Xullo 2014 - Ourense por Barrios

Page 1

Entrevista ao subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro TEMA DO MES Páx. 2

TEMA DO MES Pax.3

BARRIOS

Páx. 7

Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense

Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local

Ríos Limpos e Escua denuncian o estado de abandono do Barbaña

[Páx.4-5]

SOCIEDADE Páx.15 DEPORTES Páx. 20 Cultura amplía a rehabilitación da Catedral

O COB, á espera de coñecer se participa en LEB Ouro

O pleno insta a reformar o parque dos Patos

[páx. 10]

Segundo a moción do BNG, os veciños denunciaron a presenza de ratas e cobras debido á maleza no contorno da zona verde./M.REJO.

Número: 143 - Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

TEMA DO MES

Unha sentenza do TSXG anula 41 contratacións eventuais no Concello de Ourense 4 A directora xeral de Recursos Humanos asegura que se trata só dun “erro de forma” que se poderá subsanar sen que haxa ningún cesamento de persoal. Paula Lodeiro A directora xeral de Recursos Humanos do Concello de Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta, considera que só houbo “un erro de forma” na contratación de 41 traballadores que vén de ser anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A anulación destes 41 postos de traballo afecta á práctica totalidade das xefaturas de servizo, pero tamén ao persoal eventual de Alcaldía e dos restantes grupos políticos, e ao departamento de comunicación. A sentenza, contra a que non cabe recurso, é o resultado do contencioso administrativo interposto polo sindicato CSIF contra a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense. Os maxistrados estiman catro dos argumentos do recurso do sindicato, “que asignábamos funcións de dirección a postos de grupo C, en tres postos concretos; porque reservábamos sen xustificación determinados postos a persoal eventual; terceiro, por permitir a cobertura de persoal laboral de determinados postos; e por non xustificar a libre designación como forma de provisión”, ex-

A directora xeral de Recursos Humanos, Carmen Rodríguez Dacosta, antes de comezar a rolda de prensa sobre a sentenza contra a RPT, acompañada do director de comunicación do Concello, Luis Congil, un dos 41 afectados pola decisión xudicial./P.LODEIRO. plicou a directora xeral de Recursos Humanos. O Concello ten agora un prazo de dous meses para facer cumplir a sentenza, que foi notificada o pasado día 3 de xullo aínda que non se informou dela ata a Xunta de Goberno local do xoves 17. O voceiro dos socialistas, José Ángel Vázquez Barquero, xustificou esta tardanza en que “as cosas de palacio ás veces van máis despacio do que teñen que ir” pero negou que se ocultara información relevante ao pleno na aprobación dos orzamentos. “O Goberno entende que esta

Rodríguez Dacosta negou que a sentenza afecte aos orzamentos de 2014, “a RPT non é un documento orzamentario”

sentenza non é relevante para a aprobación dos orzamentos”, dixo Barquero, e engadiu que fai referencia a “vicios subsanables con carácter retroactivo”. Na mesma idea insistía Rodríguez Dacosta: “na miña opinión, consultada cos técnicos, a RPT non é un documento orzamentario, non afectaría aos presupostos”. Motivar as contratacións A directora xeral de Persoal agarda que dea tempo a adaptar as contratacións ao que indica o alto tribunal e que non se produza por tanto ningún cesamento. Así, deberán motivar “de forma distinta ao que aparece na RPT” as contratacións de persoal eventual e de libre designación. Por exemplo, concretou Rodríguez

Dacosta, “as libres designacións teñen que motivar por que eses postos son directivos e explicalo en cada caso”. Os erros subsanaranse mediante un expediente que está a elaborar o departamento de Recursos Humanos, que será comunicado á mesa de negociación e que sería aprobado en Xunta de Goberno local. Neste sentido, a xuntanza cos sindicatos estaba prevista para o mércores 23 de xullo. Rodríguez Dacosta insistiu que a RPT actual do Concello de Ourense “non é unha innovación” socialista, posto que vén do ano 2004 e hainas similares noutros municipios. O que si é novidade é que “nunca ninguén impugnara esta forma de motivación”.

Rosendo Fernández: “Se o Goberno ocultou esta sentenza, puxo en serio risco a toda a corporación” En relación á sentenza, o voceiro do PP, Rosendo Fernández, lamentou “que o alcalde non dea a cara ante un feito deste calibre e non informe directamente nin aos cidadáns nin aos propios afectados” así como que o grupo de goberno non aceptara a súa emenda aos orzamentos no pleno do pasado martes, en relación á necesidade de elaborar unha nova RPT, “sendo coñecedor o equipo de goberno desta sentenza demoledora, notificada ás partes o 3 de xullo”. Os populares pediron por rexistro un certificado

ao secretario para saber se tiña coñecemento da sentenza antes do pleno extraordinario do día 15. “Se o Goberno municipal ocultou esta sentenza, puxo en serio risco a toda a corporación, xa que de resultar aprobado o orzamento, todo aquel que levantase a man, tería incurrido nun delito de prevaricación?”, pregúntase Fernández. Tamén solicitaron convocatoria de xunta de voceiros “para que se nos informe de xeito inmediato das accións que se van tomar ao respecto dende o Goberno municipal”, dixo Rosendo Fernández.

Xosé Somoza: “Estafaron a esta cidade ocultando a sentenza e levando a pleno un documento ilegal” Tamén o BNG solicita xunta de voceiros. Xosé Somoza pídelle ao alcalde que explique nela “como vai afrontar o grupo de goberno a aplicación desta sentenza, que vai pasar cos postos de traballo, coas traballadoras, coas áreas e os servizos que fican cunha plantilla mermada” e ademais que, xunto ao seu grupo de goberno, “por decencia, abandonen o Concello de Ourense”. O nacionalista considera que o rexedor e o grupo socialista “estafaron a esta cidade durante 14 días ocultando a sentenza

do TSXG e levando a pleno un documento ilegal a mantenta no expediente de Orzamentos de 2014. Este feito constitúe un gravísimo incidente, un máis, na xestión de persoal da actual directora xeral de Recursos Humanos, Carmen Rodríguez Dacosta mais tamén un engano por parte de todo o grupo de goberno ás traballadoras do Concello, aos grupos da oposición e ao conxunto da cidadanía”. Recordan os nacionalistas que levan tres anos demandando a elaboración dunha nova RPT.


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

O Goberno municipal recorre á Xunta de Goberno local para aprobar os Orzamentos

4 Despois de que a oposición rexeitase aprobar as contas nun pleno extraordinario, os socialistas acudiron a esta fórmula para sacar adiante os presupostos de 2014, que contan con informes favorables de secretario e oficial maior, e en contra do interventor. P.L. Por primeira vez, o Concello de Ourense aprobou uns orzamentos a través da Xunta de Goberno local e non en pleno. Tras fracasar no intento de que algún grupo da oposición dera o seu apoio ás contas xerais para este ano, o grupo de goberno socialista -en minoríadecidiu recurrir á Xunta de Goberno Local para aprobar inicialmente o luns 21 de xullo os orzamentos do Concello para o presente ano 2014. É unha posibilidade que permite desde decembro pasado a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local, para os casos nos que non se alcanzara nunha primeira votación a maioría precisa, se previamente existira un orzamento prorrogado. O orzamento foi aprobado cos informes favorables da Oficialía Maior e a Secretaría Xeral do Pleno, mais coas advertencias do interventor e do asesor xurídico. Basicamente, tanto o secretario como o oficial maior ratificaron que a Xunta de Goberno é competente para aprobar o documento financieiro. O vo-

4A oposición rexeita as contas

ceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, concretou que non faltaba “ningún informe preceptivo”. O documento aprobado foi o mesmo que se elevou a pleno o 15 de xullo, sen incluir as emendas presentadas por BNG e PP que se votaron na sesión plenaria extraordinaria. Tramitación Unha vez superado este trámite o luns 21 de xullo, o orzamento deberá publicarse no BOP e abrirase un prazo de 15 días para alegacións, para novamente regresar á Xunta de Goberno, que resolverá as alegacións e dará a súa aprobación definitiva. De cumprirse coa tramitación, serían os segundos orzamentos aprobados nesta lexislatura, tralos de 2012, que foran refrendados por socialistas e nacionalistas (daquela aínda no goberno). En 2013 houbo orzamentos prorrogados.

Segundo Vázquez Barquero, non faltaba “ningún informe preceptivo”

Momento no que a oposición votou en contra dos Orzamentos./P.LODEIRO.

4 A oposición rexeita aprobar as contas en pleno Tal e como fora anunciado, ningún dos tres grupos da oposición votou a favor da aprobación inicial dos Orzamentos 2014 do Concello de Ourense. Coñecido o resultado da votación, non houbo grandes novidades nas intervencións dos diferentes voceiros, máis que repetir o xa anunciado por eles mesmos en datas previas. O voceiro socialista, José Ángel Barquero, dixo das contas que tiñan por obxectivo “a loita activa contra a crise” e que respondían a “unha lóxica de

gasto proactivo”. A edil de Democracia Ourensana, Susana Gómez, xustificou a ausencia de emendas do seu grupo porque “presentalas significaría negociar, avalar e dar por boa a súa xestión”, que cualificou de “pésima”. O voceiro do Bloque, Xosé Somoza, apuntou con tres argumentos o voto contrario da súa formación: por ser un Goberno municipal “sen credibilidade” para veciños, concesionarias, cidadáns e os propios concelleiros socialistas; por ser un goberno “incapaz” de

executar un orzamento e por non ser as contas “que necesita Ourense; hai unha total falta de conexión coa realidade”. Pola súa banda, a concelleira popular, Beatriz Tejada, considerou que os orzamentos son “extemporáneos” e “insumisos” coas obrigas aquiridas, ademais dun “fraude, porque non será posible executalos” e lamentou que, cun orzamento tan elevado, presente só “un 2% de inversións”. Na súa resposta á oposición, Barquero recalcou que os orzamentos aprobaranse

“no marco da lei, non pola porta de atrás” en referenza á súa ratificación en Xunta de Goberno local, e anunciou que o Goberno local está elaborando o plan económico-financieiro ao que obriga a lei ao ter superado o teito de gasto nas contas. Os orzamentos para 2014 do Concello de Ourense ascenden a 103,8 millóns de euros, dos cales 34,7 millóns destinanse a cubrir gastos de persoal, 49,8 millóns a gasto corrente, e 4,4 millóns a investimentos reais.


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

ENTREVISTA

entrevista ao subdelegado do goberno en ourense, roberto castro:

“Actuamos sen mirar a cor, mirando obxectivamente que se cumpran as normas” 4Roberto Castro destaca a importancia dos valores da proximidade, a honestidade e a sensibilidade nos políticos. Paula Lodeiro Roberto García Castro (Vilavella, A Mezquita, 1955), doutor en Ciencias da Educación, licenciado en Filosofía e Letras e diplomado en Ciencias Humanas, ten unha longa traxectoria en política. Tras ser parlamentario autonómico durante dúas décadas, exercía como director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias cando foi chamado, en febreiro de 2012, para asumir o cargo de subdelegado do Goberno en Ourense. Moitos cidadáns pregúntanse cales son as competencias e tarefas dun subdelegado do Goberno. Roberto Castro: “En primeiro lugar o labor é representar ao Estado e ao Goberno do Estado na provincia respectiva, iso a efectos de representación e protocolo. Aínda que hai moitas competencias transferidas, quedan moitas cousas que dependen do Estado: por exemplo, a seguridade cidadá, a Policía, a Garda Civil, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a

Roberto Castro, no seu despacho da Subdelegación do Goberno en Ourense./RAMSÉS.

