O Barbanza 31-32

Page 1

O Barbanza Número 31

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

A nosa web: obarbanza.gal

608 240 160

Febreiro 22

Queremos a Rosalía A poeta converte Barbanza nunha gran festa cultural este 23 de febreiro

23 de febreiro

DÍA DE

Parte informativo de obras Os nosos concellos comparten detalles dos seus proxectos

3/8 Modelo empresarial a seguir CONGALSA incrementa cifras, equipo e tecnoloxía

9 Un cronista comprometido co 14 seu país O xornalismo galego rende tributo ao pobrense Victoriano García Martí


1P_Diputacion_Social_0222_BARBANZA.pdf

3

9/2/22

10:08


O Barbanza

3

Febreiro 22

Ribeira  ACTUALIDADE 

Pasos adiante en humanización e seguridade En Ribeira avanzan as obras en Romero Ortiz e collen impulso as de Rosalía de Castro

C

Traballos de mellora na seguridade e mobilidade na rúa Romero Ortiz

o remate de xaneiro comezaron en Ribeira, da man do Concello, unhas obras moi agardadas pola veciñanza: os traballos destinados a mellorar a seguridade e a mobilidade na rúa Romero Ortiz, un proxecto moi demandado polos residentes desta céntrica e histórica vía (que levan anos solici-

Licitación da instalación de plataforma única na rúa Rosalía de Castro

tando beiras máis anchas, sistemas que calmen o tráfico de suba e de baixada e elementos que contribúan a humanizar unha rúa que non foi trazada en orixe, como acontece con moitas vías dos nosos centros históricos, para o servizo prioritario do tráfico rodado). Os traballos, dos que xa comeza a verse cal será o resultado final (logo

de que fora levantado todo o firme e se dispuxeran os espazos para os encofrados) van destinados a “mellorar a accesibilidade da vía a través da colocación dunha plataforma única, de tal xeito que vehículos e peóns circulen por unha mesma cota, pero con zonas diferenciadas, mellorando e ensanchando as áreas de tránsito peonil”, sinalou o Concello.

Cuberta no parque das Abesadas

O

Concello de Ribeira informou de que vén de solicitar unha subvención para dispoñer unha cuberta contra as inclemencias do clima no parque infantil de Abesadas, un dos máis concorridos da cidade e do termo municipal. Farao ao abeiro dunha convocatoria de axudas da Xunta para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos

vinculados á prestación de servizos municipais. A tal efecto, preténdese instalar no parque un teito de 498 metros de superficie con material téxtil (tensoestrutura en tecido de poliéster de alta resistencia) para permitir “o uso e desfrute desta infraestrutura en condicións meteorolóxicas adversas”, informou o Concello, engaindo que se optou por unha solución “moi lixeira” e

“cunha altura axustada aos xogos actuais no ánimo de minimizar o impacto visual”. Construtivamente constará dun sistema estrutural formado por un arco e dúas

liñas de piares opostos sobre os que se tensa a cuberta téxtil. O orzamento do proxecto ascende a 90.750 euros, IVE incluído.

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

Foto pax. 1: Freepik

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

O Barbanza

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

Os traballos, que comportan un investimento de 119.790 euros, IVE incluído e forman parte do POS+ adicional 2/2020, van ser executados por Construcciones Anspal, S.L. Dende o Consistorio detallan que o proxecto inclúe a substitución do aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito. Amais, a delimitación entre o pavimento de formigón da calzada e a pedra das beirarrúas terá lugar mediante bordos de granito. A obra abrangue dende a confluencia desta rúa co Malecón ata máis aló da rúa Cervantes. O tráfico, xa nesta recta final de febreiro e as vindeiras semanas, seguirá cortado na rúa Romero Ortiz. Con tal motivo, os vehículos autorizados a circular por Bandourrío só poden entrar e saír polo cruce da rúa Manzanares coa estrada do Touro; en tanto que aqueles autorizados a entrar na rúa Galicia pola praza de Compostela deben facelo ou ben por Rosalía de Castro (accedendo dende a praza do Concello ou dende o Malecón) ou ben dende Cristóbal Colón, saíndo sempre por esta última vía. En canto ás rúas Cervantes e Pombal unicamente se permite o acceso a garaxes. A maiores deste importante proxecto, o Concello de Ribeira comunicou a licitación dunha nova fase da instalación de plataforma única na rúa Rosalía de Castro: concretamente no treito comprendido entre Marcial del Adalid e a rúa Irmandiños. A actuación comporta un investimento de 217.900,30 euros e ten unha duración de catro meses. Os traballos implican a substitución do aglomerado existente por formigón semipulido na mesma tonalidade que no tramo adxacente, intercalando franxas transversais de granito. Tocante ás beirarrúas, serán substituídas por outras de granito silvestre. Tamén se instalarán uns novos granitos de bordo. A intervención está enmarcada no POS+2021. As empresas interesadas dispoñen ata o 14 de febreiro á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 31 (Febreiro 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


4

Febreiro 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

Facendo historia en cuestión de igualdade A Policía Local da Pobra reforzouse con catro incorporacións, dúas delas mulleres

O

Consistorio da Pobra acolleu este 10 de febreiro a incorporación oficial de catro novos axentes ao corpo da Policía Local. As incorporacións (dúas delas mulleres, por vez primeira na historia da Pobra) fixéronse a través do proceso de mobilidade (ao solicitar un dos novos axentes o municipio do Caramiñal como destino) e, tamén, coa superación das probas pertinentes na Academia Galega de Seguridade Pública. Con esta investidura, o cadro de persoal pasa a estar conformado por 10 policías. A toma de posesión desenvolveuse no salón de plenos do Consistorio. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, puxo en

alor o traballo destes profesionais e manifestou que se seguirá traballando no reforzo dos recursos, tanto materiais coma humanos, deste corpo policial, poñendo como exemplo a reforma das dependencias efectuada a finais do 2019. Agradeceu, así mesmo, o traballo da Garda Civil e da Protección Civil e cualificou a xornada de “histórica” coa entrada dos catro novos axentes. Pola súa parte, o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), fixo lectura dun documento datado de 1911 onde se deixa constancia do nomeamento dun axente na localidade e destacou que, 111 anos despois, “é a primeira vez que temos dúas compañeiras, dúas mulleres no corpo”. Apuntou, ademais, que a

Patrocinio deportivo coa atleta Lidia Parada

O

Concello da Pobra do Caramiñal e a lanzadora de xavelina Lidia Parada formalizaron un contrato de patrocinio onde se vincula a imaxe da deportista coa do municipio, ademais de servir como contribución por parte da Administración local na súa colleita de éxitos, polo que se aporta 4.000 euros. A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), explicou que, entre os

obxectivos, atópase a transmisión duns valores positivos inherentes á actividade da atleta, polo que, “por extensión se transmitirá unha imaxe inmellorable, moi positiva, do concello da Pobra do Caramiñal.” A edil salientou a traxectoria da atleta, quen conta na actualidade con 10 títulos de Campioa de España, 4 récords galegos, 4 récords nacionais e máis de 10 participacións en campionatos internacionais, onde acadou

diversos resultados. Agora, ten como obxectivo participar e acadar un bo posto nos Xogos Olímpicos de París 2024 e mentres tanto continuará ampliando a súa traxectoria coa participación en campionatos nacionais e internacionais. Lidia Parada declarou que “poder representar ao concello da Pobra e poder chegar á Olimpíada de París 2024 co seu apoio e dando a súa imaxe faime moi feliz. E, sobre todo, como son adestradora dos peques do club, gustaríame dar ese exemplo”.

fórmula dun bo policía é “coñecementos máis habilidade multiplicado por actitude” e fixo unha proclama a prol da unidade. A este respecto tamén se referiu o xefe da Policía local, José Manuel

Cameán, quen salientou a valía profesional e boa relación coa veciñanza e declarou que a incorporación de dúas mulleres supón “un paso moi importante na igualdade e que veña para quedar”.

Asesoramento xurídico para as persoas inmigrantes

C

o obxectivo de favorecer a inclusión social das persoas inmigrantes, o Concello da Pobra pon en marcha un servizo de asesoramento xurídico da man da ONGd SenValos e que entra en funcionamento este 22 de febreiro. A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), explicou que a Administración local aposta por esta iniciativa para dar resposta á demanda existente nesta materia, para a cal se contará coa referida organización pola súa ex-

periencia e sensibilidade. Doutra banda, o presidente da ONGd SenValos, Patxi Hurtado, manifestou que afrontan este programa con “ilusión” para abordar así as necesidades das persoas inmigrantes en materia de estranxería que abranguerá diversos aspectos: procesos de regularización, reagrupación familiar, elaboración de escritos, recursos, homologación de títulos, pensións… A atención presencial desenvolverase no local dos Servizos Sociais o último martes de cada

mes e en horario de mañá. Amais, existe a posibilidade de facelo extensíbel ás tardes para adaptarse á dispoñibilidade das persoas usuarias, ademais de concertar outras datas para o acompañamento na realización de trámites fóra das dependencias municipais. As persoas interesadas poden solicitar máis información e concertar a súa cita a través do teléfono de contacto 981 832 764 ou acudindo directamente ao Departamento dos Servizos Sociais, situado fronte ao Consistorio.


O Barbanza

5

Febreiro 22

Boiro  ACTUALIDADE 

Estratexias solidarias

Boiro reforzará con máis de 111.000 euros do POS+ os servizos sociais comunitarios

O

Concello de Boiro aprobou a participación no POS+ adicional 2022 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. A contía destinada a estes gastos é de 111.083,33 euros que dende o Consistorio van investir en reforzar os servizos sociais comunitarios. O alcalde José Ramón Romero e o concelleiro Raúl Treus fixeron saber que esta achega procedente da Deputación reforzará unha partida que xa de por si viña fortalecida: no último ano o Concello aumentou a partida destinada aos servizos sociais municipais en 600.000 euros, chegando ao 1.700.000 euros, que agora increméntanse ao sumar a contribución provincial. As liñas de traballo ás que se vai destinar a contribución provincial son as seguintes: Ampliación persoal técnico e/ou administrativo – 53.285,92 euros Reforzar o equipo actual do departamento de Servizos Sociais coa contratación temporal e extraordinaria de persoal técnico, concretamente un educador/a social e un psicólogo/a. Axudas de emerxencia ás persoas ou familias en risco de exclusión social – 10.000,00 euros Ampliar a dotación de partidas municipais destinadas a estas axudas de emerxencia social con prestacións non periódicas de natureza económica e subvencións destinadas a aquelas persoas ou unidades de convivencia cuxos

recursos resulten insuficientes para facer fronte a gastos específicos para asegurar a cobertura das necesidades básicas como vivenda, alimentación, transporte, electricidade, educación, gastos médicos ou farmacéuticos... Ampliación do servizo de axuda a domicilio – 21.797,41 euros Achegar ás persoas inmobilizadas ou con dificultades para saír ao exterior por problemas de saúde, servizos de rehabilitación no domicilio, traballos de peiteado, podoloxía ou entrega de menús. Reforzo dos servizos para atención a persoas sen fogar – 1.000,00 euros Axudas económicas para a acollida e aloxamento de maneira urxente e temporal a persoas en situación de emerxencia social, facilitándolles un espazo digno no que aloxarse e favorecendo a cobertura de necesidades básica. Medidas sociais de carácter extraordinario – 10.000,00 euros Axudas destinadas a persoas con recursos económicos insuficientes para facer fronte a gastos específicos de carácter ordinario ou extraordinario. Equipamento técnico asistencial – 5.000 euros Adquisición de equipamento técnico asistencial para cesión como camas, cadeiras de rodas, grúas, e calquera outro material ou equipamento que precisen logo dunha valoración dos profesionais dos servizos sociais.


6

Febreiro 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Rianxo

O Pazo do Martelo rexurde

 Existe un proxecto inicial

de reforma que se centra en dous aspectos, por unha banda, a accesibilidade xeral dos dous andares do edificio e pola outra, a reforma para dotar de elementos de illamento térmico de cuberta, xanelas e calefacción

Rianxo baralla diferentes axudas para impulsar a rehabilitación do inmóbel

O

proceso de posta en valor de patrimonio seguirá sendo en Rianxo, este 2022, un fervedoiro de actividade. No punto de mira, amais doutras construcións e elementos de importancia histórica, cultural e mesmo paisaxística, está o Pazo do Martelo, na actualidade sede da Biblioteca Municipal. O proxecto de reforma do inmóbel foi obxecto de importantes novidades estes días pasados.

Balance de proxectos recentes e futuros

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou Rianxo este mes de xaneiro co fin de comprobar o resultado das últimas rehabilitacións de vivendas levadas a cabo no ámbito do ARI, para o que se aprobaron seis novos proxectos que recibirán 53.000 € do Goberno central, 13.700 da Xunta e 39.800 do Concello. Desde 2009 restauráronse en Rianxo 165 vivendas, cun investimento global de 3,5 millóns. O alcalde, Adolfo Muíños, anunciou durante a visita que presentará un proxecto para restaurar o Pazo do Martelo (BIC e sede da biblioteca) con cargo a unha axuda do 1,5 % para bens de interese cultural dos ministerios de Fomento e Cultura, que cubriría case o 80 % do custo da obra, estimado en 630.000 €. Tamén anunciou a segunda fase para renovar as luminarias LED no 35 %

restante tras a actuación anterior con axuda do IDAE.

