Revista CEIP Vicente Risco

Page 3

C.E.I.P. Vicente Risco

Biografía Catro notas sobre a súa vida     

  

Naceu en Pontevedra o ano 1906. Os seus primeiros estudos de primaria a bacharelato fíxoos en Pontevedra. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago. Tamén fixo Filosofía e Letras coa especialidade de Historia. Participou no Partido Galeguista e despois na Dereita Galeguista. Tamén colaborou co franquismo. Gustábanlle moito os textos de literatura antiga e sobre todo as cantigas da poesía medieval galego-portuguesa. Foi profesor do Instituto de Pontevedra, do que será director durante 1946 e 1976. Foi alcalde de Pontevedra de 1959 a 1968. Morreu en Pontevedra no ano 1996 con case 90 anos.

   

Obras literarias Novela: Os nenos (1925), relatos breves nos que os prtagonistas tratan incidentes da infancia O vigairo (1927) Agromar (1936), Farsa pra rapaces Quintana viva (1971) Poesía: 6 canciones de mar "in modo antico" (1941)

Ademais Xosé Filgueira fixo moitas cousas a favor da lingua e da cultura galega. Tamén escribiu moitos libros e folletos e miles de artigos en xornais e en revistas, sobre todo no Faro de Vigo. Estes artigos do Faro publicáronse co título de Adral.

Museo de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi creado no ano 1927 e ocupa cinco edificios históricos e un sexto de nova construción. As obras que hai neste museo repártense por salas e temas. Este museo foi posiblemente a obra á que Filgueira Valverde lle adicou maior esforzo e do que foi o seu director durante 46 anos.

Curso 2014-2015

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.