“Un conductor de ambulancia, un xefe de bombeiros, o servizo de limpeza… parece que é normal que esas actividades sexan prioritarias e básicas. Distinto é que algún concello pretenda certos contratos para tratar de colocar persoas” inspección de traballo, a Muface, o tráfico na provincia, non só a efectos de sancións senón tamén coa normativa, estranxeiría, as

concesións das armas de caza, armas cortas, os explosivos… unha serie de competencias que teñen que ser xestionadas desde a

Subdelegación do Goberno; aínda que parece sencilliño non o é tanto” Como é un día de traballo do subdelegado do

Goberno? R.C.: “Un día normal depende da axenda pero en xeral pasa pola firma de todos os documentos penden-

tes que as distintas unidades teñen elaborado, pasa pola atención aos asuntos internos da casa, pasa por actos de representación”. Un dos seus labores é o de presidir as xuntas locais de seguridade; é Ourense unha provincia tranquila, segura? R.C.: “Teño que dicir que si. Se temos en conta as estatísticas, friamente tomadas é unha provincia segura. Se España está nun índice de criminalidade do 49 por mil, Galicia está entre o 27 e o 28 por mil e Ourense está ao redor do 23 por mil, nese aspecto temos unha media baixa de delincuencia. Eu sempre digo o mesmo: aínda que estatisticamente os números sexan razoablemente asumibles a min preocúpame os que padecen un problema: aquel que lle entran na casa ou nunha nave e lle rouban materiais ou ferramentas, aquel que lle rouban un teléfono, á señora que lle tiran un bolso, aquel comercio que lle entran e lle levan a recadación. Ás persoas que sufren un problema deses non lles falemos de estatística. Nese sentido nunca estou satisfeito a pesar de que os números nos din que é unha provincia segura e tranquila”. Algunha zona da provincia que preocupe especialmente en canto á seguridade, na que sería necesario un reforzo? R.C.: “Sempre que hai máis poboación hai algunha dificultade maior, hai máis aglomeracións, é máis difícil o control. Pero ten tanto


ENTREVISTA

dereito a sentirse preocupado e atendido calquera persoa que vive no medio rural como calquera persoa que vive en Xoan XXIII ou no Paseo”. Na xunta de seguridade de Ourense participan representantes veciñais, que temas lles trasladan? R.C.: “Na última asistiron as asociacións Miño e Centro e trasladáronnos algunha preocupación lóxica dalgúns puntos da cidade nos que pode haber algún trapicheo de substancias, e ao alcalde, que é co presidente, algunhas preocupacións concretas dos firmes dalgunhas rúas, como a rúa Concello e a avenida da Habana, cuestións referidas a paradas de bus, e algún tema referido á venda ambulante, aos manteiros. É evidente que están facendo unha competencia desleal, a calquera comercio da cidade encantaríalle poder expoñer os seus produtos na rúa nun metro cadrado e eles non o poden facer, porén os que veñen de fóra si o fan. Tamén é certo que é unha poboación especial, son inmigrantes e teñen moitas dificultades, e aínda que hai unha certa presión sobre eles trátase de que haxa unha razoable flexibilidade; preferimos que un inmigrante que ten poucos recursos poida expoñer algunhas cousiñas para vender antes de que sexa un delincuente. Entendendo que hai que respectar o comercio porque paga os seus impostos pero hai que buscar unha flexibilidade humana”. A supervisión dos contratos dos Concellos para axustalos ás novas normativas do Goberno central é unha das súas últimas competencias, dalle moitos problemas? R.C.: “Non, non nos dá

ningún problema, é unha obriga e polo tanto o que é obrigatorio hai que asumilo como tal. Nós actuamos de oficio, revisando os acordos municipais, e valoramos en relación á normativa actual, que pode gustarnos ou non, pero mentres exista unha lei hai que cumplila. Hai unha normativa restritiva respecto do gasto público, do endebedamento, e entón os concellos teñen que argumentar moi ben as contratas, e evidentemente hai distintos tipos de contrato. Poño un exemplo, un conductor de ambulancia por baixa ou xubilación, non sería xusto nin lóxico que non se substituira, un xefe de bombeiros, o servizo de limpeza… parece que é normal que esas actividades sexan prioritarias e básicas. Distinto é que algún concello pretenda certos contratos para tratar de colocar persoas ou para tratar de dar unha imaxe de que estamos cumplindo determinados traballos que se poden cumplir doutra maneira. A normativa diferencia moi ben o que é obrigatorio do que non o é tanto, e neste sentido actuamos de oficio ou a instancia de parte, por unha denuncia. Con todos os concellos igual, sen mirarlle a cor, hai concellos que teñen dificultades do PP, e eu formo parte do PP, hai concellos do Partido Socialista, outros do PP, do PSOE, do BNG, non teñen problemas… Actuamos sen mirar a cor, que é como debe actuarse desde a institución, mirando obxectivamente que se cumpran as normas. Cando vemos que hai un contrato requerímoslle ao concello que fundamente a súa contratación, se o requerimento é negativo porque non contestan ou non

fundamentan ben a cuestión entón a Avogacía do Estado fai un informe e remítese á Delegación do Goberno na Coruña e en base a informes previos acorda levalo ao Contencioso-Administrativo ou non levalo, e o Contencioso toma unha decisión xudicial, e aí xa non entramos. Nós, insisto moito, nisto somos obxectivos e independentes e non miramos cores nunca, porque se o miráramos seríamos un árbitro parcial e non estaríamos cumprindo a nosa obriga”. Tocoulle un momento difícil para representar o Goberno central na provincia neste momento de crise, polas políticas de recortes? R.C.: “Certo; cando entramos estábamos en plena crise, e o Goberno do Estado encontrouse cunha serie de situacións non previstas nin esperadas, sospeitábamos que a situación era complicada, que a herdanza recibida era difícil pero non nos imaxinábamos que houbera tantas facturas sen pagar, tantas xestións pendentes de facer. O Goberno do Estado atopouse unha situación complicada, dun déficit tremendo e tivo que afrontar esa situación e tomar medidas de axuste difíciles. Para o político é máis cómodo dar que esixir e facer cumplir e poñer normas que autodisciplinen a nosa vida, pero o Goberno tivo que facer iso para aforrar e poder pagar o que estaba debéndose e agora están empezando a darse os froitos. Os cidadáns pasámolo moi mal pero agora empeza a haber un certo repunte, e a partir do ano 15 e 16, os axustes van ser ao revés, os cidadáns van ter un pouco máis de alivio, a efectos de

impostos, de declaración de renda. Eran medidas necesarias pero no momento que se tomaron a rúa sempre resposta, e sobre todo os lexítimos representantes e necesarios que son os sindicatos, que tratan de defender as súas posicións, e aquí na cidade, en Verín e no Barco, houbo e hai aínda manifestacións, concentracións, dúas folgas xerais... Tivemos moitas manifestacións, nalgúns destes anos pasados houbo 400. Tamén tivemos o tema das preferentes, desafiuzamentos, aquí ao mellor non tanto... e claro, o representante do Estado na provincia é a cara visible dese Goberno. A pesar diso eu quero dicir que houbo moito respecto, os sindicatos manifestáronse de maneira moi pacífica e moi cívica. Tamén é certo que a Policía e a Garda Civil actuaron con respecto e cumprindo o seu deber pero sen interferir. No cómputo global pesa máis o positivo que o negativo, Ourense demostrou convivencia e respecto mutuo”. Onde se ve a medio prazo, de volta á política máis activa ou á súa carreira profesional no mundo educativo? R.C.: “Véxome xa xubilado e na casa porque un ten a súa idade xa, estamos nos 59. Na miña traxectoria tiven a fortuna de representar a Ourense no Parlamento de Galicia 20 anos, tiven a confianza do presidente da Xunta que me tivo tres anos na dirección xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias e agora teño esta responsabilidade pero non teño máis aspiracións, nin para arriba nin para abaixo. O máis importante foi ter esas oportunidades, habelas aproveitado, facelo o mellor posible, con toda a

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

O subdelegado do Goberno, ante un retrato do anterior Rei./RAMSÉS.

“Preferimos que un inmigrante que ten poucos recursos poida expoñer algunhas cousiñas para vender antes de que sexa un delincuente. Entendendo que hai que respectar o comercio porque paga os seus impostos” “Creo que os políticos temos que facer o esforzo de ser próximos, de ser un máis entre os cidadáns” honradez e a honestidade, e sobre todo desde a proximidade; creo que os políticos temos que facer o esforzo de ser próximos, de ser un máis entre os cidadáns, non sentirnos como algo especial porque non o somos. Eu procuro ser normal, unha persoa que anda pola rúa, que saúda, que escoita, que vive a diario os problemas da xente porque un

non pode ser insensible, un político representa á cidadanía, forma parte da cidadanía, somos un máis. Ás veces pode ocurrir que dea a sensación de que algúns políticos ao mellor non están tan próximos, en todo caso é un erro. O político ten que ser próximo, sensible, facer cumplir a lei, si, pero poñerlle unha brizna de sensibilidade.”


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

BARRIOS

ENTREVISTA A OLGA GIRÁLDEZ – PRESIDENTA DA AVV PONTE CANEDO

“Temos un alcalde moi mentiroso, asegurou que as obras no local da asociación estarían rematadas en xaneiro e agora dinnos que en novembro”

4 A presidenta da Asociación de Veciños Ponte Canedo, Olga Giráldez, achéganos ás carencias do seu barrio e ao estado das obras do local veciñal. Redacción Olga Giráldez é a presidenta da Asociación de Veciños Ponte Canedo dende fai dous anos, pero leva vivindo no barrio moitos máis. Con experiencias anteriores noutras rexións, enfróntase como representante veciñal á pasividade das autoridades plantándolles cara e sen tirar a toalla. Para ela, sen dúbida, a maioría dos políticos suspenden nas súas funcións: os do Concello de Ourense polo nefasto mantemento das infraestruturas dos barrios, e a clase política en xeral polo emprego da cidadanía para lograr uns intereses meramente persoais. Que valoración fas deste tempo como presidenta da AVV Ponte Canedo? Olga Giráldez: “Ser representante veciñal é un cargo non retribuído, pero moi agradecido e iso compénsache todo”. Un é presidente ás 24 horas? O.G.: “Si, sempre temos algunha anécdota. Por exemplo, fai uns días paráronme unhas señoras e reclamáronme que cobraba as actividades que fai a asociación mentres as demais non o fan. Entón, chamei á concelleira (de Participación Cidadá) para cerciorarme e ela confirmoume que en todas se cobran. E cando llo comentei ás veciñas dixéronme que era moi rápida, pero o que son é legal. Iso si, o vindeiro ano parece ser que todos os cursos serán de balde, pero é unha excepción”. Cales son os problemas máis habituais da Ponte? O.G.: “O barrio da Ponte ten un grave problema de limpeza, e iso é fundamental. Hai moita deixadez no mantemento de xardíns, parques e beirarrúas. Ademais, a zona da beira do río dá

pena e o parque central da Ponte, o alumeado público tamén está en moi mal estado e a pasarela oxidada. Acá as infraestruturas póñense en marcha, pero unha vez feitas o Concello esquécese delas e non se manteñen”. Nas últimas décadas os problemas mudaron? O.G.: “Son máis ou menos os mesmos, pero van a peor, porque a sociedade está máis incivilizada e a educación brilla pola súa ausencia. Por exemplo, a suciedade que causan os excrementos dos cans é inaceptable, entón daste conta de que hai certo tipo de persoas que fan que a convivencia se vaia deteriorando. Diso non son culpables os gobernantes, pero si na medida en que non sancionen aos que teñen este comportamento”. Como ves a resposta das autoridades ante as reclamacións veciñais? O.G.: “Concretamente a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, é unha persoa sempre disposta a axudarnos; pero penso que é a única. Tampouco teño queixa de Susana Bayo. En cambio, outros nin sequera é sinxelo reunirse con eles. Se teño que poñerlles nota, daríalles un 2 e xa son moi benévola”. Como se atopan as obras no local da asociación? O.G.: “Tiven nestes días unha reunión coa concelleira de Cultura ao respecto e dela saquei en limpo que poderían estar rematadas de cara a novembro. Iso evidencia que temos un alcalde moi mentiroso, porque el asegurou que estaría listo entre decembro de 2013 e xaneiro de 2014. Pero hoxe está moi instaurado na clase política iso de mentir por mentir. Eu teño as miñas dúbidas de que poidamos comezar despois de verán as actividades xa no novo

“Hai veciños de primeira e de segunda para gozar das cousas, pero para pagar somos todos de primeira”

Olga Giráldez, presidenta da AVV Ponte Canedo na entrada da Troya, o espazo que empregan os seus asociados para reunirse até que rematen as obras no local veciñal./S.N.

“As asociacións de veciños débense financiar soas. Entendo que o Concello subvencione os locais, pero non as comidas e excursións. Somos o país de esmolas.” local, porque parece que xa está rematado pero hai un problema de trámites”. Estavos a causar moitos trastornos este retraso? O.G.: “Moitísimos. A Troya é como a nosa propia casa porque nos tratan moi ben, pero temos moitas carencias porque non podemos levar a cabo todas as nosas actividades. Loxicamente, mentres están botando a partida á tarde nós non podemos poñernos con clases de baile de salón ou ioga, son incompatibles. Este retraso está afectando moito ao traballo da asociación, porque a xente á Troya vén aos cursos pero non vén a estar un rato, como fan no noso local, para simplemente falar, algúns pensan que molestan”. Consideras que os barrios están discriminados en relación ao centro? O.G.: “Totalmente. Hai veciños de primeira e de segunda para gozar das cousas, pero para pagar somos todos de primeira. Ti vas por unha beirarrúa no centro e é moi raro que vexas excrementos de cans ou orina, non obstante, vas por calquera parte da Ponte, sobre todo Ri-

beira de Canedo e a rúa do Mercado, e iso é constante. Non temos apenas presenza policial aínda que pagamos ese servizo como os demais, polo que lle esiximos ao Concello maior vixilancia para sancionar economicamente estes comportamentos, porque neste país non se cambia ata que che toca no peto. De feito, ante estes problemas estiven pensando en facer unha xuntanza cos veciños e proporlles non pagar o servizo de limpeza, xa que non se nota no barrio. Todos os veciños temos dereito a vivir limpos e con decoro”. A única solución son medidas drásticas? O.G.: “Aos políticos hai que ensinarlles os dentes porque eu creo que a política é unha escada pola que sobe unha persoa, e os cidadáns forman os banzos, e o que sobe cando chega ao alto voltéase e mexa pola escada. E iso é o que acontece, utilízannos como votantes para acadar o seu fin e logo esquécense de nós ata dentro de catro anos. Iso non é facer política”. Que opinión che merece a polémica da ubicación

dun tanatorio-crematorio en Vistahermosa? O.G.: “No caso de Vistahermosa conseguiuse que non se ubicara finalmente alí porque se fixo a presión que se fixo, pero aí había intereses moi fortes que a señora Áurea Soto coñece moi ben. Finalmente, ese tema solucionouse porque houbo unha segunda xuntanza co BNG na que se logrou o seu compromiso público de que non ían votar a favor e cumplírono, por unha vez. Pero a culpa é de todos, porque todos os políticos, salvo contadas excepcións, móvense polos seus propios intereses. O proxecto do tanatorio-crematorio xa era do PP e agora quedoulles a estes. Cando están na oposición moito protestan, pero cando chegan ao goberno esquécense de todo”. Compartes o dito de que “a unión fai a forza”? O.G.: “Totalmente, o que pasa é que ao galego cóstalle entender iso, é moi individualista. Eu vivín noutras rexións de España e hai unha diferencia abismal. En Asturias ou no País Vasco teñen outra idea do asociacionismo e así conseguen o

que conseguen. Acá a xente aposta polo ‘vai ti’ e se consegues algo xa logo nos aproveitamos todos. Lograriamos moitas cousas se houbera unión, non é protestar por protestar, é pelexar polo que é necesario”. Que actividades organiza a asociación? O.G.: “Se tiveramos o local en verán organizariamos actividades para cativos e as nais, e outras que non se fan en inverno. Os bailes de salón é das que máis che piden, e tamén pilates. Asemade, ofrecemos informática, manualidades, organizamos excursións… Pero nós somos a única asociación que non acepta subvencións, porque consideramos que tal e como está a situación hai cousas máis importantes ás que adicar o diñeiro, e que as AAVV se deben financiar soas, coa colaboración dos veciños, cada un do que poida. Entendo que o Concello subvencione os locais, pero as comidas ou as excursións débenas pagar os veciños. Somos o país das esmolas e debemos ser autónomos”. Envíalle unha mensaxe aos veciños da Ponte. O.G.: “Que non deixen de asociarse porque neste momento non teñamos un local propio, porque seguimos dando servizo a todos os veciños e a cantas reclamacións teñan. Que nos trasladen todas as súas queixas porque dende a directiva non damos estado en todos os puntos do barrio”. E outra aos políticos ourensáns. O.G.: “Diríalles que todos os veciños somos iguais e temos dereito á mesma calidade de vida, porque o parque San Lázaro está moi ben, pero a Ponte tamén. A eles gústalles vir pasear por xunto ao río, pero non se preocupan de coidar este barrio e darnos os mesmos servizos que ao centro. Polo que deberían facelo ou se non, deberemos nós optar por cambiar de sistema e deixar de mantelos a todos”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

