charetas 2011

Page 1

1


2


3

ÍNDICE Editorial.

1

Letras Galegas 2011.

3

Exxcursión a Sotavento (3º).

5

Entroido (4ºA).

8

14 pasos pola infancia de Agusatín Fdez. Paz. (4ºA).

9

Os nosos poemas (4ºB).

10

O misterio (5ºB).

12

O mellor deste ano (5ºB).

13

Ser mestre, profesión vocacional

24

Fixemos e Faremos.

16

Ed. Infantil 3 anos.

20

Ed. Infantil 4 anos.

22

Ed. Infantil 5 anos.

24

En busca do trasno

26

Un paseo por Vilalba cos compañeiros

27

A entrevista .

31

Música.

33

As Nosas Charetas.

34

English corner.

39

Novas de Vilalba (6º)

40

Ed. Física.

44

Interésanos saber...

45

APA.

47


4

Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, foi escritor e poeta. Naceu en Monforte de Lemos en 1958 e faleceu na Coruña o 24 de maio de 1996. Con 17 anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Socioloxía, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Alí fundou, xunto ao seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Anton Patiño e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último en 1978). De volta a Galicia, onde compaxinou o exercicio da tradución e de guionista de TV co labor poético, entrou en contacto cun grupo de poetas cos que partillaba inquedanzas culturais, entre os que figuraban escritores como Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Manuel Rivas, etc. A súa obra figurou en varias antoloxías como De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborou activamente na revista Luzes de Galiza, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Naúfragos do Paraíso. Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Trala súa morte en 1996, Poemas para unha Loia, que recolle obras da súa etapa madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia. Como mostra da crudeza da súa poesía, sirva este célebre párrafo dun dos seus poemas, epitafio gravado en pedra na súa tumba en Santa Cristina de Viso (O Incio):

Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.


5


6

5ยบ A


7


8

Alumnos e alumnas de 3ยบ A e 3ยบ B


9


10

14 PASOS POLA INFANCIA DE Agustín Fernández Paz

-Cando era un neno vivía nas Fontiñas xogabamos ao fútbol na zona das abidueiras. Era un sitio xenial ! -Tamén xogabamos polas hortas e os montes á guerra, aos indios, vaqueiros …. -Outro dos nosos xogos

era pelexarnos

a pedradas cos dos outros barrios,

tirabamos a dar para gañar . Era todo unha animalada ! -Iamos tamén, na procura de cousas comestibles: tirabeques, froitos e amoras, estas metiamolas nunha berza e logo chupabamos o zume por un furado que lle faciamos. -No outono íamos ás castañas polo prado de Rubiños, Paseo dos Condes, Monte Carballo…. -Gustabame moito ler, lía todo o que atopaba: TBOs, Pulgarcitos, Jaimitos, El Cosaco Verde… -Na escola estabamos separados os nenos das nenas e distribuidos por coñecementos, non por idades , non coma agora. -Dos EE UU mandárannos manteiga, queixo, e leite en pó . Era todo unha novidade para nós ! -Todos nós, levabamos un cazo da casa para beber o leite que, no inverno, faciamolo en auga quente e, no verán en auga fría, o mellor era que podíamos recuncar. -Como lía moi ben escolléronme o discurso de benvida ao novo bispo, aprendino de memoria e reciteino de cabo a rabo. -Lémbrome do día que vin por primeira vez un helicóptero, aterrou no campo de fútbol, a xente aplaudía, pero eu non sei porque viñeron aquí nin quenes eran. -Era moi inquedo

e moi desobediente, non tiña paraxe, hoxe dirían que era

“hiperactivo”. -Gustábame moito escribir contos e debuxar TBOs, escritos por min, o mestre D. Félix estimulábame a facelo. -Para aprender a escribir, tamén foron moi importantes os contos que escoitei aos maiores ao redor do lume.

NENOS / NENAS DE 4ºA


11

Alumnos e alumnas de 4ºB

E QUE MÁIS ? Na casa hai un cuarto E que máis? No cuarto hai unha cama E que máis? Na cama hai unha almofada E que máis? Na almofada hai plumas E que máis? Nas plumas hai pulgas E que máis? Nas pulgas hai un picor E que máis? No picor hai un rascazo E que máis? No rascazo hai dor.

No Universo está a Terra. E que máis? Na Terra hai continentes. E que máis? Nos continentes hai países. E que máis? Nos países hai autonomías. E que máis? Nas autonomías hai provincias. E que máis? Nas provincias hai pobos. E que máis? Un dos pobos é Vilalba. E que máis? En Vilalba está o Mato Vizoso. E que máis? No Mato Vizoso hai nenos. E que máis? Nos nenos hai agarimos.

Na casa hai un cuarto. E que máis? No cuarto hai un berce. E que máis? No berce hai un bebé. E que máis? No bebé hai un sorriso. E que máis? No sorriso hai cariño.

