CHARETAS 2009

Page 1


Un novo curso e un ano máis aquí chegamos fieis á nosa cita do mes de maio coa celebración do día da nosa lingua, As Letras Galegas. Achegámosvos unha pequena mostra dos traballos que realizamos no Centro durante este último curso, dentro das seccións habituais de Charetas ao tempo que falamos un anaco de Ramón Piñeiro, o autor homenaxeado nesta ocasión. Pero non podiamos deixar de mencionar unha figura emblemática na nosa vila, e especialmente para o noso Centro, xa que levamos o seu nome, D. Manuel Mato Vizoso, de quen nos lembramos nesta ocasión con motivo do centenario do seu pasamento. Sen máis, aquí vos deixamos coa intención de que pasedes un anaquiño agradable coa lectura deste novo número da revista do cole. Ata o vindeiro ano.


2

ÍNDICE Editorial.

1

Letras Galegas 2009.

3

Un recanto para a lembranza.

7

Entroido 2009.4º A.

8

Fomos a Correos e dixéronnos.4ºA.

9

Cousas de Galicia. 4º B.

10

Cousas de 3º A.

12

A vida no monte. 3º B.

14

Rimas dos nosos nomes. 2º A.

16

As nosas nanas. 2º A.

17

Adiviñas dos oficios. 2º B.

18

Poemas de 2º B.

19

A escola. 1º A e 1º B.

20

Un Antroido cheo de xardineiros. 3 anos.

24

Infantil de 4 anos.

26

Despedímonos de Infantil. 5anos.

28

As nosas charetas.

30

English corner.

35

Música. A gaita galega.

36

Novas de Vilalba.

38

Fixemos e Faremos. 6º E.P.

42

Interésanos saber...

46

APA.

48

Lembramos a unha mestra da cociña. 5ºA

49

Despedimos a Alfonso. 5º A

51


3

Letras galegas 2009 RAMÓN PIÑEIRO A SÚA VIDA Ramón Piñeiro López naceu en Armea, Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915.Foi o terceiro dos oito fillos de Salvador Piñeiro García e Vicenta López Fernández. Con seis anos acode á escola e con nove foi vivir a Lugo, onde estudou o bacharelato para regresar despois a Armea e máis tarde instalarse en Sarria, en 1931, onde traballou como contable na ferraxería dun amigo do pai. Ao pouco proclamouse a República e, no decurso da campaña electoral, Piñeiro asistiu nesta localidade a un mitin que deron Xulio Sigüenza, Lois Peña Novo e Ánxel Fole, e o que alí escoita acorda o seu sentimento galeguista e o seu interese pola cultura e a política galegas. En 1932, de novo en Lugo para estudar o bacharelato superior, participou na fundación das mocidades do Partido Galeguista xunto a outros compañeiros de instituto. Pronto foi nomeado Secretario de Cultura. Alí coñeceu a persoeiros como Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Bóveda, Fole, Pimentel e outros. Desde os seus primeiros momentos nas mocidades galeguistas destaca o seu intenso labor político. En 1936, con 21 anos, resulta elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia, organizado polo Partido Galeguista. Ante o alzamento militar de xullo de 1936 e denunciado pola súa militancia política, veuse obrigado a loitar na Guerra Civil no bando nacional. Durante a súa estancia na fronte o máis doloroso foi comprobar a progresiva insensibilización dos seus compañeiros ante a morte e o sufrimento, o que lle provocou unha depresión que esixiu tratamento médico. Semella que desta experiencia naceu o seu interese pola filosofía, na busca dunha resposta á deshumanización que observara. Rematada a guerra, Piñeiro entra en contacto cos antigos compañeiros do partido cos que comeza a plantexar a reorganización do Partido Galeguista na clandestinidade, do que chega a ser nomeado Secretario Político.


4

Asemade Piñeiro comeza a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago e, tras cursar dous anos comúns, solicita en 1942 o traslado da matrícula á Universidade de Madrid, para estudar alí Filosofía pura. Como representante do Partido Galeguista no interior, reúnese e negocia con outros partidos e cos galeguistas da diáspora, entrando en contacto co resto da oposición ao franquismo en Galicia e cos nacionalistas cataláns e vascos, así como o representante do galeguismo nas negociacións co goberno republicano no exilio, en París, a comezos de 1946. Ao regreso de París, o 9 de abril dese mesmo ano, foi arrestado cando celebraba unha reunión clandestina nunha cafetería madrileña, permanecendo dos seis a que fora condenado. En 1952 casa con Isabel López García establecéndose en Santiago. Ao pouco fixa a residencia nun piso da rúa de Xelmírez que lle cede o seu amigo o doutor García Sabell, onde vivirá o resto da súa vida. A partir de entón, Piñeiro opta pola actividade cultural fronte á loita política. O obxectivo que buscaba era máis a galeguización da sociedade, fornecer ás xeracións novas do apego á cultura galega Ramón Piñeiro coa súa dona Isabel López. para preparalos con vistas á transición democrática, traballar para que os novos universitarios se imbuísen do galeguismo independentemente da súa ideoloxía política ou postura artística. Así foi xurdindo a idea da autodisolución do Partido Galeguista e, en 1950, a fundación da Editorial Galaxia por Francisco Fernández del Riego, da que Piñeiro foi nomeado o primeiro director literario. Coa editorial Galaxia, estes homes buscaban un camiño para dar cobertura legal ao galeguismo e aos galeguistas e, en pleno franquismo, comezou a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia, á vez que servía de canle de participación a moitos galegos que, sen querer "meterse en política" podían, así, axudar á expansión da lingua e cultura galegas, baixo a forma de accionistas desta empresa. Na mesma liña de atraer as novas xeracións, Galaxia tamén crea a colección Illa Nova co obxectivo de editar obras dos escritores de despois da guerra. Paralelamente ás publicacións editadas por Galaxia, comeza ron a editar tamén unha serie de traballos colectivos, baixo o título colectivo de Colección Grial . Foi nesta colección onde Piñeiro publicou o seu primeiro ensaio filosófico: Siñificado metafísico da saudade (1951).


