Faladeiros 2012 13

Page 1

C.E.I.P. “A RÚA”

Curso 2012/13

Número 49

SUBVENCIONADA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA

E

FAUNA FLORA DO

NOSO ENTORNO


FALADEIROS Nยบ 49


Editorial Unha vez lin: “O patrimonio dunha comunidade é esencial para que os seus membros podan preservar a súa identidade e autoestima, se beneficien da súa diversidade e da súa historia e que entre todos podan construír un futuro mellor”. Quen dixo esta frase era unha destacada científica da organización UNESCO, da que non recordo o seu nome. Creo que é unha chamada para salvagardar a nosa diversidade, a nosa cultura, a nosa historia...Pero non sempre foi así, noutro tempo os montes, as fragas, as plantas, as árbores e os animais ocuparon un lugar moi importante na nosa vida. Co traballo que este curso dedicamos ó “Tema Núcleo” o que quixemos foi volver a apreciar estas facetas que por un lado están a desaparecer da nosa vida. Como todos os anos, saúdos e parabéns aos alumnos e alumnas de 6º curso que este ano nos abandonan para seguir os seus estudios. Non vos esqueceremos e estaredes sempre con nós!. O CEIP A Rúa será sempre a vosa casa!

SUMARIO

Por último, queremos agradecer a nosa compañeira Chus os seus anos de traballo, amizade, paciencia, amabilidade... que nos dedicou en todo momento e que en este curso nos deixa para disfrutar dun máis que merecido descanso. Sempre estarás con nós e entre nós.

EDUCACIÓN INFANTIL E. Infantil 3 anos, 2 E. Infantil 4 anos, 3-4 E. Infantil 5 anos, 5-6 PRIMARIA 1º e 2º de Primaria, 7-15 3º de Primaria, 16-20 4º de Primaria, 21-25 e 28 5º de Primaria, 29-33 6º de Primaria, 34-41 DÍA DAS LETRAS GALEGAS Roberto Vidal Bolaño, 26-27

DESPEDIDA A NOSA AMIGA, 52

COLABORACIÓN CO C.E.I.P DO HÍO, 49-50

ESPECIALISTAS, 42-43 BIBLIOTECA, 44 ANPA A RÚA, 51

FALADEIROS 1


E. INFANTIL - 3 ANOS

O DÍA 19 DE DECEMBRO CELEBRAMOS NO COLE A CHEGADA DO NADAL. OS NENOS DE INFANTIL AGARDABAMOS IMPACIENTES A CHEGADA DOS REIS MAGOS PARA PODER DARLLE A CARTA CON TODOS OS NOSOS DESEXOS. ¡POR FIN VIÑERON! ¡XA ESTABAN AQUÍ!

UN A UN, IAMOS ENTREGÁNDOLLE A NOSA CARTA .

E OS REIS, QUE SABEN QUE SOMOS MOI BOS, DÉRONOS UNS CARAMELIÑOS.

2 FALADEIROS


E. INFANTIL - 4 ANOS

O ENTROIDO O venres 8 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido. Comezamos degustando produtos típicos destas datas como orellas, filloas

que os

nenos e nenas trouxemos da casa. Estaba todo riquísimo!!! Despois empezamos a prepararnos para o desfile. Este ano, tendo en conta o tema núcleo do centro, disfrazámonos de trasnos do bosque. Puxemos os nosos disfraces e fixemos un desfile ao redor do colexio. Que guapos íamos!!! Ao rematar o desfile cantamos a nosa copla “Os trasniños” que levabamos ensaiando toda a semana. E, por último, vimos a queima do meco que se realizou no patio. FALADEIROS 3


E. INFANTIL - 5 ANOS

DOIRO OBRA

DA

A NATUREZ

Na clase de catro anos realizamos unha plantación dentro do noso obradoiro da natureza. Uns plantamos lentellas (porque quero saber como son, porque me gustan moito…) e outros plantamos fabas (porque son máis ricas, porque son máis grandes e a planta será máis grande, porque non as comín nunca…). A miúdo coidámolas, regámolas e observámolas para ver como van crecendo. Deste xeito puidemos comprobar se se cumprían ou non as nosas ideas iniciais: as fabas saen de máquinas e as lentellas están no supermercado porque as leva alí un señor.

4 FALADEIROS


E. INFANTIL - 5 ANOS

MAGOSTO

FALADEIROS 5


1º CICLO

“MEDRANDO XUNTOS” OS NENOS/AS DE INFANTIL ESTAMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS SOBRE AS PLANTAS E OS ANIMAIS DO NOSO ENTORNO. DENDE AS NOSAS AULAS PODEMOS OBSERVAR OS CAMBIOS QUE SE PRODUCEN NA NATUREZA, AS ÁRBORES, AS SÚAS FOLLAS E AS DISTINTAS CORES QUE TEÑEN EN CADA ESTACIÓN DO ANO, OS ANIMAIS, COMO OS PARRULIÑOS, QUE CADA ANO NOS VISITAN COA PRIMAVERA, PERO ADEMÁIS ESTE ANO SAÍMOS UN POUCO MÁIS A FÓRA DO NOSO PATIO: O RÍO SAÍÑAS ESTÁ SENDO UN LUGAR MOI ESPECIAL PARA O COÑECEMENTO DA FLORA E DA FAUNA DA NOSA COMARCA. DE

DESPOIS DE LIMPAR E LIBRAR DE

ALUMNOS DE 5º

“MALAR HERBAS” O ENTORNO DO

CURSO

RÍO, DECIDIMOS DELIMITAR A SÚA

UN

GRUPO E

OS

NENOS/AS DE 5

MARXE CON PEDRAS PARA MELLO-

ANOS, DECIDI-

RAR O SEU ASPECTO.

