O Barbanza 27

Page 1

O Barbanza Número 27

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

608 240 160

A nosa web: obarbanza.gal

Outubro 21

F. Antonio Parada

Outono de proxectos

F. Antonio Parada

A comarca inicia con paso firme (e importantes novidades) o remate do verán F. Antonio Parada

Aniversario dunha heroína

30 anos da morte da María de Sálvora

Guerra aberta ao lixo na area 10

Medra o voluntariado ambiental nas praias 14

Os veciños que estiveron en Mauthausen

Un libro de Xoán Fernández Callón 21 recupera os seus nomes


codigocero.com D I A R I O D E N O VA S T E C N O LÓX I C A S D E G A L I C I A Sigue a última hora de todo o que che interesa en materia de I+D+i. O noso boletín diario é o de maior difusión por subscrición en Galicia, tal como o amosan os máis de 3.000 subscritores que reciben no seu correo electrónico un resumo de xeito gratuíto do máis destacado en materia de novas tecnolóxicas. A que agardas? Subscríbete XA! É de balde. Síguenos en:

www.codigocero.com


O Barbanza

3

Outubro 21

Ribeira   ACTUALIDADE  

Espírito empresarial en estado puro O novo polígono de Ribeira recibe un novo e decisivo impulso para a súa materialización

O

proxecto do novo polígono industrial de Ribeira está cada vez máis preto de ser unha realidade. Segundo confirmou o pasado 15 de setembro o Concello, licitouse a redacción dos proxectos de expropiación e de urbanización do mesmo, así como dos servizo de arqueoloxía: tres accións que suman un total de 249.260 euros, IVE incluído. Esta contratación, engade o Concello, está dividida en tres lotes, de tal xeito que para o proxecto de expropiación prevese un prezo de licitación de 48.400 euros; para o servizo de arqueoloxía de 27.930 euros; e para o proxecto de urbanización de 173.030 euros. A do proxecto de expropiación efectuarana persoas facultativas coa correspondente titulación universitaria. Para tal efecto, a lo menos un membro do equipo técnico deberá ser persoa técnica coa titulación de arquitectura ou enxeñería de camiños canles e portos. As valoracións do solo, edificacións, instalacións e plantacións realizaranse por persoal técnico con habilitación legal suficiente. Polo que se refire ao servizo de arqueoloxía, está diferenciado en dúas etapas: por unha parte as sondaxes arqueolóxicas (un total de 64 catas e 64 gabias mecánicas) e por outra o control arqueolóxico durante a execución das obras de urbanización. En canto ao proxecto de urbanización, nel definiranse polo menos a execución das seguintes obras: - Execución ou acondicionamento das vías públicas, rede peonil, estacionamentos e espazos libres públicos, incluída a explanación e pavimentado de calzadas, construción e encintado de beirarrúas e movementos de terras. - Abastecemento de auga, incluída a súa captación, depósito, tratamento e distribución, así como as instalacións de rega e os hidrantes contra incendios.

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

O Barbanza

- Saneamento, incluídas as conducións e colectores de evacuación, os sumidoiros para a recollida de augas pluviais e as instalacións de depuración. - Subministro de enerxía eléctrica, incluídas as instalacións de condución, transformación, distribución e iluminación pública. - Infraestruturas comúns telefónicas e de telecomunicacións.

  O polígono estará

situado na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira, e contará cunha superficie de 258.685 metros cadrados

- Canalización e instalación das redes de gas e dos demais servizos esixidos en cada caso polo plan. - Xardinaría dos espazos libres públicos, incluída a plantación de árbores e de especies vexetais preferentemente sustentables e a instalación de elementos de xogo infantís. - Sinalización. - Mobiliario urbano. - Previsión de espazo para a implantación das infraestruturas de transporte público que se requiran para unha mobilidade sustentábel. - Demolición dos elementos existentes incompatíbeis coa folla de ruta marcada. - Enlace dos servizos urbanísticos cos sistemas xerais e acreditar que teñen capacidade suficiente para atendelos. - Previsión e valoración das correspondentes obras de desvío ou reposición e incluso a súa posíbel utilización como puntos de novas acometidas. O polígono estará situado na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira, e contará cunha superficie de 258.685 metros cadrados. O Concello lembra que o capítulo de investimentos do orzamento municipal recolle diversas consignacións relacionadas co novo polígono, entre eles 1.200.000 euros para a expropiación de terreos e 7.992.648,32 euros para a construción e urbanización do mesmo.

Colle corpo a nova residencia de maiores

O

Concello de Ribeira e a Consellería de Política Social seguen dando pasos cara a creación dunha nova residencia de maiores na sede da antiga discoteca Hesta Kurva. De feito, estes días puidemos saber que

xa está redactado o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a cesión á Xunta destes terreos de titularidade municipal. Segundo os termos do acordo, a cesión dos terreos será a título gratuíto. A Consellería de Política

Social comprométese á construción dunha residencia para maiores unha vez aceptada esta cesión e adscritos os terreos. Sen menoscabo de que outras localidades da comarca poidan albergar instalacións seme-

llantes, a de Ribeira será a primeira residencia materializada ao abeiro do novo modelo de coidados que se implantará en Galicia no ánimo de prestar servizo a todo o territorio autonómico: un proxecto cen por cen público que contará cun

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

publicidade@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

PUBLICIDADE:

orzamento duns 10 millóns de euros e será financiado con fondos europeos. Contará cun máximo de 100 prazas e unha estrutura adaptada ao novo modelo. Segundo os prazos manexados espérase que xa estea en construción no 2022.

IMPRIME: TAMEIGA, S.L. Número 27 (Outubro 2021) Publicación periódica. Prezo: 1,50 € Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


4

Outubro 21

O Barbanza

 ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

Outubro valleinclainano

A Pobra organiza a 23 edición das Xornadas de Homenaxe ao escritor

A

s Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán regresan por vixésimo terceiro ano consecutivo cunha programación cultural que volve reforzarse e que se estenderá ao longo de todo o mes de outubro en distintos espazos da Pobra do Caramiñal. O Auditorio do Museo Valle-Inclán foi escenario da presentación, a cal contou coa presenza do alcalde, Xosé Lois Piñeiro; do secretario xeral da Cultura, Anxo M. Lorenzo; e do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González. A inauguración do programa foi o venres 8, na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, coa apertura da exposición Valle-Inclán ilustrado, de Pedro Castro Couto, que coincidiu coa estrea do romance de cego Don Pedro Bolaño, texto de Ramón del Valle-Inclán e Pedro Castro, con música e interpretación da man de Eloy Vázquez Estévez. Trátase dunha mostra plástica que terá continuidade o venres 22, ás 20.00 horas, no Museo Valle-Inclán, coa exposición conmemorativa Ramón del Valle-Inclán. Convidado especial da República de México, depósito de Xaquín del Valle-Inclán Alsina do que

  A inauguración

do programa foi na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, coa apertura da exposición ValleInclán ilustrado, de Pedro Castro Couto se verán imaxes e obxectos por primeira vez. O eido teatral terá un gran peso nesta convocatoria, segundo confirmou o Conce-

llo. Así, logo da actuación de Eiradela (que converteu os exteriores da Torre de Bermúdez nun particular escenario para interpretar Delicias Literarias, espectáculo baseado en tres pezas de Valle, o sábado 9), Tatana Teatro encargarase de representar sobre as táboas do Elma, no sábado 16, ás 20.00 horas, Ouróboro. O retorno de Luces de Bohemia. No sábado 23, ás 20.00 horas, Airiños Teatro realizará no Elma a lectura dramatizada Galicia e ValleInclán, texto de Castelao e baseado en contos breves de ficción galega como Malpo-

cado, Un cabecilla, O meu bisavó e Os ollos que viron. Volverá Tatana Teatro no venres 29 con Los cuernos de don Friolera (1921), ás 20.00 horas, no Elma. Teatro En Punto procederá nas inmediacións do adro do Castelo, ás 20.00 horas do sábado 30, co espectáculo Palabras en Pedra, baseado en Mi hermana Antonia, El marqués de Bradomín e La lámpara maravillosa. E tamén haberá funcións teatrais destinadas especificamente ao público escolar. Así, Cachirulo levará A cabeza do dragón ao CEP Pilar Maestú Sierra no mérco-

res 20, ás 11.00 horas; e fará o propio no CEP Salustiano Rey Eiras durante a xornada do xoves 21, ás 11.00 e 12.00 horas. O apartado das conferencias transcorrerá no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Comezará no venres 15, ás 20.00 horas, con O pazo na obra literaria de Valle-Inclán, Pardo Bazán e Torrente Ballester, a cargo de José Antonio Ponte Far. Doutra banda, o coloquio De Galicia a México: ValleInclán 1921 virá da man de Xaquín del Valle-Inclán Alsina no venres 22, ás 20.30 horas. Ademais, no venres 29 haberá unha ofrenda cívica onda o monumento de ValleInclán situado no Cantón da Leña, ás 13.00 horas, e que estará amenizada polo grupo de música tradicional Os Caraveiros, que se encargará tamén de realizar unha ruada por distintos espazos céntricos da vila, a partir das 12.00 horas. O público asistente a cada unha das actividades referidas, así como as visitas no Museo, recibirán como agasallo A romaría en honor a Valle-Inclán: Don Ramón nos cumios da Curota (1919), impresos da propia institución museística con edición a cargo de Antonio González Millán e Xaquín del Valle-Inclán Alsina. A ilustración da cartelaría deste ano foi realizada pola artista galega Iria Ribadomar.

Proxecto de rehabilitación de varias naves na contorna dos Areos

O

alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), trasladou neste 1 de outubro ao deputado de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez-Reino, a situación actual da praia dos Areos e a zona urbana adxacente, as súas potencialidades como recurso marisqueiro, como valor patrimonial relacionado coa existencia do barrio industrial e

tamén como espazo natural a rexenerar. Nunha reunión no Consistorio abordaron toda a problemática asociada para, finalmente, presentar cal é a proposta do actual Goberno municipal para a referida zona. Logo desprazáronse ata as naves que o Concello busca salvagardar e pór en valor: as situadas entre a ponte de Santo Antonio e a antiga discoteca Bumerang.

O rexedor anunciou que a Administración local ten preparado un proxecto para a rehabilitación dos referidos inmóbeis, cun “futuro multifuncional”, e “cun claro obxectivo de preservar o patrimonio”. A inversión superará o millón de euros e estudaranse as posíbeis liñas de financiación a través das administracións públicas, entre elas, o Estado, quen é propietario das edificacións.


O Barbanza

5

Outubro 21

Boiro   ACTUALIDADE  

Novo capítulo de impulso municipal

O Concello de Boiro renova as redes de servizos en Graso

O

Concello de Boiro informou do inicio (este primeiro de outubro) das obras de renovación de pavimentos e redes de servizo no lugar de Graso. As actuacións do Goberno local están dentro do proxecto de renovación de pavimentos en Coroño, Cabo, Cespón, Treites e redes de servizos en Graso que se executa con cargo ao Plan Único POS da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar das actuacións para coñecer

o estado de execución das mesmas. O proxecto pretende facer unha valoración para a mellora e conservación do conxunto do firme e as súas características funcionais en varios treitos do entorno rural en Boiro. Romero e Ruiz explicaron que os tramos de rúa que se renovan “presentaban deficiencias de deterioro superior do firme, polo que se precisaba unha rehabilitación superficial para conservar e mellorar as características funcionais e a protección do conxunto da calzada”. No tramo de Graso “presentaba problemas de

seguridade viaria cando se producen choivas debido ao deterioro das rede de pluviais, polo que se necesita unha renovación tanto do firme como da rede de pluviais”. Vaise actuar nunha superficie de 2.700 metros cadrados. O importe total do proxecto é de 66.251,89 euros e estase a levar a cabo co financiamento da Deputación da Coruña con cargo ao Plan Único. despois de que na primeira edición –a de 2020- fora un dos primeiros concellos que ondearon o distintivo, xunto con Porto do Son.