5

A colección só puido publicar catro números ata que a censura ordenou a súa suspensión. Piñeiro dirixiu a editorial Galaxia e traballou nela ata 1966. O 23 de agosto de 1963, participou na fundación do Partido Socialista Galego. En 1966 trasládase a Estados Unidos, como profesor invitado da Universidade de Middlebury, en Vermont, onde impartiu cursos de verán sobre o pensamento español, entre esa data e 1970. O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega, co discurso " A lingoaxe i as lingoas ", que foi respondido por García-Sabell, membro tamén da Xeración Galaxia. En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que desempeña ata o seu pasamento. Foi merecente de numerosos recoñecementos, tanto en Galicia coma fóra dela. Finalmente, en xaneiro de 1990 morre a súa dona e, o 27 de agosto de 1990, morre el, a consecuencia dun cancro de páncreas. En 1993 foi inaugurado o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, institución que en 1997pasou a denominarse Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A Real Academia Galega decidiu o 5 de xullo de 2008 dedicarlle o Día das letras galegas do ano 2009. Xustificou a designación pola súa dedicación total e desinteresada á defensa de Galicia e da súa cultura, o que o converte nun referente moral indiscutible e necesario para as novas xeracións. E engade que os seus traballos e as súas traducións supuxeron un paso decisivo para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber. A SÚA OBRA A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante e estivo centrada polo xeral na filosofía da "saudade". En calquera caso publicou numerosos artigos en Galaxia, onde asinaba baixo o pseudónimo de Luís Veiga do Campo , así como colaboracións en obras colectivas e prólogos de numerosos libros. 


6

  

Siñificado metafísico da saudade (1951) A saudade en Rosalía (1952) La saudade (1953) Pra unha filosofía da saudade (1953) A lingua, sangue do espíritu (1959) A filosofía i o home (1963) A lingoaxe i as língoas (1967; reed. facs. Consello da

 

Cultura Galega, 1994) Olladas no futuro (Galaxia, 1974) Lembrando a Castelao (SEPT, 1975)

   

      

Vicisitudes históricas da cultura galega (1975) Filosofía da saudade (Galaxia, 1984) Castelao político (1986) Cartas para os amigos (1992) Galicia (1999) Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000) Da miña acordanza (Galaxia, 2002) Escribiu tamén as súas memorias "Da miña acordanza" (publicadas en 2002), coa colaboración de Carlos Casares, que completou as páxinas iniciais escritas polo propio Ramón Piñeiro coas transcricións das conversas que mantiveron. Ademais, foi, xunto a Celestino Fernández de la Vega, tradutor ao galego de obras como Cancioeiro da poesía céltica (de Julius Pokorny, en 1952) e Da esencia da verdade ( Von Wessen der Wahrkeit) (de Heidegger, en 1956). Finalmente, Piñeiro impulsou e preparou persoalmente a edición en 1958 do Diccionario enciclopédico gallego castellano de Eladio Rodríguez, inédito desde a morte deste, en 1949. A obra publicouse en tres tomos nos anos 1958, 1960 e 1961, respectivamente, incluíndo no terceiro un apéndice con voces achegadas por outros colectores, entre eles o propio Piñeiro. Cómpre destacar tamén a súa amplísima correspondencia con practicamente todos os persoeiros da cultura galega. A súa correspondencia publicouse en Cartas para os amigos (1992), Un epistolario de Ramón Piñeiro (Del Riego, Galaxia 2000) ou un conxunto de 49 cartas que levou por título Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero (2004), ademais das coleccións parciais que foron publicándose nos Cadernos Ramón Piñeiro .

Equipo de Dinamización da Biblioteca


7

UN RECANTO PARA A LEMBRANZA MANUEL MATO VIZOSO

O pasado día 14 de febreiro cumpriuse o centenario da morte deste ilustre vilalbés que dá nome ao noso colexio. Queremos honrar a súa memoria dedicándolle un espazo novo na nosa revista escolar Charetas :” Un recanto para a lembranza”, polo que pasarán , sen dúbida, moitos outros persoeiros significativos para todos nós. Manuel Mato Vizoso naceu en Vilalba o día de Noiteboa de 1846. Como a moitas persoas da súa época, a falta de institucións educativas obrigouno a ser autodidacta; non obstante, adquiriu unha sólida cultura en moitos eidos do saber, polo que poderiamos consideralo un home polifacético, xa que a súa actividade abrangueu dende a pintura e a música ate a literatura e a arqueoloxía. Non cumprira aínda trinta anos cando ocupou o cargo de secretario do Xulgado Municipal de Vilalba, que desempeñaría durante toda a súa vida e que lle facil itaría o acceso a numerosos documentos nos que baseou os seus estudos históricos da Terra Cha. Asemade, como diciamos máis arriba, participou na vida cultural da vila ofrecendo no eido literario diversas composicións poéticas, épicas e dramáticas coas que mantivo viva a tradición da cultura chairega. Tan importante chegou a ser a súa aportación cultural na época que formou parte da asociación promotora da Academia Galega. Neste senso, foi tamén o fundador da primeira publicación xornalística vilalbesa, El Eco de

Villalba, feito que lle reportaría ser nomeado en novembro do ano 1897 cronista da vila de Vilalba, e que dirixiu ate a súa morte acaecida o día 14 de febreiro de 1909.

Equipo de Dinamización da Biblioteca


8


9

FOMOS A CORREOS E DIXÉRONNOS…

Como é correos e todo o que se pode facer alí. Como son e a para que serven os apartados postais. Como son os diferentes tipos de selos e mataselos. Como temos que facer para recargar un móvil alí. Como envían cartos a tódolos países do mundo, menos a Cuba,a través dun programa chamado “Wester Unión.” Como os carteiros clasifican as cartas por concellos, barrios,rúas….. Como fan o seguimento dunha carta dende que sae do buzón ata que chega ao seu destino. Como é unha oficina de correos por dentro. Como se debe de poñer o remite e a súa importancia. Como é de importante o código postal e onde atopalo Nenos e nenas de 4ºA

Visita a oficina de correos de Vilalba feita polo alumnado de 4º curso


10


11


12

Cousas de 3ºA Neste curso estudamos, entre outras moitas cousas, as características dalgúns animais. Un deles, que é moi importante na nosa zona, foi a vaca. Coñeciamos algunhas cousas dela, pero descubrimos moitas outras que non sabiamos, como a forma de se alimentar, de reproducirse, etc. Chamounos a atención a variedade de razas. Debuxámosvos algunhas.

