Ouxb ene17

Page 1

[Páx. 11]

Entrevista a Xulio Conde, adestrador da Escola de ciclismo José Antonio Hermida TEMAS

Páx.2

Manifestación da plataforma Procapd de Ourense

[Páx. 3]

A VALENZÁ

Páx.6

O Centro de Saúde da Valenzá operativo en marzo

CIDADE

Páx.7

Reorganización do transporte metropolitano

A gripe colapsou as urxencias

DEPORTES

Páx.10

O COB perdeu na casa ante Retabet Gipuzkoa

CULTURA

Páx. 13

Antonio Yáñez Casal lévase o “Pura e Dora Vázquez”

[Páx. 12]

Chegou a hora de Xantar

Entrada das urxencias do CHUO e presentación en Fitur da presenza de Panamá en Xantar./R.TORRES e EXPOURENSE.

Número: 24 - Ano: XVI - Xaneiro 2017 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

TEMAS DO MES

O AVE continúa sobrevoando 4 Os catro grupos municipais instan a Madrid sobre a variante externa. R. Torres A variante externa do AVE sigue sobrevoando Ourense e no primeiro pleno do ano do Concello volveu a ser un dos temas destacados. Outros temas esquecidos polo Goberno Central tamén saíron adiante; a comparecencia do concelleiro de Medio Ambiente, Pepe Araújo, por suposto nepotismo, non. Reclamo Os grupos da corporación municipal estiveron dacordo en reclamar ao Goberno Central proxectos esquecidos ou que queren modificar. O máis polémico nas últimas datas foi o da variante exterior do AVE. Unha infraestrutura que o novo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, dixo que non era precisa, e que, menos de dous días despois tivo que correxir as súas verbas. A pesares de que todos estiveron dacordo en que é precisa a variante exterior, o alcalde non se quedou sen as críticas por parte dos grupos da oposición. En canto á moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE para o impulso e desenvolvemento real e efectivo do proxecto de construción do bulevar termal na cidade de Ourense, tanto DO coma OueC votaron a favor afirmando que era beneficioso para a cidade. O portavoz socialista acusou de complices ao PP do Goberno Central para que esté parado o tema. A outra reclamación para Madrid foi a reapertura do Museo Arqueolóxico. Desde os populares aseguraron que solicitarán unha boa inversión. Este punto estaba dentro da moción do grupo municipal de Ourense en Común para redefinir o proxecto mu-

Os votos en contra de DO e do PP valeron para que non saíra adiante a comparecencia de Pepe Araújo seográfico proposto polo Comité de Cooperación Deputación-Concello. A oposición pediu transparencia neste tema. Outras mocións O Partido Popular encontrou un aliado en Democracia Ourensana para que non saíra adiante a moción que pedía a comparecencia do concelleiro, Pepe Araújo. A enmineda da mesa de movilidade, de Ourense en Común, aprobouse sobre unha moción dos socialistas dun tranvía urbán. O concelleiro de Servizos Xerais, Jorge Pumar, asegurou que se manterán o número de traballadoras do servizo de limpeza de edificios. Contrario a ese pensamento foi o do partavoz socialista quen cre que reducirán persoal.

4 Moción de censura Os oito concelleiros de Democracia Ourensá asinaron, este pasado mércores, ante notario o escrito de moción de censura, para relevar ao popular Jesús Vázquez do Concello de Ourense, postulando a Gonzalo Jácome como novo rexedor. Unha moción que necesita do apoio do PSOE e Ourense en Común pero que este non se producirá.

Rolda de prensa onde comunicaron as accións a realizar por parte da plataforma PROCAPD./RAMSÉS.

Apoio á diversidade funcional 4 Os pais dos rapaces afectados convocan unha manifestación para o 2 de febreiro. Redacción Os pais de rapaces con diversidade funcional de Ourense convocan unha manifestación para o 2 de febreiro, pola que piden apoio á cidadanía. A protesta comezará ás 20 horas con saída desde a casa de Chocolate (avenida da Habana) pasando pola Subdelegación do Goberno, rúa do Paseo, e rematando na Praza Maior. A plataforma ProcapdOurense, constituída por pais e nais de nenos con diversidade funcional da provincia de Ourense, así como as distintas organizacións sindicais e políticas de Ourense (non está o Partido Popular), esixen á Xunta de Galicia a creación dun centro de atención a persoas, maiores de 21 anos, con diversidade funcional (CAPD) de xestión pública, que integre centro residencial, centro de día e prazas de respiro familiar. Desde procapd se sinten enganados por parte do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ao ser “manipulados” con falsas esperanzas despois dun ano loitando por un centro en Ourense. Os proxenitores consideran que “non cumpriu o prometido nas últimas eleccións”, a pesar de reiterar “a súa sensibilidade”. Por iso, cren

que durante este tempo a Consellería demostrou unha “total incompetencia resolutiva e de xestión no que á diversidade funcional se refire”. Ourense é a única provincia que non conta aínda cun centro para a atención a persoas con diversidade funcional a partir dos 21 anos. 100 prazas Desde o colectivo consideran que Ourense precisa un centro de 100 prazas e non de 48 como está previsto. Desde o ente autonómico din que son suficientes as prazas, mentres que en procapd aseguran que deben acoller aos rapaces que superen os 21 anos do “CEE Miño, centros ordinarios, rapaces que están en CAPDS públicos fóra de Ourense, coma os que na actualidade están en xeriátricos ou na casa, por non existir en Ourense un centro axeitado ás súas

necesidades”. Ademais din que a Xunta ofrece un centro ocupacional cando o necesario é un terapéutico. A dotación para o centro, que estará ubicado na antiga escola hogar de Mariñamansa, é de 750.000 euros considerandoo insuficiente, “alomenos faría falta un millón máis”, aseguran representantes da plataforma. Movilizacións Antes do 2 de febreiro teñen un programa de movilizacións para achegarse á xente para pedir que se unan á manifestación. Procapd porá mesas en distintas rúas da cidade ata o propio 2 de febreiro. A plataforma recolleu

50.000 sinaturas o ano pasado. Apoio Ourense en Común e Partido Socialista defenderán no pleno a creación do centro terapéutico e ocupacional. Por iso, rexistraron unha moción conxunta e trasladarán a decepción e malestar da Plataforma PROCAPD tras coñecerse as intencións da Xunta de ofrecer “unha dotación que nin é un centro de atención integral, nin cumpre os mínimos esixibles para un coidado digno das persoas con diversidade funcional desta provincia”. Pola súa banda, o alcalde de Ourense considera que se está a politizar o tema, e que se precisa de máis diálogo.

Ourense é a única provincia galega que aínda non conta cun centro para persoas con diversidade funcional para maiores de 21 anos

O conselleiro Rey Varela visitando a antiga escola hogar de Mariñamansa onde se ubicará o centro. /ARQUIVO.


TEMA DO MES

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

4 A gripe

Entrada de urxencias do CHUO esta semana. /RAMSÉS.