Obradoiro dual de emprego en conservación e mellora de montes

O

Concello de Boiro conta no presente curso cun taller dual de emprego especializado en xestión forestal. A formación deste actividade formativa e capacitadora (Obradoiro de Emprego. Xestión forestal Torre Goiáns – Boiro) está dividida en dúas especialidades, unha de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e outra de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Un total de 20 persoas participan dende este mes de outubro na iniciativa, divididas nas dúas especialidades (até xullo de 2022). O alumnado traballador terá un contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo, de 40 horas semanais, durante 9 meses en horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres. Para o desenvolvemento do programa formativo fíxose tamén a contratación de

persoal docente, incluídos un director/a, un titor-docente e dous docentes, un para cada unha das especialidades que se van impartir. O Obradoiro de Emprego. Xestión forestal Torre Goiáns – Boiro levarase a cabo mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade, ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outono cultural


6

Outubro 21

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Porto do Son

Modelo de construción

  O novo Colexio de

O novo cole de Portosín será o segundo de Galicia que se constrúa segundo a nova folla de ruta de arquitectura docente

O

s días pasados puidemos saber máis detalles do proxecto do novo Colexio de Portosín, que é unha das grandes iniciativas actuais en infraestruturas docentes galegas. Segundo confirmou o Concello, o inmóbel que substituirá ao edificio emprazado durante anos a carón da praia de Coira será o segundo da Comunidade construído integramente segundo o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Amais, dará resposta a unha poboación escolar de 900 alumnas e alumnos e “permitirá recuperar o espazo ocupado no areal de Coira desde 1976”, sinalou o Concello, engadindo que con esta iniciativa “darase resposta á obriga de deixar libre o dominio público marítimo terrestre no que se levantou daquela o centro docente”. Estes e outros datos foron dados a coñecer durante a visita ao municipio (o pasado 11 de outubro) do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, quen acudiu, xunto co rexedor Luis Oujo, á parcela na que se vai erguer o futuro inmóbel. A previsión é que estea rematado ao longo do curso 2023/2024.

Tal e como explicou o conselleiro, o novo colexio de Infantil e Primaria construirase na zona do Mariño, preto da parte urbana, tras desbotarse unha primeira localización proposta polo Plan Xeral de Ordenación Municipal que, segundo dixo, “non era axeitada polo seu afastamento do núcleo de

Portosín”. Tamén informou de que o cambio de localización esixe da realización dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotación, no que o Concello de Porto do Son xa está traballando. Asemade, corroborou o seu compromiso de “levar a cabo todo o relativo á elaboración e á redacción do proxecto

O Obradoiro Tahume VI contribuíu á mellora de infraestruturas

A

nova actividade formativa de emprego impulsada conxuntamente polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, o Obradoiro de Emprego Tahume VI, chegou os días pasados ao seu remate. Fíxoo logo de 9 meses de contidos formati-

vos e actividades prácticas a pé de campo, tanto para a especialidade de conservación e mellora de montes como para a de carpintaría e móbel. Ao longo deste tempo as e os participantes tiveron oportunidade de desenvolver traballos concretos de mellora

de equipamentos e servizos para ambos municipios, como por exemplo a renovación da varanda de madeira na fronte do areal da Corna, en Palmeira, ou o acondicionamento dos montes de Aguiera (Porto do Son) con vistas a reducir o risco de incendios forestais.

Portosín dará resposta a unha poboación escolar de 900 alumnas e alumnos e “permitirá recuperar o espazo ocupado no areal de Coira desde 1976” para que no momento no que teñamos os terreos poidamos sacar a licitación a obra”. Respecto da problemática ambiental á que se poría remedia co novo emprazamento, sinalou o seguinte: “Poñemos solución a esta problemática ao tempo que dotamos ao concello de Porto do Son, que conta cunha poboación escolar de máis de 900 alumnos, dunha nova infraestrutura educativa”. A este respecto, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia explicou que o novo centro será o segundo construído integramente (tras o novo colexio do Milladoiro) baixo os parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para o deseño dos centros educativos post-COVID. “Estes centros serán máis amplo e saudábeis, estarán mellor integrados na contorna e, o que é máis importante aínda, virán preparados para ser versátiles e dar resposta ás necesidades ensino das próximas décadas”, sinalou.

  Os participantes

tiveron oportunidade de desenvolver traballos concretos de mellora de equipamentos e servizos para ambos municipios Aínda que resta a confirmación definitiva, a iniciativa de emprego terá continuidade cunha nova colaboración dos dous concellos para impulsar un obradoiro envorcado nos pavimentados de estradas e outro en albanelaría. No remate oficial da sexta edición do obradoiro, celebrada na Casa da Cultura de Xuño, participaron os 20 alumnos participantes, recibindo cadanseus títulos nun acto no que tamén interviron os rexedores dos

dous concellos, Luis Oujo (Porto do Son) e Manuel Ruiz (Ribeira), amais da directora do obradoiro, Estefanía Ordóñez, e a xefa territorial de Emprego, Judith Fontenla, quen destacou que este tipo de actividades téñense situado como unha das máis eficaces ferramentas para fomentar a emprebabilidade, alén das importantes vantaxes que mobilizan tamén para os concellos. Amais, Luis Oujo destacou as relevantes oportunidades laborais que poñen en xogo estes obradoiros: “No ámbito da empresa do que eu procedo, o mundo dos obradoiros non tiña boa prensa, e agora comprobei que non é así, xa que se pon en xogo unha alta capacitación para que os participantes poidan entrar a traballar en calquera empresa ou mesmo poñerse a desenvolver o seu labor de maneira autónoma”.


O Barbanza

7

Outubro 21

Rianxo   ACTUALIDADE  

Rianxo no camiño do desenvolvemento

Aprobados os orzamentos municipais cun total de 8,7 millóns de euros

O

s orzamentos de Rianxo foron finalmente aprobados cunha contía total de millóns de euros. BNG, PSOE e PP respaldaron as contas que tiveron o voto contrario dos dous concelleiros de Rianxo en Común, ou sexa, contaron co apoio de catorce dos dezaseis edís presentes na sesión. En palabras do Goberno local, “os orzamentos están feitos desde o rigor técnico e dende o cumprimento da estabilidade orzamentaria”, ao tempo que “priorizan investimentos sociais e de infraestruturas básicas como saneamento e abastecemento, que absorben boa parte dos investimentos anuais”. Un apartado destacado é o que atinxe ao sistema de benestar e dependencia. Así, pasarían das 44.220 horas anuais para atender a 163 persoas a chegar a 200 con 58.872, isto é un terzo máis. Amais, o Goberno fixo saber que “hai unha aposta decidida pola mellora de área de benestar coa incorporación de catro persoas a través dos fondos da Deputación: traballador/a social, axente igualdade e creación do Centro de Información á Muller cunha axente de igualdade e un/unha avogado/a”. En materia laboral, apostouse por un Plan Integrado de Emprego xunto aos Concellos de Padrón, Rois, Dodro (entre outros), ao tempo que se seguirá a traballar cos plans de dotación de persoal da Xunta e Deputación (Aprol Rural, PEL Concellos, Contratación RISGA, Limpeza de Praias, persoal de Turismo), habilitando equipos para realizar tarefas de asfaltado e reparación en pistas ou realizar desbroces nas parroquias. Respecto ao mantemento da limpeza viaria, os orzamentos prevén prolongar o servizo con dous equipos: un que estea permanente en Rianxo e outro que garanta a limpeza dun día por semana das parroquias, das prazas, das beiras e das zonas comerciais. Estes son algúns dos investimentos previstos para o ano 2021: abastecemento de Corques-Taragoña (Plan Único Deputación); abastecemento de Outeiro-Taragoña (Plan Único Deputación); a renovación dos marcadores electrónicos dos equipamentos deportivos locais; o illamento sonoro do centro coworking da Aula Activa; a mellora da accesibilidade e a fachada da escola do Cruceiro-Centro Cultural

de Taragoña (Plan Único Deputación); a aula de estudo coa rehabilitación dos baixos das Vivendas dos Mestres. (Plan Único Deputación); o saneamento e o abastecemento de Quintáns (Plan Único Deputación); a ampliación da rede desfibriladores ao Auditorio de

  En palabras do Goberno

local, “os orzamentos están feitos desde o rigor técnico e dende o cumprimento da estabilidade orzamentaria”

Rianxo; a posta a punto das pistas de As Barreiras-Taragoña, Meiquiz-Rial, Foxacos-A Ermida, Tronco-Camping de Rianxo, Ourolo e Rianxiño-Barral; a remodelación de catro parques infantís (Buía, Brión, Quintans e A Torre, ao abeiro do Plan Ǘnico da Deputación); o remate das obras de renovación do alumeado LED (proxecto IDAE); a achega municipal do subministro do equipamento para a rede sen fíos WiFi4EU (a anualidade 2021, con 10 puntos en todo o termo municipapal); o saneamento de Burés (Plan Único Deputación); as obras de cooperación das traídas veciñais (Ourille, Rabado, O Pepito-Araño); a ampliación da rede de abastecemento municipal en Cubide; o mobiliario de catro inmóbeis das Casas dos Mestres (Plan Único Deputación); a zona recreativa do Colexio Asados (Plan Único Deputación); o pavillón cuberto do Colexio Brea Segade de Taragoña (Plan Único Deputación); e o cambio da fachada do Pavillón Municipal. Total investimentos: 885,278.45 euros dos que 261,969.11 son municipais.

Remata o Obradoiro Carnero Valenzuela II

E

n Rianxo vén de chegar ao seu remate a actividade do Obradoiro de Garantía Xuvenil Carnero Valenzuela II, unha iniciativa de formación e de inserción laboral promovida polo Concello e co-financiada pola Xunta e o Fondo Social Europeo, que se centrou estes meses en

achegar recursos á mocidade local sobre desenvolvemento e publicación de páxinas web. A clausura do obradoiro, un taller de emprego para menores de 30 anos que combinou coñecementos teóricos con accións prácticas adaptadas ás demandas das empresas, acompañouse da presen-

tación dos destacados traballos de deseño web realizados polas persoas participantes: o Portal das Entidades de Rianxo, o Roteiro Castelao, a Ruta de Apego, Faustinoreyromero.gal, a páxina do Museo do Mar de Rianxo, a web da Casa Museo de Manuel Antonio e o sitio de Feito en Rianxo.

Na clausura participaron a secretaria territorial da Coruña da Xunta, Patricia Rodríguez, e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Tamén participou o alumnado que traballou no obradoiro ao longo de doce meses de actividade no programa mixto de emprego e formación, facendo entrega dos proxectos realizados.


