Barrios 96

Page 1

O Club Ourense Baloncesto disputará en Bilbao a “final a catro” [Páx. 18]

Este 26 de maio 15 partidos políticos disputaranse os 27 concelleiros que compoñen a corporación municipal da capital ourensá./Ó.BLANCO.

Número: 96 - Ano: XI - 23 de maio de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 23 de maio 2019

ELECCIÓNS especial

Ourense segue fiel ao bipartidismo 4 Nas pasadas eleccións xerais, PP e PSOE repartíronse os deputados e senadores da provincia. Redacción Ourense (xunto a Cuenca e Soria) foi das poucas provincias españolas nas que o pasado 28 de abril o reparto de deputados e senadores foi fiel ao bipartidismo de PP e PSOE. Nesta ocasión, en Ourense os populares lograron dúas das catro prazas en xogo para o Congreso, e o PSOE as outras dúas. No Senado, o PP fíxose con tres e os socialistas coa restante. Na nosa provincia acudiu a votar o 73,82% do electorado, un total de 192.323 persoas. Deste xeito, a abstención baixou do 48% de 2016 ao 26% deste ano. Tralo escrutinio, o mapa da provincia segue tinguido maioritariamente de azul, pero o vermello vai gañando terreo. O PP mantívose líder en 70 dos 92 concellos (fronte aos 87 que logrou en 2016), mentras o PSOE foi o máis votado en 21 municipios (cando nas anteriores eleccións xerais só o lograra en cinco). Este aumento do PSOE debeuse principalmente á súa vitoria nas comarcas de Ourense e Valdeorras. Pero nesta conta falta un, trátase de

Larouco, no que populares e socialistas empataron a votos. Ourense capital Os socialistas tamén se fixeron co primeiro posto na capital, con 23.203 votos (o 36,43%). De segundo quedou o Partido Popular con 15.914, seguido de Ciudadanos con 8.783, Unidas Podemos con 7.493, VOX con 3.570 e BNG con 2.237. Municipais Este domingo 26 de maio chegan unhas novas votacións. Os ourensáns elexirán representantes no seu respectivo Concello, así como no Parlamento Europeo. Na capital da provincia son 15 as candidaturas que optan a repartirse os 27 postos da corporación. Xunto a PP, PSOE, DO e OUeC(que actualmente ocupan o consistorio) compiten BNG, Ciudadanos, Ourense Mellor, Espazo Común, VOU, Unidas Podemos, VOX, Compromiso por Galicia, Adelante Ourense, Por Un Mundo + Justo e Proyecto Liberal Español (PLIE). Falamos cos seus candidatos.

Un total de 192.323 ourensáns acudiron a votar este 28 de abril./RAMSÉS.

MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ - VOX

“Ourense está totalmente paralizada pola incompetencia do pleno” 4 Vox preséntase por primeira vez na cidade das Burgas. R.T. María Jesús Fernández leva en VOX desde outubro do pasado ano e busca un oco na enigmática futura corporación municipal. Como definiría a situación actual de Ourense? María Jesús Fernández: “Coma unha cidade gris. Totalmente paralizada pola inactividade e incompetencia da totalidade do pleno. A falla de acordos e consensos trasládanos a un escenario moi desalentador para o resto dos cidadáns”. Cal é o principal problema que ten? M.J.F.: “A incapacidade demostrada para a aprobación dos orzamentos. A distancia co cidadán, o político debe de estar na rúa e atender os problemas diarios desta cidade”. Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo nos vindeiros catro anos? M.J.F.: “A nosa medida estrela é a nosa maneira de facer goberno, estar constantemente relacionados co cidadán, levar os despachos á rúa para que sexan eles os que dalgunha maneira creen a cidade na que desexamos vivir, baixar os orzamentos até o mínimo legal, apoio máximo ao comerciante para que non siga desangrándose como o leva facendo nos últimos anos. En definitiva, a medida estrela de VOX é o sentido común”. Que propostas ten para a dinamización

económica do concello? M.J.F.: “Pensamos que os cartos onde mellor están é no peto do cidadán. Baixar o Imposto de Bens Inmobles ao mínimo legal do 0,4% en terreo urbano e 0,3% en rural. As familias numerosas estarían exentas do mesmo. Axudas á creación de novas empresas. Trámite único e acurtar prazos para fomentar os viveiros empresariais. Eliminar todos aqueles gastos innecesarios, que sabemos que hai e son

sexan a defensa férrea do cidadán e non só os intereses partidistas”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? M.J.F.: “A min non me gusta falar de pactos, pero si apoiaría toda aquela proposta que fose en beneficio do cidadán e da nosa cidade”.

moitos. Aplicación do diñeiro de servizos sociais dunha maneira directa”. Como definiría a lista de VOX que vostede lidera? M.J.F.: “O equipo de VOX Ourense está preparado para defender todas as necesidades dos ourensáns”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccions? M.J.F.: “Paréceme ben, sempre que as intencións

María Jesús Fernández.


especial ELECCIÓNS

SENÉN RODRÍGUEZ - PLIE

Barrios 23 de maio 2019

MARTIÑO X. VÁZQUEZ - OUrense en común

“Queremos incentivar a compra no comercio local”

“Ourense en Común ten que liderar o bloque de progreso”

4 O Proyecto Liberal Español chega como relevo dos “políticos caducos e indolentes” .

4 O seu voceiro, Martiño X. Vázquez, é nestas eleccións o candidato de OUeC.

R.T.

R.T.

46,6% respectivamente)”.

O presidente da AVV de Santa Teresita, Senén Rodríguez, é o cabeza de lista do PLIE.

O concelleiro, e alcaldable de OUeC, Martiño X. Vázquez, buscará continuar o traballo realizado no Concello nos últimos catro anos e se é posible, no Goberno.

Cal sería a principal medida que quere levar a cabo? M.V.: “A nosa política non é de AquaPark. Se teño que escoller tres poderían ser o plan de emprego municipal, con partida orzamentaria propia e recorrente, enfocado aos colectivos de maior risco dentro da cidade, mulleres, mocidade e maiores de 50 anos. Tamén é preciso a posta en marcha inmediata das medidas de pacificación do tráfico contempladas no Móvete por Ourense. E a creación dunha Sociedade Municipal de Augas, en colaboración coa universidade, para explorar vías de explotación e innovación arredor do termalismo”.

Como definiría a situación actual de Ourense? Senén Rodríguez: “Caótica, dunha cidade moribunda, bloqueada polo egocentrismo dos seus políticos”. Cal é o principal problema? S.R.: “Un dos principais está nun caduco grupo de políticos que se esquecen de que representan aos veciños”. Cal sería a súa medida estrela? S.R.: “Ampliar os recursos humanos, traballar pola igualdade, os dereitos da muller, activar mellores protocolos cara os colectivos máis vulnerables. Ser unha cidade LGTB Friendly”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? S.R.: “Incentivar que

Senén Rodríguez. os cidadáns de Ourense volvan ao comercio local, ofrecendo axuda aos pequenos comercios, a novos autónomos e Pemes”. Como definiría a lista de PLIE? S.R.: “Heteroxénea, composta por cidadáns cansos de ver como uns políticos caducos e indolentes non fan nada por mellorar a nosa cidade”. Que opina da aparición de novos partidos? S.R.: “Na maioría deles seguen predominando as mesmas caras que antes defendían outras cores”. Pactaría con algún outro partido? S.R.: “Por qué non. Hai que ver puntos en común e traballar neles”.

Como definiría a situación actual de Ourense? Martiño X. Vázquez: “Todo segue igual que en 2015, pero máis vello. Ourense retrocedeu. Porén, si houbo quen estivo encantado coa súa xestión. Empresas que prestando un servizo precario cobraron moi ben. Especuladores que agora pagan menos impostos e teñen as súas demandas recollidas nun PXOM aprobado a porta pechada. Mesmo bancos aos que se lles pagou toda a débeda municipal”. Cal é o principal problema? M.V.: “O primeiro e máis importante, porque condiciona o resto, é o desemprego. A debilidade

Martiño X. Vázquez. do noso tecido económico non xera suficiente emprego e obriga á xuventude a marchar. Isto resta activos e capital humano para transformar Ourense nunha cidade mellor que coide e atenda as necesidades de todas as persoas. No primeiro trimestre de 2018 a provincia de Ourense contaba con 130.000 persoas activas, no cuarto eran xa 900 persoas menos. Indicadores negativos igualmente visibles na taxa de actividade (47,7%) e na taxa de ocupación (41,5%), sendo ambas as máis baixas de España e moi lonxe da media galega (53% e

Que propostas ten para a dinamización económica do concello? M.V.: “O urbanismo e ter unha cidade máis amable tamén fomenta o comercio, por exemplo. Con todo, por destacar algunha: bonificación e progresiva fiscal para pemes e pequeno comer-

cio; ademais dunha aposta decidida pola potenciación da IXP e a produción local. Activación de sectores estratéxicos, mediante un “Pacto Local polo Emprego”. Como definiría a lista de OUeC? M.V.: “A mellor candidatura posible, profesionais para un goberno eficiente”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos? M.V.: “Se algo aprendemos do 15M é que a participación política nunha democracia é algo moi saudable”. Non cre que partidos como Ourense Mellor e Podemos separan os votos da esquerda? M.V.: “É curioso que aquelas que viñan a unir terminen dividindo, pero tamén é certo que a unidade non sempre é a fórmula máxica. Andalucía demostrou que a dereita dividida suma e a esquerda xunta restou”. Pactaría para gobernar? M.V.: “Nós falaremos con todo o mundo, por suposto. Para iso estamos en política. Porén, só pactaremos un goberno con aquelas forzas políticas que compartan que a saída desta parálise só pasa por un goberno verde, de progreso e feminista. É por iso que Ourense en Común ten que liderar ese bloque de progreso”.


Barrios 23 de maio 2019

ELECCIÓNS especial

RAFAEL FERNÁNDEZ - PUM+J

“Elaboraremos un Plan Municipal coas distintas entidades sociais” 4 Por Un Mundo Más Justo quere “poñer ás persoas no centro das decisións”. R.T. Rafael Fernández é o candidato da formación á alcaldía de Ourense. Como definiría a situación actual de Ourense? Rafael Fernández: “De total abandono. Somos a gran esquecida de todas as administracións, sen investimentos reais, sen ideas, onde só chegan as migallas. E cun Concello paralizado, con todos os seus servizos en precario, e que non é capaz de presentar un proxecto de desenvolvemento da cidade pactado coas entidades sociais e políticas”. Cal é o principal problema? R.F.: “Faltan persoas nas institucións que sexan capaces de abordar a situación na que se atopa a cidade, sentarse a dialogar por enriba dos intereses de partido, chegar a acordos e levalos a cabo. Despois, podemos dicir ao que nos levou isto: o avellentamento, a nosa mocidade ten que irse pola falla de oportunidades, de traballo e industria”. Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo? R.F.: “Non existen medidas estrelas, xa que cremos que na situación actual do Concello, todas as medidas son necesarias e importantes para sacar a Ourense do vagón de cola. Se tivesemos que nomear só unha, sería encamiñada á elaboración conxuntamente coas distintas entidades sociais dun Plan Municipal para o desenvolvemento da cidade, fundamentalmente no plano económico. Un plan baseado no aspecto termal e turístico”.

Gonzalo P. Jácome.

GONZALO JÁCOME - DEMOCRACIA OURENSANA

“Poremos en marcha unha

Rafael Fernández. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? R.F.: “Queremos apostar polo pequeno comercio, reducindo as taxas e os impostos municipais e establecer un plan sectorial a medio prazo coas distintas asociacións de comerciantes co fin de recoller e atender as propostas de mellora. Sobre todo as encamiñadas a dar vida aos nosos barrios, agora totalmente abandonados, facilitando que establezan alí os seus negocios, abaratando as taxas municipais. Colaborar coa elaboración de campañas para potenciar o uso de comercio local. É tamén fundamental a conexión da cidade coas áreas industriais e vilas da contorna, coa posta en marcha do transporte interurbano”. Como definiría a lista de PUM+J? R.F.: “Un grupo de persoas responsables e ilusionadas; con ganas de traballar e aportar á sociedade. Comprometidas co benestar social dos seus veciños, sobre todos dos que máis o necesitan. Non podemos esquecer que todas elas proveñen do mundo social, asociativo, cultural, educativo e veciñal da nosa cidade”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos?

