Revista escolar

Page 1

RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Raíces da Terra Revista escolar

Nº 20 1


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

ÍNDICE

Páxina

3 a 20

1.Conmemoramos datas importantes

21 a 24

2.Citas célebres

25 a 34

3.Disfrutamos e aprendemos coas diferentes actividades

35 a 37

4.Cinensino

38 a 51

5.Cousas de nenos

52 a 63

6.Información de interese

64 a 67

7.Concursos

68 a 70

8.Pasatempos

71

9.Orla sexto de primaria

2


1.Conmemoramos datas importantes

RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Páx.3 a 20

Este ano celebramos o magosto, o luns 9 de Novembro, no patio do colexio. O timbre que indica que é hora de comer soou e todos saímos ao patio. Alí atopábanos co lume prendido e coa comida lista para que Marcial a puxese na grella. Tivemos que agardar a que as brasas estiveran listas para facer a costela e os chourizos.Mentras tanto colocamos varios bancos para poder sentar, xogamos un pouco e escoitamos a música que estaba a soar. Despois de repartir o pan e os vasos de plástico,

nenos

e

profesores

achegámonos a coller a comida e bebida coa que íamos xantar. De postre tivemos donuts e tamén castañas. Os nenos e nenas de 6º amenizáronnos a xornada tocando as panderetas e cantando unha canción da nosa terra.

Rematamos o día dando exemplo do ben que coidamos a natureza, ¡todo recollido e ben limpo!, movendo o esqueleto ao son da música, cantando a letra dalgunha canción e correndo para chinarlle a cara a calquera que atopáramos polo camiño. ¡Pasámolo moi ben!

3


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Os nenos e nenas de 6º de Primaria participaron no concurso da constitución. Cada ano a subdeleganción do goberno convoca este certame para que todos traballemos a carta magna e coñezamos máis dela. O noso alumnado participou desde a modalidade de debuxo reflexando a temática deste ano “Liberdade e igualdade”. Despois de traballar a temática proposta, en grupo coa axuda de Ana Paula, a mestra de plástica, nenos e nenas puxéronse a debuxar de forma individual o que días despois mandaríamos coa ilusión de participar e a esperanza de que algún acabase seleccionado.

O Domingo 6 de Decembro, Ana Borrajo Fernández recollía, no auditorio Ourensán, acompañada pola súa nai, a súa titora e unha compañeira da clase, o premio por ser seleccionado o seu debuxo como un dos mellores pola súa técnica, expresividade e intensidade na cor. Para os gañadores de Primaria o obsequio consistía nunha cámara dixital. ¡Noraboa Ana!

ANA

4

PAULA


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Como cada ano no mes de Decembro, alumnos e mestres adicamos xuntos un tempo gratuíto para preparar diferentes actividades que presentamos a toda a comunidade educativa presente o día 22, víspera das vacacións do Nadal. Iniciamos a xornada coa benvida por parte dos presentadores. Este ano metéronse moi ben no papel tres alumnos de sexto: Antonio , Paula e Manuel. Presentáronnos en primeiro lugar aos máis pequenos da casa. Infantil comezou coa obra de teatro titulada “O xardín das letras” e o finalizar esta, bailaron e moveron o esqueleto o ritmo dunha canción moi divertida titulada “A peque marcha”.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo de Primaria representaron a obra que levaba por título “A clínica dos contos” e de seguido sorprenderannos cunha moderna canción de Rosanna “En Navidad”

5


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O grupo de 3º e 4º escenificáronnos dúas cancións navideñas. A primeira levaba por título “os sinos estao a tocar” e a segunda “Cun sombreiro de palla” A clase de 5º de Primaria adicáronnos unha canción que levaba por título “Menino Jesús do Ceu” Os maiores da casa despedíanse do centro e presentaron unha escenificación un chisco atípica do Nadal que levaba por título “¿Onde vai o neno?. Ao longo dela precisaron da participación do público para que lles leran os desexos para o novo ano, e remataron a última escena cun villancico moi coñecido cuxo título era o mesmo que o da obra, invitándonos a participar no estribillo. Neste día non podían faltar os vilancicos en Inglés. Este ano interpretaron MERRY CHISMAS os nenos de infantil e o

primeiro ciclo de primaria e JINGLE BELLS, o resto dos nenos,

6


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Non podíamos rematar a xornada sen facer a entrega de premios aos gañadores deste ano no concurso de tarxetas navideñas. A participación foi numerosa pero só cinco persoas foron as premiadas:

Cristina Martínez Lorenzo e Pedro Villarino Pérez (Infantil), Rocío Yáñez González (Primeiro ciclo), Juan José Rodríguez Pérez (Segundo ciclo) e Alberto Arias Pardo (tercer ciclo). ¡Noraboa aos cinco!

¡BO NADAL A TODOS!

Postais premiadas

7


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O día 29 de Xaneiro, como en moitos coles, no CEIP DE OÍMBRA conmemoramos o día da Paz.. Este ano, nenos/as e mestres/mestras fixemos propósitos de mellora para contribuir a que a paz no medio que nos rodea deixe de ser unha utopía. A xornada foi completa e as actividades que levamos a cabo múltiples e variadas.. Pola mañá o alumnado traballou nas aulas xunto coas suas titoras o significado da palabra paz, coñecendo a diferentes persoas que loitaron durante a súa vida para que esta fora unha realidade do noso mundo. Tamén pensaron e plasmaron, nas pezas que formarían máis tarde un muro colectivo, os seus propósitos ou desexos de paz, non sen antes acondicionar os centos de cartóns que se recolleran nas últimas semanas para tal fin. Por grupos, simultaneamente, fomos contruíndo un mural con distintas mans que contiñan o nome de cada membro do centro. O conxunto das mans debuxaban a palabra PAZ.

Con centos de botes, un taboleiro e moita ilusión, algúns nenos xunto co profe Iván, construiron un mural moi original que representaba o valor que estábamos a celebrar. A sesión da tarde comezámola, todos xuntos no holl do centro, escoitando un comunicado de paz lido pola profe Rosa. Ao rematar a lectura comezou a soar unha canción que invitaba a iniciar a construcción DO MURO DA PAZ. Cada neno cos seus desexos achegábanse aos mestres, que por un día se converteran en albañiles e colocarían dun xeito especial, cada unha das pezas.

8


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Ao rematar a construcción o alumnado de 6º adicounos coa flauta o himno da alegría invitando ao resto a que puxeramos a letra e a voz. Así todos acabamos interpretando esta fermosa canción. Despois da canción todos saímos ao patio e formamos unha espiral para darnos un forte abrazo colectivo. ¡Que xesto máis fermoso! ¡fixádevos na foto! Rematamos a xornada coa solta de globos que levarían polo aire as nosas mensaxes de paz. ¡Que fermoso ver o ceo cheo de cores nun día como este!.

9


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O xoves 11 de Febreiro desfilamos polas rúas do pobo de Oímbra e rematamos no colexio presentando os nosos disfraces dunha maneira lúdica e creativa ao son da música representativa de cada grupo. O tema elexido este ano foi: “TIPOS DE FAMILIAS”

 Infantil representou a familia do xeriátrico.

 O primeiro ciclo a

familia picapedra co seu vehículo de pedra.

 O segundo ciclo

disfrazouse da familia Simpson

 Quinto foi de familia Monster

10


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

E sexto, a familia dos pijos máis pijos do centro.

 Os profes, que non podían faltar, sorprendéronnos vestíndose de rockeiros.

Ao rematar o desfile, todos no patio do colexio, compartimos uns refrescos e unhas cantas lambonadas

11


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O 23 de Abril conmemoramos o día do libro. Adicamos toda a xornada a fomentar a imaxinación, a creatividade, a escoita activa, o respecto, o traballo en equipo,… a través da lectura e a análise de diferentes textos escritos, uns en galego e outros en castelán. Empregamos unha dinámica construtiva. Seleccionáronse historias diferentes que se fragmentaron e repartiron entre os grupos preestablecidos e situados en distintas aulas: 3 grupos en 6º, 3 en 5º, 3 no 2º ciclo, 3 no 1º ciclo. Cada grupo tería fragmentos de catro historias . Os maiores distribuidos en grupos A, B e C encabezaban o traballo. Cada grupo tivo que buscar un nome que o representase: Asertividade, Igualdade e Amizade foron os valores elixidos.

