O Barbanza 29-30

Page 1

O Barbanza Número 29

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

608 240 160

A nosa web: obarbanza.gal

Decembro 21

Un extra de solidariedade polo Nadal A comarca aposta nestas festas polo formato inclusivo e colaborativo

Foto: Alicia Domínguez - Estudio Aldolfo Enríquez

Foto: Alicia Domínguez - Estudio Aldolfo Enríquez

Foto: Alicia Domínguez - Estudio Aldolfo Enríquez

Balance de proxectos presentes 3/9 Calendarios pola integración e futuros Amicos, Ambar e Misela lanzan Os nosos concellos avanzan detalles das súas follas de ruta 2022

as súas publicacións solidarias

12 Unha empresa comprometida JEALSA celebra en Boiro a gran festa da integración

14



O Barbanza

3

Decembro 21

Ribeira   ACTUALIDADE  

Obxectivo: re-descubrir Ribeira O concello potenciarase como destino cun ambicioso proxecto de sustentabilidade turística

O

pasado 1 de decembro o alcalde ribeirense Manuel Ruiz e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentaron as liñas principais de acción do proxecto impulsado polo Concello para optar aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, contribucións promovidas pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation. A proposta ribeirense foi unha das consideradas aptas polos técnicos da Xunta e do Goberno central para optar aos recursos do Plan do Litoral no marco da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSDT). O Plan do Litoral suporá un investimento total de case 30 millón, destinados aos Plans de Sustentabilidade presentados por entidades locais e ás tres Accións de Cohesión en Destino desenvolvidas desde a Xunta. No caso dos PSTD permitirán reforzar Galicia como destino seguro e sustentábel a través dos fondos Next Generation asignados á comunidade galega para o desenvolvemento de accións no litoral como a presentada por Ribeira. Alfonso Rueda lembrou que os proxectos cumprían cos requisitos esixidos pola Estratexia de Sustentabilidade Turística en Destino da Secretaría de Estado de Turismo, isto é, transición verde e sustentábel, eficiencia enerxética, transición dixital, calidade e vocación turística do destino, ademais do carácter litoral do plan. A proposta Ribeira, destino litoral sostible pretende a rexeneración e a posta en valor da contorna litoral do municipio “abrindo Ribeira ao mar”, coa creación de sendas peonís e ciclistas, ademais de apostar pola recuperación do patrimonio etnográfico e a creación de produtos turísticos que salienten os seus atractivos. Entre as iniciativas máis destacábeis figura a creación do Museo do Mar, a posta en marcha dun corredor ecolóxico cicloturístico no litoral entre Santa Uxía de Ribeira e Ameixida, pasando

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

O Barbanza

por Castiñeiras e a Fonte Seca; a humanización de espazos de gran potencial turístico, como os exteriores do Faro de Corrubedo; a colocación estratéxica dun miradoiro e punto de interpretación da paisaxe en Punta

Castro ou a reconversión da zona de San Roque nun parque periurbano. O Concello tamén botará man das novas tecnoloxías para a súa proxección turística. Así, no programa Ribeira, destino intelixente encádrase a crea-

ción dunha oficina de turismo virtual con alertas, aplicacións específicas e ferramentas dixitais. Por certo que uns días máis tarde da presentación do proxecto, a Consellería do Mar comunicou ao Concello de Ribeira a concesión dunha subvención abeirada a Ribeira destino litoral sostible que consiste na creación dunha ruta costeira entre Palmeira e Corrubedo coa que, por medio da distribución de 17 paneis informativos, poñer en valor e dar a coñecer tanto aos visitantes como á poboación local o patrimonio industrial, a pesca e o marisqueo situando o foco en diversos elementos representativos do pasado, presente e futuro destes recursos. Cada panel (elaborado con materiais de longa durabilidade) abordará un temática determinada que concordará á súa vez coa súa localización. Está previsto situalos en Palmeira, Coroso, na lonxa e o porto de Ribeira, O Touro, Castiñeiras, praia do Castro, O Carreiro, a Lonxa de Aguiño, o Peirao Fenicio, Couso, O Vilar e no pobo e no faro de Corrubedo. O proxecto ten un orzamento de 49.803 euros, dos cales a Consellería subvenciona 43.629, correspondente co 100% do importe total subvencionábel.

Convenio para a cesión da parcela da nova residencia de maiores

Antiga discoteca Hesta Kurva, onde irá a nova Residencia de Maiores

A

conselleira de Política Social, Fabiola García, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron un convenio para formalizar a cesión da parcela que dará emprazamen-

to á nova residencia pública de maiores do concello. A conselleira afirmou que “o sistema de coidados do futuro comeza no Barbanza”. Díxoo na sinatura do dito acordo, engadindo que para

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

a nova construción social “aplicaranse as innovacións do novo modelo residencial”. Fabiola García explicou que a Xunta investirá 10 millóns de euros neste novo equipamento, que contará con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia 25 residentes, con habitacións individuais e baños adaptados. Ademais, sinalou que o inmóbel “estará dotado de máis tecnoloxía para mellorar o benestar dos usuarios, como se fixo na residencia pública da Estrada”. Tamén salientou que “contará con zona axardina-

da exterior, así como o seu privilexiado emprazamento: ao carón da praia de Coroso e do seu paseo marítimo, e preto do hospital comarcal do Barbanza”. A conselleira asegurou que con este novo centro, Ribeira e a zona do Barbanza “serán o quilómetro cero do novo modelo residencial de Galicia”, apostando por unha transformación nos coidados residenciais baseado en tres piares fundamentais: unha maior colaboración dos ámbitos social e sanitario, a incorporación da tecnoloxía ás residencias de maiores, e a introdución de melloras estruturais e arquitectónicas para que os centros sexan verdadeiros fogares”.

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 29 (Decembro 2021) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


4

Decembro 21

O Barbanza

 ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

Recuperando a rica tradición agraria da comarca

  O proxecto de inserción

A Pobra impulsa un proxecto de inserción sociolaboral que tira proveito da agroecoloxía e do cooperativismo

A

Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal que dirixe Amparo Cerecedo, en colaboración coa Federación Rural Galega (FRUGA), implantará no municipio un proxecto de inserción sociolaboral colectiva baseada na produción e comercialización de cultivos vexetais baixo os criterios da agroecoloxía, o cooperativismo e a economía social. Esta iniciativa collerá corpo a través dun equipo multidisciplinar integrado por persoas expertas en novos e alternativos xeitos de producir e xerar riqueza, metodoloxías que poñen o foco en recuperar unha relación coa terra (unha relación sustentábel) que vén de antigo e que herdamos dos nosos antergos. Este equipo estará formado por Gabriel López García, membro da FRUGA e labrego cunha dilatada traxectoria na produción agroecolóxica e no desenvolvemento de prácticas autoxestionadas de comercialización;

Kylyan Marc Bisquert Pérez, educador social e doutor en Educación, especializado en procesos participativos, iniciativas socioeconómicas e movementos sociais asociados á agroecoloxía; Sergio Sánchez Taboada, activista en distintos ámbitos de consumo e produ-

Convocadas as axudas 2021-2022 ao transporte de estudantes

ción agroecolóxica, así como unha das tres primeiras persoas de Galicia que contan coa titulación do posgraduado en Dinamización Local Agroecolóxica da Universitat Autónoma de Barcelona; e Valle Marcos García-Conde, educadora social con experiencia na inter-

sociolaboral estará baseado na produción e comercialización de cultivos vexetais baixo os criterios da agroecoloxía, o cooperativismo e a economía social

vención socioeducativa con distintos colectivos e no ámbito da inserción sociolaboral. Amparo Cerecedo apuntou que se trata dun proxecto “moi completo, con persoas que coñecen o sector primario e acompañamento de educadores sociais”, cuxo obxectivo principal radica na inserción de persoas vulnerábeis. Pola súa banda, Kylyan Marc Bisquert explicou que o proxecto nace para dar resposta ás necesidades específicas no eido de inserción laboral detectadas no ámbito municipal polo persoal técnico do Concello, e tamén para facer fronte á actual crise ecosocial global. Como antesala do inicio deste proxecto, desenvolvéronse estes días unhas xornadas formativas tituladas Agroecoloxía: autoemprego colectivo para unha vida digna e sustentábel, os días 17 e 18 de decembro na Pobra, abertas a toda a cidadanía en xeral.

Case 80.000 euros a entidades deportivas e educativas Varela, o CEP Pilar Maestú

O

Concello da Pobra convocou novamente unha liña de axudas económicas para os estudantes locais no relativo ao desprazamento a centros de ensino no curso académico 2021-2022. A contía total destinada a estas achegas, que prolongan as do ano pasado, establécese nos 7.500 euros. O importe máximo para cada persoa beneficiaria oscila entre os 100 e 150 euros, dependendo da distancia ó centro de estudos.

A Administración local pretende así “colaborar economicamente coas familias de menor renda para a realización de estudos oficiais, empregando esta liña de axudas”. O prazo para a

presentación das solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o pasado 10 de decembro.

O

Executivo da Pobra anunciou que aboará as axudas aos eidos educativos e deportivos do municipio por un importe total de 78.000 euros. Do total, 24.000 proceden dos orzamentos actuais e 54.000 euros do remanente de 2020. Dunha banda, concé-

dense 12.000 euros a entidades educativas e 60.000 ao ámbito deportivo a través de subvencións nominativas, para financiar os gastos dos anos 2018, 2019 e 2020. As entidades educativas beneficiaras son a ANPA Bandaseca, a ANPA Cadreche, a ANPA O Areal, a EEI Fernández

Sierra e o CEP Salustiano Rey Eiras. No que respecta ás sociedades deportivas, na listaxe atópanse Club Tenis Punta Salera, Puebla C.F., Club Deportivo Marquiño, Club Remo Puebla, Asambal, Crocha Balompé, Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, Club Patinaxe A Pobra, Adeco-Dea, Club Aeromodelismo Furacán, Motoclub Sin Frenos, Arqueiros do Barbanza e Kempo. A maiores, outórgase unha subvención de 6 000 euros ao Club Remo Puebla para sufragar parte dos gastos que asumiu pola organización da I Bandeira Camiño do Barbanza A Orixe, dentro da Liga Galega de Traiñeiras (LGT), que se disputou en agosto deste ano.


O Barbanza

5

Decembro 21

Boiro   ACTUALIDADE  

Parque infantil de vangarda

Valentín González e José Ramón Romero inauguran a cuberta do espazo de lecer da praza de Galicia, en Boiro   As obras permitiron dotar

á zona dunha gran cuberta tipo pérgola de 22x32 metros que servirá como abrigo tanto os pequenos que usan o parque infantil existente como da parada de transporte público contigua

V

alentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, e José Ramón Romero, alcalde de Boiro, inauguraron o 16 de decembro a nova cuberta do parque infantil da céntrica praza de Galicia boirense, que conta cun sistema de iluminación solar fotovoltaica. Fixérono acompañados do arquitecto municipal, Emilio Piña, e outros membros da Corporación local. As obras supuxeron un investimento de 247.740 euros, financiados ao 100% polo Plan Único da Deputación e permitiron dotar á zona dunha gran cuberta tipo pérgola de 22x32 metros que servirá como abrigo tanto os pequenos que usan o parque infantil existente como da parada de transporte público contigua. González Formoso, apuntou que “as obras responden á demanda da veciñanza de Boiro para que os cativos dispoñan dun lugar axeitado para xo-

gar durante o inverno, así como para cubrir da choiva a parada do autobús e o acceso ao aparcamento público”, afirmou, engadindo que “esta obra é un bo exemplo de como o Plan Único é unha ferramenta útil para mellorar as infraestruturas e servizos municipais, deixando ademais que sexan os propios concellos os que decidan cales son as súas prioridades e necesidades”. De feito, explicou, “aínda que a a Deputación financia os traballos, foi o Concello de Boiro o que decidiu facer esta obra, que mellora a vida dos veciños e que aposta pola eficiencia enerxética polo que é unha idea da que de seguro tomarán nota noutros municipios”. Pola súa banda o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, agradeceu o apoio da Deputación “que está sempre aí cando chamamos á súa porta, neste caso a través do Plan Único que tanto axuda aos concellos” e expresou a súa satisfacción porque os nenos e nenas

Campaña a favor das familias vulnerábeis

O

Concello de Boiro, a través do departamento de Cultura e o grupo de voluntariado Turbina, comunicou a súa intención de celebrar un Nadal o máis solidario posíbel. Froito deste

obxectivo, púxose en marcha unha iniciativa para xuntar recursos de primeira necesidade para as familias de Boiro a través do departamento de Servizos Sociais e as entidades Cruz Vermella e Cáritas.

de Boiro xa poderán “desfrutar deste espazo no Nadal”. A nova estrutura está formada por pórticos de madeira laminada e conta cun peche a base de láminas de policabornato celular de 16 mm e conta con protección fronte aos raios UV para garantir o control da calor e da radiación solar emitida no interior do espazo cuberto. O espazo dispón dunha iluminación mediante tiras LED integradas nun perfil de aluminio e con

Asi, os centros sociais do municipio e os espazos onde se desenvolvan as actividades culturais durante o Nadal terán habilitados uns puntos de recollida de alimentos non perecedoiros para todas aquelas persoas que queiran colaborar. Ademais, converterase a carpa de actividades festivo-culturais nunha Carpa Solidaria, na cal, para acce-

cargadores USB de intemperie con resistencia ao po e á humidade. Este sistema de alumeado e cargadores USB está alimentado polo sistema de paneis solares fotovoltaico instalado na parte superior da cuberta. “O 82% dos materiais desta obra son fabricados en España, púxose moito empeño en conseguir produtos galegos e sobre todo da Coruña. É unha aposta pola sustentabilidade e durabilidade da construción”, afirmou o arquitecto municipal Emilio Piña. “Esta é unha obra moi demandada polos veciños e veciñas de Boiro, sobre todo polos máis pequenos, que durante as vacacións de Nadal van poder xa desfrutar do parque e deste espazo”, comentou o alcalde. Complementario a instalación da pérgola, o Concello de Boiro realizou tarefas de acondicionamento xeral na praza para a súa humanización. Así, realizouse a reforma do acceso ao estacionamento municipal e aos baños públicos que hai a carón do parque infantil e que nunca antes estiveran abertos; dotouse un espazo con céspede artificial e bancos; mellorouse a iluminación en toda a praza e acondicionáronse as zonas axardinadas, eliminando as especies que estaban enfermas e plantando árbores autóctonas.

der, será preciso aportar leite, aceite, galletas, conservas, legumes, pastas... “Con esta iniciativa buscamos que nestas festas sexamos máis solidarios que nunca e que ningunha familia de Boiro pase necesidades”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral, quen lembrou que o Concello “traballa todo ano para atender a cidada-

nía en risco” e que durante o exercicio 2021 “ampliouse a partida destinada a gastos sociais, mediante unha achega da Deputación a través do POS+, ata 1.200.000 euros”. Con este investimento, dixo, ampliáronse e melloráronse servizos como son a axuda no fogar, emerxencia social, respiro familiar ou atención a persoas sen fogar.


