Barrios 97

Page 1

O Rio Ourense Termal remata unha tempada de sobresaínte [Páx. 11]

CIDADE

Páx.5 A VALENZÁ

O Colexio de Enfermaría homenaxea aos seus veteranos

Páx.6

“Teatro na rúa” leva a Loiro 10 representacións durante o mes de xuño

ALLARIZ

Páx.7

As piscinas de Allariz contarán co dobre de capacidade trala súa ampliación

CELANOVA

Páx.8 CULTURA

Edítase “La música medieval en Celanova”, manuscrito do s.XII

Páx.10

Sete rutas do Tren Turístico de Galicia pasan pola provincia de Ourense

O FIXA arranca con forza [Páx. 7]

Hora de pactos

93 equipos no Rali de Ourense [Páx. 2-4]

[Páx. 13]

Os partidos buscarán pactos para a gobernabilidade dos concellos e da Deputación. // O FIXA logra máis de 3.000 visitantes en 21 días. // Chega o 52º Rali de Ourense.

Número: 97 - Ano: XII - 6 de xuño de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 6 de xuño 2019

ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

Jácome, chave no Concello, e Araújo, na Deputación 4 Os socialistas logran ser a forza máis votada na cidade de Ourense, mentres que o PP baixa de 10 a sete concelleiros. Redacción Ciudadanos, a formación que lidera Pepe Araújo, será chave para saber quen gobernará na Deputación.

A cidadanía elexiu. O pasado 26 de maio a xente votou, pero aínda non se sabe que pasará no Concello de Ourense. PSOE conta con 9 edís; PP e DO, con 7; e BNG e Cs, con dous cada un. Concello O PSdeG-PSOE foi a forza máis votada con 14.562 votos (26,33% do total) aumentando en tres concelleiros (pasa de 6 a 9) con respecto ás eleccións de 2015. Na segunda posición quedou o PP con 12.482 votos (22,57%) baixando de 10 a 7 edís. Un concelleiro baixou DO (de 8 a 7), despois de lograr 11.913 votos (21,54%). E irrumpen na Casa Consistorial con dúas actas cada un Cs ao lograr 4.832 votos (8,74%) e volve a ter representación o BNG despois de sumar 3.452 votos (6,24%). Queda sen representa-

4 Baltar perde a maioría absoluta na Deputación provincial

Jácome, segundo pola dereita, con parte da lista de DO./I.OSORIO. ción Ourense en Común ao non chegar ao 5% dos votos (3,76% exactamente e 2.081 votos). A fragmentación con Podemos e Ourense Mellor foi o motivo desta debacle; entre os tres sumarían suficiente respaldo para manterse no Concello. Por separado, non. Outros partidos de nova formación tampouco lo-

Villarino festexando os resultados na noite electoral./RAMSÉS.

graron sacar ningún edil. VOU pasou dos 1.000 votos por pouco (1.024); EsCo tivo 814; VOX, 722; CxG, 198; PUM+J, 97; Adelante, 81; e PLIE, 72. Jácome Con este panorama, o líder de Democracia Ourense, Gonzalo Jácome, pode ser chave para a formación de Goberno para os vin-

deiros catro anos. A suma dos seus concelleiros coa do PSOE ou mesmo do PP darían a gobernabilidade ao partido que apoie DO. Sen descartar nada poderían ocurrir varios escenarios. Por citar algúns: goberno en minoría do PSOE con pactos puntuais; goberno do PSOE co apoio de DO; ou mesmo un goberno de pacto entre Partido Popular e Democracia Ourensana. Jácome asegurou que está aberto a calquera acordo sempre e cando lle aseguren levar adiante o seu programa, ou parte del.

O apoio de Democracia Ourensana daría tanto para un goberno socialista coma popular

O Partido Popular, con Manuel Baltar á cabeza (presentábase como o único candidato en todo o Estado a presidir unha Deputación Provincial), perdeu a maioría absoluta que tiña no ente provincial. Os malos resultados, tanto na capital como noutras zonas da provincia, propiciaron que os populares pasaran dos 14 deputados de 2015 aos 12 nestas eleccións (a maioría absoluta está en 13). Os socialistas lograron un máis que fai catro anos (soben de 8 a 9). Democracia Ourensana e Bloque Nacionalista Galego manteñen os dous e un deputado, respectivamente. E entraría por primeira vez Ciudadanos cunha acta. E neste último é onde

Manuel Baltar se pode apoiar para non perder o bastón de mando. A suma de PP e Cs daría a maioría precisa para gobernar. De todos os xeitos, Baltar xa non descarta realizar un pacto programático con quen teña cousas “en común”, ou ben gobernar en minoría. Desde o Bloque Nacionalista Galego xa aseguraron que o seu obxectivo é “sacar ao baltarismo da Deputación”. Sobre ese aspecto, ademais doutros, falaron na primeira reunión que mantiveron o PSOE e o BNG tralos resultados da eleccións. As negociacións, por todos os lados, poden estar abertas ata que se conforme o goberno no mes de xullo.

Baltar con Rosendo amosando o mapa da provincia cos 64 concellos nos que gañaron os populares./R.T.


especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Barrios 6 de xuño 2019

Cristina Cid: “Este apoio danos máis responsabilidade” 4 A nacionalista seguirá desenrolando os proxectos destes anos. Redacción Unha vitoria con incertidume polo erro da aplicación do Ministerio, que pasou pola súa cabeza? Cristina Cid (C.C.): “Estaba moi tranquila porque tiñamos as actas e tomabámolo a broma, dicindo que xa o cambiarían. Despois de chamalos e insistir que se trataba dun erro, pero xa digo, estábamos tranquilísimos”.

Unha persoa votando nas elección municipais do 26M en Celanova./RAMSÉS.

O PSOE supera ao PP en Barbadás 4 En Celanova irrumpe con forza Celanova Decide. En Allariz, todo igual. Redacción O Partidos Socialista Obrero Español logra en Barbadás ser a forza máis votada. En Allariz, despois do suspense de varias horas, a fotografía mantense igual coa ampla maioría do Bloque Nacionalista Galego. Pola súa banda, a formación Celanova Decide aparece no panorama da vila de San Rosendo para romper coa hexemonía do PP. Allariz Así, en Allariz, despois de que gran parte da noite electoral un erro informático dera un empate entre o BNG e o PP, a realidade foi que o marco electoral non se movera un ápice con respecto ás eleccións

Erros técnicos no reconto de Allariz deron durante horas un empate entre BNG e PP

de 2015. Polo tanto, os nacionalistas revalidan a maioría absoluta con Cristina Cid á fronte. Tras ela, Luz Docampo (PP) lograba ser a segunda lista máis votada e o PSOE era a terceira. Deste xeito, todo queda como estaba: os necionalistas manteñen o feudo alaricano con nove concelleiros; os populares suman tres; e os socialistas quédanse cunha soa acta. Barbadás En Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel seguirá gobernando despois de que o PSOE fora a forza máis votada. Dos cinco edís de 2015 os socialistaspasaron a sete, o que lles vale para reforzar o seu mandato. A pesar do aumento non chegan á maioría absoluto polo que terá que buscar un pacto como hai catro anos. Todo indica que continuará o goberno en coalición PSOE - BNG a pesar de que os naciona-

listas baixan dos tres concelleiros a dous. A suma das dúas formacións (9 concelleiros) dá para formar goberno en maioría. No anterior mandato gobernaron en minoría contando co apoio para a investidura de Compromiso por Galicia. Por outra banda, o Partido Popular mantén a mesma liña de votantes (aínda que baixa lixeiramente) o que lle permite continuar con seis edís. O consistorio complétase cunha acta para DO (tiña dúas e as previsións eran mellorar resultados) e outra para CxG, a que tiña no mandato que vén de rematar. Pola contra, Espazo Común e Ciudadanos non lograron entrar no consistorio. Os primeiros apenas contaron cun 1% dos votos e Cs a piques estivo de irrumpir na corporación ao quedarse a unhas décimas do 5% de votos (o mínimo que ten que ter unha formación para

poder facerse cun concelleiro). Celanova Na vila de San Rosendo a situación deu un xiro. A irrupción da nova formación Celanova Decide fixo tremer os cementos do Partido Popular. O alcalde, José Luis Ferro, perde a maioría absoluta coa que contaba, baixando de oito concelleiros a seis. Pola súa banda, Celanova Decide entra con catro e colócase como a segunda forza. O PSOE mantense nos dous concelleiros, e o BNG baixa de tres a un. Agora toca agardar a pactos. A opción que soa con máis forza é a dun goberno alternativo ao PP cun tripartito conformado por CDPSOE-BNG. Na próxima semana coñeceranse as conclusións das conversas entre as tres formacións.

