O Barbanza 37-38

Page 1

O Barbanza Número 37

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

A nosa web: obarbanza.gal

608 240 160

Xullo 22

A nosa comarca refórzase este verán como potencia turística

Parte informativo de obras 3/8 A pesca galega, tesouro de tesouros Os nosos concellos comparten detalles dos seus proxectos

Alzamos a voz polos produtos pesqueiros e o seu recoñecemento

10

A vida sobre dúas rodas

12

A comarca abre un mundo de posibilidades en materia de ciclismo



O Barbanza

3

Xullo 22

Ribeira  ACTUALIDADE 

Tesouros do Arquivo Histórico Municipal

Remata en Ribeira o proceso de dixitalización de 92.511 páxinas

O

Concello de Ribeira vén de dar por rematados os traballos da segunda fase do proxecto de dixitalización da documentación custodiada no Arquivo Histórico Municipal de Ribeira. Os labores, que foron executados pola empresa Vinfra, S.A. e principiaron o 18 de xaneiro de 2022, abrangueron un total de 92.511 páxinas, superando a cifra inicialmente adxudicada de 91.913 páxinas. O proxecto abeirouse á liña de traballo emprendida pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) en coordinación coa Secretaría Xeral de

Cultura, dirixida á construción da Memoria Dixital de Galicia como proxecto colectivo de conservación, valorización e difusión do patrimonio cultural de Galicia. Con tal motivo o Concello contratou a dixitalización da documentación histórica incluíndo as seguintes series: libros de actas de sesións de comisión permanente (11.499 páxinas), libros de actas de sesións de pleno (5.755 páxinas), padrón de habitantes 1970 e 1975 (12.844 páxinas), libros de actas da xunta pericia (601 páxinas), serie libro de actas da xunta municipal de asociados (555 páxinas), serie libros de actas xunta municipal de educación (133 páxinas), libros de actas xunta municipal de educación 1ª ensinanza (313 páxi-

nas), libros de actas da xunta municipal sanidade (836 páxinas), libros de actas da xunta municipal beneficiencia (200 páxinas), actas da xunta local de reformas sociais (316 páxinas), actas xunta soberana – revolución de 1868 (22 páxinas), serie xunta municipal do censo electoral 1892 – 1907 (1179 páxinas), serie xunta municipal do censo de poboación 1897 – 1917 (256 páxinas), libro rexistro de salvocondutos (48 páxinas), accidentes de traballo 1902 – 1936. (200 páxinas), expedientes gobernativos sobre relixión evanxélica 1888 – 1924 (227 páxinas), libro de bandos da alcaldía 1892 – 1923 (41 páxinas), libro rexistro títulos persoal 1ª ensinanza 1890 – 1932. (341 páxinas), libros de actas xunta municipal de educación 1901 – 1970 (384 páxinas), libro censo escolar 1955 (385 páxinas), padrón cédulas persoais (7.288 páxinas), sanidade marítima (237 páxinas), lonxa – municipalizacion 1916 – 1965 (973 páxinas), secretaria – memorias 1939 – 1967. (852 páxinas), libros rexistro mandamentos de pago 1955 – 1960 (24.692 páxinas), amillaramento – declaracións xuradas 1947 – 1955 (19.479 páxinas), expedientes para poxa de sal 1874 – 1910 (535 páxinas) e expedientes de contas de admon. de consumo (597 páxinas). Completada a dixitalización, agora estase no proceso de descrición antes da súa publicación na páxina web de Galiciana (Biblioteca Dixital de Galicia) e a conseguinte posta a disposición entre a cidadanía de toda esta inxente documentación. O proxecto estivo subvencionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Retómanse os traballos de construción da nova estación de autobuses

O

Concello de Ribeira informou este 18 de xullo da reanudación das obras da pérgola da nova estación de autobuses fronte á praza da Heroínas de Sálvora. Operarios da empresa adxudicataria, Canarga, retomaron os traballos para rematar a instalación logo dun modificado no contrato que entrañou a aplicación dunha serie de cambios tanto en canto á cimentación como da urbanización da estrutura, así como o aumento de zonas verdes. O Concello lembra que tamén se está a traballar no acondicionamento dunha nave portuaria anexa como zona de espera, aseos e despacho de billetes, neste caso por parte da empresa Abootec Promociones y Gestiones Inmobiliarias.

As bandeiras azul e sendeiro azul xa ondean en Coroso

A

praia de Coroso (Ribeira) acolleu o pasado 8 de xullo o izado dos dous distintivos que este ano a Asociación ADEAC concedeu ao Concello: dun lado a bandeira azul coa que distinguiu este areal e, dou-

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

O Barbanza

tro, o novo galardón sendeiro azul que enxalza as calidades do paseo litoral que vai até a praia de Río Azor. O alcalde Manuel Ruiz e máis o concelleiro de Turismo, Ramón Doval, foron os encargados de subir ambas bandeiras.

Ruiz Rivas recordou “que a bandeira azul será a única que ondeará nos areais de Barbanza porque cada vez é máis difícil cumprir todos os requisitos que require este distintivo”.

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 37 (Xullo 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


4

Xullo 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

Compostaxe tamén para vivendas sen terreo

O Concello da Pobra habilitou tres espazos urbanos comunitarios para favorecer o aproveitamento dos residuos orgánicos

A

Pobra do Caramiñal xa conta con tres puntos de compostaxe comunitaria. Estes están emprazados na contorna do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler) e en Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira). Segundo informou o Concello da Pobra, trátanse de espazos que se elixiron por “ser superficies de titularidade municipal, cun punto de auga, preto de núcleos densos de poboación e na proximidade de contedores destinados a outro tipo de residuos (vidro, papel, aceite...)”. Estes colectores están xestionados por persoal municipal para controlar o proceso da compostaxe e o correcto uso por parte da veciñanza.

A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), xunto coa técnica municipal desta área, Beatriz González, manifestou que a posta

en marcha dos tres equipamentos exemplifica “a firme aposta da Administración local por ampliar o proxecto da compostaxe no municipio, nesta oca-

Recoñecemento á imaxe corporativa municipal

O

festival de deseño pioneiro da nosa comunidade, Galicia Design Week, amosou na cidade da Coruña traballos máis significativos do deseño da nosa terra xunto con referentes internacionais. A imaxe corporativa do Concello da Pobra do Caramiñal foi seleccionada como #futurodeseñogalego dentro do apartado Showcase. O traballo ficou exposto no recinto PALEXCO no período comprendido entre o 24 de xuño e o 17 de xullo. O dito certame está organizado por Galicia Design e Follow coa Asociación Galega de Deseño, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Clúster da Comunicación de Galicia e DIDAC como entidades socias. Patrocinan Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Turismo da Coruña. A maiores, destacou como un dos mellores proxectos de fin de grao na EASD Ramón Falcón dos máis de cen presentados no 2020. A identidade corporativa supuxo a unificación de tódalas versións distintas que se foron empregando ao longo dos anos nas distintas concellarías. Canto á tipografía, optouse pola Roboto, con formas

suaves e redondeadas, e seis pesos (Black, Bold, Medium, Regular, Light e Thin), para favorecer a súa adaptación a todo tipo de soportes. Escolléronse cores que predominan nas fotografías aéreas do municipio: o azul verdoso da natureza; o salmón, polos tellados das casas; e o amarelo, polos areais.

sión dirixido a persoas residentes en edificios e vivendas unifamiliares sen terreo, despois de que se completasen as tres campañas de autocompostaxe que se traduciron no repartimento de 160 depósitos a particulares”. Animaron, polo tanto, á cidadanía a involucrarse neste novo formato. A finalidade deste proxecto radica en “fomentar a sustentabilidade na xestión da materia orgánica na orixe, cuestión que redunda en beneficios medioambientais e económicos ó verse reducido o peso da fracción do resto depositada nos contedores xenéricos e, polo tanto, a cantidade de lixo para tratar por parte da SOGAMA”, sinalaron. A implantación da compostaxe comunitaria está financiada por unha subvención da cal resultou beneficiaria a Administración local, ó abeiro das axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico na convocatoria de Residuos 2019 e 2020 (PIMA e PEMAR), que coas liñas de compostaxe pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e mellorar na consecución do Plan estatal marco de xestión de residuos (PEMAR).

Inícianse as viaxes en veleiro a bordo do Mascato

O

16 de xullo comezaron as viaxes en veleiro con saída dende A Pobra do Caramiñal para dar a coñecer o patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico “dunha maneira diferente”, segundo explicou a titular da Concellaría do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra). O veleiro Mascato partirá nos sábados e domingos dos meses punteiros da época estival. Concretamente, as seguintes excursións serán nos días 23, 24, 30 e 31 de xullo; e 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de agosto. A duración do traxecto

é dunha hora e media e as travesías serán en quenda de mañá e de tarde: ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas. O importe a pagar é de 15 euros para persoas adultas e de 10 euros para menores de 12 anos, con desconto para as familias.

A cabida está limitada a 10 prazas, que se deberán reservar previamente no punto de información turística (situado na Casa Mariñeira), no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.


O Barbanza

5

Xullo 22

Boiro  ACTUALIDADE 

A empregabilidade como obxectivo primordial O Concello de Boiro convoca axudas para incentivar a contratación do alumnado do Obradoiro Torre Goiáns

O

Concello de Boiro convocou unha liña de axudas para incentivar á contratación do alumnado traballador participante no Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns – Boiro. O importe desta liña de apoios destinada á empregabilidade é de 30.000 euros, cun máximo de 1.500 euros por persoa contratada e por unha duración mínima de tres meses a tempo completo. Poderán ser entidades beneficiarias destes incentivos á contratación as persoas empregadoras e empresas, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida no Obradoiro de Emprego nas

especialidades de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas e que contraten traballadores ou traballadoras por conta allea. Nas bases especifícase que os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 euros por cada traballador contratado, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa. A contratación deberá comezar nos quince días seguintes á finalización do programa formativo, que será o vindeiro 14 de xullo. O prazo para presentar a solicitude destas axudas é de 10 días hábiles e está xa aberto e deben facerse a través do Rexistro Xeral ou

sede electrónica do Concello de Boiro. Os anexos de solicitude, bases da convocatoria e toda a información sobre o proceso están a disposición das persoas interesadas na web municipal, www.boiro.gal.

 Poderán ser bene-

ficiarios destes incentivos á contratación as persoas empregadoras e empresas, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida no Obradoiro de Emprego

130 novos recipientes de compostaxe

O

Concello de Boiro vén de abrir un novo prazo de solicitude para participar no programa de compostaxe doméstica que comezou no ano 2019. Con esta nova convocatoria vanse repartir un total de 130 novos composteiros cos que se pretende “seguir reducindo os residuos que se depositan nos contedores xenéricos”, sinalaron fontes do Consistorio, engadindo que ao abeiro deste programa xa se repartiron dende 2019 preto de 120 recipientes, poñendo o foco en vivendas unifamiliares de todas as parroquias. “O

Colle corpo o paseo que une o río Breiro co núcleo da Boliña

O

obxectivo é que a cifra siga aumentando nos vindeiros anos”, engadiuse. O programa implicou tamén a activación dun seguimento do uso que se fai dos composteiros, uns datos que nos indican que a maior parte dos restos

depositalos son materia sobrante de cociña seguido de segaduras de horta. Amais, a información aportada polos destinatarios do programa indica que o emprego de composteiros supón un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros.

Concello de Boiro executa estes días a creación dun paseo que una o existente no río Breiro co núcleo da Boliña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o pasado 12 de xullo o lugar onde se están a desenvolver os traballos devanditos. Con esta actuación pretendese conectar o núcleo rural da Boliña co paseo do rio Breiro materializado en 2018 e poder facer un percorrido peonil accesíbel ata a praia de Barraña. Trátase dun paseo de 150 metros de lonxitude e 3 de ancho de

chan de area-cemento que se completa cunha pasarela peonil de 30 metros de lonxitude de madeira e plástico reciclado para salvar o desnivel existente ata a estrada. A obra, dun importe

de 25.514,55 euros, forma parte dun proxecto para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos que conta co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único (POS+).


6

Xullo 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Rianxo

Proxecto Cerqueira A conserveira investirá 28 millóns na súa sede de Rianxo e incrementará o seu cadro de persoal nun 50%

A

empresa Conservas Cerqueira presentou os detalles do seu ambicioso proxecto para Rianxo, concello no que contará cunha sede propia, concretamente no Polígono Industrial do Te. Segundo fixo saber a empresa, investiranse 28 millóns de euros instalación da dita sede no polígono rianxeiro, onde a conserveira mercou unha superficie de máis de 36.000 metros cadrados. Así o deron a coñecer o pasado martes 5 de xullo o seu presidente Juan Manuel Cerqueira, Andrés Mencía (xerente), Manuel Aldao (adxunto á xerencia) e Antonio Otero

(apoderado) na presentación do seu proxecto no salón

nobre do Consistorio rianxeiro, acompañados do alcalde,

A Goleta Evangelina ponse ao servizo de residentes e visitantes

O

Concello de Rianxo presentou unha interesante iniciativa de lecer e turismo náutico para este verán. Trátase dun programa de 20 travesías nun histórico valeiro (a Goleta Evangelina) posto a disposición de veciños e visitantes para permitirlles coñecer a fondo a ría dende unha óptica diferente e co privilexio de navegar nunha embarcación local, con porto na dársena de Rianxo, con máis dun século de vida sucando os mares. As saídas marítimas partirán do Club Náutico de Rianxo e durarán unha hora e media, incluíndo dúas opcións, unha singradura mariñeira polas mañás e unha saída ao atardecer, para “gozar das paisaxes

e o solpor”, informou o Concello, engadindo que os meses de xullo e agosto inclúen a meirande parte das saídas, e que o xoves 15 de setembro pecharase o programa o día do Feirón Mariñeiro. A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de historia pola costa galega. Ten capacidade para 12

prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal. Construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada nos Estaleiros Catoira de Rianxo, o seu porto base é en Rianxo, onde se pode contemplar acotío. Os teléfonos de información son 604 023 753 (Turismo de Rianxo) e 644 525 976 (tripulación da embarcación).

