O Barbanza 40

Page 1

obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160 O Barbanza Outubro 22Número 40 Parte informativo de obras Ante a dúbida, comercio de proximidade Barbanza runner Os nosos concellos achegan detalles dos seus proxectos 3/9 1816 As patronais do Barbanza entregan premios e fan balance de novidades Carreiras e andainas animan a nosa vertente deportivosolidaria A nosa web: obarbanza.gal En outono avanzamos A comarca é un fervedoiro de proxectos e propostas de lecer
Síguenos en: Toda a actualidade da comarca nas túas mans Visita a nosa web Diario dixital obarbanza.gal O Barbanza obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160

O mar recuperado

Comezaron os traballos da primeira fase do proxecto de remodelación do porto de Palmeira

que está efectuando as obras é Vilariño Esp, S.L.U. A actua ción comporta un investimen to de 675.320,75 euros e ten un prazo de execución de oito meses.

En palabras do Concello, o proxecto “prevé a reordena ción do tráfico e do estacio namento na zona, a recupe ración do vínculo co mar e a planificación e deseño do espazo público, amais da eli minación das barreiras visuais que impiden gozar plenamen te da paisaxe mariñeira”.

Amplíase a liña de abastecemento na avenida da Paz

Xa están en mar cha as obras da primeira fase da remodelación do entorno portua rio de Palmeira: unha iniciati va impulsada pola Consellería do Mar a través de Portos de Galicia, en coordinación co Concello de Ribeira, en base ao anteproxecto dese ñado polo arquitecto David Chipperfield e a Fundación RIA, que centra esforzos na recuperación de urbanas e naturais a través da posta en valor da longa e frutífera

tradición construtiva, paisaxís tica, urbanística e produtiva da comarca do Barbanza. De feito, o proxecto cuxa primeira fase arrincou en Palmeira parte da fórmula do equilibro entre funcionalidade, estética e sustentabilidade, buscando “mellorar a mobilidade e a accesibilidade na contorna do porto, ao tempo que se renova a imaxe da dársena e faise máis operativa para os profesionais do mar e atractiva para os veciños e visitantes”.

A empresa adxudicataria

O porto de Ribeira terá alumeado de última xeración

AConsellería do Mar, a través de Portos de Galicia, renovará o alumeado portuario de Ribeira con máis de medio cento de equipamentos, luminarias, proxectores e software de telexestión. Así o fixo saber a titular de Mar, Rosa Quintana, nunha visita á localidade na que estivo acompañada do al calde Manuel Ruiz e do patrón maior da confraría de pes cadores da localidade, José Antonio Pérez Sieira. Quintana

subliñou que “esta actuación mellorará as condicións de iluminación e eficiencia, procu rando unha reducida contami nación luminosa”.

A representante do Executi vo galego, que acudiu coa pre sidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, indicou que “se implantará tecnoloxía LED con equipamentos de altas prestacións deseñados para traballar en espazos portuarios pola súa resistencia en am bientes mariños e condicións

As obras desta fase supo ñen a intervención nun espa zo de 2.000 metros cadrados e en preto de 400 metros en liña da fachada marítima. As actuacións inclúen a mellora do espazo público e da mobi lidade mediante a ampliación da zona peonil a carón do mar, sobre a coieira existente, e eliminando a barreira visual que supón o actual muro de peche.

A maiores, crearanse balcóns de pedra e gradas integradas no noiro do paseo, ordenarase a circulación rodada con pasos de peóns elevados e renovaranse os pavimentos e o mobiliario urbano buscando reforzar a súa calidade estética, dura ción e homoxeneidade dos materiais.

OConcello de Ribeira informou do inicio das obras dirixidas a ampliar a liña de abaste cemento da avenida da Paz, situada dentro da parroquia de Palmeira na saída da autovía AG-11. Esta actua ción recaeu en Excavacio nesNima, S.L., e supón un investimento de 46.752,92 euros, IVE incluído.

Dende o Consistorio enga den que o obxectivo destas tarefas de abastecemento é “rematar cos problemas de escaseza de subministro de auga que se producen con frecuencia no verán nas zonas altas da parroquia de Palmeira e na avenida da Coruña en Ribeira”. Tales problemas débense sobre todo ao notábel aumento de poboación en datas estivais co conseguinte incremen to de consumo nas zonas

baixas, provocando que chegue menos caudal ás zonas de maior cota.

Para solucionar estas eivas estase a crear unha conexión directa da liña de auga que descorre pola estrada DP-7310 ata a autovía AG-11 procedente do depósito de Moldes, adonde chega desde o río Ulla, coa rede de abastece mento existente no lugar da Carballa.

Ademais comezouse a instalación de 509 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade con 110 milímetros de diámetro e 16 de presión nonimal, unha válvula de comporta, unha válvula de baleirado, unha ventosa e unha conexión en carga á rede existente na parte superior e un entron que convencional na parte inferior.

climáticas adversas”. Ademais, “incrementarase a protección contra sobretensións e implan

tarase unha capa tecnolóxica para o telecontrol de ilumina ción”.

Esta actuación, cun or zamento de 340.000 euros, inclúese nun contrato conxunto de 3,8 millóns de euros que Portos ten en licitación para unha trintena de dársenas autonómicas co obxectivo de “dotar de sistemas de alu meado exterior sustentábel o conxunto do sistema portuario autonómico”.

No porto de Ribeira actua rase sobre 69 luminarias e proxectores para a súa reno vación, incluíndo a retirada das instalacións existentes, subs titución polos novos equipos LED, así como a dotación de sistemas de telexestión.

3 Outubro 22O Barbanza Ribeira  ACTUALIDADE 

Reivindicando o comercio... e a conciliación

A Pobra lanza unha campaña de dinamización económica a través de Pequetroula

14 anos no que se divertiren mentres as súas familias fan compras nos esta blecementos de proximidade.

No acto de presentación estiveron presentes o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Promo ción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Sara Sánchez; a presidenta do DEAN. shop eCommerce, Noelia Hermo; e a administrativa da Asociación de Em presarios, Susana Moreira.

por monitorado e especialistas en dis tintas materias. O horario definido para os sábados é de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas, mentres que nos domingos se establece dende as 12.00 ata as 14.30 horas.

Para acceder ao servizo é preciso presentar un bono Pequetroula que se pode conseguir en liña a través da web www.deanshop.es ou presencialmente na Oficina do Turismo. Tamén se habi lita a posibilidade de facelo na propia praza media hora antes do inicio de cada sesión. Pode facer uso del tanto a veciñanza da localidade coma a doutros municipios.

AConcellaría da Pro moción Económica da Pobra lanzou unha nova campaña a través da cal fortalecer o sector comercial. A fórmula elixida será a da

conciliación, contando coa colabora ción do DEAN.shop eCommerce e da Asociación de Empresarios. Destes obxectivos e desas alianzas xorde unha nova edición da Pequetroula, espazo lúdico para a rapazada de 3 a

Mellora de vías municipais no ámbito rural

Oalcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), desprazáronse ata distintas vías municipais para comprobar o resultado dos traballos recentes alí desenvolvidos, ademais de anunciaren novas interven cións con cargo ao crédito aprobado no pleno polo valor de 300.000 euros.

Un destes proxectos de mellora focalízase na

parroquia de Santo Isidro de Posmarcos e comprende dous tramos: do Cruceiro Novo ao Foxo e de Armen tal á Conga. Nestes treitos, logo da limpeza de cunetas e a perfilaxe, estenderase aglomerado asfáltico e adap taranse as tapas de rexistro existentes á nova cota de ra sante da estrada. A empresa Fermín Simal S.L. é a encar gada da súa execución, que comporta un investimento total de 46.197’80 euros, IVE incluído.

O epicentro das actividades será a praza Alcalde Segundo Durán, onde estará habilitado un toldo que se converterá nun fervedoiro de activida des amenas e creativas: proxeccións de filmes, obradoiros de iniciación á maxia, cociña, ciencia, parkour ou con tacontos son algunhas das propostas. Desenvolveranse durante as fins de semana comprendidas entre a de 8 de outubro e 18 de decembro, atendido

Máis tarde, o bono poderase trocar por descontos en numerosos comer cios da vila que contarán cun distinti vo: téxtil, moda deportiva, salóns de peiteado, centros de estética, tendas de tecnoloxía, mercerías, panadarías, tendas de comestibles e dous locais hostaleiros.

O prezo destes bonos por sesión distribúese da seguinte maneira: na quenda de mañá, 7 euros pola entrada dun/dunha cativo/cativa; pola tarde, 10 euros; e, coa opción de mañá e tarde, 15 euros. A contía total verase rebaixa da pola participación de irmás e irmáns e será de balde para o/a terceiro/a.

Amais, informaron do remate das obras na pista do Outeiro, destinadas a dar acceso ás vivendas. Proce deuse coa limpeza de cune tas, co axuste da pendente do terreo coas entradas ás casas e coa aplicación de balastro artificial e triplo rego asfáltico. Ademais acomo dáronse os pozos e arquetas ao novo nivel. O orzamento ascendeu a 12 076’16 euros, IVE incluído, e foi realizada pola empresa xa referida. No lugar da Costa dotouse de firme dous camiños para tamén dar entrada a domi cilios. Consistiu na limpeza e explanación da superficie existente para subministrar balastro artificial e aplicar pa vimento. Excavaciones Nima S.L. asumiu a actuación cun importe total de 11.501’05 euros, IVE incluído. Neste proxecto de mellora inclúen se máis accións futuras no ámbito rural como, por exemplo, na Gándara ou Gonderande.

Máis servizos e axudas no curso escolar 2022-2023

Co obxectivo de facilitar o acceso á educación en igualdade de condicións, o Concello reforzou as presta cións para o curso. Fíxose coa contratación de 5 monitoras para o Servizo de Madruga e o apoio ao comedor na EEI Fernández Varela, no CEP Pilar Maestú Sierra e no CEP Salustiano Rey Eiras. Debido ao volume de persoas usuarias, valórase incorporar unha profe sional máis.

Na súa dimensión social, a edil dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), mani

festou que se incrementaron as axudas á escolarización que se outorgan seguindo parámetros obxectivos. Os datos reflicten que se pasou de 19 solicitudes en 2021 a 38 neste 2022, das cales foron concedidas 11 e 23, respectivamente. No total benefícianse 34 crianzas. As denegadas foron por superar o baremo económico. Estas pres tacións van en dúas vertentes: unha cota fixa para material escolar de 55 euros e unha subvención para sufragar o gasto do comedor escolar, entre o 50% e o 100%.

4 Outubro 22 O Barbanza  ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

Goiáns, referente patrimonial, cultural... e tamén laboral

Comezan en Boiro as aulas do novo Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal

OConcello de Boiro des envolve durante o curso 2022-2023 unha nova edición do Obradoiro de Emprego en Xes tión Forestal Torre Goiáns II – Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, visitaron este 6 de outubro ao alumnado. Fixérono acompañados da directora, Lidia Santos, e do persoal docente.

O obradoiro desenvolvese no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e conta coas especialidades de Aproveitamentos forestais e de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, con 10 alum nados en cada modalidade. Ademais, as persoas asistentes terán a oportu

nidade de realizar a parte práctica da formación en espazos naturais do mu nicipio como son a contorna do Pazo de Goiáns e do Centro Arqueolóxico

de Neixón, o transcurso do camiño xacobeo do Barbanza (A Orixe), Mon te Peón e Monte do Sino.

O alumnado traballador recibe for mación teórica e práctica e conta cun contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo, de 40 horas semanais, durante os 12 meses que dura o programa e en

horario de 7.30 horas a 15.30 horas.

O alcalde deu a benvida aos asis tentes e animounos neste inicio de curso xa que “é unha oportunidade moi boa para formarse e para atopar saídas laborais, porque é un sector que ten moito futuro na nosa comar ca”.

O Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns II – Boiro rea lizase mediante unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a realización de obradoiros de emprego na comuni dade autónoma.

