A ILUSTRACIÓN

Page 1

1.- A ILUSTRACIÓN A Ilustración foi un movemento filosófico na Europa do século XVIII, naceu como unha ideoloxía oposta ao modelo de organización política, social e económica do Ántigo Réxime. Os ilustrados pretendían, entre outros obxectivos, terminar coa ignorancia e coa incultura da poboación mediante a educación e o desenvolvemento da ciencia e do progreso. O pensamento ilustrado tiña os seguintes principios: • • •

Desexo de coñecer e ensinar. A importancia da razón. A igualdade e a liberdade.

A difusión das ideas ilustradas realizouse a través das Acdemias, dos libros, dos xornais e das tertulias. Ilustrados como DÁLEMBERT e DIDEROT dirixiron unha gran obra de gran transcendencia, a Enciclopedia, na que se recompilaron, por orde alfabética, os coñecementos de arte, ciencia, gramática e filosofía.

2.- CRÍTICAS E REFORMAS DOS ILUSTRADOS O ilustrados, á vez que se cuestionaban a estrutura do Ántigo Réxime, proporcionaban ideas sobre os cambios: • •

En política defendían a limitación do poder dos reis. En economía, rexeitaban o mercantilismo e amosaban a súa preferencia pola fisiocracia, que defendía que a verdadeira fonte da riqueza estaba na agricultura e no traballo. En sociedade, proponían unha sociedade na que non existisen privilexios ante a lei.


3.- OS PENSADORES ILUSTRADOS JOHN LOCKE Coetáneo dos cambios políticos provocados en Inglaterra pola revolución de 1688. Locke criticó na súa obra Tratado sobre o goberno civil (1690) os fundamentos teóricos da monarquía absoluta e defendeu e dfendeu o control do Parlamento sobre a actuación dos monarcas. Locke fundamentou o poder político na existencia dun pacto ou acordo mutuo entre o gobernante e os gobernados, pacto que ten un carácter libre e pode ser revocado se o gobernante non se somete á autoridade das leis e non protexe os dereitos dos seus gobernados, fundamentalmente a liberdade e a propiedade persoal.

CHARLES DE SECONDAT, BARÓN DE MONTESQUIEU Defendeu na súa obra O espírito das leis (1748) a idea de que, en todo sistema político, o poder non debe recaer nunha mesma persoa ou institución, senón que debe ser repartido e limitado. De acordó coa súa función, distingue tres podere diferentes: executivo, lexislativo e xudicial.

JEAN JACQUES ROSSEAU Na súa obra O contrato social (1762) defende que a orixe do poder político reside nun pacto ou contrato social realizado entre todos os individuos dunha comunidade. Estes individuos ceden parte dos seus dereitos naturais á comunidade, co obxectivo de que esta os protexa, pero cada un deles, transformado por esta unión, nun cidadán, segue mantendo a súa liberdade e soberanía.


ADAM SMITH Defendeu na súa obra Investigación sobre a natureza e causas DA RIQUEZA DAS NACIÓNS (1776) a liberdade e o interese individual como principios directores das actividades económicas. Considerou a propiedade individual e o mercado baseado no libre xogo da oferta e da demanda, como base da riqueza dos individuos e das nación.

4.- A ILUSTRACIÓN EN ESPAÑA A súa difusión debeuse a un grupo de pensadores e políticos, como Jovellanos e o conde de Floridablanca. Os seus obxectivos eran acabar coa decadencia de España e conseguir o desenvolvemento, económico, científico e cultural do país. Para divulgar as súas ideas, os ilustrados crearon centros de ensinanza, academias e sociedades económicas de amigos do país e editaron revistas. Ademais, construíronse espazos públicos, como o Real Xardín Botánico de Madrid e o primeiro Observatorio Astronómico español en Cádiz.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.