O PSOE de Barbadás foi a forza máis votada aínda que precisará o apoio do BNG para gobernar

Agora son catro anos nos que coa maioría lograda pode sacar adiante os obxectivo marcados, cales son os prioritarios? C.C.: “Tivemos un incremento de votos que nos da unha maioría máis ampla. Despois de tantos anos no goberno cun proxecto en marcha que cada vez teñas máis apoios danos unha maior responsabilidade. Os grandes obxectivos que nos marcabamos son os que xa tíñamos en campaña e nos que estamos centrados estes últimos anos. Seguir tendo un maior número de equipamentos e de servizos que nos sigan dando esa calidade de vida que disfrutamos e, ao mesmo tempo, non baixar a garda e intensificar todas as accións que teñan que ver

co crecemento económico, co turismo, co comercio, co sector primario, coa actividade e o parque empresarial… Todo o que fixo posible que Allariz xere unha expectatica económica importante e fruto diso a xente se asente e veña a vivir aquí. Estas son as pedras angulares do goberno en Allariz e coas que seguiremos traballando”. E os que quere sacar adiante neste mandato pero precisarán de algo máis de tempo? C.C.: “Algunhas medidas non se poderán executar neste mandato. Estamos agora con toda a tramitación urbanística e todo o plan para poder facer esa tramitación urbanística que ten que ver con auditorio e multiusos. Vai ser un trámite longo porque cando se fai calquera modificación do plan xeral para facernos con esese terreos, esa tramitación pode levar na Xunta ata dous anos. Despois necesitamos conseguir a financiación que os faga posible. Estes serían proxectos a máis longo e medio prazo”.

“Intensificaremos as accións que teñen que ver co crecemento económico”

Cristina Cid continurá como alcaldesa de Allariz.


Barrios 6 de xuño 2019

ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

“Partiamos dunhas perspectivas humildes” 4 O socialista Xosé Carlos Valcárcel valora os seus resultados en Barbadás. Redacción O PSOE faise coa vitoria en Barbadás, superando ao PP e colocándose como a forza máis votada, agardaba un resultado así? Xosé Carlos Valcárcel (X.V.): “Partíamos dunhas perspectivas humildes. Non hai nada mellor ca humildade para ser realistas. A humildade é a que ao final recoñecen os veciños. Contaba 6 ou 7 concelleiros, a piques estivemos de conseguir o oitavo. Esperabamos gañar non con tanta holgura. É un resultado que recoñece, primeiro, o esforzo, segundo, a proximidade coa cidadanía, e terceiro, o traballo que se fixo inxente nestes catro anos en obras e servizos. E quinto, o que dicía antes, a humildade”. Mentres todos os partidos baixan, o PSOE sobe máis dun 30% en votos, que lectura fai diso? X.C.: “Somos unha candidatura moi ben formada, que representaba a case todas as parroquias de Barbadás. Xente moi preparada, con gañas de gobernar e con moita ilusión. E isto transmítese á veciñanza. Eramos un proxecto que non prometía cousas que de seguro serían irrealizables. Loitaremos polas grandes obras e infraestructuras, pero non podemos prome-

Xosé Carlos Valcárcel, líder do PSOE en Barbadás. ter o que temos como certo que non imos acadar. O noso traballo está no día a día, este concello aínda ten moitas infraestructuras ou dotacións que están en precario. Hai parroquias que aínde teñen o saneamento en precario. Antes que todas esas infraestructuras que algúns prometían nas súas candidaturas son necesarias outras obras para a veciñanza e que o concello está na obriga de facer. Isto é o primeiro, a partires de aí, pois si que pode ser necesaria unha piscina nova climatizada, pero nós non o prometiamos. A xente valora o próximo, o máis realizable. Nós fuximos desas grandes promesas, hai que darlle crédito e veracidade ao que se di na

campaña electoral”. Seguirá o pacto cos nacionalistas despois destes resultados? X.C.: “Aínda non empezaron as negociacións, para ser francos. O BNG aínda non se reuniou. Estamos contentos como funcionou este goberno. Sempre hai asperezas ou diferenzas pero se estiveramos catro anos gobernando con eles na prensa sairían todos os problemas e diferenzas, pero non foi así. Eles decidirán se queren ou non queren e a partires de ahí nós valoraremos tamén que facer. Cabe a opción de goberno en minoría”. Cales serán as medidas que quere poñer en marcha inmediatamente? X.C.: “Nós traballamos no día a día. Hai unha cantidade de obras en marcha centradas na praza de Pumar en Bentraces, que era unha reclamación que tiñan os veciños dende hai 28 anos e o PP non foi quen de facelas. Tamén está en curso a obra da praza do San Juán en Sobrado, outra reclamación dos veciños nun lugar senlleiro. Está en marcha a obra do Campo do Carril en Sobrado. Está adxudicada e licitada a obra do campo de Roma, que é a obra máis importante de Piñor. O saneamento ao principio da Valenzá que estaba en precario. Estas son as obras que temos agora mesmo e despois queda seguir mellorando as dotacións deste concello que son moi precarias nalgúns lugares. Seguiremos tendo como prioridade traballar na mellora definitiva dos parques. Cando entramos estaban nunha situación moi lamentable e démoslle unha gran volta a case todos. Hai

un proxecto en colaboración coa Confederación Hidrográfica no parque do tren e o entorno do acceso a Valenzá vindo do Carrefour, que afecta tamén ao parque dos patos. E hai un convenio xa asinado coa Deputación de 200.000 euros para instalar o saneamento nunha parte de Bentraces que non o tiña e vertían ao río.”. E cales son os proxectos máis destacados para estes catro anos? X.C.: “É moi importante seguir potenciando a actividade empresarial no noso concello, que está centrada basicamente no comercio local. Démoslle un pulo importante ao noso comercio local, que ademais fixa poboación. A parte de crear postos de traballo fai que Barbadás sexa un concello por si mesmo, que os veciños non consideren Barbadás como un concello dormitorio. Non o é. E o comercio local ten unha importancia grandísima niso. Tamén temos unha iniciativas pioneira en compostaxe, que repercute nunha mellora na calidade de vida dos veciños. E seguir mellorando todo o noso entorno rural, que está en precario. Potenciar as obras nos parques e pór en marcha, que é un proxecto importante en colaboración con Abanca, unha aula de novas tecnoloxías con 16 ordenadores. E outro proxecto importante que xa se iniciou no final do mandato pasado é que se incorporou unha terceira traballodora social para darlle un empurrón definitivo a unha boa atención no servizo de axuda no fogar para os nosos maiores”.

Un pacto a tres bandas pode desbancar a Ferro 4 Trala perda da maioría absoluta do PP, queda aberta a posibilidade dunha renovación no goberno municipal. R. Torres A entrada no corporación municipal da formación de recente creación, Celanova Decide fixo mudar o panorama político na vila de San Rosendo, gobernada dende hai máis de dúas décadas polo Partido Popular. Celanova Decide converteuse na segunda forza máis votada, polo que están en disposición de negociar con PSOE e BNG unhas condicións de vantaxe para a formación liderada por Antonio Puga. A intención desde CD é afastar do poder ao PP e ao seu líder, José Luis Ferro. O PP segue a ser a forza máis votada aínda que agora perde a maioría absoluta ao pasar dos 2.015 votantes de hai catro anos aos 1.527 de 2019. Esa baixada supuxo pasar dos oito concelleiros (a maioría está en sete) a seis. Negociacións abertas A menos de 10 días para investidura do alcalde, as negociacións están máis abertas que nunca para un pacto a tres bandas. Aínda que ningunha das formacións fala abertamente dun acordo pechado, o certo é que as conversas marchan polo camiño de lograr un goberno alternativo aos populares. As

tres partes móstranse favorables dunha alternativa ao mandato popular que se prolonga desde hai máis de 20 anos. A cautela rixe as conversas entre os grupos da oposición, xa que ninguén quere adiantar uns acontecementos que, salvo xiro de 180 grados, farán perder a alcaldía a José Luis Ferro, que a ostenta desde o ano 2012. Celanova Decide ten todo de cara para que Antonio Puga sexa o próximo rexidor da vila de San Rosendo, pero para elo terá que pechar acordos con PSOE e BNG. Entrar no goberno, apoiar simplemente a investidura e deixar mandar en minoría a CD, ou chegar a acordos puntuais en temas de gobernabilidade será algúns dos puntos nos que terán que chegar a un entendemento os tres partidos antes do 15 de xuño, día no que se investirá ao alcalde para os vindeiros catro anos. Doutro lado está un Partido Popular que de seguro non se quedará parado. Este medio non deu localizado ao alcalde en funcións para que dera a súa versión aos posibles escenarios que baralla para manter o bastón de mando. Pero pronto os veciños coñecerán a resolución desta trama.


