DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

Page 1

DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

ÍNDICE Páx. 1. Introdución.............................................................................................................2 2. Somos, estamos.......................................................................................................4 2.1. O noso centro educativo e o seu contexto.......................................................4 3. Desenvolvemento da experiencia didáctica có xornal........................................6 3.1. Obxectivos didácticos.....................................................................................6 3.2. Contidos..........................................................................................................7 3.3. Competencias básicas…...............................................................................11 3.4. Educación en valores…................................................................................11 3.5. Características psicoevolutivas dos nenos e nenas de 5 anos.......................12 3.6. Metodoloxía..................................................................................................14 3.7. Organización e distribución espazo-temporal...............................................15 3.8. Recursos........................................................................................................18 3.9. Actividades de aprendizaxe..........................................................................21 3.10. Procedementos de avaliación......................................................................91 3.11. Criterios de avaliación................................................................................92 4. Xustificación e autovaloración da experiencia didáctica levada a cabo.........93 4.1. Xustificación da experiencia.........................................................................93 4.2. Autovaloración da experiencia didáctica......................................................94 5. Referencias bibliográficas, páxinas web empregadas na realización da experiencia didáctica...............................................................................................96 6.Anexos: cedés coas actividades elaboradas na PDI e Jclic................................98

__________________Marta Meilán Fuentes___________________1


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

1. INTRODUCCIÓN.

A continuación, presento unha experiencia didáctica que foi levada a cabo có alumnado do 6º nivel do 2º ciclo de Educación Infantil; clase formada por 17 alumnos e alumnas, 8 nenos e 9 nenas de 5 anos de idade. Dita experiencia; que leva por título “De viaxe polo Sistema Solar”, xorde a raíz dunha serie de motivacións do grupo-clase pola temática do Sistema Solar, a partir dun xogo educativo para o ordenador có que traballamos na aula: “Juega y aprende con Pipo: el Sistema Solar”. Así, dado o afán por parte dos nenos e nenas de descubrir e indagar sobre esta temática e, posto que tamén o ano 2009 foi declarado o “Ano Internacional da Astronomía”, xorde a idea de levar a cabo un traballo por proxectos que versase sobre este tema. Sinalar, que o proxecto levado a cabo tivo como obxectivo fundamental que os nenos e nenas se traballasen e se achegasen a un tema tan lonxano, pero á vez tan atractivo e fascinante para eles: o universo, as estrelas, as constelacións, o Sistema Solar... empregando como recursos por excelencia; como non podía ser doutra forma nesta etapa educativa de Educación Infantil: o xogo, a observación, a exploración e a manipulación. Para levar a cabo o proxecto empregouse un excelente e motivador recurso material como é a prensa. No desenvolvemento deste proxecto escolléronse diferentes noticias relacionadas có tema da nosa experiencia: noticias adicadas á Lúa, ao Sol, á Vía Láctea, ao Sistema Solar.... que traballamos e das que nos servimos para desenvolver as diferentes actividades de aprendizaxe.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________2


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Doutra banda, sinalo a continuación todas as noticias coas que se traballaron (recollo soamente o titular da mesma), e a súa data de publicación: •

Titular: “Ano Internacional de la Astronomía” 04/03/09.

Titular : “Os físicos da USC, no reto de coñecer a orixe do universo”. 29/12/2008.

Titular : “La Nasa capta una gigantesca explosión solar en una estrella”. 20/05/2008.

Titular : “El Sol se oculta en medio planeta”. 01/08/2008.

Titular: “Vía Láctea de dos brazos”. 06/06/2008.

Titular: “Un estudio señala la fecha en que se formó la Luna”. 25/01/2009.

Titular: “La Luna 62 años más joven que el Sistema Solar”. 14/12/07

Titular: “Los planetas del Sistema Solar”. 24/08/06.

Titular: “Los astrónomos se inclinan por reducir a ocho los planetas”. 23/08/06.

Titular: “Astrónomos de todo el mundo deciden qué es exactamente un planeta”. 14/08/06.

Titular: “Plutón deja de ser planeta”. 24/08/06.

Titular: “Plutón ya no es el más grande de los planetas enanos”. 15/06/07.

Titular: “Los científicos bautizan como Eris al último planeta hallado en el Sistema Solar”. 16/09/06.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________3


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR •

Titular: “Científicos del observatorio Astronómico de Santiago descubren un planeta gigante fuera del Sistema Solar”. 30/01/08.

Titular: “Sondas de la NASA descubren en Marte el cráter más grande del Sistema Solar”. 26/06/08.

Titular: “Houston hemos perdido la caja de herramientas” 20/11/08

2. SOMOS, ESTAMOS.

2.1.O NOSO CENTRO EDUCATIVO E O SEU CONTEXTO. Ante a planificación e desenvolvemento de calquera experiencia didáctica, é de suma importancia ter en conta o centro no que nos atopamos, a súa ubicación, o seu contexto, a súa realidade social...; aspectos fundamentais que é preciso estudar antes de levar a cabo calquera proposta didáctica. Neste caso, o colexio onde foi levado a cabo este pequeno proxecto chámase “C.E.I.P Martagona”; centro situado nun medio rural galego, concretamente en Melide, na provincia de A Coruña, poboación na que predomina o sector gandeiro e sector servizos; ao ser un punto inevitable de parada de moitos peregrinos que fan o Camiño de Santiago.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________4


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Doutra banda, sinalar que, a escola dispón de xornada continuada; cun horario de 8:45 a 13:45, e de servizo complementario de transporte escolar. Por outra parte, destacar que o centro está formado por 9 unidades, das cales 3 son de Educación Infantil e 6 de Educación Primaria, tendo un total de 129 alumnos e alumnas. En canto ao profesorado sinalar que o centro conta con 16 docentes, 3 profesores e 13 profesoras, sendo eu a mestra de apoio a Educación Infantil. Dito centro, atende educativamente ao alumnado pertencente ao núcleo urbano do pobo; Melide, e a catro parroquias: Furelos, Leboreiro, O Meire e Vimianzo; esta última situada no concello de Santiso. En canto ao nivel socio-económico-cultural das familias, dicir que a maioría pertencen a un nivel medio. Verbo da lingua ambiental da zona, esta é o galego, ao igual que a lingua materna predominante entre a totalidade dos nenos e nenas do centro, e por iso polo que se emprega como lingua vehicular da aula a lingua materna da maioría do grupo-clase; o galego. En canto as dependencias, sinalar que o edificio do centro consta de dúas plantas. Na planta baixa atópanse: tres aulas de Educación Infantil, un local que se emprega coma biblioteca e sala de informática, un local para a ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos), un pequeno salón de actos que fai a súa vez de sala de psicomotricidade e un ximnasio, un local para a Dirección do centro e outro para Secretaría e Departamento de Orientación, un local con fotocopiadora, un almacén con material para Educación Física e aseos para o alumnado e o profesorado.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________5


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Na primeira planta sitúanse: seis aulas de Educación Primaria, unha aula de Lingua Estranxeira, unha aula de Música, unha de Pedagoxía Terapéutica, un local para material de uso común e aseos para nenos e profesores.

3. DESENVOLVEMENTO DA EXPERIENCIA DIDÁCTICA CÓ XORNAL

3.1.OBXECTIVOS DIDÁCTICOS. Os obxectivos son elementos que definen as intencións educativas e serven para planificar a intervención didáctica na aula. Así, os obxectivos que se detallan a continuación aparecen redactados en termos de obxectivos didácticos, os cales programei para que acadaran aos meus alumnos e alumnas despois de levar a cabo este proxecto. Así, os obxectivos didácticos establecidos foron: •

Coñecer e identificar as partes elementais dun xornal.

Indagar e coñecer aspectos fundamentais do Sistema Solar empregando a prensa coma un recurso motivador.

Iniciarse no uso e manexo do xornal, tanto na edición impresa coma na dixital buscando noticias relacionadas có Sistema Solar.

Atopar na prensa , interpretar e comprender textos e imaxes relacionadas có Sistema Solar e elementos do Universo.

Coñecer e identificar corpos e elementos do Universo: estrelas, constelacións, planetas...

Coñecer o Sistema Solar e algúns elementos que o compoñen.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________6


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR •

Amosar interese e curiosidade no coñecemento dos elementos do Universo.

Valorar a escritura e a imaxe como medio de expresión e comunicación.

Explorar as propias capacidades creativas.

Sentir interese pola linguaxe escrita e valorala coma un instrumento de información.

Amosar interese e disfrute coas actividades levadas a cabo.

Amosar interese no traballo có xornal no aula.

Aumentar o vocabulario relacionado có Sistema Solar e o Universo.

Empregar as novas tecnoloxías da información e da comunicación coma unha ferramenta básica no proceso de ensino-aprendizaxe: pizarra dixital, programa Jclic, Internet, ordenador...

Ampliar a imaxinación e a fantasía.

Enriquecer as representacións astronómicas infantís.

Afianzar os movementos corporais.

Amosar interese e curiosidade no coñecemento dos elementos do Universo.

