A CASA DA MOURA

Page 1

Curso 2010/2011

A Casa da Moura Lois Pereiro

LETRAS GALEGAS 2011 Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres bordeo a fronteira entre dous mundos sen decidir cal deles pode darme a calma que me esixo para amarte sen sufrir pola túa indiferencia a miña retirada preventiva dunha batalla que xa sei perdida resolto a non entrar xamais en ti pero non á tortura de evitarte

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística C.P.I. PECALAMA


A Casa da Moura 2010/2011

SUMARIO

Limiar ❂

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ❂

Traballos dos Alumnos/as de Educación Infantil e Primaria ❂

Lembrando a... ❂

Fotos Festividades e outros eventos ❂

Proxecto Multidisciplinar ❂

Reportaxes: Magosto, Nadal e Entroido ❂

Viaxe a París ❂

O día das Letras Galegas ❂

Premios Cervantes e Nobel ❂

A Arañeira ❂

Reportaxes Educación Secundaria ❂

Zona de Cómics ❂

Entrevista a Gabina Liñares Grela ❂

Pasatempos


A Casa da Moura 2010/2011

LIMIAR

Este número queremos adicarllo a aquilo que facemos entre todos, ese lugar onde conflúe o esforzo de tantas persoas: alumnos e mestres, pais e nais de alumnos, traballadores do persoal non docente; ese lugar desde o que palabra a palabra, día a día, imos poñendo os cimentos dunha sociedade civilizada: o colexio.

Esperamos que esta revista sirva para dar a coñecer un pouco máis o noso centro e as actividades que nel se desenvolven. Como educadores cremos que tódalas actividades e servizos que se levan a cabo no centro deben ter un carácter educativo e procurar a formación integral do alumno en valores de dignidade, respecto aos demáis, solidaridade e tolerancia. Para obter estes valores é imprescindible que todos os que influimos na educación dos nenos camiñemos nunha mesma dirección, reforzando uns a acción dos outros, para que o neno síntase seguro e orientado sobre cales deben ser os seus principios de actuación na escola, na familia e no seu ámbito vital. Esperamos que disfrutedes desta nova publicación de “A casa da moura” e agradecemos a toda a comunidade educativa a súa participación nela.

Moitas Grazas O coordinador do E.N.L.


A Casa da Moura 2010/2011

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CURSO 2010/2011

C.P.I. PECALAMA

Enrique Fuentes Torres-Fraga (Coordinador) Celsa Rodríguez Vila (Educación Infantil) Jesús Fernández García ( Educación Primaria) Amalia Casas López (Educación Secundaria) Juan Carlos Sande Vázquez (Persoal non docente) Héctor Baleato Liñares (Alumno 2º E.S.O.) Brais Calviño Cancela (Alumno 3º E.S.O.) Lara Gómez Martínez (Alumno 4º E.S.O.)


A Casa da Moura 2010/2011

O MISTERIO DOS RÍOS Aconteceu unha vez en Galicia algo moi raro. Dun día para outro tódolos ríos que pasaban preto das aldeas, dos pobos, das cidades,... cambiaron o seu rumbo. Non había ningún río, nin regato preto de onde vivía ou pasaba a xente. Parecía coma se tódolos ríos de Galicia: Miño, Sil, Eume, Tambre, Anllóns, Xallas,... desaparecesen. O máis curioso é que nin sequera quedaba o surco do río. Só quedaban os restos da basoira que as persoas tiraban ás augas. A xente austouse moito porque sen ríos non había auga, e sen auga, todos morrerían: as persoas, os animais, as prantas,... sería o fin da vida para todos. Entón, unha vella moi velliña e moi sabia, faloulle a xente de cando era nena e as augas dos ríos corrían tan limpas e cristalinas que se podía beber delas. Díxolles que agora esas mesmas augas nas que antes ela bebía, estaban todas sucias e cheas de lixo: de latas de refrescos, bolsas, botellas, residuos das fábricas,... Contoulles que ela pensaba que os ríos desapareceran porque estaban cansos de que xa ninguén os coidara. Xa, nin sequera os nenos se bañaban na súas augas, porque sempre estaban sucias. Explicoulles que se limpaban o leito dos ríos e se de alí adiante os coidaban era posible que as augas volveran ao seu cauce. Todos estiveron de acordo e en tódalas partes onde antes había un leito cheo de basoira viase aos nenos e maiores traballar arreo. Cando por fin todo quedou limpo, xa era de noite e todo o mundo foise para a súa casa. Estaban todos moi cansos e moi preocupados por se os ríos ao final non volvían ao seu lugar de sempre. Ao día seguinte todos madrugaron moito e correron a ver se os ríos volveran... e alí estaban tódolos seus queridos ríos, máis bonitos que nunca! Por fin todo volvía á normalidade. Todo non, porque nunca máis ían volver a tirar lixo aos ríos. Lidia Domínguez González. 5º Educación Primaria


A Casa da Moura 2010/2011


A Casa da Moura 2010/2011

Percorrido do globo desde Tordoia รก Illa de Sรกlvora

Alumnado de 4ยบ Educaciรณn Primaria


A Casa da Moura 2010/2011

Pedro Muíño Martínez. 3º Educación Primaria.


