Charetas 2 014

Page 1

1


2

ÍNDICE

Editorial ......................................................................... 3 Letras Galegas 2.014 – Xosé Mª Díaz Castro (5º) ....... 4 As Nosas Festas (3º) ...................................................... 8 O Xardín dos Soños (1º Ciclo)................................... 12 Os Nenos de 3 anos (Infantil)..................................... 15 Os Nenos de 4 anos (Infantil)..................................... 17 Os Nenos de 5 anos (Infantil)..................................... 19 Chegada ao Muncyt (cómic) (4º A) ............................ 21 Excursión Á Coruña (4º A) ........................................ 22 A Pataca (5º B) ............................................................ 23 O Liño (4º B) .............................................................. 25 English Corner ............................................................ 28 ANPA.......................................................................... 29 Novas de Vilalba (6º A) .............................................. 32 Ata Os Osos (cómic) (6º B) ........................................ 36


3


4

Letras Galegas

2014 -Nace no lugar d’O Vilariño, na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914. -Asiste á escola da súa parroquia, onde destaca como alumno. -En 1929, con quince anos, ingresa no Seminario de Mondoñedo.

Alí coñece a outros poetas cos que mantén

contacto e amizade, especialmente Aquilino Iglesia Alvariño. -Nos anos de estadía no Seminario, escribe as primeiras composicións, que se publican en revistas e xornais, e tamén dous poemarios que deixou inéditos: Follas Verdes (1934) e Follas ao aire (1935) O primeiro poema que publicou apareceu na revista Lluvia de Rosas, de Lleida, en 1931. Os primeiros versos en galego publícaos no xornal El Progreso Villalbés, en agosto do mesmo ano. -En 1936, ao comezo da Guerra Civil, é destinado primeiramente á fronte e, ao pouco tempo, ao Hospital Militar de Pontevedra, onde permaneceu ata o remate da mesma. Neste tempo mantivo correspondencia cunha “madriña de guerra”, unha moza vasca, Teresa Zubizarreta Bengoetxea, á que máis adiante coñecería e coa que acabou casando. -Regresa ao Seminario para rematar os estudos de Teoloxía, pero pronto o abandona para impartir clase no colexio León XIII, de Vilagarcía de Arousa, que dirixe o seu amigo e poeta Aquilino Iglesia Alvariño. Alí traballa, desde 1940 a 1947, impartindo Francés, Inglés, Alemán, Filosofía, Latín e Relixión -En 1946 foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos por dous poemas, un en galego e outro en castelán: Nascida dun sono e El cántico de la ciudad


5 -A principios do verán de 1948, despois de gañar unhas oposicións á Administración do Estado, fixa a súa residencia en Madrid. Alí traballa como tradutor para o Ministerio da Gobernación, actividade que comparte co ensino en academias privadas. -En 1952 pasou ao Instituto de Cultura Hispánica como tradutor de distintas linguas europeas. -En 1955, Francisco Fernández del Riego publica a Escolma de Poesía GalegaIV. Os contemporáneos, na que inclúe sete poemas de Díaz Castro. -En 1961 manda á Editorial Galaxia os 32 poemas de Nimbos, a maioría xa publicados en xornais ou revistas con anterioridade. Este libro tivo moi boa acollida nos ambientes literarios. Así, Francisco Fdez. del Riego recólleo na súa Antoloxía da poesía Galega (1980), e Xesús Alonso Montero incluría o poema “Penélope” na súa obra Os cen mellores poemas da lingua galega (1970) -En 1966 ingresa no Instituto do Frío, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas, organismo no que tamén foi un destacado tradutor. -O 4 de novembro de 1973 é nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. -En 1982 reedítase Nimbos, nunha edición bilingüe galego-castelá, con prólogo de Carballo Calero. -1983 é o ano do seu retiro profesional. Deixa Madrid e pasa a residir en Guitiriz. -Nestes últimos anos publica algúns textos en tres revistas: Dorna, de Santiago; Xermolos, de Guitiriz; e Amencer, do Seminario de Mondoñedo. Tamén colabora na obra colectiva Os escritores lucenses arredor de Fole (1986), con “In memoriam a Anxo Fole”. -En 1989 aparece a terceira edición de Nimbos, coordinada por Luís Tosar, e revisada e corrixida por Díaz Castro, que a fixou como definitiva. -En setembro de 1990 ingresa no Hospital Xeral de Lugo, onde fina o 2 de outubro dese ano.