Xuntanzas veciñais participativas

De xeito paralelo celebráronse en Rianxo, co novo ano, unhas xuntanzas veciñais impulsadas polo Concello e a Biblioteca Municipal para dilucidar de xeito colectivo e aberto o futuro deste céntrico edificio emprazado no BIC Pazo de Martelo. Nos obradoiros de participación cidadá para a reforma da Biblioteca participaron (achegando suxestións e recibindo claves sobre os servizos actuais que ofrece o edificio) rianxeiras e rianxeiros de todas as

idades. Con diferentes actividades didácticas e lúdicas buscouse que as persoas participantes achegasen cadanseus modelos de Biblioteca, as súas demandas e os seus intereses. O obradoiro foi impartido pola arquitecta Sandra González e contou coa colaboración da bibliotecaria Sofía Carou. Dividiuse en grupos de idade.

Reforma integral O Concello explicou que estas sesións participativas son un importante apoio para o proxecto de reforma integral do edificio, moi danado nestes momentos. Este proxecto, engade o Goberno local, preténdese dirixir a

varias solicitude de axudas, a primeira delas baixo o epígrafe do 1,5% Cultural do Ministerio de Fomento. A segunda, dentro dos fondos europeos do Programa de Impulso a la rehabilitación de edificios públicos (PIREP). Ambas, xunto a un programa de préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo, “son alternativas que se barallan para acadar os recursos”, sinalou o Concello, engadindo que existe un proxecto básico inicial de reforma que se centra en dous aspectos como son, por unha banda, a accesibilidade xeral dos dous andares do edificio, mesmo desde a praza Rafael Dieste. Pola outra, a reforma para dotar de elementos de illamento térmico de cuberta e xanelas, calefacción e facelo en definitiva máis sustentábel e cómodo para a cidadanía. A Biblioteca conta con preto de catro mil usuarios e uns 26.000 volumes cunha das maiores cifras de préstamos da nosa bisbarra, “mais precisa dunha urxente posta o día do equipamento para o que se traballa coa Arquitecta Sandra González de Post Arquitectos”, informou o Concello.

Rianxo súmase ao programa de emprego do Sar

O

15 de febreiro o Auditorio Municipal de Padrón acolleu a xornada de presentación do Plan Integrado de Emprego do Concello de Dodro. Este programa, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos concellos de Padrón, Rois, Dodro e Rianxo, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e ten

como finalidade a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realización dun conxunto de

accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral. Por primeira vez súmase Rianxo aos 3 concellos da

comarca do Sar, que nas seis anteriores edicións xa viñan desenvolvendo este programa conxuntamente.

A distribución dos participantes no programa por concellos é a seguinte: Padrón 34, Rianxo 33, Dodro 24 e Rois 9. Entre as accións a realizar destacan as seguintes: información, orientación e asesoramento laboral individual; formación específica (cursos dos sectores agrario, hosteleiro, industrial alimentario, metal e téxtil); formación complementaria e transversal (informática, prevención de riscos, idiomas, coaching, iniciativa emprendedora, etc...) e prospección empresarial.


O Barbanza

7

Febreiro 22

Porto do Son  ACTUALIDADE 

Unha folla de ruta ao servizo da cidadanía O capítulo de investimentos en Porto do Son medra nun 60% até superar os 3,5 millóns

A

tenente de alcalde e concelleira de Facenda de Porto do Son, María Maneiro, debullou os orzamentos municipais para este ano. Fíxoo poñendo o foco nalgúns dos detalles máis destacados dos investimentos programados. Así, destacou que a cifra dos orzamentos medrou nun 15% con respecto ao do exercicio anterior, alcanzando así os 10.213.573€. Segundo dixo, este incremento “débese fundamentalmente ao aumento de ingresos procedentes de tributos do Estado e a subvencións de Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e do Fondo de Desenvolvemento Rexional, que chegan aos 2.234.381€”. Tamén salientou o incremento experimentado polo gasto social, do 10%, establecéndose a contía en 1.024.299€. A maiores, fixo fincapé e que o capítulo de investimentos programados increméntase nun 60%, cun importe total que ascende

a 3.565.660€. Por outra banda, e recordando o compromiso do Concello coa cidadanía neste tempo de crise postpandémica, lembrou que na folla de ruta non se incluíu ningunha suba de impostos ou taxas municipais.

Estas serían as principais actuacións: - Proxecto de eficiencia enerxética da iluminación pública 562.936€ - Reforma e ampliación do parque de xogos infantil de Porto do Son 339.584€

Licitadas as obras da depuradora de Queiruga

O

delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, estiveron os días pasados en Queiruga achegando información relevante sobre a estación de tratamento de augas residuais que vai acubillar a parroquia sonense, un proxecto destinado a mellorar o saneamento do municipio. Segundo fixo saber Trenor, as obras da depuradora

foron licitadas por un importe de máis de 1,7 millóns de euros. Engadiu que as empresas interesadas teñen de prazo ata o 22 de febreiro para presentar as súas ofertas e que está previsto que a obra se inicie a mediados de 2022 cun prazo de execución de 12 meses. A Xunta asumirá integramente o financiamento da nova instalación e contratará, dirixirá e executará as obras.

Pola súa banda, o Concello de Porto do Son asume a posta á disposición dos terreos necesarios e comprométese a conseguir as autorizacións para a execución dos traballos, recibir as obras unha vez realizadas e ao seu mantemento e conservación. As obras serán cofinanciadas pola Unión Europea no marco do eixo React EU do programa operativo FEDER Galicia 2014/2020.

- Adecuación de pistas municipais 300.000€ - Mellora do bordo litoral da praia de Porto do Son 229.889€ - Humanización de rúas na parroquia de #Nebra 201.036€ - Saneamento en Maroño - #Goiáns 193.328€ - Humanización da rúa Santa Irene 179.286€ - Construción de beirarrúas de Coira a Freixedo 137.940€ - Dotación de saneamento á zona de Cans 119.213€ - Construción de beirarrúas de Eiravedra a O Pozo 109.989€ - Adquisición de terreos para o colexio de #Portosín 100.000€ - Fondo de Compensación Ambiental 100.000€ - Adquisición dun vehículo destinado a limpeza viaria 100.000€ - Pavimentación de camiños e recollida de pluviais en #Caamaño 93.178€ - Cambio de cuberta e mellora da accesibilidade na Casa do Concello 87.500€ - Saneamento no núcleo de Esparrelle, en Caamaño 87.500€

O prazo para solicitar as axudas de Benestar Social, aberto todo o ano

A

Concellería de Benestar Social de Porto Son informou das axudas destinadas á inclusión social e á cobertura de situacións de risco social para este ano 2022. Estas contribucións municipais atinxen varios ámbitos de relevancia para o día a día das familias, dende alimentación básica e hixiene, até roupa, gastos de vivenda, produtos farmacéuticos ou gastos de desprazamentos, incluíndo tamén axudas escolares, entre outras.

Podemos atopar todos os datos que precisamos sobre estas axudas na páxina web do Concello (portodoson.gal). O prazo de presentación de solicitudes estará aberto todo o ano. A convocatoria destas axudas directas (Axudas para a Inclusión Social e a Cobertura de Necesidade Social, AISENS) aprobouse na xunta de Goberno local do 27 de xaneiro. En detalle, veñen cunha contía orzamentaria total de 8.000 euros ampliábeis en 2.000 euros.


8

Febreiro 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Noia  Lousame  Dodro  Outes

Aumentan até 44 as axudas a escolares de Dodro para adquirir dispositivos

Aprobado en Outes o POS de gastos sociais por valor de 73.319 euros

O

O

Concello de Dodro aprobou a concesión de 44 axudas á escolaridade e equipos informáticos para este curso 2021/22. O investimento é de 11.188,87 €. O concelleiro de Servizos Sociais e Benestar, Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG), recoñeceu estar satisfeito co camiño emprendido neste mandato que agradece á poboación en xeral: “A boa acollida do incremento das achegas

fronte ao anterior mandato inclúen, coma na pasada edición, axuda para gastos de dispositivos electrónicos”, explicou, engadindo que “coas actuais bases adoptadas houbo así un total de 25 familias de Dodro, con menores escolares ao seu cargo, aos que se lles conceden estas achegas compatibles con outras axudas xa establecidas”. Este ano, ademais, a Área de Servizos Sociais

e Benestar elaborou outras bases de axudas para combater as consecuencias da pandemia. Fíxoo grazas á achega do POS Adicional da Deputación da Coruña e con axudas destinadas para adquisición de equipos informáticos. Beneficiaron a 19 estudantes do concello de Dodro que cumpriron coas bases desta convocatoria extraordinaria. Todas estas subvencións fixéronse xa efectivas.

pasado xoves 3 de febreiro celebrouse o pleno da Corporación de Outes. Na sesión aprobouse o POS + 2022 (Plan de Obras e Servizos) Adicional para Gastos Sociais, cun importe de 73.319 € e que se destinará aos puntos que citamos a continuación: reforzo do Servizo de Atención no Fogar, reforzo do Punto de Atención á Infancia, axudas para a adquisición de material Informático para estudantes, axudas para a mellora da autonomía e accesibilidade das persoas maiores e dependentes e axudas de emerxencia social.

Máis de 2.100 persoas visitaron as minas de San Finx no 2021

O

Concello de Lousame fixo balance do impacto turístico que tivo o ano pasado un dos principais destinos do termo municipal: as minas de San Finx. Segundo fixo saber, estas foron quen de atraer un 69% máis de visitantes ca no ano 2020. En concreto, un total de 2.019 persoas visitaron o poboado mineiro durante o ano 2021, visitas aque tiveron ocasión de mergullarse no pasado da explotación (coñecendo a súa traxectoria no tempo e visualizando os esforzos realizados polo Concello para recuperar e rehabilitar as instalacións) a través dun percorrido guiado polas instalacións da man de Mayte Sobradelo, licenciada en historia e técnica municipal do Concello de Lousame.

Como dixemos, estas 2.109 visitas supoñen un incremento do 69% sobre o ano 2020, exercicio no que se rexistraran 1.193 visitas. Con todo, segundo recorda o Concello as cifras son incompletas, xa que ambos os dous anos rexistraron longos períodos de inactividade. Porén, a concelleira

de Cultura, Silvia Agrafojo, amósase moi satisfeita polas cifras acadadas pois “ademais de ser unha posta en valor do noso patrimonio e da nosa historia, supón tamén volver a desfrutar da cultura nunhas visitas totalmente seguras e baixo os máis estritas medidas sanitarias antiCOVID”.

Amais, aprobáronse por unanimidade as seguintes actuacións xerais do POS + 2022: - Humanización da rúa Doutor Esperante (A Serra) e mellora do camiño de Entríns a Fontenlos (Entríns), por valor de 167.575 euros. - Pavimentado da rúa da Braña (A Serra) no Conchido e arranxo do muro do río Tines (San Lourenzo), por valor de 47.470 euros. - Mellora do Pavillón da Serra de Outes (62.252 euros). - Pavimentado do viario do núcleo de Crespos (Valadares), por valor de 60.854 euros.

O Concello de Noia fai balance da súa loita contra o gas radon

A

directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o 4 de febreiro as obras levadas a cabo en Noia ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, polo que o Goberno galego destinou o ano pasado preto de 30.000 euros á mellora enerxética e eliminación de gas radon na Casa Consistorial. En concreto, o Concello substituíu o sistema de ilumina-

ción da fachada, o vestíbulo e o salón de plenos por iluminación con lámpadas LED que permite máis aforro e unha diminución da contaminación lumínica no exterior do inmóbel. Amais, leváronse a cabo obras de encintado dos muros para reducir o seu deterioro e diminuír as emisións do gas radon, prexudicial para a saúde das persoas.


