REVISTA FAÍSCAS 2011 DO IES O COUTO

Page 1

SUMARIO

FAISCAS REVISTA ESCOLAR MAIO 2011, Nº 8

2. DÍA DAS LETRAS GALEGAS LOIS PEREIRO 4. VIAXE ÁS MÉDULAS 11. NATUREZA “RARA AVIS” OS BOSQUES 18. O CERN

4

LOIS PEREIRO

22. ANTROPOLOXÍA O NOSO ENTROIDO UNHA MIRADA ANTROPOLÓXICA 30. LITERATURA AMOR PERDIDO UNHA MALETA 33. LINGUA ENQUISAS DO “COUTO NA OND@”

8

RARA AVIS

34. BANDA DESEÑADA PODERES O GALO KIRIKO 43. EXPERIENCIAS EXPERIENCIAS NO COUTO NA OND@ 44. VIAXE A BRUXELAS 46. ACTIVIDADES NO IES O COUTO NADAL, ENTROIDO, CORRELINGUA, REVOLUÇAO DOS CRAVOS, EXCURSIÓN DE RELIXIÓN, CONTACONTOS INGLÉS-GALEGO OBRADOIRO DE CONTOS, CONTOS DO CAMIÑO E DA RÚA, EXPOSICIÓNS RAFTING, VOLEYBALL, ETC...

21

ENTROIDO

42

EXCUR. DE RELIXIÓN

18

O CERN

28

CIENCIA

44

CÓMIC


DÍA DAS LETRAS GALEGAS LOIS PEREIRO

FAÍSCAS

Letras Galegas

Redacción En 1996 morre na cidade da Coruña un poeta que entraba na madurez literaria. Catorce anos despois, nesta mesma cidade o pleno da Real Academia Galega decidiu homenaxear a obra deste autor, dedicándolle o Día das Letras 2011. Considerado por algúns como un poeta de culto (pouco coñecido entre o gran público), por outros como un poeta maldito. Lois Pereiro é un dos poetas da literatura galega máis reivindicados nos últimos anos, especialmente polos autores máis novos. No seu comunicado, a RAG salienta na obra de Lois Pereiro “evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos rasgos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartagrafou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente,

2

mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario.” BIOGRAFIA A súa familia é orixinaria do Incio, onde aínda conservan a casa familar. Fillo dunha mestra republicana e dun licenciado en Dereito que non disfrutaba coa súa profisión e que acabou montando unha cristalería en Monforte. Alí realiza os primeiros estudos no colexio dos Escolapios A morte de Franco cólleo en Madrid matriculado na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía, estudos que o defraudan, polo que regresa a Monforte e traballa un tempo no negocio familiar. Volta a Madrid para matricularse na Escola de Idiomas en francés, inglés e alemán. Fecuenta o rastro, a Filmoteca Nacional e tamén disfruta da Transición e da Movida madrileña deses anos. Viaxa por Centroeuropa e por Irlanda, buscando tal vez a irmandade celta. Fai

plans de futuro coa súa moza Piedade até que en 1981 o veleno fatídico chega á súa vida e comeza a “dormir no desastre”. En poucas semanas xa non se podía vestir só, perde masa muscular e ten dificultades para camiñar "Xa non podo ver nada ó meu redor/ que signifique máis que a miña sombra". Despois de meses sen saber que enfermidade lle consumía e paralizaba o corpo, os médicos diagnosticaron que tiña a síndrome do aceite tóxico. O aceite desnaturalizado de colza, importado para uso industrial e desviado para o consumo humano, que vendía moi barato o mesmo butaneiro que lle suministraba o gas e que incluíu a Lois Pereiro no listado das máis de 18.000 persoas afectadas por esta intoxicación masiva en España. A comezos dos 80 regresa a Galiza, anda saltando de Monforte á Coruña, onde vive o seu irmán, pasando por Compostela, para instalarse definitivamente na Coruña. Nesta etapa compartirá diversos


ria é máis ben escasa, comezou aos 17 anos, incluíndo poemas na revista experimental Loia que editaban a mediados dos anos setenta en Madrid un grupo de universitarios galegos, como Antón Patiño, Menchu Lamas, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Fermín Bouza e Vicente Araguas. En 1985, xa na Coruña, formou parte do Grupo de Amor e Desamor, que editou dous libros con ese mesmo título. Pereiro foi incluído tamén en 1987 en Después de la modernidad, unha antoloxía na que tamén aparecían Luis Alberto de Cuenca, Bernardo Atxaga, Felipe Benítez ou Pedro Casariego. Aínda que publicou poemas e artígos en varias revistas culturais, até 1991 non saíu o seu primeiro libro, Poemas 1981/1991 e tres anos máis tarde Poesía última de amor e enfermidade. Despois da súa morte, apareceu Poemas para unha Loia, unha escolma da súa primeira poesía que tamén incluía o seu ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia. Unha novela inacabada, Náufragos do paradiso foi publicada tamén postumamente na revista Luzes de Galiza. As influencias para a súa poesía

chéganlle fundamentalmente do centro de Europa, do expresionismo austro-alemán, de Thomas Bernhard, de Carver ou de Peter Handke, de quen sostén un libro na célebre foto na que tamén posa cunha Fanta. Pero non cómpre esquecer que Valente é referente fundamental nos seus primeiros pasos: ao seu abeiro nace como poeta. Pereiro convertiríase nun icono postpunk grazas á súa obra e ás fotos como as que lle fixeron Vari Caramés en 1996 con Manolo Rivas ou as de Xurxo Lobato con César Antonio Molina ou Fernán Vello neses mesmos anos. A imaxe de Lois Pereiro é reflexo da súa actitude fronte a vida: esgazada, crúa e espida coma os seus versos. Estes elementos determinaron o mito marxinal e cosmopolita que o poeta personifica. A autodestrución, a desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía. Da aniquilación á nostalxia foi o camiño literario que andou. Describe o seu corpo como “un campo de batalla” na que o virus da sida contraída despois da contaminación da colza é un "perverso, inofensivo e altruísta placebo inocuo administrado a un corpo xa vencido".

Letras Galegas

FAÍSCAS

proxectos co seu irmán Xosé Manuel, que naquelas alturas era integrante do grupo punk Radio Océano, un dos referentes da 'movida coruñesa' e que puxeron música a algún poema de Lois. O papel deste foi máis de espectador que de dinamizador da 'movida' coruñesa. ''El sempre foi por libre” di o seu irmán. O malditismo de Pereiro procede en boa medida de certos asuntos que estiveron presentes na súa vida: a heroína, a sida..., dos que ninguén quere falar, pero que non poden ser ignorados. Encarnou moitos dos mitos e ritos da súa xeración, a dos 80, pasando por todas as etapas: a desinformación, o glamour e finalmente a marxinalidade. Así e todo, a dor de Lois Pereiro tivo a súa orixe na colza, que marcou toda a súa vida. A enfermidade púxoo en contacto coa experiencia da dor, e radicalizouno, de xeito que cando moitos compañeiros de xeración foron deixando a heroína, el seguiu mancándose. Gañaba a vida como tradutor e facendo a dobraxe de series de televisión (Dallas, Kung fu) ou películas convencionais cando as había e, cando non, películas porno en alemán. "É o traballo máis fácil e mellor pagado da miña vida. O xemido é idioma universal", confesaríalle un día a Patiño nunha entrevista. A ironía que estivo tras del toda a vida fixo que morrese aos 38 anos, o 24 de maio de 1996, o mesmo día que se fixo pública no Estado a sentenza sobre o caso da colza; pouco despois a Audiencia de Lugo establecería como causa do seu felecemento a intoxicación por aceite de colza desnaturalizado. Está enterrado en Santa Cristina do Viso no Incio e sobre a súa tumba, grabado na pedra, figuran estes versos do seu poema “epitafio”: Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria. OBRA Sempre foi reticente á publicación individual dos seus traballos. De feito, só dous deles foron publicados en vida. A súa produción litera-

3


VIAXE

FAÍSCAS

Viaxe ás Médulas

ÁS Día 13 de outubro, ano 2010. Saímos da praza do Couto un grupo formado por trinta e sete alumnos, na súa maior parte estudantes de Latín, e catro profesores do Centro. Dúas horas máis tarde albiscamos a través dos cristais do autobús os primeiros penachos vermellos. Ás 11:00 horas entramos na Aula Arqueolóxica, onde se nos proporciona unha visión global sobre o mundo astur, a conquista romana, a explotacoión das montañas e a súa transformación ata se converter en paisaxe cultural trala declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1997.

4

MÉDULAS

Ás 11:30 horas iniciamos unha ruta pedestre ascendente a través dun estreito vieiro rodeado de árbores centenarias. No ceo, o sol alumea coa forza dun día de verán, extraendo escintileos do po de ouro oculto no celme destas montañas de formas caprichosas, perfectamente integradas nunha vexetación autóctona de carballos, castiñeiros, xestas, carqueixas, aciñeiras e carrascos. Unha hora máis tarde alcanzamos a Cuevona e a Encantada. Retrotáennos estas covas ao ano 25 a. C., cando as tropas romanas dirixidas persoalmente polo emperador Octavio Augusto

conquistaron os pobos do norte da península Ibérica. Xa os habitantes destes lugares cribaban as areas dos ríos, tal e como o xeógrafo Estrabón, referíndose aos ártabos de Galicia, relata: “…aflora na terra a prata, o estaño e o ouro branco, posto que está mesturado con prata e aquela terra arrástrana os ríos, e as mulleres escavándoas con angazos lávana con cribas entretecidas sobre uns recipientes…”


Os Romanos, sen deixar de utilizar estas técnicas, introduciron outros métodos de explotación máis avanzados entre o que destacamos o ruina montium. Este sistema de extracción de ouro utilizado nas Médulas era moi complexo. En primeiro lugar, para levalo a cabo precisábase dunha gran cantidade de auga. Esta era captada dos ríos e regueiros que nacen nos montes Aquilanos a través dunha inmensa rede de canles; estas canles, cunha lonxitude estimada nuns 325 kms, tiñan unha anchura de 1,28 m. (agás nas curvas onde chegaban a 1,60m.), e unha profundidade de 90 cms. Os primeiros pasos para a súa

construción era a nivelación –cunha pendente de entre o 0,6% e o 1%-, a cal era realizada co corobates, unha régula longa que presentaba nos extremos unhas pernas iguais e unidas á régula en ángulo recto, é dicir, actuaba coma un nivek actual pero con auga. A dificultade desta faena, aumentada pola intricada topografía do terreo, impresionou o historiador Plinio o Vello e así o manifesta coas seguintes palabras: “…os vales e crebaduras do terreo son franqueados por canles sobre pontes. Noutras partes demólense rochas infranqueables e, unha vez cavadas, fanse nelas asento

para as canles. Aquel que as pica está colgado con sogas, de sorte que quen o ve dende lonxe pensa que se trata dalgunha feroz especie de aves. Estes, na súa maior parte colgando no aire, nivelan, fixan e sinalan as liñas para o camiño, de tal xeito que non existe lugar onde poidan fixar as súas plantas”. Unha vez construídas as canles –corrugi-, a auga podía chegar á zona da explotación e o proceso de ruina montium podía comezar: o primeiro paso era a acumulación de auga que viña polas canles nunha especie de encoros –piscinae-, situados nas partes altas da explotación ata enchelos por completo.

