O Barbanza 33-34

Page 1

O Barbanza Número 33

obarbanza

Alerta radon

@obarbanzagal

@o_barbanza

A nosa web: obarbanza.gal

Abril 22

608 240 160

MAPA DO RADON DA BARBANZA (Seccións censuais)

SD (7) ˂5% (50) 5 - 10% (0) ˃10% (35)

Radiografía dun inimigo silencioso presente na comarca

Medicións ˃ 300Bq/m

3

COMO ENTRA O GAS NUNHA VIVENDA

Falamos con Xoán Miguel Barros Dios, director do Laboratorio de Radon de Galicia e profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC. P 10/12

Parte informativo de obras Os nosos concellos comparten detalles dos seus proxectos

3/8 CONGALSA nos móbiles 14 A empresa achéganos novidades en realidade virtual e aplicacións

Propostas turísticas para Semana Santa

Viaxamos aos nove puntos álxidos da celebración en Galicia

15


Toda a actualidade da comarca nas túas mans Síguenos en: obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

608 240 160

obarbanza.gal

Visita a nosa web

O Barbanza Diario dixital


O Barbanza

3

Abril 22

Ribeira  ACTUALIDADE 

Extra de investimentos

En Ribeira a liquidación do orzamento de 2021 achega un remanente de máis de 2,6 millóns

O

Vista aérea do Touro e Bandourrío, en Ribeira

alcalde ribeirense Manuel Ruiz aprobou o decreto de liquidación do orzamento municipal de Ribeira correspondente ao exercicio do 2021. O orzamento, dixo, “evidencia unha vez máis a boa

saúde financeira da Administración local”. Segundo debullou, os fondos líquidos do Concello ascendían a 31 de decembro de 2021 a 8.635.934,50 euros e o resultado orzamentario axustado (é dicir, “a diferenza entre os

dereitos liquidados durante o exercicio e as obrigas recoñecidas durante ese mesmo período”) arroxou un resultado positivo de 1.652.228,89 euros. Ademais, engadiu que no que se refire ao remanente xeral de tesourería, este foi de 17.772.657,97 euros, mentres que o remanente axustado para gastos xerais se elevou ata os 5.762.410,94 euros. “Tales cifras permiten a incorporación ao presente exercicio dun remanente de crédito que ascende a 2.636.503,66 euros, o que posibilitará entre outras iniciativas a concesión de novas axudas ou a financiamento de actuacións en beneficio da cidadanía”, informaron fontes do Concello. Entre estas actuacións figuran proxectos tan destacados como a creación dun novo Espazo Urbano Deportivo Xuvenil na zona do Touro (que incluirá unha pista de skate que está sendo deseñada polo arquitecto especializado Daniel Yabar), a adecuación do antigo Pub Tótem como nova Escola de Ballet, a apertura dunha nova vía de conexión entre a rúa Barbanza e a rúa Estatuto por detrás do novo Auditorio, ou seguir realizando obras de accesibilidade e accións de embelecemento e humanización de espazos públicos.

Licitado o sistema de gravación e retransmisión de eventos da Fieiteira

O

Concello de Ribeira sacou a licitación a contratación dun sistema tecnolóxico de gravación e retransmisión de eventos que permita realización manual e automatizada e que inclúa un sistema de cámaras e elementos de son fixos instalados no Pavillón Municipal da Fieiteira e no campo de fútbol anexo. A actuación enmárcase na estratexia de desenvolvemento urbano Máis Ribeira Atlántica, co-financiada nun

80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España ( POPE) 20142020. Entronca dentro da Estratexia Dixital 2021-2023, dirixida á transformación dixital do Concello de Ribeira. O seu orzamento de licitación ascende a 18.139,99, IVE incluído. De acordo co prego de prescricións técnicas, os servizos que deben prestar quen opte á adxudicación

do concurso abranguen: subministro, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación; realización e emisión de eventos baseado en hardware de vídeo e audio; emisión e gravación dos diferentes eventos que

se celebren no recinto; realización e emisión de eventos de forma automática ou con realización manual por parte do licitador ou dun terceiro; control, xestión e axendado de eventos; e formación asociada ao sistema.

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

Foto pax. 2: Freepik

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

O Barbanza

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

Operativos os doce puntos de conexión gratuítos do proxecto WiFi4EU

O

Concello de Ribeira informou a finais de marzo de que xa están en funcionamento os doce puntos Wi-Fi gratuítos habilitados noutros tantos puntos dentro proxecto WiFi4EU, froito do convenio subscrito entre Concello e a Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Unión Europea, organismo hoxe en día substituído pola Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA). Segundo engadiron fontes do Consistorio, as persoas que queiran conectarse só terán que seleccionar o sinal Wi-Fi identificado como ‘Wifi4YOU’ e unha vez dentro aceptar as condicións. Os traballos destinados á implantación deste novo servizo gratuíto foron realizados pola empresa Wireless Galicia, S.L. As doce localizacións son as seguintes: 1. Praza do Concello 2. Área da Oficina de Atención Cidadá (Casa do Concello) 3. Interior do Mercado Municipal 4. Centro Cultural Lustres Rivas 5. Biblioteca Municipal 6. Exterior da Oficina de Turismo do Malecón 7. Parque merendeiro situado xunto á UAD 8. Praia de Coroso (entorno da UAD) 9. Complexo Polideportivo da Fieiteir 10. Conservatorio Enrique Paisal 11. Praza do Centenario 12. Entorno da nova estación de autobuses.

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 33 (Abril 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


4

Abril 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

A Pobra, referente deportivo e cultural O Edificio de Usos Náuticos contará cun novo ximnasio, ascensor e unha ampla cristaleira na fachada

Semana Santa... tamén turística

A

Concellaría do Turismo impulsa nesta Semana Santa unha completa axenda cultural e turística que sirve de complemento á vertente relixiosa. Para comezar, os Xardíns de Valle-Inclán serán o escenario (dende o día 6 deica o día 17) de A nosa feira, que aglutinará 14 postos de artesanía. O Xoves Santo haberá unha ruta xacobea guiada polo Camiño de Santiago do Barbanza (A Orixe) ao seu paso pola Pobra. O punto de encontro será o aparcadoiro situado diante da Praza de Abastos, ás 09.00 horas. Requírese a inscrición previa e o custo é de 10 euros. Para o Venres Santo configúrase un itinerario polo río das Pedras (as piscinas naturais). O punto de encontro será o aparcadoiro do Mercado Municipal, ás 10h. É preciso anotarse. O prezo é 10 euros. As camiñadas continua-

rán no día 16, cunha visita guiada polo centro histórico da vila. O punto de saída é a Casa Mariñeira, ás 11h. A xornada complementarase cunha ruta do mexillón pola ría da Arousa durante 2 horas. A saída será dende o porto deportivo, ás 16.30 horas. O día 17, Domingo de Pascua, transcorrerá un obradoiro de marisqueo na praia dos Areos, cunha hora de duración. O lugar de encontro é a Casa Mariñeira, ás 11.30 horas. Así mesmo, a programación consta da demostración culinaria Da praia ó prato para esa mesma xornada. O punto de reunión será na Praza de Abastos, ás 13.15 horas. Máis información e inscricións previas necesarias na Casa Mariñeira, mediante turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262, 687482835 e 981843280, marcando a extensión 2035.

O

24 marzo, A Pobra recibiu a visita do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para comprobar in situ o estado do Edificio de Usos Náuticos que alberga a actividade do Club Remo Puebla e anunciar o proxecto de mellora e ampliación do inmóbel. González Formoso e a deputada provincial Sandra González estiveron acompañados polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós

Pobra), e a concelleira das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e tamén polo presidente do club, Antonio do Carmo, e polos remeiros e remeiras que compoñen esta entidade deportiva con forte arraigo na localidade. Segundo confirmaron, o investimento do proxecto ascende aos 394.738’30 euros, IVE incluído, dos cales a Deputación aportará arredor de 300.000 euros e o resto será asumido polo Concello.

A mellora das instalacións suporá a dotación dun segundo ximnasio, dunha sala de usos múltiples e dun despacho para a directiva; maior capacidade de almacenamento do material; renovación dos vestiarios; e mellora da accesibilidade que inclúe, por exemplo, a instalación dun ascensor. Ademais, a fachada principal contará cunha ampla cristaleira que incremente a iluminación natural e a comunicación visual co exterior.


O Barbanza

5

Abril 22

Boiro  ACTUALIDADE 

Boiro capital da seguridade viaria

puntos do rural. Actuouse nas aldeas de Mieites, Comba e San Martiño co cambio da luminarias a LED e ampliación de puntos de luz. Tamén se fixo a renovación de luminarias nos cemiterios de Cespón e Abanqueiro, na contorna e vías de acceso ao Náutico de Barraña e en diversos puntos do núcleo urbano como é o tramo final da rúa Pablo Iglesias.

O Concello acondiciona a contorna de Barraña e mellora o alumeado no rural

O

Concello de Boiro acondicionou os días pasados a contorna da avenida de Barraña. As obras puxeron o foco nunha rúa lateral, onde foi renovado o pavimento e instalado novo mobiliario urbano. A actuación veu cun orzamento de 6.187,20 euros e incluíuse nun proxecto de reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos executado con cargo a Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña.

A obra consistiu nunha actuación puntual de asfaltado nun lateral de acceso á devandita avenida, duns 40 metros de lonxitude e 12 de ancho para arranxar o deterioro que presentaba a estrada. O Concello explicou que “a situación na que se atopaba a vía provocaba que os vehículos tivesen que realizar manobras de xiro que poñían en perigo a circulación e a seguridade de peóns e condutores”. Xunto con esta actuación que se executa con cargo ao POS, o Concello impulsa

Obras de acondicionamento na contorna da avda. de Barraña

actuacións complementarias de acondicionamento da zona para habilitar novas prazas de aparcamento e a reorganización das existentes, amais de renovar luminarias e reordenar zonas axardinadas.

Melloras no alumeado público

O Concello de Boiro, a través do servizo de electricidade, está a traballar esta tempada para a mellora da iluminación

en todos os núcleos do rural. Segundo confirmou o Consistorio, nos últimos meses realizouse un importante traballo de renovación de luminarias e de aumento de puntos de luz nos lugares máis sensíbeis pola falta de iluminación (por exemplo zonas escolares ou paradas de autobús). Ademais da reparación de incidencias, estas últimas semanas realizouse unha renovación integral da iluminación en diversos

Preto de 40 prazas de estacionamento no Cruceiro

Dende o Goberno local de Boiro anunciaron en marzo unha importante mellora na área de estacionamento da rúa Cruceiro, preto do centro da vila, onde foron habilitadas preto de corenta prazas de aparcamento. O obxectivo foi impulsar a mobilidade e crear novas prazas para “favorecer o acceso ás zonas comerciais”. O estacionamento xa se atopa dispoñíbel para a cidadanía.


6

Abril 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Rianxo

Contra a devastación do lume En Rianxo reverdece o monte de Leiro e o polígono inicia trámites para ter un espazo anti-incendios

R

ianxo combate o lume e prevén o lume. No labor de prevención, comezaron o pasado venres 18 de marzo os traballos para reforestar 10 hectáreas da parroquia de Leiro afectadas pola destrución dos incendios forestais. No ámbito da loita, o Concello confirmou na recta final de inverno que vai ceder unha parcela do Polígono Industrial para o uso dos efectivos autonómicos e locais antiincendios.

Traballos con Amicos Como dixemos, a Asociación Amicos, en colaboración co Concello, está a reforestar 10 hectáreas de Leiro. Un dos obxectivos principais é poñer en valor a contorna das Mámoas do Campiño e recuperar o terreo danado no gran lume do 25 e 26 de marzo de 2019, que arrasou Dodro e Rianxo, como explicou Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, quen salientou “a necesidade deste tipo de accións que, ademais serven para crear zonas de apagalumes” e cualificou a acción de “exemplar polo enorme potencial do

terreo debido aos xacementos arqueolóxicos que alí se atopan”. A actividade encadrouse nas celebracións do Día Internacional dos Bosques (o 21 de marzo). Nos traballos participaron activamente os alumnos e alumnas do IES Félix Muriel de Rianxo e as persoas integrantes da Ecobrigada de Amicos. Esta acción formou parte do proxecto Amicos ZeroCO2 co que a asociación axuda a restablecer a

Volve o programa Vacacións en Paz para as crianzas saharauís

D

espois de dous anos de interrupción motivada pola pandemia COVID retómase este verán en Rianxo o programa solidario Vacacións en Paz, dirixido ás familias acolledoras de crianzas saharauís. Segundo informa o Concello, Vacacións en Paz consiste nun programa de acollida temporal,

por parte de familias galegas, de nenos e nenas saharauís nos meses de xullo e agosto, evitando así os 50º á sombra neses meses do verán, e ofrecéndolle a oportunidade de ter acceso “a unha estadía agradábel, coñecer outras culturas e mellorar no coñecemento mutuo entre Galicia e a poboación saharauí”. Fontes do Consistorio

lembran que estas nenas e nenos naceron nos campamentos de refuxiados da ex-colonia española situados dende fai máis de 41 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-saharauí; é dicir, “son fillos dos saharauís que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sáhara español en 1975”. As familias que queiran acoller poden dirixirse ao Concello para máis información e documentación necesaria. Ou na web de SOGAPS (sogaps.org/gl/ acoge/) onde teñen toda a información necesaria.

masa forestal dos terreos para empregar o CO2 que absorben as árbores plantadas para compensar as emisións dos vehículos de Amicos, necesarios para os desprazamentos das persoas con discapacidade as súas casas.