O Barbanza Número 32

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

608 240 160

Febreiro 21

Ribeira non esquece

10

Adeus feísmo, benvido fermosismo

11

Barbanza Arousa inicia novo capítulo

12

Boisaca acolleu unha emotiva homenaxe a cinco veciños fusilados na Guerra Civil

O Entroido recupera parte do seu pulso na comarca

Axudas para corrixir impactos negativos na paisaxe

Falamos co novo presidente da Mancomunidade, Xosé Lois Piñeiro



O Barbanza

3

Febreiro 22

Ribeira  AXENDA DE ENTROIRO 

Música, disfraces e animación para a rapazada A axenda festiva de Ribeira (e das parroquias) inclúe unha vintena de eventos

M

aría Sampedro, concelleira de Cultura de Ribeira, presentou a axenda municipal de actividades para este Entroido 2022, unha listaxe de propostas que rolda a vintena de iniciativas e que salienta pola súa variedade e por un interese compartido en revitalizar e reivindicar a cidade de Santa Uxía, as parroquias e o tecido comercial do municipio. A edil explicou que “dado que houbo que suspender o Festival de Murgas e Comparsas”, trala consulta realizada a entidades e asociacións que tradicionalmente participaban e que non estaban a ensaiar por mor da pandemia, optouse por ofertar novas actividades descentralizadas, por exemplo festivais infantís en Aguiño e Palmeira, espectáculos familiares en Carreira e Artes e outros. Mantense non obstante o Enterro do Felipe o mércores 2 de marzo, que este ano eríxese “nunha das propostas estrela”, sinalou a concelleira, engadindo que a figura foi realizada polos usuarios do obradoiro de carpintería da Unidade de Día da UAD capitaneados por Manolo Casais. A axenda tamén ofrece animación musical todos os días ao ritmo das charangas O Santiaguiño de Padrón e BB+, que percorrerán as rúas e prazas da cidade en distintos horarios. Tamén é de salientar o concerto do grupo SonDaRúa titulado como o seu disco Eterno Combate (sábado 26 de febreiro ás 21.30 horas no parque García Bayón); ou o triplo concerto dos grupos locais Amores de barra, Leite con Jalletas e Os Juapos que se celebrará o luns 28 de febreiro ás 21.30 horas no paseo do Malecón. A poboación infantil será novamente a protagonista de diversas actividades, por exemplo inchábeis, obradoiros e animación musical, que incluirán agasallos para quen vaia disfrazado e rifas para o sorteo dun obsequio sorpresa en combinación coas tres últimas cifras do Sueldazo da ONCE do domingo 6 de marzo. Estas festas terán lugar de 5 a 8 da tarde o sábado 26 en

María Sampedro, conselleria de Cultura

SonDaRúa

Aguiño, o martes 1 de marzo en Ribeira con desfile e entrega de diplomas, e o sábado 5 de marzo en Palmeira.

Amais, está programado o espectáculo teatral A nena que quería navegar, de Redrum, o domingo 27 de febreiro no Auditorio Municipal ás 19 horas; a exhibición de baile e obradoiros de maquillaxe a cargo da asociación Alfaia ese mesmo día ao longo da tarde no Espazo Municipal de Usos Múltiples; un contacontos a cargo de Caxoto o luns 27 de febreiro ás seis da tarde en Carreira ou o espectáculo musical de Magín Blanco o domingo 6 de marzo á mesma hora no Centro en Artes. O luns 28 de febreiro, véspera de festivo, un tren infantil percorrerá as rúas da cidade dende as once da mañá ata as oito da tarde. Media hora despois, ás 20.30 horas, comezará o concurso de disfraces para maiores de 18 anos polos locais de hostalería participantes, convocado en colaboración coa asociación de hostaleiros e no que se repartirán 1.775 euros en premios (as bases completas deste concurso están en ribeira.gal). En colaboración coa hostalería tamén se retoma a ruta de tapas do pequeno Entroido, que nesta quinta edición se amplía a dúas xornadas e terá lugar o sábado 5 e o domingo 6 de marzo.

 Axenda • VENRES 25 - Música na Rúa: O Santiaguiño de Padrón, a partir das 9 da noite. • SÁBADO 26 - Festa infantil de Entroido. No Pavillón do CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño, de 17 a 20h. - Música na Rúa: O Santiaguiño de Padrón, a partir das 21.00 horas. - Concerto de Sondarúa, no parque García Bayón a partir das 21.30 horas. • DOMINGO 27 - Entroido coa Asociación Alfaia. De 18 a 21h. No Espazo Municipal de Usos Múltiples. - Música na Rúa: O Santiaguiño de Padrón, a partir das 18.00 horas. - Teatro: A nena que quería navegar, de Redrum. No Auditorio ás 19h. • LUNS 28 - Expreso do Entroido. Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. Saída e chegada da praza do Concello, de 11 a 14 e de 17 a 20 h. Entrada de balde. - Contos de medo que deixan durmir, de Caxoto, na Casa da Cultura de Carreira, ás 18h. - Concerto triplo no Malecón (Amores de Barra + Leite con Jalletas + Os Juapos) ás 21.30. - Música na Rúa: Os Santiaguiños de Padrón a partir das 22h. - Concurso de Disfraces. De 20:30 h a 1:30 h. polos bares participantes. Organiza a Concellería de Cultura en colaboración coa Asociación de Hostaleiros de Ribeira. • MARTES 1 - Música na Rúa. O Santiaguiño de Padrón. A partir das 12h. - De 5 a 8 da tarde no Espazo de Usos Múltiples (rúa de Galicia), Gran Festa Infantil para os pequenos. Os cativos disfrazados recibirán lambetadas e rifas de balde para un sorteo. • MÉRCORES 2 - Enterro do Felipe. Saída do acompañamento ás 19.30, na praza do Porto (Capitanía Marítima). • SÁBADO 5 - Festa Infantil de Entroido. No Pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira, de 5 a 8 da tarde. - Ruta de tapas do pequeno Entroido. Tapas a 2,50 € nos locais participantes. Amenizará a Charanga O Santiaguiño de Padrón, de 12 a 15h. Organizan Cultura e a Asociación de Hostaleiros de Ribeira. • DOMINGO 6 - Espectáculo O que levamos nas maletas, de Magin Blanco. No Centro Recreativo de Artes ás 18h. - Ruta de tapas do pequeno Entroido. De 12 a 15h. Ameniza a Charanga BB+.


4

Febreiro 22

O Barbanza

d

 AXENDA DE ENTROIDO  Boiro

Chuvia de premios na praza de Galicia Boiro contará co tradicional concurso de disfraces e carrozas o martes de Entroido

O

Concello de Boiro, a través da área de Cultura, organiza unha nova edición do tradicional concurso de disfraces e carrozas no marco das actividades do Entroido 2022. O concurso terá lugar o día 1 de marzo ás 18.00 horas na praza de Galicia, logo do desfile de todas as persoas participantes polas rúas do núcleo urbano. Segundo informa o Concello, “neste concurso poderán inscribirse todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, festeiros, veciñais... ou persoas que así o desexen”. As modalidades establecidas para o certame son as seguintes: individual e parellas, grupos e carrozas. Todas as persoas inscritas no concurso deben participar no desfile. Os gañadores/as do concurso en cada unha das

categorías acadarán os seguintes premios: na categoría individual, 1º de 190 euros, 2º de 170 euros, 3º de 150 euros e 4º de 120 euros. Nos grupos 1º de 300, 2º de 250, 3º de 220, 4º de 180 euros e nas carrozas 1º de 870 euros, 2º de 300 e 3º de 250 euros. As inscricións están xa abertas e poden facerse ata o venres 25 de febreiro ás 13.00 horas e poden facerse de maneira presencial no Centro Social de Escarabote ou no enderezo electrónico leopoldo.portela@boiro.gal. As bases e o anexo de inscrición están na web municipal, que se pode visitar en www. boiro.gal. Dende a área de Cultura do Concello engaden que as persoas que non se inscriban antes desa data poden facelo no mesmo día do concurso, entre as 16.30 e 17.30 horas na praza de Galicia.

O Séquito Branco de Troula Animación polas rúas de Boiro

CONCELLO DE BOIRO

ENTROIDO 2022 CONCURSO DE CARROZAS E DISFRACES Martes 1 de marzo, 18.00 horas Praza de Galicia MODALIDADES: - Individual/parella - Grupos - Carrozas

E a maiores do Entroido... • Sábado 19 de febreiro, 11.30h – Biblioteca Municipal de Boiro. Contacontos Deixame que che conte • Martes 22 de febreiro - Casa da Cultura. Raquel Queizás Buscando a Rosalía (centos de ensino) • Mércores 23 de febreiro - Casa da Cultura. Teatro Babaluba A viaxe de Rosalía (centros de ensino) • Mércores 23 de febreiro, 20.30 horas - Centro Social de Boiro. Mesa redonda con Charo Lópes e Natalia Carou • Venres 25 de febreiro, 20.30 horas. Presentación do Premio Nacional de Narrativa Virtudes e Misterios de Xesús Fraga • Venres 25 de febreiro, 18.30h – Biblioteca Municipal de Boiro. Actividade para nenos e nenas Divirte-T.

INSCRICIÓNS: Ata o venres 25 de febreiro - Centro Social de Escarabote - mail: leopoldo.portela@boiro.gal - 981 84 99 50 No mesmo día do desfile ata as 17.30h

INORMACIÓN: www.boiro.gal


O Barbanza

5

Febreiro 22

A Pobra do Caramiñal  AXENDA DE ENTROIDO 

Na Pobra repartiranse 1.450 euros en premios entre os mellores disfraces

O

Entroido da Pobra será un Entroido para grandes e pequenos, dando protagonismo á creatividade e á diversión en diferentes espazos da vila e, cómpre recordalo, nun ambiente de seguridade sanitaria. Os detalles do programa foron dados a coñecer pola concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e máis a técnica Fita Sanisidro. Segundo fixeron saber a axenda recupera a maior parte das propostas agás o desfile. A programación deste 2022 aposta por concursos cos cales premiar a creatividade da veciñanza á hora de elaborar os seus disfraces e que repartirán 1.450 euros. Un dos certames será o 26 de febreiro e está destinado a persoas maiores de 13 anos. No Cantón da Leña habili-

tarase un photocall e unha discomóbil dende as 19.00 ata as 00.00 horas. Establécense dúas categorías coas súas correspondentes cinco distincións: individual/parellas (un primeiro premio, de 125 euros; un segundo, de 100; un terceiro, de 75; un cuarto, de 50 e un quinto, de 25) e grupo (un primeiro premio, de 200 euros; un segundo, de 150; un terceiro, de 100; un cuarto, de 75 e un quinto, de 50). Para esa mesma xornada concíbense dúas actividades itinerantes: a charanga Oito nun Piso amenizará as rúas a partir das 13.00 horas; mentres que Troula Animación fará o propio co seu espectáculo A invasión pirata, das 20.00 horas en diante. Doutra banda, o día 27 de febreiro estará dedicado aos cativos e cativas cunha festa infantil que se desenvol-

verá na praza Alcalde Segundo Durán, en horario de 16.30 a 19.30. Haberá discomóbil, inchábeis, maxia, chocolatada, obradoiros e un concurso no cal poderán participar as crianzas de menos de 12 anos. Entregaranse cinco galardóns: un primeiro, de 150 euros; un segundo, de 125; un terceiro, de 100; un cuarto, de 75 e un quinto, de 50. En caso de chuvia trasladarase ao CEP Salustiano Rey Eiras.

O 1 de marzo, Martes de Entroido, haberá un toque musical e gastronómico. A partir das 19.00, Oito nun Piso percorrerá as rúas da vila e no Cantón da Leña haberá degustación de filloas e orellas. Ás 20.00, na referida praza, procederase coa entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso do día 26 de febreiro, que deberán ir ataviadas cos disfraces que resultaron distinguidos.


6

Febreiro 22

O Barbanza

d

 AXENDA DE ENTROIDO  Porto do Son  Outes  Dodro

O humor o talento terán premio en Porto do Son

En Outes o Concello celebra o Enterro da Sardiña con galardóns á creatividade

C A

axenda do Entroido en Porto do Son será unha axenda completiña e, malia as adversidades da COVID que aínda se deixan notar e para as cales o Concello fixará un estrito protocolo de seguridade, será tamén para todas a idades e moi diversa. Esta vertente déixase notar en todos os detalles do Concurso de Disfraces e Comparsas de Entroido de Porto do Son que foron presentados estes días polo Concello. O certame, que vén con dúas modalidades (para a rapazada e para os adultos) e un gran acto de culminación das actividades (o Enterro do Felipiño), repartirá máis de 3.500 euros en premios entre as veciñas, veciños e grupos que luzan os mellores disfraces. O concurso en si mesmo virá en dúas quendas. A primeira quenda será o 26 de febreiro, sábado, co Concurso Infantil de Disfraces. Establécense tres categorías: individual, parella ou grupo. Está previsto que actúe a Charanga O Santiaguiño

Charanga O Santiaguiño de Padrón

de Padrón. Poderá participar a cativada de até 12 anos. O certame infantil desenvolverase na explanada portuaria de Porto do Son a partir das 17.00 horas. A segunda quenda será a do Concurso de Adultos. Haberá tres categorías: comparsas, grupos e individuais. A saída do desfile está prevista para as 17.000 horas da Casa da Cultura de Porto do Son e até a explanada portuaria. A vertente festivo-musical virá da man de Troula Animación (co espectáculo Psychodelia) e da Charanga O Santiaguiño de Padrón. As inscricións poden facerse até o 24 de febreiro ás 14.00 horas no Rexistro do Concello ou até as 23.59 horas na sede electrónica www.portodoson.gal. Os premios en metálico entregaranse ao remate dos dous certames. As actividades culminarán o 2 de marzo co Enterro do Felipiño. A ruada terá a saída as 19.30 horas da Casa da Cultura de Porto do Son. Percorrerá o viario da vila até o Tendedeiro.