Cachena

Frisona

Caldelá

Rubia

Tamén aprendemos adiviñas, ditos e refráns adicados ás vacas e algúns preciosos poemas que teñen a este animal como protagonista, coma o que escribiu un poeta chairego, Crecente Vega, titulado “A Teixa i a Gallarda”

DITOS -A onde irás boi que non ares. -Se non é boi é vaca. -Amiguiños, si; pero a vaquiña polo que vale.

ADIVIÑAS -Catro na cama, catro na lama, dous que se aguzan e un que se abana. -Catro pernas, catro fontes, un dalledalle e dous reviramontes.

REFRÁNS -Vaca leiteira non vai á feira. -Á vaca vela ir e ao boi velo vir. -Vaca na corte, pouco leite e queixo forte. -Boi que remoe nada lle doe -Vaca branca, nin na casa nin na praza. -Boi marelo escuro, ara no mol e ara no duro. -Vaca cativa, todo bota en cornos. -Vaca que non come canda os bois, ou comeu antes ou come despois.


13

A TEIXA I A GALLARDA

O ben que se querían! A lei que se gardaban!

turrábanse a diario e nunca se escornaban; lambíanse unha á outra o lombo, o colo, a cara;

Andaban sempre xuntas por chousas e por gavias; pacían polos cómaros decote aparexadas;

i estaban tan caídas e tan aconchabadas, que nunca o dono soupo cal era a que mandaba.

O ben que se querían aquelas dúas vacas!

e, que volveran cedo ou tarde para a casa, nunca a Gallarda viña que a Teixa non chegara. Bebían nunha pía; durmían nunha cama, na mesma meixadoira comían e rilaban;

Nós tamén fixemos poesías. Unha é esta. A ver se vos gusta.

O neno pide leite a gandeira vai muxir, a vaca non está; a onde podería ir?

A VACA LEITEIRA

A vaca está no prado, no prado da eira, pero non se dá conta do que quere a gandeira. E chistes de vacas, coma os que seguen: Estaban dúas vacas nun prado, e dille unha á outra: -Miña nai ten moitos cartos. -E que fai con eles -Nada, fixeron con ela unha carteira.

-Cal é o animal máis antigo? -A vaca leiteira, porque está en branco e negro Era unha vaca que estaba tan fraca tan fraca, que en vez de dar leite daba lástima.

O seu neno ten fame e non sabe que facer, pobre neno, pobre neno, que non ten que comer! A vaca sente pena e enche de leite os tetos a gandeira moxe un pouco, e por fin merenda o neno! E esta adiviña, que seguro vos é moi doada Catro campás que dan leite, dúas torres sen ventás, dous ollos que non miran para diante e un espantamoscas detrás. E recollemos nomes que tiñan as vacas de antes, porque as de agora xa adoitan ter un número en vez de nome. Os máis frecuentes eran: Roxa, Marela, Linda, Morena, Teixa, Gallarda, Paloma, Pomba, Parda, Garbosa, Pinta, Morita, Careta, Figueira, Moura, Cubana, Toura, Marquesa, Cachorra, Cuca, Xata, Parrula, Lucera, …


14


15


16

RIMAS DOS NOSOS NOMES 2ยบ A

17


AS

NOSAS

NANAS

Alumnos/as de 2º A Non non nin nin

te troco, meu neniño, te troco, meu amor, pola prata da lúa, polo ouro do sol.

Este neno ten soniño ten ganiñas de durmir, ten un olliño pechado, outro xa non pode abrir.

Pedro Chosco é meu amigo, que che me ven visitar. Cando Pedro Chosco ven son horas de me deitar.

Durme neno, durme xa, que os anxos dormen xa.

Meu neniño,meu neniño, non te quero ver chorar, Dúrmete neno, miña alma, meu cariño dúrmete xa, todo, todo che hei de dar. que cos olliños pechados mellor descansarás. Río Miño, vai caladiño, deixa durmir ó meu neniño e non me faigas ruidiño.


18


19


20

A escola Somos os nenos e nenas de 1º. Este é o primeiro ano que estamos neste cole, aínda que algúns de nós xa estivemos en Infantil. Este edificio foi unha novidade para todos nós. Andivemos un pouco perdidos os primeiros días: subir, baixar, portas por un lado, portas por outro, servizos de nenos lonxe, servizos de nenas cerca. Grazas que tiñamos uns debuxos que nos axudaron a orientarnos un pouco. Tamén nos custou un pouco iso de cumplir as normas: - non correr polos corredores, - subir e baixar polo lado correspondente, - non empurrarnos (porque temos que respetar os compañeiros e compañeiras e os mestres e mestras.), - utilizar axeitadamente os lavabos, - ordenar os materiais escolares, - ser puntuais nas entradas,. mais de cando en vez aínda nolas teñen que recordar. O que si xa tiñamos claro é que cada día imos á escola para aprender. Coas mestras e os compañeiros e compañeiras traballamos coñecemento do m edio, galego, castelán, matemáticas, plástica, música, ximnasia e inglés.

Por suposto xa temos moi claras as nosas preferencias: Coñecemento do medio Andrea

galego/ castelán Ana H.

matemáticas plástica Lucía Raúl Rivas Sara F. David M. Ana A.

música

Inglés

E. Física

Julio David F. Chris Lúa Noelia Sandra María L.

César Isabel Paula Elena V. Marcos

Iker Martín Mateo R. Víctor Elena Vilasuso

Hugo María C. Juan Luis Raúl V. Sara Iván Noelia Wenhao Borja Alberto Alex Carla Ana

Pablo Paula F. Alex A.


21

Se xantamos na escola, utilizamos unha dependencia que se chama comedor escolar. Tamén son dependencias escolares o ximnasio, o laboratorio, a aula de informática, a biblioteca, a nosa aula e os lavabos. Os nenos e nenas que facemos uso do comedor escolar opinamos que se poden mellorar os menús (pero claro poñendo as comidas que a nós nos gustan: espaguetes, pizza, patacas fritas… e eliminando o que rexeitamos como o puré, a coliflor, o tomate, a leituga…), pero sobre todo eliminando o ruido e falando moito máis baixo.