Na vertente formativa atópase un completo equipo de cinco persoas, que foron seleccionadas previamente ao inicio das actividaes: un director, un mestre para especialidade de aproveitamentos forestais, un mestre para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, un titor- mestre de educación básica e un técnico forestal.

Adquisición de puntos limpos móbiles

AConcellería de Medio

Ambiente de Boiro vén de adquirir dous puntos limpos móbiles co obxectivo de achegar a reci claxe aos núcleos de poboación de todas as parroquias. O con celleiro Raúl Treus, dixo que o obxectivo desta adquisición é “financiar o programa Reciclaxe en move

mento”, co que se van percorrer os distintos núcleos de poboación do municipio, ache gando o servizo local de Punto Limpo que o Concello de Boiro ten en Espiñeira ás parroquias. “O que buscamos con esta campaña é ampliar os servizos en materia de recollida de lixo dos que dispón o Concello de Boiro e

promocionar a reci claxe aproximando o servizo de Espiñeiro á veciñanza“, reco ñeceu o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus.

Os puntos limpos que se veñen de ad quirir conteñen sete bocas de residuos para o acubillo de lámpadas e fluo rescentes, téxtil e roupa, xoguetes e outros plásticos que non se poden deposi tar no contedor ama relo, pilas e baterías... entre outros.

O programa Reci claxe en movemento comezará a mediados do mes de outubro e os dous puntos limpos rotarán cada dúas semanas, pasando durante todo o ano e estarán durante dúas semanas en cada núcleo.

Beirarrúas e servizos no treito entre Cespón e Quinteiro

OConcello de Boiro comezou o mes de outubro executando obras para a realización de beirarrúas e servizos de Cespón a Quinteiro (beira leste), unhas actuacións que se realizan mediante o financiamento da Deputación da Coruña con cargo ao Plan Único Concellos (POS+ 2021). Estas actuacións es tanse a desenvolver na

estrada DP-1106, entre os puntos quilométricos PK 4,700 e PK 6,200.

As obras vanse execu tar nun tramo de 1.500 metros lineais nos que se vai instalar unha rede separativa de pluviais e fecais que contará con 30 arquetas, sumidoiros e unha rede de auga para consumo doméstico que permita dispoñer de abastecemento mu nicipal, para o que se

colocarán un total de 30 acometidas domiciliarias e 3 hidrates para o servi zo de bombeiros.

As actuacións com plétanse coa execución dunha beirarrúa de 1,5 metros de ancho ao longo de toda a mar xe da estrada e que contará con alumeado público realizado con rede soterrada eléctrica e luminarias tipo LED. A obra adxudicouse por un importe de 340.392,47 euros, e vaise executar mediante o Plan Úni co Concellos (POS+ 2021) da Deputación da Coruña.

5 Outubro 22O Barbanza Boiro  ACTUALIDADE 

Ocupación empresarial e emprego

O polígono rianxeiro colle un decisivo impulso coa incorporación de Cerqueira e Stolt Sea Farm

Rianxo acolleu o 30 de setembro unha xuntanza de traballo entre repre sentantes da entidade estatal Solo Empresarial do Atlántico (SEA), do Concello e da histórica empresa Conservas Cerquei ra, que iniciará en xuño a súa acti vidade nunha innovadora planta de produción emprazada no Polígono do Té, dando emprego a unhas 250 per soas. Informar dos detalles do afian zamento da conserveira en Rianxo foi o gran obxectivo da reunión, na que se recordou que Cerqueira investirá 28 millóns de euros no seu proxecto rianxeiro. Como lembraremos, trátase dunha últimas representantes en activo do importante pasado conser veiro da nosa terra, con 130 anos de andaina ás súas costas. A actividade da empresa na nosa comarca estaba até o de agora focalizada en Ribeira, na súa histórica sede de Bandourrío, aínda en activo.

Participaron na xuntanza a xerente de SEA, Beatriz Sestayo, acompaña da do director xeral de SEPES, Fidel Vázquez, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e a tenente de alcaldesa, Mari Carmen Figueira. Todos eles puideron coñecer os avances da planta da man

dos responsábeis da conserveira.

A empresa, titular da firma de con servas Pay Pay, iniciou xa a constru ción da súa nova sede no polígono rianxeiro, na que prevé centralizar parte da súa produción, e que al bergará sistemas ambientalmente sustentábeis e innovadores.

A planta contará con 18.000 metros cadrados de superficie, con insta

lacións soterradas para xestionar o tratamento de auga. Nun primeiro paso, está previsto trasladar a factoría de Ribeira e iniciar a actividade con preto de 70 empregados xa en xuño de 2023. Amais, nun prazo de cinco anos prevese chegar a empregar ao redor de 250 persoas.

O polígono rianxeiro alcanzou unha ocupación do 86% e que demos

tra, en palabras de Sestayo, “que o ámbito público pode servir de trans formador social, desde o respecto á sustentabilidade, á idiosincrasia dun pobo como Rianxo, referente en ma teria conserveiro, acuícola e pesquei ro, e no que grazas á colaboración institucional entre Concello e SEA, converteuse nun referente”.

O rexedor, pola súa banda, deu os parabéns a SEA polo traballo des envolvido e puxo en valor o “antes e despois” do parque empresarial, cun cambio “histórico”, tras confirmarse tamén a futura chegada da empresa de Stolt Sea Farm, que xunto con Conservas Cerqueira, sumará preto de 400 postos de emprego.

O Parque do Té multiplicou por catro a súa ocupación en só 3 anos, alcanzando xa o 86%. Tan só quedan dispoñíbeis 7 parcelas das 50 que se ofrecían, e que suman só 28.000 metros cadrados.

Stolt Sea Farm

Amais das novidades relaciona das con Cerqueira na recta final de setembro o consello de administra ción de SEA aprobou a adxudicación a empresa de acuicultura Stolt Sea Farm de ata un total de 44.346 m² correspondentes a 6 parcelas, no Po lígono de Rianxo, o que supón unha quinta parte da superficie desta área empresarial. A adxudicación da media ducia de parcelas formalizouse por 2,9 millóns de euros.

Obradoiro laboral de mantemento de zonas verdes Cinco formacións para adultos (Aulas Socioculturais)

AXunta vén de conceder unha subvención ao Concello de Rianxo para o desenvolvemento do Obradoiro Dual de Em prego Pazo de Rianxiño. Fíxoo por importe de 377.990,25 euros. A actividade formativolaboral vai destinada a 15 alumnos/as-traballa dores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado.

O alumnado recibirá formación no ámbito da instalación e o man temento de xardíns e zonas verdes, centrán dose nas áreas exterio res de lecer do Pazo de Rianxiño e contribuíndo

ao seu mantemento e mellora, “á vez que aprenden un oficio con amplas perspectivas de emprego”, explicou o Concello, engadindo que os traballos previstos abranguerán a con servación das arbores

con valor ornamental, o acondicionamento de zonas axardinadas, a ac cesibilidade as mesmas pensando nas futuras usuarias e usuarios do Centro de Día. Amais, eliminaranse as especies danadas e achegarase

o mantemento da finca durante un ano. Por outra banda, introduci rase ao alumnado do obradoiro nas sementei ras, plantacións, cortas, sistemas de rega, tra tamentos fitosanitarios, entre outros.

Prevese o seu inicio a comezos de novembro e en vindeiras datas sairán publicamente as diferentes convocatorias de selección do persoal de formación e de solici tudes do alumnado.

O anterior obradoiro realizado en Rianxo o ano pasado centrouse nos menores de 30 anos e levou por nome Carnero Valenzuela II de confección e publicación de páxinas web.

Aárea de Cultura de Rianxo pre sentou os detalles das súas Aulas Socioculturais e de Ocio Educativo, concibidas como unha proposta de animación socio cultural, difusión da cultura popular e educación de adultos. A finalidade concreta é “promo ver e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural

socioeducativa”. Búscase tamén me llorar a calidade de vida da poboación, incrementar o seu acervo cultural per soal e comunitario e “ofrecer espazos de ocio creativo e me llorar as competen cias e habilidades persoais e sociais”. Os obradoiros que se realizarán serán: Música Tradicional e Canto Coral; CartónPedra; Iniciación ao Gravado; Escrita Creativa e Gravado; e Descubrindo Arte Dramática: O Teatro.

6 Outubro 22 O Barbanza  ACTUALIDADE  Rianxo

Este 3 de outubro os Concellos de Porto do Son e Ribeira inauguraron a nova edición do Obra doiro de Emprego Tahume, a oitava edición desta iniciativa dirixida a favorecer a inserción laboral das persoas desem

pregadas dos dous municipios a través de formación espe cializada, avanzada e dunha índole marcadamente prácti ca, poñendo o foco na moci dade local. Un total de vinte alumnos e alumnas participan xa nesta convocatoria. Esta oi tava edición será dual xa que

serán impartidas dúas espe cialidades distintas, por unha banda operacións básicas de cociña e pastelería e, pola outra, confección e montaxe de artes e aparellos. Na aper tura do obradoiro participaron María Sampedro, concellei ra de Cultura do Concello

de Ribeira, e Manel Deán, concelleiro de Emprego en Porto do Son. Ambos deron a benvida á vintena de alumnos que integran o Tahúme VIII e destacaron a importancia destes cursos formativos para chegar ó mercado laboral cun ha preparación axeitada.

A especialidade de Ope racións básicas de cociña e pastelería será cursada por 12 alumnos. Nela, o alumnado terá a oportunidade de des envolver almorzos solidarios, almorzos saudábeis, menús degustacións, xornadas de showcooking e eventos gas tronómicos. Polo que respecta á especialidade de Confec ción e montaxe de artes e aparellos, está dirixida a oito persoas. Nesta formación, os asistentes desenvolverán este tipo de traballos para fondos expositivos dos museos, am bientación de feiras e outras actividades estivais, deco ración de espazos urbanos, divulgación en centros esco lares ou para o seu uso en instalacións deportivas, para canastras, porterías, etc...

Ambos cursos constarán dunha fase inicial que se im parte no edificio do Mercado Municipal de Ribeira e dunha segunda fase na que os alumnos de artes e aparellos trasladaranse ao Viveiro de Empresas de Porto do Son. A duración deste obradoiro dual é dun ano.

OConcello de Porto do Son, a través da súa área de Medio Ambien te, realizou estes días traballos intensivos de limpeza nas contornas dos puntos de recollida municipal de lixo, po ñendo o foco en retirar todo tipo de refugallos erroneamente deixados nestes lugares, destina dos para outro tipo de recollida.

Dende o Consistorio lembran que o traballo de conservación do medio e da paisaxe e, tamén, o tratamento de refugallos, ten que ser unha tarefa de colabo ración cidadá, e que os residuos voluminosos ou perigosos deixados

nas contornas dos contedores deben ser depositados no Pun to Limpo local ou no Punto Limpo Móbil, servizos de balde para toda a veciñanza e de cuxos horarios e funcionamento infórma se de continuo na web

municipal e nas redes sociais.

Amais disto, o Con cello ten habilitado un servizo para a recollida puntual de mobiliario e aparellos eléctricos e electrónicos. Para cal quera dúbida, cómpre chamar ao 981 867

OConcello de Porto do Son pon en marcha este luns 3 de outubro as activi dades de dinamización, lecer, formación e concilia ción da Ludoteca Munici pal. A axenda desenvolve rase en horario de 16.30 a 19.30 horas, e estará dirixida a dous grupos de idade: nenas e nenos de entre 6 e 12 anos (os luns, martes e mércores) e ne nas e nenos de 3 a 5 anos (xoves ou venres). Máis información nos teléfonos 981767589 - 698197909 ou na conta de correo omix@portodoson.gal.

