Charetas 08

Page 1



Í NDICE Editorial

1

Xosé María Álvarez Blázquez

3

As nosas “charetas”

9

Rimamos cos nosos nomes

12

Entretémonos cos trabalinguas e adiviñas

14

Así escribimos nós os pareados

16

Desexos

18

Teatro no cole

19

Pingas de auga

20

Entroido 2008

21

Que cousa cousiña é...

22

Educación Infantil

24

Entrevistamos aos nosos profes

30

As nosas lendas

31

Fixemos e faremos

32

Novas de Vilalba

40

Un anaco de inglés

44

Música

46

Interésanos saber

49

APA

51


XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ VIDA Naceu en Tui o día 4 de febreiro de 1915. Os seu pais influíron moito na súa vocación literaria. Seu pai, Darío Álvarez Meneses, médico (ao que axudaba na súa clínica facendo curas e incluso suturas cando era necesario), tiña unha boa biblioteca que lle permitiu coñecer aos autores máis importantes, así coma o avó e un tío que eran escritores influíron moito na súa formación intelectual; e a súa nai, María Blázquez Ballester, nacida en Cuba e de pais españois, que lles dedicaba moitas horas aos fillos e nas que recreaba maxicamente contos e historias

da súa nenez

vividas en Cuba, nas plantacións dos seus avós,

estimularon en

Xosé María a capacidade de relatar feitos, de fiar palabras de poetizar a vida e tamén de enfrontarse aos duros acontecementos que lle tocou vivir. A vida deste home foi dura pero as raíces que os seus pais souberon ofrecerlle axudáronlle a vivir e a soportar con paciencia e valentía os acontecementos. Fixo os estudios primarios e o bacharelato en Tui, que era onde vivía de neno e de mozo, aínda que nos veráns trasladábase con toda a familia a unha casa que tiñan en Baión, onde tamén veraneaban algúns dos seus tíos. Alí gozou da fermosísima paisaxe que marcou para sempre o seu amor pola natureza e que estivo presente nos seus versos. No ano 1933, ao cumprir 18 anos, ingresa na Federación de Mocidades Galeguistas. No ano 1934 remata Maxiterio, obtendo destino provisional no ano 1935 na escola da Guarda. No ano 1936 é trasladado á escola de Olivas de Tui que realmente era a súa parroquia e logo duns meses de docencia obtén o seu destino definitivo na escola de Coia en Vigo, onde nunca exercerá por motivos da guerra. Neste ano fusilan ao seu pai. Por mor da súa relación co Partido Galeguista é desterrado a Coreses en Zamora, escola na que toma posesión pero da que volta para cumprir o servicio militar e á que regresa rematada a guerra, porque de non facelo perdería a praza que gañara por oposición. A súa estancia en Coreses foi dura, perdido nunha aldea descoñecida axudoulle a valorar cousas moi sinxelas como falar, ensinar, observar, pasear e sobre todo cavilar. Neste lugar comezou a escribir a súa novela en castelán “Crecen las aguas”.


A situación da súa familia en Tui pasa momentos apurados e deciden abandonar a vila. E no 1942 Xosé María regresa con eles. En 1945 coñece a María Luísa Cáccamo Frieben, coa que casa en 1946 establecéndose no barrio das Travesas onde viviu o resto da súa vida. Abriu, xunto cun amigo a Librería Monterrey que dará lugar nos anos 50 á Editorial Monterrey. O 2 de maio de 1948 nace a súa primeira filla, María Luísa, á que os pais chamaron “Colorín” pola súa cariña colorada. A ela dedica o libro de poemas “Roseira

do teu mencer”. Despois tería outros cinco fillos/as: Xosé Mª, Alfonso, Mª Helena, Celso, e Berta.00000 En 1949 é nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, e Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo. Para pasar os veráns tiñan unha casa en Coruxo, onde tamén veraneaban escritores como Francisco Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro, Camilo José Cela, Otero Pedrayo entre outros e onde disfrutou coa muller e os fillos na madurez e na vellez. Os anos vividos en Coruxo foron os mellores da súa vida. Foron moitos os programas de radio nos que Xosé María participou elaborando temas sobre aspectos culturais e históricos de Galicia. En 1964 foi elixido Membro Numerario da Real Academia Galega par ocupar a vacante deixada por Aquilino Iglesia Alvariño. En 1964 fúndase Edicións Castrelos, que pretende achegarse a todo o público con edicións baratas e asequibles para todos os niveis sociais. No 1968 volve ao ensino, por mor das dificultades económicas da familia e a enfermidade da súa filla, Colorín, que morre con 22 anos. En 1979 decide vender Edicións Castrelos que estaba xa consolidada e edicións castrelos

pouco despois comeza a traballar na organización da futura hemeroteca de

Vigo á que achegará importante documentación, e no Arquivo Gráfico e Documental. En 1982 é nomeado membro do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” e tamén Xefe do Departamento de Historia de Vigo e da súa bisbarra. No ano 1983 xubílase e vive coa súa familia arrastrando os serios problemas de corazón que padecía e o 2 de marzo de 1985 morre no Hospital Xeral de Vigo dun infarto de miocardio. Alumnado de 6º A


OBRA Xosé María Álvarez Blázquez comeza moi novo a escribir. En 1929, con catorce anos, comeza a publicar poemas en xornais, que recolleu no libro “Abril” publicado no 1932. Este é un libro cheo da forza sentimental da mocidade, coas súas inxenuidades, pero cunha grande madureza literaria.

