charetas 2010

Page 1


1


2

ÍNDICE Editorial.

1

Letras Galegas 2010....6º B

3

O camiño de Santiago....6º A

8

Refráns dos meses do ano.... 4ºA

14

Quen foi Mato Vizoso....4ºA

15

Os catro amigos.... 4º B

16

Unhas adiviñas....4º B

17

As nosas charetas.

18

Xestos para vivir mellor....1º B

22

Salvemos o planeta....1º A

24

Ed. Infantil 3 anos.

26

Canto Conto. Ed. Infantil 4 anos.

28

Ed. Infantil 5 anos.

30

Os productos de Vilalba....2º A

32

As pingas viaxeiras...2º B

34

Entroido....3º A

38

O queixo de San Simón....3º A

39

Facemos acrósticos....3º B

40

Fixemos e faremos.

42

English corner.

45

Os traballos de Ed. Musical.

46

Novas de Vilalba....5º

48

Interésanos saber...

52

APA.

54

Os nosos xogos e chistes

56


3

DÍA DAS LETRAS GALEGAS O 17 de maio de cada ano, Galicia celebra o día das Letras Galegas. O día das Letras Galegas débese á proposición que fixeron Francisco Fernández Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Couselo, membros da Real Academia Galega, a esta institución co fin de fixar unha data para salientar, difundir e prestixiar as nosas letras vernáculas. Tomouse a data da publicación do primeiro exemplar de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, en 1863, e quedou así establecida para cada ano de forma oficial, a partir do 1963. Dende entón, cada 17 de maio festexamos o día das Letras Galegas dedicándollo a un autor ou autora que represente as letras e a cultura autóctona, figura seleccionada pola Real Academia Galega. Este ano réndese homenaxe a Uxío Novoneyra por ser un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos, poeta de entrega total, preocupado pola comunicación co pobo. A súa obra está enraizada na tradición e no popular.

UXÍO NOVONEYRA A persoa que se ía converter no poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. O futuro escritor pasa a nenez e mocidade neste marco xeográfico courelao da Galicia afastada, que segue conservando neste momento os seus tradicionais modos de vida e que conformará as experiencias básicas da futura creación poética do autor. No 1945, trasládase a Lugo durante o período escolar para estudar o bacharelato, que remata en 1948. Nestes anos coñece a dous personaxes relacionados coas letras galegas: o escritor chairego Manuel María e a escritora María Mariño Carou, cos que terá unha relación persoal e que deixarán profundas pegadas na súa obra.


4

En 1949 marcha a Madrid para estudar Filosofía e Letras, pero en 1952 regresa a Galicia para facer o servicio militar, con estancias en Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, e coincidirá, outra vez, con Manuel María. Nesta estadía en Galicia vai forxando unha nova conciencia galega en contacto con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensaista e ideólogo Ramón Piñeiro e o polifacético Ramón Otero Pedrayo. Durante o período comprendido entre 1953 e 1962 permanece no Courel preso dunha infección pulmonar que o obriga a gardar repouso. Nesta situación de soidade empeza a escribir poesía sobre a súa terra e inicia as súas publicacións co libro Os eidos. En 1962 volve a Madrid e traballa en programas de radio e TV, sempre relacionados coa poesía galega, española ou universal . Participa na vida bohemia madrileña e en tertulias no Café Gijón co poeta Carlos Oroza, o pintor Tino Grañido e un grupo de artistas plásticos como Úrculo ou Viola. Asemade, relaciónase con pintores, políticos, profesores e escritores, e vive nun ambiente de vangarda artística e preocupación socio-política, no que escribe a serie poética titulada Elegías de Madrid, incluída no libro Elegías del Caurel y otros poemas. En 1966, retorna ao Courel debido á enfermidade dos seus pais e dende aquela quedará a vivir en Galicia. En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei, coa que casará en 1973 e coa que terá tres fillos, Branca-Petra, Uxío e Arturo. En 1983 afíncase definitivamente en Santiago de Compostela, cidade na que exerce o seu cargo de presidente de Asociación de Escritores en Lingua Galega ata a súa morte, o 30 de outubro de 1999. A comezos da década dos oitenta, Novoneyra é considerado xa como un clásico, como o confirman non só a Gran Enciclopedia Galega senón moi especialmente os estudos da nova crítica, como o revelador O fonosimbolismo na poesía de Novoneyra publicado por Claudio Rodríguez Fer, os comentarios literarios de Anxo Tarrío ou o feito de que Méndez Ferrín escollese o seu nome para dar título ao libro De Pondal a Novoneyra, no que destaca a súa persoal visión da historia da poesía galega. O seu recoñecemento é definitivo cando en 1989 a súa obra é incluída entre os obxectos de estudo do libro Poesía galega. Do seu primeiro libro dixo Ramón Piñeiro que “dentro da poesía galega sinala inicio craro e conscente do que poderíamos chamar a poesía como a voz da terra”.


5

A SÚA OBRA Non é Novoneyra poeta prolífico, senón creador dunha obra realmente breve e concentrada, como escritor de tempo lento ó que lle gusta agardar polas palabras e volver sobre elas, nunha laboura de recreación obsesionada pola procura perfeccionista da expresión exacta, que coincide case sempre coa formulación máis depurada. Así, ao longo de medio século foi deixando libros de versos madurados na escrita e na reescrita. A súa inspiración é esencialmente telúrica, aínda que o ambiente histórico represivo da década dos trinta e comezos dos corenta, que coincide cos anos da súa nenez e da súa mocidade, deixarase ver na súa poesía cívica. Deixou libros de versos como: Os eidos (1955). Trátase dun poemario co que comeza un ciclo poético que continuará durante moitos anos. Nesta obra é quen de evocar sensacións visuais, táctiles, auditivas ou anímicas mediante a combinación e repetición de fonemas. Elegías del Caurel y otros poemas (1966) Os eidos 2 (1974) Poemas Caligráficos (1979) Os eidos. Libro do Courel (1981) Mulleres pra lonxe (1987) foi un libro que editou a deputación de Lugo. Nel reune poemas de amor xa publicados e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio Rodríguez Fer. Varios dos poemas foron interpretados musicalmente por distintos grupos, por exemplo, o poema Muller pra lonxe é unha das cancións máis coñecidas de “Fuxan os ventos”, dicindo así: “E o vento dicía, pronto hei de volver, pra tirar a fame, pra poder comer,...”