R.F.: “Ourense necesita de todas as ideas, é savia nova, novas ideas e novas solucións. Por iso, paréceme moi boa noticia que aparezan novas formas de pensar Ourense. Aqueles que estiveron gobernándonos, baixo unhas siglas ou outras, xa demostraron que non foron capaces de conseguir que Ourense deixe de estar á cola do benestar social, polo tanto, non poden aportar solucións os que foron parte do problema”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? R.F.: “A democracia baséase en pactos, o que fai falla é cintura política para levalos a cabo. Todas as ideas para mellorar a vida dos ourensáns son necesarias, veñan de quen veñan. Só temos como liñas vermellas os dereitos humanos, e todos aqueles que teñan propostas centradas nas persoas, e sobre todo nas máis empobrecidas, poderán contar connosco. Pero non daremos un cheque en branco a ninguén. Por desgraza téñennos afeitos a valorar unha proposta pola cor de quen a presenta e non pola proposta en si, PUM+J non entrará nese xogo. Cremos que as persoas son as que deben estar no centro das decisións, non as siglas políticas”.

‘join-venture’ para axudar ao comercio local”

4 O partido líder da oposición volve presentar a Gonzalo Jácome como alcaldable. R.T. Desde que en 2001 se creou Democracia Ourensana, Gonzalo Jácome é o seu líder. De non ter representación pasou a contar con dous concelleiros en 2011, e dar o salto a oito en 2015. Agora, o seu candidato cre que é o momento de gobernar a cidade das Burgas. Como definiría a situación actual de Ourense? Gonzalo Jácome: “Estamos nunha situación totalmente caótica: non funciona absolutamente nada por ter as concesións caducas e, en termos xerais, pola parálise que actualmente padece o Concello. É tal o declive de Ourense que xa non é que perdamos o status de terceira cidade de Galicia, é que estamos a punto de alcanzar un punto de non retorno para pasar a converternos nunha vila grande”. Cal é o principal pro-

blema que ten Ourense? G.J.: “Ourense ten dous problemas principais. En primeiro lugar, o mal funcionamento do Concello debido a Jesús Vázquez e aos seus cómplices, que non fixeron moción de censura. E, por outra banda, a discriminación sistemática da Xunta de Galicia e do Estado que non invisten na nosa cidade”. Cal sería a medida máis importante que quere levar a cabo nos vindeiros catro anos? G.J.: “A creación en Ourense dun centro de intelixencia artificial, que promoverá a creación de miles de postos de traballo e cambiará para sempre a economía da cidade e da provincia. Ourense ten que apostar polo futuro para deixar atrás a agonía dos últimos anos”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? G.J.: “Aparte do mencionado centro de inte-

lixencia artificial, a posta en marcha dunha “joinventure” para axudar a todo o comercio local a vender online en todo o mundo”. Como definiría a lista de DO? G.J.: “Tremendamente creativa, íntegra e valente”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccións? A quen pode beneficiar e prexudicar? G.J.: “Parécenme ben as iniciativas de todo o mundo, iso é algo bo. En canto a quen pode beneficiar ou prexudicar, todo o mundo resta a todos, pero nós considerámonos diferentes a todos os demais, polo que entendemos que serán os partidos convencionais os que se restarán votos entre eles”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? G.J.: “Pactaría co demo se me garantira o ceo para Ourense”.


PUBLICIDADE

Barrios 23 de maio 2019


Barrios 23 de maio 2019

ELECCIÓNS especial

DAVID ALVARADO - UNIDAS PODEMOS

TINO IGLESIAS - COMPROMISO POR GALICIA

“Apostamos pola remunicipalización de servizos” 4 O politólogo e periodista David Alvarado é o líder da formación morada. R.T.

mulleres e homes de diferentes extraccións e perfís, de diferentes xeracións, cadaquén competente e con experiencia no seu”.

Unidas Podemos concorre nestas eleccións por primeira vez en Ourense. Como definiría a situación actual de Ourense? David Alvarado: “Os catro últimos anos de xestión do PP á fronte do Concello non aportaron absolutamente nada. Foi unha lexislatura perdida, na que non cesaron de presentarnos a Ourense como unha aldea grande, lastrada por mil e un hándicaps, imposibilitada no seu porvir, onde os responsables á fronte do Goberno, incapaces, mediocres e faltos de imaxinación”. Cal é o principal problema? D.A.: “É urxente poñer os cementos para a construción dunha cidade con futuro, equitativa e inclusiva; facer un Ourense onde todas se sintan protagonistas, con veciñas e veciños implicados nos asuntos cotiás; devolver a ilusión ás nosas mulleres e homes, e que Ourense ocupe o lugar que realmente lle corresponde; e impulsar un proxecto socioeconómico chamado a reverter as dinámicas que teñen acentuado as diferenzas entre persoas e barrios”. Cal sería a principal medida que quere levar a cabo? D.A.: “Ourense precisa dun proxecto, dun conxunto de iniciativas, a varios niveis, que poidan invertir a tendencia dos últimos anos: medidas estruturais e de fondo, medidas transversais e logo, por suposto, accións moi concretas. Apostamos pola remunicipalización, despois de constatar que os servizos externalizados son de peor

David Alvarado. calidade e máis custosos, amais de beneficiar exclusivamente a un selecto grupo de empresarios en conivencia co PP. Queremos recuperar, ordenada e legalmente os servizos que sexan posibles, e os que non revisarémolos e crearemos unha comisión que dea conta do estado das mesmas”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? D.A.: “Para nós é moi importante que Ourense se erixa no que realmente é: a terceira cidade de Galiza, unha cidade con moito que dicir no Estado español e unha urbe que podería ser referente mesmo en Europa, e no mundo. Abriremos a nosa cidade ao mundo, para ir nós aló onde haxa oportunidades ou para atraer posibles investimentos, operadores, profesionais de diferentes sectores. Por iso, levamos no noso programa a creación dunha concellería de Acción Exterior para a reactivación do noso tecido socioeconómico”. Como definiría a lista de Unidas Podemos? D.A.: “A nosa candidatura está composta por

Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccións? D.A.: “No que algúns ven un exemplo de boa saúde democrática, nós vemos unha sorte de menosprezo pola propia institución municipal”. Con formacións como a vosa, Ourense Mellor e OUeC, non teme que se atomice o voto e se perdan concelleiros? D.A.: “Non nos presentaramos en 2015. Nós defendemos e batallamos en prazas como Compostela, Madrid ou Bruxelas, e non esa pléiade de partidos e organizacións que pretenden que a nosa cidade sexa un ente autárquico e que proxectos exclusivamente locais, sen ningunha outra proxección territorial e institucional, poden defender os intereses das veciñas e veciños de Ourense. Nós representamos a única opción seria e de futuro de esquerdas para a cidade”. Pactaría con algún outro partido para gobernar tralo 26M? D.A.: “Por suposto que nós saímos a gañar! Dito isto, nunca ofreceríamos un goberno a formación alguna que se atope nas nosas antípodas programáticas, ou que non comparta os nosos valores e non sexa quen de implementar medidas para construir un porvir que non se esqueza de ninguén, inclusivo e sostible”.

“As persoas son a nosa medida estrela” 4 Constatino Iglesias preséntase con ganas de cambiar a dinámica de Ourense. R.T. O empresario ourensán será o candidato de Compromiso por Galicia nos comicios do 26 de maio. Como definiría a situación actual de Ourense? Tino Iglesias: “Nun parón absoluto, e iso dóeme. Ese foi o motivo que me moveu para presentarme como candidato de Compromiso por Galicia a estas eleccións. Este últimos catro anos foron os peores da historia recente en Ourense”. Cal é o principal problema? T.I.: “O principal problema de Ourense foron os políticos que gobernaron nos últimos anos. Ese é o gran problema e este domingo 26 temos a oportunidade de solucionalo votando outras opcións, sentando a PP e PSOE no banco por ineptos e egocéntricos e dando a oportunidade a xente que, como eu e os meus compañeiros de candidatura, queremos traballar duro e en positivo por esta cidade”. Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo? T.I.: “O apoio á cidadanía en todos os ámbitos.Só CxG pode asegurar que vai baixar impostos que afectan directamente ao peto de todos os cidadáns. Só CxG pode asegurar que vai axudar economicamente aos autónomos, tanto aos que inician actividade como aos que levan anos soportando estoicamente esta crise na que nos meteron PP e PSOE. Imos apostar polo emprego e apoiar ás familias ourensás que necesiten a nosa colaboración. Axudar aos pequenos empresarios

Tino Iglesias. que cando piden axudas á Xunta ou ao Estado sempre acaban caendo polos buratiños dos filtros que lles pon e nunca conseguen respaldo. Todos eles son a nosa medida estrela: as persoas. Cada Concellaría funcionará perfectamente apoiada nos grandes funcionarios deste concello, garantindo unha atención exquisita aos cidadáns. Haberá convocatoria de emprego público, máis efectivos de policía local, máis bombeiros, máis medios para ambos, garantiremos a seguridade cidadá e o benestar dos nosos maiores. Ademais, converteremos a Ourense no centro neurálxico de congresos e eventos do noroeste peninsular. Ourense será a capital do benestar en todos os sentidos. Queremos que cando se fale en España de calidade de vida todo o mundo pense en Ourense. Outros proxectos como a Estación Intermodal, as infraestruturas, o Plan de Ordenación Municipal, o termalismo, o noso Campus Universitario, o rural, os barrios, os espazos de lecer, todo iso está na folla de ruta de todos os partidos e cada un veo á súa maneira, pero traballaremos para limar diferenzas para alcanzar as metas comúns”. Que propostas ten para

a dinamización económica do concello? T.I.: “En primeiro lugar conceder á Ponte o posto que lle corresponde na cidade. Nomearemos un concelleiro delegado para A Ponte, abriremos a súa Praza de Abastos e revitalizaremos todo o barrio. Ademais, poremos en marcha un servizo de transporte aos polígonos da contorna da cidade, tanto a San Cibrao das Viñas como a Pereiro e Barreiros onde traballan moitos ourensáns e ourensás. Imos pór á súa disposición autobuses adaptándoos aos horarios maioritarios de entrada e saída ás empresas asentadas neses polígonos industriais. Baixaremos taxas e impostos e estimularemos o asentamento de familias na nosa cidade”. Como definiría a lista de CxG? T.I.: “Está formada por xente que traballa, persoas que madrugan para traballar con ilusión, xente seria e positiva que se vai ocupar de resolver. A lista de CxG é unha lista multisectorial comprometida cos seus conveciños”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos? T.I.: “É a lóxica consecuencia destes oito últimos anos. Os políticos que gobernaron metéronnos nun pozo e é por iso que apareceron persoas que, con diferente compromiso e intención, queren ser protagonistas do cambio”. Pactaría con algún outro partido para gobernar tralo 26M? T.I.: “Pactaría para traballar en positivo por Ourense, para garantir o benestar da xente, para asegurar os proxectos que consideramos fundamentais”.


especial ELECCIÓNS

ÓSCAR PÉREZ - ESPAZO COMÚN

“Promovemos un plan de renovación da cidade” 4 A nova forza creada polo ex socialista Pachi Vázquez, preséntase en Ourense este 26M. R.T. Óscar Pérez deixou o Partido Socialista para embarcarse en Espazo Común, partido que lidera en Ourense nestas eleccións. Como definiría a situación actual de Ourense? Óscar Pérez: “De parálise, escaseza de iniciativas e, en definitiva, cunha xestión que impide que a cidade aspire a ser moderna e adaptada aos tempos”. Cal é o principal problema que ten? Ó.P.: “A falta de perspectiva de futuro. A nosa mocidade vese abocada a

emigrar dada a escaseza de oportunidades laborais, culturais e persoais. Os intereses de partido están bloqueando o Concello e impedindo o desenvolvemento da cidade”. Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo? Ó.P.: “Nós promovemos un plan de renovación da cidade a 10 anos vista. Promovemos unha cidade viable economicamente e sostible desde o punto de vista medioambiental. Unha cidade que afronte os novos retos e non mire ao pasado. Ademais, daremos prioridade ás políticas

sociais para garantir que os recursos públicos sexan accesibles para todas as veciñas e veciños nas mesmas condicións”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? Ó.P.: “En emprego: un polígono empresarial no municipio de Ourense; coworking para potenciar o desenvolvemento dixital e a innovación; creación de niños de pequenas empresas emprendedoras innovadoras con actividade online en espazos como a praza de Abastos da Ponte. En comercio: un mo-

Óscar Pérez. delo gremial nas galerías; cooperativas de pequenos comerciantes para aforrar custos e fomentar a competitividade; e plataforma de venda online. En turismo: Camiño de Santiago e xestión do postcamiño de Santiago; e un Festival Internacional de Música como motor económico e cultural na cidade. En termalismo: aproveitamento de ambas marxes do río para infraestruturas hoteleiras e zonas de ocio; incentivar a creación dunha zona de ocio na zona da

Barrios 23 de maio 2019

ribeira da Ponte; barrio termal; hotel balneario; crear a marca “Ourense Termal” como un distintivo de calidade”.

