O sorriso da muralla nº 4

Page 1

e o l spe ib c ia ro l

ad

Rúa Montevideo s/n. 27001 Lugo bibliotecaxoanmontes@gmail.com http://bibliotecaiesxoanmontes.blogspot.com

Boletín da biblioteca do IES Xoán Montes

ón

Na Idade Media só os homes podían exercer de amanuenses; non obstante, durante o califato de Córdoba, as mulleres traballaban como escribas e amanuenses, copiando e ilustrando os libros antigos. A maior parte dos libros gregos que podemos consultar nas nosas bibliotecas chegaron ata nós a través de versións árabes producidas en escolas de tradutores como a de Toledo. Grazas ao códice, perpetuouse o pensamento antigo. O formato de códice foi popularizado polos primeiros cristiáns, pois facilitaba o transporte dos textos sagrados. Os árabes afianzaron o uso dos códices como vehículo para a transmisión do Corán. O texto sagrado do islam foi estruturado en 114 suras, servindo de precedente ao concepto de capítulos. No século XIV, un barón de Castela legou á súa única filla un exemplar do Corpus Iuris se casaba cun letrado. O libro miniado era un don tan prezado que condicionaba a elección de consorte para o día da voda. Ata o século XVIII, os estudantes universitarios podían acceder aos libros da biblioteca tan só unha vez á semana.

Entrevista a J. Gutenberg

ic i

s

http://www.artesdellibro.com/2006/04/una­entrevista­ imaginaria­con.php#more

e d a d i s o i C ur

ed

JG: Si, pero non foi a guerra en si mesma, pois dela saín fuxindo en Maguncia para difundir o meu invento e aquí estou: esa foi unha época axitada en que a verdade e a palabra se fixeron cada vez máis sospeitosas. Creo que agora, na época en que lle tocou vivir a vostede, non se condena ao que di unha mentira, senón ao que non sabe disfrazala de verdade. X: Pero iso ocorreu sempre, mestre Gutenberg. JG: Ten toda a razón, pero ese invento que ten agora entre as súas mans (computadora), e outros como a televisión, converten a palabra nun exceso máis alá do dionisíaco, a súa é unha época na que todos teñen voz pero ninguén parece entenderse. X: Entón vería vostede os signos dunha segura desaparición do libro como transmisor de ideas e de coñecemento? JG: (tras un longo silenzo) Pois mentres existan escritores que cultiven a palabra, unha boa calidade no papel, unha apreciación auténtica pola tipografía e a imprenta, e unha encadernación digna de conter todo este gran traballo, creo que o libro pasará unha dura proba como as que na súa historia superou. E seguirá ocupando o lugar que lle corresponde ao ser o invento que máis froitos lle deu ao enxeño humano. Despídome do meu interlocutor unha vez que limpou as súas mans do tusch litográfico que sostivo inquedo durante toda a nosa conversación. Deposítao con respecto nun bote de tinta para gravado cuxos ingredientes seguen sendo os mesmos que inventara hai 560 anos: aceite de linaza fervido e carbón vexetal en po, e cun aire de satisfacción, déixao na prensa tras recoñecer en letra gótica o seu nome no recipiente. Texto traducido e adaptado de:

Número 4 Abril 2010


A entrevista desenvólvese na cidade de Maguncia, nunha vella imprenta. Só queda, como proba do seu uso, o crisol onde se fundía o chumbo, que usei para sentarme, e a platina dun vello tórculo na que apoiei unha computadora para redactar esta entrevista. O mestre Johannes Gutenberg chega visiblemente sobresaltado, sacudindo o po do seu abrigo. Baixar do pedestal e cruzar por vez primeira a glorieta que leva o seu nome fixeron que esqueza o incunable que o seu escultor pacientemente tallou entre o seu peito e a súa man esquerda; e impaciente por percorrer a súa cidade natal, só confía en que o vello libreiro que está fronte ao seu monumento non acuda, como todos os días, a esperar o momento en que caia das súas mans a consecuencia do cansazo. JG: Só espero que o meu libro non se venda nalgunha casa de poxas como... (longo silenzo) ...de todas as formas que existen para comerciar cun libro, a especulación sempre a considerei como a forma máis irrespectuosa. Xornalista: É posible, mestre. Confíe en que, por respecto a vostede, se conserve no seu lugar. Podemos comezar coa entrevista? JG: Estou ás súas ordes. X: O seu verdadeiro nome non foi Johannes Gutenberg senón Johannes Gensfleisch zur Laden; de onde provén o apelido que o fixo famoso? JG: Meu pai, que era ourive de profesión e director da Casa da Moeda en Maguncia, casou en segundas nupcias con miña nai Else Wilse. A familia de miña nai achegou como dote unha mansión chamada Zum Gutenberg á parella, e aí tiven a sorte de nacer entre 1394 e 1399... comprenderá vostede que pasou moito tempo... X: A súa infancia estivo marcada por unha férrea disciplina dentro do gremio da ourivaría e a amoedación. Considera esta