Na primavera do 1934 pronuncia o seu primeiro discurso “Berro en lembranza do Mártires de Carral”, con motivo dun cabodano dos revolucionarios de 1846.

En 1936 remata o libro de contos “Os ruíns” que se perde na editorial sen que quedase a copia orixinal. En 1941 publica a novela “El crimen de isla verde”. En 1945 publícase outra novela “En el pueblo hai caras nuevas” coa que fora finalista na primeira convocatoria do Premio Nadal.

Nesta novela policial o autor mostra perfectamente esa ironía propia dos galegos.


Escribiu outras novelas como “Crecen las aguas”, que comezara na súa estancia na escola de Coreses.

Fálanos dun neno minusválido ao que lle gusta ir pescar ao río.

Estas dúas últimas novelas foron posteriormente traducidas polo seu fillo Alfonso Álvarez Cáccamo cos títulos de “Na vila hai caras novas” e “Enchen as augas” En 1947 estréanse dúas obras de teatro súas: “El zapato de

cristal” que é un conto escenificado e “Los pazos altivos”, unha comedia en tres actos, en verso.

En 1949 publícase “Poemas de tí e de mín” que eran dous

poemarios

contrapostas.

independentes,

con

portadas


En 1950 publicou o libro de poemas “Roseira do

teu mencer” integramente dedicado á súa filla maior Colorín.

“A ver, mamá, a túa neniña que cociñará? Cunha presa de murrunchos, unha presa de loureiro e un brazadiño de funchos, que comidiña fará? Ela dí que vai facer uns melindros para mín e para tí.” En 1951 publica en Bos Aires o libro “Romerías gallegas”,

ao ano

seguinte a novela “Una cabaña en el cielo” e tamén a súa antoloxía “Escola medieval galego-portuguesa”. En 1953 o poemario “Cancioneiro de Monfero” e no 1954 o fermoso “Romance do pescador peleriño”. En 1955 sae

á luz “Las estatuas no hablan”, unha novela que

transcorre nunha vila que parece imaxinaria pero que realmente é Tui, cidade na que naceu. En 1959 publica na Ed. Monterrey “ La ciudad y los

días” que é un calendario histórico de Vigo. Tamén neste ano publica a segunda das grandes antoloxías, o Tomo II da Escolma de poesía galega.


En 1971 publica na colección

O Moucho “A pega

rabilonga e outras historias de tesouros ” pensada para nenos e nenas.

Entre 1968 e 1977 escribiu “Epigramas de Pepe do

Rollo” En 1976, na véspera do Día das Letras Galegas, adicado ese ano á súa dona, publica “Canle segredo” que é o mellor conxunto de poemas escrito polos anos 50.

Andamos tolos, buscando a fala do negro soño que te despertou chorando. Túa nai di que é un paxaro, e eu coido que ha ser o vento que asubía no tellado. Agardai, que vou pillalo e heino de meter –ao vento!na buraquiña dos ratos. Daquela, ti durmirás, miña nena. (Poema dedicado á súa filla, Colorín)

En 1982 escribiu “Solpor”, un dos máis fermosos, conmovedores e tristes poemas escritos en Galego. Alumnado de 6º A


Postais gañadoras no certame de Nadal do cole:

Marcos Gómez Aguiar (3º E.I.)

Lucía Díaz Darriba (1º nivel E.I.)

David Lozano Miragaya (2º nivel E.I.)

Rosa María Currás Rodríguez (1º E.P.)

Daniel Rego Yáñez 3º E.P.

Alberto Rey García 4º E.P.

Ángel Fraga Camba 6º E.P. Andrea Prieto Fernández 2º E.P.

Alba Carreira Prado 5º E.P.


POEMAS PREMIADOS NO CERTAME DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

LUZ Nun curruncho ignorado nunha noite fría e escura unha esperanza clara resplandece máis que a lúa. Ninguén sabía quen eran, a Xosé e María ignoran. Mentres vela o silencio, Deus nace e chora

O NENO XESÚS Un Deus Neno foi grande, o máis humilde e pequeno... Os necesitados, os emigrantes... Os que en silencio pasan descoñecidos, como luces que se apagaron e non luciron. Os primeiros en mostrar o camiño foron uns pais pobres de un Meniño, luceiros dun novo amencer para o mundo que alumean o sentir máis profundo... como luces que a todos nos salvaron. Lucía Souto

Nun pequeno pesebre cando toda a xente durmía no medio da mula e o boi naceu o fillo de María O Neno que naceu é bondade, o Neno que naceu é amor Ese neno tan guapiño é fillo do noso Señor. Dentro do meu corazón teño un berce pequeniño, para que poida durmir ese neno tan guapiño. No meu corazón hai cariño, no meu corazón hai amor, para que non se sinta só o fillo do noso Señor. Noelia Novo

Tempo de Nadal rúas vestidas de lindas cores todos camiñan dende os albores. Xa marchan os pastores, vanse para Belén, eu quixera ser pastor para ir alí tamén.

