As postais de nadal

Page 1

AS POSTAIS DE NADAL


Actualmente cada vez escribimos menos postais para desexarnos Bo nadal, pois é moito máis cómodo enviarnos un whattsapp, sms, email, postal virtual ou simplemente realizar unha chamada telefónica.


Ata non hai moito esta era un costume bastante arraigado na sociedade. A sĂşa orixe a atopamos en 1843 en Inglaterra, e o seu autor serĂĄ Sir Henry Cole.

Fundador e director do Victoria and Albert Museum de Londres


O normal nesa época era escribir unha breve carta desexando o mellor ao destinatario, aínda que o problema viña cando tiñas que repetir ese ritual con cada amizade á que debías enviar tal escrito; xa que non era o mesmo escribir 10 cartas que 100.


Isto pasáballe ao noso protagonista, pois eran tantos os compromisos que debía cubrir con felicitacións do Nadal que decidiu encargar a un amigo seu, o pintor e debuxante John Callcott Horsley, que deseñase un cartón coa que poder ir logo a unha imprenta e sacar cantas copias necesitase para así aforrarse o traballo de escribir a man centos ou miles de cartas.

Primeira postal navideña realizada por J.C.Horsley (1843).


A imaxe final foi unha litografía pintada a man a cor na que se podía ver no centro da mesma a unha familia que brindaba polos amigos ausentes e nos laterais a realización de dúas boas accións (xente dando comida aos necesitados nun lado, e no outro roupa aos pobres) e na que se lía ?Bo nadal e Feliz Ano Novo para vostede?.


Aos poucos este costume irase estendendo, traspasarรก fronteiras, comezaranse a imprimir postais en serie e mesmo a realeza empezarรก a mandalas; dando orixe a unha tradiciรณn do Nadal mรกis.


COMO FACER UNHA POSTAL DE NADAL? 1. 2. 3. 4. 5.

Selecciono o formato do cartón. Elixo o motivo navideño que quero reproducir. Escollo os materiais. Recorto, coloreo, pego…. Unha vez acabada escribo o texto:

 Textos curtos, poucas palabras.  Expresa sentimentos e desexos positivos para a persoa que vai recibila: paz, prosperidade, sorte...  Non esquezas asinala!!



E AGORA TOCA POÑERSE Á TAREFA…. ALGUNHAS IDEAS PARA INSPIRARSE:


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.