A Casa da Moura 2010/2011

Rocío Seoane Fernández. 3º Educación Primaria.


A Casa da Moura 2010/2011


A Casa da Moura 2010/2011

Alumnado de 1潞 Educaci贸n Primaria


A Casa da Moura 2010/2011

2潞 Educaci贸n Primaria.


Solucións: 1.Adrián Pampín Calviño, 2.Alba Botana Castiñeiras, 3.Brais Fraga Pose, 4.Carla Marina Cancela Costa, 5.Inés Costa Pena, 6.Ismael Liñares Silveira, 7.Alejandro Liñares Noya, 8.María Fraga Rial, 9.Natalia Fernández Mosquera, 10.Paula Mosquera del Río, 11.Alba Señarís Rosende, 12.Sheila Díaz Silveira, 13.Alejandro Suárez García, 14.Yaiza Mata Uzal, 15.José Manuel Iglesias Pérez, 16.Diego Lamas Cancela.

13 9 5

14 10 6

1

15 11

16 12

7 2

8 3

4

ADIVIÑA QUEN É QUEN EN 2º DE PRIMARIA A Casa da Moura 2010/2011


A Casa da Moura 2010/2011

Alumnado de Educaci贸n Infantil 4-5 anos


A Casa da Moura 2010/2011

Nenos e nenas de 3 e 4 anos. Educaci贸n Infantil.


LEMBRANDO A...

A Casa da Moura 2010/2011

Gustav Mahler (1860 - 1911) 100º Aniversario da Morte Era compositor e director de orquestra. Na- poñer as súas últimas obras (incluida a décima e ceu o 7 de Xullo de 1860 na República Checa. inacabada sinfonía). Estudou filosofía en Viena aínda que tamén asistía Gustav Mahler faleceu o 18 de Marzo de 1911 a clases de piano no Conservatorio. en Viena con 51 anos de idade. En 1907 trasládase a Nova York, onde dirixiu a Metropolitan Opera. É autor de moitas e moi diversas obras musicais como: As lieder eines fah reden Gesellen, Kindertotenlieder, Sinfonía das Lied von der erde. É precisamente no ano 1907 cando lle diagnostican unha lesión cardíaca aguda, mesmo ano no por Alba Mallo García. 6º Educación Primaria. que falece a súa filla María de tan só 4 anos de idade. Despois deste acontecemento decidiu com-


LEMBRANDO A...

A Casa da Moura 2010/2011

Discos Recomendados:

☺ Texas Flood (1983) ☺ Couldn’t stand the weather (1984)

☺ Soul to soul(1985) ☺ In step(1989) ☺ The sky is crying(1991)

Stevie Ray Vaughan (1954 - 1990) 20º Aniversario da morte Stevie Ray Vaughan foi un guitarrista e cantante que fusionou os xéneros do blues e o rock nos anos 80. Naceu o 3 de Outubro do 1954 en Texas. A súa primeira guitarra foi de xoguete e dende 1963 conitnuou tocando de forma semiamateur ata que en 1969 empezou a tocar blues. A súa primeira banda foi “Blackbirds” e despois “The nightcrawlers” e “Paul Ray & The cobras”. É en 1981 cando toca por primeira vez nun festival. Máis tarde, Stevie Ray Vaughan acada o estrelato e en 1982 colabora nun disco de David Bowie. En 1984 lanza o seu álbum de cancións formadas con diferentes grupos como

“Blackbirds” e “Paul Ray & The cobras”. Este álbum leva por título Couldn’t stand the weather. O 28 de Setembro de 1989 colapsa Ludwishafen, en Alemaña. O 27 de Agosto de 1990 o helicóptero de Stevie Ray Vaughan estrélase fatídicamente causando a morte do músico. Stevie sempre levaba a Fender Stratocaster, a súa guitarra predilecta, coñecida polas súás afinadas cordas de calibre 12.

por Ricardo Rial Pereiro. 6º Educación Primaria.


A Casa da Moura 2010/2011

FESTIVIDADES SAMAÍN

MAGOSTO


A Casa da Moura 2010/2011

NADAL


A Casa da Moura 2010/2011

ENTROIDO


A Casa da Moura 2010/2011

OUTROS EVENTOS


A Casa da Moura 2010/2011

A invención da agulla

PROXECTO MULTIDISCIPLINAR:

ou graxa de balea, a pel mantíñase máis flexible durante máis tempo .