MOS XUNTARNOS PARA

LIMPAR E

RECOLLER. TODO

O

LIXO

QUE RODEABA O NOSO

RÍO.....

ENCHEMOS MÁIS DE TRES SACOS DE PAPEIS, PLÁSTICOS E ENVASES DETODO TIPO....

E DESPOIS DUNHAS XORNADAS DE TRABALLO, ASÍ DE FERMOSO QUEDOU O NOSO RÍO...

6 FALADEIROS


1º CICLO

TEMA NUCLEO Os nenos/as de 1º Ciclo fixemos este mural con fotos de animais do noso contorno. Este ano a clase dos nenos/as de 1º é a das “margaridas” e a dos nenos/as de 2º é a dos “gatiños”. Os pais e as nais axudáronnos a facer as fotos, tamén adornamos o mural con debuxos de margaridas e de gatiños. Esta é a información da GAIVOTA que completamos entre todos e todas despois de buscar información coa axuda das nosas familias.

FALADEIROS 7


1º CICLO

Esta é a recreación que fixemos entre todos e todas do recitado “Xan Pericán”. Nós titulámolo:

RAMÓN TARDÓN Ramón tardón enriba dun avión, o avión era forte tirouno no monte, o monte era escuro tirouno no muro, o muro era duro tirouno nun tubo, o tubo era quente e nel había xente, a xente choraba e Ramón a consolaba.

8 FALADEIROS


1º CICLO

A FESTA DO ENTROIDO NO COLEXIO NO COLEXIO DE A RÚA CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO O DÍA 8 DE FEBREIRO. AO ENTRAR FIXEMOS TAREFAS, DESPOIS MERENDAMOS FILLOAS, ORELLAS, GALLETAS... CANDO REMATAMOS FOMOS AO RECREO. MÁIS TARDE NOS DISFRAZAMOS DE GATIÑOS, DESFILAMOS, CANTAMOS A COPLA E POR ÚLTIMO QUEIMAMOS O MECO. PASÁMOLO MOI BEN.

FALADEIROS 9


1º CICLO

O BOSQUE ENCANTADO FAI MOITO TEMPO UNHA NENA ATOPOU UNHA CASA VELLA NUN BOSQUE. ENTROU E VIU QUE ESTABA ESCURA COMO A NOITE. DE REPENTE APARECEU UNHA PANTASMA , A NENA SAIU CORRENDO E ESCONDEUSE DETRÁS DUN CASTIÑEIRO. AO POUCO TEMPO ABRIUSE UN OURIZO E CAEULLE UNHA CASTAÑA ENCANTADA NA CABEZA. BERROU FORTE E EMPEZOU A VER PANTASMIÑAS PEQUENAS ARREDOR DA CABEZA. DESPOIS CONVERTEUSE NUNHA BRUXA FEA CUNHA VERRUGA NO NARIZ. SAIU VOANDO NUNHA POLA DE ÁRBORE ENCANTADA E ATOPOUSE CUN MORCEGO. FIXÉRONSE AMIGOS E FORON BUSCAR A PANTASMA. ENTRE OS TRES DEDICÁRONSE A ASUSTAR A TODAS AS PERSOAS QUE ENTRABAN NO BOSQUE A NOITE DO SAMAÍN. E COLORÍN COLORADO ESTE CONTO ENCANTADO ESTÁ REMATADO.

FIN 1O FALADEIROS


1º CICLO

ACRÓSTICOS AN GALERÍAS DEBAIXO DA TERRA S SOLDADOS NON DEIXAN SAÍR ÁS CRÍAS AÍÑAS HAI NOS FORMIGUEIROS OI UNIDAS TRABALLAN MOS ESTUDIALAS ARDAN A SÚA COMIDA PARA O INVERNO NDAN FACENDO RINGLEIRAS EIS PATIÑAS TEÑEN ATO É MAMÍFERO RAÑA COAS SÚAS ZARPAS EÑEN BIGOTE S GATOS SON OVÍPAROS ON XOGUETÓNS

AS NOSAS ADIVIÑAS

O

FALADEIROS 11


1º CICLO

O ZAPATEIRO Fai moito tempo un zapateiro vello estaba cosendo uns zapatos, mentres escoitaba música clásica. Pasou un bo rato e entrou na zapatería un señor que quería arreglar unha chancleta que se lle rompera o ano anterior.