Adolfo Muiños, e os edís Mari Carmen Figueira e Tobías Betanzos. O Concello salientou “a importancia da implantación desta empresa” no parque empresarial “pola xeración de postos de traballo” e tamén “por ser unha empresa do sector conserveiro que se vincula así máis co noso concello creando sinerxias tamén con outros produtores”, sinalaron os integrantes do equipo de Goberno, poñendo o foco, igualmente, nos beneficios fiscais previstos ao abeiro da declaración do Concello como concello emprendedor. A empresa indicou que vai manter o medio centenar de postos de traballo estacionais que teñen na súa nave de Ribeira, na histórica fábrica de Bandourrío, onde deixará de ter actividade unha vez se trasladen á súa nova localiza-

ción. Tamén lembrou que nas parcelas do parque empresarial rianxeiro execútanse obras desde que en maio foron aprobadas na xunta de goberno. Amais, Conservas Cerqueira prevé que dentro dun ano poida comezar a súa actividade cun aumento do seu persoal entre 20 e 25 persoas, o que supoñería incrementalo en torno ao 50%. Cando estean a pleno rendemento dentro de 5 anos darán emprego a 140 ou 150 persoas anunciando novas liñas de produción e o aproveitamento de augas e caldos, que lles permitirán traballar todo o ano. Sinalaron tamén que no proxecto construtivo e a liña de produción prevén aproveitar e reciclar boa parte das augas de cocción e aplicar medidas que se acheguen no posíbel a unha economía circular.

Campamentos tecnolóxicos e de teatro

O

programa de actividades xuvenís de lecer do Concello de Rianxo, impulsado dende o Servizo de Xuventude, abrangue este ano dúas propostas moi relevantes para a rapazada e a mocidade: unha centrada nas TIC (Tecnoloxías da Información e as Telecomunicacións) e outra nas artes escénicas. Respecto do Campamento Tecnolóxico, celebrarase do 1 ao 11 de agosto na Aula de Informática do Concello. Trátase, segundo informou

Xuventude de Rianxo, “de accións formativas de marcado carácter creativo orientadas a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos”. O número de participantes será de 16. A finalidade destes obradoiros é “favorecer un uso práctico, creativo pero tamén crítico da tecnoloxía, á vez que igualitario, nos que haxa unha participación equitativa entre nenos e nenas, rachando con estereotipos de xénero”. Algúns dos contidos

a desenvolver serán os que citamos deseguido: deseño de personaxes de videoxogos, xogando cos píxeles, uso de programas en 2D para videoxogos, Gamers por un día., creatividade (arte e música) con circuítos electrónicos, programación e mundo hacker, iniciación ao hardware-software libre Arduino e robótica. No que atinxe ao Campamento de Teatro, vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos e desenvolverase en 4 quendas: do 11 ao 22 de xullo, do 26 de xullo ao 5 de agosto, do 8 ao 19 de agosto e do 22 de agosto ao 1 de setembro. O horario será de 09:30 a 14.00 horas. En palabras do Servizo de Xuventude, “o Campamento de Teatro pretende ofertar unha actividade lúdica e eminentemente práctica que achegue coñecementos básicos do teatro aproximando esta vía de expresión artística ás/aos participantes”.


O Barbanza

7

Xullo 22

Porto do Son  ACTUALIDADE 

Dispositivos de mantemento a tope

O Concello de Porto do Son mellora accesos en Miñortos, Carballosa, Caamaño, Guiandón e Xuño

O

Concello de Porto está a intensificar o traballo neste inicio do verán para mellorar infraestruturas, accesos e servizos, poñendo o foco en optimizar a seguridade de estradas, camiños e beirarrúas e, tamén, a accesibilidade e a comodidade dos usuarios que acceden ás praias e aos puntos de interese turístico. Neste punto de inflexión entre o mes de xuño e o de xullo actuouse nos seguintes puntos: Na parroquia de Miñortos, acondicionando a contorna das fontes e dos antigos lava-

doiros, incluíndo tamén nestes traballos a Casa da Cultura. En Carballosa, achegando máis accesibilidade e comodidade ás beirarrúas e rozando o parque infantil. Na parroquia de Caamaño, co acondicionamento con saburra do acceso á concorrida praia de Boca do Río. En Guiandón, coa mellora dos accesos por estrada. Na parroquia de Xuño, co despregue de saburra nos accesos e o estacionamento da praia das Furnas. Ademais, en Noal leváronse a cabo a mediados de xullo melloras na vía que conduce ao miradoiro de Cabeiro.

Acondicionamento da contorna das fontes e dos antigos lavadoiros. Miñortos

Acondicionamento das beirarrúas en Carballosa

Clausura do VII Obradoiro Tahume

A

Porto do Son acolleu este venres 15 de xullo o acto de clausura do VII Obradoiro de Emprego Tahume, impulsado polos Concellos sonense e ribeirense co obxectivo de achegar á cidadanía formación teórico-práctica e inserción laboral, poñendo o foco na xente nova e desempregada. Na cita participaron os alcaldes Luis Oujo (O Son) e Manuel Ruiz (Ri-

beira) e máis o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, quen lembrou que este programa contou cun apoio do Goberno galego de 346.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Trenor puxo o foco na “gran utilidade deste tipo de formación” porque, ademais de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego,

“compleméntase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna”. Amais, enxalzou “o compromiso dos Gobernos de Porto do Son e Ribeira coa empregabilidade” porque “levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia” e “conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de cualificación que afrontan”.

Acondicionamento do acceso á praia de Boca do Rio. Caamaño

Melloras enerxéticas no Colexio Santa Irene e a Piscina Municipal

O

Concello de Porto do Son vai dar un novo avance en sustentabilidade e eficiencia enerxética no municipio, poñendo o foco, desta volta, nos seus edificios públicos. En concerto, anunciou a instalación de equipamentos máis respectuosos cos recursos naturais na Piscina Municipal e no Colexio Santa Irene. Respecto deste último inmóbel substituirase a caldeira actual de

gasóleo, obsoleta enerxeticamente por un sistema térmico de biomasa que proporcionará calefacción e auga quente á comunidade escolar e docente ao longo de toda a xornada lectiva e “cando sexa necesario”, en palabras do Concello. O investimento será de 57.596 euros, dos cales 43.738 euros farase cargo o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). A maiores será

obxecto dunha mellora enerxética a Piscina Municipal, onde se procederá a colocar setenta paneis solares monocristalinos, na cuberta do inmóbel, complementando a rede de paneis solares térmicos que xa existen no edificio. Mobilizaranse para tal fin 40.232 euros, de los que o INEGA sufragará 25.161 euros. O obxectivo é evitar a emisión de 58,49 toneladas de CO2 cada ano.


8

Xullo 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Dodro  Lousame  Outes

Outes aposta firme polos obxectivos de desenvolvemento sustentábel

O

utes será un dos sete concellos de Galicia que redactará un Plan Municipal para a Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ademais de Outes tamén foron seleccionados A Guarda, As Pontes, Guitiriz, Nigrán, Verín e Viveiro. Segundo informou o Concello, a realización deste plan “permitirá facer unha diagnose sobre a situación actual do municipio con respecto á súa contribución e aliñamento cos ODS e á Axenda 2030, tanto a nivel de estratexias municipais, como de implementación real a medio e longo prazo”. Esta diagnose inicial servirá como “guía e referencia á hora de elaborar o

Plan Municipal de Implementación dos ODS, e unha serie de accións de comunicación e sensibilización aos co-

lectivos sociais e á cidadanía en xeral”, engadiron fontes do Consistorio. Segundo explicou o alcalde, Manuel González, “a idea é recoller información relevante e promover a colaboración e interese desde o comezo polo que a metodoloxía de traballo será eminentemente participativa”. González López detallou que “se realizarán entrevistas tanto ao persoal técnico municipal como a entidades e asociacións do municipio”. A idea, engadiu, é “que tanto as administracións públicas como as organizacións sociais poidan incorporar o Plan de Acción resultante dos estudos feitos”. O rexedor outense asegura que se farán tamén unha serie de vídeos explicando proxectos en desenvolvemento e unha xornada final que permita sensibilizar aos axentes municipais sobre a necesidade de cumprir coa Axenda 2030.

Volve en agosto o Noia Harp Fest

E

ste mes de agosto chega unha nova edición do Festival Internacional de Noia, o Noia Harp Fest, en palabras da organización “un certame musical único na súa especie”, ao non haber outro en toda Galicia e en toda a Península Ibérica centrado de xeito específico no instrumento da arpa. Será entre os días 3 e 7 de agosto, segundo confirmou hai uns meses o director artístico do evento NHF, o músico Rodrigo Romaní, salientou algúns dos cabezas de cartel: nomes como Savourna Stevenson, Steve Kett-

ley, Hermanos Corbalán, Kora Jazz Trío, Clotilde Trouillaud, Paula Ceremuzynksa, Manuel Vilas, Beatriz Martínez, Rafa Fernández Trio ou Bleuenn le Friec. A estes artistas engádese a participación do grupo salmantino Trío Clepsidra, grazas á colaboración da Asociación Española de Arpistas (AEDA). Haberá concertos ao aire libre e máis nos interiores de recintos culturais da vila. Quen precise máis información do certame pode atopala como de costume na súa páxina web (noiaharpfest. gal) e nas redes sociais.

A

meses de xullo e agosto. Ezgi e Ülkü, que forman parte do programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps, colaborarán co Concello de Lousame na posta en marcha desta proposta. O programa inclúe pintura, karaoke, música, xogos, cine, creatividade, teatro, conversas e moito máis, todo en lingua inglesa. Este conxunto de actividades desenvolverase en dúas

O

s operarios do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación, xunto cos propios operarios do Concello de Dodro, están a facer estes días labores de roza nas aldeas do termo municipal. Fano, segundo indican fontes do Consistorio, seguindo o plan de traballo establecido polo concelleiro de Obras, Ramón Abuín, para “acadar a limpeza de todos os núcleos de Dodro no menor tempo posíbel”. O Concello explicou que ao abeiro desta liña de traballo xa foron rozadas as aldeas de Bustelo, Teaio, Traxeito, Revixós, Dodriño, Bexo, Imo ou Eiró, entre outras.

Reparto de alimentos en Dodro

Lousame presenta un programa de ocio gratuíto en inglés para a rapazada

concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, presentaron o programa Leisure Activities in English, que será impartido polas voluntarias turcas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas. Trátase dunha iniciativa gratuíta de actividades educativas e de ocio impartidas unicamente en inglés e que terá lugar nos

Operarios do PEL e do Concello rozan estes días a totalidade dos núcleos de Dodro

O quendas dirixidas a diferentes franxas de idade: do 19 ao 22 de xullo para a rapazada maior de 10 anos e os días 2, 3, 4 e 5 e 8, 9, 10, 11 e 12 de agosto para a cativada de 5 a 10 anos de idade.

Cada quenda dispón de 25 prazas. As clases terán lugar no local social do Sanguiñal, na parroquia de Tállara. A reserva de praza realizarase a través da páxina web www. bandoticket.com.

Concello de Dodro, a través da Área de Servizos Sociais e Benestar, organizou o reparto de preto de 900 kg de alimentos. Estas entregas periódicas proceden da Federación Española de Bancos de Alimentos e de compra directa a provedores. O Concello lembra que, para formar parte deste programa, podemos informarnos ao longo de todo o ano nas dependencias de Servizos Sociais e Benestar. Cita previa chamando ao número de teléfono 981 80 24 66.


