Eco dos Nenos

Page 1

O Eco dos nenos XORNAL EDITADO CO GALLO DA SEMANA DA PRENSA CEIP DE CEDEIRA Nº 5 Abril 2014

O COLEXIO DE CEDEIRA VAI POLO MUNDO ADIANTE Continuamos desenvolvendo o proxecto “Polo mundo adiante” no CEIP de Cedeira. Neste xornal tendes varias mostras do mesmo: a visita da Asociación de Amigos do Sahara e de I’Ju ao colexio, as reportaxes sobre Junko Tabel e ”Mulleres polo mundo adiante”, a seleccción de pratos típicos do mundo, ...

I’JU: UNHA CONTACONTOS MOI ESPECIAL

VISITOUNOS A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO SAHARA

Consulta as Novas do colexio

Máis información na sección Cultura e Sociedade

JUNKO TABEL: A PRIMEIRA MULLER QUE ALCANZOU O CUME DO EVEREST Máis información na sección Reportaxe

MULLERES POLO MUNDO ADIANTE Consulta a sección Reportaxe

CARTAS AO DIRECTOR Consulta a sección Cartas ao director

FFYONA CAMPBELL: O MUNDO NOS SEUS PÉS Máis información na sección Cultura e Sociedade

COMENDO POLO MUNDO ADIANTE Consulta a sección Gastronomía


REPORTAXE

Abril 2014

O Eco dos nenos

MULLERES POLO MUNDO ADIANTE


REPORTAXE

Abril 2014

O Eco dos nenos


REPORTAXE

Abril 2014

O Eco dos nenos


REPORTAXE

Abril 2014

O Eco dos nenos


REPORTAXE

Abril 2014

O Eco dos nenos


CULTURA E SOCIEDADE

Abril 2014

O Eco dos nenos

VISITOUNOS A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO SAHARA Cedeira.Alumnos de 6º No mes de marzo visitáronnos unhas colaboradoras coa Asociación de Amigos do Sahara. Viñeron porque no 2º Ciclo están traballando o país de Marrocos e

querían saber como é a vida do pobo saharaui alí. Así que elas contáronnos un montón de cousas que nos fixeron comparar a súa existencia coa nosa para valorar un

Aquí, vestímonos con…

pouco máis , quizais, o que temos. Por iso, a continuación amosamos dúas realidades ben distintas.

Alí, eles vístense con… Visten con “nelfas” e van, case sempre, descalzos e moi abrigados para a calor, para non queimarse co sol. As vestimentas dos homes e das mulleres son moi similares. As nenas ata os 12 anos poden vestir ao modo occidental pero despois desa idade teñen que vestir coa roupa típica: nelfas e turbante. É difícil que estreen roupa nova. Reciben moita roupa usada que organizacións solidarias recollen en España e outros países, de fábricas, excedentes de stok, etc.

Vestímonos con chándales, pantalóns vaqueiros, “sudadeiras”, camisas, camisetas… e temos moita roupa para cando fai frío e para cando fai calor. Cando nos queda pequena, mercamos outra da talla que precisamos. Hai moitas tendas e de moitas marcas, dependendo cal sexa o teu estilo.

Alí o clima é…

Aquí o clima é…

O clima é moi seco e case non hai auga. É un clima desértico caracterizado polos días soleados e calorosos e as noites frescas e frías. Poden chegar ata os 60º C de día. Pola noite hai vento e baixan as temperaturas. En inverno van con moita roupa. Non hai auga; ás veces hai algún pozo que utilizan varias familias. A xente ten bidóns para encher de auga cando , a trae un camión, que pasa cada mes.

Aquí temos un clima atlántico no que os veráns son frescos porque está preto do mar; os invernos son suaves pero chove moito. As temperaturas son suaves e hai moita humidade e auga por todas partes. Chove en gran parte do ano, e é difícil chegar a temperaturas extremas.

Alí viven en…

Aquí vivimos en Casas resistentes á choiva e ao vento; poden ser de pedra, madeira, cemento… As casas poden ser unifamiliares ou de varias familias ou edificios de vivendas. A xente vive en cidades que teñen rúas, avenidas, autopistas, etc. Hai barrios de diferentes niveis sociais.

