Xaneiro de 2016 - Ourense por Barrios

Page 1

Entrevista ao edil e voceiro do grupo de goberno, Pepe Araújo BARRIOS

Páx.4

Os entullos da casa de Reza foron parar a un vertedoiro

BARRIOS

Páx.8

Entrevista á directiva da asociación de veciños Barrocás

CIDADES

Páx.11

O Concello aforrará 187.000 euros anuais en alugueres

[Páx. 2]

SOCIEDADE Páx.12

DEPORTES

Páx. 22

Menús de México, España e Portugal, en Xantar 2016

A UD Ourense, máis líder tras vencer ao Santa Teresita

Entroido en Ourense [Páx. 17-19]

A seguridade vial, a debate

[Páx. 3]

A Mesa de Mobilidade propuxo unha batería de medidas para reducir os atropelos na cidade, entre elas campañas de sensibilización.//Escolares celebraron o Xoves de Compadres na praza Maior./P.L. e R.T.

Número: 13 - Ano: XV - Xaneiro 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

ENTREVISTA

ENTREVISTA AO CONCELLEIRO DE INFRAESTRUTURAS E PORTAVOZ DO PP

“Traballaremos durante febreiro e marzo para elaborar un novo listado de prioridades” 4 O voceiro do grupo do goberno, Pepe Araújo, amósase orgulloso de ter sacado adiante as obras pendentes do Plan de Investimentos. Paula Lodeiro Pepe Araújo (Francia, 1971), é un dos homes fortes do Goberno municipal de Ourense. Empresario e político con experiencia tanto no goberno (na etapa 2003/07) coma na oposición, neste mandato asume as áreas de Infraestruturas, Servizo Eléctrico, Medio Ambiente, Limpeza Viaria e Transporte Público, ademais da portavocía do grupo de goberno. Como te organizas con tantas competencias? Pepe Araújo: “Traballando moitas horas, basicamente. Dedicándolle moito esforzo e intentando motivar a todos os responsables das diferentes áreas para que tamén fagan ben o seu traballo” Cando se iniciarán as obras pendentes do Plan de Investimentos, como a humanización da rúa Concello ou a rehabilitación da pasarela do Barbaña? P.A.: “O trámite administrativo, de firmas de contratos, de aprobación dos plans de seguridade e saúde, actas de replanteo… se está a facer estes días e eu penso que en febreiro xa empezaremos a ver algunha obra”. Desta vez van para adiante? P.A.:“Si, si, afortunadamente, grazas ao esforzo que fixeron no departamento de Contratación e no de Tesouraría e Intervención e grazas á colaboración da Deputación, se fixo posible que se salvara a partida orzamentaria e que se adxudicaran. A min cando se iniciou o proceso me dixeron que era practicamente imposible que nos dera tempo e aínda así asumimos o reto e o 31 de decembro estaba traballando todo o mundo no Concello para que iso fora unha realidade. Síntome especialmente orgulloso diso”. Realizarase a segunda fase do Plan de Investimentos que estaba prevista?

P.A.: “O Plan de Investimentos parte dun documento inicial onde aparecen relacionadas todas as demandas do movemento veciñal, e necesidades urxentes que había que atender, acordos plenarios aos que se lles quixo dar cobertura. Fixérase naquel momento unha estimación que xiraba ao redor dos 16 millóns. Naquel momento o PP estaba na oposición e colaborou para que fora unha realidade, e dotouse unha partida de case cinco millóns de euros para iniciar a primeira fase. O que se lles pediu agora á Federacion Limiar e Agrupación Miño é que foran pensando se o que quedou por facer é o que agora priorizarían e outras cousas que a maiores consideran e traballaremos durante febreiro e marzo para elaborar un novo listado de prioridades”. Cantas queixas recibe ao día relacionadas coas infraestruturas, viais, limpeza, parques, etc.? P.A.: “Moitas. Ademais, a cousa mudou moito con respecto a antes, agora hai moitas canles de comunicación e as queixan chegan de múltiples formas: a través de Messenger, do Whatsapp, do correo electrónico, do Facebook, do Twitter, por rexistro, chamadas telefónicas... si que se reciben todos os días unhas cantas”. Como se tramitan? P.A.: “Hai varias brigadas e dependendo de cal sexa a queixa se lle destina unha ou outra ou ás veces tes que contar con empresas externas que o fagan”. Están a revisar o regulamento de limpeza? P.A.: “Estamos traballando en varias ordenanzas, unha delas é a de limpeza. Está ben esixirlle á concesionaria, que así o facemos todos os días sen tremernos o pulso, pero tamén temos que ordenar a cidade e tomar decisións para que todo estea mellor. Non é normal que na porta de

calquera establecemento de hostalería haxa mil persoas tirando todos os días cabichas ao chan, ou que habendo un contedor a xente deixe as bolsas ao lado, simplemente por comodidade ou por deixadez; hai supermercados que fan o que lles dá a gana e temos que poñer orde… estamos a traballar nunha ordenanza que regularice a situación para que Ourense sexa unha cidade limpa”. Por que pediu unha nova auditoría sobre os contedores soterrados? P.A.: “Tivemos que encargar unha nova auditoría porque o que nos atopamos foi informes que non concretaban a situación. Por un lado unha empresa que informa sobre os sistemas de seguridade e por outro unha enxeñaría á que lle pediron que analizaran a evacuación de líquidos. Cando imos vela o que nos di a empresa é que fixeron unha estimación pero non unha análise de cada contedor. Non nos podemos aventurar a facer unha obra destas características, cunha estimación de ao redor de 1,8 millóns de euros só o que é a obra civil. Por iso pedimos a unha empresa que nos faga un informe da totalidade do que vai custar tanto a obra civil como a reparación de cada un dos contedores. Nuns días espero que nos dean ese informe”. Para cando se vai constituír a comisión sobre os casos de lexionella? P.A.: “Xa puxemos en marcha o proceso, xa lle pedimos aos grupos políticos que nos pasaran quen ía ser o seu representante na comisión”. Rematou logo o expediente informativo? P.A.: “Está nun proceso de finalización que pasa logo a Contratación, porque todas as sancións que o departamento de Limpeza pode detectar, que son aplicables por un mal proceder, non somos quen de tomar a deci-

Pepe Araújo, na praza Maior co Concello ao fondo./P.LODEIRO.

“Hai cousas que cun goberno en maioría sería máis sinxelo facelas. No día a día a verdade é que o traballo se está facendo con total normalidade” sión, hai que pasalo a Contratación, e están nese punto”. Tamén preparan novas concesións, coma a do transporte urbano. P.A.: “Cando chegamos atopámonos que o goberno anterior non fixera unha cousa de obrigado cumprimento, a publicación da intención de contratar un novo transporte no boletín das Comunidades Europeas e polo tanto fixémolo e parece ser que ten que estar un ano completo e sen esa publicación non podes tramitar a concesión. Agora estamos a traballar no prego novo porque tamén nos dixeron que o prego que elaboraran non cumplía cos mínimos”. Vai haber moitos cambios nas liñas de autobús? P.A.: “Aí puxemos en marcha a Mesa da Mobilidade e un dos temas que se tratou foi o de recoller as inquedanzas veciñais e de diferentes colectivos de como querían que fose o seu transporte. Imos intentar que todas as inquedanzas aparezan contempladas no novo prego”.

Ecoloxistas critican que se fan talas abusivas na cidade, a última na Rabaza, que tes que dicir? P.A.: “ Hai viais que non dependen do Concello; no que respecta aos que son titularidade do Concello aquí non se tala ningunha árbore se non hai un problema”. No caso da tala das árbores do Posío cal foi o motivo? P.A.: Había varios: a proximidade ás vivendas, estaban colocados na calzada e nalgún caso tiñan problema de saúde ademais estaban a destrozar o vial e se plantexou unha reforma e non podes facela sabendo que se vai destrozar en dous días. Sempre hai unha consulta ao departamento de Medio Ambiente para saber se se pode (talar) ou non”. Tes necesidade de persoal nas concellerías que xestionas? P.A.: “Si que existe esa necesidade de persoal en moitos departamentos: en Servizo Eléctrico, nas brigadas que actúan nas rúas, máis xardineiros… son departa-


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

mentos que nos últimos anos foron amortizando as prazas”.

A pacificación do tráfico, o reto de Ourense

Pero parte do mantemento das zonas verdes realízase a través de concesións. P.A.: “Hai unha parte que está en concesión pero outra que fan directamente funcionarios municipais e se ven moi apurados para dar atendido todo porque son cada vez menos”.

4 Máis dunha vintena de colectivos achegaron na Mesa da Mobilidade as súas propostas para mellorar a seguridade viaria na cidade.

Optarán por ampliar persoal ou concesións? P.A.: “Esa é unha decisión que temos que tomar agora, estamos elaborando o prego administrativo para as zonas verdes. É unha realidade que cada vez hai menos xardineiros no Concello, que non deixan contratar e que as zonas verdes hai que telas en bo estado; algunha fórmula hai que encontrar”. Como é de diferente gobernar con maioría a facelo en minoría? P.A.: “Hai cousas que te plantexas para facer a medio ou longo prazo e evidentemente cun goberno en maioría sería máis sinxelo facelas. No día a día a verdade é que o traballo se está facendo con total normalidade. Si que é verdade que cando estás elaborando os orzamentos gustaríache ter a maioría suficiente para aprobalos ou cando estás falando do documento máis importante da cidade, o PXOM, gustaríache ter certa garantía de avanzar nese proxecto. Pero é un exercicio que tamén está ben, de diálogo permanente coa oposición, que doutro xeito ao mellor non se faría. Nós xa convocamos un montón de xuntas de portavoces, na etapa anterior non conseguías unha xunta de voceiros nin que o pediras pola vía urxente”. Con que partido é máis doado chegar a acordos? P.A.: “Dependerá do interese dese grupo por cada tema, non creo que haxa un grupo co que sexa máis fácil que outro, creo que é posible chegar a acordos con calquera”. Como se toman os rumores de moción de censura? P.A.: “Iso case é mellor preguntarllo aos que poderían facer a moción de censura. Nós estamos a traballar con normalidade e a intentar facer as cousas o mellor posible e a partir de aí o outro é unha cuestión que vai estar sempre aí. E se ten que ser que sexa”.

P. Lodeiro 16 atropelos en 40 días. Unha persoa falecida. Unhas alarmantes cifras que levaron ao Concello de Ourense a convocar unha Mesa de Mobilidade monográfica. Nela, unha trintena de representantes de colectivos achegaron as súas propostas para mellorar a seguridade viaria na cidade. A maioría das intervencións xiraron sobre unha idea: conseguir a pacificación do tráfico en Ourense. “Esta cidade está pensada para os coches, hai que darlle máis prioridade aos peóns”, apuntaba Víctor Barro, de Amigos da Terra, un dos colectivos participantes. Nesa liña, Francisco Cabello, do sindicato maioritario da Policía Local, recordaba que “peonalizar a cidade é seguir ideas da Unión Europea”. Entre as propostas achegadas, a realización de campañas de sensibilización e concienciación dirixidas a peóns e a condutores, o acondicionamento de aparcamentos disuasorios, a ampliación de zonas peonís, a instalación de pasos de cebra elevados, ou a aplicación real das zonas a 30, que xa existen na cidade pero non se respectan, “con medidas e orzamento”, reclamaba Martiño Xosé Vázquez, de Ourense en Común. O arquitecto municipal César Pichel apuntaba que unha menor velocidade do tráfico trae consigo un “menor índice de mortalidade e mellora a convivencia”. En definitiva, aplicar en Ourense experiencias positivas xa realizadas noutras cidades, co exemplo de Pontevedra como caso de éxito máis próximo. A técnica de Educación Viaria, Fina Lage, enumerou as 35 medidas do Concello de Ourense en materia de xestión da mobilidade, transporte público, redución do tráfico e accesibilidade. Entre elas, a necesidade de planificar o crecemento urbano con criterios de accesibilidade mediante transporte non motorizado (a pé ou en bicicleta) e transporte colectivo, restrinxindo o uso do vehículo particular. O estudoso dos plans de mobilidade, Javier Barreal, resumiu a súa proposta para Ouren-

4 Os datos

Os asistentes á Mesa da Mobilidade gardaron dous minutos de silencio polas dúas últimas vítimas de atropelos na cidade./P.LODEIRO.

Aparatoso accidente acontecido na rúa Celso Emilio Ferreiro o pasado día 29./P.LODEIRO.