á fronte e promovemos novos asuntos de interese social seguiremos atascados no mesmo bloqueo dos últimos anos”.

Como definiría a lista de Espazo Común que vostede lidera? Ó.P.: “Unha lista representativa e comprometida cos barrios. Con compromiso social. Formada por persoas de distintos ámbitos profisionais, con vocación e experiencia na xestión de servizos públicos”.

Non cre que Espazo Común e PSOE buscan ao mesmo votante? Ó.P.: “Buscamos a todos os votantes que consideren que debemos primar o interese da cidade por enriba dos intereses de partido. Promovemos unha opción política que anteporá o interese colectivo da cidade fronte ao reparto opaco de postos institucionais”.

Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos? Ó.P.: “A aparición de novas formacións implica que non se fixeron ben as cousas nos últimos anos. A cidade está viva e aínda queda conciencia do colectivo e do social. Aínda queda xente con interese e iniciativa para tentar sacar Ourense do estancamento institucional e social no que se atopa. Senón damos un paso

Pactaría con algún outro partido para gobernar? Ó.P.: “Pactaremos con todos aqueles que entendan esta cidade desde unha perspectiva de integración, potenciación dos servizos sociais, igualdade no acceso ao deporte, economía ao servizo do ben público, respecto escrupuloso ao medio ambiente e ao ecoloxismo”.


Barrios 23 de maio 2019

ELECCIÓNS especial

ETELVINO BLANCO - OURENSE MELLOR

“Queremos aprobar uns orzamentos participativos e sociais para Ourense” 4 Ourense Mellor busca facer “o que non fixo” o anterior alcalde. R.T. O histórico sindicalista Etelvino Blanco despois dun tempo fóra da vida publica decide liderar a plataforma ourensá Ourense Mellor. Como definiría a situación actual de Ourense? Etelvino Blanco: “De parálise e desgoberno total. A cidade nunca estivo tan abandonada como nestes 4 anos. É realmente triste para os que lle queremos

tanto a Ourense, ver como o comercio vai pechando, as rúas son pistas de obstáculos, os parques e xardíns parecen xunglas en lugar de espazos de lecer”. Cal é o principal problema? E.B.: “Son moitos que se foron acumulando porque os que nos gobernaron non fixeron máis que incrementalos en vez de solucionalos. Non temos planeamento urbanístico, ou queren aprobar un á medi-

da das construtoras afíns ao PP; o noso termalismo está totalmente abandonado. En Ourense non hai traballo, a nosa mocidade ten que emigrar outra vez. Cada semana pecha un comercio na cidade, é realmente crítica a situación”. Cal sería a principal medida a levar a cabo? E.B.: “Temos un programa electoral dividido en dúas partes: unha de medidas urxentes a executar antes de rematar o ano, e

Etelvino Blanco. outro bloque a executar nos 4 anos de mandato. Unha das medidas prioritarias é facer o que non fixo Jesús Vázquez, aprobar uns orzamentos participativos e sociais para Ourense. Outra é a implementación dun plan de choque contra a pobreza, para asegurar que todas as ourensás teñas as necesidades básicas cubertas. Tamén é urxente anular o PXOM do PP e aprobar un con exposición pública e participativo”.

Que propostas ten para a dinamización económica do concello? E.B.: “Unha delas é o plan de emprego municipal, co que pretendemos fomentar as axudas a fondo perdido para a contratación estable de colectivos en risco de exclusión social, a fundación Auria Inviste para financiar a baixo custo aos novos emprendedores, baixada do IBI e as taxas municipais para o comercio local”. Como definiría a lista de Ourense Mellor? E.B.: “Temos membros de diferentes plataformas e asociacións, xente nova que nunca participou en política e tamén con experiencia instituicional”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos? E.B.: “É lóxico que se as persoas non se senten representadas nos partidos

actuais poidan propor unha alternativa. Paréceme unha riqueza democrática e unha oportunidade para a cidade”. Con formacións como a vosa, Podemos e OUeC, non teme que se atomice o voto e se perdan concelleiros? E.B.: “Non sabemos o que vai acontecer o 26M. Cada candidatura debe facer o seu traballo, darse a coñecer e tratar de trasladar as súas propostas á xente”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? E.B.: “Temos capacidade de diálogo, cada vez é máis necesaria, e nós aplicámola desde que nacemos. Despois das eleccións sentarémonos a falar con todos para poder facilitar un goberno progresista na cidade e non bloquear sistemáticamente calquera medida que sexa beneficiosa”.


especial ELECCIÓNS

JESÚS VÁZQUEZ - PARTIDO POPULAR

“O problema foi a oposición” 4 O alcalde volve a presentarse como candidato polo PP. R.T. Jesús Vázquez busca ser reelexido alcalde para o próximo mandato. En que mellorou Ourense nos últimos catro anos? Jesús Vázquez: “Os 306 millóns de euros captados nos últimos anos son reais e á vista están. Hai catro anos non había un Centro Interxeracional que é un exemplo para toda España. A Ponte Romana e do Milenio tiñan unha iluminación deficiente e o seu estado era calamitoso; hoxe están perfectamente restaurados. Os peregrinos que fan o Camiño Mozárabe non tiñan un albergue ao carón das Burgas, as cales tamén foron

restauradas ao igual que a Catedral. Non tiñamos un novo edificio de Hospitalización como agora. La Molinera e o Espazo Lusquiños estaban pechados. O Couto non tiña o seu novo Centro de Saúde. A Estación Intermodal dábase por perdida e hoxe está en obras. O Complexo de San Francisco (Biblioteca e Arquivo) tiña as súas obras paralizadas sine die, e hoxe están rematadas e á espera de que por fin o Goberno Central as poña a disposición de Ourense. A situación do Museo Arqueolóxico impedía poderlle dar licenza ás obras e nós fixémolo. Non estaban arranxadas a avenida Otero Pedrayo, a estrada de Seixalbo ou os accesos ao Polígono das Coiñás.

Jesús Vázquez. O parque da Alameda do Cruceiro era un lugar inhóspito para os cativos. A rúa Concello estaba desfeita. Ourense non tiña a mellor pista cuberta de atletismo da Península. Non había terreos para construir o CAPD en Barrocás ou a próxima residencia de maiores no Vinteún”. Como definiría a situación actual de Ourense? J.V.: “Ourense precisa dun goberno forte, en maioría, que sexa capaz de desenvolver o seu programa en liberdade e sen estar sometido aos chantaxes da oposición. O único goberno que se presenta cunha política baseada no senti-

diño, no rigor e nas propostas en positivo é o do Partido Popular”. Cal é o principal problema? J.V.: “O principal problema foi a oposición que lle tocou sufrir. A oposición tivo a maioría do pleno (17 de 27 concelleiros), polo que todas as grandes decisións dependían dos seus votos. Preferiron destruir que construir. Preferiron afogar á cidade pensando que así poderían gañar votos. De aí a súa obsesión por paralizalo todo, os orzamentos, o PXOM, ordenanzas coma a do botellón ou mesmo o Pacto Social”.

Barrios 23 de maio 2019

Cal sería a principal medida que quere levar a cabo? J.V.: “Co poder da maioría, aprobaremos definitivamente o PXOM para sentar as bases do crecemento da cidade. E con esa base, crearemos ata dous complexos termais na cidade (nas Burgas e na zona do Matadoiro), un auditorio ao aire libre para albergar grandes festivais, poremos en valor o río Miño, crearemos un complexo deportivo en Mariñamansa e implantaremos medidas para asentar poboación, como tarifa cero para emprendedores, bonobús gratuito e bonificacións especiais para familias. Baixaremos tamén os impostos”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? J.V.: “O turismo e o termalismo son dous eidos fundamentais. Queremos posicionar a Ourense non só como a gran capital termal, senón como ese destino idóneo para o turismo de saúde. Será un revulsivo que creará emprego e

oportunidades”. Como definiría a lista do PP? J.V.: “Persoas que atesouran experiencia, formación e ilusión por sacar adiante o mellor proxecto para Ourense”. Que pensa da irrupción de novas formacións? J.V.: “A participación activa forma parte da democracia. Todo enriquece, mais non todos ofrecen nin persiguen os mesmos fins. Algúns persiguen intereses persoais e doutra índole”. Non cre que partidos como VOU, VOX e Cs separan votos nesa parte do electorado? J.V.: “A xente sabe quen está por principios e quenes prefiren cambiar de bando por intereses puramente persoais. A xente que cre no PP sabe que só o PP aporta sentidiño e rigor”. Pactaría c para gobernar? J.V.: “Creo no poder da maioría, e coido que se Ourense quere, poderemos acadala”.


10

Barrios 23 de maio 2019

ELECCIÓNS especial

comerciantes e os emprendedores e traer xente á cidade. A chegada do AVE pode traer moitísima xente, polo que temos que preparala para que esas persoas queiran visitala. Hai que mellorar infraestructuras, zonas verdes e ofrecer máis servizos destinados ao termalismo e ao turismo; iso tamén vai xerar emprego”.

PEPE ARAÚJO - CIUDADANOS

“Imos converter a Ourense na cidade de refencia a nivel termal” 4 O candidato de Ciudadanos fálanos de como ve a cidade e das súas propostas de futuro. R.T. Pepe Araújo deixa atrás o seu pasado popular para presentarse por primeira vez como candidato á alcaldía enrolado nas filas de Ciudadanos. Como definiría a situación actual de Ourense? Pepe Araújo: “Ourense está adormecida, abandonada á súa sorte pola falta de xenerosidade política por parte do Goberno e tamén da oposición nestes últimos anos.

Non hai orzamentos e o PXOM está pendente de aprobar”. Cal é o principal problema? P.A.: “A corporación actual non entende os problemas ou as necesidades da cidade. Hai que aprobar uns orzamentos consensuados que permitan dispoñer das partidas necesarias para ofrecer servizos de calidade e que agora mesmo non están funcionando ben, coma a limpeza, os bombeiros, a

policía local, etc. E despois acordar entre todos os colectivos un PXOM para crear as infraestructuras necesarias”. Cal sería a medida máis importante que quere levar a cabo? P.A.: “Imos converter a Ourense dunha vez por todas na cidade de refencia a nivel termal. Nós temos un plan para facilitar as comunicacións, os accesos e as negociacións coas diferentes administracións para que todos

Pepe Araújo. aqueles que están desexando investir en Ourense o fagan con todas as garantías, e esa financiación pasa pola inversión privada, non polo bolsillo dos cidadáns”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? P.A.: “Queremos ter os mellores servizos. Temos que converter o Concello nun apoio, non nun obstáculo. Temos que facilitarlle as cousas aos

Por que decidiu mudar do PP a Cs? P.A.: “Nun Goberno municipal, quen dirixe é o máximo responsable, e os demáis temos que obedecer e seguir os criterios da alcaldía. Cando vin que non daba lugar a nada bo marchei. Foi un paso moi pensado e dino moi convencido”. Como definiría a lista de Ciudadanos? P.A.: “Un equipo integrador, con experiencia, moi formado en distintos sectores e, sobretodo, entregado a traballar polos

intereses dos cidadáns. Os que formamos a candidatura queremos ver a Ourense coma una cidade de luces, non de sombras”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccions? P.A.: “A lectura que podo facer é que algo non está ben cando por primeira vez se presentan 15 candidaturas, iso quere decir que a xente quere cambios e persoalmente creo que a diversidade enriquece”. Pactaría para gobernar P.A.: “Loitamos e traballamos para gañar as eleccións, non nos plantexamos nada máis alá do 26 de maio. Se gobernamos seremos xenerosos e buscaremos sempre o consenso e o diálogo e se os cidadáns nos colocan na oposición faremos oposición útil”.


especial ELECCIÓNS

“O BNG é un dos novos actores que se precisa” 4 O candidato nacionalista fai balance destes catro anos de ausencia do BNG na corporación municipal. R.T. Luis Seara regresa á primeira liña política para tentar que o Bloque Nacionalista Galego volva ter representación no consistorio ourensán.