Troula Animación

o gallo da celebración do Entroido, o Concello de Outes organiza un concurso de disfraces e un desfile para celebrar o Enterro da Sardiña, unha das actividades do Entroido de máis fonda tradición no termo municipal. Será o día 2 de marzo, Mércores de Cinza. Toda persoa que desexe participar neste concurso pode apuntarse cubrindo a folla de inscrición e enviándoa á dirección de correo electrónico animacion@ outes.gal antes do 28 de febreiro, ou o mesmo día do concurso, antes das 16:30 horas, no Pavillón Polideportivo da Serra. As modalidades serán as seguintes: infantil (1-2 nenas e nenos de até 12 anos), individual (1-2 persoas sen límite de idade),

grupo (cun mínimo de 3 e un máximo de 8 persoas) e comparsa (formada por 9 ou máis persoas). O xurado estará composto por cinco persoas designadas polo Concello. A cualificación dos disfraces e comparsas terá lugar a partir das 17:00h no Pavillón e o xurado avaliará a orixinalidade dos disfraces, o carácter humorístico, o grao de elaboración, a escenificación e anima-

ción da representación, sendo este último punto tamén avaliado durante o percorrido do desfile.

Premios

- 1º clasificado 60 € (infantil) 230 € (individual) 400 € (grupo) 800 € (comparsa) - 2º clasificado 40 € 160 € 260 € 510 € - 3º clasificado 30 € 60 € 120 € 240 € - 4º clasificado 30 € - 5º clasificado 30 €

A actividade festiva de Dodro centrarase no Polideportivo, o 1 de marzo

O

Concello de Dodro vai celebrar o Entroido cun Festival no Pavillón Polideportivo que inclúe entre outras cousas un Concurso de Disfraces. Será o 1 de marzo, a partir das 17.30 horas. Haberá importantes premios para pequenos e maiores. Infantil (0-6 anos): dous premios de 60 euros. Infantil (de 7 a 12 anos): dous premios de 60 euros. Xuvenil (13-17 anos): dous premios de 60 euros. Persoas adultas (18 anos ou máis): dous premios de 100 euros. No que respecta ás parellas, haberá un primeiro

premio de 150 euros e un segundo de 125. Na categoría grupal, concederase un primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200. O Festival do Entroido de Dodro celebrarase seguindo a normativa vixente anti-COVID. Ao rematar haberá

orellas e doces para o público asistente (consumición no exterior) As inscricións poden facerse entre o 21 de febreiro e o 1 de marzo na Casa da Cultura ou no mesmo día no Polideportivo, entre as 16.00 e as 17.00 horas. Máis datos no 981 80 24 72.


O Barbanza

7

Febreiro 22

Rianxo  Lousame  Portosín  AXENDA DE ENTROIDO 

Entroido na rúa

A festa rianxeira inclúe obradoiros para crianzas, música, clown e unha festa tribal

A

área de Cultura de Rianxo preparou unha axenda ateigada de actividades para o punto de inflexión entre febreiro e marzo: unha axenda para desfrutar coas amizades e coa familia pero ante a cal é preciso seguir mantendo normas de seguridade anti-COVID e “sermos prudentes”, en palabras do dito departamento. As actividades comezan o sábado 26 de febreiro, cunha serie de obradoiros e xogos diversos a cargo de Infantilandia. Serán entre as 16.30 e as 19.30 horas, na praza Castelao. Na mesma xornada do 26, a partir das 18.30 horas, celebrarase unha actividade de animación musical na mesma praza Castelao e nas rúas da vila de Rianxo, a cargo do músico multi-instrumentista, animador e clown Pulpiño Viascon. Ao día seguinte, domingo 27 de febreiro, as rúas de Rianxo acollerán a partir das 12.30 unha ruada a cargo de SDK e Barafunda. Pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas, a vila rianxeira será o escenario dunha festa tribal, un espectáculo de animación e ruada para manter ben alto o nivel de festividade deste Entroido 2022.

Pulpiño Viascon

Natalia Outeiro, Pajarito

Xa no mes de marzo, o martes día 1, a axenda collerá impulso na Aula Activa do Mar, a partir das 12.00 horas, cunha iniciativa de obradoiros de máscaras de Entroido. As prazas serán limitadas. O Concello lembra que as persoas que requiran máis información e formalizar as inscricións poden facelo a través da conta de correo museodemanuelantonio@concelloderianxo.gal. Pola tarde, o martes 1 de marzo, a praza Castelao acollerá unha nova

Lousame tamén se viste de festa

O

punto álxido destas festas en Lousame será o Festival de Entroido que se celebra o sábado 26 de febreiro. Será, segundo informa o Concello, no Polidepotivo Pilar Barreiro Senra. Haberá obradoiros, xogos e inchábeis, así como degustación de orellas, filloas e chocolate con churros. O Concello engade que “coma nos últimos anos, non haberá concurso de disfraces”. A participación na cita festeira será de balde, pero é

ración de obradoiros e xogos a cargo de Infantilandia. Será en horario de 16.30 a 19.30 horas. Sen saírnos da céntrica praza Castelao de Rianxo, ás 18.30 horas está previsto que comece o espectáculo A Vida Tola, a cargo da artista de clown, humorista e escapista Natalia Outeiro, tamén coñecida como Pajarito. A área de Cultura de Rianxo fai

Barafunda

saber que en caso de climatoloxía adversa, é posíbel que se fagan variacións no programa de actividades, por exemplo cambiando localizacións. Para estar ao tanto destes trocos podemos visitar a web concelloderianxo. gal.

A AEP organiza unha gran festa do Entroido o 27 en Portosín

P

necesario inscribirse en bandoticket. Haberá dúas quendas para evitar que se xunte demasiada xente no polideportivo: 16:30 a

18:00 e 18:30 a 20:00 horas (con media hora para desinfectar xogos e repoñer material novo para os obradoiros).

ortosín vai celebrar o Entroido cunha xornada ateigada de actividades, organizadas pola AEP (Asociación de Empresarios de Portosín) en colaboración co Concello de Porto do Son. Será o domingo 27 de febreiro, coa praza do Curro da vila como punto neurálxico do programa previsto. Haberá un concurso infantil de disfraces con agasallos para todas as persoas participantes (e con premios directos para as teres mellores propostas) e unha degustación de produtos típicos. A xorna-

da estará amenizada por un DJ e por monitores de animación. A festa botará o peche coa queima da

Sardiña Azul. Será de obriga o certificado COVID para participar nas actividades.


8

Febreiro 22

O Barbanza

d

 HISTORIA DA COMARCA

Cousas que xa non están entre nós (1ª parte) A historia do Barbanza é unha historia de progreso e logros, pero tamén de grandes fracasos e tristes desaparicións de patrimonio e nomes

As praias invisíbeis Por Fernando Sarasketa

Á

xente de Ribeira roubáronlle unha praia a mediados dos anos oitenta, a praia de Colomer-Bandourrío, e máis tarde boa parte da de Coroso, a máis próxima á cidade. Este areal foi comesto de xeito progresivo, en varios bocados e en nome do progreso, primeiro a contorna do actual Parque García Bayón e máis adiante a das Carolinas, onde aínda podemos ver algunha casa con acceso directo á praia que hoxe, por suposto, xa non é tal. Non é unha historia illada. A liña marítima galega é un cemiterio de náufragos, pero tamén de vivencias borradas, de escenarios sepultados. Hai mancheas de persoas que teñen soterrado o seu pasado, a súa nenez á beira do mar, entre cascallos e grandes moles de pedra. Algúns de nós aínda buscamos cousas baixo edificios oficiais e estradas, sinalando o que xa non se ve, en aparencia, pero que seguimos vendo cos ollos que miran para adentro. Dicimos cousas como a marea chegaba até aquí e sinalamos o asfalto, e a xente nova non nos cre, ou abúrrese e ponse a pensar noutra cousa. Os feitos, no caso do areal de Colomer, consumáronse ao longo de 1985, intre no que un dos núcleos orixinarios de Ribeira, xunto con Deán, mudou para sempre a súa fisionomía e cedeu o seu protagonismo (turístico, poboacional, económico) a outras contornas da cidade. Dito doutro xeito: o estrago da praia desprazou o eixe do que se tiña considerado como centro urbano. Hoxe en día o barrio degradouse até tal punto que se contan por centos as familias alí radicadas que tiveron que buscar outra residencia: primeiro polo devalo económico e social motivado

en parte polos recheos, despois pola transformación do barrio nunha zona de “movida” nocturna que se ben serve para manter a flote a economía do sector hostaleiro local, foi a estocada definitiva para a calidade de vida dos veciños. Pasear un venres ou sábado pola noite por Bandourrío é como andar por unha zona de guerra. E facelo ao día seguinte é como camiñar por un escenario post-bélico, co protagonismo das botellas, dos vasos, das cabichas e das máscaras COVID como o triste ronsel dunha equipaxe que foi caendo aos poucos das maletas. Imposíbel non pensar en que as mareas de lixo de hoxe non tiveron a súa orixe nos montes de cascallo e terra que consumaron enriba de area de Colomer e Bandourrío o comezo da desfeita, e que os ollos de quen escribe lembran (eses montes de entullo) coma os tivera visto onte mesmo. Se comentamos estes proxectos consumados de recheo costeiro coas novas xeracións e buscamos as conciencias máis medioambientalmente comprometidas haberá quen pregunte o porqué de que non se fixera nada, o porqué de que non houbese grupos cidadáns que puxeran freo aos proxectos de recheo, en primeiro lugar

 A praia de Colomer-

Bandourrío foi comesto de xeito progresivo, en varios bocados e en nome do progreso, primeiro a contorna do actual Parque García Bayón e máis adiante a das Carolinas, onde aínda podemos ver algunha casa con acceso directo á praia

ao da praia de Colomer, que arrasou a identidade enteira dun barrio que non se entendía a si mesmo sen acceso directo ao mar (como acceso tiña a actual fábrica de Cerqueira, que en tempos tiña un peirao xusto en fronte para facilitar a descarga de peixes), pero tamén no caso das Carolinas, onde se daba unha circunstancia semellante, cun agravante extra: xa existía un acceso a Ribeira pola entrada principal, polo cal as voces críticas entenderon que non era preciso soterrar un areal para facer outro acceso.

Praia de Bandourrío nos anos 20 do século pasado. Foto E. Díez. Arquivo Joferpa

Sexa como sexa, si que houbo protestas e houbo xente que mesmo propuxo alternativas, aceptando (no caso de Colomer-Bandourrío) que se ben estaba claro que había que mellorar a comunicación co Touro, Ameixida, Castiñeiras e Aguiño (eran continuos os problemas de tráfico na zona de Bandourrío, un barrio histórico e mariñeiro que non foi concibido en orixe para acubillar fluxos de tráfico de certa relevancia, e moito menos para

Lugares que nos fixan Por Andrés Fariña Cadenas

C

o paso dos anos imos deixando atrás moitas cousas que ao volver escoitalas ou velas tráennos á memoria momentos vividos e gozados. A música quizais sexa o mais sensible, e permítenos viaxar no tempo pasado. Hai cancións que nos lembran unha época, trasládannos a un escenario onde somos capaces de ver amigos e lembrar momentos entrañables que tiñamos esquecidos. Pero tamén hai lugares e recunchos que nos dan esa oportunidade de lembrar como eramos e de onde vimos, que tan necesario é nesta vida de tanta soberbia.

Esa escaleira da foto, cos seus tres chanzos, que para moitos serán insignificantes, lembran a nenez dun grupo de nenos que pasabamos tardes e tardes neles sentados. Só deixabamos as escaleiras para xogar ao fútbol no noso estadio da praza de Compostela, farol incluído. Hoxe sería imposible. O negocio primeiro. Nin un cristal roto, nin un problema cos veciños. Sabiamos xogar compartindo. Esa escaleira era o punto de encontro, banco de descanso e faladoiros, lugar de programación dos nosos xogos rueiros. Miradoiro do pasar dos nosos coñecidos. Resulta curioso ver como unha simple escaleira pódeche traer á memoria os


O Barbanza

9

Febreiro 22

HISTORIA DA COMARCA 

Hoxe en día resulta viábel chegar ao Touro, Ameixida, Castiñeiras e Aguiño sen necesidade de circular pola estrada do recheo: podemos facelo subindo en dirección Martín e virando logo á esquerda no Queiro, á altura do actual edificio da Comisaría de Policía Nacional e baixar por Fontán, desembocando no Touro, prestos para seguir a nosa viaxe pola estrada DP-7307. Resulta bastante incómodo, non imos negalo, pero non se tería sacrificado a fermosa postal de Bandourrío e a súa praia. Tamén, xa que estamos, resulta

deixar pasar sen problema ao transporte público, tal e como quedaba de manifesto cada vez que discorría pola rúa que atravesa lonxitudinalmente o barrio, a rúa Manzanares, o mítico bus da empresa Celta, o máis parecido a un elefante ceibo nun establecemento de louza que puideron ver os nosos ollos de nenos naqueles días), tamén semellaba evidente que sepultar unha praia enteira, de arredor de 400 metros, un espazo de importancia ambiental pero tamén social, cultural e económica, non era a primeira vista a mellor opción.

