Incencios efectos e consecuencias

Page 1


Os incendios : efectos e consecuencias sobre os rĂ­os

Curso 2013-2014 2Âş ciclo de Ed. Primaria


ÍNDICE Páxina  O río ………………………………………………………………………………………………………………………………………………

4

 Partes dun río ……………………………………………………………………………………………………………………………..

5

 Vida arredor do río …………………………………………………………………………………………………………………….

6

 Animais ………………………………………………………………………………………………………………………………………..

7

 Árbores ………………………………………………………………………………………………………………………………………….

31

 Funcións da vexetación ………………………………………………………………………………………………………………

45

 Os incendios forestais ……………………………………............................................................................................. .

46

 Restauración natural ...........................................................................................................................................

48

 Restauración artificial ........................................................................................................................................

49

 Impacto dos incendios sobre os ríos ...............................................................................................................

55

 Prevención ..................................................................................................................................................................

57

 Bibliografía ………………………………………………………………………………………………………………………………….

59


O RÍO Segundo a definición da RAE, un río é “unha corrente de auga continua e máis ou menos caudalosa que vai desembocar noutra, nun lago ou no mar”.

Pero tamén é un ecosistema vivo que se pode ver alterado por : 

lixo doméstico

verquidos industriais

augas fecais

uso de pesticidas e herbicidas

acumulación de sedimentos procedentes das escorrentías causadas pola falta de vexetación despois dun incendio

outras causas


PARTES DUN RÍO Desde o seu nacemento ata a desembocadura, un río pasa por diferentes territorios.

Nacemento

Así, diferenciamos : 

curso alto

curso medio

curso baixo

Afluente Encoro Meandros Delta

Curso a

Desembocadura

lto Curso m edio

Tamén hai diferencias en canto a plantas e animais que atopamos en cada un deles .

Curso b

aixo


VIDA ARREDOR DO RÍO Nun río e nas súas beiras viven moitos animais e plantas. A continuación analizamos as características dalgúns deles.

Animais 

Troita

Zapateiro

Ra verde

Salamántiga galega

Lagarto das silvas

Lagarta galega

Carrizo

Pega

Raposo

Porco bravo

Vacaloura

Lobo

Plantas 

Bidueiro

Amieiro

Salgueiro

Carballo

Abeleira

Acivro

Castiñeiro


TROITA Nome castelán : Trucha . Nome científico : Salmo trutta fario . Características físicas : Ten o corpo cuberto de escamas. É un peixe moi robusto, cun esqueleto forte. Ten manchas avermelladas ou negras no seu lombo. Ten moi boa vista e oído (sempre que a chapuzadura sexa na auga). Hábitat : O que máis lle gusta son os regatos de montaña e ríos que, en xeral, sexan limpos, frescos e con moito osíxeno. Alimentación : Á troita gústanlle todo tipo de invertebrados, entre eles os insectos e os moluscos. Cando son grandes comen peixes e ras. Protección : Figura como “Vulnerable” no libro vermello de España 1992.



ZAPATEIRO Nome castelán : Zapatero común Nome científico : Gerris lacustris Características físicas : Insecto de pequeno tamaño (2-3 cm de lonxitude). A súa cabeza posúe longas antenas e ollos grandes . Posúe tres longas pares de patas :as catro traseiras úsaas para impulsarse e como temón, e as dianteiras, para atrapar as súas presas. Poden voar distancias curtas. Hábitat : Vive en augas doces estancadas ou con pouca corrente . Soe invernar entre as plantas acuáticas ou herbas próximas as beiras. Alimentación : Insecto carnívoro que se alimenta doutros insectos : moscas, mosquitos, cabaliños do demo ... Protección : Non está protexido.



RA VERDE Nome castelán : Rana verde o común. Nome científico : Pelophylax perezi. Características físicas : Ollos grandes e saíntes. Extremidades fortes, membranas interdixitais amplas. Pel verrugosa de cor verde con algún ton pardo e manchas negras. É moi cantareira.