6

Decembro 21

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Rianxo

Novos capítulos para o libro aberto da rehabilitación rianxeira O concello sumou novos proxectos de recuperación nos tres núcleos históricos incluídos na ARI

R

ianxo vai seguir traballando pola rehabilitación e a recuperación dos seus núcleos históricos, unha liña de traballo que alén das vantaxes propias de conservar o patrimonio local, ten permitido revitalizar demográfica e economicante os barrios orixinais e mellorar a posición de Rianxo como destino turístico e referente cultural. O pasado 2 de decembro, sen ir máis lonxe, Santiago acolleu a sinatura dun novo convenio para fomentar e impulsar a recuperación arquitectónica e urbanística das zonas históricas das nosas vilas e cidades. A cita contou con representantes dos gobernos central e autonómico e máis de dúas ducias de concellos galegos, incluídos, pola nosa comarca, Noia e máis Rianxo, que acudiron con cadanseus ARIs (proxectos abertos de Áreas de Rehabilitación Integral) para participar na distribución do orzamento total que o Ministerio de Transportes e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (Consellería de Medio Ambiente) mobilizan para seguir dando impulso ás ARIs: 10,2 millóns de euros.

No caso de Rianxo, o alcalde Adolfo Muíños explicou que o obxectivo é dar un novo empuxe á ARI local, que abrangue o centro histórico de Rianxo e os núcleos de Fincheira e Rianxiño. Así, formalizáronse seis novas actuacións no concello a financiar en vivendas. O importe total desta anualidade son 166.494,83 euros dos que o Estado achega 53.000 €, a Xunta 13.695 €, o Concello 39.799,83 € e

  No caso de Rianxo, o

alcalde Adolfo Muíños explicou que o obxectivo é dar un novo empuxe á ARI local, que abrangue o centro histórico de Rianxo e os núcleos de Fincheira e Rianxiño

Devoradora de nenos de Fran X. Rodríguez preestreouse no Auditorio

O

pasado venres 17 de decembro pre-estreouse no Auditorio de Rianxo a curtametraxe Devoradora de nenos, do director local Fran X. Rodríguez. A curta Devoradora de nenos é unha adaptación audiovisual dun relato do burelense Martiño Vázquez, que tamén é o produtor executivo da cinta. O equipo da curta, conformado tamén por Marcos Nine, ao guión, e Fran X. Rodríguez na dirección, é o mesmo cadro artístico responsábel doutra curta de éxito: Beautiful Boy. A nova produción está

protagonizada polo actor Santi Prego, que xa repetía na obra previa e que dá

vida agora a un home que de neno foi vítima dun dramático suceso que truncou para sempre o seu soño de ser astronauta e, que, ademais, desencadeou que fose vítima de acoso por parte dos seus compañeiros. Trátase pois dunha cita de ciencia ficción que a maiores pon o foco nunha problemática moi presente nas nosas vidas ao verse agravada pola entrada en xogo das novas tecnoloxías: a problemática do bullying. Devoradora de nenos xa conta cun primeiro premio: o de mellor guión no festival FKM da Coruña.

os particulares beneficiarios das axudas 60.000 euros. Os propietarios poderán optar a un máximo de 24.000 por vivenda, tendo marxe para executar a rehabilitación até o ano 2025. Ao abeiro desta liña de traballo, os gobernos central e autonómico comunicaron que as administracións locais (como Rianxo e Noia) tamén terán ao seu dispor axudas para a urbanización de espazos públicos incluídos nestas contornas de importancia histórica, e tamén para contribuír aos gastos derivados da actividade das Oficinas das Áreas de Rehabilitación Integral. Logo dos seis novos proxectos de recuperación arquitectónica, xa son máis de 90 as iniciativas de rehabilitación levadas a cabo estes anos no centro histórico de Rianxo e, tamén, nos núcleos de Fincheira e Rianxiño. Segundo fixo saber Adolfo Muíños en rolda de prensa, “a ARI rianxeira xa leva dando un importante servizo dende hai moitos anos, e malia que se seguen a adherir novos proxectos de recuperación impulsados por particulares, aínda quedan vivendas que precisan desta actuación e a axuda de ARI que vimos de asinar será de gran importancia para que as veciñas e veciños poidan levar a cabo máis rehabilitacións”.

Isorna celebrou a figura de Faustino Rey Romero

A

parroquia rianxeira de Isorna homenaxeou o pasado 18 ao escritor local, sacerdote e ilustre veciño Faustino Rey Romero. A cita foi organizada pola Comunidade de Montes de Isorna e a Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero, coa colaboración do Concello de Rianxo. Tivo dous escenarios: o Cemiterio de Isorna (onde se celebrou un acto relixioso na memoria de Faustino Rey Romero, no 50 cabodano do seu pasamento, e fíxose unha ofrenda floral na súa sepultura, acompañando o acto o Grupo de Gaitas Río de Anxo) e a Casa da República (onde se descubriu unha placa conmemorativa polo centena-

rio do nacemento de FRR e onde interveu Xesús Santos co relatorio Faustino Rey Romero, Unha sotana transparente, louvando a figura do poeta de Isorna).



8

Decembro 21

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Porto do Son

Novo impulso ao gran proxecto educativo da comarca

Comeza a conta atrás para a demolición do Colexio de Portosín

A

Dirección Xeral da Costa e o Mar adxudicou os días pasados a redacción do proxecto de demolición do colexio de Portosín. Tres foron as propostas presentadas e a encargada de elaborar o plan será Proyfe. Pola sua banda, o Concello comunicou que o plan especial para construír o novo centro educativo no emprazamento seleccionado pola Administración local xa conta coa aprobación. Os terreos onde irá o novo colexio pertencen a oito propietarios, cos que o Goberno local xa mantivo contactos. O alcalde Luis Oujo salientou o compromiso de Xunta e Costas, unido ao do propio Concello, “para facer realidade a construción dun novo centro formativo, así como a rexeneración da zona de Coira”, concretamente da zona que viña ocupando o dito centro docente. O rexedor subliñou que o propósito é que todos estes proxectos poidan materializarse “con moita brevidade”. Tamén salientou a importancia deste “ambicioso plan”, que suporá, dixo, “unha oportunidade para potenciar a fachada marítima de Portosín e que repercutirá moi positivamente na economía e no turismo local, poñendo en valor un espazo natural e paisaxístico que nunca debeu sacrificarse”. Polo que se refire á construción do novo inmóbel, o seguinte paso é a ad-

Colexio de Portosín

O proxecto do centro docente de Portosín forma parte do novo plan de construción educativa da Xunta, xunto co novo colexio de Milladoiro, recreado na imaxe

O Concello acondicionou diversos puntos de Baroña e Xuño

O

Concello de Porto do Son deu continuidade estes días á súa liña de traballo destinada a acondicionar infraestruturas, rúas, camiños e espazos de importancia veciñal e monumental. Sen ir máis lonxe, nos primeiros días de decembro os operarios municipais levaron a cabo o acondicionamento dos camiños da parroquia de Baroña, poñendo o foco no lugar de Orellán e máis na contorna do Cruceiro da Virxe de Concepción. Por outra banda, o Goberno local tamén impulsou traballos para mellorar os camiños da parroquia de Xuño.

Éxito absoluto da SinSon 10K con 2.000 participantes

A

Escaleiras de Orellán

Cruceiro da Virxe da Concepción

quisición definitiva dos terreos, situados na zona do Mariño, un proceso asumido polo Concello. Pola súa parte, a Xunta será a encargada da edificación en si mesma, sendo Costas do Estado quen asuma as obras de demolición do vello inmóbel, construído na década dos setenta a moi poucos metros da praia de Coira, en zona de dominio público marítimo terrestre (e cunha superficie de case 7.300 metros cadrados), e o posterior acondicionamento do predio. Volvendo ao novo centro docente proxectado, contará cunha área dispoñíbel de máis de 6.600 metros cadrados, dos que a edificación en si mesma ocupará 2.666 metros cadrados, complementándose con trinta prazas de estacionamento interior. Disporá de dous andares, con tres unidades de Infantil e seis de Primaria, amais de comedor, pista cuberta, ximnasio, biblioteca e outras estancias. Amais, a nivel de deseño e construción, o inmóbel que substituirá ao edificio emprazado durante anos a carón da praia de Coira será o segundo da nosa Comunidade construído integramente segundo o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica (tras o novo colexio de Milladoiro, Ames), a folla de ruta do Goberno galego para o deseño dos centros educativos post-COVID, un modelo que aposta de cheo pola amplitude de espazos, a integración na contorna, a accesibilidade e a versatilidade (veñen preparados para dar resposta ás necesidades do ensino das vindeiras décadas). Dará resposta a unha poboación escolar de 900 alumnas e alumnos, sendo a previsión de que estea rematado ao longo do curso 2023/2024.

carreira Sin-Son 10K, un dos eventos deportivos máis relevantes da tempada en Galicia, celebrou os días 18 (para escolares) e 19 de decembro (para absolutas e absolutos) a súa décima convocatoria en Porto do Son, organizada polo Concello. A proba reuniu 2.000 atletas entre todas as categorías, segundo confirmou o concelleiro de Deportes Juan Pouso, quen destacou a importancia deportiva

do evento (un referente absoluto do calendario galego) e tamén a súa relevancia económica (polo impulso que lle dá ao comercio e á hostalería local) e turísticopaisaxística (poñendo á nosa disposición un “percorrido inigualábel” que nos permite correr co mar sempre ao noso carón). Lembrar tamén que en oito días a carreira esgotou todas as súas prazas dispoñíbeis, o que fala as claras do interese que suscita.


O Barbanza Especial Nadal

Número 30

obarbanza

A axenda de Nadal 21-22 resulta ser unha macroaxenda Os programas culturais dos nosos concellos veñen ateigados de actividades

@obarbanzagal

@o_barbanza

608 240 160

Decembro 21

Unha historia na fin do mundo

11

Aventuras no mar de Corrubedo

12

Barbanza fábrica de literatura

14

Celébranse os 100 anos do Faro de Sálvora

Foto: Alicia Domínguez - Estudio Aldolfo Enríquez

Os corsarios confederados que naufragaron en Barbanza

Contrarrestamos a COVID con libros e cultura



O Barbanza Especial Nadal

3

Decembro 21

Porto do Son   AXENDA DE NADAL  

A rapazada, a gran protagonista en Porto do Son

E

n Porto do Son, as nenas e nenos serán sen dúbida as e os grandes protagonistas destas festas do Nadal. O programa de actividades inclúe diversas citas ineludíbeis para elas e eles, como por exemplo a representación da adaptación musical e teatral de O libro da selva, escrita en 1894 polo escritor inglés Rudyard Kipling e levada despois ao cinema por Walt Disney. Será o 22 de decembro, a cargo de Teatro Avento Producións, no auditorio da Casa da Cultura a partir das 17.00 horas e da man do Concello e a Deputación.

Charanga Os Santiaguiños

O libro da selva

Tamén cómpre marcar no calendario os Obradoiros de Nadal que o Concello organizará na Ludoteca do Son e na Casa da Cultura de Xuño e Portosín, os días 22, 27, 28 e 30 de decembro, así como o 3 e o 4 de xaneiro, en horario de 17.00 a 19.00. A través destes obradoiros, a rapazada terá unha oportunidade para divertirse e facer voar o seu talento creativo ao mesmo tempo que se lles achega ás nais e aos pais unha proposta de conciliación para este tempo de celebracións.

