Bases do certame de música

Page 1

I CERTAME DE NOVOS GRUPOS http://entrebandas-mercantil.blogspot.com

PROMOVE:

CONCELLERÍA DE XUVENTUDE CASINO MERCANTIL E INDUSTRIAL DE PONTEVEDRA


ENTRE BANDAS (1ºCERTAME DE NOVOS GRUPOS) 1 PRESENTACIÓN O Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra en colaboración co Concello de Pontevedra convoca o ENTRE BANDAS (1º Certame de Novos Grupos) co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos mozos e mozas de Pontevedra e comarca. Este certame pretende promover a participación da xente moza nun evento musical onde son os mozos e mozas do Concello de Pontevedra e comarca os auténticos protagonistas, así coma canalizar o interese dos grupos noveis por contar cun espazo propio onde poder actuar. 2 NORMAS XERAIS DE PARTICIPACIÓN 1ª.— Poderán participar no concurso ENTRE BANDAS todos aqueles grupos noveis de calquera tipo de música (pop, rock, folk,...) da comarca de Pontevedra que cumpran os requisitos que se lles piden. 2ª.—

As

bandas

con

contrato

discográfico

ou

que

teñan

editado

profesionalmente con discográficas algún tipo de traballo non poden participar. 3ª.— TODOS os grupos inscritos que cumpran os requisitos tocarán na eliminatoria. 4ª.— Para a realización do certame, deberán inscribirse un mínimo de oito grupos. 5ª.— Segundo o número de grupos inscritos, estableceranse os criterios de participación, podendo reducirse o tempo de actuación no escenario o que se lle comunicará aos grupos oportunamente. 6.— A participación no ENTRE BANDAS implica a aceptación destas normas así como das decisións que tome a organización e o xurado que terán carácter inapelable.


3 DESENVOLVEMENTO. Os grupos interesados en participar no ENTRE BANDAS deberán presentar a súa solicitude de participación nas oficinas do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra ou nos Locais de Ensaio do Concello de Pontevedra. A solicitude de participación recollerá os datos básicos do grupo e a aceptación das normas que regularán o certame. Tamén deberán presentar dúas cancións inéditas coas letras impresas e as súas partituras ou gravacións das mesmas (en calquera formato). As eliminatorias do ENTRE BANDAS realizaranse en dous días distintos: 29 de Abril e 6 de Maio nos locais do Casino Mercantil e Industrial na praza de Curros Enríquez a partires das 21,30 horas. A final será o día 24 de Xuño na Praza de Curros Enríquez en hora a determinar. Cada grupo participante disporá dunha actuación en torno aos 20 minutos na eliminatoria que lle corresponda. Cada grupo será puntuado polo xurado e participarán na final os catro grupos que acaden maior puntuación nas eliminatorias e os dous máis votados polo público. O certame contará cun xurado fundamentalmente representativo da escea cultural e musical do Concello de Pontevedra e nomeado polo Casino Mercantil e industrial. Cada día, o público asistente, recibirá unha papeleta coa relación dos grupos participantes onde poderá votar aos seus favoritos, marcando un mínimo de dous grupos e un máximo de tres. As papeletas que non cumpran este requisito serán nulas. Os grupos clasificados disporán na final dunha actuación de 30 minutos para amosar o seu talento. Os grupos terán liberdade para seleccionar os temas que decidan tocar, podendo ser propios, ou versións. En todo caso sempre deberán tocar dúas pezas inéditas que son as que presentan ao concurso. Os premios entregaranse o día da final. Non existe incompatibilidade entre os premios.


4 LUGAR E DATAS DE CELEBRACIÓN. As eliminatorias do ENTRE BANDAS se desenvolverán no Salón de Actos do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e a final na Praza de Curros Enríquez nun escenario montado ao efecto. 29 de Abril e 6 de Maio de 2011: Eliminatoria. 24 de Xuño de 2011: Final 5 CRITERIOS DE CLASIFICACIÓN. O xurado do ENTRE BANDAS valorará as seguintes cuestións: Mellor posta en escea e show. Mellores composicións propias e orixinalidade. O público asistente poderá votar ao seu grupo favorito para poder dar o premio de banda máis popular. CATEGORÍAS Existe unha única categoría, polo que non se diferenciará entre estilos musicais ou tipo de banda. PREMIOS O Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e os seus colaboradores no ENTRE BANDAS, por proposta do xurado, concederán os seguintes premios, que poderán declararse desertos e que non poderán ser compartidos: o Premio á mellor composición propia: Actuación na TVG nos programas que se detallarán oportunamente, actuación na Sala Karma de Pontevedra e vale compra de 300 € na tenda de música MUSICAL PONTEVEDRA. o Premio outorgado á banda máis votada polo público asistente: Actuación na Sala Karma e vale compra de 200€ na tenda de música PONTEMÚSICA. o Premio á mellor posta en escena: Actuación na Sala Karma de Pontevedra e vale compra de 100€ na tenda de música BARULLO.


A organización se reserva o dereito de engadir novos premios ou aumentar os establecidos sempre que sexa posible e en función das aportacións dos patrocinadores e colaboradores deste evento. No caso de que haxa alomenos un menor de idade entre os grupos premiados, a actuación na sala Karma será pola tarde e non se servirá ningún tipo de bebida alcohólica, segundo as leis vixentes. INSCRICIÓN Datas: entre o 28 de Marzo e o 22 de Abril de 2011. Lugar: Oficinas do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra ou nos Locais de Ensaio do Concello de Pontevedra. Horario: en días laborables, de 9 a 14 horas pola mañan ou de 17 a 20 horas pola tarde. Horario Locais de Ensaio: luns a venres de 16:00 a 22:00h, sábados de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 22:00.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR Solicitude cuberta con todos os datos e as letras impresas das cancións coas partituras correspondentes ou gravación das mesmas, nas Oficinas do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra ou nos Locais de Ensaio do Concello de Pontevedra. No momento da inscrición revisarase se os grupos cumpren todos os requisitos e as súas letras non teñen contidos ofensivos. PROMOCIÓN Todos os participantes no certame autorizan á organización a reproducir o seu nome, temas, imaxe e calquera outra actividade publicitaria ou promocional relacionada co mesmo. Casino Mercantil e Industrial redacta o Documento de Seguridade e as medidas de seguridade esixidas polo RD 1720/2007 do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de Desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de


decembro, de Proteción de Datos de Carácter Persoal, en calquera dos seus niveis de proteción, en relación ás medidas de seguridade tanto técnicas como administrativas necesarias para garantir a seguridade dos ficheiros, os centros de tratamento, locais, equipos, sistemas e as persoas que interveñan en calquera fase do tratamento dos datos de carácter persoal.

INFORMACIÓN: http://Entrebandas-mercantil.blogspot.com


COLABORADORES:

http://entrebandas-mercantil.blogspot.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.