6 O noso mestre Manolo Castro Santamariña, nativo tamén de Guitiriz, coñeceu persoalmente ao escritor homenaxeado este ano. Aproveitamos a ocasión para facerlle unhas preguntas e coñecer algo máis sobre a personalidade do autor. -

Que idade tiña Díaz Castro cando o coñeciches?

-

Xa era maior, tiña 71 anos. Eu tiña 26.

-

Como acostumaba a comportarse normalmente?

-

Era unha persoa de trato agradable. Era frecuente velo tomando algo cos veciños.

-

Como era a súa personalidade?

-

Era unha boa persoa, un bo amigo, un home discreto, que non lle gustaba chamar a atención.

-

Que lle gustaba facer?

-

Gustáballe pasear e o trato coa xente.

-

Como foi a súa vida? Tivo algunha etapa especialmente dura?

-

Foi un neno do mundo rural con formación teolóxica e grande coñecedor das linguas. Os anos da posguerra foron especialmente duros para todos.

-

Cales eran os seus obxectivos na vida?

-

Non sei cales eran. Sei que disfrutaba da natureza e das pequenas cousas.

-

Era bo estudante?

-

Claro que si; no Seminario tiña unha cualificación de “meritíssimus” e destacaba pola súa intelixencia.

-

Como te sentías cando ías de chatos con el?

-

Moi ben, porque era unha persoa culta, pero accesible; daba gusto estar con el. Aprendiches moito con Díaz Castro?

-

Moito non, porque non pasamos moito tempo xuntos, pero ao pé del sempre se aprendían cousas.


7 -

Das súas poesías, cal é a preferida para ti?

-

Penélope. Manolo amosounos con orgullo o libro Nimbos coa dedicatoria persoal de Díaz Castro.


8

Os nenos e nenas de terceiro preguntámoslle ós nosos maiores como se celebraban antigamente as festas. Ímosvos contar o que aprendemos dalgunhas delas.

SAN RAMÓN O San Ramón celébrase a finais de agosto e principios de setembro. Comezaba, coma hoxe en día, a véspera co disparo de 21 bombas de palenque para anunciar o inicio das festas a toda a chaira. O día da festa había unha misa en honor ao santo e a continuación unha numerosa procesión. Ao seu remate sempre se podía escoitar o concerto dunha afamada banda de música. Pola tarde, despois do abundante xantar a base de pito, cabrito e outras viandas rematando coa sobremesa de roscas, roscón de Vilalba e o brazo de xitano, non podía faltar o partido de fútbol. Dicía a xente: “sen banda, fútbol e roscón , non hai San Ramón. Á noitiña, nas verbenas, actuaban tres orquestras ao mesmo tempo. Unha colocábase no palco habitual, de fronte ao Bar Roca (na actualidade a tenda Muchas), outra en Campo de Ponte e a outra de fronte á casa de Don Eliseo ( hoxe rúa de Galicia nº10-12). A xente bailaba na estrada e cando aparecía un coche, cousa que poucas veces pasaba, tiñan que apartarse. Ao San Ramón acudía xente dos arredores, que, como non tiñan coche de seu,viñan andando, en bicicleta ou nos diversos autocares: O Ramallal, O Noso, O Pita de Xermade… que cando a festa estaba a piques de rematar era a orquestra a encargada de anunciar a súa saída cara aos distintos lugares. Ademais das verbenas había outras atraccións tales como competicións deportivas (xincana ciclista), actos culturais, tiro ao prato, concursos de gando, fogos artificiais…