3.2.CONTIDOS. En primeiro lugar, antes de explicitar os contidos desta experiencia, cómpre sinalar que os contidos na etapa de Educación Infantil se organizan en diferentes áreas. Esta organización en áreas, enténdese como ámbitos propios da experiencia e desenvolvemento infantil e do aprendizaxe e traballo de conceptos, procedementos e actitudes; dicir que os contidos a pesar de organizarse en áreas atópanse todos

__________________Marta Meilán Fuentes___________________7


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR perfectamente interrelacionados e concíbense cun criterio de mutua dependencia e globalidade. Unha vez explicado isto, sinalar que os contidos programados neste proxecto foron: ÁREA DE COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL. Conceptuais •

A autoestima.

A autonomía.

Habilidades motrices.

Dramatizacións.

Procedementais •

Adquisición progresiva da autonomía.

Emprego dos sentidos.

Exploración e emprego de habilidades psicomotrices.

Actitudinais •

Aceptación progresiva do propio corpo e da propia identidade.

Actitude de coidado na utilización de diferentes materiais.

Gusto polas propias de posibilidades motrices.

Actitude positiva na realización conxunta de dramatizacións.

ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO. Conceptuais •

Características de material inerte: o espazo, o Sol, a Lúa...

O Sistema Solar: planetas, estrelas, galaxias...

__________________Marta Meilán Fuentes___________________8


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR •

Obxectos do contorno natural.

Oficios: astronauta.

Procedementais •

Utilización de obxectos e materiais.

Realización de diferentes actividades relacionadas coa experiencia.

Recoñecemento de oficios relacionados có Sistema Solar.

Búsqueda de información sobre o elementos do Universo: estrelas, constelacións, galaxias…

Identificación dos elementos que forman o Sistema Solar.

Actitudinais •

Curiosidade de cara a temática do Sistema Solar e os elementos que conforman o Universo.

Interese por participar nas actividades propostas.

Interese por ampliar coñecementos sobre o tema traballado.

ÁREA DE LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN. Conceptuais •

O xornal: “La Voz de Galicia”.

A páxina web: “La Voz de Galicia”.

A hemeroteca web: “La Voz de Galicia”.

Partes e seccións básicas dun xornal.

Noticias relacionadas có Sistema Solar, o Universo...

Linguaxe oral, escrita, plástica, corporal, musical, tecnolóxica…

Técnicas de expresión plástica: picado, recortado, modelado...

As cores do Universo.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________9


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR •

Movemento expresivo, mímica e dramatización.

Obras artísticas e musicais.

Obra e vida dun pintor: Van Gogh.

Obra artística de Van Gogh: “A noite estrelada”.

Conto: “A que sabe a Lúa?”

Programa de astronomía: “Stellarium”

Canción: “Canción de bañar la Luna” de Mª Elena Walsh.

Poesía: “O Sol” de Manuel María.

Peza de música de Gustav Holst: “Os planetas”.

Medios e recursos audiovisuais e tecnolóxicos: o ordenador, Internet, pizarra dixital interactiva.

Actividades en Jclic relacionadas có tema a traballar.

Achegamento a producións audiovisuais, xogos en cd-rom e instrumentos tecnolóxicos.

Procedementais •

Interpretación de señais comunicativas: orais, escritas, plásticas, musicais, corporais.

Lectura e interpretación de imaxes, debuxos e palabras significativas escritas relacionadas có Sistema Solar e o Universo no xornal…

Participación e produción de obras plásticas.

Utilización de diversos programas educativos: Jclic, Mango Plumo, Pipo...

Imitación, representación e dramatización do movemento dos planetas.

Actitudinais •

Interese por participar en situacións de comunicación.

Interese por participar en experiencias plásticas, corporais…

__________________Marta Meilán Fuentes___________________10


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR •

Interese por aprender vocabulario novo relacionado có tema da experiencia.

Actitude positiva de cara o traballo no aula con xornais.

Gusto e interese por realizar actividades colectivas.

3.3. COMPETENCIAS BÁSICAS. Tal e como afirmaban Arias Correa, A. competencia é a posesión de coñecementos, habilidades, valores, destrezas e actitudes necesarios para desenvolverse nun contexto e poder utilizalos actuando con eficacia no desenvolvemento de actividades, tarefas e na resolución de problemas. Así, unha das premisas básicas deste traballo por proxectos adicado ao Espazo, ao Universo, ao Sistema Solar…é axudar aos nenos e nenas, de forma temperá xa na etapa de Educación Infantil, na adquisición progresiva de diferentes competencias básicas necesarias para o seu desenvolvemento integral como persoa: a competencia lingüística; matemática, competencia no coñecemento e na interacción có mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá, competencia cultural e artística, competencia para aprender a aprender, e competencia de autonomía e iniciativa persoal.

3.4. EDUCACIÓN EN VALORES. Dada a gran importancia que teñen as aprendizaxes de tipo social para os nenos e nenas desta etapa, é de suma importancia educar en valores dende idades temperás. Así dicir, que a educación en valores dende a transversalidade, foi tratada nesta experiencia cun compromiso de facelos presentes nas diferentes actividades levadas a cabo mediante comportamentos, hábitos e actitudes en todo o proceso de ensino-

__________________Marta Meilán Fuentes___________________11


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR aprendizaxe, xa que é un deber da escola educar “para” e “por” a realidade na que vivimos. Deixar claro que, educar en valores é educar nun clima de responsabilidade e de liberdade, para o desenvolvemento dunha personalidade equilibrada e responsable consigo mesma e con todo canto a rodea. Sinalar e destacar; por outra parte, a conexión existente entre o traballo có xornal no aula e a educación en valores democráticos, xa que có uso da prensa na escola estamos a invitar aos nosos alumnos e alumnas a que a partir de calquera tema, noticia, suceso… relacionado con diferentes temas transversais: educación viaria, educación para a saúde, educación para o consumo… que vai xurdindo día a día na nosa sociedade, investiguen, opinen, reflexionen… formando deste xeito seres autónomos, capaces de reflexionar sobre diferentes temas da actualidade social e cultural, e críticos coa sociedade na que nos movemos, algo que sen dúbida axudará aos nenos ao seu desenvolvemento integral como persoa.

3.5. CARACTERÍSTICAS PSICOEVOLUTIVAS DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS. Antes de explicitar os principios metodolóxicos que guiaron esta experiencia didáctica e a metodoloxía que guía a miña práctica educativa, cómpre facer referencia ás características que; dende un punto de vista xeral, amosan os rapaces e rapazas de 5 anos, cós cales se levou adiante este proxecto. O alumnado de cinco anos ten unha personalidade cunhas características evolutivas que é necesario respetar se queremos axudarlles no desenvolvemento integral de todas as súas facultades.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________12


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Destacar, a grandes rasgos que os nenos de cinco anos; en condicións óptimas do seu desenvolvemento, atópanse segundo Piaget no “estadio preoperacional”, e dentro diste no subestadio do “pensamento intuitivo”, no que a intelixencia do neno está sometida á primacía da percepción. A capacidade de abstración non está aínda de todo formada xa que asimila as partes e extrae conclusións con respecto a unha categoría. A súa noción do tempo vai mudando; sendo capaz de facer secuencias temporais máis longas. Son máis realistas, menos espontáneos e fantásticos cós nenos de catro anos, e precisan que motivemos o desenvolvemento da súa fantasía e a súa capacidade de expresión libre e espontánea. A súa atención e a súa memoria van mellorando respecto a idades anteriores, e xa comprenden moitos conceptos como hoxe, onte, agora, despois… O progreso lingüístico é asombroso utilizando máis de dúas mil cincocentas palabras, e empregando a linguaxe como medio de adecuación e coñecemento da realidade. Tamén salientar, o gusto que experimentan polo xogo verbal, así como pola aprendizaxe de verbas novas e o seu significado. Douta banda, en canto o seu desenvolvemento psicomotriz, destacar que o neno de cinco anos, é capaz de lanzar calquera cousa e de recoller obxectos que lle lancen. Tamén aumenta a súa capacidade manipulativa; usa instrumentos correctamente; pode recortar cos dedos e con tesoiras, e é quen de debuxar a figura humana completa. En canto o desenvolvemento socio afectivo, as nenas e os nenos destas idades piden constantemente a aprobación polo que fan. Comeza o xogo auténticamente cooperativo, aínda que prevalecen as finalidades individuais sobre as colectivas.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________13


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR 3.6.METODOLOXÍA. De acordo, coas características do alumnado, sinalar que; dende unha fundamentación pedagóxico-didáctica, a metodoloxía do traballo por proxectos que seguín foi unha estratexia metodolóxica integradora baseada no tratamento da información de xeito conxunto, no establecemento de relacións entre os contidos e no enfoque globalizado, o cal favorece a construción do coñecemento por parte dos nenos e nenas e a consecución de competencias básicas. Así pois, a metodoloxía desta experiencia foi activa e baseada nunha concepción contructivista do aprendizaxe, tendo en conta os principios de intervención educativa e os principios metodolóxicos recollidos no currículo de Educación Infantil da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste sentido, a metodoloxía que marcou esta experiencia estivo baseada nunha perspectiva constructivista e globalizadora, aproximando aos cativos á temática do Sistema Solar e o Universo dende unha perspectiva integrada, diversa e de forma dinámica

e

interrelacionada,

fomentando

en

todo

momento

aprendizaxes

significativas; e dicir, planificando propostas educativas ligadas aos intereses dos nenos e aos seus coñecementos previos, prestando especial atención as necesidades e individualidades de cada un dos nenos, e realizando as actividades de aprendizaxe lúdicas e de colaboración, deixando que o neno actuase, investigase e observase, sentíndose así motivado e consciente do que facía en cada momento e porqué. Explicados os conceptos metodolóxicos da proposta, é preciso tamén sinalar as fases principais nas que se dividiu este proxecto: -