VAITE DE AÍ ! Vaite de aí! Raposo lambón. Non me comas o capón. Vaite de aí! Aguia asasina. Non mates os pitos da galiña. Vaite de aí! Can malo. Deixa comer ao galo. Vaite de aí! Rato comellón. Non roias o queixo de San Simón. Vaite de aí! Touro enfadado. Non comas o xeado. Vaite de aí! Ladrón roubón. Que roubas o carbón. Vaite de aí! Rato cativo. Ou serás o meu aperitivo.

LÉMBROME Lémbrome do meu primeiro día de clase no CEIP Mato Vizoso. Lémbrome de cando ía nacer o meu irmán Rubén. Lémbrome de cando fomos de viaxe a Sevilla. Lémbrome de cando foi o cumpreanos do meu curmán. Lémbrome de cando fomos á excursión de fin de curso en 3º. Lémbrome do agasallo de cumpreanos do meu irmán. Lémbrome do primeiro día que fun ao cine. Lémbrome de cando saín no periódico. Lémbrome de cando fun á feira de Silleda cos meus irmáns. Lémbrome de cando me caeu unha lousa nun pé. Lémbrome de cando fomos de excursión á panadería dos meus pais. Lémbrome de cando fun á casa da miña mellor amiga. Lémbrome de cando miña nai se queimou co café. Lémbrome de cando caín da cama. Lémbrome de cando a miña avoa caeu polas escaleiras. Lémbrome de cando a miña curmá andaba en muletas.


12 Estas tres poesías foron feitas a xeito de “CENTÓN” partindo dos poemas “Adios ríos, adios fontes” de Rosalía de Castro, “Poema de inverno” de Antonio García Teijeiro e unha poesía de Xoán Neira. LEMBRANZAS

ADIOS PARA SEMPRE

Desde as fontes da montaña deixo a casa onde nacín, ata a gran chaira do mar deixo a aldea que conoso Meniño gaiteiro terra onde me eu criei, roxe o río noite e día figueiriña que eu prantei. Adiós ríos, adiós fontes, ata a gran chaira do mar, adiós vista dos meus ollos, corre e corre sen parar.

Miña terra, miña terra, desde as fontes da montaña camiñiños entre o millo, fermosas sonatas.

AMOR DA TERRA Miña terra, miña terra ata a gran chaira do mar. Meniño gaiteiro, non sei cando nos veremos.

Vai frío na praza xunto aos peixiños de prata, paxariños piadores, fermosas sonatas.

Amoriños das silveiras

Miña terra, miña terra, desde as fontes da montaña vai frío no ceo nas noites frías e claras.

Muíño dos castañares

meniño gaiteiro. Nas noites frías e claras paxariños piadores.

Meniño gaiteiro corre e corre sen parar noites craras de luar, deixo a veiga polo mar. Amoriñas das silveiras non toques a gaita nas noites frías e claras. Por un mundo que non vin. Muíño dos castañares, roxe o río noite e día terra donde me eu criei, ¡adiós para sempre adiós!

baixa o río cantareiro. Adios regatos pequenos xunto aos peixiños de prata.

Roxe o río noite e día pinares que move o vento, a súa doce melodía que toca o inverno. Meniño gaiteiro desde as fontes da montaña, fermosas sonatas pinares que move o vento.

Meniño gaiteiro corre e corre sen parar. Deixo a casa onde nacín sempre fiel ao teu cantar.

UN NOVO MAR

A FERMOSA NATUREZA A natureza é cousa de beleza porque xunto ao muíño está o meu veciño e o río baixa pola montaña, ata que chega ao Muíño do Cariño, onde as árbores están cheas de paxariños e as flores de vistosas cores.

Con amor construímos a natureza mentres que os animais disfrutan do campo. O Sol que brilla ten moita beleza. O debuxo do campo reflexa a natureza e o río do muíño corre e corre sen parar, animais con amizade, todos viven no mar. Con amor e con bondade, todos collidos da man saen do mar e van ao campo a cantar. Co Sol que os vai iluminar, brillando sen parar.


13


14


15

SER MESTRE: UNHA PROFESIÓN VOCACIONAL Rematou fai pouco o prazo de solicitude de admisión de matrícula para o vindeiro curso escolar. O alumnado de terceiro nivel de Ed. Infantil e o de primeiro curso de Ed. Primaria busca praza nos colexios da localidade.