OConcello de Porto do Son presentou o pro grama anual das Escolas Deporti vas, que teñen a data de comezo fixada para este 3 de outubro e que ofrece unha deslocalizada e variada axenda de actividades en diferentes parro quias (Santa Irene no Son, Portosín, Queiruga, Xuño, Caamaño e San Pedro) e para di ferentes treitos de idade: predeporte, acrobacias, baile

moderno, pilates, cross training júnior, combat ou spinning. Por certo que unha parte do programa foi concibida para achegar hábi tos deportivos e saudábeis para a poboación sénior do concello, a través dos cursos de mantemento de maiores. A información sobre as actividades pode solicitarse a través de depor tesdoson@gmail. com e a través do teléfono 981 76 77 58.

7 Outubro 22O Barbanza
O obradoiro de emprego do Son e Ribeira brinda dúas liñas formativas: unha de cociña e pastelería e outra de artes e aparellos
Volve Tahume (e xa van oito)
Chamamento á cidadanía para impulsar o uso dos puntos limpos
Escolas Deportivas: axenda completa e deslocalizada
Comezan as actividades da Ludoteca
Porto do Son  ACTUALIDADE 

Dodro, Padrón, Rois e Rianxo poñen o foco nas competencias dixitais

OPrograma Integrado de Emprego dos Concellos de Dodro, Rianxo, Padrón en Rois 2021/2022, financiado pola Consellería de Promoción do Empre go e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), proseguiu na recta final de setembro coa súa actividade de formación e capacitación tecno lóxica. O programa, que está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos ditos municipios, ten como finalidade a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realiza ción dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral.

Ademais das entrevistas indi viduais de orientación e asesora mento laboral que se están facendo a diario, no remate de setembro realizáronse as seguintes accións

formativas co obxectivo de mellorar os currículos e a empregabilidade das persoas usuarias: un Obradoiro de coaching, intelixencia emocional e motivación para o emprego; e un Curso de competencias dixitais para o emprego.

Até 51 obras participan no XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

convoca dous obradoiros tecnolóxicos para emprendedoras

OConcello de Lousame convo cou dous obradoi ros gratuítos de apoio a mulleres emprendedoras. Desenvolveranse do 5 ao 26 de outubro na Aula de Informática da Casa da Cultura e en horario de 9:00 a 13:00 horas. Du rante sesenta horas, dez veciñas de Lousame po derán asistir aos talleres de comercio electrónico e mercadotecnia (mar keting) dixital, impartidos

ao abeiro do programa Xeración 20=22.

Poderán participar mulleres de máis de 18 anos, residentes no de vandito termo municipal e que estean pensando en emprender ou iniciar un proxecto empresarial.

Estes dous obradoiros forman parte do terceiro e derradeiro seminario previsto no programa de promoción da empregabi lidade feminina Xeración 20=22, que está a des

Sae a licitación o acondicionamento dun espazo público en Pousada

OConcello de Lousame vén de sacar a licitación, por procedemento aberto e ordinario, as obras de acondicionamento dun espazo público na aldea de Pousada por un importe de 80.968 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de seis meses. Os traballos consisten no acondicionamento dun

espazo público no lugar de Pousada mediante o pavi mentado dunha superficie de 1.170 m2 no interior da aldea. O proxecto inclúe a instalación dunha canaliza ción de 175 metros para a recollida de augas pluviais e da liña eléctrica exis tente, así como a constru ción dun muro de pedra granítica, de 20 metros de longo por 2 metros de

envolver o Concello de Lousame e que conta co

financiamento da Fe deración Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Igualdade.

Opasado 23 de outubro re matou o prazo de entrega das obras candidatas ao XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, organizado polo Concello de Dodro. Certame que rende homenaxe ao poeta Euse bio Lorenzo Baleirón, natural do municipio e que constitúe un dos galardóns máis antigos da crea ción poética galega. Nesta edición destaca a alta participación, na que concorren ata 51 poemarios. O Concello de Dodro nomeou como responsable do bo desen volvemento do Premio á poeta, profesora e tradutora, Elvira Ribei ro Tobío. O xurado encargado de valorar os traballados presentados ao concurso está composto polas escritoras: Inmaculada López Silva, Emma Pedreira e Rebeca Bacei redo. Actuarán como presidente o alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís e como secretario o concelleiro de Cultura e Patrimo nio, Xoán Xosé Vicente Franco. Este tribunal dará a coñecer o fallo do premio o 19 de novembro e o acto oficial de entrega terá lugar o día 10 de decembro.

alto, para a contención de terras. Unha vez acondi cionada a superficie do terreo, procederase á súa pavimentación con cinco

centímetros de saburra (zahorra) e doce de for migón, intercalando tres franxas de lastros (ado quíns) de granito.

A persoa gañadora deste XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón recibirá 2.500 € e a obra galardoada será publicada nunha editorial de recoñecido prestixio.

8 Outubro 22 O Barbanza  ACTUALIDADE  Dodro  Lousame  Outes
Lousame

Comeza o taller de emprego Noia-Lousame-Outes 2022

ACasa da Cultura de Lousame acolleu este 3 de outubro o inicio do obradoiro de em prego Noia-Lousa me-Outes, que formará durante doce meses a vinte persoas desempre gadas nas especia lidades de repo boacións forestais e tratamentos silvícolas. O acto estivo presidido polo delegado terri torial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; a alcaldesa de Lousame, Tere

sa Villaverde Pais; o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón; e o alcalde de Outes, Manuel González López. Segundo infor maron, o obradoiro é un programa mixto de emprego e formación que incluirá unha etapa de formación en alternancia co tra ballo ou a práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cua lificación e adquisi ción de experiencia profesional de 20 persoas.

O alumnado reci

birá formación teóri ca e práctica para o desempeño das tarefas de fores tación e reforesta ción, así como para a realización de tratamentos silvíco las e a protección e defensa das masas forestais destes tres municipios. Así, en Lousame ac tuarán en parcelas nas localidades da Silva, San Finx, Re dullo e San Xusto de Toxosoutos, así como na contor na do castro da Comparada e nas parcelas cedidas

pola comunida de de montes de Abeixón-Carantoña.

No caso de Outes, as actua cións desenvolve ranse ao longo do Camiño de San tiago ao seu paso polas parroquias de Cando, Freixo de Sabardes, Outes, Roo, San Cosme de Outeiro e San Ourente de Entíns. Finalmente, en Noia contémplan se intervencións no centro da vila (Alameda, Xardíns Felipe de Castro, praza das Angus tias e praza do Campo da Feira), así como nos peiraos de Gasset, Cadarso e San Lá zaro. O alumnado do obradoiro tamén actuará sobre as prazas de Bergon do, Sofreixos e San Lázaro, así como nas contornas dos locais sociais da Barquiña e Barro e contornas naturais coma o Campo das Rodas, o Monte do Bolo ou a contorna da Chaínza.

Investigadores das nosas universidades recuperarán o río Tines, en Outes

ACasa da Cultura de Lousame acolleu este 3 de outubro o inicio do obradoiro de emprego Noia-Lousame-Outes, que formará durante doce meses a vinte persoas desempre gadas nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O acto estivo presidido polo dele gado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; a al caldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais; o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón; e o alcalde de Outes, Manuel

González López. Segundo informaron, o obradoiro é un programa mix to de emprego e formación que incluirá unha etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profe sional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional de 20 persoas.

O alumnado recibirá forma ción teórica e práctica para o desempeño das tarefas de forestación e reforestación, así como para a realización de tratamentos silvícolas e

a protección e defensa das masas forestais destes tres municipios. Así, en Lousame actuarán en parcelas nas lo calidades da Silva, San Finx, Redullo e San Xusto de Toxo

Noia porá en Galiciana máis de 53.000 documentos locais dixitalizados

OConcello de Noia achegou estes días un novo balance sobre os traballos de dixita lización do Arquivo Municipal, uns traballos que foron levados a cabo pola empresa Reproutlet (Unayta), consul tora tecnolóxica de Ames centrada na transformación dixital. Segundo informou a área de Cultura de Noia que dirixe José Pérez, os documentos tratados serán

accesíbeis aos cidadáns a través da súa importación aos repositorios do Arquivo Dixital de Galicia (Galiciana). Nestes acubillos estarán dispoñíbeis para a súa consulta até 53.228 páxinas dixitalizadas, que abranguen (e ilus tran) a historia local dende 1559 a 1965.

Os traballos consistiron nunha captura dixital do fondo histórico do Concello de Noia así como tamén de asignación de meta

datos para con seguir que estas imaxes dixitali zadas puidesen envorcarse aos repositorios Gali ciana e “achegar deste xeito unha difusión maior de todo o patri monio documen tal”, explicou a empresa no seu día, engadindo que o obxec tivo foi “garantir a conservación dos documentos que se viñan atopando en moitos lugares mal tratados, tanto polo ambiente ao que fo ron sometidos como polo propio espazo”. Outro dos obxecti vos foi avanzar en transparencia e no acceso á informa ción documental.

No feixe de do cumentos tratados hai dende planos municipais até datos do padrón, pasan do por rexistros de obras e urbanismo.

soutos, así como na contorna do castro da Comparada e nas parcelas cedidas pola comunidade de montes de Abeixón-Carantoña.

No caso de Outes, as ac

tuacións desenvolveranse ao longo do Camiño de Santiago ao seu paso polas parroquias de Cando, Freixo de Sabar des, Outes, Roo, San Cosme de Outeiro e San Ourente de Entíns. Finalmente, en Noia contémplanse intervencións no centro da vila (Alameda, Xardíns Felipe de Castro, praza das Angustias e praza do Campo da Feira), así como nos peiraos de Gasset, Cadarso e San Lázaro. O alumnado do obradoiro tamén actuará sobre as prazas de Bergondo, Sofreixos e San Lázaro, así como nas con tornas dos locais sociais da Barquiña e Barro e contornas naturais coma o Campo das Rodas, o Monte do Bolo ou a contorna da Chaínza.

9 Outubro 22O Barbanza
Dodro  Lousame  Outes  ACTUALIDADE 

O faro de Corrubedo na Cidade da Luz

Ofaro de Corrubedo comezou a alumar esta parte do mundo o luns 20 de febreiro de 1854.

A edificación, hoxe case omnipresente na nosa comarca en forma de fotos, logos, lenzos e figuras de cerámica, fora ideada por un novel enxeñeiro vasco chamado Celedonio de Uribe e Urbiquiain (1823-1871). A súa construción formaba parte daquel ambicioso Plan Xeral para a Ilumina ción Marítima das Costas e Portos de España e Illas Adxacentes co que o Goberno do Reino pretendía achegar seguridade á navegación nas súas augas.

Uribe despachou o encargo con solvencia, proxectando un edificio redondeado na súa cara orientada ao mar e rectangular na oposta, cunha torre de 35 pés medidos desde a base ata o pico da cámara da lanterna, cú pula onde foi instalado un aparello da casa Létourneau capaz de proxectar a súa luz a 15 millas de distancia.

Tras o aceso do faro, dobrar o cabo Corrubedo e sortear os seus trai zoeiros baixos fíxose un pouco máis sinxelo, un chisco menos perigoso, aínda que non evitou que continuasen os naufraxios: o Euphrosyne (1862), o Anna Robertson (1867), o R. W. Hodgson (1873), o Linthorpe (1876), o Friesland (1877), o Calliope (1881), o Estella (1887), o Conningsby (1890)... o cabo gañouse moi ben gañado

o alcume de Tumba dos Ingleses, segundo testemuñou o xornalista Lisardo Barreiro nun ensaio publicado en 1890, unha expresión que acabaría relegada ao esquecemento, vencida por outro apelativo que prendeu como un misto no imaxinario colectivo á entrada do século seguinte: Costa da Morte.

Pero retrocedamos e cambiemos de coordenadas. Porque o luns 1 de abril de 1867, ás dúas da tarde, os empe radores Napoleon III e Eugenia de Montijo inauguraban a máis fascinante exhibición de asombros endexamais montada: a Exposición Universal de París, escaparate das marabillas do mundo enteiro. Para aquel evento

todos os países participantes (42) fi xeron provisión dos maiores prodixios dos que podían presumir. España non foi unha excepción. Cada tentáculo da administración rastrexou como arañas de google o seu inventario de tesouros á caza e captura da crème de la crème. Entre os pesos pesados daquela engrenaxe burocrática estaba a Dirección Xeral de Obras Públicas, que decidiu trasladar ata a metrópole do Sena modelos a escala de oito dos seus faros. Fixéronse réplicas da Torre de Hércules e dos faros de Fisterra, Alacante, illas Sisargas, cabo de Palos, illa do Aire, illa de Buda e, aos seus trece anos de idade, do de cabo Corrubedo.