Do Courel a Compostela (1988) Tempo de Elexía (1991) Poemas da doada certeza i este brillo premiado entre as pálpebras (1994) Onde só queda alguén para aguantar dos nomes (1999) Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas (1999).


6

A Novoneyra coñéceselle sobre todo, pola súa poesía,que está traducida a varios linguas; ainda que tamén fai unha contribución creativa coas publicacións de contos infantís: “O cubil de xabarín”(1990) e “Gorgorín e Cabezón” (1992), dous contos de aventuras protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética. “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” (1998) e “Dos soños teimosos” (1998)

O compromiso político de Novoneyra déixase ver en poemas como:

Letanía de Galicia

GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr’os que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza libre pra servir libre pra servir libre pra non ser libre pra non ser libre pra morrer libre pra morrer libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva inda recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa

Alumnado de 6º B


7

Propoñémosche uns pasatempos relacionados con Uxío Novoneyra....Esperamos que o pases ben resolvendoos. Intenta localizar as sete diferencias que hai entre os dous debuxos seguintes: A

Adiviñas quen é este personaxe? B

_____________________

Exacto, é Uxío Novoneyra, podes comprobalo mirando esta imaxe súa.

Nesta sopa de letras poderás atopar: A C O M P O S T E L A

N Ñ C I C L X M Q I Y

U R B N H U C A I G D

E K K J U G Ñ D R T J

L C W R Ñ O O R M L L

M O E I D O S I K V E

A U Ñ A F K I D J S T

R R Ñ Y B Y Q I K Y G

I E E Y P Ñ I S P M T

A L G Ñ Ñ M U L L E R

- Lugar onde naceu: __________________________ - Cidade na que estudou Bacharelato: ____________ - Cidade onde estudou Filosofía e Letras:__________ - Cidade na que residiu dende 1983: _____________ - Nome da muller coa que casou:_________________ - Poema: “___________ pra lonxe”

Intenta completar este crucigrama. 1

O

2 3

C O

4 5

U R

6

E

7

L

1.- Cidade na que foi vivir Uxío de maior 2.- Primeiro nome da filla de Uxío 3.- Apelido de Uxío 4.- Nome do seu terceiro fillo 5.- Cidade na que estivo na Universidade 6.- Idioma no que escribiu a maioría das súas obras 7.- Cidade na que estudou o Bacharelato

1- COMPOSTELA 2- BRANCA 3- NOVONEYRA 4- ARTURO 5MADRID 6- GALEGO 7- LUGO

M B D E D U V E L V A


8

O Camiño de Santiago A viaxe da humanidade O camiño é a mesma esencia da vida humana, cos seus obstáculos, ledicias, co seu sangue e as súas bágoas, os seus gozos e as súas esperanzas. E o camiño da Peregrinación é unha forma de unión dos dogmas cristiáns, de progreso artístico e económico, de guerras e tratados de Paz, de comunicacións entre razas, de fusión de linguas, de perfección e aprendizaxe e sentido místico, e cousa de todas as relixións. No camiño de Santiago conflúe a cultura dos pobos de Europa. A ruta nace una Idade Media. O camiño une España a Europa no relixioso, cultural, artístico, político e económico. Fixo e fai posible que gran cantidade de xente e de pobos mesturen na peregrinación as súas sabedorías, as súas crenzas, en definitiva, as súas vidas. O ano Santo Xacobeo é unha celebración católica que se celebra en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Esto sucede cunha regularidade de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século se celebren 14 Xacobeos. Coincide que o presente ano 2010 é Ano Santo, e o anterior foi o 2004, hai 6 seis anos e o próximo será dentro de 11 anos, o 2021, segundo a cadencia sinalada.

O Camiño norte ao seu paso por vilalba, na plumiña de Ramón Guntín


9

Os camiños: as sete rutas históricas O camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago creado a partir da descuberta dos restos do Apóstolo en Santiago de Compostela, durante o reinado de Alfonso II. O camiño ten varias vías alternativas, de maior ou menor uso segundo as épocas e circunstancias do seu nacemento. Camiño Francés- Entra en España por Roncesvalles e Somport nos Pirineos. A maioría dos Peregrinos chegan a Santiago por este camiño. Camiño do Norte- Entra en Galicia por Ribadeo. Camiño Inglés- Os peregrinos procedentes do Norte de Europa chegan por mar Camiño Portugués- Entra en Galicia polo municipio de Tui. Camiño do Sureste- Vía da Prata- Surxe da prolongación ata Galicia da calzada romana que comunicaba as cidades de Mérida e Astorga. Camiño de Fisterra- Durante a Idade Media algúns peregrinos despois de venerar a tumba do Apóstolo Santiago, seguían a viaxe ata Cabo Neiro (Finisterre) considerado o fin do Mundo. Ruta marítima de mar de Arousa e Río Ulla- conmemora a chegada en barca do Apóstolo Santiago desde Palestina.


10

A razón de ser do Camiño de Santiago, da peregrinaxe ou do turismo, é a visita á catedral e á tumba do Apóstolo Santiago. A Porta Santa ou do Perdón ábrese só cando é Ano Santo.Este ano abriuse o día un de xaneiro, cando lle abrimos as portas ao ano 2010. Por ela deben entrar os peregrinos. A tumba do Apóstolo é a auténtica razón do camiño. A ela accédese a través de dúas portas laterais na xirola, por detrás do Altar Maior. A imaxe do Apóstolo preside a Capela Maior. A tradición é abrazalo. O Pórtico da Gloria é a maior xoia da arquitectura e escultura románica española, obra do Mestre Mateo, universalmente famosa, que representa o Xuizo Final e data de finais do século XII. As figuras que representan os tímpanos da a impresión de que están falando, son como auténticas Biblias de pedra para que a xente as comprendera porque a maioría naquela época non sabían ler. O rito dos croques -ata fai pouco, unha vez no Pórtico da Gloria, cumplíase co rito do Santo dos Croques que consistía en pousar a man no parteluz, na columna de Gesé, e darlle tres croques na fronte á figura do Mestre Mateo, o Santo dos Croques, para que lle transmita a súa sabedoría e talento e pedíanse tres desexos. Debido ao desgaste desa columna agora ese ritual está suspendido.