Amais, os días 24 e 26 de decembro, entre as 18.00 horas e as 21.00 horas, visitarán a vila os compoñentes da Charanga Os Santiaguiños de Padrón, que percorrerán as rúas dando unha viraxe divertida, explosiva e charangueira aos éxitos musicais máis destacados do momento. Os nenos tamén poderán gozar dos inchables de Tiko Doko, o vindeiro 29 de decembro, cuxas atraccións estarán no Polideportivo de Santa Irene de Porto do Son en horario de 17.00 a 21.00 horas. Sen dúbida un dos momentos álxidos serán as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, que percorrerán o

municipio e visitarán á rapazada das parroquias. O día 23 será a quenda da ruta de Papá Noel, que comezará ás 10.00 horas e estenderase até as 20.00, cunha pausa para o xantar a partir das 14.00 horas (ata as 16.00). O día 5, o itinerario dos Reis Magos seguirá o mesmo traxecto polas parroquias. Polo que se refire aos maiores do concello, está prevista unha xuntanza o día 26 de decembro no Club de

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

Foto páx. 1 Freepik

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

O Barbanza

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

Xubilados de Porto do Son, a partir das 18.00 horas. As inscricións están abertas para as persoas xubiladas do municipio na Área de Benestar até o 17 de decembro ou chamando ao 981 86 74 14, de 10.00 a 12.00 horas. A maiores, o Concello organiza o 31 de decembro, na praza de España de Porto do Son, en horario de 18.00 a 21.00 horas, unha festa para recibir o novo ano (e despedir o vello) amenizada por DJ Cabina Móbil.

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 30 (Decembro 2021) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


4

O Barbanza Especial Nadal

Decembro 21

 AXENDA DE NADAL  Ribeira

Unha gran ilusión chamada Nadal

O Concello de Ribeira enche todas as parroquias de actividades

U

n dos epicentros das festas en Ribeira será o Auditorio Municipal, que inclúe os seguintes espectáculos infantís e

actos: - Noite de Reis. Escola de Teatro de Narón. Venres 17 ás 21.00. - Festival Tahume. O Reflexo de Nadal. Sábado 18 ás 19.00 horas. - Contacontos. Contos de Nadal de Pedro Brandariz. Mércores 22 ás 19.00 horas. - Teatro. O Apalpador e a nena sen medo, de A Xanela do Maxín. Xoves 23 ás 19.00. - Música. Teatro dos Vieiros, de Xoán Curiel e Charo Pita. Domingo 26 ás 19.00 horas. - Contos para dar e tomar. Un paxe real en apuros, de Caxoto. Luns 27 ás 19 horas. - Monicreques. Brancaneves e os 7. De Títeres Cachirulo. Martes 28 ás 19.00 horas. - Narración oral. Astrolabios, de Tarabela Creativa. Mércores ás 19.00 horas. - Monicreques. O Conxuro de Fin de Ano, de Títeres Cascanueces. Xoves 30 ás 19.00 horas. - Música. Roedores, de Redrum Teatro. Domingo 2 ás 19.00 horas. - Narración oral Os contos de Atenea. Estrafalaria. Luns 3 ás 19.00 horas. - Maxia. Mago Rafa. Historias dun ilusionista. Martes 4 ás 19.00 horas. - Festival de Nadal de Bailadela. Sábado 8 ás 19.00 horas. Concertos de Nadal - Concerto de A Misela de Noia. Igrexa de Bretal. Domingo 19 de decembro, ás 18:00 h - Concerto Sons de Nadal, da Orques-

Praza da Igrexa en Ribeira

tra Sons. Igrexa de Ribeira. 19 de decembro, ás 19:00 h. - Concerto de A Misela de Noia. Casa da Cultura de Castiñeiras. Mércores 22 ás 19:00 h. - Concerto Alén do Mar, da Coral Municipal de Ribeira. Igrexa de Ribeira. Xoves 23 ás 20.15. - Concerto de Riobó Quartert. Igrexa de Aguiño. Domingo 26 ás 19.00 horas. - Concerto de A Misela de Noia. Centro Social de Oleiros. 29 de decembro ás 19.00 horas. - Concerto de Esperanza Mara. Igrexa de Palmeira. Domingo 2 ás 19.00 horas. Pekenadal No Centro Cultural Lustres Rivas, ás 12:00 h. O sábado 11 de decembro actuará Polo correo do vento, co espectáculo Mario pensaba que o galego non servía para nada. Trátase dun contacontos para nenas e nenos de 3 a 6 anos. Colabora a Deputación da Coruña. O sábado 18 será a quenda de Os contos de Atenea, con Corochas, para nenas e nenos de 0 a 3 anos. Colabora a Deputación. Nadal Pelegrín Espectáculo do Nadal, carteiro real, obradoiros e inchábeis nas parroquias, de 17:00 a 20:00 h. As nenas e nenos que participen nestas actividades recibirán rifas de balde para o sorteo de tres agasallos que realizarán os Reis Magos o día 5 de xaneiro dende o balcón do Concello. Festas infantís de Nadal nas Parroquias - Carreira: Casa de Cultura e adro da

Igrexa. Mércores 22 de decembro. - Palmeira: Pavillón Alcalde Torres Colomer. Xoves 23 de decembro. - Corrubedo: Centro social e exterior. Luns 27 de decembro. - Castiñeiras: Casa da Cultura de Carreira e exterior. Martes 28 de decembro. - Artes: Pavillón de Artes. Mércores 29 de decembro. - Olveira: Pavillón de Sirves. Xoves 30 de decembro. Festas infantís de aninovo nas parroquias - Oleiros: Centro Social de Oleiros e exterior. Luns 3 de xaneiro. - Aguiño: Pavillón do CEIP Heroínas de Sálvora. Martes 4 de xaneiro. Rúas musicais Música itinerante e concertos de grupos ao aire libre. O venres 24 actúan Os Juapos e Spinal Wins en Ribeira,

Árbore de Nadal en Carreira

na rúa do Sal, a partir das 13.00 horas. Haberá unha ruada coa charanga Fanfarria Furruxa en Ribeira a partir das 17.00 horas. O domingo 26 actuarán Rockolas no Parque García Bayón a partir das 13.00 horas. Haberá ruada en Corrubedo a partir das 12.00 con O Santiaguiño. O venres 31 será a quenda de Amores de Barras, no porto (diante do Bahía) ás 13.00 horas, seguida das actuacións (ruada) da Charanga O Santiaguiño, a partir das 17. O domingo 2 actuará Blow (ás 13h) e, pola tarde, a partir das 19h, novamente a Charanga O Santiaguiño. Expreso de Oriente Tren que percorrerá as distintas rúas da cidade, entrada gratuíta por orde de fila. 24 e 31 de decembro. Saída e chegada na praza do Concello. Horarios: de 11:00 a 12:00 h, para maiores de 65 anos; e de 12:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h, para público infantil.


O Barbanza Especial Nadal

5

Decembro 21

Boiro   AXENDA DE NADAL   Festas infantís de Noiteboa e Noitevella Os días 24 e 31 de decembro no pavillón do CEIP O Grupo de Ribeira, de 16:30 h a 19:30 h, o Concello celebrará unhas festas infantís de Noiteboa e Noitevella, respectivamente. Haberá inchábeis, obradoiros e sesión Discofesta, así como un Espazo Concilia onde poder deixar aos nenos/as de 3 a 9 anos durante un máximo dunha hora atendidos por monitorado. Ademais o día 31 ás 19h faranse as badaladas con uvas de gominola (ata esgotar existencias). A entrada é gratuíta. Recuncho de Nadal Na praza de Porta do Sol de Ribeira atoparemos a Casiña do Nadal onde o Pai Noel, o Apalpador e o Carteiro Real recollerán as cartas das nenas e nenos que acudan a visitalo. Ademais recibirán rifas de balde para o sorteo de tres agasallos, que realizarán os Reis Magos o día 5 de xaneiro dende o balcón do Consistorio. Horarios: 17 de decembro, ás 18:00 horas (acto de apertura). Días 18, 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 18:00 a 20:00 h. Días 24 e 31 de decembro, de 11:30 a 13:30 h. e de 17:00 a 19:00 h. Día 5 de xaneiro de 11:30 a 13:30 horas. Nas xornadas do 25 de decembro e 1 de xaneiro ficará pechado. Punto de recollida de soños Bancos con caixas de correo para recoller as cartas ao Pai Noel e os Reis Magos. Estará na zona da Tasca en Aguiño, no exterior do Centro Recreativo de Artes, no Adro da Capela de Guía de Carreira, no porto de Castiñeiras, Palmeira e Corrubedo, no exterior do Centro Social de Oleiros, no adro da igrexa de Bretal (Olveira), nas prazas de Uxío Novoneyra e do Concello en Ribeira, no Mercado Municipal de Ribeira e no Parque García Bayón de Ribeira.

Punto de recollida de soños en Corrubedo

Cultura e apoio ao comercio en Boiro

Decoración do atrio da Igrexa de Aguiño

Visita dos Reis Magos no Bus Real ás parroquias O mércores 5 de xaneiro estes serán os puntos onde poderemos atopalos: Capela da Guía de Carreira, ás 10h; Aula de Música de Aguiño, ás 10:45 h; Porto de Castiñeiras, ás 11:30 h; Porto de Palmeira, ás 12:15 h., Centro Social de Oleiros, ás 13:00 h con visita ao Hospital da Barbanza; Centro Recreativo de Artes, ás 16:00 h, Casa da Cultura de Olveira, ás 16:45 h e rúa das Delicias (Corrubedo) ás 17:30 h. Belén vivinte O mércores 5 a partir das 18h nos soportais da Casa do Concello. Coorganiza Alfaia. Cabalgata de Reis Mércores 5 ás 18h. Chegada dos Reis Magos ao porto de Ribeira. Acompañarán Troula, Barafunda, Banda de Música de Barro, Charanga O Santiaguiño de Padrón, Grupo Tahume de Olveira, Grupo de Gaitas Os Castros de Ames e o Grupo Musical de Ribeira Leite con Jalletas. Percorrerán toda a cidade para saudar aos nenos/as dende o balcón do Consistorio. Sortearán agasallos entre todas as nenas/os que visitaron ao Carteiro Real, o Apalpador e o Pai Noel.

O

Concello de Boiro, a través do departamento de Cultura, organizou para este Nadal unha completa axenda de actividades que poñen o foco nos máis pequenos e, tamén, en medidas que axuden ao comercio local a remontar o voo logo do longo período de pandemia e restricións. Sobre este punto, a axenda elaborouse en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios, xuntando forzas para tirar proveito positivo da frutífera confluencia entre comercio, cultura e Nadal. En última instancia, o obxectivo é achegar lecer, diversidade e creatividade, pero tamén fomentar as compras nos establecementos locais. Coma nos últimos anos, o Concello de Boiro instalará unha carpa para o groso das actividades que este ano estará situada na praza de A Boqueira de A Negral baixo o nome de Carpa Solidaria. Este sería o programa de actividades: Espectáculos de rúa (polas rúas de Boiro) O 23 de decembro chegan O Apalpador e a súa comitiva e o día 29 será a quenda de Sarao, que animará as rúas de Boiro, a partir das 19.00, co espectáculo A Raíña da Neve. Campamento de Nadal (no Centro Cultura e Deportivo de Boiro) Os días 22, 23, 27, 28 e 30 de decembro e os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro. Obradoiro na Carpa Solidaria O 26 de decembro, obradoiro de malabares ás 19.00 horas. Espectáculos na Carpa Solidaria O 26 será a quenda de N+1 e a función Gandaina, ás 19.00 horas; e o

Foto: Alicia Domínguez - Estudio Aldolfo Enríquez

Sarao Animación

The Cuncas

día 27 Raquel Queizás ofrece Contos de Nadal, de 17.00 a 19.00 horas. O día 28 Sarao Animación visita a carpa con Canta, baila e xoga, ás 19h. O día 29, haberá concertos na Carpa Solidaria: Micro Aberto ás 16.00 horas e The Cuncas ás 21h. O día 30 haberá un concerto solidario. Xogos no Local Leña Verde Os días 27, 28, 29 e 30 de ás 17h (público familiar) e ás 20 h (xuventude e adultos – Escape Room). Mercado na Carpa Solidaria Mercado de artesanía de Nadal Días 3 e 4 de xaneiro na Carpa Solidaria Cabalgata de Reis Magos O día 5 de xaneiro polas rúas de Boiro


6

Decembro 21

O Barbanza Especial Nadal

 AXENDA DE NADAL  A Pobra do Caramiñal   Rianxo

A Pobra loce nestes festexos as súas mellores galas

Rianxo, un fervedoiro de actividades culturais

L

E

ogo do acendido das luces da árbore de Nadal da praza Alcalde Segundo Durán o pasado día 4 e da inauguración do Belén municipal coa posterior chocolatada, o Concello da Pobra encarrilou un mes de decembro ateigado de actividades culturais, de lecer e de reivindicación do comercio de proximidade. Por exemplo a apertura, o día 8, do Mercado Fotos: do Nadal, situado no Cantón da Leña. Esta iniciativa repetirá os días 24, 26 e 31 de decembro e os días 2, 5, 7, 8 e 9 de xaneiro. Haberá actividades de dinamización como xogos tradicionais (nos días 11 e 18 de decembro), showcookings (8 e 12 de decembro), e música e baile tradicional a cargo de Arrancadeira, Xiada e Eiradela (nos días 19 e 26 de decembro e 2 de xaneiro, respectivamente). Unha das grandes novidades deste ano é a posta en marcha dun Nadal Móbil que percorrerá tódalas parroquias; un total de 7 puntos nos que haberá actividades, obradoiros, chocolatada e máis sorpresas. Visitaranse O Camiño Ancho (días 10 e 27), Santo Isidro (14 e 28), O Campiño (15 de decembro e 4 de xaneiro), Santa Cruz (16 e 30), O Maño (21 e 29), A Angustia (22 de decembro e 3 de xaneiro) e A Ribeiriña (23 de decembro e 2 de xaneiro). Ademais, Papá Noel achegarase novamente ás escolas da Pobra, polo que visitará nos días 17 e 20 de decembro tódolos centros educativos de infantil e primaria do termo municipal. Por outra banda, o Concello (a través de Igualdade) achegou unha nova edición dos Obradoiros de Conciliación de Nadal, entre o 22 de

