Charetas 2013

Page 1

1


2

ÍNDICE Editorial. .................................................................... 2 Letras Galegas 2.013 (6º B) ...................................... 3 Entrevista a Mª José Lamas (mestra de música) ....... 6 Palabras perdidas (4º A) ............................................ 9 A Bidueira (4º B) .................................................... 11 Un recanto para a lembranza (5º B) ........................ 13 Despedimos a Maricarmen (6º A)........................... 15 A Carreira de Paz (2º A) ......................................... 17 Facemos caligramas (3º A – 3º B) .......................... 19 Facemos acrósticos (3º A – 3º B)............................ 22 Estamos en Ed. Infantil (3 anos) ............................. 24 As orellas de bolboreta (4 anos) ............................. 26 Os nosos profes (5 anos) ......................................... 28 A que xogan os nosos nenos e nenas? (1º Ciclo).... 30 APA ......................................................................... 38 Poemas premiados no Nadal ................................... 40 Poema premiado na Filloa ...................................... 45 English Corner ........................................................ 46 Aula de música ........................................................ 47 Novas de Vilalba (5ºA e 6ºB) ................................. 49


3

Ola a todos e a todas. Como xa chegou a primavera e o bo tempo,

aqui está CHARETAS” tentando ser o máis puntual á súa cita de todos os anos.

Neste número podemos achegarnos á figura de Roberto Vidal Bolaño, ao tempo que o alumnado do Centro presenta as súas Charetas, algúns retazos do seu bo facer diario ao longo do curso e as seccións habituais da revista Queremos destacar os pequenos cambios que aconteceron neste curso académico, comezando pola xubilación de Mª del Carmen Fernandez Diaz, asi como o inicio dun novo equipo directivo que comeza a súa andaina con ilusión e moito ánimo. Agradecer ao equipo directivo sainte todo o esforzo, cariño e empeño que puxo durante estes últimos anos ao fronte da dirección do noso centro, e desexarlles todo o mellor na súa nova etapa profesional. Non queremos, e non podemos esquecer a situación especial pola que está a pasar a nosa sociedade e sobre todo o Ensino Público nun tempo de crise que nos tocou vivir. Agardamos volver á normalidade o máis axiña posible, e agardamos tamén que as Administracións Educativas recapacite e amosen o seu interese, que debe ser o interese de todos POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE DE TODOS E PARA TODOS.

Ata a vindeira primavera.


4

ROBERTO VIDAL BOLAÑO VIDA Neste ano, co gallo da celebración do día das Letras Galegas, homenaxéase ao escritor Roberto Vidal Bolaño que, nado en Santiago de Compostela o día 31 de xullo de 1950, foi un grande impulsor do teatro galego, actor, dramaturgo, director, escenógrafo, iluminador... Tivo unha vida moi interesante aínda que curta xa que morreu aos 52 anos, o día 11 de setembro do 2002 na súa vida natal de Santiago de Compostela, vítima dun cancro de pulmón. Interesouse sempre por Compostela, pola

súa

historia, polas súas xentes. Nas súas obras sempre se reflicte o que é en si o ser humano. Todo isto vai aprendendo do contacto directo coa actividade cultural da propia cidade, coa compañía Ditea, coas sesións de cineclub da Asociación Fotográfica Compostelana ou co coletivo Lupa do que foi xefe de producción e axudante de Dirección. Este grupo será fundamental para integrar a Vidal Bolaño na aprendizaxe das romarías, costumes e formas populares da cultura galega. Dende o ano 1961, coa creación de “O Galo” de Compostela espalla a súa rede cultural por toda Galicia a prol da lingua e da cultura galegas. Empregado de banca, en 1974 fundou xunto a Laura Ponte, actriz galega nada en Buenos Aires, o Grupo de Teatro Antroido. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), onde se deu a coñecer como dramaturgo e escenógrafo. Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado co Centro Dramático Galego en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático Galego, a obra Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribiu en 1958.


5

Cultivou, ademáis da dramaturxia, as artes audioviauais, facendo guións para a Televisión de Galicia e para a Televisión Española. Levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e incluso participou como actor en películas como Sempre Xonxa (mestre) ou A lingua das bolboretas, e series televisivas como Mareas vivas ou Un mundo de historias. Roberto Vidal Bolaño entendía o teatro como “actividade creadora, un vehículo de ideas, un crisol de comportamentos sociais, un espello da realidade, un lugar de reflexión histórica, un instrumento mobilizador de vontades e de conciencias”

OBRA: -

Laudamuco, Señor de Ningures (1976).

-

Ledaíñas pola morte do meco (1978) que ideou para a Asociación de veciños de Cariño.

-

Bailadela da Morte Ditosa (1980), pola que recibiu o premio en Abrente.

-

Novo de Parmiude (1987), é unha mediametraxe baseada nos escritos de Álvaro Cunqueiro; unha comedia que mostra ironía, humor e dramatismo que dirixe Vidal Bolaño.