11

O Pórtico da Gloria, do Mestre Mateo

A reabilitación de monumentos, rutas, catedrais e o coro de pedra do Mestre Mateo, no Pórtico da Gloria, significaron a recuperación do patrimonio artístico de Galicia. Ampliouse a rede de albergues e restauráronse outros, tanto nos albergues, como nas casas rurais e escolas unitarias tívose en conta a calidade ambiental e o respecto histórico e paisaxístico, coa intención de contribuir á recuperación patrimonial dos distintos itinerarios xacobeos galegos. Os albergues proporcionan un lugar de descanso e son gratuitos para quen realice o Camiño a pé, a cabalo ou en bicicleta. Consideramos que, debido a afluencia de moitos peregrinos nos anos jubilares, os albergues non dan acollida suficiente; concretamente o de Vilalba quédase moi pequeno e está desubicado, os peregrinos non dispoñen dunha zona axeitada para descansar e ter os servicios básicos á man, ao estar ubicado nun polígono industrial e, moitos vense obrigados a utilizar os pabillóns dos colexios para pernoctar. Durante este ano xacobeo organízanse en Galicia diversos actos: concertos, representacións teatrais e de danza, exposicións, congresos e estudos. Todas as tendencias da ciencia e a cultura teñen cabida nesta oferta cultural. O peregrino encontrará en Galicia non só a posibilidade de gañar o xubileo e cumprir coa tradición antes sinalada, senón tamén, moitas posibilidades de divertirse.


12

A vestimenta do peregrino - O sombreiro de á ancha - de fieltro e á ancha. Algúns peregrinos colocábano encima da cabeza de Santiago mentres lle daban o brazo. Na parte dianteira, doblada a á hacia arriba, levaba cosida unha cuncha e dous osiños cruzados. - A cuncha Venera - a palabra vieira vén do latín (veneria). As corazas coas que este marisco se defende significan os dous preceptos de caridade: amar a Deus sobre todas as cousas e ao próximo como a si mesmo. - Os osiños - levávanse a pares acompañando a cuncha onde queira que estivese. - A túnica - levaban unha túnica curta ou longa ata os pés. Pero moitas veces era sustituída por calzóns ata o xeonllo, medias altas e zapatos, sandalias ou polainas. E, con frío, unha capa sobre os ombreiros ata media perna ou máis. - A esclavina - capa curta que se poñía sobre os ombreiros e chagaba á cintura. Reforzábase con coiro para a chuvia. Adornábase con cunchas. - O bordón - especie de bastón que significaba apoio da súa viaxe, para que poida vencer todas as dificultades do camiño e chegar seguro a Santiago - A escarcela ou pera - é un saquiño estreito de pel de cervo (símbolo de que o peregrino debe mortificar o seu corpo: con fame, frío... penalidades e traballos.) - A cabaza - colgada do bordón, do costado ou da cintura cunha capacidade de 2 litros.


13

Como se gana o xubileo? O xubileo consiste nunha indulxencia plenaria, é dicir, que a igrexa, polos méritos de Xesucristo, concede ao peregrino o perdón de todas as penas provocadas polos seus pecados. Pero, para gañar o xubileo fai falta cumprir con tres requisitos: 1 - Visitar a catedral de Santiago e a tumba do Apóstolo. 2 - Rezar algunha oración polas intencións do Papa. 3 - Confesarse e Comulgar quince días antes ou despois da visita á Catedral. É tradición, ainda que non é necesario para gañar o xubileo, abrazar a imaxe do Ápostolo e visitar a capela da comunión (onde está o Santísimo). Antes tamén se colocaba a man na columna de Gesé no Pórtico da Gloria. O camiño da peregrinación é para os bos: Carencia de vicios, mortificación do corpo, aumento das virtudes, perdón dos pecados, penitencia dos penitentes, camiño dos xustos, amor dos santos, fe na resurrección, e premio dos benaventurados, purifica o espirítu,

humilla aos altivos, enaltece aos humildes, ama á pobreza e ao que reparte aos pobres, premia aos austeros e aos que obran ben, en cambio, aos avaros e aos pecadores non os arranca das garras do pecado. Alumnos/as de 6ºA


14

Refráns dos meses do ano Os refráns forman parte do saber popular e son froito da experiencia das nosas xentes ao longo de moitos anos. Aquí tedes uns poucos referidos aos meses do ano, que fomos xuntando entre todos os nenos e nenas de 4ºA Xaneiro Chuvia en xaneiro, cada gota vale diñeiro Non hai luar coma o de xaneiro nin amor coma o primeiro En xaneiro, sete capas e un sombreiro No mes de xaneiro pon os pés no braseiro Febreiro Auga de febrero fai bo palleiro Se a Candelaria chora, inverno fóra, se ri, inverno aquí Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra. Chore ou deixe de chorar, medio inverno está por pasar. En febrero, xeada na leira e cachopo na lareira No mes de febreiro sube ao outeiro; se ves verdear ponte a chorar, se ves terrear ponte a cantar. Marzo Marzo marzolo, trebón e raiolo Se por marzo canta a ra, por maio xa calará Nin marzo con flores nin moza sen amores Neste mes de marzo o tempo revolto está, un día soleado e outro anubado virá Marzo a chegar, tempo de enxertar Marzo é enganador, un día malo e outro peor Marzo chuvioso, verán caloroso Abril Abriles e cabaleiros son ás veces traizoeiros Abril, se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir En abril, augas mil. Abril frío, moito pan e pouco viño Maio Auga de maio, pan para o ano No mes de maio aínda a vella queima o tallo

No mes de maio aínda a vella queima o tallo

En agosto corre o sol coma un lóstrego

Xuño (S. Xoán) No mes de San Xoán, tanto queixo coma pan Auga no mes de San Xoán tolle o viño e non dá pan Polo San Xoán sécalle a 1ª raíz ao pan, polo San Pedro a do medio, e pola Santa Isabel a do caravel Xullo Pola Santa Mariña, deixa o sacho e colle a fouciña Xullo quente, millo valente Agosto Agosto ardenteiro, herba no palleiro Deus nos libre da sequía en abril e da lama en agosto Ceba ben o porco en agosto se queres ter bo entrecosto En agosto corre o sol coma un lóstrego En agosto, sol posto noite connosco En agosto, o orballo queima o rosto Setembro Polo San Miguel están as uvas coma o mel Outono quente trae o demo no ventre A castaña en agosto quere comer e en setembro beber Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes Outubro Auga en outono non lle convén ao xornaleiro nena o dono Outono a chegar, porco a cebar Polo San Lucas soben as uvas porque hai poucas ou nengunhas Novembro Polo San Martiño, mata o teu porquiño Mes de novembro, bendito mes, que comeza con Santos e acaba con San Andrés. De Santos a Nadal é inverno natural Decembro Pola Santa Lucía, mingua a noite e crece o día Se o nadal nada, sinal de boa anada Nadal frío e fornos quen tes, alegrí a para os dent es