9

A GUADALUPE As festas da Virxe de Guadalupe celébranse a comezos de setembro. Adornábase a estrada con bandeirolas de papel e a entrada da capela cun arco de ramas e flores. O día da festa as rapazas ataviadas co traxe de galegas adornaban a todos os festeiros coas típicas flores de papel, montadas nun alfinete, co gallo de recadar algúns cartos para axudar á comisión de festas nos seus gastos. Tamén se vendían rosarios, escapularios, estampas e roscas. Hoxe en día recuperouse a tradición e faise un ramo de roscas que se sortea no campo da festa despois da misa e de levalo na procesión. Os fieis acoden á capela durante os dous días de festa a “poñer a santa”. Este ritual consiste en que un home, chamado poñente, cunha pequena imaxe da santa fai unha cruz enriba das cabezas dos devotos que bican dita imaxe e deixan unha esmola, mentres o poñente recita a seguinte xaculatoria: “A Virxe de Guadalupe che quite a enfermedad e che dea a sanidad polo poder que ten. Amén”. Antigamente os devotos tamén agasallaban á santa con diversos produtos como trigo, ovos,… Moita da xente que acudía á festa levaba a comida nas cestas e comíana nos campos próximos á capela, estendendo o mantel na herba e sentándose todos arredor del, no chan.

SAN PEDRO O San Pedro, celébrase na parroquia de Santaballa o 29 de xuño. Antigamente había misa cantada por unha orquestra e unha procesión onde as nenas vestidas de branco tiraban pétalos de flores. Ían autobuses dende Vilalba coa xente que acudía á festa levando a merenda para comer nos campos próximos á igrexa.


10

SAN ADRIANO O San Adriano, celébrase na parroquia de Goiriz o último sábado do mes de maio. É un santo que cura os males da xente e dos animais. Ofrecían o gando ao santo, cortábanlles serdas que metían nun burato que hai na parede da Capela e tamén levaban ofrendas de distintas partes do porco (unllas, cacheiras, unto, touciño…) polas que despois puxaban para que a comisión de festas recadara cartos. As persoas tamén se ofrecían a ir á romaría andando desde ben lonxe e a dar voltas arredor da capela, mesmo de xeonllos, levando unha imaxe do santo ou unha figura de cera (exvoto) representando a parte do corpo que necesita que o santo lle cure ou un exvoto do animal ofrecido. Había uns coitelos de madeira cos que se cortaban as enfermidades e mesmo as espullas. Era tradición ir á fonte da Molla tirar unha miga de pan: se a miga flota terán anos de vida e se afunde terán mala sorte.

SAN BARTOLOMEU Segundo puidemos saber, a finais de agosto, en Insua, celebrábase o San Bartolomeu indo á misa os homes cos traxes novos e as mulleres co velo cubrindo a cabeza. Despois facíase a procesión, arredor da igrexa, encabezada polo santo. Para xantar reuníanse nas casas gran número de familiares e amigos sendo costume ter entre os convidados a un ou dous músicos da orquestra que tocaba na festa.

Os Remedios en Codesido, o Santo Anxo en Belesar, o San Roque en Carballido, o Carme en Oleiros e o San Isidro Labrador en San Simón son romarías onde acudía moita xente á misa e despois comía de merenda nas fragas dos arredores.


11

LUME NOVO A noite anterior ao día de San Xoán celébrase o “lume novo” facendo lumeiradas, que segundo a tradición hai que saltar nove veces, para espantar as meigas e celebrar a chegada do verán. Para espantar as meigas tamén se adornaban as casas colocando ramos con herbas e flores (rosas, milicroques, fiúncho, codeso…) en portas e ventás. Esa noite deixaban fóra un recipiente con auga na que poñían pétalos de rosas e ao día seguinte as mozas tiñan que lavar a cara con esa auga de rosas e deixala secar ao aire para a saúde e beleza da súa pel o mesmo polo que madrugaban para ir á fonte a coller a flor da auga (capa máis superficial) para lavarse ese día. En Vilalba, na actualidade fanse moitas fogueiras pero a máis tradicional e animada é a da Praza de San Xoán onde se pode saltar o lume desde a noitiña ata que un pouco antes de media noite todos os asistentes acoden á Praza de Santa María onde se fai unha gran roda coreando as badaladas do reloxo da igrexa e cando soa a última todos escapan fuxindo das meigas, sen mirar para atrás e a praza queda outra vez baleira.