-

Os Outros Feirantes (1989), adaptación televisiva na que traballará como actor, que mostra a Hadrián, un home que regresa á súa vila despois de anos de ausencia e na que se atopa con sentimentos que el mesmo descoñecía.

-

Sempre Xonxa (1989), é un filme dramático sobre as consecuencias emocionais da emigración.

-

O Resplandor da Morte (1991), á unha curtametraxe dramática. Trata dun home unha muller e un neno que viven sos e illados no seu mundo, ata que un feito interesante lles cambia as súas vidas.

-

Memorias dun Parado (1991), é unha curtametraxe. O desempregado Edelmiro Pazos herda do seu tío Xulio despois do pasamento deste en Miami.

-

Agasallo de Sombras (1992) vai situar ao seu autor nunha posición oficialista.

-

Días sen Gloria (1992) Premio Xacobeo.


6

-

Saxo Tenor (1993) coa que gaña o premio Álvaro Cunqueiro

-

As Actas Escuras (1994) premio camiño de Santiago

-

Rastros (1992) que representa a frustración dunha xeración, a condición ideolóxica dun personaxe preso.

-

O día que os Chífanos deixaron de zoar.

-

No ano 2001 representou co Centro Dramáticos Galego a obra Rosalía, que Ramón Otero Pedrayo escribira en 1958. As súas últimas actuacións foron co grupo Teatro de Aquí.

-

A súa derradeira obra, Integral, foi presentada xa tras a súa morte, como unha metáfora da existencia, o día das Letras Galegas 2003.


7 Despois de coñecer e admirar a obra de Roberto Vidal Bolaño quixemos achegarnos un pouco máis ao teatro e fixémolo da man de María José Lamas Fernández, a nosa mestra de música que ten outra gran paixón: o teatro. P.- Onde e cando te iniciaches no mundo do teatro? Por que? R.- Fo i o 18 d e m ar zo d e 1980 can d o , reu n id a co n u n g r u p o d e xen t e n o b ar Cen t r o d a Pr aza Maio r d e Lu g o , cr eam o s a p r im eir a co m p añ ía d e t eat r o d a q u e f o r m ei p ar t e, O Tar ab elo , d en t r o d a Aso ciació n Fu xan Os Ven t o s. Acu d ir a a esa xu n t an za co f in d e b u scar u n h a act ivid ad e cr eat iva co m p lem en t ar ia ao s est u d o s d e Maxist er io q u e est ab a r ealizan d o e co id ei q u e o t eat r o er a a axeit ad a. P.- Cantos anos tiñas? R.- Tiñ a 18 an o s e est u d ab a 1º d e car r eir a. P.- Cal é o teu referente no teatro? R.- No n t eñ o u n só r ef er en t e, sen ó n m o it o s, p o is o t eat r o ab r an g u e d iver sas act ivid ad es e en cad a u n h a d elas d ist in t o s r ef er en t es, p o r exem p lo , en d ir ecció n d e escen a: Man u el Lo u r en zo ; en ilu m in ació n : Ed u ar d o Alo n so ; en d r am at u r xia… u n cen t o d e au t o r es d en d e Plat ó n at é o s d r am at u r g o s act u ais, p asan d o p o r Mo lièr e, Sh akesp ear e, Lo p e d e Veg a o u Oscar Wild e ; act o r es e act r ices? d en d e Nù ria Esp er t at é Maxo Bar jas e u n lo n g u ísim o et cét er a. P.- Cantas obras representaches na túa vida? Cal foi a que máis che gustou e

marcou? R.- Mo it as, so b r e u n h as 30 e t eñ o m o it as lem b r an zas d elas p o is co n cad a u n h a ap r en d ín u n p o u co m áis so b r e o t eat r o . Acaso u n h a d as m iñ as p r ef er id as f o i “ Lau d am u co , Señ o r d e n in g u r es” d e Ro b er t o Vid al Bo lañ o , o au t o r ao q u e est e an o se lle d ed ican as Let r as Galeg as. P.- Hoxe en día, gustaríache volver ao mundo do teatro? Por que o deixaches? R.- Realm en t e n o n o d eixei, est á a f o r m ar p ar t e im p o r t an t e d a m iñ a vid a. Si é cer t o q u e xa n o n d ir ixo n in g u n h a co m p añ ía, p o is o Ced eú ve Teat r o p ech o u as p o r t as o an o p asad o . Po r m o t ivo s d e saú d e n o n p o d ía seg u ir co a act ivid ad e q u e su p u ñ a d ir ixir u n h a co m p añ ía e act u ar co n ela en d iver sas lo calid ad es.


