Recomendacións do 2º triemestre.

Page 1

3º CICLO CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE Roald Dahl

Preto da casa de Charlie está localizada a maior fábrica de chocolate do mundo, de propiedade do Sr. Willy Wonka, o maior e máis inventivo produtor de chocolate, que produce todos os tipos de deliciosas golosinas, algunhas increíbles. COME QUE TE COME Charles e Maureen Clark Un libro para coñecer os aspectos básicos da nutrición dun xeito sinxelo ao alcance de todos. Cas súas solapas, rodiñas, desplegables e partes móbiles, é un libro que ensina e divirte ao mesmo tempo. ALIMENTACIÓN SA Lorenzo Pousa Estévez Por que é preciso comer? Quen nos proporciona a enerxía necesaria para vivir? Que son os nutrientes? Respostas e propostas para unha dieta equilibrada e sa.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

LECTURAS RECOMENDADAS

O proxecto do 2º trimestre estivo adicado á alimentación pero non para comer ata fartarnos senón para aprender a facelo de xeito saudable. No noso blog atoparedes xogos e propostas para medrar fortes e sans.

2º TRIMESTRE

CEIP Outeiro das Penas

http://outeirodematilda.blogspot.com

BO APETITO!

Tel: 986 495262 http//www.opacmeiga.rbgalicia.org http://outeirodematilda.blogspot.com


INFANTIL

1º CICLO

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA Eric Carle Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla. Un domingo pola mañá, do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira.

E LEVA OS NENOS QUE NON COMEN, NON Geertje Gort Como a Santi só lle gusta comer sándwichs, a súa tía cóntalle o que lles ocorre aos nenos que comen pouco. El non cre nesas cousas, pero por se acaso, pídelle a seu pai que lle escriba

LAURA E COMPAÑÍA Carmina del Río Que quere dicir comer san? É bo comer moitas larpeiradas?. Laura e os seus amigos ensinan neste libro que deben comer nenas e nenos para medrar fortes e sans.

AS FABAS MÁXICAS Ad. María Dolores Hermida

A POTA QUE TROTA Patacrúa, K. Andres Hai moito tempo, un rei ambicioso vivía soamente contando as súas riquezas, ata que un bo día, un labrego e unha pota lle deron o seu merecido.

Nesta adaptación do conto popular cóntasenos que Xián e maila súa nai eran tan pobres que tiñan que vender a vaca. Camiño da feira, un vello cambioulla por un saco de cinco fabas, que ao día seguinte se converteron en plantas enormes.

LA SOPA DE LETRAS Elena Gisbert August é un cociñeiro moi famoso. O seu restaurante, “A Biblioteca”, é moi coñecido na cidade. Un bo día, August decide mesturar o que máis lle gostaba: cociñar e ler.

2º CICLO MACARRÓN DE NARICES Xoan Babarro No reino de Narices hai un enorme pazo con vidreiras de cebola, paredes de pedra de azucre, tellados de cenoria e xardíns de pirixel.

BON APPÉTIT Barriga VerdeGañadora na modalidade de teatro para nenas e nenos do Barriga Verde 2009, Bon appétit é unha peza que ofrece un canto á gastronomía, en que están "moi ben aderezados" os ingredientes dramáticos e culinarios.

HANSEL Y GRETEL Ad. Víctor Escandell Adaptación do clásico dos irmáns Grimm cunhas magníficas ilustracións en catro cores, ouro metalizado, violeta, negro e branco.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.