Setembro - Ourense por Barrios

Page 1

Entrevista á presidenta da A.VV. Covadonga [Páx. 9]

TEMA DO MES Páx.2

CIDADE

Páx.5

SOCIEDADE Páx.12

OCIO

Jesús Vázquez fai balance dos seus primeiros 100 días

Prevese que a final de ano rematen as obras da depuradora

Comezou o curso escolar para 30.995 estudantes

O Auditorio ofrece máis de 60 eventos ata final de ano

Páx.20

DEPORTES

Páx. 22

O COB estréase este venres na Liga, recibindo ao Melilla

Mantemento para a ponte Romana e a do Milenio [Páx. 4]

A Xunta, a través das consellerías de Medio Ambiente e de Cultura, executará melloras en ambas infraestruturas./P.LODEIRO.

Número: 9- Ano: XIV - Setembro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

TEMA DO MES: BALANCE 100 DÍAS

Jesús Vázquez saca peito

4 O alcalde, acompañado dos seus nove edís, fixo un repaso polos logros e compromisos adquiridos destes tres primeiros meses á fronte do Concello de Ourense. Paula Lodeiro O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, compareceu ante os medios de comunicación, acompañado de todo o seu equipo de goberno, para facer balance dos primeiros 100 días de goberno. No seu discurso, o popular repetiu conceptos xa ben coñecidos nestes meses: a súa intención de devolver a “normalidade” ao Concello de Ourense e a “ilusión” á cidade, e a súa vontade de diálogo e de chegar a puntos de encontro coa oposición. Así, subliñou que houbo “contactos asiduos” cos demais grupos. Jesús Vázquez tamén recalcou que nestes 100 días as súas actuacións baseáronse “na defensa dos intereses dos nosos veciños por riba de intereses particulares ou de partido”. Asemade, resaltou que o seu é un goberno “unido” e non “un reino de taifas” en referencia á anterior etapa e agradeceu a dedicación e o traballo “de

Logros e desbloqueo de asuntos pendentes En canto aos logros destas primeiras semanas,

Jesús Vázquez citou a creación dun albergue de peregrinos, o compromiso de ampliación da Escola de Idiomas, a consecución dun obradoiro de emprego, o reforzo no servizo de Axuda no Fogar, un Punto de Atención ao Emprendedor, ou os convenios con diferentes departamentos da Xunta para mellorar a sinalización das zonas termais e para remodelar o anexo do Pavillón dos Remedios. O alcalde tamén se “adxudicou” proxectos que viñan do anterior mandato, como a consecución de 3,5 millóns de euros para a Praza de Abastos ou o investimento por parte da Xunta dun millón de euros para a posta en valor da ponte Romana. No tocante a iniciativas de xestión diaria, o dirixente destacou o plan de choque de limpeza en todos os barrios e o plan de arranxo de desperfectos, desbroce de camiños e reparación de baldosas e bacheos. “Non podemos ir máis rápido por falta de dispoñibilidade económi-

ten o liderazgo suficiente dentro e fóra do seu partido para afrontar os grandes retos da nosa cidade”. Barquero tamén acusou a Jesús Vázquez de “apropiarse” dos proxectos e iniciativas do anterior Goberno municipal, coma a instalación do ascensor e do novo pavimento da Praza de Abastos nº1, a consecución da subvención do 1,5% Cultural, as axudas a colectivos sociais e para libros, material escolar e comedor, ou o Plan de Emprego coa Cámara de Comercio “xa anunciado por min mesmo na primavera pasada”, apuntaba o político socialista. E criticoulle ao rexedor que non rematara aínda proxectos iniciados polo

Goberno socialista, como a apertura de La Molinera ou da Praza de Abastos da Ponte, a aprobación da ordenanza de veladores, ou o concurso para arranxar os contedores soterrados. As críticas esténdense á “suposta volta á normalidade da vida municipal”, pois, para Barquero, “o principal elemento perturbador no pasado era o voceiro do PP, Rosendo Fernández”. Tamén sobre quen é o valedor do diálogo na corporación ourensá. “Se neste mandato existe diálogo é grazas á actitude dos diferentes grupos da oposición e non é mérito dun goberno que só dialoga cando lle convén”, afirmou o socialista.

O alcalde, na rolda de valoración dos 100 días./P.L.

O rexedor anunciou un Plan de Reestruturación de Edificios Municipais que permitirá economizar 600.000 euros sete días á semana” do seu equipo de goberno. Aforro O aforro foi outros dos eixos que quixo destacar neste balance, e así, referiuse aos 800.000 euros de aforro para o Concello que supón o novo equipo de goberno con respecto ao que custaba o anterior

mandato no seu inicio. Nesta liña, Jesús Vázquez anunciou un Plan de Reestruturación de Edificios Municipais que permitirá economizar outros 600.000 euros.

ca”, apuntou. No que se refire ao desbloqueo de asuntos pendentes, o político popular salientou a aprobación do Plan Especial de Seixalbo, a reclamación xudicial de Proavia, a activación dunha ducia de concursos públicos, entre eles o do transporte urbano, a instalación dun ascensor na Praza de Abastos, a adxudicación da obra de conexión entre as rúas Francisco Llorens e Velázquez, ou a contratación en tempo do alumeado de Nadal. Cooperación institucional Jesús Vázquez recoñeceu que nesta etapa houbo “moitísimo apoio institucional por parte doutras administracións”. Neste sentido, citou os acordos coa Confederación Hidrográfica para limpar os cauces dos ríos que pasan pola cidade; co Goberno central para impulsar a integración da alta velocidade e a estación intermodal, ou obras como a Circunvalación Norte, a reforma da Praza de Abastos nº1 ou o arranxo da ponte de Tarascón; coa Xunta de Galicia, que prometeu fondos para a ponte Romana, albergue de peregrinos, ampliación da EOI ou reforzo do servizo de Axuda no Fogar; e coa Deputación, que por primeira vez inclúe a

Ourense nos plans provinciais e volve cofinanciar o Festival de Cine. Proxectos pendentes Con respecto ás críticas feitas polo PSOE sobre os proxectos que siguen pendentes na cidade, o alcalde defendeu que o seu goberno está a traballar en abrir espazos como a Praza de Abastos da Ponte ou a Molinera, pero non o quere facer de calquera xeito. “Aperturouse o Espazo Lusquiños (polo anterior goberno) e non tiña internet”, puxo de exemplo. Os socialistas tamén o acusaran de “turismo institucional” por realizar visitas a outras administracións e el reprochoulles que durante a etapa anterior –cando el era conselleiro de Educación e Cultura e o PSOE gobernaba na cidade- non se dirixiran a el para pedirlle a súa axuda. “Só dúas veces veu a concelleira de Cultura Ana (Garrido) a falar conmigo, e o Pórtico do Paraíso foi o único tema”, dixo. Proxectos de futuro De cara ao futuro, o mandatario citou a aprobación do PXOM, a implantación do transporte metropolitano, a integración ferroviaria e a estación intermodal, ou a aposta polo termalismo como eixos fundamentais do seu mandato.

4A VALORACIÓN DA OPOSICIÓN Para Democracia Ourensana, 100 días marcados pola “mediocridade” O portavoz de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, cualificou de “mediocridade”e “máis do mesmo” os primeiros 100 días de goberno do PP no Concello de Ourense. O líder de DO ve “pouca diferenza” do goberno de Jesús Vázquez coa etapa anterior, e con respecto aos logros presentados polo alcalde defíneos como “propaganda”. “Aínda non fixo nada, por pór un exemplo, o que se ve máis, os colectores, están igual que antes”, dixo.

Para o PSOE, só “márketing político” Para o voceiro do PSOE, José Ángel Vázquez Barquero, nestes tres meses o Goberno municipal popular e o alcalde estiveron instalados “no márketing político, na viaxe institucional de aquí a Madrid e de Madrid aquí, na apropiación dos proxectos do anterior goberno e na claudicación fronte aos intereses políticos do PP, esquecendo en todo momento os intereses da cidade e dos veciños”. Desta maneira Vázquez Barquero definía unha etapa que para el deixa claro “que o actual alcalde nin ten proxecto de cidade nin

Ourense en Común ve continuismo Continuismo, política partidista e electoralista e pouca participación foron as principais críticas que fixo Ourense en Común da xestión do grupo de goberno popular. O edil Miguel Doval dixo que o PP fai unha política “claramente partidista e electoralista”. “Que presuman da colaboración doutras administracións denota que a cidadanía está en segundo termo; esas mesmas administracións fai catro días non aparecían”, engadiu. Ademais, apenas nota “diferenzas” entre o pasado e o presente, entre o anterior goberno do PSOE

e este do PP. Nesa liña, o seu compañeiro Martiño X. Vázquez, apuntou que os 100 días do actual equipo de goberno evidencian o mantemento “de vellas formas de facer política”, e cuestionou a política de “man tendida” do alcalde: “o que se fai é tomar decisións de maneira unilateral”. Na mesma idea afondaba Doval: “creo que o PP ten un complexo de maioría absoluta, de pensar que isto é o seu reino e pode facer o que quere”. “As formas e intereses do actual equipo de goberno quedaron en evidencia cando promoveron sen consenso unha modificación de crédito que mantiña as prioridades de gasto lonxe da xente do común”, explicaron.


TEMA DO MES: URBANISMO

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

O Concello de Ourense alegará para defender a legalidade das normas provisionais 4 O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia quere analizar a posible inconstitucionalidade da Lei de Ordenación Urbanística galega en base á cal foron aprobadas. P.L. O Concello de Ourense defenderá a constitucionalidade do artículo 96 da LOUGA que permitiu aprobar as normas urbanísticas transitorias, únicas vixentes na actualidade na cidade. A sala do ContenciosoAdministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debía deliberar o pasado 17 de setembro sobre a legalidade das normas provisionais, pospuxo a súa decisión, ao ver unha posible inconstitucionalidade na Lei de Ordenación Urbanística galega por infración de varios artigos da Constitución, ao contradicir o establecido na Lei estatal do Solo. Así, requeriu ás partes -entre elas o Concello de Ourense e o Ministerio Fiscal- que nun prazo de 10 días alegaran “o que desexen sobre a pertinencia de plantexar cuestión de inconstitucionalidade respecto do artículo 96 da Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural en Galicia, en canto que omite un trámite de información pública”. A asesoría xurídica municipal presentará alega-

Esta circunstancia dalle máis marxe de tempo ao Concello para aprobar o PXOM

Vista dunha parte da cidade./ARQUIVO. cións, avanzou o alcalde, defendendo “que esas normas provisionais eran perfectamente legais e conforme ao ordenamento xurídico”. Jesús Vázquez non quixo ver coma “un balón de osíxeno” esta decisión do TSXG. Pero o certo é que esta circunstancia lle dá máis marxe de tempo ao Concello de Ourense para poder aprobar o seu novo planeamento. Unha aprobación que, para o rexedor, é primordial que se dea “canto antes”. “A obriga é sacar un plan xeral definitivo e que dea seguridade xurídica a todos os inversores”, dixo, pero non quixo poñer prazos. Jesús Vázquez é consciente de que precisa contar coa oposición para sacar

adiante o novo planeamento: “o PXOM require da aprobación pola maioría do pleno e polo tanto dunha negociación moi intensa con todos os grupos, é un traballo moi difícil de cuantificar en termos de tempo”. Con todo, agarda que este sexa unha realidade antes de 2017. Valoración socialista O PSOE considerou o anuncio do TXG coma “un varapau” para a cidade “que pon nunha situación incómoda ao noso alcalde que foi un dos muñidores desta ordenación provisional”, dixo o seu voceiro. Barquero referíase ao feito de que Jesús Vázquez era conselleiro cando a Xunta aprobou as normas transitorias.

4 Resposta ás preto de 6.000 alegacións A decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prodúcese xusto cando vén de publicarse o informe de alegacións do novo PXOM de Ourense. Na web municipal (ourense.gal) están xa colgadas as respostas do equipo redactor ás 5.755 alegacións presentadas na fase de exposición pública. Todas as alegacións de vivendas declaradas fóra de ordenación foron estimadas. Coincide tamén coa petición por parte de certos grupos políticos de que haxa unha segunda exposición pública do planeamento. Así, o BNG, que neste mandato non ten representación na cor-

poración ourensá, pediu á oposición que presentara moción neste sentido. Quen recolleu o convite -mais sen facer referenza algunha á reivindicación dos nacionalistas- é Ourense en Común. A “marea” ourensá leva unha moción ao pleno do 2 de outubro reclamando unha exposición pública.“Entendemos que despois das 6.000 alegacións presentadas o documento resultante non será o mesmo que o exposto inicialmente, polo que é obrigada unha nova fase de alegacións públicas antes da súa aprobación definitiva”, afirman. Con todo, OUeC precisará do apoio dos outros dous grupos da

oposición (DO e PSOE) para que a súa petición saia adiante. Desde o grupo de goberno, o alcalde descarta unha segunda exposición pública. Jesús Vázquez pensa que a cidade “non pode caer na paralización total” e pídelle ao resto de grupos políticos “corresponsabilidade”. Recorda que a aprobación do Plan Xeral requerirá “a implicación de toda a corporación” por canto é necesario maioría absoluta para darlle visto bo. En todo caso, o rexedor insiste en que actúa “con total transparencia e legalidade e nesa marxe nos manteremos”.


Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

CIDADE

A Xunta asumirá traballos de conservación nas pontes Romana e do Milenio

4 Neste 2015 as Consellerías de Medio Ambiente e de Cultura levaran a cabo melloras por importe de medio millón de euros na ponte Romana; en 2016 Medio Ambiente executará o mantemento da ponte do Milenio. P.L. Dúas das pontes máis recoñecidas da cidade - a Romana e a do Milenio pasarán por chapa e pintura en vindeiras datas. Dunha banda, o que é un dos emblemas patrimoniais e monumentais de Ourense, a ponte Romana, será obxecto de traballos de conservación e mantemento por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A primeira fase destes traballos (530.000 euros) será licitada antes de que finalice este ano, e centrarase na renovación da iluminación e da calzada, que realizará a Axencia Galega de Infraestruturas, e na retirada de canalizacións de auga e rehabilitación do cuarto piar da

ponte, obras das que se encargará Cultura. Tal e como explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, os informes técnicos sinalan que o estado estrutural da Ponte Romana é bo, “pero son precisos traballos para que a súa conservación e mantemento sexan óptimos”, lembrando que a estes traballos se lle engaden os xa efectuados no mes de maio, consistentes na limpeza manual de vexetación do monumento. A segunda fase, ata completar o millón de euros consignados neste acordo, centrarase na contorna, incluíndo a zona da capela dos Remedios ou a retirada de sinais baixo a infraestruturan que afean a ponte Vella. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Ro-

Vista da ponte do Milenio sobre o río Miño./ARQUIVO.

4A titularidade, o escollo

O delegado da Xunta en Ourense, o concelleiro de Urbanismo, a conselleira de Medio Ambiente, o alcalde de Ourense, o conselleiro de Cultura e o edil de Infraestruturas, na sinatura do convenio para arranxar a ponte Romana./P.LODEIRO. dríguez, recalcou que con este acordo “ratificamos o compromiso do goberno autonómico con esta cidade e cun dos seus emblemas máis significativos, unha infraestrutura viva,

Ben de Interés Cultural”. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou que con este acordo “sentamos as bases da posta en valor dun dos grandes emblemas da nosa cidade”. O Concello participará da actuación a través da comisión de seguimento do convenio, e facilitando a execución das obras no ámbito das competencias municipais. En 2016, mantemento para a ponte do Milenio Ademais, o Concello de Ourense e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas suscribirán nos próximos días un convenio de colabora-

ción para acometer obras de mellora, mantemento e conservación da Ponte do Milenio durante 2016. Nun encontro coa titular de Medio Ambiente en Santiago, o alcalde agradeceu a responsabilidade e compromiso da consellería coa cidade e salientou a importancia destas obras, tendo en conta que están derivadas fundamentalmente da falta de mantemento por parte do Concello nos últimos anos. Pola súa banda, Ethel Vázquez, salientou que a intención do Goberno galego é executar o antes posible estes traballos, que estarán fundamentados nun proxecto que incluirá

O voceiro do PSOE, José Ángel Vázquez Barquero, explicou nun comunicado que o anterior Goberno socialista intentou varias veces que a Xunta de Galicia acometese os labores correspondentes de mantemento e limpeza, sen recibir en ningún momento resposta. Barquero atribúe agora o acordo entre Xunta e Concello a un “uso partidista das institucións” por parte do PP. Desde a súa inauguración en 2001, a ponte do Milenio estivo sen mantemento porque tanto Concello como Xunta negaban ser os titulares da infraestrutura. O convenio para a súa construción sinalaba que a ponte sería mantida polo Concello, pero nunca houbo unha transferencia formal.

as obras necesarias para paliar a falta de mantemento na ponte do Milenio nos últimos anos.

A ponte Romana verá renovada a súa calzada e iluminación


Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

CIDADE

Prevese que a final de ano rematen as obras da depuradora 4 A continuación iniciarase un período de probas de tres meses que dará paso a un período de posta en marcha dun ano. Redacción A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ourense permitirá tratar as augas utilizadas por unha poboación próxima aos 355.000 habitantes/equivalentes, cumprindo as condicións de vertedura que esixen as Directivas Comunitarias. Así o anunciou a directora xeral da Auga do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Liana Ardiles, durante unha visita aos traballos que executa Acuaes en Reza. Ardiles sinalou que a nova EDAR corrixirá os problemas estruturais e operativos que presenta a depuradora actual; en concreto, o elevado risco de sufrir inundacións así como a súa falta de capacidade. Ao mesmo tempo, unha vez construída a nova planta poderase cumplir a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense que obriga a demoler a actual infraestrutura. Está previsto que as obras rematen a finais deste ano, e a continuación iniciarase un período de probas de tres meses que dará paso a un período de posta en marcha dun ano. Na actualidade, xa se executou o 100% das cimentacións e o 95% da obra civil dos grandes elementos como os dixesto-

O Concello e a Deputación executarán accións conxuntas na cidade 4 Por primeira vez, a capital recibirá 52.500 euros dos Plans Provinciais. Redacción

Aspecto actual das obras de construción da nova EDAR en Reza./M.REJO. res, o pozo de auga bruta, o tratamento primario e os reactores biolóxicos. Asemade, xestionouse a compra de practicamente o 100% dos equipos e atópanse en fase de montaxe os tratamentos primario e biolóxico. A actuación, que conta cun orzamento de 59,3 millóns de euros, está financiada polo MAGRAMA -a través de Acuaes, con axudas do Fondo FEDER-, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense. Características A nova instalación terá capacidade para tratar un caudal medio de 72.192 metros cúbicos ao día, o triplo da capacidade da actual planta. Unha auga que, unha vez tratada, devolverase ao río Miño nas

condicións axeitadas. A EDAR presenta un deseño que cobre todas as superficies dos elementos do proceso, de maneira que todas as actividades realizaranse en recintos pechados, o que permitirá agrupar os tratamentos co mínimo movemento de lodos, evitando a emisión de cheiros e de ruídos ao exterior. Na liña de auga, a EDAR contará co sistema de decantación lamelar compacta, que combina nun só tratamento a decantación primaria e o desareado-desengraxado, obtendo unha instalación con menor ocupación e diminuíndo as afeccións ambientais. O uso das máis modernas tecnoloxías de depuración tamén permitirá

reducir a cantidade de biosólidos producidos, de maneira que se poidan valorizar os lodos para a súa aplicación agrícola á vez que se reduce o consumo de reactivos. O resultado será unha instalación máis eficiente e cun menor custo de explotación. Unha vez entre en funcionamento, demoleranse as actuais instalacións e procederase ao acondicionamento e revexetación dos terreos nos que se sitúa.

A nova EDAR corrixirá os problemas estruturais e operativos da actual

O Concello de Ourense e a Deputación Provincial manterán unha fluida colaboración institucional na procura de melloras para a capital ourensá. Nunha xuntanza a comezos de setembro co alcalde, o presidente da Deputación comprometeuse a achegar fondos para o Festival de Cine (35.000 euros neste ano e 50.000 euros en 2016), a construcción das gradas para o campo de fútbol de Santa Cruz (102.000 euros) e a incluír por primeira vez ao concello de Ourense, nos Plans de Obras Provinciais, (cunha partida de 52.500 euros). O apoio termal será outro dos eixos estratéxicos desta cooperación institucional, algo que se verá reflexado na mellora dos accesos ás Termas do Muíño da Veiga e A Chavasqueira, obra que acometerá a Deputación Provincial; así como a inclusión dunha partida específica nos Orzamentos Municipais do Concello de Ourense para o ano 2016, referida ao Plan Termal Provincial e destinada a ‘vilas e concellos termais’.

Concello e Deputación colaborarán tamén na creación conxunta dun portal web cultural no que as axendas culturais de ambas as dúas institucións se unifiquen, co fin de evitar duplicidades e prestar unha mellor oferta cultural. Tamén no eido cultural, o Concello de Ourense cederá á Deputación Provincial o uso dun edificio no Casco Histórico onde se centralizarán actividades lúdicas e culturais. Oficina de turismo Por último, no que respecta ao turismo, o Concello de Ourense integrará á Deputación de Ourense na Oficina Municipal de Turismo, co fin de abrir o abano turístico a toda a provincia, potenciando tamén a información de toda a provincia na propia cidade, complementando e completando deste xeito á oferta existente a día de hoxe.

A Deputación financiará as gradas do campo de Santa Cruz e achegará 85.000 euros para o OUFF


Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

CIDADE

Un estudo analizará os tráficos e custos do transporte metropolitano 4 Medio Ambiente quere presentalo antes de final de ano. Redacción A Consellería de Medio Ambiente presentará antes de que remate o ano un estudo de tráficos e de custos económicos do Plan de Transporte Metropolitano da área de Ourense. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, informou aos responsables municipais de Ourense, Amoeiro, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Coles, Punxín e Toén, dos avances e das actuacións previstas para facer posible a posta en marcha do plan

de transporte público. Nunha vindeira xuntanza a Consellería presentará unha proposta de convenio que recollerá as achegas económicas que lle corresponden a cada concello, así como á Xunta, que

asume o 80% das bonificacións que se aplicarán aos usuarios. Postura de Ourense A respecto desta cuestión, o voceiro do Goberno local de Ourense, Pepe Araújo, expresou a “máxima colaboración” do seu goberno coa Administración autonómica e puntualizou que “non vai ser o Concello de Ourense o que poña inconvenientes”. Con todo, o edil apuntou a que o éxito do plan depende tamén do resto de municipios implicados, “se están dispostos a asumir eses gastos”.

Parada de bus na capital./P.LODEIRO

As Urxencias incorporan unha sala de diagnóstico 4 Con críticas por parte da Comisión de Centro. Redacción O espazo asistencial do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario ampliouse coa construción dunha Sala de Diagnóstico e Tratamento, de máis de 180 metros cadrados, con capacidade para 27 pacientes. A Xerencia reconverteu para uso asistencial espazos de uso administrativo e de almacén, dando así resposta ao déficit de espazo que este servizo tiña desde a súa construción. Desde a Comisión de Centro xa denunciaron as carencias desta sala. A

xuízo dos profesionais sanitarios, as características da sala non permitirán “traballar con seguridade ante calquera urxencia”, explicaba a presidente da Comisión, Asunción Maus. Refírense en particular a que o espazo entre camas redúcese a 1,05 m (antes era de 1,40 m), á ausencia de timbres para que os usuarios poidan avisar aos enfermeiros e a que desde o posto de enfermaría “non temos control visual de todos os pacientes”. A existencia dun só baño para toda a sala e a falta de ventilación (as ventás están pechadas) son outros dos inconvenientes do novo espazo.

4 Coordinación con HADO Os servizos de Urxencias e Hospitalización a Domicilio (HADO) potenciarán a súa coordinación traballando en rede. Así o acordou a Xerencia do CHUO como vía para garantir tanto a continuidade de coidados a domicilio, como mellorar a atención urxente que se presta aos grupos poboacionais mais dependentes deste servizo, os pacientes crónicos e anciáns, que en Ourense constitúen mais do 40% do total de atencións en Urxencias. O doutor Ildefonso Cejudo, responsable de HADO desde fai catro anos e con ampla experiencia en Urxencias, será o encargado de coordinar as dúas áreas.

Con capacidade para 27 pacientes


BARRIOS

EN BREVE 4 Urbanización das vivendas de Covadonga

4 Conexión das rúas Francisco Lloréns e Velázquez

4 Día dos maiores no centro cívico da Ponte

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou a recepción das obras de urbanización correspondentes ao AR 13-N “Covadonga”, isto é, á contorna das 52 vivendas de promoción pública deste barrio. A Xunta de Goberno entende que as obras se executaron segundo as condicións fixadas no seu día e que están en correcto estado de conservación. A partir de agora, ábrese un prazo de garantía dun ano durante o que lle corresponderán ao Instituto Galego de Vivenda e Solo as obrigas de conservación, mantemento e reparación das obras. Tamén se lle require ao IGVS a constitución de garantía por importe de 27.500 euros para avalar o cumprimento destas obrigas.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adxudicou, mediante procedemento negociado sen publicidade, o proxecto de urbanización da conexión de Francisco Lloréns coa rúa Velázquez, quemellorará o acceso do tráfico ao edificio xudicial e ao futuro centro de saúde do Couto. A contratación deste proxecto é para a oferta presentada por Obras y Saneamientos Galicia S.L., por importe de 180.023 euros, por tratarse da oferta económica máis vantaxosa, conforme aos criterios do prego de condicións e ao procedemento de negociación. Tamén segundo o prego, as obras deberán quedar totalente rematadas no prazo de tres meses.