As urxencias do CHUO volvéronse a colpasar pola gripe 4 Cada ano por estas datas a gripe fai encher os corredores. R.Torres Recorrente a noticia a principios de cada ano de que as urxencias do CHUO se colapsan. O pico de gripe é unha das maiores causas das visitas dos pacientes ás urxencias; os facultativos aconsellaron acudir ao centro de saúde antes que o hospital. Porén o persoal do centro denunciou a falta de camas e colapso xeneralizado. Pico de incidencia Horas de espera, en urxencias e nos PAC´s, foi a realidade dunha problemática que, ano tras ano, está aí. A pesares do gran colapso de finais do pasado ano e, sobre todo, de

principios deste, prevíase que o pico de incidencia chegara o 23 de xaneiro. Porén, ese día (e seguintes), aínda que a situación continúa sendo algo caótica, o certo é que remitiu algo, mellorando a carga de pacientes. O tempo de espera diminuiu. No entanto, quedan pacientes aillados en boxes -en algo máis da metade deles- o que impide o tráfico fluido, ademais de enfermos nos corredores. Na sala de boxes (DT) soamente teñen un baño, e sen ducha, para todos os pacientes que non foron trasladados a planta. Pola súa banda, o SERGAS asegura que incrementaron tanto o número

de persoal como de camas. Se ben é certo que moitos dos enfermos son trasladados a outros centros concertados. Tamén afirman que as infraestruturas hospitalarias están preparadas para asumir este incremento da demanda, asistindo e ingresando a todo aquel paciente que o precise. Ademais apuntan que ante calquera dúbida, e antes de acudir ao hospital, teñen a posibilidade de chamar ao 061, onde poderán ser atendidos por un médico que valorará a súa necesidade asistencial. Gripe O incremento da incidencia da onda epidémica estacional da gripe e afec-

cións respiratorias fixo que se viran corredores cheos de camas con pacientes que non tiñan ubicación nalgunha habitación. Este pico aparella un aumento das atencións urxentes, tanto nos servizos de urxencias hospitalarias, como de atención primaria (PAC). Na área de Ourense (excluíndo as de Verín e Valdeorras) atendéronse máis de 12.000 urxencia. Delas o 72% foron atendidas polos Puntos de Atención Continuada do Área de Ourense (Allariz, Bande, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Maceda, Ourense, Ribadavia e Xinzo de Limia). Desde o pasado día 25 de decembro, data na que

A gripe é unha enfermidade vírica, leve na maioría dos casos, que presenta os seguintes síntomas: pode aparecer febre igual ou maior a 38º -sobre todo os dous primeiros días-, tose, dor de gorxa, dor de cabeza, dor muscular, malestar xeral, conxestión nasal, esbirros e, tamén, vómitos e diarrea. O contaxio prodúcese persoa a persoa, principalmente a través das gotiñas de saliva e secrecións nasais que se expulsan ao tusir, falar ou esbirrar. Ademais, o

virus pódese transmitir tamén indirectamente ao tocar algo que estea contaminado co virus da gripe e ao levar as mans aos ollos, o nariz ou a boca. O virus pode transmitirse desde 1 día antes de comezar cos síntomas ata 7 días despois, aínda que este período pode ser máis longo nalgunhas persoas. A supervivencia do virus é de varios minutos nas mans; de máis dun día en superficies duras, sen poros (plásticos, aceiro inoxidable...) e de varias horas en teas, papeis e panos.

comenzou o incremento das atencións urxentes por riba da media, ata o luns 9 de xaneiro, os 10 PAC de Ourense (dos 14 existentes na provincia) atenderon 8.741 urxencias.

con 3.375. O PAC rexistrou o 6 de xaneiro 319 asistencias, superando as 295 urxencias do 25 de decembro e as 267 do CHUO do día 2 de xaneiro.

PAC O Punto de Atención Continuada (PAC) tamén viviu momentos de colapso. O de Ourense tivo que atender a 3.216 urxencias, cifra moi similar ás atendidas neste mesmo período polo Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense,

Aínda que se agardaba o maior pico de incidencia da gripe esta semana o certo é que está diminuindo

Un dos corredores de urxencias.


OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

4 Federación de Comercio Desde a Federación de Comercio de Ourense chaman a atención sobre a Praza de Abastos da Ponte e o transporte metropolitano. Sobre o primeiro, propoñen que se implante un canon básico e que se teñan en conta as características socioeconómicas á hora de adxudicar os espazos. Tamén consideran conveniente que as licitacións se fagan de maneira individual para cada un dos postos en vez de buscar a xestión integral do espazo. E manifestan que a comisión encargada do proxecto debe incluír comerciantes ou expertos no comercio tradicional. Do transporte metropolitano, a Federación quere mostrar o seu descontento coa lentitude da mesma así como demandar medidas eficaces que axilicen a súa posta en marcha.

BARRIOS

Grupos e solistas poderán pedir locais de ensaio no Espazo Lusquiños 4 A convocatoria abrirase o 1 de febreiro. Redacción Durante todo o mes de febreiro estará aberta a convocatoria para os locais de ensaio do Espazo Lusquiños (Avenida de Marín). A principal novidade é que poden solicitala, ademais de grupos, solistas. Solicitarase por Rexistro Xeral (na planta baixa da Casa do Concello, de 9:00 a 14:00 horas) o formulario dispoñible na páxina web do Lusquiños ou na sección de impresos de www.

ourense.gal. Co impreso, é necesario presentar unha fotocopia do DNI dos integrantes da banda, así coma un breve currículo e unha foto do conxunto. No caso

dos menores de idade, deberán ter autorización familiar. Poderán indicar un horario de preferencia, en función das súas necesidades, xa que se ofertan luns, mércores e venres de 17 a 22 horas e os sábados de 11 a 15 e de 17 a 22h. Esta quenda servirá para adxudicar o uso dos locais por un período de 6 meses. 17 grupos Na anterior convocatoria realizaron os seus ensaios un total de 17 grupos da cidade, de diferentes estilos musicais.

Sala de ensaio do Espazo Lusquiños./M.REJO.

EMPREGO

2.510 parados menos en 2016 4 36 deles durante o mes de decembro. Redacción Ourense pechou o ano 2016 con 2.510 parados menos. Durante o último mes e grazas á campaña do Nadal 229 desempregados menos se deron no sector servizos. Porén, na construcción houbo 198 parados máis, 21 en agricultura e 32 en industria. Decembro No que se refire ao último mes do ano, o desemprego baixou no sector sevizos e subiu en agricultura, industria e construcción. 36 inscritos menos como desempregados nas oficinas

de emprego da provinciade Ourense mantendose o total e 22.720 parados. Ademais, a afiliación á seguridade social descende con 287 cotizantes menos nun mes o que supón un total de 100.633, dos cales e 75.212 son do Rexime Xeral. CIG O Secretario Comarcal da CIG- Ourense chaman a todas as forzas políticas e sociais de Ourense a facer causa común pola creación de emprego en Ourense para sacar a esta provincia do pozo no que nos atopamos, cada día máis fondo e sen saídas.


PUBLICIDADE

novación donde practicar multitud de actividades dirigidas o entrenamientos funcionales de tipo cross. Además en algunas de ellas ofrecen cursos para los más pequeños de la casa o la posibilidad de practicar deportes de raqueta como pádel. Para poder descargar estas invitaciones y fo-

mentar la práctica deportiva en sus instalaciones han creado una web (todoesempezar.es) donde además se pueden conocer todas las facilidades

Objetivo: Comenzar el año en forma Los centros deportivos vuelven a recordar que enero es el mes perfecto para comenzar o volver a hacer deporte y no hay manera mejor que ir a probar sus instalaciones.

Es el caso de los centros gestionados por el Grupo Serviocio/BeOne en Ourense, que invitan a pasar un día en sus instalaciones y probar sus piscinas, las salas fitness,

que ofrecen para hacerse abonado de sus centros. La mejor manera de cumplir con los propósitos típicos del año nuevo y comenzarlo en forma.