8 Per o a Aso ciació n Cen t r o Dr am át ico Vilalb és seg u e a est ar viva e co lab o r a h ab it u alm en t e en m o it as act ivid ad es cu lt u r ais q u e se r ealizan n a vila. Do u t r a b an d a, sig o a escr ib ir t eat r o e a co lab o r ar co n o u t r as co m p añ ías co m o Os

Qu in q u illán s,

por

exem p lo ,

p ar a

f acer

t eat r o

co

g allo

d alg ú n

aco n t ecem en t o , así vo u alim en t an d o o ver m iñ o d as t áb o as q u e levo d en t r o . P.- Vantaxes e desvantaxes do teatro fronte aos filmes? R.- O t eat r o é ar t e escén ico en d ir ect o , u n h a p eza var ía m o it o d en d e a est r ea at é a clau su r a e est á viva en cad a u n h a d as r ep r esen t ació n s; o act o r p o d e co m u n icar se d e xeit o in m ed iat o co p ú b lico e vicever sa, p r o m o vén d o se u n h a in t er acció n co n st an t e. Os f ilm es est án en lat ad o s, so n sem p r e o s m esm o s d e co m ezo a r em at e; n eles o s act o r es, aín d a q u e co ñ ezan o g u ió n , n o n in t er act ú an u n s co n o u t r o s e o seu t r ab allo r ep ít ese, co rt ase, m íd ese, t áxase en p eq u en as p ar celas q u e só ad q u ir en sen so ao xu n t alas n u n h a m o n t axe. No n xeit o d e r ealizalo , n o n se asem ellan en p r act icam en t e n ad a e n o d e d isf r u t alo , p o u co . P.- Quen elixe a obra de teatro que se vai a representar? En que se basea? R.- Dep en d e d o t ip o d e co m p añ ías. Nu n h a p r o f esio n al, o r ealizad o r o u d ir ect o r n alg ú n s caso s. Nas co m p añ ías d e t eat r o af eccio n ad o ad o it a a ser u n h a elecció n d em o cr át ico en t r e as p er so as d a co m p añ ía. En can t o ao b aseam en t o , n o n h ai n in g ú n co n cr et o . Ás veces só so n esco llid as as o b r as p o r “ m o d a” o u in t er eses in m ed iat o s, o u t r o s p o r t em át ica, o u t r as p o r est ilo t eat r al. Dep en d e d o q u e se d esexe en cad a m o m en t o . P.- Cal é a función do director? R.- O d ir ect o r o u d ir ect o r a é q u en o lla n a sú a m en t e a p o st a en escen a d u n h a p eza t eat r al en t o d o d et alle e u n if ica t o d o s o s elem en t o s escén ico s p ar a co n seg u ir r ealizar aq u ilo q u e p en so u . P.- Como se elixe o vestiario para unha obra? Quen é o encargado de facelo? R.- O vest iar io , co m o a ilu m in ació n , o so n , a escen o g r af ía, et c., d u n h a p eza t eat r al d ep en d en d a d ir ecció n q u e t en q u e co m u n icar á xen t e en car g ad a d e co o r d in ar esas t ar ef as co m o q u er e q u e sexan . Po r exem p lo , n o n t o d a o b r a “ d e


9 ép o ca” t en q u e levar t r axes d o t em p o en q u e se n ar r a. Ás veces u n d ir ect o r q u er e act u alizar o seu co n t id o e u b ícaa n o s t em p o s d e h o xe u t ilizan d o co m o r eseñ a o vest iar io , así p o d em o s ver u n Ro m eo o u u n h a Xu liet a en vaq u eir o s e zap at illas d e d ep o r t e p er f ect am en t e. Resp ect o d a sú a co n f ecció n , é h ab it u al q u e se elab o r e en o b r ad o ir o s, xa esp ecializad o s –n o caso d o t eat r o p r o f esio n al- xa r ealizad o p o r var ias p er so as d a co m p añ ía, in clu so act o r es e act r ices –n o caso d o af eccio n ad o . P.- Como se divide unha obra de teatro? R.- As p ezas t eat r ais ad o it an d ivid ir se en act o s e cad a u n d eles en d iver sas escen as. Os act o s co r r esp ó n d en se co n d if er en zas n o esp azo o u n o t em p o d a acció n ; as escen as so n o s cam b io s q u e aco n t ecen d en t r o d e cad a act o n o t o can t e a p er so n axes, so b r e t o d o . No n o b st an t e, o n ú m er o d e escen as p o d e ser m o i var iab le en cad a act o e o n ú m er o d e act o s d u n h a p eza t am én var ía d u n h as a o u t r as. P.- É moi difícil atopar actores que teñan as características de certos personaxes? R.- Clar o q u e si, p er o en t eat r o n o n é iso o q u e se b u sca. Un act o r o u act r iz, se é b o p r o f esio n al p o d e r ep r esen t ar calq u er a p er so n axe sen p ar ecer se en ab so lu t o a ela. En can t o ao asp ect o f ísico , t am én a m aq u illaxe, p er r u q u er ía e vest iar io axu d an a car act er izar ao s act o r es p ar a q u e se asem ellen a u n h a d et er m in ad a p er so n axe. P.- É moi difícil traballar á hora de ensaiar? R.- O t eat r o é co m o calq u er a o u t r a act ivid ad e en can t o a esf o r zo . Hai q u e est u d ar as p er so n axes, o s t ext o s, at en d er as in d icació n s d a d ir ecció n act o r al e u n lo n g o et cét er a. Per o can d o se f ai co n p aixó n e u n g o za d o q u e f ai, o t r ab allo é m áis d o ad o e p r acen t eir o . Moitas grazas Mª José pola túa aportación. Querida Mª José, querida mestra, que saibas que tes o noso agradecemento e o noso cariño polo teu apoio, polos momentos divertidos que nos fas pasar, por ensinarnos a amar a música, a poesía, o teatro e o humor. Os alumnos e alumnas que rematamos a Educación Primaria lembrarémoste sempre cun sorriso. ALUMNOS DE 6º B