Xogos preferidos: A biblioteca de aula, xogar ao fútbol, ao tenis, facer puzzles, pegar, pintar, recortar, xogar ao karaoke, xogar ao pilla-pilla, cantar, bailar, saltar á comba, xogar ao aforcado (adiviñar palabras) e informática.

Cousas que poderiamos facer todos para que o noso cole sexa un lugar moito máis enriquecedor e divertido: Propoñemos máis saídas, que os maiores non se metan cos pequenos, máis tempo de lecer, que os nenos e nenas cumplan as normas, menos ruído, atender moito máis e, escoitar aos/ás profes e aos compañeiros e compañeiras, máis espazo para xogar cando chove, e por último vemos o patio dianteiro con moitas escaleiras perigosas.

Cousas que podemos facer sós: A noite anterior debemos preparar a mochila. Poñemos as tarefas e os materiais que necesitamos para traballar na aula e pola mañá, non debemos esquecer coller un bocadillo para almorzar no patio.


22


23


24

UN ANTROIDO CHEO DE XARDINEIROS


25

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS


26



28


29


30

Claudia Basanta-4ยบ A Premio Biblioteca, Nadal 2008


31


32

Alba Durán – 4º A Premiado en MOEXMU 2008

Alba Durán – 4º A Premiado en MOEXMU 2009


33

Claudia Basanta. 4ยบ A Premiado en Xermolos 2008


34

Tamén resultaron premiados os traballos que presentaron os nosos compañeiros e compañeiras seguintes: -

No XXIX Certame “Terra Chá” de Literatura e debuxo infantil ( Festival Xermolos 2008)  POESIA:

DEBUXO:

Novas Gesto, Belén

Novo Díaz, Noelia

Vázquez Billares, Ismael

Pérez Díaz, Mª Goretti

 NARRATIVA: Vidal Lozano, Ana -

No Concurso de Nadal da Biblioteca Municipal de Vilalba, nas diferentes categorías: Gómez Carreira, Sabela

García Castelao, Teresa

López Castelo, Janice

Ramudo Trastoy, Laura

Basanta Hermida, Claudia

Ramil Novo, Alejandra

De Farías Oliveira, Marco Antonio -

No Certame da Festa da Filloa 2009: Alejandro Pardo Fernández

Beatriz Balseiro Cendán

Sandra Carballeira Rey

Janice López Castelo

Andrea Rouco Rey

Felipe Cibeiro Vaccarello

Alba Durán Rivas

O NOSO ENTROIDO E O XUIZO DO MECO Anda o Meco preocupado Pensando que pasará Este venres no colexio Se non ven un vendaval

Este ano o Entroido trouxo neve, trouxo vento algúns días non houbo clase e todo o alumnado contento. O Antroido deste ano, Trouxonos un temporal Tirou árbores e an tenas E fixo moito mal

Protestamos, protestamos Para os baños renovar Responsables nós seremos Para non os estragar Temo s un bo colexio E ta mén bos compañeiros Levámonos to dos ben Aínda que somos trouleiros

Antroido agradecémosche as vacacións Tamén che agradecemos Que haxa máis axudas E nos leven de excursión Para todo s é cousa mala chámase con taminación temos que solucionala porque fastidia mogollón.

Que ben viviríamos nun pais sen conta minación pero para iso faría falta de to dos nós, colaboración.

Hai que respectar o contorno non o podemos destrozar a culpa tena o Entroido por iso o queremos queimar.

Unha cousa é importante, ter sempre bos amigos que aparecen ao instante cando veñen os perigos.

O ano pasado Ao Entroido non poidemos queimar Pero iste ano Isto non pode pasar

Entroido, en troidi ño deixanos ter a migos porque xuntos xogamos e nos divertimos.

Boneco de Entroido ímoste queimar porque moita contaminación nos estás a pro vocar.

Non en todos os paises hai democracia culpamos ao Entroido que se perde na burocracia

Ao Entroido este ano Témolo que condenar Por este cru do inverno Que non nos quere deixar.


35

Hallowee n

Pump k ins

( 4º & 5º)

Hi! We´re 5º A and B students. We´re wearing fancy dresses.  Look at the pictures and circle the wrong words. Cowboy Medieval Knight Popcorn Rap singer Lady

Worker Teacher Japanese girl Cat Vampire

Princess Witch Doctor Monster Devil

Clown Party Skeleton Big Ninety

4 years

Hello hello girls and boys! How many Cookies?

________

How many Lulus?

________

How many Densels?

________

5 years


36

MÚSICA A gaita galega A gaita ten unha orixe moi antiga e non só existe nos países celtas, senón que a súa área de expansión alcanza grande parte de Europa e partes de África e Asia. Motos investigadores sitúan a súa orixe nas frautas, ás que se lles engadiu un fol para evitar tanto esforzo ao soprar, conseguindo ao mesmo tempo un son continuo. Os musicólogos concordan en situar a orixe da gaita na antiga Mesopotamia chegando a Grecia e Roma e dende alí até a Galia e a Britania. Aulus Gellis (escritor galego) afirma que a gaita foi usada para manter a moral e a disciplina nas frontes de loita polo exército espartano. Tamén se usaba no culto aos deuses. O historiador latino Suetonio conta que había unha moeda da época de Narón que tiña unha gaita gravada e que o mesmo emperador sabía tocala. En canto á orixe da gaita en Galiza, algúns estudosos sosteñen que xa había gaitas seiscentos anos antes de Cristo e que entrou na península ibérica polo noroeste. María del Carmen Novoa afirma no seu traballo "A Gaita e a Cornamusa en Galiza e Francia" que os beneditinos empregaban a gaita nas igrexas rurais substituíndo ao órgano. Tamén recolle que eran usadas polos gaiteiros para facer fortuna no estranxeiro e polos soldados españois nos Terzos de Italia e Flandres. R. Mesé, director do Museo Internacional da Gaita de Xixón, di que Galiza foi o centro de gaitas máis importante de Europa na Idade Media, debido á chegada incesante de peregrinos a Santiago de Compostela, unha das capitais espirituais do Cristianismo. Era a gaita un instrumento de culto e empregado tamén pola alta sociedade. Isto pódese comprobar nas miniaturas que ilustran as Cantigas de Santa Maria (de Afonso X o Sabio), nas que os personaxes sempre aparecen cun aspecto luxoso.