O Barbanza Número 38

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

A nosa web: obarbanza.gal

608 240 160

Agosto 22

Vida de Romero Ortiz II

10

Fábrica de libros

12

JEALSA solidaria

14

Segunda entrega sobre o sobranceiro político soterrado en Oleiros

A comarca ferve este verán de novidades editoriais

Guía de festeiros

Achegámonos aos eventos máis destacados da tempada

A conserveira achéganos novos exemplos do seu compromiso social e sustentábel


xoves 21/xullo

sábado 30/xullo

20.30 h XLIV Torneo de chave Alameda. Escola Infantil de Santa Susana

10 h - 12 h

Alboradas

19 h XXXIII Concentración de automóbiles antigos e concurso de traxes de época Concentración diante de El Corte Inglés. Saída cara á rotonda do Castiñeiriño.Baixada pola rúa do Restollal ata a praza das Praterías

22 h Pregón a cargo de Tamar Novas Praza do Obradoiro - balcón do Pazo de Raxoi 22.15 h CONCERTO The New York Ska-Jazz Ensemble Praza do Obradoiro

20 h Concurso de traxes de época Praza de Praterías

venres 22/xullo 10 h - 12 h Alboradas

20 h - 21 h Exposición de coches Praza do Obradoiro

19.30 h / 20.30 h XLIV Torneo de chave

11 h - 22 h DÍA DO TRAXE GALEGO

Alameda. Escola Infantil de Santa Susana

19 h CINEMA NO PARQUE: Valentina Parque de Eugenio Granell

20 h Danza No Camiño Prza de S, Martiño Pinario

20 h ESPECTÁCULO MÚSICAL Ekaterina Levental “The Path” Praza de Mazarelos

20 h CONCERTO Iria Folgado Ensemble (óboe e cordas) Praza de Mazarelos

outra aplicación

21 h CONCERTO: Show Sexy Zebras Parque de Galeras

21 h CIRCO: La Coquette, da cía. Kambahiota Parque de Bonaval 22 h CONCERTO Rocio Márquez + Bronquio “La suma perfecta” Praza da Quintana 22 h Orquestra Estrellamar Alameda

sábado 23/xullo 10.30 h - 00.30 h Dron Festival Gaelic GP Series 2022 Parque de Belvís 10 h - 12 h Alboradas 17 h XLIV Torneo de chave Alameda. Escola Infantil de Santa Susana 20 h CONCERTO: Lítore Quartet (saxofóns) Praza de Mazarelos 21 h CIRCO: Nudo, da cía. Rojo Telón Parque de Bonaval 21 h CONCERTO: Rufus T. Firefly Parque de Galeras 22 h CONCERTO: Caléxico Praza da Quintana 22 h Orquestra Los Alkar Alameda

domingo 24/xullo 10 h - 12 h Alboradas ENCONTRO DE XIGANTES E CABEZUDOS 12 h Praza da Quintana 12.30 h Praza do Toural

21.30 h

martes 26/xullo 19 h CINEMA NO PARQUE: Trasto Parque de Eugenio Granell

21 h CONCERTO: Yoly Saa Parque de Galeras 21 h DANZA E MÚSICA ELECTRÓNICA Set. Paula Quintas e Nacho Igmig Parque de Bonaval 21.30 h CONCERTO: Garufa Big Band Praza da Quintana 22 h CINEMA NO PARQUE: Cuñados Parque de Eugenio Granell

mercores 27/xullo 19 h CINEMA NO PARQUE: El jinete del dragón Parque de Eugenio Granell 21 h CONCERTO: Santi Araújo Parque de Galeras 22 h CONCERTO: Michelle David & The True Tones Praza da Quintana

22 h CINEMA NO PARQUE: A virxe roxa Parque de Eugenio Granell

xoves 28/xullo 13 h DÍA DE PADRÓN EN SANTIAGO Bandas municipais de música de Padrón e Santiago Praza do Obradoiro

XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO Actuación dos grupos de baile tradicional Praza da Quintana outra outraaplicación aplicación

Estudio: Deseñadora: Ano de realización do logotipo: máis información e descargas:

22 h CINEMA NO PARQUE: O gran camiño Parque de Eugenio Granell 22 h Orquestra Tatoo Alameda

domingo 31/xullo 11 h - 21 h TRAD FEST 11 h. Ruada desde San Pedro. 11.30 h. Mercedes Prieto e Serxio Cobos. Obradoiro de bailes de roda para familias. Parque de Bonaval. 12.30 h. Symbio no Parque de Bonaval. 12.30 h. Ruada desde o Obradoiro. 13 h. Trilitrate no Escenario Cordas e Sopros na Igrexa de San Domingos de Bonaval. 13.30 h. Tres Pesos no Escenario Cantos. Parque de Bonaval. 16 h. Mercedes Prieto e Serxio Cobos. Obradoiro de bailes de roda para familias. Parque de Bonaval. 16.30 h. Chulada da Ponte-Velha no Parque de Bonaval. 17 h Ruada desde a Zona Nova. 17.30 h. Seiva no Parque de Bonaval. 18.30 h. Fréderic Bougouin na Igrexa de San Domingos de Bonaval. 18.30 h. Ruada desde Bonaval . 18.30 h. María Mazotta no Parque de Bonaval. 19.30 h. Comando Curuxás no Parque de Bonaval. 20.30 h. Sheila Patricia no Parque de Bonaval. 21 h. Xisco Feijóo na Praza da Quintana. XXXIII Concentración de automóbiles antigos e concurso de traxes de época

20 h CONCERTO: Álvaro Toscano (guitarra) Praza de Mazarelos

19 h CINEMA NO PARQUE: O principiño

11 h Concentración no Auditorio de Galicia.

Parque de Eugenio Granell

21 h CONCERTO Verónica Ferreiro & Javier Sánchez Parque de Galeras

21 h CONCERTO: Luis Fercán Parque de Galeras 21.30 h CONCERTO: Real Filharmonía de Galicia Praza da Quintana

22 h CONCERTO: Heredeiros da Crus Praza da Quintana

22 h CINEMA NO PARQUE: Tres Parque de Eugenio Granell

11.30 h Saída avenida do Burgo das Nacións, avenida de Xoan XXIII, praza da Paz, rúa da Pastoriza, rúa dos Basquiños, rúa de Santa Clara, rúa de San Roque, rúa das Rodas, rúa da Virxe da Cerca, rúa Fonte de Santo Antonio, rúa da Senra, rúa do Vilar, praza das Praterías e praza do Obradoiro.

22 h CONCERTO: Banda Magma Campo da Festa do Castiñeiriño

venres 29/xullo

Exposición de coches Praza do Obradoiro

10 h - 12 h

19 h

23.30 h ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO Alameda Parque de Eugenio Granell As Cancelas Cidade da Cultura. Parque de Carlomagno

luns 25/xullo DÍA DO APÓSTOLO Ofrenda ao Apóstolo 10 h - 12 h Alboradas 12.30 h Comparsa de cabezudos Teatro Principal 21 h CONCERTO: Maren Parque de Galeras 22 h CONCERTO: Jenny and The Mexicats Praza da Quintana

Alboradas

12.30 h - 18 h

19 h CINEMA NO PARQUE: Mironins Parque de Eugenio Granell

CINEMA NO PARQUE Zapatos rojos y los siete trolls

20 h CONCERTO Hans van der Zanden, Anastasia Goldberg e Anna Nedobora Praza de Mazarelos

Parque de Eugenio Granell

21 h CONCERTO: Grande Amore Parque de Galeras 21.30 h CONCERTO Banda de Música de Santiago de Compostela con Paco Lodeiro, Rosa Cedrón e Miguel Ladrón de Guevara

20 h CONCERTO: Ilona Timchenko (piano), Artei Theotonio (cello) e Liana Gourdjia (violin) Praza de Mazarelos 21 h CONCERTO: Bala Parque de Galeras

22 h CINEMA NO PARQUE: Malencolía Parque de Eugenio Granell

Praza da Quintana

22.45 h CONCERTO: La Chiva Gantiva Praza da Quintana

22 h CINEMA NO PARQUE: 9 fugas Parque de Eugenio Granell

22 h Orquestra Costa Dorada Alameda

22 h CIRCO: Rock Circk, da cía. Rolabola Parque das Cancelas

23.30 h PIROTECNIA FIN DE FESTA Cidade da Cultura

22 h Orquestra Zeltia Alameda


O Barbanza

3

Agosto 22

AXENDA DE VERÁN 

Un espectacular verán de espectáculos A axenda cultural do Barbanza é este verán unha axenda de centos de actividades

En Ribeira - Exposición Retrospectiva, de Soky Díaz. Ata o 30 de xullo no Centro Lustres Rivas - Noites de Autocine: Trasto. Venres 29 de xullo. Exterior Centro Recreativo de Artes, ás 22:15 h - Festival Ambar: Mar Diverso. Venres 29 de xullo. Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h - VIII Festival Ribeira: Ghop, de Teatro ó Cubo. Sábado 30. Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h - Extra! de Paco Nogueiras. Mércores 3 de agosto. Praza de Porta do Sol, ás 12:00 h - Merenda con pan de millo de Cantaxoga. O 4 de agosto. Praza do Concello, ás 12:00 h - Actividade de ICE Renovación e Estruendo. O 4 de agosto. Obradoiros e animacións infantís, coreografías, pequenos concertos, percusión e sketches sobre. Praza do Concello, ás 18:30 h - O Círculo dos Contos. O 5 de agosto. Xogos, música, espectáculos infantís, reparto de granizados, inchábeis, festa da escuma, etc. Praza do Concello, de 11:30 a 14:00 h e de 18:30 a 21:00 h

Xisco Feijoo

- Festival Salsa na Rúa. Venres 26. Parque García Bayón - animación, ás 22:15 h - Festival Salsa na Rúa. Sábado 27. Rúa Alcalá Galiano, a partir das 10:00 h. Praza de Porta do Sol, ás 14:00 h. Paseo do Malecón, ás 22:15 h - I Feira do Vinilo. Sábado 27 de agosto. Praza de

Merenda con pan de millo de Cantaxoga

Vigo, durante todo o día. - Rúas Musicais: Open Drink. Domingo 28 de agosto. Porto de Palmeira, ás 13:00 h - Noites de Autocine: Pérez 2. Venres 2 de setembro. Pavillón de Sirves - Olveira, ás 22:15 h

- VIII Festival Ri beira: OH!Pera, de Circo Chosco. O 3 de setembro. Porta do Sol ás 22:15. - Rúas Musicais: Thais Suki. Domingo 4 de setembro. Campo da festa – Oleiros, ás 14:00 h

Oh! Pera

- Exposición Mulleres, homes e peixes, de Antonio Pérez. O venres 5 ás 21:30 h no Lustres Rivas. - Concerto Peixe, de Xisco Feijoo. Venres 5 de agosto. Praza de España, ás 22:15 h - Rúas Musicais: Recambios Tucho. Domingo 7. Exterior Centro Recreativo de Artes, ás 13:00 h - Concertos do Xacobeo: Iván Ferreiro. Venres 12 de agosto. Praza de España, ás 21:00 h - Noites de Autocine: Pinocchio. Venres 12 de agosto. Campo da festa - Carreira, ás 22:15 h - VIII Festival Ribeira A Gran Viaxe, de Inventi Teatro. Sábado 13. Paseo do Malecón, ás 22:15 h - Rúas Musicais: Rockolas. Domingo 14 de agosto. Porto de Corrubedo, ás 13:00 h - Rúas Musicais: Human. Luns 15 de agosto. A Capela – Carreira, ás 13:00 h - Noites de Autocine: Cuñados. Venres 19. Aparcadoiro grande - Corrubedo, ás 22:15 h - Rúas Musicais: La Banda de Luke. Domingo 21. Porto de Aguiño, ás 13:00 h - Noites de Autocine: Grease. Venres 26. Porto de Aguiño, ás 22:15 h

Ghop, de Teatro ó Cubo

Extra! de Paco Nogueiras

A Festa do Percebe de Aguiño regresa con forza o día 31

E

ste 31 de xullo celébrase unha cita na comarca que os seareiros dos mellores produtos galegos e da nosa cociña non poden deixar de lado: a Festa do Percebe de Aguiño, que chega á súa 23 edición cun novo e importante recoñecemento, o de Festa de Interese Turístico Galego. As actividades terán o seu epicentro no porto da vila mariñeira, a partir das 12.00 horas. No capítulo de novidades, a celebración deste ano inclúe un novo prato co logotipo da festa e cun epígrafe inscrito que fala ás claras da importancia do produto: “O Rei do Mar, Percebe de Aguiño”.

Neste “ano de reinicio”, logo das parénteses da COVID, distinguirase como percebeiro de honra ao artista local Manuel Ayaso. A festa vén da man da Confraría de Carreira e Aguiño co patrocinio e colaboración

do Concello de Ribeira. O cartel desta edición contén unha fotografía tomada por Luis Polo, autor do libro Percebeiros de Aguiño e tamén das imaxes que se mostran nas paredes da Lonxa local.


4

Agosto 22

O Barbanza

 AXENDA DE VERÁN

LXXIV singradura da Festa da Dorna

O

A Festa da Dorna iniciou este sábado 16 de xullo a súa LXXIV sinjladura coincidindo co Día do Carmen e rematará o 30 de xullo coa Baile de Jala. Previamente e de xeito complementario, o Museo Municipal de Ribeira acolleu a presentación dos trofeos para estes festexos, uns premios elaborados de xeito artesanal polos artistas Ruth González e José Manuel Riveiro, a través do seu colectivo Sonagasallo (as pezas estarán expostas no Museo Municipal de Ribeira ata o día 23). Os días grandes serán o sábado 16 co Juateque Dorneiro a partir das 23.09 horas e o V MetalFest Dorneiro no Chiringuito Pedra Pateira; o domingo 17 co XXXI Jran Prix de Carrilanas (a partir das 20.00 horas) e o concerto de Tanxu-

gueiras (ás 23.58); o xoves 21, co XXXI Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor a partir das 20.36, o LXXIV Exame de Patróns (ás 21.54) e o Rockandorna con Monolious Dop (ás 00.42); o venres 22, co XXXI Sertame Itinerante de Cansión de Tasca (ás 21.29), o sábado 23, cos XXX Xojos de Terra en Coroso; e o domingo 24, coa XXXII Rejata de Embarcasións Feitas a Machada (con saída ás 12.00 da explanada do porto e conclusión, dúas horas máis tarde, na praia de Coroso), coa Romaría Dorneira en Coroso, co Rockandorna de Batea (ás 16.38 con The Rapants), co Top Secret (a partir das 20.00) e o Rockandorna nocturno con Kumpaina Algazarra e La Regadera. O sábado 30 celebrarase o Baile de Jala no Baiuca.

Na Pobra

N

a Pobra o Concello vainos deparar unha tempada estival ateigada de actividades. - Mostra Fraxilidade de Manuel Rodríguez Varela. Até o 29 de xullo na Casa da Cultura. - Concerto de Sabela King & The Hearthbreakers (día 20, paseo dos Areos). - O día 21 proxectarase no Cantón da Leña A galiña Turuleca. Ás 22.30. - Celebración do 25 de xullo, Día da Patria Galega. Repartiránse bandeiras dende a Casa Consistorial e presentarase O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón, o 18 de xullo, ás 21.00 horas, na Alameda. A maiores, impúlsase a segunda edición do concurso Galeguizando TikTok para fomentar o uso do noso idioma nas novas tecnoloxías (remitir os vídeos a normalizacion.linguistica@ apobra.gal). - Fran Rei presentará Superheroe no Cantón da Leña, o día 26 de xullo. Ás 20.30. - O 28, proxección de Padre no hay más que uno 2. No Cantón, ás 22.30. - Concerto de Boomërs (día 29 de xullo, Xardíns de ValleInclán). - Concerto de Human (día 31 xullo, Cantón da Leña). - Xa en agosto, a función O estraño caso do dentista da rúa Brasov desprazarase polo centro da localidade no día 2. A partir das 20.30. - Concerto de Mar Davila Trío (día 3 de agosto, Xardíns de Valle-Inclán), - No día 4, A Eira do Paporrubio instalará no Cantón da Leña o seu espectáculo-taller. Ás 18.30. - Concerto de Culpables (día 4,

Os Bar Ban Sónicos

Mago Paco Hocus Pocus

praza Victoriano García Martí). - O día 5, o Mago Richard estará no Cantón da Leña ás 20.30. - Concerto de Caras B (día 5, praza de Maura). - O día 11 de agosto, concerto (Astronauta sideral) con Uxía Lambona. No Cantón ás 20.30. - Concerto de Leite con jalletas (día 11, rúa Rafael Calleja).