Base contra incendios O Concello de Rianxo anunciou en marzo que vai ceder á Xunta unha parcela no Parque Empresarial para unha

Base de Unidade Operativa (BUO) contra incendios. A operación anunciouse logo de semanas de encontros entre os responsábeis da Consellería de Medio Rural e do Goberno local, reunións que se dirixiron en boa medida a atopar un espazo idóneo no termo municipal para a devandita base de Medio Rural. Finalmente, ambas as partes acordaron abordar a dispoñibilidade dunha parcela municipal no polígono. Esta cesión deberá ser ratificada nun pleno municipal. Permitirá que se poña á disposición da Xunta de Galicia de balde unha superficie de 6.000 metros cadrados municipais. O Concello salienta na oportunidade da cesión “a cooperación necesaria con outra institución”, neste caso a Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, para “potenciar a loita contra o lume de toda a bisbarra, cun servizo de vocación comarcal e que beneficia a varios concellos e non só o propio Rianxo na loita contra os incendios forestais”. O Concello explica tamén que “dende un primeiro intre o equipo de Goberno rianxeiro ofreceu a colaboración necesaria ás autoridades autonómicas para subministrar esa parcela de equipamento de grande valor patrimonial mais que así, con esta nova utilidade, acollerá un servizo esencial para a comunidade”.

98.343 euros para acondicionar o Centro Cultural de Taragoña

A

Deputación da Coruña informou que vai financiar a través do seu Plan Único o mantemento e mellora da accesibilidade no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña (Rianxo). O ente provincial financia

preto do 95% do custo total das obras (98.343 euros) cunha achega de 93.343 euros, mentres que os 5.000 euros restantes son aportados polo Consistorio. Ao abeiro do proxecto dotarase dun ascensor e dun-

ha rampla de acceso ao espazo, o que permitirá solucionar as dificultades de acceso universal ao edificio, adaptándoo ás necesidades da poboación. Ademais, as obras repararán os piares exteriores situados no soportal que da acceso ao edificio, dando resposta ao seu mal estado actual, que, segundo indicaron Concello e Deputación, pode incluso chegar a comprometer a estabilidade da estrutura. No soportal realizaranse tarefas de reparación dos desprendementos existentes na parte inferior do teito.


O Barbanza

7

Abril 22

Porto do Son  ACTUALIDADE 

A vila humanizada

O Concello do Son segue impulsando (e materializando) proxectos de mellora paisaxística, urbana e de infraestruturas

P

roseguiu en marzo e abril o libro de novidades de Porto do Son en materia de infraestruturas e melloras urbanas e rurais, logo do intenso traballo despregado para devolver, na explanada do porto, o mar á veciñanza. Entre o máis destacado deste compendio de novidades figuran os equipamentos de lecer acabados de habilitar en Santa Irene: dous miradoiros cunhas impresionantes vistas á ría de Muros e Noia e máis un parladoiro que recupera a estrutura dos puntos de encontro tradicionais existentes na vila sonense e noutras localidades da nosa contorna. Segundo puidemos saber, os traballos supuxeron un investimento de 165.147€ (financiados a través dunha subvención da Consellería de Medio Ambiente), habilitando tamén unha área de estacionamento para que veciños e visitantes desfruten ao máximo destes novos outeiros sobre a ría. Os traballos abeiráronse ao plan de humanización de espazos públicos impulsado polo Concello. As obras pu-

Visita de David Chipperfield

Parladoiro en Santa Irene

xeron o foco tamén na accesibilidade, substituíndo o aglomerado asfáltico previo por unha plataforma única na que se dá prioridade ao tránsito peonil (posibilitando o paso de vehículos nunha soa dirección). Por outra banda, o Concello compartiu detalles de dúas novas actua-

Recibidas 13 ofertas de empresas para a nova depuradora de Queiruga

A

Xunta recibiu 13 ofertas de empresas para executar a nova depuradora de augas residuais de Queiruga, en Porto do Son, que suporá un investimento de máis de 1,7 millóns de euros. As obras está previsto que comecen a mediados

a fórmula de favorecer a conexión entre a vila e o mar. Estes traballos virán cunha contía de case 230.000 euros, financiados pola Consellería de Medio Ambiente. Polo que atinxe ao parque infantil, incluirase (entre outras cousas) a substitución do chan de lousas de caucho por un pavimento continuo de caucho. O investimento será de 300.000 euros e será financiado pola Deputación, a través do POS.

de 2022 e terán un prazo de execución de 12 meses. A Xunta asumirá integramente o financiamento da nova instalación e contratará, dirixirá e executará as obras, mentres o Concello asume a posta á disposición dos terreos necesarios e compro-

métese a conseguir as autorizacións para a execución dos traballos, recibir as obras unha vez realizadas e ao seu mantemento e conservación. As novas instalacións permitirán dar servizo a 1.537 habitantes no horizonte do ano 2043.

cións no bordo litoral para complementar o conxunto da renovación da fachada marítima. Trátase da ampliación do parque infantil emprazado na explanada portuaria e do acceso á praia do Cruceiro, que será mellorado para eliminar calquera tipo de barreira e optimizar o seu desfrute entre veciños e residentes. Os traballos vencellados á praia do Cruceiro inclúen o acondicionamento integral da contorna que serve de área de transición entre o areal e a zona verde da explanada. Optarase por incluír vexetación autóctona dunar que reproduza a que está presente en estado natural en gran parte das praias do concello. No acceso habilitaranse pasarelas de madeira que atravesen a devandita zona natural, seguindo a fórmula que artellou o proxecto de reforma da fachada marítima dende a súa orixe:

Ademais, no mes de marzo o concello recibiu a visita do prestixioso arquitecto inglés afincado en Corrubedo, David Chipperfield, impulsor da Fundación RIA (entidade envorcada en reivindicar os formatos arquitectónicos, urbanísticos, sociais, económicos e culturais da tradición secular da nosa comarca). Chipperfield estivo no Son para comprobar en detalle o resultado dos traballos para renovar a fachada marítima da vila, un proxecto que foi concibido para humanizar a contorna portuaria e “devolver” o acceso ao mar á cidadanía e aos visitantes. Na súa visita estivo acompañado polo alcalde, Luis Oujo, a tenente de alcalde, María Maneiro, e polo arquitecto co-redactor do proxecto e director de obra, Marcial Rodriguez. Chipperfield salientou positivamente o resultado final da iniciativa e destacou os seus valores de “coherencia e calidade”, poñendo o foco nos espazos habilitados para o desfrute das persoas, que pasan a ser a prioridade na contorna portuaria e marítima de Porto do Son. Amais, dixo, que a renovación da fachada marítima é “un exemplo a seguir” que demostra que “é posíbel, coa implicación política e o esforzo de todos, facer realidade intervencións no espazo público sensatas e de elevada calidade”.


8

Abril 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Outes

Comeza a perfilarse en Outes a V Mostra Mares da Fin do Mundo

U

n dos grandes acontecementos culturaisaudiovisuais da nosa comarca, a Mostra Mares da Fin do Mundo que acolle o concello de Outes, e que este ano está prevista para os días comprendidos entre o 28 e outubro e o 1 de novembro, xa comeza a perfilarse. O Concello confirmou que comezaron os traballos para dar forma á quinta edición do certame, e que as novidades iranse publicando

na páxina web www.maresdafindomundo.gal e nas redes sociais (no Facebook, no Instagram e no Youtube) Dende o Consistorio adiantaron tamén que nas vindeiras semanas abrirase a convocatoria para a recepción de obras audiovisuais e comezarase a desvelar algunhas das novidades desta edición 2022. Para máis información, podemos escribir ao correo: info@maresdafindomundo.gal.

Para quen non o saiba, a Mostra Internacional de Cinema Documental Martes da Fin do Mundo é un evento que afonda na vertente audiovisual máis comprometida, sustentábel e activista. Organizada polo Concello ten o obxectivo de “crear un referente mundial no xénero documental e, máis en concreto, na vertente artística e creativa máis envorcada co medio ambiente mariño e a pesca sustentábel”.

Máis de 500.000 euros a obras no rural

O

Concello de Outes está a executar diversas obras de mellora en varios núcleos rurais do municipio. Sen ir máis lonxe, véñense de rematar acondicionamentos nos lugares de Filgueiro e Cuns, na parroquia de Cando, así como no lugar de Cures, na

parroquia de Outes. Estas actuacións están financiadas con recursos do POS+2021 e valoradas en preto de 45.000 €. Estes días tamén está programado que arrinquen as obras de mellora dos interiores nos lugares de Carleo e Cambeiro, financiadas tamén co mesmo

plan, e que ascenden a 56.000 €. Amais, levaranse a cabo actuacións na parroquia de Valadares (interiores de Xendil e camiño de Lestaio a Terelle) e en San Lourenzo e Santo Ourente (nos lugares de Cabanamoura, Diz e Quintela). Nas vindeiras xornadas adxudicaranse obras nos lugares de Brión de Arriba e Viro, na parroquia de Roo, que inclúen tamén dúas actuación na parroquia de San Cosme de Outeiro, nos lugares de Gulfián e Rates, cun orzamento de algo máis de 90.000 €. Dende o Consistorio tamén indican que se atopan en proceso de licitación as obras nos interiores de Mosteiro, no lugar do Freixo, así como as beirarrúas que comunican o porto do Freixo coa estrada AC-550, e que contan cun orzamento de 70.000 €


O Barbanza Especial Semana Santa

Número 34

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

A nosa web: obarbanza.gal

608 240 160

Abril 22

Semana Santa

coma as de antes Os actos de celebración recuperan o esplendor

Caen chuzos en Rianxo

6

A casa que xa non está

9

Volve a Festa da Chuvia por terra e por mar

Recordamos a vivenda desaparecida de Victoriano García Martí

Barbanza, na vangarda dos modelos residenciais Falamos con Fabiola García, conselleira de Política social

10



O Barbanza Especial Semana Santa

3

Abril 22

AXENDA DE SEMANA SANTA 

E o espírito permanece

A Semana Santa 2022 recupera nos concellos de Barbanza boa parte das actividades tradicionais previas á pandemia

Porto do Son

A

s actividades comezan o venres 8 de abril (Virxe das Dores). Haberá misa na honra da Virxe (e na memoria dos cofrades falecidos) ás 20h na igrexa parroquial. Os actos proseguirán o 10 de abril, Domingo de Ramos, coa misa das 12.00 horas na igrexa parroquial e coa bendición das palmas e dos ramos. O 12 de abril, Martes Santo, celebrarase o Vía Crucis logo da misa das 20.00 horas, na igrexa parroquial. O día 14, Xoves Santo, haberá misa ás 18.00 horas e a continuación unha procesión coa Agrupación Musical Virxe da Amargura de Ferrol. O Venres Santo as actividades comezan na praza de España ás 10.30, coa escenificación prevista para ás 11.00 (con prédica do sacerdote franciscano Roberto Freire Hernando) e coa Banda de Tambores da Cofradía da Paixón do

Noso Señor. Conmemorarase a cerimonia do Desprendemento da Cruz e o traslado do corpo de Xesús cara ao sepulcro. A liturxia e o desencravo será na igrexa parroquial ás 18.00 horas. Haberá procesión ao rematar a liturxia, coa Banda de Música Municipal de Brión. Ás 23.00 horas levarase a cabo a tradicional procesión nocturna do Venres Santo, dende a Capela da Atalaia e coa Banda de Tambores da Confraría da Paixón do Noso Señor e a Banda Municipal de Brión. O Domingo de Resurrección a procesión sairá ás 11.00 da Capela da Atalaia (coa Banda de Música de Caldas de Reis) e haberá misa na Igrexa Parroquial. No medio do percorrido, na praza de España, terá lugar o Encontro de Resurrección. Organiza a Confradía da Paixón do Noso Señor e colabora o Concello de Porto do Son.

Boiro

A

Semana Santa volve a Boiro con todo o seu esplendor e procesións e actos litúrxicos tras dous anos de paréntese COVID. Así o fixo saber a Irmandade do Cristo da Misericordia e a Concellería de Cultura. O día 8, Venres de Dores, comezarán oficialmente as actividades. Está previsto un pregón a cargo do bispo auxiliar de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, e impoñeranse as medallas aos novos confrades

durante a misa das 20.00 horas, levándose a cabo xusto despois a primeira das procesións. Os fregueses regresarán o domingo 10 á igrexa de Santa Baia para a bendición dos ramos, que se levará a cabo na entrada da igrexa. Hai programada unha celebración única, ás 11.00. O Xoves Santo ás 20.00 horas será a Cea do Señor e ás 21.00 horas está previsto o percorrido das imaxes do Ecce Homo, a Virxe da Amargura e a Soledad,

Rianxo

O

s días 6, 7 e 8 de abril haberá misas na honra da Nosa Señora dos Dolores. Os días 6 e 7 ás 10.00 horas e o día 8 ás 20.00 horas, con procesión (o día 8) ao rematar a misa. O día 10, Domingo de Ramos, comezará á procesión ás 11.45 dende a igrexa parroquial até a Capela da Nosa Señora da Guadalupe, con bendición dos ramos e regreso á igrexa para celebrar a Santa Misa. O día 13, Mércores Santo, celebrase o Vía Crucis penitencial polas rúas da vila, a partir das 21h. O Xoves Santo a Misa da Cea do Señor será

ás 20.00 horas e a procesión ás 21.30 horas. O 15 de abril, Venres Santo, celebrarase o Santo Encontro ás 9.30 horas polas rúas de Rianxo. Contarase coa Banda de Tambores da Irmandade da Paixón de Cristo. Ás 10.30 será o Santo Encontro e ás 20.00 os Santos Oficios, a Adoración da Cruz e o Desencravo. Ás 22h será a procesión do Santo Enterro. O 16 de abril, Sábado Santo, será a Vixilia Pascual, a partir das 22.00 horas. O domingo celebrarase a Misa de Resurrección ás 12.30 horas. Organiza a Irmandade da Paixón de Cristo e colabora o Concello de Rianxo.

que están acompañadas na súa comitiva polos confrades da Irmandade do Cristo da Misericordia e a veciñanza. O Venres Santo os actos comezarán ás 19.00 horas coa celebración da Paixón do Señor, para continuar coa representación do desencravo e, máis tarde, coa coa procesión do Santo Enterro. O Sábado Santo será a Vixilia Pascual do 16 (21.00 horas) e as misas do Domingo de Resurrección (12.00 e 20.00 horas).