Viaxe ás Médulas

FAÍSCAS 5


FAÍSCAS

Viaxe ás Médulas

Cando o crían oportuno, abrían as comportas destes encoros e facían pasar a auga por galerías escavadas previamente nas montañas, o que producía a comprensión do aire almacenado; esta presión interior superaba a resistencia do terreo provocando a ruina montium, é dicir, o derrubamento da montaña. O coñecemento deste proceso debémolo tamén a Plinio quen nolo conta así de ben na Historia naturalis: “…este procedemento supera o traballo dos Xigantes; as montañas son minadas ao longo dunha gran extensión mediante galerías feitas á luz das lámpadas; a súa duración permite medir as quendas e por moitos meses non se ve a luz do día. (….). A miúdo ábrense gretas arrastrando os mineiros no derrubamento (…) por iso déixanse numerosas bóvedas de pedra para soster as montañas (…). Quebrantado o monte, cae por si mesmo con tan grande estrondo e vento que non pode ser concibido pola mente humana…” A continuación toda esta masa de auga e barro era arrastrada pola mesma forza da auga cara a outras canles chamadas agogae, onde, tras ser retirados os materiais máis grosos que provocaron a formación de murias – enormes montóns de cantos rodados-, procedíase ao lavado do lodo aurífero. Estas canles pechadas con táboas, cubríanse con breixo, o cal, debido á súa aspereza, retiña o ouro. Unha vez que o breixo cumpría o seu labor de retención do ouro, deixábase secar e despois queimábase sobre unha zona de céspede, quedando o ouro listo para ser enviado a Roma, onde se transformaba en moeda. Así foi basicamente como as Médulas chegaron a ser a maior mina de ouro do Imperio Romano. Seguindo unha vez máis o mesmo Plinio, quen en calidade de procurador da Citerior debeu visitalas cara ao ano 73, nesta mina traballaron 60.000 homes, extraendo ao ano 20.000 libras de ouro, o que, tendo en conta os 250 anos de explotación, daría un total

6

de 5.000.000 de libras, o equivalente a 1.635.000 Kg. Se ben estas cifras parecen esaxeradas, non o son en cambio as estimadas polo arqueólogo Antonio Garcia Bellido, segundo o cal as terras removidas alcanzaron os 500 millóns de metros cúbicos. A partir do século III, ben por esgotamento da produción, ben por carencia de man de obra ou pola crise do Imperio, estas explotacións foron abandonadas. Tamén nós, moi ao noso pesar, vémonos obrigados a abandonar As

Médulas. Son as dúas da tarde; os rapacess están cansos e famentos; as numerosas castañas acabadas de saír dos ourizos que atopamos no camiño non foron quen de matar a nosa fame; precisamos repoñer forzas para visitar pola tarde Vilafranca do Bierzo -paso obrigado para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago- e despois voltar á casa. Manuel Rodríguez Santos.


MEDEA O pago dunha dobre traizón

7

FAÍSCAS

Por outra parte, é certo que tanto o lugar como o momento que representaba a obra -a Atenas de Pericles, segunda metade do s.V a.C.- puideran inducir a pensar que o impacto non debeu ser tan forte cando a democracia de Pericles por un lado e, por outro, o relativismo propugnado polos novos pensadores converteran á polis de Atenas no escenario dunha convivencia aberta á innovación e ao diálogo, florecente política, cultural e economicamente, que cría ter superado os vellos valores aristocráticos substituíndoos polos principios de isonomía e de respectividad e que fixera do convencionalismo a razón de ser da propia organización social e política..

Medea

Cando nas Grandes Dionisíacas do ano 431 a.C. os atenienses que asistían á primeira representación da traxedia que para a ocasión escribira Eurípides, ao que de feito se enfrontaban era a un reto difícil de asumir. Se unha das notas características da traxedia era a de suscitar no espectador unha reflexión catártica liberadora dunha contradición existencial, non cabe dúbida que Eurípides conseguiu este obxectivo dabondo cando propuxo ante os espectadores o drama dunha muller que, levada por un amor que non recoñece límites, acaba véndose traizoada e sen a posibilidade de que se lle faga xustiza.


Medea

FAÍSCAS

En realidade o que Eurípides ofrecía ao público non era máis ca unha parte do vello mito de Medea, mito do que xa se tiña constancia da súa existencia antes mesmo da guerra de Troia; o orixinal e novedoso nesta obra era a adaptación que dela fixo para provocar a reflexión dos espectadores sobre os cambios de mentalidade e de actitudes no seo da sociedade ateniense de mediados do s. V nos que sen dúbida xogou un papel decisivo o movemento sofista dos que cómpre destacar: 1º) a renuncia a unha filosofía guiada polo desexo da verdade e reemprazada por un individualismo moi alonxado da excelencia que outrora daba a orixe natural do mesmo; 2º) o minguado papel dos deu-

voca a feiticeira Medea, filla do rei Eetes así como a aloucada ruptura con que, por amor a Xasón, abandona a súa familia e a súa patria. Chegan a Corinto rexeitados polos habitantes de Iolcos, patria de Xasón, tras a morte do rei Pelias, ocasionada por Medea. Pero Corinto non ía ser un refuxio onde vivir o seu amor, senón que, pronto lles depara unha situación tan terriblemente funesta que fai presentir o máis terrible dos desenlaces; a causa non é outra que a forza dunha traizón: Xasón, a quen Medea dá dous fillos, sen dúbida recompensa do gran amor que se tiñan, acaba de abandonar á súa muller pola cama da filla de Creonte, rei de Corinto.

ses e das crenzas relixiosas nas vidas dos homes unha vez que estes foron declarados medida de todas as cousas e 3º) por último, o carácter de desarraigamento e de provisionalidade no que quedaban a vida mesma, a organización e a convivencia social, asentadas agora na flutuante fundamentación dos convencionalismos a que chegan as maiorías máis atentas a intereses inmediatos (pareceres) que ás esixencias dunha racionalidade que ansía e persegue a verdadeira realidade das cousas.

Tanto a ama de cría como o pedagogo dos meniños e o coro de mulleres presenten a desgraza que se aveciña e da que se comezan a ver os primeros sinais: “Mantén a estes (os nenos) o máis lonxe posible e non os achegues á enfurecidada nai, pois xa a vin ollalos con ollos feros, coma un touro” (90) di a ama de cría ao pedagogo /cfr tamén 180 e ss.) Medea pola súa parte non fai máis ca laiarse e maldicir a súa sorte:“Oxalá coa morte descanse, abandonando a miña odiosa existencia (140) De nada lle serven as reiteradas alusións que o coro de mulleres lle fai lembrándolle, para seu consolo, que confíe en que a intervención dos deuses voltará a situación ao anterior estado de xustiza:“Zeus será o teu avogado defensor por esta causa” (159) Nesta primeira escena podemos ver como Eurípides aínda alude, se ben póndoas na boca do coro e da ama de cría, aos vellos valores que recoñecían unha orde cósmica rexida por entidades transmundanas como foran os deuses e a physis. Hai que salien-

A TRAXEDIA DE MEDEA A traxedia escrita por Eurípides comeza presentándonos a Xasón e Medea instalados xa en Corinto tras o regreso dos argonautas a Iolcos co vélaro de ouro; ha de ser considerada polo tanto, como o remate dunha historia cuxa primeira parte está constituída polo vello mito que narra a chegada de Xasón a Cólquida, a súa estancia e os avatares alí vividos, entre os que hai que destacar o apaixonado enamoramento que lle pro-

8


tar tamén que até mediados do s. V a forza e o compromiso con que vinculaban os xuramentos e as promesas estaba garantizada pola acción xusticeira dos deuses invocados cando se xuraba ou prometía. Resulta curioso constatar como Medea, que non é expoñente dos vellos valores, pide a Egeo que ratifique a promesa de que a traizoará en Atenas cando chegue alá unha vez que teña vingado a traizón do seu esposo “xurando polo chan da terra (a deusa Gea) e polo sol, pai de meu pai” (735-756). Claro indicio de que, a pesar do convencionalismo propugnado polos sofistas, aínda non desposuíra aos deuses do seu papel decisorio nas vidas dos homes.

Abandonada por Xasón, a nivel de recoñecemento social Medea non pasa de ser unha bárbara meteca en Corinto, é dicir, convencionalmente pasa a ser tida alí como persoa non grata. O propio rei Creonte -pai de Creúsa, o novo amor de Xasón- comunícalle a decisión de que ten que abandonar Corinto inmediatamente pois a súa presenza na cidade agora xa non ten sentido nin está ben vista. Medea rógalle a Creonte que lle permita retrasar tan só un día a súa saída cara ao desterro, graza que lle concede o rei. O día aciago no que Medea planea como materializar a execución da vinganza; día no que a súa razón e o seu corazón entran na máis agónica das batallas; día no que tímidos raios de sol da razón logran deixarse ver entre os máis negros nubarróns dunha paixón descabelada. Marabilloso e á vez terrible o cadro no que maxistralmente e con trazos de artista nos pinta Eurípides o drama daquela muller triturada pola traizón aquel a quen ama. Os máis anguriosos lamentos mestúranse cos proxectos máis crueis e os razoamentos propios dunha lóxica racional, por máis que estes fosen simulados. “Non teño patria nin casa, nin refuxio dos meus males. Equivoqueime o día que abandonei a casa paterna, fiada nas palabras dun grego, quen, coa axuda da divindade, recibirá o seu castigo. Nin volverá a ver os fillos nados de min nin enxendrará un fillo da súa nova muller”(800) Á pregunta do corifeo: “Atreveraste a matar a túa propia semente, muller? (815), non dubida en responder co máis refinado ánimo de vinganza: “Así é como quedará máis malferido, o meu home” (816). E cando o pedagogo lle pregunta: “A que veñen eses ollos tristes e ese torrente de bágoas?(1012), a resposta de Medea desvélanos algo que, non por terrible, deixa de ser sublime: “A necesidade aprémiame, ancián, pois os deuses e mais eu, na miña insá mente, así o temos maquinado”(1015) Sobrecolledora declaración, comprensible nas obras de Esquilo e de Sófocles, pero desconcertante nun autor como Eurípides. Medea, a feiticeira que domina o acontecer dos fenómenos físicos, non ten poder algún sobre outra clase de forzas (deuses) como son as que actúan no paroxismo das paixóns. Eurípides está aludindo a un ámbito da realidade, velado ao home e que audaces humanos, como é o caso de S. Agostiño ou o do mesmo Freud non conseguiron traducir en conceptos. Alude Eurípides á forza impositiva da esixencia ética que, coma unha chamada enigmática, imponse e dobrega calquera lóxica