Simultaneamente en cada aula o alumnado estaba a traballar a parte da historia que lles tocara. Cando os de 6º remataron, achegáronse ata as outras aulas en busca dos distintos fragmentos que completarían os que eles tiñan. O grupo dos máis pequenos achegarían os debuxos e o título de cada relato.

¡Fixádevos como están a traballar! Nin se enteraron de que lles estabamos a tirar fotos. A diferencia de idade non foi un problema na comunicación dos grupos.

12


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Unha vez constuidos os textos, os tres grupos, coa totalidade dos seus compoñentes, escoitaban a súa lectura. Cada grupo leo as catro historias, e logo por votación, escolleron a que máis lles gustou. Ao noso grupo encantounos Ao noso equipo

“LA JOVEN DE BELLO ROSTRO”

Nós escollimos “UNA VACA EN LA CAFETERÍA”

Estas foron manuscritas coidadosamente polo alumnado dos diferentes cursos que compoñían o grupo. Concluimos a xornada coa lectura das tres historias favoritas, diante do mural que as recollía, e que será testemuña ao longo dos anos, da celebración deste día.

13

“O ENCARGO DA SEÑORITA ELISA”


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10 Como ben sabedes, este ano estivo adicado ao grande Uxío Novoneyra.. Durante toda a semana o alumnado do centro xunto co profesorado estivemos a coñecer a figura e a obra de Uxío, a vez que preparar a participación no correlingua, que se ía celebrar en Verín. O tempo fixo que se suspendera a concentración de colexios da comarca na praza do concello, mais nós conmemoramos as letras galegas celebrando o noso particular correlingua no centro. O escenario trasladámolo ao aula de audiovisuais, ambientado para a ocasión. O alumnado de 6º recitou varias poesías escritas polo autor conmemorado. Coa lectura da poesía, alumnos de 5º mostraban un mural que recollía dunha maneira moi gráfica, as verbas que estaban a soar.

Tras a lectura de cada poema traballamos posibles títulos para cada un deles, alternativos aos postos polo autor. Despois do recital, proxectouse unha montaxe audiovisual “Festa das Letras Galegas”. Rematamos a sesión con dous videoclips para os cativos que os invitaban a bailar e a divertirse.

14


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O Luns 17 de Maio, Paula, Janira, Sandra e Manuel acompañados pola súa familia e por varios mestres do centro, achegábanse ata a casa da cultura de Verín para festexar o día das letras galegas dun xeito especial: ían recibir un agasallo pola súa participación nos concursos literarios, de relato curto “Antonio Fernández Pérez” e poesía “Carlos Caneiro Pérez”. O acto comezou ás 19h coa actuación da Banda de Música do Concello de Verín que interpretou diferentes pezas musicais. A presentadora do certame falounos da importancia deste día para a nosa terra, e sen máis demora, invitou ao representante do concello, a Carlos Caneiro e a un representante de cada un dos centros participantes a subir ao escenario para facer a entrega de premios. Foi nomeando as persoas finalistas e gañadoras, primeiro de relato curto e logo do de poesía; dende primaria ata bachiller. Os/as alumnos/as que obtiveron o primeiro premio en cada unha das modalidades léronos a súa creación. Este ano, para o Ceip de Oímbra, o éxito foi total.Todos os participantes acadaron algún premio. Manuel Sánchez González fíxose co primeiro premio do Nivel de Primaria dentro da modalidade de Poesía, co poema que levaba por título “Vivencias dun estudante”. Sandra Larralde Larralde conseguiu o segundo cos versos “A vida é fermosa” e Paula Rodríguez Vila o terceiro cun poema titulado “As cores”. Na modalidade de relato curto Paula quedou finalista co relato titulado “Pensamento dunha nena” e Janira Freitas Toro conseguiu o segundo premio co texto titulado “A gran misión de Alan”. Entre sorrisos, música e aplausos ninguén se foi para a casa coas mans baleiras.

¡Noraboa a todos/as!

15


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Toda historia ten un inicio e esta empezou cando Alicia, a nai de Alan, faleceu. Con tan só doce anos, o mozo perdera a persoa que lle regalara o ser e coa que tantas horas compartira. Sentíase só, abandonado, perdido,… non comía, non durmía... pola súa cabeza deambulaba unha única imaxe; a do corpo ríxido e frío, sobre a cama deitado, da muller que lle dera a vida. A situación do rapaz era preocupante pero ninguén conseguía incidir na monotonía dos seus días. Unha mañá do mes de Marzo, Alan encontrábase só na casa, inmerso na súa rutina, de repente,… oíu unha doce voz que lle dicía: - Alan, fillo meu, non teñas medo, eu estou contigo. O neno asustado, deixou de chorar, fregou os seus ollos co pano de seda e con voz entrecortada preguntou: - Quen fala? quen es? que queres? - Son eu, a túa nai, a que non te deixou só nin un instante, a que vela o teu insomnio, a que está ao teu lado cando non tes fame, a que te escoita cada día, a que te acompaña na túa soidade. - Mamá!,- exclamou- pero, como,… por que, onde,...? O rapaz non daba crédito á súa percepción, as súas sensacións eran estrañas, diferentes, pero reais. - Escoita con atención- dicía a voz- teño vido do alén para salvar ao teu pai pero preciso de ti, como o neno intelixente, forte, disposto que sempre fuches. Só ti podes intervir no futuro e se non o fas sucederá. - Non te entendo mamá? que é o que sucederá?- preguntou o mozo. - O teu pai morrerá. Sen decatarse Alan adquirira o don de falar co espírito da súa nai e a vida do seu pai dependía da súa conexión e entendemento. Quince, cero catro, dez, vinte e dous e trinta. ¡Cinco números escritos de súpeto sobre un papel completamente branco! - Que mensaxe quere transmitir a miña nai?- preguntouse Alan. Que significa isto nai...nai, mamáaaaaa?- berrou; pero ninguén contestou á súa pregunta. O rapaz apoiou a cabeza sobre os seus brazos, pechou os ollos e púxose a pensar sobre o significado daqueles números. De súpeto, unha luz acendeuse na súa cabeza…, aqueles díxitos correspondían a unha data e a unha hora.

16


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10 - Pero que indican mamá?- susurrou. Esta vez si tivo resposta. A voz da súa nai dicíalle que eses números indicaban o día e a hora nos que a morte do seu pai estaba programada. - E como podo evitar eu esa tragedia?- preguntou Alan. Sobre o mesmo papel no que estaban os números, esta vez apareceron letras, pero,... que sentido tiñan unha serie de letras soltas? D,E,Q,C,O,C, E e N. Como podo interpretar unha mensaxe codificada desta manera!- exclamou o rapaz. De que podería morrer o meu pai?, cuestionábase á vez que daba respostas. Dun infarto,… atragoarase... asasinarano... caeralle algo encima,… terá un cáncer,.. afogarase no mar,…Después de darlle voltas a diferentes posibilidades para unha morte, a luz do pensamento fixo que da súa boca saíse unha frase moi natural, que daba sentido ao final dunha vida. Debes Evitar Que Colla O Coche Esa Noite. Siii...! cada letra era a inicial dunha palabra que ligada á anterior transmitía unha mensaxe moi clara e directa. A voz de Alicia volveu escoitarse- agora que xa sabes o que tes que facer, teño que marchar. - Non, aínda non, por favor,… Por que teño que salvalo eu?- preguntou. - Non queres perdelo, verdade?. Ti es o único que poderás evitalo, o que está escrito é moi difícil de cambiar. Fai o posible para que esa noite non viaxe en coche. En cuestión de segundos o cuarto de Alan volveu quedar baleiro, no medio da soidade que o acompañaba dende aquel fatídico día. O rapaz encontrábase peor que nunca, se non interviña correctamente e a tempo, o seu irmán e el serían pronto dous rapaces orfos. O quince de Abril estaba preto, en menos de 24 horas, Alan tería que levar a cabo o plan que durante un mes estivese a pensar. Tiña unha misión moi importante que cumprir pero todo o planificado fora en balde. Ao seu pai chamáranno para unha reunión urxente ás 23 h na cidade veciña, á que non podería faltar, pois estaba en xogo o seu posto de traballo. E o que era peor, non podía ir camiñando. A cita tería lugar a100 km da súa residencia habitual, polo tanto tería que facer uso do coche. Alan non podía permitir que o seu pai collese o vehículo, así que pensou en facer a loucura máis grande da súa vida. Colleu as chaves, baixou correndo ao garaxe e sen pensalo dúas veces, arrancou o coche. Sen apenas decatarse, estaba a conducir unha máquina perigosa, tan perigosa que case remata coa súa vida. A primeira curva á dereita colleuna de fronte e estrelouse contra o gran muro que se levantaba no seu camiño. A man protectora dunha nai amorosa impediu que o rapaz perdese a súa vida a pesar do forte impacto. Tras ser avisado do incidente pola policía, o pai de Alan, chegou moi nervioso, bastante atordado e sen dar crédito do acontecido. Ao ver que o seu fillo se encontraba ben non articulou palabra, abrazouse fortemente a el e dos seus ollos xermolaron dúas bágoas nas que se reflectía o rostro feliz da súa nai.

