Normas ortográficas básicas galego

Page 1

NORMAS ORTOGRÁFICAS LIBRO DE GALEGO 3º E.P. Tema 1 y 15 A sílaba é un grupo de sons que se pronuncia nun só golpe de voz. Ex: morcego: mor-ce-go. Un ditongo é a unión de dúas vogais que se pronuncian na mesma sílaba. Nun ditongo pódense unir dúas vogais débiles: i , u, ou unha vogal débil (i, u) cunha vogal forte (a, e, o). Ex: miúdo, froita, avión, Paula As palabras poden ser: • Monosílabas: unha sílaba. Ex: sol • Bisílabas: dúas sílabas. Ex:ca-ma. • Trisílabas: tres sílabas. Ex: es-pe-llo. • Polisílabas: máis de tres sílabas. Ex: em-pa-na-da. A sílaba tónica é a sílaba que se pronuncia con maior forza nunha palabra. Segundo o lugar que ocupa a sílaba tónica, as palabras poden ser agudas, graves, esdrúxulas ou sobresdrúxulas. • A sílaba tónica das palabras agudas é a última sílaba. As palabras agudas levan til cando terminan en vogal, en –n ou en –s. Ex. Café, avión, arnés • A sílaba tónica das palabras graves é a penúltima sílaba. As palabras graves levan til cando acaban en consonante distinta de –n ou –s. Ex: áxil, Gómez, cáncer. • A sílaba tónica das palabras esdrúxulas é a antepenúltima sílaba.Ex: bolígrafo. • A sílaba tónica das palabras sobresdrúxulas é a anterior a antepenúltima sílaba. Sempre levan til. Ex: médico, lámpada, número, Ex: pídellelo. O guión (-) serve para dividir unha palabra cando non cabe ao final dunha liña. Ex: Marioneta. Tema 2 Escríbese punto(.) ao final de cada oración. Despois de punto escríbese maiúscula. Ex: Hoxe vamos a aprender unhas normas ortográficas. Utilízalas sempre. Os signos de interrogación (¿…?) escríbense ao final dunha pregunta. Ex: Quen xoga comigo no patio? Os signos de exclamación (¡…!) escríbense ao final dunha frase para expresar ledicia, medo, sorpresa ou dor. Ex: ¡Ben, viñeches a xogar!. ¡Ai, cómo me doe! Despois do signo de interrogación ? e de exclamación ! non se escribe nunca punto. Tema 3 O son suave do r escríbese r. Ex: merendei. O son forte do r escríbese : • r ao comezo da palabra. Ex: rapaces. • r despois de consoante. Ex: enredadeiras. • rr entre vogais. Ex: arredor. Tema 4 Escríbese m diante de p e b. Ex: simpático, bombona Tema 5 Para o son k: Escríbese c diante de a, o, u. ca, co, cu. Ex: camelo, coello, curuxa. Escríbese qu diante de e, i: que, qui. Ex: queixo, quilo. Tema 6 Escríbese con z diante de a, o, u: za, zo, zu. Ex: zapato, zoquete, zume. Escríbese c diante de e, i: ce, ci. Ex: cereixa, cidade. 1


Tema 7 Escríbese g diante de a, o, u: ga, go, gu. Ex; gato, goma, lingua. Escríbese gu diante de e, i ( a u non soa): gue, gui. Ex: guerra, guiso. Escríbese gü diante de e, i (a u si soa): güe, güi. Ex: ungüento, pingüín. Os dous puntos que se escriben sobre o ü chámase diérese. Tema 8 A coma (,) indica unha pausa na lectura. Escríbese coma para separar as palabras nunha enumeración. Diante da última palabra escríbese unha e. Ex: Os días da semana son: Luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo. Tema 9 Escríbese dous puntos (:): • Antes de escribir unha serie.Ex: O xersei ten tres cores: vermello, negro e branco. • Antes de reproducir as palabras exactas que dixo alguén. Ex: Xoán preguntou: ¿Cándo ven Pedro? • Despois do saúdo das cartas. Ex: Ola Laura: ; Querida amiga: Tema 10 Escríbese con nh as palabras unha, algunha, ningunha e outras da mesma familia. O grupo nh vai sempre na mesma sílaba. Nunca se pode separar. As palabras en e de únense coas palabras unha e algunha e dan lugar a contraccións como nunha, dunha, nalgunha... Con tamén se une con unha: cunha, cunhas.

DE CON EN

Un Dun Cun Nun

Unha Dunha Cunha nunha

Uns duns cuns nuns

Unhas Dunhas Cunhas Nunhas

Tema 11 A letra h escríbese pero non se pronuncia. Ex: alcohol, horror. Tema 12 Escríbese con b as formas verbais dos verbos rematados en –bir e –buír, agás servir, ouvir, vir e vivir, e os seus derivados. Ex : escribir, distribuír, recibir, contribuír. Escríbese con b as formas verbais rematadas en –aba, -abas, -abamos, -abais, - aban. Ex: amaba, cantabamos, falaban, etc. Escríbese b diante de r e l. Ex: branco, impermeable. Tema 13 Escríbense con v os adxectivos rematados en: • -avo, -ava, -ave. • -evo, -eva, -eve. Ex: bravo, oitava, grave, atractivo, leve, deportivo. • -ivo, - iva. Escríbese con v os verbos servir, ouvir, vir e vivir, e todas as palabras derivadas deles. Ex : vida, servizo Cando unha palabra se escribe con v, todas as da súa familia tamén se escriben con v.Ex: suavidade, gravidade. Tema 14 A letra b e v pronúnciase igual. Por iso, é importante que te fixes en como e escriben as palabras.Ex: balea, vagalume, beixo, verme.

2


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.