Unha das razóns de máis peso para os/as pais/nais á hora de elixir o Centro Educativo para os seus fillos/as é a de ser o Colexio onde eles estudaron E.X.B. ou algúns xa Ed. Primaria. Cando veñen facer a solicitude de admisión comentan os cambios físicos que se produciron e preguntan polo profesorado que lles deu clase para saber se segue aínda no Centro, como mostrando interese porque tamén lle imparta clase aos seus fillos/as. É común escoitar comentarios deste tipo: Canto se preocupaba por nós!, Cantos consellos nos daba para a vida diaria!, Como nos axudaba a sentirnos ben e a valorar as cousas ben feitas...! Todo isto lévanos a reflexionar sobre a relación alumno/a – mestre/a durante todo o proceso educativo. Nos primeiros anos de escolarización o/a neno/a deixa o domicilio familiar durante unhas horas e convive cun mestre que “o sabe todo”, que lle ensina moitas cousas, que con frecuencia lle dí os primeiros NON da súa vida, que lle axuda a establecer relacións positivas cos seus compañeiros/as, que o coñece ben e sabe cando se sente mal, digamos que o/a mestre/a é un substituto de papá e de mamá. A medida que van pasando os anos o mestre vai perdendo ese papel central, de “Deus” na vida do neno, chegando na adolescencia ( se cadra agora xa na preadolescencia) a ser o protagonista dos seus pesadelos. Pero na idade adulta vaise facendo resumo, sacando conclusións da etapa escolar e realmente valóranse as experiencias vividas neses anos cos mestres. Algo así lles vai suceder aos nenos e nenas de 4º curso xa que este ano xubílase a súa mestra Dª Olga Pardo e ao alumnado de 2º curso porque tamén se xubila o seu mestre D. Juan Carlos Sánchez.

Para estes mestres, que levan moitos anos traballando no Mato Vizoso, polo seu bo facer, polo seu compañeirismo, polo seu interese, pola súa profesionalidade que reciban o recoñecemento de toda a comunidade escolar.


16

A NOSA OLGA Os nenos somos as sementes do futuro e Olga Pardo traballou moi duro. experta sembradora de nobres coñecementos sempre ao noso lado en bos e malos momentos. Gústanche as libretas curiosiñas, cos títulos ben decorados, sen faltas de ortografía e os deberes acabados. Para definir a túa valía faría falla o mesmo Manuel María. grazas Olga por impartir sabiduría no noso día a día. Na nosa memoria temos, moitas cousas que aprendemos, tamén, á nosa mestra Olga, que seguro, non esqueceremos.

JUAN CARLOS É O MELLOR PROFESOR “Adeus Juan Carlos botarémoste de menos, fuches o mellor profe que tivemos... Grazas por deixarnos xogar en ximnasia a moitas cousas e grazas por ensinarnos tanto... Agora que te xubilas, Pasao moi ben! Os nenos e nenas de 2º B Querémoste moito!

Botarémoste de menos e todos xuntos che daremos un gran ramo de bicos atado cun lazo de sorrisos.

Os teus alumnos/as

“La escuela se convirtió en un lugar en el que pasan principalmente tres cosas: primero, uno aprende a convivir con personas distintas; en segundo lugar, se explican las cosas cotidianas; en tercer lugar, uno tiene a otros que lo escuchan y, a su vez, escucha a los demás, y cuando alguien hace las cosas bien se le aplaude y cuando no las hace tan bien se le ayuda” (Hartmut)


17

FIXEMOS... E FAREMOS... Coma sempre, con esta sección queremos amosarvos algunha das actividades que realizamos ata hoxe, ao tempo que avanzamos as nosas intencións no que resta de curso. Durante o curso recibimos as visitas de diferentes grupos do Conservatorio de Música de Vilalba (corda, vento,...) para ofrecernos algunhas pezas musicais nas que nos amosaron os diferentes instrumentos.

Coa chegada do outono, os nenos e nenas de E.Infantil fomos en busca da avoiña de Carapuchiña ao bosque e aproveitamos para recoller froitos do outono, setas, castañas, landras...

En novembro, o día 5, celebramos o Magosto. Este ano como non choveu puidemos estar fóra para comer as castañas. Tamén fixemos xogos xogos cooperativos nos que participamos todos/as.

O día 22 de novembro, dentro da campaña BOCABERTA 2010, os nenos de 1º e 2º presenciamos a obra de teatro:

Sr Mundo, dígame?

E o día 16 de decembro, os nenos e nenas de 3º e 4º fomos a Lugo para asistir á representación de “Cara ao Campo das Estrelas”, no Auditorio Gustavo Freire.

No mes de decembro asistimos a un espectáculo no Auditorio de Vilalba: “ Os catro da Xunqueira”. Unha peza que exemplificaba a unión de modernidade e tradición, con música en directo, participación activa do público, etc. Este espectáculo está baseado na historia de tradición oral “Os catro amigos”.


18 O día 22 celebramos o Nadal, con diversas actividades: Belén vivinte, recitado de poemas, panxoliñas. Tamén tomamos un bocadillo e postre de Nadal todos os nenos e nenas do cole.

Xa no 2º trimestre, conmemoramos o Día da Paz cunha actividade na que participamos todos xuntos. Bailamos unha canción e demostramos a nosa amizade dándonos moitas apertas.. O día 2 de febreiro, os nenos e nenas de E. Infantil e 1º Ciclo de E. Primaria asistimos á representación da obra “ El gato con Botas”.

Tamén no mes de febreiro, e para o alumnado de 5º e 6º veu a psicóloga do Concello a impartir unhas charlas sobre prevención de drogodependencia.