O precinto dos contedores soterrados é consecuencia da falta de mantemento de seguridade por parte do Concello O PP denuncia que desde o grupo de goberno non se deu ningunha explicación ao respecto e os contedores levan precintados dous meses O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, informou de que os contedores soterrados da cidade levan dous meses clausurados, sen máis explicacion que un cartel de “fóra de uso temporal”. Ante a falta de explicacións por parte do grupo de goberno, ten que ser o Grupo Municipal do Partido Popular, forza maioritaria do Concello, o que explique a verdade deste asunto. Na cidade existen un total de 82 contenedores soterrados distribuidos en 46 illas. A meirande parte dos mesmos foron colocados en 2003 (salvo os das rúas avenida de Marín, Francisco Llorens, Camelias, Dali, praza da Chave e Florentino Cuevillas, que foron instalados con posterioridade). Supuxeron un investimento de 1.640.000 euros (20.000 euros por equipo).

Estas instalacións están reguladas por un Real Decreto que establece “que o propietario dos equipos ten que manter en todo momento o bo estado e funcionamento dos mesmos e impedir a súa utilización cando non se poida garantizar a súa seguridade”. Aquí é onde se sitúa a problemática: é necesario realizar un plan de mantemento dos equipos, que asegure que a conformidade inicial da instalación perdura durante toda a vida do equipo. É importante que os equipos de traballo sexan mantidos de xeito que a súas características non se degraden ata o punto de poñer en risco ás persoas debido a situacións perigosas. Pois ben, o último mantemento realizado pola empresa instaladora data de 2008. Tres anos despois, en agosto de 2011, esta em-

presa rexistrou unha carta advertindo ao equipo de goberno da grave situación xerada por tres anos de falta de mantemento. Sobrecusto do mantemento A solución, ten un custo: 150.000 euros, debido ao deterioro causado pola falla de mantemento dos equipos a día de hoxe. “Pero señores: nun orzamento do grupo de goberno de 103 millóns de euros, non existe nin rastro desta partida”, subliñou o voceiro do PP. Se o mantemento fose regular, bastarían 36.000 euros cada ano. “Pero a inacción e a desidia do goberno minoritario de Ourense obviou sempre esta posibilidade”, apuntou Rosendo Fernández. Pero o máis grave de todo é que, debido a esta falta de xestión, de previsión e de dotación orzamentaria, o

O voceiro popular, Rosendo Fernández, xunto aos concelleiros José Luis Valcarce e Carmen Carballo, amosa un dos contedores soterrados precintado. que está en risco é a seguridade dos traballadores de Ecourense. De feito, o precinto dos contedores ten un motivo directo: o departamento de riscos laborais da concesionaria esixiu o precinto destas instalacións,

debido á falta de mantemento, polo risco que pode supoñer a manipulación dos mecanismos por parte dos operarios á hora de baleiralos. A empresa Ecourense négase a realizar este traballo, precisamente polo risco

existente, precisou Rosendo Fernández. “Isto, señores e señoras, é gravísimo e ninguén do goberno minoritario e desnortado de Ourense asume responsabilidade algunha”, rematou o portavoz.

Rosendo Fernández esixe ao alcalde que pague o que debe na urbanización da súa casa Tralo arquivo da denuncia presentada polo Goberno local referida á presunta falsificación dun documento público posibles responsabilidades do PP e do seu portavoz”. O xoves 10 de xullo o alcalde anunciou que a Fiscalía arquivou esta denuncia, pero omitiu os detalles, que si fixo públicos o voceiro popular. Rosendo Fernández leu o decreto da Fiscalía, que recolle que “sentada a falsidade do documento non foi posible determinar a autoría do mesmo, que poida ser atribuida a título de responsabilidade criminal a persoa determinada. En relación con isto e vista a alegación presentada por Rosendo Fernández pódese concluir igualmente, que non existe indicio nin tan sequera mínimo de calquera tipo que poida evidenciar, non xa a

,

Rosendo Fernández, acompañado da concelleira Mónica Mourelo, compareceron para valorar o arquivo da denuncia presentada polo Goberno Municipal por presunta suplantación de identidade e falsidade en documento público no expediente referido ás beirarrúas da casa do alcalde, na rúa Clara Corral Aller. Inmediatamente despois, o alcalde compareceu en rolda de prensa para amosar ese suposto documento falsificado. Non tivo reparos o señor alcalde en manifestar cousas como esta: “Podemos estar ante un feito gravísimo motivado polas tramas de vinganza e ansias de poder, e corresponderá aos tribunais determinar as

autoría ou participación da citada persoa (de Rosendo Fernández), senón a necesidade ou conveniencia de realizar calquera tipo de dilixencia para aclarar dita situación de presunta autoría”. Un vez coñecido o escrito do fiscal, Rosendo Fernández manifestou que “queda claro que este portavoz que lles fala nada tivo que ver coa presunta falsificación en documento público, pese as constantes insinuacións vertidas por parte da señora Soto e do señor alcalde; queda tamén claro que ao señor alcalde se lle desmontou o seu principal argumento con respecto á denuncia, presentada por nós o 20 de marzo de 2014,

sobre o xeito no que se pagaron as beirarrúas da súa casa. Como ven, e comproban, aquel escrito non foi a orixe da grave irregularidade que puxemos en coñecemento da xustiza e pola que todos os ourensáns estamos agardando a que o señor alcalde pague o que debe e se deixe de lerias”. A denuncia do PP segue o seu curso “E quero deixar claro que o alcalde minte con descaro cando di que a Fiscalía pide o arquivo da causa das beirarrúas. A denuncia inicial, a que nós presentamos, sigue o seu curso. A arquivada é a presentada por Aurea Soto o 10 de abril”, engadiu Rosendo.

Comparecencia de Rosendo Fernández e Mónica Mourelo. “E non menos claro queda que cada vez se acrecentan máis as dúbidas sobre o que sucedeu neste asunto, o da falsificación, toda vez que dende o 2 de maio estamos agardando a que se constitúa a comisión de investigación sobre esta presunta falsídade documental, e nada se sabe”, recalcou o voceiro do PP. Neste sentido, Rosendo Fernández pregúntase “se efectivamente ese documento levaba tres anos no Concello, por que non se lle diu resposta en todo este tempo? Por que non se iniciou unha investigación interna na Concellería de Ur-

banismo, departamento coa obriga de custodiar o expediente? Quen e por que falsificou un documento que serviu de fallido argumento político ao alcalde?” A única pregunta que ten resposta, segundo concluiu Rosendo Fernández, é a seguinte: “Por que montou este circo da denuncia por falsidade documental o alcalde de Ourense e a súa secuaz a concelleira Áurea Soto? Dígovolo eu: para desviar a atención sobre o realmente importante, a clave de todo.... Que o alcalde pague os 29.000 euros que debe ás arcas municipais”.


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

BARRIOS

O parque de Santa Teresita rematarase este verán 4 Serán 12.000 metros de zonas verde nun barrio que carecía de áreas de esparcemento. P.L. Con lixeiro retraso na execución das obras, o gran parque de 12.000 metros cadrados de Santa Teresita vai tomando forma. Tanto o alcalde de Ourense como a edil de Urbanismo, que visitaron as obras este mes, destacaron o complexo e longo labor de desenvolvemento urbanístico que permitirá que Santa Teresita e O Vinteún teña a súa primeira gran zona de esparexemento a finais deste verán. De feito, Agustín Fernández cualificouna como “unha das grandes obras deste goberno” e considerou que os veciños destes dous barrios “pódense sentir orgullosos” ao poder contar “cunha zona verde privilexiada que case ningún barrio ten”. Áurea Soto, pola súa banda, recordou que esta zona verde xa estaba prevista no Plan de 1986, pero non foi xestionada ata a chegada do seu goberno. “O máis importante é o traballo de xestión do solo que houbo previo”, sinalou, referíndose á transformación dos terreos privados en públicos. “A ocupación dos terreos, os convenios para rematar a ocupación cando caeu o Plan Xeral, a execución do proxecto…”, enumerou Soto, que asemade explicou que os propietarios desta

A educadora social Belén Pérez impartiu a charla no local de As Termas./CEDIDA.

Aspecto das obras desde a rúa Río Bubal./P.LODEIRO. área de reparto manterán o seu aproveitamento “no contorno que pecharían as traseiras destas casas, que poderán executar no seu momento”. Contido da actuación O proxecto, de preto dun millón de euros de investimento, recupera o interior da mazá situada trala igrexa de Santa Teresita para uso público, cun deseño baseado nunha zona verde dedicada ao ocio e xogos infantís, e adaptado á topografía existente, cunha importante pendente entre unha punta e outra do soar. Adecentáronse os dous accesos existentes, desde as rúas Xares e Bubal e desde as rúas Alejandro Pedrosa e Río Limia, e creouse un novo vial peonil (e ocasio-

nalmente para vehículos). Ao carón deste trazado instalarase unha zona de merendeiro con mesas e bancos de pedra. A actuación inclúe tamén a renovación da rede de abastecemento, a canalización subterránea da rede de telecomunicacións, a instalación dunha rede de distribución para o subministro de gas natural para facer fronte ás demandas futuras neste contorno, e a dotación dunha instalación de iluminación óptima, tanto desde o punto de vista luminotécnico como económico. No referido ás superficies, instalarase novo pavimento en toda a zona, incluíndo os viais, os aparcadoiros, as beirarrúas, a zona de xogos e a pista deportiva.

O proxecto recupera o interior da mazá situada trala igrexa de Santa Teresita

O alcalde de Ourense e a concelleira de Urbanismo xunto cos técnicos responsables do proxecto de parque de Santa Teresita./P.LODEIRO.

Charla informativa sobre a prevención do cancro na asociación As Termas 4 Coa colaboración da Asociación Española contra o Cancro. Redacción A Asociación Veciñal As Termas continúa coa programación de charlas informativas, nesta ocasión foi Belén Pérez, educadora social da Asociación Española contra o Cancro (AECC-Ourense), quen falou sobre prevención e detención precoz do cancro. Un dos obxectivos que As Termas se marcou para

2014 era o de realizar diversas charlas informativas sobre temas de interese para os habitantes das vivendas de promoción pública situadas ao carón da estación de autobuses, onde ten a súa sede a asociación. As temáticas son moi variadas: dende o coidado do medio ambiente (a primeira delas foi sobre a reciclaxe do aceite usado) pasando pola saúde (nesta ocasión

tocoulle ao cancro) e proximamente sobre consumo, cunha charla sobre a factura eléctrica. A experiencia foi valorada como moi positiva polas asistentes que xa participaran o ano pasado na campaña “súmate ao rosa” en apoio á loita contra o cancro de mama, polo que a colaboración continuará entre o colectivo e a AECCOurense.


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

BARRIOS

Manuel Baltar xunto a empresarios da zona industrial do Vinteún./CEDIDA.

A Deputación elabora un plan para o polígono das Coiñás

Os participantes na limpeza do Barbaña escenificaron despois unha “praia fluvial” ao carón do río./P.LODEIRO.

O Barbaña, “o noso río esquecido”

4 Contempla a mellora da comunicación viaria e dos aparcadoiros, entre outros aspectos.

4 Ríos Limpos e Escua denuncian o seu estado de abandono.

Redacción

Redacción

toallas.