Fase de inicial: fase na que se decidiu o tema do proxecto, consensuado cós nenos e nenas, planificouse, definiuse e organizouse, baseándome na etapa na que se atopan os nenos e o seu nivel psicoevolutivo; posto que non é o

__________________Marta Meilán Fuentes___________________14


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR mesmo preparar un proxecto para alumnos de Educación Secundaria que para nenos de Educación Infantil. -

Fase de desenvolvemento: unha vez decidida a temática do proxecto, poñemos en común o que sabiamos, compartimos as ideas sobre a temática a traballar, tendo moi en conta as consideracións e coñecementos previos do alumnado. Despois de estudar as concepcións previas dos nenos e nenas concretamos o que queriamos saber respecto ao tema, onde podiamos buscar a información. Logo, seleccionamos a información e os contidos que máis nos interesaron, seleccionamos as noticias que respecto ao tema do proxecto nos interesaba traballar, para partindo delas comezar a planificar pola miña parte as actividades de aprendizaxe.

-

Fase de avaliación: valoramos de forma conxunta os resultados que obtivemos ao rematar o proxecto: que aprendemos, se os coñecementos previos foron ampliados ou modificados, si os obxectivos plantexados foron acadados. Ademais, pola miña parte fixen unha valoración de todos os elementos que incidiron no proxecto: organización espazo-temporal, metodoloxía, recursos…

3.7.ORGANIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN ESPAZO-TEMPORAL. Outro aspecto metodolóxico e un variable de grande relevancia nesta experiencia didáctica á que é preciso facer referencia; é a organización e distribución espazotemporal,. Así pois, respecto a organización espacial, sinalar que a posta en práctica deste proxecto e das súas diferentes actividades levouse a cabo en dous espazos no que se

__________________Marta Meilán Fuentes___________________15


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR procurou crear un ambiente de aprendizaxe significativo e motivador: a aula e a biblioteca- sala de informática. En primeiro lugar; con respecto á aula, sinalar que se atopa na planta baixa do edificio, e é un espazo que conta con grandes dimensións. Por outra parte, destacar que a aula está dividida en dúas grandes zonas: a zona de traballo en mesas e a zona dos diferentes recunchos de actividades: o recuncho do xogo simbólico, o recuncho da tartaruga, o recuncho do ordenador...; provisto dun ordenador pero sen conexión a Internet.... Destacar que ao longo do desenvolvemento desta experiencia foise creando o recuncho do Sistema Solar; recuncho alusivo a temática que traballamos neste proxecto, o cal está provisto de libros relacionados có tema, traballiños dos nenos: murais, actividades plásticas...

(Recuncho do proxecto)

__________________Marta Meilán Fuentes___________________16


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

(Algúns libros que forman parte do recuncho do proxecto)

Doutra banda, como xa sinalei, outro espazo que se utilizou foi o local que se emprega como biblioteca e sala de informática. Na biblioteca, fomos recompilando información sobre o Sistema Solar, o Universo, o Espazo....por medio de libros, contos...; sempre adaptados a idade do alumnado. Na sala de informática; que dispón dunha pizarra dixital interactiva, unha impresora, dez ordenadores, unha televisión con deuvedé e vídeo, e unha cámara dixital, buscamos películas, deuvedés e programas educativos relacionados có tema. Sinalar que empregamos moitísimo unha gran ferramenta educativa como é Internet para atopar noticias, empregando a hemeroteca

__________________Marta Meilán Fuentes___________________17


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR web da “Voz de Galicia”. Tamén empregamos esta ferramenta para atopar páxinas web con contidos moi interesantes, vídeos... Por outro lado, en canto á distribución do tempo, este foi concibido baixo un criterio de flexibilidade, globalidade e de integridade que se adaptou aos diferentes ritmos dos nenos e nenas e as súas necesidades. Sinalar, que xa que non son a titora deste grupo de alumnos, senón que como xa sinalei son a mestra de apoio de Educación Infantil, que imparte psicomotricidade e novas tecnoloxías a toda a etapa de Infantil, elixín levar a cabo este proxecto có alumnado de 5 anos porque é o grupo co que máis clases teño, xa que ademais de psicomotricidade e novas tecnoloxías, tamén apoio en lecto-escritura. Desta forma ao ter máis clases con eles podía “xogar” e “variar” un pouco máis flexiblemente o horario. Aclarado isto, destacar que este proxecto didáctico tivo unha temporalización de dous meses e medio, comezando o día 2 de febreiro do 2009 e rematando o 24 de abril de 2009. O tempo que lle adicamos cada semana á realización desta experiencia foi de 5 sesións semanais de 55 minutos cada unha.

3.8.RECURSOS. En canto ós criterios de selección dos recursos materiais, que seguín para levar a cabo este proxecto, sinalar que prestei especial atención a que estes se adaptaran ás características e necesidades dos nenos e nenas, ás súas idades, e aos seus intereses. Así, os recursos materiais que empregamos foron interesantes, versátiles, funcionais, significativos e variados, permitindo distintos graos de uso, en función das necesidades de cada situación e momento. Así pois, os materiais cós que __________________Marta Meilán Fuentes___________________18


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR traballaron os nenos nesta experiencia foron materiais de mercado, materiais de refugallo, materiais tecnolóxicos… Entre os numerosos recursos materiais que se empregaron estiveron: - Folios. - Lapis. - Cartolinas. - Purpurina en xel. - Globos. - Arroz. - Tesoiras. - Pinceis. - Pegamento. - Papel de xornal. - Cola branca. - Témperas. - Punzóns. - Papel celofán. - Papel aluminio. - Rotuladores. - Rotuladores permanentes: cor prateada e branca. - Ceras brandas.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________19


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR - Ceras duras. - Plastilina. - Escarvadentes. - O xornal “La Voz de Galicia”. - Hemeroteca web “La Voz de Galicia”. - Páxinas web sobre o Sistema Solar, o Universo e os seus elementos… - Revistas. - Folletos relacionados có tema. - Plastificadora. - O ordenador. - Programa “Jclic”. - Pizarra dixital interactiva. - Programa “Paint” - Programa “Power Point” - Programa de Astronomía: “Stellarium” - Internet. - Cd-rom de xogos educativos relacionados coa temática do proxecto: “Juega y aprende con Pipo: el Sistema Solar”, “Mango Plumo: Viaja por el Espacio”. - Conto: A que sabe a Lúa? - Poesía “O Sol” de Manuel María. - Canción: “Canción de bañar la Luna” de Mª Elena Walsh. __________________Marta Meilán Fuentes___________________20


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR - Peza de música de Gustav Holst: “Os planetas” Por outra parte, amais dos recursos materiais, contei con varios recursos humanos que colaboraron directa ou indirectamente neste proxecto en diferentes actividades, coma os pais e nais dos alumnos e diferentes mestres do centro, achegando por exemplo á escola contos do tema que tiñan na casa, láminas do tema para colorear e falar sobre elas...

3.9.ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE. As actividades que se levaron a cabo foron unha forma activa de levar a cabo experiencias de aprendizaxe, por medio das cales se desenvolveron as capacidades infantís. Así, á hora de seleccionar as actividades de aprendizaxe desta experiencia tiven en conta o nivel psicoevolutivo dos nenos, os seus coñecementos previos, as súas necesidades e intereses, se as actividades perseguían o desenvolvemento de todas as capacidades humanas, se fomentaban unha aprendizaxe activa e baseada na observación-experimentación,… Por outro lado, sinalar , que as actividades de ensino-aprendizaxe que se levaron a cabo tiveron diferentes tipos de agrupamento; así, houbo: actividades de grupo aula, actividades de pequeno grupo, por parellas e actividades individuais. Doutra banda, destacar que a lingua empregada no desenvolvemento das actividades foi maioritariamente a lingua galega, posto que é a lingua materna predominante entre o alumnado, se ben nalgunhas das actividades empregouse o castelán, para garantir; tal e como establece a lexislación vixente, que o

__________________Marta Meilán Fuentes___________________21


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR alumnado adquira tamén o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, o castelán.

