Tódolos camiños levan a Santiago

Page 1

Universidade de Vigo Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Grao en Educación Primaria Novas tecnoloxías aplicadas á educación (P02G120V01202) Prof. Mª Teresa Domínguez Pérez

Brea Postorivo, Mª José Cortizo Carballo, María Costa Osorio, Cintia Fontán Pérez, Mª Dolores


ÍNDICE 1. Xustificación ................................................................................................................. 3 2. Contextualización ......................................................................................................... 5 2.1 O Centro .................................................................................................................. 5 2.2 A Aula ..................................................................................................................... 5 3. Desarrollo curricular ..................................................................................................... 7 4. Metodoloxía .................................................................................................................. 9 4.1 Escenario e ambiente de aprendizaxe ..................................................................... 9 4.2 Principios metodolóxicos ........................................................................................ 9 4.3 Agrupamentos ......................................................................................................... 9 4.4 Papel do alumnado ................................................................................................ 10 4.5 Papel do profesorado ............................................................................................ 10 4.6 Apertura á contorna .............................................................................................. 11 4.7 Perspectiva didáctica ............................................................................................. 11 5. Actividades ................................................................................................................. 13 6. Avaliación ................................................................................................................... 16

2


1. XUSTIFICACIÓN A través do Camiño de Santiago traballaremos diferentes áreas do currículo nos que se atoparán diferentes contidos para axudar aos nenos e ás nenas na súa aprendizaxe. Ditos contidos aparecen especificados no Decreto 105/2014 do 4 de setembro polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. O proxecto escollido, O camiño de Santiago, é un tema moi interesante non só para nós senón tamén para o noso alumnado, xa que ademais de ter un gran valor histórico, cultural e artístico é algo coñecido por eles debido ao preto que está o noso centro da catedral de Santiago de Compostela e toda a historia e atractivo turístico que o rodea. Con este proxecto o que pretendemos é que se interesen e valoren o patrimonio histórico e natural de Galicia. Primeiramente na área de Ciencias da Natureza para a preparación do menú que levarán para facer o último tramo do camiño de Santiago terán que ver os tipos de dieta e ter en conta a clasificación dos alimentos para así poder preparar un menú axeitado para ese día. En canto ás Ciencias Sociais, fomentarase a través das TICS a animación á lectura de textos de divulgación xeográfica e histórica. Tamén grazas a actividade da liña temporal poderemos ver as técnicas para localizar no tempo e no espazo feitos do pasado. Ademais coa catedral e diferentes igrexas que encontraremos no camiño poderemos estudar o Románico e o Gótico máis de cerca. De cara ás linguas, coa visita que realizaremos a planta de cultivo de pementos “A pementeira”, os nenos a parte de familiarizarse co vocabulario agrícola terán que realizar enquisas para facer o proxecto, onde empregaran a linguaxe nun contexto diferente do que están afeitos. Para o traballo da área Matemática, empregaremos as medidas e as lonxitudes para calcular a quilometraxe entre punto e punto de interese e ver tamén as medidas máis importantes da catedral de Santiago. Na Educación Física procuraremos que os nenos e nenas leven unha vestimenta axeitada tanto para a actividade física que neste caso será a andaina, coidarase a alimentación e a hidratación ao longo do traxecto, facendo as paradas pertinentes para que o corpo se recupere.

3


Dentro da Educación Artística, primeiramente na área plástica o alumnado realizará diferentes fotografías con distintos enfoques e planos para enriquecer o proxecto. Estas fotos poderanas facer cunha cámara fotográfica, móbiles ou tabletas, etc. Seguidamente no outro plano das artes, é dicir, a música aprenderán a sonorizar as imaxes recollidas previamente e a representaran usando diversos materiais e dispositivos electrónicos. En resumo, con este proxecto pretendemos que os nosos alumnos e alumnas aprendan dunha forma dinámica e innovadora diferentes contidos das áreas do currículo.