Campañas de sensibilización, aparcadoiros disuasorios, peonalización de rúas, instalación de pasos de cebra elevados ou aplicación real das zonas a 30, algunhas das propostas se, que pasa por ir peonalizando paulatinamente as rúas comprendidas dentro do que denomina a “ronda” (a suma dos viais avenida da Habana, Progreso, avenida de Zamora, Saínza, Pena Trevinca e Emilia Pardo Bazán), que sería de sentido único, con beirarrúas máis amplas e carril bici. Unha idea semellante achegaba OUeC. Na Mesa da Mobilidade participaron, entre outros, colectivos vinculados co tráfico e a mobilidade, como Stop Accidentes ou Amigos da Terra, a Federación Limiar, o sindicato policial SPPYME, técnicos municipais, representantes de Democracia Ourensana, PSOE e Ourense en Común, e os concelleiros Jesús Cudeiro, Sofía Godoy e Flora Moure.

Análise polos técnicos Toda esta batería de propostas será remitida agora aos técnicos municipais para a súa avaliación, mediante os preceptivos informes, que permitan a axeitada implementación daquelas que sexan viables e eficientes. Os asistentes tamén coincidiron na necesidade de que as medidas que se aproben teñan vocación de continuidade no tempo, e cuxa execución non dependa dos resultados de futuras eleccións municipais. E que sería convinte crear un grupo de traballo máis reducido e operativo. Manuel Carnero, presidente da Federación Limiar, expresaba un desexo de moitos: “que esta reunión sirva para algo e nos próximos meses se empecen a ver cousas”.

Segundo as estatísticas oficiais da Policía Local en materia de seguridade e siniestralidade, en 2015 producíronse 55 atropelos. É un 13% menos que o ano anterior, cifra que representa a máis baixa na cidade desde 2004. Dos 55, só un se produciu por exceso de velocidade. Os datos do informe da Policía Local indican que a maioría dos atropelos prodúcense en pasos de peóns e o 75% deles por causa imputable directamente ao condutor. Os maiores de 60 anos representan o 70% dos atropelados. A concelleira de Tráfico, Flora Moure, concluiu que non se pode concretar a existencia dun “punto negro” pois os atropelos foron en 47 rúas diferentes. Ourense en Común, que analizou polo miúdo estas estatísticas, constatou que a maioría deles se concentran nas mesmas rúas ano tras ano (Marcelo Macías, Progreso, avenida de Zamora, A Saínza, Emilia Pardo Bazán…). En cambio, os reductores de velocidade (58 en toda a cidade) “non coinciden coas zonas de maior tránsito e de atropelos”, explicaba o seu concelleiro Martiño Xosé Vázquez, senón que se ubican en barrios de baixa densidade de tráfico como As Lagoas, Polvorín, Peliquín ou Cruz Alta. Medios dispoñilbes A cidade conta cunha vintena de zonas 30 sinaladas horizontal e verticalmente, algunhas como na Universidade ou no casco histórico, limitadas a 20 km/h. Existen outras 29 zonas con sinais verticais fluorescentes co texto ‘Zona escolar’ e velocidade limitada a 50 km/h noutros tantos colexios da cidade. O Concello de Ourense realizou, o ano pasado, 150 actuacións de mellora da sinalización vertical e 178 de mellora da sinalización horizontal nas rúas da cidade.

En 2015 houbo 55 atropelos en 47 vías diferentes


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

BARRIOS

Os entullos da vivenda derrubada en Reza foron parar a un vertedoiro incontrolado 4 Os donos critican que o Concello lles cobrase unha xestión dos restos que non se fixo. P. Lodeiro Rosa Alonso, a propietaria da vivenda de Reza derrubada en xuño pasado para cumplir unha sentenza xudicial, denuncia que os materiais de entullo da casa foron parar a un vertedoiro incontrolado situa-

Ante as súas consultas sobre a xestión dos restos, o Concello contestou “con vaguidades”

do nunha charca en Parada de Piñor (Barbadás), onde seguen a data de hoxe. En repetidas ocasións a través do seu avogado solicitou información no Concello de Ourense sobre os vertedoiros autorizados ao contratista da demolición para depositar o material así como comprobantes da entrega dos residuos a un xestor autorizado para o seu tratamento. En todos os casos, o Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística respostoulles “con vaguidades” á súa

intención de recuperar elementos reutilizables do inmoble que –salientaneran da súa propiedade, como pedra ou os paneis da cuberta. Denuncia da SGHN Os propietarios tiveron coñecemento dunha denuncia da Sociedade Galega de Historia Natural, (SGHN), que data de xullo do ano pasado, por un vertedoiro de entullos de construción en Parada de Piñor (Barbadás). Segundo o informe do Seprona os residuos proce-

Imaxe dos entullos da casa derrubada nun vertedoiro incontrolado en Barbadás. dían da demolición da súa casa. Tras visitar o lugar, constataron que os entullos seguen alí, malia que unha resolución da Consellería do Medio Ambiente asegurase que se repuxera o terreo ao seu estado orixinal. “Tentáronos ocultar compactándoos con sábrego, e os restos da derriba da nosa casa (grandes

bloques de formigón coas súas armaduras de aceiro, grandes bloques de ladrillos cara vista, tubaxes de chan radiante, cables da instalación eléctrica, etc.) non son moi difíciles de distinguir”. Rosa Alonso recorda que o Concello de Ourense cobroulles “pola vía de apremio e anticipadamente o importe do derribamento,

incluíndo unha xestión de residuos que non se realizou”. Por estes motivos, a propietaria dá conta dos feitos nun escrito presentado ante o Seprona da Garda Civil o 27 de xaneiro, solicitando que se poñan en coñecemento da autoridade competente a fin de depurar as responsabilidades “deste consumado delito”.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

Novo parque, prazas de aparcamento e local veciñal para Reza 4 O alcalde trasladou a Acuaes esta solicitude por parte do Concello, no marco da comisión de seguimento das obras da nova depuradora. Redacción Dotar á localidade de Reza dun novo parque público, habilitar prazas de aparcamento que den servizo a este espazo verde e á zona termal e un local para uso da asociación de veciños son os obxectivos da actuación que o Concello de Ourense quere acometer nos terreos que ocupa a actual estación depuradora que quedarán dispoñibles cando remate a construción da nova, que actualmente executa Acuaes, Aguas de las Cuencas de España. O alcalde de Ourense Jesús Vázquez e o concelleiro de Infraestruturas, José Araujo trasladaron esta demanda por parte do Concello á delegada territorial de Aguas de las Cuencas de España S.A., Isabel Pérez-Espinosa, no trancurso da comisión mixta de seguemento das obras do novo abastecemento á cidade e da nova depuradora. A vontade do Concello, que recolle unha petición expresa da veciñanza de Reza é aproveitar os terreos que quedarán dispoñibles cando remate a

Empregaranse os terreos da actual depuradora

construción da nova depuradora e se proceda a demoler a actual. Os terreos recuperados permitirán dar resposta tamén a outras necesidades da zona, como son o acondicionamento de prazas de aparcamento neste espazo tan utilizado por veciños e visitantes da cidade no seu tempo de lecer, incluido no itinerario de paseos peonís das marxes do río Miño, e que conecta á súa vez coas áreas termais. Tamén se enriquecerá o atractivo da zona, tanto para os veciños da localidade, que contarán cun novo espazo verde e de lecer, como para os milleiros de persoas que se achegan a el. Tamén se acordou que un dos edificios da actual estación non sexa demolido, para que poda ser o novo local veciñal. Concello e Acuaes seguirán a manter novas xuntanzas para avanzar nesta intervención, que deberá plasmarse nun proxecto técnico que definirá o alcance, características e orzamentos das obras concretas a realizar. Satisfacción entre os socialistas Tras este anuncio, o grupo municipal socialista amosou a súa satisfacción, “xa que despois de moitos anos de xestión e de rei-

vindicación veciñal, os veciños de Reza poderán gozar dunha serie de equipamentos”. O seu voceiro, José Ángel Vázquez Barquero, sinalou que este logro se produce grazas á aprobación unánime dunha moción socialista no pleno de novembro e aos compromisos acadados polo anterior Goberno municipal.

Dende o PSOE aseguran que este acordo se debe a compromisos acadados polo anterior goberno 4 Pechado o Paseo das Ninfas ata o 12 de febreiro O Paseo das Ninfas permanecerá pechado do 1 ao 12 de febreiro, ambos incluídos, debido ás obras de construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais de Reza. Como xa ocorrera en ocasións anteriores, o paseo permanecerá aberto a fin de semana dando de novo servizo a todos os viandantes que cada día transitan polo lugar.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Marín, durante a sinatura do convenio./PAULA LODEIRO.

Concello e CHMS colaborarán para mellorar o saneamento de Velle 4 As obras precisarán un investimento de tres millóns de euros. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da Confederación Hidrográfica do MiñoSil, Francisco Marín, asinaron un protocolo de colaboración para financiar a mellora do saneamento e a depuración de augas na parroquia de Velle, que beneficiará a uns 500 habitantes. O investimento total estimado para a actuación é de 3 millóns de euros, que serán asumidos ao 50% por ambas institucións. A rede de saneamento dunha parte da parroquia de Velle non está conectada ao sistema xeral de saneamento de Ourense. Posúe catro fosas sépticas cuxo funcionamento é deficiente e provoca

recorrentes vertidos ao río Miño e, por tanto, afecta á toma de auga potable da marxe esquerda. O acceso a estas fosas é complicado e, polo tanto, o seu mantemento tamén. O presidente da CHMS, Francisco Marín, explicou que existen catro puntos de vertido en Velle, augas arriba da toma de abastecemento de augas da cidade. O primeiro paso que se dará para solventar o problema é encargar un estudo para ver cal é a mellor solución, “se levar esas augas residuais á nova EDAR ou é máis barato construír alí unha nova depuradora”. Competencias de cada administración Unha vez coñecido o resultado dese informe, a

previsión é licitar o proxecto este verán. A CHMS encargarase da redacción, das expropiacións e da obra, dirección e vixilancia da mesma. Igualmente, licitará, adxudicará e xestionará os contratos de obra e servizos. O Concello, pola súa banda, farase cargo da xestión, explotación, mantemento e conservación como único responsable da infraestrutura. Para o correcto desenvolvemento deste protocolo, constituirase unha comisión de seguimento composta por dous representantes de cada parte.

Segundo as súas previsións, licitarase o proxecto en verán


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

BARRIOS

A venda do Mosteiro de Santa Comba de Naves, “transacción entre privados” 4 O alcalde esíxelle á oposición “datos” se considera que houbo inacción do Concello. P. L. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou que a situación do Mosteiro de Santa Comba de Naves, en Palmés, xa estaba en marcha ao chegar o PP ao goberno e animou á oposición a que facilite “datos” se considera que o grupo de goberno non actuou nas súas competencias con respecto á venda do cenobio por parte do Bispado a un particular. Así, relatou que ao tratarse dun ben catalogado no inventario municipal, “non BIC”, a Xunta constatou o “deficiente estado de conservación”, polo que o Concello iniciou un expediente de reposición da legalidade. O 12 de xaneiro de 2015,

a anterior edil de Urbanismo encargou un informe externo sobre as medidas a adoptar, e daquela se sinalaba como propietario ao Bispado. O 10 de xuño a arquitecta municipal informou favorablemente desas medidas, e o anterior goberno requeriulle á Diócese que levase a cabo as obras. Esta contesta o 10 de agosto negando a propiedade do mosteiro. Por tanto, o 3 de setembro o Concello require información ao Rexistro da Propiedade sobre o inmoble, sen recibir resposta hoxe en día. Venda a un particular Tras coñecerse esta semana que o Bispado realizara a venda do cenobio a un particular, o Concello

requeriu á Diocese aclaracións sobre dita transacción. Paralelamente, o actual propietario presentou no Concello proxecto para reformar a cuberta da capela do mosteiro. A concesión da licenza quedará a expensas do pertinente informe de Patrimonio. Ademais, “a persoa que di ser o actual propietario”, recoñeceu o rexedor, remitiu un escrito ao Concello no que asume as esixencias de mantemento e conservación que fixera no seu día a Administración local ao Bispado. Vázquez recalcou que se trata dun “ben privado” e dunha “transacción entre privados” e que, en todo caso, os anteriores Gobernos municipiais puideron ter analizado no seu día a

Imaxe dunha dos plataneiros talados polo pé na Rabaza./AMIGOS DA TERRA.