CIDADE

Ourense xa non é cidade de paso 4 Un de cada tres turistas quédase máis de dous días. Redacción Os turistas xa non só pasan por Ourense: cada vez máis, quedan. Así o demostran as últimas estatísticas da Oficina Municipal de Turismo, que no que vai de ano atenderon 11.145 persoas, 1.025 máis que no mesmo período do ano pasado (unha subida do 10%), sendo o mes de abril -coincidindo coa campaña especial de Semana Santa- o de maior afluencia de visitantes. Ademais, e por vez primeira, os rexistros de persoas que quedan máis de dúas noites -unha de cada tres- superan aos dunha

soa noite (2.319 fronte a 1.865). A procedencia dos visitantes segue a estar encabezada polo turismo nacional: Madrid, Castela A Mancha, Galicia -sobre todo da provincia da Coruña- e Asturias son, por esta orde, as comunidades que máis viaxeiros envían. No tocante ao turismo estranxeiro, portugueses, franceses, estadounidenses, seguidos de arxentinos e alemás, son os máis presentes na cidade. Rusia e Australia soben nesta estatística, na que se colan tamén Madagascar (17 persoas no mes de abril) ou Xapón.

Foto de familia no Colexio Oficial de Enfermaría.

Homenaxe para os enfermeiros veteranos 4 Para os xubilados e os que levan 25 anos de traballo. Redacción O Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense homenaxeou o venres 31 de maio aos profesionais que celebraban as súas vodas de prata e aos re-

centemente xubilados na profesión. Durante a velada levouse a cabo o acto de entrega de insignias a máis de medio centenar de enfermeiras/os que acadaron os 25 anos na profesión e a un total de 25

xa xubilados. Na inauguración do acto estiveron presentes a presidenta do Colexio de Enfermaría, Ascensión Pérez Sampayo; o subdirector de Enfermaría de Ourense, Gregorio César Igrexas e a xefa do servizo de Alertas Epidemiolóxicas, Anabel González Villar. A presidenta da organización colexial quixo agradecer aos homenaxeados “por dedicar boa parte da súa vida ao coidado dos pacientes con entrega e dedicación” Así mesmo, lembrou que “a profesión debe seguir avanzando para alcanzar a autonomía e darse a coñecer como parte imprescindible da sociedade”. Pola súa banda, Anabel González dirixiuse aos presentes en calidade de “actores imprescindibles para conseguir as coberturas sanitarias actuais”.

Barrios 6 de xuño 2019

A Presidencia da CEO, en xogo Redacción Chegou a hora de que a Confederación de Empresarios de Ourense elixa ao seu novo presidente, despois de que nos últimos meses os catro vicepresidentes ostentaran o mando -debido ao pasamento de José Manuel Pérez Canal-. Preséntanse dúas candidaturas, unha continuista, a da vicepresidenta María Sol Nóvoa -apoiada por membros da actual xunta- e a de Lois Babarro, presidente de AJE Ourense -Asociación de Jóvenes Empresarios-. Este xoves haberá unha asamblea e posteriormente realizarase a votación á que están chamadas máis de 300 persoas. Pola noite coñecerase o/a elexido/a.


Barrios 6 de xuño 2019

EN BREVE 4 Festas de A Valenzá 2019 A Valenzá celebra as súas Festas de San Bernabé do 6 ao 10 de xuño. O xoves 6, a disco móvil Euphoria Disco Show, acompañada pola orquestra Cinema ás 23 horas abrirán os festexos. O venres 7 será a quenda do grupo La Misión e da orquestra Ciclomanía, que mostrarán o seu repertorio a partir das 11 da noite. O sábado 8 de xuño regresa o Disco Móvil Euphoria Disco Show que nesta ocasión chegará acompañado da orquestra La Fórmula. E o domingo, 9 de xuño, a orquestra Fania Blanco Show pechará as festas da Valenzá deste ano.

4 Outras festas O mes de xuño é período de festas en moitos puntos do Concello de Barbadás. Ás citadas anteriormente Festas de San Bernabé na Valenzá súmanse outras. Por exemplo, en San Antonio de Parada de Piñor, do 15 ao 17 de xuño, celebran a festa relixiona na honra de San Antón; contará co tradicional oficio relixioso en honra ao Santo, unha cea popular as variadas actuacións musicais. En xullo, será o turno das festas en San Xoán de Sobrado do Bispo, que celebrarán do 6 ao 9. Actos relixiosos e verbena forman parte do programa de actividades. Tamén en xullo, do 11 ao 15, San Benito de Bentraces acolle a súa festividade na honra ao citado santo. Como nas demais, actividades varias e actos litúrxicos conformarán o programa de actividades para estes festexos.

BARBADÁS

Abanca doa a Barbadás 17 equipos informáticos 4 O Concello contará cunha aula de novas tecnoloxía para favorecer o acceso da cidadanía aos servizos educativos e a integración social. Redacción A entidade Abanca fixo unha doazón de 17 equipos informáticos para o Concello de Barbadás coa finalidade de crear unha Aula de Novas Tecnoloxías. O equipamento utilizarse para impartir actividades educativas que acheguen as novas tecnoloxías a toda a poboación do municipio, con especial atención aos colectivos en situación de desvantaxe social. O acto de formalización da entrega de equipos realizouse coa presenza, en representación de A Abanca, de José Ramón Fernández Estévez, director da oficina da Valenzá e Carlos Díez Campo, director da Zona Ourense Oeste. Na recepción dos equipos informáticos por parte do Concello de Barbadás estiveron o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e Marga Pérez, concelleira de Educación.

Talleres formativos Os equipos informáticos serán utilizados para a realización de diferentes talleres formativos dirixidos ao colectivo infantil e tamén outros cursos enmarcados no programa “FórmaTe” promovido polo Concello pensados para maiores de 16 anos. A nova Aula de Novas Tecnoloxías acollerá actividades organizadas pola rede Cemit. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, agradeceu o interese de Abanca por colaborar na posta en marcha da Aula de Novas Tecnoloxías. Valcárcel anticipou que esta aula vai ser o eixo conxuntamente co programa “FórmaTe” da actividade formativa do Concello. O rexedor de Barbadás amosou a disposición de que “toda a veciñanza interesada en mellorar a súa formación teña acceso a uns equipos informáticos avanzados e acordes cos tempos que

vivimos”. A concelleira de Educación, Marga Pérez, asegura que “con estes novos equipos será posible dar resposta ás peticións de moitos colectivos que demandan continuamente cursos de informática”. Pérez comenta que “hai peticións neste sentido de xóvenes e adultos que desexan iniciarse nestas tecnoloxías, persoas en situación de desemprego que precisan reciclarse”. A edil de Educación anunciou que en breve “esta aula estará lista para acoller unha ampla programación de cursos para todas as idades e intereses”.

A nova Aula de Novas Tecnoloxías acollerá actividades organizadas pola rede Cemit

Presentación do “Teatro na rúa” de Loiro.

“Teatro na rúa” leva a Loiro 10 representacións 4 Ata o 30 de xuño. Redacción Loiro pon en marcha a primeira edición do certame “Teatro de rúa”, que conta cunha programación de compañías ourensás e do resto de Galicia. Na presentación estiveron presentes Manuel Fernández, veciño de Loiro e impulsor desta iniciativa, así como o tenente de alcalde de Barbadás en funcións, Xosé Manuel Fírvida. Representacións Todas as funcións serán ao aire libre nas inmediacións do Museo Etnográfico, novo local social. Fernández sinalou que a organización corre a cargo da agrupación “Loiro na Memoria”, que como “é unha asocia-

ción sen ánimo de lucro, establecemos un donativo simbólico de 2 euros por persoa e representación, ou un bono de 10 euros para todos os eventos do certame. Os socios terán un 50% de desconto e os menores de 14 anos gozarán de acceso gratuíto. O programa deu comezo o 2 de xuño co grupo Porta Aberta, de Vigo, que representou “Estranos hábitos”, e pechará o día 30 do mesmo mes con “María & María”, que representará o grupo Derradeira Fila, de Loiro. Polo medio, unha oferta variada tanto en autores como en xéneros teatrais, que é realidade grazas ó traballo desplegado por Andrés Yáñez, director de teatro, e tamén veciño de Loiro, que dirixe ao grupo teatral do lugar.