A Exposición Universal despregouse no inmenso Campo de Marte de ecos revolucionarios. Cada nación dispoñía do seu propio pavillón para mostrar os seus encantos, pero a xoia da coroa, o sitio onde todos querían figurar, era nunha xigantesca construción oval de 146.000 metros cadrados fabricada en ferro, pedra, zinc e cristal. E foi alí, naquela mastodóntica creación arquitectónica executada por Léopold Hardy coa axuda de Charles Duval e dun prometedor enxeñeiro de nome Gustave Eiffel, onde se situaron os oito faros, dentro da exclusiva zona bautizada como Galerie du Travail.

O testemuño da presenza en Fran cia do sentinela barbancés puido terse limitado a algunha nota xornalística e un par de referencias en libros des catalogados, pero quixo a sorte que exista evidencia fotográfica, captada pola firma Léon & Levy e que trouxe mos aquí tras localizala nos Archives Nationales de Pierrefitte-sur-Seine. No encadre distínguense cinco dos oito faros, que son, de esquerda a dereita, Corrubedo, illa do Aire, Hércules, o pequeno Sisargas e o espigadísimo Buda, cuxa versión orixinal medía 53 metros e sucumbiu a un temporal en 1963.

Paradoxalmente, a maqueta do faro de Buda é a única que fomos capaces de encontrar. Atópase no Laboratorio de Portos da Escola Universitaria de Camiños de Madrid. Oxalá que algún día, desde algún despacho, rocho ou poeirento almacén, emerxa como un souvenir inesperado a encarnación da quela vez en que esta vella e achaco sa torre de Corrubedo, vixía incesante do Atlántico, foi un faro adolescente que resplandeceu na Cidade da Luz.

10 Outubro 22 O Barbanza
Panorámica da Exposición Universal no Campo de Marte Ampliación da fotografía estereoscópica de Léon & Levy co faro de Corrubedo na esquina inferior esquerda
 CRÓNICAS DA NOSA HISTORIA
Plano da construción do Faro de Corrubedo por Celedonio de Uribe

Outubro megacultural

Lousame acolle unha nova exposición de pintura de Juan Carlos Lorenzo

ACasa da Cultura de Lousame acolle estes días unha exposición de pintura de Juan Car los Lorenzo Jamardo, veciño da parroquia de Tállara. A mostra inclúe 30 óleos que poderá visitarse ata o 30 de outubro. Esta será a segunda exposición de Juan Carlos Lorenzo no concello, despois do seu debut en febreiro de 2019. A exhibi ción que se pode ver estes días, Sempre con Lousame recompila un total de 30 óleos, 26 de les de paisaxes da súa terra de orixe. Lorenzo

Jamardo sinala: “Gústame pintar o que vexo e me inspi re. Vou por calquera currunchiño, sácolle unha foto e a levo para facelo tranqui liño na casa. Non son moito de ir fóra e pintar, eu necesito a miña intimidade para facelo”.

Juan Carlos Lorenzo, veciño de Tállara, é integrante do grupo folclórico O Son do Pote. Pintor autodidacta, cando se xubilou empezou a experimentar na pintura e a recibir clases para perfeccionar a súa téc

Mostra pictórica de Xoán Fernańdez na Pobra

ACasa da Cultura da Pobra do Caramiñal dá acollida estes días á mostra pictórica Abstrac ción vs. Figuración, de Xoán Fernández (Palmeira, Ribeira 1938). Os cadros que inte gran esta exposición plasman etapas de estilo abstracto e figurativo, mesturando así o mundo real co fantástico.

Xoán Fernández conta cunha dilatada e consoli dada traxectoria artística. A súa obra formou parte de exhibicións individuais e colectivas na Alemaña, Bélxica, Holanda, Madrid e Galicia. Ademais, parte das súas creacións consérvanse en coleccións privadas e en numerosas institucións tales como o propio Museo ValleInclán da Pobra do Carami ñal. Por todo este percorrido cultural, a A.C. Barbantia outorgoulle en 2019 o premio do Sereo.

Carlos Blanco estará o día 22 no Auditorio de Rianxo

O22 de outu

bro, ás 20.30

nica. Admirador de Van Gogh, a súa obra ten unha liña profundamen te realista e está chea de paisaxes e paraxes de Lousame. O seu gusto pola pintura vén

lle de neno, cando em pezou a facer debuxos en carbonciño. Unha afección que recuperou cando se xubilou no ano 2014, tras moitos anos no mar.

horas, o actor e narrador arousán Carlos Blanco ache garase ao Auditorio de Rianxo co espectácu lo Os mellores monó logos, unha escolma das súas narracións orais máis coñeci das, entre as que se atopan As bravas de Arousa ou As grandes frases das nosas avoas e avós. Será unha hora de humor cun dos máis singulares e recoñeci dos representantes da comedida no ámbito galego.

A entrada ten un custe de 12 € + gastos de co misión e pode adquirirse en ataquilla.com.

Carlos Blanco é un actor de Vilagarcía de

Arousa cunha ampla traxectoria teatral, tamén como autor e director. Foi presenta dor da Radio Galega e traballou en múltiples programas e series de televisión para a TVG, sendo o de Ladislao na serie Mareas Vivas, onde tamén exercía de guionista, o papel que o deu a coñecer en Galicia.

Caramuxo leva a Rianxo o seu novo espectáculo de danza para bebés

Acompañía Ca ramuxo Teatro achegarase o

15 de outubro ao Au ditorio de Rianxo (Sala Arcos Moldes) coa produción Catro, un espectáculo de danza para bebés dirixido a crianzas de 1 a 5 anos.

A función será como

dixemos o vindeiro sábado 15 de outubro e realizaranse dúas fun cións, unha ás 18.00 h e outra ás 19.00 h.

Será preciso realizar a inscrición previa na web municipal (máximo de dous adultos por familia). Trátase dunha proposta enmarcada

na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Catro é, en palabras de Caramuxo, unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons, as texturas, co movemento... ade mais de ser, tamén, un espectáculo para gozar en familia.

Residentes 2022 pode visitarse no Pazo de Goiáns durante o mes de outubro

OPazo de Goiáns acolle durante todo

o mes de outubro a mostra Residentes 2022 cos traballos de Clara Álvarez, Deebo Barreiro e Sol Álvarez.

A concelleira de Cultu ra, María Outeiral, e a directora da galería La Doce, María Magán, acompañaron este xoves 29 de setembro ás artistas na inaugu ración da mostra.

A actividade ten a súa orixe no cer

tame Residentes: residencias artísticas de Boiro 2022, con vocado polo Concello de Boiro e La Doce co obxectivo de incenti var a creatividade e a produción artística visual para contribuír á consolidación e crecemento do sector artístico local. Os traballos gañadores foron as propostas de Sol Álvarez, Deebo Barreiro e Clara Ál varez e que se poden ver no Pazo de Goiáns

durante todo o mes de outubro. Sol Álvarez mostra as pezas de cianotipia realizadas, unha im presión de imaxes en telas. Deebo Barreiro mostra o traballo A pel e o mar con foto grafías de peles de persoas vinculadas co mundo do mar. Clara Álvarez amosa unha mostra de material queimado recollido do gran incendio deste verán e cerámica reali zada con esa cinsa.

12 Outubro 22 O Barbanza  AXENDA CULTURAL

XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

na, a partir das 20.30 horas. A xorna da rematará cun agasallo ao público: a lámina gañadora do I Concurso de Carteis, de Sara Martínez Narváez.

Ao día seguinte, 15 de outubro, celebrarase a presentación da banda deseñada Valle-Inclán, los años del esperpento, de Manuel López Poy, editado por Cascaborra. Será no Auditorio ás 20h. O domingo será a quenda de MyH Producciones e do director teatral David Martínez Sánchez, que representan Luces de Bohemia no Teatro Elma a partir das 20.00 horas.

O luns 17 haberá unha nova repre sentación de Luces de Bohemia co alumnado do IES da Pobra, no Elma a partir das 12.15.

O martes 25 haberá unha activida de cos colexios de primaria: O avó e outras historias para contar (textos de Valle-Inclán), a cargo de Charo Pita. Celebrarase no Museo ValleInclán cunha primeira sesión a partir das 11h e unha segunda ás 12.30h. Este espectáculo volve celebrarse os xoves 27 con dúas sesións: ás 11.30 e ás 13h.

O venres 28 represéntase o espec táculo De tal cuento tal astilla, a cargo de Érica González (textos de ValleInclán), no Museo a partir das 20.30 horas.

OConcello da Pobra, a través da súa área de Cultura, vai celebrar este mes de outubro a XXIV edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Comezan o día 14 cunha

mostra de carteis a partir das 20.00 horas no Auditorio que leva o nome do escritor (I Concurso de Carteis das XXIV Xornadas) e cunha conferencia (Valle-Inclán un escritor de éxito?) a cargo de Xaquín del Valle-Inclán Alsi

Visitas guiadas a Goiáns da man de Quinquilláns

O xoves 20 o alumnado do IES participa na función Valle-Inclán e ti, baseada en textos do escritor, a cargo de Artes Estudio e Ramiro Nei ra (narrador). Será no Museo a partir das 11.30 horas.

O venres 21 Xelia Iglesias (USC) ofrece o relatorio Josefina Blanco, unha actriz esquecida. Comeza ás 20.30h no Auditorio Valle-Inclán.

O programa remata o 29 cunha ruada de música tradicional a cargo de GMT Caraveiros e unha ofrenda cívica ao autor de Divinas palabras con lecturas de texto. Será no Cantón da Leña, a carón do monumento ao escritor, a partir das 12.30 horas. Ac túan a Escola de Baile e Pandeiretas Caramiñas da Asociación de Amas de Casa.

Ademais, dende o 18 de outubro até o 2 de novembro desenvolverase coas escolas infantís locais a activida de Pinta a Valle-Inclán

OConcello de Boiro, a través da área de Cul tura, organizou un pro grama de actividades moi va riado para outubro. O programa engloba cine, teatros e concer tos; exposicións, obradoiros e tamén presentacións, así como unhas visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns que comezan este mesmo mes da man dos Quinquilláns. As visitas serán un reflexo do coñecemento popular sobre o Pazo e a súa contorna compartido na xuntan za veciñal celebrada o pasado

mes de xuño. As inscricións para estas actividades teatrali zadas deberán facerse na Casa da Cultura a partir do 17 de ou tubro. En canto ás exposicións, poderemos ver Residentes 2022 no propio Pazo e Nuestro Planeta na Casa da Cultura de Boiro. A programación recolle tamén obradoiros e presen tacións literarias nos distintos centros. Teatro, cine e concer tos completan o programa de actividades para o mes de outu bro con propostas para público infantil e adulto.

Acompañía Berro bambán iniciou en setembro no con cello de Mañón a segun da temporada de Facer Memoria, un proxecto es cénico e participativo que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña e que proseguirá a súa xira por Teo, Carballo e Outes. En palabras dos responsábeis da compa ñía, en Facer Memoria es váense “os límites entre escenario e patio de bu tacas, de xeito que se lle

brinda voz ao público para contar no teatro as súas lembranzas”. A iniciativa é conducida pola drama turga e narradora oral Paula Carballeira baixo a dirección de Chiqui Perei ra. Segundo anunciaron, tamén terá formato pod cast, ou sexa, de arquivo sonoro dispoñíbel online

En novembro, Berro bambán visitará (entre outros) os lugares de Cando e San Lourenzo, no concello de Outes, na semana do 7 ao 13.