4


2. CONTEXTUALIZACIÓN 2.1 O CENTRO Centro urbano público dunha das principais cidades da provincia da A Coruña, Padrón. Oferta os niveis educativos de educación infantil e educación primaria (CEIP). A antigüidade do centro é de dúas décadas pero as instalacións foron remodeladas segundo as necesidades. Consta de dous módulos de distinto tamaño; o principal consta de tres plantas: a primeira está destinada á administración, biblioteca, aula de informática, aula de música e salón de actos; na segunda planta está a aula de debuxo e nove aulas destinadas aos tres cursos de educación infantil; na terceira planta está o laboratorio e as seis aulas para os cursos de primaria. Tanto infantil como primaria constan de dúas liñas (A e B). No segundo módulo atópase o ximnasio. Entre eles hai un patio de recreo con peche de rede metálica con espazo de herba e campo de fútbol. A xornada educativa é de 8:45 a 14:15 todos os días, e os luns de 15:05 a 17:45. O centro conta cun claustro composto por sesenta profesores de distintas áreas, dos que dezaoito son titores, e catro pertencen ao departamento de orientación. A meirande parte son profesores con praza fixa polo que o cadro docente presenta unha alta estabilidade. O alumnado total do centro é de 450 dos que o 10% é estranxeiro, 20% primeira xeración na cidade e 70% segunda ou terceira xeración. Socioeconomicamente, no entorno predomina o sector servizos, sendo o perfil das familias de clase media na súa meirande parte. As familias presentan un alto índice de participación tanto nas reunións coma nas actividades propostas polo centro. O centro está ao día na redacción de documentos que organizan e regulan o centro de ensinanza. Posúe PEC, PCC, PAT, Plan de convivencia, Plan lector e moi recentemente, Proxecto Lingüístico de Centro.

2.2 A AULA A aula á que está destinada esta unidade didáctica está composta por 24 alumnos que cursan quinto de primaria. Conta cunha porcentaxe superior de alumnas (62’5%, 15 alumnas) que de alumnos.

5


En canto aos alumnos con necesidades especiais compre destacar dous casos concretos. Por unha banda, un rapaz que presenta dende o ano anterior indicios de Asperxer. Agás tres novos ingresos procedentes doutros institutos da urbe, o resto do alumnado coñécense por cursar xuntos os niveis previos. Case a totalidade do alumnado está afincado na cidade como segunda ou terceira xeración. Gran parte da superficie da aula está ocupada polo mobiliario pero no fondo da mesma hai espazo suficiente para algunha actividade. A aula consta dun ordenador, encerado dixital e un proxector. É importante ter en conta que o noso alumnado se atopa na cuarta fase do desenvolvemento definida por Piaget, a das operacións concretas.

6


3. DESARROLLO CURRICULAR ÁREA OBX

a b d e h i

CIENCIAS SOCIAIS CURSO CONTIDOS CRITERIOS DE ESTÁNDARES DE AVALIACIÓN APRENDIZAXE BLOQUE 1: CONTIDOS COMÚNS B1.1. Iniciación B1.1. Realizar un traballo CSB1.1.1. Busca ao coñecemento de investigación que información (empregando científico, toma supoña a busca, selección as TIC e outras fontes de conciencia e organización da directas e indirectas), das súas fases e información sobre selecciona la información a súa aplicación fenómenos previamente relevante, a organiza, nas ciencias delimitados, a realización analiza, obtén conclusión sociais. dun produto, a sinxelas e as comunica Proposta de documentación do oralmente e/ou por escrita. traballo que proceso. E a xurda dun comunicación dos CSB1.1.2. Manifesta a problema, resultados autonomía na planificación acontecemento e execucións de accións e ou inquedanza e tarefas, ten iniciativa na que supoña un toma de decisións e asume proceso de responsabilidades. investigación e acción que CSB1.1.3. Realiza as garanta a tarefas encomendadas e participación presenta os traballos de activa do maneira ordenada, clara e alumnado e limpa. facilita o proceso de autoregulación da aprendizaxe. B1.2. Busca e selección de información empregando as TIC e outras (directas e indirectas), organización, análise, documentación do proceso (mediante uso de cartafoles) e comunicación das conclusións. B1.3. Planificación e xestión de proxectos co fin de acadar obxectivos. Iniciativa emprendedora.