A Plataforma Ríos Limpos e Escua organizaron o pasado 9 de xullo dúas accións de denuncia co río Barbaña como protagonista. Primeiro limparon un pequeno tramo do río, no Pozo do Inferno, ao carón da Molinera, de onde retiraron varias bolsas con refugallos. Despois montaron unha “praia fluvial” improvisada no parque Barbaña, con parasois e

Máis protección Martiño Ramos, en representación de ambos colectivos, explicaba que o motivo destas dúas accións de denuncia é “poñer o foco de atención da cidade no Barbaña, que é o noso río esquecido”. “Coidamos que os nosos ríos precisan coidados e protección, é incomprensible que non funcionen as depuradoras que se pagaron con diñeiro

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, anuncioulle aos empresarios do polígono industrial das Coiñás no Vinteún un plan estratéxico elaborado polo Inorde para esta zona industrial, un documento que ten como obxectivo propoñer unha mellor posición loxística da zona industrial das Coiñás mediante o acondicionamento e creación de novas infraestruturas, servizos e dotacións públicas. O plan contempla mellorar a comunicación viaria, que se verá potenciada a través da futura Circunvalación Norte. Baltar considera “nece-

sario e prioritario” avanzar na dinamización económica desta zona industrial, e amosoulle aos empresarios o apoio da Deputación de Ourense –por medio do Inorde- para acadar un maior e mellor desenvolvemento das Coiñás co fin de favorecer a consolidación e implantación de empresas e a creación de emprego. Necesidades do polígono O plan estratéxico destaca que é necesario mellorar a rede viaria actual, os aparcadoiros, as instalacións

eléctricas de alta e baixa tensión, o abastecemento e saneamento, así como as redes de rego e hidrantes, gas e alumeado público. Tamén contempla a dotación de vídeo-vixilancia e a incorporación dunha rede de voz e datos, ademais dun edificio institucional que concentre a xestión da actividade da zona empresarial co fin de permitir un desenvolvemento empresarial en igualdade de medios e oportunidades con outros ámbitos industriais.

É necesario mellorar aparcadoiros, instalacións eléctricas, abastecemento e saneamento, e redes de rego e dotar o polígono de vídeo-vixilancia

público en toda a provincia; que non se fagan os investimentos prometidos en saneamento no Barbaña; o problema que teñen os encoros de contaminación de cianobacterias; non é de recibo tampouco que os cursos fluviais ao longo das obras do AVE se vexan afectados por falta de medios preventivos”, relataba algún dos problemas aos que se enfrontan os cursos fluviais na nosa provincia. Ríos Limpos e Escua demandaron unha actuación máis decidida por parte da Confederación Hidrográfica e da Deputación: “non están cumplindo coa súa función de supervisar que non haxa vertidos e cando os hai buscar os culpables”, afirmou Ramos.

Reclaman debate sobre a xestión da Praza de Abastos 4 Campaña informativa do BNG na Ponte. Redacción O BNG está a desenvolver unha campaña de información sobre a súa proposta de xestión para a Praza de Abastos da Ponte. Os nacionalistas queren que a veciñanza deste barrio opine sobre o modelo de mercado que se instalará no edificio rehabilitado. O Bloque presentara unha moción no pleno de xuño que fora retirada da orde do día por PSOE e PP. Nela defendía a xestión directa da Praza por parte do Concello ou que

se impulsara a creación dunha cooperativa ou asociación de comerciantes e pequenos produtores que se fixeran cargo dos postos. O BNG considera que non se pode permitir que logo dun investimento de dous millóns de euros “unha grande empresa se faga cargo da xestión para ocupar este espazo cun gran supermercado; sobran en Ourense grandes superficies e faltan iniciativas que lle dean a xente oportunidades para a instalación de pequenos negocios e onde a cidadanía poida comprar produtos frescos e de calidade”.


10

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

BARRIOS /A VALENZÁ

Aprobada a urbanización da Finca Mariñamansa

O pleno insta a reformar o parque dos Patos da Valenzá

Redacción

4 Apróbase unha moción do BNG.

A Finca Mariñamansa será urbanizada. A Xunta de Goberno local vén de aprobar o proxecto de urbanización dun ámbito de 178.328 metros cadrados, a pedimento da xunta de compensación, cun orzamento de 18 millóns de euros. O seu obxectivo é desenvolver as infraestruturas necesarias: viais, rede de abastecemento, saneamento, iluminación pública e outras para que as parcelas resultantes cumplan coa condición de soares. Entre as obras a realizar está previsto o desvío e canalización do Regato Mariñamansa; a construción dun paso subterráneo para evitar a intersección da glorieta existente na avenida de Zamora; a explanación do terreo ata acadar as rasantes dos viais; a pavimentación dos viais, das beirarrúas, zonas de aparcamento, isletas e zonas verdes de uso mixto; a instalación de mobiliario urbano; e traballos de plantación e xardinería. O proxecto de urbanización aprobado inicialmente será sometido agora a información pública polo prazo de 20 días e remitido a informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Redacción

Finca Mariñamansa.

A corporación municipal de Barbadás aprobou por unanimidade en pleno, o 7 de xullo, unha moción de grupo do BNG na que se solicita que o Concello de Barbadas elabore un proxecto de reforma do parque dos Patos. Refírese a proposta á parte alta da zona verde, a zona que linda coa rúa do Picouto, e solicítase que se elimine a matogueira existente e se adecente a contorna. Segundo recollían os nacionalistas nun comunicado, “a gran cantidade de maleza acumulada e o abandono desta zona fai que os veciños teñan que convivir con cobras e ratas preto das súas vivendas, algo que denunciaron no Concello porque incluso estes animais se metían nos garaxes”. Valado para a zona de xogos A proposta nacionalista tamén veu motivada pola inseguridade na zona de xogos polo que o BNG pide a instalación dun valado de protección para que os menores xoguen con total tranquilidade. O BNG defendeu no pleno un proxecto que inclúa paseos para xente maior, bancos para o descanso de quen o precise e en definitiva aproveitar un espazo hoxe inutilizado.

“A gran cantidade de maleza acumulada fai que os veciños teñan que convivir con cobras e ratas preto das súas vivendas”

O PSOE amplía a denuncia contra Freire Couto 4 Reseña varias operación urbanísticas entre unha empresa do rexedor e unha filial de Mahía. P.L.

Os veciños queixábanse da maleza acumulada na parte alta do parque. A proposta do BNG tamén pide un valado na zona de xogos, bancos e un paseo./M.REJO.

4 Outros asuntos aprobados Na mesma sesión plenaria tamén houbo acordo unánime de todos os grupos para iniciar de xeito inmediato contactos co Polígono Virtual de Galicia para asinar un convenio de colaboración mútua que teña como finalidade a posta en marcha dun proceso de aceleración empresarial, do emprendemento e do comercio local en Barbadás. Tamén se aprobou por unanimidade unha moción do BNG para axilizar os trámites da Risga O PP aprobou en solitario –coa abstención de PSdeG e BNG- a redución do tipo de gravame do IBI do 0,5 ó 0,4 % para 2015. O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, reprochou que “chega tarde porque o PSdeG xa o solicitou en maio de 2008 e en xuño de 2013. E chega mal porque non se modifican as bonificacións, que consideramos

insuficientes, xa que non se bonifica a persoas en risco de exclusión social e parados de longa duración”. Valcárcel anticipou que presentará alegacións á ordenanza. Aprobouse, cos votos a favor do grupo de goberno do PP e do PSdeG, unha modificación de crédito para investimentos en parques e viais que supón duplicar o previsto inicialmente para este fin nos orzamentos. O PP rexeitou unha proposta socialista para mellorar a seguridade cidadá nas festas con gran afluencia de público, aínda que o alcalde anunciou que se tomarán medidas excepcionais ante eventos similares ás festas da Valenzá deste ano. Foi rexeitada -por PP e PSdeG- a moción nacionalista para superar o modelo institucional do Estado español e recoñecer o dereito a decidir.

O grupo municipal socialista de Barbadás presentou ante o Xulgado de Instrucción nº 3 de Ourense nova documentación sobre os negocios inmobiliarios do rexedor da localidade, o popular José Manuel Freire Couto, a quen os socialistas acusan de presunta corrupción urbanística. O voceiro do PSOE en Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, relatou catro operacións urbanísticas entre os anos 2004 e 2006 en Matosinhos, Portugal, entre unha empresa constituída por Freire Couto (Alba María Sociedade Promotora de Bens Inmoves) e unha filial do grupo Mahía (López & Noya Sociedade Promotora e Construtora Imobiliaria). En concreto, a adquisición de inmobles por importe de 225.000 euros o 23 de abril de 2004, por importe de 180.000 euros o 23 de xullo de 2004, por importe de 185.000 euros o 12 de outubro de 2004 e por importe de 295.000 euros o 26 de setembro de 2006. Todas as compravendas “de seren pagadas, foron pagadas en metálico”, apunta Valcárcel, xa que o notario indica que o importe das mesmas foi percibido previo acto notarial e tampouco constan préstamos nin hipotecas para facer fronte a estas cantidades, por parte dunha empresa, Alba María, constituída en xaneiro de 2004 con apenas 5.000 euros de capital social, de-

nuncia o político socialista. Coinciden estas operación urbanísticas no tempo coa tramitación no Concello de Barbadás da área de reparto 1 da Valenzá, na que tanto Mahía como Freire tiñan propiedades. Informe dunha perito Apoian esta denuncia os socialistas nun informe elaborado por unha perito, incluído nas dilixencias previas que se siguen contra Mahía nun xulgado de Santiago por presunto fraude fiscal. Neste informe, “resulta acreditado que non existiu movemento efectivo de diñeiro nas supostas compravendas do Emporio Freire, dado que a indicada perito manifesta que non existe apoio contable para os supostos movementos de diñeiro en efectivo”, relata Valcárcel. No mesmo sentido, a perito recolle as declaracións dunha traballadora da empresa inmobiliaria “que nega a existencia de ingresos en caixa por contías tan considerables”. En particular, dous apuntes con data 15.07.04 e 07.10.14 por importes de 200.000 e 292.000 euros, apenas uns días antes das operacións de compravenda coa empresa de Freire Couto.

Todas as compravendas “de seren pagadas, foron pagadas en metálico”, xa que non constan préstamos nin hipotecas


SERVIZOS / CLASIFICADOS

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

11

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo Nº143/133/119/82 - Ano: XII - Xullo de 2014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4ADÓPTANOS... Recorda: é para sempre!

Macho e femia. Son irmáns. Teñen catro meses. Serán medianos.

Kira. Femia. Podenca de ano e medio. Moi inquieta. Acostumada a nenos.

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

TRABALLO

VENDAS

Fanse reparacións en fogares e negocios, carpintería, persianas, mobles, etc. Tel. 656 782 460.

Véndese berce, silliña con plástico e bañeira. Todo por 200 euros. Tel. 696 18 11 73.

Clases a domicilio. A todas as etapas. Especialidade matemáticas xerais. Posúo certificado de formador e CAP. Ampla experiencia.Económico.Tel. 636 619 589. clasesadomicilio2014@hotmail.com

Vendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distancia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantizado por 40 euos. Unha das últimas medidas de seguridade ao teu alcance. Móbil/Whatsapp 667 830 310.

Ofrécese señora de mediana idade responsable e con experiencia para coidado de persoas maiores, nenos e tarefas do fogar. Posúo curso de axuda a domicilio. Para Ourense capital. Tel. 685 374 191. Ofrécese rapaza para traballo por horas: pasar o ferro, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros.Chamar tardes 618 806 516.

Macho de mes e medio. Moi xoguetón e cariñoso. Hai outro irmán igualiño.

Cachorros de cruce de pastor, machos e femias; son nove.

Contacta con PROGAPE na estrada de Eiroás s/n - Vilar de Astrés Tlf: 988 21 29 39 - Facebook/Progape

4CARTA AO DIRECTOR Se queres denunciar algún tema de interese xeral, queres ser escoitado ou coñeces algunha inxustiza, envíanos a túa carta ao director (máximo 10 liñas) a info@ periodicobarrios.com, xunto co teu nome completo, DNI e teléfono

4FELICITACIÓNS Envíanos a túa felicitación con fotografía, nome, data e texto a info@periodicobarrios. com ou por correo ordinario a r/Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004, Ourense

Ofrécese señora para traballar unha ou dúas horas, para coidar persoas, sacalas a pasear, facer recados e outros. Totalmente de confianza. Con informes. Tel. 606 42 25 43. Matrimonio cubano católico, con preparación cultural e profesional, busca emprego como coidadores de persoas maiores, acompañantes, xardinería, traballo doméstico e outros servizos. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realizamos traballo en residencias.Internos ou por horas, en calquera zona. Tel. 611 353 009. Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516. Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448.

CONTACTOS Ofrécese chico de compañía, de 34 anos, para mulleres de entre 20 e 55 anos. Tamén para despedidas de solteira. Prezo económico. Tel. 662 281 312.

Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe, praia America, bo prezo. Tel. 607 27 19 16. Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 52cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44 Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco. Medidas: 235cms de alto por 78cms. A porta pódese adaptar facilmente ao facer o marco. Ten pechadura con chave. 80 euros cada unha. Telf. 687 19 33 44 Vendo compresor de aire ABC VG-5-PC INDUSTRIAL 6CV-HP, Presión 8Kgs/cm2 psi115, 750 Litros/minuto cfm 236,48 velocidade 650 depósito 300 l. 1.000 euros Tel. 687 19 33 44. Véndese sofá 3-2 e un enfriador de botellas e apeiros de labranza de madeira. Tel. 637 00 59 10 Véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprencitar. Tel. 988 60 70 75 Vendo casco de moto Coolmax, de segunda man e en bo estado, prezo a negociar. Tel. 988 21 35 56 (chamar de 15 a 18 h.) Vendo rodas de coche. 185/80/ R14. Tel. 663 376 002. Véndese SEAT Ibiza TDI por 1.300 euros. Tel 609 822 076

Ocasión:

vendo finca edificable con proxecto, 1.000 m2, antes 13.900 euros, agora 8.980 euros. TEl. 606 42 25 43.