A Concellería de Asuntos Sociais celebra o ‘Día Internacional das Persoas de Idade’, que terá lugar o 1 de outubro, cunha actividade de teatro no centro cívico da Ponte, ás 18 horas. A actividade consistirá nun contacontos no que participarán membros do grupo Aturuxo de teatro de maiores, e unha das monitoras do obradoiro, de Sarabela, así como menores que acoden ao centro cívico. Por outro lado, Asuntos Sociais iniciará a vindeira semana tres cursos de alfabetización dixital do Programa de Minorías Étnicas nos centros cívicos da Ponte e da Cuña, e o Programa de apoio socio educativo na escola nos colexios Prácticas-Anexa, Irmáns Villar e Mariñamansa.

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

Solicitan melloras no peche da cancha xunto a estación de autobuses 4 Responde a unha demanda dos usuarios do novo parque infantil do barrio. Redacción Recollendo a petición das veciñas e veciños que levan aos cativos ao recén reformado “Parque Infantil As Termas”, a Asociación Veciñal As Termas presentou por rexistro no Concello unha solicitude de arranxo do peche metálico da cancha polideportiva do barrio. A problemática reside no deficiente estado de mantemento do arame así como a súa escasa altura. Este feito provoca que polas tardes, nos momentos que máis uso teñen ambos espazos,

Estado do peche metálico da cancha polideportiva. sexan numerosos os balóns que se “coan” no parque infantil, causando malestar entre as persoas que alí se atopan pola situación de perigo que xera.

Dende a asociación veciñal sinalan que tan importante como crear novos espazos é manter os que xa existen en axeitadas condicións para o seu uso.


Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

A VALENZÁ

EN BREVE

Barbadás destina 10.000 euros a emerxencia social

4 Cine galego na Casa da Cultura A Concellaría de Cultura de Barbadás organizará durante o mes de outubro a “I Mostra de Cinema galego: Na Lembranza”. Todos os venres ás 21 horas, do 2 ao 30 deste mes, proxectaranse no Auditorio da Casa da Cultura diferentes filmes. Así, o día 2 é o turno de “Sempre Xonxa”, o 9 de “O Bosque Animado”, o 16 de “Entre bateas”, o 23 de “Ilegal” e o 30 péchase o ciclo con “Trece badaladas”. A entrada é de balde, previa recollida das invitacións na Casa da Cultura, ata completar aforo.

4“Tempos de Mulleres” en Barbadás A Concellería de Igualdade iniciou unha serie de actividades dirixidas ás mulleres e encamiñadas a avanzar na igualdade de oportunidades, que se engloban dentro do proxecto denominado “Tempos de Mulleres”. A edil Ánxela González convidou ás mulleres de Barbadás a que reserven un domingo ao mes para si mesmas e se acheguen ás instalacións municipais do Parque da Solaina onde se levarán a cabo diferentes actividades, que son todas gratuítas. Dentro do programa, que arrancou o 27 de setembro cun cine-fórum, atopamos un clube de lectura en outubro, unha charla-coloquio en novembro e un obradoiro sobre sexualidade en decembro.

4 Aproba en pleno unha modificación orzamentaria. Redacción O viaduto pasa moi próximo a numerosas vivendas da Valenzá.

Piden a instalación de mamparas no viaduto da A-52 O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, remitiu unha petición ao Ministerio de Fomento “para que proceda á instalación de pantallas acústicas no viaducto da Valenzá”, co obxecto de “mitigar o ruído producido polos vehículos”. O Concello aínda non recibiu unha resposta formal, pero o Goberno do Estado xa rexeitara unha alegación presentada polo PSOE neste sentido, na que se pedía un investimento de ao redor de 300.000 euros procedentes dos orzamentos estatais. Esta alegación formaba parte das 59 emendas presentadas polos socialistas no Congreso para a provincia de Ourense aos orzamentos xerais do Estado, as cales foron rexeitadas. Non obstante, o rexedor de Barbadás agarda que Fomento “teña en conta esta necesidade plantexada dende un dos concellos con máis pobación da provincia”.

O Concello de Barbadás destinará 10.000 euros para axudas de emerxencia logo dunha modificación orzamentaria que se levou a aprobación no pleno de setembro. Como explicou o tenente alcalde, o nacionalista Xosé Manoel Fírvida, unha das prioridades do goberno “é prestar axuda ás familias máis castigadas pola crise, que non poden facer fronte aos alugueres, aos recibos de luz e de auga ou á alimentación básica”. O trasvase destes fon-

dos faise pola rebaixa das retribucións do equipo de goberno -8.000 euros- e pola deducción dos gastos de protocolo e do custo dos órganos de goberno 2.000 euros-. Asemade, Fírvida adiantou que nos orzamentos de 2016 incrementaranse os cartos dedicados a estas axudas con respecto ao consignado polo anterior goberno popular, “que dun orzamento de máis de 5 millóns de euros só destinou 9.000 euros para todo o exercicio económico, unha cantidade totalmente insuficiente”, denuncia.

O Goberno de Barbadás publica o seu patrimonio Redacción

Numerosos nenos acudiron á inauguración da biblioteca infantil de Barbadás.

Os nenos de Barbadás estrean biblioteca infantil O pasado venres 18 de setembro os nenos de Barbadás inauguraron o novo espazo da Casa da Cultura, a biblioteca infantil. A concelleira de Cultura, Ánxela González, destacou que era “unha vella reivindicación da poboación infantil” e resaltou que se “trata dun espazo pensado e deseñado para os máis pequenos e cuxo obxectivo é que os nenos lean, desenvolvan a súa creatividade e participen en obradoiros. Un espazo activo e de participación e xogo”. Asemade, adiantou que a partir de outubro comezará a abrir os sábados, de 10 a 13 horas, para a realización de obradoiros.

O Goberno municipal de Barbadás vén de publicar os seus datos patrimoniais na web www.barbadas.es. Están dispoñibles para a súa consulta datos relativos ás actividades profesionais, vehículos, contas bancarias, bens inmobles e pasivo, dos cinco concelleiros do PSdeG (Xosé Carlos Valcárcel alcalde-; Victoria Morenza; Marga Pérez; Rafael

Sierra e Adrián Varela), e dos tres do BNG (Xosé Manoel Fírvida -tenente alcalde-; Ánxela González e Serafín Núñez). O rexedor explicou esta medida porque “para o goberno de Barbadás é fundamental a transparencia na vida política”. A información aparece na web municipal, no epígrafe Información de interese-Organización Municipal- Datos patrimoniais do grupo de goberno.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

ENTREVISTA A ESPERANZA MARTÍN - PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VIRXE DE COVADONGA

“Hoxe o barrio de Covadonga non ten nada que envexarlle a ningún outro” 4 Falamos coa presidenta da asociación de veciños Virxe de Covadonga, Esperanza Martín, que leva 40 anos pelexando polo seu barrio. Silvia Nieto Ten 88 anos, foi alcaldesa pedánea de Covadonga entre 1977 e 1987, e presidenta da asociación de veciños dende entón. Ademais, lidera o colectivo de mulleres rurais da zona. Falamos cuns dos iconos da representación veciñal ourensá, Esperanza Martín, que nos detallou as melloras que viviu Covadonga dende os anos 50, rompe co falso mito de que é un barrio conflitivo e mostrános o gran orgullo que sente polo lugar que a adoptou cando chegou sendo moi nova dende Madrid co seu home e dous fillos. Non será de Ourense, pero asegúrolles que non se nota. Coñecemos Covadonga a través da que sempre será a súa alcaldesa. Cando se fundou a AVV Virxe de Covadonga? Esperanza Martín: “En1987, cando quitaron os alcaldes pedáneos e fixeron as asociacións”. E dende o principio foi a súa presidenta. E.M.: “Si, sempre estiven á fronte, salvo dous anos. Cando comecei a presidir a Asociación de Mulleres Rurais Xesta deixei a AVV, pero aos dous anos volvín collela”. Canto mellorou o barrio nestas décadas? E.M.: “Nos 10 anos que estiven de alcaldesa foi cando se fixo todo no barrio, logo só se solucionaron cousas pequenas. Pero cando eu estiven foi cando se instalaron os sumidoiros, luz, auga, firme... porque careciamos de todo. Como non tiñamos moitos recursos déronnos estas casas, a primeira fase entregouse en 1957, e acá nos deixaron. Coa segunda fase tiñamos as mesmas precariadades, porque facían as casas pero non melloraron rúas, nin abastecemento, nin nada. Tiñamos a auga por medio de dous depósitos que estaban sempre estropeados. Eu cheguei dende Madrid co meu marido, tiñamos dous nenos pequenos e tivemos que meternos acá. Daquela eu seguía indo

Esperanza (segunda pola dereita), xunto a outros membros da directiva da AVV Virxe de Covadonga./R.T.

“Acaban de entrar e xa están facendo cousas. Eles saben que se se pide é porque se necesita. Pero o máis importante é que nos escoita, é dialogante”, así opina Esperanza do novo Goberno municipal popular e de Jesús Vázquez ata alá porque tiña familia e unha vez á volta dixéronme que nos querían cobrar de máis na luz, unha cantidade que non se gastara. Eladio Diz, que era edil, foi o que me dixo que baixara á Troya cun grupo de persoas para comezar a traballar polo barrio. O alcalde e o gobernador pagaran a luz pública, e cobrábannos 120.000 pesetas de máis. Ao final cobraronnolo e non conseguimos que nolo devolveran. Daquela había un alcalde pedáneo, o señor José, e a nós non nos valía o trato que nos ofrecía, entón o alcalde decidiu nomeaar a outro. E Eladio propúxome a min. Fixéronse as votacións e saín elixida cunha ampla maioría. E dende entón collín o barrio, pero non só Covadonga, senón tamén Eiroás, Montarín e Guizamonde. Que en Eiroás estaban tamén sen luz, sumidoiros e auga. Todo iso foise facendo nos meus 10 anos de alcaldesa, porque tiñan as mesmas carencias que Covadonga. E hoxe o barrio non ten nada que envexarlle a ningún. Estamos moi ben, temos servizo de autobús, gardería, colexio novo, as casas están moi valoradas e dende acá tes unhas vistas impresionan-

tes de Ourense. Nos parques estase de maravilla, e nun hai unha cancha para xogar os rapaces ao fútbol. Claro que faltan cousas, e sempre queremos mellorar, pero estamos moi ben. E se dalgo estou orgullosa é que cando temos cursos os monitores veñen con medo pola fama que ten o barrio, pero logo cando rematan todos queren volver ao ano seguinte. Porque os tratamos moi ben. Colleu a fama, pero acá nunca houbo problemas. A xente fala sen coñecer o barrio”. Como ten sido a resposta das autoridades ás súas demandas? E.M.: “Co alcalde que marchou (Agustín Fernández) só puidemos falar un día, e porque lle conviña a el. Eu conseguín que Industria mandase diñeiro para soterrar os cables de alta tensión, que están á altura da man. Déronnos 175.000 euros e o Concello só tiña que pór 30.000. Pero veu o diñeiro e Agustín devolveuno. Entón tiñamos unha entrevista pedida e non nola concedeu. Pasados uns días chamaron do Concello para dicir que ía vir, eu pensando que quería falar cos veciños, pero só se quixo reunir

coa directiva da asociación. Veu el, Penín e María Devesa e pedímoslle explicacións. Dixo que non lle chegou o tempo para usar o diñeiro, polo que eu esixinlle que pedira unha prórroga como fixo noutras ocasións. El prometeu que ao ano seguinte o metería nos orzamentos do Concello, e non houbo nada ata agora. Moi boas palabras, pero logo ningún feito. E pedimos varias citas pero nunca nos quixo atender, sabía por que era. Ca única persoa que podiamos falar e que sempre se achegaba a coñecer os nosos problemas era María Devesa. É moi atenta, dialogante, e sei que non fixo máis porque non podía, non estaba na súa man, pero sempre puidemos contar con ela. Cando facemos comidas convidamos a todos, e María veu sempre moi contenta. Pero do resto de políticos non se salva ningún”. E xa se reuniu co novo alcalde? E.M.: “Si, e pedímoslle varias cousas que precisamos. De feito, puxeron uns bancos acá de madeira que tiñan resina e estropeáronlle os pantalóns á xente. E ao día seguinte de dicirllo a el xa os viñeron recoller e trouxéronno-