17


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Ao colexio gústanos ir aprendemos a ler e a escribir todos aprobaremos para chegar onde queremos. Nas clases temos que escoitar pois non se pode falar se nos poñemos a berrar estaremos a molestar. O recreo é para xogar para rir e tamén cantar temos que divertirnos mais non podemos ferirnos. No colexio estudamos matemáticas e inglés coñecemento e lingua tamén o portugués. Se aprobamos os exames estaremos moi contentos pero como os suspendamos algún castigo teremos. O mellor de ir ao colexio son as desexadas vacacións pois pasamos moito tempo sen estudar as leccións.

A vida é fermosa pero máis bonito é o amor por el entregas a alma toda e desprendes soños e calor. Gústame moito a vida e téñolle medo á morte non deixo de pensar nela cada día aínda que teña moita sorte. Palabra vida, fermosa palabra nela ¿que facemos? respiramos, comemos, durmimos, amamos... ¿pero coñecémola? Alegría, penas, sufrimientos,… ¿iso é o que significa? vexo xente que fai dano bos, malos, ignorantes e sabios. Eu aprendín a voar pola vida sen as pero chea de ilusión e aprendín a vivir coa forza do amor, do corazón.

MANUEL SÁNCHEZ RODRÍGUEZ 6º DE PRIMARIA

SANDRA LARRALDE LARRALDE 6º DE PRIMARIA

18


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Abanico de cores todos xuntos fan amores dende xaneiro a decembro verán, outono e inverno. O amarelo luce nos raios do sol e nos cabelos da miña amiga de corazón. gústame na sensación que teño co sabor dos marmelos e tamén na luz que mandas cando estás o meu carón. O vermello é a cor do sangue que corre polas nosas veas a cor das rosas máis fermosas dun xardín con el simbolizamos o amor entre as parellas e os máis tenros bicos, ¡iso din! O azul e o meu favorito o mar, o ceo, están tinguidos do celeste e cando miro para os teus ollos a súa intensidade derréteme. O verde éncheme de esperanza e achégame moitos recordos o frescor da menta, a cor do campo en primavera... ¡ai amor, canta lembranza!

PAULA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ 6º DE PRIMARIA

19


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

UNICEF e os Direitos Mundiais da Criança O Dia da Criança serve para nos recordar que todos devemos lutar contra os maus-tratos, doenças, fome e descriminação de que as crianças hoje são vítimas. Em 1946, um grupo de países da ONU (Organizações das Nações Unidas) tentou ajudar crianças necessitadas, criando um ”Fundo Internacional de Emergência. E em 1953, o “Fundo Das Nações Unidas para a Infância ”( UNICEF), começou a solucionar problemas em mais de 140 países pobres através de programas de saúde, nutrição, água e saneamento tentando melhorar a qualidade de vida. Para isso recebe doações voluntárias de governos de vários países, de organizações não governamentais e de particulares. Mas foi com a “Federação Democrática Internacional das mulheres” que se criou um dia dedicado às crianças por todo o mundo, quando em 1950 propôs este dia às Nações Unidas para consagrar direitos fundamentais às crianças. Este dia foi comemorado pela primeira vez no dia 1 de Junho desse ano e, daí em diante, todos os anos consecutivamente. Com a criação deste dia, os Estados – Membros das Nações Unidas reconheceram às crianças independentemente da sua, raça, cor, sexo e religião nacional ou social o direito a: afecto, amor e compreensão, alimentação adequada, cuidados médicos, educação gratuita protecção contra todas as formas de exploração, crescer num clima de paz e fraternidade universais Mais tarde vários países da ONU aprovaram a Declaração dos Direitos da criança com uma lista de 10 princípios, para que as crianças tenham uma vida digna e feliz.

20


2.Citas célebres

RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Es amigo mío aquel que me socorre, no el que me compadece. (Thomas Fuller)

Si alguien habla mal de tu amigo escúchale como si hablara mal de ti. (Proverbio etíope)

El amigo verdadero no es aquel que te seca las lágrimas cuando lloras, sino el que hace todo lo posible para que no derrames ninguna. (Proverbio popular)

Reprende al amigo en secreto y alábalo en público. (Leonardo da Vinci)

21

Páx.21 a 24


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

El amor es una planta de primavera que todo lo perfuma con su esperanza, incluso las ruinas por donde trepa. (Gerard Flobert) El amor es siempre como una escalera de oro por la que el corazón se remonta a los cielos. (Emmanuel Geibel) El beso más difícil no es el primero, sinó el último. (Paul Géraldy) El ruido de un beso no es tan retumbante como el de un cañón, pero su eco dura mucho más. (Oliver W. Holmes)

22


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

El regalo de la felicidad pertenece a quienes lo sacan de su envoltorio. ANÓNIMO

La felicidad consiste en hacer el bien ARISTÓTELES

Para ser feliz con los demás es necesario no pedirles aquello que no puedan darnos. TRISTAN BERNARD

La felicidad es algo que cada uno lleva en sí mismo sin darse cuenta de ello. HUGO BETTI

La dicha de la vida consiste en tener siempre algo que hacer, alguien a quien amar y alguna cosa que esperar. TOMAS CHALMERS

23


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Es más fácil obtener lo que se desea con una sonrisa que con la punta de una espada. (William Shakespeare)

Una sonrisa cuesta poco y produce mucho. No empobrece a quien la da y enriquece a quien la recibe, dura sólo un instante y perdura en el recuerdo eternamente. (Charles Chaplin)

La sonrisa es el idioma universal de los hombres inteligentes. (Tomás de Iriarte)

24


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

3.Disfrutamos e aprendemos coas diferentes actividades Páx.25 a 34

O mércores 21 de Outubro chegou o noso centro un personaxe moi especial para a vida dos nenos, deses que sempre nos fan rir. Gracias a colaboración do concello tivemos unha sesión de tarde moi diferente da habitual. Fíxonos diferentes trucos de maxia, representacións, presentounos xogos…todo, coa colaboración dos nenos e nenas que estaban a seren uns espectadores do máis motivados. Como podedes ver nas imaxes o sorriso sempre estivo presente ao longo da actuación. Juanjo e Paula participaron nun truco de maxia no que precisaba panos de cores que máis tarde, ao seren metidos nun saco máxico, se converterían, para sorpresa de todos, en fantástica lencería. Tamén fixo diferentes xogos nos que os cativos foron os protagonistas. Entre eles, destaco o das sillas ao ritmo dunha música do máis marchosa e o xogo de comer galletas penduradas dun fio coas mans na espalda.

Cos profes tamén fixo maxia. Eles tampouco deixaron de rir ao longo da actuación . Adrián, Pepe e Iván participaron nun truco onde as cordas eran fundamentais. E coas profes, con elas si que rimos! O paiaso pediulles que lle cumpliran o soño de ser director dunha película. Elas serían as actrices. Para elo, repartiulles diferentes papeis nos que se terían que meter como verdadeiras profesionais Era a representación dunha historia de amor cun final tráxico. Sen dúbida, Eva, Belén, María, Lorena e Rosa estiveron á altura en cada unha das súas interpretacións.