Viven en poboados de adobe e en jaimas, que son como tendas de campaña de cor branca que poden voar polos aires moi fácilmente e as de adobe son dos que teñén máis cartos e están feitas de ladrillos de barro sen cocer. As jaimas teñen moitas alfombras no chan.


CULTURA E SOCIEDADE

Alí a escola está…

Abril 2014

O Eco dos nenos

Aquí a escola está Alí, á escola van profesores estranxeiros para poder ensinar cousas aos nenos. As escolas chámanse “madrazas” e os nenos teñen pouco material escolar e poucas aulas. As organizacións solidarias levan, tamén, material escolar de España. A partires dos 12 anos, se queren estudar, teñen que ir a un internado, que está lonxe da casa, na cidade.

Aquí comemos…

Aquí as escolas son grandes e amplas con moitas aulas e cno material suficients para todos os alumnos e alumnas. As estruturas son moi resistentes e os colexios están preto das casas. A educación é gratuíta; hai colexios públicos, privados, concertados, cadaquén pode ir ao que queira ou mesmo pagar un privado. Hai moitos profesores. Cando acaban a educación primaria, poden ir ao instituto a estudar ESO e, despois, bacharelato ou Formación Profesional; tamén podemos ir á Universidade. Hai moitas posibilidades.

Alí comen Non comen porco. Beben auga que sae dos pozos ou dos bidóns de auga que teñen, que cada certos días rechea un camión cisterna; polo tanto, non hai auga corrente. A comida fana en recipientes de barro ou latón; non hai pratos senon que comen no recipiente no que cociñan. Os alimentos principais son: cuscús e os que reciben de organización solidarias, donados pola xente.

Aquí a comida típica é a empanada de choco, o polvo á galega, a tortilla española, a paella, pero o máis característico en Galicia é o choco ou a empanada de choco.


CULTURA E SOCIEDADE

Abril 2014

O Eco dos nenos

FFYONA CAMPBELL: O MUNDO NOS SEUS PÉS Hoxe damos a coñecer a historia de Ffyona Campbell, a primeira muller en dar a volta ao mundo a pé. Naceu en Totnes en 1967. Percorreu en total 32.000 kilómetros durante 11 anos. Escribiu tres libros acerca da súa experiencia.

A primeira meta de Campbell foi percorrer Gran Bretaña. Cando saíu de John O'Groats, en Escocia. tiña dezaseis anos. O xornal Eveniiig Staizdard oíu falar do seu proxecto e ofreceuse a pagarlle o aloxamento ata chegar a Lands End, no extremo sur de Inglaterra, e a cubrir os seus gastos de mantemento diarios. Rematou o percorrido en 50 días. Conseguiu reunir 25.000 libras para un hospital de Londres.

En1.985 comezou a etapa Americana. Decidiu percorrer E.E.U.U. dende New York ata Los Angeles; Campbell tardaría uns seis meses en percorrer 5.600 quilómetros polo continente americano. Necesitou un patrocinador e un equipo de apoio. Tras percorrer 1.900 kilómetros, Campbell empezou a sentirse moi cansa e a encontrarse mal. Campbell cedeu: en Illinois, Missouri, Oklahoma e Texas Só percorría a pé os últimos kilómetros ao entrar e saír das cidades, e o resto do tempo ía na caravana. A mala conciencia por facer trampa atormentaríaa durante anos. Recaudou fondos para Live Aid. Dous anos máis tarde comezou a aventura australiana: de Sidney a Perth, polo deserto. Era unha distancia de 5.100 quilómetros. A temperatura alcanzaba os 60 °C e Campbell tiña que viaxar pola noite. Tardou 95 días. Ao final de cada xornada o condutor tiña que extraerlle pus das feridas dos pés cunha xiringa. Recolleu fondos para SportAid88.