4

Abril 22

O Barbanza Especial Semana Santa

 AXENDA DE SEMANA SANTA

Ribeira

Pobra

A

Semana Santa de Ribeira regresa este ano aos formatos e actividades tradicionais, entre as que se inclúen citas tan relevantes como as procesións do Paso e do Santo Enterro, ou o Sermón das 7 Palabras e Desencravo. A axenda, inclúe a exposición sobre esta festividade creada por Lesmes Fotógrafos (cuxa localización confirmarase estes días), principiará ás 11.30 horas do domingo 10 coa Bendición de

Ramos no Monumento para ir logo en procesión ata o adro da Igrexa Parroquial, onde ao mediodía celebrarase a Eu-

caristía. O Xoves Santo, ás 19 horas, celebrarase a Santa Cea, ás 20.30 horas a Procesión do Paso e ás 22.30 a Hora Santa. No Venres Santo ás 11.30 haberá o Sermón do Encontro no adro da Igrexa; ás 19 horas a celebración da Paixón do Señor na Igrexa; ás 20 horas o Sermón das 7 Palabras e Desencravo no adro da Igrexa; e por último ás 21 horas a Procesión do Santo Enterro. No Sábado Santo, ás 22, celebrarase a Solemne Vixilia Pascual e no Domingo de Resurrección, ás 12, a Misa Solemne de Pascua.

Noia

A

festividade en Noia contará con 8 procesións. Este é o o programa de actividades Venres de Dolores (20.00 horas. Misa solemne na honra da Virxe dos Dolores. Procesión); Domingo de Ramos (12.00 Bendición de Ramos no Cantón e Procesión da Borriquita. 12.45 Procesión do Ecce Homo -saída de San Francisco-. Pregón en San Martiño e regreso); Mércores Santo (21.30 Vía Crucis. Procesión do Cristo da Misericordia); Xoves Santo (20.00 Celebración da Cea do Señor, con lavatorio de pés. Procesión das Carra-

cas); Venres Santo (10.30 Santo Encontro no Curro. Procesión. 20.00 Celebración da Paixón. Desencravo. Procesión do Santo Enterro); Sábado Santo

(22.00 Vixilia Pascual en San Martiño e San Francisco); Domingo de Pascua (11.00 Procesión do resucitado. Saída da Capela de San Bernardo até San Martiño).

F. Abelardo Soler

N

o que se refire á parroquia de Santiago da Pobra do Deán, os actos comezarán oficialmente o Domingo de Ramos (10 de abril) coa Bendición dos Ramos e a misa en Santa Cruz (ás 10), coa Bendición de Ramos no adro do Castelo (ás 11.30 horas), coa misa ás 11.45 horas e coa procesión ás 12.30 horas. Ás 13.00 será a misa á recollida da procesión é ás 20.30 está prevista outra misa no Castelo. A axenda do Mércores Santo comezará coas confesións ás 18.00 horas e coa misa da Cofradía do Santo Enterro e da Nosa Señora da Soledad, ás 20.30 horas. O Xoves Santo comezará coas confesións ás 10.00 horas e proseguirá pola tarde (ás 19h) coa misa vespertina da Cea do Señor e a Procesión do Bico de Xudas e A Sentencia, acompañada do grupo Xiada. Ás 23h será a Hora Santa. O Venres Santo están previstos ás 18h os Oficios da Paixón do Señor. Ás 19.30 horas será o Sermón do Desencravo e, logo, a Procesión do Santo Enterro (coa Banda de Música de Valga). O programa do Sábado Santo

F. Abelardo Soler

inclúe a Procesión da Soledad (ás 21.30h) e a Solemne Vixilia Pascual (ás 22.30h). O Domingo de Resurrección haberá misas ás 10h (no Castelo), ás 11 (en Santa Cruz), ás 12 (no Castelo: Pascua Infantil) e ás 20.30 (no Castelo). A axenda de Santa María a Antiga comeza o día 9, Sábado de Paixón, cunha misa (ás 19.30) e o pregón da Semana Santa a cargo do escultor Ricardo Dávila Santos (ás 20.30 horas). O Domingo de Ramos haberá bendición de ramos, procesión e celebración da eucaristía, ás 11.30 horas no Cantón da Leña. O Mércores Santo celebrarase o Vía Crucis ás 22 (con saída da capela do Cemiterio). O Xoves Santo están previstos os oficios ás 18h e a procesión ás 19. O Venres Santo comezará co Sermón e a Procesión do Encontro (ás 11.00 na praza de García Martí) e seguirá cos Oficios da Paixón do Señor (ás 18h) e a Procesión dos Caladiños (ás 23h). O Sábado Santo inclúe a Santa Vixilia Pascual das 22h e o Domingo de Resurrección a misa das 11.30h e a Procesión do Resucitado ás 12.30.


O Barbanza Especial Semana Santa

5

Abril 22

O CAMIÑO 

Aquí empeza todo

Corrubedo estreou os postes de sinalización do Camiño no Barbanza

C

omezaron finalmente na recta final de marzo os traballos para instalar en diferentes espazos urbanos e rurais a sinalización do itinerario xacobeo da nosa comarca, o Camiño A Orixe. Os postes indicativos estreáronse neste primeiro treito dos traballos nas rúas de Corrubedo. A súa habilitación é unha iniciativa da Mancomunidade Barbanza Arousa en colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño A Orixe. Os postes —un total de 155— foron elaborados polo alumnado do Obradoiro de Emprego Serra do Barbanza

concello, que abrangue a primeira etapa (ata a Capela da Guía en Carreira) e unha parte da segunda, que finaliza na veciña A Pobra do Caramiñal na Igrexa de Santa María A Antiga. O Concello de Ribeira explicou que a iniciativa conta coa particularidade de que se sinaliza tanto o traxecto de ida (en dirección a Santiago de Compostela) como o de volta (indo cara o cabo barbanzán).

 Os postes contan

coa particularidade de que se sinaliza tanto o traxecto de ida (en dirección a Santiago de Compostela) como o de volta (indo cara o cabo barbanzán) (Concellos de Ribeira e Porto do Son) e por sete usuarios asistentes ao obradoiro de carpintería da UAD (Unidade de Atención a Drogodependencias) do Concello de Ribeira.

Entra en www.axendabarbanza.gal e pincha no botón "SUSCRÍBETE AQUÍ" para que te informemos semanalmente dos eventos da axenda comarcal, non te perdas nada!

Na acción colaborou tamén a Policía Local

Como dixemos, os labores de instalación comezaron por Corrubedo, punto de

arranque desta ruta xacobea, e continuarán polo resto do itinerario dentro do noso

Dende o Consistorio lembran tamén que os usuarios da UAD tamén estiveron traballando na sinalización ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.


6

Abril 22

O Barbanza Especial Semana Santa

 EVENTOS MUSICAIS

Agora coma antes

Con paso firme (pero con sentido común) imos recuperando aos nosos grupos en estado puro sobre os escenarios

A Festa da Chuvia desembarca en Rianxo por mar e por terra

V

olve a Festa da Chuvia e faino ademais cun cartel de impacto (con dez bandas de primeira liña, moitas delas da nosa comarca) e con dous días de celebracións en dobre formato: a vertente terrestre do 9 de abril, con centro de operacións na vila de Rianxo, e a vertente marítima do domingo 10, coa singradura pola ría de Arousa do Barco da Chuvia. En ámbolos dous casos, nesta nova edición (unha edición de regreso, despois dos obrigadas parénteses motivadas pola COVID) estréase unha colaboración co Concello de Rianxo que promete dar moito que falar (e que escoitar). Respecto do cartel do festival, segundo confirmaron os organizadores (o ribeirense Suso Bello e a súa banda A Compañía do Ruído), contará coa presenza de Canción Desastre, Os Bar Ban Sónicos, Grampoder, Broa,

Heredeiros da Crus publica álbum postpandémico

U

nha das bandas máis importantes do panorama galego e estatal, Heredeiros da Crus, está de volta cun novo e agardado traballo. Trátase do álbum Xira Angústica Live in A Coruña, que, en palabras dos Heredeiros “recolle a experiencia do ano postpandémico”. Con este novo traballo tamén festexan os 30 anos de actividade

da banda do Barbanza, posta en macha hai tres décadas por músicos (e amigos) de Castiñeiras (Ribeira), O Conchido (A Pobra) e Boiro. Este mes de marzo saíu en todas as plataformas dixitais Xira Angústica. Live in A Coruña, un traballo gravado o pasado ano no recinto PALEXCO da Coruña no que foi o seu derradeiro concerto

Os Bar Ban Sónicos

Grampoder

Chamaquito Pistolas

neste formato e e que culminaba un ano (o 2021) de regreso aos escenarios tralo período máis cru da pandemia. Foi, explican, “un proposta fóra dos nosos estándares habituais, que nos situou nun marco acústico onde realizamos unha profunda revisión do repertorio dos Heredeiros”. A xira percorreu Galicia durante o verán: Boiro, Bueu, Rodeiro, Melide ou propio PALEXCO, foron algunhas das citas. Neste novo traballo discográfico, Heredeiros da Crus aposta por amosar “unha faciana totalmente novedosa e descoñecida, pero tremendamente impactante” da súa capacidade creativa. Melodías espidas de fogos de artificio que crean novos himnos a escribir na historia da música en Galicia.

Radio Zapa

Machina, Banda de Gaitas Buxaina, Chamaquito Pistolas, Boroa, Radio Zapa e Tecor Societario. O programa, amais de música, inclúe unha Xinkana Poética Rianxeira e máis un Obradoiro Millo Verde. Asemade, a operadora de telecomunicacións ribeirense Toxo Telecom confirmou que vai fretar un autobús para carrexar aos seareiros a Rianxo (o Toxobús). O evento tamén contará coa importante colaboración da Cafetería Castelao, en Rianxo, que se comprometeu a alimentar aos asistentes cunha paella. A organización da Festa da Chuvia informou de que a viaxe de ida e volta facilitada por Toxo, a consumición e o prazo de paella terá un custe de só dous euros. O Toxobús fará escalas en Ribeira (ás 10.00 horas), en Palmeira (ás 10.30 horas), na Pobra do Caramiñal (ás 10.40 horas) e máis en Boiro (sobre as 10.50 horas). En Rianxo, a organización do festival compartiu un mapa no que figuran os puntos xeográficos máis destacados para os asistentes, entre os que figuran catro estacións (Estación Chove Miúdo, Estación Txuzos de Punta, Estación Salseiro na Toxeira e Estación Chove na Testa) e un punto neurálxico de encontro para recargar enerxías: o Bar Castelao, colaborador da iniciativa.

Terbutalina acompañan dun videoxogo o arrinque da súa nova xira

A

banda punk-rock de Esteiro (Muros) Terbutalina veu en marzo con importantes novidades. Por unha banda, arrincaron unha xira por Galicia e España que tivo a súa primeira parada na Sala Capitol de Santiago, que contou coa presenza doutra banda do mesmo concello muradán a xeito de grupo convidado: The

Rapants. Trátase da xira Costa abaixo (Nada que nos free tour), coa que os integrantes de Terbutalina amósanse dispostos “a reconquistar os pogos perdidos, as horas intempestivas e os quilómetros na estrada”. Outra das novidades da banda tamén ten relación co dito tema, Costa abaixo. Segundo indican, este tema é “a primei-

ra canción da historia que conta co seu propio videoxogo”. Desenvolvido por Qaramelo Videoxogos, a aventura gráfica Gran Prix Turbotalina é un endlessrunner ambientado no Gran Premio das Carrilanas do Esteiro natal dos integrantes de Terbutalina. Os protagonistas son os propios membros da banda que terán que sortear un gran número de obstáculos do universo terbutalínico para alzarse coa vitoria ao ritmo da súa propia banda sonora. O videoxogo xa está dispoñíbel en liña na web de Qaramelo (qaramelo. itch.io/gran-prix-turbotalina).


O Barbanza Especial Semana Santa

7

Abril 22

Ribeira  AXENDA CULTURAL 

Abril de libros e ciencia A axenda do mes en Ribeira inclúe contacontos, actividades da USC e a proxección do galardoado filme Valentina

A

axenda cultural de Ribeira para a presente tempada será variada e, coincidindo co Día do Libro (23 de abril) e a proximidade do mes das letras galegas (maio), moi literaria. Tamén haberá un importante compoñente científico, investigador e ecolóxico. Así o deu a coñecer a concelleira de Educación, Juana Brión, que presentou a programación de abril organizada pola súa delegación, cunha ducia de accións dirixidas tanto ao público escolar e familiar como ao público en xeral. O gran centro neurálxico da axenda será a Biblioteca Municipal de Ribeira, que acollerá espectáculos de narración oral cada sábado, co obxectivo de que “as familias coñezan mellor as nosas instalacións e o interesante que resulta para os nenos e nenas, e tamén para os adultos, coller libros a préstamo na nosa Biblioteca Municipal”. Por certo que a axenda comezou precisamente con libros, coa presentación, o venres 1 no Centro Cultural Lustres Rivas, do novo poemario (Murmurio (de) ausentes) do profesor do IES Nº1, Xabier López Marqués. Contouse coa colaboración da Asociación Barbantia. Xa no eido educativo, promovéronse tres pases en horario de mañá da película Valentina, gañadora do premio Goya á mellor película de animación, que relata as aventuras dunha nena con síndrome de Down. Cóntase para esta actividade coa presenza da directora do filme Chelo Loureiro, que acompaña ao público no pase do mércores, 6 de abril, presentando a película e contestando a

todas cantas preguntas lle fagan as persoas asistentes. Para os estudantes de ensino medio, o 7 de abril, desde as 10h no Auditorio, achegarase a actividade A USC Camiña, unha xornada de portas abertas á que está convidado o alumnado de Bacharelato de toda a comarca, para coñecer a oferta educativa da USC. Á inauguración asistirán o reitor da USC, Antonio López, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas e mais os alcaldes da comarca.