25


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Estabamos todos preparados. Para os do segundo ciclo era a súa primeira saída do curso. Para os de 5º e 6º tamén. Levabamos no autobús os bocatas e todo o necesario para a hora de xantar. Nas últimas clases de música estiveramos escoitando varias pezas de óperas e falaramos de como sería ver unha en directo. Pois xa non había que agardar máis! Chegamos ó auditorio de Ourense e mandáronnos sentar nas butacas da parte dereita. Esperamos un chisco ata que abriron o telón e entón puidemos observar o que alí había: unha especie de casa de cartón pedra. Pronto comezaron a tocar os tres músicos: unha pianista, un frautista e un contrabaixista, e logo saíron os cantantes, primeiro dous homes e logo unha muller. Estes eran os protagonistas pero tamén había outros dous cantantes que facían de antagonistas.

A ópera gustounos moito, estaba moi ben adaptada con moitos guiños graciosos para que os nenos o pasaran ben e disfrutaran do espectáculo. Cando saímos do auditorio fomos ata unhas gradas dos exteriores para xantar, fixemos uns xogos e cantamos unhas cancións. A continuación, visitamos a zona vella de Ourense, fixemos unhas fotos diante da catedral, vimos as Burgas e camiñamos pola beira do río ata chegar ó parque Barbaña onde xogamos ata a hora de coller o autobús.

26


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Como cada ano alumnos e profesores dos distintos colexios da comarca achegámonos “Tintores”

á para

área

natural

competir

de

nunha

carreira campo a través. Participamos por categorías: Benxamín, Alevín e Infantil. O 27 de Xaneiro foi o día da competición. Lucía o sol pero ía moito frío. Con esta actividade foméntase a relación dos cativos a vez que

lle

adican un tempo extra ao deporte, nun marco natural, que non lle é o habitual. Este ano os nenos achegábanse a competición cheos de ilusión, sobre todo os de 2º e 3º de Primaria, para os que esta era a súa primeira vez. O sorriso sempre estivo presente porque

todos

importante

non

sabemos é

que

gañar

o

senón

participar. Pero,... ¿sabedes?. Houbo participación e tamén PREMIOS . Janira Toro, alumna de 6º de Primaria, conseguiu unha medalla ao chegar de segunda na categoría Infantil feminina. E tamén nos deron unha copa por chegaren xuntos varios nenos da mesma categoría: David, Iván,... Ao rematar voltamos ao cole para xantar e repoñer forzas.

27


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O mércores tivemos a visita de dous contacontos. O home chamábase Luis e tocaba o acordeón e a muller, Ana, contaba os contos de forma tan orixinal,... que para cada un tiña unha canción. Presentáronnos algúns libros moi divertidos que temos na biblioteca do cole: “Onde viven os monstros?”, “Un becho extraño”... pero o que máis nos gustou foi o do “Mago Goma”. Aínda hoxe podemos escoitar a algúns dos nenos cantar a canción deste conto.

“ “Este é o mago Goma, un mago moi singular, un mago que garda soños nunha caixa de cristal.”

28


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O mércores 14 de abril todo o alumnado xunto co profesorado da escola asistían a unha sesión de contacontos. Todo parecía ocorrer con normalidade como noutras ocasións, ninguén sabía o que despois ía acontecer alí. A primeira sorpresa foi que a persoa que nos ía a relatar unha historia era, nin máis nin menos, o mago Chrystian Magic. 0s alumnos de 6º tiñan lido o libro “Atrapado na torre” de Xoan Babarro e Ana Mª Fernández e arredor del xiraría toda a sesión. Pero o máis sorprendente foron os seus trucos de maxia. Destacamos aquel no que unha mesiña tapada cun tapete voaba arredor del e da profe Eva, que neses intres estaba a colaborar con el. Era incrible!, non podía ser!. Todos os alumnos estiveron coa boca aberta disfrutando dos seus relatos e dos seus números de maxia. Algúns moi preto del, xa que solicitou axudanes en diferentes momentos. Lorena, Cristina, Jorel, Iván e Ana Sofía non quixeron perder a oportunidade.

Chrystian Magic díxonos que el aprendera a ser mago cun veciño seu que aparece no libro e se chamaba Bosco. ¡Quizais algún de nós co tempo chegue a ser mago! FANTASÍA OU REALIDADE?

29


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O martes día 16 de marzo tivemos unha saída a Ourense para ver un concerto didáctico. Collimos o autobús e chegamos alí sobre as 11 da mañá. Como tiñamos uns minutiños ata o comezo do concerto decidimos ir ata a catedral. Despois de visitala por dentro volvimos ó auditorio onde xa comezaban a chegar outros colexios. Cando entramos e chegamos á porta da sala de concertos pediron dous voluntarios e alí foron Adrián e Paula de 6º. Os dous tiveron que saír á escea nunha das primeiras pezas da familia de corda e ir sinalando cun cartel, que parte da peza estabamos escoitando: A, B ou a CODA. Despois da familia de corda saíron a escea os tubos, non, non, mellor dito, os instrumentos da familia de vento, tanto os de madeira como os de metal. E, por último a percusión. Algúns dos instrumentos tamén os temos nós na clase de música. Por exemplo, as maracas ou as claves. O concerto foi moi divertido e participamos todos: dando palmas, dicindo o nome dalgún instrumento... pero sobretodo rindo e pas ándoo ben. Iso sí, tamén aprendimos moitas cousas.

Ó saír do auditorio xa nos agardaba o autobús e collémolo para ir ata Outariz. Tivemos un día fermosísimo e nas pozas había xente bañándose. Mágoa de non ter levado o bañador. Xantamos alí un bocata, fixemos unhas fotos de grupo e pouco despois regresamos para o colexio.

30


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O martes 13 saímos do cole ás 10 da mañá os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º, acompañados das titoras, do profe Iván e da profe Alba. Chegamos ao recinto de Expourense a iso das 11. Estábanos agardando un policía local de Ourense que foi o noso monitor ao longo da mañá. Cando entramos puidemos ver que alí tiñan unha cidade en miniatura. Era un circuito con estradas, árbores, casas, semáforos e outro tipo de sinais. Tamén había un grupo de bicicletas e outro de karts.O monitor explicounos un montón de cousas sobre a educación vial: o nome das sinais e para que servían, o importante que era que as respetasemos, para que servían as rotondas, como circular por elas... mentres facíamos un recorrido a pé polo circuito para que nos quedara máis claro por onde nos iamos mover. Cando xa sabiamos todo o necesario repartiunos en dous grupos para montar nas bicis ou nos karts, para iso puxemos un gorro desechable na cabeza e logo un casco. Tiñamos que ir moi atentos e non só polas sinais, senón porque os compañeiros tamén circulaban preto de nós. Foi moi divertido. Ao rematar, o policía deulle a unha compañeira de 6º curso un bolígrafo por ser a que mellor se portara e tamén a que mellor fixera o circuito. Ao saír de Expourense tiñamos moita fame e collimos o autobús rumbo a Allariz. Alí paramos á beira do río para comer os bocadillos e a froita . Despois de xantar fomos a un parque cercano a xogar e tamén fixemos un par de carreiras onde participaron a profe Rosa e o profe Iván. Sobre as 15 horas chegou o autobús a recollernos e levarnos de volta ao cole. Foi unha saída moi interesante e pasámolo xenial.

31


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Unha mañá soleada do mes de Xuño, dezaoito alumnos e alumnas de dous centros da provincia de Ourense, xunto con cinco profesoras, esperaban chegar ao que sería durante tres días e dúas noites, lugar de estanza e contorno de convivencia. O 7 de Xuño ás 9,45 h chegabamos como cada día ao CEIP de Oímbra. Pasariamos a xornada fóra das aulas nas que tantos momentos compartimos ao longo do curso. Ás 11 chegaban a recollernos. Un microbús viaxaba dende Montederramo dirección ao parque natural do Invernadeiro, pasando por Oímbra. Subimos rapidamente cheos de ilusión e entusiasmo. O feito de estar fora da casa varios días cos nosos compis e profes facía que sentísemos unha sensación rara no estómago. Nunha hora facíamos a nosa entrada na Ribeira Pequena. Alí estábanos a esperar a que sería a nosa monitora e guía durante a nosa permanencia na zona, pero non estaba soa. Catro cans aparecerían connosco nas primeiras das moitisimas fotos que nos fixeron. Explicáronnos o que iamos ver: especies animais e rexións, sobre todo.