37

Palletas A palleta é a que dá a afinación e o timbre á gaita. O material que máis se utiliza na súa construción é a cana, aínda que tamén as hai de plástico, corno ou marfil. Consiste en dúas láminas de cana enfiadas a carón dun tubiño metálico chamado caurel ou tudel. Cando o vento roza nas láminas, a vibración das mesmas provoca o son característica da gaita, que logo se modula cos dedos no punteiro.

Pallóns O pallón dálle á gaita galega no caso do ronco dúas oitavas por baixo da tónica do punteiro. Tamén se emprega na ronqueta e no chillón.

O mellor pallón é o tradicional,

feito de cana, ao igual cá palleta.

O fol Do fol depende o tempero da gaita, e del a súa afinación. Até hai vinte anos o fol sempre foi tradicionalmente de pelexo de cabuxa ou cabrito. Hoxe faise de coiro de cuxa, cosido a man e impregnado no seu interior por unha graxa que aumenta a súa flexibilidade e tapona os poros naturais da pel que fan fuxir o aire.


38

O escritor de Vilalba foi recoñecido polo comprendio de relatos “O único que queda é o amor” Os textos galardoados xiran “en torno ao amor ás persoas e ao amor aos libros”, di o autor

A Biblioteca de Vilalba premia a 11 nenos no certame de poesía de Nadal VILALBA. Un total de 11 nenos de Educación Infantil foron premiados no certame de poesía infantil “Nadal 2008” que convocou a Biblioteca Municipal de Vilalba, co patrocinio da Consellería de Cultura. Os galardoados participarán na fase provincial de este concurso, organizada pola Biblioteca Pública Provincial, a citada consellería e a Deputación Provincial. Na categoría. A, foron premiados Aldara Villarino, con “A onde vas”; Ángel Álvarez, con “Os Reis Magos”; e Andrés Villares, con “O Nadal”. Todos eles teñen oito anos e estudan no CEIP “Insua Bermúdez”. Na categoría B, os mellores traballos foron os de tres alumnas do CEIP “Mato Vizoso”. Sábela Gómez, de 10 anos, co seu texto “O nacemento de Xesús”; Janice López, de 11, con “O agasallo do meniño”; e Claudia Basanta, de 9, con “O que ocorre no Nadal”, foron as premiadas. Marco Antonio de Farias, Teresa García e Laura Ramudo, todos de 12 años e alumnos do “Mato Vizoso” resultaron ganadores na categoría C. Ademais de estes premios; concedéronse dous accésits a Marcos Sachin Novo, de 7 años e do “Insua Bermúdez”, e a Alejandro Ramil, de 11 e do “Mato Vizoso”. Todos eles recibirán o seu correspondente diploma e lote de libros; O xurado estivo formado por Xosé Antón Pombo, Sara Jato, María José Ocampo, María Teresa Carreira e José María García-Leira Boado.


39

A fundación Terra Chá presenta un plan para aproveitar a biomasa As 80 comunidades de montes da zona coñecerán un estudo en camiñado á creación dunha planta eléctrica na comarca

Queixerías de San Simón da Costa temen perder parte da produción de días pasados que non se curou

Negocios de Guitiriz, Xermade e Vilalba avalían danos tras superar cortes de luz

O Parador vilalbés celebra as xornadas do capón do 19 ao 21

A Feira do Capón abarrota de público Vilalba e esgota os 1.100 exemplares en venta

O Parador de Vilalba celebra do 19 ao 21 de este mes de decembro as súas novenas xornadas gastronómicas do capón. O establecemento ofrecerá durante eses días no seu menú varios pratos confeccionados con este produto típico vilalbés. Ademais de varios aperitivos, os comensais poderán degustar o capón braseado ao viño de Albariño ou guisado en tarteira con ceboliñas "glaseadas" e cabaza.

Os criadores aplaudiron a nova situación da cita e destacaron o aumento de prezos, xa que se alcanzaron os 200 € por parella

O mellor ano do tenis vilalbés O club local obtivo o premio ao mellor colectivo de Lugo en 2.008, incrementou o número de socios e creou un segundo equipo absoluto.

Unha firma chairega comercializa grelos durante todo o ano Obenfield abastece as grandes áreas comerciais galegas cunha media de 1.200 mollos ao día


40

O concello pecha o 9 a matrícula nas escolas deportivas municipais O Concello de Vilalba pechará o próximo xoves o período de inscrición nas dez escolas deportivas municipais, que iniciarán a próxima semana a programación de actividades correspondentes á nova tempada.

Vivenda entrega cinco pisos para xoves en Vilalba Os adxudicatarios dos inmobles de promoción pública da rúa Mato Vizoso recibiron as chaves dous anos despois do sorteo

O oitavo convenio do ARI de Vilalba posibilitará rehabilitar 30 vivendas

Baixo o lema de “Xuntos pola Paz” os alumnos do CEIP. “Mato Vizoso” de Vilalba conmemoraron con diferentes actividades a celebración deste Día Internacional. Entre as propostas, que incluíron decorar as ventás do centro con pombas, destacou a creación dun mosaico humano formando a palabra PAZ con globos brancos no patio do colexio


41

Crise no sector lácteo A baixa no prezo do leite fixo que os gandeiros chairegos perderan 50 millóns nun ano

Antía Veres Gesto Estudante de Vilalba e ex-alumna do C.E.I.P. “M. Mato Vizoso” que obtivo o Premio Extraordinario de Bacharelato

«O máis importante é o empeño e o esforzo diario» Antía Veres, de 18 anos, tras pasar polo ÍES 'Basanta Silva' vilalbés, estuda Tradución e Interpretación en Vigo e sexto de Guitarra no conservatorio.