Jorge Mira

Para rematar esa xornada o IV Ciclo da USC (a universidade para maiores de 50 anos) agasallará á cidadanía coa presenza do popular divulgador e científico galego Jorge Mira que impartirá unha conferencia

 Programación - Presentación literaria: Murmurios (de) ausentes, Xabier López Marqués Acto: 01/04/022 ÁS 20.30 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. - Sábados de conto (Día do libro infantil e xuvenil) O ladrón de paraugas. Contacontos baseado na publicación infantil de Xosé Lueiro. Contarase coa presenza do autor e a ilustradora Sara Valcárcel. Data: 02/04/2022. Hora: 12.00 h Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas. Para público infantil e familiar. Reservas: normalizacion@ribeira.gal. - Actividade para público escolar Proxección: Valentina. Goya á mellor película de animación 2021. Data: 05/04/2022. Hora: 10h. - Proxección: Valentina. Goya á mellor película de animación 2021 Con presenza da directora do filme Chelo Loureiro. Data: 06/04/2022. Hora: 10.00 e 12.00 h - A USC Camiña. Xornada de portas abertas da USC Acto de apertura: 07/04/2022 ás 10.00 h coa presenza do reitor da USC e alcaldes de toda a comarca. Será no Auditorio Municipal. - IV Ciclo da USC Charla: Como escolle parella o animal que levas dentro. Jorge Mira Data: 07/04/2022. Hora: 18.00 h. Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira Reservas: normalizacion@ribeira.gal. - Sábados de conto Vén a conto. Contacontos de Raquel Queizás. Data: 09/04/2022. Hora: 12.00 h. Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas. Para público infantil e familiar. Reservas: normalizacion@ribeira.gal - Sábados de conto (Día do Libro) O tranvía de Leonardo. Fantoches Baj. Programa Ler conta moito. Data: 23/04/2022 ás 12h. Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas. Para público infantil e familiar. Reservas: normalizacion@ ribeira.gal - Sábados de conto Unha árbore vén a vernos. Contacontos de Anxo Moure. Data: 30/04/2022. Hora: 12.00 h. Lugar: Parque Periurbano de San Roque. Para público infantil e familiar. Reservas: normalizacion@ ribeira.gal.

 Accións en marcha

ás 18.00 h co título Como escolle parella o animal que levamos dentro. Amais, prosegue ao longo do mes o ciclo Camiños de coñecemento e experiencia as xornadas da USC para maiores de 50 anos. Para participar nas diferentes actividades cómpre escribir un correo co nome e apelidos e un teléfono de contacto a normalizacion@ ribeira.gal.

- I Concurso escolar de deseño de marcapáxinas da Biblioteca Municipal de Ribeira Con motivo da celebración do Día do Libro (o 23 de abril), a Biblioteca de Ribeira convoca a primeira edición do Concurso escolar de deseño de marcapáxinas. O prazo de admisión de obras está aberto até o día 8. - Camiños de coñecemento e experiencia 2022 (no Centro Cultural Lustres Rivas) - 18/04/2022 IV Ciclo da USC. 16:30-18:00h. Seminario: Tradición e modernidade nos escenarios galego e ribeirense (1880-1950) I. Vellos e novos oficios e negocios. José Manuel Vázquez Lijó. Doutor en Historia. Técnico de xestión do Museo Marea de Porto do Son e profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores da USC. - 21/04/2022 16:30-18:00h Seminario: Escribir a nosa historia. Obxectos, soportes e instrumentos de escritura. Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores da USC. - 25/04/2022 16:30-18:00h Seminario práctico: Actividade Interactiva co alumnado partindo do comentario de documentos antigos que ilustran a temática do seminario. José Manuel Vázquez Lijó. - 28/04/2022 16:30-18:00h Seminario práctico: Actividade interactiva pensada para compartir materiais arqueolóxicos e documentais. Anxo Rodríguez Lemos.


8

Abril 22

O Barbanza Especial Semana Santa

 HISTORIA DA COMARCA

A casa derruída: recobrando a memoria de Victoriano García Martí Por Arantxa Fuentes Ríos

Arantxa Fuentes Ríos Universidade de Santiago de Compostela Arantxa Fuentes Ríos é a autora do libro Victoriano García Martí, Por los caminos del siglo XX. Obra periodística olvidada (1914-1963), Santiago de Compostela, Alvarellos e Consorcio de Santiago, 2018.

Victoriano García Martí. Foto: Asociación da Prensa de Almería

O

pasado 22 de xaneiro descubriuse unha placa conmemorativa na rúa Orfas 17 de Santiago de Compostela na que fora a casa familiar do escritor pobrense Victoriano García Martí durante as súas estadías na cidade. Máis de cincuenta anos despois da súa morte, este acto, aparentemente sinxelo, goza dunha significación institucional e cidadá de gran calado. Trátase do recoñecemento que a cidade de Santiago ofrece a quen tanto escribiu sobre ela. A súa propia casa, aquela situada no Areal da Pobra, enfronte da súa querida ría de Arousa, foi derruída indolentemente no ano 2013 por intereses difíciles de xustificar. Hoxe

en día tan só quedan uns espidos muros e unha deslucida placa. A casa do escritor, a súa memoria construída ao longo de décadas, a súa biblioteca, os seus arquivos e cadernos de notas, os seus aveños e mobles, desvanécense, desmémbranse ao carecer do acubillo dun espazo propio dedicado á memoria. Se xa durante a súa estancia no penal de Burgos na guerra civil os seus documentos deberon ser expurgados co ánimo de evitar represalias maiores, a destrución da súa casa do Areal supuxo unha nova ultraxe a García Martí, outro acto irreparable. En ocasións, os fíos invisibles da historia e, sobre todo, os daqueles que tecen os discursos dominantes, desprazan voces

que tardan tempo en aflorar de novo. Victoriano García Martí é unha delas. Pensador europeísta e profundo humanista, García Martí (A Pobra do Caramiñal 1881 - Santiago de Compostela 1966) converteuse, dentro da historiografía, nun verso solto de cuxo relato é necesario reconstruír non poucas pezas. Tras abandonar A Pobra para licenciarse en Dereito pola Universidade de Compostela, proseguirá os seus estudos doutorais en Socioloxía entre París e Bruxelas, onde será discípulo do soado filósofo Henri Bergson. Ao seu regreso a Madrid desempeñará a súa carreira na Academia de Xurisprudencia á vez que multiplicará a súa actividade intelectual e literaria. A súa elección como secretario do Ateneo con Ramón Menéndez Pidal (1919-1920), o conde de Romanones (1921-1922) e, anos máis tarde, Ramón Mª del ValleInclán (1932), permitiralle establecer lazos co máis selecto da intelectualidade do momento, á vez que se afianzará como unha sólida voz na tribuna madrileña e como promotor de reseñables iniciativas. Moitas destas transcendían a etiqueta de “actividade cultural” para converterse en verdadeiros actos fundacionais, como o demostra o primeiro Congreso de Prensa galega en Santiago de Compostela celebrado no Paraninfo da Universidade en 1921 ou o curso de literatura galega que organizou e impartiu na Universidade Central de Madrid en 1930. Ese mesmo ano

ofrecerá unha conferencia no Lyceum Club feminino baixo o título Mujeres españolas, onde Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán cobrarán un especial protagonismo. Non esquezamos que o feminismo é un dos eixos que atravesa o seu pensamento e convérteo, tamén, nun avanzado. Tal e como queda patente, García Martí sérvese da súa actividade e influencia madrileñas para promover accións culturais de calado en Galicia, do mesmo xeito que non cesa de difundir a cultura galega en Madrid. Esta dualidade tróuxolle non poucos desgustos, deixándoo en máis dunha ocasión en terra de ninguén. Victoriano García Martí é autor dunha obra tan miscelánea como dificilmente clasificable. Na súa diversa produción ensaística, xornalística e literaria, Santiago de Compostela e a ría de Arousa son espazos queridos e recorrentes. Á paisaxe do Barbanza, ás súas tradicións e ás súas vilas e aldeas adicou numerosas páxinas, nalgunha delas con Valle-Inclán como compañeiro de viaxe. Trazou rutas turísticas coa finalidade de atraer ao viaxeiro foráneo, pero tamén denunciou desde Madrid os acordos internacionais que deixaban desprotexidos aos pescadores galegos. Escribiu sobre a procesión do Nazareno da Pobra, pero, sobre todo, afanouse por difundir e reivindicar a beleza da ría de Arousa. Ao longo da súa vida nunca cesou de mirar cara a Galicia e cara ao Barbanza.


O Barbanza Especial Semana Santa

9

Abril 22

HISTORIA DA COMARCA 

Cousas que xa non están entre nós (2ª parte) A historia do Barbanza é unha historia de progreso e logros, pero tamén de grandes fracasos e tristes desaparicións de patrimonio e nomes

A casa no Areal que xa non se ve Por Fernando Sarasketa

 O concello da Pobra

do Caramiñal foi un dos concellos da nosa contorna que máis e mellor deu conservado o seu patrimonio, non se pode deixar de lado que tamén houbo desfeitas en nome dun progreso mal enfocado

A

García Martí no xardín interior da casa

liña marítima galega é un cemiterio de náufragos, pero tamén de vivencias borradas, de escenarios sepultados. Hai mancheas de persoas que teñen soterrado o seu pasado, a súa nenez á beira do mar, entre cascallos e grandes moles de pedra. Algúns de nós aínda buscamos cousas baixo edificios oficiais e estradas, sinalando o que xa non se ve, en aparencia, pero que seguimos vendo cos ollos que miran para adentro. Malia que o concello da Pobra do Caramiñal foi un dos concellos da nosa contorna que máis e mellor deu conservado o seu patrimonio, non se pode deixar de lado que tamén houbo desfeitas en nome dun progreso mal enfocado (todo o contrario do progreso ben enfocado, que non é outro que conservar os tesouros do pasado para facer deles riqueza, orgullo, pulo turístico e identidade). A zona do Areal foi un dos puntos críticos deste discutíbel xeito de facer as cousas, un barrio onde se erguía unha casa que, máis alá da súa importancia meramente construtiva e tradicional, tiña unha importante carga simbólica, ao ser o inmóbel propiedade do ilustre xornalista e escritor local Victoriano García Martí, que converteu o domicilio, a base dos tesouros visí-

beis e invisíbeis que alí foi amoreando, nunha porta de acceso á cultura máis avanzada do seu tempo. Porén, ningún dos elementos tanxíbeis (e non) que xustificarían noutras realidades xeográficas a conservación da propiedade e a súa posta en valor serviu para evitar que fose derruída, “legalmente”, e convertida en estacionamento comercial. Coa desaparición deste inmóbel, do que sé quedan en pé uns poucos elementos, a xeito de recordatorio para

os xeolocalizadores do que xa non existe pero existiu algún día, repetíronse unha serie de máximas que case sempre volven canda nós a xeito de bucle: que a cultura non ten nada que facer ante o tren aniquilador dos cartos e que a suposta inutilidade práctica do coñecemento perde sempre a batalla fronte aos batallóns do práctico (e non hai nada máis práctico que un aparcamento). Por outra banda, tamén se repite a sensación de oportunidade perdida. Era mellor para A Pobra e a comarca un solar derruído e unha estética empresarial como as que pode haber en millóns de vilas e cidades do mundo actual ou algo único e singular como a casa dun escritor á beira do mar? Esta pregunta pode aplicarse a moitas outras oportunidades perdidas documen-

Zona do Areal onde se atopa a casa de Victoriano García Martí. Foto: Paco Quintana 1960

tadas na nosa terra: por exemplo, que gañou Santiago derrubando o edificio modernista do Castromil na praza de Galicia? Que gañou Ribeira tirando abaixo o Consistorio de estilo colonial portugués? Os feitos perpetráronse aproximadamente no verán de 2013, de maneira paradoxal nun concello bastante modélico en materia de preservación dos seus tesouros (boa parte das xoias que alí había, seguen estando alí, aínda que non todas, claro). Aconteceron ademais cando xa pasaran uns anos do comezo das grandes desfeitas e xa debera haber instrumentos institucionais, profesionais e cidadáns para velar pola conservación do patrimonio. A casa de Victoriano García Martí era parte fundamental do Barrio dos Cataláns na Pobra, unha zona urbana que todos os especialistas independentes en conservación do patrimonio e urbanismo teñen recomendado blindar e protexer en repetidas ocasións. Malia todo, a casa do fillo predilecto da Pobra non foi, a xuízo de Patrimonio, merecedora de salvarse da queima, xa que carecía (sobre o papel) de valor histórico e artístico, en parte porque fora construída en épocas relativamente recentes, entre o século XIX e o XX (como boa parte das unidades inmobiliarias dos nosos centros históricos). En consecuencia, Patrimonio ditaminou a inexistencia de irregularidades na operación municipal-empresarial de derrube, malia que esta operación tivera en contra a boa parte da cidadanía da Pobra, dos partidos da oposición e do mesmísimo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, unha entidade profesional cuxas opinións e valoracións, por desgraza, non se teñen atendido tanto como se debera ao longo da nosa historia recente, pensando as institucións e persoeiros que lles teñen feito ouvidos xordos ao colexio que nesta terra na que nos tocou vivir calquera persoa que sabe en que consiste unha casa sabe máis que un arquitecto. Imaxinemos por un intre o que tería acontecido no país se no medio da pandemia da COVID lles dá pensar aos que toman decisións relevantes que saben máis cós médicos e os científicos, así que mellor manexarse facendo o contrario do que estes recomenden. Só de pensalo botámonos a tremer.