Oproxecto artís tico Redes do País presenta en Porto do Son a propos ta O Canto da Subasta, unha iniciativa que rende homenaxe á cultura mariñeira, de longa tra dición na nosa comarca, e que ten un marcado compoñente de actua ción colectiva e ruada popular. Actuarán Banda de Música Tradicional Suevia, o Grupo de Baile Anduriña e haberá participantes de Corme, Portosín, Porto do Son e Queiruga. Abordarase dende varios enfoques a vida e o traballo no mar, os seus cambios e desafíos. Será o 15 de outubro ás 19h, na praza de España de Porto do Son. A entrada será de balde.

13 Outubro 22O Barbanza
O Son acolle unha home naxe á cultura mariñeira
Outes será unha das paradas do proxecto Facer Memoria
AXENDA CULTURAL 

TEATRO con maiúsculas

AMostra de Teatro de Ribeira

2022 contará coa participación de dez compañías e desenvolvera se entre o 7 de outubro e o 9 de decembro, tendo o Auditorio Muni cipal como centro de operacións. O obxectivo, en palabras da con celleira de Cultura, María Sampedro, será achegar á veciñanza “unha completa escolma de espectáculos que poñen en valor as creacións artísti cas das compañías e grupos galegos” e que ao mesmo tempo “sexa un escaparate das propostas máis recentes de cada unha delas”. As función, todas recomendadas para maiores de 16 anos, serán os venres ás 21.15 no Auditorio Municipal.

A mostra comeza o día 7 de outubro co espectáculo A Lúa Vai encuberta, gañadora do II Certame Manuel María de proxectos teatrais; ao seguinte venres será a quenda da compañía Fan toches Baj coa obra

Auga que non vas beber cunha posta en escena que combina a representación teatral de actores e moni creques. Xa o 21 de outubro chegarán ao escenario do auditorio dous vellos coñeci dos Fran Rei e Isabel Risco co Dúo Vague dades e unha proposta de comedia musical en clave de humor no que os artistas convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

O venres 28 de outubro será a quenda da contadora Pau la Carballeira, que presentará A Carreta Pantasma.

O mes de novembro comezará coa actua ción o 4 de novembro da compañía Ma lasombra coa obra De algo hai que morrer, unha peza que de xei to cómico a través dos personaxes fala de temas como o asasi nato, os enterros ou a vida. Despois será a quenda doutra com pañía xa consolidada como é Redrum Teatro coa obra Un home con lentes de pasta premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral e o de mellor espectáculo nos premios Time Out entre outros. A axenda de novembro comeza rá coa comedia Divas de Diván de Tarabela Creativa e coa obra As Alumnas de Culturac tiva.

Xa no mes de decembro a axenda prosegue o venres 2 coa compañía Talía Teatro e co espectácu lo cómico Morte acci dental dun anarquista baseado nun clásico teatral de Darío Fo, e pecharemos a mos tra o día 9 con Falar por Falar, unha obra protagonizada polos coñecidos actores Vic tor Mosquera e Carlos Santiago.

Funcións para todas as idades en Outes

Quen queira mer gullarse nalgun has das mellores propostas escénicas ga legas do noso tempo, vai poder facelo estes meses en Outes, grazas á nova edición (a XXVII) do seu Outono Teatral, certame impulsado dende a área de Cultura e con punto de partida fixado para o sábado 1 de outubro ás 19.00 horas, na Casa da Cultura, co espectáculo familiar (para nenas e nenos maiores de tres anos) Canta-Xoga da compañía Migallas. A axenda, que inclúe 15 funcións, será completa e variada, con propostas para público infantil e funcións para adultos. As sesións desenvolveranse cada fin de semana até o mes de xaneiro.

Logo da función de Migallas, o programa terá continuidade o día 8 de outubro coa obra Álex, de Baobab Teatro, outra proposta familiar que nos pon na pel dun neno de oito anos ao que lle encanta correr, xogar, combinar coas amizades, ir ao parque e xogar ao fútbol, até que un día ten que deixar aparca

das boa parte das súas afeccións porque o seu corpo non responde nin camiña.

A axenda prosegue o 15 de outubro con Falar X Falar, de Volta e Dálle, unha proposta para crianzas de máis de 12 anos que nos presenta a un actor do medio rural (Víctor Mosqueira) e máis un dramaturgo da contorna urbana (Carlos Santiago) que confron tan, en clave retranquei ra, as súas vivencias e reflexións arredor da lin gua galega.

Logo será a quenda de Morgana en Esmelle (o 22 de outu bro ás 20h), A Familia Real (o 23 de outubro

ás 19h), Os Feirantes (o 5 de novembro ás 20h), Facer memoria (o 12 de novembro ás 20h),

As que limpan (o 19 de novembro ás 20h), Lo del 75 (o 20 de novembro ás 19h), O xardín de Vila Gris (o 26 de novem bro ás 19h), Sofá (o 3 de decembro ás 20h), Farándula velutina (o 10 decembro ás 20h), Voute contar (o 18 de decem bro ás 19h), Ámote (o 7 de xaneiro ás 20H) e Smoke on the water (o 14 de xaneiro ás 20h).

Fervedoiro cultural en Rianxo

OConcello de Rianxo com partiu a axenda cultural deste comezo de outubro a desenvolver no termo municipal, po ñendo o foco non só nas actividades organizadas pola Área de Cultura do Consistorio senón tamén naquelas organizadas por outras entidades culturais. Haberá teatro infantil e adulto, música, presentacións literarias e, ademais, retómase a observación astronó mica da USC adiada no verán. Logo das citas do 1 de outubro (Bao bab presentando Ris

Ras), do día 2 (concerto de Thesis Saxophone Quartet e observación astronómica da USC), do 7 (presentación do libro Dó, de Anxo Muíños) e do 8 (representación de Morte accidental dun

anarquista, de Talía), será a quenda da obra teatral Morgana en Esmelle de Sarabela (o 14 ás 21h no Auditorio) e da peza infantil Catro, de Caramuxo Teatro (o 15 ás 18h no Auditorio).

14 Outubro 22 O Barbanza  AXENDA CULTURAL
Ribeira recunca cunha nova edición da súa Mostra (dez compañías) e Outes co seu Ciclo Teatral (15 funcións)
A Lúa Vai encuberta Canta-Xoga, Migallas Teatro Falar X Falar, de Volta e Dálle Morgana en Esmelle de Sabela Teatro A carreta pantasma
Auga que non va beber

Obxectivo: máxima seguridade nas estrada

O Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025 suma esforzos para aproximarnos a un balance de cero vítimas nas vías autonómicas

AXunta márcase como obxectivo que o balance de vítimas nas nosas estradas sexa o máis próximo posible a “cero” no período 2022-2025 que é o que abrangue o novo Plan de Seguridade Viaria de Galicia impulsado dende a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Con este plan, o Goberno autonómico proponse como obxectivo principal a redución do 25% na cifra de persoas falecidas e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías do noso ámbito xeográfico con res pecto a 2019.

O devandito plan, que se presentou baixo o significativo epígrafe de Visión Cero, tamén ten como meta baixar até o 25% a taxa de mortos e feridos graves con respecto aos usuarios vulnerables (peóns, ciclistas, usuarios de ciclomotor e motociclistas).

Para conseguir estes ambiciosos obxectivos desenvolveranse accións dirixidas aos usuarios máis expostos, a mellora de actitudes, a elimina ción dos treitos de concentración de accidentes, a prevención dos sinistros máis graves, asistencia ás vítimas e aos grupos de especial risco.

O plan, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 28 de abril, complementa o lema Visión Cero co concepto Sistema Seguro, polo que se asume que, aínda que se sigan producindo sinistros, pode ranse minimizar as súas consecuen cias. Baséase ademais no seguinte principio: que os falecidos e feridos graves en accidentes de tráfico non son unha consecuencia inevitable da mobilidade.

Estrutura e ámbito de aplica ción do plan

O plan define 10 grandes retos para o período 2022-2025, onde se clasifi can as diferentes accións que se van levar a cabo, co impulso das distintas consellerías da Xunta e a colabo ración doutras entidades e axentes sociais. A través destes retos búscase traballar en todos os ámbitos que afectan a seguridade viaria: non só se trata de mellorar as infraestruturas, senón tamén de promover a educa

 Baixo o obxectivo de "Visión Cero" a meta é baixar até o 25% a taxa de mortos e feridos graves con respecto aos usuarios vulnerables (peóns, ciclistas, usuarios de ciclomotor e motociclistas)

ción e formación viaria, mellorar o comportamento, garantir o bo estado dos vehículos, priorizar a seguridade viaria no lugar de traballo, chegar a acordos entre os implicados, etc.

Co obxectivo de acadar a máxima eficacia no plan, incorporouse un proceso de participación cidadá. Ade mais das administracións implicadas, participaron diversos axentes sociais, que achegaron as súas suxestións ao plan. Adicionalmente, o plan some teuse a unha consulta e participación pública para que toda a sociedade puidese trasladar as súas achegas.

Chamamento ás administra cións e ao conxunto da socie dade

A folla de ruta autonómica en seguridade viaria é unha folla de ruta participativa, de diálogo e de colaboración. Así o confirmou en declaracións recentes a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel

Vázquez, lembrando que é preciso “acadar a máxima implicación das administracións e do conxunto da sociedade” para practicar a máxima da “visión cero”, reducir ao mínimo posible as vítimas en accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade se gura para todas e todos. A conselleira, destacou, ademais a importancia do intercambio de información e da suma de esforzos para reducir a sinistralida de nas estradas, unha finalidade co mún de todas as administracións. “O Plan de Seguridade Viaria de Galicia”, dixo, “presentouse baixo o innovador enfoque da Visión Cero e recolle dúas metas estratéxicas, unha delas dimi nuír o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías, con respecto a 2019 e outra reducir o 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas ou motoris tas”. A responsable de Infraestruturas subliñou que estes obxectivos “son ambiciosos”, pero están en liña coa meta fixada polos organismos euro peos e internacionais. Fixo referencia tamén á complexidade de xestionar a seguridade viaria nunha comunidade como a galega, xa que factores como a orografía e dispersión xeográfica dificultan a activación de medidas, que “adoitan tamén ser máis custo sas”. Segundo informou, para acadar os obxectivos fixados no Plan de Seguridade Viaria 2022-2025, o Go berno galego prevé distintas accións específicas que abranguen todos os ámbitos que afectan á seguridade viaria: a mellora das infraestruturas, a promoción da educación e formación

15 Outubro 22O Barbanza
SEGURIDADE VIARIA 

Ante todo, comercio de proximidade

As nosas asociacións empresariais rematan as campañas de verán e preparan novas iniciativas

A ARE asina un convenio coa tecnolóxica Kracia

Emprendedor do Ano pola Fundación EOI Escola de Organización Industrial, entidade dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e pri meira escola de negocios de España.

Kracia está constituída por 5 mozos e mozas cooperativistas das co marcas do Barbanza, Sar e Muros e Noia.

Os servizos de Kracia incluídos no convenio son: consultoría e es tratexia, creatividade, creación web, campañas en liña e servizos de com munity manager.

A patronal de Ribeira destaca o éxito de Gastromar

AAsociación

Rianxeira de Empresarios comezou outubro con novidades importantes de cara aos seus asocia dos, poñéndolles á súa disposición a experiencia dunha nova (e innova dora) empresa de apoio. Desta volta, a entidade

colaboradora é Kracia Sociedade Cooperativa Galega, con sede en Boiro, que desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da mercadotec nia dixital e que recen temente foi elixida, entre diversos proxectos de todo o territorio español, como Mellor Proxecto

A través deste conve nio, as empresas aso ciadas da ARE poderán contratar estes servizos a prezos vantaxosos e así beneficiarse do coñece mento dos profesionais de Kracia para impulsar e fa cilitar a dixitalización dos seus negocios e mellorar os seus resultados.