ACTIVIDADE 1: “Coñecemos o xornal” Antes de comezar coa temática do proxecto, era fundamental que os nenos e nenas coñeceran o medio de comunicación do cal recolleriamos as noticias sobre as que iamos traballar durante este proxecto. Era importante darlles a coñecer que era un xornal, o nome do xornal có que iamos traballar, e que se familiarizaran un pouco có tipo de papel do xornal, có tipo de letra e o seu tamaño, e coas diferentes partes e seccións do xornal: portada e noticias destacadas, contraportada, sección de Galicia, Opinión, Pasatempos, Deporte, Cultura... Así, observamos os xornais que tiñamos, vimos e expliqueille tamén as partes e seccións do xornal e os seus contidos, tamén falamos de onde se vendían, vimos diferenzas con respecto aos contos, falamos da realidade das noticias dos xornais comparándoas coa fantasía que envolve aos contos... Unha vez traballado todo isto, como actividades de grupo, os nenos e nenas foron recortando e pegando nun cartolina, as diferentes partes e seccións do xornal e o seu nome no recuncho que montamos adicado a temática do proxecto.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________22


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________23


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 2: ”Xogamos a atopar noticias”. Unha vez traballado coa edición impresa do xornal có que iamos traballar, a segunda actividade estivo enfocada a un primeiro acercamento dos nenos e nenas á páxina web do xornal “La Voz de Galicia”. Fomos a sala de informática e alí na pizarra dixital interactiva, “pizarra máxica” como eles a chaman, falamos de que esta páxina era como un xornal impreso que compran os papás e mamás nas librerías, quioscos... a diferenza era que este estaba en formato dixital. Logo aprenderon a empregar a hemeroteca web coma un buscador de noticias para atopar noticias relativas ao Sistema Solar, ao Universo... Sinalar que esta actividade foi unha actividade constante ao longo de toda a experiencia; empregando coma recurso ben o ordenador da aula ou a pizarra dixital para atopar noticias, xa que a medida que iamos avanzando no proxecto e desenvolvendo as actividades relativas ao contido das noticias iamos buscando novas noticias relativas ao tema: sobre o Universo, os planetas, as galaxias, as estrelas, a lúa...

__________________Marta Meilán Fuentes___________________24


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

NOTICIA TRABALLADA •

Titular da noticia: “Año Internacional de la Astronomía”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 8/03/2009.

ACTIVIDADE 3: ”O Ano da Astronomía” Esta noticia, serviu para achegar aos nenos ao tema do noso proxecto e o seu porqué, xa que este proxecto iámolo traballar nun ano especial, xa que este ano; o 2009, foi declarado o “Ano Internacional da Astronomía”. Coa noticia escollida, titulada “Año Internacional de la Astronomía”, falamos en grupo sobre ela: o xornal onde aparecera publicada, a data, o seu titular, e o tema do que trataba a mesma, tamén observamos a fotografía que acompañaba a noticia.... Logo de comentar de forma colectiva a noticia, e de facer unha actividade na pizarra dixital; consistente en colocar os nomes das partes da noticia: titular, data __________________Marta Meilán Fuentes___________________25


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR de publicaciรณn, secciรณn ou suplemento onde apareceu a noticia... cada un cubriu a ficha de investigaciรณn da noticia, pero xa de forma individual para que quedara constancia da mesma nos cadernos do proxecto de cada neno. Sinalar, que esta actividade de cubrir a ficha de investigaciรณn relativa a cada noticia tanto de forma individual, como de forma colectiva na pizarra dixital relativa a cada noticia foi unha actividade constante ao longo de todo o proxecto e levouse a cabo con todas as noticias que escollemos para traballar.

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________26


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________27


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________28


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR NOTICIA TRABALLADA •

Titular da noticia: “Os físicos da USC, no reto de coñecer a orixe do Universo”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 29/12/2008.

ACTIVIDADE 4: “Que é o Big Bang?”. A segunda noticia coa que traballamos falaba duns físicos da Universidade de Santiago de Compostela que andaban investigando a orixe do Universo. Despois de comentar esta noticia de forma colectiva e cuberta a súa ficha de investigación; tal e como fixemos con todas as noticias, colocaron o titular da mesma na cartolina situada no recuncho do Sistema Solar onde pegamos todas as noticias que vamos traballando sobre o tema.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________29


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Logo, propúxenlle aos nenos e nenas converternos en investigadores (idea que lles encantou porque como din eles son persoas moi importantes) da orixe do Universo, así que comecei a preguntar: Cómo naceu o universo?... Algúns nenos dixeron que naceu do ceo, outros que naceu moi lonxe de aquí e moi arriba no ceo.... pero para dar resposta a todas estas hipóteses vimos contos que tiñamos na clase no noso pequeno “recuncho do Sistema Solar”, e viron unha foto do Universo (quedaron abraiados) e linlles o que alí poñía: que o Universo nacera fai moitos moitos anos durante unha explosión moi grande á que os astrónomos chamaron Big Bang, e que a partir desa explosión naceron todos os elementos que conforman o Universo.

(Libros que forman parte do noso recuncho do Sistema Solar)

__________________Marta Meilán Fuentes___________________30


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Despois fixemos un “pequeno experimento” para que a todos e todas nos quedara ben claro como nacera o Universo. Falamos de que o nacemento do Universo fora coma un globo cheo de grans de arroz que un día estoupou e saíron todos os planetas, as estrelas, os satélites, asteroides e cometas e todos os elementos do Universo. Así que como vos imaxinades fixemos o experimento e encantoulles! ACTIVIDADE 5: “Dámoslle cor ao Universo”. Logo fixemos a unha actividade impresa para o “Caderno do Sistema Solar”; caderno que vamos enchendo de fichas de investigación, debuxos.... a medida que avanzamos có tema, onde se recollía a información traballada sobre a orixe do Universo; a cal limos, e unha foto do universo que colorearon con ceras brandas.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________31


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

Unha vez rematados expuxemos os traballiños no recuncho do Sistema Solar...

__________________Marta Meilán Fuentes___________________32


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR NOTICIA TRABALLADA •

Titular da noticia: “La NASA capta una gigantesca explosión solar en una estrella”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 20/05/2008.

ACTIVIDADE 6: “As estrelas e ...a nosa estrela” Esta noticia falábanos de que unhas persoas que se adican a explorar e estudar o Espacio; os astrónomos, detectaron unha enorme explosión nunha estrela... Como facemos con cada noticia nova, fomos lendo a noticia e comentándoa en grupo. Logo de forma colectiva, fixemos a actividade correspondente na PDI e cubrimos a ficha relativa á noticia, na que consignamos o xornal no que aparecera a noticia, o seu titular e a data de publicación.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________33


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________34


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Logo de comentar esta nova noticia e cubrir a correspondente ficha de investigación acerca da mesma, comezamos a indagar sobre o tema do que nos falaba a noticia recollida: as estrelas. En grupos, comezamos a investigar: un grupo encargouse de buscar en contos que tiñamos no noso recuncho, outros dedicáronse a buscar fotos de estrelas..., de modo que cada grupo tiña a súa función asignada. Despois de que cada grupo fixera o seu traballo; en asemblea, falamos do que fomos atopando: descubrimos que as estrelas eran grandes bolas de gas quente, que aínda que semellan pequenas porque está moi lonxe son moi moi grandes. Tamén descubrimos que as estrelas non teñen puntas, como moitas veces as debuxamos senón que son redondas. A través das fotos puidemos comprobar a cor das estrelas e investigar mirando a súa cor para saber se son estrelas “bebés” ou estrelas xa “avoas”, e como as estrelas ao igual cás persoas nacen, van crecendo e logo morren. Algo que lles chamou a atención foi que ao lado das estrelas aparecese o Sol..., despois de ler vimos que o sol era unha estrela ( moitos nenos e nenas crían que o Sol era un planeta) moi importante para nós, xa que era a estrela que máis preto estaba do noso planeta. Despois de todo o que estudamos sobre as estrelas, decatámonos de que a nosa estrela aínda lle quedaba moita vida, porque a cor alaranxada do sol significaba que aínda era unha estrela “bebé”. Como actividade individual fixemos a actividade para o caderno, nesta aparecía a información da que falaramos e unha foto da nosa estrela: o Sol. Limos dita información, e logo démoslle cor ao redor da foto, e picamos con punzón o Sol.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________35


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

Despois de picado colocamos por detrรกs papel celofรกn de cor laranxa. Mirade que chuli quedou!

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________36


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 7: “Presentación Power Point das estrelas” Logo de coñecer a estrela máis importante para nós, tamén decatámonos de que había moitas máis estrelas, e centrámonos; ademais da nosa estrela, en outras dúas moi importantes: Sirio e Próxima Centauri. Para poder coñecelas mellor, vimos nunha presentación Power Point elaborada pola mestra, as estrelas mencionadas e observamos o seu tamaño, a súa cor e as diferenzas entre elas... e tamén coñecemos as súas características.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________37


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Despois do ver a presentación, xa sabiamos algo das novas estrelas: a estrela Sirio, era a estrela máis brillante do ceo e tiña cor azulada; a estrela Próxima Centauri, era unha estrela anana e vermella, e a nosa; o Sol, coma xa descubriramos era de cor laranxa e a máis próxima ao planeta Terra.