Vendo casa para fin de semana con xardín, sen restaurar. 7.800

ALUGUER Alúgase apartamento casco antigo, amoblado, todo exterior, Ourense, moi económico Tel. 637 00 59 10 Alúganse 2 oficinas amobladas fronte ao Pazo de Xustiza. Tel. 637 00 59 10 Alugo local económico acondicionado en Avda de Zamora e oficina amoblada na avda da Sainza. Con certificados enerxéticos letras E e C respectivamente. Prezo a convir. Tel. 627 203 131 Alúgase praza de garaxe pechada na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel 649 255 033. Alúgase piso en Portonovo para todo o ano, con garaxe. Tel. 626 297 504. Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e 2 habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 27 19 16. Alugo apartamento amoblado, 2 habitacións, baño, garaxe pechado, próximo a Igrexa de Fátima. 370 euros + comunidade. Telf. 988 22 21 79. Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, 2 baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400 euros + comunidade. Tel. 988 22 21 79. Alúgase praza de garaxe en Edificio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301.

COMPRO Compro casa vella, palleira, adega ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3 500 euros. Tel. 636 32 95 24. Compro terreo, máximo 5001000 m2 preto de Ourense, máximo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 32 95 24.

4TELÉFONOS DE INTERESE Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense. es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com


12

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

CIDADE

Catro edificios, pendentes da licenza do párking de Paseo-Concordia

A cafetería do Sanmartín carece de expediente

P.Lodeiro

4 A licenza de reforma foi concedida á empresa propietaria do hotel, que foi quen a solicitou.

Catro inmobles das rúas Santo Domingo (números 31 e 43), Paseo (8) e Concordia (24) están afectados pola situación irregular do aparcadoiro de “Aparcamientos Ourense”, situado entre as rúas Paseo e Concordia e cuxa licencia de apertura leva tramitándose desde 1981. Segundo informou a edil de Urbanismo, Áurea Soto, aos propietarios, a resultas de toda a investigación realizada tras retomar a tramitación da licenza do párking en xullo do ano pasado, “tivemos coñecemento que hai licenzas (de ocupación) concendidas con entrada e saída por estes aparcadoiros”, concedidas entre os anos 1991 e 2001. Posibles responsabilidades patrimoniais Os propietarios poderían verse afectados polos resultados dos dous expedientes que se están tramitando en relación ao aparcadoiro; o primeiro, de disciplina urbanística “que está pendente de resolución e podería rematar co peche desta entrada por Paseo e saída por Concordia”, e o segundo, a licenza de apertura do aparcadoiro, cuxa tramitación ten que finalizarse tamén en próximas datas. “Non sabemos, dada a sofisticación deste expediente, como serán os informes técnicos e xurídicos que sustenten ambas as resolucións, pero si que temos claro que de levar consigo o peche implicará unha vez máis responsabilidades patrimoniais cuantiosas e esperamos que poidan resolverse para xerar o mínimo trastorno aos propietarios” concluía a concelleira socialista.

P.L. No Concello de Ourense non existe ningún expediente relativo á concesión da cafetería do hotel Sanmartín, coñecida popularmente como “La Pajarera” e explotada na actualidade co nome de “La Central”. A responsable de Urbanismo, Áurea Soto, vén

de pór a disposición da comisión informativa que investiga a concesión da cafetería (a proposta dunha moción do BNG no pleno de xuño), toda a documentación existente en relación a esta instalación. A cafetería obtivo licenza de reforma, pedida pola propiedade, “Promociones y Alojamientos Orensanos”, non pola empresa que a

Cafetería “La Central”, antes “La Pajarera”./M.REJO.

explota actualidade, e da que é socia a muller do presidente da Deputación, María José Caldelas. En canto ao resto da documentación depositada, pouco máis que un convenio asinado entre o Concello e “Promociones y Alojamientos Orensanos” en 2006 para urbanizar o denominado “xardín xaponés”, e o propio proxecto de reordenación deste, asinado por Áurea Soto en 1997 cando traballaba como arquitecta municipal. Non consta documentación anterior: “non existe expediente algún nin do 68 nin máis recente”, explicaba Soto. Por esta falta de información sobre a concesión, a concelleira de Urbanismo considera que “sería moi convinte que o concelleiro Aurelio Gómez Villar informase dado que el foi un dos que estaba formando parte do goberno cando se asinou o convenio do 96”. Con todo, Soto entende que a documentación que existe “é dabondo para que os servizos xurídicos resolvan sobre a concesión, sobre a súa data de finalización (estimada en 2018) ”.

A residencia universitaria estará pechada alomenos un ano 4 O proxecto de urbanización, xa aprobado, debería executarse no prazo de 12 meses. P. L. O Concello de Ourense dalle o prazo dun ano ao promotor Casas Ourense para que execute o proxecto de urbanización da área de reparto na que está encravada a residencia universitaria. Residencia que deixará de funcionar como tal “alomenos” durante eses 12 meses, tal e como confirmaba a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto. A Xunta de Goberno local aprobou o “peche

e precinto” da residencia universitaria e, ao mesmo tempo, o novo proxecto de urbanización da área de reparto presentado polo promotor, desestimando a súa alegación na que solicitaba que a execución se realizase en catro anos e non en un. Se non cumpre o prazo, o Concello executará de oficio a urbanización. Unha vez realizadas as obras, “tería que retramitarse a licenza de obra e de apertura”, o que podería demorar aínda máis a reapertura da instalación

O grao de Física chegará á xustiza 4 Por un posible delito de prevaricación administrativa. P.L. A Plataforma Pro Campus Digno anuncia que levará á xustiza, tanto na vía contencioso-administrativa como na penal, o acontecido cos estudos de Física en Ourense, por se se tivera producido un delito de prevaricación administrativa. Tamén solicita a dimisión do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, “polo dano intencionado ocasionado”. Esta foi a resposta da Plataforma ao informe desfavorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) sobre a proposta de implantación do Grao en Enxeñaría Física no campus ourensán, que bota por terra as aspiracións de que os estudos puideran impartirse o vindeiro curso universitario. Opinan desde a Plataforma que Enxeñaría Física non se implanta en Ourense “porque era un proxecto que xerou resistencia en grupos que, pola

Ourense acolle unha reunión de autocaravanas Redacción

Fachada da residencia. universitaria, aínda que Soto sinalou que “terían prioridade”.

A Asociación Galega de Autocaravanas anunciou unha expedición de máis de 50 vehículos que visitará a cidade o 5 de agosto. O obxetivo é o de visitar a zona monumental de Ourense e gozar da nosa gastronomía. Os integrantes da expedición manifestaron tamén a súa vontade por descubrir o percorrido termal ás beiras do río Miño.

súa calidade, o viron como unha amenaza aos seus ‘feudos’”. Segundo o seu voceiro, o profesor de Física Claudio Cerdeiriña, “(a non implantación) é unha decisión política, se superamos esas obxeccións, aparecerán outras novas”. “Nova oportunidade” Ante o novo contexto que se abre, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, salientou que “se abre unha nova oportunidade institucional que non se pode perder, unha oportunidade que nos pode permitir non só cumprir as expectativas que tiñamos para o Grao de Enxeñaría Física senón ser incluso máis ambiciosos”. Á espera de que o anuncio feito polo reitor se concrete, o próximo curso iniciarase no campus ourensán con 18 profesores da área de Física impartindo apenas 40 horas de clase ao ano cada un.

18 profesores de Física impartirán este curso apenas 40 horas de clase Os vehículos pasarán a noite nos aledaños do Campo da Feira, logo do visto bo por parte da Concellería de Comercio -o elevado número de vehículos participantes obriga a emprazalos nun lugar con espazo e servizos axeitado-, e partirán ao mediodía do 6 de agosto para continuar a viaxe pola nosa comunidade, nunha ruta de preto de mil quilómetros que rematará en Santiago de Compostela. A Asociación Galega de Autocaravanas pretende con esta xira o intercambio de experiencias e coñecementos entre os seus socios.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

13


14

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

Un instituto axudará a pacientes con hiperactividade Redacción

A Fundación INGADA (Instituto Galego de Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade e Trastornos Asociados) comezou a súa actividade en Ourense este mes. O obxectivo desta institución sen ánimo de lucro é prestar os seus servizos a pacientes, ás súas familias e a profesionais do ámbito sanitario ou da educación. O TDAH (Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade) é causa frecuente do fracaso escolar e de dificultades nas relacións persoais, e na idade adulta, xera tamén problemas sociais e laborais. O catálogo de servizos ofertados inclúe, entre outros, información sobre diagnóstico e tratamento, programa de fármaco-vixilancia, e grupo de apoio para proxenitores. A sede do INGADA está no Policlínico Santa Cristina e a súa presentación oficial farase no mes de outubro nunha gala inaugural de carácter lúdico.

4GUÍA DE SAÚDE

SOCIEDADE

O CAI Teranga cumpre dous anos 4 Atende inmigrantes desde a súa sede na rúa Pena Trevinca. Redacción A Fundación JuanSoñador celebra esta mes o segundo aniversario dun dos seus proxectos sociais na cidade: o centro de atención a persoas inmigrantes (CAI) Teranga Ourense. O Programa Teranga funcionaba inicialmente nunha vivenda en Oira que era casa de acollida para persoas inmigrantes en situación de exclusión

social, pero máis tarde reestruturouse no que é agora, un centro de atención a persoas inmigrantes, cambiando a súa localización á rúa Pena Trevinca. A entidade social centra o seu traballo no desenvolvemento de diferentes servizos: inserción sociolaboral, punto de encontro, voluntariado, emancipación e sensibilización, dos que se levan beneficiado nestes dous anos unhas 580 persoas.

Unha actividade no CAI Teranga Ourense./CEDIDA.

Os inmigrantes seguen sufrindo as consecuencias socioeconómicas da crise, facéndoos aínda máis vulnerables á hora de buscar ou manter un emprego e a renovación periódica da súa documentación, que lles dá dereito a seguir residindo e traballando en España. Se a todo iso engadimos as dificultades que xorden cando unha persoa carece dunha rede social ou familiar que sirva de apoio neste empeño, a situación faise insustentable, explican desde a Fundación JuanSoñador. O equipo de educadores e voluntarios do Programa Teranga trata de dar resposta a algunhas destas necesidades, o que se reflicte nas insercións laborais que se seguen rexistrando mes a mes, no apoio persoal favorecendo espazos de encontro e formación, ou na posibilidade dunha acollida temporal, grazas á apertura dunha nova vivenda de emancipación. O CAI Teranga conta co apoio de Afundación - Obra Social Abanca.

Neste tempo atenderon 580 persoas

[anúnciese no 685 800 190 e comercial@periodicobarrios.com]

4VETERINARIA

Enfermidades transmitidas por garrapatas: a anaplasmose A anaplasmose ou ehrlichiose é unha enfermidade transmitida por garrapatas e producida por bacterias dos xéneros Ehrlichia spp e Anaplasma spp, que se presenta en forma intracitoplasmática en grupos de organismos chamados mórulas. É unha enfermidade de distribución mundial, onde se illaron diversas especies de ambos os xéneros, sendo as máis frecuentes na nosa área de traballo a Ehrlichia canis, Anaplasma platys e Anaplasma phagocytophilum. Presentación clínica A enfermidade producida tanto por A. platys como A. phagocytophilum é frecuentemente asintomática ou subclínica, sen observarse signos evidentes. No primeiro caso adoita provocar cadros de leve febre, trombocitopenia, signos oculares, mentres que as infeccións por A. phagocytofila caracterízase habitualmente por un cadro inespecífico asociado a poliartrite. Doutra banda, E. canis é a que xeralmente causa unha enfermidade máis grave, ademais de ser a máis frecuentemente illada, e consta de tres fases: aguda, subclínica e crónica. Na fase aguda caracterízase pola presenza de vasculite, comeza 1-3 semanas post-infección e dura entre 2 e 4 semanas, sobrevivindo a maioría dos cans inmunocompetentes. A esta séguelle unha fase subclínica, que pode durar varios anos e dá lugar á fase crónica. Nesta última é onde se producen as alteracións máis graves, e gran parte delas están relacionadas con reaccións inmunes fronte ao parasito. Os principais signos clínicos son: - Febre e signos inespecíficos como apatía, anorexia, letarxia, perda de peso... - Evidencias de sangrado, palidez de mucosas e aumento de tamaño de

fígado, bazo e ganglios linfáticos. - Poliuria/polidipsia con presenza de proteinuria, poden observarse en casos nos que se instaurou unha enfermidade renal. - Rixidez, intolerancia ao exercicio e articulacións inflamadas e dolorosas recoñécense en cans con poliartrite secundaria a infeccións por ehrlichia. - Tamén poden observarse alteracións oculares e respiratorias así como signos neurolóxicos. Tratamento En cada caso particular necesitaremos establecer unha correcta terapia de soporte así como controlar as posibles complicacións secundarias, ademais de establecer un correcto tratamento para eliminar a bacteriemia. O tratamento de elección é a Doxiciclina. Tamén se demostrou a eficacia da Tetraciclina, Cloranfenicol, Enrofloxacina... O Dipropionato de Imidocarb tamén se empregou con certa eficacia no tratamento da ehrlichiose canina. En certos casos pódense apreciar fenómenos inmunomediados de destrución de eritrocitos e/ou plaquetas, polo que pode ser beneficiosa a utilización de corticoides. Prevención A prevención da Ehrlichiose baséase en manter os animais libres de garrapatas. Miguel Gómez, veterinario hospital veterinario Abros