4 UD Barbadás

Charla sobre compostaxe en Barbadás.

A UD Barbadás empatou nos Carrís no partido de ida dos mellores terceiros de Rexional Preferente fronte o Viveiro (1-1). O vencedor da eliminatoria ascenderá de categoría se soben a Terceira tres equipos galegos e non perde o seu play out o Celta B.

50 persoas acudiron á charla sobre compostaxe doméstica de bioresiduos no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás. Os poñentes foron os técnicos da empresa Proyecta Paisaje e o concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra. Ademais, 50 familias participarán no proceso de compostaxe doméstica. Tamén se suman á iniciática os dous colexios e a brigada de xardinería. Os participantes reciben un composteiro, un aireador e un manual, onde anotarán os pormenores do proceso.

Compostaxe doméstica

O alcalde de Barbadás, na Aula de Novas Tecnoloxías de Barbadás; xunto con José Ramón Fernández Estévez, director da oficina da Valenzá; Carlos Díez Campo, director da Zona Ourense Oeste; e Marga Pérez, concelleira de Educación.


ALLARIZ E COMARCA

3.300 persoas en tres semanas 4 O FIXA acada numerosas visitas nos primeiros días. Cartel do curso que se impartirá en Allariz.

Turismo e produción artesanal 4 Analizarase nun curso de extensión universitaria. Redacción Allariz acolle, un ano máis, a celebración do curso de extensión universitaria Turismo do viño, da cervexa e da sidra en Galicia, organizado pola Universidade de Vigo na súa oferta formativa de verán. Co obxectivo de vincular o turismo con sectores de produción artesanal, en auxe na actualidade, a

Universidade ofrece este curso, entre o 5 e 13 de setembro para persoas interesadas no coñecemento do proceso produtivo e no seu uso no eido do turismo. Na xornada de clausura visitarase as instalación da marca de cervexa artesá Dama Alaricana. A matrícula online estará ata o 21 de agosto en culturxest.uvigo.es.

Redacción Tres semanas desde que abrira as súas portas o Festival Internacional de Xardíns de Allariz e pasaron polo recinto 3.365 persoas. Este ano, adicado ao sétimo arte, os xardíns recrean películas coñecidas como Mary Poppins, Dogville ou Mi Tío de Jacques Tati. Dez formas diferentes de ver o cine na que os seus creadores fannos partícipes dos seus deseños a través de secuencias e escenarios naturais homenaxe ao cine clásico, as orixes da sétima arte, e mesmo algúns xardíns convidan aos visitantes a crear a súa propia pe-

lícula a través das redes sociais. Ata o 3 de novembro poderase visitar o recinto

que alberga os 10 xardíns que concursan polo voto do público. Amósanse, ademais, o xardín gañador na pasada edición e o xardín deseñado polos alumnos e alumnas do IES de Allariz que reservou a parcela educativa para render homenaxe á película de José Luis Cuerda, “La lengua de las mariposas”, rodada en Allariz hai 20 anos.

Barrios 6 de xuño 2019

EN BREVE

4 Escola sexolóxica A I Escola Sexolóxica terá lugar en Allariz entre o 17 e 19 de xullo. Charlas e obradoiros que farán reflexionar sobre a educación sexual. “Educación sexual sen medo” é o lema deste curso. Información e inscrición en fogardomaiores@allariz. com.

4 A Fábrica de Vilanova

O FIXA é unha cita obrigada para familias. /S. BAYO.

A Fábrica de Vilanova, situada ao carón da ponte románica, abre as súas portas neste mes de xuño con nova xestión, a do Fogar do Santiso, que traballa en Galicia dende 1966 co obxectivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas. Este servizo inclúe a explotación do servizo de restauración e o mantemento das instalacións (o propio restaurante, a terraza situada no Campo de Vilanova e o xardín de entrada).

4 Festival RIR

Obras nas piscinas exteriores.

Ampliación das piscinas exteriores 4 Duplicarase a zona. Redacción

matizada interior.

As piscinas exteriores municipais verán duplicada a súa lámina de auga para este verán. O Concello de Allariz, a través da adxudicataria Explotacions Medioambientais Obras e Servicios, está a reformar o vaso de adultos e o de chapoteo. “O obxectivo é duplicar a lámina de auga actual, pasando de 98 a 180 m2”, afirmaba a alcaldesa, Cristina Cid. Deste xeito, a superficie exterior igualará á da piscina cli-

Orzamento A actuación sufragarase con 100.000 euros procedentes na maior parte de fondos propios (52.000 euros) e da Deputación de Ourense (48.000), a través de plans provinciais. Están previstas ademais outras novidades nas instalacións de Vilanova como a ampliación da zona de area para a creación dun segundo campo de volei-praia.

A segunda edición do Festival RIR (Festival Internacional de Curtas de Comedia) terá lugar en Allariz do 4 ao 8 de setembro. Cun par de centenas de curtametraxes chegadas dende diferentes países a organización recorda que o prazo de presentación de curtas cómicas a concurso aínda continúa aberto ata o día 30 de xuño. Esta edición estará dedicada a Buster Keaton. Información en www. festivalrir.com.

4 22ª andaina de Allariz O domingo, 9 de xuño, a andaina de Allariz celebra a súa 22ª edición. Constará dunha ruta longa de 22 km e outra curta de 8, pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas. O prazo de inscrición está aberto ata o 7 de xuño cun prezo de 10 euros para os adultos; e de balde para os menores de 14 anos.


Barrios 6 de xuño 2019

EN BREVE 4 Premio ao IES Celso Emilio O IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova recolle o premio Proxecta de Innovación Educativa 2018, xunto a 9 centro máis de toda Galicia. O galardón recoñece e visibiliza a calidade dos traballos que desenvolveu ao abeiro do Plan Proxecta. O centro obtivo o accésit na modalidade B, dirixida aos centros públicos integrados.

4 16ª carreira popular nocturna A 16ª carreira popular nocturna de Celanova chega este sábado 8 de xuño, con preto de 600 inscritos. A proba dos pitufos comezará ás 20.30 horas. Logo, iranse sucendendo as carreiras de categorías inferiores ata que ás 22.30 horas dea comezo a proba absoluta, cun percorrido de 8,5 quilómetros.

CELANOVA E COMARCA

O rural ourensán, a debate en Celanova 4 A vila acolleu unha xornada técnica. Redacción Celanova acolleu unha xornada técnica organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA). O nome da mesma foi “O rural ourensán: un mundo de calidade. Retos e oportunidades” e foi presentada polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e o alcalde da localidade, José Luis Ferro. O evento desenvolveuse na Sala dos Arcos da Casa do Concello de Celanova. Observatorio rural Baltar defendeu o Observatorio do Rural que impulsa a Deputación

como “un referente futuro nas políticas económicas, demográficas e turísticas da provincia”. Ademais, salientou que a provincia vive un “momento decisivo” coa chegada da alta velocidade. A xornada proseguiu coa

intervención do profesor Andrés Mazaira, quen expuxo as cifras do sector agroalimentario que compila o Observatorio Económico Ourensán. Posteriormente analizáronse aspectos relacionados co patrimonio agroalimentario; o sector vitivinícola e o enoturismo; e experiencias de éxito no rural ourensán, todo elo co obxectivo de pór en valor o medio rural da provincia de Ourense e de estudar o impacto que o tecido agroalimentario ten na economía ourensá.

Baltar e Ferro na xornada técnica sobre o rural ourensán celebrado na vila.

A Deputación edita un manuscrito do século XII 4 Leva por título “La música medieval en Celanova”. Redacción A Deputación de Ourense vén de editar a publicación “La música medieval en Celanova”, un manuscrito do século XII, que foi presentado na vila de San Rosendo polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; a organista de Celanova, María José Mosquera; e polo autor da publicación, Manuel Rey Olleros. Códice A obra trátase dun códice que procede do Mosteiro de San Salvador de

Celanova e que se conserva no Mosteiro de Silos, en Burgos. O presidente do goberno provincial destacou a importancia desta publicación para a “tradición cultural do noso territorio, ao ser un traballo que recupera unha parte relevante da música medieval galega”.

A publicación foi presentada en Celanova.