Polo San Miguel están as uvas coma o mel

De santos a nadal é inverno natural

4ºA


15

Quen foi Mato Vizoso

4ยบA


16


17


18

As Nosas Charetas O NENO DA BOCA ABERTA Érase una vez un neno chamado Javier, que se deitaba moi, moi tarde e vía películas de guerra e de maiores. Polas mañás custaballe moito erguerse da cama e sempre chegaba tarde á escola. A súa profesora reñíalle porque estaba seguido abrindo a boca, os seus compañeiros dicíanlle que lle ía entrar unha mosca e ríanse del. Un día de moita calor, o termómetro marcaba 31º e a profesora abriu a ventá. De súpeto entrou unha mosca e unha abella, Javier estaba coa boca aberta e “ñam”, papou a abella sen darse conta. Desde aquel día picáballe moito a barriga e a súa nai levouno ao médico, este díxolle que tiña algo na barriga e que creía que era un insecto. Ao día seguinte tivo que volver para que llo sacaran. E dende aquela non se volveu deitar tarde e así non se lle volveu abrir a boca tanto na escola. Duarte González Mariño

EN GALEGO

O VIAXEIRO Viaxa, viaxa o viaxeiro, vai polo mundo enteiro, en barco ou en tren, pero sempre o pasa ben. Visita moitos lugares, atravesando ríos e mares, o mesmo está hoxe en Italia, ca mañá en Australia. Ó viaxeiro tanto lle ten, comer mal ou ben, navegar ou camiñar, para buscar outro lugar. Duarte González Mariño

Co cambio de estación, a lingua galega está de celebración: un conto, unha canción, todo en galego con gran emoción. Palabras de amizade, palabras de felicidade, palabras en galego, a voz do labrego. En galego penso, en galego falo, en galego río, en galego canto. Falemos galego, na escola e no mundo enteiro. falemos galego, como fixo Ramón Piñeiro. Agustín Insua Rifón


19

ENTROIDO 2010 Pouco despois do Nadal Sen tempo de nos recuperar Chegou de novo o Entroido E xa nos toca disfrazar. Xa estamos no Entroido Témonos que disfrazar Pon o primeiro que atopes E prepárate para troulear. Aí vai o Entroido facendo barullo moita festa, nestes días cos petardos nin se pode durmir a sesta. Preparade as cacholas E as orellas tamén Para comer todos xuntos E pasármolo ben. Os grandes con caretas E os pequenos con antifaces, Pasámolo ben Facendo os disfraces. Os nenos de primeiro O disfraz prepararon Ían de 101 dálmatas Pero...... en 39 se quedaron..! Os de 2º para divertirnos O Entroido imos celebrar De lobos e carapuchiñas Ímonos disfrazar. Os nenos de terceiro Sonche todos moi pillos Vanse rir de todos vos Tapade ben os oídos. Hoxe é o Entroido Os de 4º A disfrazámonos Meténdovos tanto medo Como para caervos deitados. Dun conto viñemos Para suplicar con paixón Os demos de 4º B Suplicamos un perdón. Terremoto en Haití Por aquí un temporal Vaia fumes trae este ano

Este demo de carnaval¡ A ver se o director Se disfraza de Padre Nicanor E reza unhas oracións para que melloren as instalacións. Queremos mellorar o noso pavillón cando imos a ximnasia temos frío a mogollón. Unhas papeleiras novas queremos estrear porque as que temos non se poden usar. O Entroido xa chegou E con él o meco ven Bo rapaz pode que sexa Mais a troula vaille ben. Non te queremos Meco Por estar durmindo Xa que no mundo As armas seguen ruxindo. Entre todos imos xuzgar Ao entroido deste ano berrade todos xuntos A sentenza que lle damos: INDULTALO ou QUEIMALO?

QUEIMALO

A sentenza está clara E non cabe apelar: ¡Arderás neste lume ate estoupar! Provocaches grandes catástrofes, Terremotos e inundacións, Quixeches deixarnos A todos sen ilusións. O Entroido é un galopín E quérenos fastidiar Facernos a vida imposible Pero nós ímolo queimar. O meco debemos queimarrrrrrrrrrrrrrr


20

O tempo

O NADAL O NADAL

O Nadal é estupendo Un tempo especial Cando o Nadal chega Pasámolo fenomenal.

Nadal xa chegou Amigos todos seremos Daquel neniño dormiñón. Ata o Portal chegaremos Levando regalos a montón

Estrella Celeiro

Neste Portal queremos Ao neno aloumiñar Dende o día ata a noite, Acariñar sen parar Luns, martes,… e volver a comezar.

Alba Cendán

Esperamos ilusionados O nacemento de Xesús, O Neno querido O Neno da luz. O meniño veu á terra Para salvarnos das tentacións Con bondade e regalos Con bondade no corazón.

Nunca máis hei de parar, A todos darei cariño Deste xeito hei axudar, Amando, dando aloumiño, e Levando calor polos camiños. Ana Roca

Cando xa era maior Facía milagros a montón Que todos agradecían Con alegría e satisfación.

Uxía Rey

SOÑOS INESPERADOS Un día estaba soñando Un Nadal espectacular: Comida, regalos e moito máis.

Ana Gesto

Anxo Teixeiro

POSTAIS GAÑADORAS CERTAME DE NADAL DO COLE E POEMAS PREMIADOS NA BIBLIOTECA

Acabou, por nosoutros Na cruz clavado Para salvarnos a todos Dos nosos pecados. Gabriella S. Pinheiro

Pero tamén soñei, Algo que non tiña que ver: Pobreza, miseria… canto suspirei !! Acordeime da inxustiza Da maldade, da soberanía, Daquela persoa que está perdida. Os que o teñen todo, E non dan nada Estarán sempre con ese peso na espalda

Michael Pérez Francisco Airado

Un día estaba soñando Un Nadal espectacular, No que sempre houbera PAZ. Laura Santiso

Pablo Guizán Anxo Gesto


21


22


23


24


25


26


27


28

Canto conto ‌


29

Educacion Infantil 4 anos


30


31


32


33


34


35


36


37


38


39

O QUEIXO DE SAN SIMÓN Fomos á Feira do Queixo moi ledos e contentos xa que alí vimos algún dos nosos amigos.