Un vilalbés, na “Joven Orquesta Nacional de España” Daniel Rivas, nado en Vilalba, e ex-alumno do C.E.I.P. “M. Mato Vizoso”, foi seleccionado para entrar na “Joven Orquesta Nacional de España”. As probas realizáronse o pasado outono, e permitíronlle ingresar nunha formación que agrupa a xoves intérpretes de todo o país. A viola é o instrumento que toca e ao que dedica os seus estudos. Unha traxectoria de formación que xa acumula bastantes años. Xove, Mondoñedo e Vilalba son algúns dos lugares nos que este mozo vilalbés repartiu os primeiros años da súa forma ción, Daniel Rivas, nacido en 1987, pasou xa que iniciou có violín. Tamén formou parte da Orquestra de por varios centros de formación na súa Cámara de Xove, ás ordes de Xan Carballal, e pasou pola Escola carreira musical. de Altos Estudos Musicais de Santiago. Agora estuda no Conservatorio Superior de Música de Aragón, en Zaragoza.. Bach e Mozart, entre os seus favoritos. O novo intérprete cita a dous piares da música como Bach e Mozart entre os seus compositores favoritos. Quizais figuren algunha vez no repertorio da orquestra na que acaba de entrar e na que o traballo, como el explica, desenrólase en varias concentracións anuais.


42

FIXEMOS E FAREMOS Dende o comenzo do curso

O 17 de maio

xa levamos traballado,

dende fai 46 anos

pero de todo o que fixemos

conmemoramos as Letras Galegas

so vos contaremos un anaco.

ainda que galego falamos a diario.

Celebramos o Magosto

Quedan aínda por facer,

e tamén o Nadal,

deberes, estudiar…

como non, o día da Paz

pero tamén teremos

sin esquecer o Carnaval.

excursións e festivais.

ACTIVIDADES REALIZADAS NO COLEXIO Loita libre olímpica Durante os días 14 e 15 de outubro, realizouse

Aula móbil

“MOITOLLO 2008”

no pavillón do noso colexio unha acti vidade de loita libre olímpica, considerada como un dos deportes mais antigo do mundo. Foi unha actividade moi interesante na que os nenos e nenas e aprendemos a ver a loita como algo positivo. Algunhas opinións dos nenos e nenas foron: - Este deporte aínda que pareza o contrario, é moi seguro. O día 7 de novembro celebramos o Magosto. - O importante non é gañar, senón participar. Asaron castañas para comer. Participamos nun xogo - Ensinan a defenderte, bloqueando aos demáis. cooperativo…

O día 6 de novembro recibimos a visita da aula móbil adicada á prevención de riscos laborais na poboación infantil da comunidade galega. Puidemos ver un video, contacontos

e

xogos

co

aprendemos que para combatir os accidentes o mellor é a prevención.

O día 19 de decembro tivemos a festa de Nadal. O 20 de febreiro celebramos o Entroido. Participamos no desfile no pavillón, tivemos festa,

Fixemos representacións, entregáronse os premios do concurso de postais,

elaboramos unhas coplas que lle

tomamos bocadillo

recitamos ao Meco, que se

todos/as…

queimou ao remate da festa.

que


ACTIVIDADES FÓRA DO COLEXIO O 28 de novembro, os nenos e nenas de E. Infantil foron á Biblioteca Pública de Vilalba para ver unha sesión de titeres: “Brais e Uxía de paseo polos contos ”

43

O día 11 de novembro acudimos ao Auditorio a ver a representación dunha obra escrita polo noso admirado poeta chairego Manuel María

En novembro tamén fomos ver a exposición CONTOS EN CANTOS á Casa da Cultura.

O 18 de decembro os nenos e nenas de Educación Infantil e de Educación Primaria hasta 4º visitamos o Belén de Begonte Os nenos e nenas de 1º Ciclo foron invitados/as á presentación do libro da colección dos Bolechas: “Os Bolechas

O 3 de marzo, alumnos e alumnas de 4º e 6º foron ao Auditorio Municipal de Vilalba para participar nunha actividade lúdica cunha mensaxe de igualdade

queren saber…que se bota no contedor amarelo” O acto tivo lugar no IES Basanta Silva o día3º 16curso de decembro. O día 9 de marzo, participou nun obradoiro de ilustración impartido na Biblioteca Pública de Vilalba.

Os nenos e nenas de 1º visitaron o Museo Arqueolóxico de Vilalba o día 13 de marzo Durante o mes de maio poderemos disfrutar dun Planetario que estará no colexio.

No mes de abril fixemos moitas saídas: -

Os nenos/as de 2º foron visitar a Biblioteca Municipal de Vilalba e fixéronse socios o día 23, Día do Libro.

-

Os de 4º visitaron a Oficina de Correos de Vilalba.

-

Os de Educación Infantil foron á Biblioteca para participar nunha sesión de contacontos.

-

3º e 4º participaron na Campaña de Concertos Didácticos “Sonidos de la Tierra” no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

-

TAMÉN O alumnado de 2º e 3º Ciclo participou no FIXEMOS EXPOSICIÓNS: “Proxecto Brújula ”



44

NENOS E NENAS NO FÚTBOL Moitas das nenas e dos nenos do “Mato Vizoso” senten paixón polo fútbol; así participan no campionato que comezou no mes de febreiro e rematará a finais de maio. Este encontro deportivo ten como características importantes a alegría, o compañeirismo, a oportunidade de encontrar no deporte a opción dunha mellor vida e a consolidación da convivencia social.. Este campionato reúne a oito equipos de 4º, 5º e 6º de primaria e búscase primordialmente brindarlle ás nenas e ós nenos a oportunidade de xogar para entreterse, resolvendo no terreo de xogo as diferencias que poidan presentarse e que xorden no día a día no colexio. Mirade que ben saíron. FUTBOLLEIXONS

NEANDROM F.C.

David Fdez,David Lage, Adrián, Nicolás, Alberto, Diego e Agustín.

Fran, Iván, Martín, An tonio, Daniel, Rocío, Milagros, Eva, Natalia Pardo, Alicia e Natalia Teni ente

FÚTBOL GIRLS F.C.

LAS FIERAS F.C

Ana Roca, Alba, Ana Gesto, Lidia, Sabela, María, Gabriela, Laura e Andrea.

Felipe, Duarte, Manuel, Adrián, Ledo, Pablo e Lucía.