ACTIVIDADE 8: “Ficha de investigación: O Sol, Sirio e Próxima Centauri” Con toda a información que sabiamos acerca das estrelas fixemos unha nova actividade para ir completando o noso caderniño do sistema solar. A actividade consistía e debuxar e colorear; despois de ver as tres estrelas na presentación, as estrelas e escribir o nome correspondente. Logo, entreguei nunha folla tres definicións que correspondían coas estrelas traballadas, de modo que antes de recortar a definición e colocala ao lado da estrela correcta, xogamos as adiviñas, un neno dicía a definición dunha estrela e os demais tentabamos adiviñar de que estrela se trataba.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________38


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________39


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 9: “Que son as constelacións?” Empregando e observando láminas motivadoras que viñan como anexo a un libro que tiñamos na clase e tamén a través de páxinas de diferentes libros que temos no noso recuncho dos contos do proxecto fomos descubrindo que eran as constelacións. Pois ben, logo de ler, descubrimos que as constelacións son grupiños de estrelas que forman debuxos no ceo. A través da observación de láminas do ceo fomos descubrindo diferentes constelacións: vimos as diferentes constelacións que existen, o seu nome e o número de estrelas que forman cada constelación, as súas figuras...

__________________Marta Meilán Fuentes___________________40


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 10: “Ficha de investigación das constelacións” Despois de saber xa algo máis destes conxuntos de estrelas cubrimos a ficha de investigación para o caderniño, na que falamos sobre todo de 5 constelacións, recoñecémolas, contamos as estrelas que forman cada constelación, observando que constelación ten máis estrelas e cal menos, falamos de que figura representaban e escribimos o seu nome....

__________________Marta Meilán Fuentes___________________41


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 11: “Vemos constelacións e as figuras que representa” . A través dun fermoso programa que baixamos da rede: o “Stellarium”, puidemos observar máis detidamente e de forma máis real as diferentes constelacións traballadas e a figura que representaban, así coma outras que foron descubrindo nenos e nenas. Sinalar que, as constelacións que máis chamaron a atención foron aquelas que representaban a animais, coma a constelación Dragón, a constelación Serpe...

__________________Marta Meilán Fuentes___________________42


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 12: “Reproducimos constelacións” . Despois de traballar có “Stellarium”, reproducimos diferentes constelacións, debuxando as súas estrelas e “camiños”, e escribindo o seu nome. Cada parella apoderouse dunha constelación que sería súa para sempre: Iria e Teresa fixéronse donas da constelación do Cisne, Daniel e Alexia da constelación do Dragón, Lara e Sara de Casiopea... Logo, cada parella reproduciuna nunha lámina, a cal incorporamos ao recuncho adicado ao proxecto.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________43


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 13: “Inventamos as nosas propias constelacións”. Xa para rematar có tema das constelacións, fixemos unha actividade de creación e de imaxinación, que fascinou os nenos e nenas: inventar novas constelacións, empregando como ferramenta un atractivo recurso tecnolóxico: a pizarra dixital. Inviteilles a que individualmente, inventaran unha nova constelación. Primeiro xogamos a facer puntiños semellando que eran estrelas, logo unímolos e xogamos a pórlle nome á figura que resultou. Desa unión... saíron novas e orixinais constelacións: Sara creou a constelación Corazón, Javier a constelación Bolboreta, Alba a constelación Nube...

__________________Marta Meilán Fuentes___________________44


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 14: “Xogamos ás contelacións con Mango Plumo” “Mango Plumo Viaja por el Espacio” é un cd- rom educativo para o ordenador có que nos agasallou un mestre amigo, que sabía que andabamos facendo un proxecto para conmemorar o “Ano Internacional da Astronomía”. Así, un dos xogos có que traballamos e que aparecen neste cd- rom é o de reproducir diferentes constelacións: nun lado da pantalla aparece unha constelación, e ao outro aparecen os elementos desa constelación. Os nenos o que tiñan que facer era reconstruír a constelación tal e como aparecía no modelo. Logo unha vez reconstruída aparecía o debuxo que representa esa constelación. O que máis lles gustaba era acabar axiña a reconstrución da constelación para poder ver o debuxo que correspondía a mesma. E, mesmo amosábanse orgullosos coas constelacións que xa coñecían, pois xa sabían que debuxo ía aparecer na pantalla unha vez rematada a reconstrución.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________45


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR NOTICIA TRABALLADA •

Titular da noticia: “El Sol se oculta en medio planeta”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 1/08/2008.

ACTIVIDADE 15: “Cando o sol se agocha” Esta noticia a cal rescatamos da hemeroteca web da páxina web “La Voz de Galicia” , falábanos outra vez dunha estrela que xa coñecíamos; o Sol, pero desta vez, a noticia falaba dun acontecemento espectacular: un eclipse total de Sol.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________46


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Tal e como sempre facemos coas noticias novas, lémola e traballámola de forma colectiva na pizarra dixital mediante diferentes actividades motivadoras acordes a idade dos nenos; en concreto nesta actividade tiña que colocar o nome de diferentes partes da noticia: titular , foto... no lugar correspondente.

Logo, de forma individual cubrimos a ficha da noticia, identificando na mesma o xornal no que se atopou a noticia, o titular, a data da súa publicación...aspectos previamente traballados na PDI.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________47


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________48


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Despois de traballada a noticia, a cal falaba de que este eclipse total de Sol; que se produciu no verán, non se podería ver en todos os lugares do mundo, pero que sería retransmitido por Internet. Como non sabiamos ben que era isto dos eclipses, e somos tan bos investigadores puxémonos mans a obra e través de diferentes páxinas web de Internet descubrimos que era iso do eclipse de Sol e os diferentes tipos: total, parcial e anular.

Despois de buscar que era un eclipse de sol, observamos varias fotos de eclipses, falando e pescudando que clase de eclipse era... Tamén, atopamos e vimos un vídeo colgado en “Youtube” sobre o eclipse deste último verán, ao que se refería esta noticia.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________49


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

ACTIVIDADE 16: “Debuxamos e identificamos os eclipses de Sol” Despois de buscar fotos dos eclipses, e ver vídeos explicativos, xa entendiamos un pouquichiño máis que era iso dos eclipses de Sol, como se producían, e os tres tipos de eclipses de sol que existían. Así que para fixar e reforzar todos estes coñecementos adquiridos completamos a ficha de investigación adicada aos eclipses, a cal incorporamos ao caderniño do proxecto: escribimos os nomes dos diferentes eclipses e tamén debuxamos os mesmos, logo completamos as frases coa palabra correspondente.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________50


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

ACTIVIDADE 17: “Có “Paint” debuxamos os eclipses” A través do programa de debuxo “Paint”, xogamos a debuxar os diferentes eclipses, e o resto da clase intentaba adiviñar de que eclipse se trataba, unha vez adiviñado escribimos o seu nome. A actividade encantoulles, xa que todo o relacionado có ordenador e as novas tecnoloxías fascínalles, posto que é un recurso moi motivador para eles. __________________Marta Meilán Fuentes___________________51


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

(Aquí vemos a Daniel debuxando un tipo de eclipse)

(Unha vez adiviñado o tipo de eclipse polos seus compañeiros, escribe o seu nome)

__________________Marta Meilán Fuentes___________________52


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 17: “Poesía adicada ao Lourenzo” Aproveitando todo o que fomos aprendendo nesta actividade e nas anteriores levadas a cabo sobre a nosa estrela: o Sol, traballamos sobre algo que atrae moito aos nenos e nenas da clase: un texto poético. Pero non era unha poesía calquera, senón unha adicada ao Sol, ao Lourenzo, recollida no libro de poesías “Os soños na gaiola” de Manuel María. Lemos e recitamos a poesía, falamos do seu autor, de a quen estaba adicada a poesía, buscamos e rodeamos a palabra Sol, e coloreamos o debuxo que acompañaba á poesía e como non...tamén despois de tanto repetila quedámonos con algunha estrofiña.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________53


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR NOTICIA TRABALLADA •

Titular da noticia: “Vía Láctea de dos brazos.”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 06/06/2008.

ACTIVIDADE 18:”As galaxias” Esta noticia falábanos dunha galaxia, a nosa galaxia: a Vía Láctea.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________54


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR A través da lectura e comentario desta noticia, así como o desglose da mesma: data, titular....descubrimos que as galaxias eran nubes de estrelas, gas e po. Tamén, mediante libriños que tiñamos na clase vimos os tipos de galaxias que existen: espiral, elíptica e irregular e descubrimos que a nosa Vía Láctea era unha galaxia de tipo espiral cunha cor esbrancuxada, por iso chamábana “camiño de leite”. Tamén, mediante a lectura da noticia, descubrimos que tiña dous brazos, en lugar de catro como se pensaba. Así, logo de comentar esta noticia, invitei aos nenos e nenas a que buscaran a palabra Vía Láctea en libros que tiñamos no noso recuncho, así como tamén identificamos a súa imaxe mediante diversas fotos, empregando como pistas toda a información que relacionada có seu aspecto, e....non tardaron moito en atopala. Unha vez atopada, descubrimos a veracidade da noticia, comprobando que todo o que leramos era verdade: aspecto, forma, cor, número de brazos... Logo de coñecer mais profundamente o tema das galaxias, cubrimos a ficha de investigación desta nova noticia de forma individual.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________55


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________56


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 19:”Camiño de leite” Despois de coñecer aspectos, tipos e características das galaxias e da nosa Vía Láctea, fixemos unha actividade plástica, na que cada neno creou e plasmou libremente “a súa Vía Láctea”, empregando coma recursos cartolinas negras e ceras brandas. Ao rematar, Damián (un neno moi creativo que sempre propón moitas ideas cando estamos a facer as actividades) animounos a cubrir a galaxia con purpurina en xel que había na clase, xa que coma él ben decía “coa purpurina parece máis espacial”.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________57


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR NOTICIAS TRABALLADAS •

Titular da noticia: “Un estudio señala la fecha en que se formó la Luna”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 25/01/2009.