Serviocio BeOne gestiona en Ourense el centro Deportivo de Eiroás, el complejo deportivo de Pádel Oira y el BeOne Progreso de la Alameda del Cruceiro

Una de las clases que se dan en el gimnasio BeOne Progreso de la calle Alameda do Cruceiro por monitores profesionales. las salas de actividades, las sala de ciclo... Serviocio/BeOne gestiona ahora mismo el Centro Deportivo de Eiroás, el complejo deportivo Pádel Oira y un gimnasio en el centro de Ourense, donde se ubicaba el antiguo bingo Cruceiro, llamado BeOne Progreso. Son instalaciones deportivas en continua re-

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

Fachada del Centro Deportivo de Eiroás.


OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

BARRIOS

O Centro de saúde de Barbadás, operativo en marzo

4 O Concello debe ter listo para entón as obras de urbanización e autorización de apertura. R.T. O Centro de saúde de Barbadás estará operativo en marzo. As obras de construción do centro están rematadas, polo que só queda que o Concello remate as obras de urbanización e autorización de apertura. Desde o ente local comprometéronse a telo listo para o mes de marzo. O Centro O novo centro, situado na rúa Burgas, ten unha superficie de 1.952 metros cadrados, 1.268 útiles, distribuídos en dúas plantas. Na primeira planta estarán ubicados os servizos de medicina xeral, con once consultas, dez de medicina e enfermería e unha de saúde bucodental.

Pola súa banda, na planta baixa estará a a área materno-infantil, cunha sala de educación maternal, consulta de matrona, dúas consultas de pediatría, dúas de enfermaría pediátrica, salas de mostras, técnicas e sala polivalente, consulta da muller, consulta de atención urxente e biblioteca, ademais de salas de estar e xuntas para o persoal. A parcela foi cedida polo Concello de Barbadás e o investimento realizado polo Servizo Galego de Saúde foi de 3.087.114 euros, cofinanciada ao 80% polo programa operativo Feder.

A inversión superou os 3 millóns de euros

Fírvida e Baños na presentación da nova imaxe e logo (Quéreo, víveo) de Barbadás.

Barbadás estrea imaxe 4 O Concello inicia un plan de dinamización turística. Redacción O concello de Barbadás conta cunha nova imaxe turística encabezada polo logo Quéreo, víveo, coa que o concello pretende dinamizar a vida municipal e convertir o seu territorio nun lugar atractivo para veciños e os visitantes. O obxectivo do proxec-

to de dinamización, apuntou o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Fírvida, é “dinamizar o turismo no concello de Barbadás, onde rachamos coa imaxe do urbanismo ligado no seu día á especulación inmobiliaria, para mudalo por un espazo de vida e desfrute, rodeado de natureza por todas as partes e cun potencial turístico a

Acordo para pedir utilizar o superávit 4 Aprobado no pleno. Redacción

Visita ao centro de representantes do SERGAS e do Concello de Barbadás.

O pleno do Concello de Barbadás acordou pedir ao Goberno Central poder utilizar o remanente de tesourería; o mesmo ascende a un millón

de euros. A moción do PSOE foi enmendada polo BNG para que se priorice sobre as necesidades sociais. Os votos a favor dos socialistas, xunto cos dos nacionalista e o edil de Compromiso por Bar-

valorizar, un patrimonio histórico por descubrir, como a igrexa de San Martiño de Loiro, de principios do século XII, cun pórtico con arquivoltas realmente espectacular; roteiros para andainas ou percorridos para BTT ou enclaves de gran beleza natural fortemente enraizados pola tradición, como O Tangaraño ou o San Bieito de Cova do Lobo”, manifestou Fírvida. Luis Baños, é o creador da imaxe e explicou os dispositivos aplicados para conseguir os obxectivos plantexados para por en valor o concello de Barbadás. Entre eles apuntou a “unha web moderna, chea de datos, imaxes, información e contactos”, así como patrimonio natural, artístico, monumental e histórico. Asimesmo, procedeuse á sinalización dos puntos de interese con sinalizadores informativos de cada lugar e con código QR de acceso á páxina web de turismo de Barbadás a través dos dispositivos móviles, onde se amplía a información.

badás superaron aos votos en contra dos populares e a abstención de Democracia Ourensana. En caso de poder utilizalo, o alcalde, Xose Carlos Valcárcel, explicou que xunto á mellora social, poderíase subtituir o céspede artificial dos Carrís ou a construción da casa da Mocidade. Mocións Outras mocións aprobadas foron a de Compro-

EN BREVE 4 Parques A Valenzá estreou parques infantís antes do comezo deste ano. O 30 de decembro do pasado ano inauguráronse os da Solaina e da Casa da Cultura. No parque da Solaina retirouse a area e substituiuse por caucho en diferentes cores, tonalidades e deseños. Engadiuse unha tirolina de 10 metros de percorrido. O da Casa da Cultura separouse en dous espazos: para nenos máis grandes e para os máis cativos.

4 Presentación do libro Toro A asociación Vía Vella de Ponte Canedo organizou, no Centro Cívico da Ponte a presentación do libro Toro, de Beni Rodríguez. O acto, ao que acudiron unhas 90 persoas, foi presentado pola secretaria da asociación, Ana Gloria Rodríguez Alonso, e a presentación da autora e o libro correu a cargo da historiadora Ofelia Requejo Gómez. Toro son as lembranzas da escritora na súa aldea.

miso por Galicia sobre a apertura do Polideportivo durante os fin de semana; a do BNG para crear un centro para discapacitados adultos en Ourense. A moción do PP dunha auditoría interna sobre persoal municipal non contou co apoio necesario.

O remanente de tesourería ascende a un millón de euros


OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

SOCIEDADE

Carlos Casares será fillo predilecto de Ourense en maio 4A proclamación terá lugar nunha sesión plenaria na véspera das Letras Galegas. Redacción O expediente de honra a Carlos Casares estará culminado en maio, concretamente o día 16. Despois de que se abrira en 2003, 14 anos despois estará concluído. O remate deste expediente suporá un acto formal para o nomeamento de Carlos Casares como fillo predilecto da cidade a título póstumo nunha sesión plenaria que se celebrará na véspera do Día das Letras Galegas, que este ano se lle adica ao escritor ourensán. Así llo comunicou onte Jesús Vázquez aos membros da Fundación Carlos Casares. Ademais se descubrirá unha praca-busto na súa memoria na Praza

Bispo Cesáreo, como recoñecemento da cidade á figura de Casares. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, comunicoulle esta decisión aos membros da Fundación Carlos Casares, presidida por Xavier Casares. “Deste xeito, culminamos un expediente que permanecía aberto desde hai 14 anos e o facemos precisamente no ano no que se honra a memoria do gran escritor, coa máxima distinción que se lle pode outorgar desde o Concello de Ourense”, sinalou o alcalde. Roteiro Para lembrar ao autor e os seus vínculos coa cidade creouse un roteiro con placas en fachadas.

O Concello impulsa o Programa de Vivendas Baleiras da Xunta 4 Polo momento na cidade hai tres vivendas dentro desta iniciativa, para as que se presentaron 26 solicitudes. Redacción O Salón de Plenos do Concello acolleu unha reunión informativa con axentes da propiedade inmobiliaria para impulsar o Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia. Este encontro estivo presidido polo alcalde, Jesús Vázquez, e polo director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García. Tamén participou nesta reunión o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, así como técnicos da Conse-

llería de Infraestruturas e Vivenda e do propio Concello. O obxecto da reunión foi expoñer as particularidades deste programa, onde a Xunta aporta ata o 70% do custe do aluguer, ata un máximo de 350 euros. Na cidade están postas a disposición un total de 3 vivendas, habendo 26 solicitudes para optar a elas. Jesús Vázquez agradeceu á Xunta a posta en marcha deste programa e manifestou a súa importancia para dotar de vivendas ás familias que así o precisan, con toda garantía para

Reorganización do transporte público 4 A Xunta aposta polo servizo do autobús no rural. Redacción

Momento do acto no Salón de Plenos.