Padre no hay mas que 2

O estraño caso do dentista da rúa Brasov

Sabela King & Heartbreakers

- Sarao Produccións & Animacións transitará pola vila no día 12 con Thea, deusa da luz. - O baile correrá a cargo de El tomaSON, no día 14. No Cantón ás 20.30. - O 16 Barafunda encherá A Pobra de melodías africanas. Ás 21h. - O Mago Paco leva ao Cantón o espectáculo Hocus Pocus. O 18 de agosto ás 20.30. - Concerto de Os Bar Ban Sónicos (día 26, Xardíns de Valle-Inclán). - Festival Entrebateas. Días 2 e 3 de setembro, na praza Alcalde Segundo Durán. Soziedad Alkoholika, Heredeiros da Crus, Stoned At Pompeii, Golpe Radikal, Hybrid Park, Agoraphobia e Youcanthide. Entradas en www.entrebateas. com.

Heredeiros da Crus


O Barbanza

5

Agosto 22

AXENDA DE VERÁN 

En Rianxo

A

axenda cultural rianxeira chega a un dos seus puntos culminantes o día 22, coa Feira do Libro de Rianxo, que terá as súas portas abertas no Campo de Arriba até o 25 de xullo, luns. O venres 22, ademais, a praza Castealo acollerá o espectáculo Mil Maxias Máis, a cargo do Mago Antón (pases ás 13.30, ás 19, ás 20, ás 21 e ás 22h). Os días seguintes, sábado 23 e domingo 24, celebrarase a Festa da Xouba de Rianxo, no Campo de Arriba. Ademais, o sábado 23 a praza Rafael Dieste acollerá o espectáculo de contacontos musical e familiar Little Neno descobre os Beatles, ás 21.00 horas. Nesta mesma xeira, o sábado 23, a praza Castelao dará acollida a un concerto de Xisco Feijóo, presentando Peixe a partir das 22.30 horas. O domingo 24 a banda Son of Exodus (Carlos Cernadas) presentará Castrexos na praza Castelao, a partir das 22.30h. Entre o domingo 24 e o domingo 31 celebrarase en Rianxo un dos grandes eventos culturais da tempada na nosa comarca: o Festival Titiriberia (VII Festival de Títeres Tradicionais). Desenvolverase en varias localizacións de Rianxo poñendo o foco na figura dos cristovos. Días máis tarde, o día 29, dará comezo a iluminación artística en espazos e edificios locais abeirada ao Festival da Lúa. Tamén se poderá contemplar o día 30 sábado. O sábado 30 de xullo a Banda de Escola de Música de Beade ofrecerá un certo no Campo de Arriba (ás 21.30 horas) e esa mesma xornada do 30, o Campo Maneiro (Taragoña) acollerá unha nova edición postCOVID do Festival Antrospinos. O mes rematará no Campo de Arriba de Rianxo, o domingo 31 ás 21.30 horas, co Concerto Con Fusión coa Banda da Escola de Música de Rianxo máis Piscore Teatro (XVII Ciclo de Bandas). En agosto a festa prosegue o día 1, na praza Rafael

Dieste, cun concerto de Xoan Curiel (Treides comigo) a partir das 21h. O mércores 3 de agosto (até o sábado 6) ábrese a exposición O Saxo de Miro, Alfonso Costa, en varias localizacións de Rianxo. Tamén se presentará o poemario do mesmo tiulo, de María Inés Cuadrado, coa intervención musical de Nani García (piano) e Pablo Castaño (saxo). Estas actividades abeiradas ao Noites de Jazz Festival complétanse nesta primeira semana de agosto cos concertos de Big Band (Escola de Música de Rianxo), Narci Rodríguez Cuarteto, Trixieland, Balkan Paradise Orchestra, Tano Domínguez Trio, Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Joseph Siankope and The Silent e Entertainers Band. Os días 6 e 7 de agosto o Campo de Arriba acollerá a XI Festa do Mexillón de Rianxo. Días máis tarde, o día 10, o Pazo de Rianxiño albergará unha actuación do Mago Rafa, a partir das 12h, ao abeiro do Festival Galicia Ilusiona. O día 12 a Asociación Teatral Paso de Valverde representará Ultrasónica no Auditorio de Rianxo (ás 12h) e un algo máis tarde, ás 20.30h, será a quenda de Os Quinquilláns, que ofrecerán a función teatral Terra de Raíñas na praza Rafael Dieste. Ese mesmo día (12 de agosto) proxectarase o filme A galiña Turuleca no parque

Nanci Rodríguez Cuarteto

rias localizacións de Rianxo. A actividade cultural prosegue o 13 de agosto cun

Son of Exodus

da Martela, ás 22.00 horas. Ademais, entre o venres 12 e o domingo 14 celebrarase o Festival Rock In Rian en va-

Cuñados

Rianxo celebra a Festa da Xouba entre o 23 e o 25 de xullo

E Xoan Curiel

concerto de piano de Adrien Gey-Galera, no Auditorio ás 21h, e o venres 19, na praza Rafael Dieste, con García MC & Nación Quilombo, a partir das 22h. O sábado 20 está previsto un concerto de Barahunda (na praza Rafael Dieste ás 22h) e o venres 26 a proxección do filme Cuñados, no parque da Martela ás 22h. O mes rematará o 27 de agosto no Pazo de Rianxiño coa romaría familiar de remate do campamento de verán con Cé Orquestra Pantasma, A Maga Fain, 2 Ilusionistas Xenuin@s e Uxía Lambona e A Banda Mola.

ntre os días 23 e 25 de xullo celebrarase unha das grandes celebracións gastronómicas da tempada na nosa comarca: a Festa da Xouba de Rianxo. O obxectivo, unha vez máis, será pór en valor este produto coa crea-

ción da Marca de Calidade Xouba de Rianxo-pesca Artesanal-arte do Xeito (presentarase o día 23 ás 11.00 horas). A axenda de actividades inclúe demostracións (con Miguel Mosteiro, do Restaurante Gastrolab Arousa no Liceo Marítimo ás

12.30 do día 24; e con Manu Gómez, do Aghro da Corna, ás 12 horas do luns no Liceo Marítimo), degustacións populares e diversas actuacións previstas ao abeiro do Verán Cultural, o programa da área de Cultura do Concello.


6

Agosto 22

O Barbanza

 AXENDA DE VERÁN

En Porto do Son

A feira de artesanía do Son pode visitarse até o 25 de xullo

U

n verán máis, Porto do Son confírmase como un destino de primeira liña turística, paisaxística e medioambientalmente falando, pero tamén dende o punto de vista cultural en todas as súas vertentes. O Concello compartiu estes días o seu cartel de actividades e estamos ante un novo exemplo de axenda completa, diversa e para todas as idades. O mes de xullo comezou con forza co Rompetiño Jump (do 1 ao 3 de xullo) e co recital de fin de curso da Escola Municipal de Música (ESMU), o día 5, e logo o listón seguiu ben alto co teatro de Malasombra (Habeas Corpus, o 9 de xullo), co inicio dos obradoiros e campamentos de Movida Urbana (a partir do 11 de xullo), co animación infantil de O Show de Fifo (o día 11 na praza de España) e coa tradicional Ruta a San Benito de Seráns (o día 11). A axenda prosegue este día 14 co teatro infantil Monstros no Camiño (de Urdime, na praza de España a partir das 11.00 horas), co obradoiro Robótica Educativa (o día 18 de xullo na Casa da Cultura de Portosín, a partir das 11.00 horas), coa Ruta Azul de Portosín (ruta nocturna do día 23 de xullo, con saída da praza do Curro ás 21.30 horas), coa Regata de Verán (o 23 de xullo, Real Club de Portosín), co espectáculo Contos e cantos que coidan da Terra (o día 26, da man do

Monstros no Camiño

O show de Fifo

Contos para pasalo de medo

Bardo Abelardo, na Casa da Cultura de Portosín a partir das 11.00), coa Feira Celta (días 29, 30 e 31 en Porto do Son). As actividades de xullo complétanse coas mostras Redeiras de Portosín, de Antonio Pérez (do 1 ao 31, na Casa da Cultura de Portosín) e Gravados e acuarelas (de Pepe Daviña, na Casa da Cultura de Porto de Son até o 30 de xullo). Xa en agosto, destacamos as seguintes citas culturais e deportivas: Contos para pasalo de medo (o día 1, da man de Carmen Domech, na Casa da Cultura de Portosín a partir das 11h), a actividade infantil Arquitectas con A (a cargo de Sheila García Prado, na Casa da Cultura de Portosín a partir das 11h), o Trofeo de Tenis (días 5, 6, e 7), a II Regata

de Verán (día 6, Club Náutico de Portosín), o Mini BB Sonense (día 7, Club Ciclista de Porto do Son), o festival O Son da Danza (certame de baile da Escola Municipal Anduriña, o día 13 na praza de España ás 22h), a Ruta do Polbo (o día 13 no porto da vila sonense, a partir das 8h), o 3x3 Basquet na Rúa (13 e 14 de agosto), a actuación da BMT Suevia (o día 15 na praza de España, ás 22h), o espectáculo do Mago Xacobe (na praza de España o día 16 de agosto, ás 11.30h), o concerto de Soto e Hijos (día 19), a Regata Mar de Finisterre (días 20 e 21, Club Náutico de Portosín) e a Ruta da Tarela (día 21, na fachada marítima do Son, ás 9h). Complétase o programa cunha exposición de pintura das Amas de Casa de Porto do Son (entre o 1 e o 31 de agosto na Casa da Cultura sonense) e coa mostra Arte da Mar (até o día 31 de agosto, na Casa da Cultura de Portosín).

Contos e cantos que coidan da Terra

A

fachada marítima da vila de Porto do Son acolle estes días unha feira de artesania na que poderemos atopar un amplo e variado surtido de obxectos e produtos de calidade e con selo de autor: dende artigos de coiro e téxitles até xoiería, pasando por produtos gourmet de alimentación e hostalería e de elaboración artesanal. A feira poderá visitarse até o 25 de xullo. O evento complétase cun-

ha área adicada ás nenas e nenos, onde a rapazada poderá adicarse a actividades de lecer mentres os maiores levan a cabo as súas compras. “Esta actividade é un incentivo para a nosa vila durante esta tempada de verán, porque atrae visitantes que aproveitan para coñecer o noso concello e realizar a súas compras e levar para os seus fogares todo tipo de recordos”, sinalou a telente de alcalde do Concello, María Maneiro.

XXVIII edición da Festa do Polbo no Son

O

13 de agosto vaise celebrar outro gran clásico do noso panorama cultural e gastronómico: a Festa do Polbo de Porto do Son, edición XXVIII. Segundo anunciaron dende a organización, será unha convocatoria memorábel, non só pola calidade do produto e polo completo do programa de actividades, senón polo contexto de recuperación tralas varias parénteses motivadas pola COVID. A festa, abeirada ao programa

Infinitamente Natural do Concello de Porto do Son, comeza a primeira hora da mañá (ás 8.00 horas na explanada portuaria do Son, para iniciar o desprazamento en bus até Boiro) coa Ruta do Polbo, e proseguirá ao mediodía coa degustación colectiva (a cargo da Pulpería Veloso, con acompañamento de música tradicional) e rematará pola noite con O Son da Danza (Festival de Baile da Escola Municipal de Danza Anduriña).


O Barbanza

7

Agosto 22

AXENDA DE VERÁN 

A Real Filharmonía de Galicia, o 22 no Pazo de Goiáns

O

Pazo de Goiáns acollerá o vindeiro venres 22 de xullo un concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo boirense Diego García Rodríguez. Será ás 21.00 horas e con capacidade para 400 persoas. A reserva de entradas estará dispoñíbel a partir do vindeiro luns 18. O repertorio da Real Filharmonía no recentemente restaurado pazo boirense, unha das xoias arquitectónicas da nosa comarca, estará formado pola Abertura de Don Giovanni, KV. 527, de Wolfgang Amadeus Mozar, e pola Sinfonía nº7 en La M, op. 92, de Ludwing Van Beethoven. O concerto foi presentado pola concelleira de Cultura, María Outeiral,

e o promotor da actividade, Suso Santamaría. “Estamos moi contentos de poder acoller este concerto porque a Real Filharmonía de Galicia non acostuma facer actuacións fora e vai tocar nun espazo incomparábel, o Pazo de Goiáns”, afirmou a concelleira. A orquestra estará dirixida por Diego García Rodríguez, director boirense. “Van actuar sen ningunha amplifi-

cación de son e a acústica será a propia do espazo, polo que o aforo será reducido”, afirmou Suso Santamaría. A capacidade que se estima é para 400 persoas, o espectáculo é gratuíto e a reserva de entradas pódese facer a partir do luns 18. En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao interior do pazo, polo que se reducirá o número de entradas ás primeiras reservas efectuadas.