A etapa africana comezou em 1991, tiña 24 anos.. Saiu dende a Cidade do Cabo,en Sudáfrica e súa meta era en Tánxer, na costa do norte de África. Para chegar ata alí tería que camiñar 16.900 kilómetros atravesando 13 países. A súa incrible resistencia e a súa decisión axudarona a conseguir un logro épico.Fixo fronte á mosca tse-tse, aos incendios e a posibles ataques de leóns. En Zaire e Zambia os aldeáns violentos lanzáronlle pedras e ela e o seu equipo de apoio foron detidos. Camiñaba con diarrea e malária, e contraeu febre tifoide. As guerras a obliaron a dar un rodeo de 4.000 kilómetros. Tardou dous anos en cruzar África, pero en 1993, en Tánxer, Campbell finalmente bañouse no Mediterráneo. En 1994, Campbell viaxou dende Algeciras, en España, ata Calais, en Francia, pero esta vez fíxoo semn equipo de apoio. cruzou os Pireneos, atravesou rapidamente Francia, Cruzó a Canle da Mancha ' E dispúxose a volver ao Punto de partida, JohnO'Groats. Ao ano seguinte, Campbell viaxou a Indianapolis e percorreu a pé o tramo de Estados Unidos que quedara pendente Ffiona Campbell recoñece que , como fixo trampa , non pode dicir que foi a primeira muller que deu avolta ao mundo a pé pero o libro Guinnes dos Records , ten a súa marca rexistrada como a viaxe mais longa realizada por unha muller.


GASTRONOMÍA

Abril 2014

COMENDO POLO MUNDO ADIANTE

O Eco dos nenos


GASTRONOMÍA

Abril 2014

O Eco dos nenos


GASTRONOMÍA

Abril 2014

O Eco dos nenos


CARTAS AO DIRECTOR

Abril 2014

CASAS PARA OS POBRES

MOVER O CONTEDOR.

Querido alcalde: Desde logo, parécesme moi bo alcalde, gústame moito como levas Redondela. Pero sinceramente, gustaríame que aproveitases as casas abandonadas para os pobres. Se non tes suficiente diñeiro, poderías facer unha campaña e recadar fondos, eu axudaríache. ¡Grazas! Enma 4º A

Envío esta carta ao alcalde. Javier: envíoche esta carta para que movas o contedor, que está en medio da beirarrúa, na subida ao aeroporto. Un día unha muller caeu por culpa diso e rompeu o xeonllo. Agradeceríacho moitísimo eu e toda a xente do barrio. Álvaro 4º A

O Eco dos nenos

partindo da base que todo tipo de deportes nos aportan grandes beneficios para o noso desenvolvemento tanto físico coma intelectual. O meu deporte favorito e o Fútbol e me gustaría que dentro da clase se puidera practicar con máis frecuencia. Un saúdo e moitas grazas. Borja Soutullo García 4º A APARCADOIRO

REFORMA NO COLEXIO XIMNASIO NO COLEXIO Ola Señor Director. Chámome Laura e son de 4ºA. Nesta carta pídoche por favor que fagas un ximnasio na planta baixa do colexio, porque cando chove e fai frío eu non quero estar fora. Claro, que terías que xuntar a clase de 5º e a de informática e sería moito traballo.Se o puideras facer sería xenial.Os meus compañeiros tamén opinan igual, o único que quere que o ximnasio teña pesas, cintas, bicicletas…. é Borja. Un saúdo e grazas. Laura 4º A MELLORAS NO COLEXIO Querido director: Chámome María. A min gustaríame que no colexio se fixesen algúns cambios por exemplo, ¿sería posible que houbese un campo de tenis? Tamén me gustaría que fixésemos unha excursión as Illas Cíes, e outra á illa de San Simón. Grazas e un bico moi grande. María del Cueto Mouriño 4º A A MELLOR PROFE DO MUNDO Querida Carmela: És a mellor profe que tiven en todos os cursos que pasei neste colexio. Cando empecei o curso contigo tiña un pouco de medo, porque gritabas moito. Miña nai díxome que eras así e que tamén educabas moi ben. Despois xa non te tiven medo. Ademais tes moitas cousas positivas como: és moi guapa, moi boa, tes moito carácter, ordenada, limpa, rápida, etc. Isto non o digo de mentira, o digo con sentimento. ¡¡¡GRAZAS CARMELA!!!