7

CCCC

CAA CD CMCCT CCL

CSIEE CAA

CAA CCL

QUINTO ACT

Planificació n etapas


ÁREA OBX

b d h o

ÁREA OBX

h

CIENCIAS SOCIAIS CURSO CONTIDOS CRITERIOS DE ESTÁNDARES DE AVALIACIÓN APRENDIZAXE BLOQUE 4: AS PEGADAS DO TEMPO B4.6. O B4.4. Identificar e CSB4.4.1.Sitúa nunha liña Camiño de localizar no tempo e no do tempo as etapas Santiago. O espazo os procesos e históricas máis importantes Románico. O acontecementos da Idade Media e Moderna. Gótico. históricos, políticos, CSB4.4.2. Identifica e Proposta de sociais y culturais máis localiza no tempo e no realización relevantes da historia de espazo os dunha España para adquirir una feitos fundamentais da investigación e perspectiva global da súa Historia Medieval e exposición evolución. Moderna de España, sobre o camiño describindo as principais de Santiago. características de cada unha delas.

CIENCIAS SOCIAIS CURSO CONTIDOS CRITERIOS DE ESTÁNDARES DE AVALIACIÓN APRENDIZAXE BLOQUE 3:VIVIR EN SOCIEDADE B3.13. As B3.8. Explicar as CSB3.8.1. Identifica e actividades diferenzas entre materias define materias primas e produtivas: primas e os produtos produto elaborado e os recursos elaborados, identificando asocia coas actividades nas naturais e as actividades que se que se obteñen. materias realizan para obtelos. primas. CSB3.8.2 Describe ordenadamente o proceso de B3.14. Produtos obtención dun produto ata elaborados. sua venda e identifica os Artesanía e sectores aos que pertence. Industria. Formas de produción.

CCCC

CMCCT CSC CCEC CCL

CCCC

CCL CSC CCL CSC CMCCT

QUINTO ACT

Liña tempo

do

QUINTO ACT

Pementos de Padrón

8


4. METODOLOXÍA 4.1 ESCENARIO E AMBIENTE DE APRENDIZAXE A metodoloxía desenvolverase tanto na aula ordinaria, na aula de informática como en espazos abertos (o camiño de Santiago, A Pementeira), en función das actividades e as tarefas a desenvolver. En canto os tempos, están pensados por sesións de cincuenta minutos no interior da aula, podéndose adaptar segundo o ritmo de traballo dos alumnos. Os recursos materiais e humanos utilizados serán: 

na aula: encerado dixital, tableta, proxector e o mestre.

na aula de informática: ordenadores, móbiles, cámaras fotográficas e o mestre.

no exterior: autobús, albergue de peregrinos, móbiles, cámaras fotográficas, persoal de A Pementeira e do albergue, e tres mestres. 4.2 PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

o Enfoque globalizador e integrador de todas as áreas do currículo de 5º de primaria o Papel activo do alumno para modificar e reelaborar os seus esquemas de coñecemento o Funcionalidade das aprendizaxes, e dicir poñer en práctica as competencias claves o Favorecer o desenvolvemento de procesos cognitivos, autorregulación e valoración do propio aprendizaxe. o Incorporación das TICs. o Ter en conta o clima de aula para o bo funcionamento da mesma o Currículo flexible para atender a diversidade. o Argumentos flexibles e variados. 4.3 AGRUPAMENTOS Faranse en función da actividade, sendo en gran grupo, para a explicación do desenvolvemento da unidade didáctica, e tamén no percorrido do camiño de Santiago. Traballarase en grupos pequenos, que variarán entre catro ou seis membros, dependendo