8

Outubro 21

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Noia   Lousame   Dodro   Outes

Máis de 40.000 euros para a posta a punto do Pavillón da Silva, en Lousame   O obxectivo

destas obras é optimizar o estado actual do edificio do inmóbel, incluído o volume de vestiarios

O

Concello de Lousame informou dun investimento de 41.168,70 euros de fondos propios e da Secretaría Xeral para o Deporte en traballos de reparación, mantemento e mellora do interior e dos vestiarios do Pavillón Municipal da Silva. O obxectivo destas obras é optimizar o estado actual do edificio do inmóbel, incluído o volume de vestiarios, que,

segundo fai saber a rexedora, Teresa Villaverde, “presenta oxidación dalgúns elementos e desgaste da pintura”. As obras comezaron estes días coa desmontaxe dos elementos de sinalización (carteis, letreiros...), a limpeza manual da fachada e do chan e a retirada de elementos enferruxados, sobre todo nos vestiarios (nas columnas das duchas, nas barras de

suxeición do baño adaptado e, en xeral, dos elementos metálicos dos vestiarios). Logo procedeuse a instalar un cortaventos no portal de acceso á instalación, que evitará o arrefriamento do interior do pavillón, e colocáronse os asentos nas gradas do polideportivo, fixados ao soporte. O Concello explicou que nos vindeiros días procederase a revestir o interior da instalación e a cambiar as portas de acceso ao polideportivo por unha nova porta metálica cortalumes de meirande espesor e que garantirá un mellor illamento térmico e acústico da instalación.

Dodro convoca o concurso literario Das viaxes e dos soños

O

Concello de Dodro convoca unha réplica do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, o Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón: o concurso literario Das viaxes e dos soños, dirixida, neste caso, ao alumnado da ESO. O certame toma o seu nome da obra que o devandito poeta de Dodro publicou no ano 1985, con só 23 anos. A participación no certame será individual, na modalidade de foto-creación ou de vídeo-creación literaria, pois o Concello entende que a linguaxe literaria debe adaptarse aos novos soportes de comunicación cos que actualmente convive a mocidade. As obras presentadas estarán en lingua galega e versarán sobre as viaxe e os soños.

O prazo de presentación dos traballos rematará o día 31 de novembro. As bases do premio poden consultarse na web municipal: www.dodro.gal.

Portos comprométese co Concello de Outes a arranxar o antes posíbel os pantaláns do Freixo

O

5 de outubro celebrouse unha xuntanza entre o alcalde de Outes, Manolo González, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para tratar a tardanza no arranxo dos peiraos flotantes (pantaláns) do porto do Freixo. González trasladou á presidenta o malestar dos usuarios das instalacións, en particular dos mariscadores e mariscadoras, “polo mal estado das mesmas”. Segundo a información transmitida pola presidenta ao rexedor, o atraso nos traballos previstos de arranxo debeuse “a problemas técnico-administrativos previos ao inicio das obras, aínda que estas xa están contratadas dende hai meses”. Dese xeito, engadiu, “aínda que as actuacións xa se poderían comezar, prevese que non comecen

até xaneiro, aproveitando a parada da campaña marisqueira”. Dende o Concello agardan “que non se produzan máis demora e que se inicien de vez estas obras tan necesarias”. Por outra banda o alcalde de Outes fixo chegar á presidenta de Portos a necesidade de acometer melloras estruturais no paseo marítimo do Freixo, en particular nas pasarelas de madeira que comunican a zona dos peiraos flotantes co centro náutico. Nese sentido, González suliñou que o Concello acometerá en breve unha actuación de mantemento nesta infraestrutura, "pero polo que estamos a comprobar, axiña serán necesarias tamén actuacións de carácter máis estrutural na mesma, labores que entendemos que debe asumir Portos".

Melloras en San Martiño, na Piscina Municipal e no Consistorio de Noia

O

delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou Noia para comprobar as melloras que se levaron a cabo na vila grazas a diversos investimentos do Goberno galego. Na súa visita, na que estivo acompañado polo alcalde, Santiago Freire, o delegado visitou a igrexa de San Martiño, na que se levou a cabo a substitución do sistema de alumeado público ornamental, cun investimento de máis de 11.000 euros destinados á mellora das infraes-

truturas turísticas nos concellos. Na estadía de Trenor na vila tamén se destacaron outros investimentos como a instalación de paneis solares

na Piscina Municipal, cunha achega de 48.000 euros, do INEGA, e a mellora da iluminación da fachada do Concello que contará cunha axuda dou-

tros 48.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.


O Barbanza

9

Outubro 21

ECONOMÍA  

Preparadas para saírmos ao exterior

A dixitalización e a diversificación dos mercados son as claves da nova Estratexia de Internacionalización 2021-2025 para Galicia Toquio, explorando as posibilidades de Brasil e Corea do Sur a partir de 2023. A través da rede de Antenas, a previsión da Xunta é dar servizo a máis de 200 empresas en 2021 e chegar ás 1.000 no período 2021-2023. Un crecemento que se pretende que se produza, tamén, da man da internacionalización dixital, fomentando que as compañías incorporen as canles dixitais para chegar a novos mercados. A meta, sinala a Xunta, “é acadar as 1.000 empresas internacionalizadas dixitalmente no 2025, que se sumarían a outras 700 ás que se aspira a dar cobertura nas próximas edicións do Galicia Exporta Dixital, contando para todo cun orzamento de 24 millóns de euros ata o 2023”. Así mesmo, activarase o programa Emprende Global, que pretende facilitar a participación en feiras e encontros internacionais en materia de innova-

O mellor ciclo exportador

G

alicia conta cunha nova Estratexia de Internacionalización para o período 2021-2025, a folla de ruta coa que o Goberno galego busca facilitar a saída ao exterior do noso tecido empresarial e que ten, como principais claves, a aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores. Sobre estes eixes, a Administración autonómica aspira a que se acaden as 8.000 empresas exportadoras ao final deste lustro e os 25.000 millóns anuais en exportacións, incrementando especialmente a presenza galega en países de fóra da Unión Europea. Neste sentido, a Estratexia busca que as compañías galegas multipliquen por tres as exportacións a América do Norte, e dupliquen as súas vendas a América do Sur e Asia, ademais de incrementar en máis dun 25% as exportacións ao Reino Unido.

Para acadar ditas metas, a Estratexia contempla, como primeiro paso, un plan de acción inicial para o período 2021-2023 que suma máis de 70 millóns euros para impulsar a recuperación económica do tecido empresarial galego tras a pandemia. Un programa que se sustenta sobre catro piares: o fomento da innovación, a atracción de talento galego internacional, o acompañamento ao tecido empresarial e a difusión de casos de éxito. O primeiro deles, o relativo á innovación, complementará e potenciará o traballo feito ata o de agora a través das Antenas do Igape. Estas oficinas, que acompañan ás pemes galegas nos seus procesos de internacionalización, están abertas hoxe en día en Shanghai, Miami, Casablanca, Cidade de México, Lima e Londres -esta última coa denominada Oficina Brexit-. Sobre esta base, o obxectivo é ter abertas en 2022 novas Antenas en Dubai e

D

este xeito, e a través desta Estratexia, a Xunta de Galicia aspira “a manter e reforzar a súa colaboración co tecido produtivo galego, mellorando a súa competitividade a través da internacionalización e da dixitalización”. Trátase, engade o Goberno galego, “dun esforzo compartido que xa se vén levando a cabo e que ten permitido –segundo as últimas cifras de exportacións publicadas, relativas aos primeiros sete meses do ano–, acadar un crecemento do 23,3% con respecto ao mesmo período do ano pasado (xaneiro-xullo) e mesmo mellorar os datos anteriores á pandemia, sumando máis dun 5% máis que nos primeiros sete meses de 2019”. De manterse este ritmo no que resta de 2021, as exportacións galegas pecharían por quinto exercicio consecutivo por riba dos 20.000 millóns de euros, consolidando así o mellor ciclo exportador da historia de Galicia, explicou a Xunta.

ción e emprendemento. Neste sentido, prevense visitas a ecosistemas tecnolóxicos punteiros a nivel mundial, como o de Miami-Florida, Zhongguancun (Pekín), Silicon Wadi (Tel Aviv), Silicon Valley (California) ou o East London City (Londres). Ademais, fomentaranse o acceso ás licitacións internacionais cun servizo que permitirá ás empresas contar cunha plataforma que achegue información de contratación pública internacional e unha análise sobre a potencialidade do mercado da contratación pública en diferentes países. O segundo eixe do plan de acción para o período 2021-2023 susténtase na captación de talento internacional, achegando ao tecido empresarial galego profesionais expertos na materia. Neste marco, destinaranse 9 millóns de euros para continuar coas liñas destinadas aos bolseiros e aos xestores de internacionalización, na procura de conseguir 100 novos bolseiros e chegar a 140 empresas. A Xunta de Galicia tamén activará o programa Fórmate Internacional, nova iniciativa de cualificación práctica e continua orientada á internacionalización. Neste marco, cómpre destacar tamén o programa ReAcciona COVID-19, que incluirá dúas novas liñas de análise de mercados internacionais e elaboración de plans estratéxicos adaptados ao novo escenario. O acompañamento nos mercados de destino é o terceiro piar do plan de internacionalización para este período inicial. Un ámbito no que a previsión de investimentos supera os 10 millóns de euros ata o 2023, e que permitirá continuar o traballo iniciado coas liñas Galicia Exporta ou cos programas desenvolvidos en colaboración coas Cámaras de Comercio, ao tempo que se impulsan plans sectoriais nas industrias vitivinícola e contract que facilitarán tanto a internacionalizacións das súas empresas como a cooperación entre os diferentes axentes. No caso do viño, o plan intégrase na Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que acaba de ser presentado e que persegue consolidar os viños galegos nos diferentes mercados e potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen. Un labor que se complementa coa do cuarto eixe, centrado na difusión de casos de éxito, para o que se porá en marcha o programa Igape Contigo, que informará sobre a propia Estratexia de Internacionalización, dando a coñecer ditos casos de éxito e escoitando ás empresas para afondar en novas necesidades.


10

Outubro 21

O Barbanza

 A HISTORIA DA COMARCA

Memoria das Heroínas de Sálvora Xosé Mª Fernández Pazos

E

nfilamos o derradeiro trimestre deste ano no que lembramos os cen do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel nos baixos da Illa de Sálvora. Desgraciadamente a situación sanitaria dos últimos dous anos non axudou a lembrar como se merecía esta traxedia que deixou tan fonda lembranza na nosa comarca, ata o punto de que naqueles anos vinte foi coñecido como o “Titanic Galego” polos medios de comunicación de época. Heroísmo, xenerosidade e nobreza destacan naquel suceso lutuoso que durante décadas quedou no esquecemento, pero que hoxe lembramos con orgullo. Este 15 de outubro cumpríronse trinta anos do pasamento de María Fernández Oujo, máis coñecida como María de Sálvora quen tiña 16 anos o día do naufraxio, a derradeira das heroínas en falecer, e que aquela noite do 2 de xaneiro de 1921, interveu temerariamente no rescate das mulleres, homes e nenos do Santa Isabel. Xunto a ela estaban Cipriana Oujo Maneiro (24) e Josefa Parada Crugeiras (32), que se botaron cara a praia da Area dos Bois, onde permanecían varadas as dornas dos colonos. Estas mulleres xunto a outros veciños, subiron as pequenas embarcacións e remarían en axuda dos náufragos. Tres foron as dornas que sairon en auxilio. Amais da xa citada, noutra ían Francisco Oujo Lema, José Parada e Manuel Caneda Crujeiras, quenes auxiliarían o bote número 8 do vaporcorreo axudados polas mulleres no remolque ata terra. Rescatarían amais a outras oito persoas que estaban na auga. Unha terceira dorna levaba a José Oujo Lema e a Cipriana Crujeiras Reiris (48) quenes prestarían tamén axuda. Mentres outra dorna ía cara a Ribeira a avisar do suceso. Desde terra prestarían auxilio os poucos veciños que permanecían aquela noite en Sálvora, xa que o resto dos habitantes da aldea estaban en terra pasando fin de ano, e o tempo revolto impedira que regresasen a illa. O vapor embarrancou nos baixos da Pegar, fronte o faro, e todo apunta a que a causa foi a “serrasón” que non permitiu tomar posición exacta o vapor con respecto ós faros, ata o punto que pensaron que embarcaran en Ons. O acontecido aquela noite marcaría a vida dos seus habitantes e sobre todo das mulleres. A ampla investigación realizada pola autoridade de mariña

Veciños de Sálvora en xaneiro de 1921. Foto Pacheco y Llanos, arquivo Xosé Mª F. P.

e pola prensa da época, salientou o labor desenvolvido no auxilio das vítimas. As tres heroínas recibirían recoñecementos e incluso a cidade de Vigo faríalle un multitudinario homenaxe no que se participou toda a cidade olívica.

