Noite meiga

Page 1

Tumba, retumba, na noite meiga rían as cabazas á luz das candeas.

Que festa, meniña! Meniña, que festa!

Un vampiro listo, negro, máis que negro danzaba no bosque a soas co vento.

Ai, miña naiciña! Que medo eu teño! A pantasma branca, envolta nas sombras, cuspía entre dentes cada media hora.

Ai, miña avoíña! Que tola! Que tola!


Un morcego chosco, requetetevello xogaba coas moscas a ritmo ben lento.

Que feo, veciña! Veciña, que feo!

Un gato peludo de bigotes brancos peiteaba tres pulgas de

a

Ai, miña irmanciña! Que asco! Que asco!

Unha meiga torpe, requetetemala vomitaba lume deitada na cama.

Ai, miña madriña! Que guarra! Que guarra!

Isa Pazos


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.