Estos queixos gustan moito con todo tipo de comida, cun bo cacho de marmelo cunha boa pasta cocida.

O queixo de San Simón ten forma moi estrana parécese a Monseivane que é a preta montaña.

O queixo de San Simón é un queixo moi famoso con bidueira se afuma e pónselle a coda dura.

O queixo de San Simón é o mellor da rexión non hai comparación e comelo é un festón.

Fabrícase na Terra Chá de forma moi artesanal ten a súa feitura de bico por iso está tan rico.

Non o peles para comelo lávao con auga fría límpao cun trapo fino, así o sabor non perdería.

O queixo de San Simón faise con leite das marelas xa que aquí os pastos son bos para que elas estean cheas.

REFRÁNS DO QUEIXO Eu do queixo, non me queixo eu quéixome do queixo porque non o fixo máis grande Verónica

No mes de San Xoán tanto queixo coma pan. Silvia

Está boa a navalla que non corta o queixo! Anxo

Do queixo non me queixo, queíxome do que deixo. Fran

É o mes de San Xoán para comer tanto queixo coma tanto pan. Angel

O queixo do nabo é o mellor de todo o ano. Laura

Nenos e nenas de 3º A


40

FACEMOS ACRÓSTICOS COS NOSOS NOMES 3ºB Rápida xogando ás damas Ocurrente ás veces Sensible cando perdo Atrevida para arriscar no xogo.

Mentirosa non son Agarimosa sí Río cos meus amigos Imaxino xogos para Aprender cousas novas.

Alumno de 3ºB. Listo, simpático. Estudioso, educado. “Juguetón” cos amigos. Atento á profe. Normal coma os demáis. Divertido, alegre. Rápido, silencioso. Orgulloso e testarudo.

Moreno e estudioso Intelixente estudiando Gasto pouco diñeiro Util xogando ao fútbol Educado na escola Leo na casa.

Antonio son eu Non son bo Teño que estudiar máis Obedezo aos meus pais Non teño moto Intelixente son pouco Onte fun desordenado

Alumno de 3º B Número tres Gañolle na Play ao meu irmán Excelente compañeiro Listo en matemáticas.

Nalgunhas ocasións trapalleira Alumna de 3ºB Irmá de Tais Rápida e tozuda.


41

Digo moitas palabras na casa. Imaxino moitas cousas. Estudio casi todos os días. Grito moito cando falo. Onte fun entrenar.

Teño que atender. A miña irmá é de 4º B. Nacín en Oleiros. Impecable e curiosa. Alumna de 3º B.

Alumno de 3ºB. Divertido e xoguetón. Revoltoso e educado. Impecable e curioso. Alto e mentireiro. Neno e intelixente. Discreto Amable Valente Intelixente Diferente.

Divertido e moi traballador. Algunhas veces fago os deberes. Nunca deixo de estudiar. Interésome pola escola. Estudio cando o hai que facer. Listo facendo os deberes.

Uxía, son humana. Xogo cos meus irmáns. Inventei un conto moi bonito. Alegreime de aprobar.

Alumno Neno Deportista Rápido Educado Silencioso.

Bonito Oloroso Rápido “Joven”


42

Fixemos e faremos... Nesta sección queremos facervos partícipes dalgunhas das nosas actividades que fixemos ata o día de hoxe, e tamén das que temos previsto realizar ata o final do curso actual. Os nenos e nenas de Infantil, o día 23 de outubro, deron un paseo polo bosque de Carapuchiña Vermella e visitaron a casa da avoíña. Non estaban na casa así que aproveitaron para recoller castañas.

O día 4 de novembro, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º participamos nun espectáculo que trataba da relación entre as bacterias e os antibióticos que se chamaba: actuaciencia. O día 5 de novembro, o Conservatorio Histórico de Santiago amosounos a importancia e vantaxes de COOPERAR co programa: ¡COOPERACIÓN, MÚSICA, ACCIÓN…! O día 16 de novembro celebramos o MAGOSTO: fixemos xogos cooperativos, comemos castañas asadas…. Tivemos que estar no pavillón porque choveu moito.

O 18 de novembro, os nenos e nenas de 1º e 2º fomos ver unha actuación á Biblioteca Pública: “

O Libro da Selva ”.

O 2 de decembro foron os alumnos/as de 6º tamén á biblioteca, a un obradoiro sobre banda diseñada. E os de 3º e 4º tocoulles asistir a unha sesión de contacontos o día 10 de decembro:

“Contos para falar, a fantástica viaxe de Patrick “ O 22 de decembro celebramos o NADAL. Ese día fixemos representacións, recitamos poemas, panxoliñas…e tomamos todos un bocata. Pero tamén fixemos postais para participar no concurso do cole e estiveron expostas durante esa semana. Na semana do 25 ao 29 de xaneiro aproveitamos, xa que o día 30 se conmemora o Día da Paz, para reflexionar un pouco sobre a necesidade de loitar por un mundo mellor e estivemos lendo poemas, pensamentos…sobre este tema por megafonía ao remate dos recreos e o día 29 os diferentes grupos bailamos

“DANZAS DO MUNDO”


43 Os nenos e nenas de E. Infantil e 1º de E. Primaria foron o día 5 de febreiro ao Auditorio Carmen Estévez de Vilalba para ver a adaptación teatral do conto: “La Cenicienta”.

O día 12 de febreiro celebramos O ENTROIDO. Fixemos un desfile no pavillón, bailamos todos disfrazados e, para rematar queimamos o MECO, despois de ler as coplas e xulgalo.

O

4 de marzo, o alumnado de 4º foron visitar a oficina de correos de Vilalba, alí puideron ver como funciona unha oficina postal.

O 8 de marzo fomos ao Auditorio Municipal para asistir a un concerto didáctico de música tradicional, que ofreceu TRADESCOLA. Ese mesmo día, para conmemorar o Día da Muller, o alumnado de 6º ofreceunos unha audición musical a través da megafonía do colexio.