Titular da noticia: “La Luna 62 años más joven que el Sistema Solar”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 14/12/07.

ACTIVIDADE 20: “Ficha de investigación sobre a Lúa” Unha vez lidas estas dúas noticias, feito o seu posterior comentario acerca das mesmas en grupo, e cubertas as fichas das dúas novas noticias tanto na PDI como en papel impreso, xa como experimentados investigadores; despois dun mes que levamos có proxecto, fomos ao ordenador a atopar máis información sobre este satélite na rede.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________58


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Atopamos gran cantidade de información que fomos seleccionando, e traballando sobre esta información descubrimos que a Lúa era o noso satélite, pero que outros planetas coma Xúpiter tamén tiñan lúas. Tamén falamos do astronauta Armstrong; o primeiro astronauta en chegar á Lúa, vimos a pegada que deixou na Lúa, observamos os cráteres da Lúa e falamos de porqué se producían... Tamén descubrimos que a nosa Lúa ten diferentes “caras”, dependendo de como chegue a ela a luz do sol, esas “caras” que nos amosa son as fases da Lúa: nova, chea, crecente e minguante. A través de libros dos que dispoñemos na biblio do recuncho do proxecto e fotos que baixamos da rede, vimos estas diferentes fases e os seus debuxos. Unha vez recompilada toda esta información, cubrimos a ficha de investigación adicada á Lúa: completamos o texto que faltaba, picamos as fases da lúa colocando por detrás da Lúa papel de aluminio e escribimos debaixo de cada Lúa o nome da fase na que se atopaban.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________59


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Tamén fixemos un traballo de investigación moi importante coa colaboración das familias; un calendario Luar: observamos a Lúa durante un mes para poder ver e rexistrar na ficha de investigación as diferentes fases polas que ía pasando.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________60


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 21: “O día e a noite a través das pinturas de Van Gogh” A través das obras de arte de Vincent Van Gogh; un pintor do día e da noite, achegámonos un pouquichiño a estas dúas nocións. Mediante un vídeo que atopamos en “Youtube”, titulado: “Starry Starry Night”, puidemos observar as obras deste fantástico artista, do que comentamos previamente algún aspecto destacable da súa vida. O vídeo amosaba unha presentación de diferentes pinturas de Van Gogh. Primeiro vimos o vídeo, logo fómonos detendo nas pinturas que representaban o día e a noite e identificándoas: “A sesta”, “O campo de trigo con segador”, “A noite estrelada”... e falamos das cores que empregaba para pintar cada paisaxe, falamos dos obxectos que aparecían nas diferentes obras... E como estabamos a traballar a Lúa e a noite, invitei aos nenos e nenas a reproducir unha “obra da noite” deste pintor... “A noite estrelada”...

__________________Marta Meilán Fuentes___________________61


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

(Os nenos e nenas reproducindo “A noite estrelada”)

(“A noite estrelada” de Sara)

__________________Marta Meilán Fuentes___________________62


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 22: “Unha canción adicada á Lúa” A noticia da Lúa que seleccionamos; como podedes ver, deu pé para levar a cabo multitude de actividades de gran motivación para os nenos e nenas, actividades coma esta, na que traballamos cunha canción: “Canción para bañar la Luna” de María Elena Walsh. O primeiro que fixemos nesta actividade, foi escoitar a canción atentamente e dunha forma activa. Logo, entregueilles a canción en papel impreso, pero á canción faltábanlle palabras que debían completar e escribir no seu lugar correspondente. Unha vez completada a canción da Lúa, coloreámolo debuxo que aparecía ao tempo que escoitabamos a canción, unha vez rematado de colorear, cantamos todos xuntos.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________63


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 23: “Un conto da Lúa: A que sabe a Lúa?” Nesta actividade traballamos sobre textos de tradición cultural, como foi a lectura dun conto: A que sabe a Lúa? de Michael Grejniec, editado por Kalandraka. O conto, falábanos duns animais que querían pescudar a que sabía a Lúa. Para conseguilo foi a tartaruga a que subiu a montaña máis alta para así poder chegar a Lúa. A tartaruga como non chegaba chamou polo elefante que subiu o seu lombo, pero o elefante tampouco era capaz de poder tocar a Lúa, e chamaron a outra amiguiña: a xirafa, pero esta malia poñerse enriba do elefante tampouco foi quen de tocala, e así foron chamando os demais amigos: á cebra, ao león, ao raposo, ao mono e ao rato, e así o rato enriba de todos os seus amigos e coa axuda de todos eles foi coma conseguiron tocar e saborear a Lúa. Despois da lectura deste fermoso conto, plantexei unha serie de preguntas para constatar o grado de compresión do conto por parte dos nenos e nenas: cales eran as personaxes? Que querían facer? Conseguiron o seu obxectivo? Cómo?.....Tamén, secuenciamos a historia de acordo coa súa orde cronolóxica, e fixemos unha actividade plástica en gran grupo reflectindo; en cartolina unha das escenas principais do conto traballado: cando os animais conseguen chegar á Lúa. Cada grupo decidiu sobre a parte do mural que quería realizar: un grupo encargouse de debuxar a montaña, outro a tartaruga, outro o elefante, outro a xirafa, outro a Lúa, outros foron os encargados de colocar todo no mural... e así foi coma o fixemos.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________64


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________65


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

NOTICIAS TRABALLADAS •

Titular da noticia: “Los astrónomos se inclinan por reducir a ocho los planetas”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 14/08/06.

Titular da noticia: “Astrónomos de todo el mundo deciden qué es exactamente un planeta”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 14/08/06.

Titular da noticia: “Plutón deja de ser planeta”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 24/08/06.

Titular da noticia: “Científicos del observatorio Astronómico de Santiago descubren un planeta gigante fuera del Sistema Solar”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 30/01/08.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________66


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR •

Titular da noticia:“Sondas de la NASA descubren en Marte el cráter más grande del Sistema Solar”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 26/06/08.

ACTIVIDADE 24: ”Coñecemos o Sistema Solar” Como en todas as actividades que levamos a cabo durante este proxecto, o primeiro que fixemos foi ler e comentar posteriormente as noticias, e facer a actividade na PDI, nesta o que fixemos foi atopar e rodear coa cor correspondente as partes básicas das noticias, para logo poder cubrir a ficha das mesmas individualmente, e colocar os titulares na lámina adicada as noticias que vamos traballando sobre o tema, lámina situada no recuncho do proxecto.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________67


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________68


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Desta vez, as noticias recollidas na hemeroteca web do xornal “La Voz de Galicia” levábanos a viaxar polo Sistema Solar. A diferentes noticias que traballamos axudáronos a coñecer os elementos que compoñen o Sistema Solar, o número de planetas que o compoñen, a decisión da Unión Astronómica de reducir a 8 os planetas, excluíndo ao pequeno Plutón... Despois de saber xa un pouco mais acerca do Sistema Solar, vimos un vídeo na rede, o cal achegounos a todos estes elementos do Sistema Solar, e mediante o cal puidemos observar o tamaño dos planetas, a súa cor, forma, así como tamén establecer diferenzas e semellanzas entre eles.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________69


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 25:” Pipo achéganos ao Sistema Solar” Unha vez iniciados no tema do Sistema Solar, e empregando un cd interactivo da colección de Pipo; concretamente o cd-rom que motivou esta experiencia: “Juega y aprende con Pipo: el Sistema Solar”, xogamos empregando as novas tecnoloxías a diversos xogos que contén o cd: neste que amosan as fotos estamos xogando a situar o planetas no seu lugar correspondente.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________70


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 26:”Fichas de investigación do Sistema Solar” Despois das diferentes actividades levadas a cabo, xa tiñamos as habilidades e coñecementos necesarios para cubrir as fichas de investigacións do Sistema Solar, as cales incorporamos ao noso caderno do proxecto.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________71


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

ACTIVIDADE 27:”Elaboramos o noso Sistema Solar con papeis de xornais” Dada a motivación dos nenos e nenas polos planetas, propúxenlles elaborar o Sistema Solar empregando papeis de xornal. Cada grupo encargouse de facer un planeta ...e así foi coma o fixemos: primeiro collemos varias follas de papel de xornal “La Voz de Galicia” e fixemos unha bola, para cada un dos 8 planetas empregamos diferente número de follas que variaba segundo o tamaño do planeta que tiñamos que elaborar. Logo, para que quedara a bola compacta apertámola moi moi ben, e fomos pegando tiras de papel hixiénico con auga mesturada con cola branca. Unha vez deixamos secar, xa tiñamos bolas ben duras. Despois pintamos cada planeta da súa cor e puxémoslle os seus nomes. O Sol fixémolo con plastilina. __________________Marta Meilán Fuentes___________________72


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________73


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________74


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 28: “Dramatizamos o movemento dos planetas...” As noticias traballadas acerca do Sistema Solar e os planetas, foron un recurso motivador, para desenvolver diferentes actividades de aprendizaxe de diferente índole: coma esta actividade de dramatización, na que convertémonos nos elementos do Sistema Solar.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________75


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Unha vez elixido o elemento do Sistema Solar que querían representar, dramatizamos e imitamos o movemento de rotación e translación dos planetas ao redor do Sol, a través das órbitas elípticas que trazamos con xiz no chan do ximnasio; espazo no cal se levou a cabo esta actividade. Como acompañamento da actividade empregamos a música de Gustav Holst.