En poucos minutos arrancamos cara a la Ribeira Grande. Tiñamos fame pero, antes de comer teriamos que limpar e colocar as nosas cousas e os alimentos. Ao rematar puxemos a mesa mentres as profes cortaban as empanadas e preparaban as ensaladas. Tras a sobremesa puxémonos a recoller e fregar. Ás catro, Fátima a monitora, esperábanos na aula da natureza para proxectarnos un documental sobre a fauna e a flora do parque. Despois do visionado repartiunos uns cadernos que contiñan unhas fichas que traballariamos ao longo da xornada. Empezamos a cubrilas alí e continuamos enchéndoas mentres faciamos a ruta dos Carboeiros.

32


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Ensinounos diferentes especies vexetais autóctonas do parque e pediunos que recollésemos algún animalillo e algunha folla para velas co microscopio. Adrián non dubidou nin un momento en coller dúas formigas e unha araña bastante grande. ¡ Tiñades que ver con que arte...! Ao rematar a ruta fomos ao laboratorio e analizamos o recollido. Ademais ensinounos un sapo e un lagarto disecados e varias víboras en formol.

Chegou a hora de merendar e despois puxémonos en marcha para facer a ruta dos Gamos, aínda que non vimos ningún. Á volta as profes tíñannos preparadas unhas dinámicas de presentación para coñecernos un pouco mellor dentro do grupo. Ao rematar fómonos á ducha, que boa falta nos facía, e despois de cear,¡a durmir!, xa que ao día seguinte nos esperaba un bo traxecto. As nubes cubrían o ceo, era hora de levantarse, estabamos un pouco cansos xa que a noite anterior fose un pouco especial. Entre as camas, os compañeiros e a emoción case non pegamos ollo. Despois do almorzo fixemos a ruta da auga. A paisaxe era fermosa. Chamábanos a atención as distintas tonalidades de verde salpicadas con flores de diferentes cores. Os únicos sons que escoitabamos eran os do canto dos paxariños, o descorrer da auga polo regato e as nosas pisadas. ¡ Que tranquilidade! Polo camiño puidemos ver varios formigueiros. Eran montañas de terra polas que miles de formigas vermellas se movían a toda velocidade, incriblemente organizadas.

33


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10 Na metade do camiño empezou a chover e tivemos que apurar o paso. Aínda así mollámonos. Algún tivo que meterse na ducha con auga quente e cambiarse totalmente. Comemos, e ao rematar, fomos á aula da natureza a ver un vídeo sobre as troitas. “A ruta das troitas” tivemos que imaxinala, a chuvia fixo que se suspendese. ¡ Non parou de caer auga en toda a tarde! Despois de merendar fomos ao salón de xogos. Alí compartimos varios xogos: cadeiras cooperativas, o lanzamento do mísil, un baile e unha dinámica para traballar a memoria. A profe Alba animounos para que fixésemos unha pequena ruta para ver sapos e o que aparecese polo camiño. As profes Cris e María xunto con oito de nós aceptamos a proposta e encamiñámonos cara á aventura. Vimos pegadas de cérvidos e un tritón. O resto dos compañeiros quedaron xogando a distintos xogos de mesa coas profes Rosa e Lorena. Esta noite a cea foi especial. Acabamos compartindo algunha das cousas que levamos nós (patacas fritas, chasquis, cacahuetes, oliveira, chocolate, chuches, refrescos,…) e como estabamos moi cansos non tardamos en deitarnos. As nenas aproveitamos para inmortalizar o sitio onde durmimos o carón da profe Rosa. ¡Todas en pixama!. Non tardaron en incorporarse á foto o resto das nenas e as profes, Alba e Cris. ¡Tiñádelas que ver! O último día chegou, e seguía chovendo. Algúns de nós non queríamos saír da cama. Fixémonos os remolóns durante uns minutos pero non nos quedou máis remedio que erguernos. Almorzamos, recollemos as nosas cousas, limpamos, colocamos... e pronto subimos ao autobús para percorrer o camiño de volta. Comemos todos xuntos no comedor do noso cole, xogamos un pouco no patio e, ás 13,30 cada un de nós regresamos cara ás nosas casas. ¡Que rápido pasa o tempo cando o pasamos ben!

34


RAÍCES DA TERRA

4.Cinensino Colexio de Oímbra 09-10

Páx.35 a 37

O día catro de Decembro os nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria xunto coas súas titoras achegábanse ao IES Taboada Chivite para visionar a primeira das películas que este ano se proxectan dentro do programa de prevención de drogodependencias. Varios colexios da comarca de Verín enchíamos o salón de actos do instituto e durante dúas horas compartíamos silencio, interese e expectación cara a película titulada “PEREZ 2”. A unidade didáctica que traballamos nas aulas, partindo da proxección dese día, foi a da Familia. Na película móstranse unha familia con problemas semellantes os dunha familia coma a nosa que só chegan a resolverse totalmente cando a familia de Lucas, o neno protagonista, se une para axudar ao Rato Pérez, demostrando que a unión, especialmente do grupo familiar constitúe unha forza que lles permite aos seus membros sentirse seguros, protexidos, queridos e capaces de afrontar adversidades. O noso alumnado mostrou moita curiosidade pola máquina de proxección da película e por sorte poideron darlle resposta a todas as súas preguntas gracias a dispoñibilidade e atención da persoa que a manexaba. Quedamos abraiados coa súa explicación e aproveitamos para dárllelas grazas.

¡MOITAS GRAZAS!

35


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O 18 de Marzo e a data na que se nos proxecta, no salón do IES Taboada Chivite, a segunda película que forma parte do programa de prevención de drogodependencias. Titulase “Máis alá dos soños” e o tema da unidade de traballo é a imaxinación e a fantasía.

Todos/as os que traballamos con nenos/as sabemos da importancia da fantasía para o seu desenvolvemento, por iso, nesta unidade didáctica, permítesenos analizala. Non cabe dúbida, que forma parte do noso cerebro, desde o instante en que a usamos como mecanismo de supervivencia, para descubrirmos a nosa situación existencial, contemplar o mundo desde outras perspectivas, estimular as nosas posibilidades creativas e satisfacer os desexos non cumpridos.

Durante os 90 minutos que durou a proxección, alumnado e profesorado estivemos a soñar xunto cos protagonistas da película e ao chegarmos as aulas, ao longo de dúas sesións, traballamos algunhas das actividades propostas na guía didáctica.

36


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O día 1 de Xuño, o alumnado do Ceip de Oímbra xunto con dous dos seus mestres, Iván e Raúl, achegábanse por derradeira vez neste curso, ata o IES Taboada Chivite para ver a terceira e última película deste ciclo. A película Up dábanos pé a traballar a unidade didáctica “Tolerancia: respecto polos maiores” Up é unha comedia sobre un vendedor de globos de 78 anos, Carl Fredricksen, quen finalmente consegue levar a cabo o soño da súa vida ao enganchar miles de globos á súa casa e saír voando rumbo a América do Sur. Pero descobre demasiado tarde que o maior dos seus pesadelos embarcouse tamén na viaxe: un Explorador da Xungla chamado Russell, que ten 8 anos e un optimismo a proba de bomba. Fomos os primeiros en chegar. A persoa que coordina o programa mandounos sentar nas primeiras filas do salón. A película gustounos moito. Ao rematar subimos ao autobús que estaba agardando para levarnos de volta ao centro. Chegamos xustiños para comer. ¡Hoxe comezamos a xornada única!

37


RAÍCES DA TERRA

5.Cousas de nenos Colexio de Oímbra 09-10

38

Páx.38 a 51


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Conto : A Campaíña Azul

Estaba a Campaíña anicada na súa cama, ca porta ben pechada para que non entrase o frío. A auga petou na súa porta e ela mandoulle que pasara a modo, por debaixo da mesma.

Logo petou o vento xeado, pero Campaíña non lle quixo abrir. Quería que viñera a modo, suave e xentil. Regresaría en abril.