9


da técnica cooperativa elixida, por exemplo, grupo de investigación para a primeira actividade, ou de maneira individual, para a terceira actividade. 4.4 PAPEL DO ALUMNADO O obxectivo desta unidade didáctica é implicar ao conxunto do alumnado e motivar neles o interese e a curiosidade por coñecer unha etapa da nosa historia. A concepción do alumnado mudou profundamente nos últimos anos e este traballo pretende formular unhas actividades nas que se plasme esta nova concepción dos educandos. Dun alumno pasivo que no cuestionaba os coñecementos impartidos polo seu mestre, agora pasa a ter o papel protagonista e os procesos de ensinanzaaprendizaxe están orientados cara o alumno e os seus intereses. Esta tendencia cara o paidocentrismo motiva unha serie de actividades nas que os alumnos deberán ser eles mesmo o “motor” do seu propio coñecemento, isto é, deberán adoptar un papel activo no proceso de aprendizaxe. O papel que debe adoptar o alumnado é múltiple. Para desenvolver as súas capacidades con plenitude terá que investigar, descubrir, cuestionarse e argumentar os novos saberes que adquirirá grazas ao seu propio traballo. Ten autonomía ademais para propor novos temas ou debater sobre o que non está de acordo. Así pois, os tempos actuais esixen por parte dos alumnos un compromiso adquirido coa súa propia aprendizaxe, converténdoos en axentes activos e participativos deste proceso. 4.5 PAPEL DO PROFESORADO Os procesos educativos son actos comunicativos, polo tanto, o docente debe ter a capacidade de construír contextos de comunicación. Con todo, aínda que pareza que a linguaxe verbal é suficiente para transmitir ou comunicar, a linguaxe non verbal do educador ten unha gran importancia, xa que con iso acompaña ao que di oralmente e transmite sensacións ou emocións ao alumnado. Ademais, existe un terceiro tipo de comunicación, que é aquela que se dá por medio de imaxes ou pola utilización do TIC. Na actualidade, este tipo de transmisións cobra moita importancia, converténdose nun mediador da aprendizaxe.

10


Doutra banda, o docente é unha referencia como modelo de conduta. Encárgase de traballar situacións para exercitar as capacidades incluídas nesta competencia, como pode ser, a participación efectiva e responsable da comunidade escolar. O docente debe de ser un mediador dos posibles conflitos que poidan xurdir, así como un motivador da comunicación. Outro dos requisitos dos docentes é a empatía. O docente debe ser comprensivo ante as necesidades do alumnado, así como deseñar estratexias didácticas efectivas. Para eles emprega a observación, a cal lle permite mellorar o seu labor docente, coñecer as características e necesidades do alumnado e planificar e mellorar ditas estratexias didácticas, individualizándoas. Coa observación o educador mellora os procesos de E/A, os ritmos de aprendizaxe, os espazos, materiais ou as relacións sociais na aula. 4.6 APERTURA Á CONTORNA Para as actividades que realizará o alumnado precisaremos da participación dos pais e nais. Xa que precisamos da súa autorización para que os nenos podan pasar a noite fora das súas casas; ademais necesitarán levar a comida axeitada de casa para realizar a actividade. Para esta actividade necesitaremos tamén a colaboración da planta de cultivo “A Pementeira” que nos guiará polas súas instalacións e lles dará unha charla explicativa sobre os pementos de Padrón e o seu cultivo; por último concederalle entrevistas ao alumnado para que podan facer o seu propio documental. Por último imos recibir a axuda do albergue de peregrinos de Teo para que o alumando e máis os mestres acompañantes da saída escolar podan pasar a noite alí, como auténticos peregrinos. 4.7 PERSPECTIVA DIDÁCTICA A Unidade didáctica comeza co deseño e planificación dunha etapa do Camiño de Santiago (actividade 1) por parte dos alumnos. Así pois, o alumnado deberá realizar unha actividade de investigación e procura de información sobre a devandita etapa, Padrón-Santiago. O obxectivo é motivalos e implicalos para a seguinte actividade (o percorrido do camiño) de carácter máis práctico.

11


Así pois, antes de iniciar a andaina visitarase a planta de cultivo a Pementeira, na que recibirán unha charla sobre os pementos e o seu cultivo. Posteriormente, os alumnos deberán montar un documental sobre a visita. Proporcionaráselles un listado de direccións web, para incentivar o traballo autónomo, e que libremente seleccionen o contido. A secuenciación das actividades segue unha orde lóxica, partindo da preparación dunha etapa, pasando pola súa posta en practica, e rematando coa última actividade que consiste nunha elaboración dunha liña do tempo, que servirá para asentar os coñecementos adquiridos ó longo do camiño. Deste xeito producirase unha aprendizaxe significativa. O remate de cada actividade, os alumnos participarán na súa avaliación completando unha grella de autoavaliación, segundo a rúbrica que lles facilitará o mestre, preparada no portar Eduteka (http://www.eduteka.org/) e coa apliación informática Rubistar (http://rubistar.4teachers.org/index.php?skin=es&lang=es).