CIDADE

Prepara as oposicións de Maxisterio con Academia Proxecto Redacción Finalizando o “ano escolar”, Rocío Seara Carreira, directora, e Maria P.F., alumna do grupo de Educación Infantil, cóntannos a súa experiencia. Xuño 2019, momento de valorar o curso xa case finalizado...

Actividades de Verán Redacción O Concello de Ourense xa abriu o período de inscrición nas Actividades de Verán 2019 nos Centros Cívicos nos meses de xullo e agosto, que ofrecerán un total de 420 prazas para nenas e nenos que cursaron Infantil ou Primaria no curso 20182019 repartidas en sete grupos de 15 rapaces e que estarán organizados por quincenas. Así, os primeiros sete grupos estarán abertos do 1 ao 15 de xullo. Os seguintes serán: do 16 ao 31 de xullo; do 1 ao 16 de agosto e do 19 ao 31 de agosto.

Rocío Seara: “Academia Proxecto mantén os seus acenos de identidade, o noso equipo docente, xunto coas novas incorporacións, temarios actualizados, plataforma de apoio á preparación, preparación integral de todas as probas, seguimento intensivo e individualizado de cada alumno, simulacros de exaPara inscribirse nas Actividades de Verán é preciso cubrir a solicitude na páxina www.ssociaiscursos.com. O prazo rematará o día 12 de xuño ás 24:00 horas. Conciliación familiar Para facilitar a conciliación familiar e laboral na última semana de xuño, a Concellería de Asuntos Sociais cambia o horario das actividades semanais dos Centros Cívicos. Así, as actividades que normalmente son entre as 17:30 e as 20 h, cambian o seu horario á mañá, entre as 9 e as 14 h, durante os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño.

Marta Villar, recollendo o premio.

Unha alumna de Ourense gaña o 38º Concurso “¿Qué é un rei para ti?” A alumna Marta Villar Rodríguez, que cursa 3º de Primaria no C.E.I.P. Castrelo de Miño, representará este ano a Galicia ante don Felipe na audiencia privada que este ofrecerá aos gañadores da 38ª edición do concurso escolar “Que é un rei para ti?”. Alí, Marta terá a oportunidade de coñecer ao Rei de España e mostrarlle o traballo co que gañou o concurso na súa comunidade: unha orixinal manualidade na que se representa ao rei como un “construtor de pontes”, a semellanza daqueles que erixían no pasado os habitantes da cidade de Ourense para unir as diversas partes da cidade a ambas as beiras do río Miño.

mes reais...”. Que aspectos destacarías da túa formación con Academia Proxecto? María P.F.: “A forma de preparar as probas da oposición: temario, proba práctica, programación, unidade didáctica e outros aspectos esenciais como a lexislación, que os profesores pasaron polo mesmo ca min dame moita confianza, eles falan desde o coñecemento tanto a nivel preparación oposición como desde dentro dos colexios”. Falando do auxe das

oposicións, realmente é sinxelo conseguir unha praza de funcionario? R.S.: “Non, non é fácil. É cuestión de esforzo, horas de estudo e sacrificio persoal en moitos casos, a isto unimos o rodearte de bos profesores e bo material. Opositar é unha carreira de fondo, pero ao final unha vez que o consegues tes a mellor recompensa”.

catoria pasada levando o mesmo tempo ca min como opositor, para min foi unha grata sorpresa comprobar que todo o que dicían é verdade, que contan cun profesorado preparado e moi motivado que coñece á perfección as probas xa que as pasaron, a súa proximidade, que me apoiaron, orientado e incentivado na procura do meu soño.”

Que te levou a escoller Academia Proxecto? M.P.F.: “A experiencia doutros alumnos cos que estudei na carreira. Algún conseguiu praza na convo-

E xa en chave de futuro, novidades para o próximo curso? R.S.: “Está claro que de entrada seguiremos mantendo a nosa filosofía de

Barrios 6 de xuño 2019

traballo nas especialidades de Educación Infantil, Educación Primaria e Inglés. No centro de Vigo temos varios grupos de preparación de Pedagoxía Terapéutica, así que este ano abrimos en Ourense un grupo. E na próxima convocatoria abriremos grupo de Audición e Linguaxe dado que en Vigo tamén temos varios grupos. Temos preparadas varias cousas para facilitarlle ao opositor a preparación e sorpresiñas que iremos vendo ao longo do curso que vén. Sempre pensando en mellorar e avanzar”.


10

Barrios 6 de xuño 2019

OCIO E CULTURA

EN BREVE

Seis proxeccións no “Amal en ruta”

4 OUFF A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba as bases do concurso da 24ª edición do Ourense Film Festival – Sección en Curto. As curtametraxes que se queiran presentar a este concurso deberán estar realizadas en Galicia ou dirixidas por unha persoa galega, non poden exceder dos 30 minutos, e a estrea non pode ser anterior a 2018 nin ser seleccinada anteriormente no OUFF.

4 Neorretranca e posmorriña

O Centro Dramático Galego representa este xoves, 6 de xuño, ás 20:30 horas no Auditorio a súa última produción: “Neorretranca e posmorriña”, orixinal de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte, dirixida por Gena Baamonde, cun elenco formado por dez actrices galegas.

4 Artes plásticas

O día 15 de xuño remata o prazo para presentarse ao XV Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense. Ao certame pódense presentar tódolos artistas de entre 18 e 30 anos cun máximo de dúas obras cada un. Os interesados deberán entregar ou enviar as súas obras ao Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación.

4 Centros Cívicos

O Concello abre o prazo de inscrición nas actividades de verán para escolares dos centros cívicos. As inscricións pódense realizar a través da web www.ssociaiscursos. com até o día 12 de xuño.

4 O ciclo de cine terá lugar do 8 ao 13 de xuño. R.T. Presentación dos Trens Turísticos de Galicia./RAMSÉS.

Sete rutas do Tren Turístico de Galicia pasan pola provincia de Ourense 4 Este ano chega a súa sétima edición. R. Torres A nova edición da campaña de trens turísticos impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e Renfe, ofrece 12 itinerarios dos que 7 percorren a xeografía da provincia de Ourense. Así o explicou en rolda de prensa a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, durante a presentación da sétima edición da nova campaña que deu comezo o 1 de xuño e rematará o vindeiro 26 de outubro. Como antesala do Xacobeo 21, esta campaña dos Trens Turísticos incorpora unha nova ruta polos Camiños de Santiago para descubrir gran parte do patrimonio galego a través de diferentes tramos do Camiño Francés, Norte, Primitivo e Inglés.

Sete rutas Pola provincia ourensá pasan sete rutas que visitan as catro Denominacións de Orixe dos viños coas dúas rutas adicadas ao Viño Ribeira Sacra –unha polo río Miño e outra polo Sil–, a de Monterrei, a do Ribeiro-Rías Baixas e a de ValdeorrasRibeira Sacra. Ademais se pode coñecer a cidade das Burgas co tren Ourense Termal e Versalles galego. E finalmente, a rurta dos Mosteiros inclúe a visita ao templo de Veracruz, ao mosteiro de Oseira e ao balneario Caldas de Partovia; esta ruta, tras o éxito do ano pasado co 100% de ocupación, duplicará as súas saídas nesta edición. Cinco meses Os 12 itinerarios temáticos farán un total de 57 saídas entre os meses de xuño e outubro. Os Trens Turísticos de Galicia ofrecen rutas que

inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús e teñen un prezo por ruta de 45 euros para adultos (con descontos do 15% para grupos de 10 ou máis adultos) e 20 euros para os nenos. Os billetes pódense adquirir a través da web de Renfe e, como novidade, tamén se habilitou este ano un punto físico de venta de billetes na oficina de Renfe instalada en San Martiño Pinario. O ano pasado a ocupación global superou o 93% e sumou 2.300 viaxeiros, recibindo visitantes de 19 nacionalidades diferentes.