AS ORIXES DO VESTIDO

O descubrimento dos tintes

A roupa (vestimenta, atuendo ou indumentaria) é o conxunto de prendas xeralmente téxtiles fabricadas con diversos materiais e empregadas para vestirse, protexerse das adversidades do clima, ou por pudor.

As técnicas básicas deste procedemento seguen empregándose hoxe en día. A tona de certas árbores, sobre todo o carballo e o salgueiro, conteñen ácido tánico e obtense polo proceso de maceración da tona na auga, sumerxindo a pel nesta solución durante un bo tempo. As peles, despois deste baño, fanse definitivamente flexibles e impermeables. A estas peles xa preparadas podíaselles dar “forma” chegando así a un dos avances tecnolóxicos da historia da humanidade.

Hai moitos materiais coas que se poden facer prendas de roupa. Distínguense: •Materiais de orixe natural: animais, seda, la ou coiro. •Materiais de orixe vexetal: algodón, liño… •Sintéticos: poliéster.

Suponse que na idade do paleolítico o home empezou a taparse coa pel dos animais que cazaba. Isto tróuxolle dous problemas. A pel do animal que lle cubría os ombros estorbáballe nalgunhas tarefas e deixáballe parte do corpo ao descuberto. Polo tanto, tiña que darlle unha forma. O segundo problema consistía que ao poñer as peles a secar, estas endurecíanse e facíanselles moi indomables. A forma máis sinxela era a masticación das mesmas, suxeitándoas cos dentes e con ámbalas dúas mans raspábanas para limpalas e, así, preparábanas para prendas de vestir, atándoas con tiras de coiro cru. Outro método consistía en mollar a pel e golpeala cun mazo de pedra para que non quedasen restos pegados á mesma. Ningún destes métodos foi moi efectivo, xa que ao mollala había que volver a repetir todo o proceso de antes. Máis tarde, ao longo do tempo, déronse conta de que ao untalas con aceite

Ante o avance dos glaciares o home tivo que refuxiarse nas covas para protexerse do frío. Comezou a empregar certos elementos para a confección das roupas de abrigo. Con estelas pulidas de ósos de reno, madeira, marfil de mamut e cairos de foca, creou a agulla e coseu as prendas coas que chegou a tapar o corpo enteiro. Este invento permitiu coser as peles unhas con outras e facelas axustadas ao corpo.

As primeiras fibras téxtiles

A gran cantidade destas agullas feitas atopáronse nas covas paleolíticas.

Os desenvolvementos posteriores da agulla engadíronlle un gancho onde se ataba un fío, e logo a revolución industrial incorporoulle o ollo.

Entre as ruínas das poboacións neolíticas de Exipto e o Cercano Oriente atopáronse os primeiros indicios da industria téxtil. Prendas fabricadas con tecidos de liño, e despois disto empezan a substituír aos vestidos de pel ou ás saias de follas para protexerse contra o frio e o sol. Para que todo isto fora posible necesitouse unha serie de inventos que dende este período foron un dos grandes triunfos do inxenio humano: o tear. Os tecidos máis antigos do liño aparecen en Turquía cara o 6.500 a.C. O algodón empregouse cara o 3.500 a. C. no Próximo Oriente. A seda é máis tardía 2.400 a. C. aparece en China. No interior de Europa os primeiros téxtiles elaboráronse no ano 3.500 a C.

Alumnado de 1º de E. S. O.


A Casa da Moura 2010/2011

MAGOSTO O Magosto foi o día 12 de Novembro. No magosto, os nenos e nenas de 4º de E.S.O. vendían refrescos e doces para gañar cartos para ir a unha excursión. Neste día, tódolos cursos de primaria tiñan unha ou duas caixas para botar castañas que non servían para comer ou para botar as cáscaras. Transcorrido un tempo, veu un mago que a simple vista non parecía un mago. Pero ao comezar o espectáculo era casi imposible crer o que facía. Primeiro sacou unha pomba do seu sombreiro, despois metía dous panos e saían atados. Máis tarde, colleu unha corda e díxonos a todos que soplasemos e de súpeto apareceron duas cordas.

Por último, colleu a corda e chamou á profesora Mari e ao profesor Enrique, o mago pediulle aos profesores que o inmovilizaran, e atárono moi forte. O mago meteuse nunha cortina e conseguiu sacar a chaqueta por fóra. Despois meteuse outra vez e o profesor Enrique mirou por arriba desconfiado e saiu coa chaqueta por dentro das cordas.

