UNIÓN EUROPEA

Page 1


“É unha organización internacional creada polos gobernos nacionais como un instrumento ao que todos poden acudir para consensuar accións comúns en ámbitos de política concretos”. As bases das súas accións son: • A UE só pode actuar nos ámbitos acordados polos gobernos. •Só debería actuar nos casos en que fora máis efectiva que os gobernos nacionais. •A UE ten as súas raíces nas diversas culturas, tradicións e linguas, asemade nos valores compartidos de democracia, liberdade e xustiza. A UE e os seus estados membros deben protexer, defender e promover este patrimonio.


Na actualidade conforman a UE 27 países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chequia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Paises Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rumanía, Suecia.


1973

1957 Seis países: Alemaña, Bélxica, Italioa, Francia, Luxemburgo e Países Baixos únense para formar a UE. Son os chamados socios fundadores.

Incorpóranse Dinamarca, Irlanda e Reino Unido.

1986 Entran España e Portugal

1981 Grecia pasa a ser Estado membro.

1995 Austria, Finlandia e Suecia entran na UE

1990 Trala reunificación, a antigua República Democrática intégrase na Comunidade Europea.

2007 Incorpóranse Bulgaria e Rumanía

2004 A maior ampliación: Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonis, República Checa.


O PARLAMENTO: É a voz do pobo. A súa función é participar na adopción das novas leis. Cada cinco anos, os electores dos Estados membros elixen aos seus representantes. O seu lugar de reunión é Estrasburgo (Francia) e, as veces, en Bruxelas (Bélxica). Hai 785 eurodeputados agrupados en grupos transnacionais que reflicten a súa ideoloxía política. O CONSELLO DE EUROPA: É a voz dos Estados membros. A súa sede está en Bruxelas e pode modificar, aprobar ou rexeitar as propostas da nova lexislación que fai a Comisión. Cada país está representado polos ministros correspondentes ao tema a debatir. Cada Estado membro exerce a presidencia por rotación, por un período de 6 meses. O primer ministro polaco, Donald Tusk, preside este semestre o Consello


A COMISIÓN EUROPEA: O interés común. Con sede en Bruxelas, é o brazo executivo da UE. Ainda que non pode votar lexislación é a única que ten dereito a propoñela. A Comisión é tamén a “policía” da Unión, porque é responsable de garantir que os gobernos nacionais cumplan as normas. O Presidente da Comisión José Manuel Barroso, dirixe un equipo de vinteséis Comisarios, un por cada un dos estados membros. Traballan para a comisión 23.000 persoas.

O TRIBUNAL DE XUSTIZA: O Estado de Dereito. Ten como misión garantir a interpretación correcta e uniforme das leis en toda a UE. As súas sentencias non poden ser contradecidas polos Estados membros.


O TRIBUNAL DE CONTAS: A UE finánciase co diñeiro dos contribuíntes. O Tribunal de Contas ten a súa sede en Luxemburgo, supervisa as contas da comisión e pùblica un informe anual.

OUTRAS INSTITUCIÓNS

Comité Económico e Social Europeo.

Comité das Rexións.

Banco Europeo de Inversións.

Banco Central Europeo


INSTITUCIÓNS DA UNIÓN EUROPEA

Representa ao pobo da UE

Parlamento europeo

Consulta Poder

Supervisa Controla

Confirma, Rexeita, Modifica Cooperación

Controla

Comisión

Consejo

Poder lexislativo Tribunal de Xustiza


HERMAN VAN RUMPUY: Presidente O seu mandato iniciouse o 1 de decembro de 2009 e rematarรก o 31 de maio de 2012.

CATHERINE ASHTON : Alta responsable de Asuntos Exteriores.


A CARTA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS A UE é coñecida pola súa defensa dos dreitos humanos en todo o mundo e todos os seus membros son signatarios do Convenio Europeo de Dereitos Humanos. Os dereitos concedidos aos cidadáns da UE teñen orixe diversa. Na Carta recóllense, nos seus 50 artigos, unha longa lista de dereitos tales como:

 O dereito á dignidade humana.  O dereito á vida.  O dereito ao respecto pola vida privada e familiar  A prohibición da escravitude.  O dereito a un xuíz imparcial.  O dereito á liberdade de expresión.  O dereito a ser elector e elexible nas eleccións.


 Dereito ao desenvolvemento persoal.  Dereito a que se respecten as súas opinións e a que se consideren os seus intereses superiores.  Dereito ao nome, nacionalidade, liberdade de expresión e acceso á información.  Dereito a vivir nun entorno familiar ou a recibir outro tipo de coidados e a estar en contacto con ámbolos dous pais sempre que sexa posible.  Dereito á saúde e ao benestar, incluidos os dereitos dos nenos discapacitados, o dereito á saúde, e á asistencia médica e á seguridade social.

 Dereito á educación, ao ocio, á cultura e ás artes.  Protección especial para os nenos refuxiados, os integrados en sistema de xustiza de menores, os privados de liberdade e aqueles que sofren de explotación económica, sexual ou de calquera outro tipo.


CURSO 2011 - 2012


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.