Na fase crónica é onde se producen as alteracións máis graves, gran parte relacionadas con reaccións inmunes fronte ao parasito A prevención basease en manter os animais libres de garrapatas


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

SOCIEDADE

A Ponte en festas

EN BREVE

4 Recollida de tapóns solidarios

4 Do 24 ao 27 de xullo. Redacción A Ponte está de festa. Como cada xullo os pontinos celebran as súas festas populares,na honra do Apóstolo Santiago. A partir do 24 de xullo actividades para toda a familia terán como escenario as rúas do barrio. A Sociedade Artística A Troya encargouse, como é habitual, de preparar o programa. Deste xeito, o xoves 24 iniciaranse os festexos co concurso de karaoke que se celebrará no parque ao carón do río Miño. E tamén, o 24 e 25 disputarase o tradicional torneo de fútbol sala. Xa o propio día de Santiago Apóstolo, dará comezo a Festa da Cervexa Ar-

tesán (que se prolongará ata o 27), así como o Mercado de Artesanía (que tamén durará todos os días de festas). Amais, un espectáculo radiofónico a cargo da emisora Radio Líder e os fogos artificiais ás 12 da noite completan o programa do día 25. Música Pero como non podía ser doutro xeito, as festas da Ponte sempre veñen cargadas de boa música. Na noite do 26 ao 27 de xullo terá lugar a sexta edición do festival PonteRock, no que a partir das 22.30 horas se darán cita artistas e grupos locais para dar a coñecer as súas creacións. Entre eles atópanse MalAgoiro, Malheira, Inibo e

AcidProyect. A cita é no parque xunto a ponte Romana e a entrada será de balde. Asemade, charangas e orquestas porán a nota musical todos os días de celebración para que a troula non pare nin un segundo. Está xa confirmado o concerto da Banda Municipal de Ourense na xornada do 25 de xullo, á unha da tarde. Os actos relixiosos e as atraccións e postos ambulantes serán outros dos puntos de interese das festas.

Haberá unha festa da cervexa e un mercado de artesanía

O conselleiro de Cultura xunto ao bispo de Ourense diante da Catedral ourensá./RAMSÉS.

Cultura amplía a rehabilitación da Catedral 4 Recuperarase a portada medieval e acondicionarase a fachada norte e un patio. Redacción

Grupo de escolares que realizan actividades de verán no CEIP Curros Enríquez xunto á concelleira de Educación, Ana Garrido, e os seus monitores./P.LODEIRO.

O Concello promove actividades para cativos e embarazadas 4 A través das concellerías de Educación e de Benestar Social. Redacción A Concellería de Educación promove este verán actividades para escolares en catro centros educativos da cidade -Curros Enríquez, Amadeo Barroso, O Couto e Prácticas-, na Escola de Artes Escénicas, na Aula de Natureza de Oira, nas bi-

bliotecas municipais e nos centros cívicos. Trátase dunha proposta para o tempo de lecer que pretender proporcionar aos máis cativos alternativas lúdicas para as sús vacacións, ao tempo que axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral durante estas datas.

15

Propostas para embarazadas Pola súa banda, a Concellería de Saúde e Benestar Social organiza en xullo e agosto cursos destinados a mulleres embarazadas, co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da educación para a saúde nas xestantes. Ofértanse obradoiros ao aire libre de pilates e control de estrés, ioga, e actividades acuáticas, que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto. O obxectivo principal destas propostas é mellorar a saúde física, psíquica e social das mulleres embarazadas.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez volveu novamente a visitar a Catedral de San Martiño de Ourense, onde anunciou máis traballos de recuperación no templo ourensán. Neste sentido explicou que a Consellería está xa a traballar na elaboración dun prego de condicións técnicas para a recuperación da portada medieval e limpeza da fachada norte, así como nas melloras para o acondicionamento do patio que se encontra entre a nave da catedral e o edificio de Coengos, así como das criptas que están por debaixo del. “Esta última actuación –dixo- permitirá recuperar a vista da fachada sur da Catedral, nestes momentos parcialmente cuberta, co que se ennobrecerá a entrada ao Arquivo Catedralicio e ao edificio de Coengos”. Estes traballos servirán, asemade, para recuperar un espazo que podería destinarse á ampliación do museo do templo, coa posibilidade de facer nel unha exposición de pezas pétreas ao aire libre. Xesús Vázquez indicou,

ademais, que se acaban de adxudicar a restauración da pintura do muro norte do nártex. “Estas tres novas actuacións – engadiusupoñen un investimento de máis de 460.000 euros que se suma aos preto de 1,1 millóns de euros que destinamos ás obras xa rematadas ou que están en execución nesta Catedral de San Martiño, co que podemos dicir que en tan só catro anos o esforzo económico dedicado á súa conservación supera os 1,5 millóns de euros”. Traballos actuais Durante a súa visita o conselleiro aproveitou para comprobar o avanzado estado das obras de recuperación da Capela de San Xoán e interesouse polo inicio da segunda fase dos traballos de restauración das cubertas da Catedral, que arrincaron a finais do mes de xuño e que teñen un prazo de execución de seis meses.

Na actualidade estanse realizando traballos na Capela de San Xoán e nas cubertas

Ismael é un neno ourensán de cinco anos que necesita un tratamento coa hormona do crecemento durante 14 anos, para mellorar a súa saúde e nivel de vida. Un tratamento que foi denegado pola Seguridade Social polo seu elevado custo. Por este motivo a súa familia decidiu acudir a unha clínica privada e pide axuda dado o custo tan elevado e a súa situación económica. Para colaborar coa familia, pódense entregar tapóns no Bar Bentraces, situado en Bentraces, no municipio de Barbadás.

4 Xornada de busca de emprego O Espazo Xove de Ourense (antiga Casa da Xuventude) organiza unha vez á semana unha xornada de busca de emprego a través de Internet. A cita para os mozos ourensáns en busca de traballo é todos os xoves na aula de informática en horario de 10 a 13 horas. Os participantes aprenden a redactar o seu currículum vitae e unha carta de presentación, a crear unha conta de correo electrónico e a realizar unha busca activa a través de webs de emprego e redes sociais.

4 Renovación da Tarxeta Milenio para pensionistas A nova normativa reguladora das Tarxetas Milenio para a terceira idade e pensionistas establece que só se expedirán estas tarxetas para viaxar gratuitamente no servizo de autobuses urbanos ás persoas cuxos ingresos sexan inferiores ao 150% do Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM). Os interesados deberán recabar no Concello senllos certificados dos seus ingresos e de estaren empadroados no municipio, antes de dirixirse ás oficinas de ABANCA, acompañando copia do DNI e fotografía, para solicitar a tarxeta.


16

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4AXENDA Exposicións - Ata o 31 de xullo“Non queimes o futuro” - Parque Montealegre - Ata o 15 de agosto “Arquitecturas da alma” de Plácido L. Rodríguez - Centro Cultural M.V. - Ata o 15 de agosto “Espacio abisal” de Mª J. Pulido - Centro Cultural - Ata o 31 de agosto - “Soños sobre lenzo” de Ángeles Jorreto - Museo Municipal - Ata o 21 de setembro - “Caligramas” de Uxío Novoneyra - Local de Escua (praza da Estrela) - Ata o 30 de setembro - “Aos olhos de Eduardo” - Museo Municipal Espectáculos - 30 de xullo - Cantigas que espantan - 22 h - Praza San Marcial - 31 de xullo - Maxia e clown: “Os sete magníficos máis un” - 21 h - Parque dos Patos da Valenzá - 7 de agosto - Abraham Circo - 21 h - Parque dos Patos da Valenzá - 14 de agosto - Kambahiotta presenta “Koquette” - 21 h - Parque dos Patos da Valenzá Música - 26 de xullo - Festival Ponte Rock - 22:30 h- Parque Ribeira de Canedo - 28 de xullo - Jam Session Rock - 22 h - Café Cultural Auriense - 29 de xullo - Concerto de The Phantom Dragsters - 22 h - Praza San Marcial - 30 de xullo - Doc Magoo’s - 23 h - Miudiño - 1 de agosto - The Screamin’Fish - 22 h Café Cultural Auriense - 5 de agosto - Concerto de Alberto Mbundi - 22 h - Praza San Marcial - 6 de agosto - Mitocondrias - 23 h - Miudiño - 12 de agosto - Los amigos de los músicos 22 h - Praza San Marcial - 13 de agosto - Carmen Johns - 23 h - Miudiño - 19 de agosto - Concerto Eba Reiro y Esposa - 22 h - Praza San Marcial Varios - 6 de agosto - Roteiro Xeración Nós - 20:30 h Praza de Ferro + en www. periodicobarrios.com

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

It’s only rock and roll

Instalación de Mario Merz na mostra “On the road” no pazo de Xelmírez de Santiago.

VIII centenario da peregrinación a santiago

San Francisco de Asís, unha nova forma de adentrarse no fenómeno xacobeo Galicia celebra ata mediados de 2015 o VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Con motivo de tal efeméride, a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, deseñou unha programación que complementa a oferta turística da comunidade e que potencia a internacionalización do destino, ao tempo que pon o acento no seu atributo máis singular: ser a meta do Camiño de Santiago. Os viaxeiros que nos vindeiros meses elixan Galicia como destino dos seus días de vacacións terán ante sí unha oferta turística e cultural de primeiro nivel. Eventos expositivos, científicos, congresuais ou artísticos configuran unha programación exclusiva que está orientada a adentrarse no coñecemento da figura de San Francisco de Asís, na pegada que este deixou na historia e na civilización actual, así como na súa vinculación co Camiño de Santiago e a cultura xacobea. Unha das iniciativas que se enmarcan nesta conmemoración é o ‘Menú Peregrino de Asís a Compostela’. Unha acción colaborativa entre a rede de Paradores e oito restauradores galegos distinguidos con Estrella Mi-

“On the road”, a mostra estrela Se existe unha gran exposición que represente o espírito do Centenario esta é ‘On the Road’, pola súa grande relevancia internacional e pola enorme calidade das obras que nela poden apreciarse. Ata finais de novembro, Compostela é a sede da arte contemporánea mundial. Un total de 44 obras de 35 artistas internacionais divídense nos tres espazos que ocupa a mostra na cidade –o Pazo de Xelmírez, contiguo á cate-

dral; o cemiterio e a igrexa de Bonaval- ademais das intervencións urbanas que impulsan ao visitante a percorrer o casco histórico de Santiago. A mostra é unha homenaxe ao concepto de camiñar, que se quere representar a través dunha brillantísima selección artística que aglutina artistas que ofrecen a mirada máis actual sobre o fenómeno da peregrinación xacobea e sobre a figura de San Francisco de Asís.

chelín que contribúen a poñer en valor os magníficos espazos de restauración dos Paradores e os enclaves nos que se ubican, pero tamén a excepcional oferta culinaria da comunidade galega. Este Menú Peregrino poderase degustar en doce establecementos da rede de Paradores, cinco deles en Galicia, o Parador de Santo Estevo, o de Baiona, o de Cambados, o de Ribadeo e o de Santiago.

ópticas a influencia do Santo de Asís no Camiño de Santiago e a vinculación entre a sensibilidade xacobea e a franciscana. Unha das exposicións que nestes momentos se pode visitar na cidade compostelana é a mostra Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago. Este gran proxecto conta con obras de arte de primeiro nivel. Zurbarán, El Greco ou Salzillo son algúns dos artistas cuxas obras se poden visitar no Colexio de Fonseca, enmarcadas no discurso expositivo que aglutina obras comprendidas entre os séculos XII e XVIII e que forman parte do legado histórico e espiritual do Santo de Asís.