Mentres falaban, entrou un ladrón e rouboulle algúns pares de zapatos e a máquina rexistradora. O zapateiro, que viu todo o que aconteceu, colleu a súa bici e saíu a toda mecha detrás do ladrón. Cando case estaba a punto de collelo, pinchóuselle unha roda e o ladrón fuxiu a fume de carozo. 12 FALADEIROS


1º CICLO

O 17 de abril veu á biblioteda do colexio de A Rúa Anxo Moure, contounos o conto que se titulaba "O carballo con botas". Recordounos que temos que respectar coidar

e as

árbores. Foi moi divertido. Bail a m o s , cantamos e repetimos moitas palabras. Participaron Nerea, Adri, Aïcha.As p r o f e s t a m é n bailaban. FALADEIROS 13


1º CICLO

Na noite do cinco de xaneiro pasou a cabalgata de Reis por Cangas e outras cidades. Os Reis ían en carrozas grandes acompañados de nenos e nenas. Cando pasaban tiraban caramelos. 14 FALADEIROS


1º CICLO

COUSAS DE GATOS O nome ciéntifico do gato doméstico é Felix catus. Son vivíparos. Son depredadores, poden alimentarse de animais de diferentes especies. Normalmente un gato pesa entre 2,5 e sete quilos. Sen embargo existiron casos de gatos que superaron os 23 quilos por unha mala alimentación. Os gatos domésticos machos teñen unha esperanza de vida entre 12 e 14 anos, mentres que as femias soen vivir dous anos máis. O gato que máis tempo viviu ata o de agora foi 36 anos. Poden saltar aproximadamente de 2,5 a 3,5 metros de altura. Hai docenas de razas. Algúns non teñen cola. Os gatos durmen de 16 a 18 horas diarias. Hai unha crenza de que a maioría dos gatos brancos cos ollos azúis son xordos. Os bigotes sérvenlle para medir as distancias Os gatos teñen cinco garras nas patas dianteiras, nas traseiras teñen catro. Non só os gatos machos teñen bigotes, tamén os teñen as femias. O gato é un animal doméstico pero tamén hai salvaxes e rueiros. Hai gatos de distintas cores e tamaños, tamén de pelo longo e pelo curto. A todos lles encanta estar ao aire libre. Se un gato levanta a cola e a mantén totalmente estirada cara arriba significa que te está saudando. Cando se frota contra ti é porque te está amosando como parte do seu territorio. Fanlles máis caso as mulleres que aos homes porque reacionan mellor ante un ton de voz agudo. Teñen unha excelente visión nocturna. Despois de comer lávanse inmediatamente. Ten 32 músculos en cada orella ademais funcionan como antenas parabólicas que se dirixen cara a fonte de son. Todos os gatos nacen cos ollos azúis e despois cambian de cor. Non poden tomar alimentos doces. Os gatos tricolores sempre son femias. Se deixas caer un gato, sempre cae de pé. O gato camiña e corre movendo as patas dianteira e traseira do mesmo lado. Só o camelo, a xirafa e o gato teñen estas particularidades.

FALADEIROS 15


3º DE PRIMARIA

POESÍA Había unha vez un gato que durmía nun zapato. Había unha vez un coello que saltaba como un vello. Había unha vez unha bruxa que voaba como unha curuxa. Había unha vez unha bolboreta que dicía todo ó pé da letra. Había unha vez un esquío que tiña sempre moito frío. Había unha vez unha lavandeira que voaba xunto a unha bandeira. Había unha vez un gorrión que voaba como un avión. Había unha vez un merlo que encontrou moito diñeiro. Había unha vez un parrulo que quería ser moi chulo. Eu vin a unha xoaniña falando cunha galiña. Miguel coñece a un rato que vive nun burato. Había unha vez unha bruxa que voaba como unha cuxa. Nos sabemos dun xabaril que pasea por Marín. Eu miro a unha abella que pasea cunha vella. 16 FALADEIROS


3ยบ DE PRIMARIA

FALADEIROS 17


3º DE PRIMARIA

1.-Ainda que a miña aparencia é moi seria, e sempre vou vestido de loito, nas noites de verán cantando e cantando, eu disfruto.

AS NOSAS ADIVIÑAS 2.- Son amiga da lúa, non me gusta o sol, e cando amañece, apago o meu farol

Quen son? __________

Quen son? __________

3.-Vivo no bosque, trepo aos arbores,como piñóns. E, anque non teño as,parece que bo como os avións.

4.- Asusto coas pinzas e fuxo por detrás.

Quen son?

_____

5.-Son pequeno e vivo na mazá. Empezo polo V e acabo polo E. ¿Quen son? _________ 7.- É unha planta herbácea, non é dente nin é león. E con ela gústanos xogar e gústanos soprar. Que é? __________ 9.- Teño grandes ollos, corpo cuberto de plumas. Vexo mellor pola noite e xiro de todo a cabeza. ¿Quen son ? _______ 11.-Parézome a un vampiro. Aínda que voo non son ave, son mamífero. Quen son?__________ 13.-Eu teño un animaliño que semella un paxariño que voa e revoa ó vento e póusase nunha flor.

