Os detectimais

Page 1


OS DETECTIMAIS OS DETECTIMAIS Este conto ten lugar no pasado,cando os animais aínda falaban. Comeza nunha noite de inverno nun bosque con moitas árbores e moitos lugares onde esconderse. Personaxes: Eu, Porqui, un porco rosa: según os meus amigos, son divertido, estou un pouco rechoncho e non son nin alto nin baixo. Encantaríame ser guitarrista (xa teño unha guitarra española) e son valente e atrevido. Tolola, a miña amiga: unha vaca moi bromista, ten manchas negras, é máis ben alta e, aínda que ela non o queira admitir, sóbranlle dous kilos. Ela soña con ser modelo, tamén ten moita forza, é un pouco vergoñenta e é unha larpeira. É unha fanática de “Bob Esponja”. Lola, a miña amiga: unha ovella un pouco presumida e a súa lá e de cor branco. Encántalle levar unha bufanda rosa. Soña con ser deseñadora (sempre leva unha agulla escondida na bufanda “por si acaso”)Esquecíaseme, temos os tres 10 anos. Renato: un pato amarelo bastante medorento, meu veciño. Tina: unha galiña branca que sempre leva uns tacóns rosas. Paco: unha iguana que é o malo e acaba sendo noso amigo e Chispa: un dálmata que quere ser bombeiro

Daquela estaba eu na miña casa tomando un chocolate quente con churros. De súpeto, alguén chamou á porta…. Eran Lola e Tolola que ían moi abrigadas coas súas bufandas. Lola levaba un abrigo e unha bufanda da mesma cor (rosa) e Tolola levaba un abrigo vermello e unha bufanda da mesma cor. Díxenlles: _ Pasade, pasade que fago máis chocolate quente e churros. _ Vale, grazas – dixo Tolola.


Empecei a facer o chocolate quente e os churros: _Que ben! ole! e aínda saberá mellor, co frío que fai, isto sí que apetece! – interveu Lola. _ Mirade, mirade que hai na tele “Bob Esponja”, o meu programa preferido – dixo Tolola que estaba ao seu. Rematei de facer o chocolate con churros e, sentámonos a ver “Bob Esponja”. Entón preguntei intrigado: _ E falando de todo un pouco, que vos trae por aquí?. _ É que temos medo, os animais están a desaparecer – contestou Lola. _ Si, onte desapareceu un rato cativo de dous anos (sobriño do Rato Pérez), e antonte a miña tía Lulú, e moita xente máis- dixo Tolola, que por fin prestaba atención á conversa- E temos medo de ser os seguintes. _ A que estamos esperando aquí sentados? Resolvámos o caso.- dixen emocionado (encántanme as aventuras). _ Déixanos rematar o chocolate con churros, que temos fame!- dixo Tolola. _ Dacordo, pero, cando rematamos o chocolate con

churros comezamos a nosa

investigación- dixen. Así foi como os tres rematamos de cear. Eliximos os nomes en clave: T (Tolola), L (Lola) e P (Por qui, eu) e o nome do grupo que tras pensar un bo rato decidimos que fora “Os detectimais”. Despois eliximos as guaridas que serían as nosas casas. Ao saír da casa facía un frío destes dos que che dan ganas de vol ar e non saír máis. Empecemos pola casa do pato Renato. Renato tiña máis medo ca min. Falamos e falamos e ao rematar a única conclusión que tiñamos era que Renato estaba morto de medo. Fomos a casa de Tina (a galiña) e…. non estaba! O primeiro que pensamos foi que saíra a dar un paseo…, pero quen vai saír de casa co frío que fai?. Empezamos a inspeccionar e encontramos unha pegada que parecía de camaleón, unha pluma de galiña e un anaco de camisa de cor vermella a cadros. Xa tiñamos tres pistas. Fomos para casa de Tolola para buscar información no seu ordenador e descubrimos a través de Internet que a pegada que atopáramos era de iguana, non de camaleón.


A mañá seguinte fomos polo bosque e subimos a unha árbore para ver sen ser vistos e entón…. Vimos a unha iguana saír correndo dunha casa cun can apresado que era…. o noso amigo Chispa! E…. Fixámonos mellor e vimos que a iguana levaba a mesma camisa a cadros e…. faltáballe un anaco. Sen dubidalo fomos correndo detrás dela procurando non ser vistos. Cando xa críamos que tiñamos que abandonar porque non podíamos correr máis chegamos a unha casa-guarida onde a iguana se parou.Dixo unhas palabras máxicas a unha máquina e abríuse unha porta. Foi polo prisioneiro e entrou. Estivemos toda a tarde intentando dar cunha maneira de entrar. E entón… tivemos que ocultarnos para non ser vistos pola iguana que estaba a saír probablemente para secuestrar a alguén máis. Despois de moito pensar, ocorréusenos tocar a miña guitarra diante da máquina. Milagrosamente grazas ao son da guitarra abríuse a porta e puidemos entrar. Ao entrar vimos un corredor enorme cun montón de portas. Non foi moi difícil pescudar cal era a porta porque na porta poñía “prisioneiros”. A iguana cría que tiña a suficiente seguridade e ninguén podería entrar por iso puxo a cada porte o nome do que tiña detrás. Grazas á agulla que Lola sempre levaba escondida na bufanda puidemos forzar a pechadura e entrar. Para a nosa sorpresa habería máis de cen celas e todas estaban cheas. Lola foi abrindo de unha en unha todas as pechaduras e Tolola grazas a súa forza puido sacar os que estaban por riba dun lago de pirañas e tamén puido sacalos fora da casa-guarida. Entón chegou a iguana e pillounos por sorpresa. A iguana atacou a Lola e a Tolola. Os demais puxémonos en garda para axudalas. Demos patadas, puñados, bofetadas….Ocorréuseme facerlle unha zancadilla e caeu ao chan. El comezou a pedir perdón e dicir que só quería ter amigos. El era orfo. Todos se rían del e o único amigo que tivera fóra un peixe, que o resto dos compañeiros del lle levaron. Entón el fíxose malvado e dixo que agora comprendera que, aínda que os demais o trataran mal, él non tiña que portarse mal. Todos perdoámolo e preguntámoslle o seu nome, dixo que se chamaba Paco. Todos volveron as súas casas no coche de Paco, nós quedamos con el no coche. Paco presentouse á policía pero suplicamos para que non o arrestaran. El pronto se fíxo famoso grazas a súa casa-guarida, que agora lle puxera un muro na metade; e a parte de guarida converteuse nunha gardería e a parte da casa segue sendo a súa casa pero moito máis coloreada; e moito menos sinistro. Fíxose moi amigo noso. Axudóume no soño de ser guitarrista, axudou a Tolola a ser deseñadora e a Lola a ser modelo. Agora, ademáis de detectives, protagonizamos


unha película. Agora somos famosos pero seguimos indo ao bosque a estar cos nosos amigos.

FIN AUTORA: LidiA DE PEDRO LÓPEZ 5ºA ILUSTRADORA:liDIA DE PEDRO LÓPEZ 5ºA



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.