42


45

FÚTBOL ROCK

Antonio, Alex, Diego, Lucas, Jonathan, David, Jesús, Ían e Carlos.

FOOTBALL STREET

Adrián Comba, Alex, Aitor, Jano, Alberto, Carlos, Adrián, Juan, Fernando, Ana e Paula.

FUTBOLISTUS F.C.

Mar ía, Claudia, Patricia, Rocío, Antía, Jessica e Mª del Mar.

MULLERES E HOMES E VICEVERSA

Marco Antonio, David, Toni, María, Alba e Ángela.

Todos os nenos e nenas, ademais de participar no fútbol, participan noutros xogos populares como a corda, o tres en raia, os zancos, o pano, etc. Con estes xogos estamos favorecendo a socialización, a atención, o saber respectar a quenda, conservar os xogos de sempre e por suposto a mellora da condición física.


46

Interésanos saber...

COIDAMOS A NOSA SAÚDE “Unha alimentación sana e realizar algún deporte é imprescindible para manter unha boa saúde”

Unha alimentación axeitada é importante en todas as etapas da vida, pero particularmente durante a infancia e a adolescencia. É nesta etapa da vida cando comezan a establecerse os hábitos alimentarios que, a partir da adolescencia, fanse moi resistentes ó cambio, consolidándose para toda a vida. É por iso que dende o colexio, e coa vosa axuda, pretendemos favorecer a adquisición destes hábitos. Os principios dunha alimentación sana son moi simples. A clave está en comer unha ampla variedade de alimentos diferentes que se complementen entre si. Na pirámide móstranse a cantidade de porcións diarias necesarias de cada grupo de alimentos para manter un bo estado de saúde.

Frecuencia de consumo de alimentos CO NSUMO OCASIO NAL: Grasas (margarina, manteca…) Doces, caramelos, pasteis… Bebidas refrescantes, xeados… Carnes graxas, embutidos

CO NSUMO DIARIO : Pescados (3-4 racións semana) Carnes magras (3-4 racións semana) Ovos (3-4 racións semana) Legumes (2-4 racións semana) Froitos secos (3-7 racións semana) Leite, iogur, queixo (2-4 racións día) Aceite de oliva (3-6 racións día) Verduras e hortalizas (+ 2 racións día) Froitas (+ 3 racións día) Pan, cereais, arroz, pasta, patacas (4-6 racións día) Auga (4-8 raciona día)


47

Ademais é moi importante realizar algún deporte (baloncesto, natación, baile, fútbol...), ou simplemente ir a pasear. Debemos reducir as horas fronte a T.V, o ordenador ou os videoxogos xa que isto provoca que cada vez nos volvamos máis sedentarios e que os nosos músculos non se desenvolvan axeitadamente. O deporte, polo tanto, contribúe a sentirnos mellor física e psicoloxicamente. Para axudar a que os nenos e nenas do CEIP Manuel Mato Vizoso medren sans, ó longo deste curso, dende o Departamento de Orientación e en colaboración cos titores/as, levamos a cabo un Programa de Educación para a saúde , co fin de que todos/as vexan a importancia de coidar a saúde dende este momento e así, cando sexan maiores, estén fortes e sans. Ademais dende o equipo de Educación Infantil, coa nosa colaboración e por suposto coa colaboración das familias, levamos a cabo un Calendario de Merendas que está a funcionar moi ben, e consiste en establecer un “menú saudable semanal” de merenda para que os nenos e nenas traian ó colexio. Os venres é o día que poden traer o que máis lles gusta, sendo aconsellable que sexa sano. O calendario é o seguinte:

LUNS

Lácteos

MARTES

Froita

MÉRCORES

Bocata

XOVES

Froita

VENRES

Día Libre

Con todas estas iniciativas, queremos favorecer que os nosos nenos e nenas se vaian concienciando da importancia de alimentarse correctamente e de realizar algún tipo de deporte para manter unha boa saúde.


48

APA DO CEIP “MANUEL MATO VIZOSO”DE VILALBA O final dunha etapa Por estas datas, a Dirección do noso centro ten a ben pedir á Xunta Directiva da APA que enviemos a nosa colaboración para a revista escolar. Nos últimos anos, aproveitamos a ocasión para facer un resumo do que foran as actividades anuais, cunha mención á previsión do que se ía facer a finais de curso. Esta vez imos permitirmos unha licenza e non falar do que fixemos e menos do que se pode facer nos derradeiros días do curso, no que a actividades se refire. A Xunta Directiva da APA, co permiso de todos os membros da Comunidade Educativa, quere aproveitar estas liñas para lembrar o que xa se comunicou a todos os socios mediante carta o pasado 23 de marzo: que a nosa a ndaina toca ao seu fin e que, nas vindeiras semanas, convocarase a pertinente asemblea de socios para elixir unha nova xunta directiva. Non é o momento de entrar en debate sobre se esta é unha decisión axeitada ou non. Non imos pasar tempo analizando esta cuestión, porque a nosa determinación non vai ter volta atrás e, polo tanto, cómpre pensar que hai que elixir ás novas persoas que, a partir do 1 de xullo, tomarán as rendas da nosa asoci ación. Pensamos, e xa o dixemos nas dúas últimas asembleas, que cando as per soas que conforman a Xunta Directiva teñen a sensación de estar ao final do seu ciclo, polas razóns que sexan, ese é o momento de acometer o relevo coa naturalidade e normalidade que deben presidir os actos dunha asociación como esta. Igual que un día nós dimos o paso para facermos cargo da APA, agora é necesario que outras persoas con novas ideas e ánimo renovado asuman esta tarefa para que a APA poida continuar porque, coma expresabamos na Guía Escolar deste curso, “paga a pena estar asociados, pero máis aínda participar xuntos, comprometidos cunha APA que nos acolle, que nos representa, que nos dá voz e espazo para as nosas inquedanzas en algo que nos é querido: a educación dos nosos fillos e fillas”. Tampouco pensamos que sexa o momento de lembrar as cousas que se puideron lograr nestes case tres anos, pero si de manifestar o noso desexo de que a nova directiva, co apoio de todos os socios, sexa capaz de lograr algo que a nós se nos resistiu: a reparación en profundidade do Pavillón Polideportivo do Centro, xa que nin concello, nin delegación de educación, nin deputación provincial foron quen de pasar das palabras aos feitos. Para rematar, só reiterar as nosas grazas a todas as persoas que colaboraron con nós e desexar o mellor ás persoas que nos substitúan. A Xunta Directiva