O Magosto foi moi divertido. Unha reportaxe de Noelia Pereira Mallo (5º de Educación Primaria)


A Casa da Moura 2010/2011

NADAL

O día 22 de Decembro celebrouse o Festival de Nadal no noso colexio e, como cada ano, os nenos e nenas de educación infantil, primaria e secundaria realizaron unha serie de actuacións, pero non en orde: primeiro comezaron os máis pequenos de infantil, a continuación os de primaria e despois os de secundaria. Remataron o festival os Papá Noel, dándonos uns pequenos paquetes de gominolas. Máis tarde fomos para as nosas clases onde falamos desta fermosa xornada, na que o pasamos tan ben que nunca olvidaremos. Cando tocou a serea marchamos todos nos autobuses destino ás nosas casas. Esperamos que o próximo ano sexa tan divertido e interesante como este.

Nerea Castro Castro, Alba Mallo García, Sheila Mª Parafita Rey, Lidia Rey Barreiro. 6º Educación Primaria


A Casa da Moura 2010/2011

ENTROIDO O entroido celebrouse o 4 de Marzo de 2011. Primeiro fomos dar unha volta por Cabaleiros. Ao rematar, fomos desfilar dentro do colexio. Primeiro ían os nenos de infantil disfrazados de Bob Esponja, despois os de 1º e 2º de pintores, os de 3º e 4º de conguitos, e os de 5º e 6º de futbolistas, animadoras e árbitros. Os rapaces de 1º de E.S.O. ían disfrazados de políticos, gardaespaldas e gardas civís, seguidos polos rapaces de 2º de E.S.O. que ían de personaxes de Luar. Os de 3º de E.S.O. disfrazáronse de nais e bebés. Finalmente, os rapaces máis maiores do colexio ían disfrazados de personaxes da película Grease e levaban un superdescapotable vermello. Algunhas nais e pais tamén ían disfrazados pero moi poucos. Cando rematou o desfile uns bailaban e outros xogaban. Despois disto, fomos ao comedor e ao voltar xogáronse as semifinais do torneo de fútbol. Máis tarde xogaron os rapaces de 5º e 6º contra os de 1º e 2º de E.S.O.

Despois tivo lugar unha degustación na que había filloas, orellas, etc... foi estupendo!

Brais Vilariño Calviño. 5º de Educación Primaria


A Casa da Moura 2010/2011

EXCURSIÓN A PARÍS O 5 de Abril empezou a nosa viaxe a París desde o aeroporto de Santiago de Compostela ás 5:30 dá mañá. Despois dunha hora de viaxe chegamos a Madrid e desde alí embarcamos nun avión con destino ao aeroporto de Orly. Ao aterrizar xa nos estaba esperando a nosa guía Katia e un autobús que nos levou ao restaurante. Despois fixemos unha visita guiada por toda a cidade no autobús de Armindo, un portugués moi simpático e atento que nos amenizou a viaxe. Leváronnos en barco polo Senna que levaba incorporado un guía electrónico que che ía contando as marabillas da cidade. Para finalizar o día subimos (en ascensor) ao segundo piso da Torre Eiffel, a vista desde alí era espectacular. O segundo día visitamos o Sacre Coêur nun funicular e a praza dos pintores, donde había artistas pintando cadros

para despois vendelos (¡bastante caros por certo!). Pasamos por diante do Moulin Rouge e despois collemos o autobús para ir a Versalles. Pola tarde leváronnos ao palacio de María Antonieta moi luxoso e decorado con moitos cadros e uns espellos xigantescos. Visitamos tamén a súa aldea que tiña un lago enorme e casiñas de diferentes tamaños e formas. O terceiro día foi o mellor de todos o parque Disney Land Paris .Un decorado que parecía real porque semellaba un mundo de fantasía,unha vez que te internas no parque é moi grande.Visitamos todas as atraccións que nos deu tempo.Foi unha esperiencia inolvidable. O último día fomos ao museo do Louvre, Nôtre Dame, o Hôtel de Ville e a Geode, unha gran bóla situada na avenida das ciencias e na que vimos un documental en 3D . Desta viaxe gardaremos un bo recordo porque fomos todos xuntos e o pasamos moi ben, foi curta pero moi divertida.

Alumnado de 1º de E.S.O.


A Casa da Moura 2010/2011

Lois Pereiro nace en Monforte en 1958. Realiza estudos de tradución en Madrid, cidade á que marcharía co seu irmán Xosé Manuel con só dezasete anos. Alí mantense economicamente vertendo ao castelán filmes e series para a televisión.

ticadas. Prioritariamente chéganlle do centro de Europa, do expresionismo austro-alemán, de Thomas Bernhard, Peter Handke ou de Carver. Pero non hai que esquecer que Valente é referente fundamental nos seus primeiros pasos: ao seu abeiro nace como poeta.