 Esa escaleira

da foto, cos seus tres chanzos, lembran a nenez dun grupo de nenos que pasabamos tardes e tardes neles sentados

incómodo acceder a Corrubedo pola rúa do Porto, tan estreita ela, porque temos que facelo a modo, respectando aos viandantes e as indicacións do semáforo que regula os accesos, pero case ninguén dubida de que estas pequenas molestias valen a pena se a recompensa é que se tivera conservado a estrutura orixinal da vila na liña costeira, que é en parte un referente turístico internacional polo privilexio de posuír aínda praias urbanas, para goce de residentes e visitantes, e unha contorna litoral que é un exemplo de equilibrio e harmonía arquitec-

tónica en relación ao medio natural. Todo isto puido facerse en Ribeira, como tamén se puido ter apostado, á espera de mellores orzamentos, por unha solución a xeito de ponte, que discorrese mar adentro paralela á liña litoral de Bandourrío para rematar máis alá da Pedra Pateira. Sería unha alternativa custosa, poida que ao límite do realizábel, pero de facelo seguindo criterios de sustentabilidade e integración ambiental, podería ter sido un novo e importante recordatorio de que o progreso non sempre ten que acabar estragando a foto.

A praia "urbana" de Colomer en Ribeira nos anos 70. Arquivo Joferpa

nomes de compañeiros, aqueles que alí nos reuniamos no noso tempo libre, e aos que hai tempo que non vexo. É incomprensible a facilidade coa que se derruban eses recunchos para construír unha cidade impersoal, sen ningún tipo de ligazón, montando un escenario novo e indiferente coa nosa historia, que nos desvincula da contorna. Resulta grotesca a incoherencia do ser humano destruíndo as cidades para despois reconstruír a historia e acougar a mala conciencia. É como un acto de desesperación, disruptivo, no que rompemos co noso pasado máis persoal. Confundimos o novo co mellor, sen darnos conta do enorme dano que causamos no territorio e que xa estamos a sufrir por tanta devoción polas estreas low cost. Nestes tempos de novas pandemias, resultan moi necesarias “esas escaleiras”, a xeito de referencias urbanas que temos fixadas na nosa mente, para poder identificar a contorna

que habitamos no pasado. Estes lugares tamén axudan aos nosos maiores con senilidade a non perderse na cidade que os viu nacer. Di Sabina: “E en lugar do teu bar atopeime unha sucursal do banco hispanoamericano”. Unha denuncia ante ese esquecemento infrinxido polo urbanismo atroz, especulativo, onde uns explotan as carencias básicas doutros. Julio, Fernando, Lisardo, Nene, Fermín, Isidoro, Jesús, Andrés, Fidalgo, Milucho, Vicente e moitos outros. Desde esas escaleiras fomos actores directos dunha socialización, non programada, que gozamos libres de medos, compartindo o ben común e que nos conduciu até hoxe. Un tempo de agora no que nada ten que ver a ocupación de espazo de “estas escaleiras” coa invasión do dominio publico dos locais comerciais, que amparándose nas normas de accesibilidade, achican sen orde as beirarrúas das nosas rúas.


10

Febreiro 22

O Barbanza

d

 HISTORIA DA COMARCA

Verdade, xustiza e reparación No 85 aniversario dos fusilamentos de cinco ribeirenses, Boisaca acolleu unha homenaxe á súa memoria Por Xoán Hermida Bouza

O

29 de xaneiro de 2022 celebrouse no Cemiterio de Boisaca en Santiago de Compostela un acto de homenaxe e reparación ao Comité de Defensa da República de Ribeira. Cinco dos sete integrantes foron fusilados nos muros do camposanto de Santiago o 29 de xaneiro de 1937. Manuel Fernández Sendón, Vicente Iglesias Rodríguez, José Lijó Louro, José Ramón Sieira González, Eugenio Rodríguez Bilbao, Julio Silva Vilas e Manuel García Hermo constituíran, por orde do gobernador civil da Coruña, o devandito comité, o 21 de xullo de 1936. O mandato gobernativo, de manter a orde pública e asegurar a tranquilidade social en Ribeira, foi acadado plenamente. Días de normalidade, podendo desenvolverse a vida da vila de xeito pacífico. Testemuñas dun signo e doutro así o acreditan no consello de guerra celebrado meses máis tarde contra os integrantes do comité. O 28 de xullo de 1936 as forzas rebeldes franquistas entran en Ribeira, asumen o poder e inician unha durísima represión que se estende durante varios meses. Os primeiros en sufrir a represión serían os integrantes do Comité. Este órgano, constitucional e democrático, será disolto e os seus membros detidos. Serían levados primeiro a Noia, e a partir do día 3 de agosto serían internados no cárcere de Santiago. Alí permanecen ata o seu fusilamento nos muros de Boisaca o 29 de xaneiro de 1937.

 Manuel Fernández

Sendón, Vicente Iglesias Rodríguez, José Lijó Louro, José Ramón Sieira González, Eugenio Rodríguez Bilbao, Julio Silva Vilas e Manuel García Hermo constituíran, por orde do gobernador civil da Coruña, o Comité de Defensa da República de Ribeira

Asistentes o acto de homenaxe ós fusilados de Ribeira en Boisaca

Familiares e descendentes no acto de homenaxe ós fusilados de Ribeira en Boisaca

Representantes políticos e familares no acto de homenaxe ós fusilados

Durante seis meses, un dos integrantes do citado comité, Xulio Silva, anotou diariamente os principais acontecementos que alí dentro ocorrían. Infórmanos da presenza, no citado cárcere, de personalidades coma Ánxel Casal ou Camilo Díaz Baliño. Detállanos os distintos estados de ánimo polos que pasan os presos en función dos sucesos acaecidos neses meses. Dános noticias das múltiples malleiras que recibían distintos presos, das “sacas” e “paseos” de reclusos para seren asasinados en concellos da contorna de Santiago. Unha radiografía deste ambiente de terror no que se converteran os baixos de Raxoi. En fin, podemos tamén informarnos de distintos consellos de guerra que se celebran para condenar a ducias de presos alí recluídos. O 21 de decembro de 1936 celebrouse o consello de guerra contra estes 5 veciños de Ribeira, Foran axuizados na causa 456/36, acusados de rebeldía militar. O consello-farsa acabou coa condena a morte dos cinco citados veciños de Ribeira. A sentenza foi executada o 29 de xaneiro de 1937 nos muros de Boisaca. Manuel García Hermo, integrante tamén do comité, foi “paseado” na noite do 30 ao 31 de agosto do 36 por falanxistas. O seu cadáver apareceu nunha cuneta do lugar de Vilacoba, concello de Lousame. Deixaba nove fillos. Vicente Iglesias Rodríguez, que conseguira fuxir, foi apresado e fusilado o 9 de xullo de 1937. Así pois, todo o comité foi fusilado. -Verdade, xustiza, reparación-


O Barbanza

11

Febreiro 22

VIVENDA 

A hora do fermosismo

En 2021 mobilizáronse en Galicia 2 millóns de euros para corrixir impactos paisaxísticos negativos Particulares

Como dixemos, no balance faise saber que un total de 445 particulares de 178 concellos beneficiáronse para acometer diferentes obras sobre os seus inmóbeis, incluíndo traballos de revestimento e pintura de fachadas sen rematar, renovación dos acabados e remates exteriores de edificacións e vivendas ou acondicionamento de peches de fincas e muros de cerramento. Foron en total preto de 1,2 millóns de euros que se repartiron entre todos as familias, cun importe equivalente ao 70% do orzamento do investimento obxecto de subvención e un límite máximo de 3.000 euros por persoa.

Concellos de menos de 20.000 habitantes

A ANTES

deus feísmo, benvido fermosismo. Este foi, en materia de vivenda e paisaxe, un dos posíbeis resumos dun ano, o de 2021, que foi un ano para esquecer en moitos sentidos, pero no que se constatou un interese xeneralizado da poboación galega por mellorar o impacto visual dos seus núcleos. Este interese complementouse cun programa pioneiro e innovador de subvencións para axudar á cidadanía e aos municipios a optimizar o aspecto exterior de bens privados e inmóbeis e elementos de uso público, impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET). En total, a través deste programa, en 2021 achegáronse 2 millóns de euros a 445 familias e 66 concellos para corrixir impactos paisaxísticos de edificacións particulares e municipais en toda Galicia e, polo tanto, “para

apostar polo fermosismo”. No balance de cifras, Medio Ambiente engade que a convocatoria inicial “foi moi ben acollida tanto por parte dos cidadáns como polas entidades locais galegas”. De feito, o interese espertado por ambas ordes de axudas, con máis de 800 solicitudes recibidas, fixo que o orzamento consignado se esgotara en poucos días.

En canto á orde dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes, 66 municipios recibiron o apoio económico da Xunta en 2021 para levar a cabo diferentes intervencións de mellora sobre edificios e outros equipamentos baixo a súa titularidade. En concreto, a convocatoria tiña dúas liñas diferenciadas: unha para actuacións en edificios ou dependencias destinadas á prestación de servizos municipais e outra para melloras en equipamentos públicos como fontes, lavadoiros, palcos de música e hórreos. Os 800.000 euros dispoñibles para ambas liñas déronse finalmente esgotado e as entidades locais beneficiarias recibiron ata un máximo de 25.000 euros se a actuación subvencionábel tiña como finalidade intervir sobre un edificio municipal, e de ata 10.000 euros en caso de que o ben obxecto de acondicionamento, reparación ou rehabilitación fose unha fonte, un lavadoiro público, un palco da música ou un hórreo. En conxunto, a primeira convocatoria das ordes de axudas para a corrección

ANTES

de impactos paisaxísticos dirixidas a particulares e a concellos saldouse con máis de medio milleiro de subvencións concedidas que permitiron intervir nun total de 222 municipios galegos. Ademais, tendo en conta que a achega da Xunta non cobre a totalidade do custo da actuación, estímase que grazas a estas subvencións se mobilizou un investimento total de 2,9 millóns de euros.

Nova convocatoria das axudas

En vista do éxito da primeira convocatoria, a Xunta volveu apostar este ano por brindar o seu apoio económico neste ámbito. De feito, xa convocou de novo as dúas ordes de axudas dirixidas a propietarios particulares e concellos co fin de apoialos na execución de actuacións que permitan corrixir os impactos paisaxísticos en vivendas, edificios e equipamentos públicos de titularidade municipal provocados polo paso do tempo ou unha mala conservación. En total, volverán contar este ano cun orzamento global de 2 millóns de euros. Amais, como engadido extra, na convocatoria de 2022 simplifícanse os trámites, redúcese a documentación a presentar polos solicitantes e introdúcese toda unha serie de especificacións e novidades técnicas co fin de ampliar o ámbito das actuacións obxecto das subvencións. As ordes de axudas xa saíron publicadas no Diario Oficial de Galicia e, no caso dos particulares, o prazo de solicitude, a través da Sede Electrónica, remata o día 21 de febreiro. O obxectivo do IET con estas axudas é un obxectivo duplo: por unha banda repercutir directamente na economía dos galegos, “que poden obter así unha subvención para corrixir impactos paisaxísticos nos seus bens”; e por outra, “contribuír a que teñan unhas óptimas condicións de vida, mediante o apoio aos concellos a través do financiamento de actuacións de renovación, remate e mellora en edificios destinados á prestación de servizos municipais e en equipamentos que, sendo de titularidade municipal, son de uso ou desfrute para o conxunto da poboación”.


12

Febreiro 22

O Barbanza

d

 ENTREVISTA

Xosé Lois Piñeiro  Presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde da Pobra do Caramiñal Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra, é xa, oficialmente, o presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa. Asume o cargo nun intre complexo, marcado novamente pola COVID, aínda que cunha incidencia e cunha adversidade á baixa. Emporiso, as boas expectativas marcan este inicio de actividade: “Hai motivos para ser optimistas, á nosa comarca espéralle unha boa tempada”, explica.

