Lecturas para o verán 2020

Page 1

Recomendacións Lectoras para o Verán

SE CHE PICA UN MOSQUITO Jordi Gastó/Christian Inaraja

Kalandraka Estes divertidos remedios rimados que alivian as molestias dunha picadura non se atopan nas boticas, nin se obteñen das plantas. Para que che deixe de picar e de doer, este libro tes que ler.

O CAMIÑO DE MAZÁS Estrella Ortiz

OQO Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que a protagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dun sorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro

O PAÍS DO GRAN FURADO Xerardo Quintiá

Bahia Edicións Toribia e a súa banda punk protagonizan unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución.

O LADRÓN DE VOCES Maria Canosa

Edicións Embora As palabras non voan, as palabras quedan. Pero é certo que son quen de viaxar. Onde? Nos nosos oídos, nas nosas mentes e tamén polo vento. Cando os refachos crean remuíños as palabras poden mesturarse, enleándose as voces. Son tan importantes que Marcos e Sofía, igual que farías ti, coidan das súas palabras. Antes de que saian pola boca e unha vez que se fan oír. Son un tesouro. Tanto, que haberá quen as queira roubar. Quen será“O ladrón de voces”?

CEIP DE CELEIRO Biblioteca e EDLG


Recomendacións Lectoras para o Verán

TREBELLOS, LUME NO CEO Pepe Tobaruela

Bahia Edicións Dentro de cen anos, a Terra vive momentos convulsos desde hai tempo, habitada por seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o planeta.

ASTRO RATO E LAMPADIÑA

Fermin Solís El Patito Editorial Aventuras moi divertidas e entretidas en banda deseñada das viaxes interestelares de Astro-Rato e Lampadiña , onde deberán de actuar para salvarse dos seus inimigos.

A BANDA DOS INSECTOS Celtia Figueiras

Guindastre Edicións O club de Baloncesto da Carrasquiña non pasaba polo seu mellor momento pero a aparición dun novo e curioso adestrador os fará converterse na auténtica Banda de Insectos.

CEIP DE CELEIRO Biblioteca e EDLG


Recomendacións Lectoras para o Verán

A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? Jorge Mira

Alvarellos Editora É a terceira edición (agora ampliada e actualizada) dun dos mellores materiais didácticos de ciencia editados na nosa língua que, a través dun paixonante viaxe no tempo, explícanos os secretos do universo.

ERA DUAS VECES O BARÓN LAMBERTO

Gianni Rodari Kalandraka As peripecias dun aristócrata ancián que, grazas a un antigo remedio, experimenta unha progresiva melloría na saúde, entre outros sorprendentes efectos. Unha das historias máis divertidas de Rodari, recuperada no ano do seu centenário.

¿QUIÉN QUIERES SER? Carlo Frabetti

El barco de Vapor Eva tiene doce años, mucha curiosidad y un sinfín de preguntas. Cuando conoce a Ray, un sabio inventor algo chiflado, descubre que no todo es lo que parece y que las respuestas no siempre son lo más importante. Cuando crees que tienes todas las respuestas, van y te cambian las preguntas..

TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLA E UNHA SEREA Rosa Aneiros

Edicións Xerais Edelmira pensa que pasar o verán na aldea dos seus avós vai ser aburridisimo. Mais todo muda coa chegada de dous nenos, André e Daniel, cos que inicia arriscadas expedicións na procura de corsarios choscos, frotas de flamengos e gatos con cola de dinosauro. Ata que algo aparece inesperadamente no mar para mergullalos nunha extraordinaria aventura que os converterá en afoutos bichicomas.

CEIP DE CELEIRO Biblioteca e EDLG


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.