En Noia

O

programa Rúas Vivas de Noia prosegue 22 de xullo con concertos de Misela (ás 21h no Tapal) e de Embrio (ás 22h na rúa Labarta). As actividades proseguirán o 23 de xullo (con inchábeis na Alameda a partir das 11h e co concerto de Four Passengers (ás 22h na praza da Constitución). O 24 actuará a Banda Municipal de Noia (ás 20.30h no Tapal) e o xoves 28 o grupo Carta de Ajuste (ás 21h na rúa Labarta). O venres 29 haberá narracións orais na praza do Cantón (ás 21h, a cargo de Candido Pazó) e o sábado 30 unha ruada coa Banda de Música de Noia (a partir das 11.30). O 31 haberá un novo concerto

da Banda de Música de Noia (ás 13h na Alameda) e coa actuación de Xaracandaina, de 20 a 22h na rúa do Curro, na praza da Constitución e no Tapal. En agosto o día 6 haberá sesión DJ no malecón de Gasset (ás 13.30) e ao día seguinte volverá tocar a Banda de Música de Noia, ás 20.30h na

Alameda. O sábado 13 será a quenda de Airband (ás 13.30 no Curro), e o martes 16 haberá unha sesión de maxia ás 21h na praza do Curro. O xoves 18 Elena ofrecerá un concerto na praza da Constitución (21h) e Copo de Aluá fará o mesmo ao día seguinte, venres 19, a partir das 21h na Alameda.

Sondeseu, na Horta do Muíño, a partir das 22.30 horas. Haberá verbena a partir das 0.00 na praza do Bosque a cargo da Orquestra M3. A actividade do 24 comezará cunha ruada de Jaitas Blue e cunha misa cantada pola Coral Pedra Xerpal de Ponte Nafonso, no parque da Cruz ás 11h. Logo celebrarase a caravana de vehículos até o Freixo e unha sardiñada na Horta do Muíño. Pola noite haberá concerto de Roi Casal

ás 22.30 na Horta do Muíño e máis a verbena da Orquestra Triunfo na praza do Bosque ás 0.00 horas. O luns 25 a xornada festiva comeza cunha ruada a cargo da Banda de Música Municipal de Outes e cunha misa cantada pola Coral Francisco Añón (ás 12 na Capela da Serra). Polo serán está previsto un concerto dobre coa Banda de Música Municipal (na Horta do Muíño ás 21h) e con A Misela (ás 22.30h).

En Outes

Circanelo en Cabo de Cruz o 22 de xullo

B

oiro vai acoller esta tempada destacados espectáculos en clave familiar. Unha destas citas para rapaces

(e maiores) está programada para este 22 de xullo e trátase do espectáculo Circanelo. Será na praia da Ribeira Grande, en Cabo de

Cruz, o venres 22 a partir das 20.00 horas. Circanelo é unha contribución artística de N+1 Teatro Circo Danza, dirixida por Alfredo Pérez Muíño. Constitúe unha proposta de teatro xestual, danza e acrobacia, cun personaxe de “múltiples recursos” que combina diferentes disciplinas escénicas e circenses co nexo común dun “marcado rexistro clown”.

Sondeseu

O

utes vai celebrar a partir do 22 de xullo as súas Festas Patronais. Comezan o 22 coa Orquestra Foliada, na praza do Bosque, a partir das 22.30. Prosegue o sábado cunha ruada de Xeitura e cunha misa cantada pola Coral O Peirao do Freixo, na Capela da Serra ás 12. Ás 13 horas terá lugar un encontro de escolas de música tradicional, na Horta do Muíño. Pola noite, un concerto de



O Barbanza

9

Agosto 22

ESPAZOS PÚBLICOS 

Coidados extra para os espazos municipais Adxudicados os servizos de reparación, mantemento e mellora de espazos públicos en Ribeira

O

Concello de Ribeira vén de adxudicar provisionalmente a contratación por dous anos dos servizos de reparación, mantemento e mellora de espazos públicos no ámbito municipal, uns servizos para os cales destinaranse 400.000 anos durante o devandito período do tempo. De entre as catro ofertas presentadas, a que obtivo a maior puntuación, con 96,77 puntos, resultou a empresa Civis Global S.L., que é a mesma empresa que se encarga por contrato dos traballos de conservación e mantemento para Vigo.. O Concello lembra que a finalidade perseguida con esta iniciativa é “manter en óptimo estado os espazos públicos municipais, proporcionando unha maior seguridade no uso, así como prolongar a vida útil das zonas

sobre as que se actúa”. Dentro dos traballos incluídos figuran os seguintes: - Servizos de Mantemento e Reparacións.

O Banco do Piñeiro, finalista na XII Bienal Iberoamericana de Arquitectura

O

Banco do Piñeiro que Carlos Seoane deseñou para o miradoiro de Pedra da Ra figura entre os proxectos seleccionados para participar na XII Bienal Iberoamericana de Arquitectura y Urbanismo, que se desenvolverá a finais de setembro en Cidade de México. A intervención realizada no municipio,O Banco do Piñeiro, finalista na XII Bienal Iberoamericana de Arquitectura no monte da Cidá, é un dos 84 proxectos que resultaron finalistas de entre 834 propostas. Figura na categoría Obras con outras actuacións realizadas en Colombia, España, Arxentina, Venezuela, Brasil, México, Perú, Ecuador, Chile, Cuba e Paraguai.

A acción deseñada por Carlos Seoane consistiu na creación dun camiño accesíbel acompañado dunha varanda para axudar a que as persoas con algunha minusvalía puideran disfrutar deste privilexiado entorno con vistas ao parque natural de Corrubedo. Cómpre lembrar que O Banco do Piñeiro xa resultou gañador na XV Bienal Española de Ar-

quitectura y Urbanismo, ademais de ser seleccionada como finalista nos 63º Premios FAD de Arquitectura e Urbanismo. Pódense consultar os proxectos seleccionados como finalistas da BIAU na súa web, en formato PDF (https://bienaliberoamericana.org/wp-content/uploads/2022/07/ xiibiau-seleccionados. pdf).

- Obras de Renovación ou Mellora. - Actuacións en circunstancias excepcionais e de emerxencia. A natureza das obras para realizar

“será en xeral de pequena envergadura” e “múltiple en canto ao número e á localización”, non existindo unha oferta fixa de traballo, “dado que se irán demandando en función das necesidades do Concello de Ribeira”, sinalaron fontes do Consistorio. Estes son os elementos sobre os que estará obrigado a actuar o adxudicatario: pavimentos de calzadas, beirarrúas, prazas, parques e demais espazos públicos destinados ao tránsito de vehículos e persoas, sexa cal for o seu material construtivo; bordos e rigolas en todo tipo de calzadas e beirarrúas; mobiliario urbano (papeleiras, bancos, bolardos, varanda, etc.); elementos de drenaxe superficial (reixas, cunetas, canlóns, taxeas, etc.), sempre que non estean mantidos por outras empresas; muros e muretes de contención ou de peche; escalinatas, ramplas, plataformas, vaos e pasarelas; pozos e arquetas de servizos municipais (non mantidos por outras empresas); sinalización horizontal, vertical, balizamento e defensas; e calquera reparación no espazo público dentro dos límites fixados neste prego.

As instalacións da vella comisaria son xa de titularidade do Concello

O

edificio da antiga Comisaría de Policía Nacional de Ribeira xa é oficialmente do Concello de Ribeira logo de formalizarse esta mañá a reversión do mesmo, o pasado 6 de xullo. O acto de reversión foi asinado na Casa Consistorial polo alcalde Manuel Ruiz e polo comisario provincial da Policía Nacional da Coruña, Fernando Javier Rodríguez Marty, estando tamén presente o comisario xefe en Ribeira, Diego Amaya. Despois da rúbrica e a entrega das chaves, os tres desprazáronse ata o inmóbel, situado na avenida Miguel

Rodríguez Bautista, para observar in situ o estado das instalacións. A intención do Executivo é ceder este edificio á Consellería de Educación coa finaliade de destinalo a ampliar a instalacións do veciño Colexio O Grupo.

Cómpre recordar que a reversión ten lugar logo de que os efectivos do Corpo Nacional da Policía asignados ao noso municipio dispoñan dunha nova sede na avenida das Airós, en Fontán. A antiga comisaría comezou a funcionar como tal en xuño de 1989.


10

Agosto 22

O Barbanza

 HISTORIA DA COMARCA

Romero Ortíz o “Gran Mestre da Masonería” do Barbanza (II) Por Xosé María Fernández Pazos, historiador e xornalista

F

illo dunha palmeirán e un santiagués Romero Ortíz, foi durante moitos anos deputado a Cortes polo distrito de Noia,ata en catro ocasións, polo que a súa influencia na vida política da comarca foi moi destacada, especialmente nos Concellos de Ribeira e Noia. Incluso en 1863 a Corporación municipal ribeirense, presidida polo alcalde José Manuel González, acorda encargar un retrato de Romero Ortiz para colocalo no Salón de Sesions o lado da súa “Su Magestad la Reina". O ribeirense sería ministro de Gracia e Xustiza, e anos mais tarde ministro de Ultramar. Benfeitor de Ribeira, canalizou axudas para a nova igrexa de Santa Uxía á que dota de 40.000 reais de vellón, uns 14.000 duros da época, e preside á primeira misa celebrada o domingo 20 de novembro de 1864 celebrada polo párroco Domingo Antonio de Pazo. Unha borrosa inscrición no lintel da fachada do templo de Santa Uxía, lembra aínda hoxe a axuda prestada por Romero Ortiz desde o Goberno da Nación. Conseguiu tamén un cáliz de prata para a igrexa, doazón dos que facía a raíña Isabel cada véspera de Reis e que hoxe está no museo parroquial de Santa Uxía de Ribeira e se utiliza en festas destacadas. Colaborou en outras obras, como a do porto, aprobado por Real Orde de 4-1-1864, e executado entre 18641866, sendo Romero Ortíz subsecretario do Ministerio de Gracia e Xustiza. En agradecemento o Concello de Ribeira poñería o seu nome á rúa que unía o porto onde estaba a primitiva Casa Consistorial (actualmente ocupada pola Farmacia Malecón e A Cuba), coa Praza Nova, hoxe “Praza de Compostela”, e que popularmente é coñecida como a estrada de Martín. Romero Ortiz é artífice tamén da estrada que une a localidade ribeirense con Padrón e que se construiría en 1865 por iniciativa súa e que substituíu o chamado Camiño Real que discorría en Ribeira pola costa

Espirito Contraditorio

Entre as contradicións do espírito romántico de Antonio Romero Ortiz, aparece a súa vinculación como “Gran

Mestre da Masonería” onde chegaría a acadar o grao 33, e ter o grado de “Soberano Gran Comendador do Supremo Consello” entre 1882-1884, o máis alto do rito Escocés que é o máis practicado a nivel universal dentro da francmasonería. A súa merecida fama de anticlerical valeulle o apodo de “Lutero Ortíz” e, da súa contradición por outra parte que accedera o final da súa vida a recibilos sacramentos e a bendición apostólica e se convertería o catolicismo á hora da súa morte, reflexo da influencia cristián dos seus pais. Morreu o 18 de xaneiro de 1884 e a comitiva do enterro estivo integrada por cerca de 1.000 persoas, entre as que ían os políticos e os literatos máis importantes da época. Os seus restos serían soterrados na Sacramental de San Lorenzo y San José e posteriormente serían trasladados á capela do colexio "La Milagrosa", na parroquia ribeirense de San Martiño de Oleiros. Este centro educativo foi fundado por Josefa Sobrido Romero, sobriña de Romero Ortiz. Na capela do centro están a tumba do propio político e o da Fundadora así como doutros familiares.

Museo Romero Ortiz

1

2  Entre as contradicións do

espírito romántico de Antonio Romero Ortiz, aparece a súa vinculación como “Gran Mestre da Masonería” onde chegaría a acadar o grao 33

3 1. Antonio Romero Ortíz ministro durante o goberno provisional de 1869. Museo do Prado 2. Documento do donativo para a construción da igrexa de Ribeira 1860 3. Caliz agasallo da raíña Isabel II á Igrexa de Santa Uxía de Ribeira

Pouca xente coñece a existencia do museo Romero Ortiz. Grande afeccionado a coleccionar documentos, datos e obxetos funda en 1868 o museo en Madrid na súa propia casa: constaba dunha colección de numismática, retratos dos xerais da Compañía de Xesús, porcelanas, orfebrería, unha biblioteca e recordos históricos. A súa morte o museo trasladase inicialmente A Coruña e posteriormente en 1922 é levado o Alcazar de Toledo pola grande cantidade de obxectos militares. Durante a Guerra Civil a parte do Museo foi a mais castigada e parte do mesmo perdeuse e o que quedou pasou o Museo do Exército, quedando instalado no salón de reinos do Palacio del Buen Retiro, para regresar o Alcazar de Toledo onde ocupa unha sala. Para darnos unha idea do volume do material exposto no museo basta facer referencia a 500 pezas de armas desde as idades e pedra, bronce, ferro e época romana, así como do século XV a XIX e armas brancas e de fogo de destacados persoeiros da historia de Europa, Asia, América e Oceanía. Indumentarias , material relixioso e material de arte con mais de 2.200 pezas e medallas con 1.300 unidades. Tamén conta o museo con 1.286 curiosidades de Historia Natural e albumes e documentos, caricaturas, fotografías etc.


O Barbanza

11

Agosto 22

TURISMO 

O paraíso dende a xanela do vagón Xunta, RENFE e INORDE incrementan as prazas e as saídas na novena tempada dos Trens Turísticos de Galicia

O

s Trens Turísticos de Galicia chegaron á súa novena tempada, e fixérono con máis prazas e máis saídas. Trátase dunha iniciativa de turismo e lecer para visitantes e residentes posta en marcha en 2013 dende a Xunta, RENFE e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE). Como novidade este ano incorpóranse dous novos percorridos: a Ruta dos Queixos de Galicia e a Ruta das Mariñas, até un total de 13 itinerarios. O punto de partida deste novo ciclo de viaxes pola nosa terra non podía ser máis destacado: na pasada edición acadouse unha ocupación do 97,5%, o que motivou que se fixera un esforzo extra para incrementar a axenda e mellorar aínda máis o servizo. Así, pasouse das 22 saídas en 2021 a 37 en 2022, por tanto, un incremento do 59%; así como o número de prazas, que crece un 76%, pasando de 1.532 a 2.696 asentos.