TEMPO DE NADAL Os pobres do mundo esperan sin cansar polo que nós lles vamos a dar.

Para este Nadal eu só pido que os pobres da rúa teñan casa súa.

Os nenos da rúa pedindo están, ninguén quere que o pase mal.

Tempo de Nadal, hai que celebrar festa de alegría, de amor e paz





Entretémonos cos trabalinguas e adiviñas de 1º B


Alumnos e alumnas de 1ยบ B




2ยบ B


2ยบ B




AdiviĂąas inventada polo alumnado de 3Âş B sobre:









Entrevistamos aos nosos profes 123456-

Cando e por que elixiches a túa profesión, e canto tempo levas traballando? Despois da túa experiencia, estás contento co teu traballo? Por que escolliches o Mato Vizoso como destino? Cal é a túa opinión do noso centro, como instalación e no aspecto humano? Se non foses profesor, que che gustaría ser? Que che gusta facer no teu tempo libre?

Xesús Murado Goyos: R1- Desde sempre me gustou a docencia e maila educación física. Levo traballando tres anos. R2- Estou contento e, cada ano que pasa, máis ilusionado co meu traballo. R3- Escollín este centro porque, das opcións que tiña, é dos máis próximos á miña casa. R4- No aspecto humano creo que hai moi boa relación entre os mestres e co alumnado. O pavillón está gustaríanos que houbera máis calor no inverno. R5- Deportista profesional. R6- Facer deporte. Gústame tamén o cine, estar cos amigos e amigas e coa familia.

ben, pero

Noelia Ríos Gayoso: R1- Desde moi pequena, porque me gusta moito estar cos rapaces e rapazas. Cinco anos. R2- Si, moitísimo, cada vez máis. R3- Foi o que me correspondeu no concurso de elección de destinos para este curso. R4- Gustaríame un patio mellor, máis verde e que nos relacionásemos máis. R5- Educadora social. R6- Fago deporte. Gústame tamén escoitar música, ir aos campamentos, de viaxe, … Concepción Cedrón Costa: R1- Hai sete ou oito anos. Porque me gusta o ensino. Hai dous anos que traballo. R2- Si, moito. R3- Non o escollín, asignáronmo como destino. R4- Gústame bastante a nivel humano. R5- Gustaríame ser bailarina de ballet. R6- Ir ao cine. Manuel Castro Santamariña: R1- Era unha das opcións que máis me gustaba, cando tiven que tomar unha decisión sobre os estudos. Vinte e seis anos. R2- Estou, e sigo pensando que é un traballo gratificante; cos seus problemas coma calquera outro. R3- Escollín este centro porque eu vivo en Vilalba e interesábame un centro desta vila. R4- No aspecto humano creo que hai boa relación entre os mestres e co alumnado. Penso que falta espazo nalgunha clase, maiores e mellores patios de recreo, e que sobran escaleiras, tanto interiores coma exteriores. R5- A arquitectura sempre me gustou. R6- Son bastante polifacético e gústame facer cousas bastante variadas e dispares. Deportes como a natación ou tenis, lectura, bricolaxe, pintura de cadros, a agricultura, conversar, pasear e observar a natureza son para min actividades gratas. Mª Xosé Lamas Fdez: R1- Elixina cando rematei de estudar bacharelato. Levo 25 anos traballando R2- Si, moito R3- Escollín Vilalba, e asignáronme este centro. R4- É un centro moi antigo e, por tanto, con moitas deficiencias. A nivel humano existe un clima favorecedor das boas relacións. R5- Cando era pequena quería ser médico ou bióloga. Agora son todo o que quero: mestra, actriz, escritora, ... R6- Facer teatro e escribir. Autores: nenos e nenas de 4ºB


As nosas lendas A diferencia do conto, que é un relato sen localización no espazo nin no tempo, a lenda é un relato no que participan seres con poderes sobrenaturais, pero que se localizan nun lugar e incluso, ás veces, no tempo. Hai en Galicia múltiples lendas e versións da mesma lenda que se foron transmitindo de xeración a xeración, de pais a fillos. Achegámosvos esta vez unha lenda referida á Lagoa de Cospeito, na que a protagonista é a Virxe, e que é semellante a outra referida á cidade asolagada do Boedo, en terras de Guitiriz.