Alicia Domínguez - Estudio Aldolfo Enríquez

decembro e o 7 de xaneiro. Transcorerán no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas, coa posibilidade de entrar ás 10.00 horas, e están dirixidos a crianzas nadas entre 2010 e 2018. Asemade, o Goberno da Pobra impulsou (xunto co comercio local) a segunda edición da campaña Raña e gaña, que repartirá agasallos por un valor total de preto de 15.000 euros. Repartiranse máis de 70.000 rascas en 60 establecementos comerciais e de servizos do concello entre os días 27 de novembro e 6 de xaneiro, ambos incluídos, que se traducirá en arredor de 600 agasallos directos por un importe total de case 15.000 euros. Colaboran CONGALSA, Grupo Roig, Rianxeira/Escurís, Conservas Ramón Franco, a estación de servizo Avia e DS Smith Cartogal. Destacar tamén que o Concello puxo en marcha a segunda edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, contando coa participación de 30 vivendas con representación de tódalas parroquias da Pobra do Caramiñal. As festas chegarán a un intre culminante coa visita dos Reis Magos o día 5.

n Rianxo o Concello fixo un esforzo especial por celebrar unhas festas de Nadal que terán un importante compoñente cultural e creativo e que servirán tamén para reivindicar o comercio local e a fidelidade da cidadanía cos seus establecementos. As actividades comezaron o venres 17, no Centro SocioculturalAuditorio ás 21h coa pre-estrea da curtametraxe Devoradora de nenos de Fran X. Rodríguez. Organizou o Concello de Rianxo. O sábado 18 o Cemiterio e a Casa da República de Isorna acolleron un acto colectivo de homenaxe ao sacerdote e poeta local Faustino Rey Romero no centenario do seu nacemento. Organizou a Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero e a Comunidade de Montes de Isorna, coa colaboración do Concello de Rianxo. Na mesma xornada o Auditorio acolleu un concerto da Orquestra de Cámara de Galicia. Ao día seguinte, domingo 19, o Auditorio deu acubillo ao Festival de Nadal da Asociación Vai de Roda. O xoves 23, o Centro Sociocultural-Auditorio acollerá ás 20.30 horas un concerto de Víctor Bouzas Cuarteto. Esta actuación abéirase ao IV Ciclo de Novos Intérpretes que organizan a Escola de Música de Rianxo e Concello de Rianxo. Os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, a praza de Castelao será o escenario da Carpa de Nadal, que estará operativa en horario de 16:00 a 19:00 horas con obradoiros, actividades multimedia, espazos de xogos,... A carpa acollerá diversos espectáculos. Por exemplo

Foto: Alicia Domínguez - Estudio Aldolfo Enríquez

Concerto de Víctor Bouzas Cuarteto

unha función de clown e escapismo a cargo de Pajarito (A vida tola) o domingo 26 ás 19.00 horas, ou o concerto Consertasso na horta a cargo de Brais das Hortas, o xoves 30 ás 19.00 horas. Organiza e promove: Concellería de Desenvolvemento Local, Comercio e Emprego do Concello de Rianxo. O domingo 26, o Auditorio de Rianxo acollerá o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo, ás 20.30 horas. Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora: Concello de Rianxo. O mércores 29, o Auditorio dará acubillo ao concerto infantil Tecendo Soños, coa soprano noiesa Esperanza Mara e co pianista Alfredo Susavila. Será ás 18:00 horas. Organiza: Concello de Rianxo O mércores 5 de xaneiro, a Cabalgata dos Reis Magos percorrerá durante todo o día as parroquias do concello rianxeiro. Pola mañá: percorrido por Leiro, Isorna e Asados. Pola tarde: percorrido por Araño, Taragoña e Rianxo. Organiza: Concello de Rianxo. Colaboran: entidades asociativas, empresas e particulares do Concello. Os eventos organizados polo Concello de Rianxo deben solicitarse as reservas na web www. concelloderianxo.gal/reservas.


O Barbanza Especial Nadal

7

Decembro 21

Dodro   AXENDA DE NADAL  

Un Nadal para desfrutar (e conciliar) A axenda festiva de Dodro destaca pola diversidade das propostas e por achegar lecer a residentes e visitantes

O

Concello de Dodro presenta unha ampla oferta de actividades para o desfrute do tempo de Nadal, dirixida tanto á poboación local como aquelas persoas que visiten o municipio nestas datas. O programa de actuacións comezou o venres, 17 de decembro, na Casa da Cultura, ás 17.30 horas, da man de Baobab Teatro co seu espectáculo musical Ris Ras, dirixido ás crianzas de 1 a 8 anos. Esta actividade formou parte da proposta de Nadal en Rede, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e ten como obxecto promover o uso da nosa lingua no tempo de lecer e conservar a tradición e a celebración galega destas datas sinaladas. O sábado, 18 de decembro celebrouse a Andaina polas aldeas de riba de 8,5 quilómetros, na que as persoas participantes puideron coñecer o patrimonio natural e cultural que agochan as terras altas do municipio. A saída foi as 10.30 horas desde a Fonte Primeiral.

Espectáculo musical Ris Ras

O 21 de decembro o Apalpador visitará ao alumnado do CRA de Dodro para anunciar a chegada do Nadal, desexarlles unhas boas vacacións escolares e amosarlles o seu agarimo con un pequeno agasallo. Os días 22 e 23 de decembro, entre as 11.00 e as 13.00 horas, o Polideportivo Municipal acollerá unhas xornadas deportivas dirixidas a nenas/ os de 7 a 15 anos. O 23 de decembro, pola tarde, ás 17. 30 horas, tamén no polideportivo celebrarase o Festival Dodro Nadal. No marco desta actividade a rapazada e as súas familias poderán desfrutar unha xornada lúdico-festiva con inchábeis, música e coa visita de Papá Noel. Entre o 27 e o 30 de decembro, entre as 10.00 e as 13.00 horas, na Casa da Cultura terá lugar o Concilia Nadal. Trátase dunha oferta de actividades lúdico educativas para nenas/ os de 4 a 9 anos, dirixidas a facilitar a conciliación dos tempos de traballo e crianza das familias durante as vacacións escolares de Nadal.

Xa por último, pecharase este ciclo o día 5 de xaneiro de 2022 coa recepción dos Reis Magos, ás 17.00 horas, no polideportivo municipal, onde o público desfrutará a visita das Súas Maxestades de Oriente con animación musical, malabares, globoflexia, chocolate con churros, agasallos e lambetadas. O desenvolvemento destas actuacións estará suxeito á normativa anti-COVID vixente. Para máis información poden dirixirse ao departamento de Cultura do Concello de Dodro: Visita virtual do Apalpador ao CRA de Dodro no 2020 981 80 24 72.


8

Decembro 21

O Barbanza Especial Nadal

 AXENDA DE NADAL  Noia   Lousame   Outes

Solidariedade, conciliación e talento en Noia

Cultura e espectáculos para todas as idades en Outes

O

Concello de Outes compartiu o seu programa de actividades de Nadal, un programa de mercado cariz cultural e con actividades para veciñas e veciños de todas as idades. - 17 de decembro. Ás 21h, actuación da Escola de Música e Baile Tradicional na Casa da Cultura.

N

oia vai celebrar un Nadal solidario, participativo, integrador e formativo. Nesta liña insírense citas como a deste domingo 26 de decembro: un festival benéfico de zumba organizado por Kitis Katis Dance Class (en colaboración co Concello) a favor de ASGHOP, a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. O festival será como dixemos o domingo 26 de decembro, ás 19.30, no Pavillón Alonso Rodríguez. As entradas poderanse adquirir a través de ambas asociacións. Ademais contarán cunha fila 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa compra da entrada, pero que non poidan asistir ao evento. A maiores, a concelleira de Deportes e Xuventude de Noia, Laura Salgado, presentou unha nova edición do Campamento de Nadal, dirixido aos rapaces de entre 3 e 12 anos, que dará comezo o día 22 de decembro e rematará o 4 de xaneiro. Este ano, como novidade, o campamento ofrecerá o servizo de madrugadores, a partir das 07:30h, e tamén o servizo de recollida ata ás 14:30h que permite aos cativos estar unha hora máis. As inscricións deben

facerse na Casa do Concello a partir do 16 de decembro. Asemade, dende Xuventude de Noia puxeron en marcha unha actividade-concurso que consiste en convidar á mocidade a facerse un selfie con decoración de Nadal. Haberá premios para as máis destacadas contribucións: vales para gastar no comercio local por valor de 200 euros para a primeira clasificada, 100 para a segunda e 50 para a terceira. O concurso Recunchos de Nadal en Noia diríxese a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos. Para participar as persoas interesadas deberán fotografarse co seu dispositivo a carón dalgún dos recantos decorados do Nadal do Concello e enviar logo a imaxe á conta nadalennoia@orbitainfantil.com. Para máis información, cómpre visitar as bases do concurso na web do Coliseo Noela, en www. coliseonoela.com. Lembrar tamén que xa se pode visitar en Noia o belén animado da igrexa de Santa María A Nova. O horario de visitas será de luns a sábado, de 10:30h a 13:30h e de 16:00h a 20:00h. Os domingos poderemos visitalo so en horario de mañá de 11:00h a 14:00h.

- 18 de decembro. Ás 19h, teatro infantil na Casa da Cultura con Só. Ás 20.00, concerto a cargo da Coral Poeta Añón na Capela da Serra de Outes. - 21 de decembro. Ás 17.30h, contacontos

Contos e outras andrómenas

de Nadal na Biblioteca Municipal. - 26 de decembro. Ás 19h, espectáculo infantil Unha festa de Nadal na fraga, na Casa da Cultura. - 27 de decembro. Ás 19.30h, concerto da Coral O Peirao na Igrexa do Freixo. - 28 de decembro. Ás 12h, espectáculo de teatro infantil na Casa da Cultura: Mariné e o xastre de Magalofes. Ás 20h, chocolatada co grupo Pandereteiras

de Tremuzo, no Centro Social da Serra. - 29 de decembro. Ás 20h. Concerto da Banda Municipal de Música na Casa da Cultura. - 30 de decembro. Ás 19h. Punkdemia (teatro infantil) na Casa da Cultura. - 4 de xaneiro. As 19h, Contos e outras andrómenas, teatro infantil na Casa da Cultura. - 5 de xaneiro. A partir das 17h, a Cabalgata de Reis visita Outes e as súas parroquias.

Lousame será un FESTA con maiúsculas - Sábado 18 ás 19:30 horas, Concerto de Panxoliñas. Igrexa San Pedro de Tállara. Con O Son do Pote e o grupo de música da UNED Sénior Lousame. - Contacontos de Nadal. Martes 28 ás 12h. Casa da Cultural Espectáculo Flipa cos contos. - Mostra Nós tamén fomos emigrantes. Ata o día 26. Máis de 40 fotos da Axencia EFE. - Exposición As mulleres no mundo da maxia. Dende o 27 de decembro (mesmo horario) na sala de exposicións da Casa da Cultura. - Recepción dos Reis

Mostra Nós tamén fomos emigrantes

Magos. Mércores 5 de xaneiro, na Casa da Cultura de Lousame en quendas de 10 persoas e 10 minutos, entre as 10:30 e as 19:00 horas. As familias reservarán en bandoticket o horario que máis lles conveña, para evitar concentracións de persoas.

- Festival de Reis. Sábado 8 de xaneiro. Polideportivo Pilar Barreiro Senra. Parque infantil, xogos, churrería Rafra… Haberá tres quendas de 150 persoas cada unha: de 16:00 a 17:00 horas, de 17:30 a 18:30 horas e de 19:00 a 20:00 horas.