“As miñas expectativas son as mesmas que as da cidadanía: saír desta crise con forza”

-C

omo afronta vostede estes doce meses á fronte de Barbanza Arousa? Cre que é compatible o labor á fronte do Consistorio con esta responsabilidade engadida na Mancomunidade? - Afronto este ano de presidencia coa mesma ilusión que o fixen hai catro anos, con ganas de facelo o mellor posible. A folla de ruta xa está marcada, a actual xerencia xa presentou as liñas mestras do que pretende ser a nosa estratexia turística e o pleno da Mancomunidade aprobounas. Agora toca traballar para facelas realidade. Compatible cunha vida normal xa non é o propio traballo da Alcaldía, sumarlle máis responsabilidade resulta unha tarefa titánica, pero só son doce meses... pasan moi rápido. - Novamente chega un presidente da Mancomunidade ao seu cargo nun intre complexo, igual que foi complexa a entrada de Adolfo Muíños, hai exactamente un ano, e previamente a de Manuel Ruiz. Estamos a falar da pandemia da COVID, sen dúbida o revés máis grande que ten sufrido a actividade turística dos que se recordan. Que expectativas ten a este respecto? - As expectativas que temos toda a cidadanía: saír desta crise con forza. Sabemos que o turismo, se a pandemia o permite, probablemente vai ter unha actividade intensa, a poboación mundial vén de reprimir os seus hábitos neste eido durante demasiado tempo. Nós temos que prepararnos para iso, para ofrecer un produto turístico competitivo, como xa o fixemos no pasado, pero cada vez é mellor, este ano vai seguir esa progresión, se cadra máis forte que nunca. Por suposto que hai motivos para ser optimistas, á nosa comarca espéralle unha boa tempada e, cando menos nos sectores vinculados ao turismo, a recuperación vai darse e o peor vai quedar atrás. Pero

insisto, sempre que a evolución da pandemia sexa a esperada. - Na súa opinión, como foi o comportamento dos establecementos turísticos e hostaleiros durante este ano de crise sanitaria? - O seu comportamento foi exemplar, por desgraza con deshonrosas excepcións que non deben rebaixar a percepción que debemos ter de todo o sector. Os Concellos estivemos ao seu carón compartindo a súa desesperación. As medidas de prevención e loita contra a COVID sempre lle afectaron directamente, ás veces sentiron agravio fronte a como se trataba a outros sectores. Víronse na obriga

de multiplicar o seu esforzo e traballo para atender á súa clientela, de investir en máis equipamento e material. Sentíronse sempre coa imposibilidade de realizar a súa actividade libremente. Foron un grupo de risco non convenientemente recoñecido, ao meu xuízo. Saíron á rúa a defender o que consideraban xusto. Non hai moito máis que dicir. - Que ten previsto en 2022 a Mancomunidade para contribuír á recuperación do sector? - Como dicía temos previsto seguir traballando nas liñas estratéxicas marcadas. A potenciación dos paquetes turísticos creados recentemente

vai ser un obxectivo primordial, no que xa imos comezar a traballar de inmediato. Temos previsto presentalos fóra de Galicia, queremos chegar ata o máximo que sexamos capaces, só nos conformaremos cando cheguemos a todas as axencias do Estado e parte do estranxeiro. O Camiño de Santiago vai ser outro eixe fundamental. Pero tamén o turismo náutico, o gastronómico, o de deporte e natureza... A posta en valor do noso patrimonio cultural, tanto o arquitectónico como o arqueolóxico tamén vai ser un obxectivo principal, o parque da Idade do Ferro ten que comezar a ser unha realidade, ten que comezar a funcionar xa. Temos moitos campos nos que traballar porque somos unha comarca con gran variedade de recursos. Como dixen no meu discurso en FITUR, non o temos todo, pero case. - Como se atopa a sintonía entre os Concellos que integran a Mancomunidade? - A sintonía leva existindo moito anos, as competencias da Mancomunidade redúcense ao turismo e en menor medida e sempre en relación con el, á promoción da cultura e o deporte. Nunca hai grandes discrepancias nestes eidos, sempre chegamos a acordos sen demasiados problemas. Pero si penso que a coordinación debe mellorar, sobre todo no que se refire á coordinación co que se fai dende as Concellarías de Turismo de cada Concello. Por outra banda, sempre temos tendencia a levar todo para os nosos municipios, case sempre funcionamos coa distribución equitativa de actividades, cando ao mellor non ten porque ser sempre así. As persoas que nos visitan durante máis dunha fin de semana percorren toda a comarca, visitan o parque natural en Ribeira, percorren os espectaculares miradoiros da nosa Serra do Barbanza, van na pescuda das especialidades dos mellores establecementos de restauración e coñecen todo o que poden durante a súa estancia. Que teñamos unha boa capacidade de recepción das persoas que nos visitan, que podamos ofrecerlles experiencias satisfactorias en todos os recunchos do Barbanza, é algo que nos beneficia aos catro concellos. Sempre hai que traballar tendo isto moi presente.


O Barbanza

13

Febreiro 22

NOVAS 

A historia recente da nosa terra personificada nunha árbore Temos até o último día de febreiro para votar en liña polo Carballo de Conxo no certame Tree of The Year

E

stes días podemos participar nunha votación en liña que non só serve para que presumamos ante o mundo de algo que non sempre centra a nosa atención como debera, as nosas árbores, senón tamén para reivindicar integralmente o coidado pola natureza e o planeta. Estamos a falar do proceso aberto na Rede para elixir a árbore máis sobranceira de Europa (ambiental, paisaxística e culturalmente), un proceso que un exemplar da nosa terra ten moitos visos de gañar: o Carballo de Conxo (Santiago). O Concello compostelán envorcou esforzos para visualizalo, reivindicalo e recadar apoios para a súa candidatura, un traballo que leva implícito un chamamento a preservar o mundo no que vivimos. Ao Concello sumáronse unha chea de entidades e cidadáns. Tamén a Deputación da Coruña, que se sumou o 10 de febreiro á campaña Vota Carballo.

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e o presidente provincial Valentín González diante do Carballo de Conxo

Novos centros de coworking en A Pobra e Santiago

A

Rede de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña comezou o ano con dúas futuras adhesións: as dos centros de coworking da Pobra do Caramiñal e de Santiago. O Coworking A Pobra e o Coworking Dixital CCompostela teñen en común que son dúas novas contribucións a un xeito novo de xerar emprego, empren-

demento e innovación: en colaboración entre coworkers e con todos os elementos dispostos para que a transformación empresarial e o espírito creativo flúan libres. Coa incorporación do Coworking A Pobra son xa 10 os emprazamentos integrantes da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo posta en marcha desde o Plan de

Emprego Local da Deputación da Coruña. Ata agora a Rede estaba integrada polo Pazo de Arenaza en Oleiros, polo Coworking de Carballo, o espazo Daquí Darredor en Brión, o LabBarbanza de Boiro, o Coworking A Capela, o centro de desenvolvemento comarcal A Fusquenlla de Moeche, o Green Coworking das Pontes, o centro de emprendemento A Estación de Vedra e A Proa de Ames. O espazo colaborativo Coworking A Pobra consta dun espazo de 143,23 m2 con capacidade para acoller 10 iniciativas emprendedoras. Consta dunha área de emprendemento, o espazo Emprende, e dunha contorna para coworkers ocasionais, o espazo Nómades. Para dinamizar a actividade deste centro a Deputación achegará 24.811,60 euros, o que supón o 80% do total do custo do proxecto.

O exemplar simbólico e referencial de Quercus robur no antigo bosque de Conxo (Santiago) compite a través da campaña para ser a Árbore Europea do 2022. Este histórico carballo naceu coa Ilustración. Foi testemuña en 1856 do Banquete Democrático de Conxo, acto revolucionario que reivindicou os ideais da nova Europa: Liberdade, Igualdade e Fraternidade. Foi defendido por Rosalía de Castro nunha denuncia ecolóxica pioneira en España. O bosque que o acolle, ao pé do Camiño Portugués de peregrinación, é hoxe todo un cofre botánico, aberto ao público en 2018 cunha gran festa popular tras permanecer inaccesíbel durante máis dun século. A votación estará aberta ata o 28 de febreiro. Para votar cómpre facer o seguinte: 1. Cómpre acceder á web Tree of the Year para ir á páxina do concurso. 2. Para poder votar, debemos seleccionar dúas árbores. Que unha sexa o Carballo do Banquete, e outra a que nos guste. 3. Temos que facer clic sobre ¡Vamos a votar!, onde hai que introducir correo electrónico e logo confirmar polo menos a política de protección de datos. 4. Verificar o email, pulsando sobre a ligazón que nos envían para que o voto sexa válido.

A Deputación dotará de saneamento o lugar de Mantoño (O Son)

O

lugar de Mantoño, no Concello de Porto do Son, vén de recibir o financiamento por parte da Deputación da Coruña para un proxecto valorado en 193.328 euros que permitirá dotalo de saneamento. Máis polo miúdo: as obras, que darán servizo a 23 vivendas, consistirán na execución dun colector principal de PVC, conectado á rede existente no lugar de Beneso, ao que se unirán outros cinco ramais secundarios. Tamén se proxecta a habilitación de pozos de rexistro e das acometidas para cada un dos inmobles. Asemade, está prevista a reposición do pavimento afectado durante o transcurso dos traballos.


14

Febreiro 22

O Barbanza

d

 LITERATURA

J.L. Graña Muíño presentará Verso Plural en Rianxo o día 25

O auditorio rianxeiro deu acollida á asemblea de Barbantia e á presentación de Baixo as alas de abril

O

28 de xaneiro a Asociación Barbantia celebrou a súa reunión anual de socios, na que se acordou a continuidade de Manuel Cartea, presidente actual, un ano máis. Tamén houbo unanimidade para impulsar iniciativas que Barbantia ten en marcha dende hai varios anos, como a exposición BarbantiArte ou a Romaría das Letras Galegas. A asemblea tivo lugar no Auditorio de Rianxo, onde tamén se presentou o libro Baixo as alas de abril, do escritor, economista e político noiés Xaquín Fernández Leiceaga. Por Barbantia,

E interviñeron Xesús Laíño e María Xesús Blanco e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños. Amais, o gravador e pintor, Pepe Míguez, fixo un debuxo de Castelao. Baixo as alas de abril (Galaxia) é unha ficción de intriga policial que o autor sitúa en 1991, co comisario Miguel Santos como

protagonista. O argumento xira arredor dunha banda armada galega que opera dende Compostela. Trátase da segunda novela do seu autor, que homenaxea a Álvaro Cunqueiro no seu titulo (o verso Baixo as alas de abril forma parte dun poema do inmortal escritor de Mondoñedo).

Ignacio Castro recalou en Boiro para presentar Sexo y silencio

O

pasado 4 de febreiro fixo recalada en Boiro o filósofo e escritor compostelán Ignacio Castro Rey, autor (entre outros moitos libros) dunha das obras máis sobranceiras das nosas letras nas últimas décadas, Roxe de Sebes (Fundación Luís Seoane), ensaio poético a xeito de diario ou colección de haikus no que o autor documenta a súa particular viaxe existencial aos bosques do Courel (bebendo das fontes de Thoreau, Emerson e Uxío Novoneyra, e as grandes figuras literarias do nature writing). Ignacio Castro estivo no Centro Social de Boiro para presentar, na compaña do xornalista boirense (e amigo persoal de Castro) Gonzalo Trasbach, o libro Sexo y silencio. Tamén participou no acto o profesor do IES de Rianxo Manuel López Outeiral.

Ignacio Castro Rey é doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid, crítico de cinema e arte, xestor cultural e profesor. Ademais de ser autor de múltiples artigos e conferencias e profesor convidado en distintas universidades, Castro Rey publicou diversos libros, o último deles chámase Lluvia Oblicua (Ed. Pre-Textos 2020), precedido de Mil días en la montaña (Ed. FronteraD, 2019). A súa nova obra, Sexo y silencio, foi presentada como un libro radicalmente libre e a contrapelo do novo puritanismo imperante. Trátase, sinalouse, dunha aventura pola reflexión arredor do sexo de semellante calibre á aventura que o levou a vivir un inverno no Courel, nunha cabana de miúdas dimensións e sen máis compaña que algúns libros, a neve e as montañas.

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

Foto pax. 1 Shotterstock

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

O Barbanza

ste venres 25 de febreiro celebrarase no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do poemario Verso Plural de J.L. Graña Muíño, publicado por Medulia Editorial. Será ás 20.30 horas. No acto acompañarán ao autor Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e os escritores Xosé Manuel Lobato e Xosé Ricardo Losada que recitarán textos da devandita obra poética con fondo musical de J.M. Espiñeira. A reserva de localidades pode facerse en concelloderianxo.gal/reservas. crítico Armando Requeixo define deste xeito o devandito poemario dende o seu blog: “É unha poética que bebe dos clásicos para modularse como propia, íntima e social, individual e colectiva, ancorada no noso tempo mais que non perde de vista a raiceira da que parte”.

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

Viaxe ao Dodro dos nosos antergos

O

Concello de Dodro, a través da Concellería de Patrimonio e Cultura, converteu en realidade a obra Patrimonio etnográfico do Concello de Dodro. Hórreos, cruceiros, pombais e reloxos de sol, de Beatriz Pereiras Magariños. Os tesouros históricos e populares do concello de Dodro ben merecen esta publicación e tamén o traballo feito por Beatriz Pereiras Magariños dende o ano 2009 ata o 2011, que conseguiu catalogar todos os elementos etnográficos máis sobranceiros e significativos do termo municipal: hórreos, cruceiros, pombais e reloxos

de sol. Todo este traballo estaba gardado na Casa da Cultura e agora, grazas ao labor de recuperación impulsada dende Patrimonio e Cultura (coa axuda da Deputación da Coruña) o que se pretende e darlle visibilidade a través da publicación deste libriño baseado na presentación do traballo que se fixera na Casa do Regadío.