ACTIVIDADE 29: “Cometas e Asteroides” Como ben sabiamos polos contos, libros e láminas motivadoras... que existen no noso recunchiño da experiencia, o Sistema Solar ademais de estar formado polo Sol e 8 planetas, tamén está formado por máis elementos coma os cometas e asteroides; tema en torno ao cal xirou esta nova actividade.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________76


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Logo de xogar a atopar información sobre estes novos elementos do Sistema Solar nos libros que tiñamos na clase, de descubrir o que eran, de que estaban formados, de falar deles e de ver fotografías de asteroides, cintos de asteroides e diversos cometas de grande importancia como o cometa Halley e o HalleBopp....cubrimos a ficha de investigación correspondente.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________77


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 30: “Proxecto de actividades de Jclic elaboradas pola mestra” A introdución das novas tecnoloxías xa dende a “etapa base” de Educación Infantil constitúen marabillosas ferramentas que ofrecen a posibilidade de aprender en contornos virtuais de aprendizaxe, ferramentas claves para garantir o desenvolvemento integral de todas as capacidades e propiciar a adquisición de diversas competencias básicas como a competencia tecnolóxica. Así, dado que o programa Jclic permite de forma sinxela planificar e desenvolver contidos de forma práctica e visual, fomentando a auto-aprendizaxe e o emprego de novas ferramentas didácticas, ideei unha serie de actividades relacionadas coa temática da nosa experiencia empregando Jclic (Anexo). Entre as actividades en Jclic, que como vedes elaborei estiveron: actividades de de asociar planetas có seu nome, puzzle do Sistema Solar, actividades de completar o texto, sopa de letras, asociar o planeta coa súa definición, de emparellar elementos do Universo (estrelas, soles...), de asociar o día da semana có nome do planeta do cal provén...

(Actividade Jclic de puzzle do Sistema Solar)

__________________Marta Meilán Fuentes___________________78


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

(Actividade Jclic de sopa de letras dos planetas)

(Actividade Jclic de asociar cada un dos planetas coa súa definición)

__________________Marta Meilán Fuentes___________________79


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR NOTICIAS TRABALLADA •

Titular da noticia: “Houston hemos perdido la caja de herrramientas”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 20/11/08.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________80


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 31: “Fabricamos móbiles de astronautas” Como non podía ser doutro xeito, nun proxecto adicado á Astronomía, traballamos tamén sobre un tema que fascinaba moito aos nenos e nenas: as viaxes polo espazo , as naves espaciais e como non....os astronautas! Buscamos noticias sobre o tema na hemeroteca web do xornal có que traballamos durante toda a experiencia; “La Voz de Galicia”, e alí atopamos unha moi recente do mes de novembro de 2008, cun titular interesante: “Houston, hemos perdido la caja de herramientas”. Esta noticia coa que traballamos, falaba dun astronauta chamado Heide que de viaxe polo espazo cós resto dos seus amigos astronautas na nave espacial: Endevour, ao estar limpando os guantes manchados de graxa esvarou e...perdeu a súa caixa de ferramentas polo espazo. Despois de comentar a noticia; a cal produciu grandes risas entre nenos, e de estudar as partes e os contidos básicos da mesma, xurdiron moitas preguntas e dúbidas que entre eles foron debatindo: - Marcos: E onde foi despois a caixa? - Alexia: Foise voando por todo o Universo. - Manuel: Profe, pero que ferramentas tiña a caixa? - Alex: Pois seguro que martelos, e tamén puntas para cando se estropeara a nave, porque senón cómo volven a casa. - ..... Logo dun intenso debate, buscamos nos libros do recuncho máis información sobre as viaxes espaciais, os astronautas....pero o que máis lles interesaba eran os traxes __________________Marta Meilán Fuentes___________________81


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR dos astronautas, e empregando unha enciclopedia vimos as diferentes partes que compoñen o traxe: escafandra, luvas, botas....as súas características e as súas funcións. Unha vez motivados có tema; por se aínda non o estaban, elaboramos para o noso recuncho da experiencia móbiles de astronautas, pero non eran uns astronautas calquera eran os propios nenos e nenas os que por primeira vez ían de viaxe polo espazo, así pintaron tanto a nave espacial coa que ían viaxar e o seu astronautas, ao cal déronlle “toques” de purpurina (material que lles encanta) e pegaron a súa propia foto na escafandra do astronauta.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________82


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________83


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 32: “Actividades coa pizarra dixital interactiva elaboradas pola mestra” Como recurso para motivar aos nenos empregando as novas tecnoloxías, e para afianzar todos os coñecementos e habilidades adquiridas coa posta en práctica deste proxecto, elaborei unha serie de actividades para realizar na pizarra dixital (Anexo), que fascinaron aos nenos e nenas; actividades como: riscar os elementos que non pertencen ao Universo, emparellar as fases da Lúa có seu nome correspondente, colocar os planetas no lugar que lle pertencen dentro do Sistema Solar, identificar e rodear coa cor correspondente as galaxias, espirais, elípticas e irregulares, identificar constelacións...pero sen dúbida a que máis lles gustou foi a duns astronautas que andaban perdidos e había que emparellar a cada astronauta có seu planeta (os astronautas eran eles mesmos, xa que empreguei as fotos da actividade 28 na que nos convertemos en planetas e dramatizamos o movemento de rotación dos mesmos)

__________________Marta Meilán Fuentes___________________84


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________85


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR NOTICIAS TRABALLADAS •

Titular da noticia: “Plutón ya no es el más grande de los planetas enanos”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 15/06/07.

Titular da noticia: “Los científicos bautizan como Eris al último planeta hallado en el Sistema Solar”. Data de publicación: “La Voz de Galicia” 16/09/06.

ACTIVIDADE 33: “Os planetas ananos” Estas dúas noticias falaban dos planetas ananos. Coñecemos a través das mesmas como no ano 2006 a “Unión Astronómica Internacional” (UAI) adoptou unha nova categoría de planetas, a categoría de planetas ananos, dos cales entraron a formar parte: Plutón, Ceres, Eris...Tamén descubrimos como Plutón deixou de ser o planeta máis grande da categoría destes planetas ananos, e foi substituído por outro aínda máis grande, o planeta Eris. Tal e como sempre facemos coas noticias novas, o primeiro que fixemos foi lelas e traballalas de forma colectiva na pizarra dixital; nesta actividade tiña que escribir o nome de diferentes partes da noticia: titular, sección do xornal onde se recolle a noticia... no lugar correspondente. Despois cada neno e nena, individualmente fixo a ficha de investigación destas novas noticias, recortando das mesmas a información que se lles pedía e pegándoa no lugar correspondente.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________86


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________87


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________88


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Posteriormente, recollemos de Internet fotografías destes planetas ananos, e apreciamos a súa forma, cor tamaño... ademais establecemos semellanzas e diferenzas con respecto aos planetas que forman parte do Sistema Solar, que xa traballaramos. Logo fixemos unha actividade individual: unir as fotos dos planetas ananos có seu nome.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________89


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR ACTIVIDADE 34:”Facemos a portada para o caderno do Sistema Solar e facemos unha asemblea final recordando todo o traballado ao longo da experiencia” Nesta; a derradeira actividade realizada do proxecto, coloreamos a portada para o caderniño do proxecto, caderniño que con tanto agarimo fomos enchendo de páxinas e de todos os traballiños impresos que levamos a cabo para traballar esta experiencia didáctica que xa remata.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________90


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Logo de plastificar a portada, de ordenar todos os traballiños e de encadernar o caderniño, fixemos unha asemblea final do proxecto; fomos recorrendo e comentando páxina por páxina todas as actividades realizadas, sendo conscientes os propios nenos de todo o que foron aprendendo durante estes meses, e o que sabían sobre o tema antes de comezar coa experiencia, e o que saben agora despois de rematala. 3.9. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. A avaliación é un proceso fundamental na práctica educativa, que permite un control continuo do proceso de ensino-aprendizaxe. Así pois, sinalar que durante a posta en práctica desta experiencia, avaliei non só o desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas, senón tamén diferentes factores que incidiron directamente nesta experiencia didáctica coma: as condicións organizativas e temporais, os recursos materiais, tecnolóxicos e humanos empregados, a adecuación do deseño da experiencia, a adecuación de actividades, a propia práctica docente e a miña labor... Así, respecto o desenvolvemento das capacidades dos nenos, dicir que; o procedemento de avaliación que seguín, estivo baseado nunha avaliación global, continua e formativa. Ademáis a avaliación contou con tres momentos claves: a avaliación inicial, formativa e sumativa, na que empreguei como técnicas principais a observación directa e sistemática sobre os pícaros e pícaras. Tratouse, polo tanto, dunha avaliación na que se consignou en cada caso as capacidades ou competencias desenvolvidas. Deste xeito, para avaliar este proxecto valorei se os nenos e nenas acadaron os criterios de avaliación propostos; os cales aparecen recollidos no seguinte apartado deste traballo, sendo este o procedemento de avaliación no que me baseei. __________________Marta Meilán Fuentes___________________91


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR 3.10. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. Os criterios de avaliación que programei para avaliar aos meus alumnos e alumnas ao remate da posta en práctica desta experiencia foron os que no cadro seguinte se recollen.