O Concello da Pobra do Caramiñal deséxalles unhas

(felices festas) luns

20

21

Visita de Papá Noel nos colexios 27

martes

O Camiño Ancho

Centro social escola

03

22

A Angustia

Centro social

Centro social

28

Centro social

29

24

A Ribeiriña

30

O Maño

Santa Cruz

Centro social

Centro social

Centro social escola

06

sábado 25

Mercado do Nadal Noiteboa 31

Santo Isidro

05

venres

xoves 23

O Maño

04

A Angustia

mércores

26

NADAL 01

Mercado do Nadal + Animación Eiradela 02 Mercado

do Nadal + Animación

Mercado do Nadal Noitevella 07

domingo

Xiada

ANINOVO 08

+ A Ribeiriña

09

O Campiño Centro social escola música

Mercado do Nadal

REIS

Mercado do Nadal

Mercado do Nadal

Mercado do Nadal

Mercado do Nadal no Cantón da Leña. Horario: 11:00 h - 14:00 h / 18:00 h - 21:00 h Nadal móbil: Obradoiro do Nadal / Pintacaras para nenas e nenos Música do Nadal / Chocolatada Horarios do Nadal móbil: 18:00 h - 20:30 h


10

Decembro 21

O Barbanza Especial Nadal

 PLAN ÚNICO

Co punto de mira en paliar a adversidade

O Plan Único da Deputación investiu este ano 11 millóns nos concellos do Barbanza

A

Deputación da Coruña achegou un balance dos investimentos da entidade provincial na nosa comarca, neste ano en curso. Fíxoo a través do presidente provincial, Valentín González, quen sinalou que a cifra achegada aos nosos concellos pola entidade a través do Plan Único (POS+2021) alcanzará este ano os 11 millóns, dos que preto de 2 destínanse a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de “paliar os efectos da pandemia e protexer aos colectivos máis vulnerábeis”. O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para “mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise sanitaria e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia”. Como dixemos, o Plan Único achega case 2 millóns de euros aos 11 concellos da nosa comarca “para paliar os efectos sociais provocados pola

pandemia”. As contías repartidas nos diferentes municipios, dixo o presidente, oscilan entre os 103.356,63 euros de Carnota e os 262.161,95 euros que recibe Ribeira. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas

Medio millón de euros en humanización e seguridade viaria no Son

A

Deputación informou estes días de que vai investir máis de medio millón de euros na humanización de rúas en Porto do Son, concretamente en Nebra (onde se renovará o pavimentado e incrementarase a accesibilidade de Santa María da Igrexa) e na rúa Santa Irene (mellorando a seguridade cunha nova beirarrúa de formigón e granito, e creando un percorrido continuo entre a rúa Avellaneda e

o pavillón polideportivo), ao que se engadirá a construción dunha beirarrúa entre os núcleos de Arnela e Abuín. “As actuacións darán máis protagonismo aos peóns e me-

llorarán a estética destes lugares con materiais acordes ao entorno, amais de recuperar lugares de calidade e espazos adicados á cidadanía”, sinalou a entidade provincial.

coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerábeis son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos. Concellos coma Ribeira ou Mazaricos destinan a practica totalidade do Fondo Social do Plan Único

para reforzar o servizo Servizo de Axuda no Fogar. Outros coma Mazaricos destinan boa parte dos fondos a liñas de apoio a persoas e familias en risco de exclusión social. Dentro do plan, 11 concellos da comarca executarán un total de 42 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras. O presidente salientou “grandes investimentos” como os 245.500 euros dedicados ao proxecto de mellora dunha vintena de camiños rurais en Mazaricos, os 230.922,63 euros para o proxecto de mellora de infraestruturas hidráulicas en Abelleira (Muros), os 193.328,94 euros para o saneamento en Mantoño (Porto do Son) ou os 169.198,74 euros para o punto de atención á infancia no Cruceiro (Outes), máis “tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes”. Os municipios da comarca destinan este ano 289.804,25 euros para redución da débeda, 258.022,31 euros para pago a provedores e 1,5 millóns para gasto corrente. A través do Plan Adicional financiaranse investimentos por importe de 3,1 millóns de euros.

Campus de voleibol en Boiro

O

presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, asinaron un convenio para financiar a celebración dun campus de voleibol na vila. Fixérono na sede da institución provincial, onde deron a coñecer os detalles do acordo. A celebración do campus abéirase á programación deportiva que o Concello de Boiro desenvolve para fomentar e promover o deporte de base en distintas modalidades. Segundo explicou José Ramón Romero, “Boiro conta cunha importante actividade deportiva e con preto de 300 nenos e

nenas que participan nas escolas deportivas de voleibol”. Con este campus, engadiu, “ofrecerase un servizo dirixido a todos os rapaces e rapazas, de entre 8 e 16 anos, do municipio e a comarca”. Asemade, engadiu que “esta actividade complementa o campus de volei praia que se desenvolve

durante o verán e as escolas deportivas de voleibol que se realizan durante o curso escolar”. O importe total deste convenio para a celebración dun campus de voleibol é de 20.000 euros, dos que a Deputación da Coruña aporta 16.000 e o Concello de Boiro faise cargo do restante.


O Barbanza Especial Nadal

11

Decembro 21

A HISTORIA DA COMARCA  

“Cen anos vixiando a ría desde Sálvora” Por Xosé María Fernández Pazos

E

ste pasado 5 de decembro cumpríronse 100 anos da posta en marcha do novo Faro de Sálvora. Construído nos anos anteriores o naufraxio do vapor-correo do Santa Isabel, o faro non chegaría a tempo para evitar a traxedia do terceiro suceso en número de vítimas das costas galegas, 213, e do que este ano que remata lembramos os cen do seu afundimento nos baixos da Pegar, xusto baixo do faro actual. Tampouco evitaría o faro novo que un ano despois en 1922 outro buque, o Cataluña, embarrancara no mesmo lugar que o vapor da Compañía Transatlántica Española, aínda que sen vítimas.

Proxecto En 1904 o Servizo Central de Sinais Marítimas, decidiu revisar os faros da ría de Arousa dándolle prioridade á construción dunha nova luminaria que substituíra o vello feito en 1851. O obxectivo era darlle mais altura logrando con iso que fose visible desde o interior da ría e que servira para a guía de entrada e saída de buques, cubrindo amais a sinalización ata o baixos de Corrubedo, o que obrigou incluso a dinamitar parte das rochas do lado dereito e deste xeito permitir que chegara a luz do faro. Na operación tiveron que demolerse preto de mil metros cúbicos de rocha debido a un erro nos cálculos de altura da luz que quedaba tapada cara o noroeste. Tamén sería demolido o vello faro o material do cal foi usado na construción do novo. En 1905 a obra encargase os enxeñeiros de Pontevedra que entrarían a formar parte dunha comisión na que tamén estaría o Ministerio da Guerra, xa que a illa fora expropiada por necesidades de defensa nacional e 1904 instalándose nela unha batería, o que obrigou a desprazar o faro unha ducia de metros o noroeste. O proxecto do novo faro foi realizado polo enxeñeiro Mauro Serret, que pertencía ao Servizo Central de Sinais Marítimas. Cun orzamento de 123.132, 80 pesetas, algo mais de 740 euros actuais, o faro entrou en funcionamento o luns 5 de decembro de 1921 coa categoría de “faro de terceiro orde Gran Modelo” e cun alcance de 17 millas náuticas, preto de 31 quilómetros. O edificio tería unha planta en forma de U e torre octogonal pegada á fachada posterior do edificio principal. Sería de forma troncopiramidal e realizada en cantería vista e cun dobre balcón supe-

1

2

1 2

Alzado do faro vello, que foi construído no ano 1851 por Celedonio de Uribe.

3

Mentres se levantaba a nova instalación, montouse unha luminaria provisional. Na imaxe está o terreiro Tomás Paga e diversas autoridades.

3

Imaxe da nova construción nos anos vinte, cando aínda non estaba operativa, e que se corresponde coa actual.

rior. Inicialmente, no proxecto iniciado en 1910, non se fixara a altura da torre pendente do tipo de lanterna e iluminación do que sería dotado. As características técnicas do faro e a mellora das instalacións para os torreiros e familias, foi considerado pola prensa como un dos máis modernos da época. Por certo o Faro de Sálvora sería xunto o de Ons e Sisargas dos últimos en usar petróleo. No ano 2000 o sistema de rotación, que usaba un complexo sistema de engrenaxes, pións e rodas foi cambiado por un motor eléctrico de rotación. O faro funcionaba con petroleo e periodicamente unha embarcación transportaba un cento de bidóns de 50 litros. Tratábase dun traballo arduo xa que o barco tiña que fondear preto do peirao e levar e nun bote a remo levábase o dique para os eu traslado. A veces os traballos de descarga obrigaban a gardar nunha caseta aínda existente agora parte da carga ata o día seguinte. O Faro de Sálvora é moi semellante o de Punta Insua en Carnota acendido tamén nese mesmo ano 1921, e que acelerou a súa construción polo naufraxio do cruceiro Cardenal Cisneros afundido en 1908 o encallar nos baixos de Os Meixidos entre as rías de Corcubión e Muros, considerado un dos puntos mais perigosos de toda a Costa da Morte cunha ducia de afundimentos.

  O actual faro de Sálvora

substitúeu o vello feito en 1851 por Celedonio de Uribe, un dos mais activos enxeñeiros da provincia O vello faro

O actual faro de Sálvora substitúeu o vello feito en 1851 por Celedonio de Uribe, un dos mais activos enxeñeiros da provincia, autor entre outros dos proxectos dos faros de Corrubedo e Cíes, e deseñaría boa parte das vías provinciais. como as estradas de Noia – O Son en 1868 e a estrada de Padrón a Ribeira, e nesta cidade o dique, a precisión de desaugues e outras obra que permitirían levantar os primeiros planos das vilas comarcais inexistentes a nivel municipal. O lugar escolleito para a instalación do faro sería o mais saínte cara ao sur, coñecido como punta Besugueiros, desde onde era posible ver as torres luminosas de Corrubedo polo norte e Ons e Cíes pola costa sur. O vello faro chegaría ós 25 metros de altura desde

o nivel do mar e remataba cun pequeno balcón que rodeaba a torre hexagonal dunha lanterna de 1,80 metros de diámetro e na que tamén se instalaría a óptica e o aparato de iluminación. As obras empezarían en 1852 usando pedra da illa e entraría en funcionamento o 19 de outubro de 1853, sendo de cuarta clase con luz fixa branca e destelos vermellos cada dous minutos chegando ás 9 millas náuticas- pouco máis de 16 quilómetros. O faro protagonista da noite do naufraxio do Santa Isabel sería desmantelado posteriormente e parte da súa estrutura usada no novo. Mentres non se poñían en marcha a luminaria nova, levantouse unha instalación provisional cunha luz universal que se construíu sobre unha rocha próxima a Besuguerios. A cerrazón da noite do naufraxio do Santa Isabel e a escas luz que daba a lanterna, tiveron seguramente moito que ver na traxedia e que fixo que se tomaran mal as referencias da posición da rota do buque. Actualmente aínda se conservan algúns restos situados o sur do faro moderno xusto sobre as rochas onde embarrancou o vapor-correo.


12

Decembro 21

O Barbanza Especial Nadal

 CORSARIOS NO BARBANZA

Os corsarios confederados que naufragaron en Barbanza Por Abdón Dorca

O Sumter entrando na baía de Gibraltar

O

15 de abril de 1862, sete oficiais corsarios do Exército dos Estados Confederados de América naufragaron nos baixos de Corrubedo. Así escrita parece unha frase algo disparatada. A realidade dos feitos foino aínda máis. Retrocedamos. Cando se desencadeou a Guerra de Secesión en abril de 1861, a facción rebelde non tiña barcos de combate. Un veterano comandante tránsfuga chamado Raphael Semmes púxolle remedio a esta carencia tuneando un cargueiro cubano ao que renomeou CS Sumter. O 18 de xuño partiu de Nova Orleans e tras burlar o bloqueo ao que tiñan sometido o río Missisippi montou unha verdadeira desfeita. O Sumter era un barco pequeno e mal armado, incapaz de medirse coa potencia de fogo dos acoirazados da Unión, pero Semmes aplicou tácticas de corsario para golpear á mariña mercante inimiga. En seis meses, apresou ou incendiou (decote ondeando a bandeira ianqui para despistar) 18 buques nas augas do Caribe e o Atlántico. Coas pólizas de seguro disparadas, atrapalo converteuse nunha misión prioritaria para o goberno norteño. Estivo a piques de conseguilo na Martinica, pero o Sumter zafouse dos seus perseguidores cunha manobra digna do gran Houdini. Ancorado na baía neutral de Xibraltar non puido repetir o número de escapismo: sete barcos permanecían vixiantes a calquera ademán. Semmes deu por concluída a aventura: no Mooltan puxo rumbo a Inglaterra cun grupo de oficiais e, dous días despois, outros sete fixérono no Euphrosyne.

Única foto coñecida de Simeon W. Cummings

A derrota do CSS Alamaba recreada por Édouard Manet

Sentado no centro, Rapahel Semmes rodeado de oficiais

Eran as catro da tarde cando o Euphrosyne topou nos baixos de Corrubedo e a auga anegou a sala de máquinas. Pasaxe e tripulación subiron aos botes de salvamento. “Loitaron contra o vento e o mar ata alcanzar a terra máis próxima, que ao parecer está cerca da veciñanza de punta Falcoeiro”. Alí “deron con dous pesqueiros españois que os transportaron salvos a Vigo”. As frases entre aspas pertencen ao Liverpool Daily Post. Do que non falou ningún xornal foi da presenza dos confederados: sabémola polos seis telegramas que o cónsul en Vigo de EE.UU., Manuel Bárcena y Franco (futuro alcalde e futuro conde de Torrecedeira), cruzou co secretario da Embaixada en Madrid, Horatio Justus Perry (futuro tío de Ramón Gómez de la Serna). Perry preguntou se Semmes estaba entre os salvados. "Creo que non estaba entre eles", respondeu o cónsul, quen mencionou o estado de desamparo dos náufragos rebeldes. Perry foi meridiano: "Oficialmente non pode acoller a eses homes (...) pero se algún estivese disposto a devolver a súa lealdade ao goberno que ultraxaron, autorízoo a tratalo como a un navegante americano desvalido". Non foi o caso: "Lograron comprar unha pasaxe barata a Southampton (...) un deles foi o último en abandonar o barco afundido e salvou parte dos seus cartos". A historia podía rematar aquí, pero non. Porque, en segredo, os sureños acababan de construír en Inglaterra un poderoso barco. Un buque ao que se teñen dedicado libros, cancións, documentais e entradas na Wikipedia en 15 idiomas... Falamos do CSS Alabama, que foi confiado a Semmes. Cos seus oficiais, Semmes ampliou o teatro de operacións ao mundo enteiro... Terranova, Suráfrica, China, Singapur... Non había mar onde sentirse a salvo. Abateu 65 buques ata que en xullo de 1864 derrotouno o USS Kearsarge fronte ás costas de Francia. A batalla foi pintada por Manet. Sabemos as identidades dos sete oficiais? Sabemos seis, sacadas do libro Two years on the Alabama, de Arthur Sinclair (1895). Eran Matthew O'Brien (auxiliar de maquinista), John Pundt (ídem), Benjamin Mecaskey (contramestre), William Brookes (maquinista), Walter Robinson (carpinteiro)... e Simeon Cummings (auxiliar de maquinista), considerado no imaxinario sureño como o único soldado confederado que foi enterrado no estranxeiro (Suráfrica). Logo de 131 anos o seu cadáver regresou, recibindo unha ruidosa cerimonia fúnebre polas rúas de Columbia (Tennessee). Xunto ás portas das tendas pendía un cartel: "Benvido a casa, tenente Cummings". Pouco lle faltou para acabar nas frías augas do Barbanza.