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 32 (Febreiro 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256




O Barbanza

9

Febreiro 22

EMPRESA 

A casa CONGALSA expándese

Premio Ramón Doval

A empresa da Pobra acada os 113 millóns de facturación en 2021 e incrementa o seu persoal nun 20%

A

empresa de alimentación e produtos do mar CONGALSA, con sede na Pobra do Caramiñal, comezou 2022 facendo balance dos fitos acadados pola súa actividade no exercicio anterior, poñendo o foco en parámetros como a facturación conseguida, que foi, contabilizando os resultados da planta portuguesa Sulpasteis, de 113 millóns de euros, o que representa un 13% máis que en 2020. A maiores, a empresa incrementou o seu persoal nun 20% até situarse nos 562 traballa-

adicaranse á ampliación da planta portuguesa e á automatización dos eus procesos produtivos, e outros catro para o seu proxecto de fábrica intelixente CONGALS4.0, unha liña de traballa impulsada en colaboración co Centro Tecnolóxico Gradiant e que ten como obxectivo liderar a industria automatizada, sustentábel e eficiente dentro do sector alimentario galego e, deste xeito, “fomentar o desenvolvemento da fábrica intelixente”. Amais, a empresa da Pobra do Caramiñal foi distinguida hai uns días co Premio Galicia de Innovación e Deseño, na categoría de gran empresa, que outorga a Xunta de Galicia a través da axencia GAIN. dores. En total, CONGALSA comercializou durante o ano pasado 26.000 toneladas das súas diferentes gamas de produto. No balance a empresa alimentaria tamén fai saber que en 2021 levou a cabo importantes investimentos en maquinaria, tecnoloxía, I+D+i (Investigación, Desenvolvemento e innovación) e mellora de procesos por un valor de 3,7 millóns de euros. Respecto da folla de ruta para este ano e o seguinte, a compañía ten previsto facer un investimento de 8 millóns de euros, dos cales catro

O Premio Ramón Doval recaeu en José Luis Romero

Colaboración co Programa de Xuventude Mentoring

C

ONGALSA tamén confirmou este mes de xaneiro a súa colaboración co Programa de Xuventude Mentoring, un proxecto da Xunta dirixido a captar e estimular novos talentos entre a mocidade acabada de titularse e que se atope na procura dun oco no eido laboral. A empresa da Pobra explica que “o Xuventude Mentoring é unha oportunidade para novos profesionais e en CONGALSA gústanos contribuír ao emprego entra a mocidade”. Isto, engaden, forma parte da estratexia de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) da empresa. CONGALSA, a través da súa colaboración no programa, traballará coa Xunta para implementar o plan e achegar o seu coñecemento empresarial nas distintas actividades de

asesoramento que se desenvolvan. Este traballo de mentoring levarase a cabo de diferentes xeitos: - Networking. O networking favorece

Como vén sendo habitual, CONGALSA organizou a IX edición do Premio aos Valores do Ano, recoñecemento que leva o nome do anterior director de Relacións Externas da empresa, Ramón Doval, xa xubilado, e que outorga o propio persoal da compañía da Pobra a través dun proceso de votación interno. Neste 2022, a distinción recaeu en José Luis Romero García (Lucho), traballador de mantemento da parcela 13 de CONGALSA. O premio é un recoñecemento á persoa “que mellor representa os valores corporativos que a compañía quere promover entre os seus traballadores: compromiso coa empresa; respecto polas persoas; orientación ao cliente externo e interno; eficiencia, integridade e ética empresarial; traballo en equipo; orientación á mellora continua; e innovación, actitude positiva e orientación á sustentabilidade (económica, social e ambiental)”.

o contacto entre potenciais candidatos a un posto de traballo e as empresas. Estas reunións, explican fontes de CONGALSA, “son

idóneas para cruzar información e, desta forma, aumentar as probabilidades de conseguir emprego”. Nos últimos anos, estas reunións xeneralizáronse como opción de inserción laboral. - Formación complementaria. A formación complementaria é outra das opcións que se proporcionan. Existen cursos específicos para determinadas empresas ou sectores, o que facilita a inserción laboral. Non en balde, hai algunhas habilidades que só se poden obter co apoio de profesionais. En consecuencia, este é un valor engadido que atopan os candidatos aos postos de traballo. - Asesoramento profesional. Os candidatos recibirán consellos prácticos, recursos e bagaxe da man dos profesionais. Este asesoramento inclúe un seguimento personalizado para comprobar progresos.


10

Febreiro 22

O Barbanza

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Festexamos a Rosalía de Castro

Os nosos concellos celebran o 23 de febreiro cun amplo abano de actividades participativas En Lousame

Lousame celebrará o 23 de febreiro colocando uns vinilos de 30 x 30 cm con citas de Rosalía de Castro nos distintos edificios públicos do municipio: Casa do concello, Casa da Cultura, CPI Cernadas de Castro e Centro de Día. A maiores, esta noite inaugúrase a exposición Noir Blanc, que recolle 27 cadros do pintor José Luís Veiras Manteiga. Poderá visitarse na Casa da Cultura Santeiros de Chave ata o vindeiro 31 de marzo.

En Dodro

O Concello de Dodro ten prevista unha ampla programación cultural no marco da celebración do aniversario da nosa poeta máis universal, Rosalía de Castro. Os actos serán o 23 de febreiro e comezarán ás 17.00 no parque da Casa do Concello, coa plantación dunha figueira, filla da que loce no xardín da Casa Museo da autora, en Padrón, de máis de 150 anos de antigüidade. O Concello pon o foco no feito de que Dodro foi residencia da escritora, que durante diferentes épocas da súa vida tivo o seu fogar en Lestrobe, nas Torres de Hermida, “de aí a necesi-

dade que unha desas figueiras que ela tanto amaba teña tamén o seu espazo simbólico no noso territorio”, sinalan dende o Consistorio. Logo desta plantación realizarase unha presentación da mostra Rosalía de Castro, obra completa e manuscritos, unha publicación única en pergameo, elaborado a man e cosido con fío vexetal, con incrustacións de palla e que inclúe 9 obras gráficas de Gosia Trebacz. A xornada continuará ás 18.00 horas, en Lestrobe, no Hotel Pazo de Lestrove, coa obra A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola Producións Artísticas. Trátase dun espectáculo dirixido a infancia de máis de 6 anos e ao público familiar. Ao finalizar as persoas asistentes poderán degustar, grazas á cortesía de Hotel Pazo de Lestrobe (Pousadas de Compostela), un magnífico Caldo de Gloria. Sumaranse á celebración os seguintes establecementos de Dodro que colaborarán mediante a súa participación nas iniciativas Café con verso e Caldo de Gloria: Casa Buela (Imo), Café Bar da Silva (Tallós), Casa Pancho (Igrexa de Dodro), Cafetería Caprichos (Lestrobe) e Pazo de Lestrobe.

Caldo de Gloria

O Concello contará co apoio da Fundación Rosalía de Castro durante o desenvolvemento desta programación, que estará representada polo seu presidente, o veciño do municipio Anxo Angueira.

En Rianxo

A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola Producións Artísticas

Como non podía ser doutro xeito, o Día de Rosalía tamén se vai celebrar unha das localidades máis literarias da xeografía galega: Rianxo. Será 23 de febreiro, cunha axenda que inclúe homenaxes e lecturas dos textos da autora de Cantares Gallegos.

Os actos comezarán a carón do mar, a partir das 18.00 horas do mércores 23 de febreiro. Alí, na praza de Padrón no Paseo da Ribeira, diante do busto en homenaxe a Rosalía de Castro, terá lugar un acto de lembranza á poeta. Realizarase un recital poético aberto á veciñanza, ás entidades asociativas e ao alumnado dos centros educativos.

En Ribeira

O Concello de Ribeira vai celebrar a festa do 23 cunha función escolar e unha lectura poética aberta á cidadanía. Esta proposta cultural por partida dobre vén da man do Servizo Municipal de Dinamización Lingüística e a Concellería de Educación. Respecto da función, celebrarase na mañá do 23 no Auditorio Municipal, ás 11.30, e nela participarán nenas e nenos de 5º de Primaria. Trátase da obra Rosalía de Culturactiva, baixo a dirección de Fina Calleja. Nela, as


O Barbanza

11

Febreiro 22

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO  da Cultura Avilés de Taramancos), ou o coloquio Mulleres Creadoras (o luns 7 de marzo ás 20.00 horas, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos, contando coa presenza das directoras de Negro Púrpura, documental de Illa Bufarda). Tamén se celebrará os días vindeiros unha homenaxe ao poeta local Antón Avilés de Taramancos, un dos máis grandes autores das nosas letras. Deste acto de tributo darase máis información estes días dende Cultura de Noia.

En Porto do Son

Obra Rosalía de Culturactiva

E pola tarde a partir das 20.00 hora será toda a cidadanía quen participe na lectura pública dos versos da autora. Para participar só é preciso que as veciñas e veciños se acheguen á praza do Concello onde se lles porá e un micrófono ao seu dispor. Acompañando a lectura estará o gaiteiro Alberto Millán que comezará a súa actuación coa Alborada de Rosalía e seguirá coas pezas de gaita máis representativas da nosa música tradicional.

En Noia

Sabela Iglesias e Adriana P Villanueva, directoras de Negro Púrpura

actrices Rocío González e Cristina Collazo dan vida vida a unha Rosalía coas súas ilusións, os cambios que na vida trae facerse maior, a rebeldía, a curiosidade... Unha nena que será a nosa maior escritora.

O Concello de Noia preparou para estes meses de febreiro e marzo unha máis que completa axenda cultural: unha programación ao servizo da cidadanía que pivota arredor do Día de Rosalía de Castro e que inclúe actos tan destacados como a gravación de vídeos colectiva Eu leo a Rosalía (o 23 de febreiro, con vídeos de lecturas de textos de Rosalía que deberán ser enviados a culturaconcellodenoia@ gal e que serán subidos ao Facebook da Biblioteca Municipal), o contacontos Buscando a Rosalía de Raquel Queizás (para nenos de 4 a 10 anos, o mércores 23 ás 18.00 horas na Casa

Patricia Lojo, esquerda, e Fita Sanisidro na presentación

Porto do Son sumarase tamén ás celebracións polo Día de Rosalía, este 23 de febreiro. Haberá recitais poéticos e, sobre todo, actividades nas redes sociais municipais. O Concello lembrará á poeta cunha gran pancarta no Consistorio.

Na Pobra

A Pobra do Caramiñal quixo sumarse novamente a esta importante celebración. Faino organizando varias propostas coas cales continuar co labor divulgativo da nosa poeta inmortal. Como novidade, instalaranse nos Xardíns de Valle-Inclán uns paneis informativos que fan un repaso pola biografía de Rosalía e amosan tamén fotografías súas. Así mesmo, no propio día 23 efectuarase a tradicional ofrenda cívica na praza que leva o nome da escritora, ás 13.00 horas. Impúlsase, ademais, unha nova edición do xogo-concurso As Sete Rosalías, co cal achegar ás crianzas a figura da intelectual galega “dun xeito didáctico e cun compoñente lúdico”. Contarase coa colaboración e disposición dunha trintena de locais participantes. A dinámica é a mesma cá do pasado ano: consiste en atopar varias siluetas recortadas coa forma de Galicia que conteñen no seu interior o rostro de Rosalía acompañado de versos seus. Estas pezas xa están expostas nos escaparates de diversos

establecementos da localidade dende o día 11 e permanecerán ata o día 25 de febreiro. O desafío reside en buscar as 7 versións diferentes da imaxe que ilustra o cartel. Unha vez atopadas, será preciso anotar no folleto cal é esa diferenza e en que instalación se sitúa. Poden participar todos aqueles nenos e nenas pobrenses con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que conten cun dos impresos repartidos nos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra. Sortearanse 50 lotes de agasallos entre tódolos cativos e cativas acertantes, no 4 de marzo.

En Outes

O Servizo de Normalización Lingüística programou diversas actividades ao longo de toda a semana. A axenda comeza o 22, coa inauguración da exposición de poemas de Rosalía ilustrados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes. Ademais de poder ver estes debuxos na Casa da Cultura até o 13 de marzo, haberá unha selección de debuxos e poemas que se colocarán nos escaparates de comercios e bares do municipio. O día 23 de febreiro as persoas que se acheguen pola biblioteca poderán levar de balde un libro en galego e unha flor. Xa pola noite, e durante 15 días, poderá verse unha proxección dun poema de Rosalía na fachada da casa consistorial. Desde o SNL animan a que todas as persoas se tiren unha foto e a suban ás redes sociais con algún verso rosaliano. O 24 de febreiro haberá tres pases teatrais no colexio de Outes para que a rapazada coñeza a vida e a obra de Rosalía dunha maneira amena e lúdica. Por último, como colofón das actividades para homenaxear á nosa autora nacional, o 26 e 27 de febreiro está prevista a degustación do Caldo de Gloria. Todas as persoas que tomen unha consumición nos locais Casa Amanda, John Turkey, O Taboleiro ou no Ruta de San Campio poderán degustar unha cunca do caldo.

Exposición de poemas de Rosalía ilustrados polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Outes


12

Febreiro 22

O Barbanza

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Boiro rende homenaxe a Rosalía

LITERATURA 

Páxinas de inverno

O inicio de 2022 volveu poñer de manifesto a vertente literaria do Barbanza

Adolfo Muíños agasalla á RAG exemplares da edición facsimilar de Escolanía de melros

A

axenda de espectáculos de Boiro para o que resta de febreiro será completa, diversa, controlada e, sobre todo, enriquecedora e creativa. Foi dada a coñecer pola edil María Outeiral, quen engadiu outro punto en común das actividades do programa: enmárcanse, en maior ou menor medida, na celebración do Día de Rosalía, que se conmemora o 23 de febreiro. No marco das actividades máis especificamente encamiñadas a celebrar o Día de Rosalía o persoal do departamento de Cultura elaborou un vídeo para difundir nas redes sociais coa lectura de poemas da autora. Os días 22 e 23 de febreiro haberá teatro na Casa da Cultura para o alumando dos centros de ensino do municipio. O día 22 será a quenda do espectáculo Buscando a Rosalía de Raquel Queizás, para nenos e nenas de 5 e 6 anos; e o día 23 representarase A viaxe de Rosalía de Teatro Babaluba para nenos e nenas de 7 e 8 anos. O día 23 de febreiro ás 20.30 horas no Centro Social de Boiro haberá unha mesa redonda coas autoras locais Charo Lópes e Natalia Carou sobre a autora de Cantares gallegos e a súa propia experiencia

 No marco

das actividades encamiñadas a celebrar o Día de Rosalía o persoal do departamento de Cultura elaborou un vídeo para difundir nas redes sociais coa lectura de poemas da autora narrativa. Xunto coa Fundación Rosalía vaise organizar tamén a presentación da publicación Follas Novas, un volume que se publica anualmente adicado de xeito íntegro á autora, e tamén a plantación dunha figueira da horta de Rosalía. Amais, farase unha visita dende Boiro á que foi a súa residencia en Padrón e que hoxe funciona como museo e punto de información principal sobre o seu legado. Ademais, celébranse as seguintes actividades: - Venres 25 de febreiro, 20.30 horas. Presentación do Premio Nacional de Narrativa Virtudes e Misterios de Xesús Fraga. - Venres 25 de febreiro, 18.30h – Biblioteca Municipal de Boiro. Actividade para nenos e nenas Divirte-T.

O

presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, mantivo o pasado xoves 3 de febreiro unha xuntanza co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. O rexedor fíxolle entrega de exemplares da edición facsimilar do poemario Escolanía de melros (1959) do académico correspondente Faustino Rey Romero (1921-1971), editado polo Concello natal do poeta e sacerdote rianxeiro, do que se están celebrar (en Isorna, parroquia á que pertencía, e en todos os ámbitos municipais) os 50 anos do seu pasamento. Para quen non a coñeza, lembrar que Escolanía de melros é unha obra clave no legado literario de Faustino Rey Romero. A obra saíu do prelo en 1959 con cuberta de Agustín Portela Paz e ex libris de

 Escolanía de

melros é unha obra clave no legado literario de Faustino Rey Romero. A obra saíu do prelo en 1959 con cuberta de Agustín Portela Paz e ex libris de Xosé Conde Corbal

Xosé Conde Corbal. A publicación do Concello de Rianxo realizouse a partir dun dos exemplares editados no seu momento por Gráficas Bolfer do Porriño, con dedicatoria ao tamén relixioso e académico correspondente Xosé Isorna. A edición está enriquecida con vinte gravados orixinais realizados por

quince ilustradores de Rianxo e Padrón para os sonetos do poeta. O labor artístico desenvolveuse no marco dun obradoiro organizado polo Museo do Gravado de Ribeira no Liceo de Rianxo, baixo a dirección de José Fernández Míguez e coa colaboración de Camilo Seira. Escolanía de Melros é o título dunha colección de sonetos de Rey Romero que está considerada unha peza clave no seu legado poético, publicada en 1959. A obra está na cerna ademais da exposición inaugurada no Auditorio Municipal en xaneiro, unha mostra de gravados que leva o nome do histórico poemario e que se encadra nas actividades organizadas esta tempada polo Concello para honrar a figura de Castelao (Actos Castelao 2022) e, tamén, a de Faustino Rey Romero.


O Barbanza

13

Febreiro 22

CULTURA 

21 días galegofalantes

 A cuarta edición de 21

Máis participantes, máis centros e máis recursos dixitais para a nova edición do reto impulsado por Política Lingüística

O

mes de febreiro comezou con novidades relativas ao reto para estudantes de primeira e secundaria 21 Días co galego e +, que, como se indica no seu nome, consiste en mergullarnos no uso da nosa lingua durante unha vintena de xornadas (máis unha). Segundo fixo saber a Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsora deste desafío de dinamización do galego que tivo a súa orixe no IES da Pobra (da man da profesora Pilar Ponte), preto de 4.000 rapazas e rapaces iniciaron este mes a súa participación na nova convocatoria da iniciativa, que vén co lema Creando en galego no século XXI e, novamente, cunha mancha de recursos dixitais aglutinados na web de seu (21diascogalegoemais.gal,) e nas súas redes sociais (Facebook, Twitter, Youtube e Instagram). A cuarta edición de 21 días co galego e + bota a andar coa finalidade fortalecida de “promover o uso do galego oral entre a xente nova”. En concreto, conta coa participación de 3.845 persoas entre alumnado, docentes e persoal de administración e servizos. “Unha cifra que aumenta respecto ao curso anterior”, confirmou Política Lingüística, que engade os centros implicados nesta nova convocatoria superaron por vez primeira a decena. No curso 2021-2022 o programa vaise desenvolver nos centros públicos integrados (CPI) de Atios (Valdoviño), Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), Manuel Suárez Marquier (O Rosal) e Virxe

días co galego e + bota a andar coa finalidade fortalecida de “promover o uso do galego oral entre a xente nova”

Presentación do anterior edición do desafío 21 Días co galego e +

da Saleta (Cea); nos colexios plurilingües Esclavas Sagrado Corazón de Jesús (A Coruña) e Concepción Arenal (Ourense); e nos institutos David Buján (Cambre), Monte Castelo (Burela), Lucus Augusti (Lugo), de Meaño, Valadares (Vigo) e de Barro.

O blog, o eixe de acción da iniciativa Baixo o lema Creando en galego no século XXI, o alumnado dos 12 centros participantes, comprendido entre os 8

e os 18 anos, comprométese a falar exclusivamente en galego durante as 24 horas do día ao longo de 21 días, é dicir, dende o día 1 até o 21 de febreiro de 2022. Disto quedará constancia no blog 21diascogalegoemais. gal, o soporte web da iniciativa onde aparecerán as diferentes creacións dos centros, que deberán seguir e actualizar cada día e no que, unha vez á semana, o alumnado deberá demostrar como supera en grupo os novos retos que se lle indiquen.

Ademais, e proseguindo coa metodoloxía da edición pasada, o desafío contará coas colaboracións externas. Unha delas será a de Galicia por Diante da Radio Galega, onde terá unha sección diaria de luns a venres durante estas tres semanas na que os centros lle contarán á audiencia os temas que trataron e como está a ser a súa participación. Outra das colaboracións establécese co programa Dígocho eu! da TVG, que terá encontros co alumnado dos 12 centros educativos participantes. Pola súa banda, o alumnado realizará vídeos propios co formato característico do Dígocho eu!. O reto ten a súa orixe en 21 días co galego, experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística da Xunta e en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega, así como o Premio da Cultura Galega 2019. Desde o ano 2019 foi asumido pola Xunta, que inicialmente o desenvolveu en catro centros educativos, un por cada unha das provincias galegas.

Activada en Noia a 11ª edición de Lingua de namorar

A

directora xeral Xuventude, Cristina Pichel, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron este 15 de febreiro unha nova edición do certame Lingua de namorar, concurso de declaracións de amor en galego para dinamizar o seu uso entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en Internet. Os detalles da nova convocatoria foron dados a coñecer no Espazo Xove de Noia. Trátase da 11ª edición deste concurso cuxo inicio coincide, moi significativamente, ca celebración de

San Valentín. Segundo fixeron saber Pichel e García, acompañados do alcalde noiés Santiago Freire, o certame está dividido en tres

categorías, dúas delas para web e unha exclusiva para Instagram. As mensaxes presentadas en todas as modalidades deberán estar escritas en

lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. Máis información en xuventude.xunta.es/linguadenamorar.

Presentación da 11ª edición de Lingua de namoraren Noira


14

Febreiro 22

O Barbanza

 CULTURA

Documentalista do Gran Mundo A APSC homenaxeou en Compostela ao xornalista e escritor pobrense Victoriano García Martí

Dolmen de Axeitos. De esquerda a dereita. Gerardo Gasset, Victoriano García Martí, Ramón María del Valle-Inclán e Ramón Fernández Gil (1921)

De esquerda a dereita. Luís Menéndez, Fernando Bermejo, Mercedes Rosón e Arantxa Fuentes. Foto JOFERPA

A

Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE) co gallo da celebración do Patrón dos Xornalistas, San Francisco de Sales, celebrou o pasado mes de xaneiro un acto de homenaxe ao pobrense Victoriano García Maria que incluíu o descubrimento dunha placa conmemorativa na casa compostelá con residiu o exemplar xornalista e humanista galego. O acto tivo lugar na rúa das Orfas en Santiago. Na homenaxe interveu o presidente da APSC, Luís Menéndez, quen salientou a García Martí como “un gran descoñecido no xornalismo” e destacou tamén as súas importantes contribucións á a defensa do país. Filósofo, ensaísta, avogado, escritor, e prolífico xornalista, Victoriano García-Martí foi unha figura de alta relevancia intelectual que recibiu numeroso recoñecemento alén de Galicia, nomeadamente en Paris e Madrid, onde foi directivo do Ateneo nos tempos de Menéndez Pidal, conde de Romanones, Azaña e ValleInclán, con quen compartiu faladoiros e amizade.

Editor das Obras completas, de Rosalía de Castro e autor de numerosos traballos xornalísticos en diarios de España, Francia e Hispanoamérica, Victoriano García-Martí foi un dos discípulos máis destacados do gran filósofo francés Henri Bergson, con que compartiu aulas na universidade parisina de La Sorbonne. Foi promotor, asemade, do primeiro Congreso de Xornalistas de Galicia celebrado en Santiago, en 1921, como salientou o presidente da APSC-FAPE, Luís Menéndez. O presidente da asociación lembrou que o longo deste ano seguirán os actos de homenaxe na súa vila natal, A Pobra do Caramiñal, actos aprazados pola situación de pandemia. Posteriormente interveu a profesora da Universidade de Santiago, Arantxa Fuentes Rios, autora da biografía de Victoriano García Martí, quen cualificou o pobrense de ser “unha figura inxustamente esquecida”. Tamén interviron o sobriño neto do escritor Fernando Bermejo e a concelleira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón.

Intervencións no acto homenaxe a Victoriano García Martí en Santiago de Compostela A obra Por los caminos del siglo XX. Obra periodística olvidada (19141963) recolle unha serie de artigos do escritor de A Pobra do Caramiñal, Victoriano García Martí. Trátase dunha escolma xornalística feita por Arantxa Fuentes Ríos, profesora asociada en la USC e doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. A obra publicouse baixo unha coedición entre o Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora integrando tanto a Biblioteca Literaria do Consorcio como a Colección Rescate de Alvarellos. Victoriano García Martí, naceu na Pobra do Caramiñal en 1881, estudou Dereito en Santiago de Compostela e realizou o doutoramento en Madrid. En 1911 realizou, pensionado pola Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas, estudos de socioloxía na Universidade da Sorbona de París con Durkheim e Bergson.​ En París relacionouse co gran mundo, entre outras a mademoiselle Lutoslawsky e a Sofía Casanova, poeta galega devida aristócrata por matrimonio.

Recopilación da obra xornalítica de García Martí (1914-1963) de Arantxa Fuentos Ríos. Alvarellos Editora e Consorcio de Santiago

A súa vida estivo integramente dedicada ao cultivo das letras. Traballou con acerto todos os xéneros literarios. Destacou con todo como ensaísta, eido de actividade xornalístico-literaria no que alcanzou un gran relevo. En 1965 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Española. Tamén foi membro correspondente da Real Academia Galega. Faleceu en Santiago de Compostela o 7 de xullo de 1966. No acto celebrado en Compostela participaron numerosos xornalistas e persoas relacionadas co mundo da cultura e da política santiaguesa.


CARBALLO DO BANQUETE DE CONXO SANTIAGO DE COMPOSTELA

#1Voto1Árbore Convirtamos o Carballo do Banquete de Conxo de Santiago na Árbore de Europa 2022!

Lanzamento da campaña Luns 31 de xaneiro, 2022

Por cada voto, plantaremos unha árbore autóctona contribuíndo á mellora do medio natural da nosa cidade.

· 11.30 h Comezo da plantación de carballos Mirador da Carballeira do Banquete de Conxo

Vota do 1 ao 28 de febreiro en votacarballo.com

· 10.30 h Inauguración da exposición “Reis do bosque” Afundación, Praza de Cervantes

· 12.15 h Presentación da campaña No Carballo do Banquete de Conxo



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.