AMPLIACIÓN CAROLINA

Page 1

Comentario [m1]: TRABALLO MOI COMPLETO. NOTA: 10

Carolina Muñiz Calvo 3º ESO A Curso 2011/12


INDICE 1. 2. 3. 4. 5.

Introdución A primeira revolta irmandiña A segunda revolta irmandiña Actualidade Bibliografía


1.

Introdución

Galicia no século XV, sufría unha época de caos señorial e crise do feudalismo, onde os señores feudais campaban ás súas anchas. A antiga Gallaecia dos romanos e o despois reino suevo independente dúbida entre se seguir con Portugal ou unirse ao que entón era Castela. Entre ao redor de 1430 e 1470 producíronse en Galicia dúas guerras ou revoltas coñecidas como revoltas irmandiñas. A palabra irmandiño fai referencia aos campesiños, artesáns, mercadores, clérigos, fidalgos e pescadores que tiveron que ver nestas loitas.

2.

A primeira revolta irmandiña

Esta revolta irmandiña coñécese co nome de “irmandade fusquenlla”. Esta foi creada en 1431 en terras do señor Andrade, debido á dureza coa que Nuño Freire de Andrade, coñecido como o Malo, trataba aos seus vasalos. A revolta iniciouse en Pontedeume e Betanzos e pronto se estendeu aos bispados de Mondoñedo e Lugo , destruíndo castelos e fortalezas da nobreza como o castelo dos Andrade en Betanzos. Mais os desacordos internos acabaron coa irmandade. Desde un primeiro momento os irmandiños ou rebeldes foron dirixidos por Roi Xordo, un fidalgo da Coruña, que morreu na represión posterior á derrota.


3.

A segunda revolta irmandiña

A segunda guerra irmandiña ou tamén coñecida como “a gran guerra irmandiña” tivo lugar entre os anos 1467 e 1469, aínda que os preparativos habíanse ido preparando desde facía bastante tempo xa. Esta pódese considerar coma unha auténtica guerra civil pola participación social que tivo. As malas colleitas, a peste, a fame e as epidemias fixeron estalar a revolta. Tres grandes líderes dirixiron a guerra: Diego de Lemos, nas actuais provincias de Lugo e Ourense; Pedro de Osorio; era o xefe no centro de Galicia e pola contorna de Compostela e Alonso de Lanzós, que dirixía aos do norte. Os irmandiños loitaban contra os nobres laicos e señores feudais, propietarios de castelos e fortalezas; aínda que os tres brancos preferidos foron a dinastía dos Lemos, Moscoso e Andrade mais non atacaron aos eclesiásticos. Os irmandiños destruíron ao redor de 130 castelos e torres. Nun principio moitos deles escaparon, escondéndose ou ben en Portugal ou ben en Castela. Aínda que máis para o ano 1469 conseguen reporse e volver. O contraataque feudal iníciao Pedro Madruga, vindo desde Portugal con modernas armas, armamento e numerosos homes. A este uníuselle o arcebispo compostelán e algúns outros nobres. Todos estes, xuntos, foron capaces de derrotar rapidamente aos exércitos irmandiños, arrestando ou matando os seus líderes.

4.

Actualidade

Na actualidade, no castelo de Monterrei, celébrase un xogo de rol que vai acompañado dunha gran festa conmemorando as revoltas irmandiñas. Este é coñecido como “Irmandiños: a revolta”. E permíteche meterte na pel dun irmandiño ou un soldado da nobreza, loitando para decidir sobre o destino do


reino galego. É o xogo de rol en vivo mais grande do mundo, financiado pola Dirección Xeral da Xuventude e Solidarizade.

5.

Bibliografía

 http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/revuelta.htm  http://sobregalicia.com/2009/10/22/las-guerras-irmandinas/  http://ejercitonegro.blogspot.com/2008/07/las-revueltasirmandias-siglo-xv.html  http://homepage.mac.com/julifos/literatura/ensayo/historia 2.html  http://www.ourense.com/iii-edicion-de-irmandinos-arevolta/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.