Amigos da Terra denuncia talas na Rabaza e Vilar de Astrés Amigos da Terra vén de denunciar a tala polo pé de seis plataneiros de sombra ubicados nos laterais da comarcal 523, á altura da Rabaza. Xa que agás unha, que tiña elementos con pudrición, as restantes estaban “perfectamente sás e non supuñan ningún problema de seguridade para o tráfico nin viandantes”, explican. Así mesmo, reclaman a corta dun carballo centenario na parroquia de Vilar de Astrés, na zona de protección do Camiño Mozárabe-Vía da Prata. Aclaran que “as raíces que estaban orientadas cara o Camiño tiñan signos de podredume, pero que as orientadas cara a Capela do San Bieito estaban en bó estado e eran as que a fixaban ao solo”. Por iso, se durante as obras de canalización soterrada da liña eléctrica realizadas por Gas Natural-Fenosa non arrancaran as raíces que sostiñan a árbore, “non tería lugar a súa caída”.

titularidade do mosteiro, ou as posibilidades de mércalo ou expropialo. Moción no pleno As palabras do alcalde chegan despois de que os tres grupos da oposición solicitaran explicacións ao grupo de goberno sobre o seu papel na venda. Non foron suficientes aclaracións para o PSOE, que vén de presentar unha moción no pleno do 5 de febreiro na que solicitará apoio para que os veciños de Palmés estean “debidamente informados da venta do seu mosterio facilitándolles toda a documentación da mesma”. Pedirá, asemade, que “no caso de que a venda non se realizara dacordo coa lexislación vixente, o Concello e a Xunta tomen medidas para recuperar o Mosteiro e para que os veciños poidan decidir o seu destino e uso”.

Dende o PSOE piden que, se a venda foi ilegal, Xunta e Concello recuperen o Mosteiro

Deficiencias no novo local veciñal da Ponte Redacción Recén estreado o novo local veciñal da Ponte (no edificio da Praza de Abastos), os máis de 300 socios veñen de denunciar varias deficiencias. O primeiro problema é que o edificio conta con calefacción central pero non funciona. “Temos que ter radiadores”, explica a presidenta da AVV, Olga Giráldez. Así mesmo, tanto os pontinos como os usuarios quéixanse da ubicación da Oficina de Aten-

ción ao Cidadán no local veciñal, “cando facemos unha actividade a xente que vén á oficina mestúrase connosco”, engade. Ademais, lamentan a mala colocación do ascensor que non o fai visible dende a entrada, e que no acceso dende a rúa hai uns metros sen pavimentar nos que se acumula barro que dificulta o paso das persoas maiores ou con mobilidade reducida. E aínda que insisten en que “esta obra non a fixo esta corporación municipal”, esixen solucións.

Entrada do novo local veciñal da Ponte./M.REJO.

Vehículos estacionados na curva a pesar da sinalización horizontal e vertical./P.L.

Piden que se cumpran as normas de tráfico na rúa Xoán de Nóvoa A asociación veciñal Agarimo do barrio da Cruz Alta pide ao Concello e á Policía Local que faga cumprir as normas de tráfico que impiden aparcar na curva da rúa Xoán de Nóvoa. Os veciños expuxéronlles persoalmente a problemática desta rúa, único vial por onde pode acceder o autobús urbano e a maioría do tráfico rodado ao barrio da Milagrosa. “Despois de ter transcorrido catro meses, e continuar co mesmo abuso manifesto dos condutores, que estacionan en dita curva no carril de subida, debidamente sinalizado, sen que se respecten, pedimos á concelleira que faga cumprir as normas de tráfico e que a Policía Local actúe, ata poñer orden, en beneficio de todos os veciños”, explicaron.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

Nove empresas optan ao proxecto construtivo da nova terminal de autobuses 4 A Xunta sitúa a infraestrutura tralo centro de saúde da Ponte, ao carón da estación de tren. P. L. Nove empresas presentaron as súas ofertas para a elaboración do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na futura estación intermodal de Ourense, por un importe de preto de 148.000 euros. Estas entidades terán un prazo de tres meses para o proxecto básico e de seis meses para o total do proxecto construtivo, a contar desde a sinatura do contrato. Logo, á Xunta corresponderalle financiar e executar as obras. O proxecto supón tras-

ladar a estación de autobuses de Ourense ao carón da estación de tren, para facilitar o intercambio de viaxeiros entre modos de transporte. Segundo os estudos previos realizados pola Xunta, a terminal de autobuses deberá contar con 19 dársenas. Ademais, construirase un edificio terminal duns 430 metros cadrados. Tanto a terminal como as dársenas ubicaríanse ao nivel da rúa, detrás do centro de saúde da Ponte. O PSOE quere paralizar esta licitación O grupo municipal so-

cialista presentará unha moción no pleno de febreiro co fin de paralizar esta licitación, pois considera a proposta “coma un puzzle sen sentido no que as pezas non se inclúen nun proxecto global de integración de vías de entrada á cidade, estación de tren e bus, máis aínda cando se está pendente de coñecer o proxecto definitivo da estación intermodal do AVE en Ourense”. Por iso urxen ás tres administracións implicadas – Xunta, Fomento e Concello - a que asinen un convenio que garanta “a intermodalidade real da estación”.

A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, visitou o 25 de xaneiro as obras da alta velocidade no túnel de Bolaños, no tramo ourensán de Vilariño-Campobecerros./P.L. Visita da ministra Nunha visita ás obras do AVE en Ourense, a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, ratificou a data de 2018 para completar a conexión da alta velocidade a Galicia. Preguntada polos tramos do AVE que aínda están sen executar, entre Taboadela e a capital ourensá, explicou que nun dos subtramos “houbo un

problema con onde se ían realizar os vertidos, e neste momento estase ultimando co Instituto de Vivenda e Solo para o traslado dos vertidos e que se poida iniciar o antes posible”. No que respecta ao outro subtramo, agarda polo informe do Ministerio de Medio Ambiente para poder ser licitado, non antes do segundo trimestre deste ano.

E en referencia á estación de Ourense, a ministra indicou que houbo reunións entre a Xunta, Concello e os equipos de Adif e de Fomento para deseñar o seu proxecto. Insistiu que será unha estación “digna da chegada da alta velocidade, a entrada a Galicia”. Neste caso non quixo indicar prazos, “cando nos digan os técnicos”, afirmou.


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

BARRIOS

ENTREVISTA Á XUNTA DIRECTIVA DA AVV BARROCÁS

Nieves Díaz: “O barrio ten máis de 40 anos e está exactamente igual” 4 A xunta directiva da asociación de veciños Barrocás achéganos ás numerosas necesidades do seu barrio. Silvia Nieto Limpeza, alumeado, saneamento… as demandas dos veciños de Barrocás non mudaron en absoluto co paso dos anos, e isto débese, segundo denuncian, á indiferencia dos políticos. Falamos con Nieves Díaz (presidenta), Luis Blanco (vicepresidente) e Vanessa Fernández (tesoureira) dunha das asociacións veciñais máis activas da cidade. Cando se fundou a asociación de veciños Barrocás? Nieves Díaz: “Como asociación de veciños fundouse en 1984, pero antes era Sociedade Recreativa e Cultural Os Barrocás. A directiva actual leva dende mediados de 2012”. No tempo que levades no barrio, en que mellorou? N.D.: “O barrio ten más de 40 anos e está exactamente igual. Excepto algunha reparación puntual non cambiou en nada”. Cales son as vosas principais damandas? N.D.: “A limpeza é a nosa pelexa de sempre, é máis ou menos real en dúas beirarrúas, no resto do barrio limpan os veciños. Hai un muro de contención que vai ao longo da rúa Barrocás, onde está a fonte, enriba hai unha terra que din que non é de ninguén, pero é responsabilidade do Concello, cunhas silveiras que chegan ata máis da metade do muro e están a piques de virse abaixo. Levan seis anos sen cortar esa maleza. E, como consecuencia, tivemos que pedir que desratificaran e non nos fixeron caso. Pero resulta que dende fin de ano as farolas da rúa Barrocás non funcionaban, estivemos cinco días con escritos e descubrimos que a causa era que as ratas comeran os cables. Co alumeado igual, temos unha instalación de fai 45 anos, pedimos que nola cambien porque non da case luz e ata será mellor para eles que as novas consumirán menos, pero nada. E no tema da auga pasa o mesmo, están as

“Ás nosas actividades e ao local pode vir todo o mundo. Cremos que é bo ser abertos, pero parecemos parvos”, confesa Nieves Díaz

Unha das demandas deste colectivo veciñal é a reparación das filtracións que sofre a praza ubicada na rúa Barrocás. A humidade causou que se desplomara parte da bovedilla e, ata o momento, a solución do Concello foi apuntalala e colocar unhas vallas. Xunto a elas posa a directiva da asociación na imaxe./S.N. tubaxes de fai décadas. Ademais, cando cambiaron as beirarrúas condenaron as bocas de rego. Hai dous anos ardeu por terceira vez un soar detrás da rúa dos Mirtos, e só había unha que usaron os veciños. Os bombeiros tiveron que ir a 300 metros. Tamén pedimos que fixeran un cortalumes para que poidan acceder os vehículos de emerxencia. Foi aprobado no Plan de Investimentos 2014-2015, pero xunto a outras cousas aprobadas –como unha rampa nas escaleiras do polideportivo- como non o fixeron en prazo agora non cho fan. Iso si, a fonte, hai dous anos, despois de tela pechada ano e medio, reventou e puxérona de pedra e estamos contentos, porque é auga non controlada sanitariamente pero se queres refrescarte tes onde facelo. Foi o único. En Barrocás non se fai nada”. Vanessa Fernández: “Ademais, fai un ano e medio o autobús tirou a marquesiña da parada, non é xurisdición nosa porque está xusto fóra do barrio pero é a parada que nós empregamos. Fomos ao Concello e dixéronnos que como a empresa está en precario, a aseguradora xa pagou a marquesiña pero non está posta. E os horarios do autobús tamén son un problema, temos só unha liña (11) cada 40 minutos, porque

costa moito que todos os que veñen á zona nova suban ata a gardería dar a volta. Logo temos a liña 8 que pasa cada hora e cuarto, pero sempre coincide ca 11, polo que non nos axuda en nada. Ademais, ao lado da gardería hai un pequeno acceso ao polideportivo cun sinal de prohibido entrar. Reclamamos para que nos poñan unha liña amarela para que non se estacione, pero dinnos que como xa está o sinal non é preciso pintala. E se necesita pasar unha ambulancia ou alguén para o polideportivo cargado con matarial non pode, xa que hai coches aparcados”. Luis Blanco: “Con moitos temas alegan falta de cartos, pero o que teñen é falta de vontade”. Canto tempo levades agardando a que vos arranxen o problema da praza? L.B: “Con cartos do Plan E arranxáronnos a praza, puxeron tela asfáltica para impermeabilizar, pero por aí van as baixantes da auga da choiva e dalgún bloque, esas baixantes estropeáronse e viñeron os do Concello dúas veces e deixárono cada vez peor. E dinnos que ten que pasar a Enxeñería porque agora é unha obra maior. Mentras debido á choiva a humidade foi penetrando e veuse un cacho da bovedilla abaixo.