¿Quen son? ________ 6.- É do tamaño dunha noz, sube a costa e non ten pes. ¿Quen é? ______ 8.- Verde nace, verde se cría, e sube os troncos cara arriba. ¿Que é ? ______ 10.-Son unha planta herbácea, que medro en moitos lugares e sé me tocas, haste rascar porque pico. Quen son? _______ 12.-Adiviña,adiviñanza, son verde como a lima, gústame a auga como ós peixes. O meu menú preferido son as moscas que atrapo coa miña lingua. Quen son? __________ 14.-Adiviña que animal é: ten pinchos nas costas, ten un fociño de porco, e as patas cortiñas. Quen son? ______

Quen son?_________ 18 FALADEIROS


3ยบ DE PRIMARIA

DITOS SOBRE ANIMAIS E PLANTAS

FALADEIROS 19


3º DE PRIMARIA

EXPERIMENTO COA CAIXA NEGRA 1 .-Plantamos a faba e despois a regamos. .-Mentres nacía a faba faciamos a caixa negra: collemos unha caixa larga e dentro puxémoslle 3 estantes con furados en distintos lugares. Na parte superior fixemos outro oco para que entrase a luz. 2

3 .- Colocamos a planta dentro e fomos observando como medraba e ía buscando os ocos dende salia a luz. 4 .- Despois de varios días, saíron as follas polo oco superior. 20 FALADEIROS


4ยบ DE PRIMARIA

RECOLLIDA DE TAPร NS

FALADEIROS 21


4º DE PRIMARIA

D U A T MO S S E Este curso os nenos e nenas de 4º curso estudamos a poboación en Coñecemento do Medio e o aplicamos confeccionando unhas gráficas sobre a poboación do noso pobo segundo as idades, os sexos e as nosas parroquias . Primeiro buscamos información en interne e logo fixemos gráficas como as que vedes aquí:

22 FALADEIROS


4ツコ DE PRIMARIA

E

PRACTICAMOS COAS

GRテ:ICAS FALADEIROS 23


4º DE PRIMARIA

Este ano no colexio traballamos sobre as plantas. Fixemos un herbario con moitas follas e quedounos moi ben. Plantamos algunhas sementes por exemplo castañas,landras,aguacates e xudias. Tamén escribimos e buscamos adiviñas, poesías e refráns sobre plantas e árbores.

24 FALADEIROS


4º DE PRIMARIA

Anxo Moure O mércores 17 de abril viunos visitar Anxo Moure, é un escritor amante das árbores. Dicíanos que era o carballo con botas. Ensinounos a coidar as árbores e nos preguntaba nomes de árbores . Sacaba rapazas ao escenario para interpretar persoaxes.

Contounos unha historia de amor que trataba dunha nena (Candela de 5º) que todas as mañás preguntábanlle: que soñou o bosque? A todas as clases regalounos un libro chamado “O carballo con botas “ .Escribiuno el.

FALADEIROS 25


ROBERTO Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela no ano 1950. Foi escritor e actor de teatro ao que se lle dedica este ano 2013 o “Día das Letras Galegas”. Xa de mozo iniciouse no mundo do teatro da man do grupo teatral Antroido. Acudiron ás Mostras de Teatro de Ribadavia (1973-1980) nas que Roberto se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo. Vidal Bolaño foi esencial no teatro galego xa que promoveu a súa profesionalización. Foi un dos actores máis coñecidos en Galicia naquela época, e tamén moi importante a nivel internacional.

26 FALADEIROS

Debido o seu despido no ano 1977 do banco no que traballaba, este dramaturgo veuse obrigado a converter o grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron no teatro institucional escenografiando, coa colaboración do Centro Dramático Galego, a súa obra “Agasallo de sombras” en 1984. Ademais de dedicarse á dramaturxia, escribiu guións para Televisión de Galicia e Televisión Española. Incluso participou como actor en varias series de televisión moi coñecidas como, por exemplo, “Mareas vivas”. No ano 2001 representou “Rosalía”, a obra que Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958. As súas últimas actuacións foron co grupo Teatro do Aquí, a súa compañía dos últimos anos. Vidal Bolaño morreu no ano 2002 en Compostela dun cancro de pulmón.


VIDAL BOLAÑO A súa obra destaca polo pesimismo, a derrota e unha crítica á modernidade, tal vez influído por Otero Pedrayo que defendeu unha recuperación do popular. Traballou no teatro histórico arredor da figura de Rosalía de Castro; ademais unha das súas maiores influencias foi a do teatro de Valle-Inclán. Nas súas obras cóidase o diálogo co público. Representacións destacadas Vidal Bolaño destacou como actor, director, escenógrafo e iluminador. Laudamuco, Señor de Ningures (1976) Bailadela da morte ditosa (1980) A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán-Vello) Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985) Caprice des Dieux (1996) Anxeliños. Comedia satánica (1996) La Lengua de las Mariposas (1999) Mar Revolto (2001)

Roberto Vidal Bolaño foi unha persoa moi interesante que morría polo teatro. Está claro que viviu para iso e, investigando sobre a súa vida, descubrimos que traballou nunha película que visionamos na clase de Atención Educativa, “A lingua das bolboretas”, na que facía o papel de pai do protagonista. Este escritor foi unha revolución para o teatro galego xa que o levou a unha categoría superior, a nivel de toda España.