Recoñecementos e lendas

María de Sálvora canto tiña uns 40 anos. Foto familiar

Un ano despois do naufraxio, en 1922, o Congreso dos Deputados propuxo a concesión de condecoracións ás mulleres, homes e xente de Ribeira que se volcou na axuda e acollida das vítimas, ata o punto de que a prensa da época pediu a concesión do título de “Moi Nobre, Leal e Humanitaria cidade”, aínda que non se chegou a facer. As condecoracións e recompensas serían entregadas o 8 de xaneiro

María Fernández Oujo, Josefa Parada Crugeiras e Cipriana Oujo Maneiro, retrato das Heroínas en Vigo,1921. Foto Pacheco y Llanos, arquivo Xosé Mª F. P.

de 1924 polo secretario municipal ribeirense. As historias levantarían co paso do tempo, unha falsa lenda sobre a súa intervención, afirmándose incluso que se dedicaran a quitarlle ós cadáveres o que levaban de valor para o cal non dubidaron en mutilalos dedos das vítimas. Pero a historia dos raqueiros ou praieiros, que provocaban os naufraxios e esperaban que a carga do barco chegase a terra, non teñen cabida nesta historia. Polo menos así o testemuña o capitán, o segundo oficial e o resto dos que se salvaron. Estes comentarios desmentidos nos documentos oficias, na investigación da prensa e nas declaracións dos superviventes, causaron un gran malestar nas mulleres e nos paisanos da aldea. O expediente existente no arquivo da causa, amosa como o rescatado foi entregado ás familias das vítimas, desmentindo deste xeito o roubo duns e doutros. Elas participarían anos despois no rescate doutros dous barcos que embarrancarían tamén na illa. A falsa lenda correu un tupido velo polo papel que xogaron os veciños, e eles laiábanse dos comentarios que se fixeron sobre o seu labor no rescate. Tal vez por iso esqueceuse a historia ata que logramos recuperar aquela tráxica historia, hoxe presente na historia da comarca. María, da que lembramos estes días o seu trinta pasamento, casaría na década dos anos vinte con Fidel Sampedro Crujeiras, mariñeiro co que se trasladaría a Aguiño e con quen tería tres fillos María, Dionisio e Manuela a única que aínda vive. Sirva este artigo para lembrar o papel das heroínas e heroes de Sálvora e do vapor-correo Santa Isabel e das súas 213 vítimas.


O Barbanza

11

Outubro 21

MEDIO AMBIENTE  

Obxectivo: que Galicia siga sendo Galicia As guías monográficas da Xunta contribúen á xestión da infinita variedade de paisaxes do noso territorio

Guías da paisaxe galegas xa publicadas (2012-2021)

A

A

estas alturas, xa ninguén dubida de que un dos principais atractivos turísticos da nosa terra é a paisaxe que nos rodea, de mar, de terra adentro, de montaña, do rural e mesmo urbana. Trátase ademais dun tesouro natural que tivemos a fortuna de herdar dos nosos antergos, que pon de manifesto ademais unha relación axeitada, sustentábel e respectuosa co medio ambiente que vén de séculos atrás e que está a servir de modelo para todo tipo de entidades, organizacións e administracións. Consciente disto, o Goberno galego veu materializando ao longo desta última década unha serie de guías monográficas cuxo principal obxectivo é mellorar a xestión e conservación destes recursos patrimoniais de gran valor. Segundo informou a Xunta, as guías de boas prácticas e recomendacións son unha ferramenta prevista no regulamento da Lei 7/2008, de protección da paisaxe de Galicia “co obxecto de divulgar os valores paisaxísticos da Comunidade e que certo tipo de actuacións —edificacións de calquera natureza, peches,

equipamentos de uso público, etc.— poidan lograr unha boa integración coa contorna onde se sitúan”. Unha das finalidades máis importantes destes manuais é “que co seu emprego por parte dos diversos tipos de usuarios facilítase unha aplicación correcta das disposicións legais existentes, fomentando así prácticas axeitadas no desenvolvemento de cada tipo de intervención que se desexe facer acorde ao seu contido”. Desde o ano 2012 e atendendo ás diferentes demandas sociais e ás necesidades que van xurdindo, o Goberno galego leva traballando de forma continuada na elaboración deste tipo de guías. Ata o momento xa se publicaron un total de 11, pero hai varias máis en proceso de elaboración e outras propostas que se están a valorar. O investimento destinado pola Xunta á elaboración de todo este material (incluíndo tanto as guías publicadas como as que están en fase de redacción) ascende a máis de 400.000 euros. Segundo o Goberno galego, “estas guías teñen demostrado xa ser unha ferramenta efectiva para contribuír á conservación e ao mantemento das paisaxes onde se aplican”.

s 11 guías que no marco da colección Paisaxe Galega xa se publicaron e están dispoñibles na web do IET para a súa descarga son as seguintes: 1. Guía Estudos de Impacto e Integración Paisaxística (2012). Foi a primeira guía da colección e elaborouse seguindo as previsións do Plan de ordenación do litoral de Galicia (POL). Ofrece axuda técnica e xurídica para a elaboración dos estudos de impacto e integración paisaxística de proxectos, contribuíndo dese modo ao cumprimento e aplicación da Lei 7/2008 de protección da paisaxe de Galicia. 2. Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral (2013). Ten unha dobre finalidade: permite definir os mellores emprazamentos para as instalacións de acuicultura e establece pautas no deseño das plantas de acuicultura para a súa integración e respecto dos valores paisaxísticos litoral. 3. Guía de boas prácticas para a intervención nos núcleos rurais (2013). Consegue mellorar o tratamento urbanístico dos núcleos rurais de Galicia. 4. Guía de boas prácticas de intervención en sistemas praia-duna (2013). Consegue unha mellor protección e xestión destes espazos. 5. Guía de caracterización e integración paisaxística de valados (2017). Realiza unha caracterización dos valados tradicionais, ata chegar á identificación daqueles máis representativos de cada comarca paisaxística, e inclúe conceptos e criterios para a integración paisaxística mantendo a súa filosofía e riqueza cultural do noso agro. 6. Guía de cor e materiais de Galicia (2017). Achega uns criterios e directrices técnicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas e rurais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia.

7. Guía de estudos da paisaxe urbana (2019). Desenvólvese como ferramenta de apoio das Directrices de ordenación do territorio (DOT) que lles esixe aos plans urbanísticos analizar as paisaxes urbanas sobre as que operan. 8. Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos (2020). Permite dar visibilidade á calidade dos espazos públicos galegos e proporcionar criterios para que todas as intervencións resulten como espazos integrados, eficientes, inclusivos e responsables. 9. Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas (2020). Ofrece criterios e recomendacións para a súa aplicación nos sucesivos procesos que implican as actividades extractivas de recursos minerais. 10. Guía da paisaxe no tempo (2020). Analiza unha serie de problemas comúns aos cascos históricos menores, e ofrece criterios e exemplos de intervencións orientadas a resolver ou minimizar eses problemas. No traballo analízanse 30 núcleos históricos menores das catro provincias, incluídos, pola nosa comarca, os de Muros e Noia. 11. Guía de boas prácticas para a identificación e acondicionamento de miradoiros (2021). Esta guía ten por obxecto establecer uns criterios comúns e unhas propostas de boas prácticas para a selección de miradoiros e para as actuacións de acceso e acondicionamento para o seu desfrute por parte das persoas.

Novas guías 12. Guía de boas prácticas sobre deseño e instalación de cartelaría comercial. 13. Guía de boas prácticas para a integración na paisaxe das instalacións de abastecemento. 14. Guía de recomendacións básicas para evitar o impacto na paisaxe das instalacións portuarias da Xunta de Galicia. 15. Guía de recomendacións básicas para a integración paisaxística de parques empresariais.


12

Outubro 21

O Barbanza

 EMPRESA

Viaxe á oficina real dunha empresa dixital

Smart Estudio consolida un novo tipo de empresa de servizos tecnolóxicos onde o cliente participa directamente na creación deses servizos

A

pandemia cambiou para sempre o panorama empresarial, amplificando o número de actividades que se desenvolven en liña e confirmando a chegada dun novo tipo de empresa: o tipo de empresa coa que podes contar para que o tren da dixitalización non pase de longo. O Smart Estudio, habilitado polo ribeirense José Manuel Martínez, funciona como unha axencia de viaxes polo mundo dixital, tentando cubrir as necesidades tecnolóxicas que teñen non só as empresas, senón tamén a cidadanía. Os seus servizos son un billete transformador en 360 graos: preséntase como estudo de vídeo fotográfico e foto-impresión e tamén como empresa de creación e xestión de contido dixital. Amais, Smart Estudio planifica e desenvolve estratexias de marketing dixital (a arte de saber facer nas redes o que veñen facendo as empresas dende hai séculos no plano tradicional: ofrecer ao cliente o que necesita e facelo ben). Un dos seus últimos traballos foi para a UE, https://atlanticadventurescollection.org. Ao mencionado engádense os seguintes ingredientes: servizos de tendas en liña (ecommerce), posicionamento en buscadores e rede sociais e deseño gráfico nas súas moi variadas manifestacións. Así nos relata José Manuel a súa nova experiencia en materia de emprendemento, con sede no centro

  O Smart Estudio

funciona como unha axencia de viaxes polo mundo dixital, tentando cubrir as necesidades tecnolóxicas que teñen non só as empresas, senón tamén a cidadanía mesmo de Ribeira (un local familiar na praza de Vigo, a escasos metros do corazón da cidade: o porto): “Sempre me rondou pola cabeza e agora xa é una realidade tanxíbel, vén a ser o mesmo modelo de negocio que Checkin Galicia, a miña anterior experiencia empresarial, pero cun valor engadido, que é unha aposta clara e decidida pola presencialidade e a creatividade. Con Checkin Galicia puxen unha primeira pedra no eido do teletraballo e sumando e sumando conseguín facer un balado chamado Smart Estudio. Checkin Galicia proporcionoume a experiencia e os coñecementos para poder ser Smart Estudio”. Así, amais do que viña facendo dende a anterior andaina empresarial, habilitou un estudo para a elaboración

de retratos, vídeos e fotos de carné, ao que cómpre engadir servizos de impresión de fotografía e de subministro de marcos, amais das posibilidades que se abren coa colaboración entre Smart Estudio e unha empresa de Scrapbooking de Ribeira da que en datas vindeiras José Manuel Vidal encargarase persoalmente de achegar máis detalles: “Xa teredes novas ao respecto”, comenta. Polo de agora, sinala, o importante é “que a xente saiba que en Smart Studio teñen unha porta na que chamar e un espazo accesíbel para facerse vídeos, unha sesión fotográfica, un reel ou un Tik Tok coa súa cámara ou co seu dispositivo smartphone. En definitiva, Smart Estudio vén a ser un deses negocio cos que, dadas as nosas necesidades crecentes de transformación e dixitalización, imos ter que familiarizarnos, queirámolo ou non. Así nolo explica José Manuel: “Pódese dicir que é un negocio diferente en Ribeira e na comarca, ou máis ben un híbrido entre tenda e estudio para contidos dixitais. A título persoal penso que é un espazo vivo que ten que medrar coas necesidades da xente”. O Smart Estudio inaugurouse este 23 de setembro, a pesar de que xa levaba un tempo en activo a porta pechada, con José Manuel teletraballando dende comezos de ano neste espazo, un centro de operacións que foi sendo obxecto, este 2021, dun proceso de reforma progresiva e constante. Respecto desta aposta pola transformación tecnolóxica, José Manuel nolo explica deste xeito: “Os fondos europeos Next Generation xa nos mostran o futuro, pero no tema da pandemia hai que pararse un pouco, polo momento xa temos unha lei estatal do teletraballo, isto quere dicir que non estábamos preparados, todo era unha mestura de improvisación e caos. Nese contexto de caos e improvisación acelerouse dunha maneira importante na transformación dixital e coido que froito desta experiencia puxéronse as bases para outra nova e maior transformación que está por chegar neste comezo de século. O futuro que nos agarda será un futuro que se enriqueza do presencial, do remoto, da A.I. e do ecolóxico. No meu caso xa pensaba na pre-pandemia na opción presencial”.