Hábitat : Vive preto dos ríos, charcas, prados, etc.

Alimentación : Todo tipo de insectos, tanto larvas acuáticas como terrestres. Tamén peixes moi pequenos.

Protección : Non está protexida. Está desaparecendo en moitos lugares de Galicia.



SALAMÁNTIGA GALEGA Nome castelán : Salamandra rabilarga . Nome científico : Chioglossa lusitanica . Características físicas : Mide sobre 12-15 cm., dos que uns dous tercios corresponden á súa cola. Cabeza pequena co morro redondeado. Ollos saltóns moi grandes . De cor parda broncínea, ten o ventre gris perla. Patas moi curtas de 4 dedos. É moi áxil e nada ben. Hábitat : É un endemismo ibérico. Só se atopa en Asturias, Galicia e o norte de Portugal. Regatos e ríos con moitos liques e humidade. É un bioindicador do estado da auga, xa que precisa augas moi limpas. Alimentación : Come de todo (entre 2 e 4 mm.): larvas de insectos e miriápodos, arácnidos... Ten hábitos nocturnos. Protección : Está considerado o anfibio ibérico máis ameazado de todos.



LAGARTO DAS SILVAS Nome castelán : Lagarto verdinegro. Nome científico : Lacerta schreiberi . Características físicas : É un lagarto mediano. Pode superar os 36 cm. de lonxitude total. As dúas terceiras partes é cola . Ten o corpo cuberto de escamas; andan coas patas e arrastrando a barriga. A súa cor é verde con abundante e fino punteado negro. Hábitat : É un endemismo ibérico. É moi común en Galicia, en zonas arbustivas e de matogueira, lindeiros de bosques... Vive nas beiras dos ríos, zonas de matorral, silvas e toxos, prados húmidos... Alimentación : Formigas, saltóns, grilos, larvas de insectos, arañas, etc., e algún froito ocasional. Protección : Temos a obriga de protexelo porque só se atopan en liberdade na península ibérica.



LAGARTA GALEGA Nome castelán : lagartija de Bocagei . Nome científico : Podarcis bocagei . Características físicas : É unha lagarta de fociño redondeado e de cabeza robusta . Mide sobre 20 cm . Son típicas as liñas verdosas e amarelas , bordeadas por outras negras. As femias son máis pequenas ; a cor verde tórnase a marrón . Hábitat : Especie endémica do NO ibérico . Atópase desde os areais costeiros ata as matogueiras de alta montaña . Prefire zonas de sol .

Alimentación : Arácnidos, insectos, formigas ...

Protección : Categoría mundial IUCN 2008: Preocupación Menor.



CARRIZO Nome castelán : Chochín . Nome científico : Troglodytes troglodytes . Características físicas : É un paxariño pequeno (non pasa dos 15 cm.). É repoludo, de cor parda, de cola curta que sempre trae para arriba .

Hábitat : Atópase ata os 1400 m. de altitude. Habita en vexetación mesta e baixa, xardíns, fragas e cultivos. Tamén se atopa preto da auga .

Alimentación : Preferentemente insectos.

Protección : Está protexido pola lei . Hai que respetalos e conservalos .



PEGA Nome castelán : Urraca . Nome científico : Pica pica . Características físicas : Plumaxe branca e negra, con irisacións verdes e azuis. Patas robustas, pico negro e forte e cola longa nos adultos. Camiña a brinquiños ou anda. Fai o niño en árbores e arbustos, cunha entrada lateral en plan despiste. Hábitat : Está adaptada a gran cantidade de hábitats, agás bosques pechados e alta montaña. Prefire as zonas agrícolas e habitadas . Está presente en toda España, agás Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla. Alimentación: E omnívora. Come miñocas, ras, ratos, grans, ovos doutros animais, etc. Protección : Non está protexida.