A LAGOA DE COSPEITO En Cospeito, ao pé da Feira do Monte, hai unha lagoa coñecida como lagoa de Valverde. En tempos había alí unha vila importante chamada tamén Valverde. Un día chegou a ela un pobre, aínda que hai quen di que era a Virxe disfrazada, pedindo pousada. O caso é que ninguén se doía del e non lle axudaron. Achegouse entón a unha casiña que había na Feira do Monte, onde vivía unha familia tamén pobre pero honrada. Alí acollérono con agrado e, como non lles quedaba case que comer, decidiron matar a única becerra que tiñan para lle dar de cear ao mendigo. Despois da cea, el mandoulles botar os ósos grandes nunha corte e os pequenos noutra. Ao día seguinte, pola mañá cedo, mandoulle ao dono da casa muxir as vacas e botar os becerros a mamar. Él negábase e dicía: -Como hei muxir as vacas e botar os becerros a mamar, homiño de Deus, se a única becerra que tiña mateina onte para cearmos todos? -Tan certo é que tes becerros e vacas como que a vila de Valverde se asolagou nas augas. E, con isto, o pobre desapareceu e non se viu máis. O dono da casa e a súa familia saíron pola porta e viron a vila de Valverde afundida en castigo polo trato que lle deran a aquel home. Logo comprobaron como a corte onde botaran ósos grandes estaba chea de vacas, e na outra onde botaran ósos pequenos, había becerros. E puxéronse moi ledos. Aínda se conta que, aló nos fondais da lagoa, e cando veñen as secas do verán, se poden ver as chemineas dalgunhas das casas afundidas e máis a torre da igrexa. E incluso hai que di que ata se poden oir as campás daquela vila desgraciada de Valverde.

4º B


FIXEMOS E FAREMOS Na sección “Fixemos e Faremos” os nenos de sexto colaboramos, aportando todos un pouquiño tratamos de informarvos, desexamos que vos divirta con ese fin tamén o realizamos. Todos os días do curso moito foi o que traballamos, de todos imposible falar pero non o imos a olvidar

porque en nós pegada está a deixar. Nos días de convivencia en todos disfrutamos, pero foi no Entroido no que mellor o pasamos. Aquí ímosvos falar deses días especiais, os concursos nos que participamos, e das viaxes culturais que a cabo levamos.

O DÍA DO MAGOSTO O magosto é unha festa en Galicia moi popular, que no noso colexio acordamos celebrar.

Cada equipo orgulloso representou follas, castañas, limóns, laranxas...

Ao mediodía o lume prendemos, para asar as castañas, que logo comemos.

Sempre en outono o magosto celebramos, comendo castañas que nos mesmos apañamos.

Había distintas froitas noces, landras… e sen esquecer nesta época as cabazas.

Aos de sexto este ano tocounos repartir, mentres que aos demais tocoulles comer e rir.

O dous de novembro o magosto festexamos, os nenos e as nenas moi ben o pasamos.

En todos os xogos a castaña era a protagonista e cada dez minutos de xogo cambiabamos, grazas a un frautista.

Algúns fixeron cestas de cartón e nelas cabían castañas a montóns.

Agrupámonos en equipos para participar en dez xogos,e… ¡estivemos a disfrutar! Cada un dos xogos dous mestres o dirixían, para explicarnos como se xogaría.

Unha presiña de castañas todos os nenos trouxemos e todas no lume tostadiñas se puxeron.

Outros fixeron cucuruchos de papel, que todo o mundo sabe que non son para botar mel. Xogamos mestres e nenos, comemos ata fartarnos, e a festa do magosto serviu para agarimarnos.


O día 30 de novembro, no Auditorio Carmen Estévez, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de Primaria poidemos disfrutar do 2º Circuito Galego de Maxia, que organiza a Consellaría de Cultura, a través do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais e da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, en colaboración coa Asociación de Magos Profesionais de Galicia. Previamente fixeron unha demostración no noso colexio. Imos contarvos como vivimos eses monentos máxicos.

UN DÍA COA MAXIA

O trinta de novembro ao auditorio fomos presenciar un espectáculo de maxia, que nos fixo disfrutar.

O mago francés flores fixo aparecer, para deixarnos abraiados e podernos sorprender.

Profesores e nenos tamén colaboraron, con todos os magos que o precisaron.

Catro magos e un presentador cos seus trucos nos deleitaron, os que alí estabamos asombrados nos deixaron.

Uns papeis pequenos tiña na súa man e cun abano os fixo voar.

Un daqueles magos un pano collía, cerraba ben o puño e doutra cor saía.

O primeiro mago, chamábase Daniel García, viña dende Neda e ao día deulle alegría.

O terceiro mago, Xacobe, fixo grandes trucos viña dende Santiago e imitou a Tonecho e a Tucho.

O presentador Román a moitos magos presentou, e el mesmo coa maxia algún truco nos ensinou.

O mago Daniel un neno elixiu para facer maxia, ¡e que ben lle saíu!

O mago Xacobe nun caderno que ensinou unha bóla de bolos debuxou ¡que logo do folio saltou!

Papeis e cordas e aros de metal; libros, panos e cartas non podían faltar.

Un traxe lle puxo para un mago parecer e colocoulle un sombreiro para o rexuvenecer.

Ao cuarto mago, Benxamín, atáronlle os pés e brazos viña de Ortigueira, en un plis plas, apareceron desatados ¡deixáronos alucinados!

De panos fixeron paraugas e unha corda hipnotizaron, moitos aros encadeados e ata un mago ataron.

O segundo mago, Ciril, naceu en Francia aínda que vive en Vigo, fixo trucos con arrogancia.

Collía unha corda e un nó lle facía, en trinta segundos todo o nó desfacía.