Obras escritas destacadas Laudamuco, Señor de Ningures (1976) Bailadela da morte ditosa (1980) Agasallo de Sombras (1992) Días sen Gloria (1992) Saxo Tenor (1993) As Actas Escuras (1994) Rastros (1998) Día que os Cífanos Deixaron de Zoar Ensaio Perspectivas do Teatro Galego (2002) FALADEIROS 27


4º DE PRIMARIA

EXCURSIÓN A VIGO O 22 de abril fomos a Vigo a ver o casco vello e unha obra de teatro. Fomos os nenos de 3º e 4º en autobús e aparcamos diante do centro comercial da Laxe. Vimos a casa mais antiga de Vigo que se chamaba casa “Arines o Ceta”,estivemos dentro da Concatedral e había uns mosaicos muy bonitos, estivemos na Praza da Constitución que da entrada ó casco histórico da cidade e habia un reloxo de sol, estivemos na rúa Real, onde no número 12 se imprimiu por primeira vez ‘’Cantares Galegos” de Rosalía de Castro , vimos a fonte do Anxelote que estaba na praza da Princesa onde se veía o Sireno , despois fomos merendar e marchamos ó teatro. No teatro vimos unha obra que se chamaba ‘’Na percura do tesouro” trataba dun home que vivía no monte .Estaba tocando a flauta e se atopou uhna moura que estaba peiteándose .Díxolle que tiña que superar catro probas para conseguir un tesoro que se atopaba na cova . Pouco a pouco foi superando as probas con axuda dos seus amigos. Cando superou as probas o tesouro era a moura.

28 FALADEIROS


5ยบ DE PRIMARIA

O PROXECTO ABALAR

FALADEIROS 29


5º DE PRIMARIA

Excursión a Vigo

Autora: Inés Entenza 30 FALADEIROS


5ยบ DE PRIMARIA

FALADEIROS 31


5º DE PRIMARIA

PELÍCULA CRIADAS E SEÑORAS Ola a todos. Fai pouco en atención educativa, vimos a película "Criadas e Señoras" que se trata do que pasaba no sur dos EEUU no século XX coas criadas negras. O titulo orixinal da película en inglés é "The Help", porque na película as criadas piden axuda. Despois de ver a peli fixemos unha posta en común sobre que actitudes nos chamaron a atención sobre como trataban os brancos ós negros: •Os brancos non querían que os negros utilizasen os mesmos baños. •Cando dispararon a un negro, botaron ós negros do autobús e os brancos quedaron nel, achegando a estes á súa casa. Os brancos e os negros non estaban sentados no mesmo sitio no autobús. •Había unha muller branca, unha das protagonistas, que quería ser escritora e escribiu un libro sobre os negros para a súa defensa. •Había o KKK (Kukusklan) que mataba ós negros de forma organizada. •Pasaban os criados negros en herdanza, coma se fosen obxectos. •As mulleres brancas non coidaban case nada aos seus fillos/as (e pegábanlles) , só as criadas se ocupaban deles. •Había un hospital só para negros. •Tampouco podían compartir igrexa. Despois a profe leunos un texto sobre as prohibicións que tiñan os negros nesa época que, o lela, calquera quedaría coa boca aberta. Os negros tiñan prohibido: •Sentarse a comer cos brancos. •Probarse prendas ou zapatos nuns almacéns. •Vivir en barrios brancos. •Beber auga das fontes públicas. •Nadar en piscinas públicas •Entrar nos concellos pola porta principal. •Ir a un perruqueiro branco. •Ir a un dentista branco. •Recibir unha transfusión de sangue dun doante branco. •Viaxar xunto aos brancos nos autobuses, nos trens e incluso nos ascensores. •Lavar a roupa nas mesmas máquinas que os brancos. •Casar cos brancos. •Ir a escola cos brancos. •Atuar aos brancos. •Usar a mesma sala de espera que os brancos na consulta dos médicos. •Prestar xuramento para testemuñar ante un tribunal, agás que o fixeran sobre unha biblia para negros. •Ser internados nas mesmas prisións ou reformatorios que os brancos. •Entrar nos corpos policiais. •Votar ou ser candidatos a cargos políticos. •Ser enterrados xunto aos brancos nos cemiterios. ¡Meu Deus!, prohibíase aos negros gran cantidade de cousas. Gustoume moito a película porque aprendín moito e sei que foi inxusto que os brancos trataran así aos negros. Autor: Ían Vilariño

32 FALADEIROS


5º DE PRIMARIA

As herbas e os cachos • É unha tradición galega que consiste en botar herbas aromáticas nun recipiente con auga de sete fontes deixándoas ó orballo da noite. Ó día seguinte, lávaste a cara coa auga e disque che dará boa sorte todo o ano, espantando ó demo, as meigas e as envexas. • Herbas que forman parte do cacho: (as sete primeiras son as fundamentais, que non poden faltar) -romeu (romero) Serve para dar masaxes e curar as inflamacións. -herba luisa Fanse infusións para curar a dor de barriga. -fiúncho (anises) Utilízase para cocer castañas. Serve para curar a dor de gases. -herba de San Xoan -fento macho -malvarosa -codeso -lirio -peineta (fento rizado) -silvas. Bótanse as que medran mirando cara ó mar. Segundo a tradición, póñense enriba do cacho para que o demo non cague nel. -malvaloca -follas de laranxeira -ourego (orégano) Serve para curar o catarro e a diarrea. -herba limona (melisa) -lavanda -xarxa (salvia) Sobre as herbas anteriores poden botarse, para que o demo non cague no cacho, estrugas, silvas ou toxos. É habitual que alguén faga de demo e apareza unha sorpresa no cacho, polo que... ¡¡¡coidado co lugar onde se coloca!!!