RAPOSO Nome castelán : Zorro común . Nome científico : Vulpes vulpes. Características físicas : As súas patas son curtas e a cola longa e espesa . Fociño puntiagudo, orellas ergueitas e ollos oblicuos .Teñen un excelente oído e olfacto.Ten o pelo de cor pardo con tons vermellos.

Hábitat : Está presente en todos tipos de terreos de Galicia, agás nas illas.

Alimentación : Come de todo : galiñas, ovos, coellos, paxaros, ratos, ourizos, toupas, froitas e insectos.

Protección : Non está protexido.



PORCO BRAVO Nome castelán : Jabalí . Nome científico : Sus scrofa . Características físicas : É un animal mamífero, moi parecido ó porco doméstico. Ten a cabeza alongada e cónica, corpo robusto con patas curtas pero moi fortes. O pé está provisto de dous dedos con pezuño. A pelaxe está formada por cerdas longas e ásperas, de cor gris escura. Hábitat : Vive en todos os bosques galegos.

Alimentación : É omnívoro, é dicir, aliméntase de todo : froitos (castañas, landras, ...), raíces, cereais, vermes, carroña, etc. Protección : A protección coa que conta regula a súa captura. É unha das especies que forma parte da lista enumerada no anexo III do Convenio de Berna.



VACALOURA OU ESCORNABOIS Nome castelán : Ciervo volador. Nome científico : Lucanus Cervus. Características físicas : É o escaravello máis grande de Europa, podendo acadar os 10 cm. Ten o corpo alongado, de cor negra ou pardo avermellada. O macho posúe unhas mandíbulas grandes que semellan cornos. A vida de adulto é curta (entre dúas semanas e un mes). Hábitat : Vive en bosques de árbores caducifolias pero tamén se atopa en prados, parques, xardíns, ... e en bosque de ribeira . Alimentación : As larvas aliméntanse de madeira en descomposición e os adultos, de zumes vexetais. Protección : É un insecto protexido xa que está en perigo de extinción .



LOBO Nome castelán : Lobo ibérico. Nome científico : Canis lupus signatus. Características físicas : É un animal de cor gris pardo. Ten os ollos resgados, bigoteiras brancas e liñas negras no frontal; orellas ergueitas e dentes moi afiados. O seu olfacto e oído están moi desenvolvidos. De hábitos nocturnos, é un animal moi social. Hábitat : Presente en terreos ásperos e de matogueira, as súas poboacións son nómades de alta mobilidade. É escaso en Galicia pero aínda se poden atopar no Courel, Ancares, Manzaneda, Queixa e Invernadeiro. Alimentación : É un animal carnívoro. Caza corzos, xabaríns, coellos ... e, en ocasións, gando doméstico. Protección : Categoría de ameaza: Vulnerable .



BIDUEIRO Nome castelán : Abedul blanco Nome científico : Betula alba Características físicas : Árbore de crecemento rápido pode chegar ata os 20 m. A casca é lisa, cinsenta ou abrancazada, con raias horizontais. As follas son romboidais e de marxe dentada, de cor verde e con algo de peluxe.

Hábitat : Está en primeira liña de río, despois dos salgueiros e amieiros. Require zonas asolladas, solos acedos e silíceos que posúen humidade de abondo. Aproveitamento : A súa madeira usouse para facer zocas, apeiros de labranza, cestos . As follas e a casca teñen propiedades medicinais. Protección : Non está protexido.



AMIEIRO OU AMENEIRO Nome castelán : Aliso. Nome científico : Alnus glutinosa . Características físicas : Pode acadar os 20 m de alto e vivir ata os 120 anos. Ten a copa moi poboada, follas arredondadas e dentadas, casca de cor parda e madeira clara, moi dura e lixeira . Son árbores moi resistentes que agroman facilmente .

