MAGOSTO

Page 1

O Magosto

ALUMNOS DE 6ยบ A. CURSO 2011-12


ÍNDICE     

A ORIXE A ORIXE DA PALABRA CANDO SE CELEBRA REFRÁNS O Magosto fora de Galicia


A ORIXE DA PALABRA 

Hai varias teorías sobre a orixe do término magosto: Magnus Ustus (gran lume) ou Magum Ustum (resaltando o carácter máxico do lume). A palabra MAGOSTO designa tamén a propia fogueira na que se asan as castañas ou o conxunto de castañas que se asan e comen nesta ocasión. Vocabulario derivado son :  

Magostar: asar castañas nun souto para comelas en grupo e Magosteiro: cada un dos participantes nesta comida.


ORIXE E HISTORIA 

Desde o paleolítico o home alimentouse de castañas e landras. Coa expansión do cultivo de castiñeiros polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación, como froito fresco, seco ou molido para facer fariña.


ORIXE E HISTORIA 

Este delicioso froito foi considerado pola burguesía propio de mendigos e comerciantes, polo que desapareceu das mesas distinguidas e, no século XVI, a chegada do millo e da pataca de América fixeron que as castañas perdesen o seu protagonismo na alimentación campesiña.


ORIXE E HISTORIA 

Antigamente, esta festa era unha festa de pobres, de frío, de fame, de días sen luz e mesas sen pratos, de novembro, ese misterioso mes de defuntos, no que a maxia e os contos de medo, danzaban ao redor do lume que unía a unha familia que xa só esperaba pasar un inverno máis co que almacenaran no verán Tradicionalmente esta festa realizábase coa recolleita deste froito e servía tamén como agradecemento pola colleita recibida.


A ORIXE E O SIGNIFICADO  

Ten relacións coa maxia. Celebrábase o Día de Todos os Santos, xunto a cemiterios e igrexas( a castaña simboliza a inmortalidade porque provén dunha árbore de longa vida) e, según a tradición, cada castaña que estoupa no lume, supón a liberación dunha alma pura do purgatorio.


¿CÓMO SE CELEBRA A FESTA?

Na festa preparábanse fogueiras( para asar as castañas recén recollidas) e os xóvenes saltábanas, revivindo ano tras ano un rito purificador ancestral.  É común pintarse a cara cos restos da fogueira (carbón), saltala , realizar xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares. 


CANDO SE CELEBRA? 

O magosto celebrábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Todos os Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, retrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia


O Magosto fora de Galicia 

Tamén se celebra noutras localidades do noroeste peninsular, como Asturias (baixo o nome de magüestu), Cantabria (Magosta), País Vasco(Gaztainerre ou gaztañarre), León ou Zamora. Mesmo en Cataluña (Castanyada).

É unha festa moi popular en Portugal, co nome de magusto, ó redor do día de San Simón (18 de outubro), Tódolos Santos ou San Martiño. Na Aldeia Viçosa (do concello da Guarda), celébrase o Magusto da Velha


REFRÁNS   

As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro. Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño. Fíxate nas castañas asadas, que se estoupan sairánche á cara. Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas. Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto ou viño. Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados. Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño.


REFRÁNS   

Polo San Martiño vai a ver o teu soutiño. A castaña que está no camiño é do veciño. As castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho. De San Miguel a San Martiño recóllese o pan e gárdase o viño. Dende San Martiño deixa a auga e bebe viño. .


REFRÁNS Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño.  En San Martiño abre o pipote de viño.  No San Martiño bebe viño e deixa auga para o muíño.  No San Martiño porco e viño 


REFRÁNS 

Con castañas asadas e viño novo xa non morre o pobo. San Martiño, vai o magosto e mata o porquiño. Ao chegar o San Martiño xa se pode beber viño. Tan honrado e o caldo como as castañas.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.