Seres do universo fantástico de Cunqueiro

Page 1

SERES DO UNIVERSO FANTÁSTICO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

2011 CENTENARIO DO SEU NACEMENTO


O DEMO OVEIRO Hai un demo que se chama Alistán, e segundo o

Vento de Cesures, vén en cáseque tódolos libros. Unha vez estivo doente, e o médico que teñen os demos, que é de Toledo, receitoulle ovos de galiña, bebidos. Este Alistán fíxose oveiro e tamén o son tódolos seus fillos e netos.

Métense nun galiñeiro e beben tódolos ovos que poñen as galiñas. O sancristán de Seixido, que morreu fai poucos


anos e discutía sempre que parira un búlgar, e que era este

caso estudado, era moi perito en botar os demos oveiros dos galiñeiros.

O peor destes demos non é só os ovos que beben, senón si que estando sempre mirando para as galiñas, en agarda de que poñan, estas entolean sob o ollo do demo,

chocan sen tempo, deixan de pór i enfraquecen, e morren... Para botar dos galiñeiros ós demos oveiros abonda con espiñolo albar. Tamén, de paso, pódese poñer un cagallo de

endego.


O GATIPEDRO O gatipedro é un gato branco que ten na

cachola un corno mouro; o gatipedro vén polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer

auga polo seu corniño, e o neno, en soños, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexase na cama.


Para espantar o gatipedro abonda con botar

unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na lingua, e probando con esta o sabor do sal,

o gatipedero dá a volta e prosegue a súa nocturna viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.


SALTAPAREDES

Era Saltaparedes un grande brincador, e non se lle resistía parede, por moi alta que fose. Era coma pelota, botaba: de corpo era manteigoso, e na pel

non tiña nin pelo. Como codia de queixo de San Simón, lisa e amarela, así tiña a pel. Tiña dous olliños pequeniños, e de noite mamaba nas vacas. Unha

noite de lúa chea atopouno o golpe nunha


encrucillada, e crendo que era un queixo perdido, papouno. O golpe sorprendeuse de que indo

andando, tras come-lo queixo, a par del ía a sombra do comido. Quixo meterlle o dente, pero non puido. Pero o golpe, que é malicioso, despois de pensalo un

pouco, caeu na conta de que podía aproveitarse da sombra do saltaparedes que o seguía a toda parte.


O VELAGULLAS

O velagullas é un trasno pequeno, que está sen traballo desde que foi inventado o acerico para

xastres e modistas. O velagullas estaba ao servizo da xente de agulla, e buscaba, para restituílas á man do dono as agullas perdidas no chan, ou nas teas. Polos

seus servizos non cobraba nada, pero dise que algúns xastres tratárono, e fixéronlle monteiras, e algunhas costureiras camisas. Polo San Xoán marchaba e non


regresaba ata o outono. Din que desapareceu do noso país cando chegaron as primeiras máquinas de coser. Un xastre de Lugo, que tiña moi perfecto o

corte do entalle das levitas dos aristócratas, mercou unha. Un velagullas que andaba por alí, fixo augas menores pola máquina. No Brasil hai trasnos moi

semellantes ao Velagullas, que deben ser parentes emigrados do noso, que deberon ir a Río ou Bahía entre a roupa dun de Pontecaldelas.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.