Cando foron as eleccións municipais viñeron e ensinámosllo e puxeron unha vallas porque é un perigo, pero nada máis”. Tamén hai problemas cos nomes das rúas. N.D.: “Isto era a urbanización Barrocás. Viñeron do Concello e puxérolle rua Barrocás á que baixa e rúa dos Mirtos á outra. Pero non entendo como interpretan o que é unha rúa, eu penso que é un vial, pero a rúa dos Mirtos non ten vial e agora hai problemas porque hai veciños que están empadroados co nome dunha rúa e outros doutra, e teñen que pedir certificados de convivencia”. Cal ten sido a resposta do Concello ante estes problemas? N.D.: “Ultimamente o que nos din é que teñamos paciencia, que nos atenderán. Ademais, din que non saben por que nos queixamos porque temos xardíns e piscina privados, que somos uns privilexiados. E sénteste impotente. Nós non somos elitistas, ás nosas actividades pode vir todo o mundo, non cobramos por ser socio, vén xente de fóra do barrio ao local da asociación e estamos encantados. Cremos que é bo ser abertos, o problema é que parecemos parvos. Pero non estamos amargados, somos felices, pero

hai que ser sinceros. De momento estamos calados, ata que nos cansemos, porque pacificamos moito para que os veciños non se enfaden, pero hai un límite”. Notastes algunha diferencia co cambio de goberno municipal? N.D.: “Non, seguimos igual. E o que ofende é que nós esperamos e outros non esperan. E nós só pedimos cousas imprescindibles”. Credes que están discriminados os barrios en relación ao centro? V.F. : “Si, hai diferencias, incluso entre as asociacións das aforas, parece que algúns son cidadáns de primeira e outros somos de quinta ou de sexta. E gastan cartos en tonterías, cambian nalgunhas zonas o asfalto por adoquín, e paréceme un gasto superfluo, sabendo que hai necesidades noutros sitios moito máis importantes. Ademais, hai asociacións con dous locais subvencionados polo Concello, cando o noso o temos que manter nós, e eles reciben 1.600 euros de axuda por enriba. E iso enfádate moito”. N.D.: “Nós intentamos beneficiar cos poucos recursos que temos ao maior número de persoas posible. En cambio ves outras asociacións con 24 nunha cea, e dende a Concellería valoran igual. E tampouco controlan o número de persoas que participan nas actividades que subvencionan. Nós temos que lle decir á xente que non, non facemos máis cousas porque non temos sitio, temos todo o espazo repartido toda a semana, así que estaríamos encantados de que controlasen”. Como valorades as axudas de Participación Cidadá? N.D.: “O noso local non é un ben público, o Concello nin nos paga alugueiro, nin luz, nin nada, pagámolo nós. As asociacións de veciños dependen de Participación Cidadá e todas pedimos subvención para realizar actividades. Normalmente tivemos das axudas máis altas, porque somos bastante máis activos, tamén nos buscamos a vida máis. O ano pasado déronnos 1.500 euros, pero este ano consideraron que merecíamos 1.000. E con eles fixemos numerosas actividades e sostivemos un magosto de máis de 600 persoas, con cinco monitores de tempo libre atendendo a 83 nenos, tivemos gaiteiros, etc. Facemos maravillas e enriba quítannos cartos. Cando organizas unha actividades tes que recurrir aos veciños, e aí a xente vólcase, senón sería imposible”. Que actividades organizades? N.D.: “Ademais do magosto, facemos cousas en Entroido. O sábado 6 de febreiro teremos unha cea- baile para os maiores, na que os veciños contribúen coa comida.


BARRIOS

“Parece que uns son cidadáns de primeira e outros somos de quinta ou sexta”, di Vanessa Fernández Para os nenos faremos actividades o luns 8 pola tarde, para que acudan acompañados dos seus avós, pais ou coidadores. Terán unha monitora para facer xogos, haberá merenda e festa. Tamén facemos a cea do veciño, que se organiza por grupos e cada un trae algo de comida. Nós recibimos só tres actividades subvencionadas polo Concello: risoterapia, memoria e ioga-pilates. Comezaron agora, pero esta vez cambiaron todos os monitores e reduciron as clases en 20 minutos, e os veciños están moi molestos. En risoterapia levaban nove anos coa mesma monitora e agora estalles costando aceptar o cambio. En memoria levan tres anos e xa mudaron de profesor máis veces. E en ioga-pilates puxéronnos a clase ás 6 da tarde e a xente non está de acordo co horario porque hai quen traballa. Así mesmo, a asociación organiza pola súa conta este ano talleres de conservas e elaboración de dulces artesanais. Tamén colaboramos co centro de saúde, para a campaña de vacinación; coa Cruz Vermella e Xuventude que organizan actividades dúas veces por semana con 20 nenos por día; co Club Xadrez Ourense e coa Asociación da Palilleiras aos que lles cedemos espazos; e co Concello cedendo o local como colexio electoral nas eleccións. Organizamos o Torneo de Aninovo de Xadrez, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes, a Xunta e patrocinadores particulares entre os que destacan Caldaria e Pernod Ricard. E temos unha coral, que se retomou fai tres meses e a xente está moi contenta; e a sala da asociación ábrese todos os días do ano, con prensa e xogos de mesa, e a porta está aberta a todo o mundo. Porque para iso son as actividades, para que o pasen ben, que se divirtan, que se relacionen e que saian da casa”.

64.000 euros para arranxo de viais municipais do rural 4 Proceden do Plan Marco. Redacción A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse en Santiago co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, para tratar, entre outros temas, o reparto do Plan Marco para este concello. Ángeles Vázquez comentoulle que para este 2016, a cantidade presupostada no Plan Marco para o Concello de Ourense ascende a preto de 64.000 euros, co fin de ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando

menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria. A titular de Medio Rural fixo fincapé en que o obxectivo xenérico a al-

A asociación de veciños Barbaña volve denunciar as verteduras de lixo ao río Barbaña nos días de feira. “Unha práctica que as autoridades, tanto municipais, medio ambientais e a Confederación Hidrográfica do Miño, non parece que teñan moito interese en darlle solución”, afirman. Recordan que en dec-

Actual estación de autobuses./AVV AS TERMAS.

Os veciños piden coñecer o futuro uso do soar da actual estación de buses

Momento da reunión entre o alcalde de Ourense e a conselleira de Medio Rural en Santiago.

A AVV Barbaña volve denunciar a contaminación do río os días de feira Redacción

canzar con estas achegas é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais a través das infraestruturas e servizos básicos demandados pola poboación da zona. Con motivo desta xuntanza, a titular de Medio Rural puido coñecer de primeira man as necesidades do municipio ourensán, en especial as relacionadas co agro.

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

embro a CHMS fixo unha limpeza importante do leito do río Barbaña, retirando centos de obxectos. E lamentan que tralo primeiro mercado do ano (o do día 7) o río quedase de novo cheo de materiais e restos “procedentes dunha práctica habitual e consentida”. “Resulta incomprensible que se vexa como os vendedores ambulantes non empregan os dispositivos para recollida do lixo pos-

tos á súa disposición, como desprezan e maltratan a zona pública que se lles facilita e o fan coa seguridade de que estas prácticas non están perseguidas, nin son sancionadas polos responsables que teñen que tomar medidas”, opinan

A AVV As Termas, situada na urbanización de vivendas sociais xunto a estación de autobuses, pedirá por escrito a Xunta e Concello información sobre o futuro do soar onde actualmente se sitúa a estación. “Os veciños do barrio están preocupadas debido a que por parte da Xunta e Concello non se aclara que usos se lle dará aos terreos nin que pasará coas tres liñas (6A, 6B e 12) que alí teñen parada”, explican. Unhas liñas de bús urbano que non só dan uso a viaxeiros senón que tamén ás arredor de 1.000 persoas que residen nas vivendas sociais e aos usuarios da zona termal do Tinteiro e aos da coñecida popularmente como “pista roxa”.

desde a AVV Barbaña. E critican que sexa unha asociación de particulares, a dos comerciantes da Praza, a que xestione e se beneficie do mercadiño mentres que toda a cidade paga “as consecuencias”.

Lixo tirado ao río Barbaña durante a feira./A.VV.BARBAÑA.

A información pública o tramo EirasvedrasQuintela Redacción O Ministerio de Fomento vén de someter a información pública o proxecto de construción do tramo EirasvedrasQuintela, da variante Norte de Ourense. O orzamento de licitación estimado ascende a 30,2 millóns de euros. O trazado, de 1,7 km de lonxitude, ten a súa orixe na ligazón de Eirasvedras, onde existen actualmente dúas calzadas separadas, baixo o paso superior do ramal da estrada N-120 que dá acceso a Ourense a través da calzada unidireccional desta nacional. O tramo finaliza no enlace de Quintela onde conecta de novo coa N-120. Para dar ao proxecto a condición de obra completa, incluíuse unha conexión provisional que permite pór en servizo o tramo, conectándoo coa N-120 á altura do núcleo de Tarascón, no p.k. 572. Ao longo do trazado deséñanse dous enlaces, un viaduto, unha ponte, e dous pasos inferiores.


10

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

CIDADE

A corporación comeza 2016 aprobando seis mocións

Protesta en forma de abstención 4 DO absterase en todas as mocións como protesta ante o incumprimento do PP das resolucións plenarias.

4 Tamén incoou expediente de honra ao historiador Marcos Valcárcel. P. L. O Concello de Ourense celebrou a primeira sesión plenaria ordinaria deste 2016 o venres 8 de xaneiro aprobando seis das oito mocións que se debatían (e parte dunha sétima). Iso si, a unanimidade só se deu no primeiro punto do debate, no que se incoaba expediente de honra para o historiador Marcos Valcárcel. No que se refire ás mocións, voltou haber sintonía entre Democracia Ourensana e PSOE. Así, os socialistas apoiaron as propostas de DO para integrar os menores en risco de exclusión social nos servizos de deportes e para

que a Administración local empregue software libre. Os de Jácome deron o seu voto á moción socialista para instalar redutores de velocidade na estrada da Granxa para evitar accidentes, que tamén apoiou o PP (Ourense en Común abstívose). Tamén votaron a favor da proposta socialista para elaborar un plan estratéxico sobre a chegada da alta velocidade a Ourense (o PP tamén sumou o seu apoio, OUeC votou en contra). E da iniciativa para ceder para uso veciñal o local da unidade de saúde mental que quedou baleiro na Ponte (de novo co voto favorable dos populares e a abstención da “marea”).

No que se refire ás mocións que presentaba OUeC, quedou aprobada a que solicita unha normativa que regule as actividades na vía pública como a dos músicos de rúa. Contou co apoio de socialistas e populares, mais coa oposición de DO. Non haberá comisión sobre as concesións Peor sorte correu a súa proposta para crear unha comisión informativa que estude as concesións municipais, pois non conseguiu o apoio de ningún dos outros grupos. De feito, tanto PP como PSOE insistiron en que no Concello de Ourense “nin houbo nin hai atisbos de corrup-

Redacción O edil socialista Javier Rey./P.L. ción”, en palabras do voceiro socialista José Ángel Vázquez Barquero. Canto á ultima moción de Ourense en Común, sobre a enerxía, conseguiu os votos de PP e PSOE nos puntos 2 e 3, que se referían á implantación de medidas de aforro enerxético nas dependencias municipais e apoio á execución de proxectos xeotérmicos e solares.

Democracia Ourensá anunciou que o seu voto será a abstención en todas as mocións que leven a debate ao pleno de Ourense, incluso as do seu propio grupo. O partido de Gonzalo Pérez Jácome tomou esta decisión a raíz do “incumprimento, desprezo e neglixencia do grupo de goberno municipal do PP, coas resolucións plenarias deste mandato”. DO pon como exemplos as mocións aprobadas para crear unha comisión de investigación

sobre a lexionella, de control horario dos funcionarios e a de supresión dos mupis. O Goberno local aínda non levou a cabo as dúas primeiras, e en canto á dos mupis, acaba de aprobar o prego para a súa explotación comercial. DO tamén se absterá no caso de mocións presentadas polo seu propio grupo, e limitarase a darlle tratamento de “debate” en pleno. A excepción serán aqueles puntos da orde do día que teñan carácter vinculante, como a aprobación dos orzamentos, o PXOM, ordenanzas ou modificacións de crédito.


CIDADE

O Concello aforrará 187.000 euros ao ano reorganizando dependencias

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

Implantar o transporte metropolitano custará 300.000 euros anuais

4 O Plan de reestruturación de dependencias municipais afectará a dez inmobles.

4 A Xunta traballa coa previsión de poñelo en marcha este verán.

P. L.

Redacción

Un aforro de 187.000 euros anuais (749.000 euros no mandato) é o que busca o Concello de Ourense co Plan de reestruturación de dependencias municipais que presentou este xoves na Xunta de Goberno local. O plan pretende “optimizar as dependencias e inmobles e conseguir aforros en locais que non son de titularidade municipal”, explicaba o rexedor, Jesús Vázquez. Serán dez oficinas as que se trasladen ao longo deste ano. En concreto, un almacén do departamento de Tráfico en Vistahermosa que se reubicará no campo da feira, aforrándolle ás arcas municipais 20.200 euros en aluguer e gastos de mantemento. A aula CeMIT deixará o seu local na rúa Progreso e integrarase na Molinera, que, segundo indicou o concelleiro de Servizos Xerais, Jorge Pumar, está previsto se aperture no primeiro trimestre do ano. O traslado permitirá un aforro de 31.700 euros. O departamento de Recursos Humanos ubicado na rúa Dr. Marañón fará mudanza a final de ano, cando remate o contrato de aluguer, á casa consistorial, o que suporá 28.900 euros. As oficinas de Sanidade

A Xunta e os concellos da área de Ourense avanzan nas negociacións do convenio do Plan de Transporte Metropolitano co obxectivo de poñelo en marcha no verán. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza de traballo cos oito concellos que formarán parte do Plan de Transporte Metropolitano de Ourense e entregoulles o borrador do convenio para que inicien a tramitación municipal o antes posible. Son os municipios de Coles, San Cibrao das Viñas, Punxín, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Toén e Amoeiro, ademais da capital ourensá.

