Introducción al parto natural en el hospital del Salnés

Page 1

INTRODUCIÓN Segundo definición da OMS, parto normal é aquel con “comezo espontáneo, baixo risco ao comezo do parto, manténdose como tal ata o alumeamento. O neno nace espontáneamente en posición cefálica entre as semanas 37 a 42 completas. Logo de dar a luz, tanto a nai como o neno atópanse en boas condicións”. O parto non é unha situación ríxida e constante senón que é un proceso en continua evolución e cambio, de forma que en calquera das súas fases pode experimentar cambios que fagan variar a situación inicial. Imos atopar diferentes situacións que nos darán lugar a distintos tipos de partos, debemos ter en conta que a forma do inicio de parto, do mesmo xeito que o tipo de xestante de baixo ou alto risco, non asegura o tipo de parto. Así pois, podemos atoparnos que un parto que se inicia de forma inducida pode ser un parto vaxinal sen complicacións e un parto que se inicia espontáneamente pode finalizar sendo un parto instrumental ou ata un parto abdominal. Polo tanto calquera parto é susceptible de ter unha evolución normal e recibir os coidados acordes coa devandita evolución. Outros tipos de partos son os instrumentais e os abdominais, os primeiros son aqueles nos que se produce a saída do feto por medio da aplicación de fórceps, espátulas ou ventosa. E os abdominais, tamén denominados cesáreas, son aqueles nos que hai unha extracción cirúrxica do feto. A asistencia ao parto ten que estar adaptada ao cambio dos tempos, non só na vertente científica, senón tamén na faceta social, humana e familiar. A constante actualización dos coidados, debe abandonar definitivamente as pautas non validadas pola medicina científica (MBE), así como aquelas outras que xa non son aceptadas pola sociedade actual. Igualmente nestes coidados deben respectarse a autonomía persoal e o feito socio-familiar que representa o parto para a humanidade.

hospital.salnes@sergas.es Tel.986568002 Fax.986568001 Rúa Hospital do Salnés, nº 30 36619 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra


INFORMACIÓN E PROCEDEMENTOS DURANTE O EMBARAZO As xestantes e as súas parellas ou ben a persoa que lle acompañará durante o parto, que realizan o seguimento do seu embarazo no Hospital do Salnés, terán unha consulta coa matrona na semana 30 e na semana 36 de xestación. Na consulta da semana 30 a matrona: - Realizará unha charla grupal para informar dos coidados do parto e puerperio, sobre lactancia e sobre o circuíto e normas hospitalarias, así como da roupas e enseres que necesitará na súa estancia no hospital. -Entregará o plan de parto para que o leven ao domicilio e o lean detidamente coa súa parella. Na consulta da semana 36 a matrona: • •

Cubrirá de forma conxunta coa xestante e a súa parella o plan de parto, aclarando as dúbidas e problemas que poidan xurdir. Realizará unha valoración da historia obstétrica e a evolución do embarazo actual, buscando factores de risco que condicionen a atención no momento do parto. Estes factores de risco teranse en conta á hora de cumprimentar o plan de parto. Unha vez cumprimentado o plan de parto achegarase á historia clínica. No caso de que a xestante e a súa parella necesiten máis tempo para tomar decisións entregarano na próxima consulta de obstetricia ao xinecólogo ou ben o día que veñan de parto, si este ten lugar antes da consulta. No caso de que a xestante sexa candidata a unha cesárea programada por motivos coñecidos antes da semana 30 de xestación (dúas cesáreas anteriores, etc…) só pasará consulta coa matrona do hospital na semana 36, na que se dará información sobre a intervención, os enseres que necesitará durante o ingreso e cubrirase o plan de parto tendo en conta as súas necesidades. Se a xestante é de fóra da Área Sanitaria do Salnés, será remitida ao seu centro de referencia correspondente.

Tras ambas consultas a paciente terá unha idea clara do funcionamento do servizo de partos e da planta e dos coidados que vai recibir durante a súa estancia no hospital. Así como cal será o profesional sanitario que prestará os coidados nos distintos momentos.

Cómpre informar que de ser necvesaria unha cesárea programada a paciente será derivada de novo ao seu hospital de referencia.

hospital.salnes@sergas.es Tel.986568002 Fax.986568001 Rúa Hospital do Salnés, nº 30 36619 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.