10

Os nenos e nenas de 4ºA estivemos á pescuda de palabras que nos nosos días deixaron de utilizarse e que polo tanto están a piques de se perder xa que os obxectos que designaban deixaron de usarse ou porque utilizamos outras. Sabemos que hai moitas máis e esperamos que algunha das que aquí vos amosamos aínda haxa moita xente que as siga usando na lingua oral, a pesares de non ser “normativas”. Vitillo ou talega: Obxecto feito con arames que se pon no fociño das vacas para que non coman o que está sementado cando traballan na terra.

Viso: Peza de roupa interior feminina, de nailon, liño, satén, etc., que, xeralmente, vai desde os ombreiros ou o van ata o xeonllo.

Trepia: Utensilio de ferro con tres pés sobre o que se poñen as olas, tixolas etc., ao lume.

Viorto: Atadura curta de palla retorcida que se usaba para atar os feixes. Parva: Comida lixeira que se fai a media mañá ou antes do almorzo, facendo unha pequena pausa no traballo.

Mollo: Brazado de trigo que se facía cando se segaba e que se ataba co mesmo trigo.

Pote: Recipiente de ferro coa barriga en forma de esfera, con tres pés, dúas asas e un aro para penduralo da gramalleira, que se empregaba para cociñar na lareira.

Canada: Recipiente, polo xeral de latón, utilizado para muxir as vacas.

Tanque: Recipiente, xeralmente metálico, provisto dunha asa ou dun mango longo, que se usa para quitar auga dun recipiente maior ou para bebela.

Ligón: Apeiro de labranza usado para cavar no monte.

Eivar: Causarlle a alguén un dano físico que lle impide valerse por si mesmo ou poder valerse dalgún membro.


11

Forcado: Instrumento que consta dun mango longo rematado en dúas, tres ou catro gallas, que pode ser todo de madeira ou ter as gallas de ferro, e que se utiliza para apañar estrume, herba, palla…,ou para virar a herba cando se secaba nos prados.

Adival: Corda longa e grosa que se usa para suxeitar a carga do carro ou dun remolque.

Gavela: Montón de herba, palla, toxo etc., que se colle coa galleta dunha vez.

Acadarmar: Poñer unha corda ao gando desde un corno ata unha das patas dianteiras.

Cabás: Pequena maleta de madeira na que os nenos e nenas levaban os utensilios escolares á escola.

Candil: Especie de lámpada que se colga na parede e que serve para alumar por medio dunha torcida, que arde alimentada polo aceite que vai nun recipiente.

Cambaleira: Recipiente ou lugar onde se lles bota de comer a algúns animais.

Sella: Recipiente formado por táboas de madeira unidas e fixadas por arcos de metal, máis ancho no fondo ca na cima, que se emprega sobre todo para carrexar e conter auga.

Aguillada: Pau longo cunha punta de ferro no extremo, que se utiliza para estimular o gando vacún.

Cómbaro ou cómaro: Franxa de terreo que se deixa sen cultivar arredor dunha leira. Puxigo: Parte superior da porta, naquelas que teñen dúas follas.

Medeiro: Grupo de mollos de centeo, trigo etc., colocados de pé uns contra os outros, que se fai na leira despois de segar.

Camalleira ou gramalleira: Cadea que pendura dunha viga ou elemento similar situado no alto da lareira, cun gancho na parte inferior do que colga o pote sobre o lume. Leiteira: Recipiente que se usaba para gardar o leite ou levalo a vender.

Pizarrillo: barriña de lousa branda usada para escribir nas pizarras utilizadas por cada neno e nena. na escola.


12

A Abidueira A abidueira é unha árbore de folla caduca, da familia das betuláceas, que abunda nos bosques de Europa. Atópase xeralmente en zonas húmidas e ao longo dos ríos. É moi abundante en Galicia.