O 4 de marzo celebramos a festa do Entroido. Disfrazámonos todos de paisanos e choqueiros. Compuxemos coplas que leron compañeiros de 6º . Houbo festa e rosquillas para todos/as. Ao final, este ano, queimamos o meco..

En marzo, Cando estaba todo preparado para saír, non puidemos asistir á actividade: Os Sotibles, a aventura da auga, por mor da cantidade de auga que caeu esa mañá cando íamos saír do cole.

E, no mes de abril...: O día 3 veu a contarnos as súas historias o contacontos Iago aos nenos/as de E. Infantil e 1º Ciclo de E. Primaria.


19 Os nenos e nenas de 3º e 4º de E. Primaria coñecemos o Parque Eólico de Sotavento.

O día 12, o alumnado de 1º e 2º, fixemos un percorrido por Vilalba. Visitamos a Oficina de Correos, o Concello e coñecemos o interior da Torre de Andrade. Tamén demos un paseo polo Rañego.

O xoves 14 tamén recibimos a visita de xogadores e parte do equipo técnico do equipo de fútbol sala AZKAR, de Lugo

O día 26 os peques de E.Infantil asistimos á sesión “Os Contos de Pablisimo” na Biblioteca Municipal, a onde tamén acudiron os de 1º para coñecela de cerca e facerse socios o día 29.

Tamén no mes de abril tivemos varias sesións de cine. Cada ciclo puido ver unha peli na aula de video dentro da actividade: “ Os valores a través do cine”.

Xa no mes de maio, o día 3, os nenos e nenas de 1º e 2º asistimos en Lugo, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo a unha sesión de cine: “El Lince Perdido”

O día 4, o alumnado de 3º fixeron unha visita ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e o día 6 foron os de 4º. O día 5, no Auditorio de Vilalba representouse a peza teatral “Valados”, baseada na obra de Agustín Fernández Paz co mesmo título, á que asistimos alumnos/as deste Centro. O día 11 deste mes de maio, membros do corpo da Garda Civil estiveron no cole para impartir unhas charlas sobre un tema de actualidade e que nos interesa a todos: “Uso axeitado de internet” dirixidas ao alumnado de 6º.


20

Cos

nosos

traballos

decoraramos

o

cole,

as

aulas

e os

corredores:

Temos aínda pendentes de realizar varias actividades no que resta de curso, por exemplo: 1º Ciclo fará unha viaxe a Lugo. Está prevista unha visita ao Museo, ao Centro de Interpretación da Natureza Terras do Miño, e con un percorrido en tren incluído: de Baamonde a Lugo. O día 24 de maio, os nenos e nenas de E. Infantil visitarán a granxa Belelle en Neda, Ferrol. Os de 4 e 5 anos tamén irán a Lugo para ver o teatro de títeres no Auditorio Gustavo Freire, “Cando chove e raia o sol”. Os rapaces e rapazas de 5º farán un percorrido pola costa de Lugo visitando O Museo do Mar en San Ciprián, o Barco Museo de Burela, a praia das Catedrais, e continuarán a viaxe por Ribadeo e Meira. Os de 6º coñecerán o seu futuro centro educativo, o IES Basanta Silva visitando as súas instalacións, e tamén haberá unha charla informativa para as familias para resolver as dúbidas que se lles poidan presentar. E seguro que se nos esquecen moitas mais...


21

EN INFANTIL TEMOS UN FERMOSO XARDÍN


22


23

No

entroido

deste

ano

fomos

disfrazados

coma

Choqueiros


24

EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)


25


26


27


28

2ยบ A


29


30


31


32


33

Traballo feito por todo o alumnado de 1ยบ e 2ยบ de primaria


34

Os /as alumnos/as de 6º de Primaria participamos nun obradoiro de instrumentos musicais levado a cabo nas clases de Música. Nun primeiro momento, a profe suxeriunos elaborar unha serie de obxectos sonoros (instrumentos) sinxelos e amosounos como facelo. Despois, procuramos os materiais necesarios. A maioría deles eran de refugallo, co que aprendemos a reutilizar aquilo que, de principio, semella só lixo: xa coñecemos, pois, outra forma de coidar do medio ambiente. Por fin, puxémonos mans á obra. Os resultados do noso traballo, realizado ao longo de todo un mes, amosámolo nunha exposición situada no patio de entrada dos maiores (ala dereita do edificio principal) en fronte á aula de Música. Convidámosvos a todos e todas (alumnado, pais/nais e profesorado) a que a visitedes, pois fainos moita ilusión que coñezades as nosas realizacións máis creativas, así como a darnos a vosa opinión.

Pola nosa parte, temos que dicir que foi unha das actividades máis interesantes que abordamos ao longo do curso, xa que aprendemos moito facendo un traballo lúdico e divertido. E, para abrir boca, publicamos na nosa revista escolar algunhas fotos, aínda que nelas non se aprecia suficientemente a calidade do traballo. Agardamos que vos guste!