O alcalde de Ourense participou nunha reunión de traballo en Santiago

trala invitación da Xunta aos concellos da comarca a tomar parte activa no proceso de reordenación do transporte público .

os seus propietarios. Pola súa banda, García, salientou que o Concello de Ourense foi o primeiro en adherirse a este programa. Asemade, destacou a importancia desta reunión para dar a coñecer aos axentes inmobiliarios este programa para que os propietarios de vivendas baleiras da cidade se acollan a esta iniciativa de marcado carácter social.

Animan aos propietarios á que se acollan a este programa No encontro coa conselleira Ethel Vázquez, participaron, ademáis, os rexedores de Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén. Jesús Vázquez recalcou ao remate da reunión “a importancia de que todos os concellos se impliquen nun traballo conxunto que aúne as necesidades e satisfaga as demandas dos

EN BREVE 4 Expediente de Honra O Concello de Ourense saldará a débeda moral que a cidade tiña con Daniel Vázquez-Gulías e proporá a incoación dun expediente de honra para recoñecer a figura e o legado do arquitecto ourensán (nado en Beariz). Ademáis, o Concello colaborará nunhas xornadas culturais para poñer en valor e dar a coñecer a obra de Vázquez-Gulías na cidade, entre as que se atopan na avenida de Pontevedra, o Santo Ángel, o palco da Alameda, ou na rúa do Paseo

4 Primeira exposicíon de camelias Dita exposición encherá de vida e cor o parque de Montealegre o vindeiro fin de semana, o 4 e o 5 de febreiro. Máis dun millar de especies desta flor inundarán o Botánico.

veciños”. Segundo Ethel Vázquez o obxectivo desa reordenación é garantir que os cidadáns, especialmente os do rural, teñan acceso a un servizo de autobús máis útil e atractivo, polo que a previsión do Goberno galego é facer posible que o autobús urbano preste servizo nos concellos limítrofes cando estea xustificado por razóns de demanda.


OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

SOCIEDADE

Concurso de carteis para o Entroido 4 O Concello de Ourense promove outros concursos. R.T. Varios son os concursos que propón o Concello de Ourense nestas datas: o cartel do Entroido, encher as redes de vídeos en galego, reflexionar sobre o consumo do alcol e o II “Cartas de amor”. Entroido Os que participen no

concurso do cartel do Entroido deberán entregar os orixinais en formato vertical de 50x70 cm e entregaranse ata o 6 de febreiro no rexistro xeral do Concello. Youtubeiros Ourense únese a iniciativa Youtubeiros. Trátase de realizar vídeos en galego. Ao concurso poderán presentarse todas as per-

Comparsa do desfile do Entroido do ano pasado./R.T.

soas maiores de 14 anos a través dunha inscrición en liña ata o 28 de abril, segundo se recolle nas bases dispoñibles en youtubeuras.gal. Consumo de alcol A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense convida a mocidade ourensá a reflexionar sobre a problemática do abuso do consumo de alcol a través dun concurso de ideas. As ideas entregaránselles antes do 31 de marzo aos titores dos centros educativos ou nas oficinas da Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, número 1. “Cartas de Amor” En xunta de goberno local foron aprobadas igualmente as bases do II Certame Literario “Cartas de Amor” para escolares con motivo do día dos namorados da Concellería de Educación. Nel poderá participar o alumnado de 6º curso de Educación Primaria e 1º ESO do Concello de Ourense.

Moteros solidarios Por terceiro ano consecutivo Moteros Solidarios Galicia fixo a entrega, dos xoguetes recollidos, nas casas de acollida. O traballo realizado mereceulles a pena para facer felices a eses nenos. Na entrega de xoguetes colaborou Ruben Rios, membro de Moteros Solidarios Galicia.

EN BREVE 4 Cruz Vermella

Cruz Vermella precisa de familas acolledoras de bebés ou grupo de irmáns que lles faciliten un ambiente axeitado ás súas necesidades. Os interesados poden dirixirse a acollementofamiliar. org ou ao 988 222 484.

4 Policía Local

O Concello de Ourense abriu o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de 6 prazas de Policía Local, 5 de oposición libre e 1 de mobilidade, correspondentes á oferta pública de emprego do 2013.

4 Farmacias

Entrou en vigor o novo sistema de gardas nocturnas famacéuticas. Antes, unha farmacia de garda abría 24 horas, agora non será así. A planificación das gardas exporase na porta de todas as boticas e en www.cofourense.com.


PUBLICIDADE

CLÁUSULAS SUELO, el juzgado como garantía de cobro La reciente sentencia del Tribunal de Justicia de la UE que ordena la devolución total de lo pagado en virtud de las cláusulas suelo, da la oportunidad a miles de afectados para poder reclamar de la Banca todo el dinero cobrado de más desde la firma del préstamo hipotecario. Creemos que los bancos serán reticentes y no ofrecerán de forma automática y fácil al cliente esas cantidades indebidamente cobradas así como tampoco retirarán la cláusula suelo de sus hipotecas de forma automática. Pero debes saber que, a pesar de ello, y del mecanismo extrajudicial creado por el Gobierno mediante Real Decreto Ley recientemente para presentar las reclamaciones a las entidades bancarias, los bancos son los que tienen la posibilidad de estudiar de manera individualizada cada caso y ser ellos mismos, los que aceptan o no, es decir, ellos serán los que decidan en este procedimiento extrajudicial, si, efectivamente, realizaron un cobro indebido mediante el uso de una cláusula suelo opaca o no y pueden ofrecerte el no devolverte el dinero sino ofrecerte una compensación incluso con otros productos bancarios. Debes saber también que, la Audiencia Provincial de Ourense ya obliga a los bancos a devolver las cantidades cobradas desde la firma de la hipoteca por “la célebre sentencia” del TJUE: la doctrina del Supremo español “ha de entenderse superada” por la del Tribunal de la UE. Pero, ¿qué es una cláusula suelo? Es una cláusula que fija un mínimo a pagar en las cuotas del hipotecado, impidiendo que se beneficie de las bajadas de los tipos de interés (como ocurre ahora con el desplome del EURIBOR).

¿Cómo sé si tengo una clausula suelo? Para saber si tu hipoteca tiene una cláusula suelo tienes que revisar tu escritura de hipoteca, suele aparecer en el apartado de condiciones financieras. Nosotros podemos analizar tu escritura de hipoteca y valorar la viabilidad de una posible demanda. ¿Qué debo hacer si tengo una cláusula suelo? No firmar nada nunca, y asesorarte con un abogado para evitar nuevamente que firmes o contrates algo de lo que en el futuro te puedas arrepentir. Entendemos que el presentar una demanda judicial, siempre es un plus de seguridad y una garantía para los particulares perjudicados, porque será un juez el que decida y un juzgado el que verifique que las cosas se realizan correctamente, de otra forma, el particular se somete nuevamente a la voluntad del banco. José Javier Velasco González e Iago Fariñas Valiña, abogados

Velasco y Fariñas están en el edificio Torre de Ourense, Curros Enríquez 1 - 2º A y B.