13

Son árbores altas,que poden chegar a medir entre 10 e 30 metros, dependendo da especie. A súa cortiza é branca e as follas romboidais. En Galicia facíanse zocas, culleres, cuncas, etc coa súa madeira. Tamén se utilizaba para facer pezas do arado. Co seu carbón fabricábase a tintura da imprenta. A súa madeira emprégase para afumar os queixos de San Simón.

Alumnos/as de 4º B


14

Un recanto para a lembranza A memoria dos pobos nunca debe esquecer aos seus devanceiros e a aqueles que traballaron polo ben das persoas. Os mestres das escolas unitarias merecen todos unha especial lembranza. Sen dúbida, a vocación de mestre creaba o sistema, porque a pesares de careceren de moitos recursos, eran quen de transmitiren aos seus alumnos interese por aprenderen, capacidade para dominaren os seus impulsos e sentimentos e serenidade para reflexionaren e pensaren. A miseria dos locais das unitarias era moi importante. Faltaba a luz eléctrica e alumeábanse coa luz do candil. Non había calefacción e nos meses de inverno os veciños da casa máis próximas á escola preparaban un braseiro para poñer debaixo da mesa da mestra e que os alumnos por grupos podían disfrutar. O espazo non era suficiente para o número elevado de alumnos/as que usaban a escola (uns 80 de todos os niveis nunha aula bastante reducida). Os medios eran insuficientes: non tiñan bolígrafos, e en cada mesa había un buraco onde se metía o tinteiro que contiña a tinta para mollar a pluma e así escribir no caderno; as contas facíanse na pizarra escribindo cun pizarrillo, que se borraba con facilidade, pois non había folios; Outro problema era a carencia de hixiene: como non había retrete ían a facer as necesidades ao campo de cerca da escola e polas noites á corte do gando da casa onde vivían. Naquela época só os máis ricos podían dispor dun vater. Se aínda engadimos a falta de locais complementarios: biblioteca, ximnasio, comedor...; a escaseza de mobiliario axeitado, de libros apropiados, de material didáctico de todo tipo. E todo isto nunha época na que, por suposto, aínda non existían as fotocopiadoras e os ordenadores. Temos que admitir que a labor dos mestres era moi complicada e tiñan que gañar día a día o corazón dos nenos e así, mediante o amor e o sacrificio, vencían todas as dificultades que se atopaban, pedindo en ocasións a colaboración dos alumnos/as maiores ou máis adiantados para sacar a diante aos máis pequenos. Sen dúbida o/a mestre/a era unha autoridade no pobo, querido, respectado, valorado e apreciado polas familias. Era un referente en canto a cúmulo de sabedoría: desde cubicar unha árbore ata cubrir calquera documento. Así llo facían saber os veciños de Corbelle a Da. Emérita Rico nunha homenaxe que lle fixeron no ano 2006. Os mestres educaban no máis amplo sentido da palabra e iso chegaba o fondo da alma dos alumnos/as e axudáballes a superar as dificultades da vida. Desde Charetas queremos que esta homenaxe sexa para todos os mestres e mestras das unitarias e moi especialmente para os últimos que deixaron a súa pegada no C.E.I.P. MATO VIZOSO e que nós levamos no corazón, pero que xa subiron o Ceo: Da. Emérita Rico, Da. Pilar Cendán, D. Andrés Devesa, D. Juan Ramil, D. José Vidal, Da Pepita Otero, D. Manuel Carballeira, Da. Pepita Mato, as irmáns: Da, Marisa, Da. Antoñita e Da. Esther Orosa Peña.... Este poema para todos eles: Naquelas escolas inesquecibles Aos seos alumnos axudaban E aínda que eran moitos A imaxinación deles espertaban.


15 Nas vosas numerosas clases Traballastes nestas terras E distes moita esperanza Os nenos que asistían a elas.

Ensinabades a ler e a escribir Debuxando e amando, Alegrabades a vida aos nenos Rezando e cantando. A vida e moi breve E nela moito loitaron, Pero debemos agradecerlles A educación que aportaron Nas reunións de claustro Demostrabades ser valentes, Comprensivos, amables, Traballadores e competentes. Un día Deus chamouvos E tivestes que nos deixar, Con pena e tristeza Un adeus vos fomos dar. Onde queira que vos atopedes O noso corazón con vos está, Porque fixestes ben ás xentes E Deus volo recompensará.