35

AS NOSAS CHARETAS Río Miño, Río Miño Río Miño, Río Miño, que pasas preto do camiño, entre xuncos e prados achéganse a tí os paxaros. Río Miño, Río Miño, todos che teñen cariño, porque levas auga para as fontes, e verde elegre aos montes. Naces na serra de Meira, cruzas prados e leiras, na Garda as de desembocar para o Atlántico inundar. Dende a Ponte de Outeiro a Terra Chá cóllete nos brazos, levándote no seu regazo, dándoche bicos e abrazos. Pasas pola Chaira sosegado facendo música de contado, entre pedras e montes Anxo González Mariño- 4ºA Premio poesía no Concurso da filloa 2011 e por debaixo das pontes.


36

Vazdim, o peixiño do Miño Era unha vez un peixiño chamado Vazdim que vivía no nacemento do río Miño. Alí era feliz e tiña moitos amigos. Un bo día de abril, Vazdim preguntoulle ao seu mellor amigo, o sapo Estevo: - Estevo, como saben as filloas? O sapo, aínda que era moi sabio e sabía moitas cousas, contestoulle: - Non o sei, Vazdim. Nin eu nin ninguén nesta parte do río. Pero, se tés moita gana de sabelo, podes ir río abaixo ata Muimenta, onde se vai celebrar a festa da filloa dentro de pouco. Vazdim fíxolle caso e, despois de despedirse de todos os seus amigos, marchou río abaixo. Rapidamente atravesou a zona do curso subterráneo do río e emerxeu á superficie na lagoa de Fonmiñá. Alí atopouse cunha troita e preguntoulle: - Desculpa, é este o camino correcto para ir a Muimenta? - Si e non- contestoulle. - Como que si e non? Ou si ou non. - O camiño é, pero está atrancado. Fai pouco, nunha tormenta, caeu unha árbore ao río e non hai maneira de pasar. - E que faigo eu agora?- preguntou Vazdim. - Mm… a verdade é que sei un segredo para cruzar. - Que ben! Por favor, dimo! - Direicho, pero se consegues encontrar unha valiosa perla que perdín nunha cova no fondo da lagoa. Vazdim aceptou. A troita guiono ata a entrada da cova. Vazdim avanzou sen apenas poder ver nada. Ao final da cova, distinguiu unha zona máis luminosa. Alí veu unha serpe e, detrás dela, contemplou uns andeis nos que había obxectos moi brillantes. - Que fas aquí?- preguntou a serpe. - Estou buscando unha perla que perdeu unha amiga- respondeu Vazdim- Non saberás onde está? - A única perla que vin por aquí está na miña colección. E non lla penso dar a ninguén! - Pero non é túa! - Eh? Encontreina eu! Vazdim pensou na maneira de recuperar a perla. - E se facemos unha aposta? - Que aposta? - Sei unha adiviña moi boa. Se a acertas, quedaraste coa perla, se non, darasma a min. - Non estou de acordo!- exclamou a serpe-. Se a acerto non só me quedarei coa perla… se non que te paparei! Vazdim sentiu un calafrío. Pero non viu outro xeito de recuperar a perla. - De acordo! Aí vai a adiviña: Ten dentes e non é boca. Se o adiviñas, na cabeza che toca. A serpe pensou un pouco e logo dixo:


37 - O allo! - Non. - Pois… un sombreiro! - Tampouco. - Mm… pois… non o sei! Que é?- preguntou a serpe. - O peite- respondeulle Vazdim-. Agora, dame a perla. - Non! Non é xusto!- exclamou a serpe. - Un trato é un trato. Dama! A serpe deulla de mala gana e, xusto cando Vazdim se deu a volta, comezou a perseguilo. Foi unha gran carreira pero, ao final, Vazdim conseguiu saír da cova antes de que a serpe o pillara. Ao volver, atopouse coa troita, e deulle a perla. - Moitas grazas!- díxolle a troita-. Ben, agora direiche o segredo da árbore: en realidade, o tronco está oco e hai un pequeno burato polo que se pode pasar sen problema. A troita guiono ata o burato. Vazdim despediuse dela e continuou o seu camiño. O resto do recorrido non tivo complicacións e Vazdim foi curioseando todo tipo de cousas ao longo do curso do río. Chegou a Muimenta rápidamente e atopouse cun gran problema. - E agora… como fago para coller unha filloa?- pensou Vazdim. Nese momento, un parrulo achegouse por alí. - Ola. Que che pasa?- preguntoulle a Vazdim. - Que vin dende o nacemento do río para probar as filloas, e agora non sei como collelas. - A verdade é que a min tamén me gustaría probalas… Enseguida volvo! O parrulo saiu voando e, nun segundo, regresou con algo no peteiro. - Aquí temos unha filloa!- exclamou-. Ímola probar! Vazdim e o parrulo probaron unha miga e gustoulles tanto que comeron ,polo menos, unha ducia de filloas. - Que ben saben!- exclamou Vazdim. - Xaora! Eu xa che vou cheo!- dixo o parrulo- Espero que poida chegar á lagoa de Cospeito! - Vas a lagoa de Cospeito? - Vou. Vivo alí. E ti para onde vas? Volverás a túa casa no nacemento do río? - Creo que si. Por certo, volverás o ano que ven? - Madia leva; co ben que saben as filloas! - Eu tamén quero volver. Vémonos logo o ano que ven. - Si, adeus! O parrulo foise voando e Vazdim tamén se puxo en marcha río arriba. Ao volver a atoparse coa troita na lagoa de Fonmiñá, comentoulle o sabor das filloas e faloulle do parrulo. - Que ben! Cando volvas o ano que ven, pasa por aquí. Eu tamén quero probar as filloas! Vazdim seguiu avanzando e, cando chegou cabo dos seus amigos, contoulles todas as súas aventuras. Dende entón, todos os anos, o parrulo, Vazdim e os seus amigos encóntranse en Muimenta. Samuel Insua - 5ºA