Medea

FAÍSCAS

No primeiro diálogo que manteñen na obra os protagonistas, Eurípides preséntanos un Xasón frío, calculador e prepotente fronte a unha Medea dominada por unha paralizante paixón de vinganza. Outra vez a contraposición da esfera perfecta do racional fronte ao turbulento ámbito do sentimental propio da vivencia. Doída pola traizón, Medea bótalle na cara a Xasón todo o que ela, posuída polo amor, veu facendo desde que se coñeceron. A isto responde Xasón con evasivas e hipócritas, cuando non vexatorias, palabras: “En canto aos teus reproches polas miñas vodas reais... non o fixen por odio ao teu leito e sentirme ferido polo desexo dunha nova muller... senón porque criáramos aos meus fillos do xeito que a miña casa merece e, enxendrando irmáns para os fillos nados de ti, poñelos en plano de igualdade e conseguir eu a felicidade mediante a unión da miña liñaxe. Ti que necesidade tés de fillos?. Eu teño interese en axudar cos futuros fillos aos que xa viven...(550-565)

DESENLACE

9


Medea

FAÍSCAS

da razón especulativa?. Por caso Eurípides está reinoducindo no horizonte humano, ben levado por instancias diversas, otros deuses que ocupen o valeiro deixado polo iconoclasta home do vello Protágoras, o home, medida de todas as cousas?. Cóntase de Sócrates, pouco amigo de asistir a representacións, que mostrou un interese especial polas traxedias de Eurípides, a cuxos estrenos non adoptaba faltar. Por algo sería. Elaborado o plan da vinganza, tivo Medea que levalo a cabo nun mesmo día, o tempo polo que Creonte prorrogara a súa estancia en Corinto. A súa realización desenvólvese en dúas fases. Mandando primeiro polos seus fillos o regalo de vodas á futura esposa do seu marido: un peplo e unha coroa de ouro aos que lles transferira devastadores poderes. Cando a que ía ser a nova esposa do pai dos meniños se atopaba na compañía de seu pai Creonte, chegan os nenos cos regalos que ela acepta compracida e que, en sinal de agradecemento, colócaos un sobre os seus ombros e a coroa na súa cabeza, Ao momento as súas carnes comezan a arder, a desprenderse e caer semilicuadas; o pai, ao ver a escena intenta socorrer á súa filla, pero de nada vale a súa axuda: tamén o corpo comeza a presentar a mesma macabra transformación. Informada por un mensaxeiro das mortes de Creonte e de Creúsa, Medea solicita información de como acabaran “pois unha alegría dobre me darías se tivesen fenecido do peor modo” (1131). Rematada esta primeira fase do plan, cegada polo odio como estaba e non querendo por nada que, tras abandonar Corinto, os seus fillos fosen obxecto de aldraxe e de vinganza por parte dos familiares de Creonte nin, o que sería máis intolerable, que fosen causa de consolo para Xasón, Medea non agarda a que os seus fillos saian do palacio; entra nel e alí mesmo, despois de despedirse deles con estas palabras:“Oxalá sexades felices os dous, pero no máis alá. Pois o de aquí quitóuvolo o voso pai... Comprendo que clase de maldades vou cometer, pero máis poderosa que as miñas reflexións é a miña paixón, que precisamente é a causa dos maiores males para os mortais” (1070-80), dálles morte alí mesmo coas súas propias mans.. Cando chega Xasón, entre bágoas, maldicións e lamentos pide a Medea que lle permita dar un beixo de despedida aos cadáveres e despois enterralos; ningunha destas peticións lle é concedida; e cando, desconcertado e impotente, Xasón pregunta a Medea: “Por que os matache?”, non obtivo máis resposta que un lacónico: “Para facerte sufrir”. De novo a dialéctica de dúas forzas cegas chocan agonicamente no corazón do ser humano: Eros e Thánatos (Amor e Morte). En van os plans e os desexos do home son capaces de dirixir a vida cando esta é sacudida por poderes que exceden a capacidade de control que pode administrar a razón. Foi consciente Medea do alcance daquela primeira traizón que foi o abandono da súa casa, da súa familia, da súa patria? Até onde foi Xasón consciente, e polo tanto responsable, das consecuencias que conleva a traizón ao xuramento feito a Medea?

Pedro Miguélez del Riego 10


RARA AVIS

11

FAÍSCAS

algúns destes paxaros sobre os que vou referirme a continuación, para exemplificar o fenómeno de extinción de especies sobre o que moitas veces temos escoitado falar pero que nos soa moi lonxano, a tigres, osos panda, cóndores ou baleas; e outras veces máis próximo, no caso do lince ibérico ou da águia imperial. Pero, aínda que os nosos casos son menos chamativos e non se dan a coñecer, o certo é que para falar de problemas deste tipo desgraciadamente non é preciso saír de Galicia. Un dos nosos protagonistas, algo máis destacado, é a pita de monte (Tetrao urogallus). Esta ave existe só nos Ancares dentro da nosa comunidade, aínda que na zona leonesa está sufrindo unha redución do seu hábitat pola instalación de parques eólicos mal

Natureza

En Galicia, como na maioría dos territorios, existen especies tanto animais como vexetais que están sufrindo unha continua diminución tanto no espazo natural do que dispoñen como nas súas poboacións. Cada vez é menos común atopar sapoconchos (galápago europeo) ou o oso pardo, que xa se dá por extinto nos nosos montes e cuxa presenza é soamente accidental, polo paso dalgúns indivíduos dende a Cordilleira Cantábrica a través de Asturias. Porén non son os mamíferos o grupo máis ameazado, senón que, quizais polo seu tamaño ou maior coñecemento por parte da poboación, contan con máis atención que artrópodos, moluscos, réptiles ou aves, sendo este último o grupo con máis especies en perigo de extinción. É precisamente sobre


situados. A subespecie ibérica tamén posúe poboacións sedentarias na Cornixa cantábrica (500-600 exemplares), e nos Pirineos (680 machos censados no 2003). Nos anos 80 estimábase unha poboación de 20 a 30 machos en Galicia, aínda que na actualidade practicamente se dá por desaparecida nos montes lucenses. Vive en zonas montañosas con fragas claras e abertas de coníferas onde haxa abundante vexetación herbácea, auga e bagos. Outra especie en delicada situación non só en Galicia senón na súa poboación española é a águia real (Aquila crhysaetus). En Galicia é sedentaria e en grave perigo de desaparición dada a reducida poboación, a escaseza de presas, o envelenamento e o limitado éxito da crianza. Só contamos con catro ou cinco parellas destas rapaces distribuídas entre a zona do Xurés e a do Courel e serras do sureste, máis altas e con penedías que constitúen o seu hábitat. Dos montes ímonos á costa, onde é destacable o caso do arao común (Uria aalge). Esta ave, sendo das aves mariñas máis abundantes do planeta (aniña en case todas as costas altas da Europa atlántica, en diminución na zona sur desta área), na Península Ibérica só nidifica en Galicia, pese a que chegou a criar tamén no Cantábrico. Como aniñante está a sufrir unha diminución dramática dende os anos 50 e a piques de desaparecer pola reducida poboación reproductora debido ás mareas negras, como a do famoso “Prestige”.

FAÍSCAS

Natureza

“O fenómeno de extinción de especies sobre o que moitas veces temos escoitado falar pero que nos soa moi lonxano”

Dentro das pequenas paseriformes existe unha especie vulnerable e considerada en perigo de extinción nalgunhas zonas: estamos a falar da escribenta das canaveiras ou palustre (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica). En realidade non se trata da especie en sí, senón dunha subespecie endémica da Península Ibérica. Este paseriforme ten unha poboación exigua e ademais moi fragmentada. Sufriu un forte declive nos últimos vinte anos e non se prevé un futuro máis alentador se non se atallan as ameazas que sofre, fundamentalmente a

12

intensificación agrícola e a destrución de zonas húmidas. Xa como último exemplo, un representante da familia phasianidae, a perdiz charrela (Perdix perdix subsp. hispaniensis), subespecie endémica do norte de España e noreste de Portugal, aínda que no país veciño xa está extinta. O problema fundamental neste caso é a caza excesiva que se levou a cabo con esta especie anos atrás e que como resultado provocou unha brusca baixada poboacional, sobre todo no noroeste peninsular.


Estas cinco especies de aves van acompañadas de nove máis, catalogadas pola Consellería de Medio Rural como especies en perigo de extinción en Galicia, a saber: Cerceta común (Anas crecca), Avetoro común (Botaurus stellaris), Alcaraván común (Burhinus oedicnemus), Agachadiza común (Gallinago gallinago), Miñato real (Milvus milvus), Zarapito real (Numenius arquata), Pardela balear (Puffinus mauretanicus), Sisón común (Tetrax tetrax), Avefría Europea (Vanellus vanellus). Tamén existen catorce especies vulnerables, que facilmente poden chegar a estar na situación das anteriores se non se levan a cabo programas serios de recuperación de fauna autóctona, non só de aves, senón tamén da fauna e flora en xeral. Pero isto non só se consegue reclamando políticas medioambientais máis eficaces, o ideal sería a concienciación da poboación, que

non considera polo xeral a desaparición de especies como algo importante e preocupante. Aínda que é certo que a desaparición destas especies ou subespecies non vai supoñer ningunha traxedia para as nosas vidas, e comparado coa actual crise todo isto parecen parvadas; eu penso que non hai que protexer a nosa natureza polo feito de que nos proporcione beneficios económicos ou atacala se non nos é rentable. Cada especie ten o seu valor propio polo feito de existir como un compoñente máis da biodiversidade galega, e as subespecies enriquecen a variabilidade xenética, adaptadas ás diferentes zonas da súa distribución. Valorándoas polo que son e non polo proveito que podemos sacar, para min merece a pena evitar a perda de calquera delas e colaborar coas aportacións que poidamos facer cada un.

Miguel Álvarez Sarria 2º Bach. A

Letras


OS BO SQUES

14


OS BOSQUES Os bosques son os ecosistemas terrestres con maior diversidade do mundo. Son unha reserva de biodiversidade terrestre: conservan o patrimonio xenético de milleiros de millóns de anos de evolución. O BOSQUE E O NOSO CLIMA O crecemento das árbores é un proceso que se pode observar a partir dos aneis que se forman no tronco ano tras ano. No noso clima con alternancia de estacións frías e cálidas, a árbore non medra sempre ao mesmo ritmo, na primavera o zume leva unha gran cantidade de auga cara as follas a través do tronco para facilitar o paso da auga, fórmanse vasos de gran diámetro que dan lugar a madeiras porosas, claras e relativamente brandas denominadas madeira inicial ou de primavera. Durante o verán, o crecemento ralentízase, os vasos son máis pequenos, e a madeira é densa, máis escura e dura, madeira final ou de verán. A FUNCIÓN ESPONXA DO BOSQUE Cando chove, os bosques desempeñan unha gran función de captación da auga. O solo poroso e estratificado do bosque propicia que a auga se infiltre nas capas inferiores. Así se orixina un fluxo de augas subterráneas que alimentan o propio bosque e os acuíferos. Unha parte da auga non se infiltra, senón que circula pola superficie, pero faino de forma amortecida grazas á presenza da vexetación. Esta perda de capacidade erosiva de auga e a retención do solo por parte das raíces son esenciais para reducir o risco de erosión edáfica e para evitar procesos como a desertización. OS BOSQUES DE ESPAÑA España ten unha superficie arborada de 14.732.257 hectáreas, tendo en conta que a superficie total de España é de 50.595.505 ha, os bosques representan o 29% de todo o territorio

OS BOSQUES E O CLIMA TROPICAL Nos ecosistemas tropicais moitas árbores non teñen aneis (madeira homoxénea), e outras teñen aneis correspondentes dos ciclos de choiva e seca. Dado que estes períodos non son necesariamente anuais, os aneis das árbores tropicais non serven para datar a vida da árbore. TRONCO DUNHA ÁRBORE Os aneis constitúen un importante rexistro dos acontecementos climáticos que tiveron lugar durante a vida da árbore. Nunha mesma árbore, aneis anchos indican momentos de benignidade climática, mentres que aneis estreitos indican situacións extremas como secas, xeadas, etc. A ÁRBORE As árbores son seres vivos pluricelulares, vexetais e leñosos que ocupan o estrato máis alto da vexetación, por riba dos arbustos e herbas. Son organismos autótrofos, é dicir, capaces de sintetizar moléculas orgánicas a partir de substancias inorgánicas TIPOS DE ÁRBORES O noso ecosistema é moi variado, e ten miles de árbores entre as que podemos destacar: bidueiro, piñeiro silvestre, teixo, freixo, pinsapo, aciñeira, olmo, castiñeiro, buxo, érbedo... . Que se detallarán a continuación.