Cal é o principal problema? L.S: “Carece dun instrumento que lle dea seguridade xurídica. Sería absolutamente necesario aprobar o plan urbanístico e facer unha segunda exposición pública toda vez que acaban de aprobar provisionalmente o plan pola porta de atrás. A partir de acá hai que aprobar orzamentos, a cidade está nun estado de semiruina, as rúas e os parques están abandonadas, cunha sensación de deterioro e suciedade que é evidente”. Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo? L.S.: “Temos moitas medidas dentro dun proxecto que distingue entre o urxente e necesario e o proxecto político máis a longo prazo. Entre elas está o tema da estación intermodal, que non nos resignamos a tragar cunha que non resolve os problemas de permeabilidade entre os barrios do Vinteún e A

11

RAFAEL VILLARINO - PSOE

LUIS SEARA - BNG

Como definiría a situación actual de Ourense? Luis Seara: “É unha situación límite. Estamos falando dun concello paralizado, con catro anos perdidos, polo tanto urxe cambiar esta situación. Necesita novos actores con novos proxectos e, modestamente, pensamos que o BNG é un dos novos actores que se precisa para trocar o estado das cousas”.

Barrios 23 de maio 2019

“Converteremos Ourense nunha verdadeira cidade termal” 4 Rafael Villarino, que substituíu a Barquero á fronte da lista do PSOE, achéganos as súas propostas para o vindeiro mandato. R.T. O ex alcalde de Amoeiro, Rafael Villariño, asume a responsabilidade de volver ter un alcalde socialista.

Luis Seara. Ponte. Está a zona do Rianxo e aledaños, a praza das Burgas, o espazo do xardín das Burgas que hai que pór en valor porque é un criadeiro de ratas e cobras. A Finca Santamariña tamén é un tema crucial onde defendemos para aí un gran parque e a zona verde que necesita Ourense. E tamén o soterramento da avenida Otero Pedraio para permeabilizar as dúas partes do campus”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? L.S.: “Nada máis chegar ao concello imos crear unha gran mesa polo emprego onde estean representados todos os sectores sociais e económicos e, desde logo, desenvolver todas as medidas que están contidas no plan de emprego local que foi aprobado no seu día por unanimidade, pero que non se desenvolveu”. Como definiría a lista do BNG? L.S.: “Creo que é unha lista moi equilibrada de xente que se incorpora a

política por primeira vez, mais con xente tamén con experiencia no ámbito institucional e da xestión”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccións? L.S.: “Fala ben da democracia, pero tamén do descontento que hai xeneralizado, que cren que estes foron catro anos perdidos e o peor mandato da historia de Ourense”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? L.S.: “Hai que agardar ao que dín as urnas. Nós a única liña vermella que temos é que, se de nós depende, a dereita non vai gobernar na cidade de Ourense. A partir de aí o que fai falta é moito diálogo e consenso e moito sentido común. En canto a Democracia Orensana, recibe votos de todos os sitios e non sei moi ben onde posiciónalo, pero desde logo que nós estamos nas antípodas dese partido, supón o ultraliberalismo a ultranza, e estamos moi lonxe desas posicións”.

Como definiría a situación actual de Ourense? Rafael Villarino: “Unha cidade en declive profundo, case no abismo. Unha cidade abandoada, cun alcalde que non ten responsabilidade, nin vontade, nin valor para cambiar nada. O que si ten é o atrevemento de volverse presentar tras un horror de xestión”. Cal é o principal problema? R.V.: “O abandono, e Xesús Vázquez, que non pode ser nin un minuto máis o alcalde desta cidade despois de catro anos dunha xestión nefasta”. Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo? R.V.: “A xente quere unha cidade limpa, sen rúas levantadas, e non o que fan agora no último minuto dunha maneira patética. Como proxectos destacaríamos por un lado o “Ourense, capital da moda”, para reactivar o comercio e enraizarnos co ADN dos nosos creadores. Converter Ourense nunha verdadeira cidade termal facendo un consorcio co Estado para que efectivamente así sexa cos recursos que se precisen e deixen de ser catro charcas. Imos pór en marcha unha circunvalación porque é a única cidade de España que non a ten, cos problemas de tráfico

Rafael Villarino. que todo isto ocasiona. A xente, por exemplo, tarde sete minutos máis en chegar ao hospital. E tamén recuperar os parque dos tres ríos que xa vai sendo hora”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? R.V.: “Comezaríamos coa limpeza nas rúas, pois os comerciantes quéixanse de que non teñen ningún atractivo. Crear aparcadoiros disuasorios porque a xente chega a mercar á cidade e non ten onde deixar os coches, sobre todo nos barrios. O proxecto “Ourense, capital da moda” vai ser un motor que vai incluir o grao Moda e Deseño, que atraerá a moitas persoas pois será a única cidade de España con esta titulación universitaria. Ter un plan de desenrolo -coa chegada do AVE- para todas as persoas que veñan facer turismo e mercar á nosa cidade. Que sirva de base loxística para desprazarse por ela e tamén á Ribeira Sacra, a San Ciprián de Lás, a todo o noso patrimonio do Románico, e que coñezan as catro denominacións de

orixe dos viños”. Como definiría a lista do PSOE? R.V.: “Fantástica, con persoas competentes que se incorporan agora, profesores universitarios, xente con experiencia e con incorporacións emblemáticas como a filla de Manuel Suárez, alcalde republicano e socialista que foi fusilado no golpe de estado, que con 96 anos entra a facer política por primeira vez con gran entusiasmo”. Que opinión lle merece a aparición de novos partidos político? R.V.: “Oportunistas e guiadas por intereses persoais. O único ao que xogan é beneficiarse eles mesmos”. Pactaría con algún outro partido para gobernar tralo 26M? R.V.: “Somos unha formación de goberno, non contemplamos pactos estables con ninguén. Queremos levar adiante o noso proxecto político e os que conflúan con nós chegar a acordos sobre a base do diálogo”.


12

Barrios 23 de maio 2019

ELECCIÓNS especial

JORGE BERMELLO - VOU

BENITO IGLESIAS - ADELANTE OURENSE

“Crearemos un fondo de 4 millóns de euros para financiar proxectos empresariais” 4 O empresario preséntase en Ourense coas siglas de Vivir Ourense. R.T.

con grandes proxectos e propostas para mellorar o concello e sen ataduras co pasado político”.

Jorge Bermello concurre nestas eleccións cun partido creado por el mesmo. Como definiría a situación actual de Ourense? Jorge Bermello: “Está a morrer e os negocios pechan. Vivimos un retroceso socioeconómico claro. Precisamos un equipo con capacidade de xestión capaz de invertir a tendencia con celeridade. VOU conta con el”. Cal é o principal problema? J.B.: “A nula capacidade dos políticos actuais para chegar a acordos en ben do interese xeral que faciliten que Ourense progrese”. Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo? J.B.: “Devolver á cidade os 80 millóns que están retidos no Concello pola nula xestión nos últimos anos, e facelo a través de promoción económica, obras, servizos sociais, culturais e deportivos”.

Jorge Bermello. Que propostas ten para a dinamización económica do Concello? J.B.: “A creación dun fondo de 4 millóns de euros para financiar 100 novos proxectos empresariais (25 por ano); a rehabilitación de espacios infrautilizados e convertelos nunha bolsa de locais en aluguer; eliminación ou redución de taxas e trámites ata onde sexa posible para a posta en funcionamento de novos comercios”. Como definiría a lista de VOU que vostede lidera? J.B.: “É unha candidatura formada por profesionais de varios sectores, con ampla capacidade de xestión,

Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccións no Concello? A quen pode beneficiar? J.B.: “Cando a cidadanía non se ve representada busca ou crea novas solucións, participando activamente en política. O consenso e os acordos serán os ingredentes das políticas do século XXI e a elo deberán acostumarse os practicantes da vella política”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? J.B.: “Vivir Ourense (VOU) preséntase a estas eleccións coa intención de ser a forza máis votada, e está traballando a reo na presentación das súas propostas. Non nos asusta buscar puntos de encontro en beneficio dos cidadáns. Pero, antes, que falen eles e digan en qué lugar queda cadaquen”.

“Precisamos un plan de urbanismo con seguridade xurídica” 4 Adelante Ourense preséntase por primeira vez ás municipais en Ourense. M.R.

que vostede lidera? B.I.: “Somos pequenos empresarios, autónomos, profesionais liberais, funcionarios, comprometidos co futuro da cidade. e que temos en común unha fonda preocupación da deterioración da convivencia na cidade”.

Benito Iglesias, despois de pasar polo PP e Cs, creou fai dous anos Adelante Ourense. Como definiría a situación actual de Ourense? Benitos Iglesias: “Converteuse nunha cidade en declive, paralizada, cun plan de urbanismo de hai máis de 30 anos (1986) e pouco atractiva para os investimentos pola inseguridade xurídica que xera a desastrosa xestión urbanística”. Cal é o principal problema? B.I.: “A clase política que estivo na corporación. Resulta difícil crer que en catro anos non conseguisen poñerse de acordo en máis nada que no aumento do gasto para os seus propios grupos políticos”. Cal sería a medida estrela que quere levar a cabo? B.I.: “Estaría centrada no emprego. A cidade necesita crear 2.000 novos postos de traballo.

Benito Iglesias. Para iso imos ceder gratuitamente 900.000 m2 de chan industrial do municipio a cambio de empregos estables e de calidade”. Que propostas ten para a dinamización económica do concello? B.I.: “Conseguir a aprobación definitiva do plan de urbanismo, con seguridade xurídica, para atraer investimento privado. Tamén pretendemos sacar adiante a maior rebaixa fiscal da historia do concello. Hai marxe para facelo porque Ourense é a cidade galega con maior presión fiscal municipal por habitante. E apoiaremos decididamente ás empresas e entidades vinculadas ao social”. Como definiría a lista de Adelante Ourense

Que opinión lle merece a aparición de novos partidos políticos nestas eleccions? B.I.: “A concorrencia de novos partidos sempre debe valorarse positivamente porque enriquécenos como sociedade plural e democrática e, sobre todo, porque permite romper co modelo tradicional bipartidista que tanta desafección e descontento xerou nos últimos anos”. Pactaría con algún outro partido para gobernar? B.I.: “Penso que algunhas persoas que xeraron todos estes problemas no goberno da cidade dificilmente poderán ser a solución. Calquera acordo que poña por diante os intereses xerais dos veciños da cidade contará co noso apoio”.


ACTUALIDADE

Sanitarios atendendo a unha vítima dun accidente de tráfico na N-525 de Ourense.

