, sobre todo, nos momentos de dificultade".

Noutros casos é o departamento de Servizos Sociais o que se encarga de buscar as solucións. Nestes momentos, considero que os Servizos Sociais deben ser prioritarios na acción do Concello e da Mancomunidade da Terra de Celanova que teño a honra de presidir. P.- ¿Cales son os obxectivos para o futuro que se aveciña? José Antonio.- No día a día está a resposta do Concello e da Mancomunidade ás demandas e suxerencias que nos fan os propios veciños e veciñas, case sempre referidas a mellorar as obras nos seus pobos, tanto nos accesos, pistas e camiños, zonas recreativas e espazos públicos. Esto debe ser fundamental, o mesmo que as políticas activas de emprego, que serán moi importantes para o futuro do concello e da comarca. Temos o compromiso de colaborar a reducir o paro e contribuir a que todos os pobos sigan dispoñendo de bos servizos que garanticen unha boa calidade de vida para todos os cidadáns do noso concello. ■

Páxina 7


Quintela de Leirado

O apoio da Deputación continúa O Concello de Quintela de Leirado colabora cos menores de 9 a 12 anos que queiran participar no programa ESQUIOU 2015, que promove a Deputación de Ourense. Do 26 ao 28 de xaneiro próximos, poderán participar nun completo programa de actividades nas instalacións da estación Oca Nova Manzaneda, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias. A Deputación e o Concello tamén colaboraron no verán na campaña do Plan Particip@, dirixido a promover a concienciación sobre boas prácticas medioambientais. O alcalde, José Antonio Pérez, asistíu en Verea á revisión de fronteiras, un acto protocolaria que se celebra tódolos anos e que reúne aos concellos galegos e ás cámaras portuguesas da nosa zona para levantar acta de que os moxóns seguen no lugar no que foron colocados no 1864. Unha xuntanza que serve para renovar os lazos de amizade entre os representantes dos cidadáns das duas beiras da raia. ■

José Antonio e Pablo, con Manuel Baltar Revisión das fronteiras coas cámaras portuguesas

Mancomunidade próxima aos cidadáns

Festival de Nadal na Mancomunidade Obra de teatro galardonada

Páxina 8

A Mancomunidade Terra de Celanova é un exemplo entre as entidades supramunicipais de Galicia, como o acreditan os premios recibidos nestes últimos anos. Supón un modelo de xestión de distintos servizos, sobre todo os de carácter social, de extinción de incendios, de recollida de lixo e da Fundación de Discapacitados Psíquicos. Como tódolos anos, celebra un festival de Nadal, ao que asisten os alcaldes dos concellos que integran a Mancomunidade, así como os alumnos e familiares da Fundación. Un dos fitos máis importantes de 2014 foi a representación da obra “O diván de Drácula”, de Manuel Caldas, aplaudida por dúas veces en Celanova e finalista no Auditorio de Vigo do Premio Nacional de Teatro. A Mancomunidade tamén se caracteriza pola promoción do emprego. Na actualidade, xestiona un Obradoiro no que 21 persoas da comarca prepáranse como auxiliares e técnicos de axuda a domicilio e atención xeriátrica. ■


Quintela de Leirado

Modesto Nóvoa, médico do Centro de Saúde dende 1990:

“Eu son de pobo e gústame traballar para a xente do pobo”

E

n outubro de 2015 cumprirá 25 anos como médico en Quintela de Leirado. Natural do concello de Vilamarín, Modesto Nóvoa Nóvoa atopou aquí o lugar idóneo para desenvolver o seu traballo e a súa paixón, a medicina, despois de exercer temporalmente en centros de saúde de Coles, Ourense, Vilar de Barrio, Cartelle, Outomuro e Xinzo de Limia. Cando chegou, o Centro de Saúde de Leirado xa estaba no actual emprazamento: “Inaugurouse pouco antes, en 1989. Pero as gardas -lembra Modesto- aínda se seguían facendo na Casa do Médico”. Ademais de exercer en concellos rurais, Modesto síntese especialmente cómodo neste traballo, “xa querecoñece- eu considérome de pobo e gústame traballar para a xente de pobo”. De non ser así, posiblemente xa non estaría en Quintela de Leirado, porque cos anos que leva exercendo, podería ter pedido, se quixera, o traslado a outro destino.

As principais patoloxías crónicas que atende a diario Modesto Nóvoa no Centro de Saúde de Quintela de Leirado son as hipertensións, o colesterol e a diabetes, e das patoloxías agudas, depende da tempada. Considera que "agora, a xente cóidase máis que antes", entre outras cousas porque "hai máis información e o acceso ao consultorio é máis fácil, xa que os que non teñen vehículo propio, dispoñen do transporte municipal".

