A voz dos nen@s

Page 1

A VOZ D@S NEN@S Colexio Alborada Curso 2014/2015

PublicaciÓn ANUAL COORDINADA POLO EQUPO DE DINAMIZACIÓN da lingua galega DO CEIP “ALBORADA”


LIMIAR Saúdos para toda a comunidade educativa e demáis lectores e lectoras de “A Voz d@s nen@s”. Outro curso máis, está fóra do prelo, un novo número deste xornal que, como cada ano, sae a luz grazas ao traballo conxunto do alumnado, profesorado e familias. Sen esta colaboración non sería posible a súa publicación. Por iso, dende estas páxinas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, damos as grazas a todos e todas os implicados, polo traballo desenvolvido e que amosaremos ao longo destas páxinas. Un dos obxectivos fundamentais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega é promover o uso do noso idioma porque consideramos que é o signo de identidade do noso pobo, e máis nestes momentos onde a nosa língua peligra por ser pouco falada. Para levar conseguir este obxectivo, amosaremos algunha das actividades feitas para tal fin. Unha delas é o proxecto “Contos a carón da lareira”, onde as familias colaboran desinteresadamente relatando contos na nosa lingua, ao alumnado dos Ciclos de Educación infantil e Primaria. Este curso como o ano anterior ampliamos esta actividade a cantos ou cantigas, pasando a chamarse “ Cantos e contos a carón da lareira”. Con esta actividade queremos manter viva a tradición oral, tan presente na nosa cultura. Desde estas páxinas queremos dar as grazas as familias colaboradoras e emplazalas para o vindeiro curso porque é a nosa intención darlle continuidade. Tamén nestas páxinas queremos reflectir o labor desenvolvido polo profesorado, fóra do seu labor docente. Desde o Colexio Alborada queremos transmitir valores como o respeto e coidado do medio natural, o respecto ás diferentes culturas e formas de aprender e para isto o profesorado organiza grupos de traballo sobre estas temáticas para reflexionar e formarse. Este curso os grupos xiraron en torno a: Participación noproxecto “ Voz Natura”, sobre a creación dun horto ecolóxico, para aprender a mellorar a nosa calidade de vida e o medio natural.  A educación emocional, outra forma de educar, atendendo as emocións. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este ano está adicado o investigador Xosé Filgueira Valverde. Non podía faltar, nestas páxinas, a homenaxe a este autor, figura clave da cultura galega. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos ser optimistas e vemos un futuro esperanzador para o noso idioma, a pesar de que hai estudos que sinalan a involución do galego, debido a políticas lingüísticas pouco propicias coa normalización. E con noso traballo, queremos colaborar a que o galego sexa prestixiado e falado como se merece para que algún día escoitemos a nosa fala polas rúas das cidades e das aldeas.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA


CELEBRAMOS AS FESTAS POPULARES: O MAGOSTO… Agardamos varios días, por mor do tempo pero ao final comemos castañas e tamén realizamos xogos populares para celebrar o magosto.

Que ben o pasamos !


E tamen festexamos o samain


non esquecemos o Nadal e os REIS MAGOS

E Cantamos Panxoli単as



Celebramos o dia da Paz e da non violencia co lema “ o alborada pola tolerancia�

E non podiamos esquecer o antroido, que este ano foi adicado aos animais da horta


O colexio encheuse de bolvoretas,abellas, galiñas, vermes, xoaniñas, galiñas… e ata fumigadores e desfilamos polas rúas do noso barrio…


Foi un dĂ­a ben divertido, malia choiva que empezou a caer !


Contos a caron da lareira Unha das actividades que levamos facendo dende hai varios cursos e na que participan as familias é “contos e cantos a carón da lareira”, e da que nos sentimos moi orgullosos porque cada vez a participación é maior. Considerámola unha das actividades de referencia para o fomento da nosa língua. Sabemos do esforzo que fan algúns participantes e, por iso, damos as grazas desde estas páxinas. GRAZAS A TODAS E TODOS : PAIS, NAIS, AVÓS, AVOAS, TÍAS…!!!


.




Grazas familias, por colaborar en “contos e cantos a caron da lareira � !


PREMIOS DE III CONCURSO DE DEBUXO DE E.I. 3 anos A aulas de 3 anos A e C, son gañadoras da modalidade de debuxo pola súa composición dos seus autorretratos.

3 anos B tamén fixo a súa composición sobre a primavera e faise co premio de debuxo.


PREMIOS DE III CONCURSO DE poesia DE E.I.

Os rapaciños e rapaciñas de 4 anos A, B e C son os premiados na modalidade de poesia, por esta composición que forma parte dun proxecto sobre as diferenzas da escola rural e a urbana e na que visitarán a escola de Oca.

5 anos a, b, c Os gañadores son os pequerrechos/as de 5anos polo seu poema de despedida da etapa de Infantil


COMO TRABALLAMOS ! Aqu铆 am贸sanse os proxectos de traballo que levaron a cabo as aulas de E.I. durante o curso.