(Texto colectivo elaborado con toda a información recollida entre todos os alumnos/as de 5º de Primaria) FALADEIROS 33


6º DE PRIMARIA

CARBALLO O carballo é un árbore de folla caduca(un árbore que lle cae a folla no outono-inverno). O carballo é nativo do hemisferio norte. Os carballos esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou clima mediterráneo. Medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. Caracterízanse por ser árbores vigorosas e fortes e polos froitos: as landras. Diferentes especies de carballos son moi comúns en toda Galicia, salientando o carballo común. De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira. As carballeiras están sendo deforestadas debido a plantación de piñeiro bravo ou o eucalipto; con todo, estase incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior, igualmente esta case ameazada pola extinción, debido ós incendios, e durante os anos 60 cortáronse moitos para facer as travesas do tren. É unha árbore de gran tamaño, que pode alcanzar 40 metros de altura e ata 2 metros de diámetro no tronco, cunha cortiza gris pálida, copa ampla, follas glabras (quere dicir que non teñen ningún pelo) flores masculinas e femininas en pequenos ramos colgantes.

A LL FO

LANDRA

ÁRBORE

EUCALIPTO : Eucaliptus Globulus. : Eucaliptos.

: Adáptase a calquera solo, porque as súas raíces poden recorrer metros en busca de auga.

: invasora. : Non se abona. : Australia. : Polas sementes. : Perenne. : Pode chegar a máis de corenta metros. : Cor castaño, aspecto cortiza lisa. : Alargada e puntiaguda. : ten pero non en todas as estacións do ano. : Moi rápido. : Non se poda, crece soa. 34 FALADEIROS


6º DE PRIMARIA

CASTIÑEIRO O castiñeiro é unha árbore típica dos soutos galegos, sobre todo de Lugo e de toda a provincia de Ourense. A súa flor recibe o nome de candea. Habitan en lugares con sombra. Tamén atópanse nos vales e ladeiras que teñan unha temperatura tempada e fresca. O castiñeiro pertence a familia das Faias, Sobreiras e Cerquiños (Fagáceas). É unha árbore de folla caduca que pode chegar a medir ata vinte metros de altura. Hai zonas de Galicia cheas deles, como a de Trives (Ourense) por onde discorre o río Navea, denantes de desembocar no río Sil, que é o principal afluente do río Miño. Tamén o Caurel en Lugo ten zonas cheas de castiñeiros. É unha árbore pouco común, forte e que as súas varas se utilizan para fabricar toneis e cestas. Tamén se empregan en pisos e mobles. Florece entre maio e xuño e o seu froito, a castaña, madura entre setembro e outubro. Os froitos están recubertos por unha casca verde con espiñas (o ourizo) de ata 4 cm. de diámetro e preséntanse en grupos de dous ou tres, ó igual que as súas follas. A casca é lisa nos castiñeiros novos e esgrezada nos exemplares vellos. A época da recollida das castañas é en novembro, e en Galicia celébrase co magosto. A castaña cómese cocida ou asada, e en menor medida crúa. O tronco nas árbores máis xóvenes, é liso de cor verdoso tirando a gris, tamén é dereito e moi groso xa de cando nace; crece rapidamente os primeiros anos, pero logo crece amodiño. Nas árbores máis vellas o tronco é oco, curto pero moi groso. O tronco pode medir ata 12 metros de contorno, son incribles. O castaño era moi importante economicamente, a súa madeira foi moi estimada en ebanistería, para adornar escaleiras ou estatuas, e carpintería. Case todo o interior das casas era de madeira de castaño, dende as vigas ata as fiestras e mobles. Como leña, o castaño é un mal combustible. O seu froito, a castaña, fai moitos anos foi a fonte de alimentación, (cúas, secas, asadas, cocidas, de tódolos xeitos), ata que chegou a pataca e o millo. O seu valor nutritivo é moi bo.Hai moitas variedades, máis de cen actualmente, que dependen do tamaño, época de madurar, sabor, etc. Estas variedades van ligadas ó cultivo, segundo sexa para madeira ou para comer. Utilízase tamén para menciñas, as follas e a cortiza ten propiedades astrínxente, válido para a disentería, diarreas, e en infusión para a tose. O mel do castiñeiro, que procede da flor masculina e os usos das follas secas, que facían unha boa cama para os animais, son outras formas que se tiñan de uso de este gran árbore. Algúns produtos tradicionais, como a augardente de castaña ou a crema de castañas, non conseguen que a súa venta e a súa especie sexa efectiva. Isto lle leva ocorrendo ós galegos dende hai dous milenios atrás. Javi, Lorena, Aarón, David e Helga. FALADEIROS 35


6º DE PRIMARIA

Piñeiro é un xénero de prantas (xeralmente árboles e raramente arbustos), comunmente chamadas pinos, pertence a familia das pináceas (que conteñen toda clase de pinos), que presentan unhas ramas que van para todos os lados con a mesma ou parecida medida. O copa pode ser piramidal ou redondeada. As follas teñen clorofila, mentres que as polas curtas rematan en dous a cinco follas lineares ou agullas. Os troncos masculinos brotan todo o ano. O tronco ten unha corteza dura. As sementes son alargadas coa cabeza máis ou menos fina. Moitas especies son cultivadas desde os tempos antigos para a súa colecta ou fins forestais, o que fai difícil establecer as súas áreas orixinais. A deforestación é o proceso de desaparición de bosques, normalmente causada polos humanos debido a tala de árbores, tanto as realizadas pola industria de madeira coma a obtención de solo para cultivos agrícolas. Nos países máis desenvolvidos, prodúcense outras agresións como a chuvia ácida que complica a supervivencia dos bosques. Así a todo, debe terse en conta que as plantacións de reforestación non substitúen en ningún caso o bosque, xa que este é un ecosistema que tarda décadas e nalgúns casos séculos en formarse. En cambio, a reforestación no mellor dos casos é un conxunto de árbores situadas segundo unha separación artificial, entre as cales medra uha vexetación herbácea. E no peor dos casos, plántanse árbores non autóctonas. Unha consecuencia da deforestación é a desaparición de dióxido de carbono. Como medida de contención, varios organismos de reforestación axudan a repoboación. HOJAS PINOS