Rutas para gozar Galicia 1.Ruta dos Queixos de Galicia: percórrense tres das catro denominacións de orixe dos queixos de Galicia. En primeiro lugar, en Sobrado dos Monxes, visitarase a Casa do Queixo, con degustación dos queixos de tetilla e Arzúa-Ulloa. A seguinte parada será a queixería Don Crisanto, en Vilalba, co seu queixo San Simón da Costa. Tras o xantar (libre) en Lugo coñecerase o proxecto de ecoagroturismo de Arqueixal, en Albá (Palas de Rei), co queixo Arzúa-Ulloa como produto estrela. 2. Ruta das Mariñas: o tren levaranos desde A Coruña ata Ferrol polas Mariñas e Terras do Mandeo, reserva da Biosfera. As primeiras paradas serán Betanzos e Paderne (con visita ás instalacións de Orballo, que conta coa única plantación de té da Europa continental). O tren pasará por Pontedeume e rematará en Ferrol, cun paseo en barco pola ría e outro no barrio da Madalena. 3. Ruta dos Faros: viáxase á contorna máis setentrional da Península, visitando lugares como Cabo Ortegal, o miradoiro de Vixía Herbeira, o santuario de Santo André de Teixido e o cabo de Estaca de Bares. Tamén se visitará o centro histórico de Viveiro e de regreso os famosos cantís de Loiba.

10. Ruta do Viño de Monterrei: Visítase a adega Gargalo e Verín. Pola tarde, paseo pola vila de Allariz e o seu Festival Internacional de Xardíns. Antes de finalizar a viaxe, visítase a estación de ferrocarril de Baños de Molgas. 11. Ruta da Lamprea: Desde Pontevedra o viaxeiro chega ata Salvaterra de Miño, onde se visita o Museo da Ciencia do Viño. Máis tarde, paseo por Tui. Pola tarde, chéganse ás pesqueiras de Arbo. Visita ao centro de interpretación do viño e da lamprea. Chégase ata o Cooperativa CondadoParadanta nas Neves.

4. Ruta dos Pazos e os Xardíns Históricos: Con este roteiro chégase aos xardíns do Pazo de Rubiáns, cuxo parque botánico foi recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional de Camelias, galardón que ostenta igualmente o xardín do Castelo de Soutomaior, que tamén se visitará. O destino final é o Pazo Quinteiro da Cruz, incluído a maiores no Roteiro da Camelia de Galicia. 5. Ruta do Viño da Ribeira Sacra (río Sil): unha xornada entre viñedos onde a bordo do tren motorizado Aba Sacra, o viaxeiro desprazarase ata a adega Regina Viarum. En Monforte visítase o Centro de Interpretación do Viño para subirse a un catamarán e percorrer o río Sil. A xornada finalizará cunha visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas. 6. Ruta do Viño da Ribeira Sacra (río Miño): comeza cunha visita ao convento das Bernardas, onde se pode adquirir a repostería artesanal para logo achegarse ao Ecomuseo de Arxeriz. Pola tarde, visítase o “Cabo do mundo” (fin do mundo) a bordo dun catamarán polo río Miño. A xornada finaliza na Adega Vía Romana. 7. Ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras: achegámonos ás Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Valdeorras. No río Sil, percorrido en catamarán ata a contorna do mosteiro de Santo Estevo . Continúase viaxe

ata o santuario das Ermidas . Péchase a xornada cunha degustación de viño na adega A Coroa. Tamén se visita a estación de ferrocarril dos Peares. 8. Ruta do Viño Rías Baixas: Visítase a adega do Pazo Baión e a vila de Cambados. Xa pola tarde, paseo en barco pola ría de Vigo e posterior desembarco na illa de San Simón. 9. Ruta dos Viños do Ribeiro-Rías Baixas: Ao longo do traxecto pódese degustar un viño na adega Señorío de Rubiós. Pola tarde visítase o Museo do Viño de Galicia. Despois chégase ata o castro de San Cibrao de Las. A xornada finaliza na estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo.

12. Ruta dos Mosteiros: esta ruta supón achegarse a coñecer “o Versalles galego”, o barroco pazo de Oca. Logo, visita ao Mosteiro de Carboeiro e no Carballiño, o Templo da Veracruz, ou achegarse ata o Gran Balneario. Despois de comer chégase a Oseira, o primeiro mosteiro cisterciense de Galicia. 13. Ruta polos Camiños de Santiago: Este tren sae da Coruña, un dos puntos de partida da ruta marítima coñecida como o Camiño Inglés. Logo chégase a Sobrado dos Monxes e, pola tarde, coñecerase o Mosteiro de San Xulián de Samos. A última visita deste roteiro será a cidade de Lugo. Finalmente, o tren trasladaranos de novo á cidade herculina para finalizar a viaxe. Os prezos para estes trens mantéñense desde 2019: 45 euros adulto e 20 euros neno por ruta. Ademais, os usuarios destes trens poden beneficiarse do abono Galicia Rail Pass. Máis datos en turismo.gal, renfe.es ou no teléfono 912 555 912.


12

Agosto 22

O Barbanza

 LITERATURA

Páxinas de verán

Xullo volve poñer de manifesto a vertente literaria do Barbanza

Cornucopia do ribeirense Raúl M. Santos encheu a Libraría Cronopios en Santiago

A

novela Cornucopia, obra coa que o escritor ribeirense Raúl M. Santos alzouse co Premio Torrente Ballester de Narrativa 2021, presentouse oficialmente este 4 de xullo en Compostela, na Libraría Cronopios. Acompañaron ao autor a xornalista e comisaria dos premios literarios da Deputación da Coruña, Susana

Pedreira, o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto. Cornucopia, editada pola Editorial Galaxia, está chegando estes días ás librarías de todo o país e supón ademais a estrea do autor Raúl M. Santos (Ribeira, 1976) no panorama literario galego. A Deputación lembra que

esta obra fora elixida por unanimidade como gañadora do Premio Torrente Ballester en decembro de 2021 por un xurado composto polo xornalista

Aguiño acolleu a presentación de O libro negro da lingua galega

O

Conservatorio de Aguiño acolleu en xullo a presentación do libro de Carlos Callón O libro negro da lingua galega, acto organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño. Houbo algo mais de medio cento de persoas e o acto, que durou unha hora, contou como mestre de cerimonias a

Unai González quen fixo a presentación do autor e do libro en nome da asociación e como amigo e compañeiro de instituto. Interveu tamén Xesús Laiño en nome de Barbantia pero tamén como profesor de Callón e máis de González. O libro negro da lingua galega é unha obra que se centra na represión

existente cara ao noso idioma desde 1543 ata a actualidade. Carlos Callón denuncia a situación de “perigo” na que se atopa o idioma galego, preto dun punto de “non retorno”. O autor explica que o obxectivo principal da obra, dividida en 15 capítulos, é “transformar o presente mediante o coñecemento do pasado”.

e escritor Premio Nacional de Narrativa (2021) Xesús Fraga, pola escritora María Marco, pola xornalista e escritora Nazareth López, pola xorna-

lista cultural Montse Dopico, e polo escritor e gañador deste premio na edicición 2020, Ricardo Losada. No seu informe o xurado indicara que a obra “é unha parodia moi ben construída, e cargada de ironía, sobre o papel do escritor e a literatura”. No mesmo informe tamén salientaba que “se apoia sobre nunha estructura fragmentaria na liña da literatura posmoderna, pero sen perder nunca o fío nin o ritmo; cunha narrativa moi fluída e con vocación de establecer unha complicidade coa persoa lectora, pero sin por iso ser compracente”.

Francisco Rozados, premiado no XX Certame Literario Antón Avilés

O

pasado 1 de xullo celebrouse en Noia a entrega do premio XX Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. Na resolución do certame distinguiuse finalmente a Francisco Rozados, Rochi, natural de Forcarei (Pontevedra), pola súa obra Niscoventa, presentada baixo o pseudónimo

Canteiro. A novela conta a historia de dous integrantes dun brigada antifranquista de canteiros (o nome da obra é, de feito, o xeito de designar un paraugas na lingua dos canteiros, a lingua barallete). A cita desenvolveuse na Casa da Cutura de Noia. O certame, que ten aberto até o 15 de setembro o prazo de presentación de obras

para a convocatoria XXI, veu da man do IES Virxe do Mar, da Casa da Gramática (IES Virxe do Mar) e da Concellería de Cultura que dirixe José Pérez. O premio, único, é de 3.000 € xunto a unha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa. Ademais a obra gañadora será publicada pola editorial Toxosoutos.


O Barbanza

13

Agosto 22

LITERATURA 

Marta Ojea deu a coñecer na Pobra o seu debut literario

A

escritora Marta Ojea deu a coñecer na Pobra o seu debut literario, Telegramas en cuarentena, unha obra que reflexa o día a día da autora durante o confinamento pola pandemia derivada da COVID-19; etapa que moitas persoas aproveitaron para facer introspección. A obra presentouse na tarde do 20 de xuño nun acto que se desenvolveu no Auditorio do Museo Valle-Inclán pobrense amenizado pola

Escola de Música da Pobra e que contou coas intervencións, ademais da propia escritora, da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeGPSOE), e de Toño Maño, docente. A edil destacou “a importancia que tivo o autocoñecemento”, cuestión que se aborda no libro, nunha experiencia compartida como foi a irrupción do coronavirus na vida das persoas; “momento no que moita xente se parou

a reflexionar e mirar ao seu mundo interior, ademais de comezar a concederlle valor

ás pequenas cousas cotiás”. Tamén felicitou á escritora pola súa estrea na literatura e

Ángeles Málvarez rende homenaxe ao espírito de liberdade da xente nova

A

Casa da Cultura de Portosín acolleu este primeiro de xullo a presentación do libro Algo quedaba atrás, de Ángeles Málvarez Romero. Contouse coa presenza da propia autora acompañada de Juan Pouso, concelleiro de Cultura

de Porto do Son, Pastor Rodríguez, coordinador da Asociación Cultural Barbantia, e Luis Oujo, alcalde de Porto do Son. A vertente musical do acto de presentación correu a cargo da Escola de Música de Porto do Son. Organizaron o Concello, a

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

O Barbanza

Asociación Cultural Barbantia e a Deputación da Coruña. Algo quedaba atrás é unha obra artellada en miúdas pezas relacionadas entre si, definida por Pastor Rodríguez como “un canto á liberdade e unha crítica contra o convencionalismo”.

De feito, un dos fíos temáticos do libro é o impulso da xente nova por romper os muros que lles impiden vivir plenamente, poñendo o foco nas dificultades que atopan no camiño. Rodríguez tamén destacou o carácter innovador da obra atendendo a diferentes planos: non só no ámbito actual da literatura galega senón no contexto da obra de Ángeles Málvarez Romero, que ten deparado ao ámbito editorial Arredor do berberecho e Anacos. No acto, o Concello de Porto do Son entregou un exemplar do libro a cada asistente. Ángeles Málvarez é veciña da parroquia de Boa, en Noia, e é profesora xubilada, amais de escritora.

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

fixo fincapé na necesidade de apoiar aos/as autores/autoras noveles.

Nova edición do Certame Literario Alberto Romasanta

E

stes días convocouse unha nova edición (a XXVIII) do Certame Literario Alberto Romasanta, organizado polo IES Virxe do Mar e polo IES Campo de San Alberto (os dous centros de Noia), contando co apoio do IES Poeta Añón (Outes) e o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame). Lembrar que na convocatoria previa presentáronse 122 obras. Poderán concorrer a este certame literario os alumnos e alumnas matriculados/as en calquera dos devanditos centros educativos no

presente curso académico. As obras presentadas poden ser de relato e poesía, en tres modalidades de idade: para primeiro ciclo da ESO, para o segundo ciclo da ESO e para Bacharelato e Ciclos Formativos.

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 38 (Agosto 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


14

Agosto 22

O Barbanza

 EMPRESA

Boiro di NON á violencia de xénero Cruz Vermella e JEALSA poñen o colofón a Ludieduca 2021-2022 cunha obra de teatro

A

Asemblea Local de Cruz Vermella en Boiro, coa colaboración de JEALSA (a través do programa de responsabilidade social e ambiental We Sea da conserveira local), desenvolveu na mañá do pasado 22 de xuño a última sesión do ciclo de representacións teatrais que veñen realizando as entidades ao longo da última semana en todos os centros educativos adheridos ao proxecto Ludieduca. A cita foi na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro, contando coa presenza do alumnado do CEIP Santa Baia. Os centros educativos adheridos son os de Abanqueiro, Cespón, Escarabote, Sta. María do Castro, Praia Xardín, Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestu Sierra (estes dous últimos na Pobra do Caramiñal).