A UNIS do Couto trasladarase ao CIMM, no mesmo barrio./ARQUIVO. da rúa Concordia irán para o edificio da Cárcere da Coroa (aforro de 20.000 euros), mesma ubicación que a oficina da OMIC, Servizos Sociais e sindicatos que agora estaban nun inmoble da rúa Arcediagos sen ascensor (un aforro total de 47.000 euros). O Concello tamén pechará definitivamente a oficina de turismo que había nas Burgas (que supoña uns gastos anuais de 6.8000 euros), trasladará a UNIS do Couto dun local de difícil accesibilidade na rúa Francisco de Moure ao CIMM do Couto (21.400 euros de aforro), e o Rexistro da Ponte dun baixo na avenida de Santiago ao edificio da Praza de Abastos da Ponte (9.600 euros de aforro). A que xa cambiou de ubicación foi a Oficina de

Atención ao Cidadán dun baixo do edificio da praza de San Martiño á pranta baixa da casa consistorial. Para o local baleirado aínda non hai destino. Mapa de dependencias Para facilitar a localización de todas as dependencias municipais, Pumar explicou que se creará un mapa específico na futura páxina web municipal, e se editarán mapas en papel a disposición na Oficina de Atención ao Cidadán. Detrás desta reestruturación de instalacións municipais está a pretensión, non só do aforro económico, senón de reubicar todos os servizos na casa consistorial ou no seu contorno máis próximo.

Neste borrador de convenio, o mesmo que está vixente noutras áreas de Galicia, articularanse as bonificacións das tarifas, sendo o máis relevante do texto as cifras que cada concello deberá orzamentar para este Plan. Os cálculos fixéronse en base ao estudo do transporte interurbano da comarca: máis de medio millón de desprazamentos analizados aos que habería que engadir os do transporte urbano. Ethel Vázquez explicou que se prevé a necesidade de investir no Plan máis de 300.000 euros cada ano, dos que o 82% serán achegados pola Xunta de Galicia. As bonificacións que ofrece este Plan permitirán que os veciños da área que empregan o autobús

11

habitualmente teñan aforros medios de 600 euros ao ano. Optimización de rutas Vázquez indicou que de xeito paralelo a Xunta continúa traballando na optimización das rutas e da penetración dos autobuses interurbanos, eliminando a necesidade de transbordos; no incremento da oferta e dos horarios; e na modernización dos sistemas de información ao viaxeiro e das infraestruturas. Preguntada por onde se ubicarán os intercambiadores, obxecto da polémica durante todos estes anos, a conselleira afirmou que “seguro que encontraremos a mellor solución”. Postura do PSOE Tras coñecer o contido deste convenio, desde a oposición o PSOE pediu ao alcalde que defenda ante a Xunta a súa obriga de implantar o transporte metropolitano “mediante acordos xustos e equilibrados co Concello, sen cargas económicas nin perda de autonomía municipal na ordenación do transporte urbano e da mobilidade”.

Delegada da Xunta, conselleira de Infraestruturas, alcalde de Ourense, xunto aos representantes dos sete outros municipios e a directora xeral de Mobilidade./P.LODEIRO.


12

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Menús de México, España e Portugal en Xantar 2016 4Haberá unha vintena de propostas con prezos entre os 12 e os 30 euros. Redacción A presenza do Estado de Morelos representando a México como país convidado e a celebración dunha edición especial adicada ao Entroido marcarán Xantar 2016, Salón Internacional de Turismo Gastronómico de España que se celebra en Expourense do 3 e o 7 de febreiro. A 17ª edición convocará a 166 expositores de 10 países (España, Portugal, Costa Rica,

Haberá menús infantís e para celíacos

México, Arxentina, Francia, Perú, Cuba, Ecuador e Paraguai), entre os que destacan 14 restaurantes que ofrecerán una vintena de menús con prezos entre os 12 e os 30 euros baseados nos produtos autóctonos e de calidade de cada rexión procedentes de México, Portugal e España. Haberá ademais menús infantís e adaptados para celíacos. Gastronomía Morelos ofrecerá pratos integrados na tradición culinaria mexicana preparados cunha técnica vangardista e maridados con viños da DO Ribeiro. Para

elaborar este menú, desprazaranse ata Expourense oito dos mellores chefs deste estado. Así mesmo, facendo un percorrido pola feira poderemos saborear o marisco e o peixe do restaurante Ría de Pontevedra- Beluso, pasando tamén polo de Vila de Cruces para degustar o seu galo de curral e rematar tomando os doces típicos no de Ponteareas-Vila do Corpus. Por parte da provincia de Ourense destaca o menú #saboresdeourense, que recolle aos pinchos gañadores dos distintos concursos gastronómicos organizados

Presentación de Xantar 2016, á que asistiron a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz; o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; a xefa de servizo de Turismo do Concello, Nita Torres; o presidente da Federación de Hostaleiros de Ourense, Ovidio Fernández; e o director de Xantar, Alejandro Rubín.

na cidade. Tamén se pode elixir entre as proposta de Terras do Avia, Parada de Sil e Riós, así como a do Inorde, con produtos selectos de Coren, Grupo Cuevas e Viña Costeira. Pola súa banda, Portugal volverá ser un dos protagonistas con dous restaurantes da rexión Porto e Norte: Vila Real e Caminha, que presentará un menú baseado no festival Gastronómico do Bife de Espadarte (peixe espada) que cada ano se celebra en Vila Praia de Âncora. A restauración desta edición complétase cos menús de Castela e León e Asturias. Entroido Xantar 2016 estará especialmente adicado ao Entroido. O mércores 3 e xoves 4 organizaranse varias actividades para animar a anticiparse aos días grandes do carnaval, con concursos de disfraces, sorteos, animación, desfiles dos entroidos ancestrais da provincia e menús a prezos especiais para grupos e comparsas. Actividades Ademais, o programa de actividades de Xantar incluirá conferencias de expertos e exhibicións de cociña en directo, así como catas comentadas e degustacións. En total, serán máis de 100 actividades orientadas a profesionais e afeccionados.

O PP márcase como referencia o primeiro trimestre para aprobar os orzamentos 4 Presentarán o borrador á oposición para que faga as súas achegas. Redacción O alcalde convocou o pasado día 26 unha xunta de voceiros na que, entre outros temas, abordou cos líderes da oposición a aprobación dos orzamentos municipais de 2016. O voceiro do grupo de goberno, Pepe Araújo, explicou trala reunión que traballan co horizonte de aprobalos no primeiro trimestre de 2016, todo a expensas de como vaia a tramitación da nova Relación de Postos de Traballo (RPT). Unha RPT que se está retrasando, acusa Gonzalo P. Jácome de Democracia Ourensana, porque os populares “teñen que facer encaixe de bolillos para os enchufados”. Tamén ve unha demora “excesiva” o portavoz socialista, José Ángel Vázquez Barquero, que non considera que fora “necesario” embarcarse

agora nesta modificación da RPT. Amáis, o socialista advertiulle ao PP que se quere negociar as contas coa oposición “antes de aprobar en Xunta de Goberno presenten o borrador aos grupos da oposición”. De igual modo, Martiño X. Vázquez, de Ourense en Común, considera que se pode ir avanzando e empezar a “construír eses orzamentos dunha forma consensuada”. Os de OUeC marcan a súa liña vermella en fixar “a prioridade do gasto social”. Os populares aceptaron que antes da aprobación do proxecto de orzamentos se traslade á oposición para que os partidos fagan as súas achegas.

A tramitación da nova Relación de Postos de Traballo está a demorar o documento


ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

4NOTICIAS DE EMPRESA

Os teus fillos, nas mellores mans na Escola Infantil Arlequín A Escola Infantil Arlequín ofrécelle ás familias ourensás servizo de atención temperá antes do comezo do horario escolar (con almorzo e entrada ao colexio), recollida dos nenos a mediodía e comedor; ludoteca a partir das 16:30 horas con pandeireta, baile galego ou cociña (por 12 euros/mes); profesora de Primaria para apoio; e in-

glés con mestra nativa. Así mesmo, organizan cumpleanos por 8 euros/neno. Ademais, os 30 anos de experiencia e o seu servizo de enfemería premanente diferencian a este centro. En canto aos métodos de ensino, apostan por Montessori e Waldorf. “Os nenos aprenden xogando e experimentando”, explica Samanta, nova xerente

da escola dende o 1 de xaneiro. A maiores empregan as técnicas dos bits de intelixencia para favorecer a estimulación, concentración, memoria e aprendizaxe. Tamén utilizan a grafomotricidade, o xogo heurístico ou estimulación en bebés por medio de ioga ou pequenas masaxes. Con motivo desta nova etapa, contan cunha oferta especial para as 30 primeiras prazas do curso 2016-2017, con matrícula gratuíta e un 50% de desconto na cota. [+ info en Nosa Señora da Saínza, 5 ou 988 23 22 13]

13

Os empresarios ourensáns, optimistas de cara ao 2016 Redacción

Persoal de Escola Infantil Arlequín: de esquerda a dereita, Lourdes, Paula, Samanta, Maria e Alba.

Por terceiro ano consecutivo, os empresarios ourensáns manteñen que a contorna económica seguirá mellorando. As expectativas positivas das empresas para 2016 seguen á alza, perspectivas avaladas pola previsión do aumento de vendas nos mercados, en especial no internacional. As previsións sobre o emprego indican unha mellora do mercado laboral, e como mostran os datos de investimento, os empresarios aínda seguen cautos á hora de emprender novos proxectos. Estas son as principais conclusións do estudo de Perspectivas Empresariais en Ourense 2016, que elabora a Cámara de Comercio recollendo a opinión dos empresarios. Un estudo cuxos resultados forman parte do informe Perspectivas Empresariais de España e Europa das Cámaras de Comercio, a partir dunha macro-enquisa na que participan máis de 60.000 empresarios europeos. Así, o 91% dos enquisados esperan aumentar ou polo menos manter o mesmo nivel de vendas que en 2015. Ano en que o 49% dos mesmos terminaron vendendo máis que o anterior. E un de cada catro espera vender máis no mercado internacional. Maior contratación En canto ao emprego, a porcentaxe de empresas que conta con aumentar a contratación ascende un 12%. E a previsión de investimento elévase un 17% respecto de 2015. Con estes resultados, observamos que os empresarios ourensáns mostran uns niveis de optimismo inferiores á media de Galicia, pero correlacionados coa media nacional e, en moitas variables, superiores aos datos de Europa.


14

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

SOCIEDADE

Novas actividades en Montealegre 4 Para cativos e adultos. Redacción O Concello de Ourense vén de presentar as actividades que organiza durante o primeiro trimestre do ano no Parque Botánico de Montealegre. Son obradoiros, para público infantil e adulto, cos que pretende

achegarlles o seu medio máis próximo e fomentar este parque como un espazo de lecer de referencia. O éxito das actividades, nas que participaron 400 persoas na súa última convocatoria, obrigou a desenvolver un novo sistema de inscrición a través da web

O concelleiro de Medio Ambiente, Pepe Araújo, e o responsable das actividades, Pepe Méndez./P.LODEIRO.

botanicodemontealegre. com. Logo de anotarse, os interesados recibirán unha mensaxe para confirmar a súa participación nos seguintes tres días. As actividades son gratuítas, pero requiren de inscrición previa.

Aposta da Xunta pola inserción das persoas con discapacidade

Programa Entre as próximas actividades atopamos talleres para nenos sobre o descubrimento dos animais (14 de febreiro), paxaros e comedeiros (día 28) e sementerios e céspede (13 de marzo). Pola súa banda, os maiores poderán gozar de meditación (13 de febreiro), elaboración de leites vexetais (días 27) e creación dun sementerio (12 de marzo). As actividades infantís, dirixidas a nenos de 4 a 12 anos, celebraranse os domingos de 11:30 a 13:30 horas. As de adultos serán os sábados de 16 a 18 horas. O parque abre de 10 a 18 horas (salvo luns que permanece pechado), e os sábados ás 12 hai visitas guiadas gratuítas.