12


13


14


15


16


17


18


19

@S NEN@S DE CINCO ANOS


20


21


22

UN DÍA DIFERENTE: A EXCURSIÓN AO MUSEO MUNCYT (A CORUÑA)

A excursión A Coruña foi xenial xa que o martes 29 de abril, fomos ao MUNCYT, un museo de A Coruña de ciencia e tecnoloxía. Cando chegamos, o primeiro que fixemos foi deixar as mochilas na sala de pícnic, logo dividímonos en dous grupos. Un grupo foi a un obradoiro e outro mentras tanto visitaba o museo cunha guía. No obradoiro fixemos un experimento sobre as cousas que flotan e as que non flotan, por exemplo unha bola de plastilina non flota, sen embargo se facemos unha barquiña coa mesma cantidade, de plastilina flota porque a súa forma é diferente. Tamén vimos uns robots moi graciosos Marilú e Pepexán. Pero o que máis nos chamou a atención foi o avión Boeing 747 Lope de Vega ou ´´Jumbo´´ ( que se usou por primeira vez no ano 1981) con 20 m de altura, 60 de envergadura e 70 m de lonxitude. Tamén tiña catro motores que consomían un litro por segundo, ten dúas ás feitas de cartón con furados en forma de panel de abella. Pesaba 180 toneladas baleiro e 360 toneladas cheo de combustible. É o avión máis importante do mundo construído pola compañía Boeing en 1970 e mercado por Iberia. Alí vimos moitas cousas máis: o primeiro ordenador que houbo en España, un acelerador de partículas do ano 1959, a primeira linterna óptica da torre de Hércules (que estivo funcionando 47 anos dende 1857 a 1904), un libro electrónico que inventou unha mestra de Ferrol. Tamén había un piano, que alí lle chamaban pianola. Tamén nos gustou unha máquina de gasoil Shell, feita en Alemaña, que parecía moi antiga e interesante. Logo fomos comer a unha sala de pícnic dentro do museo todos xuntos. Cando rematamos de comer, vimos o museo de novo pola nosa conta sen guía. Máis tarde nos diriximos ao Monte San Pedro, vimos o ascensor panorámico, o labirinto, o cañón e a Cúpula Atlántica. Na Cúpula Atlántica, visitamos a exposición sobre a Torre de Hércules. Alí estaba a cara de Hércules que estivo falando con nós e nos deu a benvida. Nos cristais había moita información e nunha delas dícia que de Coruña a Nova York só hai 5.000 km en liña recta. Cando voltamos fixemos moito barullo no autocar pero pasámolo moi ben e aprendimos moito. Pero o máis importante é que nos divertimos moito cos compañeiros e profesores. 4º A


23

5ºB -Os nenos e nenas de 5ºB fixemos nesta primavera un traballo para coñecermos un pouco máis unha das plantas máis cultivadas na nosa comarca: a pataca. -Fixemos grupos de traballo e procuramos información sobre a súa orixe, características, cultivo, clases, plagas e enfermidades e usos. Obtivemos axuda das nosas familias e veciños, de internet, de libros diversos, …. Descubrimos cousas moi interesantes e curiosas e logo fixemos un mural na clase. Aquí achegamos unha mostra.