O Barbanza

13

Outubro 21

MANTEMENTO DOS CURSOS FLUVIAIS  

Trámites reducidos, protección garantida para os nosos ríos As obras menores de conservación nas proximidades dos cursos fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa só requiren da presentación dunha declaración responsable ante Augas de Galicia

A

s obras de mantemento e conservación previstas para as proximidades dos cursos fluviais, da man de administracións, particulares ou calquera tipo de entidade, precisaban dunha medida que as axilizase e as desbloquease, ao mesmo tempo que se garantise o máis rigoroso dos procesos (medioambiental, urbanística e paisaxisticamente falando). En base a isto, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsou un decreto (en vigor dende primavera do ano pasado) que modificou determinadas disposicións vixentes en materia de augas e que facilitou a execución de traballos de mellora nas proximidades dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica. O obxectivo desta nova disposición normativa foi “ampliar o catálogo de actuacións que se poden acometer ao carón dos leitos fluviais con só unha declaración responsable ante a Administración hidráulica da Xunta, sen ter que agardar a autorización de Augas de Galicia”. Ao abeiro desta modificación, aumentáronse os casos nos que se pode substituír o trámite de autorización polo de declaración responsable, incluíndose traballos menores na zona de policía dos ríos da demar-

cación Galicia-Costa, en xeral unha franxa de 100 metros a cada lado das canles dos cursos fluviais. Este cambio no regulamento introduce ademais, como novidade, que os traballos menores no dominio público hidráulico poidan comezarse desde o mesmo momento da presentación da dita declaración, o que axiliza substancialmente os trámites até agora, os traballos permitidos con só declaración responsable non podían comezar ata 15 días despois da presentación da dita declaración. Esta importante axilización nos trámites beneficiará as seguintes actuacións de mantemento e conservación do dominio público hidráulico da demarcación hidrográfica GaliciaCosta: - Retirada de árbores mortas e podas de árbores que impidan accesos ás canle ou, sempre que non impliquen perda do substrato arbóreo da ribeira. - Retirada de árbores mortas e podas de árbores que reduzan a capacidade da canle do río. - Retirada de elementos arrastrados pola corrente que obstrúan a canle ou que constitúan un elemento de degradación ou contaminación. - Mantemento das seccións de medición de caudais das redes oficiais de estacións de medición.

Ademais, pasarán a poder executarse só con declaración responsable, sen necesidade de autorización, as seguintes actuacións menores de mantemento e conservación no dominio público hidráulico e na súa zona de policía: - En infraestruturas, a reparación de fochas nas pistas forestais e a renovación de capas de rodaxe de estradas e outras obras menores de mantemento ou de mellora da rede viaria pública tales como a renovación dos tendidos soterrados de redes de abastecemento de auga, sumidoiros, de electricidade, de gas ou de telecomunicacións, agás cando para a súa execución fosen precisos movementos de terras. Tamén, a colocación e substitución de carteis informativos ou de sinalización. - En edificacións e vivendas, as consistentes en pintado, revestimento e impermeabilización de fachadas, cambio de fiestras ou substitución de tellados e outras actuacións de similares características que en ningún caso impliquen ampliación do volume.

- Os seguintes tipos de peches: pastor eléctrico para gardar animais e permeables de malla ou similares e cunha distancia mínima entre postes de 3 m.

Máis dun milleiro de solicitudes cada ano

Para que nos fagamos unha idea das importantes vantaxes de execución que supón dita modificación, lembrar que a Xunta recibe ao ano unhas 1.200 solicitudes de autorizacións de obras que, en ocasións, poden saturar o servizo e adiarse na súa emisión. A nova normativa deixa un positivo panorama para unha chea de solicitudes (arredor de medio milleiro), que poden acollerse á declaración responsable axilizando as actuacións e centrando os esforzos nos eidos nos que resulte máis necesario actuar.

Modelo de declaración

Na ligazón https://bit.ly/32PhIwm podemos atopar os pasos a seguir e o modelo de declaración responsable para a realización de actuacións menores de mantemento e conservación no dominio público hidráulico e zona de policía da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Esta declaración presentarase por vía electrónica no caso das administracións públicas, persoas xurídicas ou as que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación, entre outras. Aquelas persoas interesadas, non obrigadas á presentación electrónica, poderán achegar a devandita declaración de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.


14

Outubro 21

O Barbanza

 ACTIVISMO MEDIO AMBIENTAL

Limpando o que ninguén limpará por nós A veciñanza da nosa comarca volveu ser exemplo de conciencia e activismo medio ambiental en ríos e praias

Retirados na praia de Castro-Catía uns 115 quilos de refugallos

O

pasado domingo 26 de setembro, o voluntariado de Ribeira e a comarca baixou á praia para poñer de manifesto a importancia de coidar o medio mariño e reivindicar novos e sustentábeis xeitos de relacionarnos con el.

Estamos a falar da limpeza de plásticos e outros refugallos organizada pola empresa LimpOcean na praia de Castro-Catía, entre Castiñei-

ras e Aguiño, en colaboración co Concello de Ribeira. Na xeira de traballo participou unha trintena de persoas.

  Os traballos

incluíron a recollida colectiva de todo tipo de refugallos e despois a clasificación e o peso de todo o material contaminante apañado

A actividade que tivo a Ricardo Babío (socio fundador e director executivo -CEO- da devandita entidade) como coordinador da mesma, deu inicio pasadas as once e media da mañá e se prolongou ata preto das dúas da tarde.

O río Te foi incluído na Limpeza simultánea de ríos de ADEGA

A

DEGA fixo balance do acadado na catorce edición da Limpeza simultánea de ríos, organizada o domingo 26 de setembro ao abeiro do Proxecto Ríos. En total, o voluntariado participante

(793 persoas) foi quen de recoller, en diferentes cursos fluviais da nosa terra, máis de 13 toneladas de refugallos. Aproveitaron para pór de relevo a necesidade de seguir traballando para coidar o noso medio natural, fomentando a

concienciación e habilitando medidas efectivas dende as administracións que rematen coa práctica de usar os nosos ríos como vertedoiros. A limpeza simultánea levouse a cabo en 51 municipios galegos, incluído o de Rianxo, da man da Asociación Veciñal de Araño. Os traballos no territorio rianxeiro focalizáronse no río Te, con media ducia de persoas voluntarias e 90 quilogramos de lixo retirados. En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes entidades, dende asociacións ecoloxistas, culturais… até fundacións, centros de ensino e concellos, chegando ás 67 entidades. Desta volta recolléronse refugallos moi variados, e coma sempre abundaron os plásticos: botellas, garrafas, bolsas, sacos... Apareceron rodas, baterías e motores de automóbiles, cristais e latas; tamén pilas, restos de madeira, mobles, ferralla, algún televisor e entullos. Retiráronse uralitas, roupa, calzado, etc...

  Os traballos no

territorio rianxeiro focalizáronse no río Te, con media ducia de persoas voluntarias e 90 quilogramos de lixo retirados

Os traballos incluíron a recollida colectiva de todo tipo de refugallos (cabichas, cordas, latas, microplásticos, etc.) e despois a clasificación e o peso de todo o material contaminante apañado. En total foron recollidos 115,7 quilogramos de lixo.

Ademais, as toalliñas húmidas para hixiene persoal volveron a aparecer en abundancia e tamén máscaras. “É preciso reflexionar sobre o uso destes artigos, e aínda máis sobre o lugar que empregamos para desfacernos deles, xa que ao tiralos polo retrete rematan nos nosos ríos contaminando os leitos e ribeiras”, insistiu a asociación ecoloxista.


O Barbanza

15

Outubro 21

ACTIVISMO MEDIO AMBIENTAL  

Persoal de Vegalsa-Eroski baixa ás praias de Boiro co voluntariado de Amicos

A

o voluntariado da Asociación Amicos que está a realizar dende hai meses a exemplar e encomiábel tarefa de limpar as nosas praias de plásticos e outros materiais nocivos para o medio mariño, sumáronselle novos apoios, solidarios e comprometidos medioambientalmente. Os máis recentes, os do persoal

da empresa Vegalsa-Eroski, que uniu forzas cos membros da asociación para a retirada de residuos nos areais de Boiro. Esta participación directa abéirase ao marco do convenio formalizado o pasado mes de maio entre a dita compañía alimentaria e a Asociación Amicos, un convenio centrado en fomentar o coidado da

nosa costa. A raíz del, persoal de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e de Calidade e Medio da empresa galega de distribución alimentaria sumouse na xornada do 5 de outubro ao voluntariado de Amicos para levar a cabo tarefas de limpeza na Praia Xardín, en Boiro. Foron preto de 40 as persoas que se deron cita neste encontro para combater o que se coñece como basuraleza e loitar pola redución dos residuos en espazos mariños protexidos das Rías Baixas, entre usuarios e técnicos da asociación, entre os que se atopaban o seu director xeral, Xoan España, e o responsábel de emprego e empresas, Miguel Beiro, ademais de persoal de Vegalsa-Eroski, por exemplo a súa directora de RSC e Comunicación, Gabriela González, e por último tamén asistiron o direc-

O Son consegue por segundo ano a bandeira verde de Galicia

A

Xunta vén de fallar a concesión por segun-

do ano consecutivo da bandeira verde de Galicia ao concello de Porto do Son, co fin

de recoñecer o seu esforzo e a súa implicación, así como dos seus veciños, na protección dos elementos máis representativos da Comunidade galega: a paisaxe e o patrimonio natural. Nesta segunda convocatoria tamén foron distinguidos os municipios de Curtis, Ordes, Alfoz, Mondoñedo, Parada de Sil, Outeiro de Rei e Sober, que acadan por primeira vez a bandeira verde de Galicia; mentres que Moaña revalida tamén este recoñecemento, despois de que na primeira edición –a de 2020- fora un dos primeiros concellos que ondearon o distintivo, xunto con Porto do Son.