Os rapaces e rapazas de 2º A foron a Lugo o día 17 de marzo, onde visitaron a exposición “Os pintores de Artal”. Pasárono pipa!!! No mes de abril, o día 9, asistimos a unha sesión de curtametraxes no Auditorio Municipal con motivo da semana do audiovisual galego.

O día 23 de abril,o grupo de teatro Caramuxo, ofreceu aos nenos e nenas de E. Infantil no Auditorio Municipal os monicreques: “ Os Bolechas”

E, tamén o día 23, conmemorando o día do libro, foron os nenos e nenas de 2º de visita á Biblioteca Municipal. O día 26 de abril tivemos unha mañá movidiña porque asistimos a unha mostra-exhibición que fixeron os especialistas do Corpo da Garda Civil no Campo da Feira de Vilalba. Vimos as motos, os coches, como aterraba o helicóptero, os cans amestrados…. un montón de cousas moi interesantes.


44 Durante algúns dos recreos do terceiro trimestre aproveitamos para practicar xogos tradicionais todos xuntos....a corda, as gomas.....

Quédannos pendentes moitas actividades, algunhas delas son: Os nenos de Infantil visitarán Marcelle, os compañeiros/as de 1º e 2º van coñecer o traballo do liño e unha queixería proximamente, os alumnos de 3º irán a A Coruña para ver a Casa dos Peixes, e a Domus, e para voltar chegarán ata Betanzos en tren. Os rapaces de 4º e 6º B van pasar unha xornada en Santiago en pleno Ano Xacobeo. Non podemos esquecer o festival das Letras Galegas do que disfrutaremos case cando teñades nas vosas mans esta revista e, como non, a nosa festa de despedida no festival de fin de curso.

Participamos en varios concursos e levamos premios en moitos deles: No Certame Literario das Letras Galegas 2009 convocado polo Concello de Vilalba resultaron premiados/as: - Sabela Gómez Carreira e Adrián Ledo En Xermolos de 2009 foron premiados/as: -en debuxo: Sandra Carballeira Rey, Eva Pardo Martínez, Adrián Francos Cabana, Ana Gesto Díaz e Adrián Ledo Montenegro -en poesía: Agustín Insua Rifón, Sabela Gómez Carreira, Adrián Comba García e Alejandro López Rouco. -en narrativa: Duarte González Mariño e Adrián Ledo Montenegro. No Certame de Poesía de Nadal da Biblioteca Ana Roca Orosa, Gabriela S. Pinheiro de Oliveira e Laura Santiso Montenegro.

No Certame da Festa da Filloa 2010 acadaron premios: Diego Díaz Cordal, Alba Durán Rivas e Claudia Basanta Hermida En Benxamín Paz 2010 tamén participamos pero no momento de escribir esta sección non se coñece o resultado do xurado. Boa sorte a todos!


45

FIND THE DAYS Hello! I´m __________

F T

S

Y M

W

Colour:

Guess... It´s very big and green. It´s got four short legs. It´s got lots of sharp teeth. It´s a ____________


46 OS TRABALLOS DE EDUCACIÓN MUSICAL Dende a materia de educación musical, tentamos realizar actividades que, ademais de servir para que o alumnado acade os obxectivos da materia en cada nivel, sirvan tamén coma celebración dos ciclos anuais. Neste curso fixemos bailes, cancións tocadas co instrumental escolar, xogos de sombras acompañados por música de frautas, representacións das cancións, etc. Poderiamos citar aquí algunhas das celebracións que acompañamos coa nosa música, pero sirva coma exemplo este “cantar de cego” que realizou o alumnado de sexto, tentando resumir as actividades de todo o curso:

Chegado o mes de setembro os nenos estamos tristes porque volvemos ao cole onde non nos contan chistes.

Polo Antroido mil disfraces puxemos no pavillón. Primeiro foi o desfile e despois unha actuación.

Por fin chegou o magosto que se celebra en novembro, cando comemos castañas e algún xogo que aínda lembro.

En marzo o día oito das mulleres foi o día, prepararon os de sexto cancións por megafonía.

Despois chegou esa data que se chama o Nadal no que estivemos de troula montando un gran festival.

Hoxe nas letras galegas outro novo festival, parece que no colexio non o pasamos tan mal.

Este trinta de xaneiro conmemoramos a paz e fixemos moitos bailes, todo moi profesional.

Pasa maio, chega xuño tamén chamado San Xoán. Un curso que durou tanto como a carreira dun can.


47 Tamén o alumnado máis pequeno do colexio deu os seus primeiros pasos no mundo da música, e parece que non o fai nada mal:

Quen sabe se no futuro non chegarán a ser grandes músicos como os que homenaxeamos a continuación... No ámbito musical, cada ano recordamos a xente que fixo cousas importantes pola música coincidindo co aniversario do seu nacemento ou pasamento. As efemérides máis importantes deste ano 2010 son: • Cúmprense dez anos do pasamento de Walter Berry (27 de outubro) • Vixésimo aniversario do pasamento de Leonard Bernstein (14 outubro) e de Aaron Copland (2 de decembro). • Centenario do nacemento de Samuel Barber (9 de marzo). • 100 aniversario do pasamento de Mili Balakirev (29 de maio). • 150 aniversario do nacemento de Hugo Wolf (13 de marzo), do compositor español Isaac Albéniz (29 de maio) e do compositor e director de orquestra Gustav Mahler (7 de xullo). • Bicentenario do nacemento de dous expoñentes do romanticismo musical: o grande compositor e pianista Frederic Chopin (1 de marzo) e do compositor alemán Robert Schumann (8 de xuño). • 250 aniversario do nacemento de Luigi Cherubini (14 de setembro). • 300 aniversario do nacemento de Giovanni Battista Pergolesi (4 de xaneiro) e de Alessandro Scarlatti (2 de maio).

Isaac Albéniz

Frederic Chopin

Gustav Mahler

Robert Schumann


48

Premiados los trabajos de diez escolares en el certamen de poesía navideño C.P.R.

VILALBA. Los trabajos de diez escolares vilalbeses han resultados premiados en el Certame de Poesía Infantil Nadal 2009, convocado a nivel local por la biblioteca municipal de Vilalba. La entrega de premios, consistentes en un diploma y libros, se celebrará el día 16, a las 12.30 horas, en la casa de cultura. En la categoría A fueron distinguidos 'Cara Belén', de Carmen Mato; 'A Belén' de Alba Río; y 'Xesús chiquito e bonito', de Alba Bello. 'As Postais', de Daniel Martín; 'O Nadal', de Ana Roca; y'¿Que é o Nadal?' de Antonio Roca son las obras premiadas en la categoría B, mientras que en la C fue distinguido 'O Tempo', escrito por Gabriella Shaene Pinheira. El jurado también otorgó tres accesits a 'O Neno Xesús', de Lucía Basanta; 'Non chores meu menino', de Samuel Orosa; y'Soños inesperados', de Laura Santiso.