Orixe: -Veu de América no s. XVI -Substituiu á castaña como alimento -Extendeuse o seu cultivo por todo o mundo Cultivo: -Póñense xermolen. -Faise a semente: córtase un pedazo que teña un xermolo. -Abónase a terra. -Fanse os regos e seméntase, normalmente en abril. -Cando a planta xa é grande, achégaselles a terra. -Ao secar a rama, recóllense, normalmente en setembro

nun

sitio

escuro

para

que


24 Como é É unha planta herbácea que ten dous tipos de talos: un aéreo e ramoso e outro subterráneo (os tubérculos, as patacas) Ten follas verdes e ovaladas e flores brancas ou de cor lila. -Reprodúcense mediante plantación do tubérculo, enteiro ou unha parte que teña un xermolo. Clases Hai moitas variedades. Na Terra Chá, as máis cultivadas son: Kennebeck, Baraka, Arran Banner, Red Pontiac, Desirée, … A variedade “cazona” foi moi cultivada hai anos, pero xa non existe. O seu nome parece que procede do señor que a trouxo á nosa zona, arredor do 1930, un vilalbés chamado Cazón. Plagas e enfermidades Hai varias enfermidades e plagas que poden afectar á pataca, provocadas por fungos, bacterias e insectos. As máis frecuentes e coñecidas son: -O mildeu, coñecido popularmente como “a venida”, un fungo que seca as follas e mata a planta. -O escarabello da pataca. As larvas deste insecto comen as follas da planta provocando a súa morte. Usos A pataca destínase a : -alimento para as persoas -alimento para os animais -uso industrial: piensos, obtención de almidón, bolsas biodegradables, … -Usos terapéuticos: baixar a febre, queimaduras, …


25

O LIÑO

O liño é unha planta herbácea con un talo longo e fráxil. O cultivo do liño coñécese en Galicia desde tempos moi antigos. Trátase dunha planta con diversos usos: da súa cortiza extráese a liñaza, que se utiliza na industria téxtil, e coas súas sementes pódense facer infusións. Procesos para obter liño: 1. A preparación da terra: Árase, bótase esterco e vólvese a arar e gradar, para que quede ben desfeita, como se fose fariña. 2. A sementeira. No mes de Abril ou principios de Maio, seméntase a liñaza deixando a terra ben llaniña. O único coidado que require durante o crecemento é “mondalo” á man para eliminarlle as malas herbas. 3. A colleita. A finais de Xullo, cando xa lle sae o bagazo, e se pon de cor amarela, é o tempo de arrincalo coa raíz, sacudíndolle ben a terra, e poñelo en madas formando feixes.

4. O ripado: Nas airas, cóllense os feixes de liño e vanse pasando por entres os dentes dun instrumento chamado rastrillo, para quitarlle as “abogañas” (lugar onde está a semente). Estas sementes póñense ó sol uns días para secalas.


26 5. Enlagar ou o enriado: Para que o liño abrande, lévase ao río e métese na auga durante 15 ou 20 días, poñéndolle pedras por riba para que non o leve a corrente. 6. O secado: Posteriormente, lávase e esténdese ben nun campo onde lle dea o sol, movéndoo para que seque ben. Logo recóllese facendo mollos. 7. O mazado: Para mazar o liño, hai que quentalo nun forno ata que estea ben quente. Recóllese e ponse no mazadoiro, para golpealo co mazo, que é unha peza de madeira rectangular. O liño que zxa foi mazado, frégase coas mans nunha pedra para que salten os “tascos” (parte leñosa, etc.) separando a palla da fibra (O delubado).

8. O espadelado: En outono, é o tempo de espadelar o liño, separando a estopa e o fío. Para espadelar precísase un espadeleiro. Espadelar consiste en golpear coa espadela as estrías postas no fío do espadeleiro, sacando as fibras malas do liño e amansalo. 9. Tascar o liño. Asedado. O seguinte paso para conseguir que o liño se vaia facendo más fino e os “tascón”, que serve para quitar toda a “aresta”. O tascón é unha peza de madeira en forma de “T” invertida. Cando o liño queda ben fino enróscase en estrigas, e da estopa e estopilla, fanse as “manelas”. 10. Restrelado: As estrigas hai que restregalas co rastrillo, pasando o liño polo seus pinchos. 11. O fiado: Finalizado o restrelado, hai que fiar o liño utilizando a roca e o fuso. Colócase a “meada” na roca, que se apoia na cintura, e o fuso suxéitase cunha man, irando coa outra do liño pouco a pouco, para ir formando o fío que se enrola co fuso.