  Foron preto de

40 as persoas que se deron cita para combater o que se coñece como basuraleza e loitar pola redución dos residuos en espazos mariños das Rías Baixas

tor do Parque Nacional das Illas Atlánticas, Jose Antonio Fernández Bouzas e Jose Romero, director adxunto do parque nacional de Cabrera en Baleares. Na xeira de limpeza participaron un total de 40 persoas e recolléronse 15,5 quilogramos de plásticos, 1,5 de mestura, 100 gramos de metal e 0,7 quilogramos de papel. Entre os residuos atopados había sobre todo cabichas, cordas, cabos e material de traballo procedente das bateas.

Retirados uns 50.000 quilos de refugallos no esteiro do Tambre

E

ste 8 de outubro volveron os traballos de limpeza e concienciación ambiental á contorna marítima dos concellos de Outes e Noia, concretamente ao esteiro do Tambre. Participaron as e os integrantes das confrarías locais de pescado-

res e mariscadoras, no marco do proxecto Econoia, no que colaboran os dous devanditos Concellos. Retiráronse preto de 50.000 quilos de residuos nas proximidades da desembocadura do río que separa ambos municipios. Limpouse unha mar-

xe de dous quilómetros de costa divididos en seis zonas. O proxecto Econoia diríxese a fomentar a conservación dos bancos marisqueiros e concienciar á sociedade sobre a importancia de coidar o medio litoral e mariño. Participaron unhas 170 persoas.


16

Outubro 21

O Barbanza

 ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS

Maquinaria a punto As patronais e os Concellos acondicionan este outono as pistas de despegue postCOVID das nosas empresas

Boiro acolle formación en mercadotecnia dixital e cooperativismo

Remata con importantes premios a campaña Volta ao Cole dos empresarios de Ribeira

A

Asociación de Empresarios de Ribeira puxo o remate á campaña Volta ao Cole, coa que se buscou reactivar a aposta polo comercio local no concello neste inicio da tempada escolar. A edición 2021 da campaña finalizou co sorteo da mesma, a través da cal resultaron premiadas 20 persoas cun vale de compra por valor de 50 euros. Os premios repartíronse entre 20 establecementos socios e, segundo confirmou a Asociación de Empresarios, o número de participacións foi de preto de 2.000. A patronal tamén aproveitou para agradecer a implicación de todos os clientes, novamente, un apoio que resulta crucial, neste intre economicamente complexo, para os establecementos de Ribeira. As persoas agraciadas están a recoller dende o martes 5 de outu-

O bro cadanseus premios na sede da asociación na rúa Rosalía de Castro, en horario de oficina. A entidade que preside Francisco Martínez Gude tamén fixo saber que ao longo da campaña entregáronse 20 agasallos ás familias numerosas que se presentaron no local da asociación cun tícket de compra dalgún dos establecementos socios.

RibeiraStore, recoñecida no concurso COMITEC de ideas TIC

A

plataforma web RibeiraStore (ribeirastore.com), creada polo Concello de Ribeira para dinamizar o sector comercial do municipio no contexto de pandemia, poñendo á súa disposición un instrumento de dixitalización e ampliando mercados, vén de ser obxecto dun importante recoñecemento. Máis polo miúdo, recibiu o pasado 4 de outubro unha mención especial no terceiro Concurso de Ideas Tecnolóxicas para o Comercio Minorista, COMITEC.

Ao acto, que tivo lugar en Madrid, asistiu a concelleira Ana Barreiro, quen liderou a creación e o desenvolvemento da plataforma. Foi tamén a encargada de recoller o galardón entregado pola Secretaria

de Estado de Comercio, Xiana Margarida Méndez Bértolo. A plataforma Ribeirastore, que integra ós 700 comercios do concello de Ribeira, nace en xullo do 2020 no marco do Plan Reactiva Ribeira.

Ministerio de Industria, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), activou, xunto coa Fundación Paideia Galiza e a Deputación da Coruña o programa formativo Mercadotecnia Dixital, Empregabilidade e Coopeativismo. Este programa, dirixido a menores de 30 anos en desemprego, lévase a cabo en formato presencial entre o 20

de setembro e o 17 de decembro. Desenvólvese en Boiro (no LabBarbanza do Concello) e As Pontes (na Casa Dopeso). Ademais de recibir máis de 250 horas de formación, as persoas participantes crearán en grupo proxectos de cooperativas no sector da mercadotecnia dixital e poderán optar a un premio polo que recibirán apoio financeiro para

a constitución e o desenvolvemento da súa cooperativa durante todo o ano 2022, incluíndo o salario dos participantes premiados. A participación neste programa formativo é totalmente gratuíta e nel contarase con recoñecidas/vos profesionais da mercadotecnia dixital e do traballo cooperativo, referentes tanto a nivel galego como estatal.

Novo impulso á plataforma Mercarianxo

A

Asociación Rianxeira de Empresarios mantivo os días pasados unha xuntanza virtual co equipo técnico da empresa Triwus, Creación web e comunicación creativa para tratar novas ideas con vistas a impulsar, optimizar e rendibilizar a plataforma local de comercio electrónico Mercarianxo. Entre outras cuestións, abordáronse novos xeitos de optimizar e facer seguimento da web en probas para facilitar a subida de produtos á mercarianxo.gal por parte dos vendedores e, tamén,

para impulsar a realización de actividades e actuacións destinadas a captar novos vendedores e chegar a un maior número de clientes. A ARE lembrou a plataforma está a disposición de tódolos negocios locais e consta de 3 seccións diferenciadas: un

marketplace con gasto de envío gratis, un directorio de negocios e unha sección de hostalería na que os establecementos rianxeiros poden ofrecer unha carta virtual aos seus clientes así como os servizos de envío a domicilio ou recollida no propio local.


O Barbanza

17

Outubro 21

EMPRESA  

Así se fai unha Industria 4.0 A visión artificial e a realidade virtual e aumentada acompañarán a transformación integral de CONGALSA

C

ONGALSA celebrou o 22 de setembro unha xornada en liña para presentar os froitos do seu proxecto de Industria 4.0 destinado a convertela nunha compañía máis sustentábel e eficiente e mellor interconectada e xestionada. O proxecto CONGALS4.0 da compañía alimentaria da Pobra do Caramiñal foi dado a coñecer nun acto que contou coa presenza de Luis Miguel Simarro, director xeral da empresa, de Luis Pérez Freire, director xeral do Centro Tecnolóxico Gradiant (co-artífice, xunto coa firma de produtos do mar, de CONGALS4.0) e de Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación. Segundo fixo saber Simarro, a compañía implantará tecnoloxía de Visión Artificial nos diferentes elos da cadea do seu sistema de produción e promoverá a dixitalización das súas factorías habilitando tamén técnicas de Realidade Virtual e Aumentada. Isto materializarase grazas ao ambicioso proxecto tecnolóxico de transformación no que está mergullada a empresa alimentaria, unha aposta cara a un modelo industrial interconectado abeirada ao Programa Industrias do Futuro 4.0, impulsado desde a Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Segundo engadiu Simarro, o modelo industrial 4.0 promovido desde CONGALSA “fai fincapé na Visión Artificial como tecnoloxía integrada na compañía” e tamén pon o acento na dixitalización, na ciberseguridade, na cadea de bloques (blockchain), na aprendizaxe das máquinas (Machine Learning), na Intelixencia Artificial, na automatización de procesos, na Realidade Virtual e na Realidade Aumentada.

  A compañía implantará

tecnoloxía de Visión Artificial nos diferentes elos da cadea do seu sistema de produción e promoverá a dixitalización das súas factorías habilitando tamén técnicas de Realidade Virtual e Aumentada

Segundo salientou Simarro, o obxectivo do proxecto é “crear unha fábrica intelixente a través da dixitalización de toda a cadea loxística integral e desenvolver un modelo de industria interconectada que axude a xerar tracción no cambio na nosa empresa”. E engadiu: “Trátase de desenvolver un modelo industrial máis flexíbel, automatizado e colaborativo, que nos permita mesmo anticiparnos ás demandas do mercado con criterios de sustentabilidade, transparencia e personalización”. Tamén fixo saberá que para a empresa da Pobra do Caramiñal “é fundamental unha interconexión continua no traballo, porque a innovación non implica só cambio tecnolóxico, senón que transcende de forma transversal a todos os departamentos da empresa na medida en que trae consigo novas formas de relacionarnos”. O proxecto CONGALS4.0 desenvólvese de xeito conxunto co Centro Tecnolóxico Gradiant e co apoio da Axencia de Innovación de Galicia (GAIN), dependente da Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto enmarcado dentro do Programa de Industrial do Futuro 4.0 - Fábrica Intelixente, co-financiado con fondos FEDER da Unión Europea e que se levará a cabo até o ano 2022.

Aposta pola saúde, a diversidade e a calidade en Conxemar

E

ntre as empresas punteiras que participaron a comezos de outubro no salón Conxemar de Vigo atopábase un ano máis CONGALSA, que presentou as súas novidades tanto para a canle HORECA (acrónimo de Hoteis, Restaurantes e Cafetería) como para o comercio retallista. Fíxo baixo o concepto Conxemar 2021 – A nosa mellor versión, e poñendo o foco na súa ampla gama de produtos

e nas características de cada un deles para adaptarse ás necesidades das súas canles de comercialización. CONGALSA adiantou que as novas referencias para hostalaría e restauración colectiva, baixo a marca Ibercook Food Service, “buscan responder as necesidades dos profesionais á hora de optimizar as elaboracións en cociña, aforrando tempos e diminucións, sen

renunciar a produtos de máxima calidade e seguridade alimentaria”. Ademais de ampliar e mellorar o seu catálogo de tapas, a empresa presentou

novas propostas de pratos principais como os filetes de bacaladilla empanados e tres cortes de pescada europea que destacan, en palabras da compañía,

“pola súa alta gramaxe e a calidade e frescura desta materia prima”. No apartado de produtos para gozar en casa, CONGALSA fixo fincapé nos beneficios

dunha dieta saudábel, e este é o alicerce dos novos lanzamentos baixo a insignia Ibercook Fun Food. Seguindo este fío, deu a coñecer a nova gama Bio de empanadillas e rolos de primavera 100% naturais, os seus filetes de bacaladilla limpos e listos para cociñar provenientes de pesca litoral, e os produtos de pescada europea en formato adaptado ao fogar. A sustentabilidade foi tamén protagonista, aproveitando o evento para dar a coñecer as principais estratexias de CONGALSA en materia de protección ambiental e economía circular.


18

Outubro 21

O Barbanza

 PRODUCTOS PROCEDENTES DA PESCA

Manxares galegos do mar que namoran aos consumidores

A campaña Galicia sabe amar reivindica a variedade, a calidade, a frescura e os beneficios para a saúde dos produtos pesqueiros e marisqueiros extraídos e transformados na comunidade

A

Diversidade, calidade, frescura e sustentabilidade. Estes son os grandes piares sobre os que se apoia a nova campaña de promoción dos produtos pesqueiros e marisqueiros galegos Galicia sabe amar, impulsada pola Consellería do Mar. A iniciativa arrincou no mes de agosto e na presentación incidiuse na importancia de “comer peixes e mariscos” e na “gran variedade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores”. Esta campaña dá continuidade a O noso mar, marca e O mar que nos move e está concibida para chegar ao conxunto da cidadanía a través dos medios de comunicación convencionais e tamén das redes sociais.

Unha despensa variada

Dous dos grandes puntais da iniciativa son a variedade e a calidade e, neste senso, Galicia conta co privilexio de dispor dun amplo abano de produtos, comercializándose preto de 300 especies diferentes nas lonxas galegas que van desde peixes ata mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos. Isto permite aos compradores elixir entre unha chea de opcións con todas as garantías de calidade e de frescura froito do labor realizado polos milleiros de profesionais do mar que traballan en Galicia.