El festival de música coral reunió a cuatro agrupaciones El auditorio Carmen Estévez de Vilalba acogió, a las 20.30 horas, el tercer Festival de Música Coral Vai de Camino. El recital contará con las actuaciones de la polifónica Santiago López de Pravia, el coro Villa de Navia, la coral del Centro Sociocomuniario de Marín y la Polifónica Vilalbesa.

O Concello aumenta as axudas á banda de música de Vilalba.

Cedeúve realizou unha mostra teatral de Vilalba, que reuniu 6 compañías.

Concerto de Nadal no Auditorio de Vilalba A plataforma Prolingua presenta un libro na casa da cultura de Vilalba.

A Filarmónica de Palencia e varias corais actuarón no auditorio de Vilalba.

Presentación oficial da nova etapa do Orfeón Lucense, dirixidos por Xesús Mato, que tivo como invitados espaciais ao grupo A Quenlla, ao gaiteiro Raúl Galego e ás cantantes Pilocha e Noemí Mazoy. Tocarán temas tradicionais e panxoliñas.

Recital de Nadal da banda de música de Vilalba A banda de música de Vilalba ofreceu o seu tradicional concerto de Nadal, inspirado nas bandas sonoras , na que interpretaron temas como os de “Cantando bajo la lluvia”, “Gladiator”, “La lista de Schindler” ou “Braveheart”. O recital celebrouse no auditorio municipal con entrada libre e gratuíta.

Uns 70 adultos cursan en As Pontes e Vilalba a secundaria


49

O escritor vilalbés recibiu a homenaxe que lle brindou o Salón do Libro de Pontevedra

Agustín Fernández Paz define o idioma como a trabe principal da cultura galega

A agrupación “Andrade” de Vilalba inicia o curso con cerca dun centenar de alumnos

A revista escolar “A Pravia” Conmemora os seus 30 anos

A agrupación cultural “Andrade” de Vilalba iniciou as súas actividades do novo curso, para o que conta con uns cen alumnos. As clases de iniciación ao movemento xa empezaron, logo empezarán as de pandeireta, canto e baile tradicional, en iniciación e perfeccionamento.

Medio millar de escolares de Vilalba coñecerán a música tradicional nunhas xornadas Tradescola organiza un concerto didáctico. A iniciativa complétase cun curso de acordeón

A luz dos romanos Unha decena de persoas asistiron a un taller de lucernas organizado por el museo de Prehistoria e Arqueoloxia de Vilalba

As representacións empezaron un venres e concéntranse nos fins de semana

Seis grupos actuaron na Mostra de Teatro vilalbesa


50

O polideportivo de Vilalba terá un novo almacén e unha oficina para o conserxe O Taekwondo vilalbés faise con seis medallas no Campionato Galego Infantil

Vilalba opta a ser subsede de A Coruña no Mundial 2.018 Acollería a concentración dunha das seleccións, que se entrenaría en A Magdalena

Terapia pasada por auga A asociación “Adiante” promove baños no “spa” de Santaballa para un grupo de 30 persoas

Un curso sobre residuos agrogandeiros reúne a 100 persoas en Vilalba

Vilalba ofrece un entorno case virxe e privilexiado Castros, belas rutas de sendeirismo e museos forman parte da súa historia

Unha asociación de discapacitados proxecta en Vilalba unha zoa de pesca

Díaz Pardo critica o estado de abandono da Terra Chá

O colectivo Benxamín Paz elaborou unha proposta de mellora da accesibilidade ao río

O galeguista recibiu o recoñecemento de Chairego de Honra

A Feira do Capón resiste o frío e enche de xente Vilalba As ventas notaron os efectos da crise, aínda que a cotización das aves aumentou e os exemplares máis caros despacháronse a 120 euros

Vilalba acolleu a gala de premios das catas de queixos e meles de Galicia As oito queixerías adheridas á denominación de orixe San Simón da Costa xa formalizaron a súa inscrición para este certame, cuxa entrega se realizou o venres 11 de decembro

O Concello confía en que a unión con Ferrol por autovía funcione como un estímulo económico

Vilalba ponse a media hora do mar e de novas saídas económicas O Concello Vilalbés estudou a resituación do mercado semanal

Os concellos chairegos proxectan un plan comarcal para activar o turismo

O centro ocupacional vilalbés xa dispón de servizo de cátering


51

O Delegado do Goberno visitou as obras do Plan E e informa de que se achegará unha nova axuda de 1.665.000 euros

Cadanseus tramos de González Valdesuso e de Novo Cazón quedaranse sen aparcamento

Os cambios de tráfico en Vilalba reducirán o espazo de aparcamento en dúas rúas Vilalba habilitará un gran parque infantil xunta á gardería A obra, financiada con 32.000 euros por Deputación e Concello, finalizará en marzo

Traballo financia unha nova escola infantil en Vilalba con 961.000 euros

O Concello prevé transferir o albergue de peregrinos de Vilalba á Xunta en 2.010

O Concello proxecta unha reordenación integral da Praza da Constitución Baralla a posibilidade de construír unha pérgola no espazo das árbores secas da alameda

O Concello quere habilitar máis solo industrial ante a chegada da autovía de Ferrol

O final da AG-64 impulsa a Vilalba a ampliar o polígono

Un peregrino de Vilalba que deixará sinal en África Ángel Campos dará 50 voltas á Muralla para axudar a unha oenegé

Radiografías en tempo real TECNOLOXÍA MÉDICA: A clínica San Ramón de Vilalba é a única da capital chairega que dispón dun sistema de radioloxía dixitalizada, entre cuxas vantaxes destacan a maior calidade das radiografías, a súa menor contaminación ou a redución de molestias ao paciente