10

Abril 22

O Barbanza Especial Semana Santa

 ENTREVISTA

Fabiola García  conselleira de Política Social En O Barbanza quixemos saber que proxectos ten abertos a Xunta para fortalecer a atención á terceira idade da comarca, e con vistas a elaborar unha radiografía da axenda programada falamos

coa conselleira de Política Social, a ribeirense Fabiola García, que amais de múltiples detalles sobre as accións previstas recordounos que no Barbanza desenvolverase un importante proxecto

no que a comarca está chamada a ser “o quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia”. Este sistema dará comezo en Ribeira e de aí espallarase de maneira inmediata a toda a contorna.

“Ribeira será o quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia” -S e ben a poboación do Barbanza non é das máis envellecidas de Galicia, está claro que estes últimos anos medrou o peso demográfico da xente maior nos nosos concellos e, en consecuencia, medraron as súas necesidades. Que proxectos destacados vai impulsar este ano a Consellería de Política Social na comarca do Barbanza? Falamos de proxectos como por exemplo a futura residencia de maiores en Ribeira, e tamén queremos poñer o foco nas reclamacións do Concello de Boiro para contar tamén cunha residencia... - É certo, na comarca do Barbanza non ocorre diferente que no resto de Galicia. Na nosa comunidade unha de cada catro persoas ten máis de 65 anos, polo que as Administracións públicas debemos escoitar o que nos din, saber o que queren, as súas preferencias e as súas necesidades. E a verdade é que, cada vez que preguntamos a un maior onde quere pasar esta nova etapa da súa vida, a gran maioría dinos que na súa casa, na súa contorna e rodeado dos seus. Por esta razón, a Xunta de Galicia está a achegar máis servizos e a mellorar os existentes, tanto no relativo á axuda no fogar como a nivel residencial. Neste sentido, na zona do Barbanza desenvolverase un importantísimo proxecto a través do cal a comarca converterase no quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia. O sistema de coidados de futuro comezará en Ribeira, na súa nova residencia, e dará servizo a toda a contorna. Con respecto a un novo centro en Boiro, hai poucas semanas mantiven un encontro cunha empresa ourensá que quere iniciar a construción dunha residencia. Estou moi interesada nese proxecto, por iso o quixen coñecer de primeira man. Se se fai realidade, contará con apoio da Xunta a través de axudas directas aos veciños. - A pandemia foi un gran revés para moitas familias. Así, quen xa

arrastraba problemas de exclusión social e económica e vulnerabilidade, viu coa chegada da COVID-19 como a súa situación se agravaba. Co inicio de 2022, podemos lanzarlles unha mensaxe en clave positiva? Que medidas ten en marcha Política Social para paliar a súa situación? - Os últimos datos sobre a situación económica das familias revelan que Galicia contivo mellor que a media nacional os efectos socioeconómicos da pandemia. Se isto foi así foi, en parte, gracias a unha resposta áxil e urxente das administracións públicas con medidas cunha acollida tan boa como a da Tarxeta Básica, unha axuda directa que puxo en marcha a Xunta de Galicia para a compra de produtos básicos de alimentación, hixiene farmacia e á que se destinamos máis de 32 millóns de euros. Desde o inicio da pandemia ata hoxe concedemos máis de 50.000 tarxetas que, no caso dos fogares unipersoais supón unha axuda de 150 euros mensuais, se contan con dous membros é de 200, e para as familias con tres membros ou máis a axuda chega aos 300 euros mensuais. Ademais, acabamos de actualizar a Axenda Social Única, unha folla de ruta conxunta entre a Xunta de Galicia, a Federación galega de municipios e provincias (FEGAMP) e as entidades sociais para dar resposta ás necesidades dos nosos veciños e diminuír as desigualdades en aspectos como a vivenda, os servizos sociais ou a fenda dixital. - En que cambiou a pandemia a estratexia do departamento autonómico que vostede dirixe? Hai un antes e un despois da COVID na Xunta, en materia de política social? - Creo que hai un antes e un despois da COVID en todas partes. Non só na Xunta, en todos os lados. As familias senten un antes e un despois, as empresas, o comercio local e, efec-

tivamente, todas as administracións públicas. A pandemia non cambiou a folla de ruta da Consellería de Política Social, pero si puxo enriba da mesa prioridades. Antes dela xa estaba no centro da nosa acción o apoio ás persoas nunha situación de vulnerabilidade, a mellora dos coidados aos maiores ou a axuda ás familias. E despois da COVID-19 estes, e outros moitos, seguen a ser prioritarios para nós. Si é certo que, pola súa especial

vulnerabilidade fronte á pandemia, as persoas maiores e o sector dos coidados estiveron máis no foco da nosa preocupación, e ao que nos axudou é a reforzar a convicción que xa tiñamos do necesario que é coidar ben dos nosos. Unha das leccións que nos deixou a crise sanitaria orixinada pola COVID foi a necesidade de revisar o modelo de coidados vixente ata agora e actualizalo e melloralo para deseñar un novo proxecto de futuro centrado


O Barbanza Especial Semana Santa

11

Abril 22

ENTREVISTA 

 Na nosa comunidade

unha de cada catro persoas ten máis de 65 anos, polo que as Administracións públicas debemos escoitar o que nos din, saber o que queren, as súas preferencias e as súas necesidades

 Unha das leccións que

nos deixou a crise sanitaria orixinada pola COVID foi a necesidade de revisar o modelo de coidados vixente ata agora e actualizalo e melloralo para deseñar un novo proxecto de futuro centrado na persoa na persoa e o máis semellante posible a un fogar. Nós imos moi avanzados nese aspecto. - O illamento social tamén empeorou coa pandemia, co confinamento, co distanciamento e co medre da fenda dixital. O proceso cebouse coas persoas maiores que viven soas nos seus domicilios. Que está a facer Política Social por elas? - A situación de todos os maiores que viven sos sen desexalo cobrou unha maior importancia durante a pandemia. O Goberno galego ten claro que un dos seus principais retos é que cada galego poida facerse maior onde desexe cos apoios especializados para afrontar esta fase da vida. Para as persoas maiores que viven soas e necesitan apoio, existen programas específicos como Xantar na Casa, que permite aos maiores contar cada día con comida sa e equilibrada na súa mesa; o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un programa no que somos referencia en toda España; o servizo de teleasistencia que xestiona Cruz Vermella, entre outras iniciativas. Ademais diso, a Xunta de Galicia desenvolveu unha Estratexia de Atención á Soidade non desexada, unha folla de ruta pioneira a nivel

nacional. Neste 2022 comezaremos a desenvolvela. De feito, nos orzamentos para este ano incorporamos xa unha partida para poñer en marcha un teléfono de atención que axudará a detectar situacións problemáticas. - É habitual ver a Fabiola García nas diferentes actividades das asociacións comarcais a prol da inclusión e a atención de persoas con diversidades, funcionais ou cognitivas. Cre vostede que Barbanza, coa intensa actividade de asociacións como Ambar, Amicos, A Creba ou Misela, entre outras, é un exemplo a seguir en materia de inclusión? Hai boa coordinación e boa sintonía entre estas entidades e a Consellería de Política Social? - Galicia ten unhas aliadas fundamentais sen cuxo esforzo non teríamos progresado tanto no eido social: falo das entidades sociais. Por iso me resulta sempre tan gratificante escoitalas, saber que precisan e coñecer as inquedanzas que teñen para seguir mellorando. No caso da atención ás persoas con discapacidade, Barbanza conta con entidades de referencia a nivel nacional que saben que teñen, e sempre terán, a Xunta de Galicia ao seu carón e que poden contar connosco para seguir avanzando. Non hai moito visitei aos compañeiros de Amicos para ver como preparan un dos agasallos máis importantes que lle dá Galicia ás familias, a Cesta Benvida, unha caixa con produtos básicos para as nais e pais que acaban de ter un fillo e que

contén produtos elaborados polos usuarios de máis dunha vintena de entidades sociais da Comunidade. Sempre é un pracer visitar estas entidades, que fan un traballo tan importante para Galicia. Por iso, sempre que podo achégome para ver a súa evolución e a das persoas coas que traballan. É un orgullo para todos deixarnos sorprender polas súas capacidades e o seu afán de superación.

en nenas e nenos de ata seis anos. Así mesmo, antes de que remate 2022 poñeremos en marcha 280 novas prazas de atención diúrna e residencial, o que nos permitirá superar as 5.600 en toda a Comunidade, un 30% máis ca en 2009. E, por suposto, elevamos as achegas destinadas ás entidades sociais que levan décadas traballando por un presente e un futuro mellor para as persoas con discapacidade e as súas familias.

- Aínda hai moitas barreiras que derrubar no que respecta aos colectivos que representan Amicos, Ambar, A Creba ou Misela? Que nos vai deparar este ano Política Social na loita contra estas barreiras? - Certamente, as persoas con discapacidade teñen moitos obstáculos no seu camiño, e nós, desde a Xunta de Galicia, centramos os nosos esforzos para que isto non sexa así. Por iso, este ano o Goberno galego inclúe no seu orzamento o maior investimento da historia destinado a este eido, 141,7 millóns de euros, o que supón un 12% máis ca o ano pasado, por exemplo. Hai galegos que parten dunha situación desigual por mor dunha discapacidade, e desde a Xunta de Galicia apostamos por un acompañamento que debe comezar tan pronto como sexa posible. Por iso, acabamos de publicar unha nova orde de axudas para poñer en marcha novas unidades de atención temperá para pasar das 36 actuais a máis de 50. Estes centros están especializados en previr e tratar trastornos do desenvolvemento

- Cales son os retos xerais da Consellería a curto e medio prazo? - Hai moitos retos que temos por diante na Consellería: no ámbito da inclusión social, na atención ás persoas con discapacidade ou aos maiores, tamén coa xuventude e as familias. O que queremos nun futuro próximo para Galicia é que todas as escolas infantís sexan gratuítas para todas as nenas e nenos, algo que conseguiremos a partir do novo curso coa gratuidade, que xa se está a aplicar agora para os segundos fillos. Tamén queremos mellorar os coidados dos nosos pais e avós. E para iso desexamos que as residencias avancen varias décadas en poucos meses aproveitando mellor a tecnoloxía, estando mellor coordinadas co sistema sanitario e tendo un trato máis próximo e humano, algo que alcanzaremos co novo modelo de residencias. Queremos modernizar os servizos sociais galegos co impulso dos fondos europeos, cuxo piar xa asentamos coa actualización da Axenda Social Única.


12

Abril 22

O Barbanza Especial Semana Santa

 LITERATURA

Páxinas de primavera

Marzo e abril volveron poñer de manifesto a vertente literaria do Barbanza

Naufraxios literarios na ría de Arousa

O

10 de marzo celebrouse un acto dobre no salón de actos do Faiado da Memoria (Vilagarcía de Arousa): por unha banda unha palestra arredor do naufraxio do Santa Isabel e outros episodios marítimos que tiveron como escenario a ría de Arousa, e pola outra a presentación do libro As gotas de mercurio do cambadés Exidio Cuíñas. Participaron no acto o xornalista e historiador ribeirense Xosé María Fernández Pazos, autor

do libro Sálvora. Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel e actual director de O Barbanza e Código Cero; o editor e investigador, Antón Mascato; e o escritor e economista; Exidio Cuíñas, escritor cambadés e directivo da Escola de Vela do Clube Mariño do Salnés. As gotas de mercurio, a nova contribución literaria de Cuíñas, é unha novela, longa, posiblemente a gran obra narrativa do sistema literario galego de cantas se fixeran no

val do Salnés; en máis de setecentas páxinas desenvolve unha viaxe cara a ningures que comeza co afundimento do Santa Isabel no arquipélago de Sálvora e continúa coa fuxida que emprenden uns homes a bordo dun pesqueiro, o Novo Endem, e que cincuenta anos despois devolve ao neto dun deles, Demetrios, á terra do seu avó, Abel. A través desta traxedia mariña e da viaxe por mar asistiremos a unha ficción trufada de realidade, na que o perso-

Recordando a Avilés de Taramancos

Presentación do libro As gotas de mercurio do cambadés Exidio Cuíñas acompañado a esquerda polo director de O Barbanza

naxe principal participa na resistencia francesa á invasión nazi, na da loita de liberación alxerina e entregarase á militancia

antifascista na Grecia dos coroneis. A novela desenvolve unha trama de misterio, valentía e coraxe cívico, co pano

de fondo dos diferentes mares europeos, que percorre os principais acontecementos históricos do século XX.

Barbantia deu a coñecer a biografía de Virxina Pereira

A

A

s agrupacións políticas e culturais de Noia recordaron este mes de marzo ao poeta local Avilés de Taramancos, con motivo do 30 aniversario do seu pasamento. O BNG fixo un repaso polas importantes contribucións artísticas do escritor (ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas en 2003) e trazou tamén un percorrido pola súa vida pública, poñendo o foco

nos anos en que foi concelleiro de Cultura polo dito partido, entre 1987 e 1991: “Durante os anos que pasou no Goberno local noiés como edil deu un importante impulso á vida cultural do municipio, sendo ademais promotor de iniciativas tan importantes como a Escola Taller que recuperou as primeiras laudas gremiais para a súa exposición, a negociación para a adquisición da que é hoxe a

Casa da Cultura que leva o seu nome ou xogando un papel fundamental de cara á adquisición e restauración do Coliseo Noela”. As homenaxes incluíron ofrendas florais ao carón do busto do poeta na Alameda de Noia. Participaron numerosas personalidades do eido político, cultural e asociativo da comarca, así como de familia e amizades de Avilés de Taramancos.