Risas e sorpresas perduraron nas nosas caras, por eses momentos máxicos aos magos damos grazas.


O día 22 de xaneiro, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria desprazáronse á Biblioteca Municipal para ver a posta en escena “Os contos do camiño”, “ Corre, corre cabaciña”, “Míster corvo”, “Pedra, pan e palla”.

DÍA DA CONVIVENCIA NO NADAL Ao escenario saímos para cancións cantar, e representar teatro para o Nadal festexar. Os nenos de Infantil cancións non cantaban, mentres os de quinto con xilófonos tocaban. Infantil abriu a súa tenda para que puidésemos mercar saborosas filloas, doces… e agasallos feitos pola súa man.

Os de primeiro e segundo teatro representaron, e os de terceiro unha canción cantaron.

O 21 de Decembro o Nadal festexamos e co Belén e os anxiños o colexio alegramos.

Os nenos de cuarto escenificaron cancións, para todos disfrutar este día con ilusión.

Teatro e panxoliñas non podían faltar, para amenizar esta festa de convivencia no Nadal.

Os de sexto unha canción en inglés cantamos e maracas e cunhas con alegría tocamos.

O trinta de xaneiro celebramos a Paz, no noso colexio foi un día especial. Durante tres días practicamos a Paz, intentando convencer que a Paz pode florecer. Para que neste colexio a paz poida reinar, témonos que levar ben e a todos respectar.

Un gran corro formamos, os maiores, aos pequenos rodeamos, e todos xuntos cantamos a canción que coas profes ensaiamos. Cantamos moi ledos, collidos das mans, unha canción que falaba do amor e da Paz. “Recital a Paz” se titulaba, cantámola con moita ilusión, o seu contido é fermoso e chéganos ao fondo do corazón.

Todos xuntos danzamos ¡e como movíamos o cu! Nós, os de sexto, cantabamos “We will rock you”. Os premios de postais aos nenos entregaron, moi contentos ían recoller os regalos.

Ao acabar as actuacións un bocadillo comemos, acompañado de turrón e outros doces navideños. Ao rematar a festa, os responsables e estudosos, moito se alegraban e disfrutaban coas boas notas que levaban, e con espírito fraternal desexámonos ¡Bo Nadal!

Oxalá que se cumpra todo o que reflexa, que a paz sexa para todos unha realidade e sorpresa. * * * “A paz en todo o mundo como un suco profundo onde froleza o pan”. * * * Unha pomba branca soltamos este día, para repartir paz ledicia e armonía. Lembrámonos de todos os que están a sofrir, pero cos nosos desexos a Paz chegarase a cumprir.


O ENTROIDO O un de febreiro o Entroido festexamos; para iso, no pavillón, un festival organizamos.

Os de terceiro ciclo saíron a actuar, para que neste Entroido ben o puidésemos pasar.

Todos os cursos comezaron a desfilar, os que estaban mirando empezaron a animar.

Os de terceiro curso escaiolas, vendas e feridas nos quixeron amosar e ao 061 había que chamar Os nenos de 3 e 4 anos antes de que algo máis grave choiva e tormenta representaron, puidese pasar. e os nenos de 5 anos cos raios de sol nos quentaron. Os de cuarto nivel de bruxas e monstros ían, Os de primeiro ciclo todos estabamos aterrorizados de Pocoyó se vestiron, por todos estes seres moi graciosos ían que nos deixaron abraiados. cos seus azuis vestidos. As colexialas saíron a bailar, Os de segundo ciclo e as gatiñas, levaban disfraces variados, as súas habilidades rítmicas ademais de ir moi guapos quixeron mostrar. ían todos moi ben pintados.

O día 21 de febreiro, no comedor do noso Centro, os de nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Primaria puideron disfrutar da obra de Teatro “Remoldiño vai á feira” de Manuel Lourenzo, que organizou a editorial “Anaya” e que resultou moi entretida e participativa para os espectadores.

O trío relixioso unha asemblea quixo convocar, e as vampiresas do ventre co seu baile moito nos gustaron; ¡deixáronnos abraiados! Papi Roach e o seu rap este Entroido quixeron actuar ¡Ata a Familia Real nos quixo acompañar! ¡Canto, soñamos con este día ata o Rei de España actuou! pero entrou Chávez e todo o fastidiou. Algunhas mestras e mestres de enaniños se disfrazaron, xunto con Brancaneves no desfile participaron. Todos poidemos disfrutar deste día tan xenial, aínda que o Entroido desta volta se puido salvar.


Asemade o 27 de febreiro, tamén no comedor do noso Centro, os nenos/as de Educación Infantil e todos os ciclos de Primaria pasámolo moi ben co Mago Cali que escenificou algunhas aventuras do libro “Amancio Amigo e o meigo de Salamanca” de Xosé Miranda.

O MAGO CALI O 27 de febreiro ao comedor baixamos, ao ver o Mago Cali moito nos alegramos.

coas súas mans fabricaba cantidade de figuras, que logo transformaba. Cun papel enrugado moitas cousas fixo: un acordeón, un paraugas.. e ata un “abanico”. Cun vasiño de leite moi pequeniño outros grandes encheu ¡Non sei como deu!