12


5. ACTIVIDADES

13

ACTIVIDAD 1: Planificación da etapa Padrón-Santiago DESCRICIÓN Esta actividade consiste en que os rapaces e rapazas planifiquen a etapa que se vai levar a cabo. Previamente o profesor indica cal é a etapa, neste caso Padrón-Santiago. Así pois, o alumnado deberá realizar unha actividade de investigación e procura de información sobre a mesma. Deberán incluír os seguintes datos: 1. Onde inicia e onde remata a etapa 2. Duración da mesma e onde durmir. 3. Puntos de interese (breve historia do camiño, paisaxes características, patrimonio histórico-artístico). 4. Equipamento e vestimenta. 5. Calculo da enerxía (calorías) que se necesita para superar a etapa. 6. Alimentación axeitada para a ruta. METODOLOXÍA Dun listado de páxinas web relacionadas con cada punto, o alumnado deberá recabar toda a información que considere oportuna para poñer en práctica durante o camiño. Terá lugar na aula de informática. AGRUPAMENTO Dividirase a clase en seis grupos formado por catro alumnos. A cada grupo se lle asignará aleatoriamente unha parte do informe, e deberán traballar seguindo a técnica colaborativa de grupo de investigación.

AT. DIVERSIDADE Para o alumno con necesidades específicas especias, neste caso asperxer, tentarase motivalo para a actividade en función dos seus intereses. Así, escollerá por el mesmo que parte do informe desexa traballar e vixiarase a súa evolución e socialización co resto dos compoñentes do seu grupo.

AVALIACIÓN Capacidade de buscar e seleccionar información sobre o tema proposto polo mestre. Capacidade de elaborar un documento propio e de presenta-la información diante da aula.

RECURSOS TIC Tabletas e ordenadores Encerado dixital Proxector Jclic e/ou PDI e/ou Edilim e/o Webquest TEMPORALIZACIÓN

Dúas sesión para a procura de información e unha terceira de posta en común e resolución de dúbidas, onde se elaborará un cartafol de viaxe común. PLANS DE CENTRO O Plan de normalización lingüística, Plan lector e a utilización das TIC, así como co Plan de convivencia. Os alumnos terán que seleccionar a información e organizala, utilizando ferramentas informáticas, traballando en grupos colaborativos, nos que o uso do diálogo é primordial para resolución de posibles conflitos.


ACTIVIDAD 2: Documental Pementos de Padrón DESCRICIÓN Antes de iniciar a andaina visitarase a planta de cultivo a Pementeira, na que recibirán unha charla sobre os pementos e o seu cultivo. Posteriormente, os alumnos deberán montar un documental sobre a visita. Para iso, deberán realizar os seguintes pasos: 1. Toma de notas. 2. Realización dunha pequena entrevista 3. Gravación en vídeo das instalacións e da entrevista. 4. Inicio do camiño ata a chegada so albergue de peregrinos de Teo, onde pasarán a noite. O día seguinte reanúdase o camiño ata Santiago. METODOLOXÍA Tras a visita a pementeira os alumnos, de volta no colexio, ó rematar o camiño, deberán realizar a montaxe do documental que será colgado no blog do colexio. AGRUPAMENTO AT. DIVERSIDADE RECURSOS TIC Na aula, dividirase a clase O alumno con necesidades Tabletas e ordenadores en catro grupos formado específicas especias, neste Móbiles por seis alumnos. Cada caso asperxer, integrarase Blog do colexio grupo terá que formular no grupo que lle Jclic e/ou PDI e/ou Edilim tres preguntas guías para o coa e/o Webquest documental. Escollerase corresponda dos seus TEMPORALIZACIÓN dous membros de cada colaboración compañeiros e a supervisión grupo que realizarán as Primeira sesión para a tarefas de gravación, do profesor. preparación da entrevista, fotografía, entrevista e segunda sesión para a toma de notas, nas visita da pementeira e instalacións de A gravación da entrevista e Pementeira. inicio da etapa ata Teo, Unha vez rematado o terceira sesión para camiño e de volta no chegada a Santiago, cuarta colexio, os catro grupos e quinta sesións para a dividirán de forma libre e elaboración e subida do dialogada o contido que documental ó blog.. subirán o blog, na aula de informática. AVALIACIÓN PLANS DE CENTRO Identificar e distinguir a materia Plan de convivencia, xa que os rapaces prima do produto elaborado. pasarán dous días xuntos. Usarán Capaces de presentar o proceso de igualmente as TIC (gravación con cámaras posta no mercado do pemento de fotográficas e móbiles, ordenadores) e o Padrón, dende o seu cultivo ata a súa Plan de normalización lingüística para a venda. elaboración do blog.