Acabar coas distraccións 4 Campaña da Conselleria de Infraestructutas para evitar as fatais distraccións ao volante nas estradas galegas. Redacción Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, hoxe as distraccións ao volante causan máis accidentes que a tradicional secuela do exceso de velocidade. No ano 2018 rexistráronse en España 1.180 falecidos en accidentes de tráfico. Existen miles de factores que poden influír na nosa distracción tanto dentro como fóra do vehículo. A tarefa de conducir implica que o condutor organice e coordine toda a información, os estímulos que lle chegan. Esixe por tanto del, manter un nivel adecuado de atención selectiva, mantida e dividida que esixe ao conductor de entre todos os estímulos que percibe, seleccionar aqueles que lle achegan a información necesaria para executar a súa tarefa, refugando aqueles que non lle son necesarios. Canto maior sexa a nosa experiencia ao volante máis fácil resultásenos discriminar aquela información que non nos é necesaria. Esta atención mantida se prolonga no tempo durante a condución, mantense e dá respostas ás diferentes situacións que se presentan

durante o noso percorrido. Como a atención selectiva, a mantida tamén se ve afectada por factores externos e por factores propios do condutor que dificultan a súa concentración. Hai factores externos que facilitan que o condutor perda a súa atención, entre eles estarían: as vías que nos son moi familiares ou que nos resultan monótonas, pois estas fan que baixemos a garda e non prestemos atención, unha sinalización excesiva, as situacións que son alleas ao tráfico como a publicidade, o móbil ou as propias da condución como poden ser os accidentes, nos que adoitamos mirar a ver que é o que sucedeu. Entre as circunstancias persoais do condutor (factores internos) teriamos as propias capacidades do mesmo, hai persoas que se distraen con maior facilidade que outras. O estado no que se atope o condutor é un factor determinante, se temos soño ou sentimos fatiga énos máis difícil manter a atención. O alcol, as drogas e os medicamentos tamén son factores facilitadores. O condutor tanén pode sufrir cambios durante a condución, especialmente

“A Xunta fixo da loita contra as distraccións ao volante un dos eixos da sensibilización cidadá no marco do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 20162020 que se atopa en plena execución”

cando esta prolóngase no tempo. A condución concíbese como unha habilidade complexa, composta de varias habilidades perceptivomotrices; A deficiencia dalgunha delas lévanos a erros e accidentes. Como vimos o condutor percibe un conxunto complexo e simultaneo de estímulos mentres se atopa ao volante. Estosestímulos son recolleitos por unha serie de “sensores” que envían a información ao sistema nervioso central para que, unha vez recoñecida e interpretada, este elabore unha resposta que será levada a cabo polos órganos periféricos do corpo: neste caso, os músculos. En todo os casos, os efectos das distraccións poden ser fatais. Hai que ter en conta que cando circulamos a 100 km/hora os tempos de reacción para evitar desgrazas redúcense drasticamente. A esa velocidade percorremos case 30 metros nun segundo. Un exemplo: o tempo que se necesita, de media, para enviar unha mensaxe de texto é de 20 segundos. Nese período o vehículo se despraza case 600 metros. Facendo a mesma comparación, isto supón que, se circulamos tamén a 100 km/h, a distancia equivale a cinco campos de fútbol. E iso sen mirar á estrada. Galicia non é allea a esa nova tendencia. Por ese motivo, a Xunta fixo da loita contra as distraccións ao volante uno dos eixos

Barrios 23 de maio 2019

13

da sensibilización cidadá no marco do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, que se atopa en plena execución. Os expertos diferencian entre tres categorías de distraccións ao volente: as visuais, que se producen cando o condutor desvía a vista da estrada para centrala noutro obxecto; as manuais, provocadas por unha alterción da posición correcta das mans sobre o volante; e a cognitivas, relacionadas co desvío da atención cara a outro foco distinto ao da condución. Compaña no vehículo Cando imos no vehículo con compañía é normal que vaiamos falando, non debemos desviar a vista da estrada, a atención debe estar na condución e non na conversación. Hai que manter un bo ambiente no interior do vehículo, lonxe de ruídos estridentes ou das conversacións que nos exalten. Non debemos discutir cando conducimos porque a nosa atención dividirase. Ás veces os nenos poden ser un factor distractor moi grande, desde que son moi pequenos debemos ensinarlles que no coche hai que ir acougado, non se pode molestar ao condutor e moito menos débese xogar no interior do vehículo nin fomentar situacións que distraian ao condutor. Teléfono móbil O teléfono móbil é outro dispositivo tecnolóxico que aumenta considerablemente o risco de sufrir un accidente. É obrigatorio o uso dun sistema de mans libres para establecer comunicacións telefónicas. Aínda utilizando este, a capacidade de concentración ante o volante pérdese en gran medida. Estudos apuntan que, tras falar máis de tres minutos polas mans libres os condutores non perciben o 40% dos sinais, a velocidade adoita baixar e o tempo de reacción é maior. Comer e beber Son dúas tarefas que dificultan conducir con seguridade. As dúas mans deben ir no volante, se bebemos ou comemos, unha delas irá ocupada o que supón un risco e pode ser considerada condución neglixente.

Datos a nivel galego das causas dos accidentes. Outros Suxeitar un cigarro na man é unha práctica de risco que supón moitas pequenas distraccións. Ás veces as persoas utilizamos os atascos para realizar maquillarse, por exemplo, ou retocarse. Sucede o mesmo coa lectura dunha revista ou un panfleto informativo. Outro dos inventos que poden causarnos distraccións é o GPS. O seu manexo debe realizarse sempre antes de comezar a viaxe e sempre co vehículo parado. E para rematar a procura de obxectos, por exemplo na guantera, é outra das cousas que adoitamos facer que ocasionan que nos distraiamos por décimas de segundo pero son suficientes para provocar un accidente. Ante calquera situación anómala ou estresante durante a condución, o mellor é buscar un lugar apropiado e seguro para estacionar o vehículo sen

perigo e só entón tentar solucionar o problema. E ter sempre en conta que a fatiga ou o soño provocan no condutor unha crecente perda de atención, igualmente presente en infinidade de accidentes. Chaleco Outra das preocupacións recentes das autoridades en relación coa seguridade viaria ten a súa orixe no número de atropelos de persoas que abandonan o seu coche avariado ou accidentado sen portar o correspondente chaleco reflector. A Xunta de Galicia traballa en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico na repartición destas pezas de alta visibilidade e na concienciación cidadá sobre o seu uso. É imprescindible garantir que ningunha persoa camiñe por unha zona habilitada para o uso de vehículos sen facer uso do chaleco reflector, especialmente en horario nocturno.

Voluntarios con axentes da Garda Civil concienciando aos condutores por unha conduccións máis segura.


14

Barrios 23 de maio 2019

CIDADE

EN BREVE 4 Rutas saudables O Centro Médico El Carmen organiza este ano, dentro das actividades que conmemorar o 70 aniversario, as Andainas saudables, varias rutas pola cidade que combinarán o turismo coa saúde. A primeira delas será este sábado, 25 de maio, a partir das 10 horas con saída nas Burgas. A inscrición é de balde (en comunicacion@centromedicoelcarmen.es).

4Presidente CEO O 6 de xuño a Confederación de Empresario de Ourense elixirá a un novo presidente tralo falecemento, o pasado ano, de José Manuel Pérez Canal. Todo apunta a haberá dúas candidaturas, aínda que pode que se chegue a un acordo para formar unha única. Por unha banda está a actual vicepresidenta, Marisol Nóvoa, e por outra Lois Babarro, presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios.

A conselleira Ángeles Vázquez, en Ourense./R.T.

Axudas para a rehabilitación de vivendas 4 Coa entrada en vigor da Lei de rehabilitación de Galicia. Redacción Os galegos poden acceder a axudas para a rehabilitación a través de 12 liñas de actuación que habilita a Xunta para recuperar e mellorar o patrimonio edificatorio e urbano. Así o confirmou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Viven-

da, Ángeles Vázquez, na súa visita á Confederación de Empresarios de Ourense. Recordou, ademais, que as medidas contan cun orzamento global de máis de 30 millóns de euros para o actual exercicio. A primeira Lei de rehabilitación de Galicia que vén de entrar en vigor, chega co obxectivo “de

afianzar a cultura da rehabilitación, dinamizar os núcleos rurais e os cascos históricos e facilitar a recuperación do construído protexendo o patrimonio actual, xa que non hai maior desprotección que o abandono”, incidiu a conselleira. Devandita lei facilitará e simplificará os procesos a quen queira rehabilitar; amplía os supostos para a concesión de licenzas directas por parte dos concellos; e xa non será necesario contar coa autorización previa da Administración autonómica para traballos como cambio de cuberta, actuacións en carpintarías exteriores, en fachadas ou no interior das edificacións, sempre que non afecten valores protexidos. Así mesmo, a conselleira tamén destacou outra liña de axudas coa que se facilitará a adquisición de vivenda nos centros históricos a menores de 35 anos, e que estará dotada de 800.000 euros.

Reclamacións dos autonómos 4 AUPA entregoulle unha carta á ministra de Traballo. Redacción A plataforma apolítica AUPA entregou un documento coas reivindicacions do colectivo autónomo á ministra de Traballo, Magdalena Valerio, que estaba de visita na cidade. Foille entregada por Carmen Loureiro, portavoz en Ourense de AUPA, dque representa a

preto de 300 autonómos na provincia e máis de 40.000 de España. Loureiro fíxolle chegar á ministra a preocupacion do sector, que está marxinado e sufrindo a desidia das distintas administracions. A ministra mostrouse moi receptiva e con ganas de axudar na procura de dar solucion a estes vellos problemas do colectivo autonónomo.

Momento da entrega a Ministra no xardín das Burgas.


REPORTAXE

O Centro Residencial Docente sito na Avenida da Universidade, nº 18 en Ourense.

CRD Ourense, oportunidade para estudar o que queres 4 A residencia de alumnos non universitarios de Ourense oferta preto de 200 prazas. Redacción O Centro Residencial Doente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade, nº 18), dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e ensinanzas artísticas) e na convocatoria extraordinaria de alumnado universitario. O acceso as prazas coma alumno/a do CRD regúlase por unha convocatoria anual que soe publicarse no mes de xuño, en período ordinario. As prazas poden ser con beca completa, no caso de cumprir cos requisitos fixados na convocatoria. Así mesmo, a mediados de setembro, ábrese un novo prazo para solicitar prazas na residencia, se feita a adxudicación de prazas en período ordinario, seguen existindo algunhas prazas vacantes. O centro está dividido en dous colexios residenciais, que teñen cada un tres plantas con 11 habitacións e capacidade para tres persoas por habitación e 1 habitación dobre con capacidade para dúas persoas. A capacidade total do centro na actualidade sería de 198 alumnos/as residentes máis 6 bolseiros/colaboradores, é dicir

204 persoas. Existen 6 prazas reservadas para colaboradores/bolseiros. O acceso ás prazas de colaborador/bolseiro regúlanse por unha convocatoria anual que soe publicarse a mediados de xullo. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador/bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta. Os requisitos para poder optar as pazas de colaborador/bolseiro, son. a) 18 anos cumpridos ou acadar esta idade dentro deste ano natural. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia. c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2018/19. O alumnado do CRD de Ourense dispón de dife-

rentes servizos no centro: biblioteca con aula de informática con equipos de derradeira xeración e conexión gratuíta a internet, salas de estudos, comedor escolar, pavillón polideportivo e pistas exteriores de fútbol, tenis e baloncesto, ximnasio, salas de uso múltiple, salas de TV colectivas, sala de cine e conferencias, cafetería/bar, enfermaría e servizo médico no propio centro, zonas de lecer exteriores e xardíns, aparcamento privado e vixiado, ademais, dunha atención educativa e apoio ás súas necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Educación e saúde No Centro Residencial de Ourense faise unha aposta importante pola educación, pero tamén pola saúde, aposta que xurde dende o equipo directivo e na que o servizo médico do centro ten un gran peso específico. “Levamos a cabo numerosas actividades de prevención: campañas sobre

Alberto Fernández Martínez, médico no CRD.

hábitos saudables, control de peso, coloquios sobre alcohol e outras drogas, fomento da doazón de sangue ou formación en seguridade na práctica deportiva” afirma Alberto Fernández Martínez, que desempeña a súa labor coma médico no Centro Residencial. Ademais, o CRD é un dos primeiros centros educativos en contar cun desfibrilador externo automatizado (DEA). “Contar cun DEA no centro pode ser útil para salvar a vida dun residente ou dun traballador do propio centro, pero tamén para os centros educativos contiguos e incluso para toda a poboación da zona, posto que o DEA co que conta o CRD incluirase no rexistro de desfibriladores do 061 e, se é preciso, dende a central de emerxencias poden solicitar que alguén con formación se achegue a buscalo para utilizalo nunha emerxencia” sinala Francisco J. García Gómez, director do CRD de Ourense. Previamente á súa instalación, tanto o persoal do

Barrios 23 de maio 2019

centro coma o alumnado que o solicitou, unhas 80 persoas en total, recibiron un curso homologado e impartido dende o propio centro polo médico, instrutor acreditado de soporte vital, o cal os capacita para a atención básica en urxencias de saúde, para a realización de reanimación cardiopulmonar (RCP) e para a utilización do DEA. “É fundamental que saibamos actuar ante un accidente ou detectar un problema de saúde grave, cousas aparentemente menores que nos poden pasar no día a día e que poden carrexar grandes consecuencias se non actuamos ou se o facemos incorrectamente en base a mitos errados pero moi arraigados”, sinala Alberto Fernández. Considera fundamental realizar este tipo de cursos porque, segundo conta, “as prácticas que se realizan fante poñer en situacións que son atípicas e provocan estrés, polo que ter asentados previamente uns coñecementos e pautas axuda a actuar de maneira máis tranquila e

15

O desfibrilador xa está instalado no CRD. ordenada en cousas tan elementais pero fundamentais como chamar ós servizos de emerxencias e facilitarlles a información necesaria no momento e forma axeitados”. Quen desexe máis información pódense achegar á Av. da Universidade, nº 18, Ourense, no teléfono 988 60 21 65, no email credo. ourense@edu.xunta.es ou no facebook @crdourense.