Os Trens Turísticos están operativos de xuño a outubro e teñen un custo de 45 euros para os adultos

O ciclo de cine “Amal en ruta” chega a Ourense do 8 ao 13 de xuño e traerá ao Teatro Principal catro películas e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán- que se poderán ver de balde. Historias reais, causas de vida e cinema de autor, son os principais elementos que configuran o ciclo de cine euroárabe. Trátase dunha mostra que está organizada pola Deputación de Ourense e pola Fundación Araguaney. “Amal en Ruta” está enmarcada na estratexia de desestacionalizar o Festival de Ourense para que os eventos relacionados co mesmo non teñan lugar só durante a semana de celebración do OUFF. A selección deste ano

achega á realidade da sociedade árabe, rompendo cos estereotipos e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxénea. Proxeccións As películas recollen diferentes puntos de vista e sensibilidades do mundo árabe. Ademais da temática palestina e da crise dos refuxiados, o ciclo aborda outros temas que amosan a diferenciación e matices dos máis de 500 millóns de persoas do mundo árabe. Os filmes que se proxectan son: “Alma Mater” (sábado 8 de xuño), “Sheikh Jackson” (9 de xuño), “Of fathers and sons” (10 de xuño), “Zagros” (11 de xuño), “Ghost hunting” (12 de xuño), e “El Cairo Confidencial” (13 de xuño). Todas elas darán comezo ás 20.30 horas.

Jaber e Baltar na presentación do ciclo de cine “Amal en ruta”, que se verá no Teatro Principal.


DEPORTES

Fin a unha tempada incrible 4 O COB perdeu a semifinal ante o Palma, por 77-61. Equipo sub15 do Club Ximnasia Pavillón.

Redacción

Seis podios para o Ximnasia Pavillón

O COB non puido acadar a final en Bilbao que o deixaba a un paso da elite do baloncesto nacional. Pero isto non empaña a campaña excepcional do equipo ourensán tendo en conta co orzamento do club é dos máis baixos da LEB Ouro. O que si está claro é que actualmente o proxecto deste equipo pivota na figura do seu adestrador, Gonzalo García de Vitoria. Este ano conseguiu a renovación de Zamora e Rozitis e sumando cesións e boas oportunidades no mercado montou un equipo que se plantou nos play off polo ascenso en Bilbao. Tras o fin de tempada comeza o traballo nos despachos do COB. De seguro intentarán renovar a columna vertebral deste ano e tantear xa o mercado en busca de futuros talentos que, de seguro, gozaremos no Paco Paz. Pero volvamos ao partido fronte ao Iberostar Palma. O COB saliu á pista sabendo que calquera opción de victoria pasaba por non cometer erros e xogar con intensidade. Xogada tras xogada os cobistas ían aumentando a vantaxe grazas, sobre todo, ao acerto exterior. Así a falta de catro minutos o COB gañaba de 8, 7 a 15. Vidal, Ott, Rozitis, Van Wijk e Rodríguez firmaron un cuarto perfecto tras acadar a máxima vantaxe do COB, 10 a 19. Pero o Palma reaccionou e tras un dóus máis un no derradeiro segundo cuarto finalizou cun axustado 21 a 22 favorable aos ourensáns.

4 O Burgas gaña no Nacional de base. Redacción O Club Ximnasia Pavillón acada seis postos de podio no 10º Trofeo Comunidade de Madrid e Open xinmasia de trampolín. Celebrouse o sábado 1 de xuño en Getafe (Madrid). Este trofeo autonómico está aberto á participación de Clubs foráneos a Madrid que así o soliciten. Acudiron, ademáis dos distintos vlubs de Trampolín da Comunidade de Madrid, clubs de Castela A Mancha, Castela León, Galicia e Cataluña. O Club Ximnasia Pavillón acudiu con 11 ximnastas do nivel elite, e a pesares dalgún erro, o club ourensán logrou seis metais. Hai que destacar a participación dos ximnastas sub-15: Claudia Blanco Cidón acadou a prata en trampolín, Hugo Rodríguez Pérez o bron-

ce tamén en trampolín, Rocío Salas Cid fíxose co ouro en dobre minitramp, e Saúl Rodríguez Rodríguez conseguiu a primeira posisicón en trampolín e en dobre minitram. Xa en categoría absoluta, María Salas Cid acadou un merecido terceiro posto en trampolín. Burgas O Ximnasia Burgas gañou na categoría absoluta do Nacional de base de ximnasia acrobática por equipos. Ademais, tamén venceu en tríos absoluto logrando dous ouros. Tamén se fixo co subcampionato en parellas e dous terceiros postos tanto en parellas como en tríos. En alevín fixéronse co terceiro posto de equipos, co subcampionato por parellas e a terceira posición en mixta.

Equipo absoluto de base do Club Ximnasia Burgas.

O segundo cuarto seccionou toda opción de vitoria do COB. A reacción do Palma no final do primeiro cuarto continuou ao longo de todo o partido. No primeiro minuto do segundo cuarto o Palma por primeira vez se puxo por diante, 23 a 22. Tras uns momentos de dúbidas polos dous equipos o Palma pónse 29 a 24 no minuto seis. A falta de tres minutos e medio o Palma xa gaña de 10 puntos o que ocasionou un tempo morto do adestrador ourensán para pedir ao seu equipo que espertase e reaccionase ou se ían todos para casa. O segundo cuarto remata 43 a 30, anotando só 8 puntos os ourensáns neste período. Tralo paso polos vestiarios todo continuou igual. O COB non daba coa tecla que o achegara no marcador. A falta de dous minutos para o remate o COB estaba a dez puntos e Ott fallou baixo o aro o que suporía porse a oito puntos. O terceiro cuarto remata 58 a 43, o Palma non perde o colchón de 13 puntos gañados no segundo cuarto. No derradeiro cuarto nada cambiou. O COB tentaba unha reacción que

o metera no partido, pero o Palma estaba xa imparable e a vantaxe en vez de diminuir aumentaba. Na metade do cuarto o marcador refrexaba un 66 a 49 para o rival dos ourensáns. Así ata o final co definitivo 77 a 61. Bilbao ascende O Palma accedeu á final co Bilbao, que acabou perdendo no último cuarto por 62 a 55. Así, o Bilbao xogará o ano que vén na ACB e o Palma e o COB veranse de novo en LEB Ouro. Novo proxecto Agora á directiva tócalle sentarse e pensar nun novo proxecto a medio prazo. O primeiro de todo será saber con qué orzamento se pode contar para a tempada 20192020. O seguinte paso será manter ao técnico que tantas ledicias nos está a dar nestes anos que leva en Ourense. Despois haberá que tentar reter á columna vertebral deste ano (5-6 xogadores) para que o equipo medre arredor deles. Con eses retais o Club Ourense Baloncesto estaría chamado a facer grandes cousas na LEB Ouro e, por qué non, buscar ese ansiado ascenso a ACB que nos arrebataron fai uns anos.

Barrios 6 de xuño 2019

11

Pesca submarina Redacción O ourensán Alberto Fernández Armesto vén de facerse co subcampionato de Galicia de pesca submarina. Fernández representará a Galicia no Campionato de España que este ano terá lugar en Hondarribia (Guipúzcoa). Empezou moi cedo facendo snorkel da man do seu pai, Rafael Fernández, e xa no ano 2013 iniciouse no mundo do mergullo sacando a súa primeira licenza Federativa como afeccionado. No ano 2018, e da man de todo un campión neste deporte como é Óscar Ramos, deu o paso á faceta competitiva fichando polo Club Subacuático Pérez-Sub de Vilagarcía, co que participou en varios campionatos. Despois de participar a tempada pasada en varias campionatos de apnea (nos que colleitou bos resultados), este ano decidiu centrarse no campionato de pesca submarina, e o resultado non puido ser mellor con esa segunda posición o que lle permite acudir ao nacional.

O COB deberá pensar no futuro proxecto a medio prazo

Afeccionados do COB en Bilbao./C. DOMARCO.

Alberto Fernández, no Campionato de Galicia de pesca submarina.


12

Barrios 6 de xuño 2019

DEPORTES

EN BREVE 4 Correndo por Ourense O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” despídese ata despois do verán coa celebración da etapa que se disputa na zona Centro de Ourense. Será o domingo 30 de xuño e con ela chegarase ao ecuador desta edicón -a novena-. Coma sempre, desde este ano, que se disputa en sábado dará comezo ás 11 horas coa proba dos pitufos. Seguirana as carreiras de categorías escolares e rematará ás 11.30 horas coa proba absoluta. Logo desta carreira o circuíto terá un parón ata o vindeiro mes de setembro, cando se celebren dúas probas: a da Universidade (8 de setembro) e a da Ponte (29 de setembro).

4 BTT Cidade de Ourense O vindeiro 16 de xuño celébrase a oitava edición da BTT Cidade de Ourense. A hora de saída (Paco Paz) será ás 9.30 horas e poderase elexir entre dúas rutas: unha de 35 quilómetros e outra de 70. O circuíto curto terá pouca dureza, cun acumulado aproximado de 600 metros; mentres que o roteiro longo con 1300 metros de desnivel positivo está pensado para bikers máis esixentes. Os interesados deberán apuntarse en Ciclosport Gil (rúa Arturo Pérez Serantes) ou en http://ccduasrodas.es. Para fomentar a participación feminina as mulleres non terán que pagar a inscrición. para os homes custará 10 euros.