Premios do 1ยบ ciclo Poesia 1ยบ curso


Premio de Relato curto A gañadora é Nuria Camiño de 2º A, por este contiño:


Premios de debuxo 1º e 2º O galardonado de 1º curso foi ISAAC de 1º C. O de 2º curso correspondeulle a KAMILA de 2º B. Son retratos de Filgueira Valverde, feitos coa técnica de ceras brandas.

Premios do 2º ciclo de e.p. O premio de 3º curso é para Chayma Najah de 3ºB. Noa de 4º A obtén tamén o galardón.


Premios de poesia 3º curso O galardón de poesía de 3º curso, foi para Eva Fernández de 3ºA, polo seu poema sobre as Letras Galegas. O de 4º curso, para guillermo Longo de 4º A.

Premios de relato curto do 2º ciclo Juan Casas del Río, de 3º A obtivo o premio e Isis Fuentefría, de 4º A, faise co galardón desta categoría.


PREMIOS DE BANDA DESEÑADA 2º CICLO O premio foi para Antía Mayán garcía de 4º B. Tamén recibe unha mención especial, Gabriel Mouriño, de 4ºB, polo seu traballo tan elaborado.

PREMIOS DE 3º CICLO POESIA 5º curso

Alba e Aroa de 5ºB fánse co premio pola súa composición poética sobre as Letras Galegas.


Premio poesia 6º curso Nerea Viñas de 6ºcurso é a premida nesta modalidade.

Premios de relato curto

5º curso Marina Torres Rey de 5º A foi a gañadora do seu nivel, nesta modalidade.


6º curso

O premiado deste nivel é Miguel Rodríguez de 6º, polo este relato:

Premios de debuxo Isabel P.S. de 5º B é a gañadora desta modalidade e Lucía Agra, a de 6º Curso.


Traballos dos diferentes cursos 6 curso Lara Sánchez Naveira, de 6º A, explícanos o que son os maios. Miguel Rodriguez, foi xornalista por un día, escribindo esta nova.

5º curso A Torre de Hércules


4º curso Lucía Castro Seoane de 4º A, realizou o debuxo do horto do colexio. Alenjandro de 4º B, ilustrou un poemiña.

PASATEMPOS A PASALO BEN CON ESTES SUDOKUS Lara Sánchez Naveira e Martín Trillo de 6º curso son os autores

!


A resolver este labirinto !

O autor é Miguel Rodríguez Mosquera, de 6º curso.

Os 9 erros Nerea Viñas de 6º propón que atopes os 9 erros do debuxo 2.


Para Cavilar ! ! Nerea Vi帽as prop贸n estes pasatempos para resolver.

???


PARTICIPAMOS EN VOZ NATURA No presente curso participamos na XVIII edición do PROGRAMA VOZ NATURA que se titulou “Sementa ideas, recolle futuro” e que tivo como finalidade o crear un horto ecolóxico e aprender a mellorar a nosa calidade de vida e o noso medio natural. O título do noso proxecto para este curso foi: “QUEREMOS UN HORTO PLANTAR E A NATUREZA APRENDER A COIDAR”. O desenvolvemento e crecemento da nosa cidade trouxo consigo grandes cambios (podemos votar una ollada a exposición de fotos antigas que elaboramos no pasado curso dentro do proxecto de Voz Natura). Este desarrollo levou á progresiva desaparición de hortos que hasta non fai moitos anos se localizaban perto do noso colexio. Incluso no lugar onde hoxe estamos ubicados se extendía o lugar de “A GRANXA” (nominación que todavía usamos para chamar ao campo de fútbol próximo ao noso barrio) O horto escolar pode ser un interesante instrumento para salvar este tema dende unha perspectiva vivencial e de responsabilidade persoal. Que nos decantemos por un horto ecolóxico supón coñecer unhas técnicas máis respectuosas coa nosa saúde e co medio, servíndonos ao mesmo tempo para enlazar coa nosa cultura máis próxima, presente nas persoas de máis idade do noso ámbito. Valorar os coñecementos dos nosos maiores, en especial avoas e avós, ser responsable da boa marcha da colleita, coñecer os ciclos dos seres vivos e as súas interaccións, comer produtos saudables e que sementamos nós mesmos, son obxectivos que pretendemos co noso traballo. Cada nivel dispuxo de días concretos para realizar tarefas de sembrado, seguimento dos semilleiros, plantacións e rego do horto. O ciclo terminará coa recolección dos productos cosechados.


DIA DAS LETRAS GALEGAS 2015, ANO de xose filgueira valverde

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de Outubro de 1906. Faleceu o 13 de Septembro 1996 ós 99 anos de idade. Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións. A súas obras Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar. Como narrador destacan “ Os nenos”, “ o Vigairo” e “Quintana Viva”.


Despedimos a 6Âş curso que comeza unha nova etapa na sua vida estudiantil

Non esquezades os valores aprendidos neste colexio: a amizade, a tolerancia, o respeto AOS DEMAIS, A COOPERACION, o esforzo, a responsabilidade‌

Sorte, rapazas e rapaces !


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.