Hábitat : Á beira dos ríos de toda Galicia . Forma parte dos bosques de galería xunto con outras especies . Pode darse noutros lugares sempre que haxa auga cerca . Aproveitamento: Ten usos medicinais (astrinxente, febrífugo, antirreumático, picaduras de insectos) e artesanais (muíños, pontes, zocas …) Protección : Non está protexida .



SALGUEIRO Nome castelán : Sauce ceniciento . Nome científico : Salix atrocinerea . Características físicas : Arbusto ou árbore pequena de ata 10 m de alto, con follas caducas. Posúen fortes raíces que os atan á terra. Teñen crecemento rápido e gran capacidade de rexeneración. O tronco é dereito e de cor gris ferruxe. As súas follas son alongadas, moi nervadas e finamente dentadas. Hábitat : O hábitat do salgueiro son as beiras dos ríos de toda Galicia, ó lado dos amieiros e bidueiros. Aproveitamento : Coa súa madeira fanse paíños de dentes, mistos e mangos de ferramentas. Da súa cortiza extráese a salicina, da que deriva o ácido acetilsalicílico da aspirina. Protección : Non está protexido.



CARBALLO Nome castelán : Roble albar. Nome científico : Quercus robur. Características físicas : Árbore moi lonxeva (de ata 1000 anos), de folla caduca, tronco ergueito e copa ampla . Pode superar os 40 m de alto. Cortiza gris e lisa, vólvese gretada e de cor parda . As follas son simples e moi lobuladas. Os seus froitos son as landras. Hábitat : Vive en solos profundos e algo húmidos, desde o nivel do mar ata os 1000 m. Require clima húmido, con pouca seca estival, pero resiste o frío. Aproveitamento : Foi usado na industria naval, travesas do tren, mobles, leña, carbón vexetal … Tamén ten aplicacións na menciña : queimaduras, diarreas, farinxite,... Protección : É unha especie en regresión pois foi substituída por piñeiros e eucaliptos.



ABELEIRA Nome castelán : Avellano. Nome científico : Corylus avellana. Características físicas : Arbusto de folla caduca, que se ramifica moito desde a súa base formando unha copla ampla, irregular e pouco densa. O tronco é curto e a casca é lisa e de cor marrón tirando a gris. O seu froito é a abelá . Hábitat : Vive en lugares sombríos e frescos, sobre todo nas ribeiras dos ríos e na montaña. Soporta ben os fríos invernais e non tolera a seca estival. Aproveitamento : A madeira é dura e flexible. Úsase en cestería e ebanistería. As abelás úsanse en repostería e son moi ricas en aceite. Tamén serven de alimento a roedores e pequenas aves . Protección : Non está protexida.



ACIVRO Nome castelán : Acebo. Nome científico : Ilex aquifolium . Características físicas : É un arbusto perenne que pode chegar ata os 10 m . As follas son verdes escuras coa marxe ondulada e espiñenta . Florece na primavera e da froitos vermellos no inverno . Hábitat : Localizado en toda Galicia, sobre todo nas fragas. Medra ben en territorios frescos, incluso á sombra . Aproveitamento : Úsase en xardinería pola beleza das súas follas e froitos. A súa madeira é moi apreciada en ebanistería . As súas follas e a cortiza úsanse para combater o resfriado e a febre . Protección : É unha árbore protexida en varios países europeos.



CASTIÑEIRO Nome castelán : Castaño. Nome científico : Castanea sativa . Características físicas : Árbore caducifolia moi lonxeva e grande. O tronco é oco e moi retorcido nos exemplares moi vellos. A súa copa é alta e densa . As súas follas son estreitas, serradas e con nervios moi marcados. O seu froito é a castaña . Hábitat : Prefire os chans frescos e soltos de climas húmidos . Os soutos están en lugares abrigados, no fondo dos vales e nas ladeiras con bo chan. En Galicia é moi abondoso, sobre todo en Lugo e Ourense . Aproveitamento : Madeira para mobles, cestería, alimentación, … Tamén ten propiedades medicinais e utilidade melífera . Protección : Non está protexido, salvo algúns exemplares declarados Monumento Natural pola súa singularidade .