Despacho de abogados. Edificio Torre Ourense. C/ Curros Enríquez, 1 - 2º A y B. Tlf 988 374 708 - 689 554 137

ECONOMÍA / PUBLIRREPORTAXE

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

50 mozos beneficiaranse do ‘Erasmus+’ 4 25 de Ourense e outros tantos da Gran Bretaña. Redacción Concello, CEO, e London Business activan o programa que formará en economía social ‘Eras-

mus+’. Vintecinco mozos ourensáns e outros tantos británicos beneficiaranse do programa de mobilidade de economía social. O obxectivo que se per-

segue é preparar 50 mozos (25 ourensáns e outros tantos británicos) nun programa de capacitación para crear empresas de economía social. Os intercambios pretenden proporcionarlles aos mozos participantes as habilidades necesarias para poñer en marcha o seu propio negocio como vía alternativa á busca de emprego. As competencias adquiridas debe servir para transformar a súa conciencia social nunha empresa social.


10

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

DEPORTES

Cidade e Envialia vencen a Gironella e Rubí

Penalti e tres puntos Redacción

4 Os dous están dentro dos postos de Copa. R. Torres Dúas vitorias (3-1, do Cidade e 1-6 do Envialia) que lles permiten, unha semana máis, loitar polos seus obxectivos. Cidade O Cidade das Burgas tivo ante si a un correoso Gironella que vendeu cara a súa derrota. E iso que se foron ao descanso con vantaxe, de 2-0, no marcador. Iria por partida dobre logrou os goles antes do final da primeira parte. O primeiro no primeiro minuto tras roubo de balón, e o segundo tras roubo de Clara que cede á goleadora. O segundo tempo comezou cun novo gol franxiverde. O gol de María Arias, despois dunha boa xogada en parede entre Iria e Candela, facía pensar que as de Manolo Codeso non sufrirían. Pero non foi así. O conxunto catalán apostou polo xogo de cinco e puxo contra as cordas ás locais. Ana Unha gran Ana, con paradas de mérito, mantivo baixo control ás visitantes. Tan só no minuto 30, nun disparo de Laura (que se coou pola escadra) ante o que nada puido facer. O

resto, soberbia. As súas intervencións fixeron que parecese que o equipo non sufrise tanto como o fixo. Unha vitoria que vale para ascender á 7ª posición con 24 puntos. Ourense Envialia O Ourense Envialia goleou ao Rubí a domicilio por 1 a 6. Continúan quintas con 28 puntos. Aos cinco minutos xa dominaban as ourensás no marcador con sendos goles de Sara Moreno no que sería a tarde da andaluza. O conxunto local optou por presionar un pouco máis arriba o que lle valeu para recortar distancias cun gol de Alba. Antes do descanso, Jéssica e Marta puxeron a vitoria en bandexa. Na segunda metade volvería Moreno a ser protagonista. Dous goles máis lle fixeron anotar un póker de goles en terras catalás. As locais non foron quen de dar coa tecla que as metese no partido e o encontro finalizou sen abafos para as albinegras.

Ana e Sara, destacaron no Cidade e Envialia, nesta xornada

Partido entre Cidade e Gironella./RAMSÉS.

Fran Guerra intenta anotar diante de dous xogadores de Retabet./RAMSÉS.

Cuestión de rebote 4 O Club Ourense Baloncesto perdeu 79-85 ante Retabet Gipuzkoa lastrado no rebote. R. Torres Segunda derrota consecutiva dun Club Ourense Baloncesto lastrado no rebote ofensivo do opoñente. O conxunto dirixido por Gonzalo García de Vitoria cedeu 13 rebotes ofensivos aos de Porfirio Fisac para un total de 34 (21 defensivos). Pola súa banda, o equipo ourensán só fixo catro en ataque por 22 en defensa (26 en total). Un lastre que levan arrastrando os de García de Vitoria e que o ten preocupado. Por iso, anuncio tras o partido que esta semana farían moitas sesións de adestramento incidindo nese aspecto. E é que unha vez que se ten asegurada a permanencia é moi tentador entrar en playoffs; ir de máis a menos nun aspecto do xogo,

O COB é agora oitavo, a só unha vitoria do décimo

trae de cabeza ao adestrador cobista. No que se refire ao partido, chegaba un GBC disposto a non baixarse da zona nobre ante un equipo que quería volver á senda do triunfo no Pazo. O COB foi capaz de mirarlle aos ollos a un dos mellores da LEB Ouro, xunto a un dos mellores adestradores. O encontro foi unha toma e daca sen un claro dominador. E nisto chegouse ao desenlace, e aí o COB fraqueo. Fraqueo con erros propios que o castigaron e fixeron que voase a vitoria até Donostia. Os xogadores visitantes gañaron aos locais, nos momentos importantes, en efectividade e rebote; Porfi a Gonzalo, na lousa. O Club Ourense Baloncesto agora é oitavo pero só cunha vitoria de vantaxe do décimo clasificado, que xa non ten dereito a xogar o playoff. Corrixir erros, o primeiro paso para seguir pensando na

A Deputación concede unha axuda ao COB de 216.000 euros fase de ascenso. Tempo hai e ganas tamén. Axuda da Deputación A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada o pasado venres no Pazo Provincial aprobou unha axuda de 216.000 euros ao Club Ourense Baloncesto destinada a gastos de funcionamento e mantemento do club, co fin de fomentar o deporte na provincia. Copa Princesa Este venres dispútase a Copa Princesa polo que non hai Liga. O título de Copa o pelexarán entre Oviedo e Burgos. A competición na LEB Ouro reanúdase o 3 de febreiro co COB viaxando ata Melilla.

Un penalti e tres puntos. Ese foi o botín da UD Ourense no seu partido na casa diante do Vilariño. Os de Quino Iglesias plantáronse no Couto como a maioría de equipos: protexendo a súa portaría. A cousa íballes ben ata que na segunda parte un penalti (“que só o árbitro viu”, palabras do adestrador do Vilariño), que materializou Durán, puxo o 1-0 e deixou os tres puntos no casilleiro unionista. Algunhas ocasións máis tiveron na primeira metade os locais. Xaco, Hugo e o xuvenil Pousa, pero estiveron atinados. Por parte dos visitantes, só unha contra. Máis claras as ocasión para os de Antonio Dacosta, pero o gol non chegaba. Durán fixo estirar ao gardamallas visitante e Fran remata de cabeza un centro que desvía o pao. Ata que chega a xogada de Toni; o xogador se adentra na área do Vilariño e cae ao chan, o árbitro pit penalti por empuxón. Durán deixa sen reacción ao porteiro e sube o gol ao marcador o único tanto da tarde. Ata o final nada máis. Tres puntos que manteñen aos unionistas a catro do Bande na Primeira Galicia, que volveu a gañar (3-1 ao Arnoia). Por atrás, o Velle e o Ribeiro, terceiro e cuarto, respectivamente, a 11 puntos. O Xunqueira, próximo rival.

Hugo Soto no Couto ante o Vilariño./RAMSÉS.


