AULAS ABALAR

Page 1

AULAS ABALAR O CPI de Mondariz é un centro Abalar. As aulas Abalar teñen pantalla dixital, proxector,

carro de carga para os ultraportátiles dos alumn@s

e un portátil para o profesor/a.


O noso Centro ten 8 aulas Abalar: • 5º de primaria • 6º de primaria • 1º da ESO • 2º da ESO En 5º B con frecuencia traballamos co equipamento Abalar.

Para gañar tempo a profesora ás veces xa ten todo listo cando chegamos. Tamén hai días que nos abre o carro e imos por orde collendo cada un o seu portátil ( están numerados e a cada un asignóusenos un, co que traballamos sempre e no que gardamos os traballos que imos facendo). Aínda que ás veces dan algún problema, en xeral funcionan ben e a batería aguanta toda a mañá.


Como tamén temos Internet, cos ultraportátiles podemos facer un montón de cousas: • Escribir traballos e artigos. • Revisar o blog de aula . • Buscar imaxes e información. • Enviar correos a través de gmail. • Subir cousas a Google Drive. • Xogar • Etc.


Na nosa opinión, é máis divertido traballar co equipamento Abalar que cos libros de texto de toda a vida ,e pensamos que se aprende mellor así: •

• • •

Mentres escribimos este artigo, o ordenador vainos indicando as palabras que están mal, e así tamén aprendemos ortografía. Podemos ver vídeos ou facer xogos interactivos relacionados cos temas que estamos estudando. En Internet atopamos ó momento imaxes para ilustrar os nosos traballos. Calquera dúbida sobre vocabulario solucionámola ó momento co dicionario on-line.

ABALAR ESTÁ XENIAL

PERO DÁ UN CHOLLO...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.