38

Prem io no Festival de Xerm olos 2010

4ºA

Duarte González M ariño - 6º A Prem io poesía no Concurso da filloa 2011


39

Accesit Accesit nonoCertame Certamedede poesía poesíadadaBiblioteca Biblioteca

Miguel Fraga 5 anos

Luis Nicolás Pardo 3 anos Carlos Herrera 4 anos

POSTAIS GAÑADORAS NO CERTAME DE NADAL DO COLE

Silvia García 4ºA

Nicolás Ferreiro - 5ºA

Eva Pardo - 6ºB

Elena Vilasuso – 3ºB

Adrián Ginzo – 1ºA

Raúl Rivas – 2ºB


40

Draw a monster

Complete the names of the mounths:

Find eight names of fruits or vegetables: A B B E A N S L B F E P

P L E K V I N L C D E I

H D A G S E L P A C N N

S E G N A R O L A D B E

O S B C E K R R V N R A

B P A B P I R U X R O P

D E B N L O A S P K C P

A S E O T A T O P B C L

Y H N S E V A K N C O E

A C O N K I E Z T A L J

B I E S A L A D N U I E

O K H I S L Z E T R I S

J_ _ _ _ _ _ _______Y M____ ____L M__ ___E J___ _____T S_ _ _ _ _ _ _ _ ______R N_______ _______R How fast can you read this tonguetwister?: Uncle Alan, uncle Alan, uncle Alan is ugly. Uncle Adam, uncle Adam, uncle Adam is ungry.


41

A Liga Santaballesa ollará ao seu pasado a través dunha

O arqueólogo Felipe Senén foi investido como Chairego de Honra.

Fernández Paz rexeita o premio das letras e desautoriza á Xunta Remitiuse á postura de Prolingua de negar ao actual Goberno Galego ascendencia moral para dar os galardóns da Cultura Galega

Xa está na rúa unha nova edición do caderno de Estudos Chairegos editado polo IESCHA.

Que é un descotollador?

Carmen Cabaneiro e Beatriz Suárez expuxeron a súa obra avatares da creación do edificio do Hospital Asilo de Vilalba.

Os 30 usuarios do centro ocupacional de Vilalba estrearon a obra “Un traballo é un traballo” no Auditorio de Vilalba.

A soprano Anabel Xesteira achegou a ópera aos asistentes ao Recital Solidario de Mans Unidas no

María Xosé Lamas, escritora, mestra e actriz “Para escribir poesía precisas moita riqueza e un dominio total da lingua” A escritora vilalbesa canta no seu poemario “Con Fausto, por este río acima” á beleza da súa vila O programa Bocaberta chega a Vilalba con un taller de hip hop para mozos.

Darío Xohán Cabana Devólvelle a vida á poesía da Occitania Os versos de Guillerme de Aquitania renace da man da lingua galega


42

Darío Xoán Cabana entra pola porta grande no vilalbés Paseo dos Soños O escritor de Roás rodeouse de amigos na presentación do quinto hectómetro literario da Madalena.

Premiados oito traballos no certame poético da biblioteca vilalbesa Oito traballos escolares resultaron premiados no Certame de Poesía Infantil Nadal 20010 convocados po la biblioteca municipal de Vilalba. Os autores de ditas obras recibiron como recompensa un diploma e un lote de libros. Na categoría A, os premios recaeron en “O Nadal”, de Ana Rey Leal; “Chegou o Nadal”, de Isabel Pardo Martínez, e “O Nadal” de Borja Prieto López. Os tres son alumnos do colexio Mato Vizoso e teñen oito anos de idade. Na categoría B. Os galardoados foron tres escolares do colexio Insua Bermúdez, todos con dez anos. Trátase de Aldara Villarino, por “Chegaremos a Belén”; Andrea Pardo, por “O meu tío contoume...”; e Ángel Álvarez Rey, por “4 roldas no Nadal”. Ademais o xurado decidiu outorgar dous accésits ás composicións “O Nadal”, obra de Paulo Seijas Pedreira de oito anos e “No mar hai unha estrela”, escrita por Milagros Lozano Francos, de once anos, ambos do Mato Vizoso. O polígono vilalbés 7 Pontes asina un convenio que integra á asociación vilalbesa en ATA

O queixo de San Simón aumenta as súas ventas no exterior Soben as exportacións a Estados Unidos, Inglaterra e Xapón.