DEPORTES

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017 EN BREVE

ENTREVISTA A XULIO CONDE, ADESTRADOR DA ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA

“O obxectivo principal e seguir sacando rapaces mantendo unha escola potente” 4 Conde fixo balance do que foi o 2016 e do que poden facer os integrantes do club este ano que acaba de comezar. R. Torres Xulio Conde é o adestrador da Escola ciclista José Antonio Hermida e do Club Ciclista Maceda, unha entidade que está a dar moitos éxitos ao deporte ourensá. Na presentación do acordo entre a Escola e Luis Aragonés polo cal o concesionario cédelles un vehículo durante un ano -prorrogable a máis anos- Conde fixo balance do que foi 0 2016 e do que poden facer os integrantes do club este ano. Un ano histórico para o Club Ciclista Maceda o 2016. Xulio Conde: “A verdade é que co paso dos anos acordarémonos dese 2016. Foi un ano especial por moitas cousas. A nivel de resultados deportivos moi positivo tanto a nivel rexional coma nacional e internacional -o oitavo posto de Iván (Feijoo) no mundial-; vimos como Pablo -Rodríguezsituábase na elite mundial. E a nivel colectivo, ese campionato de España por equipos, que era impensable acadalo dun equipo de canteira e sen fichaxes. E despois os recoñecementos como o premio en Galicia ao mellor equipo de base. >> Tamén penso que un dos motivos de que a Volta

a España saíra, nunha etapa, de Maceda é polo noso equipo. Todo isto fai que sexa un ano inolvidable”. E agora con instalacións. X.C.: “Si, é bo ter instalacións axeitadas e ter medios propios”. Que lle pode faltar ao voso club? X.C.: “A verdade é que como estamos vivindo o día a día non temos unha carencia clara; penso que estamos dotados de todo. >> Como club queremos ter instalacións propias. Temos o pumptrack, imos traballar agora nun parque

de madeira. Non temos grandes necesidades e pensamos que en Maceda, como calquera outra zona de Ourense, pódese practicar calquera tipo de deporte relacionado coa bicicleta. Son sitios tranquilos con pouco tránsito de coche e se pode saír ao monte coa bici”. Supoño que despois de poñer o listón tan alto no 2016 non queredes baixalo en 2017. Cales son os obxectivos para este ano? X.C.: “Nós non perdemos a perspectiva. Sabemos que somos unha escola deportiva e que

traballamos con rapaces desde a base. Co cal o obxectivo principal e seguir sacando rapaces mantendo unha escola potente. A partir de aí os obxectivos van chegar. Hoxe temos catro ou cinco rapaces que a nivel estatal á mínima que lles salga unha tempada máis ou menos obterán bos resultados. Penso que neste ano non será demasiado complicado repetir o de 2016”. E de cara ao futuro? X.C.: “De cara ao futuro que saian rapaces como ata agora, que os que veñan detrás o fagan ben”.

Xulio Conde, adestrador da Escola JA Hermida e do CC Maceda.

11

Acabades de firmar unha colaboración con Luis Aragonés. Explícanos un pouco en que consiste? X.C.: “O acordo con Luis Aragonés é a cesión dun vehículo durante un ano, con expectativas a seguir máis anos. É unha peza fundamental para nós por que é importante ter unha loxística de coches. Temos moitas viaxes e ao telos cubertos é un parte importantísima para nós”. Pablo Rodríguez estivo a piques de participar nos Xogos Olímpicos de Río. Qué alguén da canteira do Maceda acuda a uns xogos será o cumio do club? X.C.: “Eso estaría ben. Pero lograr un campionato do Mundo ou subirse ao podio nel sería o máximo. Non digo un ciclista do club, pero si un ciclista que saíra da nosa escola e que esté noutro equipo”.

“Lograr un campionato do Mundo ou subirse ao podio por parte dun dos que están ou estiveron na escola sería o máximo”

4 BTT O ciclista Iván Feijoo sumaba un novo top 10 nunha proba da Copa do Mundo. Feioo rematou en novena posición na proba celebrada en Hoogerheide, Holanda. O alaricano rodou sempre no grupo dos 15 primeiros, nunha carreira moi rápida disputada nun circuíto moi seco e cunha temperatura de -7 grados. O inglés Thomas Piddock foi o vencedor. Iván chega nun bo momento ao Campionato do Mundo que se ecelebra esta fin de semana en Luxemburgo.

4 Fútbol gaélico O Auriense FG masculino foi quen de vencer, na última xornada da primeira volta, a un dos favoritos ao ascenso. O conxunto ourensán logrou a vitoria diante dos Mecos do Grove, polo resultado de 21 (3-12) 17 (2-11). Deste xeito, o Auriense sitúase coma líder en solitario, agardando a semana que vén a visita do Keltoi de Vigo, no primeiro partido da segunda volta.

4 Hoquei sala Ourense acolleu o Campionato de Galicia de hoquei sala no que o Barrocás proclamouse vencedor. Os barrocos venceron ao Albor por 61 na final. Con este resultado os pupilos de Roberto Oliveira se clasifican para a fase final do Campionato de España que se celebrará en Terrassa do 3 ao 5 de febreiro.


12

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

ECONOMÍA E EMPRESAS

PUBLICIDADE

The Singular Kitchen equipará una de las aulas gastronómicas de Xantar 2017 Panamá presentou en FITUR a súa presenza en Xantar.

Chega Xantar con Panamá como país invitado 4 O Salón celebrarase en Expourense do 1 ao 5 de febreiro. Redacción Panamá será o país convidado na próxima edición, a número 18, de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Celebrarase en Expourense entre o 1 e o 5 de febreiro. Panamá contará cun restaurante propio dentro do salón que estará liderado polo Club Gastronómico de Panamá. O prato nacional por excelencia é o sancocho de galiña de patio ou pito, unha especie de cocido realizado con ñame e culantro e é un prato que se toma moi quente. Panamá, o oitavo Panamá únese á lista de países convidados en Xantar, reforzando o carácter internacional do salón e a

súa vinculación con América Latina. Antes participaron Costa Rica, Cuba, Perú, Francia, Arxentina, Portugal e México. Menús A 18ª edición de Xantar traerá 15 menús de diversos menús de cociña nacional e internacional. Así, xunto ao sancocho en Panamá poderase elexir as Esferas (Patrimonio da Humanidade) de Osa, Costa Rica; o consomé de aleta de tiburón, de Ponta Delgada (Açores); o arroz de Sarrabulho, de Ponte de Lima; ou o lombo de Bacallao con pan de maíz, de Vila Real (Douro); o afumado de caballa con algas whakame, no #saboresdeourense; as castañas con xenxibre, do Inorde; ou as

O prato nacional de Panamá é o sancocho de galiña de patio ou pito filloas de lacón con grelos, de Maceda; a empanada de zamburiñas, de Vila de Cruces; os percebes, da ría de Pontevedra (Beluso); a cazola de polbo sobre cama de tetilla galega, da Guarda; ou a “Enfaragullada” de Parada de Sil; a fabada, como non, de Asturias; os grelos con marisco, da provincia de Lugo; ou perna de cordeiro asado, de Castela e León. Todo iso entre outras moitas delicias da gastronomía presentes en Xantar.