Exposicións Pero ademais das iniciativas relacionadas coa gastronomía e o enoturismo, Turismo de Galicia promove para a celebración do oitavo centenario múltiples proxectos expositivos que transmiten dende diversas

Hai uns días volvín ver sobre un escenario a Mick Jagger e os seus secuaces. O monarca indiscutible do rock é incapaz de decepcionar. Envolvido nese halo de autoconfianza desbordante que che dá o coñecerte o amo do cotarro, outorgou a todos os presentes outra memoria desas que o tempo non logra borrar. Fíxoo en Roskilde, antiga capital de Dinamarca que hoxe en día acolle un museo de barcos viquingos, unha igrexa onde están enterrados todos os reis daneses e o festival de rock máis multitudinario en terras nórdicas. Mesmo nun país onde se venera o moderno, onde o futuro é o mellor tempo que poida existir, os lendarios Stones, que xa estivesen aquí nos 60, volveron impor o seu legado ao ritmo de acordes escoitados miles de veces, pero que seguen sendo contemporáneos. Time is on their side. Fixérono arroupados por miles de fans incondicionais. Tamén había unha importante cifra de incrédulos que se achegaron para ver se Mick a palmaba sobre o escenario e, en caso contrario, poder dicir que eles tamén viron aos Rolling Stones. Por suposto, había unha considerable manda de mozas cuxo único coñecemento do cuarteto británico vén da colección H&M de camisetas “Rock your Butt” con linguas irreverentes que quedan tan ben con vaqueiros e axúdanche a conseguir ese look de rebelde sen causa que tanto se leva entre os hispters deste país. Que que son os hipsters? Si, home, esa tribo de gafotas rariños e empollóns con ansias de ser glamour e cool a base de rescatar do armario o estilo grunge e mesturalo cun aire hippy e intelectual descoidado, pero no que a dirección de cada pelo adoita estar estudada. Conseguilo é máis fácil do que parece. Iso si, se o fas en Dinamarca, ten en conta que, a pesar de que o obxectivo é pa-

recer un perro flauta, tes que levar encima trapiños e complementos que poden custarche medio soldo do mes. O hipster non quita o elegante. Ademais de poder gozar dos Stones por cuarta vez nesta vida de nómade sen norte, Roskilde foi para min a realización doutro soño de rockeira frustrada: estar tres días sen ducharme, durmir nunha tenda de campaña situada no estercoleiro do rock, infestar o meu sistema de comida lixo, café e cervexa, facer cola en baños cuxo cheiro podería facer estalar en bramidos de cólera ao máis beato do Vaticano e pasarme case unha semana coa dor de riles máis doce da miña existencia. Todo, rodeada dun ambiente incrible. Dubido que en UK as masas se contiveran por entrar nalgún tipo de momento “vouche dar até no carné de identidade” . Os nórdicos, a pesar de ter un porte importante de matóns, son moi pacíficos. O que me sorprende, sobre todo cando a omnipresente cervexa non deixa de correr, coma se fose o auténtico maná dos deuses do Valhalla. Eles tranquilos, e elas baixándose os pantalóns á vista de todo o mundo para botar a meadiña onde as pillase. A igualdade é o que ten. E o verán tamén. Calor, auga, cervexa, espíritos liviáns e risoños, Jack White, Kasabian, Stevie Wonder... E uns días que quedarán no recordo como o mellor da miña estancia en Dinamarca. It’s Only Rock?n Roll, But I Like It. Raquel Sertaje

“Tamén había unha importante cifra de incrédulos que se achegaron para ver se Mick a palmaba sobre o escenario e, en caso contrario, poder dicir que eles tamén viron os Rolling Stones”


ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

17

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Lunar Park e o canon occidental

Imaxe das obras de construción da Universidade Laboral en 1975.

A Universidade Laboral En setembro de 1974 comezaban as obras da Universidade Laboral presupostadas en 208 millóns de pesetas.O arquitecto madrileño Julio Cano Lasso e o seu colega José María Sanz Sanz deseñan un inmoble funcional en formigón armado de corte racionalista, que, segundo eles, imitaba a arquitectura popular galega polo emprego de grandes galerías acristaladas orientadas ao sur para permitir a entrada de luz. A Universidade Laboral formulouse como resposta ás imperantes necesidades da nosa provincia no eido cultural e educativo. A magna construción inaugúrase en outubro de 1975. Na obra traballaron uns 300 obreiros a quendas de día e noite. Un edificio singular. Fernando Valcárcel González, membro do Arquivo Visual Ourensán

4FIRMA INVITADA

O secretario de Política Lingüística, Valentín García, a concelleira de Xuventude, María Devesa, e representantes da agrupación Queixumes dos Pinos durante a presentación da revista A Bugalla./RAMSÉS

Presentación da revista A Bugalla Estaba noviña, de estreno vestida para a ocasión, arrecendía como un biscoito recén sacado do forno. Fachendosa nacida do amor e dos soños, ben querida, unha filla ben buscada, pasaron os nove meses de espera, de anceios, de noites sen dormir, todos arredor do carballo esperando o feliz alumeamento. Os pais, os avós, os tíos, os veciños están cheos de ledicia. É a nena de todos, e non é de ningué por si soa e segundo quere. Está preparada para levar polo mundo as raíces dos seus, ela leva

o sangue dos ancestros nas veas, os costumes, a lingua e unha mensaxe de invitación permanente que fala de seu. No “Marcos Valcárcel”, un marco de beleza e de cultura, para que non se sentira estraña, presentárona dun xeito case máxico, non podía ser doutro. Alí retiraron o veo e todos viron a sua cariña bonita. Era filla da loita dos seus, pero tamén era unha feiticeira que quería namorar, naceu dura, forte, da árbore de Galicia, do carballo que se ergue cara ao ceo. Nas noites de luar dos

amores do vento ca curuxa, naceu “A Bugalla “. Ela é de Ourense, é dos gaiteiros, é dos afiadores, das termas e do barallete, é outra filla da Atenas galega. A outras irmás deixáronas orfas, e a outras chegaron a afogalas para que calasen, sabedes que a algúns a cultura failles ronchas, pídovolo dende aquí, mimádea, querédea, porque é vosa, é A Bugalla de Ourense para todos aqueles que amen a cultura de aquí e de alá. Avelino Jácome

Cando escribes literatura, acabas por ter un problema, un só problema: que escribes literatura. E como escribes literatura, todo o que acontece na túa vida é material literario. E as consecuencias son nefastas. Si… Sobre todo para a túa vida, que se acaba convertendo nunha espléndida biografía para o futuro, pero fodida e tortuosa no presente real. Así, comezas a decatarte de que algo falla, ou ben a túa perspectiva das cousas está equivocada, ou é que sinxelamente vives a contracorrente. Premios imposibles, sucesos que parecen inventados pero condicionan a túa vida, manuscritos perdidos e historias que nunca chegan a lerse en papel. Esta é a peripecia dun verdadeiro escritor. Esta é a peripecia dunha verdadeira escritora. Bret Easton Ellis pode ser criticado por moitas cousas. Por excesivo, por procaz, por desmesurado e por hiperrealista, por unha linguaxe cinematográfica, logo non literaria, ou por unhas historias e uns personaxes que percorren os textos case que como meros adxectivos do seu músculo creador, sinxelos artefactos dunha construción literaria. Pero o que non se pode negar é a súa condición de escritor. De creador a contracorrente, contra todos, ata contra si mesmo. A súa voz narrativa funciona nos seus textos coma un deus ex machina que o come todo e que o abrangue todo, dende o real ata o irreal das súas historias. As novelas de Ellis son as novelas do escritor, e as súas ideas son

os personaxes, transfigurados en nomes de persoas, en accións, en lugares, en cores, en todo o imaxinario imaxinado. Por iso, era cuestión de tempo que pasase Lunar Park, que escribise unha historia na que axustase contas consigo mesmo, o culpable de todo. Nesta novela o personaxe principal chámase como o escritor e todas as historias son inventadas, razón pola cal todas son verdade. Na literatura de verdade, a diferenza do que acontece demasiadas veces na literatura galega –chea de máis de profesores con moito tempo libre–, o que fan os creadores é seguir o canon universal, o instituído pola Poética de Aristóteles, e dotar de verosimilitude as historias imposibles que nos acontecen acotío. Noutras palabras, como dicía Pessoa, o poeta é un finxidor. Finxe tanto que chega a finxir que é dor a dor que realmente sente. E nisto Ellis é un mestre. Xa o sospeitabamos con American Psycho, con Menos que cero ou con As leis da atracción. E é un mestre porque todos nós, lectores, ficamos engaiolados por ese discurso real feito ficción que nos vai levando polos camiños da literatura do escritor nacido en Los Angeles ata que, de súpeto, non sabemos o que pode ser verdade e o que pode ser invención. Ese camiño do realismo alucinado foi o que principiou hai moito tempo o Don Quixote de Cervantes, ou moito tempo antes O asno de ouro de Apuleyo. Pero se o pensamos un segundo, tamén A esmorga de Blanco Amor e, por suposto, a Beat

Generationnorteamericana da que Ellis é un grande herdeiro: Burroughs, Kerouac, Ginsberg e, por moito que digan, tamén Bukowski. E todo isto, a pesar de todo, tampouco importa. Como non importa que o personaxe Ellis ou o escritor Ellis sexa drogadicto, alcohólico, bisexual, millonario e pai de familia sen familia ou con familia. Tanto ten, é a literatura, esa estraña enfermidade que fai que, malia que o máis racional sexa vivir, ti, como lector, te dediques a ler sen parar un libro ata o final, aínda que se faga noite, aínda que tardes en comer ou en chegar ao traballo. Será por iso que eu empatizo con esta obra e co seu autor, porque conta historias tan incribles que só poden ser verdade. Como eu agora, que non son máis que un personaxe dun escritor que conta historias doutros escritores e que, inexplicablemente, son absolutamente real. Ou inventado. Que lle pregunten ao amigo que me deixou este libro, Lunar Park. El saberá. Terá que saber. Manuel Blanco manuel.blanco74@ hotmail.com

4RECEITA Xeado de arroz con leite Ingredientes (4 persoas): - 1 litro de leite - 300 gr de azucre - 100 gr de arroz - 1 litro de nata - 15 xemas de ovo - 6 claras de ovo - Rama de canela - Cáscara de laranxa - Cáscara de limón Elaboración: - Poñer a ferver o leite

co azucre, a canela, a laranxa e o limón. - Unha vez ferva, engadir o arroz previamente lavado e deixar cocer a lume medio sen deixar de remexer, durante aproximadamente 45 minutos. E deixar enfriar. - Montar as claras, a nata e as xemas. - Triturar o arroz con leite e tamizalo; e engadir a nata coas claras e as xemas.

- Mesturar todo ben e introducir no conxelador removendo cada media hora durante 4 horas aproximadamente. - Sacar dúas bolas de xeado e presentalas nun prato con canela espolvoreada, unhas follas de menta e algo de froita (fresas, framboesas...). Luis Iglesias. Os Caracoles. 988 380 165


18

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

OCIO E CULTURA

festival reperkusión

Ourense réndese a Manu Chao Pablo Feijoo A duodécima edición do festival Reperkusión, que se celebrou en Benposta os días 11, 12 e 13 de xullo, deixounos unha festa cultural en maiúsculas, reunindo música, teatro, actividades circenses, que foron gozadas por miles de persoas chegadas de todo a xeografía nacional. O festival desenvolveuse en tres xornadas divididas en venres, sábado e domingo. Case 72 horas de música e cultura sen pausa. Na primeira xornada os primeiros asistentes recibiron a benvida con actividades gratuítas como as actuacións da compañía teatral 8MM, a dos mozos do circo de Bemposta, baixo o nome de Troupe Sky, e a música de The Turre’s Band, que animaron a tarde cos seus alegres ritmos. Os concertos de pago comezaron ás 23 horas coa actuación de Cuchufellos, un dos dous grupos da provincia, que fixeron un repaso de toda a súa traxectoria,

demostrando que queda moita música. O momento álxido do concerto chegou cando un dos músicos fixo subir á súa parella para pedirlle matrimonio, aceptando esta a proposición ante miles de persoas. Tras o grupo de Manzaneda chegaba o prato forte da noite, coa actuación de Muchachito y sus Compadres, composto por el mesmo, o guitarrista Diego Pozo, alias “El Ratón”, quen fora membro do grupo Los Delincuentes, e o pintor Santos de Veracruz. Ofreceron un concerto no que repasaron os tres discos de Muchachito Bombo Infierno con éxitos como “Ojalá no te hubiera conocido nunca”, xunto a temas dos Delincuentes, mentres Santos pintaba dous cadros simultaneamente no escenario. N.O.H.A actuaban en plena madrugada, chegados desde a República Checa cunha gran fusión de estilos desde o rap até a música electrónica, interpretados por tres excelentes voces. Pecharon a noite o ska e a

A medida que pasaban os minutos, diferentes artistas sumábanse a festa de Manu Chao, colaborando nos seus temas

rumba dos franco-galegos Kimbalá e a sesión dj de Funkombo. A noite de Manu Chao Os canarios Kuarembó amenizaron a tarde do sábado coa súa fusión de estilos musicais e Supergalácticos e Crassh puxeron o toque teatral mentres os mozos da Troupe Sky volvian deleitarnos coas súas acrobacias. O cantautor portugués Daniel Lança coa súa Barcelona Street Orkestra abría os concertos de pago, cunha fusión de rumba e rock que animou o público. Seguidamente os santiagueses Terbutalina presentaron o seu último disco “A matar”, nun frenético concerto sen pausa. O mellor estaba por chegar, pasada a medianoite Manu Chao La Ventura fixo gritar ao público só coa presenza dos membros do grupo. O concerto durou case tres horas, repasando toda a traxectoria de Manu e a súa antiga banda Mano Negra. Cancións que se converteron en himnos ao longo destes anos como “Mala Vida” ou “La Carretera”, soaron con forza e ritmo na conglomerada

chaira. A medida que pasaban os minutos, diferentes artistas sumábanse á festa de Manu, colaborando nos seus temas; Daniel Lança volvía ao escenario para interpretar a súa canción “Vagabundo de las calles” e outras do propio Manu Chao. Os mozos de Kimbalá colaboraron engadindo instrumentos de vento ao concerto, aínda que a maior sorpresa foi a presenza de Fermín Muguruza sobre o escenario. O que fose líder de Kortatu ou Negu Gorriak saíu a interpretar as súas cancións máis míticas como “Sarri sarri” ou “Gora Herria”, todas elas coreadas polo público. Como colofón da actuación, Ico, vocalista da banda local O Sonoro Maxín, interpretaba a dúo con Manu “Licor Café”, canción ben coñecida polo público ourensán. Tras o apoteósico concerto do artista franco-galego, os berlineses Dirty Honkers actuaban en último lugar, cun concerto divertido e singular a partes iguais. O seu electro-swing fusionábase coa súa particular posta en escea ataviados con mandos de videoconsolas que empregaron para facer

Loquillo e La Pegatina, triunfadores do Derrame Rock Pablo Feijoo

Loquillo, durante o seu concerto no Derrame./RAMSÉS.