Como colofón do curso 2021-2022, un total de 402 nenos e nenas visualizaron, a obra representada, que ten por título A carteira de Augasclaras da compañía Monicre-

ques Cachirulo. Trátase dunha narración oral con bonecos articulados e xogos de imaxes que pretende concienciar aos nenos e as nenas en contra da violencia de xénero, potenciar

Repartindo sorrisos entre a rapazada do CHUS

O

Servizo de Pediatría do Hospital Clinico Universitario de Santiago (CHUS) conta dende este verán cun novo programa lúdico, pedagóxico e pediátrico a disposición das nenas e nenos. Esta novidade no Servizo, destinado a facer as estadías hospitalarias da rapazada máis levadías e creativas, foi posíbel grazas a un acordo

de Sanidade coa conserveira boirense JEALSA, a través do seu programa de RSC WeSea. Con este proxecto, un equipo de profesionais, en coordinación coa aula Hospitalaria do Servizo de Pediatría, leva a cabo actividades diarias de entretemento nas habitacións co Carriño dos Sorrisos, intervindo tanto cos pacientes como coas súas familias, ten-

tando paliar o impacto emocional do ingreso dos nenos. O servizo estará operativo todos os días nas habitacións. Federico Martinón, xefe do Servizo de Pediatría da área sanitaria compostelá, manifestou que “grazas a este acordo con JEALSA os nenos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela benefícianse do apoio á excelencia asistencial integral tanto para os nenos como para as súas familias”. Pola súa banda, Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA, destaca que “hai estudos que demostran que un bo ambiente hospitalario, con debuxos alegres, favorece moitísimo o estado de ánimo do paciente pediátrico, e un estado de ánimo positivo axuda a soportar a enfermidade, tanto aos propios nenos e nenas enfermos como ás súas familias”.

unha orientación non sexista e recoñecer as diferenzas e dificultades sociais de cada xénero. O proxecto Ludieduca naceu no ano 2012 como experiencia

piloto da asemblea de Cruz Vermella en Boiro e, grazas á colaboración de JEALSA, na actualidade a súa actuación realízase en centros educativos de Boiro e a Pobra do Caramiñal. O seu obxectivo é “fomentar a participación na sociedade e a educación en valores dos máis pequenos a través de actividades lúdicoeducativas”. Na aula, os nenos e nenas en idades comprendidas entre os 8 e os 9 anos traballan temáticas diversas como a igualdade, a integración de persoas inmigrantes, a alimentación e os hábitos de vida saudábeis ou o medio ambiente, entre outras cuestións. Ademais, desenvólvense actividades de lecer e tempo libre fóra do centro educativo e unha excursión cultural anual. No marco do seu propósito de contribuír a mellorar a sociedade, JEALSA e Cruz Vermella uníanse no fomento de valores humanos na nenez, traballando para desenvolver e formar cidadáns comprometidos e implicados coa sociedade.

Creados os Premios We Sea

J

EALSA vén de selar unha alianza coa Universidade de Vigo para dar forma a uns galardóns conxuntos que buscan visualizar, reivindicar e distinguir contribucións á sustentabilidade e á economía circular. Trátase dos Premios We Sea, que veñen na súa primeira edición con dúas modalidades: unha que recoñecerá o mellor traballo de Fin de Grao (TGF), e outra que premiará o mellor traballo de Fin de Mestrado-Más-

ter (TFM). Os Premios We Sea levan o nome do propio programa de Responsabilidade Social Corporativa de JEALSA, que é, segundo lembra a conserveira, un programa pioneiro no ámbito estatal conserveiro e cuxos obxectivos “son o benestar económico social e a protección da contorna natural”, reunindo todo o traballo e investimentos realizados pola compañía en materia de sustentabilidade e coidado do me-

dio ambiente. Os estudantes da Universidade de Vigo que sexan recoñecidos cos Premios We Sea recibirán 1.000 euros en metálico, así como un convenio de prácticas remuneradas por un período de tres meses nun centro de traballo de JEALSA, que se fará cargo de todos os gastos derivados do galardón. O prazo de presentación de candidaturas finalizará o próximo 16 de setembro de 2022.



Comprometidos con el mar, COMPROMETIDOS CONTIGO


O Barbanza

9

Xullo 22

CULTURA 

Nova Xeración Nós

Un proxecto revolucionario

Convocadas nove prazas para traballar no proxecto de Intelixencia Artificial e lingua galega

A

o abeiro do Proxecto Nós, destinado a converter a lingua galega nun referente en Intelixencia Artificial, vanse ofertar nove postos de traballos a través da convocatoria pública 3/2022, publicada o 8 de xullo de 2022, cunha

duración de 29,5 meses. Segundo informaron a Secretaría Xeral de Política Lingüística e máis a Universidade de Santiago, entidades co-impulsoras de Nós, o persoal terá a categoría de investigador e colaborador do Instituto da Lingua Galega e o cometido de desenvolver sistemas de síntese de voz

e recoñecemento da fala, apoio na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e métricas de avaliación. A titulación requirida é o Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 23:59 h do 15 de xullo de 2022.

A zanfona protagoniza unha nova serie no Portal da Lingua

S

egue o fluxo continuo de contidos online de alta calidade relacionados coa cultura galega e impulsados ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 20212022 (Secretaría Xeral de Política Lingüística). Desta volta os conti-

dos veñen da man de aCentral Folque e do seu Conservatorio de Música Tradicional, que veñen de subir á Rede seis vídeos musicais gravados en lugares de interese patrimonial do concello de Rianxo, sede o festival internacional Zona de Zanfona

(ZdZ), Os vídeos da serie ZdZanfona para levar poñen o foco na creatividade actual xerada arredor deste histórico instrumento. Os vídeos da serie podemos visualizalos a través do Portal da Lingua da Secretaría Xeral de Política Lingüística (lingua.gal).

O Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega (impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e as tres universidades da nosa terra para acadar máis presenza da lingua nas contornas TIC) acaba de entrar na súa segunda fase de desenvolvemento cunha inxección de máis de 600.000 euros. Os seus obxectivos consisten en situar o galego na vangarda das tecnoloxías lingüísticas. Ao seu abeiro desenvólvense os recursos e as ferramentas para o procesamento automático do galego e elabóranse demostradores que permitan mostrar as posibilidades dos recursos, facilitando a elaboración de aplicacións e creando un ecosistema galego innovador. O Proxecto Nós é unha iniciativa estratéxica impulsada pola Xunta (a través da Secretaría Xeral) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que chegará ás tres universidades galegas enmarcado na Estratexia Galega de Intelixencia

Artificial e ao que se pretende dedicar un total de 15,5M€, “o maior investimento directo na promoción do galego en toda a historia”, sinalou recentemente o secretario xeral Valentín García, quen tamén lembrou que se trata dun proxecto cuxo período de materialización será de catro anos e que este mes de maio Nós “entrou na súa segunda fase de execución, na que se sacarán adiante seis dos oito subproxectos nos que se divide, centrados na síntese de voz, no recoñecemento da fala, na xeración automática de textos, nos sistemas de diálogo, na tradución automática e na corrección e avaliación lingüística”. O obxectivo final polo que traballan os diferentes expertos do ámbito da lingua e da tecnoloxía é permitir á cidadanía galega interactuar con asistentes de voz, contar coa subtitulación automática de contidos audiovisuais, cun apoio ao diagnóstico médico, con servizos de teleasistencia avanzada e coa tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outras accións, na nosa lingua.

Rodrigo Romaní, María Luisa Castro e Nova Escola Galega, Premios Lois Peña

O

pasado 30 de xuño celebrouse no Castelo de Soutomaior a entrega dos premios da XXVI edición dos Premios Lois Peña Novo, que este ano recibiron o músico noiés Rodrigo Romaní, a bióloga María Luisa Castro e o colectivo Nova Escola Galega. Participaron no acto, entre outros, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e diversos representantes das fundacións Lois Peña Novo e Vicente Risco. Tamén fixo acto de presenza Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, quen salientou a boa intención destes galardóns cos que se busca “poñer en valor a todas aquelas persoas que dignifican Galicia e manteñen un compromiso coa nosa lingua nas súas traxectorias profesionais xurídicas e administrativas”. Os Premios Lois Peña Novo son convocados cada ano polo Padroado da Fundación Lois Peña Novo

co obxectivo de recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas.


10

Xullo 22

O Barbanza

 PRODUCTOS PROCEDENTES DA PESCA

Galicia apoia os seus produtos do mar Sector e Administración impulsan campañas para mellorar prezos, acadar o pleno recoñecemento dos consumidores á calidade deste alimentos e chegar á xente nova

U

n dos grandes puntos fortes económicos e gastronómicos de Galicia, fonte de prestixio, referente en alimentación de calidade e piar básico da nosa actividade exportadora, é a súa despensa de produtos do mar. Correspóndese esta calidade e este prestixio mundial cos prezos que acadan finalmente no mercado? En moitas ocasións non, e traballar para que melloren e sexan máis xustos para o sector acadando as cotizacións que merecen é un dos grandes obxectivos da Administración e das distintas ramas de actividade do sector marítimopesqueiro galego. Este traballo en común do sector, que segue a premisa "pescar ben para vender mellor", comezou xa hai un tempo a xerar resultados, como se evidencia no feito de que o prezo medio das vendas nas lonxas de Galicia marcase en 2021 máximos históricos ao superar os tres euros o quilo. Estamos a falar dun importante logro para o presente e o futuro da actividade, da que forman parte milleiros de traballadores e empresas, a maiores das máis de 60 lonxas galegas nas que se comercializan máis de 300 especies diferentes, desde peixes até mariscos pasando por crustáceos, algas ou equinodermos, produtos aos que se engaden os procedentes de acuicultura como pode ser o mexillón. Porén, malia os logros conseguidos polo traballo para mellorar os prezos, os distintos actores da cadea marindustria de Galicia non se conforman

cos resultados e seguen traballando na valorización e promoción para facer fronte aos retos globais actuais. Este labor resulta fundamental para que os pescadores vexan compensados nos seus ingresos os esforzos realizados ante dificultades como o encarecemento constante dos prezos da enerxía así como doutras materias primas como consecuencia da guerra en Ucraína. Entre as entidades que conforman esta fronte común galega atópanse diversas organizacións de produto-

res pesqueiros e tamén a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar. Nesta liña de traballo o Executivo galego puxo en marcha hai xusto un ano a campaña Galicia sabe amar para pór en valor estes produtos e agradecer ao mesmo tempo o esforzo realizado polos pescadores galegos para levar aos consumidores múltiples alimentos da máxima calidade. Esta estratexia (que abrangue outras accións puntuais dirixidas aos escolares ou á xeración millennial) deu continuidade á iniciativa posta en marcha en 2020 coincidindo coa alerta sanitaria pola COVID, Compra produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco, que pretendía agradecer o esforzo da frota malia a crise pandémica. Neses meses o sector pesqueiro, que foi declarado esencial, seguiu faenando a pesar de que en moitas ocasións non lle era rendible para fornecer alimentos de calidade á cidadanía. A estas campañas máis xenéricas impulsadas pola Xunta súmanse outras específicas de produto, tanto do sector como da Administración, nas que se poñen en valor recursos como a pescada, o bonito do norte, a centola, o polbo, os mariscos ou o mexillón, entre outros moitos. Nesa promoción tamén se inclúen os produtos elaborados, como son as conservas ou os conxelados.

Estas campañas tiveron un especial eco na Internet e nas redes sociais, buscando tamén xerar impacto entre os consumidores máis novos, máis afeitos a empregar as ferramentas dixitais. A información achegada incide en conceptos como a longa listaxe de beneficios que reporta consumir produtos do mar, “un dos mellores investimentos que se pode facer como sociedade”, ao contribuír a mellorar a saúde e aforrar en gasto sanitario ao mesmo tempo que se fomenta a sustentabilidade e a economía, especialmente a local. Tamén se pon o foco na importancia de apoiar os ámbitos produtivos tradicionais, entre os que se atopa o marítimo-pesqueiro galego, que conta cun gran peso dado que o 91% das actividades económicas da comunidade están relacionadas coa pesca e a cadea mar-industria. De feito, as exportacións de produtos do mar superaron o pasado ano os 2.400 millóns de euros, situándose a comunidade como a décima exportadora mundial deste tipo de alimentos.

Dieta atlántica

A dieta atlántica ten no peixe un dos seus grandes alicerces, o que contribúe á lonxevidade dos seus cidadáns. De feito, Galicia ostenta o segundo posto en poboación con maior esperanza de vida de España.


O Barbanza

11

Xullo 22

PRODUTOS PROCEDENTES DA PESCA 

Fonte de Omega-3, vitaminas D e B, ferro, potasio, iodo, calcio, os peixes e mariscos son alimentos con importantes valores nutricionais e cunha pegada de carbono das máis baixas entre os produtos que hai dispoñibles no mercado. Por iso o consumidor actual atopa no sector extractivo e na industria transformadora a confianza necesaria á hora de obter un produto de calidade, respectuoso coa súa contorna e, á súa vez, xerador dun gran número de empregos. Só a cadea mar-industria galega dá traballo directamente a 40.000 persoas.

É por iso que a Administración galega e o sector traballan da man para promocionar a excelencia da proteína mariña e enxalzar todo o traballo que hai detrás de cada exemplar que chega ao mercado para conseguir mellores prezos e difundir os beneficios deste tipo de produtos.

O peixe como materia pendente

Afianzar a compra de peixe é un dos retos que existen a día de hoxe entre a poboación máis nova. Por iso iniciativas como Vai de peixe, impulsada pola Xunta de Galicia, pretenden achegar o

produto aos coñecidos como millennials e xeración Z (aquelas persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos) para axudarlles a crear hábitos de vida saudábeis. O obxectivo desta iniciativa, pioneira a nivel nacional, non é outro que reverter a pirámide de consumo para que, de forma paulatina, sexa a mocidade a que se sitúe no cumio desa pirámide. De feito, demostrouse unha vez

máis que as redes sociais son a canle perfecta para achegarse a este segmento da poboación e facerlle ver a versatilidade dos produtos do mar a través de receitas rápidas e fáciles elaboradas por recoñecidos influencers cos que os mozos poden empatizar. Así, un simple clic permite descubrir a infinidade de posibilidades que pode ter un mesmo produto e experimentar novas texturas e sabores.