O Barbanza Especial Nadal

13

Decembro 21

PRODUTOS GALEGOS  

Galicia Etiqueta Calidade

A I Mostra de Calidade Alimentaria pon de manifesto os moitos elementos que nos converten nunha potencia no sector nos produtos de calidade. Tamén salienta que estas producións son a “Excelencia de Galicia” e que son garantía, autenticidade e singularidade. Ao tempo, transmite a decidida aposta polo produto local e de proximidade e traslada que os produtos de calidade de Galicia son os mellores. No marco desta Mostra tamén se deu a coñecer o mercado dixital oficial no que produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles co consumidor. Trátase, así, dun verdadeiro mercado online, no que se poderán comercializar os produtos de excelencia de Galicia cun só clic.

Come galego, saudable e atlántico

G

alicia pode presumir de contar con ata 36 selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Son experiencias de calidade ás que hai que engadirlle tamén outras producións de excelencia, como son as derivadas das razas autóctonas de Galicia, o selo Galega 100%, que ampara o leite galego de calidade certificada e o selo pescadeRías, que ampara os peixes e mariscos da nosa frota artesanal. Estas producións do mar e do campo galego víronse potenciadas nos últimos anos grazas á dinamización dos coñecidos como produtos de calidade. Son recursos que constitúen unha das mellores ferramentas das que dispón o medio rural desta comunidade para asegurar o seu futuro, emprender novas vías de desenvolvemento e reinventarse. Coa posta en valor dos produtos de calidade, a través das denominacións de orixe protexidas (D.O.P) e das indicacións xeográficas protexidas (I.X.P.), os produtos galegos alcanzaron unha nova dimensión, máis competitiva e con todas as garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade.

I Mostra de Calidade Alimentaria

Co fin de impulsar toda esta riqueza, a Xunta celebrou no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), a I Mostra de Calidade Alimentaria. Neste contexto avanzouse que o selo Galicia Calidade

terá a partires de agora unha sección específica sobre alimentación que se denominará Galicia Calidade Alimentaria e que englobará produtos con excelencia recoñecida, afondando tamén na súa promoción. Na presentación da nova campaña institucional da Xunta Galicia Etiqueta Calidade, anunciouse a creación deste selo, na que a Xunta investirá 700.000 euros para divulgar o bo facer da xente do mar e do agro. Trátase dunha iniciativa que quere amosar nestas datas de Nadal que Galicia é unha potencia alimentaria. Esta campaña destaca a importancia do etiquetado

O evento acolleu, ademais, ata tres foros diferentes, que versaron sobre gastronomía e turismo, arredor da filosofía slowfood e sobre a Dieta Atlántica. Todos eles foron acompañados da degustación de produtos relacionados. Así, o primeiro foro, baixo a denominación de Come galego tivo como eixo central a conferencia e showcooking sobre Ecociña impartida pola directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández. O segundo espazo (Come saudable) consistiu nunha mesa redonda sobre a filosofía slowfood que abordou as vantaxes dunha materia prima sen procesar, dun produto de proximidade, da biodiversidade, da menor pegada de carbono e da conservación territorial e cultural.

O terceiro dos foros, Come Atlántico, permitiu afondar nas fortalezas da Dieta Atlántica, a súa adaptabilidade ás diferentes necesidades nutritivas e o seu futuro dentro da promoción dos produtos de calidade alimentaria de Galicia. De forma paralela a todos estes eventos, durante os tres días de celebración da Mostra instalouse no exterior do Pazo unha gastroneta da Xunta que ofreceu os asistentes unha mostra da calidade alimentaria galega, presentada nunha caixa con diversos produtos da despensa da nosa comunidade. Por outra banda, esta I Mostra acolleu tamén a entrega dos xa coñecidos premios Exceleite, que supoñen un recoñecemento ás explotacións galegas senlleiras de vacún de leite e avalan a excelencia hixiénico-sanitaria dos produtores de leite cru de vaca, así como os das Catas de Queixos e Meles de Galicia 2021, que galardoan os mellores queixos e meles, entre outras accións.

Premios Exceleite

Na entrega dos premios Exceleite púxose en valor a futura Lei da calidade alimentaria, que apostará pola produción excelente de proximidade, san e sustentable que sempre distinguiu a Galicia. Ademais, neste acto destacouse tamén que a Xunta actúa como o acelerador do motor que representa o lácteo para a nosa comunidade mediante o impulso de medidas como a Estratexia sectorial e, dentro dela, a aplicación informática Conta Láctea ou a formación empresarial dos gandeiros.

Relación de premiados Exceleite 2021:


14

Decembro 21

O Barbanza Especial Nadal

 LITERATURA

Libros contra a crise

Por se había dúbidas sobre o papel referente do Barbanza no panorama das letras galegas, achegamos máis novidades para despexalas

Xosé Antonio Neira Cruz, gañador do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

A Real Filharmonía estreou A sombra de Cristal, con texto de Quico Cadaval

A

Real Filharmonía de Galicia estreou o 9 de decembro, no Auditorio de Galicia, a ópera cómica A sombra de Cristal de Fernando Buide, con texto e dirección escénica do noso veciño Quico Cadaval (Ribeira, 1960), un encargo conxunto da RFG e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. Dirixida polo director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel, contou coas voces da soprano María Hinojosa, do barítono César San Martín e do actor Víctor Mosqueira, que fai de personaxe mudo.

O proxecto tivo a súa orixe na idea da Asociación de Amigos da Ópera de realizar unha “versión” contemporánea e ambientada en Galicia da icónica ópera cómica La serva padrona de Pergolesi. Quico Cadaval resumiu o argumento da ópera como “o camiño de tres personaxes infelices que tratan de expulsar a infelicidade das súas vidas”. Así, A sombra de Cristal conta a historia de Trocado, un conselleiro da Xunta de Galicia que ten ao seu cargo a Consellería de Harmonía e Innovación.

Culto, sensíbel e tímido, teme os espazos abertos e os eventos multitudinarios e, ademais, é barítono. Por fortuna para el, conta coa protección de Cristal, a protagonista; é a súa xefa de prensa, creativa, moderna e visionaria, unha incomprendida na rutinaria actividade autonómica, ademais de soprano. Tamén está Marcial, o policía que coida da seguridade do conselleiro, un ex militar de pasado heroico que se sente rebaixado a gardacostas. Cristal ve como, unha e outra vez, os seus proxectos chocan coa desidia de Trocado, que se entrega á melomanía e ao hedonismo. Cristal tece, coa axuda de Marcial, un plan para rematar coa situación. Pero non conta con que Trocado, gran coñecedor da música barroca, detecta sorprendentes semellanzas entre as astucias de Cristal e o argumento de La serva padrona de Pergolesi.

O

xurado do cuarto Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro deu a coñecer os días pasados a obra gañadora desta edición. Así, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia; Marta Neira Rodríguez, filóloga e ensaísta; e Loretta Birott Bermejo, escritora, decidiron que a distinción fose dar á obra Por mor de cinco pizzas ós catro queixos, de Xosé Antonio Neira Cruz, quen repite galardón ó gañar a segunda edición con O enigma do baúl pechado. Na primeira convocatoria recaera en Os Fantom, de Patricia Mallo, e a terceira quedara sen adxudicar por estimaren que ningún dos orixinais presentados acadaba a suficiente calidade literaria. Nesta ocasión, segundo explicaron, produciuse a situación contraria. Na compaña da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeGPSOE), e de Lourdes Briones, viúva do escritor que dá nome a este certame literario, os

membros do xurado presentes no acto destacaron o “altísimo nivel” dos textos presentados, un total de 29, e, polo tanto, manifestaron que a decisión foi complexa, pero que se tomou por unanimidade, se ben algúns deles poderían ser publicados por unha editorial, tal e como apuntou Francisco Castro. Convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia, o dito certame é concibido como un medio para “promover os autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, así como para homenaxear ao escritor Carlos Mosteiro”. A edil Patricia Lojo sinalou que o premio supón unha dotación económica de 3.000 euros, duplicando o Concello a contía respecto a edicións anteriores, ademais de se publicar a obra gañadora na colección Árbore da Editorial Galaxia e de se repartiren exemplares entre a rapazada do municipio.


O Barbanza Especial Nadal

15

Decembro 21

LITERATURA  

Dodro conmemorou en dúas xornadas o gran agasallo da literatura

O

Concello de Dodro celebrou en formato espectacular (cunha gran festa literaria de dúas xornadas -venres 10 e sábado 11- na que se puido participar presencial e virtualmente) a entrega do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

O programa do venres arrincou ás 20.00 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, coa presentación da obra Urda, de Quico Valeiras, gañador do premio da convocatoria 2020. Complementouse a cita co espectáculo de Aldaolado (as poetas Lucía Aldao e María Lado) Epístola de

Aldaolado ás neofalantes. Ao día seguinte, 11 de decembro, as actividades comezaron pola tardiña no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, onde se procedeu á entrega oficial do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón á escritora Inma López Silva, que se impuxo este ano coa obra Clepsidras. O Concello, para facilitar desprazamentos e acadar a máxima repercusión destas actividades (que viñeron acompañadas de estritas medidas anti-COVId) habilitou servizos de autobuses polas aldeas para as dúas xornadas de celebración literaria en Dodro. Amais de todo o devandito, Cultura de Dodro concedeu o Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón a María Rodríguez Romero, pola súa obra O mundo dos soños. Este premio entregouse tamén na xornada do sábado.

Marcos Lorenzo deu a coñecer en Boiro Dous escritos sobre a felicidade

A

Asociación Cultural Barbantia, Edicións Embora e o Concello de Boiro organizaron o 10 de decembro a presentación do libro Dous escritos sobre a felicidade, do escritor coruñés Marcos Lorenzo. Interviñeron o propio Marcos Lorenzo (economista, antropólogo e escritor), Fidel Vidal (psiquiatra e escritor), Alberto García (técnico cultural do Concello de Boiro) e María Outeiral (concelleira de Cultura de Boiro). Dous escritos sobre a felicidade é, como se indica no seu título, un título sobre este particular estado de ánimo ao que tantas e tantos de nós aspiramos, e cuxa procura, nalgúns casos, tense convertido nunha auténtica

obsesión (“unha obsesión que non se extingue senón que, como a enerxía, transfórmase”, segundo advirte Marcos Lorenzo). Ao mesmo tempo que nos mergulla nuns dilemas que veñen de antigo (se a felicidade hai que traballala para conseguila ou se cae sobre nós como unha sorte de fortuna ao chou) a obra abre un horizonte sobre o papel que xogamos os galegos en relación á busca incansábel da felicidade, unha procura que ten marcado a nosa cultura e o noso xeito de ser e que nos acompañou neste “tránsito dunha sociedade con perfís tradicionais a unha nacente sociedade tardomoderna nun reducido intervalo temporal”, engadiu o autor.

Ana Boullón, membro de número da RAG

A

Real Academia Galega (RAG) celebrou o pasado 11 de decembro a sesión extraordinaria pública de ingreso como membro de número da institución de Ana Boullón Agrelo. Fíxoo na localidade da filóloga, A Pobra do Caramiñal, no Teatro Cine Elma. A académica electa leu o discurso titulado Todos os nomes: identidade, pobo, país, ao que lle dou resposta o académico Ramón Lorenzo Vázquez. Ana Boullón Agrelo ocupa a cadeira vacante tras o pasamento de Xosé Luís Franco Grande en marzo do ano pasado. A nova académica, referente no estudo da onomástica, dedicou o seu discurso á historia dos nomes propios, os apelidos e os topónimos galegos e a súa relación coa identidade. Criticou “a despersonalización

burocrática e a indefensión ante o poder que afectan a un patrimonio inmaterial único” e rendeu homenaxe á súa terra na listaxe de nomes da infancia co que pechou o seu discurso. Nomes propios, apelidos, alcumes ou topónimos que “demostran que a través deles trazamos as biografías propias e colectivas”, afirmou.