Asociación Cultural Barbantia, a editorial Cumio, La Voz de Galicia e o Concello da Pobra presentaron o pasado 25 de marzo, no Museo Valle-Inclán, o libro de Montse Fajardo A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira. Interviñeron Montse Fajardo (autora), Patricia Lojo (concelleira de Cultura da Pobra), Xerardo Agrafoxo (Asociación Cultural Barbantia) e Xosé Lois Piñeiro (alcalde da Pobra). A vida incerta é como dixemos a biografía de Virxinia Pereira, a dona do rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e, antes que nada, unha muller con presenza de seu que foi unha das grandes valedoras da cultura galega na primeira metade

do século XX e, en palabras de Montse Fajardo, “unha muller que non asumiu o papel conformista de esposa resignada e dócil á sorte do seu compañeiro. Lonxe diso acometeu unha participación activa en gran número de actos e manifestacións públicas nos que lle era dado intervir”. Así foi durante a vida de

Castelao e logo de morto, destacouse na presentación. O libro de Montse Fajardo contén material bibliográfico, fotografías de Castelao e de Virxinia, fragmentos de cartas que compartía con pensadores da época, como Otero Pedrayo ou Valentín Paz Andrade, e incluso ilustracións que Castelao realiza dela.


O Barbanza Especial Semana Santa

13

Abril 22

LITERATURA 

Santiago acolleu a presentación dos tomos II e III da monumental biografía de Castelao

O

pasado 23 de febreiro presentáronse en Santiago os novos volumes da que é, segundo os responsábeis da súa publicación, “a biografía máis completa de Castelao”, un proxecto monumental que recolle todo o material que estaba en mans privadas sobre o autor de Sempre

en Galiza, e que até o de agora ficaba oculto para o pobo galego. Trátase de Castelao. Construtor da nación (tomo II 1931-1939 e tomo III 1940-1950). No acto, celebrado no Museo do Pobo Galego, fíxose saber que estamos ante unha biografía que suma un total de 3.919 páxinas e que recolle a vida de

Anxo Muíños presentou Xinque! na súa terra

A

nxo Muíños presentou o seu novo libro, Xinque!, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, o pasado venres 25 de marzo nunha cita na que, amais do autor, estiveron presentes Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), Rafa Xaneiro (corrector), Roberto Abuín (editor) e Xosé Carou (autor do epílogo). Anxo Gómez Figueira, coñecido como Anxo Muíños (Taragoña, Rianxo, 1966), é un escritor moi envorcado na cultura mariña e nas historias e escenarios dende os que reivindicar a defensa do noso medio. Xinque!, editada polo selo da nosa comarca Toxosoutos, é a segunda parte dunha saga que arrincou con O alén dos barqueiros. Segundo explicou o autor nunha entrevista, “se en O alén dos barqueiros o protagonista era o antropólogo sueco Ingemar Westtertorma, que no marco da II Guerra Mundial viaxaba desde a súa terra até Portugal, pasando por diferentes países, entre eles a Galiza, en Xinque! a protagonista, Fanes, é a filla daquel antropólogo; unha rapaza comunista que percorre

“o meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista”. Trátase dunha biografía monumental concibida polo historiador Miguel Anxo Seixas como un diario da vida cotiá de Castelao, cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, xunto á actualidade da época.

Os libros, editados polo Consorcio de Santiago e máis Galaxia, ilústranse con fotografías

que mostran diferentes momentos da traxectoria de “quen foi unha das personalidades funda-

mentais na construción da nación galega”, o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Convocado na Biblioteca de Ribeira o primeiro concurso escolar de marcapáxinas

C

on motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril de 2022, a Biblioteca Pública Municipal de Ribeira convoca a primeira edición do Concurso escolar de deseño de marcapáxinas. O obxectivo do certame é “promover a creatividade artística e plástica entre o alumnado de Educación Primaria”.

Isto farase mediante a elaboración dunha ilustración conmemorativa da festividade do Día do Libro, que “amose a Biblioteca Municipal como espazo de dinamización lectora para o público infantil”, explícase nas bases, onde se engade que o obxectivo final é crear unha tiraxe de macapáxinas municipais que serán

agasallados aos usuarios e usuarias

na Biblioteca Pública de Ribeira.

A RAG homenaxeou ao ribeirense Xosé Ramón Barreiro

A diferentes países até rematar en California, en pleno auxe do movemento hippie”. Esta segunda parte abrangue os anos entre 1965 e 1969 e remata cando militantes do movemento indio de Estados Unidos ocupan a prisión de Alcatraz, en San Francisco.

Real Academia Galega (RAG) celebrou e honrou o pasado 17 de marzo, no cabodano do seu falecemento, a figura do ribeirense Xosé Ramón Barreiro Fernández, quen fora presidente da entidade entre os anos 2001 e 2009 e que está considerado un dos grandes renovadores da institución. A RAG salientou a contribución de Barreiro como “autor fundamental dos estudos da historia da Galicia contemporánea e da súa divulgación, bibliófilo erudito, orador brillante e impulsor dunha nova etapa de renovación da RAG a

comezos deste século”. Todos estes perfís foron evocados nun programa que xuntou a compañeiros, amizades e

discípulos no salón de actos da rúa Tabernas 11 da Coruña ao que lle puxo música a violonchelista Margarida Mariño.


14

Abril 22

O Barbanza Especial Semana Santa

 LUGARES

A Pedra da Ra, o miradoiro que vixía as mellores vistas do Barbanza

Este icónico lugar ribeirense recibe milleiros de visitantes cada ano que desfrutan dunha experiencia inesquecíbel Por Pedro Pérez

M

oi preto do Monte da Cidá, onde recentemente foi recuperado e posto en valor un castro, tan só un metros máis abaixo, levántase unha pedra con forma similar a unha ra coa boca aberta, apoiada de forma coidadosa sobre outras rochas de menor tamaño. É a coñecida como a Pedra da Ra. A 213 metros sobre o nivel do mar, este lugar permite desfrutar dunhas vistas inigualables. No horizonte atópanse as famosas dunas de Corrubedo, a praia do Vilar, o cabo de Corrubedo, a desembocadura a ría de Arousa e inclusive a illa de Sálvora. Este miradoiro da lugar a unha experiencia sensorial espectacular, fronte ao Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. O miradoiro Pedra da Ra recibe o nome dende os anos 80, momento no que se levou a cabo a construción dunha escaleira de formigón co obxectivo de poder subir enriba da gran roca elevada de forma vertical en 15 metros. A

gran expectación que provocou este lugar, fixo que co paso dos anos a infraestrutura se fora deteriorando, ata tal punto que se chegou á conclusión de que era necesaria a súa demolición. Foi no ano 2016 cando se executou un proxecto dirixido polo arquitecto Carlos Seoane, galardoado por diferentes obras, que consistiu no uso

Novo investimento para facer escavacións no Castro de Baroña

O

delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde Luis Oujo, visitaron a zona na que se van a levar a cabo as escavacións no Castro de Baroña e que contan cun apoio autonómico de 15.000

euros. O obxecto é a realización de traballos de escavación, consolidación e acondicionamento dun pequeno sector situado ao sur do segundo recinto do castro coa finalidade de favorecer a súa documentación, conservación e posta en

valor. Máis polo miúdo, os traballos, que se van a iniciar en breve, consistirán na escavación con metodoloxía arqueolóxica dunha área estimada duns 80 m2 sita no sector sur do segundo recinto do xacement. Leva-

de materiais da zona. Granito silvestre da canteira de Confurco, e plantas que foron utilizadas para a vexetación do lugar, foron os principais ingredientes dun sitio marabilloso. Son moitas os que teñen curiosidades sobre a orixe da rocha e a súa forma. Aínda que son poucos os datos que discorren en torno á súa historia,

rase a cabo tamén o rexistro fotográfico e planimétrico da actuación arqueolóxica, incluído a realización de fotografía/ vídeo aéreo con tomas xerais do xacemento e de detalle da área de actuación e realización tamén dunha ortofotografía xeorreferenciada. A actuación contempla ademais a colocación de 7

bases topográficas permanentes, mediante a instalación de cravos topográficos que sirvan de referencia espacial para posteriores traballos de escavación e xeolocalización e a reposición e actualización de antigos paneis informativos sobre o Castro de Baroña existentes no centro de información sito no lugar.

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

Foto pax. 1: Freepik

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

O Barbanza

existe un importante número de especialistas que afirman que seguramente se trate dun monumento natural de sinalización. Outros son os que apostan porque sexa un antigo monumento natural de carácter sagrado. Algo do máis curioso da rocha son os diferentes cortes que se atopan no seu relevo, un feito que non se sabe se son naturais ou se foi sufrindo modificacións ao longo do tempo. Pero a zona incorporou unha novidade no último ano. Trátase dun columpio situado na parte baixa do miradoiro que está colgado nunha árbore. Aínda que pareza parte do proxecto, non o é. Foi idea de Mar Cervera, unha ribeirense que construíu o balancín para que súa nai desfrutara das mellores postas de sol. Sen embargo, un día antes de colocalo, súa nai faleceu. A intención da ribeirense era realizar unha mostra de cariño a súa nai, pero o certo é que a idea está a ser todo un éxito. Son numerosas as persoas que a día de hoxe visitan o Miradoiro co único obxectivo de fotografarse no balancín mentres observan solpores abraiantes para calquera ser humano. Sen dúbida algunha, o Miradoiro da Pedra da Ra, emprazado no concello de Ribeira e incluído dentro das rutas accesíbeis para persoas con mobilidade reducida, é un dos lugares máis emblemáticos de todo Galicia. Tanto as súas peculiaridades, como o seu entorno forman unha perfecta simbiose para calquera viaxeiro. O Miradoiro da Pedra da Ra, un lugar que custodia as mellores vistas de todo o Barbanza.

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 34 (Abril 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256




O Barbanza

9

Abril 22

CULTURA 

Unha academia de galego sen muros nin fronteiras

Convocadas para maio e xuño as primeiras probas CELGA do ano

A

Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar a convocatoria de inscrición para as probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega, os CELGA. Segundo se indica, a realización das probas dos CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4 está prevista, como é costume, para os meses de maio e xuño en Santiago e Ponferrada. As datas concretas das probas así como os lugares exactos para facelas publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Portal da Lingua Galega (lingua.gal). O prazo para presentar as solicitudes de inscrición e o do pagamento da taxa correspondente (16,92 €) remata o venres 8 de abril. Política Lingüística explicou que esta convocatoria de probas CELGA é “a primeira que a Xunta efectúa en 2022 e, se as circunstancias o permiten, a previsión é que, coma o ano pasado, volva publicarse unha segunda con-

vocatoria para realizar máis exames antes de que remate o ano”. Ademais, de cara á preparación destas probas, o secretario xeral Valentín

García, anunciou a ampliación da oferta dos cursos de autoformación ofrecidos pola Consellería de Cultura e Educación. García explicou que

I Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer

O

s días pasados presentouse en Compostela o I Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer, convocado pola asociación AGADEA Alzhéimer co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, entre outras institucións. O premio, de carácter

anual, parte da inspiración dunha obra pioneira no mundo do alzhéimer en Galicia (Chamádeme Simbad, 2009), de Francisco Castro, e pretende “sensibilizar a cidadanía sobre esta enfermidade e outras doenzas varias que implican a deterioración cognitiva e a perda de memoria e da identidade”.

De xeito complementario, é un convite a reflexionar nos estigmas que rodean este colectivo “a través da palabra literaria en lingua galega”. Na presentación (na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago) participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a presidenta de AGADEA, Isabel Gey Pérez, e o escritor e presidente ad honorem do premio, Francisco Castro Veloso. O gañador, que recibirá 3.000 euros, así como a posibilidade de ver publicada a súa obra, será anunciado o 21 de setembro co gallo do Día Mundial do Alzhéimer. As bases completas da convocatoria e o proceso de participación poderán consultarse no Portal da Lingua Galega.

“desde hai un ano ofrécese un curso de autoaprendizaxe en liña do CELGA 1, no que ata o de agora se inscribiron máis de 3.000 persoas, o que dá conta do grande interese que este espertou e que motivou a seguir apostando por este tipo de formación, ampliándoa a outros dous niveis”, indicou o representante autonómico. García fixo saber que o seu departamento estivo a traballar, en colaboración cun equipo de especialistas en formación e ensino da lingua galega e mais da axencia AMTEGA, no desenvolvemento do curso de autoaprendizaxe en liña do seguinte nivel, é dicir, do CELGA 2, así como do curso de autoformación do CELGA 4. Neste sentido, Valentín García salientou que “este é sempre o máis demandado pola cidadanía, tal e como se vén constatando ao longo destes anos no número de persoas que solicitan os cursos titorizados ou que se inscriben nas probas para a obtención do certificado oficial que acredita este nivel de coñecemento da lingua galega”, explica o titular de Política Lingüística. Con esta nova oferta, só quedaría por cubrir nesta modalidade de formación o nivel CELGA 3, no que a Xunta xa traballa co fin de completar a oferta de cursos CELGA de autoaprendizaxe en liña e poder poñelo a disposición da cidadanía o próximo ano.

350.000 euros ás entidades locais para a promoción do galego

A

Secretaría Xeral de Política Lingüística informou dos detalles da convocatoria actual de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega. Segundo fixo saber, o prazo para a presentación de solicitudes vai

do 31 de marzo ao 2 de maio de 2022. En concreto, as axudas van destinadas a fomentar a prestación de servizos lingüísticos (mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes) e o desenvolvemento de programas de dina-

mización da lingua galega para o ano 2022, en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes. O importe total da convocatoria é de 350.000 euros. Máis detalles no Portal da Lingua (lingua.gal).