O capón trae o Nadal a Vilalba, a Lugo e a toda Galicia


43

Canteiras que piden paso

Cen mozos forman parte dos cinco equipos xuvenís da zona que compiten na liga provincial

Vilalba contará con tres novas escolas deportivas A oferta deportiva municipal amplíase a 13 disciplinas coa incorporación das clases de rugby, tiro con arco e tenis de mesa

O Cachibol cita en Vilalba a maiores de toda Galicia A conselleira Beatriz Mato clausurou ese encontro, que reuniu a 700 persoas

Éxito en Corea da delegación do Moo Duk Kwan vilalbés Os

loitadores

acadaron

dúas

Campionato

A Langreo, co ritmo no corpo As alumnas da Escola de Iniciación ao Movemento de Pandereteiras de Andrade participan no Concurso Nacional de Danza

chairegos medallas

Galego

celebrado en Vilalba

no

Júnior

O Clube Vilalba leva a loita aos centros educativos lucenses


44

Vilalba espera a adxudicación da gardería tras completar o Concello a cesión do terreo

Os alumnos de carpintería elaboraron 20 stands para as citas municipais

O Consorcio Provincial de Bombeiros aproba o modelo de xestión para o Parque Vilalbés

O Concello prevé estrear este novo mobiliario na Feira do Capón

A música e as redes sociais únense para fomentar o uso da lingua galega

Unha nova guía turística creada pola Deputación promocionará os concellos da provincia

Prestes gaña nos World Cheese Awards

Un monolito recordará a Martín Seco no vilalbés Paseo da Madalena

Vilalba volve a lucir o seu emblema municipal no Paseo da Madalena

“O Legado Migratorio Santaballés” A escola da liga Santaballesa de Vilalba e o seu entorno convertéronse en decembro nun set de rodaxe, no que a produtora lucense Imaxina gravou un corto documental sobre a historia da emigración na zona. Unha historia de maletas e escola

A FRUGA informou sobre o novo sistema de identificación o 29 de outubro en Vilalba

A Mancomunidade da Terra Chá mostra a súa singular oferta turística en Valladolid


45

AS

MANIOTAS

E A AUGA CON AZUCRE Ed. Física

Estou seguro de que a moitos dos que eramos nenos e nenas nos anos 70 e 80, e que pasabamos o tempo de lecer xogando nas rúas, parques e prazas, disfrutando do aire libre, ou ben nos iniciabamos a través das entidades deportivas naqueles deportes que máis nos gustaban,

ao chegar á casa, sudorosos e esgotados, os nosos maiores

dixéronnos que tomaramos auga con azucre para non ter maniotas, e así ao día seguinte estar como novos para voltar a xogar... . Sobra dicir que as maniotas tiñamolas igual, xa que o remedio era máis un placebo que outra cousa, pero chegaba un novo día e saiamos a xogar coas mesmas gañas. Quedarse quedos na casa non era unha alternativa, e os nosos pais incluso se preocupaban si nos quedabamos pasmando diante da tele, polo que nos animaban a saír e a movernos. Os tempos trocaron, e agora, nenos e nenas fan unha vida máis sedentaria, e así, pasar horas con videoconsolas, televexo, videoxogos, clases de tropecentas mil disciplinas.... pódese considerar hoxe en día dinámica normal e non preocupante, mentres as maniotas, un proceso fisiolóxico natural, se converten en algo excepcional. A meu modo de entender, fraco favor se lle fai aos nosos nenos e nenas, se queremos evitarlles cansazo físico e maniotas reforzando a inactividade e a non realización de actividades físicas e deportivas de xeito cotiá. Coido que, nos días que vivimos, se queremos que os nenos e nenas desenvolvan plenamente todas as súas capacidades, axudaría e moito, que practicasen unha actividade físico-deportiva axeitada, sabendo desenvolver unha rutina básica de quecemento que inclúa os estiramentos precisos, e adquirindo unha correcta hixiene postural, sen esquecer o beneficio a nivel emocional que supón para un neno ou nena ser capaz de superar de xeito autónomo as dificultades e problemas que poidan xurdirlle. Aínda que voltar a auga con azucre sería pouco práctico, desexaría que se recuperara o espiritu daqueles días, non tan lonxanos, cando viviamos movéndonos, xogando na rúa cos amigos, e onde os nosos pais e nais se preocupaban se estabamos quedos e as maniotas se pasaban a base de saltar e correr todos os días.