A nosa mestra quixo lembrarnos o exemplo de Da. Esther Orosa, que foi a súa mestra na escola unitaria de Goiriz, e que nos deixou no ano 2002, despois dunha longa e intensa vida profesional. A súa dedicación diaria e exclusiva ao ensino e as súas profundas características humanas oblíganos a recordala con moito cariño. Sempre sentiu a súa profesión como un deber e como unha servidume que lle permitiu alcanzar a gratitude dos seus alumnos e incluso a súa amizade posterior; e para os alumnos e compañeiros que a coñecían, a súa preparación, os seus bos consellos, as súas conversas... eran un verdadeiro pracer. Así nos transmitiu a nosa profe o seu sentir pola súa mestra e engadiu: ”debo dar grazas a Deus por coñecela como alumna na unitaria e como compañeira neste colexio; no traballo diario sobresaía o consello oportuno, a palabra acertada cun sorriso amable e teño que agradecerlle eternamente que soubera chegar aos pais para implicalos na preparación do futuro dos seus fillos, e todo froito do seu bo facer e do sacrificio diario. Hoxe quero deixar constancia de todas estas virtudes que a adornaban reiterando a amizade que nos unía”.

Alumnos e alumnas de 5º B


16

DESPEDIMOS A MARICARMEN Unha mestra moi activa, observadora e boa comunicadora que se xubilou este

curso no mes de outono, despois de 28 anos traballando no noso colexio,

esa mestra é Mª del Carmen Fernández Díaz. Maricarmen é unha persoa moi sociable e amable, unha mestra moi traballadora e dinámica que adicou toda a súa vida ao ensino, inculcando o mellor de sí en prol dos seus alumnos/as e agora estamos a botala moito de menos os compañeiros/as e os seus alumnos/as. Nada mellor para demostralo que este poema que lle adican os seus alumnos:

Chegou o tempo de outono Para as castañas varear, Chegou o tempo de outono e Mª Carmen vaise xubilar.

Dis que nos temos que esforzar E traballar cada día, Para podernos formar, E poder andar pola vida.

Tantos anos de docencia Sempre alegre e traballadora sen perder nunca a paciencia que sorte tivemos ter esta profesora.

Botarémoste de menos Pero unha festa che imos facer. E así a tódolos nenos Non nos poidas esquecer.

A comunidade escolar do CEIP Mato Vizoso quere agradecer a Maricarmen a súa importante labor pedagóxica ao longo de todos estes anos, pola súa profesionalidade, o seu bo facer e o seu compañerismo e desexarlle que teña unha moi longa e feliz xubiliación.

Alumnos/as de 6º A


17


18


19

ALUMNOS DE 2ยบ A


20


21


22


23


24


25

No C.E.I.P. “Manuel Mato Vizoso”, durante o curso 2.012 – 2.013, están en Educación Infantil de 3 anos:

SABELA SOUFIAN

CINTIA

SAMUEL


26


27


28


29


30


31

A que xogan os nosos nenos e nenas?

Ao fĂştbol


32


33

Ă comba


34

A pillar ou correr


35

A xogos con xoguetes

A xogos electr贸nicos


36

A xogos simb贸licos ou de imitaci贸n

Con animais


37

Ao tenis

A voleibol

Ao baloncesto


38

Outros

Os resultados recรณllense nesta grรกfica de barras feita polo alumnado de 2ยบA


39

PASATEMPO PROPOSTO POLA APA Colorea este debuxo seguindo o c贸digo:

Resolve o seguinte sudoku:

Soluci贸n: 1

7

4

9

2

6

5

8

3

6

8

5

3

7

1

2

9

4

2

9

3

8

4

5

6

7

1

8

3

2

7

6

9

4

1

5

7

5

6

4

1

8

3

2

9

9

4

1

2

5

3

7

6

8

5

1

7

6

9

4

8

3

2

3

6

9

5

8

2

1

4

7

4

2

8

1

3

7

9

5

6


40

ASOCIACIÓN DE PAIS DE ALUMNOS COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA (LUGO) Remata outro curso e como non, aparece un novo número da revista “Charetas” (a revista dos nosos nenos e nenas). Dende a APA queremos colaborar con esta publicación contándovos un pouco a nosa actividade. Ao principio deste curso, aló polo mes de setembro (máis concretamente o 26), constituise unha nova directiva formada por novos membros pero tamén contando coa axuda de xete pertencente á anterior asociación. Neste ano aumentou o número de familias que forman parte deste APA, e somos xa arredor de 95, pero tamén incrementamos o número de actividades, algunhas xa existentes outros cursos polo que dicidimos mantelas ao atopar un alto número de nenos e nenas inscritos mais tamén introducimos outras como inglés oral e equitación que tiveron unha grande acollida. A relación de actividades que se estan desenvolvendo nestes momentos son: - Informática, inglés oral e teatro, todos eles impartidos nas instalacións do colexio por persoal cualificado para ese fin. - Natación e equitación, onde os nenos e nenas teñen que desplazarse ata as instalacións de Vilalba e Belesar respectivamente, para poder levar a cabo as súas clases.

Dende a APA, seguiremos traballando para ofrecer aos socios todas as actividades que nos poidan parecer interesantes polo que agardamos a vosa colaboración e as vosas suxerencias. Moitas grazas


41


42


43


44


45


46

Alumno de 5º B coa Poesía que resultou premiada na festa da Filloa


47

Can you make a paper boat?