Pero en Madrid vai estar vencellado, por amizade e por proxectos comúns, ao grupo que formaba con Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane. Co esforzo de todos, naceron as publicacións de pulo innovador, e agora xa míticas, Loia ou Luces de Galiza.

En 1995 aparece a Poesía última de amor e enfermidade. Con só dous libros publicados xa define un estilo literario curto e tenso, cualificado como de economía expresiva: non se excede en recursos formais, emprega abundantemente o establecemento dicotómico de realidades elementais (amor/desamor, vida/morte). Neste derradeiro libro, en vida, de Lois, que foi reeditado nos últimos tempos, atópase un novo xeito de entender a existencia: para aprehendela en profundidade é necesario ter conciencia da morte. Isto pode ter unha interpretación vitalista que encaixaría coa ríxida etiqueta de poeta maldito, ao entender que esta postura fronte á vida nace da súa propia experiencia, que se mergulla na liña que a separa da morte.

Porén, os riscos asumidos na vida madrileña de principios dos oitenta fixeron que Lois determinase o seu regreso á Coruña, onde se manteñen os nexos con aqueles que constituían o grupo de Madrid, e, de novo aquí, vivirá fundamentalmente do xornalismo. Iso si, no eido poético participa na publicación colectiva De amor e desamor e integrarase, durante 1984 e 1985, no colectivo de mesmo nome. Este feito permite que o público comece a coñecer a súa obra e a valore con compracen- Lois Pereiro morre pouco descia. pois, en 1996. Nese ano do seu O seu primeiro libro publicado finamento, o seu irmán, Xosé Manuel, fai que saia á luz Poereflicte xa unha tendencia etimas para unha Loia, constituíquetada como punk, moi predo a partir de composicións da sente na súa vida. As razóns época madrileña, xa publicadas para esta clasificación son, a saber, unha actitude certamente naquela revista Loia, e dun ensaio: "Modesta proposición paexistencialista, de sarcasmo esmagador e corrosivo, un xogo ra renunciar a facer xirar a roda de chiscadelas á autodestrución hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia". e á morte. No entanto, as súas influencias semellan ben sofis-

17 DE MAIO: DÍAS DAS LETRAS GALEGAS

Lois Pereiro


A Casa da Moura 2010/2011

Ana Mª Matute, PREMIO CERVANTES 2010 Ana María Matute Ausejo naceu en Barcelona o 26 de xullo de 1926, no seo dunha familia acomodada. Educouse nun colexio relixioso en Madrid e escribiu o seu primeiro relato, ilustrado por ela mesma, aos cinco anos. O seu pai posuía unha fábrica de paraugas, pero ao iniciarse a Guerra Civil a vida da familia quedou modificada. A súa primeira novela, Pequeño teatro, escribiuna aos dezasete anos, e Ignacio Agustí, director da editorial Destino naquel momento, ofreceulle un contrato de 3.000 pesetas que ela aceptou; con todo, a obra non se publicou ata oito anos despois. En 1949 quedou semifinalista do Premio Nadal. En 1952 casou co escritor Eugenio de Goicoechea. O seu fillo, Juan Pablo, naceu en 1954, e o matrimonio separouse en 1963. De 1965 a 1966 Matute estivo exercendo de lectora a Bloomington (Indiana) e en 1968 en Norman (Oklahoma). As súas obras que se inician con gran lirismo, aos poucos mergúllanse nun realismo exacerbado. As novelas de Ana María Matute non están exentas de compromiso social, aínda que non responden explicitamente a ningunha ideoloxía política. Partindo da visión realista que era a que predominaba na literatura do seu tempo, logrou desenvolver un estilo persoal que se mergullou no imaxinativo e configurou un mundo lírico e sensorial. A súa obra resulta así ser unha rara combinación de denuncia social e de mensaxe poética, ambientada con frecuencia no universo da infancia e a adolescencia da España da posguerra. A súa produción literaria é fundamentalmente narrativa; cultivou o relato curto (El tiempo, Algunos muchachos, El río…), ten unha importante produción novelística (a triloxía Los mercadores, La torre vigía, Olvidado Rey Gudú)e así mesmo, ao longo da súa carreira escribiu numerosos contos para nenos (Los niños tontos, Caballito loco, Tres y un sueño, Paulina…). É unha obra que transcende as fronteiras de España, a Universidade de Boston ten na súa biblioteca un fondo chamado Ana María Matute Collection e os seus libros foron traducidos a 23 idiomas.

Ángeles Balseiro Balseiro


MARIO VARGAS LLOSA. PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2010

A Casa da Moura 2010/2011

cultural mensual Letras Libres.