BIDUEIRO (Betula pendula)

ÉRBEDO (Arbutus unedo)

PIÑEIRO SILVESTRE (Pynus sylvestris)

O érbedo é un arbusto que produce uns froitos esféricos, brandos entre vermellos e laranxas (fartabellacos). Dáse nos vales interiores dos grandes ríos, onde o clima mediterráneo.

É unha árbore de folla caduca . É a máis difundida en Europa, aínda que na parte sur só se atopa en zonas máis elevadas. Tamén se estende polo suroeste asiático, de onde se orixinou, sobre todo nas montañas do norte de Turquía e do Cáucaso, así como en Canadá.

É unha especie de árbore pinácea. Esta conífera que pode chegar a 30 metros de altura, crece no norte de Euroasia. A súa cor vermella ou vermellón é debida a súa casca, dun vermello forte na parte superior do tronco e pardovermella na parte inferior.

FREIXO (Fraxinus excelsior)

ACIÑEIRA (Quercus ilex)

FAÍSCAS

Natureza

CASTIÑEIRO (Castanea sativa)

É unha árbore de 20 a 35 m, e distínguese facilmente doutras especies de Fraxinus polas súas nervaduras negras, en vez das acostumadas marróns. Debido á súa alta flexibilidade e resistencia a partirse, a madeira de freixo é usada tradicionalmente para mangos de ferramentas ou raquetas de tenis. Tamén é usada como leña xa que arde relativamente ben incluso estando verde.

16

O castiñeiro común (Castanea sativa) é unha árbore caducifolia moi común nos montes de Galicia, especie autóctona, pero en realidade o seu espallamento data da época romana. Os seus froitos son as castañas.

É unha árbore de talla media, alcanzando os 25 metros de altura como máximo; en estado natural é de copa ovalada ao principio, despois vai ensanchándose e queda finalmente con forma redondeada. De novo soe formar matas arbustivas que en ocasións queda nese estado de arbusto polas condicións climáticas ou edáficas do lugar.


OLMO (Ulmus minor)

É unha árbore caducifolia de porte elevado e robusto, que pode alcanzar unha altura de ata 40 m. O seu tronco é groso, algo tortuoso e oco nos exemplares vellos, sobre todo os sometidos a podas; cortiza pardo-grisácea ou pardo escura, moi áspera e quebrantada. Copa ampla, de follaxe densa, redondeada, que proxecta unha sombra intensa.

PINSAPO (Abies pinsapo)

Árbore alta, en ocasións máis de 30 m, de porte elegante que, nalgúns exemplares vellos tórnase retorcido e dividido en varios brazos. Cortiza fina, gris clara, con fendas escuras de pouca profundidade, follas grosas, de sección subcuadrangular, de cor verde escura e con bandas estomáticas brancas apreciábeis en ambas caras. A súa base ensánchase como unha ventosiña e soen durar ata 12 anos na rama.

BUXO (Buxus sempervirens)

O buxo é un arbusto de follas perennes, da familia das Buxáceas, que pode atinxir unha altura ata de 5 ou 6 metros. É unha planta de crecemento ás veces moi lento, que pode vivir varios séculos.

TEIXO (Taxus baccata) CARBALLO (Quercus humilis)

Natureza

FAÍSCAS

O carballo, é unha árbore frondosa que pertence á familia das fagácea. Este carballo mostra unha enorme tendencia a hibridarse con outros conxéneres, o que o fai difícil de recoñecer. O seu froito é a landra.

Propios das zonas montañosas, con ambientes frescos e húmidos, e que prefiren os terreos calizos. A súa madeira é moi dura, de gran fino e apertado, o que a fai moi apta para ebanistería e talla, aínda que a escaseza de pezas de suficiente grosor, debido ó seu crecemento moi lento, limita o seu uso.

MARTÍN ÁLVAREZ ÁLVAREZ 3ºESO C

17


18

FAÍSCAS

Cern


Cern

O 4 de Novembro, xoves ás 10:30 da mañá, os profesores de Física e Química do IES O Couto xunto cos seus alumnos de bacharelato participaron nunha videoconferencia con científicos galegos que traballan no CERN dos cales unha era a ourensá ,Teresa Fonseca Martín. Esta Videoconferencia foi organizada polo Departamento de Física de Partículas da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela e promovida pola Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) e nela participaron preto de 100 institutos. En galego, os investigadores explicaron os proxectos científicos que están desenvolvendo na actualidade, e o funcionamento do complexo e ademais contestaron a múltiples e variadas preguntas que lle fixeron os alumnos vía Web. Todo isto pódese ver en www.youtube.com/user/CGENDL.

Cern

FAÍSCAS 19


O CERN (inciais francesas de Centro Europeo de Investigación Nuclear) é un Complexo Científico donde se atopa o maior centro de investigación de Física de Partículas do mundo. Está situado na fronteira entre Suiza e Francia, moi preto de Xenevra, pero oficialmente non está baixo a xurisdición suíza nin francesa. Está cofinanciado por 20 estados membros, entre eles España, cun orzamento de 1000 millóns de francos suízos. Outros 30 países non membros participan con científicos e investigadores de 300 universidades e laboratorios que utilizan as instalacións para o estudo dos seus proxectos. Nos últimos anos desmantelouse o gran acelerador de partículas que existía e construiuse un novo acelerador, o LHC (Gran Acelerador de Hadróns) que é o acelerador máis potente do mundo e consegue unha enerxía de 7 teraelectrónVoltios (1012 eV). Os hadróns son partículas subatómicas con masa capaces de experimentar a forza nuclear forte, por exemplo: protóns, neutróns, etc. Este acelerador usa un túnel de 27 km de circunferencia cheo de imáns supercondutores, cunha temperatura próxima ao cero absoluto (-271 ºC). Consegue acelerar un feixe de protóns ata unha velocidade próxima á da luz e facelo chocar con outro feixe que circula en sentido contrario. Con estas enerxías pódense simular eventos que ocorreron inmediatamente despois do big bang, momento no que se supón que comezou o universo. Despois do choque próducese a formación de diversas partículas subatómicas e os moitos detectores situados dentro do acelerador determinan as súas traxectorias e miden unha serie de parámetros que permiten aos físicos teóricos deducir a súa natureza. Así, o anterior acelerador (LEP, colisionador electrón-positrón) permitiu detectar unha morea de partículas. Co LHC entre outras cousas, preténdese encontrar o bosón de Higgs e así confirmar ou desmentir as teorías actuais sobre a unificación de forzas. Un acelerador deste tipo necesita tecnoloxías punta. Aquí traballan enxeñeiros, informáticos e moitos técnicos que se encargan de deseñar todo o necesario para poder levar a cabo os experimentos que os científicos programan. Toda esta Tecnoloxía ten despois aplicacións prácticas en diversos campos. No CERN naceu a Internet, WorldWideWeb que seguramente é a gran revolución dos novos tempos e vai condicionar a vida das xeracións futuras.

FAÍSCAS

Cern

Jorge Casalderrey

20


Cern

FAÍSCAS

21


O NOSO ENTROIDO

FAÍSCAS

Antropoloxía

Este ano decidín pasar o Entroido mergullada de cheo no triángulo máxico ourensán: De Verín a Laza e de aquí a Xinzo de Limia, coas súas características Pantallas. Iso si, achegándome a Viana do Bolo para ver de preto os Boteiros, ata o de agora descoñecidos para min, uns personaxes típicos do Entroido do lugar que comparten cos de Vilariño de Conso o seu aspecto, malia as diferenzas que atopan os oriúndos de cada lugar. Vivino intensamente… gozando da gastronomía típica do Entroido dende a véspera ao Xoves de Comadres, onde Verín se vestiu de gala para dar a entrada aos días grandes destas festas. Cos Cigarróns baixando do Castelo de Monterrei fixen un agasallo á miña vista, xa que sinto verdadeira paixón por esta singular máscara do Entroido ourensán, e entre Cigarróns e Peliqueiros desfrutei da festa do Entroido máis ancestral. Destes últimos dise que datan do século XVI, cando os Condes de Monterrei, exercendo o seu poder na comarca, facíanos

22

funcionar como cobradores de tributos. Con 25 quilos ao lombo, o Cigarrón sae polas rúas de Verín facendo notar o seu orgullo a todos os que se achegan para contemplar un dos entroidos máis sonados da nosa xeografía, sen dúbida. Do Domingo Fareleiro ou Borrallento ao Martes de Entroido, pasando polo Xoves de Compadres, o Domingo Corredoiro ou Oleiro, o Xoves de Comadres e o propio Domingo de Entroido. Son días de festa asegurada! Como anticipei, no Carnaval concedemos especial atención á gastronomía. En ningunha mesa faltan a cachucha, as unllas de porco, os chourizos e o botelo ou as androias. Grelos, orella e lacón. O porco é o produto estrela nesas datas. O Entroido é sinónimo de festa rachada en moitos puntos de Galicia, sempre coa axuda de ceas ou xantares "hipercalóricos", abusando da comida ata chegar a unha sobremesa á que ninguén


pode resistirse: as filloas con mel, as torrixas e as orellas de Entroido poñen a guinda á festa pagá. Don Carnal preside esta celebración ata o Mércores de Cinsa, deixando paso, tras o tradicional enterro da Sardiña (a queima do papagaio Ravachol en Pontevedra, que vivín algún ano), ao período da Coresma coa Semana Santa… Sentindo dentro de nós a melancolía que produce o final dunha festa,

lembramos a cantiga do Entroido: "Adiós martes de entroido,/ adiós, meu amiguiño,/ata Domingo de Pascua/ non comerei máis touciño". No famoso libro de Juan Ruiz, Arcipreste de Hita, a Coresma vese como a personificación do xaxún, da abstinencia, en definitiva, da confesión, mentres que don Carnal no Libro de buen amor remite ao desexo e á gula, xunto a todo o que entendemos polos pecados da

carne. Lembremos a seguinte cita: “a ti, Carnal goloso, que nunca te has de hartar/ el Ayuno en mi nombre, te va a desafiar”. Tras a loita, don Carnal recibe a penitencia de que “por tanto pecado/ comiera cada día un manjar señalado/ y nada más comiese, para ser perdonado”. Eses manxares eran garavanzos con aceite, migas, espinacas, lentellas con sal, pan e auga, fabas... alimentos que nada tiñan