4 Investirá 18,1 millóns en programas de emprego. Redacción A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou en Ourense as instalacións do centro especial de emprego Aixiña, que na actualidade emprega a 82 traballadores dos que 61 son persoas con discapacidade. Toca destacou a aposta do Goberno galego pola integración laboral deste colectivo e sinalou que os recursos para a súa inserción laboral, xunto ao das persoas en risco de exclusión social, aumenta este ano nun 5%, ata acadar os 18,1 millóns de euros. Ademais, indicou que a Consellería de Economía,

Emprego e Industria vén de activar unha liña de apoios por valor de 1,3 millóns de euros para promover a integración laboral das persoas con discapacidade

4 A Deputación investiu 56.000 euros na mesma. Redacción

O CHUO recibe a 140 enfermeiros en prácticas

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, presentaron a nova ambulancia de soporte vital básico que substitúe a outra que des-

4 Estudantes de 2º, 3º e 4º. Redacción Responsables das Direccións de Procesos de Enfermería, e Docencia e Formación da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, deron a benvida aos alumnos dos cursos 2º, 3º e 4º da Escola Universitaria de Enfermería de

Ourense que comezaron as súas prácticas no CHUO. Os 140 alumnos rotarán nos vindeiros meses polos distintos servizos e unidades de enfermería, segundo seu programa regrado de prácticas. Os de 2º, que inician o seu primeiro contacto co hospital, rotarán polas unidades de Hospitaliza-

ción, en concreto en Medicina Interna e Cirurxía. Pola súa parte, os de 3º estarán nos Servizos materno-infantís e de Atención Primaria, mentres que os de 4º afrontarán as prácticas nas unidades dos Servizos Especiais: Coidados Intensivos e Reanimación, quirófanos, Hemodiálise, Hemodinámica, etc. Ademais, os futuros graduados realizan prácticas clínicas noutras áreas dos ámbitos socio-sanitario, de saúde laboral, penitenciario e de emerxencias, de cara a completar a súa formación.

Axudas aos centros Así mesmo, apuntou que a Xunta segue a apoiar “decididamente” o labor dos centros especiais de emprego con axudas para impulsar a posta en marcha e mantemento destas instalacións e para afrontar os custos salariais dos seus traballadores.

Visita de Covadonga Toca a Aixiña./M.REJO

Cruz Vermella conta cunha nova ambulancia

Acto de benvida para os estudantes de Enfermería que tivo lugar no CHUO.

nas empresas galegas. As axudas son incentivos que por cada contratación poden acadar un máximo de 10.600 euros, en función da modalidade contractual e do destinatario da axuda.

pois de 10 anos de servizo será retirada segundo establece a normativa vixente sobre transporte sanitario. Este novo vehículo é unha ambulancia asistencial de tipo B, dotada de desfibrilador externo semi-automático con material de inmobilización,

equipos de osixenoterapia, aspirador de secrecións, taboeiro espinal, inmobilizador de cabeza, cadeira oruga para evacuación de pacientes por escaleiras, bancada e camilla, aparataxe de electromediciña, neveira e quentasueros, sistema de retención infantil, mochilas con material para soporte circulatorio e primeiros auxilios, etc. O mobiliario do interior está fabricado en material ignífugo e hidrófugo, conta con tomas de corrente e de osíxeno, climatización, iluminación interior LED e asentos orientables, cun total de 6 prazas.

Equipo de Cruz Vermella xunto a Manuel Baltar durante a entrega da ambulancia.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

15


16

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

ARTIGOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Soidade

O galego hipster Unha mañá como outra calquera, facendo un pouco de conversación no descanso do xantar, comentaba cos meus compañeiros daneses unha noticia que lin en El País segundo a cal, nun futuro non moi afastado, os humanos aprenderán idiomas tomando unha pastilla. A miña colega favorita, a un tempo cos demais, soltou unha sonora gargallada (no meu favor hei de dicir que teño unha graza especial contando as cousas) e dixo: “Raquel, e iso onde o liches, en Galician News?”. Nin se imaxina ela o material que un se pode topar nas nosas “Galician News”. En grao sumo estrambótico e variado. Conseguinlles explicar conceptos que até a un andaluz resultaríanlle alieníxenas. Pero onde mas vexo e mas desexo é cando tento facerlles entender que en Galicia temos cousas “moi nosas” que logran facer noticia a diario. Até

anuncios! Véxase o fenómeno e discusión científica consecuente de Gadis sobre o can de palleiro. Somos un pozo sen fondo de inspiración. Sen ir máis lonxe, hai uns días sorprendeume excesivamente o chamamento nacional que La Voz de Galicia facía a todos os cidadáns para que compartisen fotos no diario que reflectisen o archicoñecido “feismo galego”. Agora explícalle ti aos daneses, tan coquetos eles, que a nós o que nos vai é presumir do feo. O “feismo galego”, e festexarnos nel, é un trazo máis de como somos. Deixados non, orixinais. É algo moi noso isto de resolver co primeiro que pillamos a man complexos retos de enxeñaría urbanística co conseguinte resultado de meterlle unha patada en todos os baixos ao bo gusto. Temos ese toque práctico-anglosaxón (se cabe, moito máis orixinal que os

Leiteira cruzando a ponte de Marcelo Macías. Ano 1956./ARQUIVO VISUAL

As virutas da vida

Solombo á pementa

Elaboración: - Córtanse os solombos en rebandas, aplástanse cun mazo e salpiméntanse. - Frítense nunha tixola cun dedo de aceite de oliva, cando estean a medio facer engádese unha cullerada de pementa verde en gran e unha copa de coñac (queimado previamente).

Raquel Sertaje

Un luto perpetuo vestía o seu corpo miúdo e gastado, camuflando en negro sobre pel un sorriso invertido. A morte chama a portas próximas á súa en noites de Santa Compaña. Un rezo entre dentes interrumpe o silencio da clausura. Frío, escuridade, fame. Maldita equipaxe! A ponte que salva o Barbaña e anuda o rural co urbano nun acto de involución, confirma o agridoce encontro entre o ancestral e a falsa promesa dun futuro galáctico. Alborea. A leiteira chega para amamantar á cidade. Na súa casa: cristais rotos, cheiro a fume e traballo atrasado. Sentada no escano da cociña, mirando vellos álbums con follas en branco, agarda o seu regreso… a soidade. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

4RECEITA

Ingredientes: - 2 solombos - Nata líquida - Pementa verde en gran - Pementa moída - Coñac - Sal - Leite

nosos veciños ingleses) e sempre que se nos presenta a ocasión, facemos gala dun forte espírito de economía sustentable e reciclaxe de materiais de curmáns, amigos e veciños en lugares insospeitados. En realidade, levamos o de ser prácticos a outro nivel, tan elevado xa, que non nos caracteriza por ser chapuzas, senón por descubrir un novo concepto de hipster. Así, ao parvo e sen querer, que é como mellor se descobren as cousas. Polo menos no meu grupiño de daneses traballeime con moito tesón e esmero dar a coñecer a realidade xeográfica, histórica e cultural de Galicia. Nunca está de máis ampliar o coñecemento dos nosos bens máis alá dos mares. E unha cousa quedoulles clara: o galego hipster non se fai, nácese.

- Candos os solombos estean fritos apártanse. - Na mesma tixola, á salsa que queda engádeselle un vaso de viño cheo de nata líquida e medio de leite, unha punta de fariña e remóvese constantemente durante cinco minutos. - Por último, bótase a salsa enriba dos solombos nunha fonte e sírvese. - No plato pódese acompañar cun puré de patacas e verduras. Luis Iglesias, Restaurante Os Caracoles Tel. 988 380 165

Cando chove moito e o vento sopra do sur saen as píntegas ás congostras, e as meigas fan estofado de serpe para cear. Sempre é mellor non pasar por diante dos cemiterios, por se algún dos mortos aproveita a corrente e nada no apastadeiro da casa do cura detrás do campanario, ou baixa con sixilo ata Ribas do Asneiro pol camiño do Cruceiro. Contan os máis vellos, que despois da guerra houbo tal enchenta que baixaron catro mozos dos que fusilaron contra o valado do adro, tiñan os ollos cheos de virutas da vida, e como os enterraron fóra do cemiterio non se afixeron sós naquela zanxa cavada por eles mesmos antes de que os mataran. Se te pos diante da horta do ferreiro, preto da casa do cura, ás cinco en punto da mañá, escóitanse os tiros secos e fortes. Seica son espazos de tempo atrapados sen saída, fenómenos paranormais e psicofonías etéreas

con berros desgarrados. O chivato do Belarmino, o da camisa azul, foille co conto ao cura para que non fuxiran de mortos, pois de vivos xa se encargaron eles, mais agora de mortos as forzas destinadas a preservar a orde da patria non tiñan xurisdición nos temas extracorpóreos, o brazo espiritual era a Santa Igrexa Católica co cura da parroquia ao fronte. Seguro que puideron fuxir porque ao estar do lado de fóra tampouco podía facer nada a Santa Nai Igrexa e os que mandaban fóra do sagrado eran os da Santa Compaña, dixo a meiga de Goiás cando a consultaron. No pozo negro, na ínsula de Blanco, quedou un dos que baixou aquela noite, as virutas apagáronselle e non puido nadar cara o mar. Os mortos son coma os salmóns pero ao revés, nadan do río para o mar porque queren ver os amenceres en Fisterra ou no Grove. Na Lanzada hai un dos “puntos de vida”, a capela

a carón da praia das Areas Gordas, e nun deles, o das nove olas, non che é ningunha lenda, as mulleres quedan preñadas porque son puntos de atracción nos que a vida faise oportunidade. Os que fican atrapados nos ríos convértense en xacios coa metade do corpo de home e a outra metade de lagarto. Se os mira algunha moza casadeira pódese namorar sen remedio, como lle pasou a unha das de Cesáreo que máis tarde toleou porque non podía casar co xacio. Nas noites de lúa chea métese no río espida e ten amores con el, os de Ribas do Asneiro vírona moitas veces e os de Codeseda tamén, e ata compuxeron unha cantiga para durmir aos cativiños que di así: “Entre os ameneiros baixou caladiña, foise achegando como un paxariño, meteuse no leito devagarciño. Namentras o Asneiro baixábase rindo, e a tola entraba nas augas do río. Dúrmete meniño, durme pequeniño

repetía a lúa, durme queridiño dicía... dicía...”. Aos nenos non os deixan bañar no pozo Negro porque o xacio fai buracos moi fondos onde se esconde, a auga métese neles e fórmanse remuíños moi fortes, que se te engancha afogas. algúns afogaron alí e non apareceron nunca. -Cousas coma estas son as que se contan por aquídixo o meu pai-, pero ti non fagas caso que estas andrómenas invéntanas as vellas. - Pero isto que me contas é verdade?- pregunteille. - Ben, algo de verdade haberá cando o contan, algo debe ser verdade porque mentiras xa hai tantas... Pero será mellor que nos deixemos de andrómenasdíxome mentras me botaba o brazo por enriba e baixamos xuntos cara ao prado do Muiño. Era un día de verán, facía moita calor e díxenlle: - Eu por se acaso báñome no pozo de Branco que alí non hai xacios. Avelino Jácome


ENTROIDO especial

Actividades de entroido para os rapaces ourensáns con Amencer 4 Do 4 ao 10 de febreiro. Redacción A Asociación Xuvenil Amencer propón un amplo programa de actividades para que os cativos e mozos de Ourense gocen deste carnaval. Nel inclúense as “V Mañás de Entroido”, que terán lugar do 8 ao 10 de febreiro de 10 a 13:30 horas, dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos, co fin de fomentar esta festa entre eles e axudar aos seus pais a conciliar a vida laboral e familiar. “A tope na ponte do entroido” será outra das opcións, con actividades deportivas, lúdicas e culturais (como torneos de fútbol sala, baloncesto, pimpón, futbolín, obradoiros, contacontos, xogos de mesa, animación á lectura, etc), abertas a todos os rapaces da cidade e que terán lugar de 17 a 20 horas do 4 e o 9 de febreiro. O Entroido Infantil e o Xuvenil tamén son das citas máis agardadas. O primeiro está dirixido a nenos de 6 a 14 anos e celebrarase o sábado 6 a partir das 11 da mañá na Alameda. O segundo é para os mozos ourensáns e animadores da asociación, e será o venres 5 ás 22:30 na Sala Aberta de Amencer. En ningún fal-

tarán os disfraces e moita diversión. Ademais, Amencer está a preparar unha comparsa para acudir aos desfiles de Ourense (o domingo 7) e A Valenzá (o martes 9), á que pode sumarse quen queira. Torneos e cultura O luns 8 de febreiro terán lugar no polideportivo de Salesianos torneos de promoción deportiva (de 11 a 17 horas), para rapaces con equipo de fútbol sala. Ese memso día, a partir das 11:30 na Sala Aberta de Amencer, a comisión Xalgarete (composta por mozos que promocionan a cultura galega), presentará materiais para traballar neste tempo libre en galego. Os interesados en participar nalgunha actividade poden informarse na sede da asociación (praza Don Bosco, 1), no 988 218 123 ou en www.amencer.org. Exposición Do 1 ao 26 de febreiro a Sala dos 15 anos da asociación acolle a exposición “Museo do conto: disfraces de contos”, aberta de luns a sábado de 10 a 13 e de 18 a 20 horas.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, xunto a Manuel Seguín, coordinador de Amencer.

