Working with the newspaper

Page 1

XEOGRAFÍA

3º ESO

10/11

Name:_____________________________________________________________ WORKING WITH THE NEWSPAPER Look up in the newspaper and do these exercises: 1) The newspaper has many parts. Look at the pages from top to bottom and write the name of the sections of “La Voz de Galicia”.

2) Choose a piece of news and write all the parts you find.

3) Write the headlines you think are related to environment.

4) Nas páxinas 54-55 e 208-209 do libro de texto aparecen contidos relacionados cos problemas medioambientais. Relaciona as noticias de medio ambiente do xornal de hoxe cos contidos desas páxinas, sinalando se ten que ver cos riscos naturais ou con problemas medioambientais.


5) Go to section: “The weather”. Look at the maps and write today´s weather forecast in Valga. After that, we will explain the specific names about the weather forecast.

6) Read this article. Underline the words that you don´t know, then we will talk about it. La Voz de Galicia. Martes 5 de outubro de 2010 Cando chova tira os teus soños entre herba. Escoita soar o piano da auga sobre eles, tecla por tecla, murmurando. Escoita como crecen, húmidos e vizosos, en medio do tedio e da xente repetida. Os teus soños, sempre os teus soños. Cando chova, coloca o paraugas da risa nos teus labios, aínda que non teñas demasiadas razóns para rir. Pensa que non hai mal que cen anos dure, que ha de escampar, que volverán cantar os paxaros nos bucles do teu pelo. Non mires atrás, non te lamentes demasiado. Cando chova non chores, non botes de menos o tempo perdido. Estira as mans por ver se es capaz de tocar o ceo con estrelas. Non digas palabras malsoantes, porque as palabras pronunciadas non vas poder recuperalas. Non tires con dardos, non dispares, porque as balas que saen do fusil non consegues detelas. Procura luz. Non esquezas dar sempre os bos días, boas tardes, feliz descanso. Non amargues, non te amargues. Píntate en azul e non en gris cinza, mortal. Debuxa ao teu redor círculos que parezan globos capaces de voar, como pombas, de abrazo en abrazo. Cando chova intenta buscar razóns para que o sol luza arriba, no alto, arriba: o astro favorito de Picasso, tan lunático, tan xenio, tan especial. «Hai quen converte o sol nunca mancha amarela, pero tamén hai quen converte unha mancha amarela nun sol». Que as árbores non impidan contemplar o torvisco, a rosa limpa, o romeu e lavanda que recenden a esperanza. Cando chova, canta. Colecciona chamadas perdidas no contestador do teu corazón, ese que nunca comunica: aberto de par en par... pedindo compartir vida vida vida. Cando chova, esquece. Cando chova mira cara adiante e levanta a cabeza e non deixes que os malos tempos borren o teu sorriso de prataouro. Cando chova conta cos amigos, non te entregues, non te rindas. Cando chova, non esteas triste. Hai quen converte unha mancha amarela, a chuvia, en sol.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.