Señor director: gustaríame que reformara a pista de baloncesto, porque tropezas, caes e faste moito dano. Eu estaría moi feliz e agradeceríacho moito porque moitos nenos fanse dano e choran. Se non é moita molestia, gustaríame que as canastras pequenas tivesen unha rede. Uxía 4º A MELLORES VISTAS Sr.Alcalde de Redondela: pídolle de todo corazón que poña máis papelerías de pilas. O río está un pouco contaminado e pode ser por culpa delas. Tamén quérolle dicir que nos “Eidos” hai un edificio sen rematar; se non o querer rematar deberían derrúbalo, porque está tapando unhas vistas moi bonitas. Moitas grazas pola súa colaboración. Alejandro Pérez Casal 4º A O SERVIZO DE LIMPEZA Estimado señor Alcalde: Esta carta vai dirixida a vostede para que mellore o servizo de limpeza nas praias da nosa vila, Redondela . Así as praias quedarían mais bonitas e a auga mais cristalina e seguramente conseguiríamos máis turismo .Ao paseo marítimo pásalle o mesmo; polo tanto gustaríame que se limparan como as praias. Os paseos tamén énchense de lixo que a xente tira , igual que pasa nas praias; por iso hai que coidalas e limpalas .Todos os meus compañeiros do colexio opinan o mesmo. Esa é a miña petición .Ata pronto . Daniel 4º A

Eu pídolle ao señor alcalde un aparcamento preto da miña casa para que os meus pais, avós e tíos poidan aparcar o coche. Xoana 4º A ARRANXOS E MELLORAS Señor director: Pídolle material novo para a clase de educación física: balóns, raquetas, etc. Tamén quero que quiten a pista e poñan un campo pechado para que cando chova fagamos ximnasia non pasemos frío. Por favor, se se pode, cumpran as miñas peticións. Ana 4º A QUIOSCO Señor director: agradeceríalle moito que fixera un quiosco no colexio. A todos os da miña clase gústalles a idea. Nel poderían venderse: bólas, gomas para facer pulseiras, bocadillos, gofres, bebidas, mesturas de bebidas, e outras mais. Non fai falta que sexa grande, só o necesario. Eu sei que onde está a marquesiña de fora había un quiosco. Moitas grazas. Manuel 4º A AMAÑAR ESTRADAS Sr.Alcalde: Chámome Luís e son un veciño da parroquia de Cedeira. Quero dicirlle que as estradas son moi estreitas, non collen dous coches á vez e teñen moitos buracos polo medio. pídolle por favor que os arranxen canto antes. ¡Grazas! Un saúdo. Luís 4º A

ARRANXO DUNHA RÚA NON FAN CASO AO SINAL Señor Alcalde:

Lucía 4º A COLOCAR BEIRARRÚAS Ola señor Alcalde: O primeiro é felicitalo polo seu posto no concello. Fágolle esta solicitude para pedirlle se pode poñer beirarrúas para os peóns, na estrada que vai ao Aeroporto. Os coches van a moita velocidade. Os anciáns que pasan por aí teñen medo de que os atropele un auto, ou unha moto, porque os maiores perden reflexos. Un día pode ocorrer unha traxedia e penso que coas beirarrúas pódense evitar os accidentes. Por favor, se é capaz de poñelas, agradeceriamolo moito. Fermín 4º A

Pídolle por favor que arranxen unha rúa que está situada en Chapela no Camiño das Ánimas. Meu avó é un señor inválido e necesita que asfalten a costa porque algún día destes pode ocorrer unha desgraza. Isto xa saíu no Faro de Vigo; a miña tía foi a que mandou as fotos o periódico para que publicaran a noticia. David Otero 4º A OUTROS DEPORTES Carta ao Director: Señor Director, o alumno Borja Soutullo da clase de 4-A, prégalle que practíquense outro tipo de deportes na clase de educación física,

Ola Sr. Alcalde: coméntoche que na rúa Loureiro hai un sinal que pon: só residentes; cada mañá cando saímos para o colexio hai coches que non fan caso do sinal e non se apartan. Por culpa diso ás veces chegamos tarde. Grazas. Xurxo 4º A O COMEDOR Eu quero que no comedor da escola a comida sexa mellor, porque a min non me gusta e á maioría dos nenos tampouco. Aínda que eu creo que sería mellor que houbera unha cafetería, para que vendan bocata de frauta, que de postre haxa granizados, gofres e xelados. Teo 4º A



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.