Antropoloxía

FAÍSCAS 23


FAÍSCAS

Antropoloxía

camisa e calzón brancos, capa vermella ou negra, pano case sempre vermello, polainas negras e zapatos da mesma cor. Non poden faltar nin a faixa vermella cinguida nin as campaíñas, así como as dúas vexigas de vaca secas e infladas que levan na man e que contribúen a facer tan característico ruído. Nese concello o Entroido é o máis longo, tendo xa nos domingos Fareleiro, Oleiro e Corredoiro xornadas de auténtica troula. A Pantalla, símbolo do Carnaval na vila, ten unha peculiar función: vixiar que ninguén ande pola rúa sen disfraz. Ir sen el supón ademais ter que convidar a unha ronda de viño, xa que perseguen e conducen en brazos ás súas vítimas ata o bar máis próximo para pagar uns viños ao grupo de Pantallas, que se caracterizan ademais por emitir, diante dos que ver cos que tanto gozaba don Carnal na obra medieval, caracterizado coma goloso, soberbio, sañudo e poderoso. A loita entre os dous exércitos fai que saian á luz todo tipo de carnes, incluída a caza, fronte aos peixes e as verduras que permite a Igrexa, institución parodiada por prácticas como a venda de bulas. Máis alá do triángulo máxico ourensán están as máscaras dos Volantes de Chantada, os Xenerais en Boqueixón, A Estrada e Silleda. Pero non quero esquecerme de máscaras acabadas de descubrir nas miñas pescudas sobre o Entroido: a "Mázcara" de Manzaneda, os Felos de Maceda, os Troteiros de Bande ou as Teixugueiras de Cartelle. E tampouco me olvido, como non podía ser doutro xeito, do Oso de Salcedo, na provincia de Lugo, nativo da Pobra de Brollón, que sae á rúa acompañado polos seus criados para asustar os viandantes. En canto ás peculiaridades de cada zona, convén sinalar os trazos máis representativos das máscaras ou traxes típicos de lugares coma Xinzo de Limia, Verín ou Laza. No Carnaval de Xinzo o traxe típico son as Pantallas, composto de

24


o sábado as cabritadas, cantando versos coma os que seguen: "Catro cousas hai en Laza/ non as hai en toda a terra/ peliqueiros, maragatos/ as formigas e a morena". É o domingo cando se estrea o traxe de Peliqueiro, se reparte bica e licores típicos. En Laza pódense vivir rituais tan primitivos como a farrapada, a chamada xitanada dos burros, o día da morena e das formigas. Deste xeito, a praza da Picota atéigase dunha mestura de auga, de terra e de cinsa con formigas. Cóntovos algo máis: na Gudiña, no CPI Laureano Prieto, este ano tivemos unha visita moi especial no Centro: un Cigarrón (baixo o que se agochaba unha profesora substituta que estivo no centro ata xaneiro). Os rapaces quedaron abraiados cando escoitaron sonar as chocas, cando viron que a máscara do Entroido de Verín pisaba as aulas. Tamén se celebraron o xoves de compadres e o xoves de comadres. Houbo fariñada e folión, desfile para os máis pequenos e chocolate para todos. Ruth Fernández Fernández

25

FAÍSCAS

pelica, de pel natural ou sintética. Dende o máis alto da mitra tamén colga a crin de cabalo característica. Como roupa leva unha camisa branca e unha gravata vermella. Sobre a camisa vai unha chaquetiña curta de seda con ornamentos dourados, que ata con lazos de cores. Un pano, prendido con broches femininos remata a parte de arriba do traxe. Na cintura leva unha faixa de varias voltas e por riba dela o cinto de coiro do que penduran seis grandes chocas de cobre. Cubrindo as pernas levan un calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e borlas, nas que predominan as cores vermellas e verdes. Viste medias brancas que se suxeitan con ligas e na man leva unha zamarra ou látego do que pende unha badana de pel e do que hai que fuxir cando os vemos avanzar cara nós. Laza é outro extremo do triángulo do Entroido, comezando o ritual o primeiro día do ano a partir das doce da noite, cando os mozos que logo irán de peliqueiros fan soar as súas chocas. Aos folións, entendidos como procesións nocturnas con misión de desembruxo, sucédenlle

Antropoloxía

forasteiros e das mulleres, un son xordo que semella o dun animal que busca meter medo, mentres saltan e rodean a xente. A pantalla (carauta), que lle dá o nome a todo o conxunto, está elaborada con cartón, feltro, fariña, auga, papel de xornal e pintura. Ten trazos de diaño, con cornos e cara de sorna, adornando a parte de arriba con motivos animais ou astrais. Pola súa parte, en Verín están os Cigarróns, para os que a orixe se sitúa nos antigos cobradores de impostos do Conde de Monterrei, que baixaban ao val facendo sonar as "chocas" para meterlle medo á xente, hoxe portando un látego co que baten aos viandantes. O 17 de xaneiro, día de S. Antón, aparecen por vez primeira. Pero é o domingo de Entroido o gran día, cando ten lugar o desfile de carrozas e comparsas, que este ano foi marabilloso. O traxe de Cigarrón consta dunha carauta de madeira pintada de xeito que se resaltan as cellas, meixelas, o bigote, un sorriso cínico e a dentadura. Na parte de follalata van pintados motivos animais e vexetais (o lobo e a lúa son frecuentes) e pola parte de atrás leva unha


Unha mirada antropolóxica

FAÍSCAS

Antropoloxía

Contos de homes e mulleres

Nas obras de Antropoloxía de Xosé Ramón Mariño Ferro, autor de Contos de homes e mulleres, sobre o cal versa este breve traballo, descúbrenos unha cultura popular que lonxe dos tópicos mostra a funcionalidade da cultura material, dos costumes e crenzas que adoitan ser tomadas por supersticións. Defende a idea de que a cultura popular galega está entroncada coa cultura popular europea, formada na Idade Media. De feito, afirma que:

26

Todo o que son crenzas en Galicia son comúns en toda Europa, especialmente as de tradición católica. De feito algunhas consérvanse mellor porque Galicia foi rural moito máis tempo. Con toda probabilidade, dinos, os primeiros homínidos,hai cinco millóns de anos, os chamados Australopitecus, vivían en parellas estables e repartíanse o traballo. O feito de que os machos se ocupasen da procura de alimentos e as

femias do coidado das crías foi o que lles permitiu evolucionar coma especie. Co tempo as diferenzas fóronse acen-tuando de distinta maneira en cada unha das sociedades. Por exemplo, mentres en Nova Guinea os esposos manteñen unha unión moi íntima, en partes da India a relación entre ambos sexos limítase simplemente á función reprodutora. Dende os Australopitecus, homes e mulleres convertéronse en dous bandos, na maioría das veces,


Tamén a ansia por controlar o poder, o feito de que empreguen asiduamente a violencia contra a muller. Homes que lle dan malleiras ás mulleres a modo de castigo,chegando incluso a matalas. Na historia da Moza e os tres mozos, ocorre que tres rapaces andan a facerlle as beiras a unha moza e esta gástalles unha broma, ao se decataren da mofa es-tes deciden bater na rapaza como vinganza. E na Moza orgullosa a unha rapaza córtan-lle as trenzas por mofarse dos seus namorados. Ou daqueles homes que exercen de amos aos que hai que satisfacer, como o tormento que sofre unha moza recén casada por bus-car o xeito de facerlle as sopas ao home para que lle gusten; e o marido sempre rexeitando o manxar e por enriba dicindo: “Foiche boa desgraza, casar cunha muller que non sabe preparar unha cunca de sopas”.Tamén moitas veces eles mesmos preferían casar cunha rapaza fea só para que non lla quitasen. No caso das mulleres preséntanse varios modelos: Por unha banda, temos a muller submisa e útil que está constantemente sometida ao home.

FAÍSCAS

Ía un xastre para a casa coa súa cadela, e uns rapaces que querían falar con el para encargarlle un traxe, como non sabían o seu nome, berraron: -Home do can!Home do can! O xastre non contestou, e díxolle á

cadela baixiño: Anda cadeliña, anda, Anda cara a Vilousán, Que nin os xastres son homes nin a cadela che é can. Así mesmo, de medorentos aparecen caracterizados coma seres folgazáns. Así no O home que non se cansaba di: -Señor, ten traballo? -Home, estamos no inverno… Ben, se es bo traballador… -Si, ho, eu son un home que nunca me canso de traballar, nunca. Ao outro día, o amo indicoulle a leira onde tiña que plantar unhas verzas. Pero tan pronto o amo lle deu o lombo, el deitouse a durmir. Cando o amo volveu, atopouno deitado. -Así que vostede era o home que nunca se cansaba de traballar. -Si, ho, por iso me deito, para non cansarme.

Antropoloxía

enfrontados. Na Galiza campesiña esa oposición vese reflectida nos ditos populares, nos contos ou mesmo nos característicos xoves de compadres e comadres. A través dos relatos populares que compoñen o libro vemos os prototipos de home e de muller que durante tanto tempo leva carrexando a nosa sociedade. Respecto aos homes vese a obsesión que posúen por exercer o poder, isto é o que explica os constantes ata-ques cara os covardes, aos que curiosamente, caracterizan case sempre coma xastres. Como mostra o que leva o título de Son homes os xastres? Que di así:

27


Ademais, se non están completamente subordinadas aos maridos buscan a maneira de facelas pasar polo aro. Este é o caso da Muller preguiceira a cal privan de alimento por non madrugar ou da Muller testuda onde o home mata a súa parella por levarlle a contraria. Menos son as que mandan no fogar coma no Cazador de lebres no que se conta como unha muller lle retira a escopeta ao seu home para que traballe e que non perda o tempo, pois rara vez conseguía cazar algo. En case todos os casos aparece a muller coma un ser moi “cotilla”. No Segredo fálase de como un home lle conta á súa dona unha mentira, que matou a alguén pero que non llo debe contar a ninguén, esta cóntallo á súa comadre e esta á vez a outra e pouco a pouco acábao sabendo todo o mundo, a causa disto o home está a piques de ser axustizado. Ou as mulleres beatas como na Gardadora de santos e festas onde a muller non para de repetir:

Luns, día das ánimas é, martes de san Antón, cuarta feira, san Xosé, o mercado é quinta feira, sexta feira é de Paixón, sábado, día da Virxe, e domingo, festa enteira. Tamén é curiosa a obsesión dos pais de presentar as súas fillas coma boas traballadoras, eficientes, discretas,…En María e as papas, un matrimonio intenta disimular que a súa filla é moi folgazana e é a nai a que lle deixa feito o labor para enganar ao mozo que lle fai as beiras. Respecto ao casamento, polo xeral, aparece como algo beneficioso para as mulleres e algo que priva de liberdade aos homes. Así, ligado aos intereses, na maioría dos casos as parellas casaban ou polo dote ou pola condición social. Raras eran aquelas que dous casasen por amor, sen arranxos. No de Cómelle a cara, un rapaz dunha casa adiñeirada casa cunha mociña moi ben feita pero pobre; o pai daquel insís-

telle para que non case, mais el non lle fai caso e cando ao viviren xuntos un día acábase o pan e o fillo demanda máis, o pai contéstalle: non quixeches unha moza fermosa? Pois agora cómelle a cara! Nas relacións entre esposos a miúdo recórrese ao engano, como é o da muller que engana ao seu home para arranxarlle un encontro ás fillas cos mozos; ao decatarse, o marido malla nela, como era habitual na época. Tamén o do home que lle propina unha malleira á súa dona por algo que non fixera como medida para que non pensara en facelo. Aínda que polo xeral os que empregaban a violencia eran os varóns, tamén se dan casos nos que as agresivas son elas. As relacións fóra do matrimonio, por estraño que resulte, eran bastante frecuentes por parte de ambos os sexos. Nalgúns relatos elas decántanse polos curas, noutros un vello casa cunha rapaza nova e ten medo de que lle sexa infiel ou as mozas son


muller gañou a independencia económica necesaria para a total emancipación. O matrimonio como institución perdeu importancia grazas ao divorcio e cada vez son máis frecuentes as familias monoparentais. Pese a que o camiño andado foi longo, hai que recoñecer que se conseguiron grandes avances. Aínda quedan moitos pasos por dar cara a unha maior igualdade e xustiza social. Penso que ese é o obxectivo, rematar cos enfrontamentos e co odio mutuo, pois seguimos feitos do mesmo material.

Antía Otero García 1º Bach. C 29

FAÍSCAS

contextos tamén está presente a violencia; e dentro destas, especialmente nas sociedades con familia nuclear, onde as relacións entre os cónxuxes son máis directas e íntimas, pero tamén máis problemáticas e conflitivas. É certo que aínda hoxe é a muller a que desenvolve un papel moito máis importante nas tarefas do fogar, así como na educación dos fillos. Pouco a pouco isto está a se tornar e en gran parte pola incorporación do sector feminino ao mundo laboral. Isto tamén trastornou a situación familiar, xa que a totalidade dos ingresos non veñen unicamente do home e por iso tamén, a

Antropoloxía

acusadas inxustamente de infidelidades. Pola contra, os relatos que aluden ás infidelidades dos homes son máis escasos e sempre son consentidos polas mulleres, quen a pesar de sentírense molestas non se opoñen. Como xa vimos, a violencia de xénero é un asunto que se leva repetindo durante bastante tempo e que se segue carrexando hoxe en día. Como di o autor: nos malos tratos físicos ás mulleres interveñen de maneira decisiva dous factores: a violencia xeral e a importancia da familia nuclear. Os maridos son máis violentos coas súas esposas nas sociedades nas que noutros


Lémbrome ben daquel día, coma se fose onte. Aquel catorce de xaneiro ía ser algo especial, algo que levabamos esperando un ano e medio, e parecíame mentira que nun abrir e pechar de ollos ese día xa estivese aquí, agardando ser posiblemente o mellor da miña vida. Xurxo e eu casariamos esa mesma tarde… Estaba completamente namorada del… Os seus ollos negros coma unha escura noite de inverno alumaban para min comas dúas estrelas no ceo, é cando me mergullaba neles, entraba nun profundo universo sen principio e sen fin, cheo de esperanzas e ilusións. Os trazos perfectos da súa face facían del un home ben agraciado.

FAÍSCAS

Literatura

Todo semellaba que conduciría a ser un gran día. Mais non tardei moito en decatarme do meu grave erro. Xa preparada, e co traxe de noiva posto, dirixinme ata a igrexa da miña parroquia, onde se celebraría a voda. Pero ninguén sabe cal foi o meu desgusto ao ver que, tras dúas longas horas de espera e impaciencia, o meu príncipe me

deixara plantada. Pasáralle algo ou era que xa non me quería? Arrepentírase de me pedir matrimonio? Aínda hoxe non teño resposta para iso. Pois ben, fose cal fose a razón, levei tal desgusto que non saín da casa nun mes. Non sentía dor ningunha, simplemente un inmenso vacío no peito que, en pouco tempo, conseguiu arrebatarme anos de vida. Foi unha tempada de bágoas e sufrimento. Entón atopei aquel anuncio no xornal que me levou a reflexionar sobre o feito de mirar a vida doutro xeito, e finalmente, por desesperación, decidinme por coller o teléfono e darlle unha chamada ao responsable do gabinete. Eu nunca crera nese tipo de supersticións, máis ben sempre me pareceran

trapalladas, pero… que ía facer se non? Non tiña outra alternativa. Se esa persoa dixese a verdade, quizais recuperase a Xurxo e todo volvería ser coma antes. Tiña que arriscarme. E así o fixen. Marchei nese mesmo intre. Era noite pechada e non se vía unha alma pola rúa. Entón atopei ao lonxe un cartel de neon que dicía: GABINETE ESOTÉRICO. Xa no meu destino, un home novo, un cabaleiro de voz doce e acaramelada coma o mel, convidoume a pasar ao despacho. O gabimete era ben sinxelo: nin tiña pócemas, nin libros antigos, nin bólas de cristal;

AMOR


tan só catro paredes espidas, cunha mesa e dúas cadeiras en cada extremo. Comezamos a falar… Perdín a noción do tempo. Foi moi estraño: ao estar con el, non tiña penas polas que sufrir, e ese inmenso baleiro do peito xa non existía no meu interior. Ata foi quen de roubarme un sorriso. Era curioso que cando contemplaba aqueles ollos dourados de mirada intensa e profunda, non vía nel un simple descoñecido, senón un amigo de toda a vida polo que sentía algo forte e especial.

Rematou a charla e marchei á casa. Cavilando, non tardei moito en decatarme de que non podería seguir adiante sen el. Namorárame, e non quería desperdiciar nin un só momento lonxe daquel home. Pero… sentiría el o mesmo? Tiña que volver. E pronto.

E xa vedes. Aquí estou despois dun aniño, camiñando e camiñando nas noites de lúa chea ata o amencer, guiada polos vagalumes da nosa terra, coa esperanza de algún día poder encontrar un cartel de neon que anuncie: GABINETE ESOTÉRICO.

Ao día seguinte collín o coche e dirixinme cara ao gabinete. Mais cando cheguei… o despacho xa non estaba alí!! Non podía ser! Dei unhas voltas ao redor da rúa, pero nada. Tan só un anaco de papel suxeito cunha pedra. Intentei lelo, pero a tinta estaba emborranchada pola chuvia que caera previamente. Unicamente fun capaz de ler unha frase: “Se queres atoparme , sigue os vagalumes”.

Sabela Rodríguez Blanco (1º ESO-B)

Literatura

FAÍSCAS

PERDIDO

31


A H N U

A T E L MA

Mahón: entre a maleza, unha maleta; unha maleta que fere a mirada, frío nórdico, vento boreal, turbación e espanto.

Literatura

Unha maleta vermella no medio dun ermo, remuíño de medo; unha flor murcha engulida na nada dunha maleta. Mahón, crébaseme a alma.

FAÍSCAS

Unha maleta lúgubre, sombría, mortuoria.

medula aterida, desolación e cinza. Mahón, de novo, Mahón e Noia: xeografía espantada, inmutable Medea ante o clamor do teu sangue, apocalíptica Medea. Un cómic de Naruto, unha goma de borrar gravada, indeleble o teu nome: CÉSAR. Vendaval de dolor na cavidade dunha maleta. (Sit tibi terra levis).

Unha maleta convertida en osario,

32

Manuel Rodríguez Santos


Enquisas couto na ond@ -Que lingua fala normalmente na súa vida cotiá?

A finais do 2010 o equipo de Couto na Ond@ decidimos facer un estudo sobre o uso do galego e do español entre os nosos compañeiros do Centro. Para levar a cabo esta iniciativa realizóuselles unha enquisa a 20 estudantes de bacharelato e a outros 20 profesores escollidos aleatoriamente. E estes foron os resultados obtidos: -Que lingua fala normalmente na súa vida cotiá? A esta pregunta o 52% dos estudantes aseguraron falar español, fronte ao 48% que responderon que adoitan usa-lo galego. Pola contra, as respostas do profesorado resultan ser moito máis axustadas, xa que exactamente a metade usa o español e a outra metade o galego. -Que lingua fala normalmente en clase? Nesta cuestión séguese distinguindo certa preferencia polo

español por parte do estudantado, xa que o 55% deles usan o español nas aulas e polo tanto, o 45%, o galego. A resposta do profesorado é, curiosamente, inversa ao resultado dos alumnos. O 55% dos docentes aseguran imparti-las clases en galego e o 45% recoñece face-lo en español. -Segundo vostede, que porcentaxe de cada lingua debería haber nas aulas? O 52% do alumnado opinou que desexaría un sistema onde a metade das clases se impartisen en galego e a outra metade en español. O 42% prefire máis español ca galego, o 3% decántase por máis galego , e o 3% restante quere que as clases se dean equitativamente en galego, español e inglés. A resposta dos docentes contrasta co resultado dos estudantes xa que un 40% preferiría máis

galego que español, seguido por un 35% que se decanta pola mesma cantidade de galego e español e un 15% que asegura querer máis español ca galego. Cun 10% sitúase no último posto, ao igual que no estudantado, a mesma porcentaxe de galego, español e inglés. -Que pensa do decreto? Nesta cuestión o 92% da mocidade declarou estar en desacordo e o decreto só foi aceptado polo 8% restante. No caso dos profesores o 15% está de acordo, o 65% oponse a el e un 20% abstense de contestar.

Tanto os resultados dos docentes coma os dos estudantes foron emitidos en varios programas da radio do centro.

Antía Otero,1º Bacharelato C

-Que pensa do decreto?

Lingua

-Que lingua fala normalmente en clase?

FAÍSCAS 33


PODERES Lucía Espino Alvarado, 4º ESO A volta do verán...

Luuu caas!!

!¿Eh?!

Meu, canto tempo!

Eu tamén.

Auch!

Colegas, que tal?

Temos que contarnos moitas cousas do verán.

FAÍSCAS

Banda deseñada

Alégrome moito de verte!

34


Mirade, no verán, sucedéronme cousas moi extrañas. Como se tivera algo dentro de min ... Algo moi misterioso.

Que dis?!

A min pasoume o mesmo. Agora son outro diferente.

Estámosche a falar de poderes ...

Entrade aquí parar que ninguén escoite, e explicámosche o que está a pasar.

Xa verás Dani, ensínallo.

Eu? O meu poder?

En serio?

Non entendo nada do que estades a dicir. listos???

Estades

O meu poder é a VELOCIDADE! Onde vas!!! Con que corras un pouquiño chega!!