16

Barrios 23 de maio 2019

EN BREVE

4 BTT Carlos Canal do Club Ciclista Maceda finalizou cuarto na primeira proba da Copa do Mundo disputada na localidade alemana de Albstadt.

4 Hoquei Destino cruel para o Hoquei Barrocás. Dependía de si mesmo para salvarse ou que o Pozuelo tamén perdera o seu partido. A vitoria do Pozuelo obrigaba aos pupilos de Roberto a ganar. Pero un 2 a 0 dos canarios non deu opcións aos ourensáns que se puñan 2 a 1, pero polémicas decisións arbitrais impediron que continuasen un ano máis en División de Honra B.

4 Ximnasio Xinzo de Limia acolle o sábado 25 de maio a fase final da Copa Deputación. As fases previas disputaronse en Carballiño, Maceda e Celanova.

4 Quads Carballiño acolle o 25 e 26 de maio unha reunión de amantes dos quads. Será a primeira edición que xa conta con 60 inscritos. A xornada comezará ás 9 da mañá na Praza da Veracruz para partir cara os montes de arredor e voltar á vila para xantar xuntos. Pola tarde poderase ver a todos os quads participantes nesta primeira xuntanza.

DEPORTES

A dúas vitorias da ACB 4O COB foi o primeiro en clasificarse para a final a catro en Bilbao os días 1 e 2 de xuño.

4 No Campionato de Galicia de tenis de mesa veterán.

Redacción Xa están todos os billetes repartidos para viaxar a Bilbao. O primeiro en chegar á partida foi o Río Ourense Termal pola vía rápida. 3 a 0 ao Liberbank Oviedo o que significa menos desgaste para os xogadores (dous partidos menos), pois os outros equipos foron ao quinto partido, e máis días de descanso e de adestramento para preparar esta final a catro. O rival do COB, o Palma, que partía como favorito xunto co Bilbao, tivo que chegar ao definitivo quinto partido que gañou 76 a 75 a Granada. Así, “a cenicienta da fase final”, segundo as propias palabras de Gonzalo de Vitoria, o adestrador do conxunto ourensán, afronta este playoff cun 25% de posibilidades, pois os catro equipos atópanse nun nivel moi semellante. E case unha final semellou o choque no Pazo do COB contra o Oviedo e que deu a terceira vitoria. Partido dos que crean afección. Comezo imparable do COB que pronto se manexaba en distancias de 10 puntos aproximadamente. Ao descanso, un tranquilizador 42 a 35

O Galmédica Ourense logra sete podios en Ribadeo

Redacción

Watson busca a canastra ante dous rivais./C.DOMARCO. parecía non poñer en perigo a vitoria ourensá, sobre todo pola superioridade demostrada ao longo dos dous cuartos. O marcador ao final do terceiro cuarto reflexaba un 58 a 55 froito máis do cansanzo local que do acerto visitante. No derradeiro cuarto, o Oviedo chegou a ter vantaxe no marcador, pero todo se equilibrou a falta de 17 segundos, con empate a 75 e balón para o COB. Zamora, que a penas aparecera no partido, anotou case todos os

puntos na recta final e, o máis importante, a canastra que brindou o triunfo a falta de 0,8 segundos. O erro incomprensible dun xogador do Oviedo, só baixo o aro, co tempo case rematado, fixo máis épica a vitoria. Semifinais O emparellamento das semifinais do sábado 1 de xuño queda con Río Ourense Termal - Palma e Bilbao - Melilla. A final será o domingo, 2 de xuño.

O Galmédica Ourense non esquecera nunca a participación no Campionato de Galicia veterán de tenis de mesa. Un logro que se presume difícil de repetir. E é que das maís de 1.000 licenzas federativas que hai na nosa comunidade, soamente seis son de Ourense); dos 80 participantes, cinco eran do conxunto ourensán. Iso non foi inconvinte para que os ourensáns lograran colarse na práctica totalidade dos podios. En categoría individual o Galmédica fixo pleno ao lograr o campionato nas categorías +40, +50 e +60. Rodrigo Alvarez (+40), Emilio Diéguez (+50) e Antonio Gómez

(+60) foron os campións. En dobres (+40), Rodrigo Alvarez e Emilio Diéguez lograron a vitoria, sendo Antonio Gómez e Antonio López, en máis 60, subcampións. Equipos Por equipos participaron en +40 (con Luis Rodríguez, Rodrigo Alvarez e Emilio Diéguez) e en +60 (con Antonio Gómez e Antonio López) logrando subirso ao máis alto do podio en ámbalas dúas categorías. Con estos resultados o Galmédica Ourense Tenis de Mesa pasa a ser o equipo máis laureado de todo os tempos non campionato autonómico con seis medallas de ouro e unha de prata.

Equipo Galmédica Ourense tenis de mesa.


DEPORTES

Barrios 23 de maio 2019

17

Exhibición final no galego de formas.

Ourense, terra de kungfu 4 Dúas xornadas acolleron, nos Remedios, o Campionato de Galicia. Redacción O Club Artai, no seu empeño de facer de Ourense unha cidade onde o kungfu esté moi presente, organizou dúas xornadas do Campionato de Galicia. Por unha banda, tivo lugar galego de combate, o día 11 de maio, e a finais de abril foi a quenda de formas. As dúas xornadas tiveron lugar no pavillón municipal dos Remedios. Combate A modalidade de combate tivo preto de 100 competidores nas distintas categorías de idade: preinfantil, infantil, cadete, xuvenil, absoluto e sénior. As modalidades que se puideron presenciar foron as de shuaijiao, tuishou, sanda, qingda e kungfu combat As categorías preinfantil e infantil participaron de maneira “non competitiva”, co cal ao non haber gañadores nin perdedores deron unha exhibición de técnica, táctica e deportividade que o público ovacionou. As categorías cadete e superiores se demostraron

unha alta competitividade. Os deportistas máis destacados da competición foron: Gabriel Vázquez, tres ouros (Shuaijiao, Qingda e Tuishou); Silvia Añel, dous ouros (Shuaijiao e Qingda) e unha prata (Sanda); Anxo

Vila, dous ouros (Shuaijiao e Qingda); Ngagne Faye, dous ouros (Shuaijiao e Sanda); Diego González, dous ouros (Shuaijiao e Sanda); Yolanda González, ouro (Tuishou) e dúas pratas (Shuaijiao e Qingda).

Final de shuaijiai xuvenil -60 kg.

Formas Días antes celebrouse a modalidade de formas congregou a 150 participantes de todas as idades (desde deportistas menos de cinco anos ata maiores de 70). As diferentes modalidades de formas (changquan, nanquan, taichi, qigong, armas curtas, armas longas) dividíronse en categorías de idade: pre infantil, infantil, cadete, xuvenil, absoluto, e veteranos. As escolas galegas participantes remataron a xornada con exhibicións de kungfu infantil e taichi qigong. Os triunfadores da xornada foron Jacobo Rodríguez, club Artai, gañador de tres ouros en absoluto (man baleira norte, sable e lanza); Zoe González, club Penta, gañadora de tres ouros en infantil (man baleira, espada e pao); Xes Argüelles, club Wudang, gañador de dous ouros en infantil (man baleira e sable).

O Club Artai foi o organizador dos dous campionatos de Galicia

Mariana Machado, en primeiro termo./RAMSÉS..

Machado brilla en Ourense 4 No Ourense Termal Athletics Meeting. Redacción A pista de atletismo do Campus de Ourense volveu acoller -por quinto ano consecutivo- unha nova edición da Ourense Termal Athletics Meeting. Unha xornada que combinada aos atletas en formación con outros xa consagrados. Na pista ourensá estiveron parte dos mellores atletas galegos do momento, ademais dunha ampla participación de deportistas portugueses, xunto coa canteira dos Os mellores Como cada ano neste torneo os campións saen dos que mellor puntuación IAAF (Federación Internacional de Atletismo) logren. En categoría masculina o mellor foi Bilal Ennassri (A.D. Marathon) quen logrou 1.024 puntos ao facer a carreira dos 1.500 metros nun tempo de 3:46.23

minutos. O segundo clasificado desta proba tamén foi o segundo no torneo; Santiago Llorente (Venta Magullo Segovia) cun tempo de 3:46.53 minutos logrou 1.021 puntos. O terceiro mellor atleta foi o portugués Joao Peixoto que participou nos 800 metros e fixo 1:50.72 o que lle outorgou 1.006 puntos. En mulleres, a vencedora indiscutible foi a atleta portuguesa Mariana Machado. O seu tempo de 4:13.17 nos 1.500 metros valeulle para lograr 1.102 puntos. O tempo de Mariana Machado colócana como a terceira mellor marca mundial do ano de categoría sub 20. Acompañárona no podio outras atletas que participaron na proba de medio fondo. Patricia Silva (Portugal) con 4:24.44 minutos e 1.017 puntos foi segunda e Isabel Barreiro (At. Gijones Fumeru) foi terceira con 4:25.06 minutos e 1.012 puntos.


18

Barrios 23 de maio 2019

DEPORTES

O Pabellón máster, 10º en Vitorio

Terceira división Redacción Rematou a tempada para os equipos ourensáns de Terceira división. E rematou para todos por que ningún deles entrou na fase de ascenso á Segunda división B; iso si, os catro volverán a competir en Terceira o ano que vén. Ourense CF e Barco chegaron á derradeira xornada con opcións de lograr a cuarta praza que da acceso a xogar polo ascenso de categoría. Tiñan que gañar e agardar o que facía o Alondras (no caso do Barco) e os propios Alondras e Barco (no caso do Ourense CF). Non se deu a carambola, e os tres equipos venceron nos seus respectivos encontros, o que lle serviu ao conxunto de Cangas de Morrazo para meterse na loita polo ascenso. Os valdeorreses remataron quintos e os capitalinos, sextos. A Unión Deportiva Ourense puxo punto e final a unha gran tempada que viuse algo empañada por como rematou a mesma. As 38 xornadas fixéronse demasiado longas para os pupilos de Fernando Currás. O baixón nas últimas xornadas fixo que de estar, na maior parte do curso, en postos de promoción, finalmente rematou oitavo con 58 puntos. Por outra banda, o Arenteiro logrou unha salvación moi sufrida, o que lle valerá para continuar, un ano máis, na Terceira división. Con 47 puntos os do Carballiño foron 13º.

4 Nos campionatos de España de fondo. Redacción

Xunto a Tizón tamén foron homenaxeados Moncho Ruiz e Bea Seijas.