49

Lembramos unha mestra da cociña Unha persoa extraordinaria que nos deixou o curso pasado, despois de vinte e seis anos traballando no noso colexio e que marchou tan caladiña que a maioría non nos enteramos ata que chegou o momento en que a botamos moito de menos, esa mestra é Rosina Gómez Cao; Rosina, unha persoa moi sociable, amable e moi comprometida co seu traballo, foi unha cociñeira exemplar; quen non probou algunha tarta ou calquer postre ou prato feito por Rosina? O segredo non sabemos cal é, pero supoñemos que lle pon moito cariño e moita dedicación a todo aquilo que fai. A ROSINA Con esta pequena poesía a Rosina queremos lembrar, porque foi unha cociñeira da que nunca nos imos a olvidar.

Como eres tan sinxela todo o dabas, nada querías, pero eres desas persoas que unha homenaxe merecían.

Ensináchenos a alimentarnos e tamén a comida compartir, demostráchenos que traballando un se pode sentir feliz.

Quixeramos para ti atopar algún agasallo, que fora lindo e valioso para recompesar o teu traballo.

Das comidas que fixeches moito poidemos disfrutar e agora que non te temos de falta te estamos a botar.

Ao anxo máis boíño ímoste a encomendar, para que a túa vida sexa fantástica e ideal.

Nesta edición non podemos deixar de facer lembranza dun mestre que pasou por este colexio, que é o compañeiro fiel de Rosina, Don Eduardo Rodríguez, a quen nós, os que estamos agora en quinto, non chegamos a coñecer, xa que hai uns anos que está disfrutando dunha xubilación tan merecida porque, segundo as nosas pescudas, foi un gran profesional, un mestre moi traballador e dinámico, que adicou toda a súa vida ao ensino, inculcando nos seus alumnos non só coñecementos, senon tamén boas actitudes e valores que, a bo seguro, lles foron de moita utilidade á hora


50

de afrontar con éxito as súas vidas. Ademais, mozos que coñecemos que foron alumnos seus, recórdano con moito cariño.

A nosa mestra lembra que Eduardo tiña unha gran capacidade para conectar cos rapaces e cos pais. Coordinou e dirixiu as primeiras xuntanzas de pais que se levaron a cabo no noso colexio, nas que deixaba moi claro o papel fundamental que desempeñan os pais na educación dos seus fillos: o deber de inculcarnos sempre unha forma coherente de actuar, tanto de palabra como de obra e a importancia de pór en práctica os valores de respecto, esforzo, xenerosidade e cooperación, porque deles brotan calidades que complementan a formación integral da persoa e así é Eduardo, unha persoa íntegra.

Dende " Charetas " e, en nome de todos os que formamos parte da comunidade educativa do C E I P " M. Mato Vizoso ", o noso recoñecemento e afectuoso saúdo e recordo para Rosina e Eduardo, queréndoo facer extensivo a todos os que nos precederon no noso Centro. Alumnas e alumnos de 5ºA


51

Despedimos a Alfonso

Don Alfonso Baamonde García, Alfonso, é unha persoa moi competente e activa, actualmente preside a Coral Polifónica Vilalbesa, foi vicepresidente do Racing Vilalbés e secretario; vicepresidente e presidente do Centro Cultural e Recreativo e tamén un afeccionado escritor-historiador; aínda que as súas maiores inquedanzas diríxense no eido do ensino. Alfonso naceu en Vilalba, é bisneto do historiador Manuel Mato Vizoso, que deu nome ao noso colexio e dáse a casualidade de que este ano conmemoramos o centenario da morte deste bisavó seu. É de obriga adicarlle unha lembranza a Manuel Mato Vizoso:

52

Home polifacético, autodidacta, secretario de xulgado e inventor, poeta, dramaturgo, músico e ata pintor. Onde queira que te atopes o noso corazón contigo está, porque nós deixaches boas obras e Deus cho agradecerá. Como di o refrán “ de tales pais, tales fillos ”, Alfonso herdou deste bisavó as calidades musicais e a faceta de escritor. Seguramente no futuro nos ha de sorprender facendo algunha publicación do que escribe. Ademais é unha persoa moi comprometida coa ensinaza, deses mestres que non é doado esquecer.


Das clases lembraremos sempre o ben que explicaba e a lectura que aprendemos da súa voz, ben modulada e, ás veces, forte. Alfonso impartiu a docencia por diversos lugares: Berlanga del Bierzo (León), Quilós (Cacabelos), Ermua (Vizcaya), Magazos (Viveiro). Como foi sempre un namorado de Vilalba, en canto puido, foise acercando. Cinco anos na escola de Samarugo iniciaron unha etapa vilalbesa, que seguiu como docente e secretario no colexio Monseivane (Lanzós); continuou a súa labor pedagóxica no CEIP “ Insua Bermúdez” e actualmente no CEIP “Mato Vizoso”.

A Alfonso Alfonso connosco estivo e ensinounos a estudar, nas súas clases e recreos aprendemos a ben nos levar. Con esta sinxela poesía agradecémosche o esforzo que fixeches por nós sacrificándote a fondo. Cando nos explicabas, levantabas o tono de voz, máis sabemos que o facías para que aprenderamos nós. Sempre tiveches moi claro que lectura hai que facer

para estar ben, ao día, e boa comprensión ter. Practicamos contigo non só a entonación, practicabas a ortofonía nos textos e oracións. Fixemos moito cálculo e tamén demostracións, comprobamos que traballando supéraste con ilusión. Co teu bo facer axudáchesnos a ben ler e por iso nós agora unha homenaxe ímosche ter.

Agradecemos a Alfonso a súa labor pedagóxica ao longo destes anos e desexámoslle toda a Comunidade Educativa que teña unha moi longa e feliz xubilación. Que siga desfrutando, por moitos anos, da dinamización da cultura e das súas afeccións favoritas.

Alumnos e alumnas de 5ºA



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.