Vale.

Dicías?

Banda deseñada

Ehm... si... Vouvos ensinar en que me transformo, peor téndesme que provocar...

FAÍSCAS 35


Par

ade

xaa Es un ...

FAÍSCAS

Banda deseñada

Eu non teño nada especial. Non sinto nada... Que me pasa? Que fago?

36

!!


Mirade, a señora de antes!

¡Ei!

Ola! Sei que tendes poderes. E ti tamén . Pero non sabes cal...

Eu?

Banda deseñada

Dígovos isto porque vos quero axudar a averigualo. Veredes, hai 100 anos experimentaron con 3 apostos homes, os vosos bisavós. Saíu mal e un día apareceron con poderes, e quedáronlle nos xenes. A cousa é que tamén hai unha moza, que ten moitos máis poderes que vós. Tendes que atopala e ela diravos o teu poder e como controlalo e bla, bla, bla...

FAÍSCAS 37


Imos a pola moza!

Eu sospeito de unha...

Si, eso...

Refíreste á da nosa clase? A que sempre chega de primeiro?

Aí está ! E que lle teño que dicir?

Bos días, queres algo en especial? Bos días, chámome Dani. Gustaríame coñecerte.

Por que tiven que ir eu...? Que animal .....

Como soubo o que estaba pensando?

Xa che dixen que sabía ler as mentes.

Grazas a tí Dani, xa sabemos que é ela.

Espera, témosche que contar unha cousa.

Que queredes de min? A que sabes ler mentes?

FAÍSCAS

Banda deseñada

Verás, os meus amigos teñen poderes, e, eu creo que tamén pero non seí cal. E unha señora que te coñece, díxome que me dirías o que podo facer. Sabes algo?

38

Dicímoscho porque nós tamén temos poderes.

Non te asustes, que somos de fiar.

Teño un lixeiro recordo de cando era pequena, que me dixeron que un día un mozo me preguntaría polos seus poderes. E cando o encontrase teríamos que vixiar a Uxía.

Vale, si, teño poderes. Que máis queredes??

Uxía??


Vexo, que xa encontráchedes a Lisi. Ben. Agora, Lisi, dálle a man a Lucas, e terás unha visión.

Que me pasa nos ollos?

Podo ver a través da parede!

Entón... que viches? Que poder teño?

Tes raios X.

Raios X?

Eh?

Que é ese ruído?

De onde ven? É moi forte!

Eh?

Onde estou. Era todo un soño...

Banda deseñada

Lucas, esperta!

FAÍSCAS


O Galo Kirico

FAÍSCAS

Banda deseñada

Carolina Álvarez Álvarez, 2º ESO B

40


Banda deseñada

FAÍSCAS

41


42

FAÍSCAS

Banda deseñada


Angi

EXPERIENCIAS EN @ D N O A N O T U O C 1º Bacharelato C

Jose ,Guille, Santana ,Veiras (Grupo Heavys)

Ao inicio do curso non tiñamos nin idea do que ía supor para nós facernos cargo da radio dun instituto. Aínda podemos lembrar a vergoña das primeiras xornadas nas que discutiamos sobre a quen lle tocaba falar ese día. Co tempo fomos perdendo a “inocencia” e vimos no micro un compañeiro máis co que poder comentar as novas do centro, da cidade e mesmo do país. Ademais aproveitamos a radio para achegármonos ao centro mediante iniciativas como elaborar un estudo sobre o emprego da lingua ou mesmo o seguimento do torneo de voleibol, o que sen dúbida nos axudou a coñecer mellor os nosos compañeiros.

A nosa experiencia na radio foi moi boa. O noso grupo “All Music” estaba formado por Antía Fidalgo, Laura Fernández, María Tabares e Orlando Lippo. Todos nós xuntos aprendemos un montón de cousas, coñecemos novos estilos de música, incluso aprendemos a apreciar cancións que realmente non eran do noso estilo. Foi unha experiencia incrible onde o pasamos moi ben e nos rimos moito (foi algo diferente), onde compartimos cos compañeiros moitas cousas e as puxemos en común.Tamén nos serviu para relacionarnos e coñecernos moito mellor. Pouco a pouco fomos evolucionando e collendo máis confianza co micrófono e cos instrumentos da radio polo que nos sentimos cada vez máis cómodos neste espazo e puidemos gozar máis da experiencia que supón dirixir un programa de radio nun instituto.

Antía Fidalgo, Laura Fernández, María Tabares e Orlando Lippo Couto na ond@

FAÍSCAS

Cando comezamos o curso non sabiamos moi ben cal ía ser o noso cometido, cousa que nos tiña un pouco asustados, pero Puri enseguida nos puxo ao día e explicounos con moita paciencia cales ían ser as nosas tarefas durante o curso. Por difícil que nos parecese ao principio controlar a mesa de mesturas, o ordenador e os micros, á vez que tiñamos que ler, logo nos acostumamos. Unha vez comezamos a facer os programas ao noso gusto, o recreo dos xoves converteuse nun acontecemento cada semana, un espazo propio no que expresar ideas, compartir a nosa música favorita, ou falar do noso querido CD Ourense.Tamén imos lembrar con moito cariño o noso compañeiro Santana, que marchou a principio de ano, e as súas maxistrais imitacións de Fraga ou Fidel Castro, incluso da Súa Maxestade o rei de E s p a ñ a . Grazas a este espazo pasamos grandes momentos de risa e c o m p a ñ e i r i s m o . Recomendámoslle a calquera escoller radio o ano que ven, non se arrepentirá!

e Lor ena M onca a Vá da, A zquez ntía O . tero

e Alb

43


VIAXE A

s a l e x Bru

FAÍSCAS

Viaxe a Bruxelas

Anabel Olleros Vázquez e Blanca Vázquez Valencia, 1º Bacharelato. Saímos de Ourense en dirección a Valladolid para coller o voo cara Bélxica.Cando chegamos ao aeroporto pareciamos máis ben unha estación de autobuses xa que eramos unhas 30 persoas case, practicamente nós enchimos o avión. Cando chegamos o clima non era o que precisamente nos gustou xa que chovía, ía frío e facía moito vento.Pero a pesar de todo estabamos moi emocionados porque ían ser os mellores días do curso.Como o aeroporto non estaba xusto en Bruxelas, un autobús levounos ata o albergue. Ao día seguinte ,tivemos que coller o metro para ir ata o Parlamento.A todos nos fixo moita ilusión ir no metro xa que para moitos era a súa primeira vez. No Parlamento Europeo un español que traballaba alí fixonos de guía turística e explicounos as funcións que se levaban a cabo como por exemplo: aprobar leis e tratar temas para a mellora dos países pertencentes á Unión Europea…Logo vimos o traballo dos parlamentarios, aínda que non tiñan moito tempo para atendernos. Volvimos coller o metro para ir ao Atomium,que é un dos monumentos máis importantes e representativos de Bruxelas. Dentro do Atomium había unha exposición de cosmoloxía e contaba como se construiu.Para pasar dunha esfera a outra tiñamos que coller as escaleiras mecánicas; o Atomium posúe o ascensor máis rápido de Europa. Na esfera máis alta había un mirador cunhas vistas paisaxísticas de toda a cidade. Dende alí víase o MiniEurope. Esta atracción é unha reconstrución dos edificios emblemáticos de cada país de Europa. O percorrido foi bastante longo xa que eran moitas miniaturas.En España puxeron a miniatura da catedral de Santiago de Compostela e o Escorial de Madrid. Fomos á Praza Maior

44

‘’Grand Place’’.Esta praza é moi coñecida porque na primavera celébrase a Festa da Alfombra de Flores e énchese con milleiros de flores de tódolos tipos. Tamén é moi famosa polo estilo renacentista dos seus edificios. Uns metros máis adiante da Grand Place atopáse o famoso “Manneken Pis’’. Unha estatua de apenas uns 50 cm que pode pasar desapercibida, senón fora porque millóns de persoas viaxan para visitar o pequeno rapaz orinando. As tendas de recordos están cheas deste emoticono xunto cos famosos chocolates.En Bruxelas dedícanlle un lugar importante ao chocolate, mesmo teñen un museo.Recoñecidos mundialmente os chocolates belgas podémolos degustar cos marabillosos sabores e de diferentes tipos. Íase facendo de noite ,así que buscamos un restaurante.O prato que tiñan case todos os restaurantes eran mexillóns con patacas fritidas. Estábamos todos agotados, polo que nos prestou durmir. O segundo día trasladámonos en tren á cidade de Bruxas. Cidade turística na que case todo está pensado para os visitantes.Cando chegamos alí, fixemos unha visita guiada en barca polos canais da cidade. Dende ela podiamos ver os edificios máis emblemáticos da cidade como a catedral Ao terceiro día volvimos trasladarnos en tren á cidade de Gante. A cidade tamén é moi famosa polo número de turistas que a visitan, aínda que recibe menos visitantes que Bruxas.Ao chegar entregáronnos un plano da cidade e unha guía turística para poder coñecela mellor. Tras esta visita, as profesoras ensináronnos parte da cidade e deixáronnos tempo para facer algunha das actividades que nos propuxeron coma percorrer os canais en barca ou visitar o castelo da cidade.


A opción que escollemos a maioría foi ver o castelo. Era bastante antigo e tiña moitas dependencias, aínda que, sen dúbida, a que máis éxito tivo era a sala de armas na que había unha guillotina, armas e mesas de tortura.

Viaxe a Bruxelas

FAÍSCAS

O último día fomos todos xuntos a coñecer unha parte da cidade que aínda non viramos facendo un xogo de rastrexo, no que tiñamos que contestar unhas preguntas relacionadas cos monumentos aos que tiñamos que ir. Volvimos polas maletas ao hotel e catro horas despois estabamos no avión camiño de Valladolid.Finalmente chegamos a Ourense ás 12 da noite moi cansos pero moi satisfeitos.

45


ACTIVIDADES DO NADAL Como xa ven sendo tradicional no noso centro, o día 22 de decembro celebráronse as actividades de fin do primeiro trimestre. Este ano consistiron, fundamentalmente, nun FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES, para que aqueles alumnos que tocan algún instrumento mostrasen as súas habilidades ante os seus propios compañeiros. Neste mesmo acto tamén se fixo entrega dos premios aos gañadores do consurso de tarxetas de nadal.