27 12. Ensarillado: O “sarillo” é un aparato xiratorio en forma de cruz. No sarillo vanse enrolando os fíos para facer as “meadas” ou “meas”. 13. Clareo: Colócanse as meas nun recipiente con auga e cinsa de carballo. Férvense durante unhas horas e póñense, por último, ao clareo durante tres ou catro días, para que branquee pouco a pouco. 14. O devanado: Coa devanadoira, o fío devánase para facer os novelos. 15. O tecido: Finalmente, o fío dos novelos pásase pola “urdideira” e logo lévase ao tear para tecelo onde se elaboran pezas de lenzo coas que se confeccionan distintas prendas.

Traballo feito polos alumnos/as de 4ºB


28

Find five words about these categories: colours-numbersfruits-animals-clothes-feelings-actions-prepositions U

M

P

U

R

P

L

E

B

J

N

O

N

E

C

N

A

D

U

E

O

R

A

N

G

E

H

E

S

C

A

T

W

O

H

L

C

H

E

R

R

Y

E

C

R

R

U

N

N

O

L

E

M

R

E

T

A

W

S

R

E

A

D

Z

Y

B

L

E

N

E

N

O

T

O

E

C

P

S

B

I

O

K

T

E

N

Y

K

E

C

D

O

B

A

N

A

N

A

E

J

E

Z

N

B

K

R

U

H

M

J

R

E

D

B

L

B

U

I

L

S

E

G

D

S

W

L

N

S

P

H

A

P

P

Y

A

S

J

N

L

I

O

N

P

R

O

A

V

L

C

H

S

A

D

M

L

W

A

T

H

D

E

R

O

B

E

B

P

I

S

O

E

O

P

P

O

S

I

T

E

K

L

R

S

M

N

S

T

S

H

I

R

T

U

H

B

S

E

R

I

R

R

A

E

N

G

Y

S

U

I

J

L

R

P

V

G

I

R

A

F

F

E

D

N

N

D

T

U

R

H

R

V

N

C

S

N

L

O

D

D

Q

H

M

E

J

A

N

G

R

Y

R

N

E

E

S

N

E

L

E

V

E

N

K

O

I

S

J

W

R

H

L

I

S

T

E

N

K

T

E

K

C

A

J

O

Q

E

I

G

H

T

Y

N

L

D

E

R

A

C

S

C

COLOURS: green-red-blue-purple-pink NUMBERS: one-two-eight-ten-eleven FRUITS:banana-cherry-watermelonpineapple-orange ANIMALS: lion-giraffe-elephant-cat-cow CLOTHES: t-shirt-dress-jacket-shoes-socks FEELINGS:happy-sad-angry-bored-scared ACTIONS:run-jump-read-dance-listen PREPOSITIONS:under-behind-oppositebetween-near

J

SOLUTIONS

A


29


30


31


32

En decembro en Vilalba celebrouse un Curso para persoal de Protección Civil e Emerxencias. Centrouse en explicar pautas de comportamento en situacións relacionadas con accidentes en vías de circulación.

Un total de 60 alumnos de 3º da ESO. do IES Basanta Silva participaron entre o 25 e 30 de outubro nas visitas ás covas do Rei Cintolo, onde fixeron en quendas de 15, un percorrido guiado polo seu interior

O IES. Basanta Silva acolleu en outubro e novembro unha exposición sobre o Prestige, titulada "Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible" O Iescha presentou o 31 de xaneiro deste ano o poemario "Fotogramas da Desfeita" de Martiño Maseda

En outubro inaugurouse o 8º Hectómetro Literario no Paseo dos Soños de Vilalba en homenaxe a Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes onde descubriron unha escultura obra de Valdi, coa aportación musical de Mini e Mero.

AMARAL cabeza de cartel do festival Independente de Vilalba (FIV) que se celebrou os días 11 e 12 de abril onde presentou os novos temas do seu próximo álbum. O IESCHA homenaxeou a Bernardo García Cendán un ano despois do seu falecemento.


33

A agrupación vilalbesa Entre Lusco e Fusco Promoveu, a finais de outubro, un recital de intercambio cultural co fin de dar a coñecer as distintas maneiras de interpretar a música tradicional existentes na provincia luguesa.