O Cidade xógase co La Concordia o ascenso 4 O Sala Ourense homenaxeou a Tizón. Redacción Un ano despois de descender á Segunda división, o Cidade das Burgas ten a posibilidade de regresar á maxima categoría. A súa segunda praza na competición doméstica levouno a disputar a eliminatoria de ascenso ao ser un dos dous mellores segundos dos catro grupos. No sorteo tocou o conxunto catalán de La Concordia (campión do grupo II). O partido de ida disputarase nos Remedios a fin de semana do 1 e 2 de xuño. A volta será en terras catalás o 8 pu 9 do mesmo mes. Sala Ourense O Sala Ourense está a unha xornada de rematar a liga e xa despediuse do

seu buque insignia. Rubén Tizón colgará as botas ao remate da Liga -resta unha xornada- e dirá adeus a unha dilatada carreira no fútbol sala. A cabeza máis visible deste deporte nos últimos anos en Ourense despídese dun deporte que lle deu tantas ledicias e que fixo vibrar a tantos afeccionados. O Sala Ourense quédase se unha peza básica do seu equipo, que terá que suplir cunha canteira á que coida para sacar máis xogadores como Tizón, aínda que este é irremplazable. Ourense Envialia O conxunto de Primeira, o Envialia está a espera de que remate a Liga que se dispute a Copa, cuxa praza ten asegurada. As de Morenín ocupan a cuarta posición e nas dúas xornadas

que restan para o remate o que tentarán é ser terceiras, praza que ocupa agora o Alcorcón. Esta terceira posición disputarana dous equipos máis (Roldán e Universidad de Alicante); entre o terceiro, Alcorcón, e o sexto, UA, tan só hai dous puntos de diferenza. As albinegresas visitan Poio nesta xornada e reciben a Majadahonda na derradeira. O máis interesante desta recta final está en saber que equipo farase co título; Burela e Futsi están empatados a puntos (78). Pola parte baixa, Guadalcacín e Femisport xa están descendidos, polo que o terceiro descenso estará entre Viaxes Amarelle, Zaragoza e, improbablemente, Leganés.

Os días 26, 27 e 28 de abril celebráronse en Vitoria - Gasteiz, os campionatos de España de natación máster de fondo. O Pabellón Ourense estivo representado por seis nadadores: Ángel Blanco, Teresa Pérez, Maite, Manuel, Antonio e Cristina García Colomo. De 79 clubs participantes, o Pabellón Ourense quedou clasificado no 10º posto da clasificación conxunta. Os ourensáns gañaron un total de cinco medallas ademais de bater dúas marcas de España. O relevo mixto de 4x200 libres (+240) cun tempo de 11.29:87 rebaixando a anterior marca de España en máis de 15 segundos; cos compoñentes: Maite, Manuel,

Equipo do CNPO máster.

Antonio e Cristina García Colomo. Na proba de 1500 libres, Maite García Colomo (+50) fixo 20.07:46 récord de España. Dos cinco metais, dous foron de ouro (no relevo e Maite García Colomo nos 1500 libres); dous de prata, Cristina García Colomo en 1500 e 800 libres); e o bronce de Manuel García Colomo en 800 libres. Próximas citas As próximas probas nas que haberá participación ourensá serán os campionatos galegos o 8 e 9 de xuño en Ourense e os de España do 11 ao 14 de xullo en Tarragona.

Ourense acolle o 8 e 9 de xuño o Campionato de Galicia máster


DEPORTES

Correndo por Ourense, no Couto

Parga e Guiñazú vencen en Madrid

Redacción

4 No Campionato da comunidade de Madrid de volei praia.

Este sábado, 25 de maio, as rúas do barrio do Couto serán o lugar de celebración da segunda etapa do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. A do Couto é a única das xornadas que se celebra en sábado -as outras cinco dispútanse en domingo-. As carreiras darán comezo coa carreira de pitufos (22 horas) para seguir coas sub10 e sub12 (22.05 horas). Ás 22.15 horas terá lugar a proba na que participan os sub14 e sub16. Rematará a xornada, coma sempre, a carreira absoluta (22.30 horas); os participantes desta carreira deberán dar tres voltas a un circuíto para completar unha distancia de algo máis de seis quilómetros.

Redacción Os xogadores do Sousas Oira Praia, Pablo Parga e David Guiñazú

Parga e Guiñazú.

proclamáronse gañadores do primeiro torneo senior do verán de voley praia do circuíto madrileño organizado pola Federación Ma-

drileña de Voleibol nun apaixonante partido final fronte á parella local formada por Iván Rodríguez e Alonso Poboación que se resolveu no set de desempate (2-1). En categoría feminina a xogadora do Sousas Oira Praia Rebeca Kruse, que nesta ocasión facía parella coa madrileña Noelia Fontán, alcanzou un meritorio quinto lugar. Oira O primeiro fin de semana do mes de xuño celebrarase no recinto municipal de Oira o primeiro torneo popular do verán. Aberta para equipos mixtos compostos por tres xogadores onde terá que haber polo menos un home ou unha muller en cada equipo.

Oira acolle a primeira fin de semana de xuño un aberto

Barrios 23 de maio 2019

Sincro Ourense Redacción A piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios celebrou o Campionato de Galicia base IV. Á cita acudiron 11 club de toda Galicia. Tanto as infantís como as juniors do Sincro Ourense executaron unhas magníficas coreo-

19

grafías coas que obtiveron unhas altas puntuacións. Foron as primeiras as que lograron un excelente segundo posto, que lles valeu unha medalla de prata. Mentres, o equipo junior terminou na cuarta posición, a escasas décimas do terceiro lugar. Ambos os equipos adestrados por Laura e Tania pechan así o calendario de competicións oficiais cuns fantásticos resultados.

Un dos grupos, executando un exercicio no Galego de base IV, celebrado en Ourense.


20

Barrios 23 de maio 2019

CIDADE

Pint of Science Redacción Este mércores 22 de maio na cervexaría O Moucho tivo lugar a derradeira actividade de Pint Of Science. Evento mundial de divulgación científica en bares, tivo lugar nos mesmos tres días (20, 21 e 22 de maio) en máis de setenta cidades españolas e en centos de cidades dos máis de 20 países que este se sumaron á rede de divulgación. A ciencia interesa, e moito, aos cidadáns. Doutro xeito non se enchería o local a esas horas en días laborais no medio da semana. Un local que se fixo pequeno para acoller ás 40-50 persoas que, ao final, tiñan que repartirse nos dous espazos do Moucho. Charlas moi interesantes e de completa actualidade foron as de José Ramón Salgueiro sobre os “Teraherzios” ou a de Eduardo Breogán sobre os últimos achadegos no Castro de San Tomé.

Ermitas Rielo e o doutor JuanFelix darán unha charla o día 29 de maio na sede de Queixumes dos Pinos.

Loitando contra a enfermidade 4 O doutor Juan Felix e a especialista Ermitas Rielo descóbrennos a nutrixemónica. Redacción Cando se fala de saúde, o primeiro que nos vén á cabeza é a enfermidade, vivimos nunha sociedade que se preparou para vivir nun estado de falta de saúde crónico, e a pesares dos avances

tan grandes na sanidade o certo é que cada día xorden máis patoloxías novas, debido ao noso estilo de vida. Factores como a mala alimentación, o descanso insuficiente e a polución pasan unha factura moi grande á saúde do noso

corpo e da nosa mente, a oxidación celular non é allea a este proceso. Estes procesos revírtense ou melloran en moitos casos grazas á “nutrixemónica”, un método científico que se basea na activación da proteína NRF2, que consegue deter certos procesos oxidativos e devolver a saúde celular en moitos casos a normalidade. O 29 de maio ás 20:30 horas, no salón de actos da Asociacion Cultural Queixumes dos Pinos (rúa Saínza, 26), o doutor Juan Felix, científico especialista en nutrixemónica e Ermitas Rielo, profesional de saúde e beleza, acompañados de Roberto Garnil e Juana Gónzalez, explicarán os procesos da saúde e a nutrición celular, como solucionar ou paliar enfermidades dexenerativas e como manterse xoven máis tempo. Ademais, contestarán ás preguntas dos participantes nesta conferencia, que é gratuita e aberta a todo o público.

A Xunta aproba axudas para as oficinas de turismo 4 A achega ascende a case 60.000 euros. Redacción A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta vén de resolver as subvencións para a contratación de persoal nas oficinas de turismo da nosa provincia. Estas achegas ascenden a 59.949 euros. Os concellos beneficiarios cunha contía media 5.100 euros, foron os

de Allariz, O Carballiño, Celanova, Leiro, Nogueira de Ramuín, Parada do Sil, A Pobra de Trives, Ribadavia e A Veiga. Tamén recibiron esta axuda o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a Mancomunidade de municipios da comarca de Verín e a Mancomunidade Turística dos concellos do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro.

Oficina de turismo na rúa Cruz Vermella de Ourense.


OCIO E CULTURA

ENTREVISTA A JOSE A. SANTOS

“Desexaba crear personaxes que non fosen íntegros” 4 José Antonio Santos sumérxenos a través de “La danza de los cuerpos imperfectos” nun Ourense escuro.

Barrios 23 de maio 2019

Lecer saudable para as familias 4 Actividades varias do programa “Ocio en familia” durante os fins de semana. Redacción

R.T.

público en xeral, fun cambiando de opinión sobre a realidade deste mundo”.

O escritor ourensán preséntanos a súa sétima novela, da que dí sentirse máis satisfeito. Que se vai atopar o lector cando lea “La danza de los cuerpos imperfectos”? José Santos: “Desde o principio busquei unha obra que non tivese as típicas reviravoltas ao final da trama onde todo o que un deduce se desbota en busca dun final impactante. Desde o principio o lector coñece a realidade dos feitos e intúe quen é o culpable. Toda a trama se desenvolve na procura das pegadas que permitan acusar ao responsable dos crimes. A cidade é un elemento máis. Pero busquei sair da postal turística. O Ourense que aparece é un lugar escuro, tépedo, tecido de costuras apiques de se quebrar. O que máis me interesaba era transmitir unha historia creíble, con personaxes que poden existir incluso fóra do papel”. É a primeira vez que te sumerxes na novela policíaca, era algo que tiñas xa en mente ou te xurdiu? E como foi a experiencia? J.S.: “Sempre tiven pensado facer novela policíaca, pero nunca me vin coa

O escritor José A. Santos. madurez necesaria para o intentar. Ao rematar a miña anterior obra estaba necesitado de me embeber na realidade, e a maneira máis intensa de escribir sobre a realidade hoxe en día é facer novela policíaca, negra ou thriller. Quería amosar un Ourense escuro, e desexaba crear personaxes que non fosen íntegros, que estivesen na procura dun camiño para vivir a vida dentro das suas propias incongruencias, dudas e temores. Hoxe, ollando en retrospectiva, coido que é a obra da que máis satisfeito me sinto”. Onde se pode mercar o libro e a que prezo? J.S.: “A novela está en todas as librarías. Como a editorial é un selo pequeño, cabe a posibilidade de que o libreiro teña que pedir exemplares á editorial, pero en poucos días a distribuidora achegaos. Tamén se pode solicitar, tanto

en formato dixital como físico, nas principais plataformas, FNAC, Casa del libro, etc.”. Como evolucionou a túa obra desde que no 2000 escribiras “Cicatrices”? J.S.: “Pode que esa pregunta sexa a máis doada de responder para os meus lectores, xa que ao escribir todos os días non chego a sentir os trocos que se dan no estilo e nas temáticas. Pero coido que o que máis cambiou foi a miña perspectiva de como funciona o mundo editorial. Cando publiquei “Cicatrices” tiña certa idea romántica do mundo editorial, de ser escritor, e de todo canto rodea este mundo. Pero cando arrancamos con Círculo Poético Ourensán e tiven que organizar todo tipo de actividades literarias, contactar con editoriais, con revistas especializadas, tratar con autores, lectores,

Escribes prosa e poesía, en que xénero literario te sintes máis cómodo? J.S.: “Son diferentes para min. Na prosa tento contar historias para entreter. Non busco nada máis que facer que o lector pase un bo intre e desconecte da realidade. Na poesía tento sacar todo o que teño dentro fóra de min, é como unha terapia. Máis íntima, máis directa. Diferente. Ademáis, coa novela o contacto co público é para facer presentación e pouco máis. Na poesía sempre rematas por ler os teus versos, é un xeito de nudez de alma que deixa exposto ao autor ante o lector de maneira totalmete crúa”. Xa pensas na próxima obra? Sabes xa de que tratará? J.S.: “Estou xa a rematar unha nova novela baseada no inspector López, protagonista desta obra. Pero primeiro teño que rematar a biografía dun pintor ourensá, amigo meu, que é un traballo que xa tiña que ter rematado, pero as circunstancias persoais o están dilatando demasiado”.