formación o comezo que o levou a idear a imprenta? JG: Considéroo fundamental. Ademais de meu pai, había moitos parentes que se dedicaban a este oficio, e era habitual comezar a instrución a curta idade, segundo dicíamos: fit fabricando faber (o artesán fórmase traballando). Despois viña a confección da obra mestra do futuro mestre e por fin a ansiada matrícula na arte respectiva. X: Con todo, vostede non foi formado exclusivamente nas artes que na súa época eran consideradas mecánicas, contou por suposto cunha magnífica preparación dentro do trivium (gramática, retórica e lóxica) e o cuadrivium (matemáticas, xeometría, astronomía e música). JG: En efecto, nacín nunha época na que o tempo e a palabra deixaban de ser propiedade divina. Tempo atrás, considerábase máis honroso traballar a terra que cultivar a palabra, pois esta debía ser usada para difundir a verdade, o Verbo, e nunca como ferramenta para obter fama e riqueza. X: Dígame, mestre, vostede tecnicamente non foi o inventor do libro impreso; anteriormente xa existían sistemas de imprenta con caracteres fixos e follas ilustradas grazas a procedementos de gravado e tintado a man. A que se debe que esta revolución dure tanto tempo? JG: Verá vostede, os lectores potenciais permanecían atados á noción de que un verdadeiro libro tiña que estar escrito a man e avalado pola pluma do autor e do experto copista. Por esa razón, xurdiu a mimese entre os procedementos mecánicos e manuais buscando, por suposto, unha maior aceptación dos letrados para os produtos deste novo invento. X: Pero entón vostede foi mal considerado e foi proclamado inventor da imprenta periódica, pois durante moito tempo o seu invento dedicouse á impresión de follas soltas, opúsculos, calendarios, xaculatorias e oracións para indulxencias que podían chegar, sen limite de copias, a frades e sacerdotes. Que significou entón a aparición do Catholicon e da Biblia de Maguncia? JG: Non o sei, pero lembrarei sempre con especial

afecto a un dominico, Filippo dei Strata, que nunca deixou de pensar que est virgo haec penna, meretrix est stampificata (a pluma é unha virxe, a imprenta unha prostituta). O home manterá sempre unha terca resistencia ao cambio. X: Sabía vostede que os métodos perfeccionados por vostede: a tinta, a prensa e os tipos móbiles se mantiveron case sen cambios durante os 400 anos posteriores á súa invención? JG: En efecto, pero logo inventouse a tricromía, a estereotipia, o heliograbado, a litografía e o fotograbado. Todos eles inventos utilísimos para o desenvolvemento da imprenta. Hei de confesarlle a envexa que sentín cando en 1863 William A. Bullock inventou a imprenta rotativa e en 1884, tras varios intentos errados, un paisano meu, Ottmar Mergenthaler, puxo en marcha a linotipia: Eureka! Mil caixistas nun! X: Parece ben informado da imprenta do século XIX, produto da revolución industrial. Sabe entón que esta época trouxo consigo un cambio radical nas formas de produción e entre outras consecuencias provocou que os nosos obxectos se convertesen en cousas que se usan e se tiran, que opina do fenómeno? JG: Podo comentarlle que nunca vira tantos libros impresos en tan pouco tempo, pero que ao mesmo tempo, nunca vira tantos libros envellecer tan axiña. X: Foi para vostede o primeiro síntoma de que o libro estaba morrendo? JG: De ningún xeito, só foi un paradoxo da técnica. Para levar a cabo a divulgación masiva do coñecemento, outros fins tiveron que ceder necesariamente, como a calidade do papel ou a súa encadernación. Con todo, confeso que houbo un momento en que pensei que o libro deixaría de existir. X: No período de entreguerras do século XX...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.