Partido entre Cidade das Burgas e La Concordia./R.T.

O Cidade acaricia o ascenso a Primeira 4 Leva ao partido de volta unha renda de seis goles. Dous momentos das exhibicións do fnal de curso.

Escola de patinaxe Don Bosco O Escola de patinaxe Don Bosco de Salesianos realizou a oitava edición da exhibición que realizan os seus alumnos como remate do curso. En total, foron 130 os nenos participantes que o pasado martes, 28 de maio, soprenderon co aprendido durante todo o curso. A escola conta con 10 niveis, os cales actuaron con diferentes coreografías e estilos. Unha exhibición chea de cor, alegría e paixón por este deporte.

Acto central da celebración do 50º aniversario do pavillón dos Remedios./RAMSÉS.

O pavillón dos Remedios cumple medio século O pavillón municipal dos Remedios estivo de aniversario. Celebrou o pasado 31 de maio medio século de historia. Daquela, en 1969, inaugurouse cunha Copa de España entre o Joventut de Badalona e o Real Madrid. 50 anos despois as instalacións acolleron -e acollen- infinade de campionatos, torneos, encontros e un sinfín de actividades que dan vida aos Remedios. O acto principal tivo lugar na cancha central, onde unha nutrida representación de clubs ourensáns non se quixeron perder a celebración, como parte fundamental destas instalación, como o tamén o son os traballadores do Consello Municipal de Deportes.

Redacción O que pode volver á Primeira división de fútbol sala é o Cidade das Burgas. Tralo primeiro enfrontamento para ascender á máxima categoría podemos dicir que case o ten asegurado. As ourensás saíron decididas a resolver o partido pola vía rápida. Someteu a La Concordia a un asedio continuo, con penalti fallado incluído, pero sen lograr coller vantaxe. Ata que Sonia abriu á lata no minuto 12 do primeiro tempo.A insistencia das franxiverdes continuou e puxeron o 3 a 0 antes de chegar ao descanso. Outros tres goles no segundo tempo deixaron un 6 a 0 para o partido de volta en terras catalás. Destacar os catro goles de Clara neste partido. A semana que vén se saberá se as de Codeso logran regresar á

máxima categoría despois “dun ano no Inferno”. Envialia Despedida de Liga para o Envialia e despedida de Bea Seijas do seu equipo durante máis dunha década. A capitana dixo adeus cunha victoria ante o Majadahonda, forxada nos últimos minutos de partido. Adiantouse o equipo madrileño pero ao pouco empatou Chiqui e Marta no derradeiro minuto anotou o 2 a 1 para as ourensás. Grazas aos tres puntos acadados in extremis o Envialia remata a liga en terceira posición. Gran final de tempada das pupilas de Morenín. As albinegras xa coñecen ao seu rival de Copa, o Poio. Se o Envialia vence neste partido o venres 14 de xuño no pavillón Vista Alegre de Burela enfrontarase ao día seguinte ao gañador do Burela – Universidade de Alacante. A final, o 16 de xuño.


DEPORTES

Barrios 6 de xuño 2019

13

“Milenio”, vencedor en Oira

Natación sincronizada

4 O conxunto ourensán gaña o torneo popular amateur de volei praia.

A base do Sincro Ourense pecha a tempada con tres podios no Campionato de Galicia de base de natación artística celebrado no Ferrol. As integrantes do Base I e Base II lograron a medalla de bronce. O Base III foi cuarto en equipo e só, sendo o dúo prata. O Sincro pecha o curso sendo o mellor club dos campionatos de Galicia de inverno.

Redacción A pasada fin de semana Oira acolleu o torneo popular amateur de volei praia encadrado no “Circuito Sousas Oira praia 2019”. O equipo “Milenio”, composto por Nerea Formoso, Martina Rey, Gladys Giráldez e Joshua Rodríguez alzouse coa vitoria. Derrotaron nunha emocionante final ao conxunto vigués de “Le Moi Team” integrado por Adrián Pérez, Moisés

Fernández, José Carlos Valverde y Raquel Cameselle. Nun torneo no que participaron 16 equipos de toda Galicia, a terceira posición foi para outro equipo olívico: o “Caballeros Soldiers”. Vindeira cita A seguinte cita que se disputará en Oira será o 14 de xuño e será valedeira para o ránquin nacional.

Redacción

Presentación do 52º Rali de Ourense no Liceo.

Inscricións récord no 52º Rali de Ourense 4 Serán 93 os equipos que tomen a saída nesta edición. Redacción

Finalistas do torneo de volei praia.

Salvour Redacción A deportista do Salvour, Cristina Colomo, logrou sete medallas no Campionato de España de salvamento acuático celebrado en Santander. Ademais logrou catro records nacionais. Das sete medallas, cinco foron de ouro e dúas de prata. Proclamouse campioa nas catro probas de piscina e logrou outro campionato

e dous segundos postos nas disciplinas disputadas en praia.

Colomo.

O Rali de Ourense bate o seu récord de participación nesta 52ª edición. Serán 93 os equipos que tomen a saída nun ano que trae novidades no percorrido. O Ourense Termal é puntuable para o Supercampeonato de España de Ralis (cuarta proba do calendario) e para o Campionato de España de Ralies de Asfalto (quinta cita). A proba terá lugar os días 7 e 8 de xuño e disputaranse cinco tramos cronometrados diferentes a dobre pasada. A zona de asistencia mantense no recinto feiral de Expourense mentres o tramo de test do venres pola mañá, que será tamén o tramo de cualificación para que os pilotos

prioritarios poidan elixir a orde de saída, celebrarase de novo en Castro de Beiro cunha distancia de 4,4 km. O venres, 7 de xuño, disputaranse dous tramos a dobre pasada: Esgos (15,28 km) e Canón do Sil (22,20 km), os cales manteñen o mesmo percorrido que a edición anterior. Segunda xornada O sábado disputarase a segunda e última etapa do rali. Tres tramos que se farán a dobre pasada, sendo totalmente novo comparado con edicións anteriores. Vilar de Condes (13,45 km), con saída no pobo homónimo e chegada en avión; na súa primeira pasada o TCPlus outorga puntos adicionais ao tres primeiros clasificados a razón de 3, 2 e 1. Seguiralle o de Beresmo (11,33 km), o cal comezará

no propio pobo de Beresmo e acabará en Saa. O rali terminará co tramo do Carballiño (26,05 km), que ten a súa saída preto do alto do Paraño e meta no Carballiño, con trazado parecido ao que se realizaba nos anos 80 do século pasado, recuperando así o paso por Parada de Labiote, Brués ou o máis coñecido da Subida A Saleta. En total, os participantes terán que percorrer 563,91 km dos cales 176,62 son cronometrados. No xardín do Posío, terá lugar a entrega de trofeos.

O Ourense Termal rematará co tramo do Carballiño

Copa Deputación No 5º Trofeo Copa Deputación o club ourensán colgouse sete medallas de ouro e tres de prata, ademais de ser elexido mello club do torneo.

Sincro Ourense.

Acrobática Redacción O Ximnasia Burgas vén de vencer na categoría absoluta nacional base de ximnasia acrobática por equipos. Tamén venceu no nacional en tríos. Ademais, levouse o subcampionato por parellas con, e dous terceiros postos en parellas e tríos.