21

O Concello de Ourense pon a disposición das familias da cidade unha nova edición do programa Ocio en familia, con cinco actividades nas que terán a oportunidade de gozar do seu tempo de lecer en común entre nais, pais, fillos e fillas. Alimenta a saúde, Xogos para compartir, Mira Ourense con outros ollos, Os Camiños da auga e A luz da lúa son as cinco propostas, que se desenvolverán durante as fins de semana, desde o 25 de maio ate o 15 de xuño. “Ocio en familia” e un programa de carácter preventivo que quere ofrecer a posibilidade ás familias de gozar dun tempo de lecer san, alternativo e divertido, que facilite a conciliación familiar durante as fins de semana. Tenta, tamén, darlle resposta ao desexo dos fillos de pasar máis tempo con nais e pais cun ocio saudable. En “Ocio en familia” poderase gozar de actividades para toda a familia nas que se pode descubrir a cidade das Burgas, practicar deporte e compartir diferentes obradoiros potenciando a curiosidade dos rapaces dun xeito lúdico. Poderán participar familias de Ourense con fi-

llos e fillas de ata 14 anos. Hai 50 prazas por actividade, coa posibilidade de inscribirse en cada unha delas ou en todas. Esta fin de semana, a do 25 de maio, terá lugar “Alimenta a saúde” de 10 a 13 h. Consiste en compartir coa rapazada a preparación dun menú para toda a semana con produtos da época e de proximidade visitando o Rianxo da nosa praza de abastos. O domingo 26 de maio seguiralle “Xogos para compartir”, de 10 a 13 h. Retomar os xogos de sempre compartíndoos coa cativada, para favorecer a comunicación nun ambiente lúdico e o aire libre competindo coas demais familias para favorecer un bo proceso de socialización A seguinte fin de semana, 2 de xuño, de 10 a 13 h., o programa “Mira Ourense con outros ollos” e o 9 de xuño “Os camiños da auga”. Para rematar o 15 de xuño de 10 a 12 h. “A luz da lúa”. Con estas actividades perséguense como obxectivos mellorar o potencial educativo das familias dun xeito lúdico, previr condutas de risco cun ocio san, potenciar a comunicación entre a totalidade de integrantes das familias. Tamén se dan alternativas de lecer tanto culturais coma lúdicas para rendibilizar o tempo en común.


22

Barrios 23 de maio 2019

OCIO E CULTURA

4AXENDA Exposicións - Ata o 23 de xuño Exposición Alfonso Sucasas “O reino do vento” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 15 de xuño - XV Certame de Artes Plásticas - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 16 de xuño - Exposición Ali Ali “Eclipse Siria” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 7 de xuño - Teatro infantil “Fíos do querer”- 18 h- Auditorio de Ourense - 7 de xuño - Teatro “Señora de vermello sobre fondo gris” - 21 h Teatro Principal Música - 23 de maio - Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia - 20 h - Teatro Principal - 27 de maio - Jam Session Rock - 22 h- Café Cultural Auriense - 6 de xuño - Concerto de música clásica “Enclave de Cámara Dúo Rivera” - 20 h - Teatro Principal Deportes - 25 de maio - Andainas Saudables Centro Médico El Carmen - 10 h. Ourense Monumental - 25 de maio - Copa Deputación Natación Artística - 10 h. - Pavillón Os Remedios - 25 de maio - Zumba Solidaria Cruz Vermella - 11.30 h. - Rúa Cruz Vermella (Ourense) - 25 de maio - Correndo por Ourense. Carreira do Couto - 22 h.- Barrio do Couto (Ourense) Outros - 27 e 28 de maio - XLVIII Reunión da Sección Galega da Academia Española de Dermatoloxía y Venereoloxía - Centro Cultural Marcos Valcárcel - 29 de maio - III Congreso Internacional de Discapacidade e Accesibilidade - de 17 a 21 h. Casa da Cultura de Verín - Do 4 ao 7 de xuño - III Semana Vitivinícola de Galicia - Centro Cultural Marcos Valcárcel www.periodicobarrios.com

Alumnos da ESO nun obradoiro didáctico no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. /RAMSÉS.

Obradoiros e música nos museos 4O 18 de maio, Día Internacional dos Museos, as entradas foron de balde. Redacción O 18 de maio celebrouse o Día Internacional dos Museos. Con motivo desta data os museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo ofreceron un amplo programa de actividades

para todos os públicos: xornadas de portas abertas, visitas guiadas, concertos, obradoiros, conferencias ou exposicións. O lema deste ano foi “Os museos como eixos culturais:o futuro da tradición” e orienta as súas accións en subliñar os novos papeis que

desenvolven os museos como actores activos nas súas comunidades, máis interactivos, centrados na audiencia, orientados á comunidade e que funcionan como plataformas onde a creatividade combínase co coñecemento e onde os visitantes poden co-crear, compartir e interactuar. Moitos dos museos comezaron xa a celebración nas xornadas previas ao 18 de maio. É o caso do Arqueolóxico Provincial de Ourense, que durante toda esa semana ofreceu visitas guiadas ao edificio do museo na praza Maior (Pazo Episcopal), así como obradoiros didácticos dirixidos a rapazas e rapaces da ESO ‘Reinterpretando o pasado’. Así, o obradoiro consiste en amosar os fondos fotográficos da cidade que se conservan no Museo Arqueolóxico Provincial para que os escolares sexan quen de ollar a cidade con outros ollos. Mediante métodos de aprendizaxe cooperativo analízanse as escenas representadas, co fin de que os participantes comprendan, analicen e se expresen artisticamente sobre o cambio e evolución das cidades, nas que o pasado e o futuro conviven a diario.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Pausa Gústanme as présas, sen máis. Síntome na obrigación de vivir coa urxencia dun moribundo, sabedor do seu fatal e inevitable destino: verídico, innegociable e cruel. O ser humano é breve e caduco. As relixións sementaron na súa fraxilidade medos e dúbidas, delimitando o espazo reservado á felicidade. Ás persoas pásalles o que a algunhas construcións nas que, pasado un tem-

po, aparecen vicios ocultos. Sempre estiveron ahí, pero cando se manifestan é tarde e a ruína chega de maneira súbita, inesperada e feroz. Na radio soa Izal e pide “pausa” . Penso en todo o que me resta por facer, por sentir, por aprender, por amar e apresúrome a vivir. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

Interior da casa Taboada na rúa Progreso de Ourense.

4HUMOR

A pianista Purificación Iglesias Pateiro, en primeiro plano, coa Orquestra de Corda.

A Orquestra de Corda do Conservatorio en Burgos A Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, composta polo alumnado do Departamento de Corda do Grao Profesional, actuou o pasado sábado día 18 de maio de 2019, no Centro Cultural Caixa de Burgos. Dúas importantes obras interpretáronse para este concerto. Na primeira parte o Concerto para Piano e Orquestra K-414 de W.A. Mozart, (Purificación Igrexas Pateiro ao piano) e na segunda, a Sinfonía nº 45 en Fa menor de J. Haydn. Este concerto atópase integrado no convenio de colaboración que mantén a orquestra coa Fundación Caixa de Burgos. Con este concerto deuse por clausurada a Tempada 2018/2019, que supón o 40º Aniversario desta orquestra de corda.


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 23 de maio 2019

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº96 - Ano: XII - 23 de maio de 2019 - Difusión: 15.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Esvaroume unha bágoa Se cadra poesía é “Unha bagoíña esvarando na folla dun sabugueiro, mentres na cima do ramallo o xílgaro esperta cantando o día de San Xoan e arrecenden as flores, co primeiro raíño de sol da mañá.”. Se cadra a poesía é cando Celsa Otero, a “nosa Celsiña”, saca a bailar ao noso Alvarito, na Primeira Festa da Escola de Vilanova, ver o seu sorriso nos ollos que cegaron por unha enfermidade, verlle esa cariña de neno que soña ca vida, vale a pena cando te queren, cando te sintes agarimado polos teus. Se cadra a poesía é o que agroma no corazón de Celsa, que xenerosa e atenta sabe do instante preciso para dar ese amor de verdade, “o ágape” dos gregos, ese amor de dar por dar, sen buscar nada a cambio, darte ti, dar o tempo a aqueles que máis o precisen. Vin tamén na súa cara a felicidade, e lembreime do que ti sempre me dicías, “o máis dificil da vida é ser unha boa persoa” e esvaroume un bágoa rebelde que disimulei co pano, vendo esa tenra escea. Se cadra poesía é que nos xuntemos aqueles rapaciños dos anos 60 e 70 na mesma escola onde nos ensinaron que “a letra co sangue entra” e contemos as nosas “historias” como se foran únicas e que as lembremos mellor que o que

fixemos onte á tarde, e volvamos ser os meniños que eramos, porque medramos por fóra, mais o sentimento encóllenos por dentro. Se cadra poesía é que meu irmán Suso, despois de pasar 15 días no hospital doente, veña esgotado pero con folgos para poñer o seu garuciño nesta festa e que o acompañen as súas fillas e as súas netas para que non se sinta só, e bailen e rían a pesares de todo. Poesía da aldea, de Ribas do Asneiro, dos zocos e dos partidos na lama, cando os postes das porterías eran os castiñeiros, cando só había un balón e se tirabas alto ameazando un cristal, requisábao o mestre, pero nin así acababa a diversión, unha botella de lexivia era outro balón, e cun pano xogábamos á roda, ou sen nada as agochadas, ou aos bugallos, sempre había a que, e senón inventabámolo. Iso foi o que nos xuntou 40 ou 50 anos despois, alí vin no maxín o mapa político e o xeográfico, vin tamén a foto de Franco e de José Antonio, os castigos de rodillas, e de almorzo o “cara el sol”, pero tamén vin as risas rebeldes dalgúns, vin tamén que a pesares da prohibición e o castigo, seguiamos falando na nosa lingua, que parece ser que agora periga, a pesares de que somos libres para falala.

Lembreime a primeira vez que me levaches a esa escola e eu cando te oín pasar cas vacas cara a Albela, botei a correr e fuxín pola porta como un foguete, tamén lembro como me colliches no colo, e me enchiches de bicos, e lémbrome que fuches e dixécheslle ao mestre que mañá volvería, pero que naquel intre non me ías obrigar porque estaba chorando. Como me coñecías, papá! Montáchesme no noso cabalo, no Moriño, e faláchesme devagarciño ata que me calmei. Á noite, cando nos fomos á cama, convencíchesme para que volvera, e volvín. Non volvín polo que me gustara a escola, volvín porque era o que ti querías, e ao mirar os teus ollos de mel e amendoa non che din dito que non, papá. Ese cariño foi o que sentín nesta primeira xuntanza da escola de Vilanova, e cando vin ese sorriso na cara de Álvaro e Celsiña e vinte tamén sorrir a ti torcendo o bigotiño, e decíndome: “Fixeches ben, Chiquito!” E pensei que ti si eras a poesía, por iso me esvarou esta bágoa. Dedicado a todos os meniños que fomos á escola de San Xoan de Vilanova, con zocos e remendos. Avelino Jácome

TRABALLO

INMOBILIARIA

VENDAS

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Ofrécese señora galega, con referencias. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Dánse clases particulares de matemáticas a domicilio (en Ourense capital). Todos os niveis. Contacto. whatsapp: 610. 38 25 89; e-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tlf: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío e outro con carballos e piñeiros. Nas Barxas, un de labradío. Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

Vendo incubadora pequena para ovos ede paxaro ou galiña (12 uds.). Tel: 616 726 331. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (os dous aparellos a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Vendo microondas, 30 euros; lavadora Zanussi 7kg (A++), 120 euros; deshumificador Longhi, 50 euros. Como novo. Todo xunto, prezo negociable. Tlf: 526 747 611. Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado. Tel e whatsapp: 630 67 21 05. Vendo gaiola para paxaros, de 1,70x0,70x0,60 m con 10 canarios de entre 2 e 3 anos, machos e femias. Tamén 2 gaiolas de cría de 0,60 e un lote de 8 gaiolas distintas. Tel: 988 232 565636 286 434.

VARIOS

Ófrecese un carballo de 45 anos (duns 40 cm de diámetro) en Feá (Alongos). Xa está arrincado, soamente hai que cortalo polo que se precisa levar espadín grande. Tlf.: 659 494 272 // 663 034 262. Preguntar por Betsaida. Regalanse cañas de bambú asiático. a Casa Betsaida en Feá (Toén). Tel: 663 034 262.


24

Barrios 23 de maio 2019


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.