A banda de Gaitas Mato Vizoso participou a finais de outubro na fase final da XXIII Liga Galega de Gaitas, competindo no segundo grado.

No certame de poesía infantil "Nadal 2.013" convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Vilalba resultaron premiados os seguintes alumnos do noso Centro: Categoría A – Ata 8 anos. 2º A – Laura Fraga Paz, coa obra "O Nadal". 3º A – Raúl Díaz Rodríguez, coa obra "A noite de Nadal". 3º B – Sergio Vila Babío, coa obra "O Belén". 3º B – Candela Vérez Seoane, logrou un accésit coa obra "O Nadal". Categoría B – de 9 a 11 anos. 5º A – María Cazón Fernández, coa obra "Neste Nadal". Os traballos premiados nesta fase local, participaron na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo.

Os Centros educativos de Vilalba solicitaron neste curso melloras na conexión a internet. A empresa responsable da instalación da fibra óptica non dotou deste servizo á calle Cuart de Poblet "por considerala pouco rendible economicamente" cando é unha rúa onde hai 5 centros educativos con máis dun millar de alumnos.


34

A Asociación Sete Pontes de Vilalba aluga instalacións completamente equipadas a empresarios interesados. Son despachos no multiusos cun completo equipamento de servizos.

Don Crisanto recibe a distinción de ouro dos queixos de San Simón da Costa na cata de 2.013. A prata e o bronce foron para Fontelas e Daniberto, que tamén recibiu o bronce na categoría de queixo de tetilla.

A EMPRESA NORVENTO MONTA XERADORES EN VILALBA O Reino Unido está a ser o principal destino destes xeradores, pero tamén teñen demanda de Estados Unidos e Italia. No 2.014 prevé fabricar 50 aeroxeradores.

Este curso a ANPA do Ceip. Mato Vizoso organizando diversas actividades extraescolares para os alumnos deste Centro. Entre elas destacan a natación, equitación, informática ou teatro

O Ximnasio SPORT CENTER organizou en febreiro un taller de psicoloxía

TAEKWONDO Os taekwondistas vilalbeses Brais Pena e David Ansede lograron o título de campión galego de categoría júnior nos seus respectivos pesos.

Novo club ciclista Terra Chá A finais de outubro votou a andar oficialmente este novo club, formado por 25 persoas de moi diversas idades.


35

Vilalba acolleu en febreiro unha das probas do I Circuíto de Galicia de Cross Country. Tivo a saída e chegada nas inmediacións da Madalena, sobre unha distancia de 4 quilómetros.

A Liga da Terra Chá de fútbol sala escolar celebrouse nos primeiros meses de 2.014, con representación de equipos vilalbeses. O club de Loitas Olímpicas de Vilalba conseguiu en novembro un histórico terceiro posto na Liga Nacional de Clubs

En novembro os técnicos e delegados do Rácing Vilalbés participaron nun curso de primeiros auxilios básico e de uso de desfibrilador, impartido por unha técnica do 061.

As goteiras no pavillón do noso Centro (Mato Vizoso) impediron dar Educación Física con normalidade. Unha representación da ANPA REUNIUSE CO Xefe Territorial de Educación. Tamén é usado polo Concello que aluga as pistas pola tarde.

A finais de xaneiro e principios de febreiro produciuse unha oleada de roubos nas rúas do centro de Vilalba. Eran vivendas unifamiliares habitadas principalmente por persoas maiores. Tamén foi asaltada a oficina de Unións Agrarias, situada na Casa Sindical.

As intensas chuvias dos meses invernais fixeron que varios ríos da Terra Chá se desbordasen. REMATADA A AUTOVÍA A-8 NA PROVINCIA DE LUGO A primeiros de febreiro foron inaugurados os dous tramos pendentes, o que facilitará a comunicación non so con Asturias senón coas comunidades Cantábricas e incluso con Francia.

Coa colaboración dos alumnos de 6º B


36


37


38


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.