36 FALADEIROS

MADEiRA


6ยบ DE PRIMARIA

SALGUEIRO

FALADEIROS 37


6º DE PRIMARIA

TALLER DE ESCRITURA - “VIAXE A AUSTRALIA” Nun cálido día de verán Yoel estaba coa súa familia na praia de Rodeira. Pasaron todo o día alí. Cando anoiteceu saíron da praia e voltaron a súa casa. Yoel acendeu o seu ordenador para xogar un pouco, pero o primeiro que atopou na pantalla foi un correo do seu tío Pablo. Abriu a mensaxe e comezou a ler: Ola Yoel. Teño que darche unha boa noticia. Conseguín tres plazas nun cruceiro para que veñas cos teus pais a visitar Australia. Tamén teño dúas habitacións reservadas para vós. O cruceiro saldrá o 23 de xuño. Non vos olvidedes!! P.D: estou desexando vervos. Bicos para todos. Nada máis terminar de ler a mensaxe foi dicirlles os seus pais a gran noticia. Tiñan medi omes para prepararse para a viaxe. Un día chamaron á porta varias veces. Yoel foi a abrir e o único que atopou foi un can. Preguntoulle a súa nai se podía quedan con el pero ela respondeu: -Dentro de dous días marchamos. Se quedamos co can teremos que deixalo só durante tres meses e estará famento. Terás que atopar a alguén que o queira e que poida cuidalo. -De acordo – dixo Yoel. Pero se non atopo a ninguén que o queira, ¿que lle pasará? -Pois terá que quedarse aquí en España. Cando voltemos, se aínda está na casa, quedaremos con el. Antes de marchar, Yoel foi visitar a súa avoa e levou o can para pasealo. Nada máis miralo, a avoa preguntoulle onde o atopara e se podía quedar con el un par de días. Yoel contoulle que ese mesmo día marchaban a Australia e pediulle que coidara do can mentras tanto. Subiron a aquel enorme e luxoso cruceiro e despedíronse do can e da avoa. Tardaron medio mes en chegar ó seu destino e, cando atracaron, o seu tío estaba a esperalos no peirao. O primeiro que fixeron foi aloxarse nun hotel próximo a un parque temático. Yoel fixouse nunha placa que dicía “FELICIDADE E COMODIDADE”, e pensou que era de cinco estrelas. Tardaron un día enteiro en desfacer as maletas e ordenar o seu cuarto. Yoel, nada máis decatarse de que había un parque de atraccións, quixo ir canto antes. Seus pais dixéronlle que quizais fose moi caro pero o seu tío comentou que só a entrada era algo cara pois as atraccións eran baratas. Ó final foron e pasáronno todos moi ben. Yoel subiu en moitísimas atraccións: nunha montaña rusa, nun simulador de paxaro onde se vía todo dende o ceo... Durante o mes de agosto ían a unha gran praia con ondas enormes nas que se podía surfear pero algunhas veces tamén se corría o perigo de meterse no mar con quenllas polos arredores. Un día foron a Sidney. Pola mañá Yoel e o seu tío estiveron vendo unha competición de surf mentras os seus pais miraban un gran espectáculo na ópera desa cidade. Pola tarde voltaron ó hotel e preparáronse para a gran excursión ó deserto de Australia. Mentras camiñaban miraron moitas bandadas de periquitos e tamén varios canguros. Pronto se fixo de noite e tiveron que acampar; montaron as tendas e acenderon unha pequena fogueira. Antes de durmir o tío de Yoel empezou a contar historias de medo. Ó seguinte día voltaron á cidade. A Yoel xa se lle acababan as vacación e tiña que facer as maletas. O 4 de setembro voltaron a España, esta vez en avión. Chegaron a casa despois dunhas vacación divertidísimas, abriron a porta e alí estaba a avoa de Yoel co can nos seus brazos. Enriba deles había un cartel que dicía: “BENVIDOS” Yoel pasara as mellores vacacións da súa vida! David

38 FALADEIROS


6º DE PRIMARIA

SECCIÓN: CARTAS AO DIRECTOR

Nós cremos que se debería mellorar o parque infantil do C.E.I.P A Rúa porque no que temos só poden xogar os alumnos máis pequenos. Agora só hai aparatos nos que os nenos maiores non podemos subir e cremos que estaría mellor ter un patio con diferentes elementos para que todos poidamos xogar e divertirnos moito máis. Unha proposta para mellorar o patio sería poñer colchonetas, nelas todos os nenos poderían xogar e divertirse. Tamén poderiamos poñer un “columpio olla” porque nel xogarían nenos de distintas idades. Un campo de fútbol con céspede sería outra boa idea, por se cae alguén que non se faga moito dano. E estas son as nosas propostas para mellorar o patio e xogar todos xuntos. Nerea

Quería dar as grazas ao director por construir un comedor. É moi útil porque algúns pais van a traballar ata as catro ou as cinco da tarde, así poden deixar no comedor aos seus fillo e non teñen que preocuparse por facer a comida ou ir a buscalos ás dúas e media. Ademais así os nenos e nenas, cando acaban de comer, xogan no patio a xogos tradicionais como o escondite, o escondite inglés, pita-pita alturita… E, por último, van á biblioteca a ler libros ou a acabar os deberes.