  A campaña Galicia

sabe amar ten o obxectivo de animar á cidadanía a consumir os produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos mariñeiros e mariscadores da comunidade

Con estes alicerces, a Xunta puxo en marcha a campaña Galicia sabe amar co obxectivo de animar á cidadanía a consumir os produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos mariñeiros e mariscadores da comunidade. Esta acción incide na importancia de comer peixes e mariscos así como na diversidade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores para que cada un elixa aquel que máis lle interese e se adapte ás súas necesidades e aos seus gustos. O xogo de palabras que lle serve de base ao nome da campaña tamén abrolla dos mesmos obxectivos: de trasladar a importancia de consumir produtos do mar para ter unha alimentación saudable así como o feito de que mercar peixes e mariscos é unha decisión intelixente e un hábito que forma parte da identidade dos galegos. Ao mesmo tempo, lembra o importante labor que realizan os milleiros de profesionais do mar de Galicia para levar ata as mesas de calquera consumidor os variados manxares que ofrecen e se transforman na costa galega.

A campaña vai máis aló de promover o consumo destes produtos e serve tamén como agradecemento ao sector marítimo-pesqueiro galego polo importante esforzo realizado durante a alerta sanitaria polo coronavirus, na que aumentou a demanda de produtos do mar por parte dos fogares ao tempo que caía na hostalería e na restauración -a canle Horecacomo consecuencia das distintas restricións aprobadas para frear a expansión da pandemia. Malia esa situación, boa parte dos profesionais do mar seguiron traballando arreo, incluso cando non lles era rendible, para ofrecer produtos da calidade ao resto da sociedade nunha mostra máis de solidariedade e amor cara ao conxunto da cidadanía. A campaña da Consellería do Mar Galicia sabe amar é a herdeira de O mar que nos move e de O noso mar, marca, poñendo o acento na calidade e grande variedade de produtos cos que conta a comunidade, moi desexados e que namoran a todo aquel que os proba. Neste sentido, a comunidade conta cunha oferta de produtos, formatos (frescos, conxelados, transformados, etc) e posibilidades inmensas para elaborar pratos


O Barbanza

19

Outubro 21

PRODUTOS PROCEDENTES DA PESCA  

da máxima calidade tanto nos fogares como nos restaurantes máis selectos. A Xunta inclúe dentro desta acción máis global outras iniciativas de promoción máis específicas impulsadas pola Consellería do Mar como Fai clic ao teu bocata ou Ti si que es un bo peixe -para promocionar o consumo

de produtos do mar entre a poboación infantil- ou Vai de peixe, deseñada para difundir as bondades dos peixes e mariscos entre os millennials e centrada principalmente nas redes sociais. A elas engádense tamén outras como a marca de calidade pescadeRías, de onde se non? ou campañas puntuais

para reivindicar os produtos do mar de tempada como o bonito do norte. A campaña da Administración galega a prol do consumo de produtos do mar de Galicia recorre ao amor para chamar a atención dos cidadáns e seguindo coa retranca galega foi o humorista David Amor o encargado

Toda a actualidade da comarca nas túas mans Síguenos en: obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

608 240 160

de presentala tanto ante os medios de comunicación como ante os profesionais do sector. Ao evento asistiron representantes do sector pesqueiro e marisqueiro, da industria de transformación dos produtos do mar e das principais empresas de distribución alimentaria da comunidade.

obarbanza.gal

Visita a nosa web

O Barbanza Diario dixital


20

Outubro 21

O Barbanza

 AXENDA CULTURAL

Cousas que subliñar no calendario

- 29 de outubro. Conexión Pingüín. Cultactiva. - 5 de novembro. A parábola do angazo. Talía Teatro. - 12 de novembro. Té con Kant. Inversa Teatro.

O teatro é o protagonista indiscutíbel das axendas culturais dos nosos Concellos En Boiro (na Casa da Cultura)

- Venres 15 de outubro, 20.00 horas. O afiador – Mago Teto

- Venres 22 de outubro, 21.00. Bernarda – Malasombra Producións - Venres 29 de outubro, 20.00. Contos de recreo – Redrum Teatro - Venres 5 de novembro, 21.00. Rara avis – Lila Teatro - Venres 12 de novembro, 20.00. A nena que vivía nunha caixa de mistos – Caramuxo Teatro. - Martes 16 de novembro, ás 12.00. Ningures de Teatro ao Cubo - Mércores 17 de novembro ás 12. Tita de Teatro Babaluva

Teatro, chega Vida de cans. Escrita e dirixida por Cándido Pazó. - O 7 de novembro é a quenda de Culturactiva Producións, que representará Conexión Pingüín, no 7 de novembro, con texto de José Prieto. - O 14 de novembro será a quenda de Feminíssimas, da compañía De Ste Xeito Producións. - O 21 de novembro, Pérez & Fernández achegarán Os nenos da varíola, unha adaptación á escena da novela homónima de María Solar. - O día 28 de novembro, Fulano, Mengano e Citano presentan Top Manta.

- 19 de novembro. Misión imposible. Inversa Teatro e Aporía Escénica. - 26 de novembro. Bravas. Isabel Risco. - 3 de decembro. Habeas Corpus. Malasombra. - 11 de decembro. O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo). Grupo de Teatro de Ribeira.

En Rianxo (no Auditorio

Municipal)

- Venres 15 de outubro - 21.00 h Teatro, A lingua das bolboretas a cargo de Sarabela Teatro.

- O día 5 de decembro chegará Estrela do día, con Excéntricas Producións.

En Ribeira (no Auditorio

Municipal os venres ás 21.30 horas)

- Xoves 18 de novembro ás 12. Dun can de palleiro de Lila Teatro - Venres 19, 20.00 horas. O home que pintaba árbores – Eme2 Emoción&Arte - Martes 23 de novembro ás 20.00. O eco das pedras de Raquel Queizás - Ventres 26 de novembro, 20.00 horas. Güela-güela – Galitoon - Venres 3 de decembro, 21.00. A lingua das bolboretas – Sarabela teatro

Até oito compañías de renome participan na nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira. As funcións darán comezo o venres 15 de outubro e prolongaranse até o mes de decembro. Todas as actuacións están programadas para as 21.30 horas dos venres, no Auditorio Municipal. - 15 de outubro. Mocos. Contraproducións.

Na Pobra (no Elma os domingos ás 19.00 horas) - O 17 de outubro represéntase no Elma A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro. - O 24 de outubro, da man de Talía

- 22 de outubro. O gordo e o calvo 20 anos despois. Fran Rei e Pedro Brandariz.

- Sábado 16 de outubro - 13.00 h Presentación, O rosario e a buguina de X. Ricardo Losada. - Sábado 16 de outubro - 20:30 h Gala Faustino Rey Romero organizada pola Irmandade da Música Galega. - Venres 22 de outubro - 21.00 h Teatro, Un home con lentes de pasta a cargo de Redrum Teatro.

- Sábado 23 de outubro - 20.30 h Ciclo de novos intérpretes, Óscar Vázquez (Trombón Baixo) e Yamini Teresa (Piano). - Venres 29 de outubro - 20.30 h Ciclo de novos intérpretes, Bernal Muíños Quarteto (Jazz). - Sábado 30 de outubro - 20.30 h Teatro, Bernarda a cargo de Malasombra. - Venres 12 de novembro – 20.30 h – Ciclo de novos intérpretes, con Víctor Bouzas Quarteto (trompeta). - Martes 26 de novembro – 20.30 h – Ciclo de novos intérpretes, con Alba Franco (arpa). - Mércores 10 de decembro – 20.30 h – Ciclo de novos intérpretes, con Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano).

En Outes, Mostra Mares da Fin do Mundo

A

Mostra Internacional de Cinema Documental que impulsa o Concello de Outes e que chega á súa cuarta edición vaise celebrar entre o 29 de outubro e o 1 de novembro no devandito concello. Será unha boa oportunidade para poñermos rumbo a novos portos e “descubrir o mellor do cinema documental sobre o medio ambiente mariño e a pesca sustentábel”. O festival, nas redes baixo o cancelo #MDFDM21, ten xa unha manchea de detalles dispoñíbeis na web de seu, www.maresdafindomundo.gal, onde se vai ir dando conta das novidades do programa, como tamén se darán no Facebook do certame e máis no Instagram.


O Barbanza

21

Outubro 21

A HISTORIA DA COMARCA   

Barbanceses en Mauthausen

Xoán Fernández Callón pescudou nas vidas dos veciños da nosa comarca que estiveron no campo de concentración nazi Xoán Fernández Callón, autor do caderno n.°7 da colección Episodios Republicanos Barbanzáns, titulado Barbanceses en Mauthausen, preséntanos neste artigo as orixes e os porqués do seu traballo de investigación. O caderno presentouse na tarde do 24 de setembro no Museo Valle-Inclán de A Pobra ante un nutrido número de persoas asistentes, entre os que se atopaban familiares dalgúns dos veciños da nosa comarca que estiveron no dito campo de concentración.

A

presenza de españois en campos de concentración da Alemaña nazi foi silenciada durante décadas pola ditadura, ata o punto de chegar a ser tan sorprendente hoxe esta nova referida a membros de catorce familias veciñas da nosa comarca, como o foi para os soldados hispanos do 41º escuadrón de cabalería do exército norteamericano o feito de escoitar falar español aos presos dun campo situado no corazón de Austria o día da liberación, 5 de maio de 1945. Seis anos atrás, desde febreiro de 1939, mes no que Cataluña é tomada polo exército nacional, máis de cincocentas mil persoas diríxense a Francia coa intención de fuxir da represión franquista. As desordes e as tentativas revolucionarias acontecidas durante a etapa republicana fan que a acollida por parte das autoridades galas non sexa amigable, tras varios días nos que a fronteira se mantivo pechada para evitar súa a entrada no país. Alí serán internados en campos de refuxiados en condicións insalubres, onde se lles nega alimento, auga ou mantas para protexérense do frío, coa intención de que volten a España, decisión que tomarán máis da metade deles á altura do mes de agosto. Nestes campos franceses perderán a vida 14.617 persoas, case o triplo da cifra de mortos en Mauthausen.

A súa situación tornará a partir do inicio da Segunda Guerra Mundial e a invasión do país por parte do exército alemán entre maio e xuño de 1940. Neste novo contexto, os refuxiados pasan a ser útiles para o país no eido militar, industrial ou nos labores agrícolas. Mais tras a rápida derrota, os españois serán trasladados a campos de prisioneiros de guerra situados no norte de Francia, Alemaña e Austria. No seguinte mes de xullo, a administración do Reich ofrece ao goberno franquista en reiteradas ocasións o traslado destes presos a España, así como doutros expatriados. Ante isto, Ramón Serrano Suñer, daquela Mi-

Canteira de Wiener Graben

Relación dos barbanceses presos no complexo de Mauthausen: • José Callón Peón (1913-1943). Ribeira • Manuel Fernández Parada (1916-1942). Ribeira • José García Sobrido (1911-1989). Corrubedo • Juan González Pillado (1915-1996). Palmeira • José Millán Martínez (1915-1942). O Xobre • Juan Cameán San Isidro (1910-1941). Lesón • Francisco Caamaño Fernández (19071941). A Pobra • Marcelino Outeiral Ríos (1914-1996). Gonderande • José Naveiro Couso (1911-1941). A Pobra • José Mínguez Castro (1908-1942). A Pobra • Francisco Pena Romero (1909-1992). Cabo de Cruz • Juan Rey Lago (1911-1941). Escarabote • Manuel Figueroa Lires (1901-1978). Noia • Eduardo Romaní Abeijón (1915-1941). Esteiro

Cartel escrito en español de benvida aos soldados norteamericanos que liberaron o campo.

nistro de Gobernación, nun telegrama ao cónsul en Hendaya, pide a extradición só dun listado de republicanos, desentendéndose do resto. A consecuencia diso, en agosto comezarán as primeiras deportacións de españois a campos de exterminio, que se realizarán de xeito institucionalizado a partir de setembro, coincidindo coa visita diplomática de Serrano Suñer a Berlín. Esta sorte afectaría a 9.328 españois, dos cales 7.532 terían como destino Mauthausen. Deles, dous terzos deles sairían en forma de cinsa e fume.