Matilde Felpeto recolle en un libro a historia e receitas do capón de Vilalba

O centro xuvenil de Vilalba acolle un seminario de prevención de accidentes


52 Interésanos saber...

TÉCNICAS DE ESTUDIO Hoxe en día na nosa sociedade, como xa sabemos, existe un alto índice de fracaso escolar. En moitas ocasións o fallo está nunha carencia de hábitos e técnicas de estudio. Estudiar é executar voluntariamente a nosa mente para investigar, comprender ou aprender algo, e como todo exercicio supón un esforzo, uns hábitos e a utilización dunhas técnicas. Hai unha metáfora dun pedagogo francés que nos fai comprender mellor esta realidade e así ilústranos a enorme diferencia que existe entre estudiar cun método e uns hábitos axeitados ou sen eles: “Estudiar sen ningún método de aprendizaxe, e sen coñecer os principios de aprender, é como ir a pe a unha cidade lonxana, cando podemos utilizar un medio de transporte rápido e eficiente, por exemplo, o avión. En lugar de chegar agotados (se damos chegado claro), podemos estar no lugar de destino en MOITO MENOS TEMPO, SIN CANSARNOS, e incluso, FACENDO OUTRAS COUSAS na viaxe”. Por iso, canto mellor estea organizado o estudio, menos esforzo e menos tempo esixe, e por suposto, os resultados que se obteñen serán moito mellores. A continuación propoñémosvos unhas pautas a ter en conta á hora de poñerse a estudiar. Se queredes algunha estratexia de estudio máis concreta poñédevos en contacto co voso/a titor/a ou co Departamento de Orientación do colexio que seguro que vos axudará. "UN BÓ PLAN DE TRABALLO DEBE SER PERSOAL, REALISTA, FLEXIBLE E CON TEMPO PARA O ESTUDIO E TEMPO PARA O DESCANSO” (Brunet)

DONDE ESTUDIAR E COMO ESTUDIAR -

Nunha habitación que dispoñas para isto, se pode ser só do teu uso, sen malos cheiros, ben ventilada, nin con moito calor nin moito frío, sen ruídos e sen ningún tipo de distracción (ordenador, televisión,..).

-

Ter unha mesa de traballo amplía na que podas ter todo o material que necesites (evitando ter revistas, teléfonos móbiles, xogos...).

-

A luz a poder ser que sexa natural ou que sexa branca ou azul e que proceda do lado contrario á man coa que escribes.


53

-

Tanto a mesa como a cadeira deberán estar en consonancia coa túa altura, ser cómodas pero non excesivamente. A cadeira debe ter respaldo e ser dura. Debes coidar moito a postura.

-

É moi importante estar decidido á hora de poñerse a estudiar, tes que mentalizarte que é o traballo que tes que facer e é mellor que o fagas con alegría.

-

Cando te poñas a estudiar debes ter todo o que necesitas encima da mesa (diccionarios, libros de consulta, ...).

-

Tamén é moi importante que saibas que é o que tes que facer cada día e telo todo planificado (pero con flexibilidade). Por iso é moi conveniente que fagas un horario de estudio que sexa realista e onde non só se reflictan as horas de estudio, senón tamén o tempo de descanso e ocio. Recorda que cada dúas horas debes descansar 10 minutos. Cando fagas o teu horario pensa cal é o mellor momento para estudiar, segundo as túas condicións.

-

Debes durmir unha media de 9 ou 10 horas para logo render ben.

-

É moi importante que todos os días, despois de facer os deberes (se tedes) repasedes os temas ou exercicios que traballastedes na clase (unha lectura rápida que vos axude a recordar o visto). Se calquera palabra ou frase non entendedes debedes consultar un diccionario xa que só se memoriza o que se comprende.

-

É

moi

importante

subliñar

a

cousas

importantes,

facer

resumes

e

esquemas...que nos axuden a interiorizar as cousas novas que aprendemos. -

Non deixedes todo para o último momento, é moi importante ser constantes no voso traballo.

Departamento de Orientación


54

ACTIVIDADES DA A.P.A. Neste curso 2009-2010 a A. P. A. “M. Mato Vizoso” volveuse a encargar das actividades extra-escolares.

TEATRO Que estivo pensado para os nenos de infantil, e nos primeiros cursos de primaria. MANUALIDADES Fixemos una repartición de tres niveis segundo os cursos. INFORMATICA Tamén fixemos una repartición de tres niveis por idades. FUTBOL-SALA Onde so se fixeron dous grupos por idades. OBRADOIRO DE INGLES Onde tamén fixemos una repartición de dous grupos segundo as idades. NATACIÓN Onde chegamos a ter catro clases distintas.

RECORDATORIO Recordámoslles aos Pais que o ano pasado, ao dimitir a anterior directiva, fixémonos cargo dela para que non quedara deserta. Si hai un grupo de Pais con ganas de traballar cederíamos o noso posto gustosamente.


55

DENDE A APA PROPOÑEMOS XOGOS PARA TODOS


56

XOGOS No Departamento de Convivencia estamos tratando de recuperar xogos, xogos para divertirse, para gañar, para perder, para pasar o tempo,..., en definitiva, para xogar. Cremos que con eles desenvolvemos nos rapaces e rapazas valores como cooperación, solidariedade, esforzo, compromiso; cremos tamén, que aprenden a seguir unhas normas (que confiamos que estendan á súa vida diaria); que aprenden a valorarse, eles e aos demais, na xusta medida e quizais descubran certas habilidades que non sabían que tiñan.

Empezamos ensinándolles aos nenos e nenas maiores, que de xeito voluntario quixeron participar neste proxecto, e estes logo, ensinan aos máis pequenos. Xa levamos aprendido: “Zapatilla por detrás”, “arríncate nabo”, “ o zapatiño inglés”, “ o pano” e “carreira de chapas”. Neste momento estamos cos xogos de corda e goma. Queremos publicar aquí algunhas das cancións que acompañan a estes xogos para que todo o mundo que queira vaia coñecendo e memorizando e logo...

...a desfrutar xogando CANCIÓNS DA GOMA NICOLÁS

INDIO-DIO

Eu teño un tío que se chama Nicolás e que ademais é perruqueiro córtache o pelo por diante e por detrás con gran compás e cun chisqueiro.

Indio-dio apache-che escríbese sen hache-che. Indio apache escríbese sen hache.

CANCIÓNS DA CORDA MARGARITA TEN UN GATO

AO MONTÓN

Unha, dúas, tres e catro Margarita ten un gato, as orellas son de trapo, os olliños de cristal, pobreciño o animal.

Ao montón que poucos son que entren máis en reunión.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.