Andadeira: seguridade en relación ás TIC (Grupo Santiago)

Page 1

RISCOS PRINCIPAIS Á HORA DE NAVEGAR NA REDE PARA AS PERSOAS

Existe información que non é recomendable e con contidos considerados delictivos que incitan á violencia, o racismo, a xenofobia, etc.

Poden producirse certos tipos de adiccións cara a servizos proporcionados por internet:

Adición a buscar información.

Adición aos contornos sociais.

Xogo e compras compulsivas.

Realización de accións ilícitas. Dar datos de terceiras persoas, plaxiar información, insultar... son consideradas accións ilegais na web.

Malas compañías. Nos chats podemos establecer contacto con persoas ou identidades falsas, con malas intencións, en ocasións para cometer actos violentos ou delictivos.

Acceso a información que non está actualizada, errónea ou pouco fiable.


RISCOS E CONSELLOS Á HORA DE NAVEGAR NA REDE PARA AS PERSOAS

Outro risco moi importante son os trastornos para a saúde que provocan nas persoas a utilización dos ordenadores. Estas enfermidades poden estar producidas por diversas causas (sentarse mal, ter moi cerca a pantalla…) e causan danos como, por exemplo, fatiga visual, hipocondría, dor de costas, trombose venosa, depresión causada polas redes sociais, estres ou desordes nos membros.

CONSELLOS: Precaución coas redes sociais, xa que poden ser moi educativas, pero tamén adictivas, usada por moita xente para afogarse nas súas penas. P. ex. ( depresión do Facebook ) Para evitar trastornos da saúde, é imprescindible:  Sentarse ben e mantendo un ángulo recto coa cadeira.  Non achegarse demasiado ao monitor.  Efectuar descansos periódicos e realizar exercicios de elongación e extensión durante os mesmos.


RISCOS E CONSELLOS PARA MAIOR SEGURIDADE EN INTERNET: COMPRAS

Phishing. Pode chegar a través de dúas vías: e-mails e páxinas enganosas. Con frecuencia ambas combínanse para dar maior credibilidade á estafa. Para unha CORRECTA COMPRA en internet é bo fixarse antes nos votos positivos que posúa ese vendedor ou as críticas nos foros. Algúns consellos para evitar problemas ao comprar por Internet son: 

Pagar contra reembolso. Se o sitio web non ofrece esta posibilidade, débese comprobar se dispón do servizo de micropagos, como PayPal, e que non mostran os seus datos bancarios. Asegúrate de ter a posibilidade de recibir unha factura, tal e como obriga a lei. Non mercar en calquera sitio web. Opta polos máis recoñecidos e prestixiosos e os que pertencen a empresas fiables. Antes de mercar, le a política de entrega e devolucións do establecemento que debe figurar na páxina de inicio da tenda.


RISCOS PARA O EQUIPO E AS PERSOAS

Un dos principias riscos actualmente son os “hackers”, capaces de entrar a través de Internet no teu ordenador. Aínda que penses que non hai información valiosa no teu ordenador, os hackers poden atopala. As principias razóns para que un hacker entre no teu ordenador son: Vandalismo. Polo simple gusto de acceder aos arquivos máis importantes da túa computadora e ter a capacidade potencial de mancar o sistema. Roubo. Obter detalles das túas contas, contrasinais ou espiar ata chegar a roubar a túa identidade. Manipulación. Usar a túa computadora para ATACAR ou enviar spam a outros equipos. Existen softwares deseñados para explorar Internet ao azar, buscando portos abertos (deficiencias en seguridade) en equipos de cómputo. Se por algunha razón a túa computadora ten un porto aberto, un hacker pode acceder aos datos almacenados nela, ou enviar spam dende a túa conta de correo electrónico ocasionando o bloqueo da mesma.


RISCOS PARA Ó EQUIPO: OS VIRUS

Uso de redes. Podemos contaxiar o equipo usando redes globais (Internet) ou locais (LAN).

Uso de redes P2P. As P2P (eMule, Ares, Pando, bitTorrent, etc.) están creadas para o intercambio de arquivos e as usan millóns de persoas en todo o mundo, polo tanto son o lugar ideal para colocar arquivos con virus mesturados.

E-mail. Esta forma permite expandir os virus a gran velocidade, chegando a miles de contas ao día.

Mediante descarga. Páxinas nas que se pode descargar directamente facendo clic nun enlace, así poden baixarse arquivos infectados.

Copiar dende CD ou outro tipo de unidade extraíble.

Uso de chats, foros, etc. En sitios similares como estes, adoita intercambiarse mensaxes e arquivos adxuntos que transmiten os virus igual que un e-mail.


CONSELLOS PARA MAIOR SEGURIDADE DO EQUIPO E AS PERSOAS EN INTERNET

Ao acceder a contas como e-mails ou outras que precisen de contrasinal, é recomendable saír usando o link "salir", "cerrar sesión" ou similares en vez de pechar a conta ao pechar a ventá ou pestana. Crear contrasinais difíciles de adiviñar, con combinacións de maiúsculas, minúsculas e números. E tampouco revelar datos importantes na web. Ter coidado coas descargas a través de programas como E-mule ou Ares. Hai que ter coidado de que non sexa un arquivo .exe xa que poden ser virus. Coidado cos e-mails falsos, como premios, persoas que queren coñecerte, ou débedas (sobre todo telefónicas). Coidado cos adxuntos nun e-mail. Evita navegar en páxinas de contido dubidoso, que poden provocar erros no navegador. Coidado ao escoller as páxinas onde rexistrarse, xa que a información que piden poden utilizala con malas intencións.


ANTIVIRUS E FIREWALL

Firewall. Mediante o uso dun Firewall persoal protexes a túa computadora dos hackers e impides que rouben ou modifiquen a túa información. Tamén te axudan a protexerte de cookies, pop-ups e impiden que algúns programas sexan instalados na túa computadora sen autorización. Hai dous tipos de firewalls: Antivirus. Programas que nos axudan a combater os virus e que nos informan ao ser detectados, para que coa súa axuda podamos eliminalos do noso ordenador. Para iso é necesario actualizalos correctamente Os virus, spyware ou vermes son programas que se executan sen previo aviso e teñen a característica de executar programas que poden causar danos no noso equipo e eliminar información. Ante isto os antivirus tratan de descubrir as sinales que deixou un software maligno para así poder eliminalo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.