los de volta como novos. Tamén lle pedimos outras cousas que necesita o barrio e xa viñeron os técnicos do Concello para empezar a solucionalas”. Pode comentarnos algunha desas demandas? E.M.: “Por exemplo, no parque infantil hai un oco que está baleiro, e nese espazo collen un ou dous xogos máis. E a metade estaba pechado cuns bloques e a outra con madeira. Polo que van tirar todo iso e unilo como é debido, e van poñer un par de xogos máis. Ademais, as raices das árbores están levantando a rúa e vanas cortar. Tamén necesitamos que pinten as paradas de autobús porque aparcan os coches porque non está sinalizado. E van renovar unha varanda que lle pedimos. Pero acaban de entrar e xa están facendo cousas. Iremos pedindo melloras pouco a pouco, para que non se esquezan. Pero eles saben que se se pide é porque se necesita. Pero o máis importante é que nos escoita, é dialogante”. Teñen algún problema que leve moito tempo sen resolver? E.M.: “Tiñan previsto facer unha igrexa acá. Houbo un acordo entre o Bispado e a Xunta, o primeiro encargábase de facer a igrexa e a Xunta de facer máis vivendas, que son as que están rematadas pero aínda sen entregar, que non sei cando as pensan dar. Pero da igrexa nada, de feito din que van facer unha capela, e iso si que non, isto ten que ser para a parroquia porque temos o cupo suficiente. Vou ir falar co delegado do Goberno e co bispo para ver que pasa con iso, porque está pedido dende que eu era a alcaldesa. Tamén temos problemas porque caeu unha parte do muro dunha finca fai máis de tres anos. Os técnicos dixeron que era perigoso e só teñen que averiguar de quen é propiedade para mandarlla pechar en condicións, pero nada. Ata que haxa unha desgraza...”. Que actividades organiza a asociación? E.M.: “Temos cursos de todo tipo: mimbre, estaño, encaixe de Camariñas, manualidades, punto de cruz, informática, baile, ximnasia de mantemento... Xa non sei que máis pedir. Todo o que podo traer, eu traio. E os veciños responden moi ben. Tamén celebramos festa polo Día do Socio, cunha comida na que nos xuntamos 60 ou 70 persoas; e o Día do Pai”.


10

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

O Concello xa prepara a campaña de Nadal

Comprar no comercio local volve ter premio

4 Destinará 84.000 euros á iluminación.

4 Unha nova campaña da Federación de Comercio repartirá 4.000 euros en tarxetas regalo.

Redacción O Concello de Ourense reforzará o apoio ao comercio local para a próxima campaña de Nadal, colaborando estreitamente coas diferentes asociacións do sector. Durante a xuntanza da Mesa do Comercio Local, o alcalde Jesús Vázquez, trasladou ás asociacións da cidade a vontade do Goberno municipal de prestar o seu apoio ao comercio local nestas festas estratéxicas para a súa actividade. A Administración local quere pór en marcha diferentes medidas de apoio, como un reforzo da iluminación navideña, incrementando sensiblemente o número de arcos e zonas iluminadas. O procedemento para contratar este alumeado xa está en marcha. Tamén quere desenvolver unha campaña de promoción do comercio local, que incentive o consumo nos establecementos comerciais da ci-

Redacción

Reunión da Mesa do Comercio Local. dade. Ademais, elaborará un programa de actividades culturais, de lecer e dinamización dos barrios que contribúan a estimular o ambiente festivo. E finalmente, implicarase de maneira directa en actividades como o concurso de escaparates que organiza a Cámara de Comercio. O rexedor convidou expresamente ás asociacións do sector a presentar as súas propostas e coordinar accións, integrándoas dentro da programación de Nadal do Concello para

acadar os mellores resultados. Na reunión da Mesa do Comercio Local participaron, ademais de Vázquez, a concelleira de Comercio, Ana Morenza, e técnicos desta área municipal, ademais de representantes da Cámara de Comercio, Asociación de Mulleres Empresarias, e as asociacións de comerciantes Praza de Abastos número 1, Río Mao, Couto e Norte. En novembro haberá unha nova xuntanza.

Volve un clásico por estas datas: a oitava campaña “As compras na túa vila teñen premio”. Unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Ourense que repartirá 4.000 euros en tarxetas regalo entre os clientes do noso comercio local. A iniciativa sorteará cinco tarxetas de 300 euros e outras 25 de 100 euros cada unha, que deberán gastarse de novo nos establecementos da cidade. Os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Ourense poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada no Paseo ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da cidade, que lles entregarán boletos de participación no sorteo. Este terá lugar o venres 9 de outubro, ás 20 horas, nunha carpa

A directora xeral de Comercio entre os presidentes da Federación de Comercio de Ourense e da Federación Galega e os representantes de Abanca e Grupo Femxa./P.LODEIRO. ubicada na praza Eugenio Montes. O sorteo será presencial e realizarase tantas veces sexan necesarias ata que aparezan os 30 premiados. Incentivar as compras O presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, destacou que esta é unha das campañas de máis éxito, mentres que o presidente da Federación Gale-

ga, José María Seijas, vea como un incentivo ao consumo nunha cidade onde, dixo, “o comercio está vivo”. Nesa liña, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, afirmou que “todos gañamos” con esta iniciativa: “os consumidores, que teñen a oportunidade do sorteo; os comerciantes, porque ven incentivadas as súas vendas, e logo o premio repercutirá de novo no comercio”.


ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Un programa busca crear empresas no sector cultural 4 Promovido polo Inorde, Cámara de Comercio e Fundación Incyde. P L. O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e o presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, presentaron o cuarto programa de creación e consolidación de empresas que desenvolverán ambos organismos en colaboración coa Fundación Incyde. Enmarcado no Plan “Transforma Ourense”, o programa ten como obxectivo proporcionar a emprendedores e empresarios unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa co fin de determinar oportunidades de mercado e desenvolver o plan de empresa ou, no seu caso, o plan de mellora. Tras unha edición centrada en empresas do ámbito agrícola, gandeiro e forestal, e dúas máis do ámbito servizos, este cuarto programa fixa o seu obxectivo no sector das industrias culturais e crea-

tivas. O programa ten unha duración de oito semanas, cun total de 320 horas de formación, das cales 280 horas se dedican a formación específica, con titorías individualizadas para cada proxecto. Está financiado polo Fondo Social Europeo (que achega 20.000 euros) e polo Ministerio de Cultura (que contribúe con 5.000 euros). Balance Trala realización dos tres anteriores programas en 2014 e 2015, os organizadores coinciden no alto grao de éxito desta iniciativa. “O índice de creación de empresas é altísimo”, indicaba Juan Carlos Parada. En total, puxéronse en marcha 59 proxectos empresariais. Os interesados - un máximo de 25 emprendedores ou empresas poden inscribirse ben no Inorde ben na Cámara.

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

11

Unha feira do emprendedor fomentará o autoemprego

EN BREVE

4 O Concello presenta o Programa Local de Apoio ao emprego, que oferta, cursos formativos e incentivos ao emprendemento.

Expourense celebra no mes de outubro dúas citas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia, o da automoción. En estreita colaboración coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., organizan para o vindeiro mes o 7º Salón do Automóbil - Vehículo Novo (a fin de semana do 23 ó 25 de outubro) e o 7º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión (do día 30 de outubro ao 1 de novembro). Está confirmada a participación como expositores nestas citas da meirande parte dos concesionarios da provincia asociados a A.C.A.U.T.O. En total participarán unha vintena de empresas que engloban máis de 30 marcas de vehículos. O obxectivo é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo que poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, comparar opcións antes de realizar unha compra que require dun gran desembolso económico.

P. Lodeiro O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Jorge Pumar, e o presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada Rúa, presentaron o Programa Local de Apoio ao Emprego. O programa ofrece a un máximo de 15 desempregados un curso de márketing empresarial de 60 horas. Os participantes recibirán asemade un servizo profesional de orientación laboral e coaching de 10 horas. O edil de Promoción Económica, Jorge Pumar, explicou que o programa ten o compromiso de inserción laboral “dun mínimo do 25%” dos asistentes. Ademais, becaranse con 1.550 euros aqueles proxectos presentados polos participantes que culminen cunha alta como autónomo ou coa creación dunha empresa. O Programa Local de Apoio ao Emprego cul-

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada./P.LODEIRO. minará o 20 de outubro coa celebración da I Feira do Emprendedor. Os promotores agardan reunir no antigo Banco de España a unhas 300 persoas, que poderán asistir a conferencias de expertos, actividades e talleres, e a mesas redondas nas que se darán a coñecer experiencias de éxito por parte de novos empresarios. Un espazo networking, stands de emprende-

dores e institucionais e unha consultoría express para resolver as dúbidas dos asistentes son outros dos servizos que se ofrecerán nesta feira. Este programa está subvencionado polo Fondo Social Europeo, que achega o 80% do orzamento, que ascende a 105.900 euros. O Concello de Ourense financia o 20% restante.

4 Cita co automóbil en Expourense

4 3.000 euros para a mellor idea innovadora A Cámara de Comercio de Ourense convocou o I Concurso de Ideas Emprendedoras Innovadoras. Na iniciativa poden participar emprendedores maiores de 18 anos que se rexistren na plataforma Aprendeafinanciarte.com (o rexistro é gratuíto) e que conten cunha idea de negocio innovadora viable. A data límite para subir a gravación é o 11 de outubro e o proxecto gañador recibirá un premio de 3.000 euros para comezar a financiar o seu soño emprendedor.


12

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

SOCIEDADE

Comezou o curso escolar 4 Na provincia hai matriculados este ano 30.995 estudantes. P.L. Con nervios, ilusión, risas, berros e algún que outro choro, así voltaron ás aulas os preto de cen escolares do CEIP Manuel Luis Acuña, situado no barrio da Carballeira. No seu primeiro día de cole, os pequenos recibiron a visita do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, máis o alcalde, Jesús Vázquez, que comprobaron in situ as melloras realizadas nas instalacións nas semanas previas. Váquez salientou as obras realizadas “para esa posta a punto de revisión” en 15 colexios da capital e noutras instalacións educativas. En concreto, durante o verán as brigadas municipais atenderon ata 76 incidencias detectadas nos Ceips da Ponte, Albino Núñez, Amadeo Barroso, Covadonga, José G. García, Inmaculada, Irmáns Villar, Manuel Luis Acuña, Manuel Sueiro, Mariñamansa, Mestre Vide, O Couto, Prácticas, Seixalbo e Vistahermosa, así como na Biblioteca da Carballeira, na Galiña Azul de Barrocás e na EPA. Os operarios houberon de arranxar portas e fiestras; desatascar urinarios, tubaxes e sumidoiros;

4NOTICIAS DE EMPRESA

NENOOS, un método educativo integral Falamos con Mauro Santos, director de NENOOS Ourense.

Un alumno do CEIP Manuel Luis Acuña no seu primeiro día de cole./P.LODEIRO. substituír elementos deteriorados eléctricos e de grifería; revisar as instalacións eléctricas, instalar tarima flotante e pintar paredes e outros elementos. Estas actuacións atenderon ás peticións formuladas polos directores dos centros educativos. Segundo indicou o alcalde, “entre a Xunta e máis nós xa estamos planificando o traballo en 17 centros máis, traballos moitas veces de pequena magnitude pero sen embargo importantes para o día a día dos centros”. En total, na cidade de Ourense incorporáronse

ás clases 9.102 rapaces, 2.874 deles en educación Infantil e o resto en Primaria. Máis de 30.000 alumnos No que se refire ao conxunto da provincia, neste mes de setembro, iniciaron o curso 30.995 estudantes, de Educación Infantil, Primaria, Especial, Secundaria, Bacharelato e ensinanzas de réxime especial .