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

17

4NOTICIA DE EMPRESA

Reserva mesa en Casa Deza neste entroido Quen non oíu falar das táboas mixtas de Casa Deza? Neste entroido goza da mellor gastronomía ao mellor prezo reservando xa unha mesa. Ademáis, o sábado 6 e o luns 8 de febreiro durante a cea actuará en vivo o

cantautor ourensán “Yomelo Montosolo”, un motivo máis que fará a túa velada máis divertida. Pero tamén podes achegarte a Casa Deza calquera outro día do ano, tan só permanecen pechados as tardes de domingo a mér-

O xerente de Casa Deza nun dos amplos comedores./R.T. cores. Ven e proba as súas coñecidas táboas mixtas ou os seus menús caseiros a 9 euros (con opción de medio

menú por 6), elaborados con produtos de primeira calidade. [Reservas en rúa Concello, 6 ou 988 253 594]


18

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

especial ENTROIDO

Unha semana de actividades no Entroido de Ourense 4 Máis de 20 charangas, obradoiros para rapaces, pregón sorpresa e cea de benvida na carpa da Alameda, entre o máis destacado. Redacción Neste Entroido 2016 Ourense gozará de sete días de actividades para toda a familia, que botan a andar co Xoves de Comadres (4 de febreiro), coas regueifas e loitas tradicionais na praza Maior ás 11:30 horas e, xa pola noite, animación de rúa desde as 20:30. As charangas estarán presentes ás 11:30, 17:30, 20:30 e 00:00 horas, así como as actividades infantís, repartidas entre a praza de Don Bosco e a Alameda, mesturando actividades didácticas e outras máis lúdicas. O venres, o grupo de teatro Abducidos, será o encargado de dar un pregón que anuncia sorpresas. Logo recupérase a tradicional cea de benvida do Entroido, desde as 22 horas na carpa da Alameda, ambientada polos Perqtores. Desde a media noite, continúa a festa coa sesión DJ. O sábado, luns e martes, a partir das 17:30 horas haberá festa infantil na Alameda, e ás 12 da noite, sesión DJ na praza do Correxidor e actuación de orquestras na praza Maior. O mércores de cinza terá lugar o enterro da sardiña a partir das 20 horas, partindo da praza Maior. Domingo de desfile O domingo, desde as 17 horas, celebrarase o tradicional desfile de comparsas

Este 28 de xaneiro os rapaces ourensáns viviron as súas tradicinais regueifas de compadres./RAMSÉS. e carrozas. Ao remate recibirá 600 euros o que sexa elexido Rei ou Raíña; e 400, 300 e 200 euros as tres mellores comparsas de menos de 10 integrantes; e 900, 700 e 500 euros as tres mellores con maior tamaño. Haberá tres galardóns especiais, de 300 euros cada un, para a comparsa máis numerosa, a máis divertida e a mellor animación musical, e outros dous premios de 300 euros ao mellor deseño de carroza e á mellor animación de carroza. As formacións que superen os cinco compoñentes recibirán unha axuda por participar. Escolares A Concellería de Educa-

ción está a implicar aos escolares na celebración do Entroido. Así, nos centros de ensino continúan os

obradoiros para alumnos de Primaria de confección comadres, cuxos resultados veranse o xoves 4 coas regueifas entre rapaces na praza Maior. Tamén se están a realizar actividades sobre o Entroido nas bibliotecas municipais, dentro do programa de Animación a Lectura, con obradoiros (creación de máscaras, antefaces, disfraces con material de refugallo...) e para dar a coñecer aos nenos os diferentes entroidos da provincia de Ourense a través das lecturas en alto, contacontos, representacións teatrais, historias, etc. Ademais, o 4 de febreiro será a festa de carnaval na biblioteca municipal de San Francisco e o día 5 na da Carballeira. Ambas, ás 18 horas. Amáis, os días non lectivos as bibliotecas permanecerán abertas no seu horario habitual de 10 a 13:30 e de 16:30 a 20 e o luns de Entroido e o mércores de cinza a animación pasará ás mañás de 11 a 13, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

Á presentación das actividades acudiron a edil de Cultura, Belén Iglesias, xunto a representes dos entroidos ourensáns e ao deseñador do cartel desta edición./P.L.

4 Voda da Pita en As Eiroás Co obxectivo de dar a coñecer entre os cativos algunhas das nosas tradicións, esta semana membros da Asociación cultural “Amigos da Pita” visitarán os CEIP As Mercedes, Manuel Sueiro e Curros Enríquez, onde darán unha charla sobre a orixe da festa, repartirán 30 olas por centro, e realizarán

traballos artísticos de pintado das olas co profesorado de plástica. Nos días centrais da festa, o sábado 6 terán, entre lusco e fusco, o seu tradicional folión de Entroido. E o martes, a partir das 13 horas a Voda da Pita, co xantar dos noivos, desfile e baile de disfraces. Ás 21 horas, a queima do meco pecha as celebracións.

4 Paquita e Nicanor, non faltan á cita en Seixalbo Entre os entroidos máis tradicionais da provincia atopamos o de Seixalbo, con Paquita e Nicanor como grandes protagonistas. Os días centrais da festa botan a andar o venres 5 de febreiro, coa actuación dunha orquestra a partir das 22:30 horas nas inmediacións da capela de Santa Águeda. O domingo 7, ás 11:30 horas será o turno da procesión dende a igrexa de

San Breixo, e ás 14 horas haberá xantar popular con animación musical. O martes 9, ás 16 horas dará comezo o desfile de comparsas; ás 17 haberá baile na praza Maior e a partir das 20 horas chegará o tradicional desfile coas imaxes de Paquita e Nicanor polas rúas de Seixalbo. O mércores día 10 rematan os festexos co enterro da sardiña, a partir das 17 horas.

4 Frei Canedo prepárase para o Luns de Entroido na Ponte O Entroido arranca na Ponte o Xoves de Comadres, con cea-baile na sede da cofraría de Frei Canedo. O sábado 6, haberá baile de disfraces dende as 23:30 horas. O domingo, ás 13 horas prepararán un gran xantar popular con carne ao caldeiro, polbo, pan e viño. Ás 20 horas terá lugar un espectáculo infantil a cargo do grupo A Trécola, con regalos para os nenos. E ás 22:30 ho-

ras será o momento dunha festa flamenca amenizada por Los Suares. Xa o luns, día grande de Frei Canedo, a celebración comeza ás 18 horas con animación musical e a xuntanza dos cofrades, para dar paso aos actos solemnes a partir das 19:30 horas; ás 20:15 será a procesión; e ás 22 horas haberá cea de cofrade. Xa ás 23:30 comezará o baile de disfraces para veciños e visitantes da man do grupo Futuro.


ENTROIDO especial

A diversión reinou no Domingo Fareleiro./B.LORENZO

Cinco semanas de troula en Xinzo 4 A vila prepárase para os días centrais do Entroido. Redacción Xinzo de Limia deu a benvida o pasado 16 de xaneiro ao seu Entroido, comezando cinco semanas de troula. O programa de festexos é fiel á tradición, mantendo todas as citas habituais. Tras o “petardazo”, os tradicionais Domingos Fareleiro, Oleiro e Corredoiro, chega agora a fin de semana grande desta

celebración. Do 5 ao 10 de febreiro, o Venres Infantil, Sábado de Entroido, Domingo de Entroido, Luns de Entroido, Martes de Entroido e Enterro da Sardiña serán as citas a anotar na axenda, para rematar o domingo 14 de febreiro con Piñata. Novidades Este ano introdúcense algunhas novidades, como a apertura do desfile infan-

til do Venres de Entroido a todos os centros escolares da comarca. O resto de xornadas manteñen un esquema similar ao doutros anos, con charangas todos os días a todas as horas, que realizarán diferentes percorridos polo centro da localidade. Iso si, o portavoz da comisión anunciou que lle darán “unha volta” ao desfile do Martes de Entroido, día grande da festa na vila, para que se respecte “o noso sentimento e tradición”, representados na figura da pantalla. Asemade, haberá carpas nas prazas Maior, Oriente e Xoan XXIII, instalaranse 15 baños públicos en puntos visibles da vila, reforzarase a recollida de vidro durante as festas e a Deputación facilitará un camión baldeador para manter limpa a vila de Xinzo estes días. Como complemento, o Museo do Entroido estará aberto no seu horario habitual.

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

Completo Entroido en Barbadás 4 Haberá máis de 6.000 euros en premios no desfile. Redacción Barbadás xa se prepara para festexar o Entroido con actividades para pequenos e maiores. A Casa da Xuventude festexará o Xoves de Comadres (4 de febreiro a partir das 20 horas), coa tradicional ruada unha hora despois. O venres 5 colgarase o meco na avenida de Celanova e terán lugar dous desfiles infantís, un ás 12 dos nenos do colexio Ruxidoiro e outro ás 13 horas dos estudantes do Filomena Dato. Ás 20 horas será o momento do pregón do Entroido a cargo “do fillo da Celsa” na praza Vella da Valenzá.

O sábado 6, a Casa da Xuventude acollerá ás 17 horas baile para os máis pequenos. Ás 20 horas será o turno da ruada polos pobos do Concello. O luns 8 (ás 20 horas) a ruada terá lugar na Valenzá. E o Martes de Entroido (9 de febreiro) chegará a celebración central do carnaval de Barbadás co seu tradicional desfile de disfraces a partir das 17 horas pola Valenzá. Inscrición no desfile Os interesados en participar no desfile deben inscribirse na Casa da Cultura de Barbadás, na web www. barbadas.gal ou no 988 24 68 85. O prazo remata o 5 de febreiro.

19

Repartiranse máis de 6.000 euros en premios entre todas as categorías. Así, as charangas e contracharangas máis festeiras recibirán entre 350 e 150 euros; as mellores carrozas entre 500 e 250 euros; as comparsas máis chamativas entre 400 e 150 euros; as mellores parellas entre 200 e 50 euros; e os disfraces individuais entre 150 e 50 euros. Tamén terán o seu recoñecemento os mellores grupos infantís, que recibirán un bono agasallo de 200 euros, para mercar en librerías e xogueterías do Concello. Ademais, as asociacións que participen na Foliada do martes, estean compostas por 10 ou máis integrantes e se atopen debidamente inscritas en rexistro, recibirán 100 euros de axuda.

A inscrición para o desfile do martes permanece aberta ata o 5 de febreiro


20

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

IMAXES DO MES

Estudantes do colexio ourensán nun momento da videoconferencia coa base española na Antártida./P.LODEIRO.

O colexio Padre Feijoo mantén unha videoconferencia coa Antártida Estudantes de 4º da ESO e de bacharelato do colexio Padre Feijoo-Zorelle, acompañados da súa profesora Beatriz Temes, participaron este 21 de xaneiro nunha videoconferencia coa base que o exército español ten na Antártida, e desde a que se presta apoio á comunidade científica. Concretamente falaron con Óscar Núñez, un ourensán que se encarga das telecomunicacións da base, co comandante Pedro Solís, responsable da área de medio ambiente da base, e co profesor de Física Alfonso Ontiveros, responsable de controlar a actividade sísmica do lugar. A Base Antárctica Española está situada na illa Decepción, dentro do arquipélago das illas Shetlan do Sur do continente antártico. A sesión incluíase na XXIX Campaña Antártica, cuxos obxectivos son dar a coñecer a biodiversidade da Antártida e concienciar da necesidade de preservar o medio ambiente. Os alumnos preguntáronlle aos profesionais cuestións referidas á vida cotiá na Antártida e á misión que desenvolven alí. Un deserto de xeo con temperaturas de ata -87º graos e fortes ventos que se atopa a 13.000 km de España.

A edil de Cultura, Belén Iglesias, entrega o seu galardón a unha das rapazas premiadas no certame de postais da Carballeira./CEDIDA.

Entrega de premios ás mellores postais O XVII Concurso de postais de Nadal organizado pola Asociación Veciñal Carlasca do barrio da Carballeira entregou o pasado mércores 20 de xaneiro os premios aos seus gañadores. Máis dunha ducia de cativos acompañados dos seus pais acudiron ao acto de entrega, ao que tampouco faltaron representantes dos grupos municipais do PP, PSOE e DO. Os agasallos premiaron o esforzo e a creatividade que os pequenos empregaron para elaborar as felicitacións navideñas máis orixinais.

Estudantes do instituto 12 de Outubro atenden a charla do experto en márketing Xosé Lois Reza./M.REJO.