A ABE entrega os premios da campaña Enchemos o teu Depósito

Na mañá do pasado 4 de outu bro o presidente da Asociación

Boirense de Empresarios (ABE), Daniel García, e máis a xerente da Estación de Servizo Garlou, Marga Loureda, entregaron os 10 premios da campaña Enchemos o teu Depósi to, impulsada pola patronal boirense coa colaboración da dita estación e desenvolvida entre o 5 e o 26 de setembro, co obxectivo de recoñecer o compromiso da cidadanía co comercio local con premios que lles axudasen a sobrelevar a escalada de prezos de combustíbel.

As persoas premiadas foron elixidas

de maneira aleatoria entre os 1.447 tíckets rexistrados na páxina web da asociación, www.abe.gal, durante as datas indicadas. As veciñas e veciños finalmente agraciadas/os tiveron como premio 100 € en gasolina + un lavado premium que poderán trocar na Esta ción de Servizo Garlou de Boiro.

Estes son os premiados do sorteo e o establecemento onde se deu o premio: Juana (Modatin), Mercedes Vieites (Carnicería Moncho Boga), Loreto Riveiro (Cervecería Botavara Boiro), Beatriz Romay (Lisvaz), Teresa Fidalgo (Panadería La Espiga), Esther Fernández Souto (Sargadelos), Sandra

AAsociación de Empresarios de Ribeira fixo un balance moi positivo da primeira edición de Gastro mar, a feira de de gustación, exaltación e reivindicación de produtos pesqueiros e marisqueiros locais, celebrada na praza de España con gran afluencia de público ao longo das súas tres xornadas de actividade (10, 11 e 12 de setembro). A patronal agradeceu no seu balance a boa acollida do evento entre residentes e visitantes e manifes tou a súa vontade de conseguir que teña continuidade

Gastromar Ribeira veu da man da Aso ciación de Empre sarios de Ribeira, as Confrarías de Ribeira e Aguiño, a Lonxa e o Concello de Ribeira e a Organización de Produtos de Mexillón de Galicia (OPME GA). A todas estas entidades a patronal que dirixe Francis co Martínez Gude agradeceu “a súa gran implicación, o seu compromiso e o seu traballo para levar a bo porto este evento”. Os empresa rios tamén celebraron a boa organización e montaxe das insta lacións por parte da empresa Chicolino, que “unha vez máis

deixou mostras do seu saber facer”.

A patronal salientou a maiores a contri bución financeira da Consellería de Pesca e do Concello, “sen cuxo apoio sería im posible levar a cabo un acontecemento desta magnitude”. A maiores, recoñece ron e agradeceron o “inmenso traballo desenvolvido polos voluntarios da Aso ciación de Veciños de Carreira, que achegaron de forma desinteresada a súa colaboración e o seu sorriso”. Igualmente agradeceuse a im portante colaboración do establecemento ribeirense A Caseira.

Fernández Alcalde (Taxi 5 Boiro), Chus Gómez Fernández (Carnicería JM Boga Abanqueiro), Paula Muíños Cor tes (Claudio Cabo de Cruz) e Isabel García Vázquez (Electrodomésticos Otero).

O presidente da ABE quixo “valorar positivamente a campaña na que se

acadou un altísimo número de rexistros na liña da campaña de verán con preto de 500 rexistros semanais de mais de 60 establecementos diferentes”.

A campaña contou coa colaboración de Estación de Servicio Garlou, Con cello de Boiro e coa financiamento da Xunta de Galicia.

16 Outubro 22 O Barbanza
 ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS

Un acontecemento histórico chamado gratuidade das Escolas Infantís

Comezou o curso 20212022 e con el soubemos de diversas medidas impulsadas pola Xunta destinadas a fomentar a conciliación e propiciar en última instancia a natalidade, un dos grandes retos sociais da nosa terra. E, tamén, co obxectivo de axudar ás familias na situación actual de crise, escalada de prezos e inflación.

Neste paquete de medidas salienta a gratuidade das escolas infantís en Galicia, que é o meirande avance na conciliación (recursos para facilitar que as nais e os pais poidan compa xinar a vida laboral coa familiar) e na educación de 0 a 3 anos. De feito, este curso pasará á historia como o primeiro no que a atención educativa para a devandita franxa de idade é totalmente de balde no cen por cen dos centros, con independencia de que sexan públicos, de iniciativa social ou privados. Esta iniciativa converte á Comunidade Autónoma nunha refe rencia estatal neste ámbito.

No ámbito social, laboral e educa tivo, esta medida reivindica a im portancia das escolas infantís e dos

exen, sexa cal sexa a súa situación económica, podan levar aos seus fillos a unha escola infantil, xa que non lles supón un euro dos seus petos. Estas aforrarán entre 1.500 e 2.000 euros por curso e neno.

A Xunta destina este curso máis de 50 millóns de euros de fondos propios para facer realidade a gratuidade. Deste xeito, arredor de 31.000 nenos se benefician desta medida, repartidos entre as aproximadamente 600 esco las infantís que hai en funcionamento en Galicia, sumadas as que dependen da Xunta, dos Concellos, as que son de iniciativa social e as de titularidade privada.

Na totalidade destes centros, en todos os cursos e para todo o alumna do de 0 a 3 anos, ofrécese ás fami lias atención educativa gratis ata un máximo de oito horas, que é a xorna da completa, e durante todo o ano, agás no mes de agosto, cando moitas escolas pechan.

Con vontade de permanecer

2020 aplicándose aos segundos fillos e sucesivos, e tras a boa acollida que tivo esta decisión entre o sector e en tre as familias decidiuse ampliala aos primoxénitos. “Polo tanto, o feito de que hoxe en Galicia a atención edu cativa de 0 a 3 anos sexa totalmente de balde supón unha realidade sen precedentes no conxunto de España”, sinalaron fontes do Goberno galego, engadindo que se trata “dunha medida coa que se apoia a todas as familias, sexan cales sexan as súas caracte rísticas, se fomenta a conciliación e a igualdade de oportunidades”.

Ademais, a gratuidade non soa mente dá cobertura ás familias que residen ou traballan en concellos que teñen escolas infantís. Tamén chega a aquelas que viven en municipios máis pequenos que carecen deste tipo de centros a través das Casas Niño, pe quenas escolas gratuítas nas que se atende a un máximo de cinco nenos.

A Xunta comezou a crear no ano 2016 unha ampla rede destes equipamen tos por toda a comunidade e seis anos despois xa hai preto dun centenar.

Ao carón das familias



Na totalidade destes centros, en todos os cursos e para todo o alumnado de 0 a 3 anos, ofrécese ás familias atención educativa gratis ata un máximo de oito horas, que é a xornada completa, e durante todo o ano

beneficios que reportan aos fogares, enxalzándoas como espazos para a aprendizaxe e a socialización, así como ferramentas fundamentais para facilitar a conciliación, unha tarefa que até non hai moito tempo recaía maioritariamente nas mulleres e que lles supoña en moitos casos ter que renunciar ás súas carreiras profesio nais.

Dende o punto de de vista econó mico, a gratuidade das escolas supón unha importante axuda no contexto actual de crise. Así, a iniciativa garan te que todas as familias que o des

O Executivo galego defende que este avance no apoio ás familias e no coidado á nenez “é estrutural”, “ten vocación de permanencia” e “non ten volta atrás”. De feito, a implantación da gratuidade comezou en abril de

Estas medidas poñen o acento no que é un dos eixos de actuación prio ritarios da Xunta de Galicia: “Arroupar ás familias que deciden ter un fillo”. A elas diríxense programas como o Bono Coidado ou a Tarxeta Benvida. Co primeiro axúdaselles a contratar un servizo extraordinario de concilia ción ante calquera enfermidade ou eventualidade laboral, e que tamén pode ser empregado para sufragar campamentos, ludotecas ou servizos semellantes. Coa Tarxeta Benvida, ofréceselles unha importante achega económica para colaborar nos custes que supón o nacemento dun fillo.

17 Outubro 22O Barbanza EDUCACIÓN  A Xunta destina máis de 50 millóns para facer realidade unha medida da que se benefician uns 31.000 nenos

Barbanza deportiva... e solidaria

O 12 de outubro chega a XVII edición da Carreira Pedestre de Lestrobe

O 12 de outubro, CarreiraAndaina Solidaria JEALSA

SA fixou para este 12 de outubro a realización desta relevante cita deportiva e, tamén, humanitaria. Cóm pre lembrar que o evento estaba programado para

o domingo 4 de setembro pero tivo que ser adiado po las malas condicións climá ticas daquela xornada. Tras barallar diferentes opcións, a proba trasladouse ao 12 outubro, nos mesmos hora rios. “Imos deixar aberta a inscrición a través do portal

emesports.es para que poidan seguir sumándose participantes, tanto ás pro bas deportivas como ao Dorsal 0”, sinalaron dende a organización (a comezos de outubro xa había preto de 500 persoas inscritas).

A cita vén da man da SD Barbantia Roda en bene ficio da Fundación STOP Leucemia, e con patrocinio da conserveira JEALSA.

A cita deportivo-solidaria dará comezo ás 10.00 horas na praza de Galicia.

A proba celebrarase con dúas modalidades cun per corrido de 10 quilómetros: Categoría absoluta, con horario de saída ás 11.00 horas.

Andaina, con horario de saída ás 10.00 horas.

O 1 de novembro, VIII Carreira Popular Concello de Rianxo

OConcello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e o Club Atletismo Rianxo organizan este outono a oitava edición da Carreira Popular rianxeira. Será o mar tes 1 de novembro de 2022.

A proba está incluída no Calendario Oficial da Fede ración Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos: por unha banda o VIII Cir cuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña; e pola outra o V Circuíto de Carrei ras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos

concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Na VIII Carreira Popular Concello de Rianxo poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O con trol da carreira estará a cargo do comité de xuíces da Fede ración Galega de Atletismo.

Para máis información e inscricións (até o 28 de o ou tubro) cómpre visitar a páxina web Emesports.es.

Respecto dos prezos, será de balde para as categorías de Xoubas a Sub16; de 6

euros nas categorías Sub18, Sub20, Sub23, Sénior, Máster1, Máster2, Máster3 e Máster4; e de 20 euros para o Circuíto de Carreiras Popu

OConcello de Dodro presen tou estes días o cartel da XVII Carreira Pedestre de Lestrobe, que se vai celebrar o 12 de outubro. O concelleiro de Edu cación, Deportes e Emprego Abel Tarrío Abuín estivo acompañado na presentación polo técnico munici pal de Deportes Fernando Gon

zalez Ares e pola madriña da proba, veciña de Dodro e seleccionadora galega de carreiras por montaña: Veró nica Calvo Dopazo. Segundo fixeron saber, “despois de recuperar o evento no 2019 e logo dous anos de paréntese pola CO VID-19 retómase o evento deportivo máis importante deste concello”.

A carreira

arrancará da rúa Fortunato Cruces a partir das 11.00 ho ras para as catego rías de base e as 12.15 horas para a proba absoluta. Nesta iniciativa deportiva poderán participar as per soas nadas a partir do ano 2019. Os dorsais recolleran se a mesma mañá na escola unitaria de Lestrobe e a inscrición farase en Carreiras Galegas.

lares Arousa Norte (4 probas).

As categorías son as se guintes:

Xoubas H/M 2017-20182019, Sardiñas H/M 2015-

2016, Sub 10 H/M 2013-2014, Sub 12 H/M 2011-2012, Sub 14 H/M 2009-2010, Sub 16 H/M 2007-2008, Sub 18 H/M 2005-2006, Sub 20 H/M 20032004, Sub 23 H/M 2000-20012002, Sénior H/M de 1988 ata 1999, Máster 1 H/M de 1982 ata 1987, Máster 2 H/M de 1972 a 1981, Máster 3 H/M de 1962 a 1971, Máster 4 H/M de 1961 e anteriores e Sapatilla inclusiva (categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional).

A saída e a chegada serán na praza Castelao.

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distan cias: percorrido amarelo (100 m), verde (500 m), azul (750 m) e vermello (3.333 m).