O Concello realizou reparacións en 15 colexios

Que é NENOOS? “É un método educativo integral para desenvolver a intelixencia de forma divertida e eficaz; divertida porque empregamos unha metoloxía lúdica e eficaz porque o xogo é o vehículo natural de aprendizaxe dos nenos. Desenvolvemos os talentos dos nenos, todo neno ten un talento é en Nenoos damos a oportunidade de que os descubran. Todos os nosos programas están elaborados atendendo a unha concepción de desenvolvemento dos nenos en tres dimensións: mente+corpo+emocións. Melloramos nos nenos a súa corporalidade, a xestión das emocións e o desenvolvemento intelectual. A nosa oferta está destinada a nenos entre 1 ano e 13 anos”. Que programa ofertades aquí ? “O máis importante polo momento de inicio de curso é o programa NENOOS 360, ofertado no noso centro de luns a sábados e en colexios da provincia con actividade extraescolar. Ademais, todos os sábados en horario de 11:30 a 13:30 horas e nos períodos vacacionais ofertamos o progra-

ma OCIO INTELIXENTE, actividades lúdicas cun alto valor educativo, científico e de desenvolvemento do inxenio, e tamén a partir de xaneiro ofertaremos o programa Baby-NENOOS para traballar a estimulación temperá de 0 a 3 anos”. Falemos entón de NENOOS 360. “NENOOS 360 é un programa para mellorar capacidades específicas e o desenvolvemento persoal. Plantexámolo como unha actividade extraescolar, cunha duración de 1 hora o 2 horas á semana. Tratamos de ser unha oferta educativa de carácter transversal, mellorando e estimulando o neno en todas as súas dimensións (mente+corpo+emocións). Nas nosas clases os nenos traballan diferentes actividades en curtos períodos de tempo, mellorando deste xeito a súa concentración, atención, cálculo mental e rendemento. Algúns dos instrumentos que utilizamos son o Brain Ggym, ioga, Ábaco Soroban, xogos de construción e xogos de estimulación atencional. Xa para rematar dicir que os nenos forman parte de diferentes niveis adaptados á súa idade e maduración”. Para quen vai dirixido? “Para calquera tipo de neno ou nena entre 3 e 13 anos; incluso cativos con

necesidades especiais ou outras diversidades funcionais, que se valorarían en cada caso individualmente. Ademais este ano estamos recibindo moitos nenos de 3 aniños que non están escolarizados e ven en nós un recurso educativo divertido e de socialización ideal para os seus pequenos”. Cal é o valor de NENOOS para cidadanía? “Nenoos conta con 26 centros en toda España, tendo presenza nas catro provincias galegas, temos un equipo psicopedagóxico traballando sempre para mellorar a nosa oferta. A nosa máxima é ofrecer un servizo óptimo e de calidade, apostando pola innovación educativa, con mestres altamente formados e sendo un complemento axeitado á educación transversal das casas e dos coles. Amais de ter materiais propios, un centro atractivo para os nenos e cun mobiliario adaptado por idades, NENOOS colabora con Unicef doando parte do seu beneficio e facendo participe a todos as nosas familias desta causa solidaria. Invitamos a todos a que acudan aos nosos obradoiros gratuítos e nos coñezan, estamos seguros de que lles encantará”. [+ info no 988 78 21 78, 687 28 59 13 ou r/Pura e Dora Vázquez, 23]


SOCIEDADE

Para tallas grandes, Komodamoda pezas en polipel ou con aplicacións, antelinas cun tacto moi suave e agradable, leggins para combinar con pezas longas, maxi xerseis moi estilosos, ademais dunha gran variedade de prendas vaqueiras, camisas, cazadoras ou pantalóns. E todo o que ofrece como sempre até a talla 70, con deseños moi xuvenís e actuais. Destacan tanto os flecos en todo tipo de pezas e accesorios, como o estilo étnico que tanto favorece e que nos fai ver e sentir diferentes. Contan tamén con botas de cana ancha na pantorrilla, todo en pel, ata o número 43, que tanto gustan e tan bo resultado dan ás súas clientas. Xa pensando no inverno podes completar o look coas medias super amplas

13

Termatalia 2015 recibiu máis de 10.800 visitas

4NOTICIAS DE EMPRESA

Nova tenda, novas instalacións, nova localización, nova colección e moitos máis metros de exposición onde o máis difícil vai ser elixir o que te vas levar. Despois de nove anos en Ourense, a pasada semana comezou unha nova etapa a coñecida tenda de tallas grandes Komodamoda, estreando novo local na rúa Bedoya, 13, baixo. Máis amplo e máis comodo, mellorado e coidando todos os detalles con moito mimo, pensando nas necesidades das súas clientas. E iso non só se nota no seu interior, senón desde a propia entrada ao facilitar a accesibilidade a todas as persoas. Coincide este inicio cunha nova tempada que trae bonitas cores, novos deseños, moitos vestidos, saias estampadas ou asimétricas,

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

4 A feira converteuse no principal punto de encontro internacional do turismo de saúde. Redacción

para estar ben monas e quentiñas. Roupa de festa Para as que teñan algún evento, poden lucir fantásticas cun vestido longo en favorecedoras cores, con encaixes, teas bordadas, faxíns, boleros e tamén en curto. A estrela da tempada, o mono, que é sinxelo e elegante á vez. E o máis importante sen ter que preocuparse pola ditosa talla xa que en Komodamoda atoparás a túa, sen dúbida.

Durante os días 24, 25 e 26 de setembro, Termatalia converteuse no principal punto de encontro internacional do turismo de saúde. A práctica totalidade de América Latina acudiu á feira que organiza Expourense para promocionarse, formarse e capacitarse no desenvolvemento dos seus recursos termais. As cifras de participación desta 15ª edición avalan o éxito desta cita, que reuniu en tres días 280 expositores de 39 países e recibiu máis de 10.800 visitas, das cales 3.200 foron profesionais do sector. Os exposito-

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, quen anunciou a ampliación do programa de Termalismo Saudable do Imserso a novos usuarios./RAMSÉS. res amosaron a súa satisfacción polos contactos e reunións realizadas e afirmaron cubrir as súas ex-

pectativas. En 2016 Termatalia celebrarase no estado mexicano de Coahuila.


14

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

SOCIEDADE

Os incendios queimaron este verán máis de 323 ha na capital ourensá 4 Os lumes afectaron principalmente ás parroquias de Palmés, Castro de Beiro e Cudeiro. Paula Lodeiro A provincia de Ourense voltou ser azotada polos incendios forestais este verán e a capital ourensá tampouco se librou da vaga incendiaria. Entre o 1 de xullo e o 29 de setembro arderon na nosa provincia máis de 6.600 hectáreas en máis de 45 lumes. Medio Rural non fará valoracións ata que a campaña de incendios remate, é dicir, ata o 30 de setembro. Será a propia conselleira quen o faga en sede parlamentaria. En todo caso, desde a Consellería precisaron que “aínda que o número de incendios forestais que se producen ao ano en Galicia segue sendo excesivo, estes diminuíron considerablemente nos últimos anos. Estamos a falar de que se reduciron unha terceira parte en 10 anos”. Case a metade da superficie queimada foi arrasada nun só incendio, o de Cualedro, que entre os días 30 de agosto e 3 de setembro queimou 3.180 hectáreas neste municipio e nos limítrofes de Xinzo, Baltar e Trasmiras. Foi o peor incendio deste verán na nosa comunidade. O concello de Ourense foi tamén un dos máis afectados, con catro lumes de consideración, en Palmés, Castro de Beiro e Cudeiro (dous incendios), que queimaron 323,4 hectáreas. Neles houbo de ser decretada a “situación 2” pola proximidade das lapas ás vivendas. Intencionalidade Malia que a raíz do incendio de Cualedro o alcalde de Xinzo falou de “terrorismo ecolóxico organizado”, como presunto autor deste lume tan só foi detido un veciño octoxenario, que quedou en liberdade con cargos. Subliñan desde Medio Rural

Concentración de protesta convocada polo Comité de Defensa do Monte Galego o pasado día 10 en Ourense. O Comité elevará unha proposta ao Parlamento para reclamar unha nova política agroforestal./P.LODEIRO. que “todo apunta a que o lume de Cualedro foi intencionado, pero hai unha investigación aberta e haberá que agardar ás súas conclusións”. O certo é que a Consellería non ten constancia de datos que fagan pensar que existe unha intencionalidade política ou a existencia de tramas organizadas que prendan lume. Con todo, o sucedido nalgunhas zonas coma na contorna de Ourense fai pensar “que parece que os incendios se inician dunha maneira coordinada e de forma moi perigosa para as vivendas e a vida dos galegos”. Entre as motivacións “sempre é máis que posible a existencia de fanáticos que poden causar incendios”, explican desde o departamento da Xunta. No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 61 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais. Resposta ás críticas Desde Medio Rural tamén respostaron ás críticas de brigadistas, sindicatos e partidos da oposición sobre a súa política de extinción de incendios, resaltando que Galicia dispón

dun operativo “moi bo e profesional, que ademais conta con moita experiencia. Este dispositivo fai que máis do 75% dos lumes non acaden 1 hectárea de superficie afectada, feito que non sería posible se non houbese prevención, xa que os lumes alcanzarían un maior tamaño, por moi eficaz que fora o operativo”. De todos os xeitos, a Consellería insiste en que “o monte non é un xardín e que sempre haberá unha parte dos dous millóns de hectáreas de monte que ten Galicia (o 98% del en mans privadas) que non estean totalmente desbrozadas”. Por iso, recordan que os donos das fincas teñen o deber de manter limpas as súas parcelas, podendo por lei os concellos realizar ditas labores de xeito subsidiario pasándolle as costas ao propietario.

Medio Rural non ten datos que fagan pensar nunha intencionalidade política ou tramas organizadas

EN BREVE 4 O Ateneo presenta as súas actividades O Ateneo de Ourense, un ano máis, vén de preparar as actividades para este curso 2015-2016, incluíndo exposicións, conferencias, concertos, cursos e outros. A entidade cultural xa ten aberto o prazo de inscrición para os cursos de canto e instrumentos tradicionais, conversación en inglés, autoestima e habilidades sociais, técnicas de relaxación e benestar emocional, iniciación e nivel medio de xadrez, italiano, taichi, ioga, danza do ventre e bailes latinos. Pódese obter máis información sobre os horarios e prezos das actividades e realizar as inscricións na secretaría do Ateneo, na súa sede da avenida de La Habana, 25.

4 Cursos nos centros cívicos A Concellería de Asuntos Sociais pon en marcha o programa de cursos e obradoiros que se desenvolverá nos centros cívicos municipais, sitos na rúa Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. A oferta conta dun total de 34 cursos e obradoiros, que chegarán a un máximo de 1.500 participantes. A rede de centros cívicos tamén ofertará actividades para nenos e nenas. A oferta inclúe dúas propostas: actividades de luns a venres, de 17:30 a 20:00 horas, para nenos e nenas nacidos entre 2007 e 2012, e os sábados de 10:30 a 13 horas, para escolares de Infantil e Primaria. Os interesados poden inscribirse na oficina de Atención Cidadá ou nas dependencias de Benestar Social.

4 Inscricións para a Universidade Popular O Concello de Ourense abre o 1 de outubro o prazo de preinscrición para a Universidade Popular, actividades formativas para maiores de 16 anos que desenvolve a Concellería de Educación. O curso 2015-16 rexistra a maior oferta de obradoiros nos seus 21 anos de historia: 127 cursos -45 deles novos, e 11 en modalidade non presencial ou online- para un total de 3.500 prazas. O prazo de preinscrición estará aberto ata o 30 de outubro, aínda que a Concellería advirte de que un dos criterios de admisión será a orde de entrega da solicitude. A preinscrición pode realizarse na web www.educacionourense.com ou presencialmente na praza de San Martiño 2, 1º.


Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

SOCIEDADE

San Francisco homenaxea a Los Suaves 4 Serán nomeados amigos predilectos do barrio. Redacción O barrio de San Francisco homenaxeará a Los Suaves durante as súas festas e os membros da banda de rock serán nomeados amigos predilectos do barrio. Durante os días 2, 3 e 4 de outubro San Francisco celebrará as súas festas. Será o último día, o domingo 4, cando teña lugar a homenaxe, que consistirá nun festival no que máis de 10 grupos serán os que toquen cancións da formación ourensá máis internacional. Bandas locais e galegas, así como os grupos tribu-

to de Los Suaves: Gato Negro (Sevilla) e Pardao (Madrid), estarán presentes nesta cita ineludible para os incondicionais de Yosi e os seus compañeiros. O festival contará coa colaboración especial de

Montxo Costoya (ex de Los Suaves) quen subirá ao escenario con algunha das formacións. Os concertos comezarán ás 16.30 horas e a entrada será de balde. O escenario estará instalado na rúa Pena Trevinca (ao carón do colexio Carmelitas). Escultura A mítica banda recibirá tamén como agasallo unha escultura realizada en bronce polo artista ourensán Tony Ferrer. O acto de entrega terá lugar contra as nove da noite.

Presentación da homenaxe a Los Suaves./RAMSÉS.

