O Adxectivo

Page 1

O ADXECTIVO Os adxectivos cualificativos son palabras que modifican o substantivo expresando propiedades ou características deste. Igual ca os substantivos, presentan variación de xénero e número. E para a formación do feminino e do plural, o adxectivo segue as mesmas regras ca o substantivo. Se atendemos á forma de concretar o substantivo, distinguimos dúas clases de adxectivos: os especificativos e os explicativos:  Os adxectivos explicativos ou epítetos expresan unha característica propia do substantivo que modifican (neve fría; pedra dura).  Os adxectivos especificativos serven para individualizar o substantivo dentro dun grupo de posibilidades, atribuíndolle unha calidade que non lle é propia (casa amarela; rapaza loura).

GRAOS DO ADXECTIVO: O adxectivo pode presentar tres graos, segundo a intensidade con que cualifique ao substantivo:  

Grao positivo: o adxectivo expresa a calidade do substantivo sen comparala nin intensificala (Antía é boa estudante). Grao comparativo: as calidades indicadas polo adxectivo están en comparación con outros elementos. A comparación pode ser: o o o

De igualdade: Mariña é mais alta ca Martiño. De superioridade: Mariña é tan alta coma Martiño De inferioridade: Mariña é menos alta ca Martiño

No grao comparativo diferéncianse dous elementos básicos:

PRIMEIRO TERMO

SEGUNDO TERMO

adverbio

Adxectivo en grao positivo

conxunción

Elemento de comparación

Máis

listo

ca

un allo


USO COMPARATIVAS

DAS

CONXUNCIÓNS

IGUALDADE

Coma: ante pronome Está tan canso coma ti. persoal tónico. Seica era tan intelixente Como: ante forma como contan. verbal conxugada. Dixo catro palabras Coma ou como: ante claras coma/como a outros elementos. auga.

SUPERIORIDADE E INFERIORIDADE

Ca: ante pronome persoal tónico. Do que: ante forma verbal conxugada. Ca ou que: ante outros elementos.

Estás máis/menos moreno ca min. É máis/menos parvo do que pensabas. Púxose máis/menos vermello ca/que un tomate.

Grao superlativo: o adxectivo expresa a calidade do substantivo no seu grao máis elevado. O superlativo pode ser absoluto ou relativo. o O superlativo absoluto indica unha calidade no grao máximo sen comparala con nada. Créase de dúas maneiras:  De maneira sintética: engadindo a terminación –ísimo, ísima ou –érrimo ao adxectivo (brancobranquísimo;amable-amabilísimo; pobre-paupérrimo).  De maneira analítica: co adverbio moi ou ben antes do adxectivo (moi branco/ben branco). o O superlativo relativo, cando a calidade se compara coa doutros substantivos (Roi é o máis divertido da clase). FORMAS ESPECIAIS QUE POSÚEN ALGÚNS ADXECTIVOS PARA EXPRESAREN OS GRAOS COMPARATIVO E SUPERLATIVO POSITIVO

COMPARATIVO

SUPERLATIVO

Bo, boa Malo, mala Grande Pequeno, pequena Alto, alta Baixo, baixa

Mellor Peor Maior/meirande Menor

Óptimo, óptima Pésimo, pésima Máximo, máxima Mínimo, mínima

Superior Inferior

Supremo, suprema Ínfimo, ínfima


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.