The Singular Kitchen equipará una de las aulas gastronómicas de Xantar (del 1 al 5 de febrero de 2017 en el recinto de Expourense), Salón Internacional de Turismo Gastronómico, en las que se realizarán exhibiciones de cocina en directo impartidas por prestigiosos cocineros gallegos, de Portugal y del país invitado, Panamá. Las actividades que se desenvuelven en Xantar 2017, engloban además conferencias, talleres, catas o degustaciones. Dentro de esas aulas se elaborarán diariamente un plato representativo de su gastronomía, completamente en directo a través

de una temática innovadora que los convierte en unos platos únicos. Estas aulas gastronómicas se realizan gracias a un gran equipamiento tecnológico, como es el caso de The Singular Kitchen, que se encargará de administrar los productos necesarios para realizar la cocina en directo. La marca alemana, The Singular Kitchen recoge los productos más vanguardistas, tecnológicos y con gran calidad del mercado. La exclusividad y el diseño es lo que marca la diferencia y le abre paso a poder realizar diversas actividades y colaboraciones. Xantar La segunda motivación

que eligen los turistas para visitar Galicia es la gastronomía. Esto supuso el origen de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, una feria que llega a su décimo sexta edición del 1 al 5 de febrero de 2017 y que congrega a miles de personas, transformando el recinto ferial de Expourense en un enorme centro de restauración. En 2014 logró, por primera vez, el reconocimiento de Internacional otorgado por la Secretaría de Estado de Comercio del Ministerio de Economía y Competitividad del Gobierno de España, y que acaba de ser ratificado para su próxima edición.

Una de las aulas de Xantar equipadas con The Singular kitchen.


OCIO E CULTURA

Antonio Yáñez Casal lévase o “Pura e Dora Vázquez”

quinario teatro; o 3 de febreiro chega Eme 2 con “Voaxa e carmín” e o día 25, “Desconexión” de Xurxo Cortázar. En canto a música, a actuación máis destacada chegará o mércores 18 de febreiro coa actuación de Chenoa “Soy humana”.

4 No apartado de narración. Redacción O escritor Antonio Yáñez Casal, coa obra Do meu nome e outras trapalladas (presentada baixo o lema “Inferniense”), foi o gañador do XIV premio de literatura infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez” na modalidade de Narración. O xurado sinalou da obra galardoada “a súa adaptación aos tempos que corren, na que o autor fai unha reflexión crítica sobre a familia, os amigos e a escola”. Ilustración Agora ábrese o prazo para o XIV Premio “Pura e Dora Vázquez” na modalidade de Ilustración.

Os interesados en participar, poderán solicitar a obra premiada de narración a través do correo electrónico publicacions@depourense.es ou a través do teléfono 988 317790, para o cal a Deputación de Ourense abre a súa convocatoria ata o día 31 de marzo. A esta modalidade poderán concorrer os ilustradores que presenten os seus traballos, inéditos e orixinais que se axusten ás bases do premio e que tomen como base o texto premiado de Antonio Yáñez Casal. A dotación do premio nesta modalidade de ilustración tamén é da mesma contía co de narración de 1.500 euros.

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

Cartel de “Soy humana” de Chenoa.

Chenoa pasará polo Auditorio de Ourense 4 Dentro da programación do mes de febreiro. R.Torres O Auditorio de Ourense presentou a súa programación, a principios de ano, para os dous primeiros meses de 2017. Gastado case na súa totalidade xaneiro, no

que se puido ver a Milladoiro, entre outros, faltan os últimos días de xaneiro e todo o mes de febreiro cargado de actividade. Así por exemplo, desde o 26 e ata o 30 de xaneiro a proposta escénica será a obra “Resaca” de Ilma-

Máis pequenos No Auditorio non se esquecen dos máis cativos e tamén teñen programada unha ampla oferta para eles. A miña primeira viaxe (29 de xaneiro); Cousas (1 e 2 de febreiro); 4 tempos (3 de febreiro); ou O último dragón (26 de febreiro) son varias das propostas para febreiro. Outros Tamén se poderá visitar a exposición “Elas”, no vestíbulo superior entre o 10 e o 27 de febreiro. E o 5 de febreiro celebrarase o concerto de clausura do Ourencanto.

13

Pórtico do Paraíso Redacción A décima edición do Festival “Pórtico do Paraíso” encherá, unha vez máis, de música clásica a provincia de Ourense do día 3 ao 12 de marzo. Cun programa con concertos a cargo de agrupacións non só de Galicia e España, senón tamén chegadas de lugares como Inglaterra, Hungría, Palestina, República Checa ou Francia. Xunqueira e Esgos Ademais dos concertos da capital, este ano tamén terán lugar en Santa María A Real, en Xunqueira e San Pedro de Rocas, en Esgos. As entradas serán de balde para todos os concertos, a excepción do que terá lugar no Teatro Principal. Na pasada edición acudiron ao Festival 2.400 persoas


14

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

4AXENDA Exposicións - Ata o 19 de febreiro - “Documento Estético. Fotografías de Ourense do Marqués de Santa María del Villar” - Sala Afundación - Ata o 19 de febreiro - “Pop Art Icons” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 27 de febreiro - “Elas” - Auditorio Municipal Música - 28 de xaneiro - Gansos Rosas - 21:30 h - Sala Berlín - 31 de xaneiro - Concerto de Cass Mccombs Band - 20:30 h - Teatro Principal - 1 de febreiro - Concerto do Cuarteto Attacca (Ciclo Enclave de Cámara) - 20:30 h - Teatro Principal - 4 de febreiro - Concerto de Moon Cresta 21 h - Sala Berlín - 5 de febreiro Monkey 3 + Kalte Sonne - 21 h - Sala Berlín - 11 de febreiro - Concerto de Óscar Ibáñez - 20:30 h - Teatro Principal - 18 de febreiro - Concerto de Chenoa - 20 h Auditorio Municipal Teatro - Do 26 ao 29 de xaneiro - “Resaca” - 19 e 20:30 h - Auditorio Municipal - 5 de febreiro - “Yo, Feuerbach” - 19 h - Teatro Principal - 12 de febreiro - “Soño dunha noite de verán” 19 h - Teatro Principal - 17 de febreiro - “Fantamimo” - 12:30 e 20:30 h - Teatro Principal - 19 de febreiro - “Los malditos” - 19 h - Teatro Principal Infantil - 4 de febreiro - “4 Tempos”, teatro para bebés - 18 e 19 h - Auditorio Municipal - 12 de febreiro - Representación de “La gallina de los huevos de oro” - 12 h - Auditorio Municipal - 19 de febreiro - Representación de “Violeta coletas contra las salchichas glup!” - 12 h - Auditorio Municipal www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Chora o Asneiro comigo Trouxérona así, envolta en zinc no caixón da morte, tantas noites axeonllada a carón da artesa, sen durmir rezando avemarías, credos e rosarios a centos. Mercou o escapulario da Virxe do Carme un día na feira de Lalín, bicouno, gardouno no peito e nas costas como unha reliquia, levouno a bendicir na misa de Ramos, para que coidara de ela naquela terra alén do mar. Ninguén lle saca ollo á “Braña” dende que chegou o maldito telegrama coa nova do seu pasamento (a ela xa llo dou o corpo dende que se pousou aquela bolboreta negra na cociña de ferro). Todos os da casa, a cada anaquiño miran pola fiestra cara o camiño da fonte de abaixo. A morte macabra, rise da anguria da súa nai, da carraxe dese pai que morde os beizos para non lembrar, para non tolear coa dor, mentres o rapaciño, o fillo da defunta, aínda inocente chora o desconsolo da perda, súa e a de todos os veciños de Ribas do Asneiro. Namentres agardan a que apareza para darlle un bico e un adeus, cadaquén sinte a traxedia coma súa, pois Carmiña é algo de todos. Marchou para percurar vida fóra, pero atallouna a morte calada; aínda a lembran chea de folgos e de soños, non poden deixar de cavilar na súa cariña de nena, non poden imaxinala lívida, tesa, cadavre, fría de vez.