A 19ª edición do festival Derrame Rock deixou dúas grandes xornadas de música, onde puidemos ver a unha gran cantidade de artistas de diferentes estilos musicais como rock, pop, punk, hardcore ou o ska. Dous días de música sen pausa que foi agradecida polos fans dos artistas que se congregaron no recinto de Expourense. Abriron o festival dous dos catro grupos ourensáns do cartel: Malheira e Above the Seas. Destemplados, como gañadores do concurso de bandas, tocaron tras eles. Os vigueses Aphonnic presentaron o seu novo traballo “Héroes”,

cun son contundente e compacto. Uzzhuaia, chegados dende Valencia tocaron parte do seu disco “Santos y Diablos”, e deron paso aos vitorianos Segismundo Toxicómano, que ofreceron unha hora de puro punk. El drogas, ex cantante de Barricada, foi un dos artistas máis aclamados. O veterano cantante ofreceu un dos concertos máis extensos do festival, no que repasou toda a súa traxectoria. Logo facían aparición Baron Rojo, que demostraron que seguen en forma tras moitos anos. Contra a unha da madrugada chegaba o momento cumio da noite, coa actuación de Loquillo, seguramente o

Manu Chao, na súa terceira actuación no Reperkusión./P.F. efectos sonoros e estrañas vestimentas das que se foron desprendendo ao longo do show. Por último, o Dj Hadri H pechou a noite do sábado para os máis valentes. Ambiente inmellorable O festival rematou o domingo con actividades como as olimpíadas de malabares, as actuacións dos grupos Curioso Periplo, os artista máis agardado. Ofreceu un extenso repertorio de temas clásicos como “Feo, fuerte y formal” ou “El rompeolas”, que fixeron levantar os aplausos e ovacións dos milleiros de persoas que nese momento se reunían no recinto do festival. A lista de veteranos continuaba ca actuación de Miguel Costas. O ex-membro fundador de Siniestro Total repasou os temas que el mesmo compuxo para a súa antiga banda e a actual. Pechou a noite o ska de Betagarri. Segunda xornada O sábado non ía a ser menos. Os locais AcidProyect e Prap’s foron os primeiros en actuar, demostrando que en Ourense hai calidade musical de sobra. Os portugueses Backflip, cun repertorio de contundente metal e os arxentinos Attaque 77 despregando rock e entrañables baladas,

lucenses Colectivo Bomba, os ourensáns Os Bi-Chis e A banda de Andrelo, ou a retransmisión da final do Mundial de Fútbol, e novamente a sesión de Hadri Dj de peche. Durante tres días, Benposta presentou un ambiente inmellorable, con miles de persoas percorrendo as súas rúas sen máis finalidade que pasalo ben e gozar da música. daban paso a unha lenda como Marky Ramone. O exbaterista de Ramones interpretou temas propios e da súa antiga banda. Rulo y la Contrabanda foi dos grupos triunfadores da noche, cun concerto que nos deixou a nota negativa, dun vándalo que abriu unha brecha a Rulo cun xeo, e o momento mais emotivo, cando sacou ao escenario a Iker, un pequeno cativo de catro anos que cantou “La cabecita loca” co artista. La Pegatina fixeron vibrar miles de persoas cos seus ritmos bailables e a súa fusión de estilos. Sen dúbida grandes triunfadores do festival. Celtas Cortos repasaron os máis de 20 anos de carreira da banda e pecharon o festival grupos coma Gatillazo, banda de Evaristo, mítico cantante de La Polla Records ou os madrileños Habeas Corpus co seu potente hardcore.


DEPORTES

Lucía Nespereira e Sara Moreno regresan a Ourense 4 A ourensá xogará no Cidade As Burgas e a andaluza voltará ao Ponte Ourense. R. Torres Lucía Nespereira e Sara Moreno regresan a Ourense. A ourensá xogará no Cidade As Burgas e a andaluza voltará ao Ponte Ourense. Nespereira procede do Viaxes Amarelle -onde mantivo a categoría- e vén

Sara Moreno. /ARQUIVO

de ser convocada coa selección española. Antes do Amarelle militou no Burela Pescados Rubén, onde acadou o título de Liga e de Copa baixo as ordes de Javier Pardeiro. Este feito non pasou desapercibido para os técnicos da Federación Española de Fútbol, e desde fai un ano lévana chamado a todas as convocatorias da selección. Lucía tívoo claro desde o principio, e a pesar de que varios equipos ían tras ela, non o dubidou e firmou pola elástica franxiverde. Como a propia peche dixo: “da Coruña a Ourense pódese vir por nacional ou pola autovía; Codeso (adestrador do Cidade) fixo que viñera pola autovía”, explicaba a internacional ourensá.

Ponte Ourense Pola súa banda, o Ponte Ourense reincorpora a Sara Moreno no que será a súa segunda etapa no club albinegro. Ademais, subirán do filial ao primeiro equipo Verónica Touza e Paloma González. Causarán baixa para esta tempada Drica e Souza.

Lucía Nespereira./RAMSÉS

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

Cinco ourensáns condecorados co mérito deportivo 4 Catro persoas e unha entidade son os galardoados. Redacción A Xunta de Galicia concedeu o pasado 11 de xullo en Cangas, o premio ao mérito deportivo a cinco deportistas e entidades ourensás. Estes premios, creados en 2010, están concibidos para persoas e entidades do ámbito deportivo que contribúen á excelencia do deporte galego, polo seu talento e entusiasmo de cara ao mesmo. A entidade ourensá premiada foi o Club Ourense Baloncesto. O COB celebra este ano o 25º aniversario do primeiro ascenso á liga ACB. Os outros premiados foron Fernando

“Willy”./RAMSÉS Bouso, adestrador de CD Ourense no ano 68, cando se conseguiron 30 vitorias noutros tantos encontros; José García Calvo ‘Willy’, por ser o precursor das andainas en Galicia; José Luis Gómez Llamas, impulsor de moitas disciplinas deportivas na nosa provincia; e, a título póstumo, Josefina Salgado, 12 veces campioa de España de atletismo.

19

Participación ourensá no nacional de natación Redacción

Celebrouse nas piscinas Picornell de Barcelona o Campionato de España de natación open absoluto e júnior. Por parte ourensá oito nadadores acudiron á cita. O máis destacado da representación do Club Natación Pabellón Ourense foi a sétima posición de Laura Pimentel en 1.500 libres, 10ª en 800 libres e 11ª en 400 libres; Marc Ciurana foi oitavo en 800 libres, 10º en 200 braza e 11º en 400 estilos. En júniors, Miguel Pimentel foi sétimo en 400 libres e 13º en 1.500 libres; Andrea Bello, cuarta en 200 bolboreta e novena en 100 bolboreta; Paula Blanco, 10ª en 200 costas; Mara Vélez, 15ª en 800 libres e Uxía Gómez, 18ª en 200 costas.


20

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

DEPORTES

Hermanos Carral faise co Trofeo Barrios Deportivo

4 En categoría feminina o vencedor foi o Cidade de Ourense. A directiva do COB no Paco Paz. /RAMSÉS

R. Torres

Momento chave para o Club Ourense Baloncesto

O V Trofeo Barrios Deportivo -o torneo dos campións- saldouse coa vitoria do Hermanos Carral ao gañar a Eurosport /Karlaska por tres goles a un. Na final feminina, o Cidade Ourense venceu ao Castrelo de Miño por 5-0. Hermanos Carral e Eurosport chegaron á final logo de desfacerse en semifinais de Cidade As Burgas e Gestamp respectivamente. A final, que en todo momento estivo moi nivelada, comezou co gol do Eurosport o que supoñía o 1-0 co que se remataría a primeira metade. Na continuación, o conxunto do Carballiño subiu un pouco máis a liña de presión e coa súa velocidade lograba empatar o encontro. O

4 Agarda a resolución da Federación para saber se participa a próxima tempada en LEB Ouro. R. Torres Momento chave para o Club Ourense Baloncesto que agarda a resolución da Federación Española de Baloncesto para saber se participa a próxima tempada na LEB Ouro. Despois de non presentar o aval en tempo e forma, o COB, logo dunha moratoria, conseguiu xuntar o aval e depositalo na FEB. O problema chega cando 13 equipos xa entregaron o aval e xa teñen praza fixa a vindeira tempada. Que-

da unha das 14 que tiña previsto a Federación que estivera composta a Liga e dous equipos loitando por ela: COB e Coruña. Os dous entregaron os avais, e Coruña ten prioridade sobre Ourense por quedar en mellor posición na pasada competición. 16 equipos Albíscase un atisbo de esperanza se finalmente a Federación amplía a 15 os equipos que participen na vindeira Ouro (con Coruña e COB), ou mesmo a 16

(Bilbao Basket xa se interesou pola posiblidade de participar). Unha opción interesante (a dos 16 equipos) e que todos verían con bos ollos. Con 16 equipos sería unha Liga máis competitiva e máis longa que con 14, o que suporía máis semanas de baloncesto en cidades coma Ourense. Toca que a FEB decida, unha Federación que é partidaria de 14 equipos (o contrario que os clubs), o que faría que o COB quedara fóra da Adecco Ouro. A decisión, nestes días.

Lance da final entre o Eurosport e o Hnos. Carral. /R.T. conxunto da capital non se daba quitado a presión dos Hermanos Carral e estaba a sufrir en exceso. Froito da constancia o Carral anotaba o segundo gol para adiantarse no marcador. A falta de 15 minutos para o final do encontro, unha falta directa coábase na portaría do Eurosport. 3-1, resultado co que se finalizaría o encontro e o Hermanos Carral alzábase co V Trofeo Barrios Deportivo.

Paredes e Ocampo, líderes do circuíto 4 No ecuador do “Correndo por Ourense”. R. Torres

UD Ourense Os membros da plataforma SOS Ourense deixarán paso para que a Unión Deportiva Ourense comece a dar os seus primeiros pasos. Para iso xa está inscrita na Xunta de Galicia e na Federación Galega de Fútbol para poder saír a competir este ano. O máis probable é que o fagan na Terceira Rexional. Esta semana reuniranse para votar unha serie de aspectos coma a nova equipación e a formación dunha directiva, entre outros.

Paredes e Ocampo continúan líderes do “Correndo por Ourense”, no ecuador do circuíto. As rúas do centro de Ourense acolleron a terceira proba do circuíto “Correndo por Ourense”,

a carreira do Corpus. Preto de medio milleiro de atletas participaron nesta proba que regresou ás súas orixes, onde as rúas do Progreso e do Paseo foron as protagonistas. En categoría absoluta tanto Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra)

Deste xeito, o Eurosport / Karlaska rompe unha racha de tres anos consecutivos vencendo este torneo. Cidade de Ourense Este ano celebrouse unha final feminina entre o Cidade de Ourense e o Castrelo de Miño. Os dous equipos de Provincial fixeron un vistoso encontro no que o claro vencedor foi o Cidade de Ourense ao gañar por un claro cinco a cero. coma Ana María Ocampo (Ourenrunning) foron os vencedores, ampliando a súa vantaxe cos seus perseguidores na clasificación xeral do circuíto. Paredes chegou diante de Óscar Ramos, segundo, e Luis Raña, terceiro. En categoría feminina Ana María Ocampo rematou en primeira posición seguida de María Ferreiro e Ana María López. Descanso ata setembro O circuíto toma un respiro ata o 7 de setembro, cando se correrá a carreira da Ponte.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

21


22

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Xullo de 2014

23


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014


O Entrevista Nadal xaa Olga Giráldez, presidenta da está aquí Asociación de [páx. 15

Veciños da Ponte e páx. 39-42]

TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3 ENTREVISTA Páx.4-5

BARRIOS

Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense

A Deputación elabora un plan para o polígono das Coiñás

Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local

Entrevista ao subdelegado do Goberno en Ourense

Páx.9

OCIO

[Páx.6]

Páx.15

Do 24 ao 27 de xullo, A Ponte celebra as festas de Santiago

O parque de Santa Teresita toma forma

[páx. 8]

Aínda que cun lixeiro retraso na execución dos traballos, o grupo de goberno compromete a súa apertura para finais de verán./P.LODEIRO

Número: 133 - Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014


Entrevista ao subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3

SOCIEDADE Páx.14

Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense

O CAI Teranga, con Reperkusión: sede en Pena Trevinca, Ourense réndese a cumpre dous anos Manu Chao

Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local

OCIO

Páx.18

DEPORTES

[páx. 4-5]

Páx.20

Hermanos Carral gaña o V Trofeo Barrios Deportivo

Aprobada a urbanización da Finca Mariñamansa

[páx.10]

O proxecto de urbanización aprobado inicialmente será sometido agora a información pública polo prazo de 20 días./M. REJO.

Número: 119- Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Xullo de 2014


Entrevista ao subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro TEMA DO MES Páx.2 TEMA DO MES Páx.3

CIDADE

Unha sentenza anula 41 contratacións no Concello de Ourense

O grao de Física Festival Reperkusión: chegará á xustiza por Ourense réndese a presunta prevaricación Manu Chao

Os Orzamentos 2014 apróbanse en Xunta de Goberno local

Páx.12

OCIO

Páx.18

Cultura amplía a rehabilitación da Catedral

[Páx. 4-5]

DEPORTES Páx.20 Paredes e Ocampo vencen na carreira popular do Corpus

[páx. 15]

Na actualidade hai traballos na Capela de San Xoán e nas cubertas. Vaise recuperar a portada medieval e acondicionar a fachada norte e un patio./M.R.

Número: 82- Ano: XIII - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.