Sobre3 o libro “Amancio Amigo e o meigo de Salamanca” un espectáculo nos ofreceu con todas as súas ganas.

Cunhas cartas da mesma cor foinas mezclando e saíron multicolor.

Con aros e papeis puido representar, as aventuras do libro que estaba a relatar.

A planta marabillosa non podiamos imaxinar, que despois de ser cortada, volvese a florear.

Do aire sacou luces de láser, nun saco as gardou, e coa maxia, ¡incrible! nun pano as pegou. Con moita axilidade

Cun só xesto uns aros entrelazou, e con gran facilidade axiña os separou.

O Mago Cali ao escenario un neno mandou saír, visteuno de mago para todos facer rir.

Nese mundo marabilloso do que poidemos disfrutar, por increible que pareza todo pode pasar.

O día 10 de marzo, os nenos/as de 3º nivel de Primaria desprazáronse ao Auditorio Carmen Estévez para ver o documental “Antártida: La última frontera”. Este proxecto de divulgación científica marca como obxectivo principal sensibilizar a todos da necesidade de mantemento e conservación do contorno natural máis inmediato.


DÍAS DE CONVIVENCIA NO CINE CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE Os nenos de sexto curso podemos disfrutar, dunha fermosa película que nos fixo cavilar.

A sorte axudou a Charlie a que un billete dorado atopara, e co seu avó materno a fábrica visitara.

Trata dun neno, Charlie, que vivía cos seus pais e avós tan humildes e tan pobres como eles eran bos.

Alí os cinco nenos moi ben o pasaron e os que desobedeceron foron castigados.

Era un neno feliz co pouco que tiña, coñece a Willy Wonka e deulle moita alegría.

Os outros catro nenos eran moi diferentes, ricos e caprichosos lambóns e repelentes.

Willy, anunciou: “a quen lle toque un billete dorado poderá visitar a miña fábrica de chocolate e ser agasallado”.

Dentro da fábrica quedaron atrapados, polos chocolates e chicles aos que estaban apegados.

A Veruga, Mike, Violeta e Augustus billetes dorados lles tocaron e visitala foron todos moi ilusionados.

Tan só Charlie puido gañar, con amor e xenerosidade, o corazón do propietario co que formou unha sociedade e nunca máis volveu a pasar fame.

HIGH SCHOOL MUSICAL 2 High School Musical a película se titulaba, o protagonista Troy moi ben cantaba. Era un grupo de amigos que nas vacacións ben o pasaban, para pagar os estudos todos moito traballaban. Troy deixou aos amigos, non os tiña que abandoar, foise con outros ao baloncesto xogar. Sharpay era rica era unha moza espacial, tiña moitas cousas pero faltáballe o esencial.

Troy aos amigos fallaba porque Sharpay o enganaba entrenar sempre prometía pero, ás veces, non cumpría. Esta película ensinounos que amigos hai que ter, para que nos momentos difíciles un bo apoio se deba ter. Ao final se reconciliaron e a Sharpay encamiñaron converteuse en boa persoa e xa non pensa nela soa.


CONCURSOS: ALUMNADO PREMIADO: XXVIII certame “Terra Chá” de literatura e debuxo infantil ( Festival de Xermolos 2006). Obtiveron premio varios alumnos en distintas modalidades: Debuxo: Ed. Infantil: 1º nivel: Leticia López Fraga Laura Teniente García David Lozano Miragaya 2º nivel: Alejandro Fernández Martínez Lidia Vázquez Balsa 3º nivel: Paula Guizán Rey Anxo González Mariño

Ed. Primaria: Poesía: Mª Nerea Otero Fernández Narrativa: Ana Vidal Lozano

Concurso de Carteis e Debuxo co gallo de celebración do Día Internacional da non violencia contra as mulleres, o 25 de novembro. Obtivo o primeiro premio co seguinte cartel:

Jorge Vázquez Montenegro

No concurso de Nadal da Biblioteca Pública Municipal de Vilalba recibiron premio: Noelia Novo Díaz

Jairo Ríos Liz

Lucía Souto García

Concurso postais de Nadal 2007 organizado polo C.E.I.P. “M.Mato Vizoso” de Vilalba.

Acadaron premio estes alumnos:

Ed. Infantil: 1º nivel: Lucía Díaz Darriba 2º nivel: David Lozano Miragaya 3º nivel: Marcos Gómez Aguiar

Ed. Primaria: 1º nivel: Rosa Mª Currás Rodríguez 2º nivel: Andrea Prieto Fernández 3º nivel: Daniel Rego Yáñez 4º nivel: Alberto Rey García 5º nivel: Alba Carreira Prado 6º nivel: Angel Fraga Camba


Estamos rematando os traballos para a revista do colexio que elaboramos durante o segundo trimestre; proximamente, comezaremos a preparar os traballos para os certames literarios da “Festa da Filloa”, “Letras Galegas”, “Xermolos”… dos que xa vos informarán no seguinte xornal.