10

Abril 22

O Barbanza

 ENTREVISTA

Xoán Miguel Barros Dios  Pero que é o radon? Trátase dun gas nobre, inerte, incoloro, inodoro e insípido, tamén é solúbel en auga e o seu símbolo químico é o Rn. O radon é radioactivo, é dicir, os seus átomos convértense, de maneira espontánea, en átomos doutros elementos químicos. Fórmase de maneira natural pola desintegración do uranio que existe nas rochas e no chan. Este proceso de desinte-

director do Laboratorio de Radon de Galicia e Profesor Titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC

gración ocorre na terra desde fai miles de millóns de anos, chámase cadea de desintegración natural do uranio. Que efectos ten na nosa saúde a exposición ao radon? A axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro (IARC), pertencente á Organización Mundial da Saúde (OMS), clasifica o radon como grupo 1, o que significa que está demostrado

O radon un inimigo presente na comarca

É necesaria a colaboración municipal para lograr coñecer e concretar onde hai radon

-E

ntre os problemas ambientais invisíbeis de meirande gravidade na nosa terra atópanse sen dúbida os orixinados polo chamado gas radon, un gas tóxico e canceríxeno moi presente procedente do radio (e este do uranio) que os nosos solos galegos, polas súas características graníticas, posúen en grande cantidade. É certo que segue a ser a segunda causa de morte por cancro de pulmón despois do tabaco? - Efectivamente. Segunda causa entre os fumadores pero primeira entre non fumadores. A prevalencia de poboación exposta a radon en Galicia é para 2017 do 14,08%, a máis alta de todas as CA de España, seguida dun 8,12% de Canarias. A taxa por 100.000 habitantes en homes foi de 15,32 e en mulleres do 3,75, as máis altas de todas as CA de España. - Exactamente como se forma o gas radon e como chega aos nosos fogares? - O radon é o único elemento gasoso da cadea de desintegración do uranio 238 (U 238 ) que tras de varias transformacións en varios elementos distintos pasa a radio 226 (Ra 226 ) que se transforma en radon 222 (Rn 222 ) cuxa vida media ou período de desintegración só dura 3,8 días. Isto e´: un volume dado de gas pasa en menos de 4 días a ser a metade, aínda que como sempre se está formando e difundindo, nun ambiente pechado sempre haberá gas aínda que se vaia transformando nos seguintes elementos da cadea de desintegración. E son

dous deses elementos (fillos do radon ou descendentes de vida media curta) os de maior transcendencia, máis que o propio gas, pois son os que producen as partículas alfa radioactivos que se van depositar nos tecidos da árbore respiratoria e pulmonar para poder producir o tumor maligno. Son o polonio 218 (Po 218 ) e o polonio 214 (Po 214 ) con períodos de desintegración de 3 minutos e de varios milisegundos. O radon, unha vez desprendido da rocha rica en radio, difunde a través do solo até chegar á superficie saíndo ao ar exterior ou ao interior dunha casa ou edificio, nos que se vai acumulando desde ao sotos ou baixos até os andares superiores. Aínda que é máis pesado que o ar, as correntes que ascenden por escaleiras, ascensores, chemineas, cámaras de ar das paredes, etc; arrastran o gas a eses niveis superiores. - Hai lugares de Galicia onde estea especialmente presente, aqueles onde supoñemos que haxa máis presenza de solos graníticos e máis radiación xerada? En que lugar se atopan os concellos do Barbanza? Temos datos concretos sobre a presenza deste perigoso gas nesta comarca? - O Mapa potencial de radon do CSN amosa as zonas de maior contaminación de España, comprobándose que Galicia é unha das zonas do Oeste da Península Ibérica máis afectadas, porque se incluíramos Portugal, máis da metade do País irmán está tamén afectado, cunha lingua que baixa por

que é canceríxeno para os humanos. Cando o radon pasa ao aire, podemos inhalalo ao respirar. Unha vez no interior do corpo, fíxase aos tecidos do pulmón e continúa desintegrándose, emitindo partículas que poden danar as células. Este proceso supón un factor de risco para a formación de cancros de pulmón que, ademais, vese aumentado no caso de que haxa hábito de fumar.

Pero de que estamos a falar e cal é a súa presenza na nosa comarca? Para aclaralo falamos con Xoán Miguel Barros Dios, que dirixe o Laboratorio de Radon de Galicia e é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, FEA do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do CHUS, que leva 25 anos estudando a incidencia do gas.


O Barbanza

ENTREVISTA MAPA DO RADON EN GALICIA

11

Abril 22

MAPA DO RADON DA BARBANZA (Seccións censuais) SD (7) ˂5% (50) 5 - 10% (0) ˃10% (35)

Porcentaxe de medidas de máis de 200Bq/m3 por concello

Medicións ˃ 300Bq/m3

 En canto a Galicia, a

última actualización do noso mapa de radon, con máis de 4.300 medidas en vivendas, indica un maior grao de contaminación das dúas provincias do sur

 Medir radon non está e

non debe estar ao alcance do primeiro a quen se lle ocorre. A norma esixe que sexan laboratorios ACREDITADOS por unha axencia oficial, homologable en Europa. En España trátase de ENAC (Agencia Nacional de Acreditación)

todo o ancho do seu mapa até case máis abaixo de Lisboa. En canto a Galicia, a última actualización do noso mapa de radon, do Laboratorio de Radon de Galicia (LRG) da USC (radon.gal) con máis de 4.300 medidas en vivendas, indica un maior grao de contaminación das dúas provincias do sur, e por comarcas destacan cunha porcentaxe de casas con máis dos 300 Bq/m³ maior do 10%: Muros (25,%) e O Sar (26,8%) en A Coruña; O Condado (33,9%), O Salnés (33,6%) e Pontevedra (21%) en Pontevedra; e Verín (28,9%) e Viana (26,3%) en Ourense. Os valores de Lugo son máis baixos. Nos nosos mapas pode apreciarse o nivel de radon nas diferentes comarcas e concellos. Compre clarexar, que en moitos casos, sobre todo a nivel de concello, estas porcentaxes non poden reflectir a verdadeira contaminación: cantas menos son as medidas menor fiabilidade da porcentaxe atopada. De aí, que o LRG teña asinado un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para que os concellos que así o queiran poidan beneficiarse das tarifas con descontos importantes e que poden reflectirse no servizo de medida das dependencias municipais como das correspondentes a casas

particulares cando o Concello decide subvencionar total ou parcialmente ditas medidas. O caso de Teo, é paradigmático desta última cuestión, porque supón, ademais de informar aos 135 veciños, que se anotaron previamente no Concello, do seu nivel de radon na casa, a elaboración con todas as medidas, do Mapa de Radon do Concello, que se traslada aos responsables municipais unha vez rematado o estudo. Neste caso, ás novas medidas sumáronse as 77 que xa tiña o LRG, o que da como resultado un mapa con 212 concentracións de gas radon en outras tantas vivendas. Ademais, na actualidade estamos a ampliar o mapa dos concellos co de Seccións Censuais, dado que a distribución municipal resulta ás veces, sobre todo cando hai poucas medidas pouco fiables, podendo acumular moitas delas nunha das zonas do Concello. O exemplo co mapa censual da provincia coruñesa pon de manifesto esta situación. Canta máis información hai dunha zona, maior sensibilidade para identificar as zonas problemáticas. - A xente pregúntase polas cousas que poden facerse para minimizar a presenza do radon, e xa hai concellos e outras administracións que semella que traballan arreo para

combatelo, con medicións constantes e outras accións. Á espera de que a política oficial contra o radon se estenda, que podemos facer mentres tanto os cidadáns de a pé? Que lles recomendaría como medidas básicas para manter a raia este gas?

Os concellos deben axudar a coñecer onde está!

Existe un acordo entre a FEGAMP e o Laboratorio de Radon de Galicia polo que os concellos poden realizar controis da presenza do radon nos seus municipios. Na comarca de momento ningún concello se acolleu o convenio si ben se realizaron xa controis en distintos puntos, sendo Outes, Muros, Rianxo e Ribeira os que mais medidas fixeron aínda que moi escasos. Os veciños poden solicitar realizar controis adquirindo detectores a un custo de 54,45 euros nos de medida integrada para o que poden recadar información e contacto a través da páxina www. radon.gal.


12

Abril 22

O Barbanza

 ENTREVISTA - Medir radon non está e non debe estar ao alcance do primeiro a quen se lle ocorre. A norma esixe que sexan laboratorios ACREDITADOS por unha axencia oficial, homologable en Europa. En España trátase de ENAC (Agencia Nacional de Acreditación) que nos somete, aos laboratorios, anualmente a auditorías serias e difíciles. O que ademais supón un custo importante, tanto pola auditoría en si como polas cotas anuais a pagar. Isto choca frontalmente coa cantidade de empresas e persoas que se anuncian sen estar acreditadas e son meros distribuidores de multinacionais que realizan os revelados e os informes no estranxeiro, véndose afectada sen dúbida, un dos factores nos que máis insiste ENAC: a trazabilidade da medida, desde o fabricante até o revelado e lectura no laboratorio. A este despropósito, que o propio CSN non pon coto, diferenciando e esixindo a acreditación nacional a todos, súmanse os que se anuncian como “expertos en redución de radon” e que con prezos abusivos e solucións ás veces máis que ridículas pretenden arranxar un problema que os cidadáns queren resolver da man de verdadeiros profesionais. E isto é moi difícil de atopar en España, hoxe por hoxe.

Nós, que non somos máis que un laboratorio de ensaio, de medida, achegamos non obstante -polas enormes demandas que recibimos- un documento ao cliente, cando atopamos niveis por riba dos 300 Bq/ m³, con intervencións sinxelas que o cidadán pode executar facilmente. E sempre estamos a pé de teléfono ou correo electrónico, para dar resposta a calquera dúbida dos cidadáns. - Hai un tipo de vivenda ou residencia que sexa máis susceptíbel de acumular gas radon? - Pois non. Porque é mentira que as de pedra teñan máis risco. Só un 20% do gas que haxa nunha casa pode proceder das paredes de pedra. O outro 80% ven sempre do subsolo, meténdose polos alicerces da edificación e acumulándose primeiro nos sotos ou baixos e máis tarde nos andares máis altos. A contaminación vai depender do maior ou menor illamento da casa. De si asenta sobre un penedo ou nunha zona granítica recoñecida. Por iso canto máis antiga é unha casa, maior probabilidade de ter maior cantidade de gas, pero polo peor illamento do chan da mesma, non polos materiais de construción.

- Que se pode facer dende as novas tecnoloxías da información para combater a súa presenza? - En todos os países que nos levan 15 ou 20 anos de adianto na identificación e loita do problema, os Mapas de Radon constitúen a fonte de información máis acaída para as administracións e para o público. Identifican zonas con diferentes graos de contaminación e así os construtores e arquitectos poden saber se a zona da futura construción precisa un nivel menor ou maior de illamento fronte ao gas. O mapa de Irlanda é dos máis descritivos do mundo, pois nas súas cuadrículas

Medidor integrado de radon

o cidadán pode situarse no distrito ou rúa de seu interese e saber o grao de presencia media do radon e actuar en consecuencia. Noutros países, cando o promotor dunha vivenda ou urbanización recolle información nos rexistros correspondentes, a administración local, que ten categorizado todo o seu territorio, facilítallo para que lle entregue ao arquitecto un certificado do nivel de contaminación na que se atopa a finca en cuestión, para que actúe en consecuencia á hora das intervencións para evitar a entrada do gas na futura construción. - A nivel construtivo, cre vostede que as empresas do sector e as administracións están facendo o necesario para garantir residencias máis libres de radon? - Pois non. Desde xuño do ano pasado, coa entrada en vigor do RD correspondente, é obrigado un informe final de obra sobre o nivel de radon, emitido por laboratorio acreditado e rexistrado en RELAGA, do Instituto galego da Vivenda e Solo, tal como esixe o novo Código Técnico de Edificación (CTE), cousa que nós xa cumprimos. Desde esa data, tan só tivemos dúas solicitudes para acollerse a ese CTE. E non será porque non hai obra nova ou rehabilitacións feitas en Galicia desde esas datas ! Agardamos que o Convenio tamén asinado coa Confederación de Empresarios de A Coruña, poida remediar algo esta situación, pero até o momento é asombrosa a situación. Agás, claro, que os nosos construtores e arquitectos estean a utilizar os servizos de outros “laboratorios” sen acreditación, dos que xa falei en apartado anterior.

Ollo ós fumadores!

De que depende que o radon chegue a producir un cancro? Os factores que inflúen en que se poida desenvolver un cancro van ser: - A cantidade de radon que exista nos lugares onde se habita (vivendas, escolas, lugares de traballo). - O tempo que dure a nosa estancia neses lugares. - A susceptibilidade propia da persoa para contraer cancro. - Se vostede é fumador ou exfumador. A interacción entre o tabaco e o radon é tan forte que o risco de padecer cancro de pulmón multiplícase por 20 cando se dan ambos factores xuntos.


O Barbanza

13

Abril 22

COIDADO DAS AUGAS 

Obxectivo: poñer a punto as nosas infraestruturas hidráulicas O proxecto de Lei de mellora da xestión da auga que impulsa a Xunta marcará un punto de inflexión no coidado das augas

E

ste pasado mes de marzo puidemos coñecer importantes detalles do proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, unha ambiciosa iniciativa autonómica que prevé axudar aos concellos nunha xestión profesionalizada deste recurso, tanto no referido ao abastecemento, como ao saneamento e os traballos de depuración. Un dos elementos clave da Lei é un completo programa de formación. Foi aprobada polo Consello da Xunta e remitida ao Parlamento para a súa tramitación. Segundo informou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o novo marco normativo da auga consta de tres eixes básicos: o coñecemento da realidade, a planificación e a profesionalización. Estes elementos apoiaranse nun inventario (permanentemente actualizado pola Xunta) dos sistemas de abastecemento, saneamento e depuración de Galicia, poñendo á disposición dos municipios un sistema de intercambio de información. Amais, Augas de Galicia tamén achegará aos concellos directrices para mellorar a xestión da auga, para a redacción de plans de control de vertido ás redes de colectores, para o saneamento en pequenos núcleos, para a optimización da xestión das pluviais ou para a mellora enerxética das instalacións.