18 Outubro 22 O Barbanza
Os nosos concellos van vibrar este outono coa celebración dunha completa axenda de carreiras e andainas
 CARREIRAS E ANDAINAS

Un dos máis importantes escaparates do sector alimentario vencellado ao mar, o salón Conxe mar, celebrouse os días pasados no IFEVI de Vigo convocan do de novo aos principais represen tantes do ámbito galego, estatal e internacional dos conxelados. Entre as empresas participantes atopouse unha compañía da nosa comarca que se mantén fiel cada ano a esta cita co sector, que desta volta celebrou a súa 23ª edición (entre o 4 e o 6 de outu bro). Estamos a falar de CONGALSA. A compañía da Pobra do Caramiñal puxo en valor dende o seu stand a súa completa variedade de masas recheas baixo o lema O que levamos dentro.

Esta gama, explicaron dende a empresa pobrense, engloba desde receitas máis cotiás e propostas máis tradicionais até combinacións con ingredientes innovadores que actuali zan a variedade de CONGALSA neste apartado. “Trátase, pois, dunha liña de produtos que se adapta a todos os gustos e aos diferentes momentos de consumo”, destacou Julio Simarro,

director comercial e de marketing de CONGALSA, engadindo que “a piques de cumprirse 20 anos desde que nos iniciamos na elaboración de masas e masas recheas, atrevémonos a revi sar o secreto do noso éxito con novas receitas e formatos, consentindo cada paso do proceso para que a calidade alcance os máis altos estándares”.

VII Andaina Solidaria: éxito de participación

Máis de 160 parti cipantes com pletaron o 11 de setembro o roteiro de nove quilómetros no marco da modalidade presen cial da VII Andaina Solidaria de CONGALSA. Os camiñan tes saíron ás 10.00 h. desta da igrexa de San Isidoro de Postmarcos, na Pobra do

 A CONGALSA doará todas as achegas económicas, así como os alimentos, e converterá en euros todos os quilómetros realizados.

Caramiñal, para chegar unhas dúas horas e media máis tarde ao mesmo punto.

Entre os participantes nesta edición, ademais do director xeral de CONGALSA, Luis Miguel Simarro, e do director comercial e de marketing da

Amplo abano de produtos

Dentro da campaña que CONGAL

SA puxo en marcha en Conxemar, a compañía creou un microsite (www. congalsa.com/lo-que-levamos-dentroconxemar) no que as persoas e empresas interesadas tiveron ocasión de descubrir a súa ampla e diversa variedade de masas. Unha gama que

engloba produtos como as empana dillas de masa crebada ou os rolos de primavera, ideais para servir como tapa ou aperitivo e para confeccionar menús infantís; as mini empanadillas ou mini rolos, perfectos para servir en bufets ou cocktails; os seus novos milfollas recheos e mesmo dúas propostas veggie. A ampla gama de CONGALSA neste ámbito, compos ta por recheos cociñados amodo, como en casa, ou combinados con masas de acabado dourado e textura triscante, brinda á empresa a posibi lidade de dar servizo ás necesidades da súa variada clientela, que abran gue principalmente o sector retail e da distribución ou a hostalería e a restauración colectiva, entre outros.

CONGALSA é unha das empresas de alimentación líderes do mercado. Coa súa sede principal na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, a compañía cerrou 2021 unha factura ción de 113 millóns de euros e mobi lizou un total de 26 millóns de quilos de produtos das súas diferentes gamas. Con presenza comercial en países de catro continentes, en 2020 a empresa formalizou a adquisición da compañía lusa Sulpasteis para for talecer a súa expansión internacional.

compañía, Julio Simarro, ato pábase o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, que saudou aos participantes ao comezo do roteiro.

Ao longo de toda a sema na previa tamén realizaron percorridos físicos, no marco desta iniciativa solidaria, os traballadores de Sulpasteis (a planta lusa pertencente á Corporación CONGALSA); representantes e usuarios das

entidades sociais Ámbar e Amicos e membros de Cáritas Ribeira e do Club de Remo Pobra, coas que a empresa mantén unha estreita colabo ración.

A Andaina Solidaria de CONGALSA é unha das iniciativas benéficas máis relevantes de cantas desen volve a compañía ao longo do ano. Neste 2022, a andaina estreou formato híbrido:

puido realizarse fisicamente e tamén virtualmente. De feito, un total de 400 persoas ins cribíronse para participar na versión en liña da iniciativa.

CONGALSA doará todas as achegas económicas, así como os alimentos, e converterá en euros todos os quilómetros realizados.

Todo o recadado irá parar ás familias máis necesitadas do Barbanza.

19 Outubro 22O Barbanza EMPRESA 
A empresa participou novamente en Conxemar e fíxoo presentando a súa completa variedade de masas recheas
CONGALSA loce excelencia

A lenda do Abadiño e o secadoiro de bacallau (II)

Pero, quén era este tal Baspino?

Como o apelido non é moi común por estas beiras da Arousa, dou en pensar que se refire a Cándido Baspi no Bahamonde, un señor da Pobra, seguramente de oficio lanterneiro ou algo polo xeito. Así e todo, foi un individuo moi pintoresco e curioso

No sorteo do Nadal do 1893 o nú mero 49.934 premiado con 250.000 ptas., distribuído dende Padrón, pois nun dos décimo vendeuse en Ribeira, deste estivo agraciado o Sr. Baspino con 5.000 pesetas (daquela unha millonada).

Con esta indicción económica e que dende logo debía ter moita labia, o alcalde da Pobra no ano de 1901 nomeouno Fiscal. Montouse unha boa.

Na Vila nese tempo había uns dez avogados e algúns en altos cargos da Administración, incluso un deles no Tribunal de Contas do Estado. Lóxicos escritos ao Gobernador Civil a Xudicatura Xeral, etc. informando a ver que coñecementos sobre as leis podería ter “un hojalatero y soldador”.

Exportaban moita sardiña para a Arxentina porque, seguindo o dito polo descendente, tiñan un familiar alá en Bos Aires que lles facía de comercial e distribuidor.

Na foto (cedida polo seu familiar Alfredo) datada no 1904, o Sr.Maldoado é o primeiro pola dereita, xuntas as donas, no medio coido que D. Manuel Lojo Gelpí e logo o mais da esquerda podería ser D. Gabino Crusat Barnet.

O aspecto físico do señor Maldo nado debía ser, aínda que para nada pequeno, si repoludo ou de falas moi educadas e melosas para este lugar e neses tempos así debeulle sobrevir o alcume de ABADIÑO.

II

Coma dicía no capítulo anterior, este home, Mariano Maldonado Lagos, tamén puxera farmacia en Palmeira, o que non acadei a saber onde a tiña, pero de seguro que en Insuela non.

E tampouco che era de estar na casa, porque alá polo sete de xullo do 1907, participa nunha excursión ao Chazo no primeiro vapor Farruco xun ta con tódolos prebostes de Ribeira coas súas familias e invitados. O bar co de gala con tódalas bandeiras des pregadas. Alá che estaban D. Andrés del Río, o alcalde Colomer, Cándido Fernández, Isidro Picher, e un longo etc. Logo de unha boa esmorga con cuchipanda incluída, cando volveron xa era de noite.

Fai uns anos un día falando co ve ciño J.M. Vizcaya que de sempre vive na Rebaleiras, lindando con Insuela e cuxo pai e avó andaron sempre patro neando barcos destes fomentadores, saíu o tema do noso persoeiro e el contábame que o seu avó sempre lle chamaba ou don Mariano ou Señor Maldonado, namentres a súa muller sempre lle dicía “O Abadiño”.

A foto que poño do complexo industrial de Insuela é do ano 1943.

O barco en construción é o “Nuevo Gonzalo” para D. Manuel Lojo Núñez e o mestre de ribeira o Señor Pepe R. Saavedra.

Porén a fasquía litoral de Insuela non había cambiado nada a pesares de que no 1908 un señor, o Depu tado Provincial don Joaquín Otero Bárcenas (dos Goyanes de Sálvora e Ponte Goyáns) e mais un socio Nimo, ámbolos dous de Santiago, solicitan instalar unha fábrica de conservas en Insuela . Non se levou a termo.

Emporiso debeuna acadar en Ribeira na praia do Touro e agora, asemade, estaba tamén a solicitar uns terreos na praia de Coroso para montar unha telleira que o Concello e Obras Públicas non lle autorizaron e logo foi co mesmo recado para a

Pobra pero tampouco acadou ren. O que si rexeu foi un camiño veciñal da Pobra o Maño (Xobre) e outro do porto de Ribeira a Aguiño.

E así che debeu ser porque ao mesmo tempo que se fixo a carre teira de Insuela (1908) estábase a plantexar xa o treito que iría dende o porto de Ribeira hasta Castiñeiras e que se o facían por onde querían os fabricantes, bordeando a praia con unhas boas defensa, eles contribui rían nos custos, asemade axudaría a urbanizar Bandorrío.

Tamén, seis anos despois, faise ou, mellor dito, amplíase o antiquísimo camiño orixinal que baixaba dende o monte por Moldes hasta Palmeira para chegar en Insuela de Arriba e finar no mar en Insuela de Abaixo e pasou a coñecerse coma a carreteira de Moldes.

Esta obra chegou en moi bo mo mento para a xente de Palmeira xa que estábano a pasar moi mal pola falta de sardiña de forma pertinaz, polo que xurdiulles un traballo que aliviaría as penurias familiares.

O Abadiño, finou moi mozo, posi blemente de tuberculose, no outu bro do 1918, quedando seu irmán Francisco, de profesión avogado, de herdeiro.

Comprobo que no ano 1919 xa tampouco está na sociedade o Sr. Baspino, ou sexa que a partires de aquí os socios son os irmáns andalu ces Domínguez Macaya e Francisco Maldonado Lago.

Na Pobra do Caramiñal, de aquí en diante figura un taller de mecánica mariña de nome Baspino. Pero tamén pode que fose veciño de Santa Uxía nalgún tempo porque figura nos lis tados de edís electos neste Concello durante algunhas lexislaturas.

20 Outubro 22 O Barbanza  CRÓNICA DA NOSA HISTORIA
Vista do emporio de Insuela Palmeira aprx. 1914. Arquivo Joferpa

Outubro mes literario

O comezo da nova estación fai que poñamos o foco na actividade literaria do Barbanza

V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil

e fomentar a produción para inculcar o hábito lector nas xeracións máis novas.

cos tres primeiros anos do certame.

Obradoiro creativo en Rianxo con Antón Riveiro Coello e Berta Dávila

OConcello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e Barbantia convocaron a quinta edición do Pre mio de Literatura Infantil

Carlos Mosteiro. Trátase dun certame que busca homenaxear ao escritor xa falecido, promover as au tores e autoras en lingua galega de literatura infantil

Ana Lojo Chan presentou Marea Morta

OConcello da Pobra dUnha moza que reside en Edimburgo e chega a unha localidade galega para pasar unhas semanas cuns familiares dos que xa levaba anos afastada. Este é o punto de partida de Marea Morta, o libro de Ana Lojo Chan que se presentou o 23 de setem bro no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, e días antes no Pazo de Goiáns de Boiro.

No transcurso do relato, o/a lector/a será testemuña de como a protagonista des cubre a importancia da ami zade, a ilusión dun primeiro amor e o valor da tradición galega. A súa curiosidade motivará que se destapen misterios ata converter a estadía no seu mellor verán.

A edil de Cultura, Patricia Lojo, sinalou que esta obra é “o perfecto exemplo de cando se xuntan educación e cultura, pois a autora, quen é mestra, comezou

escribindo contos para o seu alumnado, unha afección que se foi fortalecendo ata que derivou en proxectos máis ambiciosos”.