VIAXES CULTURAIS Educación Infantil (todos os niveis), realizarán as saídas a Avifauna. 3º nivel: Farán unha viaxe para coñecer o tren. Esta será a súa ruta: LugoSarria-Lugo Educación Primaria:

1º nivel: Irán ao Museo de Lugo. Actividade: Na lareira.

2º nivel: Farán unha viaxe cultural a Cospeito.

3º nivel: Visitarán o parque eólico de Sotavento.

4º nivel: Irán a Costa de Lugo: Museo do mar en San Cibrao, Sargadelos, Barco-Museo-Burela.

6º nivel: Realizarán a súa viaxe cultural a Santiago de Compostela e irán a ver: A televisión de Galiza, ao Museo do Pobo Galego, a Catedral e prazas que rodean, Galicia dixital en S. Martiño Pinario e por último ao Museo Pedagóxico de Galicia.

A sección “Fixemos e faremos” foi realizada polos alumnos e alumnas de 6ºB.



Vilalba esgota 1.100 capóns a prezos entre 160 e 200 euros cada parella Os exemplares duraron pouco máis de dúas horas na feira, que rexistrou unha grande afluencia de público

Unha rexión polaca coñecerá o modelo dinamizador chairego Unha expedición visita A Chaira para ver os seus proxectos Leader

Os tractores tínguense de verde Unha empresa de Vilalba distribúe para toda a provincia vehículos agrícolas adaptados ao consumo de biodiesel que presenta unha grande interese pese á dificultade para compralo

Vilalba aglutina o 40% de tódalas empresas que operan na Chaira Comercio, construción e transporte son os sectores con máis peso na comarca


O centro ocupacional de Vilalba albergará unha planta de biomasa O departamento municipal de Servizos Sociais encargou o estudo de viabilidade

Nas xornadas do Seragro falouse do uso do purín para abonar os cultivos

Terra Chá exerce de modelo no coidado do medio ambiente

O polígono vilalbés produce ao ano 68 toneladas de residuos perigosos Os industriais estudan a contratación conxunta dun xestor autorizado

O Concello vilalbés estuda a reedición de folletos turísticos

Pescadores vilalbeses recuperarán Tramos de dous ríos Presentaron na casa da cultura o proxecto para limpar o Magdalena e o Trimaz


Veciños do casco histórico piden a súa peonalización A asociación “Praza de Santa María” de Vilalba celebra a súa primeira asemblea

O cable chega a Vilalba

R está a instalar a fibra óptica para teléfono, internet e televisión O número de veciños que agardan por obras é superior aos dos traballos das dúas próximas fases

Media centea de casa de Vilalba aínda esperan quenda para seren rehabilitadas

Noche, en Vilalba, terá dúas rotondas no súa perigosa recta Política Territorial mellorará, ademais, os enlaces cos barrios




Os /as alumnos/as de 6º de Primaria participamos nun obradoiro de instrumentos musicais levado a cabo nas clases de Música. Nun primeiro momento, a profe suxeriunos elaborar unha serie de obxectos sonoros (instrumentos) sinxelos e amosounos como facelo. Para elo, distribuímonos en grupos de traballo –tamén podiamos facelos individualmente – e decidimos cales iamos construír. Despois, procuramos os materiais necesarios. A maioría deles eran de refugallo, co que aprendemos a reutilizar aquilo que, de principio, semella só lixo: xa coñecemos, pois,outra forma de coidar do medio ambiente. Por fin, puxémonos mans á obra. Os resultados do noso traballo, realizado ao longo de todo un mes, amosámolo nunha exposición situada no patio de entrada dos maiores (ala dereita do edificio principal) en fronte á aula de Música. Convidámosvos a todos e todas (alumnado, pais/nais e profesorado) a que a visitedes, pois fainos moita ilusión que coñezades as nosas realizacións máis creativas, así como a darnos a vosa opinión. Pola nosa parte, temos que

dicir que foi unha das actividades máis interesantes que abordamos ao longo do curso, xa que aprendemos moito facendo un traballo lúdico e divertido. E, para abrir boca, publicamos na nosa revista escolar algunhas fotos, aínda que nelas non se aprecia suficientemente a calidade do traballo. Agardamos que vos guste!




Interésanos saber...

A diversidade nas aulas “Vivir a diversidade como valor significa querer a diversidade, celebrar a diversidade e construír, dende a diversidade, a igualdade”.