Nestes últimos 25 anos, Modesto percibe unha notable mellora a nivel económico, "que se apalpa claramente nos domicilios dos veciños e veciñas. Agora as casas teñen outros servizos que antes non había". Pola contra, destaca, como aspecto negativo "a despoboación e o inconvinte que ten, xa que os novos vanse e os pais, cando falla un deles e son de avanzada idade, acaban nunha residencia ou na cidade cos fillos". Outro avance importante nos últimos anos foi a implantación da receita electrónica, que Modesto considera como "positiva", xa que "baixou a carga de traballo e facilítalle aos pacientes a recollida das mediciñas en calquera momento sen nengún problema". Tamén destaca o papel de "psicólogo" que ten o seu traballo: "só co feito de falar co médico, é moi importante para os veciños. En moitas casas téñenme como un máis da familia, algo que agradezo produnfamente. "Ese foi -recoñece- un dos motivos fundamentais de que me quedara en Quintela de Leirado".

Homenaxe do Concello e da familia a Inés Rodríguez Inés Rodríguez Vázquez foi unha das poucas persoas de Quintela de Leirado que chegou aos 100 anos. Aconteceu o pasado 5 de setembro, cando recibíu unha homenaxe da súa familia e do Concello, representado polo alcalde. José Antonio Pérez entregoulle unha praca conmemorativa "por toda unha vida de traballo, esforzo e entrega á súa familia". Estiveron presentes boa parte dos seus nove fillos, netos, bisnetos e un tataraneto. A ledicia convertíuse en tristura poucos días despois, cando faleceu dona Inés. DEP.

Páxina 9


Quintela de Leirado

As persoas maiores necesitan estímulos para mellorar a súa condición física e mental. O Concello de Quintela de Leirado e a Mancomunidade Terra de Celanova seguen desenvolven programas encamiñados a este sector da poboación na Casa Comunitaria de Xacebáns. Son actividades gratuitas e abertas á participación de tódolos veciños e veciñas, pero, sobre todo, aos de máis idade.

Mente sana e nun corpo sano, na Casa Comunitaria de Xacebáns A Casa Comunitaria de Xacebáns é, dende a súa apertura, ademáis de residencia, centro de día e de convivencia, un importante lugar para a dinamización social do noso municipio. Aquí celébranse tódalas semanas as clases de ximnasia terapéutica, a cargo de persoal especializado e adaptadas aos

veciños e veciñas de máis idade, que inciden, a dicir dos participantes, nunha mellora da súa calidade de vida. Esta actividade compleméntase coas clases de memoria, importantes para manter unha boa axilidade mental e previr as enfermidades frecuentes nas persoas maiores.

Clases de memoria

En Quintela de Leirado, tamén Páxina 10


Un concello para disfrutar e para vivir. E orgullosos que nos sentimos de amosalo aos que nos visitan, como na proba de BTT, que reuníu a máis de cen participantes. Ciclistas de toda disfrutaron dunha proba esixente, pero fermosa, cun percorrido que non defraudou a ninguén. Esta proba non competitiva, que organiza a Mancomunidade Terra de Celanova, coa colaboración do Concello de Quintela de Leirado, consolídase como unha das máis importantes da provincia de Ourense.

Saída da BTT en Leirado e paso por Xacebáns.

En poucos lugares disfrutan tanto os máis novos das vacacións do verán como en Quintela de Leirado. E se hai un día especial, ese é o da "pool party" (festa da piscina), na que todos gozan do pequeno parque acuático instalado nas piscinas municipais, con inchables e xogos participativos. A última edición, celebrada pola tarde (as anteriores foran pola noite), foi a máis concorrida. Este recinto recreativo tamén acolleu a "Festa dulce", dirixida especialmente a que os nosos rapaces e rapazas compartisen golosinas. Esta celebración do Concello de Quintela de Leirado reinvéntase cada ano e, a dicir do resultado, con moito éxito. Páxina 11


“Coñecer Ourense” é un programa lúdico e cultural promovido pola Deputación e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento para dar a coñecer a nosa provincia entre os propios ourensáns. O pasado 6 de decembro, máis de 30 veciños de Quintela de Leirado participaron nunha excursión por terras de Allariz, Santa Mariña de Augas Santas, Baños de Molgas, con visita ao Museo de Moncho Borrajo e ao Santuario dos Milagros (na imaxe), e Xunqueira de Ambía. Foi unha visita guiada a lugares de interese histórica, cultural e relixiosa, en moitos casos descoñecidos para moita xente do noso concello.

Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.