Try it !

You need a rectangular piece of paper. Follow these steps:

3 2

1

3- Fold the botton of the paper up on both sides.

2- Fold down the top corners.

1- Fold it in half.

5

4

5- Pull the sides out.

4-Fold the botton corners in.

6 7 6- Make the triangle into a square.

7- Fold up the bottom flaps. Pull the sides out. Look at the white point!

And, you have finished: 9

8

8- Make the triangle into a square again.

9- Pull out the triangles on the sides of the square. Now you can decorate it!


48

AULA DE MÚSICA Neste ano 2013, celébrase o bicentenario do nacemento de dúas grandes figuras da música: Giuseppe Verdi e Richard Wagner. Nós, o alumnado de 6º, queremos conmemorar esta data achegándovos unha breve referencia da vida e obra destes dous compositores dos que, ademais, elaboramos un mural para expoñer no patio.

GIUSEPPE VERDI

Naceu en Busseto, Parma (Francia) o 10 de outubro de 1813, onde comeza os seus estudos de música, chegando a ser organista do seu pobo. En Milán, onde quixo entrar no conservatorio sen logralo, tivo os seus primeiros éxitos operísticos con obras que exaltaban o carácter nacionalista italiano entre as que destaca Nabucco. Desta primeira época é tamén a súa triloxía romántica por excelencia coas óperas Rogoletto, La Traviata e Il Trovatore, que compón nun momento no que atravesa grandes dificultades persoais a causa da morte da súa primeira muller e da súa filla. Á súa madurez artística pertencen títulos como Don Carlos, Aida, Otello e Falstaff, estas últimas baseadas en obras de Sakespeare. Chegou a compoñer un total de vinte e oito óperas, ás que hai que engadir algunhas pezas non operísticas escritas nos seus derradeiros anos, entre as que destacan: unha misa de Réquiem e o Te Deum, como obras litúrxicas, o Himno das nacións, que inclúe as melodías dos himnos italiano, francés, inglés e americano e un Cuarteto de corda en mi menor. Morreu en Milán o 27 de xaneiro de 1901 á idade de 88 anos por mor dun derrame cerebral, deixando a súa fortuna para a fundación dunha casa para músicos xubilados en Milán, que levará o nome de “Casa Verdi”. Foi un persoeiro moi querido na súa época, tanto que no seu enterro no cemiterio de Milán, os numerosos asistentes entoaron espontaneamente o “coro dos escravos” de Nabucco: “Va pensiero sull’ali dorate”.


49

RICHARD WAGNER

Richard Wagner (Leipzig, 22 de maio de 1813 – Venecia, 13 de febreiro de 1883), foi un dos compositores románticos que máis pegada deixou na música culta posterior até os nosos días. As súas óperas, “dramas musicais”, son consideradas como “obras de arte total”, pois non só compoñía a súa música, senón tamén os libretos e a escenografía, até o punto de crear un teatro da ópera, o Fiestspielhaus de Bayreuth, co fin de representar nel as súas complicadas obras. A súa reputación como compositor operístico gañouna con óperas como O holandés errante e Tannhäuser, mais consolidouse coa tetraloxía do Anel do Nibelungo, catro obras que constituían a excelencia do arte total. Máis adiante volvería a compoñer pezas románticas como Os mestres cantores de Nürnberg. Na súa última etapa compoñería obras como Tristán e Isolda, que sería considerada como punto de inicio da música académica contemporánea. Mais, a influencia de Wagner estendeuse tamén á filosofía, literatura, ás artes visuais e ao teatro, pois escribiu ensaios sobre música, teatro e política, que foron obxecto de debate e polémica, especialmente algunhas de carácter antisemita e pola súa suposta influencia sobre Adolf Hitler e o nazismo. Conta no seu haber con un total de trece óperas: As fadas, A prohibición de amar, O holandés errante, Rienzi, Tannhäuser, Lohengrin, Tristán e Isolda, Os mestres cantores de Nürnberg, O ouro do Rin, A walkiria, Sigfrido, O ocaso dos deuses e Parsifal. Varias obras corais, vinte lieder, nove Oberturas, unha Sinfonía e varias pezas para piano e outros instrumentos, ademais de outras obras perdidas, compoñen a súa valiosa aportación á música. Acadou, non obstante, todos os éxitos a pesar dunha vida caracterizada polo exilio político, relacións amorosas turbulentas, pobreza e repetidas fuxidas dos seus acredores. A súa agresiva personalidade e as súas opinións – con frecuencia demasiado directas- sobre a música, a política ou a sociedade, convertérono nun persoeiro polémico.


50

A sexta mostra de “Tal como eramos” puido visitarse a principios de curso. Nesta ocasión as fotos correspondíanse coa primeira metade do século XX.