Jorge Mario Pedro Vargas Llosa naceu en 1936 na cidade de Arequipa (Perú). Os seus pais xa estaban separados e non coñecerá ao seu pai ata os 10 anos de idade. A súa nai vaise vivir a Bolivia onde estudará a primaria para retornar ao Perú en 1945. O reencontro co seu pai significa un cambio radical na súa formación. En 1953 ingresa na Universidade para estudar Letras e Dereito, en contra da decisión do seu pai; deste xeito inicia unha etapa moi difícil da súa vida que se ve agravada pola decisión de contraer matrimonio con tan só 18 anos. Para poder sobrevivir ten que compaxinar os seus estudios universitarios con ata sete traballos simultáneos (dende fichar libros nunha biblioteca ata revisar os nomes das tumbas dos cementerios…). A pesar de todo isto ten enormes problemas para subsistir. En 1959 ven a España grazas a unha beca de estudios

e realiza a súa tese de doutoramento na Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente instálase en París, onde tras uns comezos de apuro económico consigue publicar o seu primeiro libro de contos, Los jefes, co que obtén un premio literario. En 1964 regresa ao Perú, divórciase da súa muller e casa con Patricia Llosa, coa que terá tres fillos. Volta de regreso a Europa; traballa en Grecia como tradutor para a UNESCO e reside alternativamente en París, Londres e Barcelona. En 1987 comeza a súa andadura política e no ano 1990 preséntase como candidato á presidencia do Perú pero perderá as eleccións, aínda que moi axustadamente. Tras esta experiencia regresa a Londres onde retoma a súa actividade literaria. En 1993 obtén a nacionalidade española, sen renunciar á peruana. Na actualidade colabora co periódico El país e coa revista

A súa produción literaria é inmensa pero podemos destacar algunhas das súas novelas nas que cun realismo moi persoal e cun grande afán crítico ofrece ao lector unha panorámica da sociedade hispanoamericana. La ciudad y los perros (1963), La casa verde (1966), Los cachorros (1967), Conversación en La Catedral (1969), La tía Julia y el escribidor (1977), La fiesta del Chivo (2000) ou El sueño del celta, a súa novela máis recente (2010) son unha mínima representación da súa amplísima traxectoria literaria, que culmina cando recibe o Premio Nobel de Literatura. As súas obras foron traducidas ao francés, italiano, portugués, catalán, inglés, alemán, holandés, polaco, romanés, húngaro, búlgaro, checo, ruso, lituano, eslovaco, ucraíno, esloveno, croata, sueco, noruegués, danés, finés, islandés, grego, hebreo, turco, árabe, xaponés, chinés, coreano, malaio, cingalés, serbio, letón, bosnio, xeorxiano, bahasa, indonesio, macedonio, sinhala, hindi, vietnamita, estonio e galego.

Ángeles Balseiro Balseiro


A Casa da Moura 2010/2011

A ARAÑEIRA “Quen con monstros loite coide, a súa vez, de non converterse nun deles. Cando se mira durante moito tempo a un abismo, este mira dentro de ti” Friedrich Nietzsche Lembro claramente como unha xeración, non moi distante no tempo á que agora temos ao noso cargo como educadores, dábase cita nas rúas e prazas para xogar e aprender todo o que o xogo podía darlles. Aqueles rapaces e rapazas recibían e aprendían, deste xeito, o que na actualidade tanto se bota de menos: os valores morais tradicionais; sen os cales, calquera sociedade vese debilitada. E así era, en efecto. Máis aló dos libros, máis aló da aula, o mundo esperáballes para ofrecerlles todo aquilo que, como complemento ao aprendido na escola, outorgaríalles unha formación integral. Hoxe en día, a realidade é ben distinta. Os nenos e nenas parecen agolparse diante do “todopoderoso” ordenador para comunicarse cos seus iguais a través das famosas redes sociais, cuxa definición reza así: “unha estrutura social formada por individuos ou entidades que están conectados entre sí e que lles une calquera tipo de relación”. Se ben teñen ao seu favor que nos permiten contactar con persoas que se atopan lonxe de nós, tamén o fan coas máis próximas. É isto último o máis preocupante, persoas que viven a escasos metros dialogando a través da rede, en lugar de falar véndose as facianas, as expresións, os xestos, sentindo a calor da cercanía. Asemade, albergan outros perigos ao non coñecer por completo á persoa que se atopa detrás do perfil ante o cal estamos. Destas redes (facebook, tuenti,...) válense moitos desaprehensivos para perpetrar os seus enganos e maldades. Perigos aos que se debería engadir a perda da intimidade (ben prezado onde os haxa), xa que polo caudal destas redes, sempre en constante actividade, parece ser propiedade común da multitude. Lonxe quedan xa os tempos nos que nenos e nenas, ávidos de actividade no exterior, ansiaban saír a xogar cos seus amigos/as, sabedores de que o mundo palpitaba ao seu arredor. Todo isto debera despertar as nosas conciencias de educadores, e facernos actuar en consecuencia para que ditas redes sociais non logren ennegrecer máis o futuro, e para que os mozos e mozas non se vexan sometidos a súa imperiosa dominación. Así as cousas, temos ante nós unha tarefa que debe ser cumprida velozmente. E como toda viaxe comeza cun primeiro paso, aí van uns consellos de seguridade ao empregar calquera tipo de rede social: 1º Non publicar fotos ou comentarios comprometedores. 2º Antes de agregar un novo contacto, sobre todo se é descoñecido, procurar ter del a maior información posible e, se non se está ao 100% seguro, non agregalo. 3º Cando se publican fotos ou vídeos, ter en conta que algunhas redes sociais obrigan á cesión do material, polo que a privacidade pódese ver afectada. 4º Se publicas comentarios sobre as túas aficións é posible que sexas “bombardeado” por mensaxes publicitarios. 5º Procurar non dar moitos datos persoais, como enderezo, teléfono, correo electrónico,... 6º Non publicar contidos do tipo “voume de vacacións un mes”. Nunca se sabe a quen pode chegar esa información, se por casualidade chega a un ladrón potencial, saberá que a a casa está baleira. Enrique Fuentes