15

4NOTICIAS DE EMPRESA

The Gallery Gym, un concepto diferente de ximnasio Setembro é mes de bos propósitos. E que mellor maneira de comezar o curso que poñéndose en forma. The Gallery Gym é un novo ximnasio no centro de Ourense, na rúa Samuel Eiján. Un concepto diferente que combina nun espazo de 1.200 metros cadrados, perfectamente climatizado, as salas de cardio e musculación co máis novidoso entrenamento funcional (crossfit). Ademais, dispón de tres salas, para as clases de artes marciais, spinning (individuais ou dirixidas) e fitness. O seu amplo horario (abren tamén en domingos e algúns festivos), a oferta de clases grupais de mañá e de tarde, os

Jose Villamarín e Mercedes García de la Barrera, propietarios de The Gallery Gym. vestiarios con baño de vapor, e unha tenda deportiva adxunta son outros dos seus atractivos. Mercedes García de la Barrera, xerente de The Gallery Gym, anima a todos os interesados a que “pasen sen ningún compromiso a coñecernos,

poden probar un día gratis as nosas instalacións e aproveitar que non hai matrícula pola promoción de inauguración”. Ofrecen tamén descontos para parellas e familias.

[+ info en 988 318 813 ou www.thegallerygym.com]


16

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

4AXENDA Música - 30 de setembro - Enclave de Cámara - Concerto da soprano Marta Mathéu e o pianista Francisco Poyato - 20:30 h. - Teatro Principal - 4 de outubro - Homenaxe a Los Suaves - Desde as 16:30 h - r/Pena Trevinca - 6 de outubro - Concerto de Hardbone - 21 h - Café Cultural Auriense - 9 de outubro - Concerto de French Boutik - 21:30 h - Café Cultural Auriense - 10 de outubro - Concerto de blues de Richard Ray Farrel - 22 h - Teatro Principal - 14 de outubro - Tributo a U2 da banda Achtung Babies - 21:30 h - Auditorio Municipal - 17 de outubro - Concerto de blues de Marcus Bonfanti Band - 22 h - Teatro Principal Teatro - 1 de outubro - Contacontos do grupo Axóuxere - 18 h - Centro cívico da Ponte - 2 de outubro - Teatro para bebés: “Chove!” - 18 h - Auditorio - 2 de outubro - Teatro infantil: “La ramita de Hierbabuena” - 20:30 h - Teatro Principal - Do 2 ao 12 de outubro 8º FITO - Auditorio, Teatro Principal e campus - 4 de outubro - “Volta a maxia” - 12 h - Auditorio - 10 de outubro - “Demolición” - 20:30 h - Teatro Principal Cine - 2 de outubro - “Sempre Xonxa” - 21 h - Casa da Cultura da Valenzá - 5 de outubro - “Un condamné à mort” - 20:30 h - Biblioteca Pública - 7 de outubro - “O ano máis violento” - 18 h Biblioteca Pública Exposicións - Ata o 25 de outubro - “Embalaxes” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 30 de decembro - “Del cero al infinito” Espazo Shagri-La www.periodicobarrios.com

ARTIGOS / OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Morte accidental dun anarquista Darío Fo é Premio Nobel, e por ter obtido esta distinción temos un prexuízo. O cal nalgunhas ocasións é fundado, pénsese que Churchill gañou este galardón no ano 1953 ou José Echegaray en 1904, pero que no caso de Fo non debe selo. Dario Fo é un home de teatro e un personaxe tan grande como eses que historicamente formaron e forman a Commedia dell’Arte. Personaxes arquetípico que atoparemos sempre co seu sorriso nos bos e nos malos momentos, e sempre combatendo a adversidade. Porque esquecemos que sufriu atentados, e que as súas obras foron censuradas en Italia, e porque el sempre satirizou ao poder, tentando deixar as súas vergoñas en evidencia. Así nace, en 1970, Morte accidental dun anarquista, como unha labazada ao poder e á sociedade italiana que cinicamente mira para outro lado cando nun Milán acosado polo fascismo que semellaba volver, prodúcese un atentado nun banco e son detidos diversos dirixentes anarquistas. E un deles, Giuseppe Pinelli, é asasinado, guindado dende a fiestra do cuarto andar da Xefatura de Policía de Milán. As autoridades dixeron que se suicidara, pero os indicios sinalaban outra cousa. Frente a isto, érguese Darío Fo con esta obra, unha salvaxe sátira dun país e dunha sociedade onde o poder e as súas estruturas administrativas permiten semellante atropelo. Cunha marabillosa xenialidade, a obra comeza indicando que estes feitos que se narran producíronse en 1921 nos EEUU, pero que para actualizar a historia e facela máis dramática, trasladábase á realidade

Portada. italiana substituíndo New York por Milán, e que se alguén atopaba analoxías coa realidade era pola maxia do teatro. Con este recurso, Fo consegue saltar a censura e que ninguén poida dicir que estaba baseado no asasinato do anarquista milanés. E durante as follas desta peza teatral, nace a reflexión aceda e dura sobre un tempo no que a democracia estaba en xogo. Ás veces esquecemos isto, que a democracia, que o presente, constrúese todos os días, que está sempre en xogo, porque como recollía Ortega é un plebiscito permanente. E neste texto, mentres os personaxes histriónicos e esaxerados van ocupando a escena, unha sensación estrana invade ao lector, de xeito que no final non podemos deixar de tomar conciencia de que a nosa sociedade vive permanentemente tentando construír unha identidade contra a hexemonía do poder. E non hai nada mellor que o sorriso dun bufón, ou dun dramaturgo, ou dun escritor, para que o poder teña medo, un medo que nos permite aos cidadáns decatarnos de que as cousas poden cambiar e que podemos facer unha sociedade libre. Por iso, precisamos tanto a Darío Fo. Manuel Blanco manuel.blanco74@ hotmail.com

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Sexamos irmáns Un 28 de setembro de 2015, con 36 anos ás costas e 15 de emigrante, abres un xornal nacional de cuxo nome non quero acordarme e ves que de súpeto o país que durante todo este tempo deras por feito está a cambiar cara a algo case irrecoñecible. Quizais dar algo como un país por feito nestes tempos incertos é todo un atrevemento. Sobre todo cando falamos de España. Con todo, ilusa da min, pensaba que era un luxo do que, de vez, hoxe carezo. Espertei ante unhas portadas xornalísticas que me fan reflexionar sobre a materia máis complexa de toda ciencia, é máis, da ciencia política: a cuestión da identidade. Hoxe son consciente de canto pesa a cuestión do ser. De todo menos leve. Hoxe véxome en certo xeito empuxada a cuestionar canto de española me sinto? como se mide iso? como se soluciona o de seguir séndoo sen unha parte importante que nunca sentín como allea? Pero, sobre todo, hoxe pregúntome como e a quen lle pido responsabilidades por ese novo status de cidadá cun conflito sen razón de ser. Pensaba sen medo a equivocarme -hoxe realizado- que no noso país falábase de autodeterminación desde un ton acalorado, pero consensual,

“Pregúntome como e a quen lle pido responsabilidades por ese novo estatus de cidadá cun conflito sen razón de ser”

como debatemos case todo. Pero a nosa historia -e quizais carácter-, poucos amigos ambos da estabilidade, obrígannos a medir as forzas da nosa resistencia como pobo e individuos, impóndonos unha modernidade acelerada, sen miramentos de paciencia nin concesións ilustradas. É sabido que os nacionalismos exacerbados só trouxeron penuarias aos pobos que os profesan. Con todo, a Península Ibérica, tan dada a plantar cara aos desafíos e facer oídos xordos de advertencias, sae de novo á palestra co seu afán de inventarse a si mesma unha e outra vez. Esta vez, España debe de ser máis racional que nunca, demostrar que podemos superar un debate ao que centos de nacións antes que nós se asomaron, e demostrar que non carecemos de recursos para encontrar solucións satisfactorias. Isto é un toque de queda ao noso goberno estatal. Unha petición de madurez, de mirar cara a adiante, escoitando a todas as partes e practicando democracia e diálogo. Atrás quedou a nosa xuventude como país novato en certas prácticas parlamentarias. Demostremos estar á altura da petición dun pobo. Saibamos levar a bo porto unha viaxe fascinante a través de séculos dunha historia apaixonante. Deamos exemplo a outros que hoxe loitan pola súa liberdade a través de medios menos acertados. Pero ante todo, sexamos irmáns. Raquel Sertaje

4ADÓPTANOS...

Recorda: é para sempre!

Cachorra femia de raza pequena. Buscamos aos seus donos. En poucos días estará en adopción.

Cadeliña maior recollida preto do Seminario. Buscamos aos seus donos. En breve estará en adopción.

Cachorra de Mastín. Sobre un ano de idade. Acostumada a vivir en finca con otros animais.

Gatiña de 6 meses moi cariñosa. Apareceu no motor dun coche. Está vacinada e desparasitada. Contacta con PROGAPE no 988 21 29 39 ou en Facebook


ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Un día de feira

Ciclistas urbanos en Ourense. Ano 1950. ta urbano, cruzaba a meta do Naranco por diante de Bahamontes. Bravo Raúl!

Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

4RECEITA

Crema de coliflor con endivias Ingredientes: - 1 coliflor - 3 pezas de endivia - 1 litro de caldo - 2 patacas - Perexil picado - Ceboliño - Vinagre, fariña e aceite Elaboración: - Limpar a coliflor e reservar as follas externas. - Cocer por separado as follas e o interior da

coliflor. Unha vez cocido reservar, mesturar as augas e cocer as patacas. Logo trituralas co líquido e repartir en dous. - A unha das partes triturarlle a folla da coliflor e á outra o branco da coliflor. - No litro de caldo, ferver as endivias cortadas en catro cun chorriño de vinagre e unha cullerada de fariña. - Deixar arrefriar e reservar.

17

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Ciclistas urbanos Chegado o verán, aumentaba considerablemente o tránsito de bicicletas. O deseño da cidade facía complicada a comuñón entre vehículos e peóns e os atropelos eran unha constante. Ante tan perigoso percal, a autoridade local establece a obriga de guiar pola dereita e a prohibición de marchar en grupo. No ano 1945, os ciclistas non podían circular polas vías que carecían de beirarrúas. As bicicletas disporían de timbre ou bocina e un farol que acenderían ao anoitecer. Década e media despois, Raúl Rey Formosel, un rapaz de Cudeiro que comezara como ciclis-

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

Presentación: Nun recipiente engadir as dúas cremas sen que cheguen a xuntarse. - Decorar coa endivia cocida, o perexil picado e o ceboliño. -Engadir un chorriño de aceite de oliva virxe extra. Luis Iglesias, Restaurante Os Caracoles Tel. 988 380 165

Á véspera da feira non durmiamos, o pai porque tiña que preparar as vacas para a feira e eu coa ilusión do día que ía pasar en Lalín. Aquel 3 non era un día calquera, porque ademais das vacas, levabamos tamén para vender os cestos. O pai dixo que me deixaba vendelos ao cumprir os once anos, antes non, que era moi cativo. Cumpríraos o día 2, así que felicidade completa: o día 2 de aniversario e o 3 feira! Que máis se pode pedir? El levantábase ás 3 da mañá para preparar as vacas para a feira, como el dicía “hainas que por guapas”. Peiteábanse cunha rasqueta e despois dábaselle co cepillo sempre a favor do pelo, os cornos alisábanse coa escofina dende dúas semanas antes, e esa noite pulíanse co papel de lixar e untábanse cun pouco de aceite para sacarlles brillo. O pai facíalles unha caldeirada con remolachas, nabos ou castañas, fariña de millo e patacas ou mazás, segundo o que houbera, cocíao todo e dáballo morno. Esa noite non se muxían, e ás paridas só se deixaba que mamara o xato, para que se lle enchera o ubre, que se lavaba con auga con lixivia e tamén se untaba con graxa sen sal. Ás cinco e media da noite, saiamos dos Muiños camiñando coas

“Felicidade completa: o día 2 de aniversario e o 3 feira! Que máis se pode pedir?”

vacas, e eu ía montado no Moro, o noso cabalo, que era o que levaba os cestos. Aquel día levabamos oito vacas e dous xatos. O pai diante, coa Marela atada cunha corda, parecía un mago con seu bastón de carballo coa codia quitada, branco e pulido e vestido coa roupa dos domingos co gardapolvo que poñían os tratantes por enriba, coma se fora a capa dun superheroe. Iamos cara o cruceiro ata Vilanova e aí xuntabámolas cas de Severino que era o socio do pai. Despois pasabamos pola Canda e saiamos a Moneixas, logo tocaba camiñar un anaquiño pola estrada e xa estabamos en Lalín. O pai dicía que debía haber só oito quilómetros, pero ás vacas leváballes dúas horas percorrelos. No campo da feira xa tiñamos un sitio reservado xunto á farola do medio, máis abaixo das pulpeiras, enfronte á taberna do Rúa, que era onde iamos comer o pulpo a mediodía. Por enriba, pola rúa que ía dar ao cine, era onde se poñían os postos a vender, alí descargamos os cestos do Moro, e quedei eu de vendedor. Os cestos de aro ían a 10 pesos os de vergas, a 12 os de vimbios e a 15 os de codesos. Os canastros de asas ían a 20 pesos os de vergas, a 22 os de vimbios e a 25 os de codesos. Cando meu pai marchaba para encargarse das vacas lembroume: “Cando pase o municipal vaiche querer cobrar dous pesos, ti dille que eres fillo do ‘tabao’ e que xa llo pago eu, que é amigo meu e a nós non nos cobra”.

