Xornadas TIC Pontevedra

Page 1

Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica O 1 de decembro celebraronse no Pazo da Cultura en Pontevedra as Xornadas Ferramentas TIC e Multimedia nas Aulas, estas Xornadas estaban inmersas na Feira das Industrias Culturais CULTURGAL que se desenvolveu durante toda a fin de semana. Nas Xornadas tiven o pracer de coñecer a Manuel Area Moreira, nado en Pontevedra e profesor na Universidade da Laguna dende 1982. Escoitei a súa ponencia con interese, dicía que é moito máis importante centrarse no cambio de pedagoxía que na

tecnoloxía

en

si

mesma, de feito o Moodle en

mans

de

moitos

profesores pasa a ser unicamente

unha

ferramenta para fabricar apuntes. Falou tamén da morte dos libros de texto, afirmación

que

estou

certa, doulle a máis dun unha lixeira comezón. A medida que o escoitaba parecíame que xa o coñecía de algo, e por fin caín na conta de que o seguía en twitter e en Google+, aproveitei o descanso para desvirtualizarme e falar con el. Diante dun café, unhas pastas e en compañía de Luz Castro a que tamén coñecía por twitter falamos de novo das TIC e de como deixou Galicia alá polo ano 1982 ao rematar Filosofía en Compostela. Manuel A. fixo unha analoxía entre a introdución das TICs no ensino e o libro impreso nas universidades. Dende que se instalou a primeira imprenta en España, en Segovia alá polo ano 1472 pasaron varios séculos ata que as universidades os admitiron como unha ferramente común de estudo. Unha das causas foi que os estudantes estaban obrigados a coller os apuntes do profesor, e que só había unhas poucas copias revisadas por el, feitas a man e autorizadas para poder ser alugadas polos estudantes. Nas bibliotecas antes da invención da imprenta, habia libros encadeados aos pupitres que non se podían levar a casa, caramba!, como me lembra esto aos ordenadores do proxecto ABALAR!, nos séculos XVI e XVII a censura era tremenda, en 1502 establécese a obriga

1/ 3


Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica de someter os libros a censura civil e eclesiástica, aparecen listas de libros prohibidos. No reinado de Felipe II prohíbese a venda de libros censurados baixo pena de morte, as obras prohibidas queimábanse na fogueira. Estas regras non se relaxan ata o século XVIII cos reinados de Fernando VI e Carlos III, no que se permite ao autor dun libro impreso expoñer persoalmente a súa opinión ante o tribunal que o tivese censurado e só se podían censurar libros relixiosos. Outra ponencia que me gustou foi a de Manuel González do IES Concepción Arenal en Ferrol, decía, temos un sistema educativo do século XIX, nós somos do século XX e, o alumnado século

é

do

XXI.

Na

páxina web do seu centro hai recollidas máis de 200 videos dirixidos polos seus alumnos

do

curso

pasado,

cada

un

deles facía 8 ou 9 videos semella

por que

curso, tan

inmensa producción debería

repercutir

negativamente

na

calidade dos filmes, non obstante, Manuel sinalaba que o importante é o proceso non o fin “aposto porque as pelis que fan os alumnos sexan imperfectas, iso fainas interesantes”. Manuel G. tamén coordina o canle de youtube Cliphistoria “canle de recursos audiovisuais para o ensino da Historia de España a través de clips de filmes e ao tempo unha reivindicación do cinema español e latinoamericano” Xa polo serán pareceume interesante achegarmos ao ensino dende o mundo dos videoxogos con imaxin. Aínda queda moito por percorrer ata que dispoñamos da diversidade necesaria de videoxogos educativos para poder levalos a aula de forma

2/ 3


Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica normalizada, pero estou certa que é unha das posibles futuras vias no ensino. A posta en escea do obradoiro foi a simulación dun concurso televisivo, nós formabamos parte do público e tamén dos participantes fixemos así un paseo virtual dende as orixes dos videoxogos con Atari nos anos 70 ata os nosos dias.

E por último Tati Mancebo mostrounos un amplo abano de aplicacións disponibles para que os docentes podamos facer uso delas.

3/ 3


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.