A Casa da Moura 2010/2011

As Letras van de amor! XANEIRO, 1972-II Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando a noite é pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha. Cando quero chorar digo Moraima. Digo Moraima cando a anguria me abafa. Digo Moraima e ponse a mar en calma. Cando quero surrir digo Moraima. Digo Moraima cando a mañá é crara. Digo Moraima e ponse a tarde mansa. Cando quero morrer non digo nada. E mátame o silencio de non decir Moraima. Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama

Celanova

EU EN TI

Eu xa te chamei cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba. Eu xa te namorei cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba. Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma. Celso Emilio Ferreiro, O sono sulagado

FAR BLUES Naquela cidade onde unha rapaza escribía un diario secreto na noite mentres o soño desvalido semellaba finxir silencios compartidos nesa vella cidade do norte o primeiro poema de amor flutuaba coma un blues nostálxico na noite. Só quería saber por que as cordas permanecen vibrando coma labios e qué queda do diario secreto na noite desvelada. Querería saber daquel río esvaído do soño tal unha despedida sen retorno, do silencio curvado nunha praza deserta e antiga. ¿Onde vai o primeiro poema de amor a materia sonora dun blues fuxidío a inocencia primeira? Luz Pozo, Códice Calixtino

Eu xa te busquei cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procurei no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba.

Unha recollida de Raquel Rodríguez Parada


A Casa da Moura 2010/2011

UNHA OLLADA Á CIDADE DA CULTURA

O 17 de xaneiro, os alumnos de ESO visitamos o inacabado complexo da Cidade da Cultura. Ao chegar alí, observamos con gran admiración os grandes edificios que forman o complexo, todos eles con estrutura orgánica e, á súa vez, semellante á que tiña a zona antes da edificación. A nosa visita iniciámola polos edificios do Arquivo de Galicia e da Biblioteca de Galicia. Despois, na planta baixa, vimos como foi deseñada a Cidade da Cultura a través das maquetas de plástico e cartón. Na Biblioteca de Galicia vimos un edificio feito de libros e, como era esperable, había libros por todas as partes. A obra da Cidade da Cultura, actualmente en construción é, como o seu propio nome indica, unha cidade en pequeno, unha xigantesca obra de 141.000m2 de superficie, que nace como futuro gran referente cultural de Galicia. O concurso para esta ambiciosa obra a gran escala gañouno o prestixioso arquitecto americano Peter Eisenman, que para desenvolver o proxecto inspirouse na forma da cuncha dunha vieira. O proxecto desenvolve unha nova topografía sobre o Monte Gaiás, tomando como referencia os trazos da cidade histórica de Santiago. O conxunto conta con seis volumes que se articulan como unha cidade a pequena escala que se comunica entre si por medio de rúas peonís. Pola súa disposición no alto da colina, aínda co terreo modificado, a cidade converteuse necesariamente nun magnífico miradoiro de Compostela, na cal se inspira. A obra responde a un ambicioso programa de espazos culturais: hemeroteca, biblioteca, museo, servizos sociais, teatro e centro de novas tecnoloxías. Todos eles estarán dotados dos últimos avances tecnolóxicos en materia de catalogación, almacenamento, sistemas expositivos etc. O proxecto compleméntase cun parque forestal de grande interese paisaxístico e ambiental. Arquitectonicamente, as formas dos volumes están dotadas de gran organicismo, son formas que se dobran e se albean, cubertas que se curvan seguindo unha inspiración nas formas naturais de gran plasticidade. O volume da biblioteca, por exemplo, é unha gran peza onde a curva da cuberta modifica a altura dos volumes en cada punto, variando a percepción do edificio a medida que se percorre exteriormente. A peza combina o monumental da súa escala con un deseño humanizado a medida dos usuarios. Todo o conxunto estará revestido en pedra cuarcita, que define así a pel exterior e continua do complexo, a excepción dos grandes paramentos acristalados que encherán de luz os edificios. A cidade da cultura consta de seis edificios dos cales dous deles aínda non se empezaron a construír pese a que o custo inicial cuadriplicouse segundo o previsto. O gran terreo do bosque que ocupa a cidade da cultura parece que foi deforestado en balde, os edificios acabados non parecen que se estean usando adecuadamente xa que están practicamente baleiros a pesar de que o seu tamaño é enorme e a súa elaboración foi, e segue sendo moi custosa. No seu interior podemos observar múltiples pezas antigas (sobre todo libros), ordenadas por períodos históricos nas diversas salas. En xeneral, a visita estivo bastante ben e o exterior dos edificios é bastante impresionante dada a súa dimensión. A súa gran altura e forma débese a que Einsenman proxectou os edificios para que substituíran a parte máis alta da montaña que fora cavada anteriormente, creando así unha montaña artificial, pretendendo conservar en certa maneira o seu anterior aspecto. Lara Gómez Martínez, Irene González Fraga, Sergio Liste Gende, Lorena Mallo Iglesias, Iván Martínez Suárez, Francisco Javier Muíño Couselo, Fernando José Pena Miramontes, Iván Rodríguez Noya, Marcos Romero Lamas e Martín Sande Costa (alumnos de 4º de ESO).