Chega o ceo azul e Campaíña pídelle o seu veo. El dallo e ela está moi bonita.

Chega o Sol, cheo de calor e Campaíña ábrelle un pouco a súa fiestriña para que entre un raíño e agarime o seu corazón. Esperguizouse e abriuse cedo, ao amencer.

Dende entón, todo os días chega o vento suave e o orbillo da maña, e o ceo e o Sol e xogan á roda ca Campaíña Azul ata que se cansa e se agacha na súa casiña agradando un novo día.

Nenos de EI 4 anos

39


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

facemos manchas Sabes que son?

Alejandro (3 anos)

Senén (4 anos)

Esther (4 anos)

Cristina M. (4 anos)

Cristian (3 anos)

Rafael (3 anos)

Martina (3 anos)

Brayan (4 anos)

40

Pedro (4 anos)

Yago (3 anos)

Cristina P. (3 anos)


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Entra el estudioso, nunca el holgazán, va buscando libros que allí encontrará. Abierta siempre estoy para todos los niños. Cerrada y triste me quedo los domingos.

Muy a menudo la ves, piensa un poco con astucia, cuando está negra, está limpia, cuando está blanca, está sucia. Zumba que te zumbarás, van y vienen sin descanso, de flor en flor trajinando y nuestra vida endulzando

41


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Cien amigas tengo, todas sobre una tabla, si no las tocas, no te dicen nada. Soy redondo como el queso, y en las mujeres penetro hasta el hueso. ¿Qué es lo que es algo y a la vez nada? Todos pasan por mí y yo no paso por nadie, todos preguntan por mí y yo no pregunto por nadie. En las manos de las damas a veces estoy metido, unas veces estirado y otras veces encogido. Señoras y señoritas, casadas y solteritas, se las meten estiradas y las sacan arrugaditas.

42


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

43


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

44


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

45


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

46


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O POLO PEPE Aquí están os peques do cole aprendendo esta canción e, xa de paso, facendo de poliños:

O polo Pepe come moita cebada por iso a barriga ten tan inchada Polo Pepe non comas tanto que te pos moi maliño e non das un salto

O polo Pepe come os grans de millo coas súas grandes patas, como me río Polo Pepe non comas tanto que te pos moi maliño e non das un salto

O polo Pepe come o trigo enteiro trágao a puñados co seu peteiro Polo Pepe non comas tanto que te pos moi maliño e non das un salto

O polo Pepe chama a súa mamá que ven cacarexando, Que grande está! Polo Pepe non comas tanto que te pos moi maliño e non das un salto

47


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Os nenos do primeiro ciclo realizan o baile de: “O Señor Da Serra” O señor da serra ten unha serriña O señor da serra ten unha serriña pro_o lindo fillo que_é serrador pro_o lindo fillo que_ é serrador

Ana Sofía e a súa parella pasan por debaixo mentras o resto dos compañeiros cantan a canción.

Aquí están os rapaces de terceiro e cuarto cantando e bailando: “A ruliña” A laranxa foi á fonte e o limón foi atrás dela a laranxa foi á fonte e o limón foi atrás dela a laranxa trouxo a ola e o limón trouxo a panela a laranxa trouxo a ola e o limón trouxo a panela E_a ruliña que non merendou caeu no lazo e alá quedou (bis) dame_un abrazo cousa que_eu non fago dame_un biquiño cousa que_eu non dou dame_un abrazo cousa que_eu non fago dame_un biquiño cousa que_eu non dou

48


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Os rapaces de 5º de primaria aprenderon este baile tradicional de: “O bolero” Pra' bailar o bolero non fai falta maña_escollela parella con moita_elegancia baila meu bolero, boleiriño baila baila meu bolero, bolero da ialma bolero da ialma, bolero divino bolero da ialma, bolero divino baila meu bolero, baila io comigo baila meu bolero , baila io comigo.

Pobre bolero, menos mal que neste caso a Jordi non lle fixeron falcatruadas. Os maiores de 6º cantan e bailan o que antes era un xogo de nenos: “O crego de San Vicente” O crego de San Vicente ten unha sobriña moi guapa que quere tomar amores co fillo da tía Xoana. Andar caracois caracoliños andare patiña torta no meu pobo se daba unha volta e se dicía que te faga a reverencia por cortesía no meu pobo unha volta se daba Salto de cabra! Con quen, con quen, con quen, con quen, eu bailo contigo que bailas moi ben.

49


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

50


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

51


RAÍCES DA TERRA

6.Infomación de interese Colexio de Oímbra 09-10

Páx.52 a 63

5 de Outubro Implantação da República Desde 1143, Portugal foi governado por um rei. Era uma monarquia. E na Monarquia o chefe da Nação é o rei.

O rei governa durante toda a vida. Quando o rei morre, sucede-lhe o seu filho mais velho.

Muitos portugueses começaram a não gostar desta forma de governo, porque achavam que o rei não tinha competência para resolver os problemas da sociedade portuguesa e que só outra forma de governo o podia conseguir.

Em 1910, no dia 5 de Outubro, deu-se uma revolução que pôs fim à monarquia e proclamou a república. A república é uma forma de governo em que o poder é exercido por um presidente escolhido pelo povo através de eleições.

52


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Alexander Bell (U.S.A. 1876) inventou o teléfono.

Tomás Edison (U.S.A.) a bombilla incandescente.

A vacuna contra a Variola, descubriuna Edward Jenner en Gran Bretaña, no ano 1796 e a vacuna antirrábica, Luis Pasteur, en Francia no año 1885. O inglés Alexander Fleming descubriu a Penicilina que é un dos antibióticos máis usados. Daniel Fahrenheit (Al. 1714) inventou o termómetro de mercurio.

Galileo Galilei (It. 1610) o microscopio e o telescopio.

James Watt, a máquina de vapor.

Auguste y Louis Lumière, coñecidos como os irmáns Lumière, en 1895, o cinematógrafo.

53


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

A primeira lavadora eléctrica apareceu en 1901, grazas a Alva Fisher que, aplicando un motor, fixo xirar un tambor incluíndo auga e xabóns.

O bolígrafo moderno, práctico, desbotable e de pouco custo, foi inventado en 1940, polo húngaro Ladislao Josef Biro e o químico Georg Biro, ante a necesidade de crear un bolígrafo eficiente, xa que existían as plumas estilográficas que apareceron no século XIX, pero que a súa tinta tendía a espesarse.

O 8 de outubro de 1945 o norteamericano Percy Le Baron Spencer, patentou un aparato que se convertería no forno microondas.

O concepto dunha rede de radio celular inventouse en 1947 nos laboratorios Bell, pero foi en 1983 cando se fabricaron os primeiros equipos (teléfonos móviles)

En 1901 produciuse unha aspiradora que necesitaba dúas persoas para funcionar: unha movía un fol para facer o baleiro e absorber o po e outra movía o aparato polo chan. En 1908 William Hoover deseñou as primeiras aspiradoras eléctricas que, nun principio, foron usadas só nas industrias. Anos despois, chegarían ás casas.

54


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O que é que a Roda dos Alimentos nos ensina?

De uma forma simples, a nova Roda dos Alimentos transmite as orientações para uma Alimentação Saudável, isto é, uma alimentação:

Completa: comer alimentos de cada grupo e beber água diariamente. Equilibrada: comer maior quantidade de alimentos pertencentes aos grupos de maior dimensão e menor quantidade dos que se encontram nos grupos de menor dimensão, de forma a ingerir o número de porções recomendado. Variada: comer alimentos diferentes dentro de cada grupo variando diariamente, semanalmente e nas diferentes épocas do ano. A nova Roda dos Alimentos é composta por 7 grupos de alimentos de diferentes dimensões, os quais indicam a proporção de peso com que cada um deles deve estar presente na alimentação diária: - Cereais e derivados, tubérculos – 28%; - Hortícolas – 23%; - Fruta – 20%; - Lacticínios – 18%; - Carnes, pescado e ovos – 5%; - Leguminosas – 4%; - Gorduras e óleos – 2%. A água está incluída em todos os grupos pois faz parte da constituição de quase todos os alimentos. A água é imprescindível à vida, é fundamental que se beba em abundância diariamente. As necessidades de água podem variar entre 1,5 e 3 litros por dia.