14

Barrios 6 de xuño 2019

AXENDA /OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

4AXENDA Exposicións - Ata o 23 de xuño Exposición Alfonso Sucasas “O reino do vento” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 15 de xuño - XV Certame de Artes Plásticas - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 16 de xuño - Exposición Ali Ali “Eclipse Siria” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 7 de xuño - Teatro infantil “Fíos do querer”- 18 h- Auditorio de Ourense - 7 de xuño - Teatro “Señora de vermello sobre fondo gris” - 21 h Teatro Principal - 18, 19 e 20 de xuño - Danza ““XXXI Xornadas de Danza Mitoloxía Grega” - 20 h - Teatro Principal - 21 e 22 de xuño - Teatro “Señor Ruiseñor” - 21 h - Teatro Principal Deportes - 7 e 8 de xuño - 52 Ralli de Ourense - Ver información en páxina 12 deste xornal - 8 e 9 de xuño - VIII Ourense Patina - 17 h. Pavillón dos Remedios - 8 de xuño - XXXVI Copa Deputación de Atletismo - Pista da Universidade - 8 de xuño - XVI Carreira Nocturna de Celanova - desde as 20.30 h. - Praza Maior Celanova - 9 de xuño - XXII Andaina de Allariz - 9 h. etapa longa e 11 h. etapa curta - 9 de xuño - XIII Subida Rocas - O Eirado 9.30 h. - Esgos - 9 de xuño - Proba de Orientación en bicicleta de montaña “Areeiras da Limia 2019” - Campo da Moreira (Xinzo de Limia) - Do 14 ao 16 de xuño XXV Rali de Clásicos de Ourense - Praza Maior de Ourense Outros - Do 6 ao 10 de xuño - Festas da Valenzá - Valenzá (Barbadás) - Do 15 ao 23 de xuño - Festa do Boi - Allariz www.periodicobarrios.com

Bágoas andantes

Presentación das “V Xornadas Interculturais” na sede de Queixumes.

Achéganse as “V Xornadas Interculturais” de Queixumes 4Serán este 9 de xuño a partir das 11:30 horas na sede da asociación cultural. Redacción Xuntar persoas, integrar costumes, potenciar aquelo que nos une por enriba das diferenzas, os homes deberían acollerse uns os outros porque todos pertencemos a Terra ese fogar no que todos somos viaxeiros.E de xuntar xentes e espallar a cultura polo mundo saben moito os da Asociación Cultural Queixumes dos Pinos, que ó longo de 25 anos levano facendo, levando a nosa e traendo a allea, con festivais e xuntanzas de todo tipo. Este 9 de xuño volverano a facer, organizando

as “V Xornadas Interculturais” que baixo o lema “Construíndo camiños para a igualdade” onde representacións de Venezuela, Colombia, República Dominicana, Senegal, Galicia, Marrocos e Perú mostrarán o seu folclore, as costumes, gastronomía, bailes, música e moitas máis actividades que conforman un abano de luz e cor, para disfrutar dun día cheo de experiencias novas. En palabras do director de Queixumes dos Pinos, “tratase de xuntar o mellor de todos nos e ofrecerllo a sociedade ourensán por-

que coñecernos fainos mellores”. Na presentación atopábase Sonia Sánchez representando a Venezuela, que comentou a alegría do pobo venezolano que se transmite no seu folclore, a pesares do difícil momento que está atravesando o país. Dende estas liñas queremos animar a todos os ourensáns e doutros lugares que se acheguen a disfrutar da gastronomía e da cultura de estos países o local de Queixumes dos Pinos na rúa da Saínza 26 este 9 de xuño, a partires das once e media da mañá e ata que o corpo aguante.

Véselles vir. Deambulan sen destino pola cidade. De maneira espasmódica e repetitiva, viran a cabeza a ambos os dous lados, como aqueles cans que viaxaron na parte traseira dos coches nos anos oitenta. Desprázanse a cámara lenta. Semella que agarden por alguén. Eles saben que ninguén os espera. Uns espremeron o seu apelido ata gastalo, outros abusaron do seu cargo ata o último dos minutos. Hoxe tentan prorrogar antigas prebendas con un “sabes quien soy yo” vestido dunha altivez que

esconde o máis terrible dos temores: o medo ao desprezo. Existencias prorrogadas por un anhelado recordo de melifluo sabor e cheiro a podre. Coñecedores de que non son nin a sombra do que creron ser, reclaman o respecto que lle negaron aos que tiveron a desgraza de tratalos, de soportar o seu despotismo, de presenciar as súas maldades. Fáloche das bágoas andantes, a sádica radiografía da parte máis escura do ser humano. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

Fotomontaxe de Jose Pachego. Ano 1910..

4HUMOR

O doutor Félix, respostando aos asistentes da conferencia todas as súas dúbidas.

Éxito da conferencia “A túa saúde é o que importa” O mércores 29 de maio tivo lugar nas instalacions de Queixumes dos Pinos a conferencia “A túa saúde é o que importa”, organizada pola firma “Ermitas Rielo Saúde e Beleza”, coa participación de Juana González, Roberto Garnil e o doutor Juan Félix, que falaron sobre a importancia da nutrición celular e o estrés oxidativo. Máis de 60 persoas ateigaron o salón de actos, onde debullaron cuestións como a contaminación e os seus efectos sobre a saúde, as enfermidades autoinmunes, como tratar cos lixos que deixan os medicamentos ou aspectos máis de beleza, como manter unha pel tersa ou como reducir os efectos da exposición solar. O doutor Félix respostou a todas as cuestións que lle planteou o público asistente, abordando a saúde nas diferentes etapas da vida.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 6 de xuño 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº97 - Ano: XII - 6 de xuño de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

Youtubeir@s 2019

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Redacción O Proxecto Youtubeir@ afronta a súa terceira edición co reto de consolidar a comunidade de creación de vídeos en galego. O proxecto eleva a 6.500 euros a súa dotación en premios para seguir promovendo e dándolle visibilidade ao uso do galego a través de Youtube. O lema este ano é “Conéctate á comunidade e multiplícate!”. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de setembro. Os premios Youtubeir@ teñen como finalidade ser acicate da creación e difusión de vídeos de opinión e vídeotitoriais en galego. Poden optar aos premios todas as persoas maiores de 14 anos que queiran transmitir algún coñecemento e/ou opinar sobre algún tema de interese a través de vídeos autoproducidos subidos a Youtube de xeito independente ou nunha canle. Na súa edición anterior, máis de 380 persoas, de 18 a 80 anos, acudiron aos cursos de formación e que ao abeiro do proxecto se produciron máis de 2.000 minutos de contido en galego en Youtube. Máis de 400 persoas participaron xa nas dúas edicións dos Premios Youtubeir@s. O certame aumenta este ano de 5.500 a 6.500 euros a dotación dos seus premios, repartidos nas categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmos (novidade desta edición), e os que recoñecerán as pezas de maior creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica e lingüística. Tamén haberá premio do público. Xunto co concurso, Youtubeir@s inclúe tamén cursos e obradoiros formativos para alumnado de secundaria.

A coral do Orfeón preparándose para actuar no Salón Noble do Liceo

“Concerto de Primavera” no Liceo 4Foi o pasado 25 de maio, organizado polo Orfeón Unión Ourensana. Redacción O sábado 25 de maio o Liceo de Ourense vestiuse de flores para darlle a benvida o “Concerto de Primavera” que encheu de música o Salón Noble, organizado polo Orfeón Unión Ourensana que co seu director á fronte, Don Bieito Blanco, tiña o pracer de acoller a outra das grandes corales da nosa terra, a Coral Pólifonica de Cordeiro de Valga de Pontevedra. En palabras do presidente do Orfeón Unión Ourensana, Don Armando Lastra Miranda: “Unha honra contar con esta coral, co seu director Don Manuel López Castro e coa sua presidenta, Dona Valentina Ferro Castaño, que nos acompaña nesta viaxe pola música, os que estou moi agradecido, pola súa achega” Entre outras pezas interpretaron “Vento do

Norte”, obra composta por Sergio e Nando Agüeros González de Tanea, canción que está a converterse nun Himno. Foron moi emotivas as palabras do propio Nando que ao saber desta interpretación sentiuse moi honrado de poder tamén intervir deste xeito neste grande festival. O acto presentado por Marcos Pardo, escritor, presentador, cantante e compositor, tivo tamén a súa achega poética na voz marabillosa de Milucha Rodriguez González, que recitou entre outros un poema do propio Marcos que encheu de emotividade o público presente. O acto rematou coa degustación de pinchos no propio Liceo, donde de xeito distendido as corales e o público presente deron un percorrido polas cantigas populares, facendo un remate de festa cheo de ledicia.

TRABALLO

INMOBILIARIA

VENDAS

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Ofrécese señora galega, con referencias. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tlf: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 27 1916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo incubadora pequena para ovos ede paxaro ou galiña (12 uds.). Tel: 616 726 331. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Tlf: 625 745 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tel e whatsapp: 630 67 21 05. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Tel: 988 232 565636 286 434.

VARIOS

Ófrecese un carballo de 45 anos (duns 40 cm de diámetro) en Feá (Alongos). Xa está arrincado, soamente hai que cortalo polo que se precisa levar espadín grande. Tlf.: 659 494 272 // 663 034 262. Preguntar por Betsaida. Regalanse cañas de bambú asiático. a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.


Barrios 6 de xuĂąo 2019


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.