14


ACTIVIDAD 3: Liña de tempo DESCRICIÓN Realizar unha liña no tempo sobre a orixe do Camiño de Santiago, isto é, dende as visións do ermitán Pelaio, o impulso que o bispo Teodomiro en canto ao inicio da construción do templo, a chegada do Mestre Mateo, os avances na estrutura da catedral ata configurarse tal como a coñecemos actualmente e, por último, a difusión do camiño e a chegada dos primeiros peregrinos. METODOLOXÍA Explicación da actividade ao alumnado que, tras unhas nocións previas básicas, deberán buscar e ampliar a información que consideren oportuna para a realización da súa liña do tempo. Serán libres de seleccionar e descartar os acontecementos que queren que figuren, polo que han de ser autónomos e tomar a iniciativa á hora da toma de decisións. Posteriormente da procura de información, empregarán a ferramenta online Line para a realización da liña do tempo (https://line.do/) AGRUPAMENTO AT. DIVERSIDADE RECURSOS TIC Esta actividade é Para o alumno con asperxer Tabletas individual, cada alumno o profesor ou profesora debe Ordenadores deberá realizar a súa levar a cabo un Jclic e/ou PDI e/ou Edilim propia liña do tempo. acompañamento máis e/o Webquest Desenvolverase na aula de personalizado así como a TEMPORALIZACIÓN informática. observación detallada do Dúas sesión, unha para a proceso da actividade e procura de información e como o alumno a pon en realización dos primeiros marcha, orientándoo cando esquemas e outra darlle faga falla así como fomentar forma a súa liña de tempo. a súa autonomía e responsabilidade. AVALIACIÓN PLANS DE CENTRO Localización nunha liña do tempo a Esta actividade relacionase co Plan lector e evolución do Camiño de Santiago, de normalización lingüística, xa que nun remontándose a San Pelaio, ata a construción primeiro momento terán que facer una da actual catedral de Santiago. selección de documentación para a Adecuación aos tempos do alumnado, posterior elaboración da liña do tempo. orixinalidade e coherencia dos acontecementos na liña do tempo resultante.

15


6. AVALIACIÓN Os criterios de avaliación xerais desta unidade didáctica son: ●

Entregar os traballos e tarefas encomendadas nas datas sinaladas.

Participar activamente e con interese nas actividades e debates.

Usar correctamente termos históricos.

Identificar acontecementos e períodos históricos.

Realizar por escrito breves informes sobre as actividades.

Avaliación inicial: a través dunha observación sistemática, continuada, e participativa, levarase a cabo unha primeira toma de contacto cos coñecementos previos do alumnado sobre o tema a tratar. O educador realizará unha serie de preguntas na aula de maneira oral, indicando quen debe contestar cada unha delas, procurando que participen a maior proporción de alumnos posible. Avaliación continua: farase uso de varias ferramentas para unha avaliación adecuada e completa: -

Análise e corrección de exercicios.

-

Observación sistemática, continuada e participativa do progreso

do alumnado co avance das dinámicas. -

Posta en común.

O remate de cada actividade, os alumnos participarán na súa avaliación completando unha grella de autoavaliación, segundo a rúbrica que lles facilitará o mestre, preparada no portar Eduteka (http://www.eduteka.org/) e coa apliación informática Rubistar (http://rubistar.4teachers.org/index.php?skin=es&lang=es). Avaliación dos procesos de ensinanza: O docente realizará despois de cada sesión un diario de clase no que figurarán, entre outros, os seguintes apartados: ●

Obxectivos acadados.

Adecuación do tempo, dos principios metodolóxicos e recursos.

Problemas xurdidos e as súas solucións.

Participación e actitude do alumnado.

Captación da atención do alumnado.

Nivel de compresión acadado.

16


Periodicamente, o docente revisarรก e reflexionarรก sobre os resultados obtidos para considerar e valorar as modificaciรณns oportunas.

17


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.