FUNCIÓN DA VEXETACIÓN

Protexer o solo do impacto das gotas de auga.

Retrasar a chegada ó solo da auga da chuvia.

Obstaculizar as escorrentas.

Axudar á infiltración.

Fixar o terreo por medio das raíces.


INCENDIOS FORESTALES

Cando arde o monte pode ser por distintos motivos : 

Intencionados (cando son provocados polo home).

Por

descoido

das

persoas

(queimas, fogueiras...) 

Provocados por fenómenos atmosféricos (raios...).


CONSECUENCIAS DOS INCENDIOS

Os incendios matan todos os seres vivos

que viven no bosque

(animais e plantas). 

Quéimase o solo.

Coas chuvias prodúcense escorrentas.

As cinzas contaminan todo : o aire, as augas (ríos, fontes, encoros…)


RESTAURACIÓN NATURAL

A natureza trata de rexenerar o terreo queimado: brotan os fentos, nacen as primeiras herbas, agroman as primeiras árbores...


RESTAURACIร N ARTIFICIAL

Trรกtase de axudar รก natureza no seu traballo de recuperar o terreo despois dunha catรกstrofe, non de deixalo perfectamente estruturado.


RESTAURACIÓN ARTIFICIAL

Métodos de control da erosión

Sementeira de herbáceas.

Cordóns de vexetación.

Enfaixadura de troncos.

Mulching.

Estacada vertical.

Estacada horizontal.


RESTAURACIÓN ARTIFICIAL

Sementeira de herbáceas Seméntanse herbas porque son as primeiras en brotar e botar raíces. Pódese facer a man ou con máquina.


RESTAURACIÓN ARTIFICIAL

Cordóns de vexetación Fórmanse liñas con vexetación para evitar as escorrentas.


RESTAURACIÓN ARTIFICIAL

Faxinadas de troncos Aprovéitanse os troncos queimados para

facer muros que eviten os

arrastres de terreo. Tamén se fan con lonas.


RESTAURACIÓN ARTIFICIAL

Mulching Seméntase palla para evitar o impacto directo da chuvia. Pódese facer a man ou con helicóptero.


RESTAURACIÓN ARTIFICIAL Estacada

Úsanse estacas para frear as escorrentas e o arrastre de terreo. Pode ser :  Vertical: estacada vertical.  Horizontal: trampas de sedimentos.


IMPACTO DOS INCENDIOS NOS RÍOS

Se as cinzas chegan ós ríos matan todos os seres que viven neles e contaminan as súas augas.

Coas técnicas de restauración trátase de evitar que as escorrentas da auga da chuvia leven as cinzas ata o río.


PREVENCIÓN

Manter o monte limpo.

Non tirar lixo.

Non facer queimas incontroladas.

Non prender lume no monte.

E RECORDA : SE VES UN INCENDIO CHAMA Ó 112 OU Ó 085.


O LUME MATA...

“SE PERDEMOS AS ÁRBORES PERDÉMOLO TODO”.


BIBLIOGRAFÍA Para documentarnos e extraer as imaxes empregamos a seguinte bibliografía :

               

http://faunaourense.blogspot.com.es http://www.vertebradosibericos.org http://objetivonaturaleza.files.wordpress.com http://www.iberia-natur.com http://www.wikipedia.org http://parquenacionalpicosdeeuropa.blogspot.com http://www.rios-galegos.com http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/ http://centros1.pntic.mec.es/cp.alto.gredos http://ww.efeverde.com http://nea.educastur.princast.es http://fotonatura.org Enciclopedia temática ilustrada. Ed. A Nosa Terra. Mi enciclopedia del bosque. Ed. SM. Nuestros bosques. Ed. Elfos. Biblioteca visual Altea.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.