Cando se foi entroume un pouco o medo, pero só me durou un intre, ata que se achegou a primeira muller e vendín o primeiro canastro. Se coñece que os vendiamos máis baratos cos outros, ou estaban mellor rematados, porque ás once e media xa estaban todos vendidos. Saín coma un fogete para contarllo ao pai, e máis darlle os cartos, pero xa non fixo falla porque xa viña el para ver como me ía a min cos cestos, botouse a rir ao ver que xa os vendera todos e dixo: “se cadra é mellor que nos adiquemos aos cestos e deixemos as vacas”. Dinlle os cartos, colleu cinco pesos, meteumos na faltriqueira dicíndome: “E agora vaste a comprar ‘O Capitán Trueno’ e máis os bolos doces que tanto che gustan na Praza de Abastos, e o que che sobre gárdalo para ti. Cos outros cartos que me deches comprareiche algún xoguete e algo de roupa, porque quererás ir á Feira do Vento, non?”. -“Home claro que quero ir! Pero dime unha cousa papá, ti como sabes tanto? Sabes facer os cestos, zocos... as vacas... sabes de todo. Es a persoa máis lista do mundo!”. Pasoume a man pola cabeza, como facía sempre, revolvéndome os cabelos, e díxome: “Iso todo é sinxelo de aprender. Sabes o que de verdade é difícil? Chegar a ser unha boa persoa”. -“Pero, papá, ti es a mellor persoa do mundo!”. El torceu o bigote e dixo: “Anda, anda, déixate de andrómenas e vai mercar ‘O Capitán Trueno’ antes de que se esgote”. E marchou rindo. Avelino Jácome

4 Subvención Letras a la Carta SL, empresa que edita Ourense por Barrios, recibiu unha axuda de 11.364,57 euros, correspondente á Resolución do 31 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.


18

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4AS IMAXES DO MES Poesía en Ponte Vella

Escolares do CEIP A Ponte aprenden sobre mecánica da bicicleta./M.R.

Celebración da Semana Europea da Mobilidade O Concello de Ourense celebrou a Semana Europea da Mobilidade, entre o 16 e o 22 de setembro, principalmente con actividades para os escolares. Baixo o lema “Elixe. Cambia. Combina. A túa Mobilidade” pretendíase concienciar aos máis novos e reducir a contaminación acústica. Para iso, as áreas de Educación, de Medio Ambiente e de Seguridade Cidadá organizaron obradoiros prácticos de reparación de bicicletas, probas de habilidade e unha ruta en bicicleta polo barrio do Couto, propostas que chegaron a máis de 750 rapaces dos colexios Mestre Vide, Divina Pastora, Curros Enríquez, Amadeo Barroso, O Couto, A Ponte, Prácticas, San Pío X e Manuel Luís Acuña.

O xerente do centro comercial, Marcos Vila, o artista Manuel Penín, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, a comisaria da mostra, Águeda Quintáns, e a presidenta da Fundación Cum Laude, Ángeles Rodríguez, xunto a algúns dos versos da mostra “POETA no Outono”./P.L.

Versos en galego e castelán de poemas de Pura Vázquez, Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Antón Tovar e Anxo Valente conforman a exposición “POETA no Outono” que se pode ver até o 7 de novembro no centro comercial Ponte Vella. Espazos como as escaleiras de acceso ao aparcadoiro, os corredores ou mesmo os baños foron os elixidos para difundir a obra do cinco autores ourensáns, que aparecen acompañados de retratos obra do artista ourensán Manuel Penín. POETA é o acrónimo de Pura, Otero, Eduardo, Tovar e Anxo, e como follas no outono, os clientes do centro comercial atoparán unha pequena mostra da súa obra dispersa polo recinto. A mostra está organizada pola Fundación Cum Laude.

Comezo do desfile da Pasarela Calpurnia As Burgas./RAMSÉS.

Cita coa moda na Pasarela Calpurnia Ourense converteuse o pasado 19 de setembro na capital da moda galega, coa celebración da segunda edición da Pasarela Calpurnia As Burgas. A piscina termal das Burgas foi o escenario polo que desfilaron os modelos coas propostas para a nova tempada de 14 comercios ourensáns. Ao longo dunha hora de desfile, pola alfombra vermella da pasarela puido verse o último en moda nupcial e de cerimonia, de cóctel, moda xuvenil e roupa íntima, tanto para home como para muller. Actuacións musicais completaron o espectáculo, que foi seguido por numeroso público. Con vocación de continuidade, a Pasarela Calpurnia As Burgas aspira a converterse nunha cita fixa por estas datas e promocionar así Ourense como capital da moda e as compras. Este evento estivo organizado pola Federación de Comercio de Ourense coa colaboración de Concello, Xunta e Deputación.

Integrantes da asociación Moteiros Solidarios, cos seus chalecos.

Fúndase Moteiros Solidarios Galicia Moteiros Solidarios é unha agrupación motorista implantada a nivel nacional que se dedica á colaboración con entidades benéficas e á realización de actos solidarios como recollida de xoguetes para nenos de casas de acollida, recollidas de alimentos, procura de cadeiras especiais para nenos con discapacidade. Son moteiros que dedican o seu tempo libre a axudar aos demais sen esperar nada a cambio. A agrupación galega, cuxa central se atopa en Ourense, celebrou o pasado 19 de setembro o seu acto de fundación, no que entregaron aos seus asociados os chalecos de Moteiros Solidarios Galicia. O próximo día 4 de outubro no barrio de San Francisco organizarán unha xuntanza solidaria a beneficio de Cruz Vermella.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

19


20

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

EN BREVE 4 Máis de 30 actuacións, no FITO Do 2 ao 12 de outubro celebrarase a oitava edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). Máis de 30 actuacións, entre as que se atopan obras premiadas en diferentes certames internacionais e tres estreas absolutas, obradoiros prácticos, charlas para profesionais, obras de rúa e “algunha sorpresa sen desvelar”, en palabras de Ánxeles Cuña, directora do Festival é o que poderá ver o público deste certame. As obras representaranse no Auditorio Municipal, Teatro Principal, Antiga Capela da Universidade e nas rúas da cidade. As entrada van desde os 3 aos 8 euros.

4 Volve a música de cámara ao Teatro Principal O III ciclo de música de cámara Enclave de Cámara programará oito concertos ata o mes de xuño. Nos vindeiros meses, alternaranse no escenario do Teatro Principal cuartetos de corda, pianistas, ensembles, dúos ou tríos. Trala cita do 30 de setembro coa soprano Marta Mathéu e o pianista Francisco Poyato, cada primeiro xoves de mes pasarán por Ourense o Cuarteto Brentano, ]W[ Ensemble, o pianista Enrique Bagaría, o Dúo Amarpo Lacruz e Andreu Riera, o Trío Lorca, o Cuarteto Carducci, o pianista Paul Lewis e o Cuarteto Lyskamm. Os concertos darán comezo ás 20:30 horas e o prezo das entradas oscila entre os 5 e os 8 euros.

4 Audicións comentadas Afundación estrea o 6 de outubro un novo ciclo de audicións comentadas de música clásica e ópera na súa sede en Ourense. Na actividade, que se desenvolverá ata xuño, o musicólogo Manuel López-Benito iniciará os participantes no mundo da música clásica.

OCIO E CULTURA

O Auditorio oferta máis de 60 actividades ata final de ano

4CRÓNICA MUSICAL

4 Nos primeiros seis meses de 2015 pasaron polo recinto 63.000 espectadores. P. L. O Concello de Ourense deu a coñecer o programa de actividades do Auditorio Municipal para o último cuadrimestre do ano. Na presentación participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; e o técnico Manuel Freire. Jesús Vázquez destacou a importancia deste espazo municipal como aglutinador da oferta cultural da cidade de Ourense. “O Auditorio é sede de referenza de actividades tan exitosas coma a programación infantil dos domingos; o Festival de Cine, pero tamén outras coma o FITO, ou as funcións de compañías de teatro tan importantes como Sarabela, por poñer algún exemplo, están convertendo o Auditorio en terreno abonado para que a cultura medre con forza nesta cidade”. Polo momento a axenda do Concello non está coordinada coa da Deputación, tal e como prometerán ambas institucións nunha reunión a comezos deste mandato. O alcalde explicou que xa están traballando nesta proposta pero pediu tempo para poder poñela en marcha. Variedade Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, recalcou a amplitude e variedade da programación con máis de 60 actividades: “Por iso intentamos aglutinar unha ampla gama de opcións que inclúa desde ata artes escénicas, música ou cinema. En definitiva estamos a traballar por ter propostas culturais que sexan atractivas para que a xente teña opcións

O programa inclúe artes escénicas, música ou cinema

Actuación de Raze no Live for Madness./LA ROCKIPEDIA.

Live For Madness Metal Fest V

Cheo para ver o espectáculo “En verdad os digo” de Goyo Jiménez o domingo 27 no Auditorio./RAMSÉS.

A programación infantil incorpora teatro para bebés A programación infantil do Auditorio Municipal presenta como novidade para o que resta de 2015 o teatro para bebés.. O programa prolongarase ata o mes de decembro cun total de 21 funcións, ás que haberá que engadir as da MOTI. A maior parte dos actos serán o domingo ás 12 horas, unha cita que xa é referente para moitos pais e nais, motivo polo que cada ano que pasa aumenta en número o público que asiste ao Auditorio. Belén Iglesias, responsable da área de Cultura, agradeceu o apoio de Agadic nestas actividades, pero tamén destacou “o labor do equipo da concellería, que fan

que durante todo o ano teñamos unha programación cultural de primeiro nivel na cidade”. Neste sentido, e en palabras do técnico Manuel Freire, “podemos afirmar que Ourense ten a mellor programación infantil de toda Galicia”. Co obxectivo de consolidar aínda máis a oferta cultural no Auditorio, esta nova programación amplía o segmento de público ao que se dirixe, e desde outubro haberá tamén teatro para bebés (0-3 anos) todos os primeiros venres de cada mes. Estes espectáculos inscríbense dentro do programa Apego de socialización da lingua galega, do que o Concello de Ourense forma parte.

de investir o seu tempo de ocio”. O técnico municipal Manuel Freire, explicou que o seu obxectivo á hora de programar é que “haxa un pouco de todo”. Destacou o FITO, que traerá a Ourense “obras moi boas, de compañías que están dando que falar fóra”, e anunciou que o programa será reforzado en etapas puntuais coma o Nadal.

Balance En 2014 o Auditorio acolleu máis de 150 actos cunha asistencia de 83.500 persoas, 2.200 máis que o ano anterior. Esta tendencia á alza ratifícase nos datos de 2015: só no primeiro semestre pasaron polo recinto unhas 63.000 persoas, 20.000 máis que no mesmo período de 2014.