PROGRAMA DO 1º FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES Inés Sánchez, 1º ESO B, piano “Sonatina” Sabela Rodríguez, 1º ESO B, viola, A.Menken “Be our guest” Santiago Velo, 2º ESO A, viola, Hummel “Sonata” 3º mov. Elisabet Gómez, 2º ESO A, guitarra, M. Byat “Hanging around” Damián Picouto, 2º ESO A, piano, Hayd “Sonata” Iván Cid, 3º ESO A, guitarra, B Lester “Estudio” Pedro García, 3º ESO A, acordeón, “El vuelo del ángel” (anónimo) Lucía Domínguez, 3º ESO C, piano, Linkin Park “Faint” Martín Álvarez, 3º ESO C, clarinete, Mozart “Divertimento nº 3” Sara Gómez, 3º ESO D, clarinete, J: Williams “La liata de Schlinder” Raúl Pérez, 4º ESO A, oboe, Barret, “Estudio nº 5” Lara Araujo, 2º Bacharelato C, piano, Bach “Invención nº 4” Andrés Miranda, voz e guitarra, e Isidro Freixeiro, batería, 2º Bacharelato B, Oasis “Wonderworld” Helena Sousa, antiga alumna do centro, acordeón

CONCURSO DE POSTAIS 1º premio: Lía Gonzalez 2º premio: Elías Abelaira


ACTIVIDADES DO ENTROIDO

O venres 20 de febreiro, a partir das 11:30 horas levouse a cabo o desfile de disfraces na cancha polideportiva do Centro. Convocouse o tradicional concurso de disfraces en dúas categorias: comparsas e individual.

Os premiados foron: Grease: 1º premio comparsas Os árabes: 1º premio individual Os vagabundos: 2º premio comparsas A galiña: 2º premio individual Toy Story: 3º premio comparsas O corvo: 3º premio individual


CORRELINGUA 2011 Redacción

Fomos gañadores do concurso de pancartas!!! Un ano máis participamos na edición do Correlingua alumnos de 3º,4º de ESO e 1º de Bacharelato. Nesta ocasión,alumnos do noso centro subiron ao escenario a recoller o premio de pancartas, despois de facermos o percorrido polas rúas do Casco Vello da cidade, nun día soleado e propicio para festexarmos a festa da nosa lingua.

Actividades

REVOLUÇAO dos cravos

FAÍSCAS

Os alumnos de Portugués lembraron o día 25 de abril, aniversario da Revoluçao dos Cravos en Portugal, cunha elaboración de sobremesas que todos,alumnos e profesores, puideron degustar.

Redacción 48


OURENSE

LITERARIO

No mes de marzo os alumnos de 3º de ESO fixemos un percorrido polo Ourense Literario, unha actividade organizada polo concello. Contamos cun guía que nos foi explicando os diferentes lugares iniciamos o itinerario nas Burgas, lugar emblemático da cidade - relacionados coa biografía e a obra de destacados escritores ourensáns tanto do século XIX como do XX. De algúns deles xa tiñamos referencia por ter que estudalos este curso e outros por sérennos xa coñecidos de anos anteriores. Tamén descubrimos o roteiro da

obra de Blanco Amor, A esmorga; soubemos das casas onde viviron, por exemplo a de Vicente Risco e Otero Pedrayo, que estaban no mesmo edificio ; parámonos nos lugares nos que se levantaron estatuas, como a do Padre Feixoo; coñecimos a casa onde se iniciou a primeira publicación periódica en lingua galega: O Tío Marcos da Portela, de Valentín Lamas Carvajal. En fin…,que estas saídas sérvennos ademais para fixármonos mellor nas rúas que esconden a nosa propia historia e cultura e que nos pasan desapercibidas.

TEATRO GRECO-LATINO Actividades

Un ano máis, os alumnos de Latín do centro (4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato) visitamos a cidade lucense no mes de marzo para acudir ás representacións teatrais e coñecer os clásicos. Este ano as obras que se puxeron en escena foron: Miles gloriosus (O soldado fanfurriñeiro) de Plauto e Medea de Eurípides. Tamén nos serviu a viaxe para coñecer mellor a cidade e disfrutar dunha xornada ben agradable cos nosos compañeiros e profesores.

FAÍSCAS 49


OBRADOIRO DE CONTOS E MELODÍ AS Participaron nesta actividade alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. O espectáculo desenvolvido no noso centro ten como título “CONTOS COAS MANS ABERTAS”e inclúen música en directo. Consistiu nunha sesión de dúas horas, unha de contos e outra de obradoiros, impartida por A TROPA DE TRAPO. Ten como finalidade utilizar os contos como ferramenta didáctica para traballar técnicas de expresión corporal, teatro social, creación colectiva, etc.; para reflexionar e para transmitir valores doutras culturas e da nosa: mulleres capaces de cambiar a súa historia, homes que viaxan e coñecen outras culturas, da liberdade, do medo, da solidariedade, da cooperación... O espectáculo resultou didáctico e ameno, pero o máis interesante foron os obradoiros de expresión corporal, nos que os alumnos participaron activamente e manifestaron as súas opinións.

CONTOS DO CAMIÑO E DA RÚA

FAÍSCAS

Actividades

No mes de marzo,os alumnos de 4º de ESO tiveron a oportunidade de achegarse á figura de Otero Pedrayo a través do monólogo da actriz Sabela Gago de Sarabela Teatro, baseado no libro de relatos Contos do camiño e da rúa do autor ourensán. A representación resultou moi amena pois requería da presenza do público; así por exemplo un profesor do centro representou o personaxe dun fidalgo e mesmo algunhas alumnas participaron a modo de coro. Foi unha interesante aproximación ao mundo narrativo e ao valor literario do Patriarca das Letras Galegas.

Redacción 50


EXPOSICIÓNS Contra a

nero é x e d a i c violen

15 artistas presentan nesta exposición a súa peculiar maneira de ver e presentar o problema que supón a violencia de xénero.

Redacción

LITERATURA CASTELÁ Alumnos da profesora Isabel realizaron traballos sobre a obra de José Luís Alonso de Santos: La estanquera de Vallecas. Resultado dese labor son os carteis que expuxeron no centro.

Redacción

lois

o r i e per

Exposición sobre a biografía e a obra de Lois Pereiro, poeta ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Exposicións

FAÍSCAS 51


RAFTING Un 7 de Abril, xoves estival, o Departamento de Educación Física organizou una xornada na natureza chea de variedade e aventura. Os 52 alumnos/as de 1º e 2º da ESO participaron dun día de orientación e dun descenso de 8 Km en augas bravas na zona máis arriscada do percorrido do río Miño. A zona elexida foi Arbo, preto de A Cañiza, mellor zona de Galicia para

en Ar bo comer a famosa e codiciada lamprea e que goza dun entorno natural envexable para disfrutar dun día cheo de emocións e cunha climatoloxía que fixo que fora inesquencible. O resultado foi moi positivo quedando clara a intención de todos os rapaces de repetir esta experiencia.

FAÍSCAS

Actividades

CAMPIONATO de volleyb all Durante o 2º trimestre do curso, levouse a cabo un campionato de Voleibol en resposta á boa acollida que todos os rapaces e rapazas mostraron por este entretido deporte. Este campionato organizouse en dúas fases: 1ª FASE: ESO Vs ESO, é dicir 3º contra 4º Bacharelato Vs Bacharelato

52


2ª FASE: ESO Vs Bacharelato O xoves 14 de Abril celebrouse a “Gran Final “ entre 3º ESO C (Álvarez Álvarez Martín, Coello Vences Antía, Dos Santos Fernández Sergio, Galicia Sarmiento Sara, González Fernández Adrián, González González Laura, Manuel Alves Jorge, Novelle Álvarez Jesús) e Bacharelato B (Álvarez Donis José Manuel, Conde González Jenifer, Nieto Nieto Aaron, Rodriguez Álvarez Alba, Solla Rodriguez Irene, Vázqurz Jácome Alba, Veiras Blanco Iván, Rodriguez Álvarez Guillermo) , sendo, finalmente proclamado campión o equipo de 3º ESO C por un resultado de: 1º SET: 25-15 2º SET: 22-25 3º SET: 25-18 O venres 15, coincidindo co último día de clases antes da Samana Santa, fíxose a cerimonia de entrega de premios e diplomas a todos os participantes neste popular Campionato coa colaboración inestimable do Sr. Director Jorge Casalderrey, que deu o carácter máis oficial e emblemático ao evento. O Departamento de Educación Física está gratamente sorprendido pola alta participación, a deportividade e tamén polo gran nivel adquirido por todos os rapaces e rapazas participantes.

VISITA Inef - galicia

Seminario de E. Física

53

FAÍSCAS

José Mosquera González, Vicedecana de Estudantes e Extensión Universitaria. Pola tarde, acudimos ao Domus no que, ademais do percorrido de 2 horas polo seu interior reflexionando e curioseando de xeito interactivo na súa exposición permanente “ Conócete a ti mismo”, tamén vimos unha película no seu cine Magnavisión titulada “Wild Safari 3D: Aventura en Sudáfrica”

Actividades

O día 23 de Febreiro alumnos/as de 3ºe 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato participaron na visita, organizada polo Departamento de Educación Física, ao INEF de Galicia en A Coruña. O motivo de dita visita era ver as instalacións das que está dotado este centro para os estudos de Educación Física así como informarse acerca das modificacións na titulación a partir do Plan de Bolonia. A presentación celebrouse na Aula Magna do centro a cargo de Mª


CONTA CONTOS INGLÉS-GALEGO Esta actividade que se realizou no mes de abril no salón de actos do centro, resultou entretida e didáctica ao mesmo tempo. Por unha parte, os alumnos puideron aprender algo da cultura popular doutros pobos grazas ás diversas historias que lles contaron o narrador profesional de orixe británica Tim Bowley e a galega Charo Pita.

FAÍSCAS

Actividades

EXCURSIÓN DE RELIXIÓN

O luns 11 de Abril de 2011 fomos ata A Coruña os cursos de ESO e de Bacharelato xunto cos profesores de Relixión. Pola mañá tivemos misa na Igrexa de Santa Gema Galgani, onde nos reunimos con outros institutos, como o de Maceda, A Laboral, Xinzo.... Ao rematar fomos ata a Torre de Hércules lugar que aproveitamos para sacar a foto de grupo e dende onde se podía observar unha incrible vista ao mar. Logo dirixímonos á praia de Riazor, onde paramos a comer e pasamos o resto do día ata voltar a Ourense. Foi un día divertido, onde pasamos unha boa xornada cos compañeiros, aínda que chegamos un pouco esgotados.

Laura Vila Ferreiro e Alba González Domínguez, 4º ESO

54


VISITA A RIDIMOAS Visita a Ridimoas de alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, acompañados polo profesor do Seminario de Ciencias Naturais Daniel Fernández Díaz.

CONCERTO

DE

JAZZ Actividades

FAÍSCAS

Os alumnos de 4º de ESO A e B asistimos a un concerto de jazz no Auditorio Municipal. Puidemos disfrutar dun amplo repertorio de música relacionada co jazz e aprendemos a bailar e movernos con este tipo de música. Pasámolo moi ben.

Jennnifer Conde,4º A 55


DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE segundo de bacharelato

FAÍSCAS

Actividades

O 23 de maio celebrouse un acto de entrega de diplomas aos alumnos que remataron os estudos no noso centro, que estiveron acompañados neste emotivo acto polos seus familiares, amigos, compañeiros e profesores. Tras a presentación realizada polo Director do centro e unha actuación musical executada polo alumno Santiago Velo de 2º de ESO, interviu en representación dos alumnos Roberto Velázquez, dos profesores Antón, e a presidente da AMPA en nome dos pais. Unha vez finalizado o acto e, tras as fotos de rigor, tivo lugar no patio do instituto un animado ágape de confratenidade organizado pola ANPA.

56


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.