EDITORIAIS DO DÍA DA PAZ

Page 1

EDITORIAIS DA PAZ 5ยบ A

CEIP FRIAN TEIS


A TALA DE ÁRBORES Agora, máis que nunca, a tala de árbores pode chegar a estar nun punto crítico. A tala de árbores para conseguir papel ata agora converteuse nunha necesidade, e non parecía nada grave respecto ao medio ambiente. Pero, detrás disto hai un gran problema: ¿En realidade seguir así non levaría a danos moi terroríficos no medio ambiente? Pois esta é a verdade: Cada ano córtanse máis de mil hectáreas de bosques, a xente malgasta o papel, hai poucos voluntarios para ir a plantalos, algunhas árbores non son do lugar e a veces impiden o crecemento de outros… por non falar dos terribles incendios. 1-

Cada ano córtanse mais de 1000 hectáreas de bosques, para construir máis cidades e apartamentos. Por se fora pouco, moita xente non reutiliza os papeis ou malgástaos, o que fai que ao ano se perdan moitas árbores. ¿Cómo solucionalo? Coa regra dos tres erres: Reducir; reducindo o consumo de papel

cando non é necesario; Reutilizar; utilizar o papel ao

máximo, tantas veces como se poida; e Reciclar; pero só cando xa esté ven utilizado o papel, recíclao para facer papel novo… 2-

Por se fora pouco, moi poucas persoas son voluntarias para plantar árbores, e algunhas das árbores que se plantan son orixinarias doutros lugares porque teñen unha froita rica ou así, pero algunhas delas, como os eucaliptos, teñen unha raíz que se apodera das substancias do chan e impide o crecemento doutras árbores, e por iso, sempre que os hai están só eles. Ademais utilizamos herbicidas para conseguir boas produccións dalgunhas plantas coas que queremos comercializar e pode afectar a outras

dese mesmo medio. Vamos, que o máis recomendado é

presentarse voluntario a plantar árbores, plantar árbores orixinarias e utilizar outros remedios no lugar dos herbicidas que poden ser mais baratos e ecolóxicos. 3-

O último e máis grave dos problemas é o dos incendios forestais. 9 de cada 10 incendios son producidos polos humanos, e os máis graves poden chegar a causar sequías na zona e sería unha terrible perdición de papel, madeira, e por suposto, bosque. Nun incendio poden chegar a morrer moitísimos animais e plantas. Se, ademais, quedaramos sen bosques, a poboación non podería sobrevivir dado a que as árbores son as encargados


poboación non podería sobrevivir dado a que as árbores son as encargados de dar o osíxeno a cambio do dióxido de carbono.

Vamos, que sen árbores podería producirse unha catástrofe mundial, e que hai que protexelos e plantar máis, utilizar a regra das tres RRR e evitar os incendios,

por exemplo non verter lixo ou tirar colillas… O planeta Terra é o

único no que se pode vivir, por iso hai que protexelo.

ALDARA


Mira máis aló Un neno ou unha nena en Europa ten unhas vantaxes que un neno do Terceiro Mundo non ten, por exemplo: luz na casa, alimentación variada, roupa, ordenadores, televisións, outros electrodomésticos e un coche co que contan case todas as familias para desprazarse. Pero todos estes beneficios producen prexuízos a outros seres: Para ter luz na casa hai que crear centrais nucleares que producen residuos radioactivos, que non sabemos que facer con eles. Para comer peixe de forma económica hai que utilizar grandes barcos que arrasan con moitos bancos de peixes. As roupas de prezo barato confecciónanse en países onde os dereitos laborais non existen. Os coches aliméntanse de petróleo, e moitos barcos petroleiros afúndense prexudicando ao mar e a todas as criaturas que viven nel. Deberiamos ter un desenvolvemento máis sostible, para isto deberíamos consumir de forma máis racional; buscar enerxías menos contaminantes e respectar os dereitos laborais doutros pobos.

Candela


Que podemos facer? No mundo hai moitos millóns de nenos e xoves. Imaxinemos que pasaría se tan só unha pequena porcentaxe deles fai algo para evitar o cambio climático... Seguramente nunca chegariamos a ver os desastres ambientais e sociais aos que estamos abocados coa maneira de vivir dos países ricos. Así que mans á obra! A nosa primeira misión é falar cos nosos amigos sobre o cambio climático e a súa importancia. Tal vez logremos que algúns deles nos axuden a combater os famosos Gases de Efecto Invernadoiro. O reciclado é unha boa forma de facelo. Pidámoslle a os nosos pais que usen menos o coche o a moto. Ás veces a xente maior acostúmase mal e camiña cada vez menos. Así que, se os paseos son curtos, opta pola camiñada: fai ben para a saúde e axuda a evitar os gases contaminantes. Se teus pais traballan lonxe da casa propoñámoslles que vaian en autobús. ¡¡¡Pensa que é preferible trinta persoas nun autobús que trinta coches ou motos cunha persoa cada un!!!Se tes bicicleta... ¡úsaa! Non só che axuda a facer deporte e estar máis san senón que ademais evitas usar outros medios de transporte que contaminan e liberan á atmosfera grandes cantidades de dióxido de carbono. Adiante, entre todos podemos facer posible un mundo sostible. TAMARA


Protexamos a terra Que está pasando na terra? O que está pasando é que non a estamos coidando. Estamos deforestando os bosques por iso emigran os animais e desaparece a maioría das especies. No ano 1982 algúns barcos tiraban residuos a Fosa Atlántica. Nos tamén estamos contaminando aínda que non o creamos, cada vez que collemos o coche, cando tiramos ao lixo menciñas, ou cando botamos ao mar cousas que xa non necesitamos. Pola nosa culpa é o Quentamento Global. Aquí tendes algúns consellos para salvar o planeta. *Usar papel reciclado. *Non utilizar tanto o coche, podemos facer os mesmos recorridos no transporte público. *Non deforestar os bosques. *Non cazar animais en perigo de extinción . *Levar os medicamentos que non utilices ás farmacias. *Non tirar ao mar residuos contaminantes.

salvemos a terra alba lópez del castillo rodríguez


COMO COIDAR O NOSO PLANETA Existe un quentamento global. Que podemos facer?

Na casa: -Cada cidadán produce 1,5 kg ao día de lixo, eliminalo costa moito, entón o mellor é reducir o lixo e reciclar. -Lavar a roupa con auga fría. -Levar a roupa vella as tendas de segunda man para volver a utilizalas. -Non por a calefacción demasiado alta, se temos frío poñer máis roupa. -Utilizar lámpadas de baixo consumo.

No coche: -Compartir o coche cos amigos ou compañeiros de traballo. -Utilizar o transporte público. -Non tirar obxectos ou papeis pola ventá.

Nas vacacións: -Non deixar os desperdicios no monte o na praia. -Respectar a natureza e non molestar aos animais. -Non prender lume no bosque.

Pequeno Comentario: Estas son pequenas cousas que podemos facer, custan traballo e así contaminamos moito menos.

non nos

DAVID PEREIRA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.