O sábado 19 de setembro, celebrouse a 5ª edición do Live For Madness Metal Fest, un evento que cada ano madura un pouco máis ata que se converta nun festival de maior formato, que, sen dúbida, co tempo o será. Este ano celebrouse no Campo da Feira, deixando atrás as salas pechadas para trasladarse a un espazo público con todas as comodidades e un escenario de maior tamaño, algo que sen dúbida agradeceron todas e cada unha das bandas. Os concertos empezaron puntuais, ás 19:30 horas, facendo aparición Raze, grupo de trash metal das Pontes, que interpretou oito cancións durante os seus 50 minutos de actuación. Os segundos foron os vigueses Agónica, banda de death metal melódico que sen dúbida soubo gañarse ao público. A pesar de ser aínda cedo, poderiamos dicir que un 85% do total de persoas que estiveron no festival, víronos actuar, tamén hai que dicir que boa parte do público proviña de Vigo e Agónica era unha das atraccións principais para esta xente. O terceiro grupo en actuar foron os vitorianos Childrain, a banda de metal chegaba ao festival para presentar o seu último traballo; “Matheria” e parte do seu repertorio foi deste traballo. Un directo potente e cunha posta en escena bastante interesante, tentando ani-

mar ao público (algo frío por momentos) entre canción e canción. E chegados ao ecuador do festival, era a quenda do grupo local, Vermis Antecessor, o grupo que entrou a última hora no cartel, substituíndo aos tamén ourensáns (e tamén de estilo brutal death) Scent of Death. Os Vermis é un deses grupos que che sorprende que sexa un trío pola súa potencia musical. A habilidade de Diego á guitarra, é digna de ver en directo. E tras eles chegarían os que para un servidor foron os grandes triunfadores da noite; Evil Impulse, que ofreceron un concertazo de principio a fin, soaron moi compactos e demostraron que teñen enriba quilómetros de estrada e sobre todo moito metal. Houbo un momento de colaboración cando convidaron a Iñi, vocalista de Childrain, a cantar a canción “Domination” de Pantera xunto a eles. E para finalizar chegaba o grupo con máis sentido do humor (ou o que máis cervexa levaba enriba?) do festival; os ferroláns Wisdow, un grupo que fai grindcore en galego, e que fixo que o público que aguantou até o final do festival pasárao en grande. E así finalizou unha nova edición do Live For Madness Metal Fest, unha edición que sorprendeu a todos os asistentes pola súa boa organización e onde non faltaron os saltos, cánticos, walls of death, circle pits e sobre todo moito metal. La Rockipedia


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

21


22

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

O COB estréase este venres na Liga 4 Xogará contra Melilla no Paco Paz. Redacción Todo queda atrás. Aprazado o ascenso á ACB ata o ano que vén, o Club Ourense Baloncesto comeza a Liga este venres diante do Melilla. O encontro terá lugar ás 21 horas no Pazo dos deportes Paco Paz. A dificultade para este partido será máxima. Con só dúas semanas de adestramentos, tres encontros amigables de pretempada, unha plantilla á que lle falta unha peza -un pívot- e contra un dos favoritos ao ascenso, o Melilla. Complicado primeira cita para un conxunto ourensán, polo que haberá que esperar para velo en pleno rendemento. Mentres todos os equipos da LEB Ouro completaron seis ou sete semanas de preparación, a maioría dos xogadores ourensáns levan dúas. Esto leva consigo que algún membro da plantilla estea fóra de forma, caso de Jhornan Zamora. Enganchar ao público ourensán Unha das premisas desta tempada será a de enganchar ao público. Sen nada que xogarse (pase o que pase o ascenso está asegurado) desde o club teñen

que lograr que o público non perda a ilusión e acuda ao Pazo. Para iso, o técnico, Gonzalo García de Vitoria, confeccionou un equipo moi novo e con gañas de crecer. Pedro Rivero e Guille Rejón son o contrapunto a unha plantilla que pretende agradar. Rivero e Rejón serán os que indiquen o camiño para ilusionar á grada. Da motivación deles dous pasará gran parte dunha tempada transitoria na que nada está en xogo no deportivo, pero moito no que respecta a entusiasmar a uns seareiros que sufriron moito este ano. Melilla Os norteafricanos chegan a esta primeira xornada como os grandes animadores do mercado estival. Favoritos a todo esta tempada, contan nas súas filas con xogadores como Almazán, Franch, Sonseca ou mesmo o ex do COB, Marcos Suka Umu, un dos artífices do ascenso do club cobista.

DEPORTES

Paredes e Fernández, máis líderes 4 A falta dunha carreira para rematar o “Correndo por Ourense” Javier Paredes e Iria Fernández postúlanse como vencedores. Redacción A pasada fin de semana disputouse nas Lagoas a quinta proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Preto de medio millar de atletas participaron nesta carreira que tiña o seu epicentro nas pistas de atletismo do campus universitario. Cun día soleado, ideal para a práctica do atletismo, os primeiros en saltar ao tartán da pista foron os pitufos. Varias ducias deles participaron colgándose todos unha medalla conmemorativa ao final da carreira. Logo chegou o turno para os benxamíns e alevíns, sendo os primeiros

en meta Anxo Losada e Claudia Salgado, en categoría masculina e feminina, respectivamente. Na proba na que participaban os infantís e cadetes Ziad Nagihi, en homes, e Adriana García, en mulleres, foron os máis rápidos. Absoluta Para o final quedaba a proba absoluta. Dúas voltas a un circuíto para

completar 6.400 metros de percorrido cunha dura rampa que facía desta unha carreira esixente. En homes, o mellor foi Javier Paredes (Ourenrunning) cun tempo de 20 minutos e 53 segundos.Tras el, o seu máis inmediato rival, Luis Iglesias (Arenteiro Atletismo), quen empregou un tempo de 21:10 minutos. En terceira posición entraría José Manuel Corral (Arenteiro Atletismo) parando o crono en 21:35 minutos. En mulleres, Iria Fernández (Comesaña Sporting Club) segue intratable e volveu demostralo cunha nova vitoria; o seu tempo: 24 minutos e 45 segundos. Segunda chegaría Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) a máis dun minuto da vencedora (25:53). Ana María Ocampo foi terceira cun tempo en liña de meta de 26:26 minutos.

Participantes na carreira das Lagoas./RAMSÉS.

O venres 2 de outubro, ás 21 horas o COB recibe ao Melilla no Paco Paz

Miles de ciclistas afeccionados participaron no 31º Día da Bici./P. LODEIRO.

31º Día da Bici

Ander Martínez loitando por un rebote ante dous xogadores de Leyma Coruña na Copa Galicia./RAMSÉS

Un ano máis as rúas de Ourense cedéronlle o protagonismo por un día á bicicleta. O pasado domingo 27 de setembro celebrouse a 31ª edición do Día da Bici, unha manifestación ciclista que miles de ourensáns non se quixeron perder. Por unhas horas na capital os coches quedaron aparcados para que as bicicletas tomaran as rúas formando a tradicional serpe multicor. Desde a organización cifraron en máis de 7.000 as persoas que participaron nesta edición que tiña por lema “na bicicleta non vai un ciclista, vai unha vida”. Atrás quedaron anos de sinsabores pola falta de entendemento entre organizadores e Concello de Ourense, chegando ao seu máximo de distanciamento o ano pasado. No 2014 non se celebrou e a Fundación de Carlos Moure tivo que pedir permiso para unha manifestación, a cal foi secundada por miles de persoas sobre dúas rodas.

Marc Ciurana na sección da carreira a pé na Winnerman celebrada en Ourense./RAMSÉS.

Ciurana e De la Fuente, vencedores da Winnerman Redacción Marc Ciurana e Anne De la Fuente foron os vencedores da segunda edición da Winnerman, que este ano tivo lugar no encoro de Castrelo de Miño. En categoría masculina o primeiro en completar os 1.000 metros a nado, os 5km a pé e novamente un quilómetro a nado foi Marc Ciurana, cun tempo de 45 minutos e 21 segundos. Segundo foi Jacobo Blanco (47:36) e terceiro, Miguel Pimentel (49:45). En mulleres o podio estivo copado por Anne de la Fuente (51 minutos e 26 segundos), Ana María Santiso Prado (52:51) e Isabel Rodríguez (53:48), como primeira, segunda e terceira, respectivamente. En categoría júnior Eyén Díaz (10 minutos e 45 segundos) e Santiago Gutiérrez (11:00) foron os máis rápidos en completar dúas veces 250 metros a nado e 500 metros de carreira a pé. Relevos En canto aos relevos, a mellor parella absoluta foi a formada por Cristóbal Dafonte e Alberto Taboada (“Dezanos”) cun tempo de 47 minutos e 17 segundos. A mellor júnior foi a que formaron Anne De la Fuente e Sara Naveiro (“Sexy chicas”) rematando a proba en 9:19 minutos.


CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por BARRIOS Setembro de 2015

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome Nº 9 - Ano: XIV - Setembro de 2015 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4TEL. DE INTERESE

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese mozo con título técnico sociosanitario para o coidado de persoas dependentes, enfermos ou calqueira tipo de situación. Preferentemente na cidade. Tel. 666 85 72 39. Ofrécese señora de mediana idade, galega, para tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 12 91 42. Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adultos, en Ourense. Tel. 669 60 34 14. Ofrécese señora para limpeza, pasar o ferro ou facer a comida, con informes. Tel. 606 65 09 05. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces económicos con tractor e a man. tel. 630 52 14 48. Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78 24 60. Necesitáse albanel e en pago regálase unha casiña. Tel. 988 10 18 16 ou 609 04 84 00. Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Ofrécese señora para traballar no coidado de persoas maiores ou nenos, de máxima confianza e con informes. Tel. 606 42 25 43.

Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, 20 anos de experiencia. Tel. 667 50 83 33. Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e Canto. Tlf. 663 733179 (WhatsApp), e-mail: duopianovoz@gmail.com, Facebook e Youtube: dúo piano voz. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 43 43 30. Ofrécese mozo para traballos relacionados coa construción, carpintaría... Experiencia demostrable. Con carnet de conducir tipos: B, C1, C e BTP. Responsable e serio. Tel. 619 97 93 00. Ofrécese cabina para podólogo e despacho para nutricionista, ambos dados de alta como autónomos, en centro multidisciplinar. Tel. 630 03 06 42. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42.

Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp).

INMOBILIARIA Necesítase chico ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10. Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto para coche ou moto, 45 euros. Tel. 606 03 57 81. Vendo casa para restaurar con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10.

Vendo finca pequena ao carón de parada de bus, preto de Ourense. 350 metros cadrados. Prezo 5.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo, con dúas habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga potable. Tel. 649 67 34 92 e 988 21 67 55. Alúganse tres oficinas exteriores, acondicionadas. En Progreso. Tel. 637 00 59 10. Vendo ático na praia de Panxón. 2 habitacións, 2 baños, salón, cociña, trasteiro e garaxe. Urxe venda. Tel. 636 36 43 78. Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio. Tel. 637 00 59 101. Alugo local comercial no Couto, preto de Fátima. Todo exterior. 168 m2. 250 euros/ mes. Posibilidade de alugar con opción a compra. Tel. 606 03 57 81. Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas (xunto á Casa de Chocolate). Sexto piso con buhardilla, 2 habitacións, cuarto de baño. Tel. 630 032 047. Alúganse dúas naves de 422 e 454 m2. Xuntas ou separadas. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Telf. 639 67 74 32. Alúgase garaxe pechado moi amplo e con altillo, na rúa Francisco Llorens. Tel. 637 00 59 10.

Vendo piso en Portonovo. No centro, preto da praia. Tel. 626 297 504. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524.

Alúgase bodega, serve para garaxe de moto ou ciclomotor. Zona Praza do Couto, rúa Francisco de Moure. Prezo 20 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto, con fiestra cara a rúa, cama de matrimonio, mobles, calefacción, televisión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/ mes (gastos incluidos). Tel. 600 922 547 (WhatsApp). Preferiblemente persoa tranquila, ordenada e non fumadora (aínda que me adaptaría se fose necesario).

VENDAS Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco de 235x78cm (80 euros cada unha) e unha porta de aluminio cristal blindado sen marco de 73x209cm (ten pechadura e chave). Tel. 610 65 94 17. Compro ventás de aluminio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e medidas. Tel. 658 05 69 22. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 52 14 48. Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm2 psi115, 750 l/min. depósito 300l. 1.000 euros. Tel. 610 65 94 17. Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal doble Climalit. 52x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 94 17. Véndese porta de aluminio, con cristal blindado, sen marco. 73x209cm. Con pechadura e chave. Tel. 610 65 94 17. Vendo Suzuki Vitara 2.0 HDI 90cv. con aire acondicionado, gancho remolque. Tel 684 21 40 79.

Véndese Volkswagen Golf. Aire acondicionado, lamias de aluminio. Tel 684 21 40 79. Vendo smartphone Primux Delta. Seminovo. Dúas baterías e dúas ranuras para tarxetas. Inclúe auriculares, cargador e caixa. Prezo: 60 euros. Tel. 649 15 70 25. Vendo silla de coche para neno. 20 euros. Tel. 606 03 57 81. Vendo litera de aluminio, con soporte de seguridade e escaleira. 190cmx90cm, bo prezo. Tel. 691 01 70 95. Merco calquera cousa de Star Wars (figuras, cómics, cromos, naves...). Tel. 667 50 83 33 (WhatsApp).

Vendo Volkswagen Golf V 140cv TDI Sportline. 6 velocidades. De maio de 2005. Climatizador bizona, peche con mando e alarma, ABS, ESP, radio CD con cargador para 6 cd´s, bluetooth con Parrot. En perfecto estado, cor negra. Tel: 616 103 100. Vendo llantas de aluminio de 15”. Seminovas, para rodas de 195615. 180 euros negociables. Tel. 639 984 043. Véndese tractor hidráulico de segunda man. Completamente equipado. Tel. 695 690 945. Vendo berce novo de madeira maciza. Regalo colchón, tamén novo. Tel. 988 04 52 74 e 666 84 10 29. Vendo coche sen carné Microcar en perfecto estado. Elevalunas eléctrico, peche centralizado, motor de 500cc, 4.000 euros negociables. Seminovo. Tel. 677 22 96 57 (José Luis).

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


Ourense por BARRIOS Setembro de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.