Tarxeta de ex-combatente de Francisco Pena Romero

Mauthausen foi o centro dun complexo concentracionario de ata cincuenta e oito campos onde se realizaban labores de construción que tiñan como materia prima base o granito da canteira de Wiener Graben. A calculada dobre intención das SS era compaxinar o exterminio dos presos e a súa rendibilidade económica. Deste xeito, estimábase que a súa vida durase un máximo de entre seis e nove meses mediante un traballo escravo combinado coa desnutrición. E tras a súa morte e incineración, vendíanse a empresas externas as cinsas como fertilizante agrícola ou o pelo como materia prima para producir feltro. Este foi o destino de nove dos nosos veciños. Os cinco superviventes serían acollidos en Francia, onde recibiron atención médica durante un longo período de recuperación e foron tratados esta vez e de por vida con honores e privilexios de ex-combatentes e libertadores.


22

Outubro 21

O Barbanza

 RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

"O ROSARIO E A BUGUINA"

...

Xosé Ricardo Losada   EDITORIAL GALAXIA, NOVELA

P

remio Torrente Ballester 2020 da Deputación da Coruña, volve poñer o foco na terra natal do escritor. Así, se en A casa xunto ao volcán centrábase en narrar as andainas filosóficas dunha moza adolescente que recala no instituto de Rianxo, acompañando a súa chegada dunhas lecturas que deixarán fonda pegada e que marcarán a súa vida presente e futura, agora Losada decidiu poñer o foco na figura do poeta Manuel Antonio, construíndo unha biografía ficcionada que recrea os últimos meses do autor de De catro a catro. A obra, que se centra nas disputas nas que se viu mergullado

o poeta Manuel Antonio, a nivel familiar, pola súa disidencia relixiosa, encádrase temporal e xeograficamente en Rianxo e trala volta do escritormariñeiro á súa vila logo dunha estadía en Cádiz. Manuel Antonio, gravemente enfermo, negouse en rotundo a aceptar os ritos cristiáns nos seus últimos días de vida.

"TRÁVELIN"

Antonio Piñeiro XERAIS, NOVELA

E

ntre as principais novidades literarias da tempada está a novela do ribeirense Antonio Piñeiro, gañadora da vixésimo sétima edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta convocado polo Concello do Grove. A obra sitúanos en Santiago en pleno apoxeo da movida dos oitenta. Noite do xoves centos de estudantes universitarios móvense polas rúas do ensanche. De súpeto, unha nova no Telexornal dá conta dun achado nun vehículo abandonado entre as silveiras da periferia. A cámara de televisión evoluciona sobre o suceso coma nun

...

EDITORIAL

P trávelin ata a imaxe final, na que o inspector Alaín examina o escenario. Ese é o punto de partida da pescuda que o leva por toda a cidade, percorrendo os locais de moda e sacándolles aos informadores de confianza as pistas para capturar a quen está detrás dos feitos relacionados co caso.

"DE MARIÑO A POETA"

Xoán Fernández Callón, Memoria

Manel Monteagudo   EDITORIAL MEDULIA, PROSA

Histórica da Barbanza

POÉTICA

O

acabaron alí e faise un repaso pola súa vida. Ofrécese así unha contextualización na que se fala do franquismo, do exilio, do holocausto, etc, para pasar a centrarse nos 14 veciños que estiveron no campo de concentración de Mauthausen.

...

O

escritor noiés Manel Monteagudo deunos a coñecer a súa nova obra, De mariño a poeta, editada por Medulia. Trátase do terceiro libro do mariño e escritor noiés Manel Monteagudo, que obtivo un importante recoñecemento con Camiño á lagoa dos bardos, un libro de marcada vertente social no que, a longo de preto de cincocentas páxinas, o autor púxose en pé de loita contra algúns dos principais abusos de poder que se perpetran na actualidade

...

Patricia Torrado Queiruga   EDITORIAL Baía Edicións, NOVELA INFANTIL

"BARBANCESES EN MAUTHAUSEN" caderno n.°7 da colección “Episodios Republicanos Barbanzáns”, presentouse no Auditorio do Museo ValleInclán de A Pobra ante un nutrido número de persoas asistentes, entre os que se atopaban familiares dalgúns dos barbanceses que estiveron no campo de concentración de Mauthausen. O traballo estruturase en tres partes. A primeira refírese ao porque houbo españois en campos de concentración nazis, a segunda expón que foi Mauthausen e o que supuxo, e a terceira relata como varios barbanceses

"DON CARLOS E O MISTERIO DOS LUCECÚS"

en calquera das súas moitas manifestacións. Neste seu novo libro Monteagudo aposta polo formato de prosa poética para falar “fundamentalmente do mar”.

orto do Son e A Pobra do Caramiñal serviron de escenario para dar a coñecer o libro da escritora, xornalista e museóloga sonense Patricia Torrado Queiruga. Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicables e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, o único que os podería axudar a buscar unha explicación a tanto misterio, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas. A autora cóntanos a historia dun grupo de nenos.Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso convídante a desentra-

ñar cada misterio coa axuda de don Carlos. Unhas pescudas que vos levarán a valorar o lugar no que vivides, o medio ambiente, as tradicións, o amor e os prexuízos cos que podemos atoparnos todos os días. Acompáñasnos?

"SOLO SOY SO"

...

Sonia María Piñeiro   EDITORIAL Círculo Rojo, POESÍA

A

Casa da Cultura de Porto do Son acolleu a presentación do libro de poesía “ Solo soy so”, da escritora Sonia María Piñeiro Ríos, editada por Círculo Rojo. Noites escuras nas que os demos se fixeron letra formando os pecados dunha mente fragmentada, do caos e as chamas saen estes fragmentos. Sonia María Piñeiro Ríos é unha nova escritora galego-peruana que reside na Coruña, onde estuda Logopedia na USC. Naceu en Trujillo, cidade señorial do Perú, capital da eterna primavera. Desde pequena, entusias-

ta lectora, ávida de coñecementos, elixiu a lectura como compañeira de vida, decantándose polas narrativas de mulleres reais como, por exemplo, o libro autobiográfico de Waris Dirie. Grazas a iso, creou o seu propio mundo, onde podía desenvolver a súa vea creativa.


O Barbanza

23

Outubro 21

CULTURA  

Os nosos nomes de lugar vanse de xira O itinerario de charlas de Toponimízate, impulsadas por Política Lingüística e a RAG, pasará por Ribeira e Carnota

O

proxecto Toponimízate, unha ambiciosa proposta institucional para reivindicar o tesouro dos nosos nomes de lugar, recibiu esta tempada un novo impulso á súa actividade, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Real Academia de Galicia (RAG). Segundo fixeron saber, haberá novidades importantes como sesións telemáticas en directo e obradoiros de memoria, materializados principalmente nas charlas de Toponimízate,

coñece os nomes da túa terra, que están a pasar en outubro polos seguintes concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Triacastela (o 1 de outubro ás 18.00 horas), Outeiro de Rei (o 15 de outubro ás 19.00 na Casa da Cultura) e Ribeira (o 18 de outubro a partir das 16.30 horas con proxeccións telemáticas e colectivas no IES Leliadoura, no IES Nº1 de Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas e na aula CeMIT local). En novembro a xira seguirá o día 5 (en Carnota, na Casa do Concello, a

partir das 17.00 horas), o día 12 (no Irixo, na Casa do Concello, ás 18.30 horas), o 19 (en Meaño, con proxeccións telemáticas e simultáenas no IES de Meaño, no CEIP As Covas, na Casa da Cultura de Dena e na aula CeMIT, a partir das 11.00 horas), o 23 (no Barco de Valdeorras, con proxeccións simultáneas e telemáticas no IES Lauro Olmo, no IES Martaguisela, na Casa da Cultura e na aula CeMIT, a partir das 16.30 horas) e o 3 de decembro en Ortigueira (no Centro de Maiores, a partir das 11.30 horas).

Homenaxe á sonense Blanca Ana Roig Rechou

O

Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades (CRPIH) vén de render homenaxe a Blanca Ana Roig Rechou (Portosín, 1949), unha das principais impulsoras da creación e desenvolvemento do centro, con motivo da súa xubilación. Valentín García, o máximo responsábel da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da que depende o

CRPIH, foi o encargado de entregar á investigadora o primeiro exemplar de Verbas amigas, un volume de homenaxe en agradecemento polas súas contribucións á cultura galega. O acto conmemorativo celebrouse o pasado 1 de outubro, no Auditorio da Cidade da Cultura. Na homenaxe tamén tomaron parte Manuel González González,

coordinador científico do CRPIH; Víctor F. Freixanes, presidente da RAG; José Antonio Gomez, profesor da Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto, e a propia Blanca Ana Roig.

Ademais, a homenaxeada estivo arroupada por case un centenar de colegas e compañeiros da investigación e da docencia que quixeron loar a profesora con ocasión da súa xubilación.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentaron o 28 de setembro, na sede da RAG, a cuarta edición do programa acompañados de Vicente Feijoo, o especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da Academia que se encargará de impartir as charlas previstas. Valentín García salientou que o proxecto supón “a difusión e socialización dunha riqueza lingüística e cultural tan importante como son os nomes da terra, amais de buscar a colaboración e o prestixio de saber chamarlle a cada lugar polo seu nome”. O presidente da RAG salientou o gran valor da toponimia galega e a importancia do seu estudo, que a Academia desenvolve a través do Seminario de Onomástica. Segundo informaron, as charlas divídense en dous bloques: o primeiro deles aborda a riqueza toponímica galega, mentres o segundo presenta o funcionamento da aplicación colaborativa Galicia Nomeada (galicianomeada. xunta.gal), plataforma a través da cal a veciñanza pode engadir os diferentes microtopónimos que coñeza e que xa conta con máis de 2.200 usuarios que compartiron preto de 31.000 nomes de lugares dende o 2019. Ademais, as sesións de Toponimízate tamén permiten coñecer as utilidades prácticas desta información unha vez xeorreferenciada e normativizada, e conclúen cun percorrido polo significado dos nomes das parroquias e aldeas do concello en cuestión coa colaboración do académico da UVigo Gonzalo Navaza, membro do Seminario de Onomástica da RAG. A primeira cita desta cuarta edición xa se celebrou o pasado xuño en Marín. Haberá charlas presenciais en Triacastela. Outeiro de Rei, Carnota e O Irixo. A maiores, desenvolveranse tres sesións telemáticas emitidas en directo a través da canle de YouTube da RAG e que poderán verse de maneira colectiva nos espazos habilitados de Ribeira, O Barco de Valdeorras e Meaño. O peche da cuarta campaña de Toponimízate terá lugar en Ortigueira o 3 de decembro coa outra gran novidade da edición, un obradoiro de memoria no centro de maiores da vila. Toda a información e o calendario de sesións irase actualizando no Portal da Lingua Galega (lingua.gal) e máis na web da RAG (academia.gal).



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.