Se botamos un vistazo ao noso arredor darémonos conta que todas as persoas que formamos esta sociedade somos distintas; distintas fisicamente (altura, peso, cor de pel, cor de pelo,…) e distintas psicoloxicamente (temos diferentes necesidades, crenzas, motivacións, intereses, ritmos de aprendizaxe…), que fan de cada un de nós unha persoa única, diferente. Estas diferencias enriquecen o mundo no que vivimos e, por suposto, a nosa escola. Cada un de nós aportamos a nosa visión, as nosas opinións, as nosas experiencias e, todo isto, enriquécenos como persoas. Debemos por tanto aceptar e valorar a diversidade que nos rodea, compartindo experiencias con outros independentemente das diferencias que poidan existir. Na nosa escola esta diversidade está a aumentar nestes últimos anos gracias á chegada de compañeiros e compañeiras doutros países (Portugal, Brasil, Romanía, China,...) que comparten con nós aspectos da súa cultura, das súas vivencias, etc. Ao mesmo tempo, nós ensinámoslles como é o noso pobo e a nosa escola, as persoas que convivimos aquí, as festas que celebramos, e moitas outras cousas da nosa vida cotiá. Todo isto estimula e favorece a nosa aprendizaxe e, polo tanto, non debemos deixar pasar a oportunidade de aprender “de” e “con” todos os que nos rodean, sexa cal sexa a súa orixe, as súas características, os seus defectos e as súas virtudes. Dentro desta diversidade tampouco podemos esquecer aos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, que son aqueles nenos ou nenas que teñen algún tipo de discapacidade (física, intelectual,...), trastorno grave de conducta ou aqueles que teñen altas capacidades intelectuais. O centro pon a disposición destes alumnos/as as medidas de reforzo e adaptación necesarias para atender ás súas características individuais e, toda a comunidade educativa, debemos brindarlles o noso apoio e atención necesarias.


A continuación tedes unha fábula na que veredes a importancia de respectar e valorar a todas as persoas, sen facer ningún tipo de discriminación, xa que todos temos cousas positivas e, polo tanto, das que podemos aprender.

“A DIVERSIDADE É UN VALOR” Certa vez, os animais do bosque decidiron facer algo para afrontar os problemas do mundo e organizaron unha escola. Tiñan que facer actividades que consistían en correr, agatuñar, nadar e voar e, para que fora máis fácil ensinalo, todos os animais inscribíronse en todas as materias. O pato era estudiante de sobresaínte na área de natación. Obtivo un suficiente na área de voar, pero en carreira resultou deficiente. Como era de aprendizaxe lento en carreira tivo que quedarse na escola despois da hora de saída e abandonar a natación para practicar a carreira. Estes exercicios continuaron ata que os seus pés membranosos se desgastaron, e entón pasou a ser un alumno apenas mediano en natación. A lebre comezou o curso como a alumna máis distinguida en carreira pero sufriu un colapso nervioso por exceso de traballo en natación. O esquío era sobresaínte na actividade de agatuñar, ata que manifestou un síndrome de frustración na clase de voar, onde os compañeiros se rían del por non saber facelo dende o chan (pero era un experto facéndoo dende a cume das árbores). Por último enfermou por exceso de esforzo, e entón, calificaron cun 6 en agatuñar e cun 4 en carreira. A águia era unha alumna problemática e recibiu malas notas en conducta. No curso de agatuñar superaba a todos os demais no exercicio de subir hasta o cume da árbore, pero quería facelo á súa maneira. Ao rematar o ano, unha anguía normal, que podía nadar de forma sobresaínte e tamén correr, agatuñar e voar un pouco, obtivo o promedio superior e a medalla ao mellor alumno...

Pensemos na diversidade de alumnos e alumnas que temos nas nosas escolas. A diversidade é un valor:

precisamente

porque

somos

diversos

podemos complementarnos e enriquecernos. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


APA DO CEIP “MANUEL MATO VIZOSO”DE VILALBA

ACTIVIDADES 2007-2008

A Asociación de Pais (APA) do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba iniciou o seu programa de actividades para o curso 2007/08 o pasado 15 de outubro, agás no caso da Natación que se iniciou a partir do 6 de novembro.

A oferta inicial, ademais da citada actividade de Natación, incluía Informática e Mecanografía, Iniciación ao Movemento, Taller de Habilidades Manuais, Iniciación ao Deporte e Inglés (conversación).

Sen embargo, por falta de alumnado suficiente para formar un grupo, a actividade de Iniciación ao Movemento non chegou a funcionar este curso e a de Inglés (conversación) só se desenvolveu durante o primeiro trimestre.

NATACIÓN

Esta actividade, cunha matrícula de 26 nenos e nenas a partir dos catro anos, vense realizando na Piscina Municipal os martes e xoves, en horario de 19.15 a 20.00 horas.

INFORMÁTICA E MECANOGRAFÍA

Baixo a supervisión de Mª Carmen e Álex, monitores cedidos polo Concello, acoden ao centro dende 17 a 18 horas, 24 alumnos e alumnas de Primaria, os martes (1º, 2º e 3º) e os xoves (4º, 5º e 6º).


TALLER DE HABILIDADES MANUAIS

Tamén coa dirección de Mª Carmen, os mércores de 17 a 18 horas, funciona este taller ao que están apuntados 18 nenos e nenas dos tres primeiros cursos de Primaria.

INICIACIÓN AO DEPORTE

Esta actividade, ofertada por primeira vez este curso, dirixida por Álex, te nunha boa acollida e nela participan 18 nenos e nenas de todos os cursos de Primaria.

FIN DE CURSO

Como todos os anos, a APA ten previsto realizar unha xuntanza no mes de maio con distintas actividades e os xa tradicionais “pinchos”, nunha xornada que se pretende sexa de convivencia entre todos os socios. Así mesmo, estase a estudar a realización da excursión de fin de curso, no mes de xuño.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.