Fidel Vidal reflexiona sobra a figura paterna na súa nova obra

F

idel Vidal, escritor, investigador, psiquiatra e artista pictórico de Ribeira, agasallounos esta tempada cunha nova obra de seu, titulada A culpa do pai (Medulia Editorial). Foi presentada os días pasados en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, nun acto no que o autor estivo arroupado por Xesús Laíño e Manuel Cartea, en representación da Asociación Cultural Barbantia, co-organizadora da convocatoria. Segundo fixo saber o propio Fidel Vidal, o libro é un achegamento á figura do pai dende as contribucións achegadas por grandes obras literarias históricas ou de ficción, recur-

sos que ilustran con mestría as complexidades das relacións paterno-filiais, obras entre as que se atopan o Hamlet de Shakespeare, o Edipo Rey de Sófocles ou O incerto señor don Hamlet de Cunqueiro; ou o pai todopoderoso de San Juan de la Cruz ou San Francisco de Asís. “Está o pai que impón a lei, pero se non houbese lei, non habería culpa”, dixo, aludindo ao principal miolo temático do seu novo libro: a imposibilidade de acadarmos a plenitude e a liberdade en canto non sexamos quen de superar de diferentes xeitos os límites que os que nos precederon ocupáronse de levantar ao noso arredor.



O Barbanza

9

Decembro 21

Noia   Lousame   Dodro   Outes   ACTUALIDADE  

Outes pon en marcha un centro de emprendemento

O

utes conta dende estes días cun espazo de traballo colaborativo para promover o nacemento de empresas, xerar emprego e contribuír á dinamización económica da localidade. O Centro de Emprendemento de Outes (CEO), situado en pleno corazón da Serra, ofrece a todas as persoas emprendedoras do municipio un espazo de traballo dotado

de mobiliario, conexión de Internet a alta velocidade, sala de reunións así como asistencia técnica e apoio no proceso de desenvolvemento e consolidación de iniciativas empresariais. O CEO comeza cunha capacidade de seis postos de traballo situados no andar baixo das antigas escolas do Bosque, na rúa da Capela, se ben en función da demanda pódense habilitar

outros seis postos de traballo no andar superior. O alcalde, Manuel González López, dixo que o espazo de coworking “aspira a servir de lanzadeira para a creación de empresas e a xeración de emprego”. E engadiu que o obxectivo é “fixar en Outes profesionais relacionados con actividades de servizos diversas, como as vinculadas coas novas tecnoloxías”. Tamén indicou que xa se mantiveron conversas coa Deputación para unirse á súa Rede de Espazos de Coworking e obter desa maneira o apoio para ampliar as instalacións e para o funcionamento das mesmas. O investimento realizado aproxímase aos 40.000 euros, dos cales algo máis de 28.000 € correspóndense a fondos europeos achegados polo Grupo de Desenvolvemento Rural DELOA.

María Rivas salienta os esforzos de Dodro pola recuperación medioambiental

A

subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, acudiu a Dodro os pasados días para supervisar, na compaña do alcalde, Xabier Castro, as obras impulsadas pola Demarcación de Costas e o Concello nas Brañas de Laíño, que se dirixen a renovar e mellorar a accesibilidade nas mesmas e potenciar a súa protección e o seu coidado. Rivas trasladou ao rexedor o seu respaldo ás políticas de recuperación ambiental no municipio, en relación á devandita actuación desenvolvida nas Brañas, un dos grandes tesouros naturais do concello e da nosa contorna. Rivas, que acudiu a Dodro acompañada polo xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, lem-

brou que a actuación nas Brañas consiste “na naturalización dun espazo que nestes momentos é unha vía de tráfico rodado para reconvertelo nunha senda peonil e ciclista, que mellorará a protección ambiental e a conservación desta zona protexida”. Rivas e Eimil recordaron que para a

consecución do proxecto utilízanse “materiais granulares que servirán de base do pavimento” e realizaranse as obras complementarias para “asegurar a perdurabilidade da actuación que se desenvolve en máis dun quilómetro de lonxitude”. O orzamento supera os 70.000 euros.

Trenor e Villaverde comproban o resultado das obras do Pavillón de Lousame

O

delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, estivo en Lousame para comprobar as obras realizadas no Pavillón Municipal, que foron realizadas cun orzamento total de 49.800 euros dos cales o Goberno autonómico achegou 40.000 euros. Na súa visita estivo acompañado da rexedora Teresa Villaverde. Trenor destacou a colabora-

ción entre o Goberno galego e o Concello, que permitiu que se levaran a cabo a limpeza de todas os perfís metálicos do edificio e a súa posterior imprimación, a renovación da carpintería, cerrallería e vidros en mal estado o revestimento, pintura e tradosado do inmobles e a sinalización e renovación do equipamento máis deteriorado.

Case 160.000 euros para humanizar o Couto, en Noia

A

Deputación da Coruña (a través do seu Plan Único) e o Concello de Noia impulsan a rexeneración urbana e humanización do lugar do Couto. O proxecto, en palabras da entidade provincial, “devolver o protagonismo para aos peóns”, así como mellorar a canalización de pluviais, creando “unha contorna moito máis residencial para as persoas que habitan nas vivendas da zona”. As tarefas están en fase de

Google Mapas

licitación e contan cun orzamento de 159.824 euros, dos que a Deputación achega 155.890 a través do Plan Único. Os 3.994 euros restantes son financiados polo Concello. O proxecto levarase a cabo entre os números 10 e 22 da estrada que comunica Ponte de Traba coa vía provincial DP4202, que conecta á súa vez co barrio de San Lázaro e co núcleo de Berrimes, no concello de Lousame.


10

Decembro 21

O Barbanza

 ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS

Agasallando a fidelidade A lealdade da veciñanza aos establecementos locais ten recompensa nestas festas

A ARE celebra o Nadal ao grande: con actividades online e físicas

A

Campaña de Nadal impulsada pola ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios) vén este ano con dúas vertentes que se complementan. Por un lado está a vertente online, que deu comezo este 15 de decembro e que culmina o día 9 de xaneiro cun sorteo. Por outra banda está a campaña física, que inclúe o reparto de vales para xogar na ruleta e que comeza o venres 17 de decembro. En primeiro lugar, a asociación participará nunha campaña online organizada pola Federación de Comercio Rías Baixas na que está federada a ARE. Esta iniciativa consistirá no sorteo de premios entre as

persoas que rexistren os seus tíckets e facturas de gastos na web da Federación. O rexistro facilitarase ao máximo, xa que os establecementos asociados disporán dun cartel cun código QR que guiará aos interesados hasta a web do sorteo. Sortearanse 12 vales de compra de 50 € para gastar nos establecementos participantes. Polo que respecta á campaña física, terá dúas partes diferenciadas: un xogo de ruleta con premios directos e un sorteo final de 10 vales de compra de 50 €. Os socios participantes disporán de “vales por unha tirada na ruleta” para repartir entre os clientes. Estes vales serán numerados e permitirán aos seus posuidores dúas cousas: - Probar sorte na ruleta e ganar algún dos premios di-

O calendario da ruleta para os asociados da ARE

rectos que agasallará a ARE (paraugas, bolsas, mochilas, botellas, lambonadas…). - Participar no sorteo final de 10 vales de compra. As persoas que non teñan sorte na ruleta e non gañen ningún premio e aquelas que non queiran, ou non poidan, participar no xogo da ruleta, conservarán o seu vale para participar no sorteo final. O valor total dos premios directos directos (na ruleta máis os vales que se sortean na campaña virtual e física) superan os 7.000 euros. Respecto das árbores de Nadal, a ARE aposta nestas festas pola reciclaxe e o deseño galego que propón a empresa Arlit. Así, os socios

A ABE incrementa os premios nun 33%

A

Asociación Boirense de Empresarios (ABE) presentou os detalles da súa Campaña de Nadal para este punto de inflexión entre 2021 e 2022, unha iniciativa que se estende no tempo até o 9 de xaneiro, lográndose unha taxa

de participación total: a dos 190 negocios asociados á entidade. A iniciativa seguirá o camiño deixado pola exitosa campaña de verán, poñendo en práctica o mesmo sistema de rexistro de tíckets e facturas online, correndo a ABE con todos os

gastos da campaña. Os premios increméntanse nun 33% respecto do ano anterior xa que serán sorteados 3.000 € en vales de compra para utilizar nas empresas asociadas, repartidos en 4 sorteos semanais de 500 € (5 premios de 100 €) e

na última semana da campaña 1 sorteo de 1.000€ para un único gañador. Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos 190 socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

CAMPAÑA NADAL Rianxo 2021 Compra en RIANXO e xoga con nós. Podes gañar PREMIOS INMEDIATOS na RULETA DE NADAL da ARE ou participar no SORTEO FINAL de 10 VALES de 50 €. Máis info en www.are.gal. E ademais, campaña virtual "MERCAR NA TÚA VILA TEN PREMIO" cun SORTEO de outros 12 VALES de 50 €. Máis info en www.federacionriasbaixas.com. E tamén VIDEOCHAMADAS DOS REIS MAGOS. Máis info en www.nadalrianxo.com. E volveremos estar na CABALGATA DE REIS o 5 de xaneiro.

MÁIS DE 7.000 € en premios!!!

que o desexen poderán dispor dunha árbore de Arlit para usar como adobío nos seus escaparates ou no interior dos negocios. As árbores, de doada montaxe e desmontaxe, poderán gardarse rematado o Nadal e utilizarse en vindeiros anos. Amais, a ARE anunciou que este ano repetirá a actividade de videochamadas dos Reis Magos, en colaboración co Concello, ao igual que volverá colaborar na Cabalgata de Reis, que virá novamente con formato itinerante. A maiores, co-organiza en colaboración co Concello e Beone (Piscina Municipal) unha iniciativa solidaria de recollida de alimentos, roupa e xoguetes.


O Barbanza

11

Decembro 21

ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS  

Chuvia de premios en Ribeira

A Asociación de Empresarios repartirá 7.500 euros na súa Campaña de Nadal

A

Asociación de Empresarios de Ribeira presentou a súa Campaña de Nadal 2021-2022, unha ambiciosa iniciativa de impulso comercial que tamén ten un importante compoñente de dinamización cidadá, social e cultural. Segundo fixo saber o presidente da patronal. Francisco Martínez Gude, o obxectivo é “fomentar as compras nos nosos establecementos comerciais e premiar a fidelidade dos clientes, agasallando aos consumidores con boletos que lles darán opción a gañar os premios do sorteo”. Os premios serán, de feito, unha das pezas clave da campaña, un estímulo para incrementar as compras e un xeito de recoñecerlle á cidadanía de Ribeira o seu compromiso cos establecementos de proximidade. Repartiranse 7.500 euros en vales de compra repartidos en 65 premios. Segundo fixo saber o presidente, até agora xa se adheriron á iniciativa preto dun centenar de participantes, “pero aínda hai marxe para que se anoten outros socios que así o desexen”. E engadiu: “Temos gran variedade de sectores que participan nesta campaña: moda, deportes, complementos, zapaterías, salóns de peiteado, decoración, seguros, talleres e venta de vehículos, ferreterías, restauración e hostalería”.

Na campaña colaboran o Concello de Ribeira, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. A promoción desenvolverase entre os días 1 de decembro de 2021 e o 6 de xaneiro de 2022, inclusive. Os premios representan en total 7.500 euros en vales de compra repartidos en 65 premios do seguinte xeito: 1º cinco vales de compra por 300 euros, 2º dez vales de compra por 250 euros, 3º vinte vales de compra por 100 euros e 4º trinta vales de compra por 50 euros

Participantes na campaña

Ópticas: Miradoiro Ópticos, Federópticos Nerea Filgueira, Óptica Blanco, Óptica Riveira e Opticalia. Electrodomésticos: Electrodomésticos Juan Martínez, Activa Alfonso Santiago, Electrodomésticos Sampedro e Electrodomésticos Vidalvaz. Moda e complementos: Pillados, Lolita Moda, Rule´s, Gena´s, Xade, Ribalá, Anelos, La Urbana Store, Flappers, Greco e Mmagoe. Calzados: Calzados Horacio, Marlú, Chinela e Chaira. Calzado infantil: 7 Enanitos. Floristería: Mandrágora e Floristerrae. Decoración: Biohabitat, Rincón Benzalá e RB Deseños. Iluminación: Rey Laranga, Lijó e Decorlux. Moda infantil: Lolita Kids, Príncipes y Princesas, Algodón y Regaliz, Rovi e Lápices de colores. Xoiería: Blanco e Nespereira. De-

portes: Podium Sport, Deportes Black Estévez, Náutica A Poutada, Deportes Casais Atleet, Champion Sport e Sport Bike. Pastelaría e Chocolotería: Doces A Maricola, Confitería Dominga, Pastelería Fina e El Rincón del Chocolate. Alimentación: Carnicería Manolo, Carnicería Maruja, Alimentación Santa Uxía, Alimentación A de Baldomero (Palmeira) e Panadería D´muiño Obradoiro. Lencería: Lencería Vensuca. Hostalería e Restauración: El Golimbreo, Furancho Comida para llevar, Restaurante Playa del Vilar, Restaurante Tio Pepe, Bar O Porrón 2.0, Res-

taurante Naútico, Restaurante Alján, Casa Patrón, Bar Snack, Restaurante Nova Lonxa, Bar Fiestra e Restaurante Garsan (Palmeira). Talleres: Talleres Electro Gallego, Mecánica Xarás, Citova e Autos Dunas. Varios: Farmacia Ruiz, Políclínica El Carmen. Bazar de Oujo, Ecotex, Almacenes Juan Pego, Ferretería Portoferr, Lesmes Fotógrafos, Seguros Reale, Librería Mirás, Folder, Trazos Arte Estudio, Galana Produtos Perruqueria, Nacar by Sara Sevilla. Trastiños Puericultura, Regalos o Capricho, Teresa Arreglos Confección, Vodafone e Ouviña Peluqueras.