46 DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Interésanos saber... ALUMNADO CON PROBLEMAS DE ATENCIÓN Na actualidade, un dos retos máis importantes cos que nos atopamos no noso alumnado é xustamente previr e reforzar a atención do mesmo. Considérase a falta de atención, como un dos problemas máis importantes que afectan ao alumnado dende as primeiras idades de escolarización ata a adolescencia, dificultándolles o seu desenvolvemento, tanto escolar como social e, como consecuencia, a adquisición das diferentes aprendizaxes. É moi importante que aprendamos a diferenciar dous conceptos que xeralmente se confunden. Así, sinalar que hiperactividade e falta de atención non son sinónimos. A hiperactividade é un trastorno considerado como unha asociación entre a dificultade de atención e alteracións de problemas no ámbito neurolóxico. Conleva ademais problemas relacionados co exceso de actividade e impulsividade. Por outro lado, a falta de atención é un proceso no que poden suceder diferentes variables: o alumnado con este problema pode ter dificultade en concentrarse na tarefa a realizar (especialmente aquelas que non lles gustan); outros poden ter dificultade en saber onde comeza unha tarefa, mentres outros poden “perderse” cando queren seguir algunha instrucción... As familias e o profesorado debemos ser coidadosos na nosa observación e ver onde se interrompe o proceso de atención para poder levar a cabo estratexias que axuden ao noso alumnado. Entre os síntomas da falta de atención atopamos: -

Cústalle fixar a atención en diferentes aspectos, non se fixa nos detalles.

-

Parece non escoitar.

-

Frecuentemente deixa as tarefas sen rematar.

-

Perde obxectos ou materiais.

-

Evita o esforzo mental sostido.

-

Distráese por estímulos irrelevantes.

-

Esquécese facilmente das cousas.


47

Para superar estas dificultades é conveniente que dende o seo familiar se teñan en conta os seguintes aspectos: -

Os nenos e nenas deben durmir o número de horas suficientes, segundo a

idade e as súas necesidades particulares. É fundamental o tempo de descanso. -

Unha alimentación equilibrada e completa é fundamental. Ademais débese

coidar que non realicen tarefas de estudio despois dunha comida abundante. -

O alumnado debe ter un horario de estudio diario, creando así neles o hábito

de traballo. -

Hai que ter moi en conta que as tarefas que se realizan no ámbito escolar

deben estar reforzadas polas actividades que se realicen no seo familiar. -

Non debemos saturalos de actividades extraescolares.

-

É moi importante levar a cabo con estes nenos e nenas un programa de

técnicas de estudio, solicitando asesoramento ao profesorado ou ao Departamento de Orientación do centro. -

Deben motivar aos seus fillos e fillas para realizar as tarefas propostas.

Ademais, dende os Departamentos de Orientación dos centros, debemos aportar ao profesorado, familias e alumnado estratexias que conduzan a mellorar diferentes aspectos relacionados coa falta de atención. Por iso no noso centro contamos cun Programa para reforzar a atención do alumnado, que está á vosa disposición e que pode ser de gran axuda.


48

DENDE A APA Dende a APA recordámosvos algo que a todos os país preocúpanos todos os días, o éxito escolar dos nosos fillos e fillas. A todos gustaríanos que tivesen un bo resultado académico e un bo futuro profesional. A continuación presentamos unha serie de pautas que nos axudarán a mellorar o rendemento académico dos nosos fillos e fillas. 1.

Ter unha actitude positiva do Colexio, o Profesorado e os Deberes dos

nosos fillos e fillas. 2.

Proporcionar aos nosos fillos e fillas un espazo de estudio fixo.

3.

Potenciar un habito de estudio diario axudándolles a planificarse y ser

constantes, establecer conxuntamente con eles horario semanal diferenciando o tempo de lecer. 4.

Axudarlles a organizarse y planificarse.

5.

Potenciar as súas responsabilidades e autonomía cos deberes.

6.

Supervisar e xerar un bo clima de colaboración cos nosos fillos e fillas.

7.

Supervisar de que durman ben.

8.

Desenrolar e reforzar dende pequenos o afán de aprendizaxe de cousas

novas e a curiosidade natural. 9.

Proporcionarlle un ambiente onde o aprendizaxe e o saber sexa un valor,

creando situacións onde poidan aplicar os coñecementos aprendidos. 10. Encontrar maneiras para motivar os nosos fillos e fillas. 11. Reforzar os logros especialmente o esforzo a realizar una tarefa, inda que non haxan obtido o obxetivo proposto. 12. Potenciar de modo especial a súa motivación a lectura. 13. Fomentar e coidar a comunicación familiar. 14. Manter o contacto persoal co titor ou titora para facer un seguimento da evolución no colexio.


49

DENDE A APA PROPOÑEMOS PASATEMPOS: COLOREA O DEBUXO DAS FRACCIÓNS EQUIVALENTES A ½ DE COR LARANXA; AS EQUIVALENTES A 2/3 DE COR AMARELA; AS EQUIVALENTES A ¼ DE VERDE; AS EQUIVALENTES A 2/5 DE NEGRO E AS EQUIVALENTES A 2/7 DE MARRÓN.

COLOREA SEGUNDO OS RESULTADOS DAS OPERACIÓNS


50


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.