55


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

A DIETA MEDITERRÁNEA ten a súa orixe nos hábitos alimentarios que teñen dende hai moito tempo os habitantes da rexión do Mar Mediterráneo (España, Italia, Grecia, mesmo o próximo Oriente). Numerosos estudios realizados por expertos revelaron que os habitantes dos países que rodean o Mediterráneo gozan dunha mellor calidade de vida e que viven máis tempo. ESTAS SON AS SÚAS PRINCIPAIS CARACTERISTICAS 1. Contén moitos alimentos de orixe vexetal: froitas, verduras, pan, pasta, arroz, cereais, legumes e patacas. 2. Consumir alimentos de tempada no seu estado natural, escollendo sempre os máis frescos. 3. Utilizar o aceite de oliva como graxa principal, tanto para fritir coma para aderezar. 4. Consumir diariamente unha moderada de queixo e iogur.

cantidade

5. Consumir semanalmente unha cantidade moderada de peixe, preferentemente azul, aves e ovos. 6. Consumir froitos secos, mel e olivas con moderación. 7. A carne vermella algunhas veces ao mes. 8. Consumir viño, con moderación, normalmente durante as comidas e preferentemente tinto. 9. Utilizar as herbas aromáticas como unha alternativa saudable ao sal. 10. Acompañar con algunha actividade física regular para facer traballar ao corazón e manter en forma as nosas articulacións e o noso ton físico. ¡A DIETA MEDITERRÁNEA É QUIZAIS A MÁIS SAUDABLE DAS DIETAS!

AUTORES: PAULA, ALBERTO, MANUEL, JANIRA E CARLOS CURSO: 6º DE PRIMARIA

56


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

A COMIDA BASURA contén, polo xeral, altos niveis de graxas, sal, condimentos e azúcares. Este tipo de comida é moi popular porque se prepara doadamente, ten unha gran diversidade de sabores, consérvase ben, algunha non necesita neveira, adoita ter unha data de caducidade longa., o seu prezo é relativamente barato, atopámola en calquera supermercado e vémola cada día na publicidade. A denominada comido basura ou fast food leva consigo unha serie de efectos sobre a saúde do individuo: Exceso de peso. Con tan só unha comida inxírese máis da metade da enerxía diaria necesaria. Se a iso engadimos a enerxía achegada polo resto de comidas do día, o contido enerxético da inxesta total dispárase. Elevación do nivel do colesterol no sangue. As graxas saturadas e o colesterol son abundantes nestes produtos debido ás salsas a base de ovo, manteiga, nata, manteiga e outros ingredientes graxos que se empregan na súa elaboración, e aos aceites de coco e palma que se usan na fritura. Dixestións difíciles. Na maioría das ocasións os alimentos están fritos, empanados ou rebozados, polo que se enriquecen en graxa, que quentada resulta aínda máis indixesta. Alteración do sentido do gusto En xeral, estes produtos conteñen máis sal que os que se preparan na casa, en parte porque o sodio se utiliza como conservante. Ademais, para conseguir o aspecto desexado en canto a cor, olor, sabor e textura levan engadidos conservantes, colorantes, antiapelmazantes, estabilizantes, etc. Estes pratos adoitan incluír condimentos fortes ou aditivos que potencian o sabor e que

57


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

estimulan o apetito e, co tempo, alteran a percepción do sentido do gusto e crean hábito. Adicción Os investigadores aseguran que a comida con grande cantidade de graxa e azucre pode causar no cerebro cambios bioquímicos similares aos que provocan algunhas drogas como o tabaco, a heroína e a cocaína. Unha vez enganchadas ao comida basura, din os científicos, moitas persoas son incapaces de poder regresar a unha dieta equilibrada. O consumo da chamada comida basura ou fast-food aumentou espectacularmente na última decada nos países desenvolvidos e con ela a obesidade, as enfermidades do corazón, as caries e a celulitis.

¡ RECORDA QUE SÓ TEMOS UN CORPO E É PARA TODA A VIDA! AUTORES: ANA, TOÑO, SANDRA, ADRIÁN E DEOLINDA

CURSO: 6º DE PRIMARIA

58


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

59


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

O axente causal da Candidiasis é este fungo que vive dentro de nós. Nun corpo saudable está controlado por unhas bacterias amistosas. Se tomamos antibióticos, estes reducen e debilitan a esas bacterias, de maneira que a Cándida se multiplica producindo alteracións no noso corpo,

Chámase Cándida Albicans

Este fungo chámase Aspergillus. É o causante da Aspergillosis, unha enfermidade que se transmite polo aire. Causa problemas no aparato respiratorio. O pé de Atleta e unha enfermidade contaxiosa producida por un fungo. É coñecido como Tiña Podal. Este fungo vive en medios húmidos e cálidos, onde se reproduce a moita velocidade. ¡Teremos moito coidado nas piscinas públicas e nos ximnasios! ¡Empreguemos chanclas! Este mosquito chámase Aedes aegypti. É o transmisor dunha enfermidade chamada Dengue. El transmite ao virus que é o causante da dolencia. Vive nos trópicos, en África, norte de Australia, Sudamérica, Centroamérica e México. AUTORES: ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA

60


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Os transplantes de órganos e tecidos son unha das mostras máis notables do progreso da medicina no tratamento de grande número de enfermidades para as que non existe ningunha solución alternativa. Os avances das técnicas cirúrxicas e o descubrimento de fármacos inmunosupresores (que facilitan a tolerancia do órgano transplantado no receptor), fixeron posible que miles de enfermos poidan beneficiarse actualmente cos transplantes. O noso país é o único que conseguiu un ascenso ininterrompido dos índices de doazón ao longo dos últimos dez anos que nos permiten ocupar unha posición de privilexio a nivel mundial en canto a número de doazóns e transplantes. Non obstante o problema número un dos transplantes, no momento actual e en todo o mundo é a escaseza de órganos.

A única alternativa que teñen moitas persoas para seguir vivindo é que outras persoas lles dean unha parte do seu corpo que non necesitan. Os enfermos que reciban a doazón poderán salvar a súa vida e recuperar a súa saúde. Decidir ser doador significa estar disposto a realizar un acto de altruísmo e solidariedade.

Os órganos que se poden doar son: os riles, o fígado, o páncreas, o corazón e os pulmóns. Os tecidos: córnea, a pel, ósos, cartilaxes e tendóns, os vasos sanguíneos (arterias e veas), as válvulas do corazón, o sangre,…

61


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

¿PORQUÉ ES BENEFICIOSO PRACTICAR DEPORTE Y ACTIVIDAD FÍSICA? El cambio hacia un estilo de vida más inactivo ha producido un incremento del sedentarismo que tiene como consecuencia el aumento de las enfermedades. El continuo desarrollo urbano, los cambios en la organización y en la estructura familiar, la mecanización y la tecnologización son los factores más importantes de esta reducción de la actividad física diaria. - Niños y niñas pasan al menos 5 horas al día sentados, asistiendo a sus clases en la escuela. - El transporte activo, principalmente caminando, es cada vez menos frecuente. - Está emergiendo cada vez con más fuerza el ocio tecnológico. Transformaciones y cambios sociales han conducido a poblaciones de niños y jóvenes a la adopción de hábitos de vida poco saludables: Los niños ya no van tan a menudo a jugar al parque o al patio del colegio en tardes y horas libres, ni practican juegos o actividades de movimiento, habilidad o carrera; Cada vez son más los que acuden a clase por la mañana sin desayunar (o habiendo comido cuatro chucherías de camino que les sacien el apetito matutino); Muchos padres en casa no contemplan una organización semanal de menús alimenticios para las comidas y las cenas, dejando muchas veces a voluntad de sus hijos la decisión sobre lo que se va a preparar o comer en ese momento; El descanso nocturno se ve cada jornada de semana alterado, los ciclos de sueño-vigilia están condicionados y desequilibrados por el abuso de la TV y de Internet en horas indebidas. Por todo ello numerosas organizaciones piensan que la actividad física realizada durante la infancia puede tener efectos positivos sobre la salud en la edad adulta. La actividad física tiene efectos demostrados sobre la salud infantil, y el estado de salud durante la infancia repercutirá en el estado de salud en la edad adulta.