EXPERIENCIA DIDÁCTICA: “DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR” Sí

En proceso

Criterios de avaliación. •

Atopa na prensa , interpreta e comprende textos e imaxes relacionadas có tema do proxecto.

Sinte

interese

polo

linguaxe

escrito

e

valórao

coma

un

instrumento de información. •

Indaga

e

coñece

aspectos

fundamentais

do

Sistema

solar

empregando a prensa coma un recurso motivador. •

Amplia coñecementos sobre o sistema solar de forma lúdica empregando outros recursos materiais: revistas, contos...

Coñece e identifica as partes elementais dun xornal.

Amosa interese e disfrute coas actividades levadas a cabo.

Amosa interese no traballo có xornal no aula.

Aumenta o vocabulario relacionado có sistema solar.

Iníciase no uso e manexo do xornal, tanto na edición impresa coma na dixital buscando noticias relacionadas có Sistema solar.

Emprega as novas tecnoloxías da información e da comunicación coma

unha

ferramenta

básica

como

medio

de

información:

__________________Marta Meilán Fuentes___________________92


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

4. XUSTIFICACIÓN E AUTOVALORACIÓN DA EXPERIENCIA DIDÁCTICA LEVADA A CABO.

4.1. XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA DIDÁCTICA. Como xa sinalei ao longo deste traballo, esta experiencia didáctica xurdiu a partir dunha grande motivación que os nenos e nenas tiñan cara o tema do Sistema Solar, a partir dun cd-rom para ordenador có que traballaramos, relacionado con esta temática. A partir dese momento, comecei a plantexarme levar a cabo un proxecto que versara sobre este tema. Días despois chegou á escola un folleto que anunciaba un concurso de “Experiencias didácticas có xornal na aula”, convocado polo xornal “ La Voz de Galicia”, e a partir de aquí e vendo o interese que mostraba o alumnado có centro de interese do Sistema Solar, foi cando nos animamos a participar neste concurso, traballando o tema elixido a través do xornal e as diferentes noticias que relacionadas có tema íanse publicando ou estaban xa publicadas. Unha vez elixida a temática da experiencia, comezo a organizar todo o que unha experiencia ou proxecto leva consigo: obxectivos didácticos, contidos, organización espazo-temporal, materiais, avaliación, actividades...tendo en conta sempre o desenvolvemento cognitivo e á evolución e características dos nenos e nenas, para desta forma, poder levar a cabo un proxecto motivador, lúdico e enriquecedor para eles, favorecendo un proceso de aprendizaxe baseado en tres principios básicos que enmarcan a etapa infantil: a actividade, a observación e a experimentación por parte do alumnado, onde se poñan en funcionamento o razoamento lóxico e o pensamento crítico, reflexivo e creativo, algo que sen dúbida facilitará que os nenos e __________________Marta Meilán Fuentes___________________93


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR nenas asimilen os novos coñecementos de forma significativa, transfórmenos e a os acomoden na súa estrutura cognitiva. 4.2. AUTOVALORACIÓN DA EXPERIENCIA DIDÁCTICA. Sinalar que cando decido poñer en marcha este proxecto sobre o Sistema Solar empregando como motivador das diferentes actividades diversas noticias publicadas no xornal “La Voz de Galicia”, este grupo de 17 alumnos e alumnas de 5 anos conta con moi poucos e confusos coñecementos previos relativos a temática do Sistema Solar, circunstancia que me motiva aínda máis para traballar cós nenos e nenas este tema. Doutra banda sinalar o gran poder que ten coma recurso didáctico o traballo con xornais no aula, xa que foron un medio para achegar aos nenos nenas á temática que traballamos dun xeito atractivo para eles. Dicir, que tanto para min coma para os nenos e nenas que fixeron realidade esta experiencia, o uso do xornal, supuxo traballar cun medio de comunicación da vida cotiá e supuxo tamén achegar aos nenos e nenas a un medio có que se van atopar ao longo de súa vida, e que mellor que comezar a traballar xa con este medio na etapa de Educación Infantil onde os nenos realizan os seus primeiros aprendizaxes e teñen unha extraordinaria capacidade para aprender, capacidade que non terán en ningunha outra etapa da súa vida. Así pois, que dúbida cabe, que a prensa constitúe unha ferramenta que axuda o desenvolvemento do currículo da Educación Infantil, e o que é mais importante aínda, axudan e potencian o desenvolvemento integral do alumnado en todos os seus ámbitos e competencias: psicomotor, lingüístico, matemático, psíquico, cognitivo, social...

__________________Marta Meilán Fuentes___________________94


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Doutra banda sinalar; como mestra, a fonte inesgotable de actividades que a partir da prensa se poden programar e levar a cabo, actividades de moi diversa índole dende lingüísticas ata psicomotrices. Destacar tamén, a sorprendente motivación coa que traballou o grupo. Amosaron unha alta capacidade para realizar as diferentes tarefas e incluso foron capaces de suxerir por eles mesmos novas propostas. Cabe sinalar, que esa autonomía para suxerir novas actividades fai que os nenos sexan conscientes e entendan o que se está a traballar, convertendo de esa forma a aula nun verdadeiro lugar de aprendizaxe no que os nenos e nenas convértense en auténticos fabricantes do seu propio proceso de ensino-aprendizaxe. Xa para rematar, agradecer a todas as persoas que me aportaron ideas e materiais sobre a tématica do proxecto. E moi especialmente aos meus 17 rapaciños e rapaciñas: Javier, Alba, Nerea, Alex, Daniel, Iria, Atenea, Teresa, Idaira, Damián, Diego, Marcos, Alexia, Sara, Lara, Mateo e Manuel, que traballaron con tantas ganas e ilusión, e que cada día preguntaban; incluso despois de rematar o proxecto “...profe hoxe hai Sistema Solar?”. E, aquí remata este proxecto, que de seguro ficará sempre nas súas cabeciñas, xa que foi traballado con moito moito agarimo. Así, como ben dicía Howard Hendricks, “o ensino que deixa pegada non é o que se transmite de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón”.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________95


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

5. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E PÁXINAS WEB EMPREGADAS NA REALIZACIÓN DA EXPERIENCIA Á REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS. - DELAFOSSE, C. (2004): “Yo Observo el cielo y el espacio”. Colección Yo Observo. Editorial SM. Madrid. - FONTANEL, B. (2005): “¿Qué sabes del cielo?”. Editorial Everest. León. - GOLDSMIHT, M. (2007): “Sistema solar”. Baía Edicións. - HARRIS, N. E ASTON, C. (2006): “El espacio. El libro que se puede leer en la oscuridad”. Editorial Bruño. Madrid. - OXLADE, C. (2006): “El universo”. Editorial SM. Madrid. - TEJEDOR, S., BLASCO, D. E OUTROS. (2004): “Cielo y cosmos”. Colección Planeta Hoobs, la aventura de aprender. Editorial Planeta Junior. Barcelona. - RESINES, A. E BEVIA, H. (2007): “El espacio”. Editorial Susaeta. Madrid. - GREJNIEC, M.(2003): “A que sabe a Lúa?”. Editorial Kalandraka. Pontevedra.

PÁXINAS WEB. - http://www.lavozdegalicia.es/portada/index.htm - http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/index.htm - http://astronomia2009.es/ - http://spaceplace.nasa.gov/sp/kids/index.shtml - http://www.ecopibes.com - http://es.wikipedia.org/wiki/MHTML. - http://www.educar.org/SistemaSolar/ __________________Marta Meilán Fuentes___________________96


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR - http://www.todoelsistemasolar.com.ar/ - http://educa-ciencia.com/sistema-solar-infantil.htm - http://www.gifmania.com/astronomia/ - http://www.spitzer.caltech.edu/espanol/edu/askkids/ - http://www.xtec.es/~rmolins1/univers/es/index.htm.

__________________Marta Meilรกn Fuentes___________________97


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR

6. ANEXOS.

Cedé 1: Actividades elaboradas coa pizarra dixital.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________98


DE VIAXE POLO SISTEMA SOLAR Cedé 2: Actividades elaboradas con Jclic.

__________________Marta Meilán Fuentes___________________99


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.