“2ª Semana da empresa e do emprendedor” no instituto 12 de Outubro Nun intento por achegar a realidade empresarial e laboral ao alumnado do centro, os departamentos de Formación e Orientación Laboral e de Economía do IES 12 de Outubro de Ourense organizaron este mes a “Segunda semana da empresa e o emprendedor”. O centro pontino conta con tres familias profesionais de ciclos formativos (Imaxe Persoal, Electricidade e Electrónica e Fabricación Mecánica) nos que se imparten ensinanzas encamiñadas á capacitación profesional do alumnado que lles permita o acceso ao mundo laboral. Para orientar o seu alumnado no seu futuro laboral, o instituto ofertoulles unha serie de conferencias a cargo de profesionais do mundo da empresa, expertos en márketing, comunicación e creación de emprego. A semana rematou con ex alumnos do 12 de Outubro que crearon as súas propias empresas, como Indomogal, Perruquería Diego Negro, Cela´a Centro Estética e Talleres Doval.

Estudantes de Maristas reuníronse na praza Maior, onde realizaron unha solta de globos./P.LODEIRO

Os Maristas celebraron o Día escolar da paz Case un milleiro de estudantes do colexio Maristas de Ourense conmemoraron o pasado venres 29 de xaneiro o Día escolar da non violencia e a paz. Repartiron abrazos pola rúa, e logo acudiron á praza Maior onde realizaron unha solta de globos. Unha representación de escolares de 2º, 3º e 4º de Primaria subiu despois ao salón de plenos do Concello, onde leron un manifesto.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

21


22

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

DEPORTES

Empate de Envialia e derrota de Cidade 4 Mentres o Ourense Envialia empataba nos Remedios ante o Roldán o Cidade As Burgas perdía pola mínima diante do líder. R. Torres

Omar centrando no partido contra Santa Teresita./R.T.

A UD Ourense supera ao Santa Teresita para ser máis líder 4 2-4 foi o resultado nun partido moi vibrante. R. Torres Vibrante o partido disputado en Eiroás entre o Santa Teresita e a Unión Deportiva Ourense, valedeiro para a 21ª xornada. Enfrontábanse dous dos mellores equipos da competición. O local, Santa Teresita, chegaba como segundo clasificado despois de estar boa parte da tempada na primeira posición. O visitante, a UDO, procedía dunha liña ascendente que o situou no primeiro posto. O encontro comezou cun forte ritmo no que os unionistas golpeaban primeiro co gol de Senén. Os locais non se amilanaron e foron a polo encontro, logrando en poucos minutos darlle a volta ao marcador. Mario e Rubén firmaban os goles do Santa Teresita. O primeiro tempo rematou con ese resultado pero puido ser ben diferente se non foran repelidos polos paos senllos lanzamentos de cada equipo. Ademais, o árbitro non concedeu gol da UDO nunha xogada moi protestada polo banco visitante e os seareiros que acompañaron á Unión. Na segunda parte os de Antonio Dacosta dominaron máis o tempo do partido e lograron dous goles

máis. Cristian Dacosta, tras un regate e remate coa perna esquerda, e Adrián, que marcou en todos os partidos que disputou, rematando só diante do porteiro, certificaban a vitoria dos franxivermellos. Clasificación Con este resultado a Unión Deportiva Ourense é máis líder aínda. Con estes tres puntos suman 49 e deixan a catro a terceira posición, que ocupa agora mesmo o Santa Teresita (45 puntos). Na segunda posición coouse o Arrabaldo, con 46 puntos. Na cuarta posición está o Arnoia (44) e quinto e sexto, o Amoeiro (42) e Loñoá (40), respectivamente. Estes seis equipos serán os que pelexen polas dúas prazas que dan dereito ao ascenso á Primeira Rexional. Vindeira xornada Agora hai descanso polo entroido. A Liga regresa o 14 de febreiro. Os encontros máis destacados desta xornada no grupo 9 da 2ª Autonómica son: UDO - Trives; Amoeiro - Velle; Pontedeva - Santa Teresita e o Arrabaldo - Arnoia.

A xornada número 16 da Primeira División de fútbol sala non foi a máis propicia para os intereses dos dous equipos ourensáns en canto ao resultado, pero si que deixou boas sensacións nas dúas escuadras. Envialia O Envialia recibía neste primeiro partido da segunda volta ao Roldán, equipo que está, xunto ao ourensán, loitando por entrar na Copa. Os dous equipos buscaron a presión desde o principio para marcar o ritmo diante do rival. Foi no minuto catro cando Bea Seijas adiantaba ás locais ao transformar unha falta. As visitantes non perderon o seu sitio e lograron, no minuto 12, devolver o empate ao marcador; Mayte Mateo de volea era a goleadora. Na segunda metade o marcador non se movería a pesar das ocasións. Nos primeiros minutos as galegas e xa no tramo final as murcianas dispuxeron de ocasión para romper o empate. Ao final reparto de puntos entre dous rivais directos para entrar

en Copa. A vindeira semana as de Chipi visitan ao Móstoles. Cidade O Cidade As Burgas xogaba contra o líder Futsi. Partido totalmente distinto ao da primeira volta noa que as madrileñas golearan ás ourensás. Nesta ocasión a vitoria quedou en casa pero con moito esforzo por parte do actual campión do campionato. No minuto catro Ari adiantaba ás locais e no ecuador da primeira metade Iria facía o empate. Pero dous minutos despois Leti lograba o 2-1 co que se chegaría ao descanso. No primeiro minuto do segundo tempo Amelia ampliaba a renda do Futsi e no 28 Desi deixaba practicamente sentenciado o choque (4-1). Pero as pupilas de Codeso lonxe de arroxar a toalla seguiron buscando o gol que lle dera a oportunidade de meterse no partido. E foi no 35 cando Sonia lograba o 3-2. Vane Sotelo un minuto despois deixaba a diferencia local na mínima expresión (4-3). As visitantes disporían de vantaxe numérica ao ser expulsada Leti, circunstancia que non souberon aproveitar para sacar algo

positivo. Finalmente derrota con bo sabor, xa que lle plantaron cara ao primeiro clasificado. A vindeira semana o Cidade xoga na casa diante do Poio. Clasificación O Ourense Envialia está sexto con 30 puntos, a un punto da cuarta posición, que ocupa o seu último rival, Roldán. Pola súa banda o Cidade é oitavo con 25 puntos a seis do cuarto. O que parece claro é que o Futsi (43 puntos) e Burela (41) son os dous equipos que xogarán o título ligueiro. Tamén parece máis ou menos claro que o Alcorcón (37 puntos) será outro equipo que dispute a Copa. E por detrás un grupo de cinco equipos (Roldán, Rubí, Envialia, Alante e Cidade) que pelexarán polo último posto que dá dereito a entrar na cita copeira. Aínda que certo é que a segunda volta acaba de comezar e calquera cosa pode ocorrer.

Iván Feijoo, oitavo no Mundial Redacción O ciclista do Academia Postal - Actyon do Club Ciclista Maceda, Iván Feijoo, rematou oitavo nos Campionatos do Mundo de Ciclocross de categoría júnior. Nunha soberbia carreira na que saía no posto 39, o ourensán era quen de remontar posicións ata a oitava na que finalizaría a proba. Ademais de levar un gran ritmo Feijoo quedouse a 34 segundos da medalla de bronce, demostrando que se adaptou á perfección ao rápido circuíto belga de Zolder. Tempada Con esta oitava posición mundialista Iván redondea unha gran tempada na que é bo recordar que é a súa primeira como júnior. O alaricano gañou a Copa de España e proclamouse subcampión nacional; ademais de levar o título galego xunto con varias probas como a disputada en Maceda.

O Envialia é sexto con 30 puntos e o Cidade As Burgas oitavo con 25 Iván Feijoo en pleno esforzo no Mundial de Zolder.

Cross en Ribadavia Redacción

Partido entre o Ourense Envialia e o Roldán disputado nos Remedios./I. OSORIO.

Os días 13 e 14 de febreiro disputarase no circuíto da Veronza (Ribadavia) o Cross de Ribadavia. A novidade deste ano é que se celebrará -o día 13- o I Campionato galego por relevos.


AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 13 - Ano: XV - Xaneiro de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4AXENDA Música - 6 de febreiro - Concerto tributo a Led Zeppelin 21 h - Sala Berlín - 13 de febreiro - Concerto de Arizona Baby - 22 h - Sala Berlín - 17 de febreiro - Concerto de Atlas Road Crew - 21 h - Café Cultural Auriense - 20 de febreiro- Musical “Tres flamencos y mil versos” - 20:30 horas Teatro Principal Teatro - 13 de febreiro - “Me llamo Suleimán” - 20:30 h- Teatro Principal - 18 de febreiro - “Variedades” - 12:30 e 20:30 h - Teatro Principal - 28 de febreiro - “El Rey” - 19 h - Teatro Principal - 28 de febreiro - “Hasta aquí hemos llegado” - 20 h - Auditorio Municipal Cine - 24 de febreiro - “Walesa. A esperanza dun pobo” - 20 h - Centro Cultural Marcos Valcárcel Exposicións - Ata o 14 de febreiro - Exposición homenaxe a Felipe Criado - Museo Municipal - Ata o 26 de febreiro “Inventario”- Sala Alterarte - Ata o 28 de febreiro “Alicerces. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX”- Sala de exposicións Afundación - Ata o 28 de febreiro - “Alexandro” - Centro Municipal José Ángel Valente www.periodicobarrios.com

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese señora de mediana idade, galega, para tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 12 91 42. Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adultos. Tel. 669 60 34 14. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 43 43 30. Ofrécese mozo para traballos relacionados coa construción, carpintaría... Experiencia demostrable. Con carnet de conducir tipos: B, C1, C e BTP. Responsable e serio. Tel. 619 97 93 00. Fanse desbroces económicos con tractor e a man. Tel. 630 52 14 48. Ofrécese señora para traballar no coidado de persoas maiores ou nenos, de máxima confianza e con informes. Tel. 606 42 25 43. Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78 24 60. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Danse clases particulares de todas as materias de primaria. A domicilio ou presenciais. Económico. Tel. 666 74 36 60. Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 69 (Claudio).

Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten, tel. 645 77 05 10. Impártense clases de inglés para tódolos niveis ata B2 / First Certificate / Ciclo Superior da Escola Oficial de Idiomas. Grupos reducidos e de xeito particular. Prezos económicos. Tel. 662 17 00 82. Atendo whatsapp. Clases de apoio a domicilio,. Matemáticas xeraias e outras materias curriculares. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en clasesadomicilio2014@hotmail. com e 610 38 25 89.

INMOBILIARIA Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio. Tel. 637 00 59 101. Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 263 e 676 75 88 19. Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 79 5379. Alúganse dúas naves de 422 e 454 m2. Xuntas ou separadas. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Telf. 639 67 74 32.

Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas. Sexto piso con buhardilla, 2 habitacións, cuarto de baño. Tel. 630 032 047. Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, non urbanizable, económica. Tel. 630 03 06 42. Alúgase garaxe pechado moi amplo e con altillo, na rúa Francisco Llorens. Tel. 637 00 59 10. Necesítase chico ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local comercial en Ourense, acondicionado, 60 m2, c/ Fco. de Moure. 375 € Tel: 636.32.95.25 Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alugo perruquería en Progreso, 250 euros + comunidade. Tel. 637 00 59 10 Cómprase finca preto de Ourense non urbanizable, económica. Tel. 630 03 06 42. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 terneiros con 300 m de almacén con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 54 00 87. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Prezo económico. Tel. 637 00 59 10.

VENDAS Vendo Clío 1900 diésel. 1.600 euros. Impecable. Tel. 605 32 01 58. Vendo berce novo de madeira maciza. Regalo colchón, tamén novo. Tel. 988 04 52 74 e 666 84 10 29. Véndese leña de carballo para cheminea. Tractor por 220 euros. Tel. 630 52 14 48. Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de marca. En perfecto estado. Tamén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 53 79 (Carmen). Vendo mesa de comedor con catro sillas e caldeira de gas cidade Junker. Tel. 626 297 504. Véndese tractor Pasqualis todo equipado. Tel. 695 690 945 e 988 60 30 99. Véndese cadeira de auto para bebé ata 36 kg. Diferentes posición suxeita cabeza. Totalmente nova. 25 euros. Tel: 988 25 43 86. Vendo sofá 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade. Tel. 637 00 59 10. Véndese tractor Pascuali todo equipado. Tel.: 695 690 945. Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 627 608 758 e 671 921 854(con whatsapp).

CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos a mulleres. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


Ourense por BARRIOS Xaneiro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.