Toda a actualidade da comarca nas túas mans

obarbanza.gal

Visita a nosa web Síguenos en: obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

608 240 160

O Barbanza Diario dixital


12

Xuño 22

O Barbanza

 CICLISMO

As bicicletas son para o verán... e para outono, inverno e primavera Os nosos concellos celebran este xeito alternativo (e ecolóxico) de desprazarnos

Dodro apuntouse ao movemento ciclista (e solidario) Ultreya

moi ligada ó Club Ciclista Padronés. No caso de Dodro a asociación beneficiaria da iniciativa solidaria foi Andaina Pro Saúde Mental, que persegue cubrir o baleiro existente na atención global a persoas con problemas de saúde mental en zonas rurais da comarca do Sar e do Barbanza.

Orixes

A

III edición do movemento solidario Ultreya, que percorreu en bicicleta máis de mil quilómetros dende Sevilla até Galicia para reivindicar os lazos que unen aos pobos polos que pasa o Camiño, contou no seu itinerario coa participación do alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís, integrado no grupo de ciclistas que subiu até Santiago pola ruta da Prata. Nesta edición o Movimiento Ultreya tivo como obxectivos colaborar con proxectos locais de carácter social e cultural. Tamén se buscou visibilidade a localidades da España máis despoboada destacando o seu

patrimonio social, cultural e medioambiental. O itinerario saíu de Alcalá de Guadaira para facer paradas en Fuentes de León (Badajoz), Aliseda (Cáceres), Macotera (Salamanca), Villalcázar de Sirga (Palencia), Tábara (Zamora), A Mezquita (Ourense), Castro Caldelas (Ourense) e Dodro, o 9 de xullo. Cada unha das localidades contou cun embaixador que realizou todo o percorrido en representación da súa localidade. No caso de Dodro, a persoa encargada do dito cometido foi o seu alcalde, gran afeccionado a este deporte que ademais de practicalo de forma asidua é unha persoa

O que empezou cun feixe reducido de ciclistas en 2020, que percorreron a dita ruta para facer fronte común contra o revés da pandemia (e homenaxear ás vítimas da COVID), multiplicouse por cinco ao ano seguinte e nesta terceira edición, a de 2022, rachou todos os prognósticos en participación. O grupo saíu este 24 de maio de Alcalá de Guadaira e nas súa filas figuraban catro ciclistas galegos: Ana López de Castro Caldelas, Alex Bello de Fisterra, José Antonio Rodríguez Vidueira de A Mezquita e Francisco Xabier Castro Tourís, alcalde de Dodro. Xuntos percorreron os máis de 1.500 quilómetros que separan a dita localidade sevillana de Fisterra.

Día da Bici en Ribeira

C

entos de veciños e veciñas de Ribeira de todas as idades participaron o 3 de xullo nunha nova edición do Día da Bici, que regresaba ás rúas da cidade logo de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia. A iniciativa, organizada pola Concellería de Deportes que dirixe o edil Javier Sampedro, tiña un carácter lúdico-recreativa e con-

tou coa praza de España como epicentro da celebración, ao constituírse en punto de saída e chegada dunha festa das dúas rodas que incluíu a celebración de sorteos de material entre os participantes. Colaboraron na iniciativa o Club Os Saltamontes e as tendas de bicicletas, Sportbike e Quintena, ademais de Policía Local, Protección Civil e Asociación de Veciños de Carreira.

A ABE reparte na súa campaña de verán catro bicicletas

A

Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e o Concello de Boiro volveron unir forzas para dar un novo impulso ao comercio e á hostalería local, reivindicando as compras de proximidade e as súas moitas vantaxes. Na nova campaña de verán repartiranse 2.000 euros en bonos ABE e catro bicicletas. Desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. Sortearase cada quincena 500 euros (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros) e unha das catro bicicletas incluídas na campaña, chamada Quincenas Fantásticas. Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.


O Barbanza

13

Xullo 22

PREVENCIÓN DE INCENDIOS 

Recursos de vangarda fronte ao lume O PLADIGA 2022 incorpora melloras organizativas e tecnolóxicas no dispositivo

R

educir ao máximo posible as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais. Este é un dos grandes obxectivos do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA) para este ano 2022. Ao abeiro deste obxectivo, o documento incorpora catro ámbitos diferentes de planificación: prevención; detección, disuasión, investigación e medidas correctoras; extinción e formación. O PLADIGA 2022 é un plan en continuo crecemento e proceso de mellora. Froito desta renovación e desta actualización, achéganse este ano unha serie de novidades relevantes, entre as que se inclúen melloras organizativas do dispositivo, a ampliación da rede de vixilancia fixa, avances tecnolóxicos e novas funcionalidades na loita contra o lume, o impulso á Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) ou a actualización das parroquias de alta actividade incendiaria. En relación co primeiro aspecto, vinculado coa mellora da organización, deuse forma ao Sistema Estrutural de Mando Operativo, coa finalidade de mellorar a seguridade e a eficacia das operacións en incendios de complexidade avanzada. Este sistema busca liberar de tarefas secundarias ao director técnico de extinción de cada lume, reforzando o seu papel na coordinación do dispositivo.

Seis cámaras máis de vixilancia Outra novidade ten que ver coa vixilancia fixa. Así, dentro desta rede increméntanse en seis as cámaras das que se dispón, en tres novas localizacións, co que se acada a cifra de 148 unidades en 74 localizacións. Estas

cámaras contan cunha tecnoloxía de última xeración, especialmente deseñada para exteriores e vixilancia forestal, con zoom remoto, movemento horizontal e vertical, rotación nos 360º automática e baixo demanda, visión panorámica e altas capacidades de gravación. No eido tecnolóxico, introdúcense novas funcionalidades canto á reconstrución do lume, aproveitando as máis de 4.000 emisoras coas que conta o servizo. Ademais, pódense xerar perímetros automáticos relativos á superficie afectada, o que permitirá predicir o potencial do lume e tomar decisións á hora de focalizar os medios nos puntos e momentos clave.

Aplicación formativa

Neste eido salienta a creación dunha nova aplicación de formación, que prové un repositorio multimedia unificado cos cursos impartidos ao persoal do dispositivo de incendios, material didáctico de consulta asociado, circulares e comunicacións de interese. Ofrece acceso por categorías e perfís, co fin de garantir unha accesibilidade personalizada en función das necesidades de cada posto de traballo. Outra mellora introducida no PLADIGA 2022 ten que ver coa modernización dos centros de coordinación, tanto do central, situado en Santiago, como do provincial de Ourense.

Parroquias de alta actividade incendiaria

En relación coas parroquias de alta actividade incendiaria, o plan identifica un total de 35, cifra idéntica á do ano pasado, pero co matiz de que 31 delas repiten respecto á anterior campaña. Así, catro destas parroquias saen da listaxe. Trátase das de Ribasieira, (Porto do Son), Covas (San Cristovo de Cea),

Soutipedre (Manzaneda) e A Ponte (A Veiga). Outras catro parroquias entran na listaxe. Son as de Meiraos (Folgoso do Courel), A Gudiña (A Gudiña), O Pereiro (A Mezquita) e Calvos (Calvos de Randín). En canto aos medios humanos e materiais mobilizados, estes mantéñense, en liñas xerais, en valores semellantes aos das últimas campañas. Así, o operativo estará integrado por máis de 7.000 persoas. Cabe destacar, en relación co parque de maquinaria, a renovación de 13 motobombas do servizo, que integrarán unha despregadura conxunta de preto de 380 destes vehículos. Ademais, mobilizaranse ata 30 medios aéreos, achegados tanto pola Xunta como polo Estado. Lembrar a maiores que a Xunta investirá entre este ano e o vindeiro case 19 millóns de euros en vehículos e diverso material para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Galicia. Trátase tanto de motobombas e todo terreos como de equipos de protección individual, motoserras, rozadoiras e outros equipos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. No apartado da formación, a novidade reside na programación dunha serie de encontros en parroquias de alta actividade incendiaria. Iniciados durante o mes de xuño, teñen como fin concienciar e sensibilizar a poboación destas parroquias sobre os danos que ocasionan os incendios e os riscos que representan para as persoas e para os bens, e como deben actuar ante un lume. Con respecto ao Plan preventivo, a Xunta destina este ano un total de 33,1 millóns de euros a esta planificación, o que supón incrementar a súa dotación preto dun 13% respecto do exercicio anterior.

259 plans municipais antiincendios

A

Consellería do Medio Rural elaborou e entregou un total de 259 plans municipais antiincendios aos seus respectivos concellos, dos cales 186 xa están aprobados de forma definitiva. A Consellería destaca que en tres anos pasouse de non haber case ningún plan en Galicia a que estean habilitados (aprobados ou en tramitación) en case o 75% dos municipios galegos. Medio Rural fixo saber que se ben a elaboración dos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais (que esixe a Lei 3/2007 do 9 de abril) son competencia dos concellos, entendéronse as dificultades técnicas que tiñan os municipios á hora de elaborar ditos plans, polo que a Xunta asumiu este traballo ao abeiro do convenio de protección das aldeas, subscrito entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e SEAGA no ano 2018 e no que están adheridos un total de 273 concellos galegos. Nsta liña, cabe indicar que a Consellería remite un primeiro borrador do plan ao concello pertinente para que sexa analizado polo propio Goberno local. Unha vez dado o visto bo, remíteselle o documento final para a súa aprobación no pleno municipal.


14

Xullo 22

O Barbanza

 EMPRESA

Un espectáculo chamado Regata CONGALSA Chispetrén en clase Regata, Orión en Cruceiro-Regata e Galopón en Cruceiro impuxéronse na XI edición da proba

C

Por Juan Caballero

on puntualidade meridiana arrincou o pasado 9 de xullo a XI Regata CONGALSA: arredor das 14.00 horas, tal e como estaba previsto no programa da competición que organizou, de maneira brillante, o Club Náutico Deportivo de Ribeira, contando co apoio e o patrocinio da empresa de alimentación CONGALSA, con sedes na Pobra e máis en Ribeira. Unha vintena de embarcacións trazaron a volta a Sálvora, en sentido de sur a norte, aproveitando o 180 no eixo do vento, é dicir, sur cravado, con 6 nós na saída. O comité escolleu o numeral 2, entre as diferentes opcións, o máis sinxelo e directo dos rumbos, para garantir a finalización da regata, xa que a previsión meteorolóxica apuntaba a que, a media tarde, a compoñente iríase desprazando cara á dereita para quedar finalmente nun 320, é dicir, un noroeste que mantivo a súa presión nos 7 nós.

Na clase Regata o vencedor desta XI Regata CONGALSA foi o Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico Arousa Norte, con Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club, na segunda praza, sendo o bronce para o Leonciño, de Pablo Mallo, do Club Náutico e Deportivo de Ribeira. En Cruceiro/Regata o posto dourado do podio foi para o Orión, de Alberto Pérez, do Monte Real Club de Iates de Baiona, seguido do Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte. Terceiro, nesta división, foi o Cinco Islas Albariño, de Iñaki Carbajo, do Club Náutico Beluso. Nos Cruceiro levou o triunfo o Galopín, de Manuel Franco, do club anfitrión, o Náutico de Ribeira, grímpola que tamén defendeu o segundo clasificado que foi o Arousa VI, de José Luis Torres Colomer, indo para o Club Náutico de Rianxo a terceira praza, a través do seu representante Gerardo Sánchez, ao temón do Orlando.

A entrega de premios celebrouse ás sete da tarde nas instalacións do Club Náutico e Deportivo, en presenza do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; a responsábel de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas; o presidente da entidade social e deportiva, José Luis Torres Colomer, acompañado

dos seus directivos Justo Arevalillo, Francisco Muñiz, Ramón Doval e José Díaz; o concelleiro de seguridade cidadá de Ribeira, Víctor Reiriz; o capitán marítimo de Vilagarcía, Juan Andrés Pérez; a presidenta de Cruz Vermella de Riveira, Ángeles Cores; e a presidenta da Asociación de Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores.

Excelente organización

A

sede do Club Náutico Deportivo de Ribeira acolleu nos días previos á celebración do evento deportivo a presentación da XI Regata CONGALSA – Volta a Sálvora, unha das citas clásicas na comarca do Barbanza que ten por misión circunnavegar a illa que protexe a entrada á ría de Arousa. Coa intervención de Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de CONGALSA, o acto estivo coordinado polo presidente do Náutico de Ribeira, José Luis Torres Colomer, acompañado por José Luis Lomba, Justo Arevalillo e José Díaz, do equipo directivo da entidade deportiva. A directora de Relacións Ex-

 Os valores que o

deporte base ofrece á sociedade teñen moito que ver co esforzo, o traballo en equipo, o sacrificio e a solidariedade, que son os emblemas da nosa compañía

Isabel Cañas Directora de Relacións Externas de CONGALSA

ternas de CONGALSA sinalou que “a excelente organización, ano tras ano, do Club Náutico

Deportivo de Ribeira, foi a clave para a consolidación desta proba que apoia a nosa empresa desde o seu inicio. Cada ano colaboramos con numerosas entidades da nosa contorna que compoñen diferentes modalidades depor-

tivas. Consideramos que os valores que o deporte base ofrece á sociedade teñen moito que ver co esforzo, o traballo en equipo, o sacrificio e a solidariedade, que son os emblemas da nosa compañía. Nesta liña imos seguir tra-

ballando, posto que estamos convencidos que estes valores son un dos alicerces que poden axudar a construír unha sociedade mellor. Por iso, incorporámolos con tanto afán á nosa política de responsabilidade social corporativa. Esta Regata CONGALSA é unha proba máis de que a nosa liña de acción nesta materia é firme e clara”. Os vencedores da edición do pasado ano foron o Ziralla Primero, de Ramón Barreiro, con grímpola do Ro Yacht Club, que gañaba en Regata; o Orión, de Alberto Pérez, do Monte Real Club de Iates de Baiona, que gañaba a división do Cruceiro/Regata; e o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro, facía o propio en Cruceiros.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.