Iria FALADEIROS 39


6ยบ DE PRIMARIA

AS NOSAS CREACIร NS

40 FALADEIROS


6ยบ DE PRIMARIA

FALADEIROS 41


MÚSICA

OS NOSOS

TALLERES MUSICAIS 42 FALADEIROS


INGLÉS

FALADEIROS 43


BIBLIOTECA

Ñ Este ano con motivo da celebración do día da paz preparamos unha actividade que implicou o traballo de toda a comunidade educativa.

Tratouse de preparar a canción “Hecho con tus sueños” de Maldita Nerea dun xeito moi especial e o resultado foi un video. 44 FALADEIROS


BIBLIOTECA

PETI, A MASCOTA DE MÚSICA, PARTICIPA DE TODAS AS ACTIVIDADES DO CURSO

FALADEIROS 45


BIBLIOTECA

DURANTE A SEMANA DO 23 DE ABRIL FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES ADICADAS Ó DÍA DO LIBRO.

46 FALADEIROS


BIBLIOTECA

RONI E O

BIBLIOCINE DA RUA

TEMA NÚCLEO

Este ano na biblioteca,coinci-

Roni, a nosa mascota da Biblio-

dindo coas gardas de tarde da

teca, está totalmente implicado

profe May ,levouse a cabo unha

co traballo do tema núcleo que

actividade de CINE.

nos ocupa este ano no colexio.

Días antes da “cinesesión” publi-

Todos os nenos e nenas investi-

citouse con carteis anunciando a

gan sobre a fauna e a flora do

peli nas portas de acceso o colexio

noso contorno e Roni non ía ser

e

menos.

no

blog

do

Recanto

de

Roni.Tamén entregouse unha en-

Dende o pricipio de curso Roni ,

trada a cada nen@,que debían

disfrazado de árbore, préstalles

presentar na biblio para poder

axuda os nenos/as e tamén os

acceder a proxección.

profes nas súas investigacións,

Con cada entrada os nen@s po-

poñendo

dían traer un invitado,xa que se

todos/as os libros e tamén os or-

tratou de que fora unha activi-

denadores da biblio con cone-

dade que chegara o maior nú-

xión a internet.Todo o necesario

mero de persoas.

para axudar ós peques a que

O resultado foi moi bo e as se-

descubran o que nos rodea.

a

disposición

de

sións non baixaron de 50 asistentes,que disfrutaron do cine no cole.

FALADEIROS 47


BIBLIOTECA

I EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

GAÑADORA

FINALISTAS

48 FALADEIROS


COLABORACIÓNS CON OUTROS CENTROS

FALADEIROS 49


COLABORACIÓNS CON OUTROS CENTROS

50 FALADEIROS


ANPA

FALADEIROS 51


Fai a nos lin un libro deses que entran a formar parte de ti sen darte de conta, coánse pola porta traseira e instálanse nos andeis do teu corazón, e aí quedan para sempre. Fálovos de “O Deus das pequenas cousas”, de Arundhati Roy. Cando me pediron que escribise un artigo para o xornal sobre Chus, case de inmediato, abríronse a nte min as páxinas a marelentas desta magnífica novela, onde as “cousas grandes” técense das “pequenas cousas”. Rememorei como os personaxes se aferran ás pequenas cousas para sobrevivir á dor e á frustración. Falar de Chus é falar das “pequenas cousas” do cotiá: o sorriso co que nos recibe cada mañá, a tenrura con que nos fala, a comprensión con que nos escoita, os alou miños que nos regala cando temos un mal día, a perspectiva (sempre positiva) con que nos fai ver a realidade... Goza da beleza de cada minúsculo instante da súa vida, facéndonos ver a importancia das pequenas cousas, dos pequenos xestos. É Para min e para todos/as os/as compañeiros/as (podo xeneralizar, sen lugar a enganarme) un referente como persoa e, por suposto, como profesional, esforzándose, colaborando e innovando ata o último día. Botarémola moitísimo de menos!! Non hai ninguén imprescindible, pero si hai persoas que veñen a este mundo para ilu minar todo ó seu redor, como esas flores que tanto lle gustan. Que afortunados/as fomos de poder terte ó noso carón e aprender tantísimo de ti!

Querémoste Chus!!

52 FALADEIROS


FALADEIROS Nยบ 49


http://ceiparua.blogspot.com/

http://ruagalego.blogaliza.org/

O equipo de Dinamización Lingüística manifesta que algúns traballos presentan incorrecións Lingüísticas propias das idades dos alumnos/as. Aínda sendo comentadas e explicadas polo profesorado responsable non foron correxidas, respectando na maioría dos casos a presentación orixinal.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.