“Aínda a lembran chea de folgos e soños, non poden imaxinala líveda, tesa, fría de vez”

O furgón baixa pola veira do Asneiro no último capítulo do tráxico traslado, primeiro en Caracas, trámites e papeis, o consulado, a embaixada, sanidade, logo o aeroporto, os requisitos de seguridade, embalsamada, máis e máis trámites , alongando a espera, máis espiñas cravadas na fronte da súa nai, a probe velliña que agarda un milagre, que alguén lle diga que foi un erro, que non é verdade, que foi un pesadelo. Despois a viaxe dende Madrid, cada parada en cada parroquia, pagando as taxas polo dereito de tránsito, parece que os recadeiros de Deus lle queren negar esa terra que lle pertence de seu, un viacrucis que eterniza o camiño, que alonga o sufrimento. “A finada Carmiña”, agora chámanlle así, o cativo non o entende e as bágoas esváranlle, foxen coma un río e non da coutado os saloucos, namentres o seu tío Cándido aloumiña nel - “non chores máis, Susiño, o da pata pequena”- é o alcume que lle puxo, neste tempo dormen xuntos eles os dous solos, (dende que reclamaran ao Manoliño, -o fillo máis vello- para Venezuela). Non entende o meniño como a súa naiciña querida pasou a ser “a finada Carmiña”, por iso chora, chéiralle que isto é para sempre, que non ten volta de folla. Xa queda pouco, a pista de terra está chea de buracos da riada, o Asneiro cando chove vólvese fero e vótase aos camiños, enche as leiras e os prados, as troitas paséanse polas congostras e os carreiros. Na “Braña” xuntáronse todos, alí están toda a familia e os veciños, agardando. Alguén albiscou o coche en Mouriscade e deu o aviso, como a cámara

lenta o furgón negro pasa a casa do Castrelo, orballa un pouco, chora o ceo, sen présa, con moito tino, non quere mancar máis. Nas testas das mulleres os panos atados ao pescozo, panos negros de loito, os homes coa gorra nas mans, coa cabeza descuberta en sinal de respecto, as miradas húmidas coma o día e os corazóns rachados coma se rachou a súa vida. A nai da defunta achégase soíña, coma se ninguén puidera achegarse, ninguén ten dereito a adiantala neste ritual da morte, mira o cadaleito hipnotizada, mais de súpeto vira en redondo e vólvese cara o xenro que vén co seu netiño de dous anos no colo, e dalle unha aperta forte mentres chorando aloumiña ao neno, o derradeiro froito da súa filla querida. Cando pasaron os anos e xa morreran os avós, pregunteiche: “-Papa, por qué escolliches que nos quedáramos en Ribas do Asneiro?”. E ti contáchesme esta historia, o netiño de dous anos era eu, e o xenro eras tí. Tamén me falaches de aquel outro meu irmán, Manuel, tan valente, que tivo que quedar con 14 anos soiño en Caracas, sen pai e sen nai. Ese mesmo día tamén che preguntei se era a min a quen máis querías e dixéchesme rindo: “- Eu quérovos a todos o mesmo, anda déixate de andrómenas, Chiquito, que o cariño chega para todos, e senón mira canto nos querían a avoa Hortensia e o avó Amador para adicar a súa vida a criaren a teus irmáns e despois dende que morreu a túa nai, inda aquelarnos a nós”. Avelino Jácome

Fotógrafo na Praza Maior..

Os minuteiros Os xardíns do Padre Feijoo, a Ponte Nova, o Posío, a Alameda ou as escaleiras de Santa María Nai, eran os lugares de faena destes fotógrafos ambulantes. Armados con cámaras de caixón, cuxo interior contiña os recipientes para o revelado e o fixado. Obtiñan na operación un negativo sobre papel que volvían fotografar para conseguir o positivo. Dun dos laterais da cámara penduraban os traballos realizados polo artista a modo de catálogo. Do outro, un espello, no que, auxiliados por un peite facilitado polo profesional, se atusaban os retratados. Nos anos 60 comezan a desaparecer estas industrias. A tecnoloxía acabará coa maxia dos minuteiros. Cabaliños de cartón e panos de fondo. Solemne rutina. 1,2,3. Sorría ao paxariño! Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

Novo éxito do lápis solidario Redacción Un ano máis, e xa van once, a campaña de venda do lápis solidario puxo a proba a solidariedade dos ourensáns, que pasaron con nota. Case 2.000 persoas mercaron “un sorriso” para agasallar en forma de xoguete a aqueles nenos que máis o pre-

cisan. Dende a organización resaltan a colaboración das empresas que organizaron e apoiaron o evento, a axuda dos voluntarios que os puxeron á venda, aos medios de comunicación pola difusión e á xenerosidade de todas as persoas que de xeito agarimoso o fixeron posible.


CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017

15

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Fotografía: Miguel Rejo , Ramsés Torres. Colaboracións: Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº 24 - Ano: XVI - Xaneiro de 2017 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten. Tel. 645 770 510. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 564 681. Ófrecese auxiliar de enfermaría para coidar a persoas por horas, noites ou fins de semana. Tel. 620 052 173. Ofrecése señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Ofrécese señora para coidar persoas maiores de día ou noite. Con informes e experiencia. Tamén para limpar. Tel. 669 434 330 (no whastap). Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277.

Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91.

INMOBILIARIA Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 672 08 93 49. Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Vendo casa para reformar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo apartamento en casco vello. Económico. Tel. 672 089 349. Necesítase señor ou mozo para compartir piso no Couto. Tel. 672 089 349. Véndese casa vella pequena nun pobo a dous km. de Amoeiro. Prezo 6.500 euros. Tel. 636 329 524. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43.

Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense.Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543. Véndense fincas e montes no pobo de Reparade ( Muiños). Prezo 12.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase praza de garaxe, fronte ao Centro de Saúde de Valle Inclán, para vehiculo pequeno ou moto. Prezo: 50 euros. Tel. 636 329 524. Véndese casa en Praza de Amoeiro, de pedra e arranxada lista para vivir. Tel. 636 329 524. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Vendo casa moi preto do centro. Garaxe, adegas, terraza, pequeno terreo, bus urbano. Moi económica 90.000 euros. absterse chamar inmobiliarias. Tel. 678 032 088. Vendo finca de 9.000 m. Pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeira, con auga e luz. Zona Vilar das tres. Tel: 634 950 659. Alugo café-bar totalmente equipado ben situado en Xinzo. Tel. 659 47 08 92. Alugo local comercial. 30 m2 en rúa Progreso. Sempre foi oficina. Tel. 606 569 228.

Alugo baixo comercial no Centro Couto, acondicionado, duas plantas, 70 m2 utiles. 380 Eur. Tel. 636 32 95 24. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24.

VENDAS Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10 e 672 089 349. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781. Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448. Véndese botelleiro para bar e 3 bicis, dóus lavacabezas seminovos para perruquería. Tel. 672 08 93 49.

Traspásase cafetería en galerías parque de San Lázaro. Nova e recén reformada. Económico. Tel. 640 378 300. Véndese Citroen Xsara varios extras, impecable, 2.000 euros. Tel. 636 452 147. Véndese bicicleta de cor azul e branca, casco, bocina de aire, con portabultos traseiro a bo prezo. Tel. 646 94 85 79. Vendo microondas Teka con grill cor branco. Tel. 646 94 85 79. Vendo pedras para unha cheminea. Tel. 639 338 473.

VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 646 959 (Claudio). Regalo cadela pequena raza crestado chino, só habería que pagar as vacunas. Tel. 606 42 25 43.

CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


OURENSE POR Barrios Xaneiro de 2017


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.