A Casa da Moura 2010/2011


A Casa da Moura 2010/2011

Marcos Romero Lamas. 4ยบ E.S.O.


A Casa da Moura 2010/2011

ENTREVISTANDO A Gabina Liñares Grela

Gabina leva 30 anos educando a varias xeracións no C.P.I. Pecalama. Este último curso foi mestra titora de 3º de Educación Primaria. 1.- Cando empezou a ser mestra ? Fai 33

anos. 2.- Como foi que decidiu estudar esta carreira? Porque admiraba aos meus mestres. 3.- De non ser mestra, a que outra cousa se dedicaría? Farmacéutica. 4.- Gústalle o seu traballo? Moito. 5.- Síntese unha profesora realizada? Si.

Estou satisfeita coa labor realizada nestes anos de docencia. 6.- Estivo noutro colexio antes? Si. En Santiso, Vilacide e Santaia. 7.- Que diferenzas nota na aprendizaxe dos alumnos? Antes traballaban máis e as fa-

milias colaboraban en canto as esixencias de comportamento. Considerábase ao mestre a persoa que miraba polo ben deles.

12.- Prefire aldea ou cidade? Aldea, coa

súa tranquilidade. Síntome unha privilexiada neste sentido. 13.- Cre que é mellor o ensino público ou privado? Público. 14.- Cre que os libros de antes son mellores que os de agora? Si. Tiñan un nivel máis

elevado e moitas máis actividades. Estaba todo máis claro á hora de explicar. 15.- Gústanlle máis os libros en galego ou en castela? En castelá. Aos alumnos cústalles

menos, pero creo que tamén deben coñecer a lingua vernácula. 16.- Está contenta cos alumnos de este curso? Si. 17.- Botanos de menos? Claro que si. Esti-

ven moito tempo con vós e vivimos bos e malos momentos. Ademáis fostes uns dos grupos máis participativos.

8.- Pensa que os materiais tecnolóxicos inflúen moito no ensino? Respecto tódolos

avances no ensino, pero creo que hai materiais que non son estrictamente necesarios para a aprendizaxe. 9.- Cales son os problemas cos que se enfrentan os mestres na actualidade? Os

alumnos traballan moi pouco e nalgúns casos demsiada permisividade por parte das familias. 10.- Como lle parece que inflúe a educación familiar na educación escolar? A familia

é fundamental, por iso debemos ser conscientes de que a colaboración é moi necesaria. 11.- Gústalle o lugar onde vive? Moito. Aparte da súa paisaxe, temos a bondade das nosas xentes.

Entrevista levada a cabo polo alumnado de 1º de E.S.O.


A Casa da Moura 2010/2011

PASATEMPOS SUDOKU

ATOPA A SAテ好A DO LABERINTO


A Casa da Moura 2010/2011

SOPA DE LETRAS Busca os nomes de 8 parroquias de Tordoia

ATOPA AS 4 DIFERENCIAS


ATA LOGO

Alumnado 4ยบ E.S.O. CURSO 2010/2011


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.