O Paseo dos Soños de Vilalba homenaxeou en setembro á escritora e xornalista chairega Margarita Ledo, colocando unha escultura en dito paseo O CIM (Centro de Información á Muller) proxectou varios documentais para conmemorar, en novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero No Polígono Industrial Sete Pontes de Vilalba, atópanse dous grupos de ensinanza. A Academia NEWTON que realiza cursos homologados para empresas, traballadores en activo e desempregados e o Grupo FORMA-T que ofrece formación específica tanto a particulares como empresas

A Asociación Cultural Banda de Vilalba organizou no mes de setembro un curso gratuíto de iniciación á música A asociación Vilalbesa Andrade inicio o curso cuns 200 inscritos, entre os que se atopaban algúns alumnos/as deste Centro A banda de música vilalbesa ofreceu un recital de temas galegos, en novembro, por Santa Icía

O Iescha entregou o 14 de decembro o diploma de socio de honra ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz


51

O novo centro da Galiña Azul, centro de infantil (gardería) abriu as súas portas o día dez de decembro. A antiga gardería pechara o trinta de novembro A Liga Santaballesa presentou o sábado, 23 de febreiro, unha escolma da obra do escritor e gaiteiro de Santaballa Caetano Arias

Algúns alumnos do noso centro foron premiados no certame de poesía do Nadal convocado pola Biblioteca Vilalbesa. Na categoría A: Rachel Elizabeth Rodríguez de 3º B; Brais Prieto López de 3º B; Beltrán Penas Teijeiro de 1º B. Na categoría B: Nabila Prieto Nzana de 5º B. Tamén obtivo accésit Alberto Souto García de 5º B. No concurso da Filloa de Muimenta foi premiado Alejandro Pardo Fernández de 5º B.

ASCHAXOR (Asociación Chairega de Persoas Xordas) está a organizar un curso de comunicación na linguaxe de signos para profesionais de calquera sector, estudantes e persoas interesadas. O curso empezou o 5 de marzo e ten previsto rematar o 18 de xuño

O proxecto “Educando en Familia” toma o relevo de “Preescolar na Casa” para achegarse a familias vilalbesas e doutros concellos chairegos

A ASOCIACIÓN CULTURAL BANDA DE MÚSICA DE VILALBA Organizou este inverno o curso de iniciación á música, cun importante número de matriculados.

Vilalba recibiu en marzo preto de 2.000 bailaríns e bailarinas de varias Comunidades, participantes no Concurso Nacional de Danza


52

As empresas vilalbesas con sede no polígono vilalbés AVILUGO S.L. e CAPONCITO S.L.

Alumnos de Industrias alimentarias de A Coruña visitan a nova queixería PRESTES

Comercializan máis dun millón de aves ao ano, Avilugo de forma convencional e Caponcito por medio da produción ecolóxica

Unha publicación gastronómica dedica un artigo aos produtos locais A revista gastronómica BenBo repasa no seu primeiro número produtos tan coñecidos como o Capón, o queixo de San Simón ou as Setas

O Director do Hotel Spa ATTICA 21 de Vilalba, con motivo do Showroon de Vodas deste ano, indica que neste hotel se pode celebrar a voda completa, a cerimonia civil, o banquete e gozar do spa

Este curso a ANPA do Ceip. Mato Vizoso organizou varias actividades extraescolares para os alumnos deste Centro. ASFADIVI SEGUE CONTANDO ESTA TEMPADA CUN EQUIPO DE FÚTBOL SALA PARA DISCAPACITADOS

O CLUB DE LOITA VILALBA SEGUE A COLLEITAR ÉXITOS Tres vilalbeses soben ao podio no

Campionato

Loitas

Olímpicas

Galego escolar

de e

júnior. Tamén no Campionato Galego

cadete

obtiveron medallas

e

sénior

Entre elas destacan a natación, equitación, informática ou teatro Este curso no noso Centro tivemos a visita do Triatleta JAVIER GÓMEZ NOYA, medalla de prata nas últimas olimpiadas e varias veces campión do mundo. Estivo falando sobre o seu deporte cos alumnos de 3º ciclo e logo respondendo a varias preguntas realizadas polos alumnos.


53

VILALBA MÓVESE POR ADRÍAN O CEIP. MATO VIZOSO, E OUTROS MOITOS COMERCIOS, INDUSTRIAS... PARTICIPAN NA RECOLLIDA DE TAPÓNS PARA QUE ADRÍAN (UN NENO DE CATRO ANOS DA VILA) POIDA SER TRATADO CONVINTEMENTE

Garda Civil e Policía Local de Vilalba colaborarán na protección das vítimas da violencia de xénero

Mans Unidas organizou en Vilalba un festival solidario O Concello vilalbés colocou placas fotovoltaicas na piscina municipal para aforrar gastos A enerxía que se xere acondicionará toda a instalación. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) colaborou economicamente nesta iniciativa

Os cartos recadados destinaranse a proxectos en Palestina e Zambia


54


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.