O premio considerará un único texto gañador, ó cal se lle asigna unha dotación económica de 3.000 euros, a publica ción na colección Árbore da Editorial Galaxia e o reparto de exemplares entre a rapazada da Pobra. A este respecto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeGPSOE), fixo fincapé no esforzo que realiza a Administración local ao asumir parte da edición, ademais do incremento do importe en relación

Así mesmo, a edil puxo de manifesto que o certame constitúe xa “un referente no panorama galego”, aspecto no cal coincidiu Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, quen destacou “o alto nivel dos relatos pre sentados, agás na terceira convocatoria, cando quedou sen adxudicar por considerar o xurado que ningún acadaba a suficien te calidade, nun exercicio para así tamén salvagar dar o renome do premio”.

O prazo de recepción de orixinais remata no 30 de novembro de 2022.

Oescritor limiao afincando na nosa comarca Antón Riveiro Coello vai achegar un obradoiro literario para facilitar o camiño da literatura aos nosos novos talentos. En concreto, o obxectivo do taller Iniciación á escrita creativa: A construción das sombras é introducir aos asistentes nas técnicas de narración e na creación dun conto ou narración individual e colectivo.

O obradoiro, dirixido a maiores de 15 anos e cunha duración de 20 horas, conta rá co apoio de Berta Dávila como escritora convidada.

Desenvolverase no Centro Sociocul tural-Auditorio (aulas do primeiro andar) en horario de 11:00 a 13:00, os sábados 15, 22 e 29 de outubro; 5, 12, 19 e 26 de novembro e 3, 10 e 17 de decembro. Esta blecerase un máximo de 15 participantes. Trátase dunha actividade organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua gale ga (AELG).

Barbantia, La Voz de Galicia e o Conce llo de Porto do Son organizaron o 30 de setembro, na Casa da Cultural local, a presentación do libro Jalundes, do escritor Alberte Pagán (O Carballiño, 1965). En palabras do autor, Ja lundes ten a súa orixe no cuarto dun hotel de Katmandú en marzo

de 2020, cando o Go berno nepalés pechou

as fronteiras e o espa zo aéreo (inviabilidade

A escritora con raíces en Boiro, María Rosa Lojo, ingresa na RAG

Aescritora María Rosa Lojo, arxentina con raíces en Boiro, ingre sou este mes de setembro na Real Academia Galega como membro de honra. A RAG destacou que a académica electa conta cunha destacada traxectoria tanto como exper ta en literatura como autora

dunha destacada obra creativa que a converteu en “unha das escritoras arxentinas máis internacionais”.

A entidade destacou tamén que a autora recoñece a in fluencia que exerceron na súa literatura as lecturas de autores galegos como Rosalía de Cas tro ou Álvaro Cunqueiro.

de abandonar o país) e decretou o confina mento da poboación (imposibilidade de saír do hotel). “A pandemia que provocou estas medidas foi detonan te do relato, mas as múltiplas conversas entre o viaxeiro e a sua sombra, mais filosóficas que narra tivas, levaban tempo aniñando na miña cabeza”, sinalou.

21 Outubro 22O Barbanza
Alberte Pagán presentou Jalundes en Porto do Son
LITERATURA 

A sorte de ler

Campaña Un outono cheo de letras

ADeputación da Coruña, a través da Área de Normali zación Lingüística, botou a andar este 5 de outubro a campaña Un outono cheo de letras, unha iniciativa que se desenvolve ao lon go deste mes e que ten o obxectivo de mostrar o fir me compromiso da institu ción provincial co fomento da lectura e o libro galego. A iniciativa celebrarase nas redes sociais e fará fincapé “na importancia que ten a lectura á hora de formar persoas e sociedades máis abertas e libres”, en palabras de Normalización Lingüística de Deputación, que salienta como “o libro galego con tribúe a termos unha visión propia do mundo e á dinami zación da nosa lingua”.

A campaña ofrecerá contidos para crianzas

destinados a fomentar o seu coñecemento sobre libros, librarías e bibliotecas, e sobre o potencial dos libros para “igualar social e cultu ralmente á cidadanía”. Para isto, ademais dunha imaxe gráfica específica, o proxecto lanzará nas redes microen

trevistas con diferentes actores sociais, vídeos divulgativos e entradas. Amais, farase referencia aos distintos premios cos que a Deputación fomenta a creación na nosa lingua e os programas e orga nismos para fomento da lectura.

As persoas internautas serán as protagonistas da compaña, xa que están convidadas a compartir os contidos que se vaian lanzando cada día. As e os participantes que compartan en Facebook, Twitter ou Instagram entra das da campaña participarán no sorteo de 10 bonos-libros (valorado cada un en 100 euros). As persoas gaña doras poderán empregar estes abonos na libraría da provincia da Coruña que libremente elixan.

O Grupo de Teatro de Ribeira comeza en Melide a súa xira de outono

OGrupo Munici pal de Teatro de Ribeira (GMTR) dirixido por Oscar Romero, co mezou a súa xira de outono co espectáculo

O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) no Auditorio Mingos de Pita de Melide o

pasado un de outu bro. Abriuse con esta función a X edición do Ciclo de Teatro Afeccio nado (o ciclo O Teatro no Camiño), organi zado pola Asociación Cultural Charamela e o Concello de Melide.

A agrupación ribeirense, formada

por unha vintena de ac tores e actrices, visitará tamén o concello de Rois o 22 de outubro no marco da Mostra de Teatro que organizan conxuntamente os concellos de Rois e Pa drón; asemade actuará no Auditorio Municipal de Narón o domingo

trece de novembro, no Auditorio Municipal de Rianxo o sábado 26 de novembro e no Coliseo Noela en Noia o sába do dez de decembro. Todas as actuacións serán co espectáculo de O rei Telesforo que fora estreado en de cembro do ano pasado en Ribeira ao longo de tres días con cheos nas tres funcións.

(Algunhas) Cousas de Castelao prosegue a súa xira

Olegado de Alfonso Daniel Rodríguez Cas telao perdura, mantense vivo e está máis vixente ca nunca: é un espello do que fomos e do que somos, e tamén do que seremos. Trátase ademais dun espello do inclusión, no que todas e todos es tamos retratados. Esta é a cerna do

espectáculo (Al gunhas) Cousas de Castelao que segue a súa xira este outono por varios concellos da xeografía gale ga: o 7 de outubro no Auditorio de Val do Dubra, e o 26 na Casa da Cultura de Tordoia, O espectáculo, abeirado ao pro grama de TeceRe des da Secretaría Xeral de Política

Lingüística, nace da fusión entre o traballo que o actor Fran Rei vén desenvolvendo desde o ano 2017 no Obradoiro de Dramatización e Teatro da aso ciación Avante, dedicada ás persoas con diver sidade funcional, e da súa propia experiencia previa na creación e produción da peza Retrincos de Cas telao, de Culturac tiva Producións.

A partir de textos do xenio de Rianxo proceden tes de Cousas e Retrincos, actores e actrices con diversidade fun cional comparten protagonismo cos profesionais Isa bel Risco e Fran Rei, con quen poñen en escena unha proposta para todos os públicos.

22 Outubro 22 O Barbanza
O libro galego e as letras do Barbanza están na cerna de varias actividades novas, dixitais e itinerantes  CULTURA EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160 Foto pax. 2: Freepik DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena redaccion@obarbanza.gal MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso Adolfo Enriquez Calo PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal A NOSA WEB www.obarbanza.gal IMPRIME: TAMEIGA, S.L. Número 40 (Outubro 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 € Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256 O Barbanza

Un fervedoiro de contidos chamado Rede

Lingua.gal facilítanos audiovisuais para coñecer o noso mar e a nosa lingua

Nós tamén creamos! distingue as melloras curtas escolares en galego

nación e Innovación

Educativa, en colabo ración coa CRTVG e OQO editora.

Os galardóns entregados foron, na Categoría 1: 2º ciclo de educación infan til, para o proxecto Sopa verde, do CEIP Albeiros de Lugo. Na Categoría 2: 1º e 2º cursos de educación primaria, para O Camiño, do CEE Miño de Ourense e na Categoría 3: 3º e 4º cursos de educación primaria, para Un conto cheo de lobos, do CEIP Manuel Villar Paramá da Estrada.

Dispoñíbel no Portal da Lingua un audiovisual sobre as riquezas do noso mar e os seus nomes

Este mércores 28 de setembro celebrouse a entrega de premios do certame Nós tamén creamos!, que distingue cada ano as mellores curtas de animación en galego (e a prol do galego). O broche final desta edición do concurso (a décima convo catoria) celebrouse no Pazo

de San Roque, en Santiago, coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a direc tora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.

Nós tamén creamos! vén da man de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Orde

O broche de ouro do acto púxoo un concerto de Paco Nogueiras.

As curtas premiadas e as do resto de participantes pode ranse visualizar en lingual. gal, na súa canle de Youtube e, ademais, na sección infantil e na aplicación Xabarín da CRTVG.

Dispoñíbel no Portal da Lingua un au diovisual sobre as riquezas do noso mar e os seus nomes Quen queira mergullarse nas riquezas do noso mar, tanto dende o punto de vista biolóxico como lingüístico, vai ter oportunidade de facelo grazas á contribución de Jai me Beiro, que vén de subir á Rede un vídeo divulgativo sobre os tesouros marítimos galegos, sobre as especies que habitan o noso mar, sobre os seus fondos e sobre os nomes que uns e outros reciben en galego (que son diferentes e particulares de pendendo do treito da costa

onde se lles nomee).

Trátase do vídeo Sabes todo o que temos no mar?, realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xaco beo 2021-2022 (impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística).

O audiovisual combina imaxes reais das augas e dos fondos mariños con ilus tracións das especies máis representativas. O proxecto contou co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García.

Está dispoñíbel no Portal da Lingua (lingua.gal, depen dente da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e máis no Youtube.

Odrama turgo, narrador e actor Quico Cadaval (Ribei ra, 1960) segue de xira este mes de outubro coa súa particular homenaxe ao jazz a través do espectáculo Ornithology, que tamén dá nome a un histórico disco de Charlie Parker e Benny Harris. Na súa proposta, Cada val acompáñase do saxofonista Pablo Castaño e xuntos dan

forma a un relato un relato libre no que xuntan vivencias e curiosidades da vida, mito e personalidade sonora de Bird, sobrenome de Parker, á vez

que as colocan en diálogo coa historia musical local. Pablo Castaño com pleta as progre sións de Cada val co seu saxo alto, reinterpre tando pasaxes

musicais tanto de Ornithology Vindeiras datas: en Ribadavia o 12 de novem bro (no Club Artístico de Ribadavia), en Brión o 18 de novembro (no Centro Social), o 19 en Vigo (no Museo Mar de Vigo) e o 26 en Ponteareas (no Auditorio). Tráta se dun espectá culo abeirado ao programa actual de TeceRedes (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

Aprodutora galega

Tex45, co apoio da Secre taría Xeral de Po lítica Lingüística, envorcou estes días na Rede un documental que nos desvela os segredos que agocha o noso litoral, escenario de históricos naufraxios. Trá tase de Tesouros somerxidos, iniciativa realiza da ao abeiro do Fondo de proxec tos culturais en

lingua galega Xacobeo 20212022 (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e visíbel a través de Youtube ou do Portal da Lingua.

En concreto, Tesouros so merxidos é un documental que nos descobre os tesouros ar queolóxicos das profundidades da Costa da Morte. A bordo do Eureka, visítanse distintos puntos marcados nun mapa mari

ñeiro, entre Fiste rra e Corrubedo, para descubrir o que agochan. Ex pertos en historia narran a peripe cia dos barcos afundidos nesta costa, que se ilustran con ima

xes dos pecios, mapas, cartas de navegación, xornais, debuxos e fotografías do arquivo histórico. O proxecto pon en valor ademais o vocabulario mariñeiro.

23 Outubro 22O Barbanza
Tex45 sube á Rede a historia dos grandes naufraxios e tesouros somerxidos da nosa costa
Quico Cadaval e Pablo Castaño homenaxean a Charlie Parker, Bird
CULTURA 
HAGAMOS DE CADA PLATO UNA GRATA SORPRESA
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.