62


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Veamos a continuación efectos beneficiosos documentados de la actividad física en niños y adolescentes: - Ayuda a reducir la grasa corporal y visceral en niños con sobrepeso. - Incrementa la capacidad cardiovascular. - Mejora la fuerza y la resistencia muscular. - Posee efectos positivos sobre los síntomas de ansiedad y depresión. - Produce efectos positivos sobre el autoconcepto físico y efectos ligeros sobre el autoconcepto académico. - Tiene efectos positivos sobre la concentración, la memoria y el comportamiento durante las clases En el currículum educativo de la Educación Primaria se contempla como objetivo general de etapa “valorar la higiene y la salud, aceptar el propio cuerpo y el de los otros, respetar las diferencias y utilizar la educación física y el deporte como medios para favorecer el desarrollo personal y social”.

Frente a un tipo de deporte o actividad física muy de moda en nuestra sociedad, marcado por los logros, éxitos, dinero y fama alcanzables, por otra parte para una escasa minoría, debe imponerse un modelo en el que dicha actividad física sea fuente de salud y de bienestar físico y mental. En este sentido, la práctica de una actividad física adaptada a las posibilidades y necesidades de cada uno, nos ayudará a mantener la salud y mejorar el desarrollo psicofísico. Decálogo para la práctica de actividad física y deporte: Debo: - ser activo cada día y animar a todos a serlo: jugar, entrenar y hacer el deporte que más me divierte. - ayudar a hacer las tareas de casa. Eso es también A.F.. - subir y bajar escaleras en lugar de usar los ascensores. - ir caminando siempre que pueda a los sitios, con mis padres y amigos. - pedir a mamá y papá que me compren material para hacer A.F. y que me apunten a las actividades que más me gustan. No debo: - pasar más de dos horas al día viendo la tv, jugando a la videoconsola o el ordenador. - picar mientras veo la tv o juego con la videoconsola o el ordenador. - ir en coche o en transporte público a los sitios que están cerca, si puedo ir caminando. - hacer A.F. en lugares que puedan ser peligrosos y pueda lesionarme. La seguridad es importante. Para concluir quisiéramos animar a todas las familias a practicar actividad física en su tiempo de ocio, dado los numerosos beneficios que reporta. Seleccionar de forma crítica y coherente las actividades deportivas que hacen, cuando salen del colegio. Es muy importante que jueguen, se diviertan y disfruten. Y, finalmente participar de forma activa y constructiva en la educación física de vuestros hijos e hijas.

63


7.Concursos

RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Páx.64 a 67

No mes de Xaneiro, o alumnado e profesorado do segundo e terceiro ciclo de Primaria, acollíamos con agrado a proposta de participar no 26 concurso convocado pola ONCE. Partindo do principio de que a participación en grupo fomenta o diálogo e a colaboración entre os escolares e os motiva a particpar, formamos equipos de 3 a 5 compoñentes, por aula e o frente de cada grupo púxemonos un dos sete mestres inscritos. As categorías nas que participamos foron a “A” , grupos de 3º e 4º de Primaria e a categoría “B “os de 5º e 6º de Primaria.. Durante case dos meses, nos ciclos de primaria, o profesorado participante estivemos adicándolle tempo a traballar co alumnado o tema da discapacidade dun xeito práctico, fomentando a empatía con este grupo de poboación. Os nenos achegáronse a esta realidade con agrado e dos grupos saíron conclusión moi interesantes que deixaban apreciar en moitos casos a gran sensibilidade que posúen cara as persoas con limitacións. Os traballos presentados na categoría A foron os seguintes

Lolo, Rodrigo, Juanjo e Noelia

Alberto, Alba e Aarón

Carlos, Tiago e David

64


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Os traballos presentados na categoría B foron os seguintes

Luis, Ana, Jordi e Sandra

Miriam, Ana, Nieves e Víctor

Janira, Carlos, Adrián e Deo

Paula, Manuel e Alberto

Sandra, Toño e Ana

Só por participar xa tiñamos premio: figurar nun mosaico en internet! Se queres velo, entra na páxina www.laonceesportada.com Para poder localizar o noso traballo, anota o seguinte código 32613. Recorda a categoría na que participamos: A ou B

65


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

No mes de Marzo Antonio do Anjos Machado e Janira Freitas Toro acollían con moito interese o II concurso de

debuxo

e

lemas

para

escolares

relacionado coa doazón e os transplantes. A titora de 6º aproveitou para introducir unhas sesións formativas respecto á doazón e trasplante de órganos, achegándo ao alumnado ao coñecemento de que hai persoas que , ante a deteriorización irreversible de determinados órganos, necesitan un transplante como única solución para seguiren vivindo; e outras moitas precísanno para poderen mellorala súa, moi deteriorada, calidade de vida. Ademáis de facilitar a creación de ideas e propiciar o desenvolvemento da imaxinación do alumnado para o concurso, cumplíase o obxectivo de que os nenos saiban que case todos os órganos e tecidos se poden doar, e que despois de falecido xan non nos serven para nada; sen embargo, si poden salvala vida de varias persoas e mellorar a calidade de vida de moitas outras. ¡Mirade as creacións que mandamos ao concurso! Lede os lemas e contemplade os debuxos.¡Seguro que vos gustan! Aínda que non gañemos o premio, estamos moi ledos pola nosa participación .

66


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

ACRÓSTICOS OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º ESTIVEMOS TRABALLANDO OS ACRÓSTICOS. AQUÍ TEDES ALGÚNS DOS QUE INVENTAMOS:

Aventuras vivimos Loitando polo amor Baixando e subindo

Rodando pola rúa

Encontramos o amor

Onde hai moita xente

Rodando como unha bola

Din un bo golpe

Tirando un frechazo

Rodando pola rúa

Onde tes o corazón.

Intentei esquivalo pero Julio

Golpeeime moi forte

Ubaldo

Onde teño o corazón.

Ana Cando nos coñecemos,

Noelia

Antes de ser amigos, Ramón e Luisa. Luisa e Ramón son noivos.

Narciso

Os noivos Ramón e Luisa son noivos.

Ourego

Sempre hai que ser amigos.

Estripeiro Limoeiro Iñame Abella

Deza

Libélula

Andorra

Bolboreta

Viana

Avéspora

Acacia

Indonesia Dinamarca

León Oso Turquía

Lagarto

Acordeón

Honduras

Ornitorrinco

Arpa

India

Rabel

Alemaña

Óboe

Grecia

Nei

Omán

67


8.Pasatempos

RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Páx.68 a 70

S

H

K

A

T

E

V

N

P

F

R

N

G

P

F

U

D

S

L

T

B

R

A

Y

T

L

I

S

N

A

K

E

U

R

E

U

W

E

P

D

I

A

Z

O

T

I

J

Y

Q

S

T

M

E

F

H

L

T

H

O

H

X

U

C

V

L

R

U

Z

E

B

R

A

U

O

H

M

U

K

D

T

R

V

A

Q

I

M

W

S

A

R

J

Y

F

C

E

S

K

B

N

T

I

E

Q

U

L

W

R

Z

L

Z

I

B

S

F

P

K

Y

T

Q

L

O

R

A

E

B

G

J

W

T

R

A

I

5º E.P. Answer key: mouse, fish, spider, bird, snake, zebra, butterfly and bear.

68


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

Adiviñas e trabalinguas Se me estiro, boto os cornos ao sol. Se me encollo, dentro da miña casa estou. Quen son? Cristina M. (4 anos)

Voa polo aire bicando as flores e ten ás cheas de cores.

Senén (4 anos)

Pemento a pemento onte comín un cento; con tanto pemento, xa non estou famento.

Esther (4 anos)

69


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

70


RAÍCES DA TERRA

9.Orla de 6º de primaria Colexio de Oímbra 09-10

71

Páx.71


RAÍCES DA TERRA

Colexio de Oímbra 09-10

CEIP de Oímbra RÚA GRUPO ESCOLAR, 16. C.P. 32600. Oímbra. Ourense. Teléfono: 988426201 Correo: ceip.oimbra@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipoimbra 72


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.