 O proxecto de Lei de

mellora da xestión do ciclo integral da auga prevé axudar aos concellos na xestión profesionalizada, tanto no referido ao abastecemento, como ao saneamento e á depuración

A conselleira salientou que se trata “dunha Lei transformadora, estrutural e esencial” que “marcará un punto de inflexión no coidado das augas, contribuíndo a dar garantías para a saúde pública, o medio natural e as actividades como a pesca, o marisqueo ou o turismo”.

Regulando o apoio aos concellos

A norma é, ante todo, un elemento de clarificación de conceptos e procedementos e de sustentabilidade. O alicerce da mesma será a ampla bagaxe acumulada polo Goberno galego ao longo dos últimos dez anos, nos que segundo lembrou a conselleira, “materializouse unha axuda continua aos concellos executando novas infraestruturas hidráulicas”, moitas

delas froito da elaboración de Plans de Saneamento Locais. Este coñecemento previo permitirá afrontar o reto de asegurar o correcto funcionamento das infraestruturas para “evitar perder ata o 40% da auga en fugas nas redes, nun contexto de cambio climático e de crise enerxética”, sinalou a conselleira, engadindo que “non se pode permitir investir millóns de euros de diñeiro público en grandes equipamentos, entregalos aos concellos e que logo os estudos efectuados refiran que a metade das depuradoras municipais teñen un funcionamento deficiente”. Remarcou que as infraestruturas hidráulicas deben funcionar de modo eficiente as 24 horas do días e os 365 días do ano. En base a todo isto, a Lei terá unha dobre vertente: por unha banda, establecendo un marco claro para orientar unha xestión eficiente do saneamento, a depuración e o abastecemento; e doutra banda, poñendo á disposición dos concellos un sistema de adhesión voluntaria para a xestión dos seus sistemas de forma profesionalizada. O modelo consiste en que as entidades locais poderán encomendarlle á Xunta a xestión dos servizos da auga, tal como se vén facendo xa en 28 depuradoras municipais, ofrecendo aos concellos beneficiarios “un enorme apoio técnico e económico”.

A Lei establece que cando un concello solicite que Augas de Galicia asuma a xestión, por exemplo, da súa depuradora, realizarase unha auditoría integral que analizará como chega a auga polas redes de saneamento ou identificará vertidos, infiltracións ou excesos de caudal, entre outros parámetros. Así, cando as auditorías evidencien a necesidade de executar obras, a Xunta comprométese a financiar un terzo do seu custo, debendo o Concello asumir outro terzo e podendo procurar o apoio doutras administracións para completar o orzamento. En materia de transparencia e igualdade, o marco legal establece que cando Augas de Galicia asuma a xestión dun servizo municipal do ciclo da auga, aplicará unhas tarifas transparentes e iguais en todos os concellos, garantindo prezos igualitarios nos servizos, con independencia de factores como a dispersión ou a orografía que encarecen a súa prestación en moitos lugares. Trátase dun modelo optativo ao que os concellos se adhiren de forma totalmente voluntaria. A xestión agrupada das infraestruturas e a aplicación de economías de escala permitirá aforros de ata o 10%. En palabras da conselleira, trátase “dunha lei transformadora que ten vontade de ofrecer solucións e de mellorar a calidade das augas, por responsabilidade social, ambiental e económica, procurando, ademais, dar resposta á demanda persistente de axuda por parte dos municipios para o exercicio das dúas responsabilidades sobre a xestión da auga”.


14

Abril 22

O Barbanza

 EMPRESA

Realidade aumentada para unha mellor alimentación CONGALSA lanza IberFoodies, os personaxes embaixadores da súa marca de retail

A

empresa da Pobra do Caramiñal CONGALSA, un dos grandes referentes galegos do sector da alimentación, iniciou a primavera con outra importante novidade tecnolóxica que engadir aos seus destacados procesos de innovación. Trátase da presentación en sociedade dos IberFoodies, os personaxes de Realidade Aumentada cos que a marca quere promover a súa marca de retail, Ibercook Fun Food. En palabra de CONGALSA, a familia de IberFoodies (constituída por Kino, Arita, Kida e Maro), será a encargada de “propiciar unha experiencia de marca diferente, dinámica e divertida, acorde coa identidade de Ibercook Fun Food”.

Lanzada unha app para mellorar a comunicación interna

Segundo explica Julio Simarro, director de Mercadotecnia e Vendas da compañía da Pobra do Caramiñal, “logo do lanzamento en 2019 do catálogo en Realidade Aumentada para os profesionais da canle HORECA volvemos a apostar por esta tecnoloxía porque é unha recurso que resulta fundamental para as marcas a día de hoxe comprometidas con mellorar a experiencia dos consumidores e conectar coa audiencia máis alá do momento da compra”. E engade: “Queremos compartir experiencias de valor cos nosos consumidores, vinculando a nosa marca con momentos de diversión e relax no día a día”. Destaca Julio Simarro na presentación dos personaxes, que estes simbolizan os diferentes targets para os que a marca deseña os seus produtos, tendo en conta elementos como a idade, a personalidade e os diferentes estilos de vida. “Os consumidores anhelan experiencias máis interactivas e inmersivas, nas que eles sexan

os protagonistas”, comenta, engadindo que “a Realidade Aumentada bríndanos a oportunidade de proxectar elementos dixitais sobre un escenario do mundo real que forme parte da contorna habitual dos usuarios”. Enmarcada dentro do proxecto de dixitalización CONGALS4.0, esta nova ferramenta estará dispoñíbel como filtros de cámara en Instagram e Facebook, permitindo que a audiencia se exprese de “maneira persoal e única”, apunta Simarro, ao que engade: “O obxectivo é transformar a nosa presenza dixital facéndoa máis participativa e dinámica. En lugar de limitar o noso contido a fórmulas tradicionais, queremos abrir as nosas redes sociais á creación de contido por parte dos usuarios”. IberFoodies será tamén un activo visual no punto de venda, con campañas e elementos de promoción comercial que transmitan os valores da marca Ibercook Fun Food e os atributos da súa gama de produtos.

Visita á sede de Ambar

C

ONGALSA presentou estes días os detalles da súa aplicación móbil Congalsapp, unha ferramenta gratuíta que ten unha tripla función: informar, interactuar e fidelizar. En primeiro lugar, permite que os traballadores estean informados puntualmente das distintas actividades e eventos que organiza a empresa. A segunda vertente consiste en que os empregados poden opinar acerca das actividades que se organizan. Por outra banda, mediante o uso o equipo laboral de CONGALSA terá a oportunidade de gañar puntos que

poderá trocar por distintos agasallos. A empresa tamén pon o foco nas facilidades postas en xogo para afianzar o uso da aplicación: presenta un rexistro doado de cumprimentar, achega a posibilidade

de personalizar o perfil (incluíndo información e unha fotografía) e pon en xogo unha interface de usuario moi intuitiva e sinxela, con todos os seus elementos dispostos para axilizar a navegación.

C

ONGALSA visitou o pasado 23 de marzo as instalacións en Ribeira da asociación de persoas con diversidades funcionais Ambar. A persoa encargada de mostrar o día a día da actividade da compañía, e tamén o seu forte compromiso en materia de responsabilidade empresarial e social, foi Juan Carlos

Rama, director de Recursos Humanos. Durante a xornada, Rama compartiu a súa visión e experiencia na empresa, multinacional presente en máis de 29 países, líder de produtos precociñados e con centro de operacións no Polígono da Tomada (A Pobra) e máis en Ribeira, na factoría de Deán. O eixe principal do

encontro foi o compromiso de CONGALSA por mellorar a calidade de vida das persoas que forman parte do seu equipo pero tamén da comunidade. Segundo fixo saber Rama, os piares que definen este compromiso da empresa son, entre outros, unha firme actitude positiva, o traballo en equipo, o respecto polo medio ambiente e máis o obxectivo de fomentar na sociedade a alimentación saudábel. Ademais falouse de como son os seus procesos de selección e da importancia da empregabilidade das persoas con diversidade funcional.


O Barbanza

15

Abril 22

TURISMO 

Volta a Galicia en sete días

A nosa Semana Santa ten especial sona e repercusión en Viveiro e Ferrol, pero tamén en Fisterra, Cangas, Paradela, Betanzos, Mondoñedo, Santiago e Lugo

que ten lugar na provincia de Pontevedra son as procesións de Semana Santa de Cangas, que contan con pasos de gran valor histórico-artístico e imaxes articuladas, como a do Nazareno da procesión do Santo Encontro ou o Cristo da cerimonia do Descendemento, que lles dan aos actos un emotivo realismo.

Semana Santa de Paradela

Semana Santa de Viveiro

Semana Santa de Betanzos

S

e faltamos de Semana Santa en Galicia pensamos nas celebracións que temos máis próximas, pero tamén nas que máis sona acadaron ao longo de décadas de tradición, devoción e impulso veciñal: as de Viveiro e Ferrol. Son, segundo recorda Turismo de Galicia, as que ostentan a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional. Porén, cómpre recordar a importancia que cobran outras vilas e cidades da xeografía galega nestas datas, como as sete localidades que locen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: a Festa do Santísimo Cristo de Fisterra, a Semana Santa de Cangas, a Semana Santa de Paradela (Meis), Semana Santa de Betanzos, a Semana Santa de Mondoñedo, a Semana Santa de Santiago de Compostela, e a Semana Santa de Lugo. Estes nove destinos forman parte dunha das grandes propostas de lecer que nos achega Turismo de Galicia na presente tempada, un carácter sobranceiro que tamén destacou estes días o vicepresidente Alfonso Rueda, dende Ferrol e Viveiro e coincidindo cos preparativos das festividades. Rueda cualificou as celebracións de “eventos clave na oferta diferenciada, unha oferta segura e de calidade, do turismo galego”.

Semana Santa de Viveiro

Numerosos pasos, algúns deles articulados e de grande interese artístico, protagonizan as solemnes procesións de Semana Santa de Viveiro. Os actos máis rechamantes comezan o Xoves

A posta en escena da Paixón, Morte e Resurrección de Cristo que ten lugar na pequena parroquia de Santa María de Paradela (Meis, Pontevedra) sorprende gratamente polo esmero da posta en escena, o coidado do vestiario e dos escenarios onde descorren os actos. A calidade da interpretación dos actores logra transmitir ao público o sentimento profundo da fe cristiá. Por iniciativa da Confraría de Semana Santa e Pascua, nacida en 1993, todos os fitos que marcan as horas previas á morte de Xesús Cristo e a súa posterior resurrección son coidadosamente representados.

Semana Santa de Betanzos

A Semana Santa de Betanzos comeza o venres anterior ao Domingo de Ramos cunha misa na honra á Virxe das Dores. Desde este día ata o Martes Santo a música, especialmente no recoñecido Ciclo de Música Sacra, é a auténtica protagonista.

Semana Santa de Mondoñedo

Semana Santa de Santiago

Santo, coa procesión da Última Cea e do Prendemento, organizada pola Irmandade do Prendemento, moi rechamante polas súas túnicas e caparuchos de cores vermella e branca. O Venres Santo pola mañá ten lugar a procesión do Encontro, outra emocionante cerimonia na que participan, xunto ao Cristo que cae, as tallas da Dolorosa, San Xoán e a Verónica. Pola tarde, tras o Desencravo celébrase a procesión do Santo Enterro, a máis luxosa de todas, cos levadores ataviados con negra roupa talar de longa cola e un gran caparucho con anteface.

Semana Santa de Ferrol

Desde o Domingo de Ramos ata o de Resurrección, sucédense sen parar as procesións que rememoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. Destacan as do Venres Santo: pola mañá, o Santo Encontro, na praza de Amboage; pola tarde, a do

Santo Enterro, de marcado carácter litúrxico, na que se leva a Santa Urna, toda unha reliquia da Semana Santa ferrolá e, pola noite, a procesión dos Caladiños, que percorre as rúas da Magdalena, cos pasos de San Xoán, Cruz Sudario e a Virxe das Dolores, e retírase de madrugada, tras o tradicional canto da Salve.

Festas do Santísimo Cristo, en Fisterra A Semana Santa de Fisterra inclúe representacións da Paixón de Cristo por parte dun grupo de veciños da vila que son seguidos por milleiros de fregueses, nos arredores da igrexa de Santa María das Areas, na estrada que sobe ao faro. A máis importante delas é a que ten lugar o Domingo de Resurrección.

Semana Santa de Cangas

A máis solemne manifestación de relixiosidade en torno á Paixón de Cristo

A Semana Santa mindoniense presenta unhas raíces históricas que chegan máis aló do século XVI, é un exemplo de sinxeleza e sobriedade reflexo da Fe popular desta zona de Galicia. A Semana Santa de Mondoñedo é de recollemento e de vivencia interior.

Semana Santa de Santiago

A historia compostelá e os seus escenarios outorgan á conmemoración da Paixón de Cristo un esplendor único. A excepcional paisaxe granítica, ateigada de torres, balcóns, volutas e gárgolas, imprime espectacularidade e dramatismo ao paso das procesións na escuridade, en especial ás máis tardías, no cabo da medianoite, e ás de carácter penitencial.

Semana Santa de Lugo

A celebración da Semana Santa de Lugo está intimamente ligada ao privilexio da exposición permanente do Santo Sacramento no altar maior da Catedral. Así, desde o ano 1963, a procesión do Xoves Santo é a única en España en que a Sagrada Forma sae de procesión polas rúas da cidade.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.