Visita de Alicia Borrás ao CEP Sequelo

Page 1

Visita de Alicia Borrás Sanjurjo O pasado 9 de novembro de 2012, Alicia Borrás veu ao noso colexio. Escritora viguesa e autora do libro que limos os alumnos de 5º de primaria no curso pasado, ‘Nata y chocolate’, que nos gustou moito e que recomendamos que leades. Alicia naceu en Vigo e da mesma maneira que a protagonista do libro, criouse sen nai, pero contou coa grande fortuna de ter una familia que coidou dela con cariño e devoción. Cando nos dixeron que ía vir a autora, fíxonos moita ilusión e fixemos debuxos e mesmo preparamos preguntas para facerlle cando viñera.

As 11:00h da mañán todos os alumnos de 6º baixamos á Biblioteca porque íanos dar unha charla. Contounos que desde pequeña sempre lle gustou moito ler e escribir, que conserva contos de cando tiña 7 ou 8 anos, porque escribir era unha forma máis de divertirse. Recorda que facía versos de humor para seus irmáns e para amigos e logo lerllos en voz alta.

Os alumnos, cautivados polas explicacións e relatos da autora, tivemos a ocasión de preguntarlle moitas cousas relacionadas co seu oficio de escritora e polos personaxes do libro e a historia, ás que respondeu con moito interese. Despois das preguntas, firmou os nosos libros e tamén fixemos fotos con ela. A escritora conseguiu con facilidade a nosa admiración e a dos profesores. Gustounos moito que viñera ao noso colexio. Agardamos que haxa unha segunda parte de ‘Nata y Chocolate’.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.