12

Decembro 21

O Barbanza

 DEREITOS HUMANOS

A integración, o mellor obsequio Ambar, Amicos e Misela celebran o Nadal con cadanseus Calendarios Solidarios 2022

A

s nosas asociacións Ambar, Amicos e Misela celebraron a pasada edición do Día dos Dereitos Humanos (o 10 de decembro) coa presentación de cadanseus Calendarios Solidarios, edición 2022. No caso de Ambar, a cita conmemorativa foi no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, o día 10, coincidindo non só coa dita efeméride senón tamén cos festexos do 40 aniversario da asociación, que en 2022 celebra catro décadas de andaina “impulsando os dereitos das persoas con diversidade funcional”. Baixo o slogan 40 anos de cine, 40 anos de Ambar, a publi-

cación recompila fitos históricos da traxectoria da entidade a par que películas representativas do cine español desas datas. Nesta ocasión, por certo, Ambar volve contar con colaboración do fotógrafo Victor Manuel Martínez (Pichero) e a súa compañeira Paula

Bello. A presentación do calendario foi encabezada por Milagros Rey, presidenta de Ambar; Zeltia Iglesias, responsábel do proxecto e integradora social de Ambar; Victor Manuel Martínez, fotógrafo do calendario; e Amparo Cerecedo; concelleira de Servizos Sociais da Pobra. Á cita asistiron os e as protagonistas das portadas de cinema cos seus familiares, ademais dos e das profesionais de Ambar: arredor de 100 persoas en total. Milagros Rey agradeceu o apoio de todas as persoas que estiveron dende os inicios de Ambar, nacida no 1982 nunha casa particular na Pobra, e destacou a importancia de que “as

A publicación de Misela, en dous formatos

A

Asociación Misela de persoas con diversidades funcionais e cognitivas, con sede principal en Noia, comunicou que xa está á venda o seu Calendario Solidario 2022, unha publicación da que podemos ver xa o making-of nas redes sociais para facernos unha idea do importante traballo que houbo detrás para darlle forma.

O calendario vén con dous tamaños: formato grande (5€) e formato pequeno (3€). As persoas interesadas en facerse cun exemplar poden encargalo a través de Whatsapp no número 604 051 225 ou por mensaxe directa nas redes sociais de Misela. O domingo 12 de decembro a asociación estivo na porta do Concello cun stand

onde foron distribuídos os produtos da entidade, entre eles o Calendario Solidario e a Lotería de Nadal. A en-

tidade noiesa comunicará nas redes as vindeiras datas nas que está previsto volver poñer o stand.

persoas con diversidade funcional teñan o seu espazo na comunidade para que non quede dúbida das súa capacidades”. Pichero falou de como o cartel foi creado “dende cero” e destacou “a transcendencia do calendario na comunidade de cine”, unha homenaxe á acción que Ambar realiza. A publicación ten un custe de 7€ na súa versión de parede e 3€ de mesa. Pode reservarse tanto na web da entidade como nas canles habituais: chamando ó 981 87 44 80 ou escribindo a correo@asociacionambar.org. Pola súa banda, a asociación inclusiva Amicos trasladouse a Meaño (Pontevedra), á sede das Adegas Paco e Lola, para presentar o seu Calendario Solidario 2022. Alí, a entidade da nosa comarca entregou a todos os asistentes un exemplar da dita publicación. O acto complementouse cuns petiscos por cortesía da adega. Dende Amicos agradeceron un ano máis a colaboración do histórico estudio fotográfico ribeirense Lesmes, que se implicou novamente na realización dun calendario onde as e os protagonistas volven ser as persoas integrantes da asociación. Na cita, Eladio Riveiro, vicepresidente de Paco e Lola, mostrou a súa satisfacción por ter acollido na adega un evento de tal relevancia como a presentación do calendario de Amicos: “Graciñas por elixirnos e agardamos que sigades contando connosco nas próximas edicións”, sinalou, ao tempo que agradeceu a presenza dos devanditos concelleiros e de Gadisa. A continuación, Carmen Piñeiro e Begoña Pérez, representando a Amicos, presentaron xunto a Felisa Piñeiro, membro da xunta directiva da entidade, o Calendario Solidario 2022. Todas mostraron o seu agradecemento e confesaron estar “moi contentas de participar nas fotografías do calendario”. Felisa Piñeiro destacou tamén que se trata dunha “obra moi necesaria” e que grazas a iniciativas como estas “conseguimos chegar ao que somos agora e esperamos que para o ano sigamos así”. Iria Rodríguez, representante da Corporación Gadisa, amosouse “encantada de colaborar” e deixou constancia da súa intención de seguir colaborando coa asociación, tanto nesta actividade como outras semellantes. “Seguiremos traballando en vías de colaboración conxunta”, dixo. O proxecto está comprometido coa RSC de Paco e Lola, CONGALSA, Candelas, Servicio Móvil e Cabañitas del Bosque. Ademais, conta coa colaboración de máis de 20 provedores. Pódense obter a través das redes sociais onde ten presenza Amicos ou a través do correo hola@amicos.org.


O Barbanza

13

Decembro 21

CULTURA  

Sacando o galego que levamos dentro Política Lingüística convídanos a presumir de lingua propia nunha nova compaña presencial e dixital

A

Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou os detalles dunha innovadora iniciativa para fomentar o uso da nosa lingua nas contornas urbanas e, principalmente, entre as novas xeracións. Trátase da campaña Saca o galego que levas dentro, unha proposta itinerante que colle corpo cunha marcada vertente tecnolóxica, nas redes sociais baixo o cancelo #Sacaogalegoquelevasdentro e, tamén, a través dunha páxina web que poderemos ver a pleno rendemento en dallealingua.gal. Os obxectivos, segundo fixo saber na presentación o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, son “poñer en valor a lingua propia entre toda a sociedade; destacar a súa importancia como elemento clave da nosa identidade; alimentar o arraigo, o orgullo e o sentimento de pertenza e fomentar o seu uso entre todos os galegos e galegas”. A campaña consiste nun percorrido polas catro provincias, complementando o labor dinamizador e lingüístico cunhas estruturas xigantes con espellos nos que os viandantes poden

verse reflectidos ao tempo que len a seguinte mensaxe: “Din que a beleza está no interior. E ti gardas unha lingua fermosa! Saca o galego que levas dentro”. Valentín García destacou na Coruña, na presentación da iniciativa, que en Galicia e os galegos e galegas “te-

mos un gran tesouro, a nosa lingua, un símbolo de riqueza cultural, social, histórica e comunicativa, ademais dunha ferramenta de moi notábel utilidade que nos permite comunicarnos incluso fóra da nosa Comunidade”. Amais, engadiu que “sempre son benvidas as accións que nos axudan

Edición 28 dos Premios de Publicidade en Galego

O

Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística volven xuntar forzas para recoñecer as mellores contribucións á nosa lingua que se levaron a cabo este ano en materia de mercadotecnia e promoción. Deste compromiso conxunto xorden os Premios de Publicidade en Galego, que chegan xa á súa 28 edición distinguindo os esforzos das nosas empresas e entidades por normalizar o uso da nosa lingua nas novas correntes da comunicación comer-

cial e do marketing. Distinguiranse os máis destacados traballos en Internet, radio, TV, prensa tradicional e, tamén, no ámbito educativo. Na presente edición, establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un recoñecemento extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos. Para cada categoría, (agás para a especialidade educativa), configúranse dúas modalidades de premio,

de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade. Os galardóns consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística. O prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, para a presentación dos traballos que concorren aos premios comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal [nova venta] ) e rematará o 30 de decembro.

a sacar o galego que levamos dentro”, e expresou o seu agradecemento aos concellos que colaboran acollendo propostas deste tipo. A praza de Vigo da Coruña e a praza de Armas de Ferrol contan desde xa cunha nova convidada: unha estrutura de 1,50 m x 2,20 m formada por catro caras, tres delas cubertas por un espello no que os viandantes poden verse reflectidos baixo o lema da campaña. Na estrutura figura tamén o cancelo #Sacaogalegoquelevasdentro, acompañado da mensaxe “E compárteo con orgullo”, que convida a quen o lea a tomar unha foto no espello e compartila en redes sociais, trasladando así a campaña das rúas galegas ao mundo virtual. Despois da Coruña e Ferrol, esta acción visitará Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Arteixo. Tamén como parte da campaña, a Xunta desenvolverá outra acción nos parques das catro provincias. Así, Dálle á lingua chegará en datas vindeiras aos espazos de xogo da cativada para “xerar experiencias positivas ao redor do idioma e abrir novas vías para a transmisión interxeracional do galego implicando a pequenos e adultos”. A acción contará, por unha banda, cunha parte presencial nos parques de distintas cidades, e pola outra cunha vertente dixital, a través do web dallealingua.gal, ao abeiro da cal “calquera persoa interesada poderá descargar o material e xogos empregados polos animadores”.


14

Decembro 21

O Barbanza

 EMPRESA

Celebramos a integración JEALSA patrocinou a gran festa da inclusión de Amicos en Barraña: o Festiritititi

A

asociación da nosa comarca Amicos, co patrocinio da conserveira boirense JEALSA, organizou o pasado 3 de decembro a cuarta edición do festival Festiritititi, con motivo do Día Internacional da Discapacidade. O principal obxectivo foi permitir á cidadanía en xeral compartir xogo, lecer e espírito de inclusión coas persoas integrantes de asociación. Participaron, amais da comunidade Amicos, nenas e nenos dos colexios boirenses Santa Baia, Praia Xardín e o IES Praia Barraña, así como unha manchea de representantes das nosas administracións locais e autonómicas. Por exemplo Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (Consellería de Política Social), quen louvou o traballo despregado pola asociación, ao igual que Sandra González Castro, delegada especial de Educación e delegada especial de Mocidade, quen puxo o foco na importancia de “amosar o noso apoio tódolos días” e entre “todas e todos aportar o noso gran de area” na inclusión.

A

deseño relacionado co Nadal, o Boiro Voleibol e o logotipo de JEALSA Rianxeira. Un xurado composto por Adrián Alves, xogador do Rotogal Boiro Voleibol; Ana Segade, directiva do Boiro Voleibol; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA, emitirá o veredicto ao longo destes últimos días do ano. O tres mellores deseños recibirán premios consistentes en lotes de conservas da

do festival foi concienciar á cidadanía en xeral, e especialmente os máis cativos, da importancia da inclusión social das persoas con capacidades diferentes Tamén asistiron Luis Ruíz Laíño, concelleiro de Urbanismo, Obras e Servizos de Boiro; Raúl Romero Treus, concelleiro de Servizos Sociais de Boiro; Ana Barreiro, concelleira de Servizos Sociais de Ribeira; Luis Oujo Pouso, alcalde de Porto do Son; Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo; e membros das corporacións dos nosos concellos, como por exemplo o de Lousame. O evento estivo organizado por Amicos xunto a Badaboom e patrocinado pola Corporación JEALSA a través do seu programa de sustentabilidade ambiental e inclusión We Sea. Pola conserveira acudiu Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais, quen salientou que “o Festiritititi é tan importante porque pon en valor a integración e fai que todos traballemos para alcanzala”. O Polideportivo Baraña de Boiro encheuse de xogos, música, obradoiros e animación para que, como dixo Xoán España, director de Amicos, todos nos sintamos “baixo o mesmo paraugas”.

JEALSA e o Boiro Voleibol lanzan o concurso de postais Nadal Navivolei Corporación JEALSA e o Boiro Voleibol organizaron este ano a primeira edición do concurso de postais do Nadal Navivolei. O certame estivo aberto a nenos e nenas menores de 15 anos, que achegaron as súas propostas de deseño durante todos os días previos ao 17 de decembro, data límite para os envíos. Os participantes na primeira edición de Navivolei tiveron que presentar un

  O principal obxectivo

conserveira boirense e produtos relacionados co voleibol, mentres que o mellor deles converterase na postal oficial do Boiro Voleibol. Ademais, o centro ou club deportivo cuxos integrantes presenten unha maior cantidade de traballos recibirá un lote de vinte entradas para poder asistir ao partido de Superliga que o Rotogal Boiro Voleibol e o Conectabalear Manacor disputarán o 29 de xaneiro na Cachada.

Recoñecemento da ABE

F

inalmente a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) entregou na noite do xoves 18 de novembro os seus galardóns anuais, uns premios cos que a patronal recoñece o esforzo e a dedicación das empresas e o empresariado local a prol do impulso económico, social e mesmo cultural do concello: os premios ABE. Fíxoo no marco dunha noite histórica e “moi especial”, celebrada no local da Pousada da Galiza Imaxinaria. Participaron máis de 150 empresarias e empresarios do concello. Os grandes protagonistas foron a conserveira JEALSA (mellor empresa), a tenda The Desire Shop

(mellor comercio) e máis o empresario local José García Sánchez, que foi distinguido co Premio de Honra da ABE. Polo que respecta aos finalistas, foron a Librería El Cisne (finalista mellor comercio), a Estación de

Servizo Garlou (finalista mellor comercio), o Restaurante Moanin (finalista mellor empresa) e a Asociación Amicos (finalista mellor empresa). O acto foi presentado pola poeta, actriz e escritora María Lado.


1